N59
EDLG IES MONTE CARRASCO
XUテ前 2015
A GA I VOTA
2014 - 2015
U N C U R S O E N FO TO S
A GAIVOTA
I E S M O N TE C AR R AS C O . C AN G AS E QU I P O D E D I N AM I ZAC I Ó N D A LI N G U A G ALE G A www.edu.xunta.es/centros/iesmontecarrascocangas
EDITORIAL EDLG
IES MONTE CARRASCO
Álex Cortés Ayaso
3
A GAIVOTA
2014 - 2015
DESDE A CHEMINEA
Un ano máis chegaron as calores e, con elas, a fin do curso e as vacacións, máis merecidas nuns casos que noutros, pero en todos eles, esperadas e desexadas. Dende a cheminea, dende o aire, percíbese a excitación coa que se viven estas datas nas aulas e nos corredores, na biblioteca e o patio. . . , tamén no campo e no mar. As voces e as risas que entran e saen polas ventás abertas, o ir e vir dos insectos, o canto dos paxaros que se dispoñen a facer os seus fogares primeiro, e a coidar a prole, despois. . . Pero, claro, as gaivotas voamos alto e lonxe e vemos moito máis alá do Carrasco, e mesmo de Cangas. Sobrevoando o noso territorio de norte a sur e de leste a oeste, ou viceversa, que o mesmo ten, vemos os nosos montes cubertos das folliñas novas dos carballos, das flores e, máis tarde, as follas que cobren as nosas árbores froiteiras, das candeas dos castiñeiros, da cor dourada que aportan as flores das xestas e os toxos, a púrpura das carqueixas. . . É o que ten ter que viaxar cada vez máis ó interior para atopar sustento. No alto dos postes da Terra Cha, por exemplo, atopamos as cegoñas ensinando a voar ás súas crías, talvez preparándoas para o momento en que os fríos cheguen e haxa que marchar. Ocorre o mesmo coas andoriñas ou os cucos, que veñen pasar aquí os veráns para volver a marchar en canto o tempo arrefríe un pouco. Son talmente como os jodechinchos , que di a xente en Cangas. Hai outras que veñen para quedar. E esas fan máis dano, porque nos desprazan a nós. Así, a costa cantábrica está cuberta de eucaliptos e os areais da atlántica están bordeados de dente de león, especies invasoras que cambian a nosa paisaxe e lle fan perder a súa identidade. Outras invasións sufrimos que tamén nos fan perder a nosa identidade. Sobrevoando vilas e cidades escoitamos cada vez con máis frecuencia falar con acentos e palabras alleas, ata o punto de que se chega a nós a voz dun neno falando galego, volvemos a cabeza para asegurarnos de que oímos ben. Deixámonos embelecar por melodías alleas e imos esquecendo as propias, e desa forma, tamén a nosa paisaxe humana se vai esvaecendo e o mesmo ten estar en Cangas ca en Luarca, en Laredo ou en Calpe. E é que -como xa dixera Castelao- as gaivotas chiamos igual en todos os sitios, e a nosa identidade está satisfeita con ter alimento e poder reproducírmonos. Pero as persoas son quen de crear e conservar os seus propios mundos, formando parte dunha comunidade con características e intereses en común e é a súa responsabilidade conservar aquilo que os identifica como individuos e como colectividade. E iso sen esquecer que cada lingua que posuímos e somos quen de utilizar é un utensilio máis para alcanzar as nosas metas, que nos axuda a percibir o mundo de diferentes maneiras e a ter unha visión máis completa del. Por iso, de nós -de vós- depende que un mundo tan rico en matices e sentires se perda ou perdure. Que a nosa lingua continúe a configurar a nosa paisaxe e a nosa identidade está nas vosas mans.
A GAIVOTA
EDLG
IES MONTE CARRASCO
F a l a d o i r o GMa rab ii oñ er T á b o a s corrupción (ou foi ao revés?), mesturada coa drogadicción e a delincuencia. Os protagonistas: un miserable e o outro de vida miserable. Ámbolos dous obrigados a compartir un destino ineludible para calquera mortal, veña de onde veña, na sala de diálise dun hospital. Xorde entre eles unha estraña relación na que reflexionan sobre a amizade e a morte e a necesidade de emendar os seus pecados. Non sae ben porque fóra do Non contaba eu con ter parte no Faladoiro Maior e hospital, a actualidade marca tendencia e os bos menos aínda coa responsabilidade de plasmalo propósitos non teñen cabida. na Gaivota. Cada ano que pasa, xorden no camiño novas; con algunhas xa contas (unha nena na ESO, a miña “sinforosa”, pero desto non vou falar porque necesitaría dun anexo especial na vosa revista). Outras son pequenas sorpresas coas que non contabas e, porén, fanche máis levadeiro e agradable o camiño.
Que ocorre cando tes que ler un libro que non te engancha, que non te motiva, en definitiva que non che gusta nada? Pois bótaslle a culpa a quen o elixiu e pensas que algo falla, literariamente levades camiños diverxentes..., e de aí o milagre do Faladoiro. Nesas xuntanzas descobres que hai outros aos que tampouco lles emocionou a lectura, e os outros teñen a oportunidade de dar o seu punto de vista que aínda que non sirva de nada para convencerte, axuda a non ser tan radical nas túas opinións cara aos demais. Este ano as catro lecturas propostas foron ben distintas, pero non hai dúbida que todas elas serviron para facer intensas as xuntanzas do Faladoiro.
El enigma del platero, de Guillermo Moldes Rodal,
oriúndo de Cangas e que tivo a xentileza de acompañarnos na tertulia literaria, elixe como escenario da súa novela a nosa vila nun percorrido de idas e vidas, dende un tráxico amencer alá polo ano 1 61 7 no que se produce un desembarco turco, ata a actualidade, na que unha parella anda á procura dun tesouro escondido na igrexa de Cangas. O relato pode gustar máis ou menos pero certo é
Limpeza de sangue,
de Rubén Ruibal, preséntanos esa realidade, non tan remota, da burbulla inmobiliaria e a consecuente
5
A GAIVOTA
2014 - 2015
que a elección do feito histórico que serve ao autor para deixar voar a súa imaxinación, achéganos aos lectores moitos detalles dese momento relevante na vila de Cangas. Souben a raíz da lectura deste libro que en Cangas reviviuse, a través dun espectáculo teatral nas rúas, a invasión turca e a figura de María Soliño. A intención non foi só reflectir aquel momento senón tamén facer participar activamente aos habitantes da vila e que coñeceran un pouco máis a súa historia. Está ben que non só as escusas gastronómicas sirvan de reclamo para que a xente saia á rúa. Barrio Lejano do nipón
Jiro Taniguchi foi a seguinte escolla. Este cómic manga foi certamente un regalo literario e visual. O autor plasma de maneira eficaz e sinxela a historia dun home de 48 anos de idade que colle un tren que o leva á cidade onde viviu os seus primeiros anos. Inexplicablemente, volve á adolescencia e ten a oportunidade de atopar respostas aos sucesos familiares que aconteceron naquela etapa da súa vida. O protagonista consegue facer unha radiografía do seu pasado para recuperar a familia que ten no presente. O que nun principio puidera parecer unha viaxe de ida é certamente unha viaxe de retorno. O Barón Rampante de Italo Calvino foi o colofón
das nosas xuntanzas no Faladoiro. Non sabería ben como definir esta novela; sinceramente, colleume baixa. Pesadelo, ida de pelota (permitídeme a estas alturas estas expresións) ou xenialidade. Un neno que nunha especie de rabecha, rebeldía ou ruptura co establecido por negárselle a máis sinxela individualidade (enfoque
perfectamente definido polo propio autor do libro), decide empolicarse a unha árbore. A partires dese momento comeza a gran aventura da súa vida, narrada polo seu irmán menor, no que o neno non só é espectador senón tamén protagonista de todo aquilo que ocorre baixo os seus pés. Rampando polas árbores vivirá unha vida máis intensa que moitos dos que pisan terra firme. De todo isto falamos este ano no Faladoiro, unha proposta marabillosa que se inicia polo san goce de compartir unha lectura e que deriva no debate casual, ou non, sobre a vida mesma, as circunstancias, as inquedanzas individuais e colectivas, esas mesmas das que falan os libros e que non quedan no esquecemento grazas a eles. Os libros axúdannos a comprender e a non esquecer. O ano que vén, no Faladoiro, algúns repetiremos, outros serán novos e aqueles que se atopen lonxe poderán vir por mar, en tren ou, por que non, rampando polas árbores emulando a Cósimo e Viola. Deixaremos a fiestra aberta para que sentado sobre a póla dende a que lle penduren os pés, poida ter as mellores vistas á biblioteca. Grazas
EDLG
IES MONTE CARRASCO
Banda Deseñada
Claudia Avilés, 3º B
SOBRE A ARTISTA
7
A GAIVOTA
2014 - 2015
EDLG
IES MONTE CARRASCO
Eduardo José Salazar Heigl, máis coñecido como Edu Salazar é un dos actuais porteiros do Balonmán Cangas. Leva dúas tempadas no equipo. O seu dorsal é o número 1, ten 21 anos e é de Venezuela. Pesa 93 quilos e mide 1,86 metros. Aínda que non leva moito tempo xogando no equipo, xa é un dos favoritos. 1.‐ Dende cando xogas ao balonmán?
Dende os once anos. 2.‐ Por que elixiches balonmán en vez doutro deporte? Obrigoume miña nai. Eu daquela xogaba ao fútbol e aí non atopaba equipo e obrigado por miña nai empecei no balonmán. 3.‐ Por que decidiches ser porteiro en vez de xogador? Non o decidín, xurdiu. Eu ía deixar o balonmán e un día ofrecéronme ser porteiro. Dixen que si por probar e gustoume moito. 4.‐ Cando eras pequeno, xa querías ser porteiro de balonmán no futuro? Ata que cheguei a Galicia nin sabía que existía o balonmán, así que non o puiden ter como futuro. 5.‐ Por que motivo viñeches a Cangas dende Venezuela? Por motivos familiares, buscando una estabilidade e una seguridade que en Venezuela segue sen haber. 6.‐ Consideras que o Balonmán Cangas é un bo equipo? É un equipo traballador, humilde; onde o que se consegue é grazas ao traballo que fan día a día. 7.‐ Se te quixeran fichar noutro equipo fóra de Cangas aceptarías? Aínda é moi pronto para decidir. É o meu primeiro ano en Asobal e o único que me interesa é traballar neste club e poder axudalos no máximo posible. 8.‐ Algún familiar teu xoga ao balonmán? Non. Ningún. 9‐ Que sentes cando paras un lanzamento dun rival e a afección canta o teu nome e aplaude moito? É unha sensación incrible. Éntrache un calafrío e notas como a adrenalina sobe… É algo indescritible. 10.‐ Cantas horas adestras á semana? Entre dez e doce horas. 11.‐ A maiores do balonmán, que outras cousas che gusta facer? Encántanme os animais e non hai nada que me relaxe máis que dar un paseo co meu can ou viaxar! 12.‐ Consideras que a afección inflúe no resultado dos partidos (ben sexa positiva ben negativamente)? Sempre! Está claro que inflúe moitísimo. Se non, non remontariamos en partidos como contra o Aranda, o Puerto Sagunto ou o Gijón. 13.‐ Se non foras porteiro de balonmán, que che gustaría ser? Encantaríame poder viaxar por todas partes e coñecer cousas novas. 14.‐ Cal sería a túa maior meta como porteiro de balonmán? Non me poño metas. Só intento cada ano chegar máis lonxe e superar os meus obxectivos. 15.‐ Que mensaxe lle dirías á afección? Que é un pracer xogar no Gatañal e é un pracer xogar ante tanta xente que goza deste deporte. Moitas grazas por concedernos esta entrevista. Un pracer. O pracer é meu! Unha aperta.
9
A GAIVOTA
2014 - 2015
VISITA A MINERVIGO '14 Por Inés Villamor e Nuria Villa, 1º ESO
O xoves nove de outubro as profesoras de Ciencias Naturais invitáronos a ir ver unha exposición de minerais, Minervigo, aos de primeiro da E.S.O e a os de 3º C. Mandáronnos coller un caderno pequeno e un bolígrafo. Despois do recreo saímos do instituto para dirixirnos ao autobús. Cando chegamos estaba chovendo pero refuxiámonos debaixo da entrada do centro. Antes de entrar, as profesoras dixéronnos que para chegar tiñamos que pasar por “Media Mark”, fomos falando, pero ó chegar a unhas escaleiras calamos, dixéronos como tiñamos que comportarnos ben e déronnos unha ficha para cubrir. Na ficha había como dez preguntas que dicían: pregunta a todos os vendedores de que país veñen, debuxa tal mineral, pregunta polos cinco minerais máis valiosos de cada posto etc. Cando entramos, algúns dividímonos en grupos, parellas e algúns en solitario, para ir aos postos ver os minerais e responder as preguntas da folla. Cando xa tiñamos as preguntas respondidas, algúns sentaron ao lado dunha parede no chan, e outros foron polos postos a comprar minerais.
Os minerais eran case todos fermosos, a maioría eran pedras preciosas, pero tamén había dentes de quenlla, colgantes, broches, pulseiras, lámpadas feitas con pedras e moitas cousas para decorar. Unha das pedras que máis chamou a atención da xente foron unhas que estaban no primeiro posto, que se as vías con luz de raios ultravioleta cambiaban a cores fluorescentes. Dous postos máis alá, había un señor que lles regalou a catro nen@s unha pedra que collera no monte e deulles o seu e-mail. En xeral, os homes e mulleres dos postos da exposición foron todos moi amables. Ao rematar de cubrir a ficha podiamos mercar tanto minerais ou fósiles coma colares, pulseiras ou aneis feitos con elas... Aínda que iso non era o máis importante; o máis importante foi poder observalos de preto e aprender cousas sobre eles. Cando xa nos tivemos que ir ao saír á rúa estaba chovendo pero fomos rápido cara ao autobús e ao chegar a Cangas xa non chovía, ao baixar do autobús démoslle a profesora Ana a ficha cuberta e volvemos á aula porque aínda nos quedaban dez minutos de clase, os de primeiro tiñamos Naturais a última hora e falamos da excursión. Gustounos moito a exposición porque foi moi entretida e divertida.
EDLG
IES MONTE CARRASCO
UNHA VIAXE Ó INTERIOR por Iria Rodríguez, 3ºA
A segunda fin de semana de maio o alumnado de 3º de ESO pasámola fóra das nosas casas, concretamente, polos montes do Courel. Deu comezo a nosa aventura o venres pola mañá a iso das 9.30, cando saímos do instituto con rumbo a Quiroga. Chegamos alá a iso das 11.45 (está lonxe, verdade?). Quiroga é un concello situado no sur da provincia de Lugo, nas proximidades da Ribeira Sacra. Limita coa Serra do Courel polo norte e coa provincia de Ourense polo sur. O primeiro que fixemos foi repartirnos en dous grupos, un formado polo alumnado de 3º A e outro polo de 3º B e 3ºC. Os de 3º A fomos os primeiros en ir ao museo xeolóxico. Este divídese en varias partes: a primeira é sobre a formación xeolóxica de Galicia e nel ensináronnos o sinclinal do Courel, un punto xeolóxico de interese internacional. Nas outras salas explicáronnos a acción dos xeos durante a glaciación ocorrida no Pleistoceno, que deixou grandes impactos na paisaxe, como vales en forma de U ou rochas pulidas polo xeo. Tamén nos ensinaron os recursos minerais da serra do Courel que foron ou son obxecto de explotación, como o ouro, a lousa, a calcaria ou a antimonita. Mentres, outro grupo foi ó museo etnográfico de Quiroga ó que despois fomos tamén nós. Visitamos todas as salas deste museo. Na primeira ensináronnos a arte da enoloxía: como o facían antigamente, como o conservaban… Despois fomos ver parte da recreación dunha antiga casa galega e unha carpintería. Xa por último, explicáronnos e ensinaron como se traballaba o campo e os apeiros que se utilizaban para facelo. Ao saír dos museos fomos a un miradoiro que hai na Serra do Courel, onde comemos, e ó rematar volvemos a coller o autobús para ir a outra parte da serra. O bus deixounos na entrada dun carreiro que percorremos a pé. Este paseo deunos a ocasión de contemplar a súa vexetación: teixos, acivros, lavanda, breixos, toxos, faias, piñeiros e castiñeiros, principalmente. Tamén paramos para ver o Pico Formigueiros, o punto máis alto desta serra, cunha altura de 1.643 metros. A última parada foi na Lagoa de Lucenza, un dos escenarios das historias do escritor lucense Ánxel Fole. A lagoa de Lucenza é unha lagoa glaciar que está colmatada, é dicir, chea de sedimentos. Está situada a uns 1.440 metros de altitude; a finais do inverno encóntrase tan rodeada de neve que resulta inaccesible, mentres que no verán chega a secarse completamente. Formouse a partir da desaparición dun antigo glaciar e data, segundo o método do carbono 14 de uns 13.400 anos. Cando iamos de camiño á lagoa, uns alumnos atoparon unha ra de San Antón (hyla arborea), considerada especie vulnerable no catálogo de especies ameazadas de Galicia. Puidemos identificala pola súa pel lisa e un dorso uniforme de cor verde lima cunha franxa de cor escura dende os orificios nasais ata a ingua. Ademais, presenta uns dedos en forma de discos adhesivos. Xa no último tramo, comezou a baixada do monte, que resultou un pouco accidentada debido a que as lousas estaban molladas e esvarábase con moita facilidade, provocando varias cuadas. De volta na vila de Quiroga, fomos ao albergue, ceamos e, xa por último, repartimos as habitacións. Ao día seguinte estabamos todos cansos. Aínda así seguimos co noso percorrido. A seguinte visita programada era a un apicultor, que nos había ensinar as súas alvarizas, é dicir, o lugar onde están colocadas as colmeas, pero o apicultor non estaba, así que tivemos que ir velas pola nosa conta. As alvarizas ou abellarizas son construcións circulares ou ovaladas feitas de lousa e xisto. Ensináronnos tamén a clasificación social que teñen as abellas. A última camiñada foi pola beira do río. E para rematar a excursión, fomos comer ao albergue e, a continuación, marchamos xa con dirección a Cangas. Polo camiño, aínda fixemos unha parada no río Sil. Demos un paseo no catamarán que recorre unha parte do mesmo e, ó acabar, si que xa viñemos directos cara a Cangas.
11
A GAIVOTA
2014 - 2015
Océanos de plásticopor 3º C O xoves 1 8 de decembro todos os grupos de 3º do Monte Carrasco fomos á Fundación Barrié, en Vigo para facer unha visita á exposición “Out of the sea? O proxecto dos residuos de plástico”. A visita foi organizada polos departamento de Bioloxía e Tecnoloxía, posto que nesta materia estabamos vendo os plásticos.
Cando entramos, leváronnos a unha sala no medio da cal había unha gran montaña de lixo formada por obxectos de plástico que usamos na vida diaria: botellas, cadeiras de bares, rodas de coches, envases de todo tipo, electrodomésticosW A guía díxonos que cada poucos segundos esa cantidade de lixo era arroxada polo ser humano ó mar. A continuación subimos nun ascensor e no seguinte piso leváronnos a outra sala con moitas mesas, onde había varios tipos de plásticos organizados segundo o seu poder contaminante e os seus efectos prexudiciais para os humanos e os animais. Algúns deses obxectos eran reciclables; outros quéimanse, aínda que os gases que emiten ó arder son tamén moi contaminantes. Tamén vimos un vídeo onde se nos contaba o percorrido dunha bolsa de plástico dende que a tiramos ó chan ata que chega ó mar a través das correntes de auga; aínda que a cidade non teña mar, a bolsa que se tira acabará nun río que a leve ata alí. Na seguinte sala faláronnos dos obxectos se tiran en maior cantidade: cepillos de dentes,
paíños para limpar os oídosW Tamén vimos o efecto dos plásticos sobre a fauna: nalgúns casos comen plástico e logo eses plásticos quédanlles no estómago e non os poden expulsar; despois dun tempo enchen o estómago con eses plásticos e non poden comer nada máis así que acaban morrendo de fame; outros animais, coma as tartarugas, golfiños, focasW, quedan enredados en envases, bolsas, cordas e restos de plásticos e logo non poden respirar, alimentarse, desprazarseW Nesta sala tamén vimos un vídeo onde se nos contaba como esta contaminación da fauna nos afecta ós seres humanos: o vídeo mostraba como un home tiraba unha botella ó mar, esta desfacíase en moitos anacos pequeniños, despois un peixe tomábao pensando que era comida, logo outro peixe máis grande comía o primeiro e, finalmente o peixe grande era comido polo home, que inxería así os anacos de plástico. Gran parte deste residuos plásticos son arrastrados polas correntes mariñas e acaban todos na mesma zona. Así, co paso do tempo acabaron formándose unhas illas completamente de plástico. A máis grande encóntrase no Pacífico e ten a dimensión de dúas veces España. Pareceravos moito, pero se non facemos nada, co paso do tempo esa illa seguirá crecendo. A última parte da visita consistiu nun taller no que en grupos tiñamos que facer pancartas ou maquetas para chamar a atención sobre os prexuízos de tirar o lixo fóra dos colectores axeitados. A actividade foi interesante e houbo moitas cousas que nos chamaron a atención, como a illa de plástico, os produtos que tiramos ó mar, a cantidade de lixo que se tira en só uns segundos, que a roupa, a pasta de dentes ou algúns cosméticos teñan pequenas partículas de plásticoW Tamén nos fixo pensar en que contaminamos moito, que abusamos moitos dos plásticos e que temos que aprender a usalo dun xeito máis racional: reducir o seu uso, reciclalo ou reutilizalo, como por exemplo as botellas de auga que levamos cando facemos deporte.
O Carrasco no MUNCYTda Coruña Sabela Guitián Escariz, 4ºA EDLG
IES MONTE CARRASCO
Os alumnos e alumnas de 4º visitamos, o 27 de novembro, o Museo de Ciencias e Tecnoloxía, que se encontra na Coruña. Pasamos todo o día alí, percorrendo as distintas salas do museo. A primeira sala que visitamos foi a chamada “Sala Miscelánea”, onde nos atopamos con dous robots, de aproximadamente metro e medio de altura. Estes robots teñen a capacidade de moverse, obedecer ordes simples ou cambiar a cor de luz da cabeza. Isto é posible grazas a un programa que se xestionaba desde unha tablet por medio da rede de Wi-Fi. Desafortunadamente, nós non puidemos experimentalo por dificultades da conexión Wi-Fi. Máis tarde, visitamos una parte desta sala, onde había tres columnas. Nestas columnas atopamos datos de inventos que hoxe en día son cotiáns, pero que hai anos foron grandes descubrimentos, como poden ser unha tirita, ou un tampón. Logo de aprender datos interesantes sobre estas invencións, visitamos outra sala, chamada “Sala Maiúsculas”. Aquí gárdanse unhas das pezas de maior tamaño por mor das súas grandes dimensións. Nesta sala tamén atopamos pezas que foron moi importantes para o desenvolvemento da ciencia e tecoloxía en España. Por exemplo o primeiro ordenador que chegou á Península ou o primeiro acelerador de partículas. Unha das salas, que personalmente me pareceu a máis interesante, foi a “Sala Iberia”, onde ademais de haber unha turbina dun avión, mesmamente está alí o avión (non todo o corpo, senón só a cabina) que en 1 981 transportou o cadro Guernica de Picasso. Tamén visitamos a “Sala Século XX”, onde como o seu mesmo nome indica, están todos os descubrimentos, invencións ou datos interesantes deste século, dende o ano 1 901 ata o 2000. A penúltima sala que visitamos foi a exposición temporal sobre os volcáns e os terremotos. Nesta exposición ademais de varios datos sobre os volcáns había un aparello no que, para probar a estabilidade de certas estruturas, despois de crear ti a que querías, dándolle a un botón facía tremer estas estruturas. Este aparello era moi curioso, xa que simulaba os efectos dun terremoto. A última sala era un espazo de manualidades, onde creamos o noso propio astrolabio, aparello que se emprega para buscar as estrelas. Para facer máis interesante a nosa visita, os traballadores do museo prepararon unhas fichas para completar cos datos que estabamos aprendendo nela.
13
A GAIVOTA
2014 - 2015
A DEVASTACIÓN DO ÉBOLA Dimitri
R e c u n c h o da c i e n c i a
Ano 2030, o Ébola exterminou a unha grande porcentaxe de poboación. Só os máis fortes sobreviviron, pero o virus mudou dende que apareceu a Gran Cepa e xa non se pode vivir na superficie da Terra. A xente que segue viva unicamente se dedica a buscar unha cura, pero os esforzos para atopala cada vez son menores. Chámome Alexandra, son unha investigadora científica especializada en viroloxía, contareivos que é o Ébola. Ben, este virus da familia dos Filoviridae non era moi contaxioso alá no 201 4, pero dende o ano seguinte a Gran Cepa volveuse moito máis eficaz, máis mortífero e, evidentemente, máis grave. O virión é cilíndrico/tubular e leva un xenoma de ARN monocatenario lineal de sentido negativo. Reprodúcese nas células que infecta aproveitando toda a “maquinaria” que a célula lle proporciona. Todo isto sumado ós seus principais síntomas (febre, dor de cabeza, erupcións cutáneas, hemorraxias internasW) causaba unha taxa de mortalidade altísima que oscilaba entre o 50% e o 90%. Agora que xa sabedes o que é capaz de facer este virus, centrémonos na historia. Todo comezou coas investigacións nos laboratorios subterráneos, estableceuse unha rutina que se repetía cada día, sen parar, pero non daba resultados satisfactorios. As condicións de traballo eran moi claustrofóbicas, cos traxes especiais de illamento, os protocolos que había que cumprir estritamente, os espazos reducidos de traballo W A razón de que as investigacións non desen os seus froitos era que os científicos nos obcecabamos cuns datos únicos e inamovibles. Se non fose por que un día trabuqueime cunha simple operación, a cura tardaría moito máis tempo en ser descuberta. O caso é que realizando unhas probas de ADN non introducín a secuencia correcta e o resto da proba foi mal dende o principio. Os datos sacados de alí e máis outros doutras probas foron claves para elaborar a derradeira vacina. Primeiro probouse cun rato e, curiosamente, deu uns resultados nunca vistos: curou o roedor. Logo probouse cun mono, para ver se en verdade servía como cura. Serviu, e decidiuse poñer en contacto inmediatamente coa OMS para dar un congreso científico a nivel internacional. Na nosa sede intentamos replicar a vacina, por se fose unha coincidencia, pero sen resultados porque non contabamos co meu erro, ata que eu me decatei del e comuniqueillo ó meu superior. Houbo moita polémica relacionada con
ese feito, había xente que me apoiaba recriminándolles ós científicos de máis rango a súa inutilidade por non acertar co ADN do virus, e mais outra que non estaba de acordo comigo por descubrir a secuencia correcta por mor dun erro. Chegou o día sinalado para o congreso e eu tiña que pronunciar un pequeno discurso defendendo o meu erro. Investigadores de todo o mundo acudiron a esta cita, interesados por saber como era posible este inesperado xiro na investigación. Expostas as indagacións doutras
sedes tocábanos a nós. A maioría dos científicos non crían na nosa proposta, mais algúns que sabían que o que defendiamos podía ser certo, apoiábannos e axudábannos a convencer ós demais científicos de que a cura era tal e como a fixeramos nós. Foi un destes congresos científicos que duran días e días e nos que hai ponencias interesantísimas e outras máis tediosas e demasiado teóricas, polo que as conclusións finais fanse esperar moito. Despois de expoñer os resultados de todas as sedes, a maioría dos científicos, exhaustos de tanto traballo, acusabamos o desgaste intelectual das interminables xornadas. As corporacións que non estaban de acordo coa nosa proposta non quixeron apoiarnos con fondos para a elaboración da medicación contra o virus, e entre as que si estabamos, acordamos empezar as probas con humanos, pero sempre con moita cautela e discreción. As semanas seguintes foron as peores da miña vida, nunca traballara tanto dende facía anos. Evidentemente, non traballabamos buscando a cura, traballabamos buscando persoas voluntarias que quixesen colaborar nesta última fase da investigación. Ó principio moi poucos pacientes se prestaban a deixarse pór a vacina, había moito medo, a infección por Ébola levaba décadas devastando a Humanidade, pero poucas semanas despois unha morea de persoas acudiu. Todo isto porque se estendeu a noticia de que os que nos
EDLG axudaron nos comezos xa non tiñan Ébola, eran inmunes, podían subir á superficie da Terra sen ningún perigo de morte. Todo resultou como estaba previsto e a vacina logrou que o virus deixase de ser mortífero. E preguntarédesvos: as corporacións que non estaban de acordo coa proposta gañadora, que foi delas? Ben, coma non quixeron axudar a fabricar a vacina, logo pedíannos que lles deixásemos a
IES MONTE CARRASCO fórmula, posto que eran as únicas sedes que seguían vivindo no subsolo. Compadecéndonos deles, fixémoslles chegar a vacina. Varias semanas despois, empezamos a ter noticias deles. A cura funcionara e o Ébola estaba controlado no planeta Terra. Ás veces débense cometer erros para que a Humanidade avance nos seus descubrimentos.
