Nยบ 28 XANEIRO 2.007 Colexio Divina Pastora
Fomos a por el ....
... e atopรกmolo
Alejandra Gallego Mayor. 4º ESO Francisco Solveira Gonzalves. 2º ESO
Simón Santos Rodríguez. 3º ESO Elena vázquez García. 1º BACH.
Alia Vázquez Fontán. 1º BACH Adrián Conde Novoa. 4º ESO
Marta González Fernandez. 4º ESO
sumario 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 12. 13. 14. 15. 16. 17. 18. 19. 20. 22. 23. 24. 26. 27. 28. 29. 30. 31. 32. 33. 34. 36. 38. 39. 40.
Portada Foto da redacción Índice Presentación do director Premios da constitución. Misa do Nadal no colexio Operación quilo. Mundial de Rally 2.006 Sendeirismo Artigo dos de prácticas Debuxo de Adrián Dafonte Magostos de infantil O castelán en Norteamérica. Campamento de 2º Eso Atletismo Debuxo de primaria e eleccións. Fórmula 1 Panxoliñas Panxoliñas Entrevista ó profesor de Capoeira e á de patinaxe Monitores Grupos Anamo The Paka´s Babys Cicloturismo Postais. Carreira de san Martiño Excursión a Toronto Día de san Francisco Encontro con Mª José e Mª Agudo 6º de primaria vaise a Barcelona Cancún e o Courel Concerto de Taxi Magosto de primaria Campamento de 1º e 3º da ESO Campamento de 6º de Primaria Encontro co Príncipe Felipe Cine e espectáculo en Ourense Domund, xesto e superxesto Selectividade. O noso Belén Postais
Cada vez que un novo número de Lúa sae do prelo, lémbranos que pasou outro trimestre e que xurdiron novos cambios desde que viamos todas as fotos das clases en xuño: xente nova tense incorporado ás nosas aulas, novos profesores comezan a súa tarefa educativa, os antigos estudantes de 2º de Bacharelato xa acadaron a universidade e cumpren o soño de estudar o que sempre quixeron… Nun colexio a xente vai e vén pero os mestres permanecen promoción tras promoción e esperamos ter deixado naqueles que xa marcharon unha pequena pegada do seu paso polo Colexio, ó igual que cada un dos rapaces van deixando en nós, e que nos fai ir medrando como educadores. Por vez primeira tócame saudarvos desde estas páxinas e quérovos transmitir a miña satisfacción persoal e a de todos os meus compañeiros (os vosos profesores) polo bo trimestre que levamos a termo. Este ano o noso lema é “Comparte o mellor de ti” e non cabe ningunha dúbida que co esforzo común: familias, profesores e alumnos conseguiremos levar a bo porto a nosa travesía: os alumnos asimilaredes unha serie de conceptos académicos e que todos entendamos que o noso contorno é un lugar que depende de nós para que sexa un sitio agradable no que vivir. Non debemos esquecer que este mundo no que habitamos non é unha herdanza dos nosos maiores senón un préstamo dos nosos e dos vosos futuros fillos, polo que debemos deixárllelo nas mellores condicións. Desde aquí anímovos a afrontar este novo ano co desexo de superar todas as barreiras e que recordedes que a educación é un esforzo compartido.
Álvaro Leis Martínez Director
4
Como todolos anos a Comunidade Educativa reuniuse en torno ó altar para celebrar a cegada do Neno Deus. A actitude dos pais, nemos, profes, pero sobre todo do pai Luis, fixo que fose realmente un momento de encontro e grata celebración.
Os nenos de catro e cinco anos, por un lado, e un coro de nenos de primaria, ESO e bacharelato
O pasado 10 de decembro, como todos os anos, celebrouse a entrega de premios do concurso sobre a Constitución Española no que participaron moitos alumnos do noso colexio. Celebrouse no Auditorio Municipal de Ourense, e asistiron moitos alumnos para recibir o seu galardón. Os gañadores de forma individual do noso colexio foron: Laura María Sánchez Riol 6º Prim. Emilio González Padrón 1º ESO Laura Pimentel Pérez 2º ESO Beatriz Molina Muñiz 1º ESO Mª Cristina Carbajales B. 2º ESO Tamén foron premiados alumnos de bacharelato de forma colectiva: María Conde Álvarez Alberto Sierra Santos Ana Carnicero Iglesias Aarón Saburido Represa Martín Otero Iglesias Adrián González Fernández Raquel Casas Vázquez Alba González Castiñeiras Clara Amorín Reinoso Todos os alumnos foron acompañados polos seus pais ó acto, así como pola dirección do colexio e polos profesores que dirixiron este traballo.
5
MUNDIAL DE RALLYS 2006 A principios de decembro remataos un dos campionatos máis emocionantes dos últimos tempos, en canto a rallys se refire. A lesión de Sebastián Loeb e a remontada de Marcus Grönholm co seu Ford Focus WRC (a diferencia entre ambos foi de só un punto) puxéronlle emoción ó Mundial. Do resto de pilotos, pouco que destacar, xa que Petter Solber (campión mundial en 2003) non tivo no seu Subaru Impreza o mellor coche do ano, Dani Sordo mostrouse bastante irregular no seu primeiro ano no Mundial absoluto, xa que na primeira metade do ano conseguiu catro podios (incluidos dous 2º postos, un deles presionando a Loeb) e os últimos rallys foron un sufrimento para el. Tamén cómpre destacar o labor o de Xevi Pons, Mikko Hirvonen, Henning Solberg, ou Manares Stohl. Noraboa a Sebastián Loeb polo su terceiro Campionato do Mundo, e por batir o récord de victorias que tiña o español Carlos Sainz.
