Nº 026 (2006)

Page 1

Nยบ 26 ABRIL 2.006 Colexio Divina Pastora

Alberto Mvundi en concerto, no noso Colexio ...

ร grato compartir as lambetadas das nosas nais. ---- 4ยบb ----


Neste Colexio parece que ninguén ten reloxo. Sempre teño que dar eu as horas

ÍNDICE 03. Índice 04. Presentación da revista 06. Os sons da tradición 07. Entroido 08. Encontro con… 09. Entroido 10. A miña clase: Novas achegas 11. Pazolandia e actividades recreativas do sábado 12. Atletismo e patinaxe sobre xeo 13. Os Palomanes 14. Marcos, o novo Bruce Lee 16. Día da paz 17. Campionato Nacional de radiocontrol 18. Historia de San Valentín 19. II Festival Ladesol 20. Saída intergrupal 22. Alberto Mvundi 24. Debuxo de carnaval Pois a min tócame 25. Poemas apagar e acender 26. Voz Natura luces 27. Poemas ... non sei por 28. Poesías 30. Proxecto qué nos 31. Entrega dos poñen sempre premios ANPA..O xuntos consumo de drogas 32. Cómic 35. Atletismo 36. Querido Harry… 37. Certame literario 38. Telenovela, O canto do merlo


MUNDOS PERDIDOS… Cremos ter dominado a Terra e ser pouco menos que donos do mundo. Presumimos de explorar o espazo e acceder a outros planetas. Agobiámonos con minuciosas predicións sobre o futuro ecolóxico. E de pronto, en medio de tantas noticias negativas e vulgares, coma un milagre e unha sorpresa, xurdiron imaxes que rompen os nosos códigos e nos resitúan no que somos, pequenos seres en medio dun universo que nos supera. En pleno século XXI un equipo de científicos do RAP (Programa de Conservación Internacional) anunciou o descubrimento “dun mundo perdido” na remota illa de Papúa, Nova Guinea, que acolle a varias ducias de especies descoñecidas, ou que se crían extinguidas: paxaros, bolboretas, ras, e plantas tropicais. Unha explosión de cor iluminou as nosas pupilas cunha mensaxe de esperanza. Porque aínda quedan currunchos por descubrir, onde bole a creación e maila vida. Coma se Deus se asomase de pronto coa súa paleta de pintor e nos invitase a non ter medo e confiar no proceso dunha obra ben feita, que medra soa por enriba do noso control, mellor vestida que Salomón e coidada con mimo por unhas mans ocultas de pai. Igual que ese fráxil e descoñecido mundo, quixeramos descubrir tamén unha nova escola, viva e soñadora de ilusións. Unha escola onde bailasen as letras e compuxesen o son das mellores melodías do corazón unha cantiga chea de vida e agarimo: •

Alegre e animada para contaxiar vitalidade

Bibliotecaria, para acceder aos soportes informativos e imaxinativos de todos os que forman parte dela

Cooperativa nos seus obxectivos, traballos, relacións

Diversa e acolledora de todo tipo de diferencias

Ecolóxica e recicladora, no emocional e no material

Fértil e favorecedora de actitudes positivas e vitais

Humorística, para practicar e desenvolver o enxeño e desdramatizar os problemas

WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

4


Imaxinativa nos seus enfoques, nos camiños propostos

Quilométrica en canto ilusións, ganas, posibilidades, horizontes...

Lectora diaria de historias e contos, de soños e aventuras

Musical, con ritmo e moi coidadosa e sensible coas emocións

Natural e navegadora para calquera nena, para calquera neno

Organizadora de actividades diversas e de interese

Participativa para todos os que forman parte da comunidade educativa

Solidaria con todo e con todos e todas; solidaria cos máis desfavorecidos

Traballadora coma se traballa nun taller, no campo...con sentido común

Universal, que se abra ao mundo e á actualidade

Verde, preocupada polo medio ambiente e os problemas ambientais

Www.es: conectada co mundo e as persoas

Xogueteira e lúdica, festeira, amable...

mergullada no mar de innovación e no océano da sensibilidade

Unha escola así, ¿será un mundo perdido? Fagamos o posible por descubrila, compartila e construíla. Merece a pena. ¡Adiante! LUIS RODRÍGUEZ ÁLVAREZ

WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

5


OS SONS DA TRADICIÓN Dende tempos inmemoriais, os seres humanos conviviron coa música e o baile, xa sexa por un feito de tipo cultural, como un rito a unha divindade, ou mero entretemento. En ocasións, a danza transcendeu o seu simple papel, coma nos caso dos escravos africanos da colonia portuguesa de Brasil. Estes, mentres se adestraban para a loita, empregaban movementos de baile, polo que os seus señores consideraban isto unha simple danza. Posteriormente, estes “inofensivos pasos de baile” darían lugar á mundialmente famosa capoeira ou batuque. Na actualidade podemos distinguir unha gran variedade de estilos: dende o da música popular arraigada a un determinado pobo ata a música de discoteca máis de moda. Sen esquecernos doutro tipo de bailes como os que posúen carácter sensual. Un exemplo é a danza do ventre que segundo certas hipóteses era un baile relixioso prehistórico que se levaba a cabo para conseguir un feliz parto.

que a través dos seus ritmos xoviais e latinos fan que a xente se mova nas pistas de baile. É, quizais, nesta rexión do Caribe onde se concentran a maior variedade de estilos, de procedencia moi miscelánea. A súa orixe dátase nos indíxenas americanos. Conforme crónicas españolas, estes realizaban prácticas musicais, acompañadas de instrumentos de percusión, de tipo étnico. Porén, é, posteriormente, no século XIX, por mor da interacción de escravos africanos e colonizadores europeos cando se asenta a base da música crioula ou sincrética. O auxe destes ritmos prodúcese coa chegada dos medios de comunicación no século XX. É , ademais, nesta época, onde se crean os estilos de música caribeña máis coñecidos: como o cha-cha-chá, o merengue ou o mambo, entre moitos outros. Algúns, como a salsa ou o reggae, foron empregados a modo de protesta social e crítica política da época. Estes feitos demostran a importancia do baile ó longo da historia da humanidade, malia que nós só o vexamos como unha maneira de divertirnos. E somos nós, os que temos que contribuír á súa diversidade e ao seu crecemento, e non hai mellor forma de facelo que co estilo propio de cada un. TANIA LÓPEZ MONTES

