AS NOVAS DE PEPA maio 12

Page 1

C.R.A. CULLEREDO CURSO 2011-2012


ÍNDICE * LIMIAR * A AVIONETA PEPA * O SAMAÍN NO CRA DE CULLEREDO * FESTA DO MAGOSTO NA TORRE DE CELAS * EN DECEMBRO O NADAL * AS POSTAIS NAVIDEÑAS * AS ESTACIÓNS DO ANO EN SÉSAMO * GÚSTANNOS MOITO AS REPRESETACIÓNS TEATRAIS * VISITAMOS A CASA DOS PEIXES * OS ELEFANTES DE VINSEIRA * JOAN MIRÓ * UN ENTROIDO CHEO DE PINTORES * O RECETARIO DE VINSEIRA * PIZZA Á VINSERIANA * O CONTICRA * DEBUXOS COAS CORES DE JOAN MIRÓ EN FOLLAS DIN A4 * 21 DE MARZO DÍA DA ÁRBORE * DÍA DA TERRA * PLANTAMOS TULIPÁNS!! * A WEB DO CRA DE CULLEREDO. * CIENTÍFICOS NAS ESCOLAS * VALENTÍN PAZ ANDRADE * A PROFE CELIA


S A V A O N EP S A EP D

LIMIAR Outro ano máis celebramos o Día das Letras Galegas o 17 de Maio, adicado nesta ocasión a Valentín Paz Andrade. Con tal motivo queremos este curso editar a nosa revista escolar “As Novas de Pepa” por estas datas, xa na súa 7ª edición. Unha revista que amosa unha escolma de traballos realizados polo alumnado do C.R.A de Culleredo. Agradecer as aportacións dos nenos e nenas, mostra dun gran esforzo, creatividade, ilusión e traballo e a colaboración de todo o profesorado e demais membros da Comunidade Educativa, para a elaboración da revista. Para finalizar, facer saber que o obxectivo principal de “As Novas de Pepa” é achegar e promover a lingua galega, poñéndoa en contacto con todos os membros da Comunidade Educativa, coa vida das escolas e en especial coa vida de todo o noso alumnado, xa que nas vosas mans está o futuro da nosa lingua. Sen máis, un saúdo e … Esperamos que vos guste moito!!!


S A V A O N EP S A EP D

A AVIONETA PEPA

Ola nenos e nenas!! Son Pepa, non sei se vos lembrades de min, algún seguro que si. Imos recordar: Son unha avioneta que vive no aeroporto de Alvedro. Vou dar moitos paseos polo aire, e nun destes descubrín algo maravilloso: As escolas do CRA de Culleredo!!! Un día fixeime que había uns lugares preto do aeroporto onde sempre vía nenos e nenas: en Almeiras, no Curro, en Sésamo, Vinseira e Ledoño, e soupen que eran unhas escoliñas onde os máis pequenos ían aprender cousas e a estar contentos e felices cos seus compañeiros. Coñecín a Celia, mestra do Curro, a Paca de Sésamo, a Silvia e a Ana de Almeiras, a Marisol de Vinseira e a Pili de Ledoño. Logo Marisol e Ana marcharon, veu outra Pili, e o curso pasado despediuse Paca , que festa de despedida lle fixeron!!; e tamén veu Conchi que agora está en Almeiras e outra Pilar


S A V A O N EP S A EP D

en Vinseira. Coñecín a Manuel, Loli, Mabel, Mari Carmen, Rosa, Iván, Bea … que sempre van coas novas de unha escola para outra e ensínanvos educación física, inglés, música, a falar ben, relixión … un feixe de cousas!!!! Púxenme moi triste este curso porque a escola que estaba máis pretiño de min (ás veces aínda oía cantar os nenos e as nenas dende aquí) pechou e desapareceu, e todo porque queren facer máis grande o lugar onde eu vivo: o aeroporto. Pero como se xubilou a profe Paca, todos os nenos e nenas do Curro e outros máis, fóstedes para Sésamo coa profe Celia, e véxovos tan ledos nesa escola que tamén facédesme sentir a min máis feliz. Bueno nenos e nenas, teño que seguir buscando novas para contarvos, así que déixovos preparando o Día das Letras Galegas e outras cousas tan bonitas que facedes. Biquiños …

PEPA

PD: Por certo, vexo as escolas moi lucidiñas con todos eses cadros de Miró que lle pintastes … je, je, je, je ...


