Nº 031 (2008)

Page 1

Nยบ 31 XANEIRO 2.008 Colexio Divina Pastora

Fundada en 1998

ยก Un bico !


Dña. Elena Vázquez

Dña. Marta Gozález

Dña. Alejandra Gallego

Dña. Jennifer Vilela López

D. Francisco José Solveira Gonçalves

Dña. Andrea Fidalgo

Dña. Raquel Doval

D. Simón Santos

Dña. Andrea Carballo

Equipo de redacción de Lúa


02 Equipo de redacción 03Sumario 04 Presentación 05 Postais do colexio 06 Encontro con Amparo e Ramona 07 FT 08 Mosaico 1º Bach. 09 ECOVIXIANTES 10 Magosto E. infantil 11

Campamento 1º ESO. Debuxo

12 DE MARCHA CON FRAN

13Campamento 1º Bacharelato

15Concurso coca-cola 16 grafiti. Constitución 17 Primaria de magosto 18 Primaria de magosto 19 I xornadas de sensibilización: a discapacidade 20 Tres anos

22Fábula

e poemas

23 maratón do Guillerme 24 Hospital Central en

Ourense. Rianxo 2007

25Pig Noise 26 Do colexio ao cine. Bici

27 Miss e mister ourense 28 Foto comentada. Azur e Asmar 29 Carreira pedestre de S. Martiño 30 Amparo 32 Panxoliñas

33 Concerto 34 Espectáculo oriental no principal 36 encontro cos titores

37 cONCERTO 38 Fotos de panxoliñas

39 Voleibol femenino 40 Postal gañadora do concurso do cole

Premios Constitución


Queridas familias: Lúa, coma todos os cursos, volve para informarvos do que sucedeu ó longo deste inicio de curso. Eu serei a encargada de darvos a benvida a esta nova edición da nosa revista así coma ó novo curso do que xa levamos moito andado. Estou orgullosa de ter a oportunidade de poder dirixirme a vós e así darvos as grazas pola confianza que depositades en nós coma claustro de Dña. Isabel Fernández Mosquera profesores e profesoras. Pondes nas nosas mans o COORDINADORA DE máis valioso que tendes, os voso fillos e fillas, compartindo así a tarefa de formar futuras PRIMARIA persoas preparadas para desenvolverse na vida adulta sen dificultades, dando prioridade sempre á súa calidade persoal. Por outra banda, tamén teño o privilexio de poder presentarvos o noso obxectivo persoal para este curso académico: XUNTOS CONTRUÍMOS A PAZ. Vivimos nunha sociedade extremadamente violenta. Nas noticias só aparecen noticias onde o ser humano se converte en lobo para os seus semellantes. Isto faime cuestionarme se realmente queremos vivir así. ¿Sinceramente podemos quedarnos de brazos cruzados vendo o que está sucedendo ó noso redor? A sociedade vainos ensinando que para ser felices temos que ser poderosos, ter éxito en todos os ámbitos sen importar o que se vai perdendo polo camiño e a quen se vai pisando sen darlle o menor valor ós seus sentimentos e á súa dignidade como persoa. ¿En verdade cremos que niso consiste a felicidade? Como di Osho, “chegamos coas mans valeiras e irémonos coas mans valeiras, de modo que, ¿para que reclamar tanto entre medias? Pero iso é o que sabemos, o que nos di o mundo: posúe, domina, ten máis cós demais” Nós, como claustro, cremos nun mundo mellor, onde se valora á persoa e non o que posúe, onde se respecta ós demais por encima de todo, polo que intentamos traballar por mellorar día a día e así poder guiar as persoas que están nas nosas mans para ser cada día mellores. O que non podemos esquecer é que para poder conseguilo todos temos que remar na mesma dirección. Grazas pola vosa confianza e pola vosa colaboración. Que teñades un bo curso!

4


Do concurso de postais do colexio

5


Encontro con .....

Nome completo: Amparo Costela Sobrino Que é o primeiro que fai ó levantarse? Poñer as gafas Canto tempo leva traballando no colexio? Este é o meu segundo ano. Gústalle o seu traballo? Moito Por que decidiu adicarse a isto? Non se decide. A vocación vai dentro. Algúns tardamos en descubríla. So iso. Realiza algunha outra tarefa no colexio: Secretaría En que outros colexios estivo? Este é o primeiro Como ves o teu futuro? Feliz e longo Que fas no teu tempo libre? Bordar, ler e saír a bailar Tres virtudes: Alegre, responsable e ordenada Tres defectos: Golosa, maniática (sobre todo da orde…) Algo do que te arrepintas: Cambiaría moitas cousas, pero arrepentirme de nada Lugar onde che gustaría viaxar: Cuba O mellor sitio para vivir: A praia. Calquera sitio de costa en Galicia. Matarías por algo/alguén: Non Unha cousa que non soportes: Os mentirosos Unha manía: Moitísimas. Colocar todo como estaba. A orde. Película favorita: Ghost Libro favorito: El ocho Cor favorita: Vermella Canción favorita: Calquera de Mecano: “ Hijo de la luna”, por ejemplo. Café só ou con leite Praia ou montaña Ciencias ou letras SMS ou chamada

Nome completo: Ramona Sobrino Afonso Cantos anos levas no colexio? Neste colexio, 11 anos Que é o primeiro que fas ó levantarte? Ir á capela a rezar coa comunidade Tres virtudes: Xustiza, preocupación polos demais e escoitar Tres defectos: Pouca paciencia, ás veces Unha manía: Repetir as cousas varias veces Libro favorito: O Evanxeo Cor favorita: Azul marino Arrepíntese de algo? Si, cando coas miñas actiudes molesto a alguén Que cambiaría no mundo? A pobreza e a fame Que fai no seu tempo libre? Ler, escoitar música, etc. Lugar onde lle gustaría viaxar: Ningún especial Praia ou montaña Unha cousa que non soporte: A mentira e a falsidade O mellor sitio para vivir: Ourense Que opina do colexio? Que para min é o mellor Cústoulle moito porse á altura da tecnoloxía? Máis ou menos Onde naceu? En Oímbra (Ourense) Que ano entrou no colexio? Neste colexio concretamente, en 1996 En que ano se meteu monxa? Fai moios anos… Case nin me lembro Que é o que máis valora do seu traballo? Facer as cousas o mellor que sei e poda Gústanlle os animais? Si, pero de lonxe Cal foi a cousa máis interesante que ocorreu no colexio desde que está vostede aquí? Non me lembro de ningunha en especial, as cousas son máis ou menos normais. Doce ou salgado Inverno ou verán - Primavera

