Nº 032 (2008)

Page 1

Nº 32 MARZO 2.008 Colexio Divina Pastora

¡¡ O noso

concerto ¡!

Fundada en 1998


Dña. Elena Vázquez

Dña. Marta Gozález

Dña. Alejandra Gallego

Dña. Jennifer Vilela López

D. Francisco José Solveira Gonçalves

Dña. Andrea Fidalgo

Dña. Raquel Doval

D. Simón Santos

Dña. Andrea Carballo

Equipo de redacción de Lúa


ÍNDICE Pesentación: Mª José 4 Entroido infantil 5 Charla

6

Fina Casalderry no Colexio 7 Ladesol

8

Poesías 5º e 6º de primaria 9

Manzaneda 10 Actividades recreativas 11 Fotos. Buzón rosa de Lúa 12 Auditorio/concurso de debuxo 13 Clase

sen fume. Visita á policía Local 14 Campionato provincial de campo através 15 A sociedade muta, a escola adáptase 16

Frases dos profesores 17 Pastel de infantil 18

Debate electoral 19

O h e m icic lo 20 Encontro con Jorge 21

Buzón rosa de lúa 22

Charla 23 Debuxo + poesía 24 Buzón de San Valentín 25 Consello escolar 26 Paula Carballido 27 Madre Henar28 Buzón rosa de Lúa /Simón 29

Paz 30

P az 3 1 Solidariedade e Ismael Serrano 32

A realidade dos reality show 33 Hiperactividade 34 Entroido primaria 35

Discapacidade motórica 3 6 Comic 37 Música 38 Fotos 39 3


Queridas familias, alumnos e compañeiros:

María José Fernández

Coordinadora de Infantil

O curso vai pasando, para un moi rápido, pois quédanos moito por facer, para outros desexando rematar, pois os folgos van a menos, pero o que si é certo que a todos nos queda aínda o último pulo, non por iso menos importante. Pido un esforzo para as “familias” que, día a día, acompañades ós voso fillos. E a vós “alumnos” un pulo, que vos xogades un bo verán e a satisfación do traballo ben feito. Para os “compañeiros” ánimo neste último tramo, o máis difícil e de gran responsabilidade. Pero non todo son esforzos, tamén temos tempo para gozar as tan desexadas excursión, están á volta da esquina, os Xogos Florais, as festas do colexio... Aproveito esta ocasión para desexarvos o mellor a todos e a cada un,e pedirvos así mesmo que compartades tamén o mellor de vós

¡ÁNIMO! ¡TI PODES! ¡XUNTOS PODEMOS!

4


ยกQUEN FOSE GATO!

5


I xorandas de sensibilización O día 6 de febreiro tivo lugar no salón de actos do colexio a primeira destas xornadas, e a inauguración de todas elas e deste proxecto. Contando coa intervención da Asociación de Down Ourense, informándonos do seu labor no centro, onde, mediante diversas actividades, as persoas con alguna discapacidade aprenden a desenvolver e potenciar as súas habilidades e a ser independentes. Mentres, nos centros, falan da integración do alumno co resto dos compañeiros para facilitar a súa aprendizaxe e normalizar a súa situación sen que este neno teña que verse como diferente. Promoven tamén actividades de lecer, para que teñan unha infancia do máis completa, e máis adiante, actividades de convivencia, asumir certas responsabilidades, axudar na casa, asígnanse diversas actividades para que se sintan útiles, e á vez aprendan a ser independentes. Sen dúbida o máis útil desta xornada foi o testemuño de dous rapaces, que falan da súa propia experiencia, mostrándonos un exemplo de superación persoal, que debería ser motivo de envexa para todos. 6


En decembro de 2007, veu ao noso colexio a famosa escritora galega Fina Casalderrey, creadora de libros como Ás de mosca para Anxo, Asústate, Merche, ou O misterio dos fillos de Lúa, un dos libros en galego máis lidos polos nenos. Nesta ocasión veu falar en especial do seu libro titulado Ola, monstruo peludo, no cal pretende mandar unha mensaxe ao mundo de todo o mal que hai na violencia de xénero. 1. Cantos anos tiña cando comezou a escribir o seu primeiro libro? — Empecei no ano 1991, é dicir, cuns corenta anos. 2. De onde sacou vostede a idea para escribir a historia? — Das noticias terribles que saen na televisión onde os homes maltratan as mulleres.

3. Mentres escribía o libro sentía que o estaba vivindo, que estaba nel? — Si, porque ao escribir imaxinando o que se che ocorre velo diante, como se estivera pasando. 4. Como se evita ter mostros peludos na casa? — Cun bico, moito cariño, agarimo e bos sentimentos.

7


A D E S O :L

LADESOL:

P R M S A U É N IT C O

COMPROMISO AUTÉNTICO Coma tódolos anos o Colexio Divina Pastora, en colaboración coa ONG da congregación FMMDP “LADESOL” (Lazos de Solidariedade), escolle un proxecto que pretende atender as necesidades dos máis desfavorecidos, máis concretamente os nenos. Este ano decidimos destinar o acadado a Venezuela. Alí trataremos de cubrir dous proxectos: 

ATENCIÓN A NENOS DESNUTRIDOS en Wonkén (Venezuela). O obxectivo é

atender a 200 nenos e nenas en idades comprendidas entre 0 e 5 anos, con grave risco de desnutrición. Presuposto: 2.500 € 

APOIO Á FARMACIA MISIÓN DE SANTA MARÍA DE WONKÉN en Wonkén

(Venezuela). Trátase de apoiar con medicamentos esenciais e pasaxes a adultos e nenos sen recursos económicos que, por enfermidade, deben desprazarse fóra da misión. Presuposto: 2.000 €

O total dos proxectos elixidos é: 4.500 €

Sabemos que xuntos/as poderemos acadalo. GRAZAS O noso proxecto do curso pasado era proporcionar alimentos a 875 nenos/as da escola Mª Ana Mogas (Matola - Mozambique) e comprar pupitres e un encerado para a mesma escola. Para iso precisabamos 5.800 € e ...

ENTRE TODOS ACADÁMOLO… E SUPERÁMOLO

Primaria 2.762,98€ E.S.O. 1.738,53€ Bacharelato 323,10€ Doazóns 951,65€ Bolígrafos 859 € Festival 983€ Bar 795,24€ TOTAL.................... 8.413,50 €

O diñeiro sobrante do proxecto empergouse en becas de estudo xestionadas por Ladesol

8


O MEDIOAMBIENTE

A P R I M AV E R A Na pimavera as flores medran e os paxarimos revolotean. As bolboretas de cores con toda a súa luz voan sobre as flores.

O medioambiente é fermoso coma un rosco, doce por dentro, gelatinoso por fóra. Vén un oso e cuídao, vén un humano e destrózao.

O aire cálmase, as nubes desaparecen mentres o sol se replande.

Ana Pereira 5ºB

A auga vólvese cristalina e os peixes nadan ao seu paso polos seus cumes. A verde herba crece, os prados florean e a montaña tíñese de cor verde. Victoria Nogueira Ramos

UN DÍA CHUVIOSO Un día chuvioso na nada do mundo. Sale o sol coloreando todo o mundo.

EL SOL El sol es un tesoro, que da vida y calor. Una fuente inagotable de infinito resplandor. Sus rayos acarician plantas, animales y sentimientos que afloran al amanecer y se esconden cuando vence el sueño. Da luz cuanta es precisa, se apaga al anochecer y por la mañana revive su llama cuando los pájaros entonan su melodía ora vez. Su destello nos conquista, ¡ nos ilumina la vista ! En la época estival nos deleita con su risa. Elena Bangueses Fernández 6º A

Coloreando con canto, bailando e xogando. Saltando e esudando. Eu sabía que era obra do señor, porque él estaba cheo de amor. Lucía Rebollo 5ºB

O MEU DESEXO DE PAZ O meu desexo de paz é que non se lle pegue a un rapaz, tamén é que non me fale un pé. De persoa a persoa que haxa pouca venaza, que queiramos aprender para sacar un dez. Que nos debuxos animados non den patadas nin puñetazos, que no fútbol ao xogar non sempre hai que gañar.

O C UR S O O verán rematou, e o curso comezou. De alí a un mes o Nadal chegou, de alí a un mes o entroido chegou e todos disfrazados como a mestra nos recomendou. De alí a un mes Semana Santa pouco falta. Por fin o verán chegará e o curso rematará. Antía Iglesisas Elena Blanco 5ºA

Que cos rotuladores pintes un mundo cheo de cores, non gastar diñeiro por gastar porque tes que aforrar. Estes todos desexos forman o meu desexo de paz. Carmen 5ºA

9


Pablo Conde 2º ESO B: Soy tu admiradora secreta, estoy en tu clase y me molas muchísimo. Me mola tu forma de ser, tu cara tu cuerpo y quiero que haya algo entre nosotros. Te quiero. Bks. Para Loli e Isa Las mejores profesoras de coñecemento y matemáticas. Que gracias a ellas estudiamos mejor las montañas y aprovamos las fracciones. Vuestras alumnas de 6º B.

No tengo nada que decir, mi mente se ha quedado en Blanco, no puedo pensar, miento, que escribo. Un leve recuerdo ronda por mi mente ¿q será? Cada vez se va haciendo más nítido, pero aún no lo veo con claridad. Es una persona, pero no la distingo su imagen sigue borrosa. Cada vez está más claro el recuerdo que deja ver a una hermosa persona. tiene el cabello negro como el azabache. Unos ojos marrones de los que me enamoré. Tiene una boca preciosa, muy risueña. Ella es una persona maravillosa. La conozco ni muy bien ni muy mal. juntos hemos pasado buenos momentos, aunque a veces lo hayamos pasado muy mal. Anónimo O sea hello chic@s: En este día de SAN VALENTÍN quiero decirle a: Bita, Elena, Sara, Marta y Aída que las quiero mucho y que son unas verdaderas amigas. ¿Vosotr@s sabeis lo que son unas verdaderas amigas? Pues son personas que te hacen sonreir cada día, que ponen su hombro para que derrames tus lágrimas, que te ayudan y te defienden siempre; nuca te traicionan, te dan buenos consejos y siempre tienen una palabra buena para decirte. Ellas son amigas de verdad porque cumplen todo eso. Espero que vosotr@s tasmbién tengais unas amigas así: Bye my friends: Paola Domínguez 1º ESO A día de SAN VALENTÍN a todos. Pero en Feliz especial a mi prima MARTA, sí, sí, tú, MARTA FERNÁNDEZ ELLACURIAGA. que te quiero mucho. Un besazo: Rebeca 10


Dende o equipo de redacción de Lúa, pedíronme que fixera un artigo para a revista sobre as Actividades Recreativas que dende hai sete anos levamos a cabo no colexio os sábados pola mañá. Despois de pensar un bo rato qué poñer ou deixar de poñer, decidín que o mellor era cederlle a palabra ós nenos e nenas que participan nelas, porque, ¿quen mellor ca eles para explicar en qué consisten?. Uxía Cima, Sara Coello e Jorge Cordero (6º A Primaria): “Despois dunha longa xornada de traballo, chega o sábado, onde hai unhas actividades moi concretas, nas que se fan distintos xogos. Cada sábado está adicado a diversos temas onde os monitores que son: Cristina, Pablo, David, Ana, Cristian, Marina e Sara preparan as actividades. Os nosos días predilectos son: O día do medo, o día da Feira, o día da auga e o día da Cociña. O caso é que os monitores fan todo o posible para que o pasemos moi ben,pero non cobran, e deberían recibir uns poucos cuartos polo seu arduo traballo. Gustaríanos moitísimo que outros nenos e nenas puidesen acudir a este evento. Abreviando, estas actividades son as mellores”. Beatriz Núñez (6º B Primaria) e Álvaro Cima (3º A Primaria): “Tódolos sábados vimos ás actividades de

11:00 a 13:00 h. Sobre todo, o día que máis nos gusta é o día do medo. Os nenos/as poden vir a partir de 3º de Primaria ata 6º de Primaria. Temos algunhas saídas como “Sementadores de estrelas”, o Magosto e moitas máis. Sementar estrelas trata de que primeiro nos xuntamos con outros nenos nos Salesianos, onde nos dan unhas estrelas e logo hai que ir poñéndollas á xente pola rúa mentres cantamos panxoliñas. No magosto imos ó Parque Miño e comemos castañas ata estoupar. Outro día moi divertido é o día da Feira, que trata de que nos dan unhas tarxetas que temos que entregar para participar en cada xogo, hai un bingo, unha diana, un xogo de pesca... pero o máis divertido dese día é que nos dan bocatas de nocilla e bebidas. O último día é o da auga; os nenos/as teñen que vir en bañador. Poñen tinas cheas de auga no patio para mollarnos e sobre todo temos a mangueira. O máis divertido dese día é mollar ós monitores e ós demais compañeiros. Ás veces traemos ós pais e irmáns a que xoguen e facémonos unha foto todos xuntos”. Marta Coello e Carla Ferro (3º A Primaria): “Nas actividades do sábado facemos xogos de

