N60
EDLG IES MONTE CARRASCO
XUÑO 201 6
A GA I VOTA
201 5 - 201 6
U N C U R S O E N FO TO S
A G A I VO T A
I E S M O N TE C AR R AS C O . C AN G AS E QU I P O D E D I N AM I ZAC I Ó N D A LI N G U A G ALE G A www.edu.xunta.es/centros/iesmontecarrascocangas
ED I TO RI AL EDLG
IES MONTE CARRASCO
Remata un novo curso académico e chega o momento de desexarvos a todo os membros da comunidade educativa do IES Monte Carrasco un feliz verán. Pero tamén é momento de botar unha ollada a estes últimos nove meses e analizar como foi o curso de cara a que o próximo haxa un maior grao de éxito. Este ano académico, que agora remata, estivo marcado pola implantación en 1º e 3º ESO dunha nova lei educativa, a LOMCE. Unha norma que chega cun amplo rexeitamento da sociedade e que terminará de implantarse o próximo curso para o alumnado de 2º e 4º. Unha controvertida lei que comeza a poñerse en funcionamento ao tempo que os partidos políticos quedan inmóbiles deixándonos cun goberno en funcións. Pero fronte ao inmobilismo da clase política, están as rapazas e rapaces en plena adolescencia que non entenden de tempos mortos e que necesitan que o eido escolar non quede parado. Deste xeito puidemos dicir que fomos quen de dar resposta a estas necesidades a pesar dos curtos prazos e improvisacións con que a Consellería puxo en práctica a nova lexislación. Pero aínda con todas estas pedras no camiño, o noso persoal foi quen de dar resposta ás necesidades do alumnado e, ademais, de seguir recollendo premios sementados anteriormente como o proxecto do PRIN “Como chegou Cangas a ser unha Vila Olímpica?”; o claustro do noso instituto volveuse a embarcar noutros mil proxectos, cada cal máis interesante e todos cunha soa meta, que o noso alumnado acade o máximo nivel de desenvolvemento das competencias. Aquí quedan o proxecto da horta ecolóxica que nos deixou o invernadoiro máis sementado que nunca, a realización de xabóns, perfumes e cremas, enquisas de hábitos saudables, fomento dos deportes autóctonos, unha nova película musical con animacións, e mil e unha actividades como este novo exemplar da revista A Gaivota que estades a ler. Por todo isto, só podo agradecer aos meus compañeiros e compañeiras o grao de implicación e traballo que dedican neste centro. Algúns deles xa no estarán neste instituto o vindeiro ano e queremos desexarlles un éxito persoal e profesional onde queira co destino os leve. Moitas grazas de novo polo voso traballo e oxalá volvamos a coincidir xuntos. Mención especial merece a despedida a D. Xulio Mariño Ruíz, toda unha institución no noso centro que agora se xubila. Hai quen di que foi el quen puxo o primeiro ladrillo cando se construíu este instituto. En nome de toda a comunidade educativa do IES Monte Carrasco queremos desexarlle moita felicidade nesta nova etapa da súa vida e lembrarlle que aínda que xa non terá gañas de corrixir máis cadernos, esta sempre será a súa casa. Feliz verán a todos. MIGUEL CAMESELLE
3
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
DESDE A CHEMINEA
Veño de sobrevoar Europa. Deixeime arrastrar polas correntes frías e quentes de aires de todas as latitudes. Fun percorrendo a beiramar dende a miña atalaia na cheminea da vella factoría ata os confíns do Mar do Norte, onde ó lonxe albisquei os primeiros bloques de xeo aínda sen derreter. Levada por unha intensa borrasca centrada na Groenlandia, atopeime, sen contalo, descubrindo baixo as miñas ás, paisaxes novas dunha Centroeuropa axexando pola primavera. Puxen rumbo sur, tentando non deixarme levar demasiado lonxe. Tiña que estar de volta a tempo para a celebración do fin do curso no Carrasco. . . Esa era a miña meta, a miña ilusión, o plan de voo máis pragmático e sinxelo, pero. . . Baixei a mirada e descubrín unha ringleira de formigas desprazándose cara ás zonas poboadas dos países máis desenvolvidos da nosa entorna. Decateime de que dende as alturas era imposible divisar insectos de minúsculo tamaño e caín na conta de que non poderían ser formigas. Pensei na fauna trashumante dos documentais de natureza, e non conseguín identificar de memoria cal podería ser a especie que viaxaba dun xeito tan estraño atravesando vales e montañas aínda xeadas e húmidas da nosa paisaxe. Recorrín ó método máis práctico, a experimentación, e descendín na procura dos datos precisos. Conseguín sorprenderme uns minutos máis tarde e uns metros máis abaixo. Eran humanos: homes, mulleres, nenas e nenos, anciáns que con paso canso e cargados con escasas pertenzas constituían aquela triste procesión de esperanza. Que pode estar pasando? pensei, e aínda que quixen ver un aspecto festivo na peregrinación daqueles seres cara a algunha romaría, a tristura das súas caras, a fame dos seus corpos déronme moi mala espiña. Era unha ringleira interminable de vencidos, de desesperados, de feridos polos envites da inxustiza, e acudían á Europa Unida, rica e acomodada, buscando a vida. Voei no sentido contrario ó seu para determinar onde remataba aquela sangría, pero canseime antes de ver o final e despois de comprobar que canto máis lonxe voaba, máis dramáticas eran as miradas dos que baixo min enterraban os seus pés en lameiros impracticables, en xélidos ventos de forza seis, en desacougantes ballóns de auganeve que escorrían pola súa pel, encareime no sentido da súa ruta, e sobrevoeinos ata as fronteiras que prometían un maná de oportunidades, de futuro ou de silencio despois de ter experimentado os dramas das guerras das que fuxían. E cando pensei que chegaba ó mundo solidario de acollidas e axudas, asusteime. Vin valados de arame estendidos polos descampados que evitaban dar un só paso adiante. Vin moreas de persoas ocupando recunchos de desamparo e terror. Vin miradas e silencios que romperían o corazón máis duro de calquera humano exposto a eles e deberían abrirlles tódalas portas. . . Pero as portas estaban pechas. Nos arames das fronteiras quedaban presos os soños, as ideas, as demandas de xustiza e axuda, e aqueles humanos refuxiados en si mesmos amoreábanse sen poder comprender que ninguén lles estivese a dar unha man dende o outro lado do valado. Aquela Europa rica da que oíran falar, aquel continente das experiencias aleccionadoras co que contaban para comezar a súa verdadeira existencia, non era, non quería ser, non sabía ser solidaria cos que sufrían. Non o podía crer. Sei que as gaivotas non entendemos moitas cousas do mundo dos humanos, pero decateime enseguida de que algo estaba a funcionar mal, de que se estaba a romper a esencia da humanidade. . . Voei de regreso bordeando os países mediterráneos e non quixen mirar cara abaixo onde ía descubrir moitos máis exemplos de atentados contra a vida por omisión do deber de socorro. Quería chegar canto antes á miña cheminea para dixerir a ingratitude que viña de observar, e axudar, dende este espazo, a facer tomar conciencia de que algo habería que facer para que isto se converta nun mal soño cantos antes. Non me preguntedes como hai que actuar, eu son só unha ave viaxeira. . . A GAIVOTA
EDLG
Fa l a d o i ro M a i o r
IES MONTE CARRASCO
Pilar Alonso
Foi un ano viaxeiro o que vivimos no Faladoiro Maior. Viaxeiro no tempo e viaxeiro no espazo. Comezamos con Palestina, banda deseñada que nos trasladou á Palestina da primeira Intifada. O seu autor, Joe Sacco, móstranos o día a día dos palestinos tal e como a viu durante a súa estadía nos territorios ocupados os bombardeos, o sangue,os feridos, os mortos..., pero tamén o boicot ós seus produtos, a falta de escolarización, a impotencia, a rabia, a desesperación. A obra fora publicada anteriormente en nove capítulos e lida nunha soa vez resultounos un pouco repetitiva por ser as situacións todas moi semellantes. Pero constitúen un documento de gran valor para coñecer a vida dos palestinos cercados por Israel e tomar conciencia acerca da situación de guerra constante na que viven. De Palestina, marchamos a un entorno menos conflitivo socialmente, pero non emocionalmente. Da man de Alice Munro, Premio Nobel de Literatura 2013, afondamos no mundo rural canadense dos anos que seguiron á Segunda Guerra Mundial. O ambiente decadente, de supervivencia, inhóspito, tanto a nivel material como moral é un dos fíos condutores dos distintos relatos. O outro é o perfil dos seus protagonistas. Son personaxes desarraigados nos cales a autora destacan os traumas e as frustracións. Percíbese en case todos eles un desexo de fuxida para escapar de situacións incómodas e están marcados pola incapacidade para o compromiso, a aceptación de relacións enfermizas para fuxir da soidade, o sentimento de culpa arrastrado dende a infancia, o intento de fuxida dunha rutina abafante, a desolación de non saber que facer coa propia vida, e tamén da busca desa paz que non atopan no seu interior. E logo marchamos cara a Checoslovaquia, invadida por Alemania. A obra que nos levou alá foi Correr, de Jean Echenoz. A novela xira en torno á figura do atleta Zátopek, gañador de tres medallas de ouro nos Xogos Olínpicos de helsinki en 1952. Na superficie, atopamos a biografía do deportista; se afondamos só un pouquiño, asistimos ás tensas relacións internacionais durante os anos da guerra fría, á primavera de Praga, a censura e o control que dominan a vida nos países do Leste... Un pano de fondo que está aí pero que se nos mostra dun xeito totalmente aséptico, igual que a vida do protagonista, centrada no ámbito deportivo, sen que apenas asomen outros aspectos. E finalmente, de volta á casa, fondeamos na ría de Vigo, concretamente a Moaña. Como unha áncora foi a novela elixida para despedir por este curso o Faladoiro Maior. O naufraxio do Ave del Mar o día de San Martiño sérvelle a Iria Collazo para desenvolver unha novela na que se mestura o realismo coa ficción, o presente co pasado. A asistencia da autora á nosa reunión foi un luxo que, ademais da interesante conversa, nos aportou unha visión máis completa da armazón da obra, polo que queremos agradecerlle a súa boa disposición e, tamén, a súa obra. Esperamos seguir véndonos o curso que vén!
5
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
FAHRENHEIT 451 . RAY BRADBURY INSAFE QAQA, 4º A
Este foi o libro que lemos, a proposta de Luz, no primeiro trimestre no club de lectura. A trama xira en torno a Montag, un bombeiro encargado de queimar os libros por orde do goberno. Guy Montag é un bombeiro, na sociedade imaxinada pola novela, de carácter distópico. Os bombeiros teñen a misión de queimar libros, xa que, segundo o goberno, ler impide ser felices porque enche de angustia. Ó ler, os homes empezan a ser diferentes, cando o obxectivo do goberno é que sexan iguais. Para iso, vela para que os cidadáns sexan felices, para que así non cuestionen as súas accións e rendan nos seus traballos. Ó comezo da historia, o país de Montag está ó borde da guerra. O protagonista coñece a unha moza chamada Clarise, sinalada pola sociedade como tola porque pensa. Clarise cóntalle que a ela e á súa familia táchanos de antisociais porque formulan preguntas, porque cuestionan cousas e non aceptan o que lles contan sen pensar máis. Ela di que no fondo é moi sensible. É esa moza a que empeza a xerar en Montag a dúbida sobre se realmente é feliz, ademais de espertarlle a curiosidade acerca dos libros, a súa situación, a súa vida e a da súa esposa, vivindo a vida de seres ficticios a través das pantallas de televisión xigantes. O xefe de Montag, Beatly, dille a este que os libros só serven para facer ás persoas sentirse mal. É un home astuto que segue as ideas utópicas do goberno. A sociedade Fahrenheit é unha sociedade sen cultura, sen historia, sen recordos. Por iso, cando a guerra termine co seu adormecemento, serán os homes-libro os encargados de recordarlles quen son. A novela móstranos unha sociedade de seres alienados, manipulables e manipulados, carentes de ideas e de espírito crítico que se conforman con vexetar nun mundo no que un cantos teñen o control e o poder sobre eles. Aínda que é ciencia-ficción, desgraciadamente, non é unha situación tan irreal como poderiamos pensar. Tamén no noso mundo hai moitos elementos que distraen a nosa atención do verdadeiramente importante. O empobrecemento que supón na novela a destrución dos libros non está tan afastada de nós como cremos, mergullados nun remuíño de información tendenciosa que nos chega a través de imaxes en movemento, de cores, de eslógans que atrapan a nosa atención e nos impiden centrarnos no verdadeiramente importante.
EDLG
IES MONTE CARRASCO
e esbos ruxel s solid ried de fronte o medo or qu n
storiz
Mentres escribo estas liñas, aínda resoa o eco das sereas en Bruxelas, o lume segue a saír da estación de metro de Maelbeek e as televisións continúan a informar sobre o ataque terrorista. Confusión, medo, barbarie, ideas que golpean a conciencia e ante as que é fácil sucumbir. Achegar algo de luz entre as tebras parece unha misión tan suicida como necesaria, ao fin de non refuxiarse nun pesismismo paralizante. Cómpre fuxir da dialéctica da dor e dos sentimentos primarios (inseguridade, necesidade de protección, odio), empregada como arma de distorsión masiva fronte aos "outros", os que "non son coma nós". Eis a semente do racismo, a semente da barbarie. Os primeiros pensamentos, porén, van cara ás vítimas, persoas do común, atrapadas nun inferno que non crearon. A mellor homenaxe que lles podemos facer é non calar, é sinalar as causas e os culpábeis, ir ás raíces. O silencio é terreo aboado para que campen o racismo, a xenofobia, a exclusión, coma látegos que se espallan por Europa sobre a miseria das clases explotadas, sexa cal for a súa etnia ou relixión. Trala fachada do islamismo xihadista coma inimigo hai varias simplificacións interesadas. O concepto "islamismo xihadista" é unha construción mediática e académica realizada en Occidente, coa complicidade dos mass media e dalgún "orientalista" coma Bernard Lewis, con escuros vínculos co Departamento de Estado dos EUA. No relato dominante xerado trala caída do Muro e que procura un novo antagonista trala creba da URSS, identifícase Islam con xihadismo, poñendo baixo sospeita a toda unha "civilización" tan diversa e heteroxénea coma a Cristiandade (termo este que non se adoita empregar na análise). Esta simplificación bebe do vello discurso "Orientalista" que nace no século XIX e que tan ben caracterizou Edward W. Said, como unha construción interesada, tan falsa coma o concepto de Occidente, e que responde a unha lóxica de sometemento baseada nunha suposta superioridade. O choque de civilizacións de Hungtinton como marco interpretativo que lexitima un neocolonialismo desposuidor, posto de manifesto cruelmente nas dúas guerras de Iraq, en Afganistán, en Libia, en Siria. Esta visión orientalista incide na visión do outro, do "Islam", como espazo territorial e simbólico onde agroman o fanatismo e o nihilismo, despoxando as reivindicacións dos seus pobos de calquera contido político. Esta explicación psicoloxista, que percibe o Islam coma un todo homoxéneo, fundamentalmente patolóxico, agocha calquera relación entre os atentados xihadistas e o problema
7
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
palestino ou as intervencións imperialistas de Occidente. Esta análise dominante centra a explicación da existencia de células con intencións de atentar no resentimento, nun odio identitario e cego, non na realidade de entornos sociais azoutados polo desemprego, a falta de políticas sociais e o desprezo das institucións. O discurso islamófobo estigmatiza as comunidades de migrantes en territorio europeo, identificando relixión, miseria e violencia nihilista. A islamofobia tamén tenta illar estas comunidades doutros sectores das clases populares, estendendo o medo e a desconfianza entre as clases subalternas. De feito, o auxe do voto á extrema dereita en Europa, dende Francia até Alemaña, baséase na expansión da xenofobia entre os barrios de clases traballadores, tradicionais feudos da esquerda, vítimas do paro, a descomposición social e a bancarrota política das organizacións de clase. A existencia de barrios cunha composición maioritariamente orixinaria de países musulmáns contémplase como un problema de seguridade, non como entornos cunha problemática social complexa que cómpre atender. De feito, as solucións á cuestión do terrorismo prantéxanse dende unha óptica securitaria policial, colocando a barriadas enteiras no punto de mira. Esa é a lóxica que subxace na consideración que fan moitas veces as autoridades da construción dunha mesquita como un problema de seguridade, fronte ás evidencias que sinalan que a maioría de persoas que participan en atentados "xihadistas" proveñen de capas medias, cun alto nivel de estudos en moitos casos e fortemente ocidentalizadas (S.Amghar). A islamofobia aféctanos a todos, destrúe as nosas solidariedades colectivas, divide as maiorías sociais e confunde a natureza do inimigo. Nese senso, mentres as bombas estoupaban en Bruxelas, milleiros de refuxiadas eran deportadas da illa de Lesbos, entre a ausencia de testemuñas incómodas. A mesma UE que invoca a defensa dos seus "valores" fronte á ameaza do terrorismo, invoca eses mesmos "valores" para deter masivamente mulleres e nenos, converte o Mediterráneo nunha gran tumba e nega o dereito de asilo ás persoas que escapan das guerras xeradas polos países occidentais. O acordo de inmigración asinado pola UE e Turquía, coa complicidade do goberno Tsipras, reforza a idea de exclusión, de "eles" e "nós", da Europa fortaleza ameazada polos refuxiados e o Islam, unha lóxica infame que alimenta a xenofobia e os votos da extrema dereita. A solución non virá das forzas e corpos de seguridade do Estado, dun pacto antiyihadista, da unidade fronte ao Terror (non pode haber ningunha unidade cos que instalan valados, apoian guerras e deportan migrantes). Tampouco mediante a restrición de dereitos e liberdades, senón incidindo nas causas do terrorismo, combatilo construíndo solidariedades, construíndo comunidade entre os de abaixo. Cómpre loitar contra a estigmatización dos diferentes, apostar por facer pedagoxía contra o discurso da vinganza e do odio, como fan moitos movementos e activistas que combaten o racismo e a exclusión. Abrir muros, derrubar fronteiras, evitar que as vítimas se convertan en culpábeis e os culpábeis en vítimas. Por Lesbos, por Bruxelas. É hora de construír outra Europa