6


VIAXE A FT. LAUDERDALE O día 8 de xullo, partimos dende Ourense xunto con Álvaro e Amparo ás 4.45 da mañá con destino a Ft. Lauderdale. A pesar de saír tan cedo, todos estabamos ansiosos por chegar canto antes. Collemos o primeiro avión que ía dende Vigo a Madrid, e logo en Madrid o que nos levaría ata o aeroporto de Miami. Alí chegamos sobre as sete da tarde e ía unha calor terrible inaguantable, pero xa tiñamos moitas ganas de coñecer a nosa familia. Polo xeral, case todas as familias que nos tocaron se portaron moi ben connosco pero sermpre hai algunha excepción. Ó noso grupo que viña desde Ourense uníronse dous rapaces que coñecemos: Unha rapaza francesa e un rapaz alacantino. Pasámolo moi ben durante as tres semanas que estivemos alí, e pasaron moi rápido, xa que fixemos moitas saídas divertidas e interesantes. En Miami, estivemos durante dous días. O primeiro día que fomos, puidemos recorrer pouco a cidade xa que chegamos moi tarde e fíxose noite moi pronto, polo que tivemos que regresar á casa, pero a segunda vez tivemos máis tempo. Tamén estivemos de compras nun centro comercial que era moi grande, e por iso algunhas persoas se perderon. Alí había moitas tendas e de tódolos tipos, onde mercamos moitos regalos para a familia e os amigos. Outro lugar que visitamos foi Magic Kingdom, que estivo ben pero as atraccións eran case todas para rapaces pequenos. O mellor parque de atraccións foi o Busch Gardens, onde había montañas rusas de tódolos tipos e unha en especial que era a mellor de todo o parque. Un dos sábados estivemos nos Everglades, onde puidemos ver os caimáns e tamén algunha tartaruga. Para acabar co calor que ía, unha tarde fomos ó parque acuático Rapids Water Park, aínda que tamén estivemos noutro, pero este foi o mellor dos dous. En Ft. Lauderdale, tamén tivemos a oportunidade de entender o inglés vendo no cine o estreno da última película de Harry Potter e tamén Transformers (estivo moito mellor a primeira cá última, xa que nesa durmíronse a maioría dos rapaces). Esta excursión a Miami estivo realmente ben, pero xa estamos agardando a que chege a próxima, porque xa temos ganas de pasálo ben outra vez.

7


Andres

Alejandra Lorena B. Adrian C.

Rebeca B.

Marta B. Lorena C.

Adrian D. Andrea

Sabela C.

Sabela B.

Alba

Borja

Ana

Elena

Eva

Fátima

Lorena L.

Cristina

Gladimar

Leticia

Marta G. Miriam Natalia

Martín

Rebeca P.

Rebeca F. Jeanette

Pablo

Marta I.

Javier

LEMBRANDO VELLOS TEMPOS: CANDO ERAMOS BOS E TRABALLADORES

J. Antonio


PROXECTO VOZ NATURA

Ecovixiantes

Os alumnos do colexio traballan tódolas fins de semana a prol do Medio Ambiente. Acompañados polos profesores J.A. Agudo e Gonzalo fixeron este trimestre as seguintes actividades: Recollida de pilas usadas: Entregamos 500 quilogramos a URBASE2. Estamos á cabeza de colexios galegos na recollida. Participación no Día da Bici Campaña de Limpeza en Oira. Localización de vertedoirios incontrolados nos roteiros en bicicleta. Cursos de formación: xornadas sobre calidades do aire e saúde. Recollida de papel, nos contadores que se atopan en tódalas clases. Fomos convidados ó X Aniversario de Amigos da Terra no Albertue “As Corcerizas” en San Mamede, 10 anos de Iniciativa Sustentándoas.

Estas accións son realizadas os sábados e precisamos a vosa colaboración para levalas a cabo.

9


Algún deles probaría as castañas?

10


Foi alá polo mes de xullo cando un grupo de nenos e nenas eprendemos camiño para Rianxiño. Levabamos as maletas cheas de roupa e tamén de ilusións; algúns sentiamos un pouco de nostalxia, pero a emoción de ir con tódolos compañeiros podía máis. O camiño a Rianxo María durounos moito (polo Alvarez menos a min pareceume bastante curto). Cando chegamos os monitores repartiron as habitacións, a morriña ía desaparecendo pouco a pouco. Alí fixemos moitas actividades: manualidades (pulseiras, móbiles, colares...), tamén xogos na piscina, na praia e máis xogos típicos de campamento. As veladas foron moi especiais, cantabamos no karaoke, viamos películas e moitas máis cousas divertidas. Coñecín moitos nenos novos doutros lugares (Coruña, Vigo...) e a moitos monitores. Paseino tan ben que non tiña gana de volver para a miña casa. Houbo moitos choros na despedida. Foi unha experiencia inolvidable.