deporte, de cociña, de medo, un día da Feira (no que poden vir os pais) e tamén hai “Sábado libre”. Facemos excursións moi divertidas e pasámolo moi ben. Tamén facemos Olimpíadas e na primavera facemos o “día da auga”, no que nos mollamos. Tamén facemos “O Gran Prix”, no que nos fan preguntas de personaxes animados e cantantes. Cando se celebran cousas, nós tamén o facemos: O día do pai/nai (facemos agasallos), o Entroido, O Magosto...” . Blanca Mosquera e Antía Varela (4º B Primaria): “As actividades Recreativas son moi divertidas. Facemos Olimpíadas, o día do medo, excursións, cantamos panxoliñas... ¡pasámolo moi ben!. O día do medo é un día sorpresa, e da moito medo, de verdade. No Samaín facemos caretas, O día de “Jumanji” facemos probas moi graciosas e moitos xogos máis. Os monitores son moi divertidos”. Adela Carballo, Alejandra Laso (3º A Primaria) e Belén González (2º A Primaria): “ Nas actividades do sábado pasámolo moi ben e facemos moitas cousas divertidas, por exemplo: o día do medo, o día da auga, as Olimpíadas e moitas cousas máis. Os monitores son moi simpáticos. Tamén celebramos o Entroido, o día da cociña e o día da Feira”.

Pois... xa eles o dixeron case todo. Dende aquí só me queda agradecerlle o seu tempo e adicación ó equipo de monitores, que con tanto esforzo e agarimo preparan todas e cada unha das actividades. A súa laboura non ten prezo. Ós nenos que veñen ás actividades e que dixeron estas palabras amables sobre elas,

11


dicirlles que o pasamos moi ben con eles e ós que aínda non viñeron nunca... ¡ANÍMATE E PARTICIPA!. Cristina Andrés (Coordinadora das Actividades Recreativas)

12


Un sábado, moi pronto pola mañá, estabamos todos preparando as nosas mochilas para pasar cos nosos amigos un día en Manzaneda. Tiñamos moitas ganas de chegar, xa que ía haber “NEVE” (o que resultou ser só xeo). Chegamos e

divertímonos en grupo. Máis tarde comemos e collemos os sacos para tirarnos pola “neve”. Despois de moitas risas, sustos,

A PESAR DO FRÍO PASÁMOL O gritos... pasámolo xenial. EN Cambiámonos e fomos merendar ó GRANDE bar e principalmente descansar. Á tardiña- noite collemos o bus e alí pasámolo aínda mellor, parecía todo menos un autobús escolar. Os monitores tiñeron moita paciencia con nós e moita imaxinación para elixir os xogos. Ata no bus se inventaron un xogo para que a volta á casa fora máis levadeira. En resumo como nós fixemos... LAS.MÁXIMAS.RISAS! 10


ANDREA ESTÉVEZ ÁLVAREZ Laura IGLESIAS VIDAS RAQUEL IGLESIAS MEIRIÑO

10


A O RIIO OR TO DIIT UD AU Levantámonos moi contentos e un pouco nerviosos por se chegabamos tarde ó Auditorio. Brincounos o corazón ó ver tantos nenos/as xuntos. Iamos ver unha obra de teatro. O título era: ¡Que vén o lobo! ¡Gustounos moito! ¡Oxalá poidamos ver máis! 1º ciclo de Primaria.

CONCURSO DE DEBUXO DEPORTIVO Os nenos e nenas de 5 anos de infantil, participaron no mes de febreiro nun concurso organizado polo concello, no que cada un deles presentou un debuxo deportivo, despois da deliberación do xurado, composto por membros do concello, decidiron que a gañadora do noso centro fose Yolanda Airas Gómez. Con este motivo, e cos nervios propios da ocasión, o mércores dia 20, Yolanda acompañada por catro dos seus compañeiros acudiron a sala de plenos do concello para ser felicitada polo alcalde e recoller os premios otorgados. Foi sen dúbida, un día inolvidable. ¡Felicidades Yolanda! María Agudo

13


“CLASES SEN FUME”

Os nosos alumnos da ESO tiveron unhas charlas-coloquio sobre este tema, que ten unha alta incidencia na xuventude de hoxe en día.

O mellor pra non ter que deixar de fumar é non empezar.

Visita Á policía local

O día 13 de febreiro saímos do colexio, con dirección a policía local. Cando cegamos alí, tivemos que esperar a que nos atendesen, posto que estaba ocupado, mentres esperábamos limos un cartel que puña que aquel edificio fora inaugurado o 29 de novembro de 2006. Ao entrar explicáronnos que desde ordenador central podíase ver todo o que sucedía ao redor do edificio, máis tarde fomos a unha sala na que nos explicaron que non se podía cruzar a correr e os diferentes tipos de atropelos; despois fomos a sala de emerxencias, logo a sala da cal recibían as chamadas e ao tempo víanse os diferentes puntos da cidade de Ourense; ó cabo dun tempo fomos a sala de tiro e por último vimos as motos e os coches patrulla. ¡Que pena! Non puidemos ver os calabozos. Antía Iglesias Elena Blanco

14


CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO

Saímos en autobús das Lagoas ás nove e cuarto da mañá cara Monterrei. Chegamos en dez minutos a Monterrei que foi onde se celebrou a proba. O primeiro foi coller os dorsais e repartilos a cada corredor de Franciscanas. Logo demos unha volta polo circuíto, a pesar de que xa o coñeciamos de correr dúas veces antes nel, despois empezaron a chegar outros corredores doutros colexios e equipos. As primeiras en correr foron as mozas maiores, ás once,

.

seguidas dos mozos e así ata acabar cos nenos/as máis pequenos. As probas acabaron á unha e ata a unha e media non se empezaron a repartir os trofeos por individual e por equipos nas diferentes categorías. O colexio de Franciscanas foi premiado cun trofeo conseguido polo terceiro posto por equipos na categoría cadete representado por Diego Varela, David Varela, Alejandro Díz, Daniel González e Iván

A

TRAVÉS

Núñez aos cales tamén premiaron cunha medalla a cada un. Tamén destacaron os nosos compañeiros/as das categorías Benjamín, Alevín e Infantil con boas carreiras todos eles. Ao acabar regresamos ao autobús onde comentamos con Gonzalo, o profesor que se encargou de todo, os bos momentos que pasamos na mañá. En abril comezaremos o atletismo en pista, onde esperamos repetir éxito e animamos a participar a moitos alumnos

