GUÍA BIBLIOTECA 2011

Page 1

GUÍA DE USO: A NOSA BIBLIOTECA “C.E.I.P. “Nº 2 de TUI”


Guía da Biblioteca Escolar “CEIP Nº 2 de TUI” A biblioteca é un lugar moi especial do colexio. Un lugar para saber e coñecer, para ler, para aprender de forma autónoma. Un lugar de encontro no que obter información do que nos interese. Nela atópanse libros e bandas deseñadas, xogos, traballos de produción propia, revistas, xogos e equipos informáticos para acceder a Internet e ofrécenos a posibilidade de levar prestado diferente material do interese de forma sinxela.. A través da lectura e dos libros, a biblioteca permítenos viaxar no tempo ou no espazo, visitar épocas remotas, lugares marabillosos descoñecidos, coñecer formas de vida moi distintas ás nosas, ter noticias de civilizacións afastadas, de animais sorprendentes ou reais… É un lugar para o entretemento, a curiosidade e a imaxinación, para sentir a poesía, para gozar de historias e lendas. Nela podemos completar a información que precisamos para ampliar os noso coñecementos. Tamén nos ofrece o espazo e os recursos necesarios para o estudo, a realización de traballos e tarefas escolares.

2


A biblioteca é un mundo por descubrir. Consideramos a biblioteca escolar como un centro de recursos, dinámico e activo, un lugar de encontro, de sosego e tranquilidade que nos permite gozar da aprendizaxe que nos brindan os seus fondos e no que podemos realizar tarefas escolares, gozar da lectura, só ou acompañado, obter información a través dos libros ou das TIC, compartir un xogo de mesa cos nosos amigos ou amigas...A biblioteca cumpre un papel esencial no proceso de ensino-aprendizaxe, proporcionando estratexias aos seus usuarios para a autoformación e a creación de hábitos lectores. Resumimos a continuación algúns aspectos relacionados coa nosa biblioteca co fin de poñer en coñecemento de todos. 1.- USUARIAS E USUARIOS: Poden utilizar a biblioteca escolar todas as alumnas, alumnos, mestras, mestres e os pais e nais. Os pais non precisan ningún documento de acceso aos materiais, os profesores contan cun carné de usuario e os alumnos e alumnas cun carné e con marcadores para poder coller os préstamos.

2.- PERSOAL RESPONSABLE: Da organización e funcionamento da biblioteca do centro encárgase un mestre bibliotecario axudado polo resto do claustro, en especial o Grupo da biblioteca, que se encarga de diferentes tarefas (selado, rexistro, catalogación, etiquetado, colocación do material, mantemento, préstamos, devolucións, informatización...).

3


O resto do profesorado colabora en diferentes actividades, realizando propostas ao equipo da biblioteca, levando os seus alumnos de forma asidua nun horario semanal asignado, ou convidándoos a ir no tempo de lecer se lles apetece.

Todo o profesorado do centro debe velar polo cumprimento das normas que rexen na nosa biblioteca e colaborar na súa dinamización.

3.- DISTRIBUCIÓN DE ESPAZOS NA BIBLIOTECA: A nosa biblioteca está distribuída nas seguintes zonas: -Zona de tarefas bibliotecarias (rexistro, catalogación, préstamos) Zona de Internet

-

- Zona de primeiros lectores e caixón de material para os a realización das diferentes tarefas. - Expositores: novidades e traballos de produción propia.

Zona de 2º e 3º ciclo

- Zona multimedia

- Servizo

-

Coñécemento do medio.

-

Ludoteca e revistas Zona de pais e lectura de prensa

Estantes para gardar material de uso diario nas diferentes tarefas.

4


4.- ¿COMO ESTÁN COLOCADOS OS LIBROS? ORGANIZACIÓN DOS FONDOS Este curso cambiamos os fondos do programa BIBLOS ao MEIGA ao ser incluídos no Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE). Iso implicou cambiar todos os fondos de programa, aprender a utilizalo, participar nun grupo de traballo coordinado polo CEFORE de Vigo. Esixiu reetiquetar os fondos, e modificar as sinaturas no MEIGA, así como a colocación por orde alfabética seguindo a CDU.

Clasificación Decimal Universal (CDU) Agrupa os fondos do seguinte xeito, simplificado: 0. Xeneralidades. 1. Filosofía. 2. Teoloxía. Relixión. 3. Ciencias Sociais. 5. Matemáticas. Ciencias Naturais. 6. Ciencias Aplicadas. Menciña. Técnica. 7. Arte. Xogos. Deportes. 8. Lingüística. 9. Xeografía. Biografías. Historia. A nosa biblioteca non dispón de títulos de todos os grupos temáticos. E adaptamos a CDU, para que ao alumnado lle sexa máis práctico e sinxelo atopar os libros ou devolvelos. De forma resumida explicamos ditas adaptacións. Da CDU respectamos os números 0, 1, 2 e 7 e modificamos o 3, 5, 6 e 9 que etiquetamos como CM (Coñecemento do Medio) e o número 8 distribuímolo en P (poesía), T (teatro), BD (banda deseñada) e N (narrativa, indicando o idioma).