Kilabora No nome das persoas que van recibir os vosos “kilos”, grazas a todolos pais e nenos pola vosa colaboración na operación kilo.
Os alimentos entregaronse a algunas familias directamente, e o resto distribuiranse a través das parroquias do noso entorno.
Por un NADAL DIFERENTE
...en plena forma 6
Imos como motos. O Club de Sendeirismo do Colexio Divina Pastora non deixa de crecer, e dous sábados ó mes realizan actividades relacionadas co medioambiente, dentro do prestixioso Certame PROXECTO VOZ
NATURA. Nesta reportaxe podédesvos facer unha idea das nosas actividades: Recollida de Pilas Usadas: o Colexio segue na cabeza de toda Galicia na recollida e reciclado de PILAS USADAS. Xa son toneladas de quilos traídas ao Colexio. (Podedes deixalas nos contedores do segundo piso). O noso Proxecto Medioambiental segue fascinando en Galicia e somos pioneiros na CAMPAÑA MOCHILAS VERDES estudando o hábitat do Castro de Santomé. Desde aquí agradecemos a Lourdes o seu bo facer e a súa dedicación xunto a Gonzalo, ao éxito deste proxecto. As Campañas de Limpeza son outro dos nosos puntos fortes, e ademais os medios de comunicación dan boa conta disto. Acabamos de realizar a limpeza de Oira na Campaña “A LIMPA-LO MUNDO” e o monte do Seminario, demostrando que limpar é, ademais de saudable, moi divertido. Os Ecovixilates acaban de recibir o Premio A APOSTA, redución no colexio de un 8% de CO 2 e fomos invitados a pasar unha inesquecible xornada nas Corcerizas, un albergue de enerxías renovables na serra de San Mamede.
¡ Ti tamén podes formar parte deste club ! 7
.... en prácticas
Máis eficaz ca un máster, cinco meses nos que non hai escusas, temos que
asumir un horario, unhas normas, uns costumes, un regulamento…para contrastar e poñer en camiño os nosos coñecementos. Temos moito que aprender, no noso caso, o docente é quen nos dá a lección, ensínanos a dar grandes pasos na nosa carreira, pois eles son a realidade máis práctica. Aprendemos a estar pendentes deles, saber qué queren, qué lles pasa, por qué reaccionan dun modo ou doutro e sobre todo é agora cando nos decatamos se é aquilo no que realmente nos sentimos ben e desexamos traballar no futuro. As primeiras semanas foron longas, cansas…pero co tempo, o cariño cara ós nenos rompe con esas barreiras que pudieran crear calquera tipo de dúbida. O tempo que pasamos ó seu carón é incrible, mergullámosnos no papel de “profe”, coidamos as formas, os nosos comentarios, non nos agochamos diante deles. Sempre tratamos de agradalos e tratar de ensinarlles o que está ben e mal, aínda que ás veces haxa que darlles unha reprimenda. Apórtannos todo tipo de sentimentos, momentos divertidos, curiosos, fantasiosos, marabillosos, abraiantes…con eles non hai lugar para as malas caras, eles màis que ninguén ensínannos co seu comportamento, a súa naturalidade, espontaneidade e moitos outros valores que talvez non se poden atopar noutro tipo de profesións.
8
9
9
¡ Subir nun autobús, comer na natureza, cos mestres, cos amigos, castañas, fogata …!
¡¡¡ Que puntazo !!!
Como tódolos anos o magosto foi unha das atraccións do primeiro trimestre para os máis pequenos
10
11
REFLEXIÓNS EN VOZ ALTA
Fai uns días lin nun artigo en internet do “New York Times” como estaba considerado
o castelán en Norte América. O que lin provocou en min certa
admiración e desconcerto. Dicía que o castelán era a lingua propia dos suburbios latinos, utilizado polas clases baixas, “a lingua dos pobres”.
Dende o meu punto de vista esta teoría baséase na inmigración por parte dos sudamericanos ao norte de América coa ilusión dun nivel de vida mellor, polo que viaxan quilómetros para atopar un pequeno traballo que os saque desa miseria. Por unha parte paréceme normal que digan iso, pero non estou de acordo en que xeneralicen. “A literatura española é irrelevante e a parte de Cervantes e outros poucos escritores fan dela unha historia pobre”. Sorpréndeme por parte dos americanos este tipo de comentarios cando foron algúns dos seus escritores os que se inspiraron en escritores españois, tamén existen museos alí en Nova York dedicados á nosa literatura. A parte do español tamén podemos tomar como exemplo o galego, “esa lingua dos paletos”como din algúns. Algunha xente tende a estereotipar as linguas, cousa que me parece absurda, posto que unha lingua, dende o meu punto de vista é símbolo de cultura e de tradición coma unha marca que nos deixaron os nosos antepasados e que aínda que fora evolucionando ao longo dos anos segue sendo marca da nosa identidade.