EDLG
IES MONTE CARRASCO
Mario Bermejo é un xogador que naceu en Santander o 7 de outubro de 1 978, formouse no Perines, o Racing marcou o seu debut na máxima categoría do fútbol español con tan só 1 6 anos co Sevilla na cuarta xornada da Liga, e, dende alí, Vicente Meira deulle unha oportunidade; e de aí, pasando por moitos clubs, entre eles o galego do Racing de Ferrol, onde desenvolveu a mellor etapa da súa carreira, sendo pichichi da segunda, Mario Bermejo cóntanos a súa experiencia dende a secretaría técnica, traballando con Torrecilla, facendo un deporte que, se gozas del, pode converterte no máis grande: 4 Que che pasou pola cabeza o día da retirada3
5 A verdade é que foi unha situación inesperada xa que eu pretendía seguir xogando no caso de non renovar no Celta, pero en ningún momento esperaba que me brindasen esta posibilidade- Pensei no afortunado que fun ao ter esa posibilidade4 Estiveches dende /--1 ao /-. . no Xerez, Que foi o que máis te marcou nese club3
5 A boa sintonía e o bo ambiente que existía dentro do vestiario, nun equipo que estivo loitando o ano anterior pola permanencia e que ademais sufría continuamente polas adversidades extradeportivas coas que nos encontrabamos no día a día4 Que foi o máis especial do teu gol ao Zaragoza en Balaídos naqueles últimos minutos+ que foi o que sentiches3
5 O máis especial foi o momento, sen dúbida4 que ese gol mantiña acendida a esperanza do equipo e de toda a afección na consecución da permanencia- Por último, que foi o último gol da miña carreira deportiva e seguro que un dos máis importantes polo que supuxo3 tres puntos vitais para o obxectivo4 Cal é a mellor tempada que tiveches a nivel profesional3
5 Todas as tempadas que puideches vivir coma profesional foron importantes, porque o fútbol foi e segue sendo a miña vida- A nivel de resultados, podería quedarme con todas as tempadas vividas na primera división, os anos nos que puiden conseguir os ascensos a primera vez foi co Almería, Xerez e Celta, o ano no que conseguín no trofeo pichichi da segunda división co Racing de Ferrol4 Como é traballar na secretaría técnica con Miguel Torrecilla+ e porque elixiches o posto3
5 É un auténtico privilexio poder traballar no Celta e ao lado de Miguel Torrecilla4 primeiro, pola amizade que nos une dende hai moitos anos, cando fomos compañeiros de vestiario sendo eu un
9
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
neno4 e segundo, porque é un gran profesional, moi preparado, do que puiden aprender e seguir formándome na miña nova vida despois da miña etapa coma futbolista4 O teu adestrador no debut foi Vicente Meira+ co Racing de Santander+ no ano 20+ con dezaseis anos, Cal é o recordo máis bonito que gardas dese día e que sentiches ao pisar por primeira vez un campo de primeira3
5 Ese día foi o /0 de setembro de . 221 e tan só tiña dezaseis anos- Imaxínate, dende o momento que me din que podo ir convocado, esperando impaciente o momento de que comezara o partido e despois estar quecendo na banda e continuamente mirando ao banquiño esperando a chamada do míster- Fíxoseme eterno, pero o meu momento chegou- Sempre soñei con xogar no Racing de Santander en primeira división e fun o máis novo en conseguilo- O momento máis bonito foi cando entrei por primeira vez ao terreo de xogo4 Que che pasaba pola cabeza cando eras suplente3
5 Cando es máis novo ves as cousas doutra maneira4 tes ganas de xogar e de demostrar as túas capacidades, polo que as suplencias sempre as tomas peor- Iso si, esperaba ansioso saír ao campo para comer a herba e poder demostrarlle ao míster que non se equivocou na súa decisión- Co paso dos anos, a experiencia axúdache a gardar a calma nun primeiro momento e analizar as situacións con frialdade- Pero a segunda parte non varía3 se saio, deixo todo no campo para axudar ao equipo4 Cal foi o xogador que máis che aportou e do que máis aprendiches na túa carreira3
5 Tiven a sorte de poder compartir vestiario con grandes xogadores, e sobre todo grandes persoas, coas que sigo mantendo contacto e amizade, que me axudaron dentro e fóra do campo a crecer como deportista e como persoa- Non podería quedarme cun só4 Cres que sen Paco Herrera o Celta non tería ascendido3
5 Evidentemente non- Creo que Paco era o adestrador perfecto para poder sacar o mellor partido dun equipo cunha mestura de veteranía e xuventude, desenvolver un fútbol dun nivel altísimo e xerar un ambiente no vestiario idóneo para a boa sintonía dos xogadores4 Moitos din que chegaron ao Celta pola cidade, Cando chegaches ao club+ unha das cousas polas que viñeches a el foi esa3
5 Cando te decantas por un equipo valoras moitas cousas, entre elas, evidentemente, a cidade onde vas vivir, sobre todo cando tes familia, coma era o meu caso- Ademais a miña muller estaba embarazada e o meu fillo nacería onde eu fora, co cal imaxínate se lle dás importancia- Ao pouco tempo de chegar, xa estaba convencido de que a miña elección foi, sen dúbida, a mellor, polo persoal e o deportivo4 Nun futuro poderiamos ver a Mario Bermejo adestrando a un equipo de fútbol3
5 Nunca sabes o que o futuro che pode deparar, podería ser unha posibilidade- Iso si, agora mesmo estou moi contento, centrado e ilusionado, en seguir traballando e aportar o meu gran de area na parcela da secretaría técnicaEsperamos seguir gozando de moitas alegrías e moitas experiencias novas- Hala Celta++
EDLG
IES MONTE CARRASCO
VA I DE M Ú S I CA Évora , I n sa fe e A n a , 4 ºA
A música abrangue moitos tipos, culturas, países e sons diferentes. Aínda que sexamos de distintos lugares e non nos entendamos, a música pode chegar a unirnos. Ata que punto coñecemos ás persoas que nos rodean? Poderiamos intuír cales son os seus gustos musicais? Quizais poida sorprendernos a resposta. E quizais nos aproxime a certos aspectos da personalidade completamente descoñecidos. Imos facer unha proba. Hai múltiples correntes musicais que comparten os profesores e profesoras deste centro. Están os morriñentos que tiran máis para a terra, os que teñen unha vea claramente romántica, incluso temos algún caso que é 100% roqueiro. E logo están aqueles que se “pirran” por todo o que soe a música (“os eclécticos”). Quen nos diría que a nosa titora, sempre mandándonos calar, agochase a alma dunha roqueira empedernida, con grupos como Maná, Bruce Springsteen ou Fito & Fitopaldis? Ou un grupiño de profesoras máis romanticonas que cantaruxan polos corredores cancións de cantantes como Céline Dion, Whitney Houston ou Phil Collins. Moitos deles ven a música como un medio de evasión, onde poden relaxarse e soñar espertos. A música tamén lles fai revivir antigos recordos e transportan á súa memoria persoas queridas. Ademais, espertan neles ese lado máis salvaxe e extravertido que habitualmente nos pasa desapercibido. Cancións como “I want to break free” de Queen (marcada por unha porcentaxe importante) axudan a que estes sentimentos saian á luz, e así, poder desconectar da realidade. Como non, facer mención especial á música galega. Hai que tirar para a terra, non si? (e de paso contentamos os nosos profesores de galego). Dependendo do momento e do estado de ánimo, os nosos mestres poden escoitar dende “Luar na Lubre” ata cancións como “Lela”. Do riso ás bágoas nun “plis”. Aínda así, o que máis destaca nos gustos dos nosos profesores é a música dos anos 80, como Stevie Wonder, Bryan Adams, George Michael e Elton John. Sospeitamos que isto poida deberse a que nesa década estaban vivindo a adolescencia, pola que nós estamos a pasar, e todos sabemos a importancia que a música ten nestes críticos momentos, polo que queda gravada a lume! Pero quizais non teña nada que ver con isto… E é que a música… Non ten idade!
11
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
ColleitandoManuel cogomelos Veiga Pereira 2º A Laura Mishel Carrera Reyes 2º B
No mes de outubro fomos coas profes de Ciencias Naturais, Xaquín e Michael ao monte a aprender sobre a vida dos cogomelos. Para ir a buscar cogomelos tes que ter respecto polo medio natural, pois os cogomelos
medran en plena natureza e dependen dela para facelo. Ademais, a contaminación acumúlase neles, co que é moi perigoso consumir aqueles que están expostos a contaminantes. O cogomelo é o “froito” dun fungo, e pode ser coma o níscalo, en forma de campá invertida, ou alongado, con pé e sombreiro; o sombreiro é a parte máis visible. O outono é a mellor época para buscar cogomelos, e sobre todo atoparalos en sitios húmidos, tanto en piñeirais como en carballeiras, pero tamén os podemos encontrar onde hai eucaliptos. Para ir recollelos necesitas levar unha navalla ou coitelo (debes cortalos o máis preto do chan posible, sen estragar o fungo que está baixo terra) e unha cesta de vimbioN, nada de bolsas, pois as esporas do cogomelo, esas que van facer que medre un novo fungo (e que non comemos) poderán caer mentres camiñamos polo bosque e así favorecemos a súa dispersión;
ademais estragaríanse, pois son froitos moi delicados. Na nosa saída ao Monte Carrasco recollemos e fotografamos varias especies: níscalos (Lactarius deliciosus), russulas (Russula heterophyla e R. vinosa), a maioría comestas das lesmas, cantarelas (Cantharellus cibarius), boletus, falsos boletus (Suillus bovinus), amanitas (Amanita rubescens e Amanita muscaria), lacarias (Laccaria laccata e L. amethystina), e tamén algunas especies que eu non sabía que eran cogomelos: Scleroderma sp, Clavaria sp., Stereum hirsutum, Coltricia perennis, Licoperdon sp; gustaríame ter atopado lepiotas, que tamén as coñezo, pero non foi así nesta ocasión. Tamén recollemos Armillaria melea; unha chea delas que saían da base dunha árbore no instituto. Neste caso, o fungo está dentro da árbore, e dixéronnos as profesoras que se trata dun parasito (aínda que é comestible) e a árbore parasitada vai a acabar caendo. Cando chegamos ao instituto fixemos unha exposición con elas, e coa axuda de guías puidemos identificalas. Para identificar algunas é necesario cortalas coa navalla para ver se se poñen azuis ao contacto co aire ou se desprenden algún tipo de substancia. Poucas eran comestibles; moi poucas, probablemente por tratarse dunha zona onde os veciños adoitan recollelas para o seu consumo..
EDLG
IES MONTE CARRASCO
DÍA INTERNACIONAL DA PAZ : 2016 Luz Jares Fernández
Un ano máis conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL DA PAZ no IES Monte Carrasco. Se facemos balance dende o 30 de xaneiro pasado vemos que neste noso pequeno planeta segue a estar vixente a locución latina “HOMO HOMINI LUPUS” de Plauto : “ O home é un lobo para o home”.
Parémonos a pensar, seguimos tendo: Guerra e invasións: O home provoca, dirixe, fai, tolera e permite a guerra. Participa
directamente como soldado e mercenario, produce armas e obtén enormes beneficios da industria armamentística. Mata, viola, rouba e espolia. Na guerra e a posguerra sucédense as infraccións aos Dereitos Humanos, intensifícase a fame e as enfermidades. As vítimas mortais e o número de feridos polas guerras é impresionante. No planeta temos actualmente máis de 22 conflitos bélicos, isto implica que a día de hoxe aínda siga habendo violencia, siga violándose mulleres, sigan morrendo civís, siga habendo xente matando en nome dunha idea, sigan prohibindo as ensinanzas distintas ás súas, recordemos as palabras de Malala no seu discurso na ONU: “Collamos os nosos libros e os nosos lapis pois eles son as nosas armas máis poderosas. Un neno-unha nena. Un mestre-unha mestra. Un libro. E un lapis... Poden mudar o mundo. A educación é a nosa única salvación.”
Seguimos tendo: Xenocidio: O home practica o exterminio ou a eliminación sistemática dun grupo social por
motivos de nacionalidade, etnia, raza ou relixión; así como crimes contra a humanidade e a limpeza étnica. Basta recordar o xenocidio de Tasmania, Holodomor e o Holocausto, o xenocidio armenio, as Guerras Indias da conquista do oeste americano, a Conquista do Deserto da Patagonia, o xenocidio selk'nam en Terra do Fogo, o xenocidio camboxano, o xenocidio en Bosnia, o xenocidio xitano, e o xenocidio guatemalteco, entre moitos outros.
Seguimos tendo: Terrorismo: Os terroristas fan atentados e utilizan o asasinato e o secuestro para causar terror e
para coaccionar a sociedades, países e gobernos. O terrorismo é usado por partidos políticos nacionalistas e non nacionalistas, de dereita e de esquerda, por grupos relixiosos, racistas, colonialistas, independentistas, conservadores e tamén por gobernos que están no poder.
Seguimos tendo: O terrorismo de estado: As persoas que están
e estiveron no Goberno dunha nación (Presidentes, Xefes de Estado, Primeiros Ministros, Reis, Líderes relixiosos), amparándose na Razón de Estado utilizaron e utilizan métodos ilexítimos, contrarios ao Estado de Dereito para inducir o medo na poboación e conseguir o control social e así alcanzar os seus obxectivos sociais, políticos ou militares. Usaron a coacción, o secuestro, a tortura, o asasinato ou
13
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
execución extraxudicial, as desaparicións e as desaparicións forzosas utilizando recursos policiais, militares e paramilitares para conseguir o control interno do país; crearon organizacións terroristas clandestinas e utilizaron os seus servizos secretos para prexudicar a outros países e provocar cambios de goberno, golpes de estado e guerras.
Seguimos tendo: Escravitude, Violencia, Racismo: O home é capaz de someter a outros individuos á
escravitude, exercer o tráfico ilegal de persoas, trata de persoas tanto de idade adulta (prostitución forzada) como de nenos (prostitución infantil). O ser humano é capaz de exercer o abuso sexual infantil, a violencia contra a muller chegando ao homicidio, ao asasinato, ao infanticidio e o ao feminicidio tanto dentro da familia como fóra dela. En ocasións o ser humano é autoritario, machista e homófobo, racista, clasista e elitista e exerce a violencia simbólica no exercicio do poder en calquera dos seus ámbitos. Neste mundo segue habendo países de 1 ª e países de 2ª onde a morte dunha persoa non significa nada. Algunhas invasións, conquistas e colonizacións producen destrución, morte, escravitude, exilio e éxodos masivos. Moitas persoas que están condenadas a este éxodo e que o único que queren é vivir, que escapan da morte segura, estes días estámolos a ver nas nosas casas, na televisión as imaxes de familias enteiras, pais e nais cos fillos ao lombo, que se ven obrigados a abandonar as súas casas co posto, cruzando fronteiras, cruzando mares, facendo miles de quilómetros para poder estar coas súas persoas queridas, para gozar dun día tranquilo nun lugar seguro onde non bombardeen as súas casas, onde poidan ler, bailar, rir, soñar, ver chover, amencer, anoitecer sen o ruído estrondoso das bombas. En Siria, ata o de agora, sabemos que hai máis de 220.000 persoas asasinadas, 11 ’6 millóns refuxiados obrigados a deixar a súas casas, temos 7’6 millóns de refuxiados en Siria e máis de 4 millóns de refuxiados noutros países. Pero a Terra estase a converter nun cemiterio, no mar, nas praias vemos os corpos espallados sen vida desas persoas de todas as idades que non puideron chegar a bo porto. Como podemos permitir isto, como o ser humano pode permitir isto? Por iso neste día no Monte Carrasco seguimos a rebelarnos, a gritar e a denunciar todas estas atrocidades que nos rodean. Comprometámonos, na medida das nosas posibilidades, para que o curso que vén neste día da paz poidamos dicir: non hai guerras, non hai refuxiados, non hai bombas, non hai sangue que corra polas rúas. Lembra que moita xente miúda, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo Queremos PAZ!!!!!!
EDLG
Haikus
O haiku( ) é unha forma de poesía tradicional xaponesa. É un poema breve, xeralmente está formado por tres versos de cinco, sete e cinco sílabas respectivamente. A poética do haiku basease no asombro que produce no poeta a contemplación da natureza.
Ti aloumíñasme, quéresme, pero á vez agonizas. As bágoas da soidade caen pola fiestra.
A ardentía dos noivos vestía de cor azul as néboas da noite.
E o teu sorriso coma unha
maruxía de luz enche a noite negra.
IES MONTE CARRASCO
Bágoas
mariñas Euforia e lecer O barco pola fiestra.
A curuxa axexa esta noite e cóntalle á almofada o que atopa no mar de fondo. Anhelode
terra Servo do mar Pobre vento mareiro.
Había unha vez unha raíña namorada dun home solleiro co que escapaba na noitebra. agonía non poder navegar polos teus beizos.
É unha
El é unha ave de paso: nunca remata o camiño, a néboa cega os seus ollos.
15
A G A I VO T A
Novo mundo
201 5 - 201 6
Claudia Avilés, évora parcero, insafe qaqa, ana de sá 4º a
EDLG
IES MONTE CARRASCO
17
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
MAR DE FONDO
Iria Rodríguez, Alejandro Álvarez, Daniel Calvar e Alejandro Mariño
EDLG
IES MONTE CARRASCO
UN AMOR DE VERÁN
Nuria Costas, Lorena Duduletz, Alba González, Pedro Bastón e Marta Camaño
19
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
EDLG
IES MONTE CARRASCO
21
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
A TAUROMAQUIA: UNHA SOLUCIÓN ECONÓMICA?
