Revista as novas de pepa 12 13

Page 1

AS NOVAS DE PEPA C.R.A. CULLEREDO Curso 2012-2013 www.edu.xunta.es/centros/craculleredo


AS NOVAS DE PEPA

ÍNDICE

LIMIAR A AVIONETA PEPA VISITA AO AEROPORTO O CONCELLO DE CULLEREDO PERSONAXES DE CULLEREDO O SAMAÍN NA CHOEIRA O MAGOSTO EN LEDOÑO A ÁRBORE DE OUTONO DA CLASE DE CONCHI TALLER DE COCIÑA EN SÉSAMO OS SENTIMENTOS EN SÉSAMO O FESTIVAL DE NADAL TRABALLOS NAVIDEÑOS POSTRES DE NADAL O 30 DE XANEIRO O DÍA DA PAZ PROXECTO MANDEO A DRAGONA RAMONA CONTICRA O ENTROIDO PIRATAS EN VINSEIRA ROSALÍA DE CASTRO MUSICAL O CONCERTO “ARCOS IRIS” DÍA DA ÁRBORE O ALCALDE POLOS NENOS DE LEDOÑO DÍA DA TERRA PÍA VISITA A CLASE DE SILVIA ROBERTO VIDAL BOLAÑO ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS O MOUCHO CHOSCO FOMOS NOTICIA

C.R.A. CULLEREDO

p. 2 p. 3 p. 4 P. 5 P. 6 P. 7 P. 8 P. 9 P.10 P.11 P.13 P.14 P.15 P.16 P.17 P.18 P.19 P.21 P.23 P.25 P.26 P.27 P.28 P.29 P.30 P.31 P.32 P.33 P.34

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

LIMIAR

A nosa revista “As Novas de Pepa” vólvese a editar outro ano máis, co motivo das Letras Galegas, adicadas nesta ocasión a Roberto Vidal Bolaño. Nesta a súa 8ª edición amosa unha escolma de traballos realizados polo alumnado do C.R.A. de Culleredo, nas distintas escolas. Grazas polas aportacións do alumnado que son mostra dun gran esforzo, ilusión e traballo por parte deles e pola colaboración de todo o profesorado e demais membros da Comunidade Educativa. Por último, recordarvos que a finalidade de “As Novas de Pepa” é achegar e promover a lingua galega, poñéndoa en contacto con todos nós, nas casas, nas escolas… , xa que nas mans do noso alumnado está o futuro da nosa lingua.

Un saúdo e… Disfrutade moito coa nosa revista!!!

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

A AVIONETA PEPA Ola a todos!! Tiña moitas ganas de falar con vós. Que tal estades?? Seguro que todos moi emocionados porque axiña chegan as vacacións. Contareivos que outro ano máis estiven observándovos desde o ceo. Estou moi emocionada, porque este curso estivéchedes a traballar moito nas vosas escolas estudando O CONCELLO DE CULLEREDO. Pero a parte que máis me gustou foi cando chegou o momento de estudar o AEROPORTO, a miña casa!!!

Xa sei que aprendíchedes as parroquias de Culleredo, que concellos son limítrofes, que hai de importante en todas as parroquias … un montón de cousas que eu vexo desde o ceo e vós coñecedes desde as vosas escolas grazas ás fotos e traballos que achegaron os vosos papás e ás investigacións que fixeron os profes. Pero eu ben sei que foron os vosos profes os que estiveron insistindo en que viñerades a verme á miña casa. E por fin conseguírono, e … o 10 de maio visitáchedes o AEROPORTO con moita curiosidade por verme e tamén por ver o que aquí hai: a torre de control, a terminal, a pista, os avións de pasaxeiros, o helicóptero, as miñas primas as outras avionetas, os bombeiros, as aves … Espero que vos gustara moito vir onda min, así agora podedes vir as veces que queirades a visitarme cos vosos papás ou cando vaiades de viaxe. Mirade que fotos máis chulas nos fixeron alí !!!

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

VISITA AO AEROPORTO

Ata pronto. Un bico. PEPA

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

O CONCELLO DE CULLEREDO Este curso como vos contou Pepa estivemos traballando sobre o Concello de Culleredo.

Por iso o primeiro que fixemos foi situarnos no mundo, Europa, España, Galicia e A Coruña, ata chegar a coñecer as 11 parroquias do noso concello.

Sinalamos Culleredo na bola do mