CEIP BALAIDOS R/PABLO IGLESIAS, 1. VIGO orecunchodexoan.blogspot.com
INDICE 1. XUSTIFICACIÓN. 2. QUE NOS APORTA A EDUCACIÓN DOCUMENTAL? 3. EDUCACIÓN DOCUMENTAL E COMPETENCIAS BÁSICAS. 4. OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DOCUMENTAL. 5. SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS E ACTIVIDADES: •
EDUCACIÓN INFANTIL
•
PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA.
•
SEGUNDO CICLO DE PRIMARIA.
•
TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA.
6. VALORES E ACTITUDES. 7. PRINCIPIOS METODOLÓXICOS. 8. CÓMO INICIAR UN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN. •
INTRODUCCIÓN.
•
ETAPAS DO TRABALLO DE INVESTIGACIÓN.
•
APRENDENDO A INVESTIGAR NA REDE.
•
ELABORAR O PRODUCTO.
•
COMUNICAR OS RESULTADOS.
9. PROPOSTA DE ACTIVIDADES. 10. CONCLUSIÓNS. 11. CONSIDERACIÓNS FINAIS. 12. RESUMO: CÓMO FACER UN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN.
1- XUSTIFICACIÓN: A educación documental concretízase no Proxecto de Lectura, Escritura e Investigación do centro, sinalando a importancia que ten a biblioteca escolar no desenvolvemento do mesmo. Para potenciar as competencias lectora, escritora e informacional necesitamos recursos que posibiliten a realización das iniciativas que se promoven. Polo tanto, a biblioteca escolar convírtese no eixo central do desenvolvemento curricular e da vida do centro, desde donde se potencia a adquisición das competencias clave, a aprendizaxe permanente, a autonomía, a innovación, o gusto por ler, etc. Consideramos a biblioteca como un espacio de documentación, información e formación ao servizo da aprendizaxe e da comunidade educativa. 2- QUÉ NOS APORTA A EDUCACIÓN DOCUMENTAL?
•
•
Un Plan de lectura, Escritura e Investigación do centro, de carácter global e integrado no currículo, estimula o emprego de metodoloxías máis activas e aprendizaxes máis significativos para o alumnado. Ao integrar a lectura, escritura e o proceso investigador no desenvolvemento das diversas materias poténciase un estilo docente que favorece o desenvolvemento da competencia lectoescritora, na medida que se propicie: o O desenvolvemento de prácticas máis creativas e menos reproductivas, ligadas aos usos sociais do texto escrito. o A utilización de diversas fontes documentais. o O desenvolvemento da chamada literacidade electrónica. o Un maior contacto do alumnado coa biblioteca e unha integración da biblioteca escolar no desenvolvemento do currículo.
3- EDUCACIÓN DOCUMENTAL E COMPETENCIAS BÁSICAS
1. Competencia en comunicación lingüística. 2. Competencia matemática. 3. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico. 4. Tratamento da información e competencia dixital. 5. Competencia social e cidadá. 6. Competencia cultural e artística. 7. Competencia para aprender a aprender. 8. Autonomía e iniciativa persoal.
Lóxicamente, a competencia en comunicación lingüística está na base de calquera Plan Lector. A educación documental xoga un papel esencial no proceso de alfabetización na información, ligado á competencia no tratamento da información e a competencia dixital. Igualmente na competencia aprender a aprender, así como en autonomía e iniciativa persoal. TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL •
A educación documental implica a aprendizaxe de habilidades... o Para acceder á información o Para usala de forma crítica o Para tratala de maneira creativa o Para solucionar problemas o E para comunicala de maneira ética.
•
Pero non se trata só de traballar adecuadamente coa información senon de transformala en coñecemento… o É preciso ensinar técnicas de investigación, semellantes ás que se deben seguir no desenvolvemento dun traballo de investigación correctamente estructurado.
o Implica habilidades de traballo intelectual, que comportan o uso de linguaxes diferentes (tanto para acceder á información como para comunicar os resultados) e o manexo da lóxica para construir coñecemento anclado nas ideas previas. APRENDER A APRENDER A educación documental contribúe a desenvolver as capacidades necesarias para a aprendizaxe autónoma, xa que require a aplicación de variadas técnicas e estratexias en función dun proxecto ( un problema, o traballo sobre hipóteses…) e manexando diversos recursos.
AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL Aprender a aplicar esas capacidades en situacións diversas vai unido á de plantexarse proxectos e planificar as accións para o seu desenvolvemento, tanto individualmente como formando parte dun equipo.
4- OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DOCUMENTAL
Identificar os problemas de información, concretándoos en función do tema, os coñecementos previos, etc. Plantexarse proxectos e planificar accións, individualmente ou en equipo, para levalos a cabo. Afianzarse progresivamente na utilización sistemática do método científico, desde o plantexamento de hipóteses hasta a obtención e comunicación ou difusión de conclusións e produtos finais. Desenvolver a competencia básica no tratamento da información, aplicando as habilidades como usuarios de fontes diversas. Aplicar as tecnoloxías da información no procesamento dos diversos recursos da información, tanto de tipo lingüístico como matemático.
Adquirir paulatinamente o dominio de linguaxes específicos básicos, tanto na súa vertiente interpretativa como de construcción de coñecemento e comunicación de resultados, nos diversos formatos. Comprender a necesidade de analizar sistemáticamente a realidade e elaborar conclusións ou adoptar decisións rigurosamente fundamentadas. Tomar conciencia dos procesos de construcción do coñecemento e dos métodos sistemáticos de traballo, autoevaluando proxectos documentais.
RESUMO:
1. Ensinar aos nosos alumnos a realizar pequenos traballos de investigación sobre diferentes temas. 2. Ensinarlles a servirse da rede Internet para localizar e seleccionar a información, establecer contactos con personas e organizacións culturais, e editar os seus traballos a través da misma Rede. 3. Aprender a valerse da enorme información que facilita Internet para preparar intervencións orais estructuradas (conferencias) sobre temas próximos e atractivos para os/as nenos-as. 4. Aprender a usar a Rede para localizar lecturas e preparar presentacións dos libros lidos. 5-
SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS E ACTIVIDADES
EDUCACIÓN INFANTIL: CONTIDOS Estudo de fontes da información •
•
Considerar o libro coma fonte de información.
ACTIVIDADES •
Escoitar historias que teñan o libro como fonte.
•
Reforzar a narración oral en vivo, con gravacións sonoras ou audiovisuais.
•
Visitar
Outras fontes de información.
Búsquedas de información
regularmente
a
biblioteca.
•
Coñecer e distinguir os espazos de biblioteca na escola e na aula.
•
•
Coidar o material e manter orde nos rincóns de biblioteca.
Nomear os responsables da biblioteca na aula e rotar o cargo.
•
Visitar a biblioteca de Primaria.
•
Coñecer e distinguir as imaxes empregadas para sinalizar o material bibliográfico.
