Curso 2010-2011
Aquí estamos outro ano máis as nenas e nenos que forman parte das escolas do CRA. Como vades a comprobar neste curso escolar todos mostran o seu mellor sorriso.
Escola de A Choeira: Aula de tres anos
Aula de catro e cinco anos
Escola de Vinseira:
Escola de Ledoño:
Escola de O Curro:
2
Índice 1.- Primeiro Trimestre 1.1. O Outono 1.2. O Samaín 1.3. O Magosto 1.4. Xornada de Portas Abertas 1.5. Nadal 1.6. Saídas 2.- Segundo Trimestre 2.1. Casa das Ciencias 2.2. Día da Paz 2.3. Entroido 2.4. A Primavera 2.5. Día da Árbore 3.- Terceiro Trimestre 3.1. Romaría das Letras Galegas 3.2. Saída 3.4. Casa do Queixo 3.5. Despedidas
3
Como todos os anos seguimos a traballar en torno a un eixe ou tema central co que están relacionadas todas as actividades realizadas durante o curso escolar. Este ano a protagonista foi a Ría do Burgo e o cisne que naceu na
Ría e sobre o que fixemos un conto. Este entorno tan especial o
visitamos en alguhas ocasións que xa vos contaremos. Mirade qué bonita é a Ría do Burgo!
O OUTONO Coa chegada do Outono fixemos diversas actividades na aula e realizamos un percorrido polo entorno máis próximo á escola. Recollimos follas, castañas, ourizos,etc. Tamén escoitamos un conto feito no CRA titulado “As
4
árbores no outono” ambientado na Ría do Burgo e contado polo cisne que naceu este ano na Ría.
Cántas follas polo chan na Ría do Burgo! É que chegou o outono . Qué bonita está a Ría!.
Na festa do Samaín fixemos baleirado e tallado de cabazas, caretas con forma de cabaza e ademais pasámolo moi ben terminar a merendola. Como vedes disfrazámonos Tamén tivemos sesión de contacontos con Begoña.
5
bailando ao
para dar moito medo.
Este ano fixemos a festa do Magosto, como non ía ser doutra maneira, na Ría do Burgo. Nada máis chegar Pili, a mestra de Vinseira, propúxonos un xogo: atopar as árbores que levábamos debuxadas nas pulseiras e ademais buscar obxetos raros no entorno. Despois estivemos bailando e cantando, as familias acompañáronnos e os avós asaron as castañas .Pasámolo pipa!
6
Como podedes observar elaboramos unhas cestiñas co cisne, unhas pulseiras cunha árbore distinta en cada escola, zonchos... e ademais decoramos as aulas con elementos propios do outono. Cánto traballamos!
O 29 de novembro do presente curso tivemos unha xornada de portas abertas para que toda a comunidade educativa visitara a exposición sobre o premio CREARTE que recibimos por parte do Ministerio de Cultura sobre o proxecto titulado “A Torre de Celas” .
No BOE do 12 de novembro de 2010 aparece publicado o premio otorgado ao CRA de Culleredo. Esta xornada, que tivo lugar na sede do CRA,
7
compartímola coas familias, antigos alumnos e alumnas, representante do Concello, así como todo o claustro de profesores.
Como en anos anteriores estivemos invitados polo Concello a un concerto de música coral no Conservatorio de Música de Culleredo. Divertímonos moito escoitando e cantando panxoliñas.
O día
do Festival do Nadal veu o Carteiro Real a recoller as
cartas para entregarllas aos Reis Magos. Estabamos ilusionados porque sabíamos que nos traerían todo o que lle pedimos.
Neste festival tivemos unha actuación moi especial do pai de Xairo cunha panxoliña en portugués e acompañando as mestras que tamén se animaron . As nenas e nenos de todas as escolas non ían ser menos e tamén participaron cantando panxoliñas. E despois de todo isto veu a merenda con productos típicos do nadal. Cómo nos puxemos !
8
Neste primeiro trimestre asistimos a dous espectáculos de teatro. O primeiro deles,
que foi no Edificio de Servicios Múltiples de Culleredo,
estivo representado por marionetas de fío onde o protagonista era un can e titulábase “A historia de um cao”. O segundo era un teatro de monicreques, xestual e visual sen palabras, co nome de “DIA
PARA
INCUBAR”, no
FORUM de A Coruña. Disfrutamos moito con estes espectáculos!
9
Neste trimestre
visitamos a Casa das Ciencias
na Coruña onde
disfrutamos de moitos experimentos.
No Planetario aprendimos sobre os planetas e sobre unha estrela Fugaz que era a protagonista da proxección “ O mundo de Fugaz”. Tamén pasamos un anaco de tempo observando os pitiños que nacen na incubadora e aos ovos tampoco
quitábamoslles
ollo por si se abría algún.
Qué mundo máis
fascinante!