15


A sociedade muta, a escola adáptase

Os pasados 15 e 16 de febreiro, un grupo de profesores do Colexio Divina Pastora de Ourense, xunto con compañeiros doutros centros da Institución (A Coruña, Vigo, O Barco, León e Vilagarcía de Arousa), estivemos en León asistindo ó cursiño: A NOSA SOCIEDADE, ANÁLISE E REPOSTAS A DAR. A coñecida pedagoga, teóloga e nai de catro fillos: Carmen Pellicer, famosa nas últimas datas, moi ó seu pesar, pola polémica suscitada coa materia de “Educación para a Cidadanía”, na que é especialista, axudounos a interpretar as claves do tema do cursiño e clarificou algúns puntos escuros acerca da mesma. Deste xeito, afondamos na realidade social dos

nosos centros e nas posibilidades reais de adaptación que temos que ter en conta para non quedarnos atrapados nun inmobilismo perigoso. Así, a través do coñecemento dos trazos máis significativos do noso entorno social, identificando as necesidades e os desafíos que plantexa, poderemos manexar os instrumentos básicos para analizar continuamente a nosa realidade, discriminando os valores e contravalores que impón a sociedade por medio dunha actitude reflexiva, seria e profunda, dende unha clara conciencia da nosa misión educadora. A sociedade é un “ser vivo” que avanza inexorable, que nós, como educadores, non podemos nin debemos mirar infravalorar. Os nosos alumnos e alumnas

cambian de ano en ano, e demandan necesidades que fai anos nin se mencionaban. A repetida sentencia “os tempos cambian”, no mundo da educación, é mais que palpable. Se queremos conseguir algo cos nosos alumnos/as hai que asumir que isto é unha evidencia, e poñer os medios necesarios, unha responsabilidade vital. O cursiño foi unha oportunidade interesante para a reflexión e a posta en común de novas propostas. Trátase dun reto que esixe estar moi atentos as necesidades que temos que cubrir dende a escola, sempre en cooperación cas familias.

ROMÁN GODÁS

16


En Andalucía si te dicen “mi arma”, no sabes si te van a sacar una pistola.

O porco é o animal que ten a morte máis completa, aprovéitase todo.

17


….E comérono ..comérono… todo!!!

18


ANIMACIĂ“N A LECTURA Foron duas horas moi interesantes e apasionadas

19


Fai uns anos alguén decidiu que os rapaces de hoxe en día, o futuro da Unión Europea e posibles eurodiputados, políticos ou diplomáticos, debían ser escoitados, e non puideron escoller mellor forma de facelo. Xa na VIII Sesión do Modelo de Parlamento Europeo,

durante catro días en Buitrago de Lozoya, entre sesións por comisións e asembleas no Real Colexio Afonso XII do Escorial e no Congreso dos Deputados, un grupo de 90 mozos e mozas das distintas comunidades autónomas que participaron, convertémonos en verdadeiros delegados representantes da nosa comunidade,

nunha réplica exacta do Parlamento Europeo, respectando o protocolo tanto á hora de falar como á de vestir.

Xornadas intensas, dende as seis, sete da maña, cando xa comezabamos a debatir e discutir durante

o almorzo, nas reunións por comisións que duraban ata as nove da noite, cando nos deixaban, por fin, recuperar as nosas roupas habituais, volver a ser nenos e gozar un pouco dos anacos libres cos compañeiros, chegando a facer así grandes amigos, coñecendo xente con inquietudes e moito do que falar coas que pasei os mellores momentos da miña estancia en Madrid. Chegou un momento no que estabamos tan metidos no noso papel de eurodiputados que nin sequera eramos capaces de desconectar do noso tema durante as comidas e as pausas para café. Debatendo asuntos tan importantes na actualidade como son o quecemento global, a política de inmigración, os dereitos de autor e piratería, o papel da muller no mundo laboral, a integración dos inmigrantes no sistema educativo e o sistema de pensións, aprendemos non só a estar ben informados sobre eles, senón tamén a debater, falar en público, defender as nosas ideas e propostas, escoitar diferentes opinións, ceder ante unha idea distinta á propia e chegar a un consenso entre 15 cabezas pensantes cheas de ideas e opinións. Dirixidos por un presidente e un secretario por comisión, que remataron por converterse nos verdadeiros guías e por suposto en bos amigos, conseguimos sacar adiante unha resolución que 20


ENCONTRO incluía todas as nosas propostas sobre o tema a tratar, para logo defendela ante o resto de estudantes e toda a mesa presidencial.

CON… Jorge Marcos

Moitos nervios, moitas dúbidas, moitas ideas, moito “traballo”, moitas noites sen durmir preparando discursos e investigando a fondo a nosa resolución, sempre intentando mellorar algo máis. Pero sobre todo, moitos, moitos bos momentos. Unha experiencia inolvidable, que sen dúbida algunha che fai crecer, madurar, e sentir que de verdade importan as túas opinións, as túas ideas, e que tes que empezar a formar parte, ser conscientes que hai moito que dicir e facerse escoitar.

Invito a todos os que o ano que vén terán a posibilidade de participar, que o fagan sen reparo, vale a pena e, todo hai que dicilo, é unha oportunidade que só se vos vai presentar unha vez na vida,¡aproveitádea!

-Nome completo: Jorge Marcos Escudero -Como te encontras no colexio? Moi contento e con moita ilusión -Controlas ben aos pequenos ou cústache? Ao principio custa pero agora xa os controlo -Que opinión tes do colexio? Que é un colexio moi bo e cun alto nivel educativo -E de profesores? Moi bos compañeiros - A túa película favorita: American Beauty - A túa cor da sorte: Azul - O teu libro favorito: El perfume - Que fas no teu tempo libre? Pasalo cos meus amigos - Cambiarías algo do que fixeches? Non, o feito, feito está - Matarías por algo ou alguén? Tería que verme na situación - Que sensación chete produciu o colexio cando chegaches? De alegría e ganas de traballar - Sénteste satisfeito co teu traballo? Moi satisfeito - Gústache o deporte? Cal? Moito, sobre todo o baloncesto - Animais ou plantas Animais - Praia ou montaña Praia - Café so ou con leite Con leite

Marta González

21


21


En esta carta solo quiero decir a 1º ESO B: Q os quiero un montón! Sois la mejor clase que he tenido. hemos pasado juntos: alegrías, castigos, lloros... Bueno, solo quiero desearos un Feliz San Valentín!! Un beso. Anónimo.