Campamento de 2º da
ESO
Este ano os dez días que ía durar o campamento, comezaron con moitísima ilusión e alegría; todos estabamos preparados para comezar a nosa gran aventura do verán. Todo comezou cun día soleado cara a finais de xullo, estabamos todos esperando na porta do colexio a chegada do autobús para ir ata Rianxo. A este campamento, non fomos moitos pero deunos igual, as nosas ganas de pasalo ben podían con nós . O campamento, estaba ambientado, cada día, nun país distinto e nunca se repetía nada do que faciamos, todo cambiaba segundo o día. Algúns días vaixabamos á vila, para ir á misa, museos e a pasear. Tamén iamos á praia. Levantabámonos moi cedo e deitabámonos moi tarde, pero o esforzo merecía a pena. Ninguén quería que chegara o día de marcharse, porque estábamolo a pasar xenial cos nosos monitores e algúns coñecidos e outros novos amigos. Cando chegou ese día, tan pouco esperado, todos estabamos chorando e pñendo caras longas. Agora estamos todos esperando que chegue o día do Encontro Intercolexial para encontrarnos cos nosos amigos. Elena Abundancia González
12
Debemos recoñecer que a faceta deportiva é fundamental na nosa formación persoal, e debemos publicar os éxitos dos nosos alumnos. Hoxe temos no colexio un elenco de grandes deportistas que levan o nome do noso colexio e da nosa terra por toda a Península e que todos os días crecen e melloran. A marcha é unha disciplina atlética moi técnica e difícil que require sacrificio e superación. Aquí vemos a César González Mosteiro e Laura Mª Sánchez Riol, consumados especialistas que participaron recentemente no gran Premio de Guadix (Granada) baixo a tutela de Paquillo Fernández, campión de Europa.
Un dos momentos especias que todo deportista desexa, a recompensa ó seu esforzo e dedicación.
O impecable estilo de Laura Mª baixo a atenta mirada do seu pai.
Pódeste apuntar ó Club de Atletismo do noso colexio HOXE MESMO
13 13
ELECCIÓNS NO COLEXIO AO CONSELLO ESCOLAR O pasado mes de novembro tiveron lugar as eleccións ao consello escolar. Presentáronse como candidatos alumnos da ESO, pais voluntarios e dous profesores do centro. Tamén houbo eleccións para elixir o representante do persoal administrativo e de servizos. Despois dun día de votacións nas furnas electorais os candidatos elixidos e ,polo tanto os representantes do Consello Escolar para o curso 2006 – 2007, foron: Representantes dos Pais:
D. Antonio Ferro Rodríguez Dª. Mª Elena López González
Representantes dos Profesores:
D. José Antonio Agudo Fernández Dª. Mª del Pilar Fernández Corbal
Representantes dos Alumnos: D. Óscar Rodríguez González D. Daniel González González
Representante do P.A.S.:
D. Antonio Quintáns González
14
¡Vaia tempada a da Fórmula 1 este ano, eh! Houbo de todo: grandes vitorias, enfrontamentos apaixonantes (e non tanto), emoción ata o final, e como non, trampas… Pero tamén é a tempada das despedidas: Michael Schumacher retírase ¿si, en serio?. Eu penso que non aguantará nin un ano sen competir. Para o 2008 igual dá unha sorpresa e volve ó Gran Circo con BMW ou Red Bull ¿quen sabe? O certo é que o piloto máis grande da historia pode que nos deixe un tanto obrigado por Ferrari, pero o “avó” deu moita guerra este ano. Vale, o de aparcar o Ferrari na última volta da cualificación de Mónaco estivo mal, así como esas sancións idiotas a Fernando Alonso e Robert Kubica (para puntuar en Hungría sen acabar ¿eh?) pero polo resto fixo unha tempada digna dun campión, o que pasa é que Alonso non é Räikkönen para quitarlle o campionato no último Gran Premio. O certo é que o “finlandés voador” decepcionou bastante, e veremos como vai o próximo ano na Scuderia. Non creo que nunca chegue a ser coma Schumi por dúas razóns: 1. A marcha dos xefazos de Ferrari: Todt e Brawn. 2. E a suposta rebeldía (¡Ja!) de Felipe Massa, que di que xamais será segundo piloto. Veremos que pensan en Ferrari... Mentres , Fernando alonso e Pedro de la Rosa culminaron unha gran tempada). Alonso converteuse en Bicampeón do Mundo con todas as da lei (non coma outros, ¿verdade Schumi?¡jejeje!). Ó principio todo parecía tan claro, con aquelas catro victorias consecutivas, ata que o “Schumeister” rexurdiu das súas cinzas… En canto a Pedro, sr. Dennos, faga o favor de escoitarme e póñao no segundo McLaren o ano que vén en lugar do ¿rápido? Pero inexperto Hamilton. O peor que podían facer en McLaren sería arriscarse cun piloto con moi poucos km cun F1. Pense que vostede mesmo lle dixo a Pedro que podería ser Campión do Mundo, probe e acertará.
15
O NOSO
NADAL 16
17
...o profe de Capoeira
Entrevista a ...