CRISTINA COLINO

11


DE MARCHA CON “FRAN” O día cinco de outubro celebramos o día de San Francisco de Asís nas termas de Outariz en Ourense. Tódolos cursos da ESO e Bacharelato do noso colexio marchamos dende alí ata as termas facendo unha camiñata non moi longa pero que se fixo máis pesada porque fomos moi amodo, xa que algúns non estaban moi acostumados a andar. Ó chegar ás termas xuntámonos cada un co seu grupo de amigos nun lugar daquela fermosa paisaxe á beira do río Miño. Ó ser tanta xente moitos optamos por poñer o bañador, pero non bañarnos nas pozas, xa que estaban cheas de xente. Entrounos a fame cedo, despois da camiñata que nos metemos. Ó acabar de comer, eu metín os pés no río, co día de calor que ía, case se estaba mellor na auga fría do río ca na quente das pozas. Pasámolo moi ben ese día, porque era un día no que se podía estar coa xente da clase, nun sitio que non fora a clase, polo que nos serviu para coñecernos mellor. Esperemos que tódolos anos se sigan facendo estas saídas porque son moi divertidas BORJA PORTAS GONZALEZ

12


PORTO DO SON 2007

“Campamento de traballo en Porto do Son. Do 1 ao 8 de xullo de 2007” Sen máis información ca esa, aventurámonos a participar. Só eramos catro persoas de Ourense, pero as ganas de reecontrarnos cos demais compañeiros de Grupos Anamo, e os bos recordos de campamentos anteriores puideron coa palabra TRABALLO, a que máis medo nos puña, xa que non sabiamos o que nos ía esperar ó chegar… O reencontro foi moi emotivo, abrazos e risas era o que máis abondaba. Mesmos monitores, mesmos amigos pero distinto lugar. Xa non estabamos en Rianxiño, aquel pazo no que cada verán pasabamos momentos inolvidables. O lugar elixido para 1º de Bacharelato, foi Porto do Son, nunha casa á beira duns cantís incribles. O primeiro de todo foi organizarnos por habitacións…Pero aí xurdiu o primeiro problema, non había ezpazo suficiente para todos, polo que cada noite elixiríase mediante nominacións a tres rapaces e tres rapazas para durmir fóra en tendas de campaña. As nominacións ían depender do traballo realizado, comportamento, etc… O traballo que había que facer, non eran outros que facer a comida, organizar para cada noite un tema de debate, limpeza e a novidade…Pintar toda a fachada da casa. Dividímonos por grupos, polo que cada día estaba asignada unha tarefa para cada grupo… Puidemos coñecer as “dotes culinarias” de cada un, e outros ata aprenderon a fritir ovos… Pintar, pintabamos moitísimo pero non precisamente as paredes…Ó remate de cada día, o moreno que iamos pillando na praia íase tapando coa pintura branca, todo por culpa das guerras de pintura…Todo hai que dicilo, o traballo finalizámolo, e a casiña quedou como nova! Non era todo traballo, tódolos días praia, partidos de fútbol, búsqueda de crustáceos, castelos de area…(si, como nenos pequenos…). Ata houbo tempo para disputar algúns “play-offs” contra os xogadores do Porto do Son Onde clarisimamente, o combinado “Coruña-Ourense”, demostrou a súa calidade, gañando os partidos disputados. Saídas pola noite pero non só de marcha, tamén saímos a ver as estrelas e rematar por durmir nun bosque, sen ningunha outra iluminación máis cá da lúa, e de son ambiente, os grillos e… os ronquidos dalgún/nha monitor/a… Erguerse todos os días co son do mar batendo nas rompentes, e polas tardiñas observar esas postas de sol, nas que o ceo cambiaba literalmente de cor era xenial… En definitiva, que foi un campamento inesquecible para todos, no que, ó ser menos, aproveitamos para coñecernos mellor uns a outros, facéndonos máis amigos do que xa eramos No derradeiro día, bágoas, caras tristes e moitos abrazos, non faltaron..pero sempre cos fermosos recordos que gardaremos para o resto das nosas vidas….

13


テ]gela Martテュnez Beatriz Gテウmez Ana Vences David Outumuro

14


Narración gañadora do concurso nacional de Coca-cola

Sara González Fernández

Amanecía. Los rayos de luz luchaban en una feroz batalla por conquistar a la oscuridad, pero la figura que reposaba entre las sábanas de seda se negaba a despertar. ¿Para qué? Prefería seguir soñando con una realidad distorsionada. Deseaba no volver a sentir miedo. Un ruido la hizo reaccionar. El canto de los ruiseñores del parque anunciaba el reinado del sol otro día más. No se levantó. No se movía. No quería verse. Siguió soñando con tener un cabello liso y suave como las algodonadas nubes, oscuro como la inmensidad del cielo al caer el crepúsculo, salpicado por la luz del astro rey. Con tener los ojos pardos y dulces, cálidos como un día de verano. Soñaba con tener las mejillas sonrosadas como un cerezo en flor, y labios de carmín. Con poseer una tez blanca y pura, y una sonrisa de auténtica felicidad, libre de perjuicios que en la realidad le impedían saber lo que significaba esa palabra. Soñaba con dejar de ser una niña y convertirse en mujer. Con tener un esbelto cuerpo por el que luchasen todos los caballeros, sin tener miedo a ser rechazada. Soñaba con, al menos, sentirse una musa a los ojos de algún escultor de besos. Pero sabía que ese sueño nunca se iba a cumplir. Encendió la luz en un acto instintivo, y se enfrentó a la tortura que sacudía los entresijos de su mente. Se vio en el espejo, como cada mañana gris de su vida vacía. Su pelo no era más que una grotesca imitación de la Medusa. Sus ojos eran marrones, fríos como el hielo que se derretía para formar las lágrimas que empezaban a inundar su mirada. Sus mejillas y su boca eran una caricatura que se burlaba de la belleza…y su cuerpo no era más que un dibujo mal hecho, una escultura sin acabar, una mujer con proporciones que avergonzaban a la mismísima naturaleza que le dio la vida. Ahora las lágrimas llegaban a su barbilla. Y bien…ella no se quería. Ahora comprendía por qué nadie la llegaría a querer. Por qué el príncipe no aparecía nunca. Simplemente, porque ella no tenía apariencia de princesa.