Brais Guardado Collazo 2ºB
Fixen dano sen querer por Nesi
Ía eu un día voando e vin unha nena; creo que camiñaba cara á escola. Nese momento sentín un desexo irrefreable de alimentarme do seu sangue, ¡que fame! Achegueime a ela e empecei a absorber o líquido que corría polas súas veas, estaba delicioso. Despois de comer, animeime a seguila, xa que non tiña nada que facer. Aquela nena creo que se chamaba Agatha e semellaba una rapaza máis ou menos feliz, simpática e aplicada. Digo o de máis ou menos feliz, porque vivía nunhas condicións horribles e o seu pai contraera unha grave enfermidade; pobre moza, non merecía aquilo. Catro días despois, cando ía ao colexio, un pouco doente, despois dunha fin de semana enteira vomitando e con mareos, de súpeto desmaiouse e caeu ao chan. Os nenos da súa clase chamaron enseguida a súa profesora que, á súa vez, chamou a unha ambulancia. Esta tardou sobre unha hora en chegar, xa que os servizos sanitarios funcionaban fatal naquel país. A xente deuse conta de que xa non era un desmaio, entrara nun coma. Que lle pasaría? Aquilo era moi raro. En canto a ambulancia chegou, levouna ao hospital, no que estivo un par de días inconsciente. Cando espertou estaba fatal e cunha pinta horrible: febre, vómitos, latidos cardíacos irregulares, mareos, convulsións, pel e ollos amarelos e cara e lingua vermella. Parecía unha ra con eses ollos dun amarelo brillante e esa cor vermella na súa cara! Pobriña, no que levaba neste mundo nunca vira nada tan horrible cos meus ollos de mosquito. Un día, apareceu un médico que se facía chamar Carlos Juan Finlay e decidiu investigar o que lle ocorría, xa que os seus síntomas non correspondían a ningunha enfermidade das descubertas ata o momento e ademais había bastantes casos de persoas enfermas con eses síntomas. O seu primeiro avance foi descubrir que se transmitía por un axente intermediario, é dicir, era unha enfermidade contaxiosa que se transmitía por alguén ou algo, ou iso lle oín dicir. Un tempo despois o médico avisou aos membros do hospital para facer unha reunión, á que eu asistín como infiltrado (¡que pillabán son!). Nesta contaba que un día, mentres paseaba, viu pasar un mosquito por diante da súa cara e ocorréuselle que ese podería ser o axente intermediario, así que os comezou a estudar. Resulta que ese médico, que xa me empezaba a ofender, ¡sacou a teoría de que os mosquitos da miña especie podían contaxiar unha enfermidade, por unha bacteria chamada Salmonellatiphi! Espantosa teoría! A que si? Unha semana despois, confirmouse a teoría de Carlos JuanFinlay. Eu provocara a enfermidade de Agatha. ¡Nunca antes me sentira tan mal! Non podía soportar ser a peor persoa do mundo e non quixen saber nada máis dela; facíame sufrir tal sentimento de culpabilidade que crin que nunca podería superalo. Así que decidín despedirme dela por última vez, aínda que sabía que ela sempre levaría algo de min, por nocivo que fose. Dúas semanas despois do ocorrido, achegueime a unha persoa (evidentemente non lle fixen unha picadura) e vin que estaba lendo o xornal e comecei a botarlle un ollo. O que lin foi rompedor. Nunhas letras grandes e rechamantes poñía. “Tras un mes de longo sufrimento, Agatha García morre pola picadura do mosquito da febre amarela”, cando lin un pouco máis abaixo poñía: esa enfermidade denominada así pola ictericia (a pel torna amarela), causa arredor de duascentas mil mortes ao ano. Despois de ler iso acercóuseme un home cun matamoscas, sabía que me ía matar, pero xa me daba igual, neste mundo só faría mal, merecía máis estar no inferno. Inés González Poses 1º ESO
15
A GAIVOTA
2014 - 2015
R e c u n c h o da c i e n c i a
A VIDA DUNHA BACTERIA
Autor: Lucan Abreu
A vida dunha bacteria é difícil, xeracións e xeracións evolucionando. Antes matabamos pero, a medida que pasa o tempo, temos cada vez máis inimigos. O meu nome científico é Clostridium tetani, tamén coñecido como Tétano e teño dous amigos que se chaman Peste e Diarrea. Non me gusta a luz do sol nin o osíxeno porque me poden provocar a morte; porén, son capaz de vivir moitos anos. O que me gusta facerlle á xente é empezar lento con algúns toques na mandíbula, despois sígolle dando espasmos por practicamente todo o corpo, ás veces gústame darlle algún toque nos pulmóns; despois, a parte que máis me gusta é causar a maior dor posible. A miña amiga Diarrea ten moitos parentes polo mundo e o seu traballo é facer que a vítima teña sede, que perda moita auga e ás veces que os seus ollos se afundan. Os antepasados do meu amigo Peste provocaron moitas mortes na Idade Media e fixeron que os superviventes fuxiran dos poboados. Temos uns inimigos mortais que son: a hixiene, os desinfectantes e os medicamentos. Un día tranquilo estabamos nós xogando, cando as demais bacterias empezaron a fuxir. Ao parecer, un humano tomou un medicamento moi perigoso. Practicamente todas as bacterias morreron e nós fomos uns dos poucos superviventes. Conseguimos invadir outro corpo pero o problema foi o seguinte: estabámonos reproducindo dentro dun órgano, pero ese órgano deixou de funcionar, o humano tomou un medicamento moi forte pero morreu e tivemos que emigrar de novo a outro corpo para poder seguir creando máis descendencia. Un día chegou unha epidemia mortal, o VIH, un virus que é unha arma perfecta. Se este virus infectara a un humano, debilitaría o seu sistema de defensa e entón nós poderiamos crecer e crecer e chegar a provocar a morte dos humanos; así poderiamos cumprir a misión de toda bacteria mala que é matar a todo ser vivinte e cando non quedase outro ser, entón morrer. Para isto teriamos que reunirnos con VIH e actuar xuntos. Todas as bacterias do mundo intentariamos matar a quen estivese infectado co virus e fose suficientemente débil. Aquel día empezou a guerra. Empezaron a saír medicamentos que tiñan efectos secundarios pero que
non foron capaces de facer nada contra o virus. Cada vez o VIH mataba a máis persoas e as bacterias non tíñamos tempo para cumprir a nosa misión, xa dabamos todo por perdido. Pero.... non foi así. ASIDAxa non estaba e deixoulle paso ao Ébola. As enfermidades aparecen e desaparecen cobrando vidas e resistindo anos. As epidemias non son outra cousa que enfermidades que se propagan rapidamente poñendo en perigo a millóns de persoas, como a SIDA, que en 2013 matou 1,5 millóns de persoas. Eu non podería vivir sen os meus amigos Peste e Diarrea, xa que nunca coñecín os meus pais. As bacterias dividímonos en dúas metades e cada unha delas é a nosa célula filla. Non nos reproducimos sexualmente e ademais todas somos iguais. O que pasa connosco é que mudamos e intercambiámonos material xenético e por iso nos diferenciamos. O que queremos os meus amigos mais eu é morrer xuntos como amigos que somos, porque toda bacteria ten a súa fin, e ás veces consómese ela soa ou mátana os antibióticos, nada é perfecto nesta vida, vivimos para infectar e para morrer. Todo empeza sendo unha bacteria e logo a evolución fai que apareza unha célula eucariota. Estas reúnense en colonias, paso previo á aparición dos primeiros seres pluricelulares. Pronto aparecen animais como peixes e despois anfibios, réptiles e mamíferos. Algúns mamíferos evolucionan ata ser capaces de vivir construíndo cousas, comunicándose e sendo capaces de ser boas persoas. Todo isto, de algunha maneira, contaréillelo ós meus fillos e de xeración en xeración ata chegar á vida perfecta. Non quero ser unha bacteria que mata, senón unha bacteria feliz. Este é o meu aspecto.
Gabriel Villar 2º ESO
EDLG
IES MONTE CARRASCO
POR UNHA CIENCIA MÁIS SINXELA por Serendepio CIENCIA, CIENTÍFICO, TEORÍA, LABORATORIO, ENSAIO… Todos son termos que asustan ou, polo menos, a min pásame. Penso que o fan porque os vemos como termos que se atopan moi lonxe de nós e que non vemos a miúdo nas nosas vidas, agás no instituto, onde si que nos achegamos a eles. O malo é que nos achegamos sen tocalos, nin velos, estudando datas e nomes ás veces impronunciables. Quizás, se nos falasen deses grandes homes, descubrimentos e teorías dunha forma máis amena e común poderiamos entender que é a ciencia e como eran eses grandes científicos. Seguro que poucos coñecen a xenialidade
persoal de Einstein, coñecido unicamente por nós como o inventor da teoría da relatividade que, nos anos 20, canso xa de repetir o mesmo nas súas conferencias pediulle ó seu chofer, presente en todas elas, que o substituíse por unha noite. O chofer, que coñecía ao pé da letra todo o seu discurso recitou palabra por palabra toda a conferencia. Ao rematar alguén dos asistentes fíxolle unha pregunta. Este, seguramente contaxiado pola xenialidade do científico, contestoulle: -“Esa pregunta é tan sinxela que deixarei que o meu chofer a responda”. Debemos saber tamén que moitos dos grandes descubrimentos da historia realizáronse sen querer, por azar. En 1905 con tan só 11 anos, Serendepio era un aprendiz que xogaba mesturando refrescos e bebidas varias. Unha noite xélida de inverno, o rapaz esqueceu as súas mesturas nun vaso cunha culler na fiestra. Á
mañá seguinte o neno levantouse e atopou o primeiro xeado da historia da Humanidade. Vinte anos máis tarde patentaría o invento e venderíallo á multinacional Frigo. Wilhelm Roentgen, Premio Nobel de Física, en 1901 descubriu os raios X de forma accidental mentres experimentaba no seu laboratorio coas radiacións de raios catódicos. O científico escocés Alexander Fleming, mentres investigaba a gripe en 1928 decatouse de que un mofo verdoso infectara as súas placas petri e matara a bacteria Staphylococcus, identificándoo como o primeiro antibiótico, a chamada penicilina. Seríanos de gran axuda aos estudantes que ademais de ensinarnos ciencia e descubrimentos nos falaran dos científicos non só como persoas espléndidas e intelixentes, senón como persoas normais e con defectos como todos nós. Así, sen dúbida, seríanos máis doado pensar como puideron chegar a atopar os seus grandes descubrimentos. Isaac Newton, principal protagonista da revolución científica, era fillo de granxeiros e os seus pais esperaban del o mesmo. Marie Curie, coñecida pola súa teoría da radioactividade, era unha apaixonada da música e da danza. Louis Pasteur non foi un estudante prometedor de mozo, pero os seus descubrimentos tiveron unha grande importancia en diversos campos das ciencias naturais. Na miña opinión, os rapaces deben ter en conta que para sentirse atraídos pola ciencia non hai que ser alguén, nin vir dunha gran familia, nin ter demasiados cartos. Ás veces nin sequera é necesario propoñerse descubrir algo. Pero o que si debemos ter claro é que para chegar a ser alguén, como coloquialmente se di, temos que... “suar a gota gorda!” e como di Isaac Newton: -“Se fixen descubrimentos incalculables foi máis por ter paciencia que por calquera outro talento”, así que non debemos desanimarnos nin ver a ciencia nin aos científicos como algo afastado ou inexplicable, só como algo que calquera de nós pode chegar a ser. Joseph Gregory Escalante Gudiño-3º B
17
A GAIVOTA
2014 - 2015
LAIKA
R e c u n c h o da c i e n c i a
porBlaze
Pasara un mes dende que lanzaramos o Sputnik 1 e o noso líder, Nikita Jrushchov, presionaba para facer o seguinte satélite, pero quería que en vez de que o lanzaramos baleiro o fixeramos cun ser vivo no seu interior. Ao tomarse a decisión oficial a catro semanas da data límite o satélite estaba a medio rematar e aínda non escolleramos ao ser vivo que iría na nave. Ao final decidiuse que un can iría na nave, eliximos que serían cadelas e tamén que ían ser das rúas porque supuxemos que estarían máis acostumadas ás temperaturas extremas e a pasar fame. Eliximos a tres cadelas: Laika, Albina e Mushka e sometémolas ao adestramento que máis adiante farían os astronautas humanos. Eu, Oleg Gazenko, era o adestrador de Laika. Laika era unha cadela branca con manchas marróns, era moi tranquila e non se pelexaba coas outras dúas cadelas. Atopámola vagando polas rúas de Moscova na procura de comida. Albina, outra cadela que adestraba con Laika, era branca, de carácter amigable e aínda algo brincadeira. Mushka, a terceira cadela que eliximos, tiña a pelaxe gris clara e, o mesmo que a Albina, gustáballe moito xogar e facer trasnadas. Eliximos a estas tres cadelas porque tiñan a pelaxe clara e o sensor de movemento podería captalas mellor. O satélite estaba a pouco de rematarse, ao principio deseñámolo para que puidera ser recuperable pero ao deixarnos tan pouco tempo para construílo non tivemos tempo de instalar o sistema de regreso. O satélite estaba dotado dun sistema de ventilación que tería que se activar cando a temperatura da nave chegara aos quince graos centígrados e tamén puxemos un xerador de osíxeno e aparatos para evitar o envelenamento por osíxeno e para absorber o dióxido de carbono. Non esquecerei a primeira vez que metemos a Laika naquela centrifugadora xigante, queríamos saber ata canto ía subir a súa presión arterial. Cada vez que aquela cousa daba una volta eu preocupábame máis por Laika. Tiña a sensación de que aquela experiencia perduraría para sempre na miña cabeza e na de Laika. Adestramos as cadelas para que comeran un xel especial de alta nutrición que sería a súa comida no espazo, ao principio Laika e as demais cadelas non querían comelo e mirábannos como dicindo “que é isto…?” A verdade é que non puidemos culpalas pois o xel sabía fatal, pero tiñan que comelo para cando unha delas fora ao espazo. Metémolas nunhas cápsulas semellantes á do satélite que estabamos construíndo, cada vez eran máis pequenas pois queriamos acostumalas aos espazos pechados porque cando unha delas fora ao espazo non terían moito sitio para moverse. Noutras ocasións xa lanzaramos a Laika nun foguete de proba a gran altura. Unha vez levamos as cadelas ao laboratorio para que probasen os equipamentos que levaría unha delas no satélite cando fora lanzada ao espazo. Un día estaba con Laika na sala de adestramento intentando que comera o xel especial de alta nutrición cando, de súpeto, Laika miroume con aqueles ollos marróns que estaban cheos de tenrura, era como se estivera léndome o pensamento e debeu de lermo, porque dous segundos despois estaba comendo aquel xel. Dende ese día souben que se Laika saía elixida para ir ao espazo eu non o soportaría porque sabía que non volvería a vela. Dende ese día recei para que Laika non saíra elixida, aínda que sabía que ese desexo era egoísta, pero non puiden non desexalo pois encariñárame demasiado con ela. Estabamos a pouco máis de dúas semanas da data límite para facer o lanzamento do satélite cando recibimos o comunicado de que ía facerse dende Turatam e que o adestramento das cadelas seguiría alí;
EDLG
IES MONTE CARRASCO
así que recollemos todo e subimos a bordo dun avión Tu- 104 que nos levou ata Tashkent e dende alí subimos a un avión ll-14 que nos levou ata Turatam. Alí instalamos todo o equipo no laboratorio e continuamos co adestramento das cadelas. Levei a Laika ao laboratorio onde estabamos construíndo o satélite para ver se a cabina tiña o tamaño perfecto e se axustaba ao tamaño das cadelas. Levamos a Laika porque as outras dous cadelas eran practicamente do mesmo tamaño. Cando a vin na cabina da nave case non puiden evitar dar un berro esixindo que a sacaran de aí porque era como se a estiveran preparando para lanzala dun momento a outro e eu non quería iso, non quería que marchara. Puiden conterme a tempo, pois recordei que tan só era unha proba e que non a ían lanzar ao espazo ou, polo menos, non ese día e, se tiña sorte, nin o día do lanzamento. Un día, cando Laika e eu entramos na sala onde estaba a centrifugadora xigante, vimos ao noso xefe, Vladimir Yazdovsky, falando co noso líder, Nikita Jrushchov. Pregunteille a outro adestrador, que adestraba a Albina e a Mushka, de que estaban a falar pero tampouco o sabía. Despois de que o noso xefe acabara de falar co noso líder, deunos o permiso para meter as cadelas na centrifugadora xigante, aos científicos estrañounos que o noso líder se quedara a ver como as cadelas daban voltas en aquel artefacto. Só quedaban catro días para o lanzamento da nave e o satélite estaba listo, decidimos que se ía chamar Sputnik 2; xa só faltaba que o noso xefe elixira a cadela que iría dentro da nave e que, polo tanto, sacrificaría a súa vida pola ciencia. Cando faltaban dous días para o lanzamento o noso xefe mandounos levar as tres cadelas ao laboratorio porque, como eu temía, ía elixir a cadela que iría na nave o día do lanzamento. Cando puxemos as tres cadelas nunha mesa que había alí o noso xefe procedeu a examinalas e case me desmaiei cando dixo que Laika sería a que fose dentro da nave. Eu intentei disuadilo da súa decisión dicíndolle que non estaba lista para ir ó espazo pero non me fixo caso, así que fun xunto a Laika porque quería pasar os seus derradeiros días xunto a ela. Eses dous días pasaron moi rápido, máis do que eu quixera, e, á fin, chegou o Sputnik 2 que sería lanzado ao espazo con Laika dentro del. Para aforrarlle sufrimento a Laika metemos comida envelenada que consumiría o décimo día que pasara na nave. Mentres eu agardaba na sala de control, outros científicos preparaban a Laika para metela na nave. Antes diso eu fora despedirme da cadela que adestrara, e que tratara como se fora miña. Cando estaba despedíndome, notei que me miraba cunha mirada chea de orgullo por ser o primeiro ser vivo que iría ao espazo, e como se soubera que ía a morrer. Despois de despedirme levárona á nave e eu funme á sala de control. Pronto comezou a secuencia de lanzamento, os números ían soando: 10, 9 , 8, 7, 6, 5, 4, 3, 2, 1 e, finalmente, o 0. Nese mesmo instante o satélite saía voando rumbo ao espazo con Laika dentro del. Ao principio na base todo era silencio pois estabamos esperando unha sinal de Laika; ao cabo duns minutos na base escoitouse o ladrido da cadela por toda a sala, que foi secundado con voces de ledicia de todos os científicos que alí había. Pero eu non estaba contento, estaba preocupado por Laika porque a súas pulsacións estaban baixando e, ao cabo dunhas horas, xa non se escoitaba nada: Laika morrera, algo saíu mal. Non parei de investigar ata que descubrín o que producira a morte de Laika. A causa foi o sobrequecemento e o estrés producido por un fallo do sistema térmico que instalamos no satélite así que, ou así é como o asumín eu, a morte de Laika foi culpa nosa. Non pasou nin un día dende ese lanzamento en que non pensara: como deixamos que un ser vivo inocente morrera polo ben da ciencia? Eu nunca esquecín contarlles todo aos meus fillos e seguro que eles farán o mesmo cos seus fillos, a historia de Laika, a primeira viaxeira no cosmos. Sara Portela Carracelas - 2º ESO
19
A GAIVOTA
2014 - 2015
A SORTE BEN PODERÍA ENROLLARSE COA INVESTIGACIÓN R e c u n c h o da c i e n c i a
POLO DOUTOR SINGED
Paula era unha científica alta, atractiva, de cabelo louro e ollos azuis. Despois de rematar os estudos apuntouse en Médicos sen Fronteiras e marchou a África para poñer en práctica o aprendido e axudar no combate contra o ébola, un virus, é dicir unha unidade microscópica infecciosa que só pode replicarse se entra en contacto cunha célula. Alí, en África, Paula estivo presenciando directamente como a enfermidade cobraba milleiros de vítimas porque carecían de hospitais, medicamentos, persoal preparado, materiais adecuados e investimento de diñeiro para investigar e tentar de superala. A enfermidade continuaba a súa expansión e Paula só aprendía a facerse forte diante do sufrimento das persoas que soportaban impasiblemente ata a morte. A pesar deste negro panorama non se daba por vencida. En certa ocasión unha misioneira que axudaba no coidado dos enfermos contaxiouse, e co paso do tempo logrou superar a enfermidade. Paula, que na Universidade colaborara no departamento de investigación, gardou unha mostra do sangue da enfermeira e enviou currículos a varios laboratorios para traballar na procura dunha vacina. Unha vacina obtense a partir de debilitar ou desactivar o microorganismo que causa a enfermidade; cando se administra a unha persoa fai que esta desenvolva defensas contra esa enfermidade. Cada certo tempo téñense que facer vacinas diferentes para as mesmas enfermidades, xa que os virus cambian, evolucionan co tempo e fanse resistentes aos preparados que antes os debilitaban. Despois de varios meses, Paula recibiu unha miserable oferta dunha empresa farmacéutica e volveu á casa. Levaba moito tempo traballando no laboratorio e os experimentos para obter a vacina sempre remataban mal. No último intento pensou que ese ensaio quedaría inservible, pero despois analizouno ben e deuse conta de que era moi interesante, xa que podería ser un avance apreciable. Traballando arduamente e sen descanso, mellorou o seu experimento, pero aínda lle faltaba moito para rematalo. Despois dunha relación de varios meses cun mozo, quedou embarazada e abandonou o labor de investigación. Logo de moitos intentos e por obriga tivo que darse por vencida. Así concluíu un dos moitos intentos de crear unha vacina contra esta enfermidade vírica. Ou non? A súa vida continuou por outro camiño, volveu
dedicarse á ensinanza e á investigación con universitarios da rama da Bioloxía sanitaria e simultaneamente facía traballos a tempo parcial para o laboratorio que a contratara. Despois de ter o fillo e cando este xa estaba en Primaria, o ébola rebrotou en África e estendeuse a Europa e máis a América. Paula pensou entón que era o momento de retomalo. Así o fixo cando se deu conta de que aínda gardaba a mostra de sangue da misioneira e de que non traballara sobre ela. Inmediatamente volveu ao laboratorio da farmacéutica a traballar onde deixara a súa investigación sobre a mostra recollida. Os avances parecían notables pero non definitivos. Un día, o fillo de seis anos pediulle se podería levalo ao seu traballo o sábado pola mañá porque o seu pai non podía quedar na casa para coidalo. Ela díxolle que si, mais que non podía tocar nada nin molestar aos seus compañeiros de traballo. Ese día, nun descoido dela, o rapaz co cóbado desprazou unha probeta e parte do seu contido mesturouse coa que estaba utilizando Paula para traballar. Ao darse de conta enfadouse co neno, castigouno, enviouno para a conserxería e prometeulle que non volvería a levalo ao traballo. Recolleu as probetas e marchou para a casa. Ao luns seguinte, cando continuou co seu traballo, quedou moi sorprendida porque comprobou que diante da mestura resultante das dúas probetas o virus deixara de reproducirse e semellaba aletargado. Despois de comunicarllo aos compañeiros e de varios meses máis de traballo, todo parecía indicar que deran coa vacina. Probárona e despois de sometela a varias fases de ensaios clínicos conseguiron a vacina definitiva a unha enfermidade sen cura ata o momento. Ese mesmo ano a Paula e aos seus colaboradores déronlle o Premio Nobel de Medicina por impedir o que puidese chegar a converterse nunha pandemia letal para a poboación mundial. Co diñeiro conseguido a súa familia puido saír da crise na que estaban dende facía anos, coma moitas familias galegas. Paula pediulle perdón ao seu fillo por berrarlle e castigalo, e á vez deulle infinitas grazas de parte dela e de toda a Humanidade por axudarlle a facer tal descubrimento, aínda que a serendipia se puxera da súa parte.