¿Como descubriches a capoeira? Eu empecei xogando ó fútbol, pero o meu mestre impartía clases de capoeira e un día invitoume a unha clase, probei e gustoume.
...a profe de patinaxe
¿En que consiste a capoeira? Ten varios conceptos: baile, loita... sobre todo loita, tamén ten filosofía, nós ensinamos a cultura brasileira, a forma de expresarse. A capoeira é arte, é música, é baile.
¿Como se chama? -Silvia
¿Para que che serve a capoeira? A capoeira sérveme para o meu espírito, compleméntame, a miña vida non tería tanta emoción sen ela, a capoeira é a miña vida, como pensando en capoeira, durmo pensando en capoeira, adestro pensando en capoeira...
¿Desde cando ensina patinaxe? -Desde hai cinco años
¿Desde cando fas capoeira? Desde os 14 anos. ¿Deras clases antes? Si, viaxamos moito e facemos cursos de capoeira en varios países: Brasil, Portugal... Agora imparto clases en varios lugares de Ourense. ¿Como foi a túa experiencia cando deches clases de capoeira por primeira vez? Co paso do tempo vas aprendendo, o teu mestre ensínache e prepárate, polo que cando dás a túa primeira clase xa estás moi preparado. ¿Ten boa aceptación a capoeira? Á xente gústalle cando facemos exhibicións, si, á xente gústalle pero cre que é moi difícil aínda que as clases son fáciles. Xeralmente a quen as proba gústalle. ¿Coñeciches a alguén famoso? Si, fixemos algunha exhibición con Carlinhos Brown. Tamén coñecín ó rapeiro Marcelo D2 e ó futbolista do Olympique de Lyon, Juninho Pernambucano.
¿Onde naciches? -En Ourense
¿Ten boa aceptación esta actividade? -Si, o ano pasado eramos trinta alumnos e este ano casi duplicamos as asistencias. ¿Que lle parece o lugar onde imparte clases? -Paréceme un lugar bastante amplo, pero creo que necesitaría máis terreo cuberto. ¿Axudalle alguén? -Si, a miña compañeira chámase Lorena Máis ou menos ¿canta xente está apuntada á actividade? -Cincuenta e oito rapaces ¿Estuda ou traballa? -Ambas cousas ¿Que lle diría á xente que non se atreve a apuntarse? -Que é un deporte “novo” no colexio e que é fácil aprender, ademais ten a vantaxa de que o podes practicar no teu tempo de lecer.
18
Unha vez máis e como cada ano comeza Grupos Anamo, onde a convivencia entre os monitores e os seus “nenos” intentará ser divertida, educativa á vez que inolvidable. Este curso en particular o número de monitores presentados para colaborar nesta convivencia foi bastante elevado o que nos dá a entender, por outra banda, o agrado dos compañeiros cara este tipo de actividades. Este ano estaremos destinados cada un de nós a un trimestre diferente facendo deste xeito posible a participación de todos nós en actividades cos rapaces e rapazas. A verdade é que se respira ilusión pola nosa parte en transmitirlles os principais ideais: compartir, convivencia e diversión. Coincido cos meus compañeiros, en que todas as nosas ganas e esperanzas están postas para que este novo propósito sexa un éxito. Velaquí algúns dos comentarios dos monitores: Estou moi contenta de poder formar parte dos monitores de Anamo posto que se me brinda a oportunidade de educar ós nenos e nenas como anteriormente me educaron a min. Gustaríame chegar a ser unha boa monitora e facer que os rapaces disfrutasen da miña compaña. Laura Martínez Fernández:1ºB. Colaborar en Anamo paréceme o mellor modo de agradecer todo o que os meus monitores de grupos aportaron á miña vida ó longo destes cinco anos. A idea de pensar que eu tamén podo aportar o meu gran de area na formación e na educación dos nenos de Anamo entusiásmame. Estou moi contenta de que me deran esta oportunidade e depositaran en min a súa confianza. Andrea Villa Feijóo.: 1ºB
Foi unha experiencia moi gratificante. Animaría a todos a que se apuntaran. Foi interesante falar con estes nenos e nenas, sobre temas que eu creo que lles serán moi útiles na súa educación. Ó mesmo tempo, recordei os momentos que eu tamén pasei en grupos. Espero que eles tamén se acorden da súa estancia en Anamo e dos seus monitores. David Outomuro Rodríguez: 1ºA
Estou moi contenta de pertencer a Anamo para poder experimentar o que se sente ó ser monitora e ensinar o que algún día me ensinaron a min. Espero cumprir ben o meu traballo e recordalo coma algo positivo para o resto da miña vida. Lucía Salgado Campo: 1ºA.
Estou moi feliz por poder participar nunha actividade coma grupos Anamo. Este ano é a primeira vez que participo como monitora e paréceme unha boa forma de aprender e pasar momentos alegres e inolvidables xunto cos meus compañeiros. Ángela Martínez Méndez 1ºA
Encántame poder disfrutar, polo menos dun trimestre que seguro que saberá a pouco, da compañía e ilusión coa que os nenos dos que son monitora me transmiten. Beatriz Gómez Cid 1ºA.
Esperamos que este curso o pasedes en grande connosco e sexa sen dúbida inolvidable para vós.