DÍA DA PAZ Este día celebrámolo en cada escola cunha canción, poesías, pombiñas e unhas bolboretas da paz. Os lemas que anunciamos eran: a paz comeza cun
10
sorriso e as mans son para acariciar e non para pegar. Intentamos que estos lemas se leven a cabo durante todo o ano.
Esta é unha das festas que máis nos divirte xa que disfrazámonos cada ano de algo diferente. Este ano levábamos un disfraz sobre a Ría do Burgo e a visera do cisne. No Edificio de Servicios Múltiples do Burgo xogamos á canasta, á pesca, á puntería, ao río perigoso e a cada peixe no seu sitio.
11
Ao terminar os xogos bailamos todos xuntos .
E chegou a hora da merenda con doces típicos desta data
que
trouxeron as familias . Qué ricos que estaban!
A PRIMAVERA Coa chegada da primavera plantamos nos xardíns das escolas diferentes plantas: bulbos de gladiolos, sementes de alegrías, etc. Tamén quixemos ter a primavera dentro da aula e plantamos as plantas en macetas e
así observamos día a día como van medrando. Tivemos que cuidalas
regándoas para que naceran unhas flores fermosas.
12
Para decorar as aulas realizamos distintas actividades como debuxos relativos á estación, paxariños con cartulina, flores de papel, etc…
Este día pasámolo no Xardín Botánico do Burgo. Primeiro cada aula plantou
unha
árbore e
ao rematar interpretamos a canción do Día da
Árbore.
A continuación realizamos un mural onde cada aula tiña que encher a copa da árbore que lle correspondía con follas que colorearon, cortaron e pegaron. Esto sabíamolo porque o cisne mandounos unha carta co que tiñamos que facer. As árbores eran: eucalipto, plataneiro, pradairo, álamo e castiñeiro de indias. Ao final, ao xuntar todos os murales apareceu…un super mural!!
13
E para rematar a xornada
e repoñer forzas non podía faltar a
merendola.Tíñamola moi merecida!
No último trimestre celebramos o Día das Letras Galegas na TORRE DE CELAS . A festa comezou coa realización de xogos tradicionais: o trompo, a mariola, a pesca, a canasta e pomba branca e pomba negra.
14
A continuación tivemos o festival no que cada escola fixo un recitado ou interpretou unha canción. Para pechar o festival todos cantamos “A saia da Carolina” acompañados dun invitado que xa estivera en Nadal connosco, Gonzalo, o pai de Xairo. Tamén interpretou esta canción en portugués e outras máis.
Uns gaiteiros amenizaron a romaría na que tanto familias como alumnos e profesores disfrutamos moito. Ao ter bo tempo este ano, o xantar ao aire libre sentounos moi ben. Cánta fame tíñamos!.
15
Nas escolas fixemos traballos relacionados coa vida e obra de LOIS PEREIRO, ao que está adicado este ano o Día das Letras Galegas.
SAÍDA A saída ao concerto didáctico “EL SUPERBARBERO DE SEVILLA” no Palacio de Ópera de A Coruña foi todo unha experiencia. Este espectáculo de G. Rossini adaptado ao público infantil resultou toda unha novedade para o alumnado do CRA. Alí escoitamos e vimos a historia de Fígaro, un super barbeiro que vive en Sevilla, e do Conde de Almaviva que pretendía a Rosina. Cántas aventuras tivo que pasar o Conde para poder casarse con Rosina!
16
A derradeira saída foi unha excursión fin de curso á CASA DO QUEIXO en Grixalba (Sobrado dos Monxes). Nesta granxa escola tiveron diversos talleres nos que coñeceron os procesos da lá, a transformación do leite en queixo e visitaron o zoo de animais domésticos. A xornada foi tan intensa que de regreso no autobús máis dun durmiu a sesta.
17
DESPEDIDAS No seguinte curso escolar deixamos de contar con tres mestras que nos abandonan. Unha delas é BEGOÑA que estivo axudando a Celia na escola do Curro e tamén adicouse á biblioteca do CRA. Márchase para unha escola máis preto da súa casa en A Coruña. Non esqueceremos os seus contacontos e o seu sorriso permanente.
Outra mestra que nos deixa é Pili, a titora da escola de Vinseira , para marchar a outra escola e comezar con nenos de E. Primaria. Foi a nosa coordinadora de Ciclo. Botaremos de menos os videos e contos que nos preparaba cunha dicción perfecta.
18
Paca a que fora titora da escola de Sésamo, xubílase e vai descansar. Tenno merecido porque durante moitos anos traballou con nenos e agora tócalle coidarse ela e dos seus. Seguro que algo de tempo quedaralle para a xardinería, a súa aficción favorita. Esperamos vela polo CRA para axudarnos a coidar das nosas plantas.
Desexamos velas tres de visita polas escolas e que non nos esquezan. Ata sempre!
19
20