Roi Millán Míguez 3º B
EDLG
IES MONTE CARRASCO
A H istoria non coñecida da Radio Por The Beast Corría o ano 1887 cando Estevo, un neno de doce anos, quixo inventar un aparello de comunicación que dera a información en directo. Tiña unha idea de como quedaría o aparello pero necesitaba financiamento. Díxolle ao seu pai se lle deixaba cartos para mercar os materiais pero este díxolle que non, porque era moi arriscado investir nun invento que non tiña garantías ao cen por cen. Estevo sabía que materiais necesitaba. Anos atrás, un científico escocés formulara a teoría das ondas de radio e Estevo tiña que asegurarse ó cento por cento de que as ondas de radio existían e se as podía usar para o invento. Estudou todos os libros de ciencias que tiña para saber máis sobre o tema e decidiu facer a proba el mesmo, pero para facela tiña que fabricar primeiro a aparello. Buscou diferentes formas de conseguir cartos, pero sempre lle dicían o mesmo: que era moi arriscado investir nunha máquina que non tiña garantías. E así, Estevo percorría despachos e oficinas para ver se algunha organización lle financiaba o proxecto. Tras meses buscando financiamento deuse por vencido e decidiu que gañaría cartos polos seus propios medios. Empezou a traballar como mariñeiro nun barco de pesca, pero aos poucos días de empezar despedírono por quedarse durmido no barco. Estevo estaba alporizado, aínda non tiña o diñeiro que necesitaba e xa non sabía que máis facer. Dirixiuse ao banco para que lle fixeran un préstamo pero só era un rapaz e no banco non lle fixeron caso. Pasaron os anos e Estevo xa case se esquecera do invento que quería facer. Cando xa estaba na universidade coñeceu a un profesor que estaba disposto a conseguirlle financiamento para o seu invento. A cambio, este tiña que colaborar coa universidade en actos e exposicións. Estevo púxose moi contento e foi mercar os materiais necesarios: Cables, interruptores, taboleiros de madeira, un desaparafusador...... Cando chegou á casa contoulle ó seu pai o que lle pasara e este díxolle que non fixera parvadas, pero Estevo estaba confiado en que o podería conseguir e púxose a traballar no invento. Xa tiña unha idea de como ía facer o aparello, xa tiña o financiamento, agora só lle faltaba un nome para o invento. Despois de pensalo un tempo decidiu poñerlle “radio”. Comezou a traballar na radio, fixo un caixón coas madeiras e púxolle un estante no medio. Logo uniu cables e interruptores para formar os circuítos eléctricos. Volveu á tenda e comprou unas variñas de ferro, unha serra e tres imáns. Volveu á casa e continuou co traballo, coa a axuda da serra fixo uns buratiños nos que colocou as variñas e arredor das variñas enroscou os extremos do cable. Puxo os imáns para ver se era capaz de reflectir as ondas que enviaba o aparello para conseguir un maior alcance de sinal. Uns días máis tarde fixo unha proba na súa casa antes de presentala en público, pero cando lle deu ao interruptor para acender a radio, esta empezou a botar fume e estourou. Estevo desanimouse moito, revisou toda a radio e quedou aliviado ao comprobar que a explosión producírase por unha mala unión entre dous cables; así que os uniu ben e xa estaba listo para facer a segunda proba. Volveu a darlle ao interruptor e a radio non se acendeu; volveu a revisalo todo e atopou outro fallo, o interruptor non estaba enchufado correctamente…, outro despiste de principiante. Finalmente volveu a intentalo e esta vez a radio funcionou. Estevo foi buscar ao seu profesor para comunicarlle a boa nova. Este planeouno todo, a presentación, os actos publicitarios........ No mil oitocentos noventa e catro Estevo fixo a súa primeira demostración dunha transmisión de radio. Darío Dacosta Magdaleno 1º ESO
21
A GAIVOTA
2014 - 2015
R e c u n c h o da c i e n c i a
UN INVENTO IMPREDICIBLE por Muriel Había unha vez un neno de nove anos chamado Manuel ó que lle encantaba xogar cos seus avións de papel. Era un neno moi imaxinativo que sempre estaba pensando como podía facer para que aqueles avións fosen cada vez máis lonxe, competía cos rapaces da súa clase e sempre gañaba; era moi competitivo. Ó cumprir dezasete anos seus pais ensináronlle unha fotografía dun avión dedicado á defensa militar e dende entonces soñaba con que algún día chegaría a ser un importante enxeñeiro coñecido por todo o mundo e poder así cumprir o seu desexo de construír e pilotar avións e poder chegar a imitar aos paxaros. Camiñando un día pola rúa, despistado, tropezou cunha moza; cando levantou a vista viuna, era a muller máis bonita que xamais vira. Comezaron a falar e falar e namoráronse. Anos máis tarde sería a súa muller. Aos dezaoito anos chegoulle unha carta que dicía: -Señor Jalón: foi vostede aceptado para cumprir os servizos militares no exército do aire como solicitara por carta. Manuel emocionado viu cumprido o seu desexo. Tempo máis tarde de cumprir o servizo militar seguiu estudando ata chegar a ser enxeñeiro aeronáutico. Pasados uns anos na base militar de Zaragoza, foi rematar os seus estudos ós Estados Unidos. Un día ó chegar da súa viaxe, Manuel viu como a súa muller estaba a limpar o chan de xeonllos e ocorréuselle unha idea. Estivo pensando durante semanas, xa que non o tiña moi claro, pensaba nun pau con algo na punta. Pensaba que tiña que ser algo que absorbese a auga e que se puidese mollar, pero tamén que puidera retirar a humidade. Despois de moito pensar tívoo claro: Manuel estaba canso de escoitar a súa muller protestar e queixarse de dor de costas e de xeonllos e pensou que ela sería moi feliz con ese aparello revolucionario. Colleu un pau de vasoira e unhas camisetas vellas de algodón. Cortou as camisetas en tiras alongadas e logo atounas ó pau da vasoira e díxolle á súa muller:
- Toma, para que non sufran as túas costas. Ela colleu aquel aparello, mollouno en auga e fregou, retorceu coas mans e volveu fregar. Non estaba convencido aínda de todo, así que pensou en algo para que a súa muller non lle comezaran a doer as mans de tanto retorcer a fregona. Entón, colleu un caldeiro, colocoulle un cesto de arame e díxolle á súa muller: - Toma, retorce aquí o pau de fregar. Ela, encantada, así o fixo. Dende ese día non volveu fregar de outra maneira, e tampouco millóns de persoas ó redor de todo o mundo. Aproveitando isto, Manuel Jalón, montou unha empresa para que todas as mulleres do mundo tivesen ese aparello marabilloso chamado fregona; unha invención que axuda a todo o mundo nunha tarefa que ata ese momento resultaba moi molesta e incómoda nos traballos domésticos. Este home imaxinativo tamén tivo outra xenial idea. Un día, mentres acompañaba ao seu fillo a poñer una vacina, viu coma una enfermeira sacaba do estoxo a xiringa metálica e colocáballe una agulla que previamente estivera somerxida en auga a ferver. Qué grandes eran as dúas, pensou o seu fillo mentres se dispuña a recibir o tratamento na súa nádega. Cando o médico estaba a inxectalo, a agulla rompeu. A enfermeira tivo que volver a ferver o material e volver inxectalo, non sen o enfado do cativo que detestaba as agullas. -Estes materiais reutilizables son moi incómodo, - pensou Manuel-, como facer que paciente e sanitario se sentisen máis cómodos?- Esta pregunta na súa cabeza levouno a inventar unha dun material menos resistente á calor pero tan barato en comparación que podería tirarse despois de usarse, aumentando así a hixiene e asegurando a asepsia. Acababa de nacer a xiringa dun só uso. VAIA INVENTOR! Nuria Villa Carracelas. 1º ESO
EDLG
IES MONTE CARRASCO
Misterios da Antiga Italia
Por Vivilda
Hai séculos, o 15 de febreiro en 1564 nacía en Pisa Galileo Galilei. Desde pequeno quixo ser un gran científico para demostrarlles grandes cousas á sociedade e aos habitantes de Florencia (a onde se trasladou coa familia) e Pisa. Unha boa mañá, estaba no seu laboratorio calculando as 65 fórmulas matemáticas que tanto lle gustaban cando alguén petou á súa porta; era o mozo dos xornais. Ezio, bos días, que tal as noticias do día? Senta, vouche preparar agora unha cunca de leite con delicias da pastelería do pobo. As noticias moi ben, nun apartado do xornal, aparece unha noticia na que tres ou catro pobos buscan un home para que lles resolva diferentes enigmas e cálculos. En Florencia, no noso pobo buscan un home que sexa quen de calcular a altura e os segundos que tarda unha pedra ao chegar ao chan na torre de Palazzo Vecchio. Logo buscan unha persoa que demostre ao pobo que a masa dos corpos non inflúen na velocidade da caída. No terceiro pobo, chamado Monteriggioni, descubriron como unha especie de catacumbas bloqueada por unha porta con enigmas matemáticos, é un pobo moi pobre. Por último, en Roma a xente como todo o mundo, din que é imposible que o home voe como se fose un paxaro responde o mozo. Galileo colleu a cunca de leite coas delicias, deixounas na mesa para que comese o mozo, colleu o periódico, botoulle unha ollada e díxolle: Eu ao mellor irei a eses pobos para demostrar a verdade que tanto buscan os habitantes. Partirei hoxe á tarde ao Palazzo Vecchio e mañá irei aos outros pobos. Ben! Deséxoche moita sorte, Galileo, teño que irme repartir os periódicos restantes, moita sorte! respondeu Ezio. Grazas, verémonos a semana que vén! Ata logo Ezio respondeu Galileo. Esa mesma tarde, Galileo foi ao Palazzo Vecchio e chamou ao seu propietario, Cosme I de Medici. O propietario permitiulle o paso e Galileo díxolle que ía a demostrar dende a torre, a altura e os segundos que tarda en caer unha pedra. O propietario fixo chamar a todo pobo dende a torre xunto con Galileo. Medici alzou a voz dicindo: Atención, cidadáns, o grandioso científico Galileo, demostraranos a altura e os segundos que tarda unha pedra en caer dende esta torre. Galileo, pode comezar cando queira. Galileo colleu un maletín que levara con el, abriuno e sacou papeis con fórmulas. Colleu unha pedra, lanzouna e ao chegar abaixo, comezou a calcular e descubriu a súa altura e os segundos, 25 metros e 7 segundos. O pobo aclamou ao gran científico e Galileo marchou ao seguinte pobo: Pisa, a súa cidade natal. Nada máis chegar foi ata a torre de Pisa e dende arriba, viu moita xente abaixo discutindo sobre a teoría da masa dos corpos e a velocidade. Chamou ao pobo dicindo: Atención, queridos cidadáns, hoxe acabarei coas vosas dúbidas sobre a teoría que tanto falades. Prestade atención e observade.
23
A GAIVOTA
2014 - 2015
Galileo colleu dúas balas de canón, unha máis grande que outra e deixounas caer. As dúas chegaron ao chan ao mesmo tempo. Os habitantes quedaron coa boca aberta e déronlle aplausos. Galileo foi a un albergue porque xa era tarde e tiña que buscar un lugar onde durmir. Durmiu no albergue e á mañá seguinte partiu a Monteriggioni. Ao chegar alí, buscou ao representante do pobo e no camiño cara á porta misteriosa, Galileo seguido dos habitantes e do seu representante, o representante explicoulle os diferentes símbolos que había na porta misteriosa. Ao chegar, Galileo observou os símbolos que tanto lle explicaba o representante do pobo. Galileo traduciu os símbolos e díxolles a todos os que estaban alí:
R e c u n c h o da c i e n c i a
Habitantes, isto é unha suma de potencias nas que hai que sumar os seus expoñentes e logo multiplicar a base polo número de expoñentes. Descubriu a resposta: 81 porque 3 elevado á cuarta é 81. Puxo 81 nun códice que estaba tallado na porta e esta abriuse. Todos entraron detrás de Galileo e observaron a salvación da pobreza do pobo. Había milleiros de moedas de ouro por todas as partes! O pobo celebrou unha festa en honor a Galileo e erixiu unha estatua del. Ao terminar a festa, Galileo partiu cara a Roma. Chegou a Roma e foi ao taller do seu amigo Leonardo Da Vinci. Galileo díxolle: O pobo di que é imposible voar, tes algún aparello que levante o corpo dunha persoa? Si o teño, está alí no recuncho, tes que agarrarte aos paus que estean pegados ás ás e ao lanzarte cara abaixo comezas a voar, pero non creo que poidas voar. respondeu Leonardo. Leonardo disgustouse, colleu un papel e lanzouno á cheminea. Logo sentou e mirou algo estraño no lume e Leonardo díxolle a Galileo: Xa o teño! O papel ía levitando por enriba do lume na cheminea! Entón temos que repartir varias fogueiras pola cidade e ti tes que pasar por enriba delas para poder voar. Galileo felicitou a Leonardo e foron cara ao Coliseo de Roma co aparato voador feito de papel e madeira. Leonardo chamou ao público e díxolle: Atención, Galileo voará con este artefacto por enriba de fogueiras repartidas pola cidade, iso demostraravos que voar é posible. Galileo coa axuda de Leonardo, montou no aparello e lanzouse cara abaixo. Galileo, cunha adrenalina bestial, comezou a voar por enriba das fogueiras gritando de felicidade. Os habitantes choraron de felicidade e Leonardo estaba moi contento polo seu gran éxito. Galileo aterrou nun campo de hortalizas onde todos o esperaban. Todos levaron nos ombros aos dous grandes científicos e invitáronos ao gran teatro do Coliseo desa mesma noite. Ao día seguinte Galileo marchou ao seu taller e recibiuno na porta Ezio. E o mozo díxolle: Parabéns, Galileo, es o mellor científico do mundo. Tremenda experiencia. Vou durmir que estou canso; pásao ben, Ezio, a vida é valiosa! respondeu aquel gran home, Galileo. David Vidal Villar 4º ESO
EDLG
IES MONTE CARRASCO
O COMEZO DUNHA NOVA CIENCIA
Por Magita
Hai moitos anos na antiga Inglaterra, vivía un mozo chamado Isaac. Como os seus pais eran campesiños, el estaba acostumado a xogar polos campos e ladeiras que rodeaban o seu pobo. Todas as tardes, despois de facer os seus labores, saía a correr cos seus amigos polo mundo adiante, sempre pasándoo ben. Un día de moita calor, saíu da casa algo máis cedo do habitual porque apetecíalle dar un baño refrescante. Por un pequeno rueiro que el coñecía moi ben, chegou rápido ao río que recorría o pobo. Ao chegar quedou coa boca aberta; tódolos nenos da aldea estaban na beira do río bañándose. Isaac divisou aos seus amigos, sacou a roupa a toda présa e meteuse na auga sen pensalo dúas veces. A auga estaba conxelada, pero ao facer tanta calor case parecía que estivera quente. A súa vida trancurriu na súa aldea, cos seus amigos, cos seus pais… Comezou a ir á escola que había no pobo e el era un neno moi intelixente e gustábanlle tódalas materias que aprendía, en especial as ciencias, aínda que nesa época non estaban avanzadas. Como lle gustaban tanto as ciencias empezou a estudalas a fondo el só, facendo os seus inventos e experimentos. A súa nai animábao sempre, dicíndolle que chegaría moi alto, pero a persoa que máis o animaba, a que lle ensinaba e a que lle axudaba cos seus problemas era o seu mestre. Isaac sempre dicía que o seu mestre era un bo home, bo profesor e bo amigo. Foron pasando os anos e xa tomaba en serio as ciencias, xa se sentía un científico profesional. Con pouco máis de vinte anos, no seu pobo xa era recoñecido polos seus inventos, que axudaban moito aos aldeáns. Unha tarde de outono saíu a dar un paseo polos campos máis afastados e despois de unha longa camiñada sentou baixo unha maceira a descansar. Alí sentado, á sombra da gran árbore pensou noutro descubrimento, e de súpeto unha mazá caeu da árbore e el pensou: “¿Por qué caerán ao chan as cousas?” Esta pregunta rondou pola súa cabeza durante meses ata que foi intentando responder a inquedante pregunta. Esta cuestión tamén anubrara a moitos outros científicos e dende bastantes anos non eran quen de respondela. Pasou máis dun ano pensando, comezou chamándoa lei da gravidade, foi estudando e mentres intentaba descubrir o porqué, aprendía cousas novas que non sabía. Ao final de moitas probas conseguiu a explicación. Sabía que fora un traballo esgotador, non cría que o dera feito. El pensaba que era unha gran obra de arte, porque era verdade, era unha verdadeira obra de arte. Newton era como Picasso, pero na ciencia. Estaba contento pero á vez triste, o seu pai morrera por unha enfermidade bastante habitual e Isaac estaba moi afectado. El estaba orgulloso co seu traballo, a súa nai tamén e os seus coñecidos, pero faltáballe o punto de vista do seu pai. Non era que sempre estiveran ben xuntos nas relación familiares pero Isaac queríao moito. Desde que morrera propuxérase chegar moi alto e así o fixo. Pronto comezou a ser recoñecido en todo o mundo e fíxose un gran físico e levou a gloria á súa familia. A xente do seu pobo estaba contentísima con el e como sempre os axudara nos momentos difíciles levantaron unha estatua ao seu honor. Newton, agradecido, díxolles que sempre que puidera iría visitalos. Xa era tan famoso que seguiu inventando e descubrindo xunto a grandes físicos e tamén comezou a ter inimigos que, ou querían ser coma el, ou querían levarlle as fórmulas dos seus inventos. Grazas ao seu descubrimento da gravidade o nome de Isaac Newton quedou grabado na historia da ciencia. Mariana Gago Táboas, 1ºESO B
25
O TEMPO VOA por Grus Grus A GAIVOTA
2014 - 2015
R e c u n c h o da c i e n c i a
Lucía espertou no medio da escuridade. Faltaba exactamente unha hora para o amencer. Ao seu carón, o seu tío seguía durmindo no saco. Todo ao seu arredor permanecía en silencio. Só o canto dun exemplar de chasco común (Saxicola torquatus) especialmente madrugador facíase escoitar nas marismas de Doñana. Ergueuse, vestiuse, colleu a cámara de fotos e o seu telescopio e foise cara un dos observatorios de aves que había na zona. Cando Lucía chegou ata alí, as primeiras raiolas de sol comezaban a facerse notar. Sabía que antes das doce debía voltar ao campamento, tal e como pactara co seu tío o día anterior, así que apurou. A rapaza montou o telescopio e observou con atención a pequena lagoa que se atopaba diante dela. A simple vista tan só apreciou as especies de maior tamaño, ou aquelas cuxo potente ou persistente canto as delataban. A uns dez metros da caseta, un pequeno grupo de pernaslongas (Himantopus himantopus) inspeccionaba o limo na procura de alimento. Preto delas, unha pequena píllara roldaba pola linde da auga. Lucía observouno co telescopio e viu que se trataba dunha píllara pequena (Charadrius dubius): o seu anel orbital amarelo, as súas patas rosadas e o seu escuro pico non deixaban lugar a dúbidas. Tamén puido apreciar, na zona máis afastada da lagoa, un gran número de calandriñas das marismas (Calandrella rufescens) que non tardaron en alzar o voo, dando lugar a un magnífico espectáculo visual. Axiña descubriu ao artífice de tal rexouba. De entre as sombras dunha vella oliveira emerxeu a silueta dun raposo, que sen dúbida era moi noviño e debido á súa falta de experiencia, errara no seu intento por atrapar unha das pequenas e fuxidías calandriñas. Lucía contemplou absorta como o pequeno raposo andara uns metros cara á beira da auga, antes de volverse a agochar na mesta vexetación, desaparecendo sen deixar rastro. Así foi pasando a mañá ata que, ás once e media, cando estaba a piques de voltar ao campamento, unha sombra ameazadora peneirou o ceo, sobre os
habitantes da lagoa. Tratábase dun ávido cazador, unha tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus). Ao momento saíron fuxindo decenas de aves de todo tipo, todas temían ao cazador. Ata un ganso testibranco (Anser albifrons), unha ave de tamaño considerablemente maior có miñato, saíu espavorecido ao detectar o intruso. Lucía aproveitou a ocasión para observar algúns exemplares que ata o momento permaneceran ocultos, e que agora se deixaban ver ao levantar o voo. A pesar da rápida reacción das aves, a rapaz conseguiu atrapar unha avoceta (Recurvirostra avosetta), que non tardou en sucumbir baixo a presión das súas zoupas. Rapidamente ergueu a presa voando, para poder gozala na segura intimidade.
Tras este espectacular avistamento, Lucía volveu ao campamento, pois o sol xa estaba alto e moi probablemente o seu tío estaría preocupado. El prometéralle que pola tarde visitarían unha zona na que poderían observar o maior evento que se pode apreciar na natureza: as grandes migracións; neste caso, das inmensas bandadas de grou común (Grus grus) e flamengos (Phoenicopterus roseus) que de forma regular paran en España para repoñer forzas e poder continuar a súa viaxe, o que converte o noso país nunha zona moi importante para a fauna aviar de todo o paleártico occidental. Isto leva consigo unha gran responsabilidade: todos debemos protexer e coidar esta rede de ecosistemas, para evitar futuros desastres ecolóxicos, que por desgraza moitas veces son provocados por nós mesmos, coma no caso do fatídico accidente do Prestige ou da desecamento da Lagoa de Antela. Alejandro Mariño García, 3º B
EDLG
IES MONTE CARRASCO
Unha vacina para a varíola Por Lúa
preguntoulle a unha delas que era o que lle pasaba nas mans e esta díxolle que non era nada, que soamente eran unas pústulas que coma o resto das súas compañeiras nunhas semanas marchábanse do corpo, como se non pasase nada. A enfermidade da varíola estaba rematando con todo o pobo. De cada cen persoas máis de noventa ou de noventa e cinco morrían cada semana. O mesmo estaba pasando en todo o país; era xa unha verdadeira praga e en pouco tempo se non se atopaba a solución, moita máis xente que pasaba por ela quedaría con grandes secuelas para toda a súa vida.
Pedro atendeu ó cativo de novo e prometeu volver nuns cantos días. Recorreu outras granxas dos arredores e comprobou que tamén outras mulleres que muxían tiñan as mesmas erupcións e quen non as tiñan xa as padecera sen ningún problema. Chegou á súa consulta e estivo toda a noite cavilando e chegou a conclusión de que nas granxas nunca se deran casos de varíola e que as erupcións das mans eran moi semellantes ás desta enfermidade, que se iso era así realmente o que contaxiaban as vacas á xente era a varíola e esta facíase inmune a ela.
Nos tempos de miseria que se estaban a pasar a xente xa non tiña un bo prato quente na mesa nin sequera un pouco de pan, e menos, diñeiro para Ó día seguinte decidiu probar o seu experimento paliar as enfermidades; só se tiñan os uns ós inoculando a unha persoa sa a varíola dunha outros, pero iso, co problema da varíola non era vaca para tratar de facela inmune á enfermidade. suficiente. Foi de novo á granxa do cativo e pediulle a unha Pedro, un pobre home que o único que quería das leiteiras, que se chamaba Janet, se lle podía era axudar á xente, exercía coma médico nun axudar. Esta preguntoulle de que se trataba e el pequeno pobo no rural e pensaba cada mañá respondeulle que estaba tentando facer algo para que se el seguía en contacto con tanta xente axudar á Humanidade. Janet entón díxolle que doente, el tamén podería pasar pola enfermidade non tiña ningún problema en facelo. Pedro díxolle e morrer. que a esperaba esa mesma tarde na súa consulta para comezar a facer probas. Janet Unha mañá foi a unha granxa, porque había un chegou á consulta, onde tamén se atopaba un cativo que caera do alto do celeiro ao intentar cativo con moi bo aspecto agardando por ela. axudar ó seu vello pai a arranxalo, pero acabou Pedro sacou da man da leiteira brume dunha das cunha perna mancada e mais unha contusión no súas pústulas e inoculoullo ao cativo que estaba lombo; ó pasar por diante das vacas da granxa totalmente san. O pequeno entre o sétimo e o observou que estas tamén tiñan nas ubres unhas noveno día desenvolveu os síntomas da erupcións moi semellantes ás que producía a enfermidade pero de xeito moi leve, e curou varíola nos humanos. Atendeu ó cativo e díxolles enseguida. Pasado un mes decidiu inocularlle a aos seus pais que estiveran tranquilos, que el varíola, pero aínda que tiña moito medo a terse volvería de novo nun par de días para ver como equivocado, o cativo non enfermou. Así foi como evolucionaba. grazas a Pedro e as súas investigacións salváronse milleiros de persoas dunha morte Cando Pedro volveu á granxa aos dous días viu segura en todo o mundo. como algunhas señoras que muxían ás vacas tamén tiñan nas súas mans erupcións Katia Meira 4ºA semellantes ás da varíola. Entón parouse e
27
APRENDIZAXE COOPERATIVA: TÉCNICAS E RECURSOS A GAIVOTA
2014 - 2015
José Ramón Vidal, CoordinadorTIC Begoña Otero, Orientadora
Un día a man esquerda díxolle á dereita que elas traballaban todo o día, mentres que o estómago non facía nada. As pernas escoitaron e déronlle a razón; dixeron que elas tamén estaban cansas, camiñando todo o día para comprarlle alimento ao estómago, quen só comía e non facía nada para conseguilo. A man dereita pediu que fixesen folga e que non lle desen máis comida ao estómago. O estómago díxolles que estaban a pensar mal, pois os seus traballos e aptitudes eran moi diferentes, e os uns dependían dos outros. Os brazos dixéronlle que eses eran os argumentos dun vago e que dende ese momento non comería nada. Pasaron uns días e un brazo díxolle ao outro que se sentía moi débil; o mesmo lles aconteceu ás pernas e a todas as partes do corpo. Entón o estómago dixo que tamén se sentía débil e que se o alimentaban, todos se sentirían mellor. Fixérono e comprenderon que todos os membros do corpo debían cooperar para conservarse con boa saúde. E o estómago entendeu que del dependía o traballo dos membros e que debía repartir todo o que lle chegaba.
Anthony de Mello. A aprendizaxe cooperativa é o uso didáctico de equipos reducidos de alumnado, xeralmente de composición heteroxénea en rendemento e capacidade, utilizando unha estrutura da actividade tal que asegure ao máximo a participación equitativa (para que todos os membros do equipo teñan as mesmas oportunidades de participar) e potencie ao máximo a interacción simultánea entre eles, coa finalidade de que todos os membros dun equipo aprendan os contidos propostos, cada un ata o máximo das súas posibilidades e aprendan, ademais, a traballar en equipo. Os membros dun equipo cooperativo teñen a dobre responsabilidade: aprender eles e contribuír a que aprendan os seus compañeiros. O profesorado utiliza a aprendizaxe cooperativa cunha dobre finalidade: para que o alumnado aprenda os contidos escolares, e para que aprenda tamén a traballar en equipo e a ser solidarios, como un contido escolar máis. É dicir, cooperar para aprender e aprender para cooperarW A aprendizaxe cooperativa non é só un método ou un recurso especialmente útil para aprender mellor os contidos escolares, senón que é, en si mesmo, un contido curricular máis que o alumnado pode aprender e, polo tanto, podemos ensinarlle. Como profesores debemos facerlle ver ao noso alumnado que deben saber traballar en equipo, que traballando deste xeito conseguen máis e mellores logros, e que, para iso, deben adquirir e desenvolver unha excelente competencia social. Esta pode ser unha cuestión controvertida porque a cualificación de un depende do traballo de todo o equipo: para que un estudante poida sacar unha mellor nota, debe conseguir que os seus compañeiros de equipo tamén consigan mellorar o seu rendemento. Esta dependencia mutua leva aos membros do equipo a colaborar e a cooperar.