15


PREMIOS CONSTITUCIÓN A subdelegación do goberno en Ourense vén de facer públicos os premiados no Concurso da Constitución convocatoria 2007 – 2008 que este ano tivo como lema “Eleccións ás Cortes Xerais” Baixo a coperación e indicacións dos Profesores Lucía Pampín, Ángela Fernández e Gonzalo Sánchez o noso Centro de Educativo tivo unha alta e destacada participación cos seguintes premios:

Juan Serantes

Paola Domínguez Valeiras (1º Eso) que realizara unha viaxe a Madrid, con actividades lúdicas e educativas, visitando o Congreso dos Deputados e o Senado.

As alumnas de 2º de Bach: Ana Fernández Vila e Marta Francisco García, co seu traballo “El gran Logro”; e Ana Vences Sánchez e Andrea Villa Feijoo con “Ansias de Volar”, reciben como premio unha viaxe a Bruxelas onde coñecerán as institucións europeas. ¡Noraboa a todos os nosos alumnos, os premiados e todos os que participaron!

16


Primaria de

magosto

17


多pintando a mona ou a cara?

18


I Xornadas de Sensibilización: A Discapacidade. As actitudes ante a discapacidade son un dos pilares fundamentais para a inclusión educativa e social. Unha actitude positiva cara a discapacidade fai posible que a integración total sexa unha realidade. Mellorar a actitude das persoas sen discapacidade lógrase a partir do coñecemento das características das discapacidades, dos dereitos, da interacción con persoas con discapacidade. Este é motivo principal polo que o Colexio Divina Pastora decide levar a cabo un Programa Integral para a Mellora das Actitudes da Comunidade Educativa, no que se inclúe estas “ I Xornadas de Sensibilización¨: A Discapacidade”. Pretende así mellorar a inclusión non só do noso alumnado senon de todas as persoas con algunha discapacidade, por iso estas xornadas están abertas a toda a Comunidade Educativa: alumnado, familias, profesorado… así como a todas as persoas alleas ó Colexio interesadas no tema. Programa: MÉRCORES 6 FEBREIRO SÍNDROME DE DOWN 19:30 h. Acto de apertura das xornadas: • José Luis Baltar Pumar. Excmo. Presidente da Deputación de Ourense • Gonzalo Iglesias Sueiro. Delegado de Educación • Ana Garrido Rodríguez. Concelleira de Educación • Mª. Esther Martínez Quintas. Inspectora de Educación. • Álvaro Leis Martínez. Director do Colexio Divina Pastora. 19: 45 h. Moderador: JUAN MAZAIRAS F. Xefe de Informativos da Cadena COPE Ponentes: MAIA GARCÍA MARTÍNEZ. Coordinadora da Asociación Down Ourense. MARÍA RODRÍGUEZ RAMOS. Antiga alumna de Divina Pastora. JACOBO REY GONZÁLEZ Antigo alumno de Divina Pastora. MÉRCORES 13 FEBREIRO DISCAPACIDAD FÍSICA 19:30 h. Moderador: MANUEL DEAÑO DEAÑO. Catedrático de Psicoloxía Evolutiva e da Educación. Presidente de AEDES, Asociación Española para la Educación Especial.

Ponentes: RECAREDO PAZ PRIETO. Presidente de AIXIÑA Ourense MÉRCORES 20 FEBREIRO DISCAPACIDAD VISUAL 19:30 h. Moderador: ANTONIO NESPEREIRA Director de Radio Voz e Subdirector de La Voz de Galicia Ponentes: LUÍS DOMÍNGUEZ. Presidente da ONCE en Ourense. IMMACULADA MENDOZA RÍOS. Educadora da ONCE MÉRCORES 27 FEBREIRO TRASTORNO DE DÉFICIT DE ATENCIÓN CON HIPERACTIVIDAD (TDAH) 19:30 h. Moderadora: MAR GARCÍA SEÑORÁN. Prof. Dr. Psicología Evolutiva e da Educación. Ponentes: EQUIPO DE PSIQUIATRÍA INFANTIL DO CHOU CONSUELO NOGUEIRA ENCISO. Xefe da unidade de Psiquiatra Infantil. ROSA MOURE MOURE. Psiquiatra infantil ROSA MARNOTES FERNÁNDEZ. Psicóloga infantil

Convidamosvos a asistir a estas xornadas tan interesantes e esperamos que traiades a todas as persoas que queirades.

19




Cando Quero durmir, fanme madrugar e cando Quero xogar fanme acostar.

Os pais ensínanche a camiñar, e logo dinche: ¡quieto has de estar! Os pais ensínanche a falar e logo dinche: ¡calado has de estar!

Cando termino un exame nunca o recollen e cando non o termino, ¡todo é un fastidio!

Cando non queremos dinnos que cantemos e cando si hai ganas cantar non podemos.

Cando teño fame dinme que teño que aguantarme, e cando teño sede, dinme que non hai de beber.

Primeiro advírtente: ¡non comas tanto! E logo dinche: ¡que fraco te estás quedando!

Cando quero ver a televisión estou castigada, e cando non estou castigada non quero facer nada.

Cando xa quedamos ó cine nos invitan. Pero se non vamos con eles castígante.

Cando a miña habitación está ordenada, todos están con boa cara e cando está desordenada, mellor non dicir nada.

Agora como son alto din: ¡que alto estás! Pero antes dicíanme: -enano, ¿a ónde vas?

Cando quero ver a televisión, todo cambia mogollón. ¡Andrea vén á habitación que che vou preguntar a lección!

Cando eramos pequenos mimos e abrazos. Pero agora apaga evámonos.