Hola Elena M.: Solo quería decirte que cada vez que te veo en el colegio me pareces más guapa. Me encanta tu piel blanca. Me gustaría conocerte un poco más. Espero no ser demasiado atrevido, pero es una buena manera de empezar para poder mantener una relación sentimental. Espero que no me rechaces, llevo tiempo esperando este momento para poder decirte lo que pienso. Solo espero que me des una oportunidad, preciosa Atentamente: el chico de la clase de al lado. Hola Martín, sí, tú, tú Martín Martínez de 1ºB, me da mucha vergüenza todo esto porque sé que va a salir publicado en la revista, por eso no voy a poner mi nombre. Me fijaré en tu cara cuando nos dean la revista a todos...si veo en tí cara de emoción me acercaré, te saludaré y te daré un beso ^^^...si de lo contrario no me gusta tu cara (me refiero en ese momento solo ¿eh?, porque lo que es tu cara de verdad todos los días me encanta) si no me gusta ni me acercaré y nunca sabrás quien es tu admiradora. Parece mentira que sta sea la única forma de decirte lo que siento: "que te quiero", "que te quiero" y "que te quiero", mucho, mucho, muchooooooo!!!!Si es que desde el primer día que llegaste al colegio no he parado de pensar en ti y desde el primer minuto me pusiste loca. Bueno guapísimo, dejo que aquí se acaben mis palabras, porque si tuviera que decirte lo que siento nunca acabaría...TQ. (*entiende mi anonimato*).

El rojo es el color de la pasión. Rojo también es el color del corazón. ¿Será el color rojo el amor? Desde ese día no hago más que pensar en ti y soñar contigo. Sangra mi corazón, gotas de amor por la herida que ha abierto cupido en mi corazón. De David González Albino para Miriam Pérez Covela de 6ºB. Para Benito(4ºC) Porque es muy chu-chuchuli!! [ Él me entiende ] De: una compañera que le tiene mucho cariño y se le olvidó la carta de San Valentín.

Para Sara de 4ºESO A: Desde hace tanto tiempo guardo este sentimiento; me siento unido a ti, te veo y siento morir. Sé lo que debo sentir y ni, no lo puedo decir amor ya no quiero finjir. Después de unos meses aun estabas dentro de mi pensé que esto era mucho peor de lo que creí; y al fin te encontré y no encontré el espacio en tu corazón y al verte casi se me va la razón tu lo mirabas con emoción. El amor no es algo que queremos sentir es aquello que sentimos sin querer. Quise ignorar lo que sentía y me he dado cuenta de que formas parte de mi vida. Y sin buscarte al encontrarte me enamoré de ti al instante y nunca más podré olvidarte. Anónimo.

Para mis niñas: En un día tan especial como hoy, quiero deciros lo muchísmimo que os quiero y que cada día que pasa me alegro más de haberos conocido, porque sois VERDADERAS AMIGAS! Siempre que os necesito estais ahí, para sacarme una sonrisa, darme un abrazo, un beso, o una simple palabra que me anime. Para mi el significado de la palabra amistad sois vosotras. Gracias por todo y aquí teneis una amiga para toda la vida, que os desea lo mejor de todo corazón. NO CAMBIEIS NUNCA!! Con todo mi cariño para: Angy, Eva, Anita, Eva Casas, Paloma y especialmente para Fátima y Alejandra que son únicas. Besos, Gladis. Para 1º Bachillerato: Lo que sobra en primero es colegueo y uno que otro flirteo como no me he enterado de ningún cotilleo sólo os digo que os quiero. Firmado: La cotilla de Primero Oskm: G, J, C, F, E, P. A.P.S. (Amantes Para Siempre) xD xD 22


TERCEIRO RELATORIO DAS XORNADAS DE SENDIBILIZACIÓN: A DISCAPACIDADE VISUAL. O mércores 20 de febreiro tivo lugar o terceiro relatorio das I XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE A DISCAPACIDADE no

A xente mostrouse

noso colexio. Acudiron como relatores Luís

participativa, planteando

Domínguez García (presidente da ONCE en Ourense)

dúbidas que os relatores

e Inmaculada Mendoza Ríos (educadora da ONCE).

resolveron con soltura e

Como moderador estivo Antonio Nespeira Pérez.

eficacia, levándonos todos unha moi boa

Durante a súa hora e media de duración, os

sensación e unha maior

protagonistas desta charla expuxeron o seu punto de

concienciación e

vista sobre a discapacidade visual, así como tamén

sensibilidade con

compartiron as súas propias experiencias e vivencias

respecto a este tema.

relacionadas co tema. Para un maior entedemento

Son de agradecer

ilustraron os seus pensamentos cun curto que

iniciativas como esta, xa

reflectía os problemas dunha muller cega ao longo

que nos axudan a

dun día lectivo e o importante que é

desenvolver unha maior

a orde na vida destas persoas. Os

empatía de cara ás

que acudimos, tamén puidemos

persoas máis

observar o día a día dos progresos

desfavorecidas do noso

dunha rapaza de características

entorno.

similares que actualmente se encontra estudando no noso colexio.

Andrea Villa Feijoo Sara Mariño Villar

23


GALICIA ¡Galicia! Nai Santa. ¡Como se espella na alma, Como arrecende o recordo, esa rosa sempre florida, que namora coa inexplicable brecha do corazón

Aylén Esquivel

Ti que es como a vida e a morte. Tan forte como a vida e a morte Ó través dos ferrollos das túas portas, vese o vento con voz garimosa. O mar barulleiro nas noitiñas do luar. ¡Galicia! A de historia que abrillanta A tradición nas casa, A dos santos milagreiros, A das meigas e fadas, A das follas no outono, A dos carballos e dozura do mel. Ti amada dos vellos deuses, Alma fuxitiva no mundo. Belida, entre néboas silenciosas con artes de encantamento non moi ben coñecidas. As túas gaitas que inexplicablemente enamoran. Os teus pinos tan queridos Os teus viños doces Os teus campesiños que fan que As túas castañas estean asadas nas ladeiras cada outono.

Angel a

Palom a

2º Prim

2º de Prim.

24


z

Para pedro Timiraos Paz (4ºESO B): Eres nuestro Adonis del colegio, eres... nuestro gallito del corral... Te quieren tus tres gallinitas de 4ºC

Para Samuel 2ºESO: Tienes unos ojos azules, preciosos, como los míos. Me gustaría que alguna vez te fijes en mi. Sólo me llevas unos meses y si a ti te gusta otra persona podemos ser amigos. Porque pareces majo. Pero a mi de todas maneras me gustas más. Chau lindo. Anónimo. besos Para inés Roca de 4º ESO C: Non é o vento nena non, É o meu corazón que ouvea. Escoita, é o meu corazón Quérote miña rula. Es o mellor que me pasou Bikiños linda!! De: chino

Para Antía Álvarez de 3ºESO B: Mi vida, eres lo más bonito que hay en mi vida, tus ojos son 2 luceros que iluminan mi camino, tu olor es el que va dejando rastro en mi corazón, me gustaría acariciar tu pelo liso y sedoso. Tu presencia me hace temblar cada mañana …… Y o, que muy dificilmente me enamoro, contigo es distinto. Te quiero cosita linda. Atentamente: tu niño de los sueños

Para Héctor 1ºA Bach. Querido Héctor: En este día tan importante pensé que no podía dejar pasar a oportunidad de expresar la gran admiración y cariño que siento por ti. Llevo mucho tiempo intentando hablar contigo y expresarte mis sentimientos, pero cada vez que intento acercarme a ti y decirte lo que siento, solo me sale un tímido hola. Espero que un día de estos me vengan el valor y las agallas para hablar contigo seriamente porque me estoy comiendo demasiado la cabeza. Cada vez que te veo cruzar el pasillo siento un cosquilleo en el estómago y no me sale más que un ridículo saludo. Además, tengo un nudo en mi interior porque no sé si lo que siento es simplemente un gran cariño. Firmado: La confusión.