EDLG
IES MONTE CARRASCO
COMPOSICIÓN E FORMACIÓN DOS EQUIPOS DE APRENDIZAXE COOPERATIVA Xeralmente, os equipos de aprendizaxe cooperativa están formados por catro alumnos, máximo cinco. A composición dos equipos debe ser heteroxénea en xénero, etnia, intereses, capacidades, motivación, rendemento, autonomía... Os equipos de base son aqueles que se manteñen estables ao longo dun tempo considerable e son o agrupamento básico do alumnado dun grupo clase. Son compatibles con outros equipos máis homoxéneos en momentos puntuais. Para formar os equipos de base distribúese o alumnado de clase en 3 columnas: .- Na columna dun extremo colócase a cuarta parte do alumnado, aqueles que son máis capaces de dar axuda, non necesariamente os que teñan un rendemento máis alto, senón os máis motivados, os máis capaces de ilusionar e animar aos demais. .- Na columna do outro extremo colócase a cuarta parte do alumnado máis necesitado de axuda, os menos autónomos e os menos motivados. .- Na columna central colócase a metade restante. Os grupos fórmanse collendo un da columna da esquerda, outro da columna da dereita e dous da columna central. Procurarase ademais que se dea un equilibrio entre outras variables: xénero, que non coincidan repetidores no mesmo equipo,...
AS ESTRUTURAS COOPERATIVAS Unha estrutura cooperativa da actividade corresponde a unha determinada forma de organizar sucesivas operacións que o alumnado debe seguir no momento de levar a cabo unha determinada actividade ou tarefa, de xeito tal que se asegure ao máximo o que Spencer Kagan (1 999) denomina a participación equitativa e a interacción simultánea. As estruturas cooperativas poden ser máis simples ou máis complexas. As estruturas simples poden levarse a cabo ao longo dunha sesión, son fáciles de aprender e de aplicar. En cambio as estruturas máis complexas -técnicas cooperativas- han de aplicarse en varias sesións de clase. Tanto unhas como outras non teñen contido en si mesmas; son só a estrutura que se aplica para traballar uns determinados contidos, de calquera área do currículo, de xeito que xeran a necesidade de colaborar e axudarse. Unha estrutura simple, aplicada en relación a un contido de aprendizaxe, constitúe unha actividade de aprendizaxe de curta duración. Unha estrutura complexa ou técnica cooperativa, aplicada en relación a uns contidos de aprendizaxe, convértese nunha macroactividade.
29
A GAIVOTA
2014 - 2015
Exemplos de estruturas simples: Estes son exemplos de estruturas cooperativas simples; son tamén os que estivemos utilizando nós na aula.
- Lapis ao centro. O profesor/a distribúe a cada equipo unha folla con exercicios sobre o tema que se está a traballar; debe haber tantas preguntas como membros do equipo. Cada estudante debe facerse cargo dunha pregunta ou exercicio:
Esta estrutura cooperativa é especialmente útil para facer exercicios, resolver problemas, cuestiónsW
- Lectura compartida Esta técnica é útil para ler un texto e facelo de maneira compartida.
- 1 -2-4 Esta técnica é especialmente útil para coñecer as ideas previas sobre un tema, comprobar a comprensión dunha explicación, ou dunha busca, tamén para resolver problemasW
- Folio xiratorio Esta técnica está especialmente pensada para comprobar a comprensión dunha explicación, dun texto, para facer unha composición escrita, para valorar un traballo ou actividadeW
EDLG
IES MONTE CARRASCO
Exemplos de estruturas complexas. Imos explicar unha das estruturas complexas que temos utilizado nas nosas aulas
Crebacabezas É unha das estruturas cooperativas máis coñecidas. Foi ideada por E. Aronson no ano 1 978 e foi unha das primeiras que se experimentaron e estudaron. Esta estrutura complexa é especialmente útil para as áreas de coñecemento nas que os contidos son susceptibles de ser fragmentados en diferentes partes (literatura, historia, bioloxíaW)
Así pois, todo os alumnos/as se necesitan uns aos outros e vense “obrigados” a cooperar, porque cada un deles só dispón dunha “peza” do crebacabezas e os seus compañeiros teñen as outras, imprescindibles para rematar con éxito a tarefa proposta: o dominio global do tema, que previamente tivemos “fragmentado”. RECURSOS PARA UNHA APRENDIZAXE COOPERATIVA As tecnoloxías dixitais ofrécennos novas oportunidades para una aprendizaxe adaptada nunha sociedade cada vez máis conectada e na que aprender a traballar con outros converteuse nunha competencia clave do desenvolvemento persoal. Son ferramentas para aprender de xeito máis eficiente, para crear actividades colaborativas, integradas no mundo real e con obxectivos reais. As TIC son imprescindibles para garantir escenarios de aprendizaxe abertos, interactivos, ricos en estímulos e fontes de información motivadoras para o alumnado e centrados no desenvolvemento de
competencias. Aínda que se pode fomentar a aprendizaxe cooperativa sen o recurso das novas tecnoloxías, e de feito hai experiencias que non as requiren, a escola e as aulas inclusivas non poden pecharse aos cambios tecnolóxicos da sociedade na que vive o alumnado, sobre todo se temos en conta que a súa predisposición é fundamental para garantir a aprendizaxe. Estas ferramentas fan posible organizar e estruturar a información dun xeito que atrae a atención e facilita a aprendizaxe, ademais de favorecer un ambiente de aula máis agradable e relaxado. O soporte que brindan as TIC, e as ferramentas da web 2.0, fan posible o traballo por proxectos colaborativos e cooperativos que implican a toda a diversidade e fan posible o enriquecemento mutuo a partires do intercambio de información e da participación conxunta en actividades e experiencias baseadas na construción compartida do coñecemento.
31
A GAIVOTA
2014 - 2015
Á hora de utilizalas sempre debemos ter en conta o seguinte: - O relevante debe ser sempre o educativo, non o tecnolóxico; debemos ter sempre en conta en que medida a tecnoloxía serve para mellorar o que queremos facer na aula. - A diferenza está na metodoloxía: cun método de ensinanza expositivo, as TIC reforzan a aprendizaxe por recepción; cun método de ensinanza construtivista, as TIC facilitan a aprendizaxe por descubrimento. - Utilizalas de xeito que o alumnado aprenda “facendo cousas” coa tecnoloxía: buscar datos, crear información en distintos formatos, comunicarse con outras persoas, resolver problemas, realizar debates virtuais, ler documentos, contestar cuestionarios, traballar en equipo, etc. - Debemos utilizalas tanto para a aprendizaxe individual de cada alumno coma para a aprendizaxe cooperativa entre grupos de alumnos, tanto presencial coma virtualmente. - O uso das TIC non debe planificarse coma unha acción allea ou paralela ao proceso de ensinanza habitual: teñen que estar integradas e ser coherentes cos obxectivos e contidos curriculares que se están traballando. Algúns dos recursos máis utilizados nas metodoloxías activas (aprendizaxe cooperativa, Flipped classroom-clase ao revés-, traballo por centros de interese, aprendizaxe baseada en proxectos –ABP-W) para contribuír á solución de problemas compartidos, permitir o intercambio de ideas, a negociación de puntos de vista diferentes, a confrontación en posturas opostas e a resolución positiva dos conflitos son os seguintes:
Busca de información Buscadores: seguindo as estratexias de busca dos diferentes buscadores podemos atopar todo tipo información relevante (de imaxes, documentos, ebooks, audio, recursos educativosW) As redes e os marcadores sociais son potentes buscadores de información previamente curada. Foros: permiten propoñer temas de debate para que os usuarios poidan compartir información, discutir, opinar e resolver dúbidas. Marcadores sociais: enlaces a sitios web do noso interese e accesibles dende calquera lugar; son moi útiles para buscar información á hora de traballar cooperativamente.
Crear e compartir traballos Ferramentas máis utilizadas nos traballos cooperativos do noso centro: Blogs (weblogs): un instrumento de gran valor para o seu uso educativo dentro dun modelo construtivista onde compartir contidos, recomendar recursos, fomentar a participación e divulgar as experiencias realizadas.
EDLG
IES MONTE CARRASCO
Google Drive: permítenos traballar cooperativamente sobre un documento en tempo real e crear formularios interactivos. Google sites: web colaborativa (Webquest) editable por varios usuarios en tempo real na que se poden aloxar todo tipo de arquivos; cada membro contribúe ao aportado polos compañeiros. - ZohoProjects tamén permite xestionar proxectos e cargar e compartir arquivos. Aulas virtuais (Moodle) para xestión de cursos en liña baseados nunha pedagoxía construtivista. Axuda aos educadores a crear comunidades de aprendizaxe en liña; ademais de crear actividades permite ao alumnado e profesorado compartir todo tipo de documentos e contidos. Serve tanto para complementar a educación presencial coma para a educación a distancia. Integra chats e foros como importantes fontes de información para a consulta e o asesoramento. Outras ferramentas para o traballo cooperativo Wikis: sitio web colaborativo onde os usuarios poden crear, editar, borrar ou modificar, fácil e rapidamente, o contido dun xeito interactivo; permite subir e almacenar documentos e todo tipo de arquivos que se poden enlazar dentro da wiki para que os alumnos os utilicen (imaxes, audios, vídeos, presentacións, documentos pdf, páxinas externasW). Propicia o intercambio de saberes, onde o aporte individual súmase a un todo. Dropbox: servizo de aloxamento de arquivos e carpetas que permite almacenar, sincronizar e compartir arquivos e carpetas con outros usuarios. Podcasts: arquivos de interese (conferencias, leccións, gravacións de músicaW), xeralmente de audio, aos que podemos subscribirnos (RSS) para seguilos. A maioría dos programas de radio/Tv emiten a totalidade dos seus contidos por este sistema. MailChimp, Gmail: listas de correo; permítennos manter contacto simultáneo entre os membros do grupo. Titanpad: todo o que escribamos lerase e poderá ser modificado en tempo real por tódalas persoas que entren nel. Resulta moi cómodo e rápido para escribir texto colaborativo participando todos ao mesmo nivel. Co-ment: con esta ferramenta podemos recibir os comentarios de calquera persoa sobre un texto xa escrito con suxestións para melloralo. Mapas conceptuais: permiten una aprendizaxe significativa dos contidos, así coma un adecuado almacenamento do material. Mind42 e Mindmeister permiten facer mapas mentais en tempo real e compartilos con outras persoas. Evernote: xestor de notas para recopilar e organizar a información relacionada cun proxecto. Rememberthemilk: permite administrar listas de tarefas e clasificalas e compartilas con outros mediante sms e programas de mensaxería instantánea. SlideShare. Popular ferramenta para crear e compartir presentacións en liña que se poden inserir en webs y blogs.Tamén Scribd e Issuu. Mydocumenta. Plataforma en liña para crear, publicar e compartir presentacións e proxectos interactivos. EdiLIM: (Libros Interactivos Multimedia) Para crear actividades interactivas atractivas para os alumnos. Admite a inclusión de audio e imaxe. Movenote: permite seleccionar os materiais didácticos que necesitas e gravar a túa propia imaxe explicándoos. Pódese xestionar dende Gmail.
33
A GAIVOTA
2014 - 2015
Educaplay: Plataforma para crear actividades de distintos tipos: encrucillado, adiviñanza, completar, diálogo, ditado, ordenar letras, ordenar palabras, relacionar, sopa de letras e test.
Murais virtuais Glogster. Permite xerar murais dixitais interactivos con texto, imaxes, gráficos, vídeo e audio. Padlet. Para crear murais virtuais de xeito colaborativo.
Tests e cuestionarios Socrative. Brinda a posibilidade de realizar tests ós alumnos en tempo real e a través de calquera dispositivo. GoConqr. Antes coñecido como ExamTime; ideal para crear tests e outros materiais de estudo.
Twitter (Microblog). A rede social é ideal para compartir información interesante así como para informar da evolución e progresos dun determinado traballo ou proxecto; permítenos crear hashtags (etiquetas) para seguimento dun tema determinado. Outras ferramentas de microblogging: Tumblr. Facebook: rede social baseada en perfís e orientada á relación entre as persoas que a forman, manténdonos conectados de xeito privado ou público (muro). Ademais proporciona outras moitas funcionalidades: chat en tempo real, creación de grupos con intereses comúns, busca de informaciónW - WhatsApp: con fins educativos, para crear grupos que permitan o seguimento do traballo colaborativo. Videoconferencia: educación a distancia presencial. Os Hangouts de Google+ permítennos conectar a varias persoas en tempo real para intercambiar información. Join me: ferramenta para compartir o contido da pantalla dun usuario con outros. DimDim: permite xuntanzas en directo por medio do navegador compartindo documentos. Falar do futuro e tratar de definir tendencias é sempre una tarefa difícil, e máis cando somos testemuñas da velocidade dos avances tecnolóxicos e das comunicacións. Probablemente a escola que vén sexa una escola sen libros, sen horarios, baseada nunha avaliación continua... Unha escola disruptiva, que traballará por proxectos e centros de interese, con varios profesores por aula que guíen ao alumnado mentres traballan nos temas que xorden das súas propias preguntas (a aprendizaxe ocorre cando alguén quere aprender, non cando alguén quere ensinar). E de que xeito poden apoiarnos as TIC para acadar una aprendizaxe colaborativa de calidade e unha cultura para compartir? Pois seguramente atopando nelas a posibilidade dun crecemento maior que o que nos dá camiñar en solitario, cambiando os xeitos de ensinar e aprender para dar resposta ás necesidades dunha escola que ten na atención á diversidade e na aprendizaxe inclusiva o seu punto de partida e o seu punto de chegada.
EDLG
IES MONTE CARRASCO
EXEMPLOS DE TÉCNICAS COOPERATIVAS TRABALLADAS NO CENTRO
Cada equipo redactará un folio onde se recolle o que sabe o grupo sobre as danzas tradicionais en Cangas. Para iso, procederán da seguinte maneira: Un membro do equipo empeza a escribir (o que ten o nº 3) o que sabe. A continuación, pásallo ao nº4 que escribe o que sabe, distinto ao que escribiu o anterior; a continuación ao nº1 e, por último, ao nº2. Cando todos e todas teñan escrito a súa aportación, un membro do grupo que actuará como secretario/a, lerá a aportación do grupo. Imos ler o artigo do Faro de Vigo do 29 de setembro, Daravelo concede su XIV Premio de Reconocimiento a las tres danzas de Cangas.
AS DANZAS TRADICIONAIS DE CANGAS Despois de ter lido o artigo do Faro de Vigo do 29 de setembro, responde ás seguintes preguntas: 1.- En que parroquias de Cangas, se bailan as danzas tradicionais?: 2.- Os danzantes levan a mesma vestimenta nas 3 danzas? 3. Lembrades as datas en que se bailan cada unha das danzas? 4. Por que se lle deu o premio de que fala no artigo?
35
A GAIVOTA
2014 - 2015
WEBGRAFÍA Programa CA/AC (“Cooperar para Aprender / Aprender para Cooperar”) para Ensinar a Aprender en Equipo, de Pere Pujolás e J. Ramón Lago da Universidade de Vic. Os nosos traballos cooperativos: Danzas tradicionais: http://prin1 3-1 4.blogspot.com.es/ Deporte en cangas: http://deporteencangas.blogspot.com.es/ Coñecendo a Malala: https://sites.google.com/site/conecendoamalala/ Buscadores: https://sites.google.com/site/apoyosenred/actividades/consulta/buscadores Estratexias de busca: https://support.google.com/websearch/answer/2466433?hl=esHYPERLINK "https://support.google.com/websearch/answer/2466433?hl=es&rd=1 "&HYPERLINK "https://support.google.com/websearch/answer/2466433?hl=es&rd=1 "rd=1 Podcast: https://sites.google.com/site/tallerdepodcast/donde-escuchar-p Foros:http://www.foroactivo.com/ Marcadores sociais: Wiki: Mapas conceptuais: https://sites.google.com/site/apoyosenred/herramientas-web-2-0 Slideshare: http://www.slideshare.net/ Mydocumenta: http://www.mydocumenta.com/web/?q=content/documenta EducaLim: http://www.educalim.com/index.htm Movenote: https://www.movenote.com/ Educaplay: http://www.educaplay.com/ Glogster: http://edu.glogster.com/?ref=com Padlet: https://es.padlet.com/ Socrative: http://socrative.com/ Goconqr: https://www.goconqr.com/es Videoconferencia:https://sites.google.com/site/apoyosenred/herramientas-web-2-0/video Hangouts: https://plus.google.com/hangouts/onair Apps educativas: https://sites.google.com/site/apoyosenred/archivo/directorio-de-recursos/apps Tódolos recursos citados, en Banco de Recursos educativos: https://sites.google.com/site/apoyosenred/.
EDLG
IES MONTE CARRASCO
Podemos vivir sen libros por Xosé Álvarez Seguramente estamos acostumados a oír falar da importancia dos libros e do moito que nos ensinan. Pero resulta que na historia da humanidade (sen tomar a palabra historia en sentido literal) a súa existencia só ocupa un pequenísimo, diría ínfimo, período de tempo. Durante miles de anos os humanos viviron sen eles e chegaron até aquí. Aínda lembro un antigo alumno que cando tiña que preparar un traballo sobre o Antigo Exipto preguntaba, con toda a lóxica do mundo, que por que tiña que ler todo aquilo sobre aquela xente que xa morrera. En termos semellantes exprésase unha porcentaxe nada desprezábel de xente nova, e non tan nova, que non encontra ningunha motivación para ler e que, posuída polo signo dos nosos tempos, pregunta que para que lle serve. Como se todo o que realizamos ao longo da nosa vida tivese utilidade. Probablemente dedicamos a maioría do tempo a tarefas “inútiles” e nin nos decatamos. Poderiamos alegar que nos permiten coñecer, a través da imaxinación que despertan, outros mundos alternativos e que fomentan a capacidade de soñar e de construír eses mundos diferentes e ansiados. Así, non é de estrañar, por exemplo, que os inquisidores españois prohibiran ler novelas na América colonizada, precisamente debido a que entenderan o carácter subversivo desas obras. De igual forma compórtanse case todos os réximes totalitarios. Non debe haber ningún que non teña un índice de libros prohibidos, posto que no fondo trátase de que a poboación non se evada, é dicir, que non fuxa, que non escape coa súa imaxinación, xa que isto provoca a perda do medo ao control. Con todo, non será isto un exercicio inútil que nos afasta da realidade? Como dicía, podemos vivir perfectamente sen eles, como podemos vivir sen televisión, sen teléfono móbil, sen microondas, sen neveira... Tamén sen libros. Ou acaso non coñecemos persoas que nunca na vida leron un ou mesmo outras que nunca souberon ler? E viven. Algunhas até viven ben e non senten tal necesidade. Outras mesmo tiveron prósperos negocios sendo analfabetas. Tampouco podemos xustificar a necesidade de ler afirmando que nos achega á verdade e que esta nos fai libres, pois non é certo. O que nos fai é conscientes e a consciencia é a que nos permite escoller entre a liberdade ou a submisión e non todos escollen a primeira. Así que no fondo, trátase de decidir como queremos pasar por esta vida. Se desexamos ser un elo da gran cadea e contribuír, por pouco que sexa, á grande obra que supón o avance intelectual da humanidade ou se nos conformamos con ser individualistas e ter simplemente unha función reprodutora, afastada de toda inquedanza que vaia máis alá das funcións primarias. Se aspiramos a elevarnos ou a permanecer a rentes do chan. Ou nun sentido máis práctico: se queremos que nos enganen sempre que queiran ou só sempre que poidan. Como dicía Emiliano Zapata “o que queira ser aguia que voe, o que queira ser verme que se arrastre, pero que non grite cando o pisen”. Finalmente, para os que malia todo, non ven utilidade nos libros, para os chamados utilitaristas, para os que miden os avances intelectuais en ingresos e beneficios, cómpre dicirlles que a televisión, o teléfono móbil, o microondas, a neveira... existen grazas aos libros. Seguro que así xa lles encontran máis valor, aínda que non alcancen a cuantificalo, porque para iso é necesario ler.
37
A GAIVOTA
2014 - 2015
P i a l e a n d o e n C a n a d á por Carmen Amado Din que segundas partes nunca foron boas, pero ás veces os refráns equivócanse, como ocorre nesta ocasión. O pasado 20 de setembro embarquei na miña segunda aventura canadense cara a Ottawa. Aparentemente era máis do mesmo: mesma cidade, mesmo programa, incluso un par de compañeiros que repetían experiencia... pero está claro que cada aventura é diferente, e sempre temos algo que aprender. Como xa vos contei hai dous anos, a Consellería de Educación convoca todos os cursos o programa PIALE (Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras) na modalidade de integración. O interesante deste programa, a diferencia de outros cursos de inmersión lingüística, é a participación do profesorado na vida escolar en centros de Ottawa, traballando e intercambiando experiencias con colegas canadenses, ao tempo que convive con familias acolledoras que aportan unha visión social da vida no país. A primeira vez que viaxei a Canadá chamáronme a atención moitas cousas que, aínda que xa coñecidas, sorprendéronme de novo nesta segunda visita: a inmensidade territorial do país, a espectacularidade da súa paisaxe, o modo en que os canadenses acollen á poboación inmigrante, a multiculturalidade das súas xentes, patente en todos os ámbitos, ou a convivencia natural dos dous idiomas cooficiais, o inglés e o francés. O meu centro de destino nesta ocasión foi o Brookfield High School de Ottawa que escolariza cada ano uns mil alumnos e alumnas de graos 9, 10, 11 e 12 equivalentes a 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato do noso sistema educativo. Estes estudan cada curso oito materias divididas en dous semestres ao final dos cales deberán examinarse. A súa escolarización é obrigatoria ata os 18 anos.
O Brookfield High School é un dos poucos institutos de Ottawa que oferta ensino en árabe. Tamén escolariza alumnado con programas internacionais, de feito coincidín cun alumno alicantino que estudaba no centro durante o primeiro semestre e que, como calquera outro adolescente, adicábase a ensinar aos compañeiros palabras en español non moi recomendábeis. O día a día no instituto era rutinario e moi parecido ao resto dos centros canadenses: antes de comezar ás nove da mañá anuncian por megafonía que vai soar o himno nacional que todo o mundo ten que escoitar de pé. “Please, stand for the National Anthem”, din ao comezo e “please, be seated and have a great day” ao rematar. Logo comezan as clases, catro de 75 minutos cada unha cun descanso dunha hora para comer. A orde das clases a primeira e terceira hora (despois de xantar) invírtese coa segunda e cuarta os días pares e impares, así se o luns día 3 un alumno ten inglés, matemáticas, xeografía e música nesa orde, o martes día 4 terá matemáticas, inglés, música e xeografía. Esta práctica ten unha razón: evitar que o alumnado pouco puntual ou absentista perda sempre as mesmas materias.
EDLG Durante as clases a maioría das portas das aulas están abertas, polo que podedes deducir que non hai grandes problemas de disciplina. Se un alumno ou alumna necesita ir ao servicio solicita ao profesor un “hall pass”. Este pase xustifícao ante o profesorado de garda de corredor, e demostra que ten permiso do profesor para ir ao baño durante a clase. Unha curiosidade: en Canadá hai moitos nenos e nenas alérxicos aos perfumes polo que nas escolas está prohibido levar colonia ou calquera outro tipo de perfume, “no scent at school”o que pode provocar situacións sorprendentes segundo con quen deas! Outra das cousas curiosas é a celebración do “spirit days”, días nos que tanto alumnado como profesorado van vestidos dun xeito concreto, por exemplo, todos cunha camiseta vermella ou con chanclas. A razón? “just for fun!”, por diversión. Unha práctica habitual e obrigatoria unha vez ao curso en todos os centros canadenses é a “lockdown practice” ou ensaio de como reaccionar ante o posible ataque de persoas armadas. Cando soa a alarma débense pechar as ventanas e baixar todas as persianas, pechar as portas, incluso dificultar a súa apertura apoiando cadeiras ou mesas. Inmediatamente hai que esconderse o mellor posible, incluso dentro dos armarios! e permanecer en silencio ata que o director ou directora do centro, acompañado da policía te atope e ”libere”, pois trátase dun simulacro! Se non estás avisado de que se trata dunha práctica, resulta bastante intimidante e podes chegar a pasar algo de medo. Eu tiven a sorte de que me avisaran pois cadroume estar na sala de profesorado, senón levaría un bo susto!, por certo, a policía chamounos a atención por non nos ter agochado mellor! :( Ao saír do instituto ás tres, tiñamos a tarde libre para visitar a cidade ou realizar
IES MONTE CARRASCO
actividades de ocio coas familias acolledoras e, dúas veces á semana organizábanse actividades culturais para o grupo de “galegos”, como nos chamaba o director do programa, Constantine Ioannou, marabilloso políglota de orixe grega e excelente persoa. Entre as visitas realizadas destacaría a visita ao Parlamento, localizado no “Outeiro do Parlamento” ou “Parliament Hill” onde tamén se atopa a “Centennial Flame” ou “Chama das Nacións”. Trátase dunha fonte que conmemora o centenario de Canadá como confederación de nacións. É unha chama alimentada permanentemente con gas natural rodeada por unha fonte en cuxos bordes se atopan os escudos de dez provincias e dous territorios. O terceiro territorio, Nunavut, integrouse posteriormente, en 1999. Ottawa goza de varios museos entre os que destacaría o Museo da Historia, anteriormente chamado Museo das Civilizacións, concebido para recompilar, estudar e preservar a historia das civilizacións que formaron o país, o Museo de Ciencia e Tecnoloxía, a Galería Nacional ou o Museo da Guerra deseñado polo arquitecto de orixe xaponés Raymond Moriyama co fin de que o visitante se sinta incómodo dada a temática que exhibe. E para os amantes da natureza, é de obrigado cumprimento unha visita ao parque natural de Gatineau, ou un simple paseo polo canal de Rideau no corazón da cidade. Finalmente, só me queda animarvos a participar en proxectos de inmersión lingüística a todos aqueles que teñades a oportunidade, it’s really worth the trouble!
39
A GAIVOTA
2014 - 2015
Se repasamos a lista de escritores e escritoras homenaxeadas o Día das Letras Galegas atoparemos un dato revelador. Dende a primeira celebración, en 1963, até a actualidade, tan só se dedicou o 17 de maio a tres mulleres: Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño. O Consello da Cultura Galega no seu informe ‘A muller na cultura galega’, no que conta os premios de creación artística, literarios, de artes escénicas e audiovisuais e xornalísticos, conclúe que o 67% dos premios outorgados en Galicia recaeron en homes, un 20% en mulleres e un 13% en entidades. Esta desproporción non é casual. Reflicte unha desvalorización do traballo da muller, porque mulleres escritoras, artistas e xornalistas, habelas, hainas. Os datos amosan que as mulleres publican menos (un 62% das publicacións en galego levan a sinatura dun home) e reciben moitos menos premios. Esa é a teimuda realidade. Vaiamos ás raíces da cuestión. Seguindo as liñas teóricas de Pierre Bourdieu, o campo literario é un espazo condicionado por factores económicos e políticos, ademais de por diversos esquemas mentais e sociais. Deste xeito, configuracións ideolóxicas hexemónicas correspóndense con sistemas literarios dominantes, onde a muller é esquecida ou subalternizada a un papel lexitimador despoxado de conflito, a un rol que encaixe dentro dos parámetros da ideoloxía patriarcal. As escritoras galegas, polo feito de ser mulleres e pola súa elección do galego como lingua literaria, viven unha dobre invisibilización: primeiro, ao pertencer a unha literatura periférica fronte á literatura castelá dominante, e segundo, como mulleres, fronte á ideoloxía patriarcal hexemónica. As academias, como formas organizativas inseridas nunha dinámica de poder, reproducen e perpetúan estas lóxicas patriarcais. Velaí a marxinación das escritoras galegas nas adicacións do Día das nosas letras, pero tamén a reinterpretación e desnaturalización que se fai da produción escrita por elas por parte dos ámbitos académico-institucionais. Entre as liñas dos textos literarios agroman os elementos dun proceso de ideoloxización que cómpre combater dende a reescritura e a relectura. Un exemplo é a interpretación dominante sobre Rosalía de Castro, que salienta a súa vertente máis lírica ou folclórica, dentro dun cliché sentimentaloide no que a poetisa padronesa é fácil de encaixar para o gran público, agochando a vertente máis reivindicativa da súa obra, a súa denuncia da explotación do pobo e da muller galegos, a rabia militante dos seus versos máis acedos. O uso da sátira, da ironía, da caricatura, amosa un potencial subversivo que ofende ás mentes “Bienpensantes”.
