Relatos curtos de Samaín

Page 1


Érase unha vez tres nenos chamados Óscar, Omar y Andrés. e tres nenas chamadas: Ursula, Sara e María. Un día Óscar eos seus amigos foron a casa da familia nova do barrio, os Gasamanes.Petaron na porta tres veces pero ninguén saíu a atendelos. Toda a xente do barrio dicía que os Gasamanes eran moi raros, pero o que non sabían era que os Gasamanes eran unha familia de vampiros. A medida que pasaban os meses tódolos nenos lles tiñan mais medo a familia Gasamanes , ata que chegou o día de samain. Nese día todos se disfrazaban de vampiros, lobos, morcegos e moitos disfraces mais. A familia Gasamanes : o señor Patricio e mais a súa muller Antonia estaban paseando polo barrio co seu fillo Serxio, eso si...todos pensaban que eles estaban disfrazados,pero entre nos...só estaban sendo eles mesmos,Pero como o que eran de verdade,uns “vampiros”. Pouco a pouco a xente foi desconfiando ata que os seis amigos non aguantaron máis e foron a investigar a casa dos Gasamanes.Alí encontraron moitas cousas que lles fixeron pensar....Non era unha casa normal e corrente.Dentro da casa só había cadaleitos e dentro deles estaba a familia Gasamanes.Os nenos tiñan cada vez máis medo,temían que lles chuparan o sangue.Intentaron saír pero a porta estaba pechada,e tiveron que agocharse nun armario. Cando soaron as doce os vampiros levantáronse e foron dar unha volta.Omar tiña moita fame e a un que os demáis lle dixéron que non fora a cociña como era moi terco foi.E cando abriu a neveira só tiñan sangue.E esa foi a proba irrefutable de que eran vampiros.Pero os Gasamanes volveron de súpeto e descubriron a Omar,os tres vampiros chupáronlle o sangue .Os cinco amigos viro o que lle estaban facendo mentres escapaban.E viron como lle arrincáron as tripas para facer un colar.María tropezou e os Gasamanes antes de que puidera levantarse a arrastrárona a súa casa e pecharon a porta,ninguén volveu ver a María nin a Omar.


Despois os Gasamanes advertiron aos catro amigos que quedaban que algún día tamén vingaríanse deles...jajajajaja

FIN AUTORES: Jose Ángel y Fernanda



Un venres 13, xusto una semana despois de que a policía atrapara a Jason,ocurriu o que vos vou contar. Jason era un terrorista que utilizaba machetes para matar as persoas e botara a súa maldición ao mundo dicindo que 5 nenos dun colexio morrerían ao poñerse a súa mascara. Ese día,unha clase do colexio Balaidos,dirixíanse a unha excursión as covas de “Altamira”. Cando chegaron alí, imaxináronse o que lles ía pasar.Os nenos saíron do autobús e observaron ao seu redor , estaban no certo, iso era un espectáculo, Fernanda, tamén quedouse fascinada, e dixo - Jope, esta excursión e unha pasada!- . Mais tarde os nenos dirixíronse a unha das covas de “Altamira” co resto da clase. Fernanda, Isa, Nico, Jose e Aitor paráronse a observar unha mascara de jockey , Aitor colleuna e...!!!ahí empezou o horror¡¡¡ Aitor cobrou forma de monstro e na man, apareceulle un machete xigante e pasados 10 minutos de gritos e angustia, a profesora Malena foi buscalos, e atopounos a todos sen cabeza incluído Aitor...¡¡¡ imaxinádevos o que lles pasou !!!