Para Laura Fernández Quiroga Hola mi reina: Quiero que sepas que eres muy linda que tienes una cara que refleja una belleza que eclipsa a las demás chicas. Me gustaría llegar a conocerte y besar esos labios que tantos sueños e ilusiones me han despertado. He esperado este momento, el momento de escribirte, al menos ahora solo deseo conocerte en persona y que un día lleguemos a sentir algo el uno por el otro y que la llama de nuestro amor nunca se apague, porque usted es lo más bonito que han visto mis ojos. Siempre tuyo: tu bandolero.

Para Iván de 4ºESO C: M encanta cuando me ves y cuando nos vemos, me encanta cuendo no estás y aquí seguimos. Me encantan tus susurros diciendo cosas perversas; adoro verte cerca y verte conmigo lejos. Amo el jazz de tu cuerpo, tus movimientos discontinuos, eres el jazz de mis ojos. Tus "tres gracias" de la Claseclase. 25


“Consello Escolar”

PRESIDENTE: FAMILIAS: :

PROFESORES:

01.- J. Álvaro Leis M. 02.03.04.05.-

Juan Murias Javier del Río Mª Elena López González Antonio Ferro Rodríguez

06.07.08.09.-

Adela González Gómez Rosa Blanco López Mª Pilar Fdz. Corbal José Antonio Agudo Fdez.

O consello escolar é un organismo do colexio formado por un grupo de persoas encargadas de representar aos diferentes grupos que forman parte do colexio, como ALUMNOS: 10.- Daniel González Glez. poden ser pais de alumnos, profesores, 11.- Sofía Velasco Martínez alumnos, outros traballadores do centro e PAIS: máis persoas con relación co centro, para 12.- Antonio Quintáns Glez. decidir asuntos referentes a actividades REPRESENTANTES DA TITULARIDADE: escolares nunhas reunións amenas aínda que 13.- Ángela Fdz. Chachero non moi frecuentes. 14.- Lucía Pampín Gómez 15.- Dolores Álvarez Nieves Un esquema dunha reunión calquera, a 16.- Milagros Cougil Gil pesar de que non teño asistido a moitas, creo REPRESENTANTE DO CONCELLO: que sería máis ou menos así: 17.- Silvia García Lorenzo Chegan os representantes ó lugar da reunión, normalmente na biblioteca do colexio, á hora marcada avisada con antelación, no meu caso, mediante unha circular. Cando chegamos todos saudámonos, lemos e repasamos a acta da reunión anterior despois aportamos información sobre os puntos de día, ben, máis ben os adultos mellor informados, aportan datos sobre os temas que máis adiante se van votar. Termido isto acláranse as dúbidas que poidan quedar sobre a reunión, escóitanse propostas e sácanse máis temas de conversación. Por último, confírmase a acta da reunión e asínase para que conste que todos os participantes estamos de acordo e ímonos, supoño que todos a casa, porque estas reunións rematan tarde. SOFÍA VELASCO MARTÍNEZ 26


¡Paula Carballido vén o noso colexio! A nadadora olímpica Paula Carballido veu o martes 15 de Xaneiro ao curso de 2ºESO a explicarnos a importancia dos xogos olímpicos, informounos sobre cales eran os deportes olímpicos, como se celebraba a apertura dos xogos, como se encede a antorcha olímpica e a rotación da antorcha dende o último país no que se celebraron os xogos ata o país no que se van celebrar, sobre o barón Pierre de Coubertin que promoveu a realización dos xogos olímpicos, como foran os xogos de Barcelona 92 e a realización da súa mascota chamada Cobi, e as diferentes mascotas doutros xogos. Tamén nos dixo que fai uns anos, os xogos olímpicos celebrábanse separados entre brancos e negros, xa que consideraban que os negros non eran capaces de realizar os deportes como os brancos, algo totalmente incerto, como demostrara John Woodruff durante os xogos de Berlín en 1936, durante a ditadura de Hitler. Por último, Paula comentounos que a primeira vez que participara nas Olimpíadas fora en Sidney no ano 2000 e que actualmente traballa na consellería de Educación.

Antía 2ºC

27


…… ata sempre Hai 91 anos, a nai Henar naceu en Cuellar (Segovia) no seo dunha familia sinxela e traballadora, Ingresou nunha Congregación sendo moi nova, pasou por varios destinos, Córdoba, Arenas de San Pedro, Ribadavia, Vilagarcía e, finalmente, Ourense, onde estivo máis de 46 anos. Foi testemuña dos duros pasos da Congregación nesta comunidade, primeiro na R/ Habana, onde contaba que ás veces tiveran que facer milagres para dar de comer ás rapazas residentes, pero destacaba sempre que foran moi felices e que a unión e harmonía entre as irmás e as rapazas era intensa,moitas delas seguiron visitándoa e conectado con ela ata a actualidade. Aquí, en Cardenal Quevedo, a súa principal ocupación foron os labores, facía os uniformes e mandilóns para as internas e externas, pero, sobre todo, gustáballe estar con elas. Xa xubilada, seguía cun obradoiro de manualidades durante os recreos e as horas libres. Alí facía de todo, compartía coas nenas os seus problemas, escoitábaas, orientábaas, tiña os seus

momentos para rezar... Poucas familias, que pasasen polo colexio deixaron de ter na casa algunha ratiña, un peluche, un poliño... Moi mermada a súa saúde, imposibilitada para moverse da Comunidade, interesábase sempre por todo, vivía os problemas do colexio e alegrábase coas diversas actividades, que se eran no patio procuraba seguilas dende a azotea e se era no Salón de Actos, era para ela unha festa que a baixasen ao galiñeiro. Algunhas profesoras subíanlle ao grupo de nenos que, sentados no chan da sala, ao seu redor, charlaban con ela sinxelamente e sempre remataba regalándolles uns doces e uns conselliños para a vida. O 10 de xaneiro deixounos para sempre, polo que a súa morte, aínda que esperada, non deixou de sorprendernos. Agradecemos ao Señor, conservárnola tantos anos no colexio onde tivemos a sorte de compartir con ela un tramo de seu traxecto vital, máis ou menos longo e intenso no que recibimos dela o testemuño testigo de Mª Ana Mogas, a súa

28


tenrura, a súa cercanía e a súa sinxeleza.