POR ÉVORA PARCERO 4º A
O pasado mes de outubro, con escasa anterioridade á celebración das eleccións xerais do 2015, recibimos a través da prensa a noticia de que o Ministerio de Educación e Cultura pretendía crear un novo ciclo formativo adicado á Tauromaquia.
presidida polo entonces ministro José Ignacio Wert, os máis de corenta expertos que compoñen o grupo, xustificaban a creación do Plan tamén dende un punto de vista económico, considerando a Tauromaquia como un conxunto de actividades xeradoras de riqueza e emprego para a economía nacional. Con todo o respecto para as persoas que pensan o contrario, non estou a favor da tauromaquia, e moito menos de esta “vía” para nenos que non sexan capaces de sacar a ESO. Esta acción cualificada como cultura, na que se maltratan animais para ocio das persoas, paréceme sinceramente inhumano. De verdade podemos ver diversión no sufrimento alleo? Vamos a ensinarlles aos nenos a practicar e proseguir esta… “cultura”?
O título (“Tauromaquia e actividades auxiliares gandeiras”) que foi dirixido ás diferentes Comunidades Autónomas, consta de dous anos de estudos, repartíndose en dez materias, que abranguen as específicas taurinas, como tourear, limpar e conservar o traxe de luces... e tamén outras xerais coma Matemáticas, Lingua ou Inglés. No documento aportado, remarcábase ademais, que “a tauromaquia é una manifestación artística desvinculada de ideoloxías que forman parte da cultura tradicional e popular” e que “o seu futuro está ligado a súa consideración como parte esencial do Patrimonio Artístico, Cultural e Etnográfico de España” Sexa isto certo ou non, cando se aprobou no Parlamento, o Plan Estratéxico Nacional de Fomento e Protección da Tauromaquia (Pentauro), a finais do ano 2013, pola Comisión Nacional de Asuntos Taurinos
Ademais desta “opinión”, miles de persoas non están de acordo, creando unha petición contra este novo ciclo. Na petición, con 110.000 firmas, rexéitase que se perpetúe “unha tradición en declive” ó querer ensinar a nenos de quince anos a torturar animais, poñendo en ridículo a xa danada reputación do noso sistema educativo.
EDLG
IES MONTE CARRASCO
ATRÉVETE A PENSAR
Por Alejandro Mariño, 4º A
Nos últimos tempos vimos presenciando unha situación de estancamento político, económico e social que vén a conformar a principal preocupación da xente de a pé. Este contorno de crise e malestar social (reflectido, por exemplo, na aparición de novas forzas políticas) non é máis que unha reacción ante a aparente imposibilidade de acadar un estado plenamente democrático. Para entender o porqué do momento actual, é preciso facer algunhas aclaracións sobre a historia de España. Hai tres etapas do século XX que marcarán o futuro de España dun xeito moi acusado: a Guerra Civil, a Ditadura franquista e a Transición. A Guerra Civil, porque concentra en tres anos os problemas da España moderna, e condiciona medio século (máis, se cadra) da nosa historia. A Ditadura, porque supón un terrible retroceso ideolóxico, suprime os dereitos dos cidadáns (que, polo tanto, deixan de selo) e oprime a aqueles que os defenden. Pero son a fin da Ditadura e a Transición os períodos nos que interesa centrarse, xa que non só inflúen na configuración do noso presente, senón que o marcan drasticamente. Á morte de Franco en 1 975, ábrese unha etapa de máxima incerteza e inestabilidade política e social. De xeito xeral, a Transición é considerada un éxito, xa que se pasa dun réxime ditatorial fascista a un sistema que, en comparación, presenta moitas características democráticas, nun momento no que a posibilidade doutro ditador non era nada afastada da realidade (episodios coma o 23F) e a tensión era tal que ata podería terse desencadeado outra guerra civil. Os políticos da época, aínda que moitos sexan hoxe en día verdadeiras figuras icónicas da democracia, foron partícipes, ben sen decatarse ou ben intencionadamente, dun gran engano que facilitou a distorsión da concepción da democracia: "En 1 975 morreu Franco e, con el, corenta millóns de franquistas". Non hai que ser un xenio para comprender que a ideoloxía implantada no noso país durante corenta anos e os seus simpatizantes non poden desaparecer nun só día, por obra de maxia, senón que continúan a formar parte da nosa sociedade, ó principio dun xeito máis acusado; pero que aínda chegan ata os nosos días en forma dunha especie de fascismo residual, propiciado e impulsado polos partidos e institución da dereita. "A ditadura rematou, abandonade a loita clandestina contra o réxime, que agora nós ocupámonos da política". Probablemente este sexa un dos maiores erros. Ao abandonar o pobo a preocupación e o activismo directo sobre o sistema, permitiuse a transformación da clase política nunha burguesía acomodada, que cobra 4. 500 euros ó mes e que non representa a grande maioría dos cidadáns nesta chamada democracia. Pero, é demócrata un Estado no que non hai separación de poderes, non hai
23
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
igualdade de xénero, non hai laicidade a ningún nivel, non existe o dereito de autodeterminación dos pobos e nacións sen estado para decidiren o seu futuro, pero no que si hai partidos legais de ultradereita, corrupción, desigualdade social e un claro apoio ó neoimperialismo colonial que non fai máis que oprimir aos países do Terceiro Mundo? Un Estado no que se recortan dereitos tan básicos e fundamentais coma o dereito á educación e sanidade pública, ao aborto, ao matrimonio homosexual, á defensa do medio ambiente, a manifestarse publicamente ou o dereito á vivenda? Un Estado no que o goberno chama "reabrir as feridas" a pedir axuda económica para sacar a algún ser querido dunha fosa común e despedilo como pareza oportuno, ou que non é capaz de xerar un sistema económico que nos permita deixar de ser súbditos dos mercados ou das imposicións europeas? Podemos sentirnos representados por esta burguesía política e monárquica? Monárquica. Esa monarquía nosa que zumega valores democráticos por todos os poros da súa pel, que nos fai chorar coa emoción e o orgullo cada vez que preside un acto institucional, cos seus discursos garantindo liberdade, dereitos e, ante todo, igualdade; ou cando realiza unha desas viaxes de caza ou compra algún que outro vehículo de luxo para agasallar a algún xeque árabe que, sen dúbida, o empregará para fins sociais e non para apoiar filiais terroristas, cousa que deixa de incumbirnos en tanto eles nos unten de petróleo. Todas estas cousas pagámosllelas entre todos, por suposto, e para nós supón un grande honor, xa que entendemos que é unha figura indispensable para a patria española, xa que ambos os dous reis tiveron un referente na súa educación único no mundo no que á divulgación de valores democráticos, éticos e morais se refire, como é o de Franco. E, faltaría máis, non se lle ocorre gastar os seus cartos (os nosos cartos) nunhas clasiñas de galego (que o menos que podía facer é falar as linguas dos pobos nos que pretende "reinar"), xa que el ben sabe que o castelán é a única e verdadeira fala, que así llo debeu comunicar Deus nunha das súas charlas cotiás, e que as demais non son máis que parvadas, caralladas de radicais antidemócratas que só teñen por obxectivo final romper España e todos os valores que esta simboliza, para sumirnos a todos na máis profunda ruína. Para rematar, dicir que todos os avances da historia cara á democracia veñen dados por un cambio na estrutura social, política ou económica; propiciada polo pobo en case todas as ocasións, na busca de máis dereitos, máis liberdades e máis igualdade. A burguesía estaba ben para poñer fin ó sistema feudal da Idade Media, pero, de verdade que cincocentos anos máis tarde iso segue sendo todo ó que podemos aspirar? Por todo isto e moito máis, penso que no noso país é necesaria unha segunda Transición, que se leve a cabo nas rúas e non nos teatros parlamentarios, para que corenta e un anos despois de que albiscaramos o comezo dun período democrático, poidamos completar o labor que esa primeira Transición non puido rematar por mor da sensibilidade do momento.
EDLG
IES MONTE CARRASCO
Visita a Guimarães Por Marta Camaño 3º A
O xoves 8 de abril, o alumnado de 3º da ESO, acompañado por Cristina, Miguel, Xaquín e Michael, visitamos a vila de Guimarães, ao norte de Portugal. Saímos a primeira hora da mañá e levounos unhas dúas horas e media chegar. Todos estabamos eufóricos, xa que nestes últimos anos non tiveramos ningunha excursión na que puidésemos durmir fóra. A viaxe pasou moi rapidamente e a isto das 12: 00 do mediodía xa estabamos na Citania de Briteiros, unha localidade arqueolóxica a 15km de Guimarães. Alí, un arqueólogo guiounos explicándonos a historia dos castros. Estes foron descubertos polo arqueólogo portugués Martins Sarmento en 1875 e estaban amurallados. Tiñan trazos culturais celtas, pero no século III foron abandonados pola existencia doutra cidade. Á hora de xantar, todos estabamos xa moi cansos. Había bo día e o sol queimábanos na cabeza, polo que decidimos xantar na sombra do local da cafetería da cidade castrexa-romana. Mentres non efectuabamos a seguinte actividade, estivemos descansando. Algúns estabamos na cafetería xogando ás cartas, outros explorando polo monte, outros tumbados ao sol... Ao rematar ese pequeno “relax”, fomos con Ana, a nosa guía, pola freguesía de Briteiros San Salvador e Briteiros Santa Leocádia (dúas freguesías unidas en 2013), onde visitamos a Igrexa de San Salvador de Briteiros acompañados polo seu cura. O noso seguinte destino foi o Santuario da Penha, no alto de Guimarães. Para ir ata alí, subimos en teleférico. O percorrido en teleférico dura uns dez minutos. Ten unha lonxitude de 1,7km e un desnivel que superaba os 400 metros! En cada cabina había sitio para 6 persoas. Había xente que tiña vertixe, pero que acabou gozando da experiencia. Ao chegar ao cume, Ana explicounos varias cousas sobre o Santuario como, por exemplo, que foi construído a mediados do século XVII e é un importante centro de pelegrinaxe. Deixáronnos soamente media hora para andar por aí explorando o lugar, facendo fotos ou, simplemente, o parvo. Ese é un sitio difícil de imaxinar se nunca estiveches. Hai montóns de rochas enormes, cubertas de verdín. Pódese pasar a través delas por túneles que a erosión foi facendo. É realmente bonito. A media hora pasou voando e baixamos de novo no teleférico. Agora dirixímonos ata o Museo de Ciencia Viva de Guimarães. O lugar onde se atopa é un antigo curtidoiro. Non é un museo enorme, pero dende logo bastante máis divertido ca os típicos museos, xa que é interactivo. Nunha sala hai robots de todos os tipos: dende un que clasifica bólas pola súa cor ata outro que fai cubos de rubick. Noutra había un montón de aparellos electrónicos intelixentes: unha televisión coa que podías cambiar de canle coa man, sen necesitar un mando a distancia; unha porta que só se abría se sorrías; unha lavadora que controlabas coa tablet... Noutra sala había unha planta de reciclaxe onde a partir dunha botella de plástico fixemos unha especie de chaveiro. Había moitas salas máis, cada unha máis interesante ca anterior, pero non nos levou moito tempo recorrelas todas. O profesor que acompañaba ao meu grupo era Michael e díxonos que non entendeu case
25
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
nada do que explicou o guía do museo, xa que falaba moi rápido e resultáballe difícil o portugués. O noso último destino dese xoves foi o albergue. Estaba bastante ben en xeral, exceptuando as comidas, que deixaban bastante que desexar. As habitacións eran de seis persoas, exceptuando unhas poucas que eran de dúas persoas (baño incluído! ). Os rapaces durmían no piso de arriba e nós, as mozas, no de abaixo. O toque de queda era ás 12 da noite. Ao día seguinte levantámonos ás 8 para ás 9 ter todo listo e recollido e baixar a almorzar. Despois de almorzar, puxemos a equipaxe no autobús e marchamos cara ao casco histórico de Guimarães. Xa no centro de Guimarães, organizámonos en grupos de aproximadamente seis persoas e comezamos unha xincana. Esta consistía en ir pola vila preguntándolles aos vimarenses datas de feitos históricos, nomes de rúas e cousas tradicionais de Guimarães. Para esta actividade déronnos hora e media. Eran un total de 33 preguntas e o meu grupo acertou 32. Esta foi a maior puntuación, polo que gañamos a xincana. O premio foi unha chapiña co nome de Guimarães. A seguinte actividade foi subir ata o castelo (a pé). Demos unha volta arredor deste e Ana explicounos moitas cousas sobre a súa historia. Este mandouno construír a condesa Mumadona Dias (fundadora tamén de Guimarães) a mediados do século X para protexer o mosteiro de San Mamede das invasións viquingas e musulmás. Este castelo foi declarado no 2007 coma unha das Sete Marabillas de Portugal. Un pouco despois, a uns poucos metros do castelo, estaba o Palacio dos Duques de Bragança. Este foi construído no século XV baixo a orde de D. Afonso (fillo ilexítimo do Rei Don João). Visitamos todas as salas do Palacio. Era un sitio enorme. Esta actividade resultounos un pouco pesada, xa que estabamos bastante cansos e cunha fame negra. Ao rematar a visita, despedímonos da nosa guía (á que por certo, entendíaselle moi ben) e volvemos ao albergue, onde tomamos o xantar. Despois subimos ao autobús de novo e puxémonos rumbo a Cangas. Esta foi a miña excursión favorita de toda a ESO. Pasámolo realmente ben.
EDLG
IES MONTE CARRASCO
O día que Rosalía iluminou o Concello
Por Alfredo Costas, 3º A
O 27 de febreiro do 2016 quedará gravado como o día en que Alba, Ciara, Nuria e eu, Alfredo, puidemos participar, xunto con alumnas e alumnos de outros centros do Morrazo, nun acto que nos deixou un sabor especial. Trátase da homenaxe que se celebrou na Casa do Concello para conmemorar o Día de Rosalía. Alí tivemos ocasión de comprobar que Rosalía estará sempre presente a través da conmemoración na que persoas de distintos eidos lembraron á autora de poemas tan coñecidos como "Adiós ríos, adiós fontes", que eu tiven o gran pracer de recitar. Alba, Ciara e Nuria foron as encargadas de cantar o seu “Negra sombra” e iluminaron coas súas voces o salón de plenos do Concello, un espazo que quizais quedou un pouco pequeno para a ocasión. Dicía Fernando Cuñarro que o ano que vén hai que ir reservando o Auditorio. A verdade é que non tería sido de máis. O recital empezou coas marabillosas gaitas e pandeiretas do Conservatorio municipal e o grupo María Soliña, dentro do cal puidemos ver a nosa querida Nuria, tocando a pandeireta e a Alejandro, convertido nun espectacular gaiteiro. Este comezo tivo lugar fóra do propio salón de plenos, nas inmediacións das escaleiras, xusto diante del. Heitor Mera abriu o recital poético coa lectura de un poema de Cantares Gallegos; logo, a soprano Carme Durán iluminou o salón de plenos coa súa voz logrando unha ovación máis que merecida xa que a súa voz é espectacular. Proxectouse, logo da actuación de Carme Durán, unha curtametraxe de animación baseada no poema “Negra Sombra” con dirección e guión de Xoana Santos Álvarez e Estela Suárez Recouso e música de Selene Gómez Jorge, que acadou en 2015 o primeiro premio no certame “Curtas para Rosalía” convocado pola Asociación SocioPedagóxica Galega, un vídeo que nos encantou e que tamén recibiu unha calorosa ovación. Unha vintena de participantes chegaron de moitos dos colexios e institutos da vila canguesa e mesmo de Moaña e Bueu, entre eles, San Roque, Sagrada Familia, Castrillón, Espiñeira, Compañía de María, Rodeira, María Soliño, as Barxas, e por suposto, nós, o Monte Carrasco. Outros participantes que contribuíron a unha noite máxica para Rosalía foron o mestre e tradutor Quique Harguindey, que sen dúbida espertou a expectación da xente congregada lendo un poema de Rosalía e en francés. Un profesor e unha alumna da academia de Música Staccato interpretaron “Adiós ríos, adiós fontes" a violín. Outros persoeiros que se deron cita nesta máxica noite foron Nelson Quinteiro, o
27
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
queridísimo alcalde ó que lle agradecemos as mostras de agarimo e cariño que tivo connosco ao final desta homenaxe, Camilo Camaño, Luis Chapela, Lina Santiago, Pilar Fernández,e o gran Xosé Vázquez Pintor, que sacou un libro do 1968 -non choveu dende aquela, dicía el mesmo-. O grupo musical Liz & Blacksoul Band interpretou nunha marabillosa canción o poema “Castellanos de Castilla”, que nos puxo en pé a todos. O grupo María Soliña, outra vez con Nuria e Alejandro, pechou o acto coa interpretación da “Marcha do Antigo Reino de Galicia”. Quero eu persoalmente agradecer a este instituto que me deixara recitar “Adiós ríos, adiós fontes", un poema que levaba moito tempo agardando recitar, e sen dúbida, levalo ao cabo diante de tanta xente foi moi especial para min. Grazas a Pilar polo traballo realizado para facer posible a lectura de poemas, e que o IES Monte Carrasco estivera representado no mesmo Concello, o traballo dende o EDLG para que se sigan a celebrar actos que teñan sempre o galego coma lingua primordial, unha lingua que hai que defender ó máximo, xa que ao final é a lingua da nosa Galicia. Moitos din que o galego non é obrigatorio falalo, pero os que non o falan deberían ver as marabillas que encerra. Quero aproveitar un recuncho deste artigo para felicitar con ledicia e con merecemento a Nuria Costas, a Alba González e a Ciara Coco, porque o traballo desenvolvido por elas coa interpretación de "Negra sombra" dende que asomou por primeira vez na película "A Herdanza. O segredo do Maracaibo", foi tan ben feito que fixo que nos levantaramos dos asentos. Tampouco me quero esquecer dunha persoa que non puido estar no acto pero sen dúbida sabemos que deu a forza necesaria para que tamén iluminase o concello: refírome a Marta Camaño. E xa, sen mais dilación, pecho este artigo, e sei que a vida dá moitas voltas pero espero que esta non sexa a última vez que sexamos participes da lectura de poemas e da interpretación de cancións no concello para recoñecer a Rosalía, a súa valía e a súa vixencia. Pecho o artigo dicindo que a vida vai ás veces paseniño paseniño e “é feliz o que soñando morre, desgraciado o que morre sen soñar”. Rosalía de Castro.
