Revista 2016 completa

Page 1

Nยบ 9


CARTA DA DIRECTORA Estimadas familias:

C

omo cada ano é un pracer presentarvos a revista escolar do Centro que nesta ocasión rinde homenaxe a D. Manuel María Fernández Teixeiro, autor dunha chea de libros e

que utilizou todos os xéneros literarios: poesía, narrativa, teatro,... sendo ademáis un dos poetas galegos máis musicados de todos os tempos. Aproveito ademáis este espazo para contarvos en primeira persoa detalles sobre o funcionamento do colexio, sobre o que todos traballamos en procura da mellora. Como saberedes, nestes últimos cursos embarcámonos en distintos proxectos educativos: un dos que máis disfrutan os cativos é o do Reparto de Froita na escola , que neste curso será de tres semanas é que está a funcionar moi ben; ademáis nos cursos de 5º e 6º seguimos dentro do Proxecto Abalar-Edixgal, que trouxo a tecnoloxía máis novidosa ao colexio e que nos fixo tamén prescindir dos libros de texto nestes niveis; contamos tamén cun auxiliar de conversa norteamericano que está a traballar xunto coa profesora titular cos alumnos que están nas seccións bilingües en 5º e 6º e tamén cos de 3º e 4º de primaria; tamén procuramos que os nosos alumnos poidan mellorar as súas competencias lingüística e matemática e ofrecémoslles a posibilidade de participar no Plan PROA (plan de reforzo e orientación educativa), que imparte unha docente externa polas tardes. Por outra banda, tivemos a gran alegría este curso de poder disfrutar da nova biblioteca, que como ben vos contarán os cativos están a empregar cada vez máis. O Equipo de Biblioteca fixo un esforzo titánico para que estivese nas mellores condicións e propuxo actividades moi interesantes nas que tamén as familias participástedes. Contamos seguir dotándoa de materiais actualizados e atractivos porque somos coñecedores da importancia da lectura, sobre todo nestas idades nas que todo está por descubrir e nun momento no que a tecnoloxía está gañando terreo.

A directora. Obdulia Cristobo Losada 1


CEIP Vicente Risco

Este ano adícase o día das letras ao escritor da Terra Chá luguesa, Manuel María Fernández Teixeiro, membro da Real Academia Galega, que destacou polo seu carácter combativo e polo seu compromiso político coa cultura e o idioma galego. Manuel María naceu en Outeiro de Rei, Lugo, o 6 de outubro de 1929. Era fillo de dous labregos: Antonio Fernández e Pastora Teixeiro, que aínda terían tres fillos máis: Xosé María, Antón María e Xesús María. Antonio Fernández, pai de Manuel María, exerceu de alcalde de Outeiro de Rei nos anos da guerra civil e na posguerra, ata o ano 1943, uns meses antes da súa morte O seus primeiros estudos realízaos na escola de Outeiro de Rei e na localidade veciña de Rábade. É na escola desta vila onde descobre a literatura galega. O mestre adicaba as tardes dos sábados á lectura de poemas e contos en galego. Os inicios dos estudos de bacharelato en Lugo coinciden coa morte do seu pai. Do custe desta estancia faise cargo o seu tío crego, Xosé, que o mete interno durante un ano na Academia Galicia dirixida polos irmáns maristas. No ano 1949 Manuel María intervén como conferenciante no Círculo das Artes de Lugo. Este mesmo ano edita, coa axuda dun amigo, a revista Xistral, ademais de rematar o seu primeiro libro de poemas “Muiñeiro de Brétemas”. Durante a súa estancia en Lugo coñece a Uxío Novoneyra, co que comparte estudos e proxectos literarios e co que manterá unha grande amizade durante toda a súa vida. Os dous formarán parte da tertulia literaria do café Méndez Núñez de Lugo. En 1960 publica “Muiñeiros de Brétemas” o seu primeiro libro de poemas. Con este libro Manuel María converteuse no poeta máis novo en publicar en galego na posguerra. En Santiago, durante a realización do servizo militar, acode á tertulia do café “Español”, en compañía de Uxío Novoneyra, que tamén facía o servizo militar. No “Español” entra en contacto con Otero Pedraio, Ramón Piñeiro, Sabell, Maside… 2 Curso 2015-2016