Tamén merecen ser destacados os alegres e avivados bailes caribeños

WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

6


WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

7


Isabel Fernández Alvar

José Antonio Agudo

Cal é a túa cor preferida? Vermello Cal é a túa cor preferida? Azul Cal é a túa comida favorita? Cal é a túa comida favorita? A Xamón asado. pizza. Que che gusta facer no teu tempo Que che gusta facer no teu tempo libre? Ler e estar cos amigos. libre? Estar coa familia e os amigos e Que tipo de música che gusta? facer deporte. Toda menos a música heavy. Que tipo de música che gusta? A Defínete en tres palabras. Sensible, pop-rock. responsable, paixonal. Defínete en tres palabras. Familiar, A túa maior virtude. A lealdade tímido, responsable. O teu maior defecto. Son moi A túa maior virtude. Son moi temperamental. paciente Cal é o teu libro preferido? Todos O teu maior defecto. Mordo as os de intriga. unllas. Se tiveras ocasión, que Cal é o teu libro preferido? Ensayo cambiarías? As inxustizas. sobre la ceguera. Algo que nunca perdoarías. Á larga Se tiveras ocasión, que sempre o perdoaría todo. cambiarías? Nada Cal é a túa película favorita? Algo que nunca Cadena de favores. perdoarías.Perdoaría todo. Tes algunha manía confesable? Cal é a túa película favorita? Mirar a bombona de butano antes de Alguien voló sobre el nido del cuco. me deitar. Tes algunha manía confesable? Dous animais que che gusten: Os Mordo as unllas. cans e os cabalos. Café só ou con leite. Descafeinado Dous animais que che gusten: Os Praia ou montaña. cans e os cabalos. Cine ou teatro. Café só ou con leite. Frío ou calor. Praia ou montaña. Que cambiarías da túa vida? Nada. Cine ou teatro. A túa maior debilidade. O chocolate. Frío ou calor. Que deporte practicas máis? Que cambiarías da túa vida? Nada. Ningún. A túa maior debilidade.A miña filla Gústache o teu traballo? Si. Esther. Cal é a túa cita preferida? “A dor é Que deporte practicas máis? O inevitable, pero o sufrimento atletismo. opcional.” Gústache o teu traballo? Si. WWW.CDFRANCISCANAS.COM: Cal é a túa canción preferida? Todo sobre actividades, deporte e Pastoral 8 Cal é a túa cita preferida? “A “Besaré el suelo.” verdade faravos libres.” Cal é o teu cantante ou grupo Cal é a túa canción preferida? Non favorito? Revólver.


WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

9


A MIÑA CLASE: NOVAS ACHEGAS Neste número de Lúa, os alumnos e alumnas de Isabel tamén queremos aportar algo. Quen somos? Pois creo que xa nos coñecedes. Somos Raquel, Adrián Gil, Adrián Gómez, Miguel Ángel, Miguel Castro e Ramón. Esperamos que vos gusten o que fixemos para vós.

Busca dez palabras relacionadas co noso colexio no seguinte encadeado. G T N C B Z L Y L O S E D A L

H F J J M J C O B T G A H I W

S X T O G X B R U K I X W V L

A E G C S X K L Y R K P A Z T

N H R Y Y E B S E G D B T F R

A Y L I P V A K J B U E F G M

WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

C Z E U H S U N L Y A G S L A

S P O I O X A G T Y C S H P R

I F Y R P D W O T O U M I I I

C Q L R M O E N Ñ I N Y Ñ T A

N W X I I Ñ I Z W K A I Z M A

A F E G H Z O A N A M O O H N

R X R I G F U L O G O H Q G A

F E D E M A N O L I R I P E X

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

S Z I Q T P P A L L E R T S E

10


Pazolandia O 28 de Decembro 150 nenos de primaria, foron pasar un día inolvidable e divertidísmo en

Pazolandia.

WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Actividades recreativas

Está demostrado que o sábado é o día de lecer dos nenos11 Todo sobre actividades, deporte e Pastoral


Patinaxe sobre xeo CAMPO A TRAVÉS FINAL COMARCAL. MONTERREY, 21/01/06 CAMPIÓNS COMARCALES: 1.Miguel Pimentel Pérez (Benjamín) 2.Laura Pimentel Pérez (Infantil)

SUBCAMPIONA COMARCAL 1. Laura María Sánchez Riol

TROFEOS POR EQUIPOS: 1. Campión comarcal infantil femenino 2. Terceros infantil femenino 3. Terceros infantil masculino 4. Terceros alevín femenin

Despois de agardar ansiosos, a noticia desexada chegou aos nosos oídos. ¡Iamos patiñar sobre xeo! Cando chegou o momento que estiveramos esperando, por fin puxémonos rumbo á alameda. Alí, na pista de xeo, ata á profesora que veu connosco, parecíalle que eramos alumnos avantaxados, pois moviamonos bastante ben sobre a pista xeada. Mais aínda así, algúns rapaces, caían das máis estrañas maneiras e outros rían ata chorar, por vergoña ou pola caída dun compañeiro. Outros optaban por axudar aos amigos a aprender a moverse pola pista ou a perder o medo. Pasámolo moi ben, pois o bo se breve, dúas veces bo. Pero tamén todo o bo remata, e tiñamos que volver ás clases, sen poder ver ós nosos amigos doutros grupos e as súas estrañas caídas. Esperamos poder repeti-la experiencia o ano que ven, pois este día, recordarémolo durante moito tempo. Loreto González Fernández

WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

12


Alfonso tamén tivo a oportunidade de participar nun campeonato do mundo que se disputou en Marrakech, esta sería a súa primeira cita internacional. O atleta ourensano encontrabase no seu mellor momento do ano pasado así que, ante o cambio de clima e outros diversos factores quedou no posto numero once. Tamén temos que destacar a súa irmá Carolina Palomanes que participou nos campeonatos galegos obtendo o título cunha marca de 10.53 metros na proba de triple salto igual ca seu irmán, e quedándose a sete centímetros da mínima para poder ir os de España, esperemos que a consiga para os campeonatos de España de aire libre.