ANDREA REQUEJO CID 6ºB

Carlos David 6º B

Érase unha vez un mozo con mal carácter. O seu pai deulle un saco de cravos e díxolle que cravara un na enreixado do xardín cada vez que perdera a paciencia ou se enfadara con alguén. O primeiro día cravou 37 cravos. Durante as semanas seguintes concentrouse en controlarse e día a día diminuíu a cantidade de cravos novos na enreixado. Descubrira que era máis fácil controlarse que cravar cravos. Finalmente chegou un día no que xa non cravaba ningún novo cravo. Entón foi ver ó seu pai para explicárllelo. O seu pai díxolle que era o momento de quitar un cravo por cada día que non perdera a paciencia. Os días pasaron e finalmente o mozo puido dicir ó seu pai que quitara todos os cravos da enreixado. O pai levou ó seu fillo ata a enreixado e díxolle: - Fillo meu, comportácheste moi ben, pero mira todos os buratos que quedaron na enreixado. Xa non será coma antes. Cando discutes con alguén e lle dis calquera cousa ofensiva déixaslle unha ferida coma esta. Podes cravarlle unha navalla a unha persoa e despois retirala, pero sempre quedará a ferida. Non importa as veces que lle pidas perdón, a ferida permanecerá. Unha ferida provocada coa palabra fai tanto dano coma unha ferida física. TEXTO SACADO DUN POWER POINT QUE ANDA CIRCULANDO POLA REDE. ISABEL GONZÁLEZ MOSQUERA (PROFE)

22


O pasado sábado, 24 de novembro de 2007, o colexio acudiu ó XII Cross do Colexio Guillelme Brown. Foi unha mañá outonal, con sol, con frío e sen choiva, ademais dun gran ambiente. Acompañados polos profesores José Antonio Agudo e Gonzalo, e coa axuda de Consi, a adestradora da Escola de Atletismo, cerca de 40 alumnos do noso colexio deron o dó de peito, divertímonos e fixemos grandes carreiras. Os resultados foron os seguintes: - Categoría absoluta: 2º Alejandro Pérez Losada 3º Manuel Ángel Losada Fernández - Cadete Masculino: 2º (por equipos): Natar Asafe Santiago Marrero Yago Eirey Adrián Araujo Emilio González Iván Núñez Dacosta - Cadete Feminino: 1ª Loreto González 3ª Beatriz Molina 1ª (por equipos): Loreto Beatriz Laura Gil María Álvarez Carolina Gil Alba Molina Judith Novoa - Infantil Feminino: 2ª Laura María Sánchez Riol - Alevín Feminino: 3ª Ana Pereira 1ª (por equipos): Beatriz Vázquez Ana Pereira Alejandra González Fátima González Ana Domínguez Carmen Cerviño Lucía Rebollo

23


O día 19 de xullo cinco nenos do colexio marchamos cara a Rianxo para reunirnos alí con nenos doutras cidades e pasar dez días estupendos.Fixemos un montón actividades:visitamos Rianxo e as súas praias,fixemos xogos e manualidades etc. Pero sobre todo fixemos moitos amigos.

O pasado 20 de xuño rodaron en Ourense un capítulo da serie “Hospital central”. A rodaxe realizouse ás 16:00 da tarde na praza maior, gravaron dúas escenas nas que saían Jordi Rebellón (o famoso doutor Vilches) e un actor coñecido en Galicia. A rodaxe foi moi divertida, tardaron toda a tarde en gravar un par de escenas, xa que todo requiría moita perfección e resultaba moi difícil gravar coa praza maior chea de xente interesada, sobre todo, en Jordi Rebellón. Puidemos saír de extras aínda que apenas se nos vía moito.

Cando a rodaxe na praza maior rematou a iso das 20:00 puidemos facernos unha foto con Jordi antes de que se fora facer a seguinte escena no Simeón. A pesar do carácter malhumorado e sarcástico do Doutor Vilches, Jordi mostrouse moi amable e divertido no pouco tempo que nos puido dedicar.

Os días pasaban moi rápido,eu creo que era porque o pasabamos moi ben e non tiñamos ganas de volver ás nosas casas.As comidas eran o mellor momento do día xa que sempre estabamos a rir. No último día os choros foron os protagonistas pero quedábanos a esperanza de que o ano que vén volveriamos a pasar outros dez

Loreto e Andrea

24


dĂ­as xuntos.ÂĄFoi unha experiencia inesquecible. Espero poder repetila!

24


O día 21 de setembro o grupo “Pignoise”, famoso pola coñecida comedia “los hombres de Paco” deu un concerto nas festas de Lalín. Este grupo de Pop-Rock formado por Álvaro de Benito(cantante e guitarrista), Jesús(guitarrista), Pablo(baixista) e Polo(batería) sacaron xa tres traballos, “Melodías desafinadas”, “Esto no es un disco de punk” e “Anunciado en televisión",este último disco, o máis coñecido ,foi o tema principal do concerto. Comezaron a tocar ás doce da noite unha das súas cancións máis coñecidas.

Foi un concerto realmente divertido, xa que tiveron moito contacto co público, tiraron as púas das guitarras, camisetas, toallas… e ó final do concerto achegáronse a varias persoas do público, incluídas, nós, para preguntarnos se nos gustara o concerto e para agradecernos a participación. Conseguiron encher unha das prazas

máis grandes de Lalín e captar a atención de nenos e de adultos. Aproveitaron para anunciar o seu próximo disco ao longo do concerto,”Cuestión de gustos”. Acabou a iso das dúas da maña,pero ninguén quería que se foran. O final foi o máis divertido da noite.

25


Un ex-alumno do noso colexio, David Muñoz Quintáns, que actualmente estuda segundo de maxisterio de educación Primaria; despois de presentarse a un selecto casting saíu elixido para actuar de actor extra na película do director José Luis Cuerda rodada aquí en Ourense “LOS GIRASOLES CIEGOS”. -David, como se che ocorreu a idea de presentarteó cásting? -Unha tarde, xunto cos meus amigos, vimos un cartel que anunciaba un cásting na procura de actores extra para unha película que ía ser rodada na nosa cidade; ó día seguinte dirixímonos cara ó Liceo para realizalo e “ver o que acontecía” e tras una sesión de fotos e preguntas, marchamos sen máis e con poucas expectativas.

POR UN DÍA SEN COCHES

E SEN CONTAMINACIÓN

-Que sentiches cando che dixeron que estabas elixido? -Ó principio non o cria, pero tan pronto me dixeron que tiña que presentarme para a proba de vestiario e perrucaría, en que consistía o meu papel e o que ía cobrar; xa o tomei en serio. -Que opinaron os teus familiares e amigos cando llelo contaches? -Todos se alegraron moito e déronme a noraboa; malia todo isto, non me librei das bromas que me gastaron sobre todo os meus amigos pero sempre nun ton agarimoso.