•
Asociar as imaxes cos temas aos que fan referencia.
•
Buscar información gráfica en libros seleccionados para tratar un proxecto determinado.
•
Coñecer o carné da biblioteca e a súa función.
•
Presentar a información obtida dun proxecto nun traballo de grupo: mural, exposición de traballos…
•
Concienciar ás familias da necesidade de coidar todos os materiais que se levan ás casas.
Utilización dos materiais •
•
Crear a consultar.
necesidade
de
Iniciarse no hábito do préstamo a domicilio.
PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA: CONTIDOS Estudo de fontes da información •
Diferenciar os libros de ficción dos de consulta.
•
Estimular o uso da biblioteca para solucionar as dúbidas que xorden a partir dos proxectos que se
ACTIVIDADES •
Seleccionar contos, narracións e libros de consulta sobre un tema concreto e comparar resultados para ver os distintos tratamentos da información.
•
Taller do libro: elaboración de
traballen na aula. Búsqueda de información
texto e ilustracións en gran grupo. •
Observar as distintas coleccións de ficción e determinar si existe un criterio de colección. Nos libros de consulta observar se a colección ten un tema unitario ou se é multitemática.
•
Recoñecer unha colección, polos seus rasgos formais e a súa temática.
•
Identificar nunha obra o título, autor e ilustrador.
•
Distinguir nunha obra de ficción as funcións do autor e do ilustrador.
Buscar libros dun mesmo autor con distintos ilustradores e viseversa.
•
Coidar o material e manter a orde alfabética na biblioteca.
Aprender a colocar cada libro no seu lugar.
•
Facer un listado das accións que deterioran o material da biblioteca.
•
Coñecer e aplicar as normas de uso do carné.
•
•
Utilización dos materiais •
Usar o préstamo a domicilio desde a aula e desde a biblioteca.
•
•
Coñecer as dinámicas de animación da biblioteca: préstamo, novidades, zonas de consulta…) e participar nelas.
Observar como os adultos realizan as buscas no catálogo a partir das peticións dos nenos.
•
Relacionar mediante fichas algunhas ilustracións e os seus pés textuais a partir de fotocopias seleccionadas previamente.
•
Presentar a información obtida sobre un tema concreto nun traballo de murais, exposicións de traballos, exposición oral.
•
Comprender a relación entre as informacións visuais e as textuais.
SEGUNDO CICLO DE PRIMARIA CONTIDOS Estudo de fontes da información
ACTIVIDADES •
Clasificar documentos obtidos nunha busca en función dos seus
•
Identificar os distintos soportes informativos.
•
Coñecer o libro como principal fonte de información.
Busca de información •
Iniciarse no clasificación.
sistema
de
•
Coñecer a ubicación física dos materiais.
•
Introducir o hábito de usar os servizos de información.
Utilización dos materiais •
•
Recoñecer nun documento o autor, ilustrador, editor. Analizar distintos niveis información contidos documentos.
soportes:libros, DVD,…
Identificar o tema do libro a partir do sumario.
•
Utilizar o sumario como sistema de localización da información.
carteis,
•
Eleboración de textos e ilustracións, encuadernación,… traballo e pequeno grupo.
•
Clasificar libros a primeiro nº da CDU.
•
Facer unha lista alfabetizada das materias máis buscadas e localizar os nº que lle corresponden segundo a CDU.
•
Ordenar alfabéticamente.
•
Separar libros de ficción dos libros de consulta segundo os indicadores tipográficos.
•
Nun plano da biblioteca indicar a localización dos materiais en función da CDU.
•
Visitar a biblioteca de infantil.
•
Comparar as nunha busca enciclopedia.
•
Detectar os distintos tipos de información nun documento (gráficos, resumos, esquemas, pé de foto,…)
•
Realizar unha consulta en CD-rom e comparar a pantalla de menú cun sumario dun libro impreso. Debatir sobre as vantaxes de cada soporte.
•
A partir de fotocopias de sumarios identificar o tema dun libro.
•
Localizar unha información concreta a partir dun sumario.
•
Presentar a información obtida sobre un tema concreto, nun traballo. Avaliar o proceso seguido.
de nos
•
vídeos,
partir
do
informacións obtidas co diccionario e a
TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA CONTIDOS
ACTIVIDADES
Estudo de fontes de información •
•
Seleccionar e descartar libros na busca de informacións concretas. Manexar distintos informativos nas buscas.
Visitar lugares relacionados co proceso de elaboración dun libro: imprenta, editorial…
•
Examinar e extraer informacións concretas de diferentes documentos e soportes: libros, videos, carteis,
•
DVD, internet…
•
Colocar os libros segundo a sinatura.
•
Dadas varias sinaturas determinar a materia correspondente a eses números.
•
Dados varios materiais particulares (álbumes, libros con CD, material audiovisual) indicar cales son as súas condicións de uso e colocalos correctamente.
•
Dado un tema facer un rexistro dos materiais dispoñibles no centro para tratalo.
•
Facer buscas sinxelas de información concreta en internet, comparando o nº de resultados segundo se utilicen términos amplos ou concretos.
•
Visitar varias bibliotecas cercanas.
•
Comparar as informacións obtidas nunha busca coa enciclopedia e cunha monografía
•
Identificar os distintos tipos de información contidos nun documento: esquema, glosario, recuadro, gráfico, citas e notas a pé de páxina.
•
Extraer as informacións que poidan obterse no prólogo, a presentación e a contraportada dun libro de ficción.
soportes
Busca de información •
Identificar unha sinatura topográfica e as súas partes.
•
Distinguir as indicacións relativas a aqueles fondos que presenten particularidades.
•
Coñecer as primeiras subdivisións da CDU.
•
Coñecer a posibilidade de consultar na OPAC do centro.
•
Iniciarse no uso das información telemáticas.
•
Introducir o hábito de utilizar os servizos de información comunitarios.
fontes
de
Utilización dos materiais •
•
Analizar distintos niveis de información contidos nos documentos.
•
Coñecer os recursos de organización e presentación dos coñecementos dun libro.
•
Realizar buscas guiadas de documentos ou datos relacionados cun
traballo.
6-
•
Presentar a información obtida sobre un tema concreto nun traballo. Avaliar o proceso seguido.
VALORES E ACTITUDES:
-Curiosidade e afán de investigación. -Fomento do traballo en equipo. -Fomento da cooperación con persoas e institucións próximas e lonxanas. -Gusto pola lectura e intercambio de opinións en torno ao lido.