EDLG
IES MONTE CARRASCO
Nesa mesma liña atopamos o concepto sentimentaloide, que non sentimental, de Galicia, á que se lle atribúen, dende o ámbito do poder, pero tamén dende o ámbito literario e incluso dentro dalgunhas vertentes nacionalistas, supostos valores femininos: nostalxia, saudade, resignación, humildade, agarimo, dozura, laboriosidade, sufrimento, Galicia nai e señora. Por exemplo, no coñecido poema de Xosé María Díaz Castro, "Galiza", coma Penélope, tece e destece a súa tea, agardando manseliña polo seu Ulises. Esta identificación compre una misión ideolóxica, dentro dunha lóxica de dominación que despoxa a imaxe de Galicia de valores como a insubmisión, a fortaleza, a rebeldía, que se asocian falsamente coa masculinidade. Por suposto, estas atribucións son culturais, carecen de base real, pero compren a súa función. As identidades, tanto nacionais como de xénero, non son naturais e inmanentes, constrúense, e insírense nun sistema de relacións de poder, nun campo político. Ámbalas dúas identidades non só non son excluíntes, senón que se entrecruzan, enriquecéndose mutuamente. Ámbalas dúas enfróntanse á marxinación social da muller e do país, e moitas veces teñen que superar o lastre do autodesprezo, da minusvaloración. Unha muller que escriba en galego, dende esta dobre identidade, como suxeito consciente, exerce un traballo de resistencia. As marxes son espazos de produción cultural moi fértiles, xeran bifurcacións co establecido. Todas as mulleres escritoras atopan un punto común de partida: o rexeitamento social e cultural a que as mulleres tomen a pluma, que é o instrumento co que historicamente se construíu e transmitiu o sistema de valores patriarcal. Ao racharen o muro do silencio non falan soamente por si mesmas, senón por tódalas mulleres “mudas” que as precederon, denunciando a exclusión, a súa invisibilización. Así, a ensaísta Montse Dopico afirma: "As mulleres non podemos aceptar non estar, temos que falar, nunca ceder a palabra." A escritura convértese así nun espazo de liberdade, no que a muller pode rachar coas súas cadeas e axudar a outras mulleres a esnaquizalas, mediante o milagre da comunicación. Como non empatizar coas verbas que escribiu a nosa Rosalía aos 21 anos:
“Porque o patrimonio da muller son as argolas da escravitude. Eu, porén, son libre, libre coma os paxaros, coma as brisas; coma as árbores no deserto e o pirata no mar. Libre é o meu corazón, libre a miña alma, e libre o meu pensamento, que se alza cara ao ceo e descende cara á terra, soberbio como Luzbel e doce como unha esperanza.” Rosalía de Castro, Lieders, Álbum do Miño, 1858
Neste longo camiño cómpre vencer estereotipos, coma o da muller rural como detentadora e transmisora das esencias de Galicia fronte á muller urbana despoxada de identidade e cun traballo doméstico desvalorizado. A forza das mulleres galegas reside na loita que desempeñou e segue a desempeñar día a día, hora a hora, polos seus dereitos e polos das xeracións vindeiras, dende as traballadoras da Tabacalera da Coruña que protagonizaron a primeira folga da historia de Galicia até as que sacan adiante ás fillas mentres o marido está no mar, dende as que se deixan as manciñas na fábrica de conservas até as que teclean no ordenador unhas liñas na nosa lingua, dende a que atende unha residencia de anciáns até a que ensina o significado da palabra dignidade nunha escola do país. Porque as súas raíces como mulleres, como galegas, son as raíces do noso futuro.
41
O San Xoán A GAIVOTA
2014 - 2015
Día de San Xoán, alegre, meniña vaite lavar, pillarás auga do paxaro antes que o sol raiar. irás ao abrente do día a auga fresca catar a auga do paxariño que saúde che ha de dar. Corre, meniña vaite lavar alá na fonte te has lavar, e a fresca auga desta amañecida cor de cereixa che ten que dar. Ola rapaces: hoxe quero falarvos do día en que o sol atinxe o seu maior esplendor e domina o solsticio do verán; quizais cando o home se decatou de que o astro rei percorría o firmamento para lucir esplendoroso no San Xoán, para logo ir morrendo paseniño cara o inverno, na noite de San Silvestre. Tamén quizabes, cando o home se decatou de que a auga e o lume nos purifican como o amor e a festa. É por iso que debemos gozar lixeiros desta noite meiga de lumes e lumieiras, cacharelas ardentes e fogueiras acesas no resplandor dos soños. E tal como nunha romaría, poderiamos dicir: “que empece a festa, que xa están cheos os pratos, as fontes e as artesas de algareiras sardiñas en fariñas trigas e millas, “Joubas que le dicen en los madriles” e xa chouta o viño bulideiro polas gorxas en enxurradas (isto non o tomedes en serio), que vai ser a festa do San Xoán e cantarán as mozas e os mozos nun repenicar algareiro , mentres arderán as meigas nos lumes e cacharelas da noite. Andará o tinto polas quenllas, na nosa muiñada do San Xoán, tarabela e tanxedoira do muíño , que eu lembro
Celso Parada
de neno. Na noite de San Xoán soñaremos coas mimosas en flor, espertaremos nos areeiros de Rodeira , no mar de Cangas, camiño do Donón . Meu amigo foi ruar ai amor noite descida. A noiva tiña unha sombra Ai amor, color cantiga. A noiva tiña un floreiro Ai amor, con vidros rotos. Pontes de ríos espertos Ai amor, nos seus fros soltos. Meu amigo tiña un medo Ai amor, de aramios negros, Aramios de sangue pecho Ai amor, e ar amarelo. A fiestra tiña laranxas, Ai amor, que medo tiña A noiva tiña unha fenda Ai amor, que fonte tiña. Que noiva do meu amigo Ai amor, qué amor primeiro, Choraban os varandais Ai amor, lonxe do leito. Choraban os anxos verdes Ai amor, nas galerías, Amables lúas nouturnias, Ai amor, qué noiva tiña. Meu amigo foi ruar Ai amor, noite perdida, Os ollos cortados núos, Ai amor, qué romaría.
Como dixo certo poeta (isto non cae na avaliación) : “mil primaveras máis para a lingua galega”.
EDLG Ai!, noite meiga, meu señor San Xoán que tantos cantares soñaches, entre veigas e salgueiros, no val de Coiro, que percorrín de cativo, tan vizoso e algareiro. Alí, onde o eixo, a moega e o pé, sempre rolan como a vida. E mentres ardan (presente de subxuntivo) as cacharelas, chouten as charamugas cara o ceo e acendan a noite en escintilantes bolboretas de lume. Dime rapaza bonita Con que lavas a cara? Con que lavas o pelo? Cunha herbiña que hai no monte Que lle chaman tromentelo. Noite dos mil romances, das mil cantigas, que agochas no teu seo dun cantar un fuxidío amor , un soñar namorado ou un lume arde que arde de meigas e meigallos.
IES MONTE CARRASCO “No San Xoán, as meigas fuxirán” “A auga de San Xoán, tolle o viño e non o pan” “Madrugada de San Xoán, madrugada a máis garrida que baila o sol cando nace e ri cando morre o día”.
Daquela vinde rapaces e rapazas , por campías e por veigas; vinde os de Darbo, Montecarrasco, os de Coiro, San Pedro e Liméns, os de San Cosme ou de Aldán , e traede ramallos e flores, traede contos e cantares, deixade que a noite vos orballe de lume; que mañá, ao raiar o día, lavarémonos jalanes e fermosas, con olorosas herbas de San Xoán.
NOTA: Este texto goza dun abondoso léxico para procurar no dicionario. Bo proveito.
43
A GAIVOTA
2014 - 2015
As bebidas azucradas e os riscos para a saúde por Évora Parcero, 3º B O elevado consumo de azucre nos países industrializados coma o noso, multiplicouse por 50 nos últimos anos. Ata un 1 5% da inxesta de enerxía recíbese de azucres refinados, coma os que están presentes nas bebidas non alcohólicas de consumo habitual nos nenos: refrescos, bebidas gasosas, batidos, zumes artificiais, bebidas deportivas, enerxéticas, etc. As campañas publicitarias, neste caso dirixidas sobre todo a nenos, mozos e pais, fan crer que son produtos inofensivos ou incluso saudables. Nada máis lonxe da realidade: Enganosamente, nalgúns envases aparecen imaxes de froitas, cando o seu contido real nin sequera alcanza o 5% de froita real. Pola contra, nunha soa lata de Coca-Cola, por exemplo, atopamos 35 gramos de azucre, cando a recomendación da OMS é dun máximo de 25 gramos por persoa ao día. Con respecto á cantidade de cafeína, podemos atopar o que se correspondería con tres ou máis cuncas de café na mesma lata. Estudos recentes sinalan que as bebidas enerxéticas con cafeína e taurina (amoníaco) teñen a curto prazo un impacto directo na contractibilidade do corazón, aparecendo diferenzas na frecuencia cardíaca, na presión arterial o una cantidade de sangue que é capaz de expulsar o ventrículo esquerdo. A máis longo prazo, existen multitude de investigacións médicas que relacionan o consumo destas bebidas coa mala alimentación, a aparición de caries, obesidade, o aumento do colesterol e as subidas bruscas de azucre no sangue o que supón un elevado risco para padecer certo tipo de enfermidades crónicas (para toda a vida) como a diabete, enfermidades cardiovasculares, algúns tipos de cáncer e incluso malnutrición, xa que a súa inxestión limita o consumo de outros alimentos. Por iso, reducir o consumo deste tipo de bebidas, nada nutritivas e polo tanto innecesarias, suporía un enorme beneficio para a nosa saúde. Neste sentido, algún estados están comezando a tomar certas medidas para combater os graves e custosos efectos prexudiciais que provocan. Nalgún casos con simples recomendacións para que se tome conciencia do que implica un consumo excesivo de azucres, noutros con cambios lexislativos para controlar a publicidade, o etiquetado ou, incluso, impostos engadidos a estes produtos. A alternativa máis saudable sen dúbida continúa sendo a auga, os zumes naturais e licuados preparados na casa. Se queredes máis información sobre este tema, podedes atopala nas seguintes páxinas: http://xenteconvida.sergas.es /Paginas/Articulo/cat/3/art/18/frea-a-obesidade-infantil http://saludinfantil.about.com/od/Alimentos/a/Las-Bebidas-Azucaradas.html http://www.el mundo.es/salud/2014/05/28/5384daa922601d5e2a8b458a.html http://www.hola.com/ninos/2013081966649/efectos-bebidas-gaseosas/ http://educlasfdiet.blogspot.com/2015/01/consecuencias-del-consumo-de-bebidas.html http://www.dineroenimagen.com/2014-11-19/46578
EDLG
IES MONTE CARRASCO
Rese+as das gaivotas lectoras La Catedral del Mar − Ildefonso Falcones por Lorena Pi+eiro, 3(B La Catedral del Mar trátase do primeiro libro deste autor. Está ambientado na Barcelona do século XIV, entre os anos 1320 e o 1368, durante a contrución da catedral de Santa María de la Mar. Un servo da terra ou payés, Bernat Estanyol, comprometeuse, trala morte do seu pai, cunha moza, chamada Francesca, trece anos menor. Na súa voda, o señor das súas terras, Llorenç de Bellera, que se atopaba cazando preto de alí, proclama o dereito de xacer coa súa muller na súa primeira noite. Despois de violala, obriga o recén casado a facer o mesmo. Non foi ata que escoitou os alaridos procedentes da habitación, demostrando que consumaran o matrimonio, que o señor de Navarcles marchou. Bernat intentou desculparse polo acontecido, pero da rapaza só saía silencio; a pesar de que cumpría coas súas actividades domésticas, nunca falaba. Máis tarde, descubriuse que estaba embarazada, pero, ó nacer o neno e ter o lunar característico dos Estanyol, todos os soldados e súbditos, que coñecían o dato, burlábanse do seu señor, por ser pouco viril, ás súas costas, e fixo que levaran á corte a Francesca para que dera de mamar ó seu herdeiro, polo que tivo que levar tamén o neno. Bernat intenta ter noticias do pequeno Arnau, como se chamaba o seu fillo, pero non o consegue. Un día vai ó muíño a face-lo pan e atópase co pequeno, desnutrido e a punto de morrer, nun tronquiño de madeira, desmaia o que estaba o seu cargo e marcha con el. Van á casa, collen cartos e as cousas suficientes para sobrevivir e marchan cara a Barcelona, cunha orde de busca tras eles.
Contido Histórico: Pedro I de Castilla: Burgos, 30 de agosto de 1334 – Montiel, 26 de marzo de 1369. Fillo e herdeiro de Afonso IX de Castilla e de María de Portugal. Comezou o seu reinado en marzo do 1350, cando nin sequera tiña os 16 anos cumpridos. Era alcumado O Cruel polos seus inimigos, e O Xusticiero polos seus partidarios. Nicolau Eimeric: 1320 – 1399. Foi un teólogo católico e Inquisidor Xeral da Coroa de Aragón durante a segunda metade do século XIV. Escribiu o Directorum Inquisitorum. Traballou en Girona como profesor de Teoloxía. En 1357 converteuse en Inquisidor Xeral. O Papa recoñeceu a súa dilixencia ó perseguir herexes e blasfemos, outorgándolle o posto de capelán. Ordenou que se lles atravesara a lingua cun cravo a tódolos herexes, para evitar que blasfemaran de novo. Foi o primeiro inquisidor que saltou a prohibición eclesiástica de torturar a un individuo dúas veces, interpretando que se permitían sesións distintas de torturas para diferentes cargos de herexía. Adoitaba defenderse dicindo: Questions sunt fallaces et inefficaces (Os interrogatorios son enganosos e pouco concluíntes ). Ramón Berenguer de Montagut: Primeiro e principal arquitecto católico da catedral de Santa María de la Mar. Jaime IV de Mallorca: Perpiñán (Francia), 24 de agosto de 1336 – Soria, 20 de xaneiro de 1375. Fillo e sucesor de Jaime III de Mallorca e Constanza de Aragón. Rei de Mallorca e consorte de Nápoles, príncipe de Morea e de Alcaya, conde de Clarença, do Rosellón e de Cerdaña e barón de Matagrifó. Pedro IV de Aragón: Balaguer, 5 de outubro de 1319 – Barcelona, 5 de xaneiro de 1387. Chamábano O Ceremoñoso e El del Punyalet (o do Puñaliño, pola arma que sempre o acompañaba). Foi rei de Aragón, Valencia, Sardeña, Córcega e Mallorca, conde de Barcelona e Ampurias e duque de Atenas e Neopatria. Era fillo de Teresa de Entenza e Afonso IV de Aragón, O Benigno.
45
A GAIVOTA
2014 - 2015
O asasinato no Orient Express de Agatha Christie por Insafe Qaqa, 3( B O asasinato no Orient Express, que lemos no club de lectura, é unha das obras máis coñecidas da escritora Agatha Christie, que á súa vez, é unha das máis famosas autoras de novelas de misterio. Na antiga Iugoslavia, o tren Orient Express queda atrapado na liña pola que circula. Aquel día había unha tormenta de neve. Neste tren viaxa o detective belga Hercule Poirot, protagonista indiscutible das novelas de Agatha Christie. Ese día Poirot atópase cun dos crimes máis misteriosos que viu en todos os seus anos como detective. No compartimento veciño atopan un crime: o asasinato dun norteamericano millonario chamado Samuel Eduard Ratchett, que é realmente un mafioso, secuestrador de nenos e asasino. Poirot comeza a súa investigación no propio
tren coa axuda do seu amigo Bouc, director da Compagnie Internationale des Wagons-Lits (Compañía Internacional de Coches-cama), e do doutor Constantine, médico grego que viaxa no vagón de monsieur Bouc. Coa súa colaboración, o detective vai interrogando a todos os pasaxeiros ó tempo que lles fai rememorar segundo a segundo o que fixeron, viron e oíron durante as horas previas e posteriores ó asasinato. Como sempre pasa nas novelas de misterio, o culpable resulta ser quen menos esperabamos. Por iso me gustou moito o libro. Pareceume interesante e de lectura sinxela e rápida, con ideas moi ben organizadas e sen saltos temporais.
O Curioso incidente do can ) media noite, por In*s Gonz)lez 1( B Cristopher Boone é un neno de 15 anos que coñece todas as capitais do mundo e que sabe todos os números primos ata o 7.507, pero que en cambio non é capaz de ir só máis lonxe da tenda que hai no seu barrio. Odia que a xente lle fale utilizando frases feitas, xa que el non as entende. Ademais non come cousas amarelas, di que traen mala sorte e se un día mira catro coches amarelos non fala con niguén porque considera que ese vai ser un día moi malo. Un día aparece morto o can da veciña e el decide investigar o crime. Ao final acaba deixando a investigación en segundo plano porque descobre cousas máis importantes. Na miña opinión é un libro que se le ben e é moi orixinal. Paréceme moi curioso ver a súa forma de pensar e os seus razoamentos. O que máis me gusta é como, a pesar da súa discapacidade, é capaz de resolver todos os problemas que lle xorden..
No es invisible, por Pablo Chapela 1( B No es invisible, de Marcus Sedgwick, trata sobre unha rapaza inglesa que vai en busca do seu pai. A súa maior dificultade é a súa cegueira. O seu irmán intenta guiala na súa complexa aventura polas rúas de Nova York. Pero seu irmán ten seis anos, así que o traballo faise máis duro aínda. É un libro curto, intenso e que está moi ben escrito. Para min, o mellor foi o "efecto Benjamin", xa que parece incrible o que o rapaz é capaz de facer cos aparellos electrónicos.
Visita a Balaídos Alfredo Costas, 2ºB EDLG
IES MONTE CARRASCO
No mes de novembro os alumnos e alumnas de 1 º visitaron o estadio Municipal de Balaídos. Eu tiven o privilexio de que Pedro e Xaquín me deixaran ir con eles, algo que lles agradezo coa miña máxima sinceridade. Foi incrible ver un campo polo que pasaron xogadores cunha historia ao lombo impecable. Ao chegar na baixada do autobús fomos acompañar ao noso guía que pertencía a Fundación Celta. Empezamos indo á sala de prensa, que habitualmente úsase despois dos partidos xa que Liga obriga aos adestradores a falar coa prensa despois dos partidos ou cando o equipo adestra en Balaídos. Parece máis do que é, pero é bastante máis pequena do que nos parece na televisión. E superpequena, pero na tele é diferente porque ten unha publicidade detrás. Despois de que todos pasásemos pola sala de prensa, fomos ao vestiario, no que cada xogador ten o seu sitio. Hai un jacuzzi, que utilizan cando son partidos moi duros, eu diría que case todos. Os alumnos foron aos armarios de Nolito e Larrivey, e fixeron fotos alí. Pero dende logo o mellor estaba por chegar. Ao saír de alí fomos xa ao campo. Só puidemos pisar céspede artificial, xa que o natural era moi delicado e se o pisabamos, podiamos deixar algún fungo, ou algo da rúa que puidera estragalo. Por iso, para as visitas hai un céspede artificial, ao redor do campo. Pasamos polo banquiño. Incrible foi entrar nun sitio polo que pasaron adestradores como Víctor Fernández, Abel Resino, actualmente Berizzo, e grandes xogadores tamén, como Mostovoi Makelele. Para min foi unha honra estar nese banquiño. Do banquiño fómonos ata o sitio que ocupan as máximas autoridades, digamos os presidentes. Que sitios máis cómodos, por certo! Logo baixamos á zona de preferencia para facermos unha foto de grupo. Xa ao saír merendamos e entramos na tenda oficial. Como digo, unha honra pisar un templo. Grazas a todos.
47
A GAIVOTA
                                        2014 - 2015
rr sco cos ol mpicos eres ortel por n de
Teresa Portela ĂŠ una das mellores deportistas galegas dos Ăşltimos tempos. Compite na modalidade de piragĂźismo augas tranquilas. GaĂąou trece medallas en Campionatos Mundiais entre os anos 2001 e 2009, e dezasete medallas en Campionatos Europeos de PiragĂźismo entre o 2001 e o 2013. Competiu en catro ediciĂłns dos Xogos OlĂmpicos de verĂĄn entre os anos 2000 e 2012. En Londres 2012, Teresa quedou cuarta na proba k1-200 m. É un gran honor o que nos fai concedĂŠndonos esta entrevista para A Gaivota.
Cando comezaches a practicar este deporte? -
Comecei con nove anos. Empecei porque en AldĂĄn os Ăşnicos deportes que habĂa eran o fĂştbol e o piragĂźismo e, como no colexio estabamos a carĂłn do Club, sempre me chamou a atenciĂłn, e tamĂŠn porque estaba nel unha amiga. Hai algunha competiciĂłn que pola sĂşa
relevancia che importante?
resulte
especialmente
Todas, pero en 2002, cando gaĂąei o Campionato do Mundo, tiĂąa vinte anos e estaba competindo con xente maior e foi un gran avance para min. Cal foi a primeira competiciĂłn na que
Ben, xa que todos estes os tĂtulos son moi importantes, aĂnda que non puiden ir recollelo debido ao meu embarazo. En 2013 tiĂąas pensado participar nos
Xogos OlĂmpicos de RĂo 2016. Despois de ter a tĂşa filla, segues coa mesma idea? Si, agora teĂąo mĂĄis gaĂąas. No Mundial escĂłllense aos deportistas que van participar nas OlimpĂadas e eu vou dalo todo para conseguir estar nas OlimpĂadas. É difĂcil para unha muller este deporte?
Cres que ĂŠ un deporte pouco coĂąecido?
Non creo que sexa difĂcil. Hai que traballar moito para chegar ao mĂĄis alto nivel. Pero si que ĂŠ pouco coĂąecido. Cres que os organismos pĂşblicos
participaches?
deberĂan promover mĂĄis este deporte?
adestramentos? Como adestras?
prĂĄctica deste deporte?
Foi en Pontevedra. TerĂa arredor de dez anos, era alevĂn, pero por un erro, a compaĂąeira coa que estaba case cae e Ăł final, non saĂmos. Canto tempo dedicas aos teus Cinco horas, mĂĄis ou menos. Fago ximnasia tĂŠcnica, corroR Como compaxinas os teus
adestramentos e a tĂşa familia?
No meu tempo libre, que adoita ser na fin de semana cando non teĂąo competiciĂłns. Esperabas quedar de sexta no Europeo
deste ano?
Si, porque ao non competir durante tanto tempo, puxen como obxectivo estar na final. Segundo temos entendido, fuches
nomeada mellor palista do ano 2013 pola FederaciĂłn EspaĂąola de PiragĂźismo. Como te sentiches ao gaĂąar ese tĂtulo?
Si, este e mĂĄis, xa que o deporte ĂŠ fundamental porque axuda ao desenvolvemento fĂsico e mental. É fĂĄcil e accesible para todo o mundo a Si, en Galicia sobre todo, xa que hai moitos clubs. Nalgunhas comunidades sĂł hai un club. O Ăşnico que se necesita ĂŠ unha pala e unha piragua e, aĂnda que son caros, o club axuda. Como son as tĂşas relaciĂłns con outros
deportistas olĂmpicos do Morrazo? Hai moita competitividade entre vĂłs?
Con uns teĂąo mĂĄis trato ca con outros, pero levĂĄmonos ben. Non hai moita competitividade. Que pensas de que sexan mĂĄis
coĂąecidos os deportes masculinos que os femininos?
Sempre destacan mĂĄis os homes que as mulleres; o caso no que mellor se mira ĂŠ o fĂştbol.
EDLG Gustaríame que se coñecesen ben todos os deportes. Por exemplo, do piragüismo só se fala cada catro anos, nas Olimpíadas, que se é cando se dan a coñecer os deportes menos coñecidos. Como cres que afecta o éxito do
piragüismo a Cangas?
Todo éxito é bo e creo que estamos representando a España, e iso dános moita fama. Vives do deporte ou realizas algunha
outra actividade? -
Hoxe por hoxe, non. Vivo do deporte.
A que tiveches que renunciar para lograr o máis alto nivel?
Creo que a nada, pero durante a tempada non podo estar case coa familia, pero creo que non tiven que renunciar a nada. Segundo temos entendido, a
Federación Española de Piragüismo concedeuche bolsas do programa ADO nos últimos anos. Que é o programa ADO? -
É a Asociación de Deportistas Olímpicos.
Quen e como se pode acceder a estas bolsas?
IES MONTE CARRASCO Tes que quedar entre os oito primeiros do mundo para conseguir unha, nunha distancia como as dos Xogos Olímpicos. Para a maioría das persoas que
practican deporte, é un hobby. Para ti é unha forma de vida, así que cales son os teus hobbys? -
Gústame ler, escoitar músicaR
Que lles dirías aos nenos de hoxe para que comezasen a practicar o piragüismo? Que é un deporte moi bonito no que podes gozar da natureza, estar cos amigos, bañarte, divertirteR
A entrevista transcorreu dun xeito moi tranquilo nunha pequena carpa dun bar. Agradecémoslle de todo corazón a Teresa Portela a súa colaboración e desexamos que o tempo que nos dedicou fora do seu agrado. Desexamos que logre alcanzar unha boa posición no Mundial e que consiga estar nos Xogos Olímpicos. Dende aquí apoiámola en todas as súas competicións. Moitas grazas de parte d'A Gaivota.
ENTREVISTA A... ADRIÁN PUMAR
Por Alfredo Costas,2ºB
Adrián Pumar acadou un ascenso o 2 de maio do 2015, día que seguro que recordará moito xa que o conseguiu con dous equipos diferentes. Coñecemos máis de cerca como o viviu dende dentro e como sentiu o ruxido dun pobo como é Teucro. Un rapaz que aprendeu a xogar cunha simple pequena pelota, con só un pensamento e unha paixón: triunfar no balonmán. Coñecemos como vive moitos momentos especiais.