-Cantos días gravaches e en onde? -Ben, antes de nada teño que dicir que o meu papel consistía en facer de seminarista con todo o que iso conleva sendo una película baseada nos anos 40: sotana, corte de pelo e peiteado da época… Tiven que gravar dous días, o primeiro deles en Ourense e o segundo no mosteiro de San Clodio. -Algunha anécdotada rodaxe? -Para min todo foi una anécdota. Desde ver como me peiteaban e me vestían dacordo coa época, ata ver como é a rodaxe dunha película entre as cámaras ademais de coñecer ó director e a actores como Maribel Verdú, Javier Cámara, Raúl Arévalo (da serie “Compañeros”), Martín Rivas ( de “El internado”)… -Volverías presentartea outro cásting? -Sen dúbida alguna que sí, non polo diñeiro nin moito menos, senón porque para min participar na rodaxe de “Los girasoles ciegos” foi unha experiencia única e inolvidable ademais de que coñecín a moita xente. Moitas grazas por esta entrevista e intentaremos verte na gran pantalla na primavera que vén que será cando se estree a película.

Alba Muñoz Quintáns

26


Na noite do pasado sábado puidemos gozar no Auditorio dun gran evento apaixonante e vibrante como foi a Gala de miss e míster Ourense 2007, que consistía na elección do noso guapo e guapa que nos representará no Certame de miss e míster España que se celebrará en Marina D’or o próximo mes de marzo de 2008. Toda a gala estivo presentada polo actual míster España, que gozaba dos seus últimos meses de reinado e facía gozar a todos os asistentes coa súa simpatía, gracia e ¿como non? Está como un pan de bo... Tamén asistiron rostros coñecidos da televisión, como as concursantes de Gran Hermano, Paula e Karen; de supervivientes, Luna; actuacións musicais como Mario Méndes, Not Guilthy No xurado apareceron rostros coñecidos de Ourense como foron Paco, NOEMÏ presentador de telemiño ; María,empresaria da moda e dona de “Íntimo Básico”; Aloisio, xogador do C.D Ourense, que ía guapísimo, e o ex-míster Ourense 2005, que entregou o título ó actual míster Ourense. En fin, foi un espectáculo moi fermoso, repleto de colorido , unha festa da moda en tódolos sentidos, que congregaba a unha multitude de personaxes coñecidos, arroupados por un público entregado e con ganas de pasalo ben. No capítulo dos míster, once foron os candidatos presentados na que só seis deles pasaron á fase final deste concurso. Do mesmo modo, no capítulo das misses, doce foron as candidatas presentadas que, do mesmo xeito que os rapaces, seis pasaron á final. Foron momentos de nerviosismo para todos os concursantes, tanto para eles ROI como para elas. Misses e misters desfilaban pola pasarela do Auditorio coas súas mellores galas, mostrando todos os seus encantos e sacando o mellor de si, poñendo o veredicto do xurado a un nivel moi alto. En máis dunha ocasión, escoitábase polos corredores ¡aquí hai moda!, entre a multitude, pola cantidade e calidade de caras, corpos bonitos dos modelos. Na final do certame, con seis mozos e seis mozas como finalistas, todo eran nervios e impaciencia por saber quen nos ía representar a nós, a Ourense como rapaz e rapaza máis guapos da cidade. Xa todo dito, comezou a entrega de bandas. No capítulo de míster o gañador foi Roi Martínez e Oliver quedou de 2º clasificado.No capítulo de misses, Noemí Fernández Costolla foi a gañadora, seguida por Karine e Sonia. Todo eran aplausos, berros e euforia polos asistentes e a anécdota máis rechamante foi que ambos os dous gañadores, son parella na vida cotiá. O príncipe e a princesa, todo un auténtico conto de fadas. 27


Alba Rivas Oural

A imaxe está tomada no Parque de Doñana, simboliza moitos recordos e experiencias, que me sucederon nesta viaxe porque estaba coa miña familia e por todas as cousas que visitei e coñecín. Esta foto gústame moito porque me relaja, axúdame a evadirme, a imaxinar e lévame a pensar cousas agradables. Ademais de todo o que para min pode significar, tamén se aprecia a beleza da natureza e a paisaxe que representa.

28


SAN MARTIÑO `07 dende outro punto de vista

Esta noche no pude dormir pensando en la carrera del día siguiente. Elena 1º eso ...Na

ponte romana estabamos algo nerviosos por que alí estaba a meta. María 1º eso

...Sonó el pistoletazo de salida, y toda aquella aglomeración

se

empezó

a

mover....Seguí

corriendo hasta que un Sr. le gritaba a la hija que si iba muy bien que sólo llevabamos 19’53”, entonces me llené de valor y avancé más el último trago, era

ya la curva de

línea. Luís 2ºeso

Hoy voy a correr lo máximo que dé, lo más rápido (...) . Al principio fuí al ritmo de un compañero de colegio y a los 500mts ya no daba más.

Ignacio 2º eso

...La verdad es que no estaba preparada, y las amigas que corrían conmigo tampoco; así que , entre puntos, pinchazos, taquicardias y tirones musculares quedamos muy, muy atrás. Aida 1º eso

O que máis me sorprendeu foi que cando mandaba parar os coches paraban e parecía como se fose un policía de verdade. José Santiago 1º eso (Voluntario) ...a organización estivo moi ben porque se caían persoas en pouco tempo recollíanas... Daniel 1º eso

En la de mayores iba mucha gente cantando, y uno iba disfrazado de gato. Algunos niños del cole, pasaban con botellas y nos las tiraban por encima Lucía (Voluntaria) 2º eso

...Al llegar al final me sentía orgullosa de mí misma. Sara 2º eso ...cuando ya estábamos en el puente romano empezamos a correr de verdad puesto que era el final... Sara (otra) 2º eso

...el cansancio se iba haciendo notar cuando de pronto vimos las botellas de agua volando por los aires...