7-
PRINCIPIOS METODOLÓGICOS
As actividades que se propoñan basearánse na creencia constructivista de que é o alumno quen, a partir do que sabe, debe ir construíndo os seus propios coñecementos. Polo que, tanto nas investigacións como nas conferencias e nas presentacións, oriéntase aos nenos-as para que xeneren ideas, as organicen adecuadamente e as expoñan de forma clara e persoal. Foméntase o traballo en equipo e o intercambio de ideas con outras persoas a través dos recursos que nos ofrece Internet: co fin de favorecer un ambiente distendido e comunicativo nas actividades, os alumnos organízanse en pequenos grupos. Este intercambio persoal supón, ademáis, unha fonte permanente de aprendizaxe e socialización. Aprendizaxe por descubrimento: as dinámicas baseánse nunha metodoloxía activa, que outorga aos alumnos o protagonismo da actividade. Hai poucas explicacións previas, o punto de partida é a experimentación e, a partir de aí, o profesor é un apoio para estructurar e fundamentar os aprendizaxes. Metodoloxía lúdica: a implicación do alumnado resulta imprescindible para promover a súa autonomía; por eso se incide especialmente en buscar elementos atractivos que poidan resultar motivadores para as diferentes idades. Así cabe
diseñar actividades de formación de usuarios con outro tipo de metodoloxía, con recursos lúdicos, que poden contribuir a forxar unha imaxe positiva da biblioteca, como un espazo de encontro e entretenemento. Pártese dun enfoque comunicativo da Lingua, propiciando a expresión oral e escrita do investigado, de temas próximos á vida do neno e das lecturas realizadas. Entendemos a lectura como un proceso no que o lector reescribe a obra nun constante intercambio de ideas co texto. Por eso se realizan propostas que van desde o plantexamento de cuestións ante o lido e a formulación de hipóteses, hasta a presentación do libro ante os compañeiros, aportando unha opinión crítica.
8CÓMO alumnos)
INICIAR
UN
TRABALLO
DE
INVESTIGACIÓN
(dirixido
aos
INTRODUCIÓN Para iniciar un traballo de investigación cunha visión xeral observa o que terás que facer ao longo de todo o proceso. É importante, se queres facer ben as cousas, darte conta que é necesario traballar con método aplicando uns conceptos e unhas técnicas específicas. Actualmente podemos acceder a moita información, a moita máis da que somos capaces de procesar e esto pode ser un problema. Todo o mundo puede acceder a información de calquera tema, pero a veces esta non nos serve para aquelo que necesitamos, a veces a información atopámola revolta e desordenada e podemos caer na trampa de pensar que todo vale cando non é realmente así. Hai que darse conta que a información por si sola non ten valor, ten valor cando se utiliza para algunha cousa, en función dunha necesidade para resolver.Desta maneira non nos a preocupar navegar por un universo de información desordenado si sabemos o que estamos buscando e para que o necesitamos. Todo esto pódenos parecer un pouco complicado pero non o é. Un traballo de investigación pode ser unha oportunidade para aprender a traballar eficazmente coa información. Estas son unhas habilidades que poden ser moi úteis tanto para aplicar en calquera asignatura como en futuros estudos superiores. AS ETAPAS DO TRABALLO DE INVESTIGACIÓN
•
primeiro que hai que facer é non sentirse atrapado nin desanimado ao inicio do teu traballo de investigación. Hai unhas etapas que terás que superar de maneira progresiva para conseguir os teus obxectivos. Verás que o máis importante é organizarse e planificar ben o tempo e as tarefas que se teñen que realizar.
1.SABER CAL É O TEMA Definir ben o tema. Escoller as palabras clave. Preguntarse qué é o que queremos saber. 2.BUSCAR E RECUPERAR INFORMACIÓN Tes que recoñecer a necesidade de información que tes plantexada. Tes que localizar e recuperar información. Coñecer que tipos de documentos pode haber (enciclopedias, monografías, videos…). Saber que cada tipo de documento proporciona un tipo de información diferente. Saber usar as ferramentas de acceso á información (catálogos, internet…) 3.SELECCIONAR OS DOCUMENTOS Escoller os documentos e as páxinas que vas usar. Tomar nota das referencias. 4.RECOLLER AS INFORMACIÓNS Tes que explorar, organizar e rexistrar os contidos seleccionados. Ler con atención cada documento Seleccionar a información que che resulte interesante. 5.SINTETIZAR A INFORMACIÓN Resumir e escribir as liñas esenciais da información obtida. Relacionala cos coñecementos previos. 6.PRESENTAR E COMUNICAR A INFORMACIÓN Tes que actuar con ética e responsabilidade na utilización. Organizar a información.
Presentala correctamente e comunicala de modo que se entenda. 7.AVALIAR A BÚSQUEDA Comprobar que o traballo feito se corresponde co que empecei a buscar. Relacionala con coñecementos previos. BUSCAR E RECUPERAR INFORMACIÓN Pode ser que estés normalmente acostumado a localizar información en Internet esperando que apareza en Google, por arte de maxia, unha resposta que poda solucionar a cuestión plantexada. Esto funciona ben cando necesitas cousas moi concretas. Pero hai que ter en conta que si queres realizar un traballo de investigación tes que ser máis esixente, non podes utilizar únicamente este sistema porque é totalmente ineficaz na busca de temas xerais de gran extensión. Na elaboración dun traballo de investigación necesitas información con rigor académico, para esto terás que localizar documentos elaborados por expertos e/ou institucións especializadas no tema seleccionado. Si empezas a buscar información de maneira intuitiva sin pensar primeiro con profundidade qué é o que necesitas, non poderás garantizar o éxito do teu traballo. Este éxito conseguiralo si localizas información fiable que che mereza credibilidade. E para conseguilo hai que ser estratéxico e seguir unha metodoloxía estructurada en tres fases que responda a tres preguntas que necesariamente te s que plantexar. Qué busco e por qué? Cómo e donde atoparei a información? Qué atopei do que buscaba?
PLANTEXAMENTO DA NECESIDADE DE INFORMACIÓN Qué busco e por qué? O tema Escolle o tema. Pensa nun tema que atopes interesante ou que por algún motivo che gustaría investigar, agora tes unha boa oportunidade para facelo. Focaliza o tema. É importante que determines hasta donde queres chegar e como de profundo a de ser o desenvolvemento do tema. Hai que coñecer a súa amplitude dentro do ámbito temático ao que pertence para establecer unha perspectiva determinada. Esta pode ser unha visión global ou un aspecto específico, podes tamén plantexar unha hipótese de inicio ou un punto de vista concreto.
