XOGOS POPULARES NO CEIP Nº2 DE TUI

Page 1

Xornada de Xogos Populares Galegos CEIP Nยบ2 de TUI


A Mariola Consiste en andar á pata coxa empuxando ao mesmo tempo co pé un anaco de pedra ou tella, seguindo certas regras, a través dun percorrido establecido formado por un conxunto de casas numeradas, pintadas ou raiadas no chan.

4

O Cadrado. Tírase a tella ao triángulo 1, empúrrase co pé ata o 2, o 3, o 4 e outra vez ao 1. Logo hai que facela saír do cadrado e saltar enriba da tella. A continuación, lánzase a tella ao triángulo 2 e faise igual que o anterior. E así sucesivamente co triángulo 3 e 4.

3 2 1

7

8 6

4

5 3 2 1

O avión. Tírase a tella no cadrado 1, sáltase por riba sen pisar neste cadro, á pata coxa no cadrado 2, logo no 3, despois cos pés abertos no 4 e 5, outra vez coa pata coxa no 6 e cos pés abertos no 7 e 8, onde se da a volta dun salto e vólvese facendo o mesmo percorrido. Ao chegar ao cadrado 2 recóllese a tella e sáltase fóra. A continuación, lánzase a tella ao cadrado 2 e faise o percorrido igual que o anterior. E así sucesivamente cos cadrados 3, 4, 5, 6, 7 e 8.


O Baile da Pataca. Fanse parellas e cada parella ten que ter unha pataca, que suxeitará coa fronte (non se pode tocar coa man). Mentres soa a música as parellas terán que bailar. Ás parellas que lle caia a pataca perden e serán descalificadas. Volverá soar a música ata conseguir que só quede unha parella gañadora. Variantes: Bailar coa pataca na barriga, nas costas, na orella …

A Ra.

1. A Chave. 2. A Petanca.

Á ra poden xogar 1 contra 1, ou equipos de 2 contra 2, etc. Cada equipo tirará 5 “pellos” que lanzará cada vez un xogador distinto tentando metelos na boca da ra, dando no muíño ou meténdoos polos buratos. A ra ten que estar a 4 m da liña de tirada. Se un “pello” entra pola boca da ra son 100 puntos, se entra polo muíño ou polas fontes son 50 puntos e se entra polo resto de furados son 20 puntos. Tira cada vez un xogador de cada equipo e os puntos vanse sumando aos acadados polo seu equipo.


A Chave. Á Chave poden xogar 2, 4 ou 6 xogadores por equipo. Cada equipo tirará 5 “pellos” que lanzará cada vez un xogador distinto tentando darlle ás aspas da chave. A chave ten que estar a 10 ou 15 pasos da liña de tirada. Se o “pello” dá nas aspas súmase 1 punto. Gaña o equipo que máis golpes dea nas aspas, que será igual ao número de puntos acadados.

A Goma. En Liña: Nela apandan dous xogadores e van poñendo a goma primeiro á altura dos nocellos, segundo á altura dos xeonllos, terceiro á altura da cadeira, cuarto a altura do ombreiro, quinto á altura do pescozo, e sexto o máis alto que poidan. Tódolos xogadores teñen que tentar pasar, e o que non o consegue apanda. En Triángulo: Nela apandan tres xogadores facendo un triángulo á altura do nocello e os xogadores teñen que tentar recorrer a goma pisándoa cos dous pés. Apanda quen non o consegue. Se o conseguen todos, pásase a goma á altura dos xeonllos, cadeira...


As Buxainas. A buxaina é un xoguete que consiste nunha peza de madeira de forma cónica, rematada nunha punta de metal pola parte inferior, que se fai bailar por medio dun cordel. 1º A corda ten que estar tensa e ben amarrada á man. 2º Lánzase botando o brazo cara adiante e abaixo e despois atrás nun golpe seco e forte. 3º Pódense facer campionatos por parellas para ver que buxaina xira durante máis tempo.

Carreira de Cabazas. Fanse 2 equipos. Haberá dúas cabazas, unha por cada equipo. Colocados por parellas, terán que levar ou traer a cabaza desde unha distancia previamente sinalada. A primeira parella lévaa, a segunda tráea, e así sucesivamente. Gaña o equipo que remate antes.