UN FORTE ABRAZO:
19
Dentro das actividades do PROXECTO VOZ NATURA púxose en marcha o Club de Cicloturismo do colexio con actividades deportivas e sobre todo medioambientais. Baixo a sabia e paciente dirección do profesor Gonzalo os ECOVIXIANTES realizan a súa saída dous sábados ó mes atentos ás normas básicas de circulación, coas súas mochilas, os seus cascos e as súas ben preparadas bicicletas. O grupo está formado por David Míguez, Javier González, José Luis Iglesias, Luis Manuel Sanmartín, Jesael García, Iván Núñez, Rubén Rodríguez, Alejandro Santeiro, Laura Mª e Miguel. Queremos agradecer publicamente a colaboración de D. José Manuel Pimentel, implicado padre na actividade para o bo funcionamento da mesma. As fotografías fan referencia á saída ás Termas de Outariz, onde ademais de bañarnos e relaxarnos, analizamos as augas das termas e colaboramos cun medio de locomoción especialmente san e recomendable. Tamén recordar que o club participou no Día da Bici, organizado polo Concello e cunha nutrida participación dos alumnos do noso colexio.
22
CARREIRA SAN MARTIÑO NOME: Sonia Pinal Feijoo. O día 19 de novembro de ¿QUE CHE PARECEU A CARREIRA DE SAN MATIÑO ESTE ANO? 2006 celebrouse a Carreira Pois moi ben, porque é un deporte para os nenos e maiores, para divertirse un do San Martiño e foi a 30º pouco. edición. Este ano gañou o ¿AGUANTACHES BEN OS 4 KM? atleta galego Manuel Si, aínda que me cansei un pouco ó chegar á meta. ¿GÚSTACHE FACER DEPORTE? Penas. A xente que asiste Si, porque che axuda a desconectar. está acostumada a correr. ¿PARTICIPACHES NALGUNHA CARREIRA DIFERENTE? Adestran unha media de Non, en ningunha outra carreira. unha hora 2 e 3 días á ¿CRES QUE ESTÁ BEN ORGANIZADA A CARREIRA? semana. Tamén acostuman Si porque ademais vannos dando bebidas polo camiño e ó rematar unha barra enerxética e de regalo unha camiseta. participar en maratóns. É a ¿CANTO TEMPO CHE LEVOU REALIZAR OS 4 KM? carreira máis popular de 30 minutos. Galicia e para os adultos é ¿ENTRENACHES DÍAS ANTES? de 10 km. ó redor da Si, algúns días antes. cidade. A carreira circula ¿É O PRIMEIRO ANO QUE VÉS? Non, teño participado varios anos. por un circuíto ¿GUSTARÍACHE SER A GAÑADORA? homologado. Sae da ponte Si, faríame moita ilusión. do Milenio e ten a chegada no Pavillón dos Deportes. ANDREA REQUEJO CID, 5ºB Este ano participaron máis de 1000 corredores entre todas as categorías e 2000 escolares de máis de 30 colexios. DAVID GONZÁLEZ ALBINO, 5ºB
Carolina Palomares 4º
23
O
día 6 de xullo un grupo de atrevidísimos rapaces mergullámonos nunha gran aventura, tres semanas en Canadá, concretamente en Toronto.
Foron moitas horas de autobús ata a T4 e, medio durmidos, iamos dun avión a outro sen saber moi ben en que hora viviamos; pero finalmente chegamos: Estabamos en Toronto! Ninguén podía crer que sobreviviramos á longa viaxe. Unha vez alí fomos recollidos polas nosas respectivas familias, e xa sacamos as nosas primeiras impresións. Durante os primeiros días andamos un pouco despistados co metro e os autobuses, e creo que todos nos perdemos algunha vez, pero a medida que foron pasando os días xa nos iamos sentindo coma un cidadán máis. O noso día a día alí estaba sempre cheo de cousas que facer, pola mañá tiñamos clases con Liza, Kimberly, Pascuale, John... e pola tarde tiñamos cada día unha actividade distinta, Toronto Street Festival, Waterfront concert, Toronto Islands, tardes de cine e de compras, discoteca nun barco onde o pasamos xenial bailando sen parar, tamén pasamos un día na praia onde a pesar de que a auga estaba conxelada, nós, moi atrevidos, bañámonos e nadamos un bo anaco. Quedamos impresionados coas vistas dende o cume da CN Tower e por suposto coas cataratas do Niagra tamén desfrutamos coma ananos en Wonderland, o parque de atraccións... en resumo, aproveitamos cada minuto que pasamos en Toronto. O último día fíxosenos un pouco duro, non só pola longa viaxe que tivemos que repetir, senón tamén pola despedida, xa que os mestres organizaron unha festa para a recollida dos certificados, na que non quedou outro remedio que dicir adeus definitivamente, aínda que, quen sabe, quizais volvamos a velos algún día. O último que me queda por dicir é dar as grazas ós nosos pais por darnos esta gran oportunidade e a Lucía e a Álvaro por aguantarnos durante as tres semanas. Estefanía Pardo Campo 4º ESO
24
25
O día 7 de outubro fomos de excursión ás Termas de Outariz en conmemoración a Mª Ana Mogas e San Francisco de Asís. Entramos ás dez e media e fomos ás nosas respectivas aulas, onde escoitamos atentamente a oración da mañá lida polo megáfono. Ó rematar saímos cara ó noso destino. Despois de moito camiñar chegamos ás primeiras charcas, onde se asentaron os de 1º, 2º e 3º da E.S.O. Os de 4º da ESO e Bacharelato, por mala sorte tivemos que seguir andando. Por fin nas charcas poucos foron os que se bañaron. Os demais aproveitaron para xogar ás cartas, charlar cos amigos, sacar fotos, etc… De alí a un anaco comemos e logo seguimos desfrutando do noso tempo de lecer. Ó redor das catro e media da tarde volvemos ó colexio. Os que vivían polo barrio da Ponte quedáronse por esas zonas, aínda que a maioría rematou o seu traxecto ó cruzar a pasarela. Resumindo, este foi un día moi agradable onde todos o pasamos moi ben disfrutando dos amigos e da natureza Carolina Palomanes Martínez Rebeca Bangueses Fernández