Escolle o método de investigación. A túa investigación pode ser experimental ou ben teórica ou conceptual. Esto determina o tipo de fontes de información que hai que consultar e o feito de valorar cales son as técnicas máis adecuadas para obter os datos que necesitas. As ideas Pensa en todo o que xa sabes. Ainda que non cho pareza seguro que xa sabes algunha cousa sobre o tema escollido, anota todo o que se che ocurra. Infórmate para ter unha visión global. Para poder determinar os aspectos máis importantes do tema podes realizar unha primera busca en enciclopedias xerais ou especializadas que che poden ofrecer información sintética e moi útil para obter a visión xeral que necesitas. Ordena todas as ideas nun diagrama. Hai que ordenar as ideas e conceptos recollidos na primeira busca para poder conectalas e entender o tema na súa globalidade . Hanse de establecer categorías e relacións de xerarquía. Elabora un guión provisional. Esta é unha ferramenta que che permitirá ter unha visión estructurada do tema e de toda a información que tes que localizar e tamén che será moi útil para realizar a recollida da información. Determina as palabras clave. Esta tarefa permitiráche realizar de forma máis eficaz a consulta nos buscadores en Internet e nos catálogos das bibliotecas. Poden ser termos concretos, amplos ou relacionados. O plan de acción Planifícate. Fai un plan de traballo das tarefas que tes que realizar e o tempo que tes para facelas. Prepara unha libreta ou unha carpeta para o traballo de investigación e crea no teu ordenador unha carpeta específica con subcarpetas para cada apartado do guión para ir rexistrando de maneira ordenada todo o referente á túa investigación. Revisa o teu plan cada certo tempo para valorar si cumpres coas tarefas e as datas previstas.
Como donde atoparei a información? As fontes Pensa en qué tipo de información necesitas. Atención, non che serve calquera cousa, está en xogo a calidade do contido do teu traballo. Este ten que estar ben documentado,a información ten que ter rigor académico e fiabilidade, por eso hai que buscar expertos sobre o tema. Hai que consultar documentos bibliográficos (en soporte papel) e recursos web (en soporte dixital) de maneira complementaria, porqué actualmente dispoñemos de distintos formatos donde se nos presenta a información e temos que aproveitalos todos.
Monografías: Son estudios detallados dunha materia determinada, conteñen información específica e completa e máis ou menos actualizada. Normalmente están en soporte papel nas bibliotecas pero cada vez máis as iremos atopando tamén en Internet (os e-books ou libros electrónicos). Para localizar monografías podes consultar bibliografías recomendadas ou ben interrogar os catálogos das bibliotecas. Artículos de revistas técnicas ou académicas: Aportan información recente e especializada. Cada vez hai máis revistas dispoñibles en soporte dixital en Internet. Para localizar artículos podes consultar bibliografías recomendadas ou ben interrogar bases de datos. Webs corporativas ou institucionais. En Internet podes localizar webs de institucións, organismos e/ou asociacións especializadas no tema da túa investigación. Presentan información moi fiable e actualizada. Portales especializados. En Internet podes localizar webs especializadas que se configuran como portas de acceso a un ámbito temático concreto. Permiten acceder a un listado seleccionado de recursos sobre unha materia. Están realizados por expertos e presentan información organizada e seleccionada. Bibliotecas dixitales. Son unha fonte de información que presentan ben materiais dixitalizados ou recursos dixitales seleccionados e organizados temáticamente para facilitar a súa consulta. Trátase de listados ou bases de datos de recursos electrónicos de acceso aberto ou de pago, clasificados por temas. As ferramentas e a estratexia Pensa donde podes atopar documentos. As bibliotecas e Internet son os dous lugares donde podes localizar estos documentos. Recorda que as bibliotecas ofrécenche documentos impresos que están previamente organizados e seleccionados e que Internet permíchete acceder a información en soporte dixital fácil de manexar pero que se atopa barallada e que non sufriu proceso de selección. Localiza documentos nunha biblioteca. Podes ir á biblioteca da escola, á biblioteca pública do teu municipio ou incluso a unha biblioteca universitaria ou á Biblioteca Nacional. Todas estas bibliotecas dispoñen dun catálogo donde realizar a busca para localizar os documentos. Podes facer a consulta vía web antes de desplazarte. Tamén dispoñen de persoal especializado que che axudará na túa consulta. Localiza documentos en Internet. A rede dispón de millóns de páxinas web e recursos dixitais, a cuestión é saber localizar a información que realmente precisas e que a ademáis sexa información de calidade. Os buscadores como google son a ferramenta de busca máis xeralizada. Para as buscas concretas é esta unha boa solución pero nunha busca temática é preciso facer buscas avanzadas que permitan filtrar distintos elementos para extraer mellores resultados.
Non te conformes coo primeiro que atopes. Busca información variada contrastando diversos documentos.
APRENDENDO A INVESTIGAR NA REDE Un buscador é unha páxina cun programa de ordenador que che axuda a atopar información en internet. Non todos os buscadores son iguais, e hai moitos máis que Google, pero este é o máis empregado. O primeiro é buscar as palabras clave. Despois intenta aplicar algúns destes consellos. DEZ CONSELLOS PARA USAR GOOGLE 1. LEMBRA QUE PODES USAR MÁIS DUNHA PALABRA CLAVE DE CADA VEZ. Cantas máis uses máis acotarás a busca. Cando buscas na rede, tes que escoller as palabras clave por ti mesmo. 2. USO DA “BUSCA AVANZADA”: se seleccionas ao lado da caixa de busca as letras que din “búsqueda avanzada” os resultados serán moito máis precisos. Proba con algúns termos:
Astronomía para nenos 3. EXCLUÍR PALABRAS DUNHA BUSCA: Utiliza o signo “menos” (non o guión) diante da palabra que queiras omitir. Por exemplo:
Lácteos-leite Google mostraranos os resultados que conteñan a palabra lácteos pero ningún deles conterá a palabra leite.
4. DESTACAR PALABRAS PARA A SÚA BUSCA: Para acotar a busca dun tema amplo, escribiremos o signo + ( mas) diante da palabra ou palabras cuxa busca desexamos forzar (sen espazos):
Astronomía+sistema solar
5. O COMODÍN: Cando non nos acordamos do título dunha película ou dun libro. Temos algo de idea: “La no se qué del viento”. Google axudarache a lembrar se usas o asterisco * como comodín. Verás como che resolve a dúbida.
La * del viento 6. FAI UNHA PREGUNTA A GOOGLE: Tamén é capaz de responder a preguntas sinxelas como:
Cal é a moeda de Xapón?
7. DEFINICIÓNS DE PALABRAS: Se escribes define : antes da palabra que queres, os primeiros resultados de Google daránche a definición que buscas:
Define:soberbio
8. DEMASIADA INFORMACIÓN?: Habitualmente os resultados máis apropiados aparecen na primeira páxina de buscas. Ler as dúas liñas que resumen o contido de cada web axudaráche a decidir se a información que temos diante é ou non útil para nós: o Calquera pode colgar información en Internet: non é preciso ser un experto. Será mellor elixir as páxinas publicadas por organizacións coas que se poida contactar. o Ás veces a finalidade das páxinas é comercial. Se tentan venderte algo ou influir en ti dalgún xeito hai que estar atento. o Ao final da páxina soe aparecer a data de actualización da mesma. Comproba que a información estea actualizada. o Non perdas o tempo cando unha páxina che sexa moi difícil de entender. Fíxate en se entendes a linguaxe, en se o texto é demasiado longo, en se os gráficos que aporta che axudan a entender o texto,…
9. Sobre todo intenta ENTENDER. “Cortar e pegar” non é apropiarse da información. O que non es quen de repetir coas túas propias verbas non debe aparecer nos teus traballos.