Benvido Adri. Que sentiches cando o domingo 3 de maio pola mañá coñecías que o Teucro acadaba matematicamente o ascenso a chegaron as boas novas coa derrota do GoFit e enseguida saímos celebralo. Asobal? -
¿Que sensación che deixou o Teucro Pois moita ledicia, por suposto. Foi un pouco raro porque a nosa intención era ascender esta tempada? o sábado na casa, diante da nosa xente, Pois unha moi boa sensación. Estamos a gañándolle ó Barça B pero non foi posible; porén, -
49
A GAIVOTA
2014 - 2015
facer unha tempada sobresaínte, gañando moitos encontros e xogando un moi bo balonmán.
Pois un bo exemplo é meu compañeiro de posto Carlos García, un xogadorazo.
Xogar nunha liga como é a Liga Asobal Ascendiches xa con dous equipos diferentes, o Cangas e o Teucro. Cal foi o máis é incrible. Cres que o farás no Teucro ou gustaríache facelo noutro equipo? especial para ti? A verdade é que ascender é algo moi complicado e eu tiven a gran sorte de celebrar xa dous, síntome moi afortunado. O do Cangas foi marabilloso porque o fixen no meu club, na miña casa, diante de toda a nosa xente nunha fase co Gatañal cheo. Foi algo incrible. E co Teucro, logralo despois de liderar a clasificación durante toda a tempada, gañando tantos partidos como levamos gañados, é algo xenial. Ascender sendo campión da liga sabe moi ben. Os dous son recordos que van ir comigo para sempre, un ascenso a Asobal sempre é especial.
Aínda é cedo para poder falar da tempada seguinte. Primeiro imos aproveitar o que queda desta e celebrar os éxitos acadados.
O teu equipo, á parte de acadar o primeiro posto, deixouno todo no terreo de xogo. Cres que o feito de ser loitadores sempre fai que o ascenso sexa superespecial? Penso que é algo básico para calquera equipo e máis hoxe en día. Pódese xogar mellor ou peor pero loitar sempre é innegociable.
-
Que foi o mellor do teu adestrador?
-
De Quique gústame moito o tempo e
Cando recibiches a chamada do Teucro, esforzo que lles dedica ós aspectos máis psicolóxicos de ser adestrador: charlas, dubidaches en aceptala ou non che custou? Esas decisións sempre se meditan moito, non é fácil marchar do club no que levas toda a vida e ir xogar por primeira vez a outro equipo distinto.
motivación, etc.
-
Que sentes nun terreo de xogo?
-
Ledicia de estar a facer a miña paixón.
Agora aí che van unhas preguntas máis Cres que o Cangas che axudou a crecer persoais. para ser mellor xogador? A túa comida favorita? O Cangas axudoume a todo. Entrei no club de neno, ensináronme, formáronme e déronme a oportunidade de cumprir os meus soños. Grazas a eles son o que son a día de hoxe e todo o que teño no mundo do balonmán débollo ó Frigo.
-
As lentellas.
-
Pois como Cangas ningunha, jeje.
-
A túa cidade favorita?
O máis bromista do Teucro?
Pois hai moitos, pero se teño que dicir un é Richi Amérigo, un crack.
Persoalmente no Teucro a quen tomaches como exemplo? -
Ídolo de balonmán?
Ivano Balic
Unha canción favorita?
-
Bohemian Rhapsody
-
Freddie Mercury
-
Celta de Vigo
-
O Gatañal
-
Pois lévome moi ben con todos.
-
Guerrilleiro
-
Moitas grazas, unha aperta.
-
Cantante favorito?
De que equipo de fútbol es? Pista máis quente do balonmán? O mellor amigo dentro do vestiario? Adxectivo para definirte? Palabras de despedida
EDLG
Rec unc ho literario
IES MONTE CARRASCO
I Concurso de Relatos Monte Carrasco
Memorias da escola Ían ser as catro. Pola tarde tiñamos clases dúas horas.
por Yolanda Rodas
Chegabamos tarde. Nin eu sei como nos atrevemos a entrar. Quinito adiantouse. -
Pódese?
-
E vós, onde vos metestes? Sentade e xa falarei cos vosos
pais. Era dona Rosa, a mestra. -
O sábado quérovos aquí ás dez –volveu dicir. Estabamos castigados. Os sábados pola mañá iamos á
escola os rapaces que nos portaramos mal durante a semana, pero non me importaba, porque ese día faciamos traballos manuais. As rapazas cosían e esas trangalladas e nós faciamos bonecos de madeira e cousas así, e iso gustábame. Quinito era meu amigo. As nosas familias tiñan as casas pegadas e non nos levabamos mal. Na miña casa non había coche. Ninguén na aldea tiña coche, agás algunha xente da vila con boa posición. Médicos, mestres e persoas así. Un día, Quinito e mais eu falamos de cómo nos gustaría ir á escola en coche, como a nosa compañeira Maricarme, a sobriña de dona Leonor. Dona Leonor era a mestra dos maiores. Tiña un seiscentos branco. Ela e Maricarme ían xuntas á escola. Nunha ocasión, achegámonos ata a vila por ver se nos convidaban a subir ó coche. Foi despois de xantar, collemos os libros e marchamos cara á casa de Maricarme, pero cando chegamos xa saíran. Naquel intre esmoreceuse a nosa ilusión. Non nos quedou outra que volver a pé. A escola quedaba a medio camiño entre a vila e a aldea. Chegamos cansos. Andaramos varios quilómetros en van. E así foi como acabamos castigados. Tomás Verde
51
A GAIVOTA
2014 - 2015
Rec unc ho literario
DETRÁS DAS ESPIÑAS
por Andrea Calvar
- Sakura, tes que deixalo ou morreremos! - Que demos estás a dicir? É o noso fillo! - Xa está a vir... -a súa cara era de absoluto terror- á merda!, colle a mamá. - Shizen!! E iso foi o último que souben de mamá, ese monstro ao cal tomaba polo meu pai abandonoume, levándoa consigo. Xusto nese momento, eu precipitábame ao baleiro, coa imaxe do rostro da miña nai inundado por bágoas. Era a miña fin... “Ata que aparecín eu.” Hana interrompeu os meus pensamentos, como de costume. Era moi cotilla. - Poderías terme deixado morrer -dixen inexpresivo. “Pero non o fixen, e puideches cumprir o teu desexo, non?” - Odiaba ao meu pai, pero non quería velo morrer, nin á miña nai tampouco. “Oh, veña, se te tivese deixado á túa sorte terías morto con esa ansia de vinganza.” - E que me queda despois diso? -houbo un momento de silencio- é preferible morrer cun propósito que vivir como unha persoa sen sentimentos nin esperanzas. - Es un aburrido -rosma. - E ti unha flor fachendosa que non comprende a un humano -suspira. “Por certo, teño unha boa noticia -di con ton alegre.” Outra flota non… Sempre que estaba tan contenta era porque un barco se aproximaba a esa zona, a zona na que os barcos ou cruceiros se perden e a maioría acaban aquí, no mundo de Hana. Eso pasoume a min: nunha das súas travesuras, Hana trouxo a toda a tripulación do meu barco, atrapándoos aquí, e destinándoos a morrer. Sigo sen saber porque me deixou vivir, seguramente foi por un capricho dela. - E terei que velos morrer, verdade? -resoplo. - Quen sabe, ao mellor un sobrevive -ri picaramente. Como ía sobrevivir alguén neste angustioso mundo? Que sobrevivisen era cousa de Hana; unha vez contoume que un case chegou ata onde ela se encontraba, pero púxolle varios obstáculos facendo que o camiño fose humanamente imposible de pasar, destinándoo á mesma sorte que outros. Así que, me vería obrigado a ver outra vez ese horrible espectáculo, aínda que... xa debería estar afeito... “ Shizen, mira!- indicou que vise a auga do pequeno estanque que había. Reflectíase un gran cruceiro, era bastante grande esta vez, co cal habería máis pasaxeiros, a traxedia duraría máis, cansábame só de pensalo, sen contar a incesante voz de Hana ríndose dos demais. Ela achegou un pouco a imaxe para que puidésemos ver os tripulantes; nada novo, case todos eran adultos que estaban de vacacións, poboación anciá, ou mozos que por fin se puideron permitir o luxo de viaxar en cruceiro. Era predicible que ningún deles sabería pensar con claridade nunha situación de perigo... “ Vaia, isto é novo” -di con ton sorprendido. - A que te refires? -dixen estrañado. Hana achegou máis a imaxe, deixando ver unha pequena figura sentada á sombra, apartada da multitude de xente que había na piscina. Non podía ser... iso non... "Parece que esta vez temos alguén da túa idade, eh?" -ri. Como podía estar unha nena desa idade aí? Case nunca se deu esa situación de que decidisen traer un neno a bordo. Ela estaba descansado nunha hamaca, logo apareceu quen debía de ser a súa avoa; aquilo era demasiado... morrerán nada máis entrar aquí. Tiña que encontrar a forma de que elas sobrevivisen, quizais poida convencer a Hana...
EDLG
non?
IES MONTE CARRASCO
Rec unc ho literario
“Shizen?” - Eeh…¿Si? “Estás ben? Levas un bo anaco vendo esa pequena humana” -parecía preocupada. - Si, si, é que hai tempo que non vexo alguén da miña idade... -quedou calada- están a punto de entrar,
“Así é” Na imaxe xa se puido ver que a medida que o barco avanzaba, ondas máis grandes dirixíanse cara a el, e o brillante sol quedaba tapado por unha repentina néboa. Algunhas pasaxeiras berraban angustiadas " Veña xa, o meu bronceado! " ao que Hana respondeu: “Esas han ser as primeiras en morrer.” Ao capitán do barco víaselle preocupado, el sabía o que viña a continuación e intentou dirixir o barco cara atrás, pero non lle daría tempo, a onda xa se dirixía cara eles e iso significaba a súa fin. A onda estaba xa enriba deles, todos tiñan unha expresión de horror nas súas caras... Saíran ilesos, unicamente o barco quedou atascado nun banco de area. O capitán mandou saír á xente do barco e que quedasen na praia desa illa mentres eles inspeccionaban se o barco sufrira algún dano. Hana con voz perversa dixo unha mensaxe para todos os pasaxeiros: “Benvidos ao meu prezado xardín, de onde non poderedes saír xamais.” A marea comezou a subir, o que obrigou aos tripulantes a internarse no bosque. Todos tiñan medo, como era de esperar, e entre toda esa multitude intentaba distinguir onde se encontraba ela. Finalmente vina, acompañada da súa avoa. Que era este sentimento...? Non podía parar de mirala, era moi bonita... A medida que se internaban, a paisaxe íase dificultando, grandes ramificacións facían tropezar a xente, chan escorregadizo, abundante vexetación, e... criaturas que agardaban á presa. Chegaron a unha zona onde as flores eran de gran tamaño e emitían un olor repugnante, algúns quedaron inconscientes, outros correron ao decatarse do letal olor. “Creo que é hora do banquete.” -ri. - As plantas carnívoras, verdade? -dixen inexpresivo. “ Exacto”. Oíuse tremer a terra, fora Hana, era para espertalas. Temía que lle puidese pasar algo a ela. Quen sabe se sairía viva daquela masacre? Hana achegou a imaxe para ver como as persoas fuxían espavorecidas, xa que por ese terreo non podías dar un paso sen encontrar ningunha planta. Unha das súas plantas colleu a unha persoa e introduciulle os seus talos con espiñas polo corpo, seguidamente arrancoulle dunha dentada parte do seu torso, o home lanzou un berrou desgarrador; a planta sacou os talos do seu brazo, e a continuación meteullos nos ollos arrancándollos seguidamente. Finalmente, a planta devorou o seu corpo enteiro. Era todo como un corredor de sangue no que ía morrendo xente un tras outro, a vexetación tinguíase de vermello e os corpos eran botados cal se de lixo se tratase. A maioría morreu, os que quedaron escaparon mentres as plantas se entretiñan comendo. Na imaxe apareceu ela, atrapáraa unha planta e esta dispoñíase a arrancarlle a cabeza. Rapidamente reaccionei. - Hana, páraa! “Pero... Que...?” -tatexaba. - Por favor... -supliqueille. Hana sen dicir nada ordenou á planta deixala viva. A planta, resignada, lanzouna polos aires, por sorte non o fixo moi forte. - Grazas... -sorrín agradecido. “O que sexa...” -dixo cun ton nervioso. A nena correu xunto á súa avoa, abrazándoa. Rapidamente ela colleu a man da súa avoa, indicándolle que correse. Os demais superviventes ían caendo polos grandes buratos que había entre camiños ou caíanlles árbores enriba sen poder reaccionar. - Pensei que non a salvarías. Por que consentiches o meu capricho? -preguntei estrañado.
53
A GAIVOTA
2014 - 2015
Rec unc ho literario
“ …” - Hana? “Mira” - ignorou a miña pregunta e indicoume que vise a imaxe do estanque. - Va... vasme abandonar? -…- a avoa mirouna por uns instantes máis e seguiu o seu camiño. Ela quedou alí, agarrándose dunha rama ao bordo do burato. Suplicou á súa avoa que volvera, pero era obvio que iso non ía pasar. Dándose por rendida, soltouse, caendo ao baleiro. Hana adiviñou o que pensaba. “ Teño que recollela? Que preguiza, seguro que pesa máis ca ti.” Dito isto, Hana estirou as ramas dunha árbore, colléndoa antes de que puidese tocar chan. Corrín a xunto súa, e... non puiden evitar quedar embelesado pola súa beleza. Acaricieille o rostro... - O... onde estou? - dixo ela, reincorporándose, eu quitei a miña man rapidamente, ruborizado. Estou... viva? “Non, agora mesmo es un fantasma” - Q...que? - tocou a súa cara para comprobalo. Hana ría polo baixo. - Estás viva -dixen con timidez. E quen es ti? - Cha... chámome Shizen... -a súa mirada tenra fixo que se me acelerase o corazón. “Saíunos preguntona a nena.” - Eu... eu estaba a punto de caer e a miña avoa... -quedou calada. -…- collina da man. Estáballe a acontecer o mesmo que me pasara, non podía permitir que rematase do mesmo xeito, sobre todo ela. Hana estaba calada dende había un anaco. - Oe, quen era a que falaba? -preguntou interesada. “Esa, preciosidade, ten un nome, podes chamarme Hana” - E como é que non te vexo? -mirou ao seu arredor. “É porque estou alí” Todas as flores apuntaron a un lugar. Era unha pequena cova, non moi profunda, coa entrada cuberta de talos con espiñas. Achegouse á cova, pero os talos non o deixaban ver o interior. Hana, ao decatarse diso, retirou uns poucos, deixándo contemplar o que había dentro. Era un figura humana feminina, encollida e envolta en pétalos de rosa. Esa era Hana; estrañoume que ensinase a súa forma a unha descoñecido. Hana abriu os seus ollos, un azul e outro vermello e mirou por uns instantes a nena antes de envolverse outra vez nas espiñas e ocultala da súa vista. - Vaia... es moi bonita -sorriu alegre. “Seino”- dáse aires de grandeza. - Hana… “Dime Shizen.” Non sabía se sería capaz de facelo, pero por preguntarllo non perdía nada, tiña que sacala de alí, quería conservar ese alegre sorriso do seu rostro, quería que seguise coa súa vida, quería protexela… “Non te preocupes -mireina sorprendido-, non hai nada que eu non poida facer “ -ri egocentricamente. - ¿Mei, vés á piscina? - Claro!- vai dando brincos xunto á súa avoa. *** - Así que se chamaba Mei... -dixen sorrinte, mentres miraba a imaxe do estanque. - Me-i mporta un pemento. - Que graciosa... -dixen sarcástico-. Por certo, porque a deixaches verte? - Tampouco me importa moito, total, agora nin o recorda. - E outra cousa máis... Como é que conseguiches resucitar os tripulantes do barco? - Resucitar? Ti só me dixeches que a salvase. - Entón, como é que...? -mirei a xente divertíndose na piscina. “Ah, iso, digamos que... conseguínlle un pouco de compañía -ri. Entón foi cando me dei conta de que os ollos dos pasaxeiros... estaban en branco.
EDLG
IES MONTE CARRASCO
Rec unc ho literario
Carlos Camaño O ordenador formaba parte da súa vida. Nacera no tempo do boom das novas tecnoloxías. Poderiamos dicir que o rato era o sexto dedo da súa man dereita. A pantalla da súa máquina ía medrando na mesma medida na que as polgadas de imaxe de alta definición se ían abaratando, e tamén ó tempo que a súa outrora vista de lince minguaba polo camiño da pixelación irremediable da retina sobreutilizada. Afortunadamente nunca chegara a padecer problemas nas vértebras cervicais nin nos túneles carpianos, tal vez por mérito da alimentación infantil abondosa en calcio, non polo abuso das complexas posturas prolongadas ata a extenuación de pescozo e lombo en sesións interminables de preparación de presentacións, textos, maquetación e edición de imaxes que conformaban boa parte da súa existencia adulta. Era especialmente coidadoso en manter o seu equipo libre de virus, vermes, miñocas, troianos e calquera ameaza que significara o apocalíptico formateo da súa unidade, no mellor dos casos, ou a obriga de mercar novo aparello no peor. A súa prudencia facíalle, sistematicamente, abondar no protocolo das copias de seguridade, de pasar o antivirus a calquera elemento externo que tivera que conectar no seu pecé, de renunciar a conectarse vía internet a calquera sitio que significara unha mínima ameaza, mesmo non séndoo, se el a sentía coma tal. Pero sempre hai un día malo no mundo da informática, un venres trece, un que sei eu que non sei nada, un pero isto que é... Chegou na forma dun pantallazo cunha mensaxe clara do programa antivirus: “Ameaza detectada no arquivo... intenta executar ... facer modificacións na configuración do seu equipo... que desexa que faga o programa? opción a: poñer en corentena; opción b: eliminar; opción c: ignorar.... Non o pensou nin un milisegundo. Opción b. “Síntoo, o arquivo non se pode eliminar...” Premeu logo na opción a. “Síntoo, este arquivo non se pode poñer en corentena...” _ Para que me preguntas, logo, se non hai máis remedio que ignoralo...?” Faloulle como moitas outras veces ó xenio da torre da unidade central que facía xirar o disco duro sen cansar. Ignorar? Era moi perigoso... Tomou nota do nome do arquivo infeccioso, fixo unha consulta no portal da rede de redes onde se poñía ó día das novidades, e despois de non atopar nada, cousa estraña, pensou, decidiu ir polas bravas. Apagou o ordenador e o módem, desligouno da roseta de conexión á liña telefónica, agardou dez minutos. Mesmo aproveitou para ir ó baño e para visitar a neveira onde botou man dun iogur de amorodos que berrou o seu nome ó sentirse observado. Deulle aquel gusto ó corpo, ollou cara ó xardín e observou como florecían as froiteiras e canto tiña medrado a herba que alfombraba o chan que gustaba de percorrer ó carón da casa... Sentou novamente diante da pantalla apagada e iniciou o proceso automático de prender todos e cada un dos aparellos que rodeaban o posto de piloto da súa existencia. Mais desta vez non o sentiu coma unha rutina. Estaba inquedo. Non lle daba o corpo que a cousa fora a ir ben.... Iniciando sistema operativo... establecendo conexións... asignando IP automática... Dispuxo o cursos enriba da icona do programa antivirus. Executar análise profunda de todo o equipo... Crucemos os dedos... Isto levará uns minutos... Vai ser por tempo... A análise vén de rematar. 0 arquivos infectados... Vostede está protexido... Vostede está feliz... Ata cando?
55
A GAIVOTA
2014 - 2015
Rec unc ho literario
Comezou cambiando a orde das letras ó escribir no teclado a alta velocidade. Cada vez sucedía con máis frecuencia. “Estou a perder axilidade... Imos vellos...” Mais non estaba tranquilo... Tamén a vista comezaba a resentirse. Precisaba de descansos máis longos e cada pouco, cando antes aguantaba un día enteiro sen pestanexar... “Imos vellos...” convertérase nunha ladaíña presente de máis no seu quefacer cotiá. Pouco tempo despois decatouse de que se esquecía a miúdo das tarefas que lle encomendaban e non anotaba. Había nos seus miolos algunha neurona preguiceira que tiña gana de festa... mesmo se empeñaban en percibir borrosas determinadas imaxes... “estas pantallas modernas conseguen despistar ó meu cerebro sen gafas 3D...” A pesares de non darlle moita importancia, estaba a sentirse preocupado porque ocorrían cousas novas no seu corpo que non relacionaba coa súa idade nin coas súas virtudes ou deficiencias. Esquecía facer as copias de seguridade, esquecía os lugares onde gardaba as carpetas que contiñan os seus traballos recentes e gastaba tempo de máis navegando polo disco duro á procura deses arquivos que estaba moi seguro de que estaban alí, nalgures. Pero isto era só o principio... De pronto lembrou que non recordaba a data dalgúns aniversarios dos membros da familia e amigos. Mesmo cometera o para el gravísimo pecado de non felicitar a tempo a algún deles... E o paso seguinte resultou ser o conformismo que estas situacións o levaran a adoptar. Morría ós poucos o seu perfeccionismo de tempos pasados, a súa loita por se superar, por saír vitorioso de tódalas batallas. Era o claro síntoma de que había un problema. Non houbo avisos evidentes, sectores defectuosos do seu cerebro comezaron a deixar de ser transitados polo seu propio xenio sen que iso tivese volta atrás. Esquecía recordar que tiña que poñerse en mans dos médicos que poderían facer unha diagnose acertada do que estaba a suceder. Renunciaba, non sabemos se dunha forma consciente ou non, a facer as precisas actualizacións no seu sistema, a complementar a súa dieta coa química milagreira que podería significar o fin daquelas novas rutinas nas que comezaba a caer o seu procesador vital. Os sistemas de ventilación non axudaban a baixar as altas temperaturas que requentaban os seus miolos, e por veces quedaba pillado nun silencio e nunha cegueira da que só conseguía saír reseteándose, esquecendo e perdendo todo o que o tivera ocupado unha tarde enteira. As lagoas foron a máis e xa non podía ocultar esa transformación que se estaba a producir na súa vida. Cando lle preguntaban se se atopaba ben mentía cun si e un sorriso que non deixaban contentos ós que se preocupaban por el, pero non podía confesar que o máis preocupado era el mesmo, e iso causáballe moitísima dor. Buscou información na internet, gastou os ollos na procura de respostas que non podía nin quería entender, non se correspondían coa súa idade, coa súa actividade, coa súa esperanza... Alí non ía atopar consolo, solucións, compaña... só estrondosos silencios que o abocaban aínda máis cara ao seu mal. Furtivamente, unha tarde, chegou o recordo daquela xornada na que o virus non se quixo ir do seu ordenador, nin poñerse de corentena, e lembrou que a única opción que resolvera o problema fora a c: ignorar. Brilláronlle os ollos e un sorriso debuxouse voluntario nos seus beizos. “Xa sei o que me pasa... Teño un virus instalado no meu disco duro de forma permanente... Imposible a súa eliminación. Ignorar...” O deterioro físico era máis que apreciable. Os seus movementos eran cada vez máis difíciles e complexos. As rixideces cada día máis numerosas e menos pasaxeiras. Os lapsus quedáronse a vivir con el. Os baleiros no baúl das lembranzas ocupaban máis espazo que os recordos e chegou a esquecer premer na combinación de teclas que lle
EDLG
IES MONTE CARRASCO
permitirían actualizar o sistema operativo. Pola contra, cunha precisión propia da reloxería suíza, ó espertar cada día aparecía unha mensaxe na súa pantalla retina, antes de sequera abrir os ollos, que intentaba cunha intensidade inusitada amosarlle o camiño cara a unha solución definitiva: “A versión do sistema operativo que está a utilizar está obsoleta. Non podemos ofrecerlle repositorios axeitados para que o seu ordenador siga a funcionar con normalidade. Pásese á última versión que lle descubrirá un mundo novo na xestión do seu traballo, das súas actividades vitais, da súa existencia...” Pero el xa non era quen de entender aquelas palabras complexas e rebuscadas, non era quen de saber o que precisaba, o que desexaba, o que lle podería permitir seguir sendo neste planeta, no recuncho que tantos anos fora o seu. O virus espallouse coma o lume polo disco duro, pola memoria RAM, polo procesador. Desfixo por completo a tarxeta gráfica abocándoo á cegueira que o afastou definitivamente das paisaxes que se lle borraran dos recordos, fundiu en xordeira a tarxeta de son, illándoo no fondo dun mar salgado que sabía amigo pero que o afogaba. Os periféricos instalados foron deixando de ser útiles nunha máquina que non precisaba deles. Por último fallou a fonte de alimentación, exposta a un sobreesforzo que pedía dela moito máis do que en condicións extremas estaba disposta a dar segundo os preceptivos cálculos da enxeñería informática... Non houbo alarmas, zunidos, explosión de cores, ningún aviso do último alento agás un pantallazo nun neon verde onde se podía ler a última mensaxe esvaéndose no negro do led: opción c: ignorar...
A B L OG OS F E R A do Ca r r a s co Benqueridos internautas: vimos de actualizar o listado. Cousas novas e vellas que teñen validez mestúranse na nosa escolma de blogs. O obxectivo é que vos sirvan de axuda, que esperte e colme a vosa curiosidade, e que se renove de cando en vez para que amose sitios aínda útiles. Os que van desaparecendo deste listado non quere dicir que morran para sempre, só deixan sitio para os novos... Como a vida mesma! www.aghaivota.blogspot.com ___ Onde curiosear tódalas actividades e propostas do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, e moito máis... www.bibliotecamontecarrasco.wordpress.com ___ Dende a nosa Biblioteca, pero non só falamos de libros... www.prin1314.blogspot.com.es___ Este é o blog que recolle o traballo sobre as danzas tradicionais e no que podemos atopar gran cantidade de información sobre as danzas tradicionais de Hío, Aldán e Darbo. www.mateclase.wordpress.com ___ Tamén os números teñen o seu sitio na aldea global... www.apoiosenrede.wikispaces.com___ As ferramentas do presente e do futuro: buscadores, conxugadores, dicionarios, correctores; tamén actividades para as distintas materias do ensino secundario. Centos de recursos e enlaces para non quedar atrás.. . www.escunchadeirodalingua.wordpress.com___ Este espazo segue vivo, con toda a información sobre o traballo desenvolvido no canto da industria conserveira e baleeira e a relación coa conservación da lingua. www.crenzasdecangas.wordpress.com ___ Nesta páxina amosamos as lendas relacionadas con Cangas e traballadas polo alumnado do instituto. www.montecarrascoabalar.blogspot.com ___ Velaí os contidos relacionados coas aulas Abalar. www.deporteencangas.blogspot.com.es ___ Todo o que queirades saber sobre o deporte no concello de Cangas. www.begoorienta.blogspot.com.es ___ Queredes orientación? Á carta!! De seguro que atoparedes cousas novas cada día se non perdedes o rastro do Carrasco...!!!