Alfonso Palomanes Martínez é un dos xovenes cun futuro prometedor. Tras proclamarse campeón absoluto da categoría xuvenil cunha marca de 14,60 metros fancendo récord galego acudía o campeonato de España que se celebraba en San Sebastián. Neste campeonato mellorou marca facendo 14.8, esta marca iballe a otorgar, a parte dun novo récord galego, o título de campeón de España. Non cabe dúbida de que foi unha gran alegría para el, xa que non lle arrebatou ninguén título que leva abarcando desde a categoría infantil. Alfonso xa tomou parte o ano pasado nos campeonatos de España, onde quedou primeiro en pista cuberta e terceiro en aire libre xa que o primer posto foi para un deportista dun ano máis grande ca él.A este xoven deportista concederonselle varios premios entre eles o “PREMIO +DEPORTES” como mellor deportista base. Según o entrenador de Alfonso, este ten moitas virtudes entre elas destaca a sua capacidade de traballo e esforzo e o seu potencial.

Recordo que o triple salto e unha proba na que se necesita moita ténica, e Alfonso xa a vai dominando mentras que súa irmá ainda lle falta bastante. WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

13


MARCOS GONZÁLEZ NÓVOA Por que elixiches o Taekwondo? Porque sempre me gustou. Foi meu tío quen me afeccionou a este deporte, el practicábao cando eu era pequeno. Canto tempo levas competindo? Un ano, pero xa levaba oito adestrando. Cantas horas lle dedicas? Dedícolle unha ou dúas horas ao día, excepto os domingos, que é o meu día de descanso se non teño ningún torneo. Dás levado ben os estudos a pesar de dedicarlle tanto tempo ao taekwondo? Si, se se organizan ben as cousas hai tempo para todo. Que sentes ao saber que representarás a Galicia no campionato de España en Córdoba? Para mi é un grande orgullo representar a unha comunidade con tan bos taekwondistas coma Galicia. Cales son os teus obxectivos para este campionato? Facelo o mellor que poida e gañar experiencia para outros campionatos. En que pensas antes de cada combate? En nada en especial, intento manter a concentración e escoito as ordes que me dá o meu adestrador. Ademais do Taekwondo, cales son as túas afeccións? Gústame ir ao cine cos amigos e tamén me gustan outros deportes coma o tenis. E por último, cal é o teu gran soño? Ser campión de España.

WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

14


DATOS PERSOAIS: Nome: Apelidos: Data de nacemento: Horario de entrenamento: Centro de entrenamento: Categoría: Palmarés:

Marcos González Nóvoa 21/2/1990 20h-22h de luns a venres, 11h-13h sábados Centro deportivo O Couto Junior-Cadete Pesado - Ouro no Campionato Galego Cadete 2005 - Prata no Campionato Promesas Junior 2005 - Bronce na Olimpiada Escolar Junior 2005 - Bronce no Campionato de España Junior 2006

O pasado 25 de febreiro, nunha localidade de Córdoba chamada Lucena, daba comezo o Campionato de España Junior 2006 no que participaban equipos de tódalas distintas comunidades que forman o noso país. Ao día seguinte pola mañá, arredor das 9:30 comezaba un combate de categoría Junior espectacular: Selección de Madrid contra a Selección de Galicia. A simple vista podería parecer un combate calquera, pero non, non o era. O representante da nosa comunidade era Marcos González Nóvoa, compañeiro noso neste colexio. O combate semellaba complicado pero Marcos soubo superalo sen apenas dificultades. Resultado final: Galicia 5 – Madrid 0. Tempo para descansar, o vixente campión de Galicia retomaba os folgos para poder afrontarse ao seguinte adversario. Hora de regresar ao tatami, esta vez contra a Selección de Euskadi. Simple trámite, porque esta vez venceu por K.O, 7-0. De novo un pequeno descanso, e Marcos xa estaba listo para afrontarse ao seguinte. Isto pintaba moi ben e Marcos seguía sumando vitorias para engrosar o seu palmarés. Esta vez tocoulle coa Selección Canaria, un rival moi difícil xa que era o portador do título de Campión de España 2005. Marcos sacou valor e loitou pero esta vez non puido ser, e o canario freou as súas posibilidades de gañar o Campionato. Mais, non todo foi en balde, Marcos conseguira o seu principal obxectivo: conseguir unha medalla. E quedou coa medalla de bronce, é dicir, era o terceiro mellor taekwondista de toda España, unha fazaña moi difícil de lograr pero el conseguiuno. Só nos queda felicitar ao noso compañeiro e amigo e desexarlle toda a sorte nos próximos campionatos que ten marcados na súa axenda: Revalidar o título no Campionato Cadete de Galicia 2006 e se gaña este último, Campionato Cadete de España 2006. Roberto Carragal Fernández David Outumuro Rodríguez

WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

15


O pasado día 30 de xaneiro, celebrouse no noso o colexio o Día da Paz. Este día celébrase anualmente en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi, un líder nacionalista indio que levou ao seu país a lograr a independencia mediante unha revolución pacífica. Neste día faise un chamado a todos os países que se atopan en guerra e que necesitan a nosa axuda para saír adiante, que morre xente cada día, por inanición ou por algunha enfermidade, e que loitan por conseguir un mundo mellor.

WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

16


O radiocontrol en Ourense é xa un deporte que conta con numerosos afeccionados. O circuíto do parque tecnolóxico convértese tódolas fins de semana nun verdadeiro circuíto de fórmula 1. O padock énchese de mecánicos e repostos e os pilotos prepáranse para iniciar as dúas roldas avaliadoras das cales saen os catro mellores pilotos que pasan directamente á final, os demais terán que disputar unha semifinal que dura vinte minutos e da cal sairán seis clasificados. Todos eles disputarán a final que dura trinta minutos sen parar, nos cales os mecánicas se encargan de encher os coches cada cinco minutos, que é o que dura o depósito de gasolina. Existen varias categorías: 1/10 touring gas, 1/10 ancho, eléctricos, 1/8 e 1/5 gran escala. No noso circuíto dispútanse as seguintes competicións: competición provincial, copa deputación, competición galega.

Este ano temos a honra de poder organizar neste circuíto unha carreira de campionato de España da categoría de 1/5 gran escala, os días 16-17-18 de xuño onde contaremos coa presencia dos mellores pilotos de toda España, precisamente o subcampión de España desta categoría é o ourensán chamado Jose Cándido Janeiro. O piloto máis novo da comunidade galega e con probabilidade de toda España é un alumno de quinto de primaria deste centro: Fernando Janeiro Vázquez que con só nove anos quedou como terceiro clasificado do campionato provincial e primeiro da Copa Deputación na temporada pasada na categoría de 1/10 touring gas. Esta temporada disputará algunha proba do campionato de España xunto coas mencionadas anteriormente. É un deporte no que participa toda a miña familia, posto que o meu pai é mecánico e a miña nai a que organiza e cronometra as probas. Se vos interesa saber algo máis sobre este deporte podedes asistir ás carreiras que se disputan no circuíto do parque tecnolóxico cada dúas fins de semana máis ou menos, os domingos polas mañás o horario é de 10 horas ata 14:30 aproximadamente. Se a algún vos interesa o calendario de todos estes campionatos, podedes pedirllo a Fernando Janeiro 5ºA.

WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

17


Quizais pensedes que o día de San Valentín se celebra desde hai pouco tempo e que xurdiu por interese dos grandes centros comerciais, e aínda que hai dicir que estes últimos influíron bastante no tema, a realidade é que este día se remonta á época do Imperio Romano. Velaí vai a historia: Existe a palabra latina valere que significa ser ¨forte¨ e dela xorden palabras como: Valente,valor,válido ,valioso… Os romanos tiñan o costume de poñerlle ós seus fillos nomes relacionados co tipo de carácter ou de virtude que esperaban que tiveran . Un emperador romano chamado Valente, o cal gobernou durante a Época Romana. Loitou contra os godos na batalla de Adrianápole 9 de agosto do 378 d.C. e a súas lexións sufriron unha derrota esmagadora. El mesmo, ferido, foi queimado vivo na cabana onde o resgardaran, aínda que se supón que xa se quitara a vida antes. Nesa época eran constantes as persecucións dos cristiáns e a Igrexa sempre lembrou ós seus mártires e a miúdo recompensounos co título de Santo, e os días en que eran executados declarábamos sagrados na súa memoria. Dous de estes mártires chamábanse

Na antigüidade, a mortaldade infantil era bastante elevada de maneira que era moi importante ter moitos fillos. Polo tanto, as persoas que por calquera razón tiñan poucos fillos ou ningún considerábanse a si mesmas como malditas ou baixo algunha maldición e sometíanse a ritos relixiosos ou místicos para asegurarse a fertilidade. Os romanos tiñan un lugar sagrado onde (segundo a lenda) a loba aleitara a Rómulo e Remo, o primeiro dos cales fundou Roma. A ese lugar chamábaselle o Lupercal, da palabra latina lupus, que significa “lobo”. Neste lugar, todos os 15 de febreiro tiña lugar unha celebración chamada Lupercalia, durante a cal se sacrificaban animais (eran moi típicos os sacrificios, de calquera cousa).Preparábanse correas con tiras ensanguentadas da pel do animal e os sacerdotes corrían entre a multitude golpeándoa coas correas. Críase que os que recibían golpes se curaban da esterilidade. Naturalmente, a xente que quería fillos concorría en masa á celebración e logo ían correndo á casa…, pois era un bo momento para que as mulleres quedaran embarazadas. En consecuencia, as festividades lupercalianas estaban asociadas co amor e o sexo. No ano 494, o Papa Gelasio prohibiu esta celebración pagá, pero as prohibicións nunca saen como un quere, e o festival continuou baixo outro nome. Así que o festival lupercaliano do 15 de febreiro pasou ao 14 de febreiro, día de San Valentín (seguramente porque este era un santo moi popular). Máis tarde creáronse lendas para explicar que San Valentín era o protector dos namorados, unha maneira de esconder o rito antigo da fertilidade.

Valentinus e o día que se conmemoraba a súa memoria era o 14 de febreiro que se recorda, polo tanto, como o día de San Valentín.

E chegou ata os nosos días… aínda que agora non nos dedicamos a que nos azouten con tiras de animais ensanguentadas, estamos na época do consumismo e é moito máis rendible para as grandes empresas que gastemos os cartos en felicitacións, pulseiras, aneis ou calquera outro obxecto.

¿E que teñen que ver estes mártires cos namorados? Esperade, esperade… nos vos adiantedes.

WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

18


O pasado 30 de marzo celebrouse no colexio o II Festival Ladesol, co obxectivo de recadar diñeiro para o proxecto que fai o noso colexio coma cada ano. Este ano os cartos irán destinados a Oxapampa, un pequeno pobo de Perú, para crear un comedor e para facer un saneamento da auga.

No festival deste ano houbo 15 actuacións, algunhas feitas por alumnos do colexio, e outras por grupos doutros centros ou organizacións.