Qué atopei do que buscaba? Selección da información. Os documentos Selecciona os documentos útiles.Valora os resultados da busca aplicando o criterio da relevancia, selecciona os documentos en función dos aspectos que concretache previamente. Podes valorar os documentos cunha lectura superficial e rápida. Neles hai ferramentas coas que podes facerte unha idea xeral do seu contendo (o título, o resumo, o sumario...) A información Valora o contido dos documentos. A información non sempre é rigurosa e válida, sempre será necesario que se realice unha valoración da súa calidade. É importante aplicar estos criterios: o A fiabilidade ou veracidade. Hai que localizar o autor ou a institución responsable da información para valorar si merece confianza ou non. o A actualización: Hai que localizar a data de publicación ou edición para valorar si a información aínda é válida ou quedou desfasada. Extrae a información que necesites. Localiza nos documentos escollidos as ideas presentes no teu guión detraballo. Cada vez que atopes unha idea interesante toma nota para ir recollendo os conceptos de forma ordeada. Compara. Cando dous ou tres textos traten do mesmo tema tes que comparalos e determinar qué teñen en común e en qué se diferencian. Tomate o teu tempo. Le con calma comprendendo o que dí o texto e si tes dificultades consulta un dicionario ou pregunta a teu profesor. Anota a cita das fontes consultadas. Esta tarefa facilitaráche realizar a bibliografía que terás que incluir ao final do traballo. Anota frases ou citas concretas. Nalgún momento do traballo podes decir o mesmo que dixeron outros autores utilizando as súas propias palabras. Sempre que utilices as ideas doutros autores tes que citalos porque non podes facer pasar por túas as ideas doutras persoas.
ELABORAR O PRODUCTO Portada :
identificación do tema (título e ilustración) Autoría: nome do equipo, nomes e apelidos, lugar, data, centro educativo, nivel, grupo, etc.
Páxinas iniciais: . guión de contidos/ índice paxinado •
Presentación/ introdución, podendo incluir como se fixo, dificultades atopadas, etc.
Desenvolvemento: textos e ilustracións ordenadas dacordo co discurso que se quere transmitir a quen o lea. Conclusións: epílogo, resultado do traballo, grao de satisfacción dos/as autores/as. Fontes: relación das utilizadas para facer o traballo documental. COMUNICAR OS RESULTADOS A comunicación efectiva dos resultados da investigación, que implica construir coñecemento, e demostralo, comporta no marco da educación documental aprender a dar a coñecer o resultado final. A formulación da competencia básica social e cidadá da importancia ao “saber comunicarse en distintos contextos, expresar as propias ideas e escoitar as axenas”. Parece evidente que a educación documental debe comportar unha posta en común, unha escenificación, unha comunicación dos resultados da investigación.
9-
PROPOSTA DE ACTIVIDADES
Propoñemos tres tarefas fundamentais: a)-Os traballos de investigación: Con eles pretendemos ensinar a investigar sobre un tema determinado, desde a elección do tema, a formulación de cuestións, a redacción dun guión que organice as ideas, a indagación en Internet... hasta a redacción do traballo final, tanto en papel como en formato web.
b)-As conferencias: Trátase neste caso de axudar aos alumnos a preparar unha intervención oral sobre un tema próximo ás súas vidas, atractivo, e sobre o que poda expresarse uns minutos de forma natural, huíndo do academicismo. c)-Finalmente, nas presentacións de libros, ensínase aos alumnos a buscar e seleccionar un libro, lelo de forma crítica e presentaro aos compañeiros. As tres tarefas teñen en común o uso de Internet para o seu desenvolvemento e consecución. Os temas que se propoñen son un exemplo. Queda aberto para o profesorado o diseño e desenvolvemento doutras "Rutas de aprendizaxe". Todo educador que tivera un mínimo contacto con Internet e que utilizala este importante recurso cos seus alumnos, daríase conta das enormes dificultades que encerra a busca e selección da información. Si ardua e difícil resulta a tarefa para persoas adultas, moito máis o é para os nenos e nenas de Educación Primaria SINXELAS ACTIVIDADES PARA COMENZAR: Estimular aos alumnos para que utilicen sistemáticamente os libros e materiais de lectura coma fonte de diversas informacións, buscando, por exemplo: • •
Dónde está un país chamado Costa Rica Cómo se reproducen os reptís.
•
Por qué os cactus teñen espiñas
•
Cantas rexións ten Chile
•
O número de teléfono da vidrieiría
•
De dónde se saca o cobre
•
10 palabras esdrúxulas
•
10 palabras que empecen por g
•
Como viven os esquimós
•
Cómo se fabrican os ladrillos
•
A que país chegou Cristóbal Colón en América
•
Cómo está formado o sistema solar
•
Que signigica a palabra brahman ou triceratopo
•
Buscar información sobre a orixe das bibliotecas (Qué?, Cando?, Dónde?). Orixe e significado da palabra.
•
Creación de traballos (debuxos, textos). Exposición de resultados.
•
“ É NOTICIA ”. Buscamos as noticias científicas, seleccionamos e traballamos sobre ela. Exposición.
DÓNDE ESTÁ O INTRUSO? (3º e 4º) A partir dun listado con palabras relacionadas, débese localizar cal é a «intrusa», utilizando as obras de referencia como material de apoio para coñecer o seu significado e identificar así os rasgos ou peculiaridades comúns e as posibles discrepancias. Preséntase aos alumnos un variado conxunto de termos que inclúe sustantivos e nomes propios con algún denominador común: pertencen a un mismo campo semántico, teñen relación con algún personaxe famoso (real ou de ficción), están vinculados con determinado país ou época, etc. Entre eles, figura unha palabra que non concorda.
Exemplo: A orella de Van Gogh clavecín drum Vivaldi trompeta Matisse diapasón Dvorak Como punto de partida, os alumnos poden comezar sinalando aquelas palabras ou nomes que coñecen e anotando ao lado o su rasgo máis destacado: A orella de Van Gogh: Grupo de música pop; trompeta: instrumento musical. Estas primeiras observacións permiten establecer unha primeira vinculación entre os termos: No exemplo, a música é o nexo que une as dúas palabras sinaladas. As sucesivas buscas que se realicen con axuda de dicionarios, enciclopedias e outras obras de consulta permitirán ir definindo cada termo e confirmar si responde ao criterio establecido, hasta alcanzar o obxectivo do xogo: localizar o vocablo intruso.