EDLG
IES MONTE CARRASCO
Entrevista a Miguel Ángel (Mighello), o actor cangués
Por Ana de Sá, 4º A
Mighello ! un actor cangu!s que traballou en numerosas series (ex. Serramoura), pel"culas e obras de teatro (ex. El imposible mayor en amor, le vence Amor). O ano pasado foi o pregoeiro da Romar"a de Darbo, onde nos ensinou varios v"deos das s#as viaxes polo mundo. •
Como comezaches no mundo da interpretación? E onde? Comecei tarde, estaba en Madrid cando facía a carreira de Informática, fun a Madrid con 27 anos, e ao segundo ano de estar alí, cando estaba paseando vin un cartel na rúa de estudos de teatro, apunteime, foi algo que me gustaba dende pequeno. • Como é vivir no mundo da interpretación? Fácil non é, é un traballo máis duro do que a xente cre, xa que non só cando tes traballo é duro, senón que cando non tes tamén é duro, xa que tes que buscar un. É un traballo moi inestable, moitas veces a xente cre que soamente por saír na televisión xa tes moitos cartos e non é así. • Que che resulta máis fácil, o teatro ou a televisión? Por que? Son medios moi diferentes, eu creo que non hai un mellor ou peor, nin máis fácil nin máis difícil, cada un ten as súas peculiaridades, a min gústame moito o teatro, xa que a min gústame que conte unha historia sen cortes, de principio a fin. Pero tamén me gusta moito o audiovisual. • Cal foi o teu primeiro traballo televisivo? Resultouche difícil? Foi hai xa moitos anos, debeu de ser fai quince anos ou así; foi un papel moi curto nunha serie que se titulaba “Policías” na que eu facía dun narcotraficante de diamantes, que bueno, ao final detíñano, foron unha ou dúas escenas, pero xa foi con pistolas. Estaba nervioso, porque todo o equipo se coñecía e eu cheguei novo, non coñecía a ninguén e é un pouco duro, tamén foi difícil xa que os guionistas están acostumados a cambiar frases no último minuto e era o meu primeiro traballo e cambiáronme todo o texto... iso contribuíu a que eu me puxera máis nervioso aínda. • Cal foi o traballo que mellor che resultou? Eu creo que non hai traballos fáciles e traballos difíciles. A min gústame moito implicarme nos traballos, cando consideras que un traballo é fácil estalo menosprezando, tes que darlles importancia a todos por igual.
29
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
•
Como te sentiches cando che ofreceron facer de Diego Bazán na serie de Serramoura? Pois, cando me chamaron estaba a entrar no ascensor da casa dos meus pais, estaba a despedirme deles. Estaba toda a familia alí, e foi unha explosión de ledicia, de alegría, de lágrimas, xa que era moi emocionante porque o proceso de casting foi moi intenso, foron case dous meses, cada quince días chamábanme para pasar outro casting, en total foron catro. Isto xerou moita tensión xa que a túa cabeza pensa “vanme coller, non me van a collerN”; iso foi moi duro, aínda que tamén foi duro porque levaba case dous anos sen traballar e necesitaba saír dese pozo.
•
Foiche difícil converterte no personaxe de Diego? Pois bastante, xa que os propios directores non tiñan ben claro ata onde querían chegar con el, era un tipo visceral, duro, sarcástico, un pouco agresivoN, pero tiñan medo de que caera mal, tal e como estaba escrito estaba así, foi un querer pero non poder. Foi moi difícil polos nervios, por ser o meu primeiro papel protagonista. • Como se prepara un personaxe? A min gústame dende fai uns anos traballar a parte neurótica do personaxe. Intento pensar en como foi a súa infancia, xa que alí está o inicio do personaxe. Pregúntome “Quen é este personaxe?”, “Que lle pasa?”, “Que pensa?” • Como te sentiches cando che propuxeron dar o pregón en Darbo o pasado ano? Esta é unha boa historia, xa mo propuxeran o ano anterior e deume medo, dixen que non, tamén me ía mal, pero principalmente foi porque me deu medo. E en 201 5 cando mo propuxeron, volvín a dicir que non ao principio, porque eu son unha persoa á que lle asustan as cousas que requiren entrar nun terreo descoñecido. A min, como era un monólogo estilo “El Club De La Comedia” que era como mo pediran, e non estaba acostumado a ese xénero, asustábame, ademais de que Darbo é un lugar moi difícil, xa que hai moita xente, é un espazo aberto, e eso é moi difícil. Quedei con Luis Guimeráns e díxenlle que eu non era a persoa máis axeitada para facer iso, que era mellor que chamara a un monologuista, ou a unha persoa especializada neste estilo e díxome que non, que quería que fora eu e ao final non puiden dicir que non. Empecei a traballar e paseino mellor do que eu pensaba. Foi marabilloso. • Canto tempo tardaches en preparar o pregón? Foi a primeira festa á cal te invitaron para facer un pregón ou xa foras a outras? Estiven un mes preparando o pregón. Si, si, foi a primeira vez que facía un pregón. A min pedíanme que durase entre 30-40 minutos e ao final durou máis dunha hora, pero mereceu a pena, eu creo que foi ameno.
EDLG
IES MONTE CARRASCO
• Temos entendido que agora estás a facer unha obra no Teatro da Zarzuela (Madrid), a obra chámase “El imposible mayor en amor, le vence Amor”, como nos describirías a nós a obra? É unha zarzuela barroca constituída por dúas pezas. Unha é unha obra e outra é unha ópera. O director quixo representar a obra como se fora fai trescentos anos. Para vestirnos tiñamos 20 minutos, tiñamos que cambiarnos e desmaquillarnos totalmente e comezar de cero a maquillarnos, porque maquillábannos o pescozo, os brazos, os beizosN Custaba moito poñer todo, porque iamos con cordas por detrás, arnesesN pero tiñamos tamén a moita xente que nos axudaba. • E8 a que vén ese título tan estraño? A historia trata de que Dánae, que é a princesa do reino de Fenicia, namórase de Xúpiter, traspasado por unha frecha de Cupido. Hai un momento no que se atopan el, Cupido e mais Dánae, e namóranse, pero Xuno, que é a muller de Xúpiter, resentida, decide mandarlle unha maldición a Dánae, que consiste de que ten que vivir encerrada nunha torre, ata que alguén faga que das nubes chova ouro, un imposible. Entón ese imposible maior en amor a Dánae, o que lle vence é Amor, que é Cupido, o deus do Amor. Entonces o título vén diso, ese imposible maior en amor (que chova ouro) ao final Amor, Cupido, consegue realizalo. • Como nos describes ao teu personaxe nesta obra? Que destacarías del? O meu personaxe chamase Polidectes, e é o xeneral da Guarda Fenicia. É un tipo, poisN como todos os militares, con ese rollo coas normas, cos códigos do honor. É un home cun sentido da honorabilidade moi, moi alto. Máis que destacar do meu personaxe, eu destacaría un momento no que a aria que cantaba Xuno botándolle a maldición a Dánae, era tan fermosa, que ao mesmo tempo vía dende o meu personaxe xustiza, porque estaba condenando a miña amada, porque Polidectes estaba tamén namorado de Dánae, e sentía esa inxustiza de que un Deus a condenase desa maneira que en todos os ensaios e en todas as funcións me caían bágoas, sempre, sempre choraba, chegaba esa canción e choraba, eu creo que se fixeramos mil funcións, nas mil funcións choraría, porque era un momento espectacular, a min encántame ese momento. Redacción A Gaivota: Moitísimas grazas Mighello por ese tempo que sacaches para facer esta entrevista. Grazas tamén aos donos do bar por deixarnos estar alí para esta ocasión.
31
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
José Ramón Vidal O Diario Oficial de Galicia do 21 de xullo de 201 5 publicaba a Orde pola que se establecía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, regulando o seu currículo e a súa oferta, da que destacamos a inclusión de "Investigación e Tratamento da Información" como proposta para 1 º e 2º de ESO, que nos pareceu a máis axeitada para traballar a competencia dixital e informacional, e por involucrar un amplo grupo de destrezas, coñecementos e actitudes imprescindible para desenvolverse nas prácticas académicas máis comúns e na sociedade da información. Por diante: - cincuenta alumnas e alumnos cunha formación moi diversa na busca, tratamento e presentación da información, - unha excelente oportunidade para canalizar todo o potencial da chamada Xeración Z da que forman parte, xoves precoces no uso das tecnoloxías, hiperconectados, cunha relación moi virtual con todo o que os rodea e dos que é moi difícil captar e manter a súa atención, que discriminan con dificultade a grande cantidade de información que os bombardea, que len en tablets e dispositivos móviles e prefiren as comunicacións rápidas, as mensaxes curtas e as iconas e os símbolos sobre os textos, cunha prioridade: de copiar e pegar a investigar e citar - un currículo demasiado denso para desenvolver nunha hora semanal nun só curso eN - unha axuda moi importante: o magnífico traballo e a colaboración das compañeiras Begoña Otero e Elena López que desenvolveron para a Consellería de Educación o Currículo da materia nunha Licenza por estudos no presente curso escolar Comezamos por avaliar a competencia dixital e as habilidades para a comunicación do alumnado, así como os dispositivos de que disponían para o traballo en rede. Os contidos a traballar agrupámolos en cinco bloques que recollen os aspectos básicos sinalados por distintos organismos internacionais (UNESCO, IFLA ou a Comisión Europea).
EDLG
IES MONTE CARRASCO
- A biblioteca, punto de acceso á cultura impresa e dixital - Fontes informativas. Localización e selección - Organizarse para investigar - Procura e tratamento da información - Xeración de contidos e comunicación
Inclinámonos polo enfoque interdisciplinar da materia, a partires de proxectos de interese, contextualizados e próximos para dar resposta a necesidades puntuais de información, así como polo papel privilexiado da biblioteca escolar, concebida como un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe e como "o espazo educativo natural para o traballo coa información, xa que ofrece oportunidades de aprendizaxe con recursos impresos e dixitais, presentes ou accesibles a través da rede. Aínda que algunhas materias do currículo recollen contidos relacionados coa procura e o tratamento de información, constatamos a necesidade de intervir para que todo o alumnado desenvolvera habilidades, coñecementos e actitudes en relación coa información en distinto tipo de textos informativos e en diferentes soportes e formatos, e puideran abordar, en calquera das materias do currículo, a realización de pequenos traballos de investigación de carácter individual e en grupo, cun mínimo de eficacia e espíritu crítico. Unha vez constatadas as súas necesidades, e dada a densidade dos contidos, decidimos marcarnos como obxectivos prioritarios: promover o uso da Biblioteca como centro de recursos, manexar as fontes de información para a adquisición crítica de novos coñecementos e manexarse con habilidade e seguridade no uso das principais ferramentas tecnolóxicas para a creación de contidos e presentacións multimedia, polo que fixemos fincapé nos seguintes aspectos de cada un dos bloques de contido e estándares de aprendizaxe: Bloque 0: Iniciarnos na aprendizaxe cooperativa, que é?; técnicas de aprendizaxe. Bloque I: A biblioteca, punto de acceso á cultura impresa e dixital: distribución e organización da nosa Biblioteca: a CDU, o catálogo escolar; acceso á Rede de Biblotecas de Galicia, acceso e reserva “on line” do material da nosa Biblioteca escolar. Bloque II: Fontes informativas. Localización e selección: formatos, tipos de soporte, tipos de documentos, tipos de texto; uso e manexo dos documentos da biblioteca escolar; buscadores, estratexias de busca na rede; marcadores sociais. A seguridade na rede: riscos e inconvenientes de compartir toda a información en internet. Bloque III: Organizarse para investigar: tema, coñecementos previos, idea principal. Bloque IV: Procura e tratamento da información: citas e referencias bibliogáficas e webgráficas; licenzas e dereitos de autor.
33
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
Bloque V: Xeración de contidos e comunicación: guión, resumo, esquema, gráficos e mapas conceptuais. A exposición oral: ferramentas para a presentación audiovisual. A metodoloxía buscou a participación activa do alumnado e a atención personalizada á diversidade por medio do traballo cooperativo e a formación de grupos heteroxéneos. Empregamos a Aula Virtual do centro como lugar onde ter dispoñible o deseño do curso, cos seus contidos, actividades, recursos multimedia; tamén como punto de encontro entre o grupo-clase e o profesorado para resolver dúbidas e facer achegas a través dos foros que se crearon en cada curso: o de dúbidas e o de novas. Para favorecer o traballo cooperativo utilizamos Google-drive como ferramenta para a creación e transformación de contido, xa que permite traballar de modo colaborativo sobre un mesmo documento a todos os membros dun mesmo grupo. Creamos unha Páxina Web: ITI Monte Carrasco para traballar colaborativamente os temas. Elaboramos un Blog: ITI Monte Carrasco, para recoller opinións e publicar e presentar os traballos realizados. Considero positivo o interese e a resposta do alumnado, ao tempo que insuficiente a formación recibida para que, nun só curso, poidan acadar e desenvolver as competencias informacionais e dixitais claves para manexarse con garantías no seu proceso formativo. De ser posible, consideramos necesaria a continuidade da materia no segundo curso, o que nos permitiría reforzar, en primeiro curso, os principios da aprendizaxe cooperativa, o traballo en equipo e a potenciación do uso da biblioteca como centro de recursos, información e experiencias de aprendizaxe, completando a súa dotación con tablets para acceder e interactuar coas aplicacións educativas de tódalas materias, e afondar, en segundo curso, en colaboración con tódolos departamentos didácticos, no dominio das habilidades relacionadas co tratamento da información e a presentación e exposición de traballos e informes.
ITI Monte Carrasco 201 5-201 6 Webgrafía Lexislación: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/201 5/201 50721 /AnuncioG01 64-1 6071 5-0001 _gl.html Aula virtual ITI Monte Carrasco: http://www.edu.xunta.es/centros/iesmontecarrascocangas/aulavirtual/course/view.php?id=1 30 Blog ITI Monte Carrasco: http://itimontecarrasco.blogspot.com.es/ Web ITI Monte Carrasco: https://sites.google.com/site/itimontecarrasco/
EDLG
IES MONTE CARRASCO
Estu d o d os h ábi tos sau d abl es Departamento de Bioloxía
d o n oso al u m n ad o
Obxectivo:
Coñecer ao alumnado nos ámbitos físico, mental e social e tentar levar a cabo recomendacións para melloralo.
Contexto:
Ao IES “Monte Carrasco”, situado no monte do mesmo nome, no lugar de San Pedro, acoden rapaces e rapazas de 12-16 (18) anos da parroquia de Darbo. Neste curso escolar, 99 alumnos e 82 alumnas, cos que fixemos este estudo. Darbo está situada no centro do municipio de Cangas, sendo a máis poboada do mesmo. A actividade socioeconómica do concello, antaño punteiro na industria derivada da pesca, está hoxe en día orientada cara ó turismo, estando a se converter tamén en área residencial da cidade de Vigo.
Material e Métodos:
O alumnado de 3º de ESO deseñou unha enquisa que consta de 33 preguntas que se pasou a todo o alumnado sen previo aviso, polo que, xunto con que se trata dunha enquisa anónima, contamos con que os datos sexan realistas. Seguidamente procedeuse ao tratamento dos datos e ao seu volcado en Excel co obxectivo de dispor datos segundo o sexo e o nivel educativo, a pesares de que só se presentarán resultados por sexos a nivel xeral por unha cuestión práctica.
Resultados e conclusión:
- Só un 80 % do alumnado fai as 5 comidas ao día. - Non todos os alumnos e alumnas almorzan, a proporción de alumnas que non fan esta importante comida do día é dun 11 %, mentres que nos alumnos diminúe a case a metade. - Un 20% do alumnado non consome nada a media mañá. Para esta comida, o alumnado prefire o bocadillo, e cabe salientar a pouca incidencia que ten o consumo de lambetadas ou pastelaría industrial.
Que comidas realizas ao día?
- No caso da merenda, o bocadillo volve ser o rei, pero seguido moi de cerca pola froita e o iogur. Duplícase o consumo de lambetadas ou pastelaría industrial con respecto á media mañá. Un 15% do alumnado non merenda. - A maioría do alumnado bebe auga durante as comidas, aínda que un 20% acompaña as comidas con
35
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
refrescos. - Con respecto ao consumo de auga durante o día, entre o 50% e o 55% dos alumnos beben menos auga da recomendada pola OMS, que marca os valores de entre 1,8 e 2,6 litros para os varóns e de entre 1,6 e 1,8 para as femias. - En torno a un 70% do alumnado recoñece tomar lambetadas, sendo a porcentaxe de nenas, sensiblemente maior cá de nenos. Só un 53% presenta un consumo moderado
Con canta frecuencia tomas lambetadas?
- Unha cuarta parte dos alumnos con toman nada de sobremesa. E entre os que si o fan, as froitas, doces ou lácteos repártense máis ou menos homoxéneamente sendo a froita a preferida polas nenas e os lácteos ou os doces polos nenos. - A metade do alumnado toma entre 3 e 5 veces froita ao día; a porcentaxe é algo maior nas alumnas ca nos alumnos.
Cantas veces ao día tomas froita?
- Un 13% do alumnado nunca toma verduras e o 60% faino só unha ou dúas veces por semana, cando a OMS recomenda facelo dúas veces ao día. - O 84% do alumnado consome pasta ou patacas entre 1 -4 días por semana, mentres só un 5% o fai a diario e outros tantos, nunca. - A OMS recomenda o consumo de legumes de 1 a 2 veces por semana, o que coincide co 63% do alumnado, mentres que un 5% faino a diario e un 10%, nunca. - Case o 90% do alumnado consome carne entre 1 e 4 veces por semana, tanto de porco ou tenreira, como de polo, pavo ou coello. Existe un 2% do alumnado que non consome este tipo de produtos. - Catro quintas partes do alumnado comen peixe entre 1 e 4 veces á semana, e cabe salientar que un 7% non o fai nunca. - A metade do alumnado non consome nunca alimentos precociñados, e chama a atención que en torno ao 6%, máis alumnos que alumnas, os consuman practicamente a diario. - Un 14% do alumnado nunca come en familia e un 30% só ten posibilidade de facelo as fins de semana. Só unha cuarta parte o fai regularmente durante o día.