As actuacións que máis éxito tiveron foron as imitacións das profesoras feitas polo grupo Elena e os sete, as interpretacións do grupo de rock Sin Motivo e as actuacións dos alumnos do colexio.

WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

19


O día 28 de xaneiro, un grupo de rapaces e rapazas de Anamo, fixemos unha excursión a Manzaneda coa finalidade de pasar todos xuntos ese día gozando da neve. Era unha viaxe moi esperada pero pronto nos demos conta que non era como outra calquera. Saímos do colexio en dous autobuses rumbo ao noso destino e despois dun par de horiñas chegamos. Alí todo lucía branco e pasámolo xenial facendo bonecos de neve, tirándonos bolas uns aos outros e comendo todos xuntos, pero, debido ao mal tempo os monitores e profesores decidiron marchar antes do previsto por medo a que quedásemos atrapados no porto de montaña onde non deixaba de nevar. É entón cando empezou unha longa aventura de regreso ás nosas casas, xa que saíndo de Manzaneda atopamos no camiño uns axentes de policía que debido a un accidente que ocorrera anteriormente fixo que un dos nosos autobuses, o que ía por diante se achegara á beiravía coa finalidade de que puidesen pasar os coches xa que a estrada era moi estreita e os autobuses non podían WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

pasar. Pero para susto de algúns o condutor achegouse tanto á beiravía que caeu nela e foi entón como nos vimos atrapados no medio da neve. Todos tivemos que baixar dos autobuses e despois dun anaco na intemperie fomos camiñando ata a aldea máis achegada onde nos refuxiamos nun bar. Alí pasamos varias horas, cantando, xogando, bebendo algo quente e tranquilizando aos nosos pais falando con eles polos móbiles cando tiñamos cobertura. Despois de moito tempo sen saber se nos teriamos que quedar nun polideportivo, cousa que nos gustaba a moitos, un guindastre puido sacar o autobús da beiravía e todos puidemos subir nel e marchar rumbo a Ourense onde os nosos pais estaban a esperarnos impacientes. Foi un día moi raro pois esperabamos ver neve pero o que non sabiamos é que sen ter que saír da casa poderiamos vela na nosa cidade xa que despois de moitos anos ese día tamén nevou en Ourense. Aínda así moitos de nós repetiriamos esa experiencia sabendo que o final foi un final feliz. Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

20


WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

21


1. ¿Que recordos tes do teu país? Eu teño moitos recordos sobre todo da infancia, cando eu tiña cerca de oito anos ía cos meus amigos xogar ao fútbol, cazar paxariños, coller cogomelos para levar á casa para a comida... a infancia é a mellor etapa da vida, mentres que es neno non coñeces a maldade do mundo, os teus pais protéxente, es inocente...por iso nunca vou esquecer. 2. ¿Foi difícil para ti saír do teu pais para vir a Portugal? Foi moi difícil porque en Angola en 1975, entrou a guerra civil que arrasou con todo, deixaban as aldeas destruídas, mataban xente, escaseaba a comida, os nenos non ían á escola, a vida era moi difícil...e tódolos mozos ós 16 anos tiñan que ir facer a mili, eu daquela tiña 5 anos, e ao cumprir os 16 fun facer o recoñecemento médico, e dixéronme que nun ano tiña que comezar o servizo militar. Pero un día tiven un accidente coa moto do meu tío e estiven moito tempo nun hospital, e ese accidente foi un mal que veu por ben... porque librei da mili e déronme unha tarxeta coa que podía saír do país. Así que aforrei para comprar o billete de avión, facer o pasaporte... e aos dous anos, tiña eu 18 saín só de Angola para Portugal. WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

3. ¿Como foi a túa vida en Portugal? Pois eu cando cheguei no 1990 alí tiven que

comezar de cero, non tiña casa, tiven que buscar traballo, púxenme a traballar nunha fábrica de galletas. Ao principio todo iso de adaptarse custoume moito, ao fin e ao cabo Portugal era moi distinto de Angola.

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

22


b4. ¿Que foi o que fixo que te dedicaras á música? ¿Que che inspirou? Ben, a mi desde neno gustábame moito a música pero en Angola non podías dedicarte á música, non había xente que te movese, e non podes facer nada, mais cando cheguei aquí vin que había oportunidades, así que fun aforrando, comprei unha guitarra e fun aprendendo acordes e cancións dos Beatles, para tocar cos amigos. Co tempo fun mellorando e comecei a tocar en bares e gañando algún diñeiro así que quedei facendo música, e cando cheguei a Galicia foi cando formei o grupo, cos que me acompañan. 5. ¿Como foron as túas primeiras experiencias sobre o escenario? Foron moi boas experiencias. Eu empecei a tocar en escenarios cando cheguei a Galicia. A primeira vez que subín a un escenario foi no Baixo Miño nunha festa chamada “Fiastra”; eu daquela tocaba en solitario, e acompañábame un solista de Senegal.. 6. ¿Como coñeciches os teus compañeiros? Ben, eu coñecía a un batería de Cuba que coñecía moita xente no mundo da música, presentoume os compañeiros e xurdiu o proxecto de formar un grupo. E agora reunímonos dúas veces por semana para ensaiar en Bueu. 7. ¿En que cidades actuastes? Actuamos en Portugal, e aquí en España, estivemos en Madrid, Barcelona, País Vasco, Cádiz, Asturias, León e en moitas aldeas de Galicia.

WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

8. ¿E actuaches algunha vez en escolas? Si, eu traballei moito tempo con Salesianos, e ademais os rapaces sodes o mellor público, participades moito á hora de cantar 9. Á parte da música, ¿que cousas che gustan facer no teu tempo de lecer? Gústame moito traballar no campo, na terra, entón vou á finca da miña sogra, vou en bicicleta, gústame tamén andar en bicicleta, e alí paso o día plantando e traballando na terra. 10. ¿E segues tendo contacto cos teus familiares e amigos de Angola? Pois antes eu escribía con frecuencia aos

meus pais porque vivían na capital, pero cando chegou a guerra, meus pais marcharon e agora viven a 100 km da capital, e alí non hai medios, non hai teléfono, non chega o correo, e é imposible contactar con ninguén, e tampouco poden vir a España, primeiro por motivos económicos e segundo porque aquí o dos papeis está moi difícil. 11. E para rematar, gustaríanos saber ¿Que é o que máis che gusta ao subir a un escenario? Que o público participe, eu ensínolles a letra da canción e que eles me acompañen.

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

23


WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

24


XXXVII Xogos Florais Curso 2005 - 2006

POEMAS SELECCIONADOS 1º ESO B autor: CORA SABURIDO REPRESA ¿POR QUÉ? Palabras sen razón que se dicen sen motivo. Ideales mal formados que caen ó vacío. Loitas que ocorren e non teñen sentido. Follas que caen da árbore dos recordos á terra dos olvidos. Frases que se escriben nun momento preciso. Situacións que aparecen pola forza dun capricho. Mentres que divagando chega ata o infinito. Crenzas relixiosas que nacen a raíz dun mito. Unha mente que navega entre a realidade e a incoherencia. Outra mente que oscila entre a cordura e a demencia. Unha estrela que pola noite da luz a un viaxeiro que busca con ternura un amigo sinceiro. Unha situación absurda que nos fai ser felices. Uns lazos non desexados que nos impiden ser libres.

WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

1º BACH. A autor: ANA CARNICERO IGLESIAS CUÉNTAME UN CUENTO Cuéntame un cuento, de esos bonitos cuéntame un cuento para poder dormir una historia bella, de amores hermosos una bella historia de un amor sin fin. Un amor grande y noble, que no tenga medida un amor inmenso que no se pueda describir. Un amor de esos de los de antes. Como el de Romeo y Julieta, pero con un bello fin. Donde él la quiere sin condiciones ni medidas, donde ella lo ama porque es su vivir, donde solo se respira amor por donde vayas, donde nada importe, aparte de su existir... Hoy que soy más grande me cuentan cuentos, Hoy que soy más grande no me dejan dormir Los cuentos de hadas desaparecieron, Los cuentos hermosos llegaron a su fin... Hoy me cuentan cuentos de desilusiones, Hoy me cuentan historias para no dormir, Hoy me cuentan cosas que de niña no sabia Ni pensaba que en este mundo pudiesen existir... Cuéntame un cuento de esos bonitos, cuéntame un cuento que necesito dormir, cuéntame una historia de esas de entonces cuando dos se aman y te sientes feliz. A mí se me olvidaron esos cuentos bellos, a mí se me olvidaron esas historias de amor, se me olvidó también que el amor existe, El hada de mis sueños desapareció... Hoy necesito un cuento o una historia de amor, Necesito saber que existo, necesito saber que el amor no se extinguió...

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

25


S O B R A N A S V E R B A S

VOZ NATURA ECO-VIXIANTES

WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

26


XXXVII Xogos Florais Curso 2005 - 2006

POEMAS SELECCIONADOS 4º ESO B autor: ANDREA VILLA FEIJÓO SEN MÁIS

Todo continúa… E parece ser que ninguén se preocupa, que a ninguén lle importa… Pero mentres a vida segue adiante eu atópome aquí, soa, entre as sombras, neste lugar do mundo ó que sempre podo acudir a respirar paz, a apreciar o valor do silencio, a gozar dunha noite estrelecida coma esta, a encontrarme a min mesma. Si, a min mesma. Ás veces dubido e non sei quen son, Quizais unha tola máis no mundo, quizais a miña peor inimiga; crítica, dura e inflexible. Sen ganas de volver a tecer cun fío de esperanza o que a amarga agulla da desconfianza xa coseu. Coma aquel paxaro de ás rotas, cansadas, que xa non ten ganas de volver a voar, nin esperanza, nin soños, nin forzas… Ó igual que aquel triste meniño que soamente agarda por un doce e cálido sorriso que por fin o poida consolar. Meniños, inocentes meniños, ¿por que o tempo segue adiante e xura non pasar en van? Constantemente vixiando, expectante…

WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Xura marcarnos para sempre e xamais o podemos enganar. Ó fin e ó cabo forma parte da nosa existencia. Esa que nós enchemos, esa que nós creamos, esa que nós tecemos. Destapo sen temor o baúl dos meus recordos. Miro, observo, remexo dentro e alí atopo tódolos sucesos da miña vida: bos, malos momentos, alegrías, tristezas… En fin, o paso o tempo. Agora todo continúa de novo... E segue parecendo que ninguén se preocupa, que a ninguén lle importa… Pero mentres a vida segue eu atópome aquí, soa, entre as sombras, neste lugar do mundo ó que sempre podo acudir a respirar paz, a apreciar o valor do silencio, a gozar dunha cálida noite estrelecida coma esta, a encontrarme a min mesma. Si, a min mesma. Ás veces unha tola máis no mundo, ás veces a miña peor inimiga. Esperando que aínda teña xente ó meu lado, dubidando e sen saber se a hai. Temendo o paso do tempo, insegura, Así son eu, sen máis.

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

27


Ten unha bonita cara e unha suave pel é a rapaza máis boa que no mundo poda haber. Ela chámase Verónica e prácticas vexo facer coa súa compañía énchome de pracer. É fermosa coma as rosas é doce como o mel todos a queremos é a mellor nena que podemos ter.

As rosas son vermellas, o ceo é azul, branca a margarida, alegre floriña, ¡Coidado non a pises! Porque non florecerá. ¡Pobre, pobriña! A margarida de cristal, vive, vive, vive e xa florecerás.