28


He hecho algo que te va a doler: te he robado el corazón. Tranqui que te transplanto el mío.

Me gusta Carlota 2º ESO B: Te quiero mucho, no puedo para de pensar en ti. Gracias

Hoy vino cupido y me ha regalado el corazón. ¿No te falta algo? Si por cada vez que pensara en ti me dieran un céntimo sería la más rica del mundo Hoy comí un pastel y me acordé de ti porque era igual de dulce Peke Chihuahua

Miriam Atrio Fernández de 5º A te quiero mucho y quiero salir contigo No soy Miguel A.

Para Jose Antonio: Como lo prometido es deuda, aquí tienes tu dedicatoria. Quiero darte las gracias por los consejos que me has dado y por hacerme ver que en la vida vale la pena luchar por lo que se quiere. Decirte que a pesar de lo “pesao” y borde que eres a veces, que te aprecio mucho y que eres UNA GRAN PERSONA ¡! Un beso Firmado: la mediocre :P Je Je UNAS NIÑAS TE QUIEREN MUCHO ¡!!! A Miguel A. De 5º A Primaria

29


MANIFESTOS DO DÍA DA PAZ Que a amizade sexa o máis importante, que a paz e o amor se sobrepoñan á guerra e que esta sexa unha lección obrigatoria.

Os nenos e nena de 2ºB de Primaria, desexamos que reine a paz no mundo e que vivamos todos en amor e Ledicia. Desexamos neste día que o respecto véxase e o amor se sinta -Os alumnos de 1ºA de Bacharelato desexamos que no 2008 o amor inunde os nosos corazóns e a paz aflore en cada un de nós. Que as risas silencien os sons da guerra Que os caramelos iluminen os ollos de todos os nenos de mundo

Que os adultos teñan aínda ilusións por cumprir Desexamos que os nenos utilicen as mans para apertarse Neste día da Paz os nenos e nenas de 1ºB de Primaria queremos aprender a querernos, respectarnos e escoltarnos para que non nós pelexemos e vivamos en paz Desexamos que tanto nenos é nenas como adultos esquezamos para sempre a envexa, o odio, a a violencia, o querer ser máis có outro... E poñamos en práctica o perdón, a comprensión, o diálogo, o respecto... E así, atoparemos a paz en nós e construiremos ese mundo en paz onde todos nos relacionaremos Non quero mandar unha mensaxe de esperanza, espertar a conciencia de cada un. Porque cada un de nós pode calar en vez d lanzar unha palabra hostil, pode pronunciar un “estou aquí” ó seu compañeiro, pode facer sonreír cada día o seu irmán, e pode evitar que alguén sexa explotado nun lugar descoñecido. Porque nós podemos crear un Edén na terra, na nosa terra -Quizais só sexamos nenos con desexos de papel, soños de vento... Somos todos diferentes, mais aláganos por igual un sentimento, un pensamento que nunca vemos realizado, algo que nunca damos conseguido. Por iso desexamos que non nós cegue o color da pel, que os nosos ollos miren o alma.

Renunciamos á violencia, á agresión, ó maltrato, á discriminación por diferenzas económicas ou relixiosas, ó racismo, ó abuso, á explotación, ás fronteiras, ós prexuízos, á escravitude...coa esperanza de que no próximo manifesto isto non sexa xa unha mera utopía ou simples desexos, senón xa unha realidade. Que estes non sexan temas a tratar ou debater, senón feitos dos que todos sexamos partícipes nunha renuncia masiva. Oxalá renunciar ás armas e ás guerras estivese nas nosas mans; lonxe dos gobernos, economías ou fronteiras. Pode que aínda non, pero si nun futuro do cal somos agora presente. 30


Será quizais un futuro no que podamos xa renunciar a todo aquilo que hoxe nos escraviza? Está nas nosas mans. Comezamos a desexar, a pedir, a soñar; comecemos xa a actuar.

30


31


SOLIDARIEDADE Nestas datas a todos se nos enche a boca de palabras bonitas de, e ,sobre este tema, pero realmente vivimos a solidariedade? Estamos a converter estes actos en algo meramente capital, é dicir, limitámonos a dar cinco euros, ou Interésanos o tema?. Desde a miña ignorancia podo dicir que cambiaría moitas cousas, empezando pola publicidade que facemos deste acto, a pouca información que recibimos os alumnos do proxecto polo que se recadan fondos, a maneira de conseguir os cartos… Todas as clases se poñen de acordo en realizar xogos, subastas, cine… para conseguir o tan dexesado diñeiro, pero non nos parece un pouco covarde mandar diñeiro tan lonxe, e non organizar nada dentro da nosa cidade, isto é, en Ourense existen persoas sin teito, existen asociacións de voluntarios, existen mil e unha cousas que se poderían e deberían facer en prol da solidariedade. Proxecto Ladesol 2008, pasará outro ano polo colexio sen pena nin gloria, todos recordarán o maravillo concerto que os seus colegas deron, pero pensades que alguén recordará para onde foi parar a nosa axuda?, pouca xente, e iso é a realidade. Nunca é tarde para cambiar, para cambiar a nosa forma de ver este acto, para concienciarnos de que existen máis formas de ser solidario que xogar un partido de fútbol…. Non é doado organizar cousas novas, pero, que se perde por intentalo?

Ismael Serrano

Ismael Serrano, madrileño, nacido nos afastados anos 70. O seu estilo de música pode recordar ao de Silvio Rodríguez, Serrat, Sabina... As súas letras mesturan á perfección amor, desamor, e tamén unha gran dose de canción reivindicativa. Disco de platino en España en numerosas ocasións, é un dos mellores cantautores tanto a nível de España como de Iberoamérica actualmente. Por sorte, tiven a oportunidade de poder ir velo a un dos seus concertos, en Ourense por fin, xa que nunca estivera aquí. Todo comezou arredor das nove da noite, no auditorio municipal, o pasado oito de febreiro. Chegara o esperado momento, pecháronse as portas e comezou o concerto, coa tenue luz dunha lámpada antiga e co son dunha guitarra acústica fixo temblar a toda a sala. Continuou con cancións do novo disco, as cales resultaron un tanto descoñecidas xa que son moi recentes, para seguir con clásicos como: Papá cuántame otra vez, Caperucita, Dónde estarás, Ya ves, Tierna y dulce historia de amor, Un muerto encierras, No estarás sola, Vértigo, La extraña pareja, … Cada canción previamente introducida por un texto del mesmo ou poesías, coas que non deixou indiferente prácticamente a ninguén. Carmen Bobillo