CONCURSO DE COMODINS (5º e 6º) Un concurso de preguntas culturais con catro respostas opcionais no que se conta co apoio dalgunhas obras de referencia a modo de comodín: dicionario da lengua, de idiomas, enciclopedia e atlas. Este xogo inspírase nos concursos televisivos que plantexan unha pregunta e ofrecen catro respostas posibles e a opción de contar con algunha axuda externa a modo de «comodín», neste caso, as obras de referencia. A clase organízase en grupos de 5 alumnos. Cada equipo ten como obxectivo responder correctamente o maior número posible de preguntas. Para eso conta cun portavoz e catro comodíns de expertos (dicionario, idioma, enciclopedia e atlas). Por turnos, o representante de cada equipo contesta ás preguntas que se formulan, elixiendo a resposta que considera máis adecuada. Exemplo: Qué é un ufo? Alguén que vai de gorra, que se apunta sin ter sido invitado. Unha trampa, un engano. Un fenómeno relacionado con extraterrestres. Un doce valenciano. Para resolver as dúbidas, pode utilizar tres veces cada comodín ao longo do xogo. Cando un equipo falla, o turno pasa ao seguinte grupo. Os comodíns de expertos só poden falar cando o seu portavoz solicita a súa axuda. Nese caso, deben utilizar as obras de referencia que cada un ten asignadas: Comodín do dicionario: dicionarios da lengua española, dicionario de sinónimos, dicionarios específicos de diversas materias (matemáticas, física, música...). Comodín do idioma: dicionarios de diversos idiomas. Comodín da enciclopedia: Unha enciclopedia xeral completa, con todos os seus tomos e/ou un ordenador cunha enciclopedia en cederrón. Comodín do atlas: Un ou varios atlas, con mapas físicos e políticos e uns bós índices e/ou un ordenador (que pode compartir col comodín experto da enciclopedia), cun atlas en cederrón. O portavoz ten que elexir en cada momento o comodín máis adecuado segundo o tipo de pregunta que se plantexe. Aínda que a súa selección non sexa a correcta, é convinte deixar que o grupo continúe a súa busca con autonomía. Así, a propia práctica axudará a detectar os fallos cometidos e a atopar a vía máis rápida e eficaz para resolver determinadas dúbidas. Dependendo da idade e da destreza do grupo, o profesor e o bibliotecario poden establecer un límite de tempo para responder.
SAFARI FOTOGRÁFICO (1º a 4º)
A actividade plántexase como un safari fotográfico entre os libros da biblioteca. O obxectivo é «capturar » o maior número posible de imaxes de determinado animal (osos, ratóns, coellos...). Para eso, deben buscar no catálogo e na estantería, tratando de localizar os libros que teñen a dito animal como protagonista ou que o inclúen entre as súas ilustracións con fotos ou debuxos. Dependendo do fondo de cada centro, pode propoñerse un safari con ratóns, con elefantes, con osos.... ou con calquera outro animal que esté suficientemente representado entre os títulos da colección. Tamén cabe repartir varios animais nunha mesma clase, de forma que cada equipo realice o seu particular rastreo en busca do animal asignado. Para participar no safari, é preciso localizar os libros que teñen o animal como protagonista o que o inclúen entre as súas ilustracións con fotos ou debuxos. Para elo, pódense seguir varios pasos: Buscar directamente nas estanterías, tanto na sección de zooloxía como no apartado de ficción. Completar a busca, consultando no catálogo de títulos (aqueles que comezan pola palabra «ratón» ou o animal correspondente) e no de materias (si non existe un catálogo na biblioteca, este tipo de actividades pode contribuir, pouco a pouco, á súa elaboración colectiva). Si se desexa afinar aínda máis, pode consultarse en libros de natureza, revisando os índices para ver si inclúen algún apartado sobre estos animais. Unha vez localizados os libros e sinaladas as páxinas nas que aparece algunha ilustración do animal, cada grupo fotocopiará, anotando o título da obra. Por último, pódese decorar a clase coas imaxes obtidas no safari e expoñer os libros nos que se atoparon. Unha variante desta actividade, máis adecuada para os máis pequenos, é a de ofrecer fotocopias das portadas dos libros. Con elas, os alumnos poden revisar as estanterias e tratar de atopar as obras indicadas.
BUSCANDO A XOAN (3º A 6º E. Primaria) Nesta dinámica, os alumnos exploran os libros da biblioteca seguindo o rastro de Xoan, o personaxe da boblioteca. Este personaxe realiza un percorrido entre os libros mediante mensaxes e pistas que axudan a practicar no catálogo e a manexar a táboa de clasificación. O personaxe aparece representado en varias tarxetas, xunto a unha serie de mensaxes que invitan a seguir o seu percorrido dun libro a outro e ofrecen pistas que axudan a localizalo.
Ao comienzo da actividade, cada grupo recibe o primeiro mensaxe de Xoan. Nel plantéxase o xogo e se ofrécese a clave para localizar a primeira imaxe de Xoan: Exemplo: ¡Ola ! queredes xogar comigo ao escondite? Advírtovos que son moi escurridizo... Hoxe mesmo, fun ao campo e perdinme . ¿Alguén sabe dónde estou? Non é o zoo, aínda que hai moitos animais. Penso que me quedei durmido mirando para unha bolboreta. O profesor pode facilitar a busca orientando aos alumnos sobre os pasos que poden ir dando a partir das pistas proporcionadas por Xoan: O neno perdeuse no campo. Ó mellor está entre os libros de natureza. Non é o zoo, aínda que hai moitos animais ... Probablemente se refire á sección de zooloxía. Quedouse durmido mirando para unha bolboreta. Seguro que está escondido dentro dalgún libro sobre ese tema. Unha vez localizada a tarxeta coa imaxe de Xoan, espéralles un novo mensaxe de Xoan (está escrito no reverso). Nel propónse un novo reto: Verdade que non foi difícil? É que a biblioteca é coma un pano... ou eso pensaba eu, hasta que volvín a perderme. Esta vez, por romántico... Estaba lendo poesías de amor, cando se me foi a cabeza cos versos dun tal Bécquer... ¿dónde estou? De novo, a axuda do profesor pode resultar útil: Nesta ocasión, a busca pódese afrontar por diferentes camiños. Pódese ir directamente á estantería: Estaba lendo poesías de amor. Pódese acudir á sección de literatura e buscar dónde se ubica a poesía (na nosa biblioteca, os libros de poesía inclúen a letra P na súa signatura, constituíndo unha sección independente. O profesor pode aclarar o sistema de clasificación propio da biblioteca). Os versos dun tal Bécquer. Si os libros están organizados por orden alfabético de autor, é sinxelo localizar as obras de Bécquer. Unha vez máis, no interior dun libro de Bécquer, xunto a un poema de amor, Xoan presenta a siguinte busca: Non sei qué me pasou cos poemas pero, para terminar de despertarme, decidin practicar un pouquiño de exercicio. Sempre me gustaron os deportes olímpicos. Hoxe quería probar o tiro con arco e, cando menos o esperaba, sufrin un pequeno accidente: unha frecha deixoume cravado no sitio. ¡Axudádeme! E tamén aquí, a descomposición da mensaxe en pasos sucesivos pode simplificar o rastreo: Sempre me gustaron os deportes olímpicos. Pódese comezar a buscar entre as obras informativas, na sección de deporte, algún título que fale de deportes olímpicos. Outra posibilidade é recurrir ao catálogo, intentando atopar un libro con ese título ou probando termos relacionados («olimpiadas», «deportes»...).