FIN De: Julio y Palmira


O CAMPAMENTO

Unha nena chamada Llanos, que estaba a pasar a fin mana de campamento,cando escoitou a historia dun can asasino nunha habitación maldita dun bungalow ,buscouse un pastor alemán para que lle avisara de calquera cousa. Agora escoitade o que vos vou contar.Esa noite Llanos estaba moi nerviosa,e non podia durmir.De súpeto o can foi correndo,e dirixiuna a habitación maldita.A ela non lle gustaba o que estaba ocorrendo,pero decidiu deitarse naquela habitación,e pediulle ao seu can que si pasaba calquera cousa lle lambese a mán.Estaba a piqués de durmir cando o can lambeulle a mán e vai a porta e colle unha nota para ela que poñia: O asasino esta preto de ti ¡coidado!. Ponse moi neviosa e o can volveulle lamber a mán e colleu outra nota que poñia:ten moito coidado ao teu can pódelle pasar calquer cambio. Pasou un pouquiño de tempo, e o can lambeulle de novo i ela mirao moi asustaa...Entón decubre que se convertira no can asasino! E non a volveron a ver. A muller que organizaba o campamento,cando soubo o da nena quixo pasar a noite na habitación maldita para ver se era verdade. A muller volveu facer o mesmo ca nena e colleu un can para que a avisara de calquera cousa. O can volveulle lamber a mán duas veces e a terceira, o lambido foi distinto.A muller mirou…. ¡E LLANOS ERA A QUE LLE LAMBIA A MÁN! se contas isto a alguén cando te mires ao espello ,veras a sua imaxe,moitos rapaces quedaron traumados. FIN

AUTORES: ORI Y Luis


O SAMAÍN Era Samaín na cidade de Vigo, e nesa noite os nenos saían disfrazados a pedir caramelos. Había un señor, Xosé, de setenta e oito anos,o que xa lle deran tres ataques ao corazón. Xosé ese dia foi a estación de autobús para coller o bus de Vigo-Portugal, cando chegaron a fronteira había un semáforo, e cando se puxo en verde, de súpeto aparecieron corenta zombies cortándolles o paso e intentando entrar no autobús, pero os pasaxeiros non lles deixaron. O condutor arrancou e conseguiu apartar a catro zombies, cando quedaron sen gasoliña os zombies conseguiron abrir o autobús, pero os pasaxeiros puideron saír e refuxiarse nun banco, que tiña os cristais blindados. Botaron a pechadura, e os zombies golpearon os cristais, pero non puideron entrar. Pero como o encargado do banco tamén era zombie, colleu as chaves e abriu o banco.E cando xa os tiñan a todos acorralados os zombies quitáronse os disfraces e lles dixeron que todo era unha broma. Pero o pobre de Xosé morreu dun infarto, todos sentíronse moi mal, e foron a Vigo a darlle o pésame a familia.

FIN !! AUTORES: Agus Aitor



Unha noite escura de lúa chea ocorreu algo sanguento e desagradable, todo empezou así: Nunha noite de samain catro nenos chamados Xaime, Xulio, Vanessa, e Alicia. As doce da noite cando todos estábamos dormidos escoitamos, ruidos de cadeas e alaridos, de súpeto viron tres almas que dirixíanse hacia o tenebroso monte, Xulio que era o mais aventureiro e atrevido dirixiuse ao monte, seguindo as almas, entón os outros tres nenos non tiñan mais remedio que seguirlles xa que Xulio era o mais pequeno. Mais tarde cegaron a unha casa vella e sinistra, Alicia e Vanessa dixeron que había escoitado historias sobre esa casa, pero ninguén dicía que era certo, Xaime que era o mais tímido e medoso dixo que ía ver que pasaba; entón abriu a porta e viu dous esqueletos un tirado no chan e o outro tirado nun banco vello, de súpeto, Xaime deuse conta de que había sangue no chan e intentou saír correndo pero Xulio o detivo. So iluminados pola luz da lúa chea descubriron unhas escaleiras segregas que conducían ao sotano, alí viron a sombra dun hombre moi sinistro que tiña un coitelo nunha man por un momento veuse a cara del, ¡Era un asesino! tiña a cara chea de sangue e algo descomposta. Alicia e Vanessa vaste nerviosas, entraron nunha porta que dicia “NON PASAR”. Entraron e habia unha mesa chea de tearañas, viron unha nota e Alicia a colleu e a leu, na nota poñia:


“QUEN LEA ESTA NOTA NON PODRA SAIR DESTA CASA, ACABARAS DESANGRANDO COMO OS ANTERIOIS DONOS DA CASA TODAS AS PERSOAS QUE ENTRARON MORRERONSE” Xaime todo asustado fixose pis encima; enton Xulio e Vanessa encontraron un pasadizo que conducia ao exterior, sairon todos mortos de medo e foron correndo a casa da avoa de Alicia, deixando atrás a sinistra casa enbruxada, Alicia contoulle todo a sua avoa a maña seguinte, pero a avoa non lles creia e dixolles que seguramente foi un soño, pero os catro nenos nunca olvidarianse desa experiencia porque sabian que era real.