29


Esther 2º eso

Antes de salir, asegurarse de que el chip está bien enganchado y cuando todos echen a correr, tú corre también. Ese era uno de los consejos que más se oía... Magdalena 1º eso

30


DESAMPARADOS Xa sei que só parece un xogo de palabras, pero coincide que é a verdade. Amparo Pereira Araújo estivo 40 anos connosco, moitos deles formando parte do equipo directivo. Moito tempo e moita responsabilidade, como para que non se note a súa marcha. Moito tempo, como para que non quede a súa pegada. Somos un equipo. Temos unha meta común, un ideario, unha inspiración franciscana que guía os nosos pasos. Pero cada un de nós é un ser cunha personalidade diferente, cunha forma distinta de facer as cousas, e de querer que outros as fagan. E niso, foi unha sorte poder contar con Amparo. No meu caso, como profesora, como compañeira, como xefa. Como profesora, de Amparo destaco sobre todo o seu entusiasmo por ensinar. É difícil manter, de forma continuada, o mesmo sorriso e a mesma paciencia, volvendo, curso tras curso, a vivir os problemas dos alumnos coa

materia, intentando sempre facelo mellor. Porque outra constante foi a súa ansia de estudar, de porse ao día en todas as facetas, sen pensar nunca “estou sobrada”, con ganas de aprender de todos e de todo. ¡Aínda agora! Como compañeira, sempre estaba (e está) disposta a axudar, a botarche unha man sen logo recordalo nin recordarcho. Ao principio, foi unha sensación estraña para min compartir mesa e mantel con quen antes era o maitre no meu menú de estudo, pero axiña converteuse en algo normal, porque esa é outra calidade de Amparo: a súa sinxeleza, a súa naturalidade. Como directora pedagóxica, sabía encomiarche cando vía un traballo ben feito. Pero sobre todo, sabía como indicarche os teus erros sen por iso danar a túa propia estima; de forma serena, unha crítica sempre constructiva. E así, co discorrer dos días, dos traballos e dos retos, case imperceptiblemente, vaise facendo visible a pegada de Amparo, o seu exemplo. Pegada que permanece, sumada á dos profesores e directivos que pasaron por aqui deixando a vida e a alma, como debuxada en roca. Gravada na pedra que cimenta este edificio, e no fondo do noso corazón.

30


31


32


¡Do pupitre á tarima! Comezamos por dicir que somos as profesoras de prácticas que estamos iste ano no colexio na zona de infantil, esas que se confunden cos mesmos alumnos de bacharelato! ¿Ninguén se preguntou nunca o que se sinte cando se é profesor? Mellor non volo preguntedes. A verdade que a experiencia agora está a ser espectacular, pero non esqueceremos o primeiro día que o único que nos viña á cabeza era: ¿onde nos metemos? Non deixabamos de preguntar de que nos servía o que estivemos estudando anteriormente...en definitiva as primeiras semanas...horribles non sabiamos como tratar os cativos nin como impórlles respeto (creo que todavia non o conseguimos, pero creo que finalmente, lograrémolo). En dous meses que levamos de “mestres” xa estamos adaptadas cada unha na súa clase e incluso coñécenos nas outras, temos xa centos de anécdotas que lembraremos dentro de moitos anos cando esteamos acostumadas a tratar con nenos, porque algunhas de nós nunca trataramos con eles (ainda que pareza mentira), pois agora sabemos o que realmente é ser mestre de infantil, o que temos moi claro é que non se trata dunha broma ou dunha forma de pasar o tempo, nas nosas mans estará nun futuro o comezo da educación de moitos cativos. Non podedes imaxinar o que sentimos cando un neno nos da un abrazo, un bico ou incluso cando os pais nos din que os nenos non deixan de falar de nos na casa ou mesmo cando chegas a casa cun cargamento de debuxos que fixeron para ti, ó millor cando levemos 10 anos de traballo xá non nos fai tanta ilusión pero agora mesmo é maravilloso. A verdade é que estamos no terceiro ano de carreira e todo o que estudamos e o que nos queda por estudar non nos ensina cómo tratar cos nenos nin como levar unha clase, iso apréndese coa práctica e tampouco se aprende en catro meses como imos estar nós aqui senón con anos de experiencia como os que levan as nosas correspondentes tutoras, que xa que as nombramos queremos darlle as grazas por todo o que nos están a axudar e o apoio que nos dan, esperamos estar ó nivel que se merecen ou polo menos estar dando o que elas esperaban de nós.

Esperamos que o que nos queda de estancia neste colexio sexa tan ou máis agradable do que levamos ata agora. Rematamos desexándovos a todos bo nadal e que teñades un bo ano 2008.

33


SAÚDANVOS ATENTAMENTE, AS RAPAZAS DE PRÁCTICAS.

34


Espectáculo oriental no

auditorio - ¡Ei, Tomás! - Ola preciosa. - E ti por aquí? Tomás pasou a contarlle o motivo da súa visita. Ela traballaba no Auditorio, ían xa dous anos. Vivían na mesma cidade, pero nunca se vían. O Circo Chino actuaba a noite do xoves en Ourense, e el, que sempre amara o baile e todo o semellante, non podía pasar sen velo. Ela como coordinadora tampouco faltou. - Sabes o que me gustan estas cousas. Ela sorriu e contempláronse un intre. - Señorita por favor, necesitamos a súa axuda. - Está ben, reclámanme. Goza da actuación- chiscoulle un ollo e afastouse entre a xente. Tomás entrou. Que guapa está, pensou. Quitou o abrigo e acomodouse para ver a actuación. O Auditorio estaba cheo de xente. Botou unha ollada, pero non viu a ninguén máis coñecido. Un “tong” fixo que a xente gardara silencio, e outro deu comezo a función. En primeiro lugar saíron todos os artistas, vestidos de moitas cores, con traxes típicos. Baixaron do escenario e saudaron a xente. Todo o mundo sorría. Volveron subir todos xuntos ó escenario e comezaron a bailar. Tomás tiña ó lado un neno que non cabía en si coa emoción. A partir dese momento as actuacións sucedéronse sen pausa: empezaron un home e unha muller, que facían cousas espectaculares. Ó final do baile, ela subiu ós ombreiros del; despois sobre a cabeza e por último cun único pé na cabeza del e o outro levantado polo aire. Todos os espectadores comezaron a aplaudir. Era máxico. 34