Hoxe quería probar o tiro con arco: Unha vez localizado o libro sobre deportes olímpicos, é preciso buscar no sumario ou nos índices o capítulo de «tiro con arco» (un índice alfabético, si o houbera, sería unha opción moi directa). E así, sucesivamente, vanse atopando entre as páxinas dos libros a mensaxe que introduce unha nova actividade de exploración na biblioteca. Como señalábamos, o apoio do profesorado é necesario aínda que, a medida que o xogo avanza, resulta menos necesaria a súa intervención. O propio docente debe valorar o nivel de autonomía do grupo e o momento adecuado para deixar que os alumnos investiguen sós. Con grupos de 5º e 6º, pode resultar interesante que os propios alumnos escondan algunha tarxeta de Xoan entre as estanterías, redactando as pistas para que os seus compañeiros as localicen.
UN MURAL DE CINE
Un mural «de cine» (1.º a 4.º E. Primaria) Co fin de realizar un panel informativo sobre as películas máis interesantes dirixidas ao público infantil, os alumnos consultan diferentes materiais (xornais e revistas, vídeos, CDs, páxinas web...), observando as súas peculiaridades e as ferramentas que permiten acceder fácilmente á información que conteñen (sumarios, carátulas, enlaces...). Para realizar esta proposta, cada grupo de alumnos (preferiblemente 5-10 nenos) dispoñen dunha parede (no corredor do colexio) para elaborar un mural no que se presente o máis significativo da historia do cine infantil. Os paneis poden incluir debuxos feitos polos alumnos, fotografías recortadas, fotocopias, rótulos e, por suposto, textos explicativos que, aínda que sexan breves, ofrezan certa información sobre o tema. Algúns posibles apartados do mural son: Cartelera: últimos estrenos. Historia do cine infantil. Nenos actores. Os debuxos animados. Contos levados ao cine... Para realizalo, poden seguirse os seguintes pasos: Tertulia cos alumnos sobre o tema: qué cine lles gusta, cales son as últimas películas que viron, os títulos preferidos de seus pais (previamente, se lles pode pedir que
realicen unha pequena enquisa nas súas casas), algún truco cinematográfico ou efecto especial do que oiran falar, etc. o visionado dun vídeo documental sobre o tema pode ilustrar esta actividade e favorecer o intercambio de opinións. Determinar os apartados do mural: a conversación anterior é un bon contexto para plantexar os apartados que se van a incluir no mural, tendo en conta os aspectos que máis interesen entre os alumnos. Consultar as fontes: cartelera do periódico revistas infantís vídeos documentais páxinas web CDs
Realización plástica do mural. A BIBLIOTECA ANÚNCIASE A biblioteca anúnciase (5.º e 6.º E. Primaria) O motivo central desta actividade é a realización dunha campaña publicitaria sobre a biblioteca escolar, seguindo o modelo dos anuncios que aparecen na prensa, na televisión, na radio, na rúa (paradas de autobús, cabinas, vallas...) en internet ou nos numerosos folletos comerciais que chegan hasta o centro escolar ou se reciben nos buzóns de casa. O plan puede constar de múltiples iniciativas (carteis, octavillas, anuncios na revista escolar, o blog da biblioteca ou a páxina web do centro, presentacións dramatizadas nas clases, cuñas radiofónicas, etc.), que se desenvolven en diferentes comisións de traballo: prensa, vídeo, radio, internet... O traballo de cada equipo consiste en buscar anuncios variados de todo tipo de empresas e productos e revisar os materiais publicitarios que se atopen na biblioteca escolar ou que se reuniron con motivo da actividade. A continuación, analizaráse este material, observando as diversas estratexias adoptadas polos publicistas: tipo de eslogan, forma de atraer a atención do posible cliente, recursos gráficos ou verbais utilizados, etc. A partir deste estudio, tomaránse algúns exemplos, adaptando ideas, xogos de palabras ou imaxes e diseñando un anuncio propio para dar a coñecer a biblioteca escolar. Nunha reunión de coordinación cada comisión mostrará o seu proxecto publicitario e estableceránse liñas comúns de traballo, a partir das que se desenvolverá a campaña en múltiples «frentes». Esta actividade pódese introducir co apoio dun documental en vídeo sobre publicidade.
A súa presentación na clase pode axudar a comprender mellor algunhas técnicas publicitarias e motivar ao grupo para a realización da proposta.
AS NOTICIAS DA TELETECA As noticias da teleteca (1.º a 4.º E. Primaria) Tendo en conta o poder motivador do medio televisivo, propónse á clase a realización dun informativo en vídeo. O reparto das seccións habituais dos «telediarios» sería o punto de partida para desenvolver en pequenos grupos diferentes buscas documentais que sirvan de apoio para a redacción das noticias. En primeiro lugar, débese definir o carácter que vai a ter o informativo: As noticias máis actuais Boas noticias Noticias curiosas da ciencia Noticias inventadas a partir de certas pautas ... Unha vez establecido o criterio para seleccionar as noticias, a clase divídese en pequenos grupos ou comisións que serán os responsables das diferentes seccións: Nacional, Internacional, Educación, Deportes, O tempo... A revisión da prensa e dos informativos dos diferentes medios servirá para facer unha primeira selección das posibles noticias en cada sección e para redactar un enunciado provisional dos titulares. A partir desta información, cada grupo organizará as súas buscas co apoio dos materiais da biblioteca. É importante que, neste apartado, se teñan en conta todas as posibles fontes (enciclopedias, atlas, libros de consulta, obras de ficción, vídeos, páxinas web...) e que se utilicen todos os recursos que facilitan o acceso ao fondo: a tabla de clasificación, os catálogos... A intervención do docente na planificación e o desenvolvemento destas buscas deberá adecuarse ao nivel de madurez d grupo. En calquera caso, é imprescindible a súa disponibilidade para orientar aos alumnos ante calquera dúbida ou dificultade. Unha vez recuperada e revisada a documentación sobre cada tema, é preciso seleccionar a información máis relevante, establecendo un esquema básico cos principais puntos que vai a incluir a noticia. O grupo pode decidir aquí o formato que vai a tener a súa información: Lectura da noticia no estudio, co apoio de imaxes gravadas Conexión con un corresponsal Entrevista con algunha «personalidade» relevante ...
A continuación, redáctanse as noticias e anótanse todas as necesidades técnicas previstas para a súa gravación: imaxes de arquivo, localización de exteriores... Por último, procédese ao rodaxe, á edición e á proxeción pública do informativo.