FIN DE: Jaime e Vanessa.


Era Samaín e Laura , unha nena de 13 anos, foi durmir á casa da súa amiga Carla, porque os seus país tiñan que ir a unha cea de traballo. Ao chegar á casa de Carla puxéronse a mira-la televisión pero aburríanse, e puxéronse a facer chamadas telefónicas para meterlle medo á xente . Houbo un número que comunicaba , e quedáronse esperando, ata que atenderon. Pero dende o outro lado da linea escoitábase: A partires das doce en punto comezarán a suceder cousas estranas na vosa casa. Carla e Laura quedáronse estupefáctas pero logo comezaron a rir , e pensaron: Este home debe de estar a facer o que nós ,¡Pois si que mete medo! . Por fin eran as doce,fóronse deitar pero Laura tiña sede.Cando intentou a porta decatouse de que estába pechada con chave e asustóuse , no momento espertou a Carla para contárlleo e chamaron por teléfono aos seus país ,pero non tiñan cobertura . E dende o corredor escoitábanse pasos.Entón puxéronse coa orella na porta e alguén dicía : Xa vo lo dixen , son as doce. Laura quedóuse moi sorprendida e tamén tiña medo,pero decatóuse de que Carla estába moi pálida e estába mirando á ventá Laura tamén mirou e víu a cara dunha muller cos ollos en Branco e tamén estaba moi pálida. Laura e Carla desmaiáronse e á mañá seguinte os país de Laura foron despertalas e Laura dixo: Entón todo foi un sono!!, ¿Sabes o que soñei?. E lle din Carla:Si,sei o que soñaches porque non foi un sono , eu tamén o vivín.

Fin Asinado: Ruth e Mela


O NENO MALDITO Había unha vez uns nenos que ian de acampada o día de hallowen. Os nenos chamabanse: Julio, Luis e Jaime. As nenas son Llanos, Vanessa e Alicia. Os nenos/as estaban impacentes por ir ao campamento do bosque. Por fin chegou o gran día. No autobús ian por parellas: Llanos e Vanessa, Alicia e Jaime, Julio e Luis.Todos imaxinaban o divertida que seria aquela acampada. Cando chegaron algúns puxéronse a ordenar as cabañas e os outros foron inspeccionar o terreo.As nenas tras camiñar un rato encontraron unha cabana abandoada onde había un neno chamado Nicolás, cun peluche chamado chuki. O neno quixo ir con elas e a mestra Malena aceptou. No campamento lles explicaron aos compañeiros onde atoparan a Nicolás e que se ía quedar con eles. Pasados uns días Nicolás empezou a dicir cousas raras como: que os ía matar, e logo dicía que fora broma. Pero como Nicolás mirábaos con cara rara. Empezaron a sospeitar del e decidiron investigar onde o atoparan.Cando Luis estaba buscando pistas, atopou un corpo morto cerca da cabana de Nicolás. Pero mentres ía a decirllelo aos compañeiros ¡Zass! Nicolás apareceu de súpeto ao lado de Luis e matouno . Os demáis escoitaron o grito de Luis e foron correndo,e cando chegaron viron o corpo de Luis no chán,estaba morto. Volveron as cabanas todos asustados. As nenas levaron a profesora ao sitio do asasinato de Luis e foron buscar a Julio e a Jaime. A profesora quedou soa con Nicolás. E nun abrir e pechar de ollos, desapareceron. Cando os nenos volveron Foron ao campamento e alí estaba Nicolás nunha silla e díxolles: acabouse, xa non podedes facer nada. Os cinco foron a cabana da profesora, pero en vez de atopala a ela,Nicolás apareceu na súa cama e Jaime desmaiou se.Nicolás levouno, e os demais montaron no autobús. Vanessa consiguió conducir


pero cando se deron conta estaban nun pobo deserto. Quen sabe que lles pasará con Nico e Chuki soltos?