CEIP Vicente Risco

Volta a Lugo, e despois de traballar brevemente en Radio Lugo, aproba os exames para procurador dos tribunais, escollendo Monforte de Lemos para comezar a exercer a súa profesión. En 1959 casa con Saleta Goy en Lugo, nunha cerimonia íntima celebrada as oito da mañá. En Monforte de Lemos Manuel María dá clases de literatura na Academia Balmes ao tempo que traballa na emisora de radio nunha sección semanal de temática local e escribe colaboracións xornalísticas. Manuel María, militante nacionalista galego, estivo implicado en numerosos movementos reivindicativos de labregos, de estudantes, de ensinantes e de obreiros, colaborando con numerosas asociacións culturais galegas. En 1970 Manuel María foi nomeado académico “correspondente” da Real Academia Galega. Cinco anos despois, por carta publicada na prensa, renuncia a ese posto, por desconforme coa política cultural que esa institución estaba a levar a cabo. Nas primeiras eleccións municipais democráticas, en 1979, Manuel María presentouse como cabeza dunha candidatura nacionalista(bn-pg), chegando a ser concelleiro e pasando a formar parte da corporación municipal de Monforte. En setembro de 1970, Manuel María e Saleta abren en Monforte a Libraría Xistral adicada ao libro galego así como á venda de discos e cerámica de Sargadelos. A libraría servirá como lugar dunha tertulia literaria e política. No ano 2003, con 73 anos de idade, ingreso una Real Academia Galega como membro numerario. Pronunciou o discurso: “A Terra Chá, poesía e paisaxe”, que foi respondido por Xosé Luís Méndez Ferrín. Faleceu na Coruña, cidade á que se trasladou despois da súa xubilación, un 8 de setembro de 2004. Os seus restos repousan no cemiterio de Santa Isabel de Outeiro de Rei

Sexto curso 3

Curso 2015-2016




C.E.I.P. Vicente Risco

VISITA AO MERCADO DE TEIS O día 25 de novembro os alumnos de 3º e 4º de Primaria fomos de visita ao mercado de Teis. Recorremos os postos: peixería, carnizaría, froitaría, florería, charcutería e panadaría. Vimos os distintos tipos de produtos que se venden en cada posto e fixémoslles preguntas aos vendedores. Empezamos pola florería e a señora deunos ás nenas unha flor. Chamounos moito a atención un cactus artificial. Na froitaría, a señora froiteira díxonos que a laranxa é a froita que máis se vende nesta época. A peixeira comentounos que o peixe máis pequeno que tiña era a xouba e o máis grande era o salmón, que pesaba 3.050 gramos. Un peixeiro moi amable que nos ensinou todo tipo de mariscos fora antigo alumno do colexio. A charcuteira explicounos que había moitos tipos de queixos: de vaca, de ovella e de cabra. Díxonos que o queixo máis vendido era o Edam, que estaba de oferta. Un dos postos que máis nos gustou foi a carnizaría, e o carniceiro era moi simpático e divertido. Ensinounos a cámara, dentro facía moito frío, porque a carne consérvase a temperatura moi baixa. Dentro da cámara había os pulmóns, o fígado, a cabeza, a tráquea e o rabo dunha vaca. Encantounos ver a vaca por dentro. Volvemos ao colexio moi contentos e con ganas de volver alí. Ao chegar ao colexio xogamos un pouco no patio. Foi un día xenial!

3º de Primaria

6

Curso 2015-2016



CEIP Vicente Risco

7 DIAS PARA O APOCALIPSE

Había unha vez unha muller chamada Marta. Acostumaban chamala Martiña e preguntarédesvos por que digo acostumaban; por que agora é a única persoa que queda neste planeta e sabe que en 7 días haberá un apocalipse zombie. Esta é a súa historia. Día 1: Marta ou Martiña como queirades dicilo ía pola rúa sucia e con olor a tufo buscando un refuxio onde vivir. Cando, de repente, viu un pequeno sumidoiro e dixo: - Está ben, valerá de refuxio. Meteuse dentro e empezou a ordenar o refuxio, limpalo, preparar unha cama... De repente caeu unha noite negra coma o carbón e fría coma o xeo. Día 2: Marta saíu á rúa con un traxe para poder respirar ben porque agora o aire da cidade é tóxico e non se pode respirar nada ben; ía pola rúa destrozada pola masacre que acabou coa humanidade en todo o mundo buscando comida e bebida para sobrevivivr, os 5 días que lle quedaban contando este. De pronto viu unha carnicería á volta da esquina e foi ver se había algo de comida; aínda que buscou moito, non encontrou nada. - Que mala sorte! - berrou. Pero non había ninguén no planeta enteiro que a escoitase. Despois de camiñar moito, de pronto encontrou un camión de camiño ao seu fogar con bidóns de litros e litros de auga cristalina. - Que sorte tiven! - exclamou contenta e pegando un brinco. Encontrara auga! Pero unha milésima despois caeu a noite xeada e foi para a súa casa cos bidóns de auga transparentes e caeu na súa cama cansa, moi cansa. Día 3: Marta érguese pola mañá ás 5:30 e pon o traxe que utilizou onte para encontrar auga ou comida. Desta vez comida non atopou, pero auga si que atopou. E saíu, pero esta vez foi por outra dirección. Despois de horas e horas andando encontrou un pequeno e vello supermercado e empezou a buscar e rebuscar ata que atopou latas de sopa, ou sexa, comida. - OLEEE! Estaba suando, suando moito. Despois encontrou un coche coas chaves postas e gasolina. - Hoxe é o meu día de sorte! - exclamou moi... moi forte. Foi buscando algo duro para atacar os zombies que o intentarán matar ou infectar o sétimo día . Estaba saíndo a lúa, pero esta vez non iría durmir na cama tan quentiña e suave que tiña no seu sumidoiro ou fogar; esta vez quedaría no coche a buscar coas luces de cruce para polo menos ver algo. Nese momento viu unha comisaría de policía e un mugrento e sangrento policía morto. Entrou e encontrou varios tipos de armas: unha pistola con varias balas, unha porra e ademais de iso encontrou un mapa. Día 4: Despois de volver á casa quitou o traxe e reparou o escondrixo para que ninguén, e con ninguén quero dicir ningún zombie, entrara. Despois de terminar de amañar a casa caeu rendida e durmiu ben estirada e, cando despertou, comeu un pouco e bebeu uns litros de auga, auga que collera do camión grande e groso que encontrara aquela vez. Despois puxo moitas máis trampas das que puxera ao redor do sumidoiro ou refuxio, armouse, preparouse e adestrouse para o día sete, para a batalla do día final, que sería o mesmo no que os zombies intentarán matala ou infectala. E así pensando, quedou durmida. 8 Curso 2015-2016


CEIP Vicente Risco

Día 5: Despois de levantarse foi buscar materiais que precisaba: madeira, parafusos... - Os zombies veñen pasadomañá - dixo berrando mentras estaba nerviosa. Marta tiña que preparar a casa para a batalla final que decidirá quen aquí gañará. Entón comeu, bebeu e reforzou ben a casa cos materiais que encontrara. Día 6: Quedaba pouca comida, pero, pensou, mañá acabarei cos zombies, ou os zombies comigo ou un milagre e os zombies converteranse en persoas... Non sei, hai moitas formas de rematar o sétimo día ou o conto este. Día 7: Era unha mañá tranquila e calmada talmente coma as outras...ata que oíu un son de medo que viña de fóra: - GRRRRR, GRRRRR, GRRRRRR - escoitouse. Veloz, Marta colleu unha pistola e armouse ata os dentes e foi directa a polos zombies. Nesa escoitouse unha voz que viña de arriba das nubes: - MARTAAA! Marta, é hora de ir ao colexio. Marta despertou e media durmida dixo: -Queee? Son os zombies, teño que matalos. Un pouco despois acordouse mellor. -Ah! É o libro de sete días para o apocalipse da biblioteca, o libro que collín onte - dixo erguéndose e vestíndose. Era todo un soño.

ISTO É O QUE PASARÍA SE NON FORA UN SOÑO Día 7: Hoxe é o último día. Que pasará? -Ai, hoxe veñen os zombies!!! - exclamou. Armada con pistola e balas saíu e...non había zombies. - OMG! Pero que é isto? Cando xa comprobara que non había zombies por ningún lado escoitou un son de debaixo dun edificio: -Axudaaa, axudaaa!!! Eran todas as persoas refuxiadas. -VIVA! - berraron. Sobreviviron todos. Outro final feliz. E aínda vos preguntaredes que pasou cos zombies que despois de moito tempo alí se curaron e... Odilo Granada Pérez

Pois mira que sodes ben preguntóns, rapaces! Vós sodes o que non hai! 9 Curso 2015-2016


CEIP Vicente Risco

CINE NA AULA DE 2º Os nenos e nenas de 2º de EP traballamos este ano na nosa aula un proxecto titulado “Cine na aula”. A nosa clase convertiuse nunha sala de cine e vimos a peli “A Historia Interminable”. Dividimos as mesas de traballo en grupos e cada un era un poboado da peli: os Comerrochas, os Peles Verdes, os Gnomos e os Silfos Nocturnos. Creamos un mural de lectura “O Reino de Fantasía” relacionado coa peli. Tiñamos que ler libros para pasar o mural, cada tres casillas recibiamos un regalo e un diploma do Reino. As nosas fichas do casilleiro eran os personaxes de cine que máis nos gustaban a cada un de nós.

Os venres citabamos unha frase dunha peli...Elixíase ao chou quen a ía citar e os venres a gravabamos na Tablet.

10 Curso 2015-2016


CEIP Vicente Risco

Viñeron uns actores de dobraxe ao cole a explicáronnos como se dobraban as pelis e estivemos dobrando ao galego unha peli de Bob Esponxa. QUE BEN O PASAMOS!!

As táboas de multiplicar aprendémolas cantando...faciamos as rimas e lle poñiamos a música dunha banda sonora de cine. Despois gravabamos a canción na Tablet.

FIXEMOS MOITÍSIMAS COUSAS DIVERTIDAS CON ESTE PROXECTO!!!

ALUMN@S DE 2º EP

11 Curso 2015-2016


CEIP Vicente Risco

OS APALPADORES DE 4º Coincidiendo co Nadal os rapaces e as rapazas de 4º curso de Educación Primaria adentrámonos nas diferentes lendas de Galicia e, entre elas, descubrimos a lenda do Apalpador ou Toca-barrigas!!! Buscando e buscando información descubrimos que O Apalpador… É un vello carboneiro que vive nas montañas do Courel viste camisa a cadros, pantalóns remendados, boina e fuma en pipa. Ademáis dedica o seu tempo libre a fabricar xoguetes artesanais con pedras, madeira,etc. Conta a lenda, que cada noite do 24 de Decembro, o Apalpador baixa ás casas dos nenos e nenas a tocarles a barriguiña e ver se están fartos ou non. Déixalles unha presa de castañas e un preciado xoguete construído por el mesmo. Atopamos tamén unha morea de cancións dedicadas ó Apalpador e fixemos no festival de Nadal a nosa propia dramatización de O Apalpador de Malvela. Aquí tedes o enlace por se os animades a seguir coñecendo a este vello apacible! https://www.youtube.com/watch?v=j23sS21ziZc Mentres tando, na aula… Decoramos a nosa porta co protagonista que, finalmente, pasou a formar parte do escenario no ximnasio:

Curso 2015-2016


CEIP Vicente Risco

Ademáis festexamos impacientes a súa chegada fancendo un taller de cociña navideña. Foi moi divertido! Por se vos animades, aquí tendes o que necesitades para facelo na vosa casa: ÁRBORE DE NADAL: Ingredientes: - 5 uvas - Medio plátano

BASTÓN DE NADAL: Ingredientes: - 1 plátano - 2 fresas

PAPA-NOEL: Ingredientes: - 1 fresa - Medio plátano

BO PROVEITO APALPADORES!

Curso 2015-2016


CEIP Vicente Risco

CEIP Vicente Risco

A QUE SABE A LÚA? (SECUENCIA DIDÁCTICA 4º E.I.)

14 Curso 2015-2016

CAZOLEANDO NO VICENTE RISCO Alumnado de 3 anos 15 Curso 2015-2016


CEIP Vicente Risco

Educación Infantil 5 anos APRENDENDO A FACER PAPEL RECICLADO

O día once de novembro unha monitora moi simpática do Concello de Vigo aprendeunos a facer papel reciclado. Primeiro troceamos papel .

Despois cunha batidora o desfixemos moi ben mesturandoo con auga.

Peneiramos con moito coidado.

Colocamos un pano.

Con outro pano presionamos para sacar toda a auga.

16 Curso 2015-2016


CEIP Vicente Risco

Levantamos o marco e observamos como a folla de papel quedou adherida a ao pano.

Ao final envolvemos o papel reciclado nun papel de periódico e esperamos uns días para que secara totalmente.

Reciclando papel axudamos a protexer a natureza porque evitamos que corten máis árbores.

17

Curso 2015-2016


CEIP Vicente Risco

INTERVIEW TO OUR “AUXILIAR DE CONVERSA” Hi Tim: 1. What’s your full name? - Timothy Henry Bettmann Piontek. 2. Where are you from? – From Holliston, Boston, USA. 3. How old are you? – 25. 4. What did you want to be when you were a kid? – I wanted to be a football player. 5. Have you got a pet? – A golden Labrador at home in Boston. His name is Harley and he is 5. I miss him a lot. 6. Have you got a car? - Yes, an old Jeep in America and a scooter to move around in Vigo. 7. Which are your favourite toppings in a pizza? – Sausages, pepperoni and lots of sauce and cheese. 8. What’s the weather like over there? – Much colder than in Vigo but it doesn’t rain as much. 9. What are you good at and bad at? – I’m good at writing but bad at Maths. 10.What do you do in your free time? – I go to the beach or walk by the port and play basketball. 11.Do you like music and do you play an instrument? – Electronic, hip-hop, rap, rock... And I play the piano. 12.What’s your favourite football team? – Celta de Vigo. 13.Why are you a teacher? – Because I love children and teaching. 18 Curso 2015-2016


CEIP Vicente Risco

14.Who was your favourite teacher? – Mr. Murphy. He taught me creative writing and poetry. 15.What does the English language mean to you? – Because it is a way to help people to communicate to each other around the world. 16.What do you like about Spain? – People and food. 17.Do you like travel and which countries did you visit? – A lot. I visited many countries and last year I taught English in China. 18.Are you travelling this summer? – I have to work to earn my living but I’ll visit my family too. Thank you for your time. We are very happy to have you at school.

19

Curso 2015-2016


CEIP Vicente Risco

UN CONTO DE PAZ Nas páxinas seguintes reproducimos un conto de paz moi especial realizado por todo o alumnado do colexio, comezando en Educación Infantil 3 anos e concluíndo en 6º de Primaria. A idea orixinaria xurdíu dende o equipo de biblioteca que nos convidou a realizar esta actividade. Os personaxes son: – Paz - país: Italia, idade: 9 anos – Pitu - país: China, idade: 40 anos, características: é pai – Chispas - características: só pode falar cantando e facendo rimas. – Marxall - país: Senegal, idade: 6 anos. – Cheis - características: é moi limpo. – Skype - país: Polo Norte, idade: 3 anos. – Po - características: pode voar moi alto. _____________________________________________________________________________

Curso 2015-2016


CEIP Vicente Risco

_________________________________________________________________________________________

Curso 2015-2016


CEIP Vicente Risco

________________________________________________________________________________________

22 Curso 2015-2016


CEIP Vicente Risco

________________________________________________________________________________________

23 Curso 2015-2016


CEIP Vicente Risco

________________________________________________________________________________________

24

Curso 2015-2016


CEIP Vicente Risco

25 Curso 2015-2016


CEIP Vicente Risco

________________________________________________________________________________________

26 Curso 2015-2016


CEIP Vicente Risco

_______________________________________________________________________________________

27

Curso 2015-2016


CEIP Vicente Risco

1.

CARTA DA DIRECTORA ............................................ 1

2.

MANUEL MARÍA ...................................................... 2

3.

O BIGOTE DE MIMÍ .................................................. 4

4.

VISITA AO MERCADO DE TEIS................................... 6

5.

E TAMÉN FIXEMOS PAN ........................................... 7

6.

7 DÍAS PARA O APOCALIPSE..................................... 8

7.

CINE NA AULA DE 2º................................................10

8.

OS APALPADORES DE 4º...........................................12

9.

A QUE SABE A LÚA? ................................................14

10.

APRENDENDO A FACER PAPEL RECICLADO ................16

11.

INTERVIEW TO OUR “AUXILIAR DE CONVERSA” ......... 18

12.

UN CONTO DE PAZ .................................................. 20

13.

TÁBOA ................................................................... 28

28

Curso 2015-2016


Galicia somos nós a xente e máis a fala. Se buscas a Galicia en ti tes que atopala!

O idioma é a forza que nos xungue e sostén. ¡Se perdemos a fala non seremos ninguén!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.