Elena Bangueses Fernández 4ºA Primaria

Alejandro S.P

4ºB Primaria

Nun estanque vivía un pato pero non era feliz no lugar que habitaba. - Sendo eu tan listo... Como vou vivir sempre neste estanque tan pequeno! Quero vivir, ver mundo e viaxar. Decididamente marcho de aventuras. Empezou a camiñar por un camiño moi estreito e de seguida se encontrou cun can que a todo correr pasaba polo seu lado e díxolle: - Eh amiguiño, voume contigo! Pero el balanceándose detrás do can, íase quedando atrás. Seguiu camiñando e atopouse cun coello, que a todo correr pasaba polo seu carón. - Onde vas? ¡Espera, quero ir contigo! Pero o coello deixábao atrás. Triste, coa cabeza agachada, subíase á cima dunha rocha e as bágoas asomaron ao seu rostro. - Aquí estou ben! Este sitio é meu! Pero de pronto, veu unha aguia máis negra cá noite, coas garras afiadas e dille: - Este sitio é meu, Botarate! – e acordouse de repente que sabía voar e chiscando as súas ás torpemente botouse a voar e foi parar o río, porque se acordou que sabía nadar e deixou a aguia cun palmo de narices. Pero estando nun río viu que se arrimaban uns dentes longos como unha noite sen pan, e acordouse que sabía correr e arrimouse á beira. - A correr, gáname un can, a voar, unha aguia, e a nadar un peixe! Decididamente as aventuras non son para min. Regreso ao estanque que me viu nacer xunto cos meus pais. E marchou de volta. - Patiño, patiño, o noso patiño! - E enchéronse de bicos. Christopher 4º A

WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

28


Elas son Pilar, María Nair, Mari, Mª del Carmen, María, Loli e Rosa. Co seu traballo e WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

a súa presencia faneque Todo sobre actividades, deporte Pastoralo noso colexio sexa máis agradable e acoxedor

29


PROXECTO LADESOL A solidariedade lémbranos que é cousa de tod@s, que, neste mundo, tod@s somos responsables. Polo tanto, neste senso, a solidariedade supón a toma de conciencia e a aceptación dunha corresponsabilidade na problemática da pobreza mundial. A fame, a miseria, a falta de recursos, (hixiene, medicamentos, educación....), son graves problemas que afectan a demasiadas persoas. Non podemos nin debemos mirar para outro lado. De tal xeito este curso loitamos por un proxecto ambicioso que vai destinado a dar de comer a 200 persoas durante 5 meses no comedor María Ana Mogas en Oxapampa (Perú). Moitas foron as accións encamiñadas a facer realidade o soño: bar, punto solidario, concerto do angolano Mvundi, diversas actividades plantexadas dende a as titorías, o II Festival Ladesol... Pero o máis grande de todo foi o agarimo co que a comunidade educativa (alumn@s, familias, institución e profesionais do colexio) pelexou por acadar o obxectivo. Vai por vós, irmáns do terceiro mundo. GRAZAS A TOD@S POLA VOSA COOPERACIÓN

Encontro da familia

GESTO WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

30


O CONSUMO DE DROGAS

Entrega de premios das postais do Nadal da Federación Ourensana de ANPAS

Nesta era, na que reina o individualismo, o exitismo e a fama; onde os rapaces son presas do consumo: xa sexa porque o ´deben´ practicar ou porque lles é imposible facelo; onde as drogas son o código dos mozos para relacionarse; é fundamental que todos comecen a pensar máis profundamente, e cuestionar as crenzas e valores, a fomentar o libre pensamento no debate público.Todos temos dereito a una opinión e debemos pola en práctica. Debemos seguir traballando para solucionar os problemas máis urxentes. Trátase dunha proposta útil para que no futuro as persoas poidan xenerar un cambio. Todos sabemos de lugares onde se trapichea con droga, e ás veces vémolo a plena luz do día, como en céntricos lugares da cidade se entregan pequenos obxectos. E parécenos estraño que os denominados “corpos de seguridade do estado” non controlen estas actividades cando tan extensibles son. Todas as persoas que consomen droga nos saben en que problema se están metendo; estas persoas nun futuro terán problemas coa policía e co seu propio corpo. Se os pais educaran os nenos desde que son pequenos isto sería mellor. En fin, o fundamental nesta vida e que os nenos pasen o tempo facendo deporte, relacionándose co sexo oposto, lendo libros... Miguel Nogueira Pato 4º B ESO

WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

31


WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

32


WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

33


WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

34


Campo a través A actividade de Campo a Través acabou cun rotundo éxito por parte dos nosos equipos. No Campionato Provincial oito atletas acabaron entre os cinco primeiros postos e o equipo infantil feminino clasificouse segundo. No Monte do Gozo, en Santiago, tivo lugar o 18 de febreiro o Campionato Galego con brillantes resultados:  Laura Mª Sánchez Riol (14)  Laura Pimentel (14)  Loreto González (15) e un 6º posto final para o equipo infantil feminino (Mary Lin, María, Cora y Ana María)

¡o noso é máxico!

WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

¡Ti sí que eres a miña lámpara máxica!

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

35


WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

36


O día 22 de marzo deste ano os nenos deste colexio, xunto cos de San Pío X e Guillerme Brown, tivemos a oportunidade de navegar polo mundo da lectura cun bo escritor: Ricardo Gómez. Cando este chegou recibímolo cun forte aplauso, uns debuxos e unha cálida benvida. Despois de que se presentara mergullámonos nun mar de preguntas sobre o seu libro e el guiounos polo sendeiro adecuado. Sobre todo invitounos a entrar no marabilloso mundo dos libros e ensinounos a que cun pouco de imaxinación, podemos facer unha bonita historia. Ricardo Gómez gañou varios premios, o máis recente: “Barco de vapor” por escribir o libro titulado “Ojo de nube”, que seguro que tamén nos chega ao corazón. Ao finalizar Ricardo ofreceuse gustosamente a firmar nosos libros e a facerse unhas fotos connosco. Ana Ortiz 6º B

WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

37


Érase unha vez dúas fermosas irmás que vivían do campo, e case non coñecían a cidade; chamábanse Celia e Rosalía. Un día cando a máis pequena decidiu ir ao centro en busca dun traballo, atopouse co seu antigo mozo. -Ola Celia!-dixo el todo ledo de volver a vela. -Ola!-respondeu ela cun ton un tanto eslamiado. -Que te trae por este lugar?-volveu preguntar Fernando. Celia sen moito ánimo respondeu: -Veño buscar un traballo co que poder alimentar a miña familia… Despois duns segundos en silencio dixo o rapaz intentando alagala: -Ah! Sabes? O campo séntache moi ben, cada día estás máis fermosa! -Non me veñas con lerias que teño moitas cousas que facer! Síntoo, xa nos veremos outro día, deica logo -despediuse ela toda apurada. Fuxiu a présa, con medo de volver caer rendida aos seus pés. Volveu á casa e contoullo todo a súa irmá. Esta deulle un consello: -Mira Celia, eu non sei que pensar dese mozo. Paréceme un pouco mentireiro e lacazán! Nunca fai nada, só se preocupa de cativar ás mozas. Ten coidado que hai moito tolo solto polo mundo!-Terei en conta o teu consello, prométocho irmanciña. Así deixaron a conversa e o tempo pasou. Pasaron varios días e nestes, Celia recibira moitas postais e agasallos do seu “ex”. Fernando pedíalle que volveran xuntos.

WWW.CDFRANCISCANAS.COM:

Ela aceptou e meses máis tarde, cando Rosalía se achegou á cidade porque tiña que facer unhas compras, atopou o mozo da súa irmá cunha das mellores amigas de Celia. Non puido resistirse e díxolle: -Pero ti, descarado! Non sabes que estás saíndo coa miña irmá! Xa dicía eu que non tiñas boa pinta. E ti Amanda, que fas enganando a unha das túas mellores amigas? Cando se decate Celia… -Non llo contes, non o fagas! Prométoche que non se repetirá.- suplicaba ela toda apresurada. Fernando non sabía que facer e o único que puido dicir foi: -Muller que só eran uns bicos, non hai que interpretalo mal! Rosalía marchou moi enfadada pero non lle confesou a infidelidade a ninguén. Ao cabo duns días, Rosalía deuse conta de que Celia andaba desgustada e despois de moito insistir contoulle o problema. -Verás, o outro día, ao saír de clase, atopei a Fernando con Amanda, non o podía crer pero era verdade… Vinos xa tres veces no que vai de semana.-confesou Celia entre saloucos. -Non cho quería contar pero eu xa os vin na cidade xuntos…o mellor é que fales cos dous e, así, aclararedes todo.-Vale, mañá no recreo falarei con eles. Ao día seguinte, Celia dirixiuse, toda convencida, xunto a Fernando e Amanda e explicoulles o que pasaba. Eles intentáronse desculpar pero Celia non o podía crer xa que falaba

Todo sobre actividades, deporte e Pastoral

38


da súa mellor amiga e do seu mozo. Remataron a berros pero, ao final, o rapaz arrepentiuse e dixo: -Celia, eu síntoo moito. Non quería facerche dano pero non o puiden

Non todos temos un toque divino ... evitar.

Xúroche que es o

que máis aprezo no mundo!.-

..... se o sei poño os

-Non te creo! Xa che dei varias oportunidades e agora non hai máis que falar. Desaparece da miña vista para sempre!- dixo ela toda enfurruñada. -Eu…eu….-dicía Amanda tatexando- síntoo! Non sabía que estabades xuntos de novo. -Non pasa nada. Síntoo non contarcho. A partir de agora saberás todo o que ocorra na miña vida e así non haberá máis problemas - respondeu Celia nun ton amable. -Moitas grazas! Nunca esquecerei isto. Agora voume e déixovos sós.

-Sinto moito todo isto que está a pasar nas nosas vidas, eu non quero que desaparezas de min por nada do mundo, non sabería que facer, estaría perdido, xúrocho. Perdóame.-repetiu Fernando cada vez máis arrepentido.-Vale. Aceptarei as túas desculpas e todo volverá ser como antes.-Grazas. Agora só me queda darche o meu regalo do día dos namorados. Espero que che zapatos. guste e xamais esquezas esta palabra “quérote”- dixo cunhas bágoas nos ollos o mozo. Despois destas palabras, todo acabou moi ben e fundíronse nun profundo e fermoso bico que durou para sempre. Lucía Salgado Campo Sara Mariño Villar 4º ESO B


Curso Internacional de Inglés Toronto é unha preciosa cidade canadiense situada ás beiras do lago Ontario que conta cunha gran variedade cultural, froito da mestura de razas entre indios e colonos. Na lingua dos indios furóns Toronto significa “lugar de encontro”, e hoxe segue séndoo. Os seus habitantes presumen dun carácter amistoso e sociable, o que converteu a súa cidade nunha das máis seguras. Coñecida como a “Nova Iork do Norte¨, resulta unha combinación perfecta de tradición e modernidade.

30 plazas

DURACIÓN: DATAS: ALUMNOS:

3 semanas Xullo 2006 ESO e Bach.

CLASES: Colexio Internacional Profesores nativos 20 clases semanais Material escolar Diploma de asistencia

ACTIVIDADES CULTURAIS E LECER: • •

• • •

Organizadas e xestionadas por monitores de tempo libre Todas as tardes despois de clase: Museos Teatro Deportes Cine  Visitas  Patinaxe Visitas a: Lago Ontario, Waterfront, Sandbanks Beach, ... Cada sábado unha excursión: Toronto, Cataratas do Niágara, Wonderland Theme Park Dúas noites por semana: Disco party

RESIDENCIA: Pensión completa Un español por familia se se desexa Bono-Bus (opcional) Familias coidadosamente seleccionadas


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.