EXCURSIÓNS BIBLIOTOURS Excursións Bibliotours (5.º e 6.º E. Primaria ) Unha invitación para realizar unha viaxe de estudos a final de curso serve para introducir unha proposta de investigación en torno a unha ruta, unha cidade ou un parque natural. Como instrumento estructurador da busca, propónse á clase a realización dunha guía de viaxe sobre o destino escollido. Así, ademáis de contribuir coa súa elaboración máis aproveitamento didáctico da excursión, a guía realizada aporta un novo recurso documental á biblioteca escolar, un material que pode ser consultado por outros alumnos e axuda a consolidar o protagonismo do alumnado na biblioteca. O primeiro paso consiste en decidir o destino da viaxe. Lóxicamente, os alumnos condicionarán a súa elección ás pautas que se dicten no centro (distancia aproximada, duración da excursión, tipoloxía das visitas –monumental, naturalística...–, etc.). Esta primeira decisión supón un primeiro traballo de investigación, xa que os alumnos deben localizar lugares de interés acordes coas características establecidas. Exemplo: O profesor pon como condición que o sitio visitado ten que ter interese histórico e ofrecer algunha mostra arquitectónica relevante. A excursión debe durar dous ou tres días; o desprazamento faráse en autobús e para chegar ao punto de partida non poden empregarse máis de catro horas de viaxe. Con estas condicións, os alumnos deciden organizar unha ruta por diversos castelos de Galicia. Unha vez definido o tipo de ruta e marcado o punto de partida, os alumnos deben diseñar o itinerario completo da excursión. Así , poden marcar nun plano un radio coa distancia que poden percorrer no tempo marcado, localizando na área sinalada os principais puntos de interese. Si este traballo o realizan simultáneamente varios grupos de alumnos, o resultado da busca será máis rico e variado. Cada equipo argumentará a elección realizada para, posteriormente, consensuar entre todos a ruta definitiva.
Para poder avanzar na investigación, os grupos poden organizar a busca da maneira que mellor se adecue aos obxectivos da excursión: Dividindo os diferentes puntos do traxecto, de modo que cada grupo se documente a fondo sobre o máis destacado de cada lugar. Repartindo diferentes aspectos da ruta establecida (arte, lendas, gastronomía, paisaxe...), o que facilitaría, á súa vez, a distribución de fontes informativas diversas. A primeira modalidade de traballo resulta máis adecuada para excursións moi variadas e cun grande número de visitas, mentras que a segunda se axusta mellor a unha viaxe máis intensivo, cun só destino ou varios puntos moi homoxéneos. A medida que os alumnos localizan, recopilan e sintetizan a información máis relevante, unha pequena comisión vai estructurando e dando a forma definitiva á guía de viaxe. Ademáis de textos descriptivos, esta publicación pode incluir fotos, mapas, esquemas e cantos materiais gráficos se consideren necesarios. Finalmente, a guía fotocópiase e distribúese entre os participantes na excursión, de modo que poda ser consultada ao longo da viaxe. Pode resultar interesante incluir unhas páxinas en branco para tomar notas na viaxe, de forma que, á volta, a guía poida completarse con novas observacións. A elaboración dun dosier fotográfico é outra posible aportación final a este proxecto colectivo. 10• •
CONCLUSIÓNS Pensamos que esta forma de traballar non é unha moda, que todos aprendemos, o que supón estar abertos a aprender “de e cos demáis”. Insistimos na idea de “aprender a aprender” tan perdida nas aulas; intentamos fomentar que se relacionen as informacións para que pasen a formar parte da súa experiencia. O neno é unha parte activa dentro deste proceso.
•
Nas nosas aulas todos somos capaces de aportar, respectando a capacidade e ritmo de cada persoa, centrándonos especialmente en valorar a evolución de cada un.
•
Parécenos importante sinalar que esta metodoloxía, sobre todo, favorece a integración na aula dos nenos e nenas con necesidades educativas especiais, xa que esta forma de traballar respecta e cumple o principio da individualidade da ensinanza.
•
Temos que aprender que o noso papel nas aulas non é unha mera transmisión de coñecementos, senón de axuda para que os nenos e nenas consigan realmente aprendizaxes significativos e que os apliquen a situacións da vida cotidiana.
•
Debemos ser críticos co noso traballo, quitando os medos a equivocarse, aprendendo e medrando dos nosos “erros”, entendendo éstos como unha posibilidade de cambio e non coma un fracaso, ao igual que o intentamos transmitir aos nenos e nenas.
•
Cremos que é fundamental o traballo en equipo, a coordinación entre os ciclos e as aulas xa que a totalidade da Escola (nenas, nenos, educadores, familias, dirección, persoal de servizo,…) está implicada en máis ou menos grao no desenvolvemento dos Proxectos. A cada Proxecto darémoslle o tempo que precisa, flexibilizando cumplir “a programación”. Podémolo acortar ou alongar dependendo do interese e entusiasmo dos nenos e nenas.
•
•
11-
E sobre todo…disfrutaremos co que facemos, nenas, nenos, familias e nós, xa que vivivmos cada proxecto día a día. CONSIDERACIÓNS FINAIS:
•
•
Independentemente de reformas educativas, de efímeras modas sociais ou de correntes psicopedagóxicas, procurar o dominio da lectura e a escritura, alimentar o gusto pola lectura e promover entre o alumnado o valor universal do libro como soporte conservador e transmisor do saber, da cultura e da historia da humanidade, son cometidos e compromisos da acción educativa tanto do centro educativo coma da familia. O libro de texto non pode ser a única fonte de información e o exclusivo instrumento de traballo do alumno. Acercarlle a libros diferentes, a outras fontes e documentos en distintos soportes é aportar riqueza, variedade nas opcións de aprendizaxe e incrementar as situacións para unha ensinanza con máis sentido.
•
A biblioteca escolar debe convertirse pouco a pouco nun recurso clave para a promoción lectora, o acceso en pé de igualdade á información, as fontes documentais e a cultura.
•
A continuidade das accións, o traballo en equipo e a implicación dos sectores da comunidade, coadxuvarán a que todo programa que se inicie no centro teña unha maior trascendencia dentro e fóra del e, á vez, aporte luz e seguridade ao que facemos entre todos no centro educativo.
BIBLIOGRAFÍA
Plan Lector y Biblioteca. Junta de Andalucía. Trabajando por proyectos. Escuela Infantil “Los Gorriones”. Trabajando por proyectos. Xunta de Galicia. Cómo iniciar un trabajo de investigación. Gloria Durban. Biblioteca y aprendizaje autónomo. Villar Arellano Yanguas. Blitz 3 Taller de Lenguaje. Mabel Condemarín. CEPE Biblioteca “Atlas dos soños”. CEIP Seis de Nadal. Educación Documental. Bibliotecas escolares de Galicia. Proxectos aula-biblioteca-contribución al desarrollo de las competencias básicas. Junta de Andalucía.