As Bólas Utilízanse unhas bólas de barro ou vidro que se fan rodar polo chan tratando de que choquen coas do contrario para introducilas finalmente nunhas fochas pequenas. A Focha. Faise unha raia no chan e a 3 pasos faise unha focha. Cada xogador tira a súa bola tentando metela na focha. O que o consigue segue tirando tentando meter as demais. As que consegue meter gáñaas para si. Se perde, segue o seguinte. O Triángulo. Faise unha raia no chan e a 3 pasos faise un triángulo, onde cada xogador mete unha bóla. Faise unha tirada desde o triángulo cara a raia. O xogador que quede na raia ou máis cerca dela saca primeiro cara o triángulo. Se consegue sacar algunha bóla do triángulo queda para el e segue tirando. Se non pasa a vez para o seguinte.

Os Zancos.

Intentamos andar nos zancos por parellas: 1º Aprendemos a subir e aguantar un tempo sen caer. 2º Aprendemos a camiñar coa axuda dun compañeiro. 3º Tentamos camiñar sós.. 4º Tentamos subir de altura.


A Boina e o Bastón do avó. Fanse 4 equipos. Cada equipo terá un bastón, que terá que lanzar polo aire, para que quede enriba da boina, que estará situada a 10 pasos. Tira un xogador do equipo vermello, e despois o xogador correspondente do equipo azul. O que consiga que o seu bastón quede enriba da boina suma un punto para o seu equipo. Se ningún toca a boina, suma un punto o bastón que quedou máis preto da boina.

As 4 Esquinas. Márcase no chan un cadrado. Xogan 5 xogadores en cada cadrado, 4 situados en cada esquina e 1 xogador no medio. A voz de “Xa” todos os xogadores teñen que cambiar de esquina e o do medio tentará ocupar unha das que queda valeira. O que queda sen esquina apanda no medio e é o que di “Xa”. Podemos xogar por parellas collidos da man ou en grupos de tres.


Os Carozos. Cos carozos que dispoñemos temos que tentar: 1º Ver quen do equipo é capaz de facer a construción máis alta sen que caia. 2º En equipos de 5, hai que tentar facer a construción máis grande. Para iso deberase ir colocando un carozo por quendas. 3º Equipos de 5: Con 10 carozos cada un irá colocando un carozo. Se a construción se derriba apaña os carozos o último en poñer, e gaña o 1º en quedar sen carozos.

As Chapas. Marcando cun xiz, faise un pequeno camiño (non máis ancho ca unha cuarta) con curvas, saída e meta. Poden xogar 2, 3, 4 ou 5 xogadores. Cada xogador coloca a súa chapa na liña de saída. Botándoo a sortes cada xogador na súa quenda terá que tentar percorrer o camiño coa súa chapa o antes posible. Gaña o que antes chega á meta. Se algún sae fóra ten que volver á liña de saída. A chapa só se pode empurrar co dedo Pai de todos ou co Furabolos apoiado no Matapiollos.

Meta

Saída


Brilé.

Fanse dous equipos e cada un colócase no seu campo. O xogo consiste en ir pasando a pelota entre os xogadores dun equipo e o seu porteiro, á vez que se tenta dar coa pelota aos xogadores do equipo contrario. Regras: O xogador brilado vaise para a portería. Perde o equipo que queda sen xogadores no campo. Pódese coller a pelota con bote. Non se considera brilado se a pelota dá no chan antes de petar nun xogador.

Os Aros. Cada neno ten un aro e coa súa guía ten que tentar levalo polo terreo de xogo sen que o aro deixe de rodar. Trucos: A guía empúrrase cara ao chan, para que o aro xire, pola parte de atrás ou de adiante do aro. Pódense facer carreiras de aros por parellas. Facer 2 equipos e en relevos ver que equipo gaña.


O Pano de 2. Colócanse os dous equipos enfrontados e no medio está o árbitro con dous panos na man. Cada neno/a terá un número asignado. Cando o árbitro di un número, estes nenos saen correndo, collen o pano, e van ao equipo contrario e átanlle o pano a un dos seus membros no pulso. Volven rapidamente xunto ao seu equipo, desatan o pano que lle atou o seu contrincante e devólvenllo ao árbitro. Gaña un punto o equipo que devolva antes o pano. Non se elimina aos nenos.

Lanzamento de Castañas. Collendo dúas castañas cada un intenta metelas pola boca dunha caixa cando lle toca a quenda. Cada castaña que entre suporá sumar un punto. Na caixa 1 a distancia será de 3 pasos. Na caixa 2 a distancia será de 5 pasos. Na caixa 3 a distancia será de 10 pasos. Gaña o que máis puntos sume.


Os Cromos. Xógase con 2, 3, 4 ou 5 xogadores e

As Chucas.

cada xogador ten 5 cromos. Márcase unha altura na parede, desde onde se deixarán voar os cromos. Márcase unha quenda de tirada. Cada xogador deixará voar o seu cromo cando lle toque. Se o cromo pisa algún cromo do chan lévase os cromos que pisa e máis o seu, e agarda que volva a chegar a súa quenda. Se non pisa ningún cromo deixa o seu cromo no chan e agarda a que lle volva tocar xogar.

O xogo consiste en lanzar ao aire un óso do pé do porco ou do cordeiro, ou un obxecto semellante, mentres se fan con outros diversas combinacións. Teñen 4 posicións: Primeiras: Coa parte cóncava cara a enriba. Segundas: Coa parte convexa cara a enriba. Terceiras: Posta a chuca de lado, coa súa parte máis simétrica cara arriba. Cuartas: Ao contrario de terceiras, coa parte asimétrica cara arriba. Establécese quenda de tirada: 1º, 2º, 3º, 4º… O 1º en lanzar tira todas as chucas ao chan tentando ir a primeiras. Se todas quedan nesta posición, tentará na seguinte tirada ir a segundas, e así sucesivamente. Se algunha chuca non queda na posición correcta, terá que tirar unha pelota ao aire e tentar virala cara a posición correcta, mentres a pelota está no aire. Se perde pasa a xogar o seguinte, retomando o xogo onde se perdeu.


Carreira de Sacos. 000000000 000000000

A Petanca.

Cada equipo colócase en fila, pode ser sentados no chan ou de pé. Cando escoitan “xa”, o 1º da fila métese no saco e ten que ir saltando, dar a volta a unha pica e volver saltando. Ao chegar entrégalle o saco ao 2º, e vaise ao final da fila. O 2º fará o mesmo, e así ata chegar ao último. Gaña o equipo que acabe antes. Se un equipo ten menos xogadores que o outro, repetirán tantos nenos como faga falta, ata completar o mesmo número.

Á Petanca poden xogar 1 ou 2 xogadores por equipo. Cada xogador tira 3 bólas. Para comezar a partida tírase o boliche e cada xogador tira unha bóla. O xogador que queda máis cerca do boliche comeza a tirar. Este tira ás súas tres bólas intentando quedar o máis cerca posible do boliche sen tocalo e a continuación tira o seu compañeiro que intentará acercarse ao boliche, ou desprazar as bólas do anterior. Gaña un punto o xogador que máis se aproxima ao boliche.


A Comba. Dous nenos dan á corda e os demais en fila van pasando: A Ola. Colocados en fila ao lado dun dos que dá tentar pasar por debaixo da ola sen que esta lles toque. (Contar 3 combas marcando o ritmo). Un salto. Tratamos de que á vez que pasamos, paramos, damos un salto no medio e saímos. (Contar 3, 2, 1 combas sucesivamente segundo van collendo confianza). Daremos despois 2, 3 saltos e así sucesivamente. Ao Montón . Intentaremos ir entrando moitos sen perder.

Carreira de “Carretillos”. Fanse dous equipos. Haberá dous “carretillos”, un por cada equipo. Cada xogador terá que levar ou traer o “carretillo” ata unha distancia previamente determinada. O primeiro xogador lévao, o segundo tráeo, e así sucesivamente. Gaña o equipo que remate antes.


Xogo das Ferraduras. Fanse dous equipos. A seis pasos de cada equipo, estará situado un pau dun metro de alto aproximadaente. Cada equipo terá tres ferraduras de cabalo. En cada tirada, cada xogador lanzará as tres ferraduras intentando que queden metidas no pau. Cada ferradura metida será un punto. Gaña o equipo que máis ferraduras encaixe, que será igual ao número de puntos acadados.

Os Birlos. Poden xogar 2 ou 4 xogadores en cada equipo. Haberá 9 birlos de madeira colocados como indica a foto. Detrás dos birlos estará marcada unha liña chamada liña exterior. Cada xogador lanzará as tres bólas. Os birlos que pasan por enriba da liña exterior valen 10 puntos. Os que caen e quedan no campo valen 1 punto. A liña de lanzamento deberá estar a 5 metros de distancia dos birlos.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.