57
A GAIVOTA
2014 - 2015
De como Cangas se converteu nunha vila olímpica Alumnado de 1º ESO
O alumnado de 1º de ESO, na materia de Proxecto Interdisciplinar, encamiñou este ano o seu traballo cara ó deporte. Guiados por Pedro e Xaquín, os seus titores, e baixo a coordinación de Begoña, dedicaron tempo e esforzo a coñecer algo máis acerca do porqué do éxito do deporte cangués. Clubs, equipos, deportistas individuais… Foron moitos os que pasaron polo centro para compartir coas nosas rapazas e rapaces as súas experiencias. Outros recibíronos nos seus clubs, e mesmos algún xa os tiñamos aquí, polo que non fixo falla ir buscalos fóra. Moitas grazas a todas e todos. E moitos triunfos máis. O pasado 29 de xaneiro visitou o I.E.S. Monte Carrasco D. Luis Alberto Paredes Coya co gallo de dar unha conferencia ó alumnado de 1 º ESO, por mor dos seus éxitos deportivos acadados, que lle permitiron ser agasallado na Gala do Deporte no Concello de Cangas. Luis Paredes foi profesor de Educación Física no I.E.S. Monte Carrasco e na actualidade exerce a docencia no IES Johan Carballeira de Bueu. Nesta conferencia, Luis explicounos as características fundamentais de dúas modalidades deportivas coas que está moi vencellado na actualidade, que son o Duatlón e o Triatlón, modalidades nas que está a acadar moi importantes resultados coma un subcampionato do mundo de Duathlon e un cuarto posto no Ironman de Lanzarote. O alumnado de 1 º ESO, que cursa a materia do Proxecto Interdisciplinar no que están a desenvolver un traballo de investigación titulado “Como chegou Cangas a ser unha Vila Olímpica. Historia do Deporte Local en Cangas” puido escoitar de primeira man os aspectos máis importantes sobre o adestramento nestas modalidades deportivas e coñeceron as características fundamentais que debe atesourar un bo triatleta, como son a capacidade de superación, o sacrificio e unha excelente condición física. Durante a conferencia amosáronse diferentes vídeos que facilitaron a comprensión do desenvolvemento do Duatlón e Triatlón de competición, e foron expostas as liñas mestras do proceso de adestramento nestas modalidades deportivas, facendo especial fincapé nas grandes dificultades organizativas que ten un deportista no intre de compaxinar a competición de alto nivel coa súa vida familiar, actividade laboral e o tempo de lecer. Asemade, Luis brindounos a oportunidade de observar en directo o material necesario para o axeitado desenvolvemento desta actividade deportiva, como son a bicicleta, o calzado específico do ciclismo, o maillot e as zapatillas de carreira. Antes de rematar a actividade, o alumnado puido trasladarlle a Luis as súas preguntas relativas aos contidos da conferencia, as cales foron contestadas clarexando todas as dúbidas que os nosos alumnos/as puideran ter sobre este apaixoante deporte que está a experimentar un impresionante crecemento tanto en número de deportistas como en organización de probas e presenza nos medios de comunicación.
EDLG
IES MONTE CARRASCO
Entrevista a Brais Guardado Collazo por Emilio Carballo Méndez 1º A
É un estudante de 2º da ESO do noso instituto, ten trece anos e é un gran taekwondista do club SaresTKD Cangas; ademais practica remo. Hai un mes quedou segundo no campionato Open de España e nós fixémoslle unha entrevista.
Quen te introduciu no taekwondo? - Meu tío, xa que el tamén o practicou. Con cantos anos empezaches a practicar o taekwondo? - Con 7 anos. Cal dos dous deportes que practicas, taekwondo e remo, é o teu favorito? - Gústanme os dous deportes por igual, non podo decidirme. Cal foi a competición que máis che custou gañar? - Os campionatos que máis me custaron gañar foron o Campionato de España e o Open de España. Contra que persoas de outros países competiches? - Contra un portugués e persoas de outras comunidades autónomas. Cal é o teu taekwondista favorito? - Diego González. Cal é o teu obxectivo no taekwondo? - Chegar ás Olimpíadas. Que días practicas taekwondo? - Os luns, os xoves e os sábados.
Dani Calvar, un campión nas aulas do Carrasco Daniel Calvar Parada, do Club Atletismo Vila de Cangas e alumno do centro, de 3º ESO, acadou o primeiro posto no Campionato de Galicia de Probas Combinadas na categoría Cadete, en concreto en Octatlón masculino. Esta especialidade consiste en oito probas de pista e campo. A saber: 1 00 metros lisos, salto de lonxitude, salto de altura, 11 0 metros vallas, 400 metros, lanzamento de peso, lanzamento de xavelina, e os 1 000 metros. Con este trunfo, Daniel revalida o título de Campión Galego Cadete de Probas Combinadas. Parabéns para este heroe do Carrasco!
59
A GAIVOTA
2014 - 2015
Encontro con Solange Pereira por Inés González Poses 1º B
O 11 de marzo, con motivo do Día da Muller (8 de marzo), veu ao noso centro Solange Pereira para falarnos dos seus éxitos como deportista de alto nivel e da súa visión do papel da muller no deporte. Solange Pereira é unha atleta que compite co Valencia Terra i Mar. Nacida en Portugal, criada en Fuerteventura, onde comezou a practicar atletismo, actualmente vive en Cangas, lugar no que podemos dicir que tivo a súa explosión no deporte. Empezou de moi pequena nunhas clases que lle ofrecían no colexio e acabou mudándose a Cangas por motivos de estudos. Actualmente, vive do deporte e séntese bastante afortunada por isto xa que pouca xente pode facer do seu hobby o seu traballo, aínda que cobra moito menos que un home cun palmarés igual ou inferior que o dela e ten máis dificultades para que a patrocinen. O seus maiores logros son o campionato absoluto de España de 1 500 metros. En canto á muller no atletismo ela contou que antes as mulleres non podían participar en todas as probas e que, ademais, a maioría das familias non querían que as súas fillas se fixesen deportistas. Pero en cambio, agora non hai ningún tipo de discriminación, o único que ela nota é que para ter un recoñecemento da sociedade ten que gañar moitas más medallas ou campionatos que un home. Ela cre que nisto tamén inflúen os medios de comunicación.
Visita ó Gatañal
por Equipo CALM 1º ESO B
O día 25 de marzo os dous grupos de 1º realizamos unha visita ao pavillón do Gatañal. Estivemos vendo o adestramento do equipo cangués de balonmán, o Frigoríficos do Morrazo, e ese día aproveitamos para facerlles unha entrevista, comezando polos adestradores e despois fixémoslles unhas preguntas aos xogadores. O club comezou cun grupo de amigos que se xuntaron e xogaron na rúa Méndez Núñez; alí tiveron que montar a pista con xeso, despois pasou á rúa Vicente na alameda Vella. Xogaron alí unha longa tempada ata que se fixo o campo do Aterrado. No Aterrado xogaron varios anos e acabaron pasando a ser un equipo do Alondras. Pediuse que se fixera o pavillón Romarigo, e seguidamente por cousas da vida a relación co Alondras suspendeuse, e comezou a ser Balonmán Cangas. Agora mesmo o club ten entre 1.600 e 1.800 socios aproximadamente. Ademais dos partidos para adestrar e algúns exercicios de pases, fan bastantes exercicios físicos antes e despois dos adestramentos e partidos. Tamén teñen unhas salas preparadas para que en algunhas partes do adestramento utilicen para estirar e levantar pesas. E para rematar, falamos con Antía Iglesias, e contounos a experiencia que viviu como porteira na Selección Galega Infantil de Balonmán Feminina, despois de ser elixida de entre máis nenas. A selección galega quedou 1ª na súa categoría e polo tanto Antía xa ten unha medalla de ouro. Toda a clase o pasamos xenial, foi unha experiencia moi interesante e educativa. Aprendemos cousas novas sobre o balonmán que non coñecíamos.
EDLG
IES MONTE CARRASCO
Produci óns Monte Carrasco presenta... A HERDANZA, O SEGREDO DO MARACAIBO
A lectura da obra de Stevenson, , prendeu na imaxinación do alumnado de 3ºESO de Audiovisuais dando coma resultado unha nova película de aventuras, segredos e tesouros agochados en Cangas. é unha película que conta as andanzas duns alumnos do noso instituto na busca dun tesouro perdido por un galeón na batalla de Rande. O suspense e as intrigas están garantidas nesta produción chea da beleza das paisaxes canguesas; e por suposto, como vén sendo habitual, nestas producións non faltarán as risas. Homenaxes ao cine clásico tamén abundarán, sendo nesta ocasión os directores A. Hitchcock e S. Kubrick os máis parodiados, rememorando escenas coma a da ducha de , o triciclo do ou a tola computadora de . Os papeis principais recaen en Lorena Piñeiro, Dani Calvar, Miriam Garcés, Romina Iglesias, Ana de Sá e Teresa Villamor pero todo o alumnado de audiovisuais ten os seus momentos estelares.
61
A GAIVOTA
2014 - 2015
O COMETA HALLEY Por Sabela Cor deir o, Joseph Escalante, Andrea Vázquez e Tamar a Vilas
O cometa Halley é un cometa grande que orbita arredor do Sol cada 76 anos aproximadamente, aínda que o seu período orbital oscila entre 74 e 79 anos. É un dos máis coñecidos e brillantes cometas de “período curto” do Cinto de Kuiper. Tamén é o único que se observa a simple vista dende a Terra e que pode aparecer, como moito, dúas veces nunha vida humana. Tarda de media 77 anos en dar unha volta sobre si mesmo. O seu núcleo mide 10 km. Este corpo celeste divídese en tres partes: núcleo, coma e cola. Foi o primeiro cometa fotografado dende o espazo. O primeiro ano no que sabemos que se observou foi o 239 a.C. De aí en diante seguiu véndose o cometa cada 76 anos. A última vez foi o 6 de febreiro de 1986 e estaba a 85.000.000 km do Sol. A observación do ano 837 foi a máis próxima xa que estivo a 4,8 millóns de km da Terra. Os cometas do Sistema Solar poden ter dúas orixes: Cinto de Kuiper, un disco plano de escombros estelares situado a 50 unidades astronómicas (UA), do que proceden cometas de ciclo curto con órbitas que toman tempos inferiores a 200 anos. A Nube de Oort, unha esfera de corpos cometarios situados a 50.000 UA do que proceden cometas de ciclo longo con órbitas que toman tempos de miles de anos. Dise que o cometa Halley pertence a ambos grupos porque os cálculos indican que proviña no seu inicio da Nube de Oort, pero foi atrapado polos corpos do Sistema Solar e pasou a ser un cometa de ciclo curto. A misión Giotto proporcionou a primeira visión da estrutura e superficie do cometa Halley. A súa masa considérase baixa e ten unha densidade de 0,6 g/cm3. A porcentaxe de radiación que reflicte é dun 4%. O cometa parece brillante e branco, porén, é un corpo negro. O gas que emite é 80% vapor de auga, 17% monóxido de carbono e entre un 3% e 4% dióxido de carbono. O núcleo realiza unha rotación cada 52 horas. O coma esténdese en 15 km de longo, 8 km de ancho e 8 km de alto, aínda que o seu núcleo é relativamente pequeno. A súa órbita é moi elíptica, moi curva e pechada, cun foco no Sol. O punto máis próximo ao Sol é de 0,6 UA e o máis apartado é de 35,3 UA. Unha curiosidade é que é retrógrada, o que significa que a súa órbita vai en sentido contrario ao resto do Sistema Solar. O cometa leva este nome en honor a Edmund Halley que foi o primeiro astrónomo e matemático en suxerir que os cometas son uns fenómenos naturais do Sistema Solar que orbitan arredor do Sol. Dende moi novo, Halley sentiu gran atracción polas matemáticas e a astronomía. Escribiu varios libros sobre astronomía e foi elixido membro da Royal Society. A teoría de gravitación impulsouno a calcular por primeira vez a órbita dun cometa en 1682, dicindo que era o mesmo cometa que se vira nos anos 1531 e 1607 e que volvería a pasar en 1758. Hoxe en día ese cometa coñécese como 1P/Halley. A última vez que nos visitou foi en 1986 e calcúlase que non volverá a pasar cerca da Terra ata o ano 2062.
EDLG
IES MONTE CARRASCO
OS BURATOS NEGROS
Por Iris Curra, Izan Fernández, Ainhoa Parente e Teresa Villamor 3º B Un burato negro (“agujero negro” en castelán e tamén se usa a expresión “hoyo negro” en México e Chile) é un obxecto cósmico cuxa enorme gravidade non deixa escapar ningunha cousa existente no universo, nin sequera a luz. Os buratos negros foron descubertos por John Wheeler. Elixiu este nome como metáfora da sinistra posibilidade da desintegración de estrelas e planetas. O nome “buratos negros” popularizouse grazas ao libro que publicou Stephen Hawking “Os buratos negros e a historia do tempo”. Existen tres tipos de buratos negros: Os buratos negros de masa estelar: un burato negro estelar é un burato negro formado polo colapso gravitacional dunha estrela masiva. Os microburatos negros: son un produto do Big Bang. Crese que se formaron innumerables buratos negros debido á enorme cantidade de enerxía que se xerou ao comezo do noso Universo. Ven pouco. Os buratos negros supermasivos: son os que existen no centro das galaxias e fan xirar a estas. Posúen unha masa de miles de millóns da masa do noso Sol. Os buratos negros son moi difíciles de detectar. Como non irradian luz, nós non podemos velos. Sen embargo podemos localizalos: - Vendo o efecto que causan sobre o que se atopa ao seu redor. - Utilizando medidores de raios X, xa que os buratos negros emiten grandes cantidades destes raios. - Medindo canta masa se atopa nunha certa rexión do espazo, xa que os buratos negros teñen grandes masas concentradas nun espazo relativamente pequeno. Se unha rexión ten grandes cantidades de masa escura, poderíase sospeitar da presenza dun burato negro. As partes dun burato negro son: - Órbita do burato: é o exterior dun burato negro. Nel está toda a materia que vai ser engulida polo burato negro. Esta materia xira en torno ao burato negro e pouco a pouco vaise desprazando máis cara ó interior. - Horizonte de sucesos: unha vez que se cruza nin sequera a luz pode saír de aí. - A singularidade: é a parte final do burato negro. Crese que hai un burato negro no centro de cada galaxia, o que impide que estas crezan de xeito desmesurado. O da nosa galaxia está pouco iluminado, o que quere dicir que está pouco activo. Foi detectado en 1 980 por un satélite xaponés de raios X. Os astrónomos tamén descubriron que aproximadamente unha ducia de estrelas parecen estar orbitando esta rexión a grandes velocidades. Mentres que o sol se despraza a 220 km/s, estas estrelas móvense a 4.800 km/s. Os buratos negros son moi perigosos. Por sorte só poden tragar corpos próximos pero non absorber a toda a materia do universo. Por agora a Terra non está en perigo xa que o burato negro máis próximo está a 1 600 anos luz de distancia; o Sol non pode converterse nun burato negro xa que para selo, as súas dimensións terían que ser 1 ,5 veces as actuais; e aínda que se cre que hai un burato negro no centro da nosa galaxia, este está o suficientemente lonxe como para non tragarnos. O proceso de formación dos buratos negros comeza cando, tras varios millóns de anos, a forza gravitatoria unha estrela xigante vermella empeza a exercer unha forza sobre si mesma orixinando unha masa concentrada de pequeno volume, converténdose nunha anana branca. Este proceso segue ata que se produce o colapso do astro pola auto atracción gravitatoria que termina por converter a anana branca nun burato negro. Este proceso acaba por reunir unha forza de atracción tan forte que atrapa ata a luz deste. Os buratos negros están formados por materia escura. Denomínase materia escura á materia que non emite suficiente radiación electromagnética para ser detectada cos medios actuais.
63
A GAIVOTA
2014 - 2015
UN PROFESOR ENTRE BAMBOLINAS por Eva Pousada e Paula Yael Bermúdez 1ºA
Celso Parada é licenciado en Filoloxía GalegoPortuguesa e tamén traballa no teatro dende 1976 como actor e director. Natural de Moaña, este curso arribou no noso centro para impartir clases de Lingua Galega e Literatura. - En que colexio empezaches a traballar como profesor?
- En Pontevedra, empezei a dar clases no Sánchez Cantón no ano oitenta e dous. Logo foi cando vin para o María Soliño e pedín a excedencia para dedicarme só ao teatro. - Cantos anos levas no ensino?
- Levo de forma ininterrumpida quince anos porque hai outros quince que me dediquei só ao teatro. Eu marcheime para Portugal cando estaba aquí de profesor no ano noventa e un. Despois estiven de xira por fóra, en Buenos Aires, Brasil e en Portugal facendo espectáculos con xente e despois foi cando reingresei outra vez dous anos e logo ata a última vez que xa levaba dez anos fóra, hai dous anos que estou no ensino de novo, regresei para xubilarme. - Por que decidiches facerte actor e deixar o ensino?
- Pois foi unha decisión nun momento determinado porque eu tiña a praza aquí no María Soliño e decidín profesionalizarme, aí foi cando marchei a Portugal. Marchei a facer un espectáculo que se chamaba "Misterio Cómico ", que tivo moito éxito e a raíz de aí nunca máis parei. Marchei á aventura do teatro. - Con cantos anos empezaches na interpretacion?
- Empecei con catorce anos, na parroquia de San Martiño en Moaña. - Que cualidades se precisan para ser un bo actor?
- Precísase unha tendencia natural, despois hai que elaborar esa tendencia natural. - Das personaxes que interpretaches ao longo da túa vida, cal é a túa favorita?
- Pois un personaxe que interpretaba na "Gran Ilusión", Otto (un mago). - Que medio che gusta máis: o teatro, a televisión ou o cine?
- Son distintos, eu traballei en todos. Na televisión e no cine hai que ser natural, a cámara capta a mínima expresión. - Fundaches o "Teatro do Morcego" para profesionalizarte no teatro. Foi difícil fundala?
EDLG
- Si, naquela época, si, porque máis ou menos fomos nós os creadores dese teatro personalizado. -
Conseguiches
varios
IES MONTE CARRASCO
premios
importantes, que sentiches ao conseguilos?
- O primero fíxome moita ilusión porque foi ao mellor actor e director. - Que proxectos tes agora mesmo entre mans?
- Agora vou facer un espectáculo que se chama "Presidente", onde eu interpreto a Mariano Rajoy; é un espectáculo sobre as eleccións. - Como ves a situación do cine galego na actualidade?
O cine español en xeral baixou moito; sen embargo, as series estanse facendo e vendo cada vez máis. Alegrámonos moito da presenza do profesor e do actor entre nós. Esperamos que continúe e agradecémoslle de todo corazón a súa boa disposición para concedernos esta entrevista. .
CA RTE L E I RA O N L I N E M I GU E L CA M E S E L L E
AS PELÍCULAS DO MONTE CARRASCO XA ESTÁN EN YOUTUBE: Canal de youtube: Música – IES Monte Carrasco – Miguel Cameselle O Departamento de Música creou unha canle en youtube onde están dispoñibles a tódolos que teñades acceso a internet as películas realizadas polo alumnado de Obradoiro de Iniciación ao Audiovisual. Dende a súa primeira produción do ano 2009 A última clase, pasando polo musical Mi madriña, Alumnator, O imperio contra Paca, A Liga dos Charnecos extraordinarios, Clarexa, que xa é abondo, etc. Iso si, a última produción, A Herdanza, o segredo do Maracaibo, non estará na web durante bastante tempo, pero moi pronto estará dispoñible en formato DVD co obxecto de recadar fondos para a viaxe de fin de curso. Invitámosvos a que non só as vexades, senón tamén a participar activamente na canle premendo o botón “Me gusta” e facendo comentarios. Invitamos a tódolos participantes nas producións a que poñan as súas lembranzas nos comentarios. Suscríbete para estar ao día das últimas producións, trailers, etc. Lembra, entra en YouTube e busca a canle “Música – IES Monte Carrasco – Miguel Cameselle” e gozarás coas grandes obras carrasquenses da sétima arte. Agora xa podedes ter un verán de película.
65
A GAIVOTA
2014 - 2015
REGANOSA E SOGAMA
Por Romina Iglesias e Ana de Sá, 3º B
O día 30 de abril os alumnos e alumnas de 3º fomos á Coruña, para visitar REGANOSA (unha central na que o gas en estado líquido, que transportan en barcos, o volven a converter a estado gasoso e o mandan ao sistema español) e SOGAMA (Sociedade Galega de Medio Ambiente, unha sociedade á que van parar os residuos de todos os concellos galegos, excepto de doce, e onde os clasifican). Saímos ás 8:30 para chegar pronto a REGANOSA. Alí recibíronnos e déronnos unha charla na que nos explicaron de onde viña o gas. O gas vén de Alxeria e outros países a través de gasodutos. Chega en estado líquido. En REGANOSA convérteno novamente en estado gasoso e de alí distribúese por toda a rede de gas española, por onde nos chega a nós ás nosas casas. Despois fixemos unha visita para ver os barcos que traían o gas. Foi bastante rápida porque comezaba a chover, pero aínda así puidemos ver o grandes que eran e como os mantiñan amarrados ao porto. Logo fixéronnos unha foto de grupo e déronnos unhas camisetas co logo de REGANOSA para o recordo. Montamos ao autobús e marchamos. Comemos nunha gran praza de Betanzos, deixáronnos unha hora para estar por alí e comprar algún xeado ou calquera cousa para o postre. Saímos de alí rapidamente e apresurámonos para chegar a SOGAMA a tempo. Ao chegar, o primeiro que fixemos foi tapar o nariz polo tufo que saía da fábrica. Explicáronnos o que fan na fábrica. Na central xérase enerxía eléctrica a partir da combustión de plásticos usados de todas as comarcas galegas excepto 15, e toda esa electricidade vai parar a unha cidade do tamaño de Santiago. O que nos chamou a atención da visita a SOGAMA foron as condicións de traballo nas que realizaban as tarefas de separación de plásticos e no que só traballan mulleres. Unha vez máis demóstrase que as mulleres realizan o traballo sucio. Sorprendeunos a explicación que nos deron cando lles preguntamos porque só traballaban mulleres. Dixeron que fora porque querían que houbera menos mulleres no paro. Están de pé durante horas, sen máscara para protexerse e soportar o mal cheiro, paran para comer uns 25 minutos, e durante ese tempo, a cinta transportadora segue subindo lixo; e por tanto, non se recicla. Non teñen cascos que para protexer os oídos do insoportable ruído que se produce na sala. Tamén nos impresionou que houbese tanta cantidade de lixo provinte de case todas as provincias de Galicia. Ao rematar a visita en SOGAMA, regaláronnos un pequeno colector de lixo amarelo, feito con plástico reciclado, e un bolígrafo co logo da empresa. É unha experiencia recomendable e que cremos precisa para saber reciclar e coñecer o impacto do montón de lixo que producimos, para así concienciarnos.
EDLG
IES MONTE CARRASCO
Agadir, antigamente coñecida como Santa Cruz do Cabo Aguer, é unha cidade de Marrocos, capital da provincia do mesmo nome. Fundada polos portugueses sobre o 1500, en 1526 foi invadida polos saaditas, dinastía árabe que gobernaba o sur do territorio do actual Marrocos. En 1911 prodúcese a crise de Agadir, que estivo a piques de desencadear unha guerra entre Francia e o Imperio Alemán, o que tería adiantado tres anos o estoupido da Primeira Guerra Mundial. Entre 1912 e 1956 pertence a Francia, pasando en 1956 a soberanía a Marrocos. O 29 de febreiro de 1967, un terremoto destrúe a cidade, habitada por unas 12.500 persoas. Algúns informes elevan o número de vítimas a unhas cinco mil. A reconstrución da cidade realízase dous quilómetros ó sur do epicentro. Agadir dálle o seu nome ó caladoiro de pesca que ata os primeiros anos da década dos 90 foi usado baixo convenios de pesca polos barcos pesqueiros españois da baía de Cádiz, polo que, a partir dos años 20, a flota de barcos de vapor do porto de Isla Cristina (Huelva) recibiu o nome de flota de Agadir. Podemos dicir que o clima de Agadir é mediterráneo, con características semidesérticas. No verán, as temperaturas poden alcanzar 45 grados. No verán de 2012, cando estiven alí de vacacións, a temperatura acadou os 51 graos. Facía unha calor tremenda, a xente non podía facer nada, había que estar todo o tempo na praia. Foi un verán inesquecible, porque nunca se chegara a acadar esas temperaturas. O que distingue á cidade de Agadir de outras cidades da costa marroquí é a lonxitude da súa costa, que se estende sobre unha superficie de 30 quilómetros, de area dourada, na que o sol brilla durante trescentos días ó año. Esta característica fai que ocupe un lugar turístico excelente, o que provoca unha forte masificación durante a época de vacacións. A isto contribúen tamén as infraestruturas coas que conta: hoteis de luxo nos corredores abertos en dirección á praia que conservan en moitos casos a arquitectura marroquí, instalacións para actividades deportivas como o golf e o tenis, equitación, e outros, sen perder de vista as instalacións de tratamento de saúde, converteron a Agadir na cidade máis visitada do sur de Marrocos. Un dos maiores encantos de Agadir é o xardín de Olhao. Tamén coñecido como o "Xardín dos amantes", este xardín romántico atrae visitantes de todas as idades para pasar o tempo nunha atmosfera de romanticismo e paraxes de beleza natural, e atópase xunto do museo construído para conmemorar o terremoto de Agadir. Agadir ten influencia de distintas culturas e relixións que se mesturan nunha convivencia de respecto e amor. Para alguén que naceu alí, é o seu paraíso natural, porque lle permite gozar cada día das distintas culturas que se mesturan na cidade (cristiáns, musulmáns, xudeus). Cada unha delas ensínache cousas do seu país, as súas tradicións, crenzas, gastronomía, música... Iso si que é importante: demostra que se pode vivir en igualdade, sen que importe a orixe, o sexo ou a relixión de cadaquén. Isto é o que significa para min esta sociedade na que nacín: a convivencia entre persoas de todo tipo, que sen xulgar o teu aspecto ou a túa forma de ser, acéptante e quérente como es.
67
A GAIVOTA
2014 - 2015
A miña experiencia radiofónica Como preparo os programas na radio e que é o que sinto ª Parte
Falamos de novo despois dun ano e noutro número da revista A Gaivota. Quería contarvos máis da miña experiencia radiofónica centrándome no tema da preparación dos programas e dos sentimentos que experimento cando vou empezar e cando se emite o programa. Primeiro direivos que eu son un novato, pois ao fin ao cabo non estudei para iso e claro, non serei o mellor pero non o fago por ser o mellor ou o peor, fágoo porque é un gran hobby, que me divirte e por iso o fago, se non teño audiencia pois sígoo facendo. Tiven que acostumarme a recibir moita critica e moito eloxio, pero paréceme o máis normal do mundo xa que na radio cada oínte ten a súa opinión e diso tiven que ser consciente. Xunto a radio cos estudos pero dáme tempo para todo. A vantaxe de estar na radio é que aprendín a expresarme mellor, o único que me falta é coidar a voz xa que de vez en cando teño que emitir partidos dous días seguidos e non e fácil, crédeme. Este ano empecei cun novo programa que se chama Boa Rapats, e claro, non podería cumprir iso sen ter un axudante coma Raúl Martínez Fernández, que colabora na sección chistes. O mellor disto é que de maior ao mellor penso: “Estiven na radio”, e terei moitas anécdotas que contar. Pero ao que ía. Vou empezar polo que sinto cando vou emitir un programa. Ao principio, refírome a hai dous anos, custábame saber que nuns minutos me tiña que enfrontar a falar para todo o mundo. Foi difícil, pero no 201 4 cando fixen os dous anos na radio, xa o tiña controlado porque pola miña cabeza pasaba a idea de que ía falar diante de todo o mundo, o público tería a última palabra, nin sequera podía pensar facelo moitas veces mal, no momento no que os programas empezan, aí empeza a miña carreira por facer un gran programa, co corazón fágoo o mellor que podo, non é difícil expresarse. O meu segredo é aprender doutros periodistas, tanto da tele coma os da radio, refírome que a min o que máis me gusta é emitir partidos, aínda que ás veces cando non hai goles chega á miña cabeza a idea de que haxa un para poder cantalo.
Por Alfredo Costas Villar, 2ºB
O meu segredo é saber moitas cousas deses periodistas na forma de falar nas xogadas e o que se lle transmite ao oínte. Sinto que o fago ben e que sempre teño que estar preparado ante as
dificultades de calquera programa. Agora vou falar de como preparo os programas. Preparo os partidos de fútbol ou calquera outro deporte coas aliñacións dos equipos, aínda que nos da liga BBVA cústame menos, porque co tempo acostumeime aos nomes e nunca fallo; tamén me gusta moito emitir ao Celta e ao Madrid. Non oculto, como xa dixen na revista do ano pasado, que sempre me gustaría retransmitir ao Cangas sobre todo nos partidos no Gatañal: ese sentimento de narrar e sentir a paixón por cada gol do teu equipo, dende o micrófono sería un gran reto, pero xa se sabe que os soños non se cumpren sempre, e este creo que é o máis difícil. Tampouco pensedes que é fácil retransmitir o balonmán. Gustaríame falar sobre se seguirei nuns anos. Non sei o que pasará, pero espero seguir na radio, sempre que non se meta nada por medio, así como que os estudos me ocupen demasiado tempo e non me permitan gozar do ocio e de outras cousas. A miña intención é seguir mentres poida e non deixalo como xa fixen dúas veces, que dixen que o ía deixar. Creo que me arrepinto, hai cousas que me pasaron pola cabeza que me animaron a seguir, pero o apoio dos amigos e a familia sempre é determinante para seguir crecendo neste hobby, non sei se será máis ca un hobby e poderei chegar a crear unha radio. Tamén querería compartir con vós que hai persoas que me escoitaron e deixáronme de escoitar, e que sacaban moito tempo libre para
EDLG
IES MONTE CARRASCO
escoitarme en cada programa. Intento transmitir a sinceridade en cada día de programa, sei que teño que transmitirlle á xente en cada palabra, non perdo o tempo en ver se hai oíntes porque estaría poñéndome descontento. Hai mil millóns de persoas que me axudaron a facer de cada programa un novo sentimento, un novo soño, un novo reto, novas metas e proxectos. Creo que debería falar dunha persoa en concreto, e esa persoa chámase Fernando, un nome dun rapaz que fai tres anos invitoume a empezar na radio nun primeiro día que foi histórico para min. Custoume moito falar esa primeira vez, non sabía como se escoitaría fór nin como o faría, custábame moito dicir unha palabra, pero a partires de aí foi unha carreira de fondo, para min Fernando é o meu mestre radiofónico. Agora teño o programa Boa rapats. Cantas veces máis cambiará de nome? Espero que non moitas. Querería falar aquí dunha persoa que me axudou moito e colaborou moitas veces, ademais de na parte de escoitarme, en facerme un pequeno club
A VIDA
de fans, dándome o cariño que me faltaba, e animándome a saír adiante. Cando fixen o diario de Orgullosos do Noso recordo moi ben o cariño que tivo cando lle dixen se quería colaborar comigo. Foi incrible, á parte de colaborar axudábame para facer os programas. Esa é Marta Camaño, unha persoa coa que espero seguir colaborando. Creo que non podo esquecerme de ninguén, xa que cada unha das persoas que me axudan no día a día son as que me axudan a seguir adiante. É unha honra escribir a segunda parte da miña experiencia radiofónica, espero que no seguinte número sexa máis e mellor, e que sigades ligados á radio e pensedes que o traballo que fan todos e cada un dos periodistas do mundo é o máis grande que hai, e que se non houbera radio, non estariamos tan informados. A radio sérvenos como medio de entretemento. Así que non deixedes de escoitar a radio, sen esquecervos da miña, e eu con moita ilusión darei a miña voz a todo o mundo. Mil grazas por sempre, radio.
por Fátima Boukarkour, 4º A
Algunhas veces imaxinamos cousas moi bonitas e agradables. Cada persoa ten unha opinión, unha idea, pero os demais, ás veces non lle deixan expresarse. Así é a vida de Anxo, un rapaz con moita imaxinación e con moito talento. Ten ideas moi inxenuas, entendido isto no bo sentido. El pensa que a vida sempre ten un punto positivo, que non se pode perder nunca. Un día de moi mal tempo, o rapaz foi coller uns libros á biblioteca. Cando estaba cruzando a rúa, atropelouno un coche. Quedou sen pernas, sen poder andar. Non pode crelo, pensa que é todo un pesadelo, pero non hai posibilidades de que vaia volver a andar.
Dez anos despois, empeza a escribir novelas. O final de cada un dos seus libros ten unha frase escrita en negriña: “Sempre hai unha parte positiva na vida”. Esta é a historia dun home con moita confianza ó que non lle importa o que digan os demais. O máis importante é o que pensemos nós. Non importa se estamos sen pernas, sen mans, cegos… A vida é sempre bonita.
69
A GAIVOTA
2014 - 2015
LETRAS GALEGAS 201 5
ESPALLANDOporOEmma, SON DO GALEGO Álvaro, Katia, Irene, Cynthia
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través das súas manifestacións literarias. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963 coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para recoller o "latexo material da actividade intelectual galega". Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento. Realmente, descoñécese a data real de publicación do libro, pero tomouse ese día pola dedicatoria autógrafa de Rosalía de Castro á tamén poetisa Cecilia Böhl de Faber (Fernán Caballero). Para conmemorar o primeiro Día das Letras publicouse unha edición crítica de Cantares gallegos, realizada por Fermín Bouza Brey. A festividade tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e foi moi ben acollida non só a nivel literario senón tamén nos ambientes populares. Dende aquela dedícaselle o día de cada ano a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa conmemoración teña pasado un mínimo de dez dende a data de falecemento da persoa homenaxeada. Oficialmente, trátase dun día de carácter festivo en toda Galicia desde 1991. Este ano, o homenaxeado foi o intelectual pontevedrés Xosé Filgueira Valverde, quizás a figura máis controvertida de todas as elixidas pola Real Academia Galega para conmemorar as nosas letras. No noso centro, como todos os anos, festexamos esta data con distintas actividades. O venres 15 de maio, todo o alumnado do instituto fomos ao Balcón do Rei a conmemorar o día das Letras Galegas. Comezou ás 11:15 cando no remate do recreo subimos polo Carrasco e
alí, todos sentados nunhas mesas, deu comezo o recital. Cantigas, poemas, danzas, pandeiretas… Tíñamos unha ampla variedade de artistas. O programa deu comezo cando Celso, o profesor de Lingua Galega, fixo una dramatización da pastorela, a el seguiulle a interpretación da cantiga “Santa María, strela do día” polo alumnado de 3º de música bilingüe. Tras rematar a interpretación comezou un recital-concurso no que participaron: Alfredo Costas, quen cantou el só de primeiras, aínda que máis tarde cantou outra cantiga xunto co seu amigo Borja Torres. Marta Camaño, Alba González, Ciara e Nuria
amosárannos unha tradicional cantiga galega xunto co vestido tradicional galego. Outros dos participantes foron Paula Yael Bermúdez, Fátima e Romina, David Otero, Daniel Ríos e Eduardo Pola. Ó remate das actuacións leuse o fallo do concurso literario e fíxose entrega dos diplomas acreditativos do seu premio ós gañadores: o señor Carlos Camaño por “Virus”, a señora Yolanda Rodas por “Memorias da escola” e a
EDLG
IES MONTE CARRASCO gústame cantar, ao principio ía recítalo pero deime conta de que sería máis bonito cantalo e pedinlle axuda ao meu compañeiro Borja. Como había pouca xente para recitar decidín facer una obra en solitario e outra en compañía.
Que significa para ti o día das Letras Galegas?
-Representa o sentimento galego, eu persoalmente estou orgulloso de ser galego e este día é unha ledicia para min.
Das dúas cancións que cantaches, con cal te quedarías e por que? alumna Andrea Calvar de 4ºA por “Entre as espiñas”. Despois das actuacións e mais os premios, volvemos cara ó instituto para facer algunhas actividades dentro do recinto e comezar uns xogos populares, como a petanca, a chave, saltar á corda… , estes levados a cabo no campo de fútbol ó carón do noso centro. Nós pensamos que este é un día de gran importancia para toda Galicia, xa que á parte de representarnos como galegos, homenaxea a personaxes de gran importancia para a lingua galega, polo cal debemos respectar este día e telo moi en conta, xa que a cultura galega é algo que, xunto coa nosa lingua, non debemos esquecer.
-“Quen puidera namorala” é a máis especial para min, xa que forma parte da miña forma de ser e identifícome máis con ela.
O ano que ven, gustaríache volver cantar algunha outra canción? -Si, non sei cal aínda, xa que teño unha longa lista, gustaríame cantar “Adeus, ríos; adeus, fontes”. Escoito moitos destes poemas na casa, xa que o meu avó é o que máis escoita este tipo de música, por iso sei tanto deste tipo de composicións.
Que te levou a participar nesta actividade?
-Participo na maioría de actividades, síntome moi cómodo no instituto, cos profesores e compañeiros; non teño vergoña porque á parte de Atención Educativa teño unha emisora de radio que me axuda moito á hora de relacionarme, recitar ou cantar.
ENTREVISTA A ALFREDO COSTAS Que esperas do público cando estás VILLAR de 2ºB Nós decidimos entrevistar a un dos alumnos participantes, Alfredo Costas, que cantou as composicións “María Soliña” e “Quen poidera namorala”.
Que sentiches ao facer a túa interpretación?
-A primeira, á de Maria Soliña faltoulle ensaio, foi especial facelo diante do instituto porque me gusta cantar, para min foi algo especial.
cantando? Como te sentes se este se ri?
-Cando cantei o ano pasado, animábanme. Gústame cantar en fin de curso, é unha bonita despedida. Nunca me faltou o apoio do público, sempre me sentín querido dado que todos me apoian e animan, se o público se ri non me sentiría ofendido, para nada; faría un chiste para que continuaran rindo e seguiría cantando.
Por que motivo elixiches cantar esas dúas Rematada a nosa entrevista queremos darlle as cancións? -A de María Soliña porque llela escoitei tocar e cantar a Carlos Núñez e a Teresa Salgado. Intentei cantar cun ton parecido ao deles, é unha canción moi bonita; é o meu poema favorito; tiña pensado cantala o día do festival de fin de curso pero finalmente decidín facelo o día das Letras Galegas. “Quen poidera namorala” gústame moito, é moi especial para min e cantei a versión cantada por Luís Emilio Batallán.
Que te inspirou a cantar? Por que cantar e non recitar? -Inspiroume o bonito da canción,
grazas a Alfredo pola súa colaboración, xa que non tivo reparos á hora de contestar as nosas dúbidas e cuestións, respondendo dunha maneira natural, sinxela e axeitada. Este alumno non só ten unha paixón pola poesía galega senón que tamén pola música, tal paixón levouno o 24 de xuño do 2012 a comezar coa emisión dun programa de radio que rematou falando de fútbol. No seu programa, emitido a través de internet, tamén ten como invitados a outros alumnos, dándolles así a oportunidade de expresarse libremente.
porque
71
A GAIVOTA
                                        2014 - 2015
Por Miguel Entenza, 2Âş A
O xoves 12 de marzo, o alumnado de segundo curso da ESO viaxamos coas profes de Ciencias Naturais, Ana SoliĂąo e Cristina FernĂĄndez, e XaquĂn Pastoriza, o de Sociais do curso pasado, a Santiago, para visitar a catedral e a cidade medieval en xeral, e o Museo de Historia Natural Luis Iglesias, situado no parque de Vista Alegre. En principio, os alumnos de 2Âş A estabamos algo amolados porque a saĂda fora ese dĂa, porque perdiamos clase de EducaciĂłn FĂsica, pero o lugar ao que fomos compensouno todo. Pola maùå, nada mĂĄis chegar, e tras dĂşas horas de viaxe dende o IES, dirixĂmonos moi apurados ĂĄ catedral, pois xa se nos facĂa tarde para entrar (ĂŠ o que ten depender do trĂĄfico). AlĂ dividĂronnos en dous grupos, porque eramos moitos‌, aĂnda asĂ fixemos ben ruĂdo. Antes comentei que o lugar compensĂĄbao todo‌ Non podĂa ser doutro xeito‌ LevĂĄronnos ao tellado da catedral, dende onde se podĂa ver case que toda a capital galega. Dende alĂ ensinĂĄronnos unha casa que sĂł era fachada, nunca mellor dito. XaquĂn explicounos que antes, en vez de entrar pola praza do Obradoiro, entrĂĄbase por PraterĂas, entĂłn fĂxose construĂr unha “casaâ€? para aparentar que alĂ habĂa unha casa seĂąorial. Cando baixamos puidemos visitala, pois agora estĂĄ convertida en edificio de exposiciĂłns e quedamos abraiados do estreita que era. Cando as guĂas remataron a visita no interior da catedral, os profesores permitĂronnos dar a aperta ao apĂłstolo ou ver o sepulcro‌, incluso algĂşn confesouse, e ao saĂr puidemos mercar agasallos para familiares e amigos. Unha vez fĂłra, XaquĂn explicounos polo miĂşdo cada recuncho do exterior, das prazas que arrodean a catedral (Obradoiro, Quintana e PraterĂas) e incluso, paseando polas rĂşas Ăanos contando cousas moi interesantes da cidade‌, mesmo pasamos por unha travesĂa tan estreita que sĂł cabĂa unha persoa ĂĄ vez, e que en tempos pasados debeu provocar mĂĄis dun crebacabezas ĂĄ xente de liĂąaxe para non tropezar cos plebeos. Volvemos cara ĂĄ estaciĂłn de autobuses e alĂ comemos e, ante a perspectiva dunha tarde pouco movida, decidimos baixar a comida cun partidiĂąo. Como non habĂa pelota, rematou sendo unha batalla cunhas sementes que semellaban ourizos, non sen ter que oĂr os consellos dos profes sobre se nos iamos quitar un ollo con elas‌ O de sempre.
EDLG
IES MONTE CARRASCO
A parada da tarde era no MHN Luis Iglesias, que é o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago, pero como quedaba media hora libre, Ana e Cris propuxéronnos un xogo (que realmente xa levaban pensado…, así que o tempo non ía ser moi libre ao final de todo). A actividade consistía en buscar as especies dunha listaxe que nos entregaron polo parque e contabilizalas….Foi moi gracioso ver a corenta e nove nenos e nenas como formigas correndo de aquí para alá (incluso o garda do museo, cando entramos, preguntounos que estabamos a facer). Andabamos en grupos de entre cinco e sete e mareamos bastante as profes, porque coma moitas plantas non tiñan follas ou flores, ou foran recentemente podadas, non puidemos identificar demasiadas. Entramos no museo ás catro e media; as profes prepararan un guión con preguntas sobre a exposición que había no interior. Algúns de nós, eu entre eles, pasamos das cuestión nun primeiro momento para deixarnos abraiar polo que aquelas estancias nos ofrecían. O que máis chamou á atención foi a cámara blindada da primeira planta onde se gardaban as pedras preciosas e reproducións en cristal das máis valiosas, e na que podías entrar e estar uns minutos contemplando aquelas marabillas antes de que volvese pecharse. En resumo, visitamos lugares interesantísimos de Santiago e pasamos un bo dia… e non tivemos clase nas aulas! Un dato curioso foi o do tempo. Despois dunha semana de ceos despexados, o día que fomos a Santiago estivo nubrado todo o día e incluso chuviscou..., pero aínda así pasámolo moi ben.
73
A GAIVOTA
2014 - 2015
R ECO NTAND O O CAM I ÑO Facer un repaso de todas as actividades realizadas ó longo de todo un curso no noso centro é unha tarefa complicada, posto que son tantas e tan diversas que é difícil que algunha non se escurra da memoria. Pero imos intentalo, pedindo desculpas por se algo que debera aparecer non o fai. O Día das Bibliotecas Escolares serviunos de inmellorable escusa para render homenaxe a Mafalda, a nena arxentina máis preocupada e concienciada cos problemas do mundo, no seu quincuaxésimo aniversario. Dala a coñecer a través das súa viñetas foi o obxectivo primordial desta xornada. Un ano máis, asamos -asáronnos- e comemos castañas, que entraban moi ben acompañados do chocolate quentiño co que celebramos o magosto. Tamén este ano tuneamos cabazas para celebrar o Samaín. Completamos a festa coa decoración do instituto. O Día Internacional contra a Violencia de Xénero saímos conmemoralo fóra e participamos, xunto cos CEIP de Cangas, CEIP de Espiñeira, o Colexio Casa da Virxe, o CEIP de San Roque e o IES de Rodeira, nas actividades pospostas pola Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Muller polo Concello de Cangas. Talvez porque en Cangas non neva, sentimos a necesidade de facer, por unha vez, as folerpas protagonistas no noso centro e así, foron elas o branco da atención na celebración do Nadal deste ano, o que nos permitiu a todas e todos coñecer o seu proceso de formación e as estruturas dos seus cristais. Coma todos os anos, conmemoramos unha vez máis o Día da Paz. Eliximos para esta ocasión a figura de Malala Yusazfai, a adolescente paquistaní gañadora do Premio Nobel da Paz 201 4. Unha homenaxe absolutamente merecida tanto polas súas reivindicacións como polo exemplo que que dá ó noso alumnado. O entroido colleu este ano ó IES Monte Carrasco con espírito viaxeiro e, así, baixo o lema "O Carrasco polo mundo" foron paseando polo noso patio e polos corredores mexicanos, chineses, árabes, hawaianas. . . un sinfín de culturas que nos achegaron aínda máis á internacionalidade.
EDLG
IES MONTE CARRASCO
A música, a poesía e, sobre todo, a participación de todo o alumnado foron, xunto con Rosalía de Castro, os protagonistas do 24 de febreiro no noso centro. Coa aportación de todas e todos rendemos homenaxe ó amigo, ó conselleiro, a esa fiestra aberta a todos os mundo posibles, reais ou imaxinarios: Ó LIBRO. O Día das Letras Galegas convertémolo nunha xornada festiva na que todo o centro se desprazou ó Balcón do Rei para converternos en rapsodos, cantantes e músicas/-os tras a pegada que foron deixando en nós séculos de poesía galega.
bo ritmo. . .
E polo medio de todo isto, fomos ó teatro, visitamos exposicións, vimos as albarizas e o sinclinal na Ribeira Sacra, recorremos as rúas de Santiago, paseamos polas Illas Cíes, montamos en bicicleta, voamos nas tirolinas en Marín, aprendemos máis de ciencia e tecnoloxía en MUNCYT, falamos de enerxías sostibles e reciclaxe en Mugardos e A Coruña, lemos e compartimos lecturas, cultivamos plantas no noso invernadoiro, criamos peixes no noso acuario, vivimos o deporte de Cangas, fomos actores e actrices participando na película "A herdanza, o segredo do Maracaibo", escribimos, entrevistamos, debuxamos. . . , para facer esta revista. . . , e fixemos un sinfín de cousas máis que demostran que, a pesar de todas as dificultades, o Carrasco segue movéndose a
E xa que botamos a vista atrás, non pode faltar unha mención especial ó noso director. Álex vaise. Dende a redacción d'A Gaivota queremos expresarlle todo o noso cariño e o agradecemento polo seu apoio e a súa colaboración ó longo, non só destes tres anos dende a dirección do centro, senón tamén do tempo pasado con nós con anterioridade. Entre as súas colaboracións contamos con el como organizador nas varias convocatorias do concurso de fotografía matemática que ilustran as contraportadas dalgúns grandes números da nosa editorial, aportou os seus coñecementos e iniciativa na elaboración de artigos de distinto contido, e sempre botou unha man cando llo pedimos. Por iso a Gaivota quere acompañalo na súa nova etapa e propoñémoslle que continúe a seguir o vó desta revista escolar dende o seu novo posto. Estaremos encantados de achegarnos no noso percorrer polo ar galego ata o seu refuxio. Mil grazas. Boa singradura, capitán!
A GAIVOTA
75
A GAIVOTA
2014 - 2015
De cando as “cebras” poboaron o Monte Carrasco, ou da participación no proxecto “Una Cebra en el agua” CAPÍTULO II: A EXTINCIÓN Por Ana Soliño e Cristina Fernández Este curso escolar, visto o non éxito do proxecto, decidimos non volver a encariñarnos con outro grupo de
Hypostomus placostomus (“Abril”)
“cebras” para ilos despedindo pouco a pouco, enterro incluído “oficiado” por Conchi e asistido por Pilar, así que tras a extinción das “cebras” xurdíanos un novo reto….qué facer con Abril? O pobre tivera que asistir á desaparición dos seus compañeiros e o certo é que non sabíamos qué ía ser del… e, supoñemos que porque xa formaba parte da vida do Monte Carrasco e non podíamos pensar en perdelo, decidimos “poboar” novamente o acuario con: Hyphessobrycon anisitsi (Tetra Buenos Aires)
E o certo é que este cambio de tendencia tivo os seus froitos en forma de un montón de crías de guppys, que son ovovivíparos. As femias, máis grandes e menos coloridas cós machos estiveron moi gordiñas ata que expulsaron as crías dos novos guppys (entre 20 e 90, así que imaxinade o tamaño minúsculo que tiñan) que aínda nadan libremente na parideira do acuario, para protexelos dos “come pezqueñines”. Por fin conseguimos observar o ciclo reprodutor duns peixes en vivo, e agora só falta velos
Poecilia reticulata (guppy)
medrar (agora poden ter entre 1 e 1.5 cm.) para ver completo o seu ciclo vital. Ultimamente, seguro que botades de menos a Tetra Buenos Aires, ese que semellaba un TDH na auga e non paraba quieto. Coma todos, necesita o seu espazo, pero estrésase cos que nadan máis lentos ca el, e dedicábase a darlles mordedelas as aletas. Así que, pensando en todos un pouco, decidimos sacalo do acuario. Seguro que tamén notastes que a mesa onde está o
Corydoras sp. (limpiafondos)
acuario medrou últimamente…, non foi maxia non… , algo tivo que ver Geno en todo isto; estade atentos porque pronto veredes que o acuario vai “medrar”… Todo sexa porque estes novos poboadores do IES se sintan o máis cómodos posible entre nós e nos axuden a seguir gozando deles e entendendo cómo funciona a vida nos ecosistemas acuáticos “in vivo”. CONVIDÁMOSVOS A CONTEMPLALO.
EDLG
CRÉDITOS
A elaboración do presente número de A Gaivota foi posible grazas á colaboración dunha parte importante do noso alumnado e tamén, do profesorado, pais, nais e persoal vencellado ó noso centro. As alumnas e alumnos que participaron son:
CLAUDIA AVILÉS PAULA YAEL BERMÚDEZ FÁTIMA BOUKARKOUR ANDREA CALVAR MARTA CAMAÑO EMILIO CARBALLO PABLO CHAPELA SABELA CORDEIRO ALFREDO COSTAS IRIS CURRA DARÍO DACOSTA MIGUEL ENTENZA JOSEPH ESCALANTE IZAN FERNÁNDEZ MARIANA GAGO ÁLVARO GALLEGO MIRIAM GARCÉS CYNTHIA GONZÁLEZ INÉS GONZÁLEZ BRAIS GUARDADO SABELA GUITIÁN EMMA IGLESIAS ROMINA IGLESIAS ALEJANDRO MARIÑO IRENE MARTÍNEZ KATIA MEIRA ROI MILLÁN ÉVORA PARCERO AINHOA PARENTE LORENA PIÑEIRO SARA PORTELA EVA POUSADA INSAFE QAQA IRIA RODRÍGUEZ ANA DE SA
IES MONTE CARRASCO
ANDREA VÁZQUEZ DAVID VIDAL TAMARA VILAS INÉS VILLAMOR TERESA VILLAMOR GABRIEL VILLAR NURIA VILLA Por parte do profesorado e dos pais participaron neste número:
SEILA ACUÑA PILAR ALONSO XOSÉ ÁLVAREZ CARMEN AMADO CARLOS CAMAÑO MIGUEL CAMESELLE ALEXANDRE CORTÉS CRISTINA FERNÁNDEZ BEGOÑA OTERO CELSO PARADA XAQUÍN PASTORIZA YOLANDA RODAS ANA SOLIÑO GARBIÑE TÁBOAS JOSÉ RAMÓN VIDAL Ademais damos as grazas a todas as persoas que, dun xeito ou doutro, nos axudaron a que isto saíra adiante. Que pasedes un feliz verán. Vémonos en setembro!
77
A GAIVOTA
2014 - 2015
ÍNDICE DE CONTIDOS Un curso en fotos Editorial Dende a cheminea Faladoiro Maior Banda deseñada Unha hora con ... Edu Salazar Visita a Minervigo 14 Unha viaxe ó interior Océanos de plástico O Carrasco no MUNCYT A devastación do Ébola Fixen dano sen querer A vida dunha bacteria Por unha ciencia máis sinxela Laika A sorte ben podería enrolarse coa investigación A historia non coñecida da radio Un invento impredicible Misterios da antiga Italia O comezo dunha nova ciencia O tempo voa Unha vacina para a varíola Aprendizaxe cooperativa: técnicas e recursos Podemos vivir sen libros Pialeando en Canadá Muller e escritura en Galicia: fiando resistencias O San Xoán As bebidas azucradas e os riscos para a saúde Reseñas das gaivotas lectoras Visita a Balaídos O Carrasco cos olímpicos: Teresa Portela Entrevista a Adrián Pumar Memorias da escola Detrás das espiñas Virus A blogosfera do Carrasco De como Cangas se converteu nunha vila olímpica Entrevista a Brais Guardado Dani Calvar, un campión nas aulas do Carrasco Encontro con Solange Pereira Visita ó Gatañal Producións Monte Carrasco presenta... O cometa Halley Os buratos negros Un profesor entre bambolinas Carteleira on line Reganosa e Sogama Agadir A miña experiencia radiofónica A vida Espallando o son do galego Polas pedras de Compostela Recontando o camiño De cando as "cebras" poboaron o Monte Carrasco: a extinción Créditos Índice de contidos Orlas Premios Letras Galegas
2 3 4 5 7 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 20 21 22 23 25 26 27 28 37 38 40 42 44 45 47 48 49 51 52 55 57 58 59 59 60 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 72 74 76 77 78 79 80
MONTE CARRAS CO - PROMOCIร N 201 5 4 ยบ ES O A
4 ยบ ES O B