EDLG
Cantas veces comes en familia?
IES MONTE CARRASCO
- Con respecto ás horas de sono, tan importantes para o rendemento académico, só un 40% dorme entre 8 e 10 horas e un 7% dorme menos de 6 horas (o dobre de alumnos que de alumnas).
Cantas horas dormes ao día?
- Tres cuartas partes do alumnado realiza exercicio fóra do horario escolar. As alumnas dedican, en xeral, de 2 a 4 horas á semana ao deporte, mentres que os alumnos dedican entre 5 e 7 horas. - A metade do alumnado do centro dedica entre 1 e 2 horas diarias a navegar por internet ou xogar a videoxogos. Outro 25% faino entre 3 e 4 horas. Tan só un 6% deixa esta actividade para as fins de semana e outros tantos non o fan nunca, sobre todo, as alumnas. - Con respecto aos hábitos de hixiene, tres cuartas partes do alumnado dúchase diariamente, e un 20%, de 3 a 4 veces por semana. Pero un 4% das alumnas fano unha vez por semana. Tendo en conta que, a lo menos teñen EF dúas veces por semana, parécenos insuficiente. - En canto ó aseo das mans, só a metade do alumnado as lava despois das comidas e un 65% faino antes. As tres cuartas partes lávanas despois de ir ao baño e só un 10% antes (sen observarse grandes discrepancias entre nenos e nenas). - Só o 75% do alumnado lava os dentes despois das comidas, e sorprende o 10% de alumnos que non os lavan nunca ou case nunca, pois para manter unha boca sa e evitar futuros problemas, debemos manter unha regular hixiene bucodental. - Un 60% do alumnado vai ao pediatra ou o médico cando ten algún problema e só un 20% o fai regularmente. - Case a metade das alumnas visita regularmente ao dentista, por só un 30% dos alumnos, que adoitan ir só cando teñen un problema. - Un terzo do alumnado non visita regularmente o oftalmólogo, e esta porcentaxe sobe a máis da metade se falamos do otorrinolaringólogo. E cabe salientar que a vista e a audición son fundamentais para o bo rendemento académico. - Chama a atención que un 4% do alumnado non dispoña de tempo para o ocio, pois certos momentos de ocio favorecen tamén o rendemento académico. - Con respecto ao tipo de actividades de ocio preferidas polo alumnado, indicar que as nenas prefiren pasear
37
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
ou ler, mentres que os nenos prefiren a internet. A metade do alumnado goza de espectáculos/cine/música, sen apreciarse diferenzas entre nenos e nenas.
Que tipo de ocio practicas?
- Un 15% do alumnado confesa consumir tabaco, alcohol ou outras drogas, e é máis esporádico en alumnas que en alumnos. - Con respecto á socialización, o 60% das alumnas considérase sociable; esta porcentaxe sobe ata o 85% no caso dos alumnos; a pesar disto, só un terzo ten boas relación con algún. Cabe salientar un 9% que se confesa con dificultades para relacionarse cos demais. Esperamos que a información extraída deste estudo sexa de interese para a comunidade educativa e sirva para a reflexión e para a mellora dos hábitos de vida do alumnado, fundamentalmente dos hábitos alimenticios. Temos que recordar que un dos factores que máis afectan a nosa calidade de vida é a saúde e que o único factor que inflúe na nosa saúde e que non podemos modificar é a xenética. Todos os demais factores son susceptibles de modificacións e polo tanto, de mellora. Esperamos tamén que no seguinte número d´A Gaivota, os nosos lectores poidan dispoñer os resultados da segunda parte deste estudo, “Os hábitos alimenticios nas familias do noso alumnado”. Finalmente, queremos agradecer a toda a comunidade educativa a súa axuda no desenvolvemento deste traballo.
EDLG
IES MONTE CARRASCO
ECA O C A R R A S C O N osa Horta Ec olóx i c a
pol o a l u m n a d o d e 4º C
A mediados de novembro, o alumnado de 4º C comezou un proxecto que tiña como obxectivo: coñecer e valorar as características da cultura tradicional agrícola e aplicar estas técnicas agrícolas, sustentables, ecolóxicas e de baixo custe na creación dunha horta escolar. Os primeiros pasos realizámolos no invernadoiro de Horta Agrelo, en Bueu, a onde fomos todos os xoves durante un mes para aprender a cultivar as diferentes hortalizas, a poñer en práctica diversos métodos de cultivo, a construír sementeiros e bancais, a organizar as tarefas do campo…, para logo poder aplicar o aprendido. Luz, a responsable de Horta Agrelo, foi quen nos axudou a organizar o noso invernadoiro; mostrounos diferentes especies de hortalizas, explicounos o porqué da rotación de cultivos, ensinounos os distintos tipos de solo, a importancia das características do terreo... Así, o primeiro día xa aprendemos que as hortalizas poden ser de folla, de froito ou de raíz. E tamén aprendemos que entre algunhas plantas prodúcese unha asociación que as fai máis compatibles que con outras: algunhas liberan substancias beneficiosas e outras repelen insectos; algunhas aportan nutrientes que outras consumen en exceso. Son os cultivos favorables que nos permiten ademais aproveitar mellor o espazo, como é o caso da cebola e a leituga ou os chícharos e a cabaciña. O segundo día, aprendemos a organizar os nosos bancais. Descubrimos que dependendo da textura, hai tres tipos básicos de solos: os areosos, os francos e os arxilosos. Os mellores para cultivar son os francos que pola súa porcentaxe en arxila e area, reteñen ben a auga e os nutrientes. Puidemos comprobar a textura dunhas mostras de solo cunha sinxela proba:
cunha mostra de terra humedecida, fixemos un “rulo” e en función de se o rulo se formaba con facilidade, se desfacía ou non se formaba, clasificámolo nunha primeira aproximación en arxiloso, franco-arxiloso ou areoso. Tamén puidemos analizar o pH do solo. Este indícanos se un solo é básico, ácido ou neutro e esta característica vai influír no desenvolvemento dos cultivos. Aínda que algunhas plantas están adaptadas a valores extremos de pH, a maioría crecen de maneira óptima nun rango de pH comprendido entre 5 e 7. Ese mesmo día comezamos a facer os bancais. Amontoamos terra con axuda de sachos e axudamos á fertilización con restos de xardinería. Nas esquinas de cada bancal cravamos paus e arames fío sen que estivesen
demasiado tensos para delimitar o terreo de traballo. Movemos a terra, engadímoslle o substrato e os restos de herba. O terceiro día xa pasamos a traballar no interior do invernadoiro. Despois de recordar as cousas aprendidas anteriormente, preparamos varios sementeiros en caixas de peixe, engadímoslle humus de miñoca, abono de cabalo e vermiculita. Antes de rematar, probamos os amorodos e ensináronnos que unha das
39
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
maneiras de reprodución destas plantas é por estolóns; uns talos horizontais que orixinan cada certo punto unha nova planta. O cuarto día, que xa era o último, rematamos os bancais e neles cultivamos cebolas, acelgas e allos porros. Transplantamos un par de buganvíleas á entrada do recinto e levamos substrato para o noso invernadoiro. A primeira tarefa no invernadoiro do centro foi preparar a terra para construír os bancais e poñer a plantación de inverno á volta das vacacións de Nadal. E así foi. En xaneiro deseñamos os bancais. Tendo en conta a superficie útil do invernadoiro, puidemos facer dous bancais de 90 cm de ancho e 5,5 m de largo, deixando un corredor central de 70 cm de ancho. Antes de poñer a plantación de inverno, composta de cebolas, porros, leituga, repolo, chícharos, coliflor e brócoli, tivemos en conta os marcos de plantación, isto é a distancia entre as plantas, para saber o número de plantas que poñeriamos en cada parcela. O entitorado dos chícharos, a preparación dos sementeiros para o cultivo de primavera, a cobertura da terra con palla seca, a elaboración de compost e o rego do cultivo tivéronnos ocupados durante gran parte do segundo trimestre. Unha das cousas que fixemos para mellorar a fertilidade do solo e axudar ó crecemento dos cultivos, foi regalos con
diferentes puríns que preparamos nos mesmos. Os puríns ademais de ser bos como fertilizantes axudan a repeler a determinados insectos. Xeralmente fanse deixando a planta cortada en anacos, por exemplo estruga ou fento, nun caldeiro con auga. Removéndoo tódolos días e deixándoo tapado pero permitíndolle a respiración, tras unha semana aproximadamente, pódese filtrar e almacenar en garrafas para logo utilizalo, diluíndoo en auga no rego dos cultivos. No último trimestre do curso, xa tiñamos plantado algúns cultivos propios da primavera: os tomates, pementos, cabaciñas e xudías. Pero..., as lesmas acabaron cos pementos e as dúas plantas de xudías non conseguiron sobrevivir. A pesar disto e dos estragos ocasionais das toupas e coellos puidemos colleitar e probar os chícharos, a leituga, o brócoli, os amorodos, o repolo e a coliflor que nós mesmos cultivamos.
EDLG
IES MONTE CARRASCO
Co sm é ti c a e c o l ó xi c a
por Sara Piñeiro e Andrea Regueira, 4º A
Xabóns, auga de colonia, perfume en crema, pomada para dores musculares e escordaduras, bolsiñas aromáticas, sales de baño ou crema hidratante foron algúns dos produtos que durante o curso elaboramos no Monte Carrasco. Estes obradoiros formaron parte dun proxecto que o noso centro levou a cabo en relación cos hábitos de vida saudables e a través do cal realizáronse tamén outras actividades como a posta en marcha dunha horta ecolóxica ou o estudo dos hábitos alimenticios do alumnado do centro. Unha vez ao mes, dende a segunda avaliación, cada un dos cursos da ESO participou nun taller no que se elaboraron algúns dos produtos dunha cosmética máis respectuosa co medio ambiente. Co motivo da excursión de fin de curso, o alumando de 4º ESO propuxo a elaboración de xabóns para vendelos posteriormente con este fin. A maioría das alumnas e alumnos deste curso participou na actividade, a cal redundou no seu obxectivo: recadar diñeiro para a súa excursión de fin de curso. A actividade comezou ás tres e media da tarde. Tras tomar o xantar, procedemos á elaboración de xabóns. Fixémolos de lavanda. A lavanda é unha planta que contén moitas propiedades, pois é cicatrizante, sedante, antiinflamatoria e rexenera as células. Pode utilizarse para queimaduras, feridas, alerxias, coidado de todo tipo de peles... Ademais, é moi utilizada para elaborar perfumes e espantar todo tipo de insectos, pois contén un aroma inconfundible e moi doce. As súas tupidas espigas de flores son destiladas ao vapor para ser utilizadas para producir o
aceite esencial, o cal é utilizado para aliviar dores musculares e xaquecas. Tamén se elaboran con esta planta outros produtos como cremas ou tónicos de lavanda e áloe vera que posúe propiedades refrescantes, limpadoras e tonificantes. A elaboración do xabón realizámola no laboratorio do centro. O proceso foi moi sinxelo. Só necesitamos os seguintes ingredientes: - 420 ml de aceite de oliva - 60 g de sosa cáustica - 1 30 ml de auga destilada - Aceite esencial de lavanda - Flores de lavanda Para elaboralo, bótase auga nun recipiente de plástico, nunca metálico, e vértese encima a sosa. Ó realizar este paso hai que ter especial coidado. A sosa, unha substancia composta de hidróxeno, osíxeno e sodio ( NaOH), é moi corrosiva e en contacto coa pel ou mucosas pode orixinar queimaduras importantes. Por este motivo, a manipulación da sosa realizámola con luvas e coas ventás do laboratorio abertas, pois ao diluír a sosa en auga despréndense vapores que non debemos respirar xa que poden irritar as nosas vías respiratorias. Ademais, esta dilución é unha reacción exotérmica, desprende calor, polo que a auga pode chegar a ferver e producir salpicaduras aos ollos. Despois de diluír a sosa, incorpóranse os aceites pouco a pouco ó tempo que se vai remexendo cunha paleta de madeira. Posteriormente e cun batedor de man durante vinte minutos, mesturamos os ingredientes. Cando conseguimos unha mestura espesa, incorporamos entón as follas e as flores de lavanda. A continuación, baleiramos a mestura nun molde e o deixamos madurar. Ó día seguinte, cortámolo en pastillas e deixámolo madurar unhas catro semanas, que é o que dura o proceso de saponificación. Para que o secado fose lento e progresivo, tapamos o xabón cun papel que lle permitira respirar.
41
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
HISTORIA DO Cremos ser uns privilexiados por poder escribir este artigo. Esta vez, tocounos amosar o noso lado máis celeste, tivemos a oportunidade de entrevistar a Mario Bermejo ese que deu todo por o club, investigar sobre Balaídos, campo de grandes tardes de fútbol...
CELTA :
Neste artigo aprendemos algo, e é que cando o teu corazón ten un sentimento, cando están as cousas ben, todo é felicidade; pero cando están mal hai que crer en poder saír das mesmas. Nós, coma celtistas, sentímonos felices de poder dar forma a este artigo, o do Celta máxico e o Celta modesto.
O Celta de Vigo foi fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. O seu estadio é o estadio municipal de Balaídos fundado no ano 1928. Neste estadio xogouse o partido entre o Celta e Real Unión de Irún o mesmo día da inauguración. Os xogadores que pisaron por primeira vez o céspede de Balaídos foron: Lilo, Cabezo, Pasarín, Paredes, Cárdenes, Vega, Reigosa, Chicha, Rogelio, Polo, Graciliano. O seu primeiro presidente foi Don Manuel Bárcena e De Andrés, conde de Torrecedeira. O Subcampionato logrado por un dos equipos fusionados debería permitirlle ao Celta participar na Primeira División no ano que se creou a Liga (1928) xa que o criterio para integrar a máxima categoría era ser campión ou subcampión da Copa de España, e naquela data só dez clubs tiñan dereito a participar na Primeira División, incluído o Celta como herdeiro do Vigo Sporting, aínda que ao Celta negóuselle ese dereito e foi relegado a Segunda División. Á conclusión da tempada 1928-29, o Celta decidiu retirarse da competición ligueira a tempada seguinte para afrontar unha radical reestruturación deportiva. O reingreso na Liga produciuse en 3ª División a tempada 1930-31: un Celta irresistible conquistou o campionato de Terceira e o ascenso a 2ª División, derrotando na eliminatoria final da fase de Promoción ao Recreativo de Huelva por un contundente 7-0 (4-0 en Balaídos e 0-3 en campo onubense. O equipo non é un deses equipos que teñan títulos de renome nacional, ten soamente ao longo da súa historia, 2ª División e 2ª División B (na única tempada na que militou nela). Foi tres veces subcampión da Copa do Rei (1948, 1994 e 2001) ás que se suma o subcampionato de Copa do seu Club predecesor, o Vigo
EDLG
IES MONTE CARRASCO
Sporting en 1908 fronte ao Real Madrid. Os seus logros europeos limítanse a unha Copa Intertoto da UEFA no 2000. Participou sete veces na Copa da UEFA (deixando fóra a equipos como Liverpool, Benfica, Juventus ou Aston Villa), onde chegou ata tres veces aos cuartos de final; e tivo unha participación na Champions League, na que chegou a oitavos de final onde caeu ante o Arsenal. Pero cremos que é unha honra ter un equipo que nos fai gozar de cada partido. Todos os éxitos alcanzado na súa historia débense á afección e ó seu constante apoio tanto nas boas como nas malas. Os xogadores que máis nos deron dende que somos do Real Club Celta, foron sen dúbida Silva, Gustavo López, Iago Aspas, Nolito, Hugo Mallo, Sergio Alvárez, e outros moitos xogadores que quedarán sempre na nosa memoria, porque cada un dos que pasaron por este club deixáronos a ledicia do seu xogo e un anaco de futbolista e persoa incribles. Sentimos cando o colexiado asubiou o final do partido ante o Córdoba, cando sabiamos que o equipo ía ascender a primeira, tanta alegría coma se gañases un millón de euros, porque sabiamos o que o ascenso significaba, porque cando a afeccción entoaba a canto a Rianxeira, Miudiño, o que sentimos era que ser celtista era vivir os malos e os bos momentos. Houbo outro partido onde tocou sufrir, pero cando Khron Delhi lle deu o pase a Aspas, este recortoulle a Colotto, e deu un pase de ouro cara Natxo Insa atrás, e este rematou a esquerda de Kiko Casilla, pola escuadra, todos sabiamos que puido ser o gol que podería certificar a permanencia. O estadio vibrou cando soubo que Griezmman marcou no estadio de Riazor, parecía coma se o estadio gañase a Champions. Houbo que sufrir todo o partido, os minutos pasaban lentamente, pero con orgullo, con afouteza e corazón, puidemos dicir que seguiriamos en primeira, orgullosos da afección e do crecemento de equipo. O noso desexo é que este equipo siga acadando éxitos e que nos proporcione este gozo dentro do corazón en infinitas tempadas na primeira división do fútbol español, e se pode ser, que nos faga saltar dende as casas e nas bancadas, sexa ás dez da noite, ás doce ou ás sete da mañá. Sempre levaremos o sentimento de ser do Celta ao ceo, con agarimo e sentindo a preciosa cor da camiseta. Finalmente quedámonos coa expresión de Berizzo: “Esta non é unha camisola para os domingos; é unha camiseta para toda a vida”, e sen máis, dicir que, sen dúbida, somos o mellor club e o ceo sempre estará de cor celeste.
43
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
Mariana Gago, Clara Costas, Borja Santos, Laura Carrera e Daniel Ríos.
ADICAM é unha asociación de mulleres afectadas de cancro de mama que xorde en Cangas no ano 2000 grazas a Fina, a actual presidenta; nace coa finalidade de fomentar o desenvolvemento do apoio social e a axuda mutua, para conseguir que a muller teña unha mellor calidade de vida e benestar. Esta asociación está formada por mulleres afectadas, familiares, colaboradores e profesionais, que se xuntan e traballan na Casa da Bóla, situada no centro de Cangas. Algúns dos seus obxectivos son: Fomentar o coñecemento social deste tipo de enfermidade. Dar a coñecer apoio emocional, orientación e asesoramento as mulleres. Favorecer unha estreita solidariedade entre as mulleres. Fomentar o desenvolvemento e crecemento persoal. Ademais organízanse actividades para as mulleres afectadas, coma as seguintes: Taller de Risoterapia Taller de pintura Taller de ganchillo Taller de Pandeireta Taller de pilates Tamén realizan charlas como, por exemplo, a de dor crónica. Adicam finánciase grazas a subvencións do Concello, da Xunta, do FECMA (Federación Española de Cancro de Mama) e mais dos socios. Estes cartos son distribuídos tendo en conta distintos factores, como por exemplo, as actividades que han de realizar. A asociación ten como finalidades: Actuar ante calquera órgano administrativo ou xurisdicional. Promover ante instancias públicas ou privadas. Crear un grupo de voluntariado, auto-axuda e atención as mulleres.
EDLG
IES MONTE CARRASCO
High SchoolbyinMichael theGreen USA High school in the United States is very different than high school in Spain. While high schools in the USA vary based on size and location, they share many common customs like after school clubs, athletics, lunch, and especially academics. I studied at La Cueva High School in Albuquerque, New Mexico so I will tell you a little bit about this school. At La Cueva High School students can participate in nearly 30 different after school clubs. Students can explore their interests or find new ones. They can strengthen their CV and make their college applications stronger by joining various clubs. It is very common and even encouraged for students to be involved in multiple activities. If a student is interested in music, he/she can join band, orchestra, choir, or drum line. There are clubs for students with a passion for languages like French club, Spanish club, and speech and debate. For students interested in writing and designing, they can partake in yearbook, newspaper, or magazine. There are also some interesting clubs like manga, bowling, and drama. In addition to all of the after school clubs, there are more than 20 athletic teams to join separated between boys and girls. Throughout the school year, there are three seasons so students can play for more than one team. In the fall students can play football, soccer, and volleyball or run cross country. In the winter, they can play basketball, wrestle, or join the swimming and diving team. Finally, in the spring, students can run track or play baseball, golf, or tennis. There are also year long sports like cheerleading and dance team. There are many ways for students to have fun and stay healthy. Another difference between schools in the USA and Spain is having lunch at school. There are many dining options available for students. They can choose between the school cafeteria which offers a well-balanced meal or the snack bar which offers pizza, hamburgers, and salads. The students can also bring food from home. Lunch usually occurs around 12:00 p.m and students can eat in the cafeteria or other designated places around the school. They can even take their lunch outside. Even though after school clubs, sports, and lunch are fun and exciting, the most important part of school is the academics. Each year students are required to take math, English, natural science, social science, and health or physical education. In addition, they are allowed to choose two elective courses like foreign languages, business, or art just to name a few. The school also has organized tutoring available to those who may be having difficulties with some of their subjects. Each student has a homeroom class. In this class, the students listen to school-wide announcements over an intercom system, receive important documents regarding curriculum or excursions, and have a teacher who is responsible for their overall academic progress. While the importance of academics in high school is the same in the United States and in Spain, there are still many differences that make each experience unique. Some of the biggest changes are in regards to after school clubs, sports, and lunch.
45
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
Despedíndonos por Rocío Alonso
Outro curso máis que vai acabando, outra promoción que nos deixa para continuar crecendo noutros espazos e noutras compañías: chega a hora dunha nova despedida, de emocións máis ou menos contidas; unha vez máis, vén A Gaivota a facer resumo do que pasou, do que fixemos no centro, a valorar, a concluír, a opinar e a ilustrar… , tócanos a moitos iniciar unha nova etapa… Mirar atrás e atopar as verbas que axuden a sintetizar estes anos non é doado. A vós, alumnos e alumnas de cuarto, quizais tamén vos pasa o mesmo: estes anos foron especiais, ¡seguro!, non só pola transición á secundaria, ¡que lonxe queda xa!, senón porque aquí as experiencias non se reduciron só ó académico, senón que houbo momentos de convivencia, de penas, de incertidumes, de agobios e de ledicias que, ao fin, nos fan medrar como persoas para ser, sen dúbida, mellores. A min tamén me pasa. Lembro como se fose hoxe, e disto hai oito anos, o primeiro momento no que cheguei ao centro; coma entón, manteño a ilusión e coma vós, ¡canto aprendín! Cando comenzei o meu primeiro curso académico no Carrasco, o seu lema, a atención á diversidade, foi no meu labor docente unha máxima e, desde este punto de vista será o que sempre leve comigo como un mantra e oxalá esa máxima, que define a este centro, sexa sempre a súa bandeira: a diversidade enriquécenos. A vós, alumnas e alumnos, dicirvos que sodes a nosa razón de ser e que espero que, por suposto, teñades aprendido Xeografía, Historia, Arte… , pero tamén valores que constitúan o substrato da vosa vida presente e futura en sociedade: a tolerancia, o respecto, a empatía, a solidariedade, a liberdade… , e un espíritu crítico co que axudedes a crear un mundo cada vez mellor. Cando comenzei no Carrasco atopei compañeiras e compañeiros que me enriqueceron como persoa; ós que xa se xubilaron, ós que agora están noutros centros, ós que voltan e ós que quedan para seguir desenvolvendo o seu labor, dígovos ¡Grazas polo traballo en equipo! ¡Grazas pola axuda!, ¡Grazas polo apoio! ¡Grazas polo ambiente! ¡Grazas por todo!. . A todos, ¡moita sorte!
EDLG
Rec unc ho literario
IES MONTE CARRASCO
II Concurso de Relatos Monte Carrasco
Soñar na Cañiza por Yolanda Rodas
A Cañiza é un lugar ben fermoso. Non tanto como Cangas, porque non ten mar, pero pódese dicir que é un dos lugares de montaña máis fermosos de Galicia, e onde se come bo xamón. Estiven na Cañiza cando era nena, e xa de maior volvín para lembrar a miña curta estadía alí. A miña avoa levoume á Cañiza logo de visitar a Don Antonio, un médico moi bo que había daquela. A rapaza ten asma, señora Isabel. E iso qué é, Don Antonio? A asma é unha enfermidade que afecta aos bronquios e aos pulmóns, non deixa respirar a quen a padece. As néboas e o ar do mar son moi prexudiciais, polo que lle aconsello que a leven á montaña. Collín asma un día, logo de correr polo patio do recreo como unha tola. Suei e suei, tanto que, ao voltar á clase, como estaban as fiestras abertas, unha corrente de ar fixo que me puxera enferma. Pola noite houbo que chamar ao médico. Estaba a morrer, xemía sen respirar, segundo os da casa. O médico tardou en vir. Cando chegou miroume, auscultoume con coidadiño e dixo que tiña unha bronquite. Receitoume unhas inxeccións que me poñía a miña avoa e coas que fun recuperando pouco a pouco pero, como dicía ela, quedoume un peco para sempre. Quedei asmática, e aquel catarro volvía cada dúas por tres. Non podía ir ao colexio, sempre estaba mal. Cando regresaba, ao facer ximnasia volvía a poñerme enferma. Entón foi cando decidiron levarme a Don Antonio, o médico que vos dixen antes que era moi bo. Entón a montaña é boa para iso? Si, leven a rapaza sempre que poidan e verán como vén nova para unha tempada. A verdade é que só me fixo falla ir unha vez. Sentoume moi ben aquel clima, aínda que co paso dos anos e conforme me fun facendo vella, volveron os achaques do asma. Como vos dicía, a miña avoa chegou á casa decidida a marchar comigo para a montaña, non sen antes consultar cunha veciña, que tamén tiña a súa neta co mesmo problema ca mín. Onde levas ti a túa neta, Manuela? O médico díxome que tiña que levar a Sabeliña á montaña, pero non sei que lugar é o máis axeitado.
47
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
Rec unc ho literario
Ai! Non te preocupes muller, nós imos tódolos anos á Cañiza. Este ano marcharemos o oito de xullo e estaremos alí preto de tres semanas. Se queredes vir con nós, temos sitio na casiña que alugamos. É dun matrimonio maior que só ten unha filla que vive fóra de Galicia e ten unha habitación baleira para volas dúas. _ Pois quedamos así. Xa falaremos a principios de xullo para concretar a cousa. E así foi. O oito de xullo subimos ó taxi do señor Apolinar. O taxi era negro cunha franxa vermella e levounos ata Vigo para logo coller un autobús que nos levaría á Cañiza. Non lembro moi ben de onde saíu aquel autobús, se da Praza de España ou da Praza de Portugal, porque daquela non estaba a estación de autobuses de Vigo onde está actualmente. A viaxe, que agora faise nun abrir e pechar de ollos, daquela resultoume longa e pesada. Somentes me animaba cando vía polo portelo do autobús e de cando en vez aparecía a imaxe daquel touro chantada no medio do monte que anunciaba aquela famosa bebida de Osborne. A nosa viaxe rematou logo da enésima curva. Por fin chegamos á Cañiza. Ó principio botaba de menos aos meus pais, que non puideran vir por cousas de traballo, pero despois funme acostumando ao lugar e paseino moi ben. O matrimonio que nos alugaba a casa estaba formado por un zapateiro, señor Agostiño, e unha costureira, señora Inocencia, que coseu un dedo coa máquina e tivo que estar parada uns días. En fronte da casa vivía un garda civil que tiña moitos fillos, creo recordar que nove, e os máis pequenos viñan xogar con nós polas tardes. Un pouco máis abaixo do garda civil vivía Begoña, unha nena que ficou cunha escaiola nun brazo porque unha fiestra caeulle enriba del. A verdade é que na Cañiza coñecín uns personaxes ben curiosos. Coñecín a Blanca, unha solteirona delgadiña que as malas linguas dicían que poñía trapos nas cadeiras para parecer máis ancha. A Manuel Enrique, un rapaz que fora atropelado por un coche e tiña unha cicatriz enorme na cabeza e onde non lle saía pelo. Había un rapaz tamén que me daba moita mágoa polas malleiras que lle daba a súa nai, unha viúva que era alcohólica e cando se emborrachaba mallaba en Fidel, que así se chamaba o rapaz. Vivía nunha casiña no fondo da carballeira onde facían a feira os mércores, se mal non lembro, de cada semana. Acórdome tamén da tendeira, a señora Genoveva, que nos regalaba Fantas e Mirindas. Para os que non saibades, a Fanta e a Mirinda eran uns refrescos de laranxa ou de limón. Unha tarde as avoas leváronnos a coñecer unha familia que vivía na fraga do monte. Aquela familia tiña sete fillos e o curioso é que ían por parellas de xemelgos, dous nenos, neno e nena, dúas nenas, agás o pequeno que viñera el só. Lembro que vivían nunha casa sen portas porque ían pouco a pouco. Pasamos alí a tarde e contáronnos moitas cousas. Entre elas, que uns días antes baixaron os lobos ata as casas e mataron un meniño de ano e medio atacándoo pola gorxa. Podería contarvos un feixe de cousas da Cañiza pero vou rematar xa, non sen antes dicir que a última noite que pasei na Cañiza tiven un soño. Aquela noite soñei que o autobús que traía xente á feira íase poñer aparcado ao lado contrario onde sempre, pegado á nosa parede, e así foi, cando espertei, alí estaba, á sombriña da casa, o meu soño era unha realidade. Ese día rematou a nosa estancia na Cañiza. Volviamos para a casa, acabáranse as vacacións. Como dixen ao principio, de maior volvín alí para lembrar aqueles días. A estrada que pasaba por diante da casa era moito máis ancha, parecía unha avenida, pero alí seguía a nosa casiña, como sempre, de pedra, pequeniña.
EDLG
IES MONTE CARRASCO
Rec unc ho literario
O DESENLACE Oio aos paxaros cantar sobre a miña cabeza. Tento abrir os ollos, as pálpebras pésanme. A cabeza parece que queira
estalarme. Con esforzo abro lentamente os meus ollos e enfoco a mirada. O primeiro que vexo é o ceo azul, movo a cabeza aos poucos e descúbrome rodeada de árbores. Algo se crava nas miñas costas. Tenteo lentamente o chan e con dificultade incorpórome ata sentarme. Pero, que fago no medio do monte? E. . . , como cheguei ata aquí? Miro a miña roupa. Un vestido de noiva, tiña posto un vestido de noiva. E entón como un lóstrego un recordo vén a min. A miña despedida de solteira! Ódioas. E as mozas sabíano, pero viñeran buscarme onte a última hora, tan ilusionadas que non puiden dicirlles que non. Primeiro, cear e despois, bailar na discoteca de moda. Pecho os ollos e véxonos ás cinco a bailar: Lucía, Vero, Sara, Vitoria e eu. A bailar e a beber? Recordo empezar a marearme. A elas burlándose, dicíndome que xa non aguantaba nin unha copa e a Vero acompañándome á casa. Recordo subir ao seu coche, sentirme cada vez máis mareada e. . . nada máis. E agora atopábame no medio do monte co meu vestido de noiva e ninguén ao redor. Mirei o meu reloxo de pulseira, as 10. 20. Casaba hoxe ás 14. 00 na capela de San Antonio. Púxenme en pé, convencida de que non sería tan difícil atopar unha estrada e conseguir que alguén me achegase á igrexa. A miña voda. Hoxe, domingo 12 de xuño, casaba. Levaba desde nena imaxinando como sería este día, soñando con el. Meses de preparativos para que todo fose perfecto e agora pasábame isto! Non estaba disposta a renderme. Conseguiría chegar. Primeiro tiña que saber onde me atopaba. O de subirme a algunha árbore quedaba descartado. De lonxe divisei un pequeno outeiro, quizais desde o alto puidese orientarme. Cara alí encamiñeime. Tentastes algunha vez camiñar polo bosque cun vestido de noiva? Non volo recomendo. Por que elixiría un vestido con semellante cola? Xa non había tempo de se arrepentir, enrolei, o mellor que puiden, a cola no meu brazo e comecei a camiñar. Pablo espertou cun mal presentimento. Sentou na cama e convenceuse de que era culpa dos nervios. Hoxe casaba, por fin daría o “si quero”, terminábase a espera, os insufribles meses de preparativos, decenas de decisións sobre a cor do traxe, o menú, os adornos da igrexa, a música, e un longo etc. Decidir o que se di decidir fixérao María, el limitouse a finxir entusiasmo e a deixarlle facer a ela. Pero, que lles pasa ás mulleres coas vodas? María deixara de ser unha moza tranquila e sensata para converterse nun auténtico bulebule, con centos de cousas que facer cada día e centos de cousas máis planificadas para o día seguinte. Todo cun único obxectivo, a perfección. Como María lle repetía con frecuencia “levo esperando este día desde nena, será o máis feliz porque caso contigo pero ademais debe ser perfecto”. O único que eu desexaba era que terminase este día e recuperar á miña tranquila e sensata noiva, xa convertida na miña muller.
49
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
Rec unc ho literario
Cando María chegou ao pé do outeiro caeu na conta de que sería moito máis difícil subilo do que parecía de lonxe. Pero era o que tocaba, tomou aire para darse valor e comezou a subida. Nos tramos fáciles un estreito camiño serpeaba entre miles de silvas que rabuñaban a súa pel e enganchaban o seu vestido. Nos difíciles debía saltar de pedra en pedra axudándose, en ocasións, das mans debido ao desnivel. Cando chegou á metade do traxecto tiña as medias esnaquizadas, un zapato sen tacón e dúas uñas rotas, pero un único obxectivo, chegar á cima. Pablo tiña decidido tomar a mañá con calma. Daría unha longa ducha, afeitaríase e despois tomaría un bo almorzo. Necesitaba deixar atrás a tensión das últimas semanas. Un último paso e xa estaba arriba. Mirou ao seu ao redor e viu árbores por todas as partes. Un reflexo do sol fíxolle distinguir á súa esquerda a estrada e os coches que por ela pasaban. Recoñeceu o lugar onde se achaba. Se alcanzaba a estrada tardaría unha media hora en coche en chegar á capela. Ese era o seu obxectivo. Mirou a disposición do sol e marcou o seu rumbo. Sempre fora moi boa orientándose e xa era hora de sacarlle partido a todas as carreiras de orientación nas que participara. Pero o primeiro paso era descender a lomba na que se achaba. Mirou cara abaixo, pingas de suor encheron a súa fronte, inspirou profundamente e comezou a baixada. Calculou que tardaría unhas dúas horas en chegar á estrada. O seu estómago comezou a ruxir de fame. Pablo pensou que almorzara demasiado. Pero por un día. . . Pasaba das once e ata a unha e media non pasaría o coche para recollelo. Toda a familia o estaría a esperar na igrexa. Era algo que decidiran de común acordo el e María. Pasar a mañá da súa voda en tranquila soidade, afastados da familia, ela coa única compañía da súa amiga Verónica. Era algo que recalcara á súa familia: nin chamadas nin mensaxes, xa se verían na igrexa. Levaba case dúas horas de camiñada, imaxinou a toda a súa familia preocupada. Vero había de ter dado a voz de alarma. Nese momento unha sensación de malestar percorreuna, un recordo fugaz que non logrou apreixar. Aos seus oídos chegou o son do claxon dun coche, a estrada estaba preto e botou a correr. Co ímpeto da carreira non viu un tronco que se cruzaba no seu camiño e caeu de bruzos, mentres tentaba levantarse de novo ese recordo fugaz volveu. . . para quedar. Imaxes confusas, ela e Vero no coche, Vero dándolle unha pílula para o mareo, Vero poñéndolle o seu vestido de noiva, Vero obrigándoa a beber unha beberaxe amarga, Vero meténdoa no asento traseiro do coche, Vero rumoreándolle ao oído “el era meu, ti quitáchesmo e eu agora vou quitarche o que ti máis desexas, o teu perfecto día de voda”. A ira comezou a percorrer o seu corpo. De acordo, cando María coñeceu a Pablo Vero levaba meses falándolle del e do moito que lle gustaba, pero en canto puxo os seus ollos nel e el nela xa non existiu ninguén máis, foi un auténtico frechazo. Faríallo pagar a Vero e a mellor maneira era chegar á súa voda a tempo. Ergueuse e botou de novo a correr. Pablo mirou por última vez o seu reflexo no espello e saíu á rúa. O seu coche acababa de chegar. Entrou, saudou ao chofer e puxéronse en camiño. En vinte minutos estaría na igrexa e en trinta chegaría María e comezaría a cerimonia. A indignación que a consumía liberou a súa adrenalina, como un raio alcanzou a estrada, parou ao primeiro vehículo que pasou e convenceu ao condutor para dar media volta e dirixirse ao lugar do seu enlace. As historias con vodas e noivas polo medio tiñan moito gancho. Mirou o seu reloxo, podía conseguilo. Imaxinou a cara de Vero ao vela chegar. . .