26
Cal é o teu nome completo? María Agudo Fernández. Defínete en tres palabras: Alegre, traballadora, responsable. Que é o primeiro que fas ó erguerte? Pór as zapatillas. Cal é o teu libro favorito? Martes, con mi viejo profesor. E grupo favorito? Non teño. Cal é a túa cor preferida? Rosa. Cal é a túa maior virtude? Sempre teño un sorriso na cara. E o teu maior defecto? Teño moito xenio. Tres cousas que saibas de memoria: O meu número de teléfono, o meu número de zapato e o meu enderezo. Que che gusta facer no teu tempo libre? Durmir, escoitar música e facer puzzles. Algo que non perdoarías: Perdoaría todo. Cal é a túa maior paixón? Viaxar. Que deporte che gusta máis? Balonvolea. Unha película que te emocionou: Yo soy Sam. Por que matarías? Por nada. Por que morrerías? Por alguén próximo. Que fas os domingos? Descansar. Que che parece o colexio? Xenial. Algunha manía? Morder as unllas. Algunha tolería da adolescencia? Ningunha en especial. Unhas cidade para vivir: Roma. Cal é o mellor recordo da túa infancia? Recoller moras e comelas no momento. Considéraste unha persoa feliz? Sí.
Cal é o teu nome completo? María José Castro Fernández. Defínete en tres palabras: Familiar, responsable, sincera. Que é o primeiro que fas ó erguerte? Almorzar. Cal é o teu libro favorito? Los Pilares de la Tierra, de Ken Follet. Que tipo de música che gusta? Toda menos a heavy. Cal é a túa cor preferida? Negro Cal é atúa maior virtude? A lealdade E o teu maior defecto? Son moi terca. Tres cousas que saibas de memoria: O Pai Noso, as cores do arco da vella e o D.N.I. Que che gusta facer no teu tempo libre? Estar coa familia e os amigos. Algo que non perdoarías: Supoño que co tempo o perdoaría todo. Cal é a túa maior paixón? O meu fillo Que deporte che gusta máis? Baloncesto. Unha película que te emocionou: Moitas, pero coa que chorei máis foi con ET, de pequena. Por que matarías? Por nada Por que morrerías? Polo meu fillo. Que fas os domingos? Estar coa familia e cos amigos. Que che parece o colexio? O lugar donde traballo e outra familia. Algunha manía? Cómo colocar o pan na mesa. Algunha tolería da adolescencia? Ningunha en especial. Unhas cidade para vivir: Ourense Cal é o mellor recordo da túa infancia? Os veráns na praia cos meus primos. Considéraste unha persoa feliz? Sí, e afortunada. 27
6º DE PRIMARIA en
CATALUÑA
Viaxando estiveron os nenos de 6º de primaria por principios de curso cando tiveron a oportunidade de facer unha excursión a Cataluña moi interesante. Nas noites durmiron en Granaollers e conviviron cos nenos do colexio de franciscanas desa cidade e ademais visitaron a casa materna de María Ana Mogas. Tamén tiveron ocasión de facer unha interesante visita a cidades de Barcelona onde puideron ver boas obras arquitectónicas e lugares fermosos como a Sagrada Familia e o parque Güell, o museo Cosmacaixa e o acuario. As súas caras convertéronse en reflexo do ben que o pasaron pero, como todo o bo acaba, 28
Román Godas
Nos tempos que corren sae máis a conta organizarse unha viaxe polo Courel, que embarcarse nos “Doce traballos de Hércules”, en terras afastadas e arriscarse a enrolarse en a saber qué aventuras. E se non que o pregunten á nosa compatriota, Ana María Ríos, cuxa viaxe converteuse nunha
verdadeira Odisea. O máis apabullante desta historia é que o sentimento de indefensión co que nos atopamos os cidadáns ante semellantes dislates. Tamaño atropelo non nos deixou indiferentes, e á vista está. Non fai falla máis que poñer a televisión e comprobar como a nova lei de aeroportos nolo pon cada días máis difícil para viaxar na procura do relax e do descanso... Se ata case nos dá medo saír da casa, xa que o persoal non está polo labor de prorrogar as súas vacacións nas dependencias policiais dun país afastado cunha condena pendendo ameazante cal “espada de Damocles”. Parece saído dunha novela, porén hai que renderse á evidencia e aceptar que estas cousas ocorren. En fin..., quizais nos quede o consolo das marabillas que temos na casa, aquí ó lado, e sen necesidade de pasaporte ou bolsas de plástico con autopeche para o líquido das lentes de contacto. A verdade é que o temos ben fácil para desfrutar dunha paraxe tranquila, con bos paseos por unha natureza exuberante, boa gastronomía e mellor xente... Quizais nos atrevamos a embarcarnos nunha “aventura” sen riscos polo Courel, e deixar Cancún para outra ocasión.