5


Todas as etiquetas son de cor branca, agás as de coñecemento do medio que son verdes. Sobre as etiquetas de narrativa colocamos un adhesivo circular que indica para que idade está aconsellado. Esas cores son: Azul: Prelectores Vermello: Primeiros lectores Verde: Lectores autónomos Amarelo: Lectores expertos Nos estantes están colocados por materias, e dentro destas por orde alfabetica de autor. Libros de “imaxinación” Están clasificados por xénero literario e no caso da narrativa pola lingua na que están escritos: NC ( Narrativa en galego ), NC ( Narrativa en castelán ), NI (narrativa en inglés), NP (narrativa en portugués), T ( Teatro), P ( Poesía ) , BD ( Banda deseñada). As etiquetas do lombo teñen tres partes: 1ª liña: Unha ou dúas letras que indican o xénero ao que pertence o libro e o indicativo do idioma no que están escritos, só no caso da narrativa. 2ª liña: Tres letras maiúsculas que indican as tres primeiras letras do apelido do autor. 3ª liña: Tres letras minúsculas que fan referencia ao título da obra.

NC

Narrativa en castelán

KIP lib

Autor e KIPLING, Rudyard (KIP) Título “ El libro de la selva” (lib)

6


Os libros están colocados nos estantes segundo varias zonas: primeiros lectores, segundo e terceiro ciclo e zona de adultos, poesía, teatro, arte-xogo-deporte, enciclopedias, dicionarios, coñecemento do medio e dentro desas zonas por orde alfabética de autores, e finalmente por títulos. Os CDs e DVDs están situados nos estantes dunha sala do edificio administrativo no que tamén queremos crear unha biblioteca profesional. O material informático está basicamente na aula destinada a este fin.

5.- HORARIO DA BIBLIOTECA ESCOLAR A) HORARIO DE PRÉSTAMOS (TEMPO DE LECER) Durante o recreo a biblioteca estará aberta para o préstamo de libros, realización de traballos, consulta e estudio. Horario de biblioteca no tempo de lecer, no presente curso: Luns, 1º; martes, 2º, mércores, 4º; xoves, 5º e 6º; venres, 3º. B) HORARIO DOS GRUPOS CLASE (SESIÓNS DE TRABALLO) Cada grupo clase ten asignada unha hora de biblioteca, que coincide coas sesións das áreas de lingua castelá ou lingua galega. No caso de querer utilizar as horas que quedan libres, cúbrese a petición nunha folla que hai na porta da biblioteca.

C) HORARIO NON LECTIVO (TARDES) A biblioteca do centro funcionará de luns a venres de 16 a 18 horas como servizo de préstamo, sala de lectura, lugar de estudio persoal, de realización de traballos e de busca de información.

7


Nesta banda horaria tamén poden acudir os pais, ben a ler a prensa ou a colaborar cos seus fillos. O profesor de garda velará polo cumprimento das normas.

6.XESTIÓN DO FUNCIONAMENTO

PRÉSTAMO

E

NORMAS

DE

O alumnado do sexto colabora co profesorado de garda durante o tempo de lecer realizando os préstamos tanto de libros como de xogos e exercendo funcións de vixilancia, colaborando cun profesor que estará de garda na biblioteca. As quendas estarán formadas por grupos de catro alumnos. Estas alumnos e alumnas estarán identificados cunha tarxeta e realizarán as seguintes tarefas: a) Velar polo cumprimento das normas de utilización da biblioteca. b) Xestionar os préstamos e devolucións: - Prestar o material solicitado no programa MEIGA, no caso de que o préstamos sexa levado para a casa, e se é xogo, nunha ficha preparada para tal fin. Efectuar as devolucións. - Revisar o material devolto, libro ou xogo. c) Colocar nos estantes o material devolto baixo a supervisión da mestra de garda. O calendario de quendas dos axudantes está a primeiros de mes na biblioteca e nas cortizas das súas clases.

7.- ALUMNADO USUARIO DO PRÉSTAMO. PROCESO Todos os alumnos/as poden ser usuario do préstamo de biblioteca. Educación primaria terá un horario determinado ao inicio do curso, educación infantil será xestionado polos seus mestres.

8


As alumna e alumnos elixirán e buscarán eles mesmos os libros. Para evitar descolocalos, empregarán marcadores (unha banda de cartolina que contén a mascota por unha cara e pola outra unha copia do carné do alumno e o número do mesmo en grande). Unha vez elixido o libro, se a lectura se fai dentro da biblioteca, o alumno non ten que anotarse no MEIGA, só devolvelo a o lugar no que o colleu. Se o libro se leva para a casa, o encargado de préstamos anotarao en MEIGA. ¿Cal é o número de rexistro do libro? O número que figura nunha das primeiras páxinas sobre un selo do colexio. ¿Cal é a sinatura do libro? As letras ou números que figuran na etiqueta do lombo. Ó número de libros que se poden levar prestados é un. A duración do préstamo é de 15 días máximo. Son os axudantes e os mestres de garda os encargados de controlar que non transcorra máis tempo nas devolucións. O profesorado que realiza a garda de biblioteca será o encargado e responsable de que a xestión do préstamo se realice correctamente. 8.- NORMAS UTILIZACIÓN

BÁSICAS

DE

FUNCIONAMENTO

E

A) NORMAS DA BIBLIOTECA o

Gardar silencio para non molestar a quen alí se encontre.

o

Non levar bebidas nin alimentos.

o

Respectar os materiais.

o

Utilizar os marcadores descolocar os libros.

o

Deixar na sección de préstamos os libros devoltos.

9

correctamente

para

evitar


o

Só se poderá levar prestado un libro como máximo por alumno.

o

Os mestres poderán coller os libros que precisen, previa anotación do préstamo, ben para uso particular ou como biblioteca de aula.

o

O mestre titor coidará que os libros de biblioteca de aula sexan devoltos en boas condicións.

o

Non se poderán sacar ningún libro da biblioteca se non se anota o préstamo.

o

Os dicionarios e enciclopedias non se prestarán.

o

Os libros prestados deben devolverse no mesmo estado no que se sacaron.

o

As encargadas e encargados deben ser puntuais e non faltar a súa quenda.

o

As encargadas e encargados deben estar identificados.

o É obriga de todas e todos o coidado dos libros, así como manter a biblioteca limpa e ordenada.

o Un dos ordenadores da biblioteca serán para tarefas escolares do alumnado.

B) NORMAS PARA SACAR LIBROS DA BIBLIOTECA PARA BIBLIOTECA DE AULA

A

As titoras, titores e especialistas poden coller lotes de libros da biblioteca escolar para as bibliotecas de aula ou uso persoal.

10


Cando os libros sexan devoltos non é preciso que os coloquen nos andeis só os teñen que deixar na mesa da biblioteca e facer constar en MEIGA a devolución. 9.- BIBLIOTECA DE PRIMEIROS LECTORES Dentro da biblioteca hai un espazo habilitado para o alumnado de educación do primeiro ciclo, e de educación infantil (se así o desexan os titores desta etapa) co fin de fomentar o gusto e pracer pola lectura, de crear hábitos de orde, de respecto e coidado dos libros nos nenos e nenas máis pequenos. Este recuncho componse duns estantes con títulos e coleccións para os máis cativos, unha zona alfombrada e mesas adaptadas. Os titores aproveitarán esta zona da biblioteca para realizar actividades de animación á lectura: contar contos, visualizalos, escenificalos, lectura de imaxes...ou utilizar o canón. 10.- BIBLIOTECA DE AULA Dentro de cada aula cada hai un recuncho que dispón de lotes de libros da biblioteca seleccionados polas titoras e titores. É a titora ou titor a encargada/o de organizar e xestionar os préstamos dentro da súa aula. 11.- BIBLIOTECA DE MESTRAS E MESTRES Situarémola nunha sala do edificio administrativo para facilitar ao profesorado a súa utilización, e se é o caso, aos pais. Os fondos desta biblioteca están relacionados cos distintos aspectos da práctica docente. Anotarese o préstamo no MEIGA.

11


12.- ACTIVIDADES DE ORGANIZACIÓN E DINAMIZACIÓN. O grupo de traballo creado co fin de reestructurar e dinamizar a biblioteca encargarase de reetiquetar os libros seguindo a CDU, modificar a sinatura no Meiga, pegar etiquetas, preparar as mochilas viaxeiras, preparar actividades destinadas á dinamización lectora habitual e organizarán de forma puntual actuacións que ben levará a cabo o grupo ou os propios titores. Parte destas actividades faranse en colaboración co ENDL , EACE e TIC en datas concretas: Magosto, Día do Libro, a Semana da Prensa, Semana das Letras Galegas... 13.- FORMACIÓN DE USUARIOS O equipo da biblioteca encargarase ao principio de curso de poñer ao día no uso da biblioteca do profesorado de nova incorporación e formará ao alumnado colaborador para que poida desempeñar con éxito a súa labor. 14.- BLOG Acabamos de abrir un blog para a nosa biblioteca. Esperamos ir enchéndoo coa colaboración de todos. Accédese a el a través da páxina web do centro.

12


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.