Simón Santos Rodríquez

32


A “realidade”

dos REALITY SHOW Actualmente este fenómeno televisivo é o último berro na pequena pantalla. Aparecen algúns destacados coma “Supervivientes”, “Gran Hermano”, “Fama”... Onde un grupo de xente convive para conseguir un único obxectivo: gañar un concurso. Pero o “importante” do concurso reside no período da súa competición que é a causante de que as audiencias medre, posto que caen no morbo, é dicir, as relacións que se suceden entre esas convivencias que ás veces chegan a límites extremos citando: discusións brutais, escenas de sexo, ataque verbal continuado, moitas veces perdendo a propia noción do programa e deixándose levar polas paixóns; demostrándonos unha vez máis o vulnerable que é o ser humano. Na miña opinión creo que é unha forma de divertir moi curiosa, aínda que sexa un simple programa de televisión non deixa de ser unha mostra da realidade con todas as súas consecuencias; O que ás veces nos leva a preguntar: é este o tipo de convivencias que queremos ter cos nosos compañeiros? Nalgúns momentos chego a pensar que todo isto, a parte de ter un fin evidentemente económico, marca unhas tendencias que

inflúen indirectamente na nosa vida. Os propios concursantes ó remataren cada programa fan “ promoción de si mesmos”, concedendo entrevistas, aparecendo en revistas e entrando unha vez máis nese “xogo do morbo”, inútil e patético no que non se dan conta de que o xoguete é a súa propia vida incluíndo a súa dignidade facendo que degraden a súa figura como persoa. Por unha parte son clave de éxito a nivel de televisión, posto que conteñen todos os ideais que a xente quere ver, pero por outra banda degrada a nosa sociedade; son o que podemos dicir : programaslixo. O que debe suscitar en nós isto é a pregunta: sendo a televisión un medio de masas, para todas as audiencias, son estes os principios que queremos que sexan modelo para a nosa sociedade e os nosos descendentes? Creo que todos sabemos a resposta o malo é que hai polo medio un “deus” que nos domina, por desgracia, por encima de todo: os cartos. Alia Vázquez Fontán 2º B Bacharelato

33


HIPERACTIVIDADE INFANTIL O pasado 27 de febreiro clausurouse no noso colexio as I Xornadas de Sensibilización. O asunto a tratar nesta última charla foi a Hiperactividade Infantil, tema que congregou a gran número de pais, nais, profesorado, alumnado e estudantes de Maxisterio. Os relatorios estiveron a cargo do Equipo de Psiquiatría Infantil do CHOU onde Consuelo Nogueira Enciso (Xefa da Unidade de Psiquiatría Infantil), Rosa Moure Moure (Psiquiatra infantil) e Rosa Marnotes Fernández (Psicóloga infantil) efectuaron unhas brillantes, amenas e aplaudidas intervencións tendo como moderadora a Mar García Señorán (Prof. Dra. Psicoloxía Evolutiva e da Educación). Logo das charlas xurdiu un coloquio no que asistentes e relatores intercambiaron preguntas e respostas e onde se puido apreciar o gran interese que xerara entre o público o tema exposto. Quedaron moitas preguntas no tinteiro pero o tempo chegou ao seu fin, con todo, desde aquí queremos agradecer a todos os que fixeron posible que estas Xornadas resultasen un éxito e desexamos que volvan realizarse en anos vindeiros. 34


PRIMARIA

EN ESTADO PURO

35


Discapacidade

motórica

O pasado 13 de febreiro no noso colexio tivo lugar a segunda conferencia das I Xornadas de Sensibilización. O tema a tratar foi a discapacidade motórica. A ela asistiu como poñente Recaredo Paz Prieto, o presidente de AIXIÑA en Ourense, que procedeu a explicar as dificultades que teñen as persoas discapacitadas á hora de desenvolverse na súa vida cotiá. Unha das cousas que lles supón unha barreira é, por exemplo, a mala construcción de rampas nas cidades, xa que sempre queda un pequeno borde que lles impide circular con normalidade. Para probar este feito puxeron unhas diapositivas nas que había fotos que confirmaban este tipo de barreiras na cidade de Ourense. Tamén houbo un vídeo, grabado na cidade da Coruña, que de forma humorística reflexaba as dificultades na vida diaria dunha persoa discapacitada. Despois desta exposición visual, as persoas que asistiran como público tiveron a oportunidade de dirixirse ó poñente co fin de formularlle as súas preguntas ou dúbidas, mediante a persoa de Manuel Deaño Deaño, que actuaba como moderador. Recaredo respondeu de forma amable a todas as cuestións que se lle presentaban. Ó rematar a conferencia, os asistentes

36

puideron disfrutar dun pequeno aperitivo


37


A MÚSICA CLÁSICA Falar de música é falar de sentimentos, que cada quen pode percibir de distinto xeito. A maior

manifestación destas emocións prodúcese a través da música clásica; un estilo que, por desgraza, hoxe en día non está moi valorado pola xente nova. Isto pódese comprobar observando a case imperceptible cantidade de rapaces que asisten ós concertos de música clásica e, incluso tamén , no alumnado das escolas de música e na xente que se decide a aprender a tocar

instrumentos menos coñecidos como o clave, o fagot, o órgano... Pero, en realidade, estamos máis familiarizados coa música clásica do que pensamos. Todos recoñecemos as típicas cancións de suspense ou acción das películas, pero, por suposto, sen percatarnos de que a maioría son as obras máis representativas de autores como Beethoven, Mozart, Bach ou Chopin. E xa non por estudar música, senón por cultura xeral, deberiamos esforzarnos, aínda que só sexa un pouco, por aprender a recoñecer obras tan básicas como “La cabalgata de las Walkirias” , “El Cascanueces”, “El Danubio Azul”... sorprenderiámonos de todo o que unha simple melodía é capaz de transmitir. O noso consello é que vos aventuredes no mundo da música clásica e animámosvos a que descubrades algún dos seus múltiples segredos. Laura Bouza Romero Beatriz García Solano 38



Curso Internacional de Inglés

DURACIÓN: FECHAS: ALUMNOS:

3 semanas Julio 2008 ESO y Bach.

CLASES:

Colegio Internacional Profesores nativos 20 clases semanales Material escolar Diploma de asistencia

PLAZAS 30 alumnos

ACTIVIDADES CULTURALES Y OCIO:

Organizadas y gestionadas por monitores de tiempo libre Todas las tardes después de clase: Museos Teatro Deportes Cine  Visitas  Playa Visitas a: Maritime Museum, Cabrillo Monument, San Diego... Cada sábado una excursión:

w Hollywood w Universal Studios RESIDENCIA: w Sea World w Coronado Pensión completa Beachpor familia si se desea Un español Familias cuidadosamente seleccionadas


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.