GUÍA DE AXUDANTE DE LÚA
SON AXUDANTE E … COMPROMÉTOME A SELO POR UN CURSO COMPLETO. (Se algún día que me toque garda e sei que non vou a estar, intento cambiar a quenda con outro/a axudante que queira ir por min.) Nada máis entrar na biblioteca poño o distintivo de axudante para que os demais me recoñezan. Sempre uso boas maneiras, non me enfado nin rifo cos compañeiros/as.
Cando estou de garda estou pendente de realizar as miñas funcións: Rexistrar no ordenador principal os préstamos e as devolucións de libros. Colocar correctamente nos estantes os libros devoltos. ( Fixarme ben na pegatina e na inicial do autor). Se hai algún libro estragado, poñelo na caixa que pon REPARAR. Dar xogos de mesa a quen os pida. Colocar no seu sitio cando os devolvan. Se nalgún momento os nenos ou nenas que están na biblioteca se comportan de forma inadecuada, recordarlles como teñen facer e se non fan caso invitalos a saír.
… SEI QUE NOS RECREOS…
Merendamos antes de entrar á biblioteca. Podemos facelo diante da biblioteca. Non xogamos aquí, para iso está o patio. Todos os nenos e nenas que queiran poden ir devolver algún libro, pero só quedarán a ler ou xogar os/as do curso que lles corresponda. Cada día os nenos e nenas dun curso determinado poden entrar e saír da biblioteca cando queiran, pero para facelo teñen que dar a volta ao edificio principal do colexio. Non se poden usar os corredores para volver ao patio nin para poñerse na fila. O alumnado do curso que lle corresponda estar ese día pode levar libros en préstamo. Os demais, non. Poderán facelo cando sexa o seu día, ou vaian cos profesores/as que lle dan clase. Nos recreos pódense usar os xogos de mesa, pero hai pedilos aos axudantes e recollelos antes de marchar. O ordenador principal só se pode usar para facer préstamos e devolucións. Os demais ordenadores só se poden usar para consultar información.
RECORDO QUE… Cumpro e teño que ensinar a tódolos usuarios da biblioteca estas normas:
1. Entramos sen comida nin bebida. 2. Andamos a modiño. 3. Non molestamos aos demais. Se temos que falar só podemos facelo “con voz de biblioteca”. 4. Coidamos todo o que hai: O mobiliario, os libros, os ordenadores, os elementos decorativos… 5. Deixamos todo ordenado antes de saír. -Empezamos a recoller cinco minutos antes de que toque a serea para que nos dea tempo. -Deixamos as cadeiras ben colocadas debaixo das mesas. -Poñemos atención para que non queden cousas esquecidas.