29
Taxi é un grupo formado tras a ruptura da antiga banda xibraltareña de Melón Diesel e composta por tres membros: Dylan Ferro (vocalista), Dani Bugeja e Dani Fa (os guitarristas). Teñen dous discos no mercado no que cantan en español: “Libre”(2005) e “Mil historias”(2006) Nestes mesturan o pop – rock onde o seu estilo é parecido ó de Melón Diesel con cancións cheas de vitalismo e de positivismo.
O pasado 20 de outubro Taxi deu un concerto no Café Teatro Xesteira. As entradas recolléronse con anterioridade nas oficinas dos 40 Principales onde pronto se
esgotaron. Taxi presentou o seu novo disco “Mil historias” que saíu ó mercado coa canción “Aquí estoy” aínda que tamén cantaron cancións do disco anterior como “Tu oportunidad” moi coñecida por todos os asistentes que se converteu nunha das máis coreadas. Ó rematar o concerto puidemos facernos unhas fotos con eles ademais de que nos firmaran un autógrafo para a nosa revista. En conclusión, resultou unha noite moi divertida e diferente na que puidemos disfrutar de boa música.
30
S. Martiño U
PRIMARIA EN ACCIÓN
31
1º E 3º DA ESO EN RIANXO O día 1 de xullo os nenos e nenas de 1º e 3º da ESO reunímonos ó almorzo na parte de arriba do colexio para coller o autobús que nos levaría a Rianxo. Por mágoa o autobús tardou unha hora e tivemos que estar esperando por el. Despois dunha longa viaxe, que moitos aproveitaron para durmir, por fin chegamos ó noso destino que era Rianxo, alí xa nos estaban esperando os nosos compañeiros das outras cidades. Ó final tivemos que durmir todos nas habitacións porque como eramos tan poucos non nos deixaron durmir en tendas. Nos 10 días do campamento fixemos moitas e diversas actividades; gymkanas, xogos na piscina, guerra de globos de auga, e tamén houbo tempo para as excusións, fomos á praia e outro día ó monte e tamén fixemos outro tipo de actividades máis arriscadas coma a tirolina… Como anécdotas destacamos que un día pola noite tivemos que ir durmir fóra unhas cantas rapazas de 1º e 3º porque non parabamos de falar e rir e ata que non nos calmamos non puidemos ir ás nosas respectivas habitacións. Para finalizar dicir que o pasamos moi ben e foi moi divertido. Animamos a todo o mundo a que vaia ó campamento porque é unha moi boa experiencia onde coñeces moita xente, fas bos amigos e nós esperamos repetir para o ano que vén.
Sabela Bóveda e Carmen Cid
32
Era o día 10 de Xullo. Estabamos todos moi nerviosos xa que era o noso primeiro ano deste famoso campamento. Unha vez montados no autobús, queixabámonos moito xa que era bastante tempo de percorrido. Unha vez en Rianxo, fomos deixar as maletas nun recuncho e a esperar a que viñesen os rapaces das outras provincias. Cando todos chegaron fomos deixar as nosas maletas ás habitacións. Antes de comezar, explicáronnos as normas e o que iamos facer. O noso lema era: “á abordaxe”. Fixemos un xogo para dividirnos ó longo do campamento en grupos. Case todos os días saiamos do pazo: iamos á praia, excursións, xogos…O último día iamos facer unha gran festa pero pasou unha cousa: tiñamos un xogo dende o segundo día que era o amigo invisible. Mandabamos cartas e pola noite liámolas. A véspera do último día o amigo invisible dunha nena comezou a insultala. Os monitores deixáronnos sen velada por non saber o culpable. Estabamos todos chorando ata que moi tarde veu a directora. Ó día seguinte (último) aínda choramos máis porque era a despedida. Todos eramos amigos e por sorte, déronnos un papel con todos os “messengers” e enderezos de todos os nosos amigos e amigas. Por mala sorte, fómonos de alí os primeiros. A pesar de todo este 33
campamento foi inovidable para min e penso que para todos os meus compañeiros tamén. ANÍMOVOS A TODOS A QUE VAIADES! Raquel Iglesias Meiriño
33