Cada actuación era mellor cá anterior: un home que facía malabares con sombreiros, novas parellas con bailes cada vez máis difíciles… Para rematar a primeira parte montáronse unhas torretas de aros. Os acróbatas tiñan que atravesalas sen maior impulso que unha carreiriña. Chegados a un punto da actuación, o último círculo estaba a máis de dous metros de altura! Os homes semellaban aves voando. Compracidas ante o resultado do seu voo ante ese público tan humano. Elas eran espectaculares, ese ollos rasgados e esas contorsións, enfeitizaban. Todos as miraban hipnotizados. Parecían seres doutro mundo, adaptándose a corpos limitados, tentando estiralos, desafiando as leis da gravidade. Houbo tamén actuacións desas que todos coñecemos, que tantas veces vemos na tele ou nas películas, pero que non acabamos de comprender. Como se aguantan os pratos? E que vos parecería se da vosa familia, por exemplo, trece primos, deran subido todos xuntos a unha bicicleta? A min, impresionante. KdsnÓ comezo da segunda parte, había montados varios paus verticais moi longos. Os homes subían e baixaban cun só brazo, con e sen axuda dos pés, saltaban dunha barra a outra, un agarrábase e os outros colgábanse del…

Para rematar, a última actuación foi de medo. Había catro mozas entre os artistas. Colocáronse en varios grupos e comezaron a lanzar as nenas polo aire dun grupo ó outro! O corazón saíase do peito. A xente aplaudía e aplaudía. Púxose todo o mundo en pé. Os artistas saudaban, sorrían. Leváronse un bo recordo de Ourense.

Marta Sotelo

35


Encontro de pais- nais- titores e titoras o comenzo do curso

7 da tarde. Despois de preguntarlle a Toño como localizar o aula de 4º ESO A. subimos a ela. Despois de buscar sen éxito o pupitre da miña filla, sento no primeiro que atopo e sen nome. Ó igual ca os outros anos presentouse o titor, cos programas anuais baixo o brazo. Preséntase e repárteos, e, como consecuencia, explícaos. A continuación ábrese a quenda de preguntas e respostas, na que fala o titor con nós, os pais e nais; aínda que non fixemos moitas preguntas. Explica os exames de mínimos, e ponnos en sobreaviso de como se encontran academicamente os nosos fillos despois dun longo verán sen pegar pancada. E así transcorren, aproximadamente, corenta e cinco minutos. Despedímonos ata o próximo encontro que temos con el, o cal probablemente será indivual e con algunha que outra dor de cabeza. Rosa Mª Alvarado Rodríguez

36


Trece de decembro, data importante para todos aqueles que camiñaban cantando cara o Auditorio, ensaiando cancións coa entrada na man. As 8.30 abriron as portas, e cheguei á terceira fila que conseguira grazas ter mercada a entrada dende fai meses entramos cedo aínda que alí houbo que esperar ata as nove e vinte para ver por fin como se abría o telón.

a

Todo o escenario estaba a oscuras, a penas se adiviñaba as figuras dos compoñenetes do grupo, ata que, de súpeto, acendeuse una lámpada de mesa que alumeou o tan esperado cantautor, aí estaba Quique González, todo se enchiu rapidamente de aplausos, berros, risas (e algunha que outra que xa empezaba a emocionarse), tres lámpadas máis alumeaban o resto do grupo “La aristocracia del barrio”, as guitarras, a batería, e por suposto o coche-piano, un capri vermello. O concerto comezou demasiado tranquilo pero pouco a pouco Quique comezou a facer dos seus comentarios entre cancións, o público foise sentindo cada vez máis cómodo, sobre todo pola armonía existente entre os membros do grupo, que se transmitía rapidamente ao exterior. Cando rematou, ninguén se creeu aquel vello teatro de saír e non voltar, voltaron como era de esperar. Primeiro Quiquo coa súa guitarra, cantou só “Kamikazes enamorados” por petición do público e “La luna debajo del brazo”. Foi sen dúbida o momento máis emotivo da noite, onde pudimos ver o verdadeiro cantautor, o que tanto tempo estivemos esperando. Durante o concerto non pareceu importar moito o ter que aguantar sentados todo o concerto a xente escoitaba atenta, cada letra, cantando polo baixo, pero cando voltaron de novo todo o grupo ao escenario, a xente comezou a levantarse, achegarse o escenario, sacar fotos, saltar, cantar, bailar, e o público coreou por fin “de alguna manera tendré que olvidarte, tengo que olvidarte de alguna manera” aí escoitouse o verdadero entusiasmo que estivera oculto durante todo o concerto. Quique respondeu agradecido facendo das súas, guitarras para aquí e para alá, agradecementos, todo o grupo cantando xunto, foi realmente a despedida que todos esperabamos e desexabamos. En definitiva, os que coma min, vímolo en directo por primeira vez, saímos desexando voltar ao próximo concerto, alá onde sexa. Saímos do Auditorio ainda cantando, comentando, vendo as fotos, e aínda sen moitas esperanzas de velo aparecer, quedámonos alí plantados á entrada do Auditorio. Por sorte só estabamos unhas quince persoas esperando, e ante a miña sorpresa, vímolo aparecer pola porta de atrás, e sí, conseguimos autógrafo e foto, e puidemos presentarnos e agradecerlle a noite tan maravillosa que nos ofrecera, vamos, coma unhas auténticas fans emocionadas.

37


38


... colgadas da rede, coma sempre

VOLEIBOL FEMENINO

39


DVD con todalas fotos do curso pasado (Por sテウ 3 euros)

Pテ好ELLO AO TEU TITOR


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.