EDLG
IES MONTE CARRASCO
Rec unc ho literario
e sorriu. Gañaríalle a partida.
Chegaran. Baixou do coche, repartiu algún bico e abrazo, riuse con algún comentario e encamiñouse ao altar. Mirou o seu reloxo, en cinco minutos chegaría María. A igrexa estaba a rebordar, moitos lle sorriron, familiares, amigos, en primeira fila as mozas, as “súas mozas” como as chamaba María, só faltaba Vero, ao seu carón a súa nai, na porta da capela o seu sogro esperando a chegada da súa filla. . . Xa divisa a capela, só faltan uns metros. O coche detense, abre a porta e sae correndo. Estráñalle non ver a ninguén fóra da igrexa, deben estar todos dentro pensa. Imaxina a Pablo esperándoa no altar. Colle con forza o pomo da porta e ábrea con brusquidade. Non hai ninguén di, ninguén, repite; o seu cerebro deixa de funcionar, non entende nada. Esta é a miña igrexa, que broma absurda é esta, miles de ideas comezan a pulular pola súa mente, imaxinando que puido pasar. De súpeto o máis obvio sae á luz, dá media volta e achégase ao velliño que a trouxo no seu pequeno coche e pregúntalle: -podería dicirme que día é hoxe?-, -Luns, 13 de xuño-. María déixase caer ao chan e comeza a chorar. Pero non chora de pena senón de rabia. Un alarido xorde da súa garganta, tería perdida a partida pero pensaba gañar a guerra. E unha idea fíxase na súa mente: VINGANZA. Tingala Nota do autor/a: encantaríame poder contarvos a historia de como Vero maquinou a súa vinganza contra María e como fixo crer a todos, incluído Pablo, que fuxira del, que o abandonara. E por suposto relatarvos como María urdiu o seu desquite. Pero ten que quedar para outro momento. Bicos.
LIBERDADE Camiña trinta pasos á dereita, ata topar cos barrotes; do seu peito sae un ruxido de impotencia. Camiña trinta pasos á esquerda ata topar novamente cos barrotes e volve ruxir. Mira á fronte, os seus ollos devólvenlle unha paisaxe desoladora, decenas de animais encerrados coma el. Oe un ruído metálico, acaban de deixarlle a súa comida. Abalánzase sobre ela con tres grandes saltos e devóraa. No seu peito unha fonda tristura, carne morta para un morto... en vida. Pecha os ollos e dorme. E soña..., soña que corre e corre por unha terra extensa, con pequenas árbores e arbustos salpicados aquí e alá. A calor abrasa o seu lombo. De lonxe divisa unha
por Silvi Álvarez
pequena lagoa onde outros animais beben, achégase silandeiramente e roxe. Espantados levantan as súas cabezas e foxen. Témenlle. Bebe. E corre de novo. Sobe a un pequeno outeiro e detense no alto, o vento alborota a súa melena, os seus ollos deléitanse mirando unha terra sen fin. Os antílopes no horizonte, os voitres no ceo, a súa manda abaixo aos seus pés. Abre a súa boca e roxe, séntese poderoso, é o rei da sabana. Esperta bruscamente, os seu soño feito anacos, levántase con canseira e comeza de novo o seu lento camiñar sen fin, trinta pasos á dereita, trinta pasos á esquerda. Savannah 51
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
Rec unc ho literario
O POZO DOS SENTIMENTOS AZUIS
por Lorena Piñeiro, 4ºA
Érase unha vez unha princesa de típico cabelo marrón e típicos ollos castaños. Non era como as demais: tódalas princesas eran louras, fermosas, e cos ollos azuis e mirada de superioridade. Ela era, simplemente, ela. Era fermosa, pero era ese tipo de beleza complicada de visualizar, ese tipo de preciosidade única, que non sabes como asimilar. Dende moi pequena, ensináronlle que os dragóns eran horrendos e malos, e os príncipes, fermosos e bos. Dixéronlle que os dragóns mataban princesas inocentes co seu intenso lume. Mostráronlle que os príncipes mataban dragóns e salvaban princesas. Inculcáronlle que nunca se acercara aos dragóns. Aseguráronlle que casaría cun príncipe e que así sería feliz para sempre. Á princesa dos ollos tristes encantáballe axudar. Pasábase a vida axudando á xente, non importa que foran campesiños agradables ou ricos desagradecidos. A princesa do cabelo marrón amaba a súa familia e amigos. Amaba o mar, amaba a música, pero, sobre todo, amaba os libros. Todos lle rifaban, dicindo que as princesas tiñan que demostrar que eran fermosas, que non pasaban o día lendo, que eran perfectas. . . Pero a ela gustáballe vivir mil vidas, gustáballe vestirse como lle dera a gana, gustáballe ser ela, simplemente. Un día, coñeceu a un campesiño cun corazón inmenso. Namorouse, aínda que sabía que ela estaba destinada a un príncipe que todos miraran tan fermoso como ela vía ao campesiño. Pero el non podía querer así o corazón puro da princesa. Un día, deses nos que o seu sorriso se vía caído, a princesa do cabelo castaño coñeceu a un príncipe. Ao principio, non lle gustaba, parecíalle arrogante, e sen demasiado fondo. Pero, tras moito insistir, e ao ver que era o mellor que podía facer, comezou a saír con el. Comezou a coñecelo, e gustoulle a súa estúpida arrogancia. Pero un día triste, o príncipe caeu dentro dun pozo moi profundo. A princesa do cabelo castaño, en vez de sentar e esperar a que outro príncipe a axudara, decidiu salvalo. Inclinouse todo o que puido sobre o pozo e alargou moito a súa man, ata rozar os dedos do príncipe. Agarrounos e tirou del, ata que non podía máis, e incluso así, continuou tirando. Pero o príncipe deixou de ser bo, e tirou dela ata afundila no pozo. Entón ela deuse conta de que pese a ser fermoso, era cruel, e afastouse del. Un día, intentando escalar o escuro pozo, mirou fóra e viu un dragón. Todos din que os dragóns son horrendos, pero ela, en cambio, viu algo fermoso e maxestoso. Suplicoulle ao dragón que a sacara do pozo, pero el negouse. Porén, baixou ao escuro pozo profundo e tumbouse ó seu lado. Noite tras noite, mostroulle a súa preciosa visión das cousas. Noite tras noite, axudoulle a que ela curara as súas propias feridas. Noite tras noite, ela namorouse. Agora, a princesa sabe que non tódolos príncipes fermosos son bos, e que non tódolos dragóns son horrendos e crueis. Agora, a princesa sabe que o dragón nunca a amará, porque non está dentro da súa forma de ser. Agora, pese a que chore de vez en cando, quere polo menos a amizade do dragón. Agora, a princesa do cabelo castaño só ten que esperar a ser o suficientemente forte, e entón ela será o seu propio príncipe, e entón ela será feliz, só con ela mesma.
EDLG
IES MONTE CARRASCO
Rec unc ho literario
Conchi S. Bamio Vouvos contar un conto que me relatou miña avoa unha tarde de inverno moi chuviosa, sentadiños todos a carón da lareira. Relatounos o que lle acontecera cando era nena. Miña avoa chamábase Flora; como vedes, tiña nome de fada. A avoa saíu da casa co seu pai polo montes de Marín en dirección a Vilaboa; ían trocar patacas, cebolas, cenorias... e demais, por mazás, laranxas... Cando volvían para a casa colleunos a noite, unha noite fría e escura de finais da primavera. De súpeto, escoitaron unhas voces e viron moitas luces acesas ó lonxe. Asustáronse. " É a Santa Compaña" dixo o meu tataravó. A Santa Compaña é unha procesión de ánimas encabezada pola persoa viva que porta nas súas mans unha cruz; e tras el, varias ánimas con cirios. O portador da cruz non pode en ningún momento volver a testa nin renunciar aos seus cargos precedendo a Santa Compaña. Só será ceibado cando atope a outra persoa polo camiño a quen lle entregar a cruz, momento no que estoutro pasará a substituílo. Para zafarse desta obriga de substitución, a persoa que vexa pasar a Santa Compaña debe trazar un círculo no chan e deitarse boca abaixo sen mirar á cara a ningún espírito, ou subirse a unha árbore, pechar os ollos e as mans e estar moi caladiña. A Santa Compaña visita todas aquelas casas nas que axiña haberá un pasamento. Miña avoa, asustadiña, subiu a unha árbore co seu pai con máis medo ca vergoña, pecharon os ollos e as mans e agardaron moi caladiños. As voces sentíanse cada vez máis preto, e cando chegaron á altura da árbore, déronse conta de que os ruídos eran os cánticos e murmurios das leiteiras de Vilaboa, que ían repartir o leite a Marín. Paráronse na árbore e foron todos xuntos en dirección a Marín, cantando e rindo do que lles acontecera.
53
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
O ATRACO
Rec unc ho literario
Paula Santos Gil 2º ESO
A historia trata sobre un home que sabe o que vai acontecer no futuro. Ninguén o cría, nin a súa propia familia. Un día, o señor Paco dixo que ían ir uns ladróns atracar o supermercado do pobo, e ninguén lle creu. Ese día, o señor Paco intentou evitar que os seus amigos e familiares foran ao supermercado, por se atracaban mentres estaban dentro, pero seguían sen crerlle. Xusto cando os atracadores entraron no supermercado a súa irmá e a súa muller estaban facendo a compra. Todo o pobo soubo do atraco polas noticias, xa que o atracador pedía diñeiro ou se non, mataba a xente que estaba no supermercado. Cada cidadán do pobo aportou un pouco de diñeiro, pero ao atracador non lle chegaba e deuse por vencido: decidiu escapar sen ser collido polos gardas. Meses máis tarde, avisou de que ía haber un accidente, que un avión ía caer na igrexa do pobo, e así sucedeu. Dende entón, a xente do pobo sempre acude a Paco para saber o que pasará no futuro.
DÍXOM E U N PA XA RI Ñ O
Adrián Nogueira 2ºESO
Había unha vez nun niño no edificio máis grande da cidade, no que vivía un paxariño. O niño non era un calquera, tiña moitísimos cables, moitísimos altavoces e moitísimas cámaras. Nas cámaras aparecía ata o recuncho máis pequeno da cidade. Tiña miles de traballadores; eran especies distintas. Todos espiaban aos cidadáns, ata a última conversa. Escoitábano todo. Os traballadores estaban moi ben organizados, tiñan ata pombas menxaseiras, que eran as que hora tras hora ían contar todas as anécdotas e segredos á xente. Sen elas, a vida naquela cidade sería moi aburrida, aínda que xa estaban pensando en traballar en moitas cidades máis. E de alí, ven a frase: Díxome un paxariño que... E por certo, tiñan prohibido espiar ao alcalde e aos altos cargos...
EDLG
IES MONTE CARRASCO
Eu son por Balbino Romina Iglesias 4º B O 28 de novembro sorprendeunos a noticia do pasamento dun dos máis coñecidos e recoñecidos escritores en lingua galega. Xosé Neira Vilas emprendía a viaxe para sempre dende a súa casa de Gres, en Vila de Cruces, á idade de oitenta e sete anos. O neno labrego, o adulto emigrado díxonos adeus co mesmo ánimo co que nos regalou algunha das páxinas máis fermosas da nosa literatura: con discreción, sen alardes, dende o corazón e o sentimento. Nado o 3 de novembro de 1 928 en Gres (Pontevedra), foi un dos moitos galegos que tivo que emigrar en busca dunha mellor vida. No Brasil primeiro, e en Cuba máis tarde, aprendeu diferentes culturas, desenvolveu os seus estudos; que sempre foran a súa paixón e entrou en contacto con autores como Sartre, Camus, KafkaN Coñeceu tamén clásicos da literatura arxentina como Martín Fierro e Facundo CabralN Na súa estadía en Brasil mantense en contacto cun grupo de intelectuais galegos. En 1 953 crea as Mocidades Galeguistas e neste ano tamén crea a revista “Adiante”, na que reflicte os seus desexos e inquietudes. En 1 992 regresa a Galicia casado con Anisia Miranda. No que se refire ás súas obras, a máis destacada é Memorias dun neno labrego, que conta cunha segunda parte titulada Cartas a Lelo Memorias dun neno labrego é o libro máis lido dos publicados en galego. Recordo que nos leran este libro no colexio e que me tiña moi entusiasmada, sempre agardaba a que soara o timbre para que nos viñeran contar as engaiolantes aventuras de Balbino, ese rapaz labrego que contaba a súa historia, a historia dun neno galego. As dúas primeiras verbas volvéronse un clásico da literatura galega (“Eu sonN Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén.”). Xa non lembro moi ben que acontecía ; só logro visualizar os trazos máis importantes; pero si que
me atrevo a recomendarvos que o leades, porque un non pode deixar pasar un libro tan fermoso, impregnado da nosa cultura, cunha descrición tan lograda da vida nunha aldea galega da posguerraN, un libro que mostra os prexuízos das distintas clases sociais, as ideas que tiña de nós o resto da xente, sobre todo dos pobres ou aldeáns; amosa as condicións de vida de aquel entonces dunha forma tan precisa que incluso parece que sexas ti Balbino. Tamén está presente o tema da emigración, pola que o propio autor se viu obrigado a pasar. Outra moi importante e que me gustaría destacar é Querido Tomás que este ano tiven o pracer de ler, aínda que fora como una lectura obrigatoria para a clase de galego. É unha historia moi interesante na que se relataba en primeira persoa a vida dunha mestra chamada Sara que no verán, sen os nenos ós que lles dá clase, séntese soa e evoca o seu amor da adolescencia que marchou con dezanove anos ao Brasil. Trátanse de novo os temas da emigración, os prexuízos, as diferenzas entre clases socias, as condicións de vida dunha Galicia en plena posguerra, do contrabando, o papel da Igrexa nesa sociedade gris e pobre, tanto material como moralmenteN Escribiu outras moitas obras como Camiño bretemoso, no que se fala das lembranzas dun vello que recorda a súa vida na Arxentina, país no que estivo Neira Vilas; Remuíño de sombras, Xente no rodicio, Aqueles anos de Moncho, Historias de emigrantes, Lar, Nai, Pan, Papeis e Home de pao. Como se pode deducir polo título das obras; a maioría baséanse nas situacións que Neira Vilas viviu. En todas elas relátanse as vidas sinxelas “dos ninguén”, da xente galega que sofre, vive, soña, lembra, que só aparecía na literatura para ser o branco das burlas e das chanzas; e dunha terra que só se cantaba dende unha perspectiva idílica e afastada da realidade. É tamén autor de libros para nenos (O
55
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
cabaliño de buxo, Espantallo amigo, A marela taravela...), así como obras con reportaxes, testemuñosN; (Castelao en Cuba, Memorias da emigración I, II e III, Crónicas galegas de América: rolda primeira).
Aínda que a cultivou menos, tamén escribiu poesía, que queda un pouco ensombrecida a consecuencia do brillo da súa prosa. Por iso vos imos agasallar cun poema seu. Para lembralo, para gozar da súa obra, para sentir a Balbino e a Sara e a Tomás, ó leiteiro e á marela Taravela, para gozar e emocionarnos. Porque o neno labrego que foi Neira Vilas perdurará na nosa memoria por sempre.
“A MIÑA FALA”
Falo e canto en idioma galego que é a lingua que herdei de meus pais, a mesma fala na que me arrolaron con armónico e tenro cantar. Vai comigo esta fala amorosa Coma un rico tesouro a gardar; Levareina en min de por vida Orgulloso de patria e de nai. Oito séculos ten esta lingua Na que un pobo se puxo a falar E de entón ata hoxe está firme E seguro no seu camiñar.” Cantos de sol a sol, Galinova.
A B LO G O S F E RA d o C a rra sco
Benqueridos internautas: novamente temos actualizado o listado. Cousas novas e vellas que teñen validez mestúranse na nosa escolma de blogs. O obxectivo é que vos sirvan de axuda, que esperte e colme a vosa curiosidade, e que se renove de cando en vez para que amose sitios ben útiles. Os que van desaparecendo deste listado non quere dicir que morran para sempre, só deixan sitio para os novos... Como a vida mesma! www. a g h a ivo ta . b lo g s p o t. c o m ___ Onde curiosear tódalas actividades e propostas do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, e
moito máis...
www. b ib lio te c a m o n te c a rra s c o . wo rd p re s s . c o m ___ Dende a nosa Biblioteca, pero non só falamos de libros... www. p rin 1 3 - 1 4 . b lo g s p o t. c o m . e s ___ Este é o blog que recolle o traballo sobre as danzas tradicionais e no que podemos atopar
gran cantidade de información sobre as danzas tradicionais de Hío, Aldán e Darbo.
www. m a te c la s e . wo rd p re s s . c o m ___ Tamén os números teñen o seu sitio na aldea global... www. a p o io s e n re d e . wikis p a c e s . c o m ___ As ferramentas do presente e do futuro: buscadores, conxugadores, dicionarios, correctores; tamén actividades para as distintas materias do ensino secundario. Centos de recursos e enlaces para non quedar atrás.. . www. e s c u n c h a d e iro d a lin g u a . wo rd p re s s . c o m ___ Este espazo segue vivo, con toda a información sobre o traballo desenvolvido no canto da industria conserveira e baleeira e a relación coa conservación da lingua. www. c re n za s d e c a n g a s . wo rd p re s s . c o m ___ Nesta páxina amosamos as lendas relacionadas con Cangas e traballadas polo
alumnado do instituto.
www. m o n te c a rra s c o a b a la r. b lo g s p o t. c o m ___ Velaí os contidos relacionados coas aulas Abalar. www. d e p o rte e n c a n g a s . b lo g s p o t. c o m . e s ___ Todo o que queirades saber sobre o deporte no concello de Cangas. www. b e g o o rie n ta . b lo g s p o t. c o m . e s ___ Queredes orientación? Á carta!! www. e d u . x u n ta . e s / c e n tro s / ie s m o n te c a rra s c o c a n g a s / a u la virtu a l/ c o u rs e / vie w. p h p ? id = 1 3 0 ___ Aula virtual ITI Monte
Carrasco
itim o n te c a rra s c o . b lo g s p o t. c o m . e s ___Blog ITI Monte Carrasco s ite s . g o o g le . c o m / s ite / itim o n te c a rra s c o ___ Web ITI Monte Carrasco
De seguro que atoparedes cousas novas cada día se non perdedes o rastro do Carrasco...!!!