ENCONTRO CO PRÍNCIPE FELIPE Aquel día comezou como outro día normal, Puntuais ás 8.25 coma sempre e senón sanción, nada nos facía imaxinar o que nos esperaba. A José Antonio pasáralle pola cabeza facer uns carnés de prensa oficiais para ter acceso a todos os eventos e Álvaro decidiu que o mellor era estrealos con alguén importante: non un cantante ou un político, non, senón co mesmísimo Príncipe. Ninguén de nós sabía o que estes dous estaban a argallar; o único do que eramos sabedores era de que tiñamos que estar listos ás 6 e así foi. Apareceu o noso coche con Álvaro ó volante e montamos todos un tanto escépticos despois de que nos informaran do noso destino. Tras varios quilómetros e un montón de curvas e reviravoltas chegamos preto do parador e o primeiro que vemos é un Patrol da Garda Civil con dous policías que nos din que non podemos pasar pero que si aparcamos máis arriba permítenos acceder ó pobo de Santo Estevo a pé, aínda que nos desaniman ante o feito de que poidamos ver a Súa Alteza Real e moito menos falar con el; pero xa que estabamos alí, ¿por que non intentalo? Así que seguimos adiante... ¡Bo! Agora un militar, ¿que onde vamos?, ¿que quen somos?, ¿que se temos cita?, ¿que ver ao Príncipe? Imposible, a axenda real lévase dende Madrid, pero que vai falar co xefe do protocolo a ver que se pode facer. Pasa o tempo e nos esperando no Cruceiro, e uns 10 minutos Revista Colexial máis tarde aparece o oficial... (non poñemos o seu C l i Di i P t Revista Colexial nome porque foi un dos compromisos adquiridos con Cl D P CARNÉ DE PRENSA el) e nos informa que nos vai deixar pasar ao Dña. Alejandra Gallego Mayor CARNÉ DE PRENSA D.N.I. 44494760 Mosteiro pero eso de ver ao Príncipe mal asunto pero D. Adrián Conde Nóvoa H D N I 44489057 L que se o atopamos e el accede a falar con nós... Pero eso si, primeiro baldeirar bolsos, petos, mochilitas, presentación de DNI, cruzar polo túnel detector,... (¡e nós que viñamos das Franciscanas!) Xa era noite pecha cando por fin accedemos ao claustro principal: ¡Nada por aquí! ¡Ninguén por alá! ¡Nesta parte non hai nin un gato! ¡Eh, mira, aquel é o de Seguridade Persoal e vai por aquel corredor! Pois nós detrás. Aquela zona era aínda máis lúgubre pero oíase un murmurio de fondo e puxémonos a esperar, ademais José Antonio, moi atrevido el, asomouse a unha fiestra e xa apareceu un home que moi amable dille: “Por favor, non mire pola fiestra.” Se alguén di eso, é que Don Felipe ten que estar aí. Pois nós a esperar. Unha foto aquí, outra apoiados na columna... Pasa o tempo e de repente, unha figura altísima acércase a nós coa man estendida: “Ola, ¿esperádesme?, así que viñestes desde Ourense a verme. Pois menudo viaxe” (“¡Que condenado! Xa o informaron de todo.) 34
- Lúa: Pois si Alteza, encantados de coñecelo. ¿Que tal por aquí? - Don Felipe: Moi ben pero moi cansado... E alí comezou a nosa conversa con un home sumamente próximo e accesible que nos informou que estaba a disfrutar da gastronomía e pouco das paisaxes pois non tivera nin tempo con tanta reunión, pero que quería voltar coa súa señora e pasar uns días por esta zona. Interesouse pola nosa revista e o noso colexio, as nosas campañas solidarias e demais... e para rematar, unha foto por favor. “Por suposto” e “fulanito (voltamos a omitir o nome) fainos unha foto a todo o grupo”. E esta é, a foto de parte da nosa redacción feita por un garda persoal de Don Felipe. Dende aquí queremos agradecer á súa garda persoal, á seguridade, á garda civil e, por suposto, ao protocolo todas as facilidades dadas para esta reportaxe, e por suposto a Súa Alteza Real pola súa sinxeleza, simpatía e naturalidade no seu trato con estes reporteiros. E dende aquí queremos invitalo a que nos visite cantas veces queira pois estamos moi gustosos de recibilo. ¡Ata pronto! ¡Vaia estrea de carnés de periodistas! (Por certo, non nolos pediron en ningún momento e nós desexosos de ensinalos...)
35
Participando na semana do cine e da radio en Ourense as nosas profesoras puideron sacar estas fotos con personaxes famosos e conseguir as sĂşas dedicatorias para a nosa revista.
36
ÂĄPor uns dĂas foron as nosas reporteiras
e moi eficaces!
37
38
IRIA OSORIO E LAURA SALGADO , que foron as dúas alumnas do noso colexio que superaron a proba de selcetivdade cunha media superior ó nove (sen facer a media co expediente do seu bacharelato) , participando na entrega de diplomas que a Xunta organiza en Santiago cos pouquiños preuniversitarios que conseguen tal proeza da nosa comunidade. POR CERTO, NOS EXAMES DE SELECTIVIDADE DE XUÑO, COMA SEMPRE, TIVEMOS 100% DE APROBADOS.
SELECTIVIDA
O NOSO BELÉN O grupo de Anamo de 1º Bacharelato, xunto coa axuda inestimable dalgúns dos seus pais e exalumnos, levaron a cabo o tradicional Belén que o noso colexio monta ano tras ano por estas datas seguindo a tradición que Francisco iniciou alá en Asis. O resultado espúxose na Capela do colexio onde pequenos e grandes disfrutaron del.
39