FIN

AUTORES: LLANOS E NICOLÁS



Había unha vez unha nena chamada Vanessa que un día foi mercar unha palestina. Estaba tan leda que foi dar un paseo pola praia. Pasou un rato e púxose o sol. Entroulle o sono e foi as rochas a botar unha sesta pero, nada máis chegar , atopou unha cova que nunca antes vira. Picoulle a curiosidade e entrou. De súpeto, escoitou uns alaridos de tristeza e enfado. Vanessa quixo volver atrás pero non puido porque as suas pernas non paraban de camiñar cara diante. Chegou ao final da cova e atopouse cun monstro que lle preguntou: -

Quen osa entrar na miña cova?

-

Eu Vanessa son (e rectificou): Eu son Vanessa.

-

E… A que ves?

-

E que tiña sono, vin a cova e entrei a botar unha sesta.

-

A botar unha sesta, a botar unha sesta! pero ti, quen te cres que es?, como si eu non tivera outros asuntos que resolver! …

-

Síntoo, señor monstro, pero… Que lle pasa a vostede?

-

So que eu son un neno ao que transformaron en monstro.

-

E non se pode arrancar?

-

Si, so necesito unha palestina como a que tes ti no pescozo.

Entón, Vanessa deulle a palestina ao monstro quen, de súpeto, converteuse nun fermoso neno, mentres que Vanessa transformouse nun monstro. O neno botou a correr coma un tolo escapando da cova e de Vanessa. A nena quedou triste e ela pensa todolos dias en vingarse daquel neno. Todalas noites escóitase nesa cova: -

Vingareiiiimeee...!

Fin??? AUTORES: Adrián Anabel


Nese momento apareceu Malena partíndose de risa, Todo fora unha broma dos profesores/as.

FIN


Hai unha clase no colexio que ten un neno moi raro, sempre ven vestido con roupa escura e cando nos imos para casa vai polo mesmo camiño ca min, pero ao chegar a curva do cemiterio esfúmase, a min pareceme moi estrano. Un bo día fun investigar coa miña amiga preferida, Carlota,e agochámonos nuns matorrais mentres observábamos ao estrano neno.O que vimos foi que ao traspasar a verxa do cemiterio esfumábase, ¡Quedamos estupefactas!. Ao día seguinte non veu ao colexio. A miña amiga Carlota olvidarase os libros e acompañeina a clase ao entrar vimos o cadáver de Xulio, que era como se chamaba o neno, descuartizado e o chan cheo de ¡ SANGUE ! Agora cando nos olvidamos os libros sentimos un escalofrio fantasmagorico….

FIN

Autores: Isabelllllllllllllll Alex



Esta historia empeza un dia de samain chuvioso e gris.Habia un neno que comprara un disfraz de paiaso pero o que el no sabia era que ese disfraz estaba encantado.Entón cando o puXo nono puido sacar, xa que o espírito do paiaso metérase no corpo do neno.E foi asustando a xente:nenos,ancians,adultos,etc… O paiaso foi a un circo porque ali pasaba desapercibido, e cando ia facer o seu número de actuación un neno mirouno fixamente aos ollos e coma ao paiaso non lle gustou dirixiulle unha mirada brillante e ,co seu poder, matouno. Como toda a xente foi ver o que lle pasara ao neno o paiaso aproveitou para dicir en alto o seu conxuro e hipnotizalos a todos.E así empezou a decir: catipum , catipam ,catapumchimpan. E toda a xente quedou hipnotizada e facía o que oque quería o paiaso. E con ese exercito de xente conquistou o mundo.E xa sabedes:

¡¡¡COIDADO COS PAIASOS!!! Autoras: Marta E E Marta C


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.