EDLG
IES MONTE CARRASCO
57
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
CA RTE L E I RA O N L I N E M I GU E L CA M E S E L L E
AS PELÍCULAS DO MONTE CARRASCO XA ESTÁN EN YOUTUBE:
Canal de youtube: Música – IES Monte Carrasco – Miguel Cameselle
O Departamento de Música creou unha canle en youtube onde están dispoñibles a tódolos que teñades acceso a internet as películas realizadas polo alumnado de Obradoiro de Iniciación ao Audiovisual. Dende a súa primeira produción do ano 2009 A última clase, pasando polo musical Mi madriña, Alumnator, O imperio contra Paca, A Liga dos Charnecos extraordinarios, Clarexa, que xa é abondo, A Herdanza, o segredo do Maracaibo, etc. Iso si, a última produción, Encontros na Terceira Clase , non estará na web durante bastante tempo, pero moi pronto estará dispoñible en formato DVD co obxecto de recadar fondos para a viaxe de fin de curso. Invitámosvos a que non só as vexades, senón tamén a participar activamente na canle premendo o botón “Me gusta” e facendo comentarios. Invitamos a tódolos participantes nas producións a que poñan as súas lembranzas nos comentarios. Suscríbete para estar ao día das últimas producións, trailers, etc. Lembra, entra en YouTube e busca a canle “Música – IES Monte Carrasco – Miguel Cameselle” e gozarás coas grandes obras carrasquenses da sétima arte. Agora xa podedes ter un verán de película.
EDLG
IES MONTE CARRASCO
Monte Carrasco Produci óns presenta...
ENCONTROS
NA TERCEIRA CLASE,
O MUSICAL DOUTRA GALAXIA Volven as risas, volve a música e ademais, esta, vez hai ata unha voda!!! Dirixida por Miguel Cameselle e por Seila Acuña nas escenas de animación. Este ano O IES Monte Carrasco supera calquera bolsa Erasmus ou plan de intercambio internacional, traendo ás súas aulas a un ser doutra galaxia moi afastada. Un extraterrestre, “Sagnac”, queda abandonado na Terra e traba amizade cuns alumnos do noso instituto. Fronte ao perigo de que os Homes de Negro e outros humanos o capturen, os alumnos do instituto correrán todo tipo de aventuras para facilitar o regreso ao seu planeta. Durante a estadía na terra xurdirá o amor e as situacións máis delirantes. Unha produción con moita música e uns escenarios e animacións creadas polo alumnado de plástica que xa quixeran os estudios Pixar.
59
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
LETRAS GALEGAS 201 6
FERRADOS DE CORAZÓN, FANEGAS DE ALMA
A celebración das Letras Galegas cobra este ano unha relevancia especial para todas e todos aqueles que sentimos o galego como a nosa lingua propia, xa que o autor homenaxeado nesta ocasión é un dos seus máis ferventes defensores, o que nos fala do idioma como "a chave para abrir o mundo" e "a fonte da que agroma a máis forte irmandade". Estamos a falar de Manuel María. No Balcón do Rei vivimos unha xornada festiva lembrando ó poeta chairego con poesía, teatro, música. . . Esta celebración debería supoñer para nós moito máis que unhas horas sen clase e unha actividade extraescolar máis. Debería supoñer a celebración da nosa identidade, da nosa unidade, da nosa vontade de reivindicarnos fronte á uniformidade e á asimilación cultural. Manuel María Fernández Teixeiro, o poeta da Terra Chá (Outeiro de Rei, 1929- A Coruña, 2004), ademais de un dos máis prolíficos autores en lingua galega, é un dos máis comprometidos tanto coa lingua como co pobo galego. A súa obra comeza coa poesía de ton existencial e pesimista do que se coñece como Escola da Tebra, pero logo se diversifica, tanto a nivel de temas como de xéneros literarios. Nos anos 60 chegou o boom da poesía social e Manuel María aproveitou a conxuntura para denunciar, para concienciar, para axudar a abrir os ollos e as mentes da sociedade galega, pechada, alleada, desprovista da súa lingua e a súa cultura, porque entendía, coma moitos outros dos nosos poetas, que a poesía é un ente vivo, que nos esperta e nos fai pensar: "Un poema é un ser vivo que anda, respira, soña, chora, salouca, ama, berra, cintila e escurece, cala, aborrece a mentira, (. . . ) E nunca morre. "
Non vai abandonar nunca o seu compromiso político e lingüístico, que fai da sociedade galega, dos seus problemas e da súa lingua o eixo das súas reivindicacións de escritor, de persoa, de galego; o mesmo compromiso que o levara a participar, alá polos anos 60, na reorganización política, aínda en clandestinidade, dos partidos nacionalistas, así como en actividades de todo tipo, para contribuír á recuperación cultural do país. O compromiso coa nosa lingua é un dos temas máis queridos e máis repetidos na súa poesía: o idioma como o nexo que nos
une, como o sinal que nos identifica, como o modo de sermos e estarmos no mundo a carón dos demais, pero sen deixar de ser nós mesmos. Ese sentimento de identidade está tamén presente no tratamento da terra, especialmente do seu recuncho natal, co que se identifica e sente como o seu punto
EDLG
IES MONTE CARRASCO
CANCIÓN PRA CANTAR TODOS OS DÍAS
HAI que defender o idioma como sexa: con rabia, con furor, a metrallazos. Hai que defender a fala en loita rexa con tanques, avións e a puñetazos. de ancoraxe no mundo: a Terra Chá, na súa inmensidade, na súa grandiosa soidade: " Ollada a Terra Chá dende as alturas é semellante a un mar en calma. Pra medila só valen dúas mensuras: ¡ferrados de corazón, fanegas de alma!. " A alma, a Terra, o corazón, a lingua. . . , a identidade das galegas e galegos que sentimos como tales e que non estamos dispostos a renunciar, a deixarnos asimilar. Porque temos a obriga de deixar o legado recibido polas xeracións que nos precederon ás xeracións que nos sucederán, porque: "Galicia é o que vemos: a terra, o mar, o vento… Pero hai outra Galicia que vai no sentimento! Galicia somos nós: a xente e mais a fala. Se buscas a Galicia en ti tes que atopala!"
Hai que ser duros, peleóns, intransixentes cos que teñen vocación de señoritos, cos porcos desertores repelentes, cos cabras, cos castróns e cos cabritos. Temos que pelexar cos renegados, cos que intentan borrar a nosa fala. Temos que loitar cos desleigados que desexan matala e enterrala. Seríamos, sen fala, unhos ninguén, unhas cantas galiñas desplumadas. Os nosos inimigos saben ben que as palabras vencen ás espadas. O idioma somos nós, povo comun, vencello que nos xungue e ten en pé, herencia secular de cada un, fogar no que arde acesa a nosa fe.
E: -O idioma é o amor, o latexo, a verdade, a fonte da que agroma a máis forte irmandade. Ante estas verbas, deberiamos reflexionar. Deberiamos sentirnos orgullosos de nós, do tesouro que nos deixaron en herdo, e deberiamos pensar que non temos dereito a despoxar del as xeracións vindeiras, que nós só somos usufrutuarios e transmisores dun legado cuxa continuidade non podemos nin debemos interromper.
61
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
RECONTANDO O CAMIÑO
Xa vai alá outro ano. Un novo curso que deu moito de si. Para algunhas cousas, chegou a pouco; para outras..., chegou ben; sobre todo, porque ano a ano, imos notando máis os efectos desta política educativa, e os recortes chegan en forma de recursos humanos, de tempo..., e tamén de ilusión, que se vai murchando cando non somos capaces de ver os froitos desexados. Pero aínda así, seguimos empeñados en sacar adiante algo bo de todo este esforzo feito entre todas e todos para lograr que o paso do noso alumnado por estas aulas non sexa un mero trámite. Comezamos dando a benvida outono coa recollida de cogomelos, eses froitos tan prezados e apreciados, e tamén tan perigosos se non se coñecen ben. Para non equivocarnos, contamos coa experiencia das profesoras de Bioloxía que, ataviadas para a ocasión e cos seus cestiños no brazo, acompañaron ó alumnado de 2º a unha excursión polo próximo monte Carrasco que culminou coa exposición dos froitos recolleitos. Tamén aínda no outono celebramos o Magosto e o Samaín, esa festa autóctona que nos queren converter en Halloween. Un ano máis, a ANPA encargouse de que non nos faltaran as castañas acompañadas do chocolate e o alumnado esmerouse no tuneado das cabazas. Debedes saber que a vida das cabazas tuneadas é moi breve e, en poucos días, a peste a podre que invade o instituto fai que teñamos que desfacernos delas o antes posible. Pero non só traballamos dentro do centro. O Día Internacional contra a Violencia de Xénero conmemorámolo participando, xunto con outros centros educativos, nun acto reivindicativo organizado pola Consellería de Servizos Sociais, Sanidade e Muller e realizado na Casa do Concello. Do mesmo xeito, en decembro, os alumnos e alumnas de 2º de ESO foron coñecer algunhas das xoias arquitectónicas que o románico deixou espalladas polo Morrazo visitar diferentes igrexas románicas da península. Para desexarnos un Feliz Nadal e Ano Novo o alumnado de 4º compuxo unha preciosa panxoliña plurilingüe coa que vos podedes deleitar se entrades na páxina do noso instituto. Tamén este ano conmemoramos o Día da Paz. Centrándonos na crise dos refuxiados de Oriente Medio, o Departamento de Plástica, xunto co EDLG e a Biblioteca, montou unha
EDLG
IES MONTE CARRASCO
exposición con viñetas de El Roto, que facían alusión a esta situación crítica que están vivindo as persoas que foxen, entre outras, da guerra en Siria. Tamén se realizaron pancartas e paneis e participamos nun acto reivindicativo no centro. E co Entroido, chegou ó centro a ciencia ficción. E chegou para quedar, porque mantívose entre nós para inspirar a Miguel o tema da súa nova película, da que vos falaremos máis polo miúdo noutro momento, aínda que cando A Gaivota chegue ás vosas mans, xa todos a teredes visto. Pero seguindo co Entroido, polo noso patio e polos nosos corredores desfilaron seres doutros planetas, superheroes, astronautas, personaxes de debuxos animados... En fin, todo o que se vos poida ocorrer posto que, aínda que sempre haxa un tema proposto, a imaxinación é incontrolable e cada quen adopta nestas datas o papel que máis lle acae. Un dos grandes días para unhas cantas alumnas e alumnos do Carrasco foi a celebración do Día de Rosalía. Invitados polo IES María Soliño, acudimos a un acto na casa do Concello, no que participaron recitando poemas da nosa autora máis coñecida, no mesmo escenario e no mesmo acto no que o fixeron personalidades como Xosé Vázquez Pintor, Henrique Harquindey, Camilo Camaño ou Carme Durán, entre outras, ademais de alumnado de outros centro como o María Soliño, San Roque, As Barxas... A música, na que tamén estivemos representados, foi outro dos pratos fortes da conmemoración. E aproveitando a celebración do Día do Libro, rendémoslle homenaxe a Cervantes no cuarto centenario do seu pasamento. Para facelo, o alumnado de Plástica emulou ó insigne escritor collendo a pluma e reproducindo citas da súa obra máis coñecida nunha caligrafía máis próxima á do século XVII cá das mensaxes de guasap, moito máis practicada por eles. E xa chegado -máis ou menos- o bo tempo, lanzámonos cara ó Balcón do Rei para festexar o Día das Letras Galegas cunha xornada que pasará á historia das celebracións do Monte Carrasco. Unha xornada de poesía, música, teatro, na que honramos como merecía a Manuel María. Moito que ver no éxito tívoo o noso actor favorito, Celso, que conseguiu con pouco tempo e menos medios, ou ó revés, sacar adiante as Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela. Claro que para facelo contou cun privilexiado elenco de actores e actrices que puxeron todo o seu empeño en que a representación fose un éxito. Pero se este é un percorrido polas celebracións marcadas polo calendario, non son menos importantes outras actividades extraescolares e complementarias realizadas ó longo de todo o curso: o percorrido polas rúas de Guimarães, con subida en teleférico incluída, o traballo nunha horta ecolóxica e o cultivo de hortalizas e legumes na nosa, a asistencia ó teatro en distintas 63
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
linguas, o voo preto das nubes nas tirolinas de Marín, as actuacións estelares na película "Encontros na terceira clase. Un musical doutra galaxia", a participación en talleres de moi variados contidos, encontros con persoas con características diferentes ás nosas que nos permiten ver na diversidade unha porta aberta á empatía, ó respecto, á comprensión e á convivencia... Actividades variadas, moitas veces divertidas, case sempre proveitosas, que axudan a facer do instituto algo máis que un lugar de clases monótonas e aburridas, que axudan a completarnos como persoas. E tamén recibimos premios: o Proxecto Interdisciplinar de Centro do curso pasado, "De como chegou Cangas a ser unha vila olímpica " gañou un dos premios do II Concurso de Traballos por Proxectos convocado pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. O premio recaeu no alumnado que cursou 1º o curso pasado, para o cal contaron coa dirección, axuda e coordinación dos seus titores, Xaquín e Pedro, e da orientadora, Begoña Otero. Parabéns a todas e todos eles. Tamén no apartado de premios recibidos, temos que dar os máis efusivos parabéns á nosa ex- alumna Fátima Boukarkour, gañadora dun dos dous premios concedidos pola Consellería ó esforzo e a superación persoal. Sabemos que é un premio absolutamente merecido, tanto a nivel académico como persoal. Noraboa!! Seguro que faltan algunhas, porque a memoria é fráxil é difícil lembralas todas. Pero só con estas temos unha boa proba de que a andaina segue a bo ritmo. No reconto do camiño deste curso, non podemos esquecer a marcha do docente máis veterano do centro: Xulio vaise, xubílase despois de varias décadas dedicado a esta profesión que desempeñou con entusiasmo, con ilusión e esmero. Do seu bo facer nas aulas fala o cariño co que o recordan as súas alumnas e alumnos -unha vez superado o trauma das faltas de ortografía e dos traballos de lectura-, fala a súa profesionalidade, fala a súa dedicación. E é que cando a vocación se fai persoa, chámase Xulio. Moitas grazas!! Moita sorte!! A GAIVOTA
EDLG
IES MONTE CARRASCO
CRÉDITOS
A elaboración do número 60 da nosa revista foi posible grazas á colaboración dunha parte importante do noso alumnado e tamén do profesorado, pais, nais e persoal vencellado ó noso centro. Participaron nesta edición, por orde alfabética:
HAMZA ABIDOUR SEILA ACUÑA ROCÍO ALONSO PILAR ALONSO SILVERIA ÁLVAREZ CARLOS ARDÁ CLAUDIA AVILÉS PEDRO BASTÓN DANIEL CALVAR CARLOS CAMAÑO MARTA CAMAÑO MIGUEL CAMESELLE LAURA CARRERA ALFREDO COSTAS NURIA COSTAS CLARA COSTAS LORENA DUDULETZ CYNTHIA FERNÁNDEZ CRISTINA FERNÁNDEZ MARIANA GAGO MIRIAM GARCÉS MANUEL GARCÍA ALBA GONZÁLEZ DANIEL GONZÁLEZ MICHAEL GREEN
ANDRÉ IGLESIAS ROMINA IGLESIAS LUZ JARES ALEJANDRO MARIÑO ADRIÁN NOGUEIRA ÉVORA PARCERO XAQUÍN PASTORIZA DANIEL PAZ LORENA PIÑEIRO SARA PIÑEIRO INSAFE QAQA ANDREA REGUEIRO DANIEL RÍOS YOLANDA RODAS IRIA RODRÍGUEZ ANA DE SÁ CONCHI SANTIAGO BORJA SANTOS PAULA SANTOS ANA SOLIÑO NICOLÁS TENORIO MANUEL VEIGA JOSÉ RAMÓN VIDAL TERESA VILLAMOR
Ademais damos as grazas a todas as persoas que, dun xeito ou doutro, nos axudaron a que isto saíra adiante. Que pasedes un feliz verán. Vémonos en setembro!
65
A G A I VO T A
201 5 - 201 6
ÍN D I C E D E C O N T I D O S
Un curso en fotos Editorial Desde a cheminea Faladoiro Maior Fahrenheit 451 De Lesbos a Bruxelas Unha hora con Mario Bermejo Vai de música Colleitando cogomelos Día Internacional da Paz Haikus Novo mundo Mar de Fondo Un amor de verán A tauromaquia: unha solución económica Atrévete a pensar Visita a Guimarães O día que Rosalía iluminou o Concello Entrevista a Miguel Ángel (Mighello) Investigación e Tratamento da Información Estudo dos hábitos saudables do noso alumnado Ecocarrasco Cosmética ecolóxica Historia do Celta ADICAM High School in the USA Despedíndonos Recuncho literario Eu son Balbino A blogosfera do Carrasco Carteleira on line Encontros na terceira clase Letras galegas 2016 Recontando o camiño Créditos Índice de contidos Orlas
2 3 4 5 6 7 9 11 12 13 15 16 18 19 22 23 25 27 29 32 35 39 41 42 44 45 46 47 55 56 58 59 60 62 65 66 67
MONTE CARRAS CO - PROMOCIร N 201 6 4ยบ E SO A
4ยบ E SO B
4ยบ E SO C
"Isto que vexo non é máis que a codia, o máis importante é invisible. . . "