S A V A O N EP S A EP D

O SAMAÍN NO CRA DE CULLEREDO

Na festa de Samaín, o día 28 de Outubro, disfrazámonos de pantasmas, bruxas … e vaciamos cabazas para darlles formas moi divertidas. UUUUuuuuu!!


S A V A O N EP S A EP D

FESTA DO MAGOSTO NA TORRE DE CELAS O 15 de Novembro celebramos a festa do Magosto na Torre de Celas. Cando chegamos, xogamos coas castañas e carozos no pendello cuberto.

Despois de xogar, comimos as castañas que asaron avós e papás e rematamos facendo unha gran festa coas follas do outono.


S A V A O N EP S A EP D

EN DECEMBRO O NADAL O 20 de Decembro veu visitarnos á Choeira o carteiro real. As nosas profes mandárannos facer a carta para os Reis e nós achegámonos ao carteiro para entregarlla.

Despois actuamos e cantamos unha panxoliña todos xuntos acompañados por cunchas de vieiras.


S A V A O N EP S A EP D AS POSTAIS NAVIDEÑAS


S A V A O N EP S A EP D

AS ESTACIÓNS DO ANO EN SÉSAMO

Alex e Naiara debuxaron o inverno.

Abebech, Alba, Gaël, Ikeriño, Noa e Xoel Insua debuxaron a primavera.


S A V A O N EP S A EP D Ainoa, Iker e Xoel Catoira debuxaron o verテ。n.

Duarte e Aroa debuxaron o outono.

CONTO: OS TRES PORQUIテ前S


S A V A O N EP S A EP D

GÚSTANNOS MOITOS AS REPRESENTACIÓNS TEATRAIS

O 6 de Outubro leváronnos ao Edificio de Servicios Múltiples de Culleredo a ver a obra de teatro titulada “CONTOS DE AMOR”.

Debuxos de Ledoño

O 3 de Novembro viaxamos ata A Coruña, e no FORUM Metropolitano vimos a obra teatral “EL ÚLTIMO PUERTO”.


S A V A O N EP S A EP D

Despois cando chegamos a nosa clase debuxamos o que máis nos gustou da representación e saíron traballos moi chulos.

Traballos de Ledoño e dos maiores de Choeira.


S A V A O N EP S A EP D VISITAMOS A CASA DOS PEIXES Á volta das vacacións de Nadal, alá polo mes de xaneiro, fomos visitar a CASA DOS PEIXES de A Coruña. Encantounos coñecer a NEMO e a súa noiva. Tamén gustounos moito ver as focas e poder tocar as estriliñas de mar e os ourizos.


S A V A O N EP S A EP D os elefantes de vinseira

Ao principio de curso comezamos un proxecto de elefantes porque nos gustaban moito… Coñecimos varios elefantes famosos:

ELMER NARI DUMBO Na escola investigamos cales eran as partes do seu corpo, para que lles servía a trompa, como nacían, que cousas comían, onde vivían…

Aprendimos moitas cousas e pasámolo moi ben!


S A V A O N EP S A EP D

JOAN

MIRÓ

Este curso coñecimos un pintor moi importante, ao catalán JOAN MIRÓ. As profes contáronnos como foi a súa vida e ensináronnos os seus cadros. Despois, algunha das súas obras pintámolas nas paredes das nosas escolas. Mirade que ben quedaron!!!


S A V A O N EP S A EP D

Estes son os traballos que fixemos nas paredes das nosas escolas.

E tamén traballamos nas aulas. Ata fixemos un libro de Miró!!!

Traballos de Ledoño e de Sésamo


S A V A O N EP S A EP D

UN ENTROIDO CHEO DE PINTORES Para a festa do Entroido elaboramos disfraces de pintores e as nosas profes foron de cadros. Claro, n贸s eramos os que pintabamos eses cadros, como os que pintou Joan Mir贸.


S A V A O N EP S A EP D Nesta festa pasåmolo moi ben. Xogamos, logo degustamos os postres típicos destas datas (orellas, filloas, rosquillas‌) e deixamos para o final o gran baile.


S A V A O N EP S A EP D O RECETARIO DE VINSEIRA O ABETO DOCE DO NADAL Comezamos cortando os sobaos á metade. Untamos crema de cacao

Adornamos con boliñas de cores de chocolate

Ao final montamos entre todos a nosa árbore doce de Nadal! Todo isto acompañado dun zume de laranxa natural. QUE RICO!!


S A V A O N EP S A E P PIZZA Á VINSEIRANA D 1º) Estiramos moi ben a masa da pizza

2º) Untamos con salsa de tomate 3º) Poñemos unhas tiras de queixo 4º) Engadimos os ingredientes ao gusto:

ASÍ NOS QUEDARON:

E de postre… BROCHETAS DE FROITA!


S A V A O N EP S A EP D

O CONTI CRA Este curso a profe Bea e a profe Mabel deseñaron un proxecto anual para o noso cole. Consiste en levar ás diferentes escolas un conto mensual que elas narran dun xeito diferente. Ás veces veñen disfrazadas, outras traen pictogramas, outras marionetas…. O primeiro conto foi “A BRUXA REGAÑADENTES”. Que susto levamos cando apareceu a bruxa na nosa escola!!!


S A V A O N EP S A EP D

No Nadal contaron un conto coa maqueta dunha casa e unhas rás moi divertidas. O conto titulábase “LEOPOLDO E CASILDA”.

Outro conto, que nos impresinou moito, foi “¿NADA?”. Con el trouxeron unha caixa onde non había nada, bueno si, unhas pequenas sementes para comezar o traballo do DÍA DA PAZ.


S A V A O N EP S A EP D

No Entroido o Sol tamén quería disfrazarse, e entón Bea e Mabel trouxeron un conto que se titulaba “LOS DISFRACES DEL SOL”. Contáronnos o conto con axuda de pictogramas.

Co motivo do Día da Árbore e do Día da Terra contáronnos “A ÁRBORE DAS FOLLAS DIN A4”. Esta vez trouxeron marionetas moi bonitas e deixáronnos un encargo, que nesas follas DIN A4 fixeramos debuxos utilizando as memas cores que usaba, ese pintor que coñecimos este curso, JOAN MIRÓ.


S A V A O N EP S A EP D DEBUXOS COAS CORES DE JOAN MIRÓ EN FOLLAS DIN A4

Debuxos dos maiores de Choeira.


S A V A O N EP S A EP D DEBUXOS COAS CORES DE JOAN MIRÓ EN FOLLAS DIN A4

Debuxos dos pequenos de Choeira.


S A V A O N EP S A EP D DEBUXOS COAS CORES DE JOAN MIRÓ EN FOLLAS DIN A4

Debuxos de Ledoño


S A V A O N EP S A EP D 21 DE MARZO DÍA DA ÁRBORE Este curso o Día da Árbore leváronnos a Villa Melania, unha casa azul moi bonita que hai en Vilaboa. Alí moi pretiño dos hortos municipais prantamos dous castiñeiros cada escola e puxémolles nome a cada un.


S A V A O N EP S A EP D

Na biblioteca que hai en Villa Melania contáronnos un conto dunha árbore, claro.

Cando chegamos ás nosas escolas fixemos moitos debuxos. Mirade que bonitos!!!

Debuxos de Ledoño


S A V A O N EP S A EP D

DÍA DA TERRA O pasado 26 de Abril visitamos o Muíño de Acea da Ma. Este muíño é especial pois funcionaba cando subía e baixaba a marea. Carlos Pereiro, un historiador contounos un pouquiño da súa historia.

Despois limpamos a beira do Río Trabe, no Paseo de Enrique Tierno Galván, pois debemos coidar a terra comezando pola que está máis preto de nós. Alí podiemos ver os patos como pasean e nadan polo ría.


S A V A O N EP S A EP D

Merendamos na beira do río.

E tamén debuxamos ao voltar ás escolas. Mirade que ben o fixo Hugo de 3 anos.


S A V A O N EP S A EP D PLANTAMOS TULIPÁNS! No mes de outubro, cando todavía quentaba o sol, decidimos plantar tulipáns, asi que nos puxemos mans a obra:

Gracias aos coidados que lle proporcionamos aos nosos tulipáns foron crecendo pouco a pouco:

Tamén pintamos os nosos propios tulipáns!


S A V A O N EP S A EP D

A WEB DO CRA DE CULLEREDO

Este curso comezamos coa construcción da páxina web do noso cole. Nela podemos ver os traballos que facemos nas aulas e nas clases de inglés, música, educación física, relixión e audición e linguaxe. Tamén actividades conxuntas e anuais. Para poder visitala só tedes que por a dirección www.edu.xunta.es/centros/craculleredo aínda que recomendamos que utilicedes como navegador Google Chrome ou Mozilla Firefox que se pode descargar gratuitamente. Esperamos que vos guste.


S A V A O N EP S A EP D CIENTÍFICOS NAS ESCOLAS Hai uns días apereceu na escola unha caixa misteriosa. É a caixa dos experimetos.

Fixemos de investigadores e descubrimos moitas cousas. Por exemplo, sabiades que na auga salgada o ovo flota?


S A V A O N EP S A EP D

Noutro experimento, primeiro pensamos a ver que nos parecía o que ocurriría con varios obxectos.

Despois observamos o que sucedía con cada obxecto e comprobamos se estaba ben o que puxemos antes. Para rematar debuxamos o experimentado.

Debuxos de Ledoño


S A V O N S A VALENTÍN PAZ ANDRADE Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a o escritor galego Valentín Paz Andrade. Aprendimos que naceu en Lérez (Pontevedra) e estudou en Santiago para avogado. Alí coñeceu moitos intelectuais, entre eles a Castelao. Escribiu moitos poemas e ata nos xornais.

A nós encántanos este poema: AS VELAS, FLOR DE NAVÍO, AS GAIVOTAS, FLOR DO AR, DERRAMA PÉTALOS BRANCOS NO AZUL XARDÍN DO MAR

Fixemos traballos de Valentín.


S A V O N S A E outros traballos sobre Galicia e o DĂ­a das Letras Galegas.

Ata escribimos contos e fixemos marcapĂĄxinas.


S A V A O N EP S A EP D

A PROFE CELIA Hai algúns anos nun lugar de Culleredo chamado O Curro, había unha escola preciosa cunha encantadora mestra que ten por nome CELIA. Alí sempre foi moi querida por todos os nenos, nenas, pais, nais, avós, avoas e tamén entre o vecindario. A verdade, é que sempre foi, e sempre será, unha veciña máis do Curro. Pero, o curso pasado aconteceu algo inesperado, pola ampliación da pista do aeroporto O Curro desapareceu, e con el, a Escola da profe Celia. Qué pasou entón? Pois que a nosa querida profe trasladouse a outro lugar do concello de Culleredo, marchou para a escola de Sésamo. Aínda que, sabedes unha cousa? Os rapaces e rapazas do Curro marcharon con ela. Será aquí, en Sésamo, onde a profe Celia este curso deixará de impartir as súas interesantes clases. Pero, non pensedes que é porque está cansa, senon que, como di ela, é porque a administración manda. Nós dende este recuncho da revista queriamos decirlle que a botaremos en falta, aínda que esperamos que veña a visitarnos a miudo. Moitos biquiños profe Celia, queremos ofrecerche o seguinte poema.


S A V A O N EP S A EP D

A FALA O IDIOMA É A CHAVE COA QUE ABRIMOS O MUNDO: O SALOUCO MÁIS FEBLE, O PESAR MÁIS PROFUNDO.

O IDIOMA É A PATRIA, A ESENCIA MÁIS NOSA, A CREACIÓN COMÚN MEIRANDE E PODEROSA.

O O O A

O IDIOMA É A FORZA QUE NOS XUNGUE E SOSTÉN, ¡SE PERDEMOS A FALA NON SEREMOS NINGUÉN!

IDIOMA É A VIDA, COITELO DA DOR, MURMURIO DO VENTO, PALABRA DE AMOR.

O IDIOMA É O TEMPO, É A VOZ DOS AVÓS É ESE BREVE RONSEL QUE DEIXAREMOS NÓS.

O O A A

IDIOMA É O AMOR, LATEXO, A VERDADE, FONTE DA QUE AGROMA MÁIS FORTE IRMANDADE.

O IDIOMA É UN HERDO, PATRIMONIO DO POBO, MAXICAMENTE VELLO, ETERNAMENTE NOVO.

RENUNCIAR AO IDIOMA É SER MUDO E MORRER. ¡PRECISAMOS A LINGUA SE QUEREMOS VENCER!


C.R.A. CULLEREDO CURSO 2011-2012 www.edu.xunta.es/centros/craculleredo mail: cra.culleredo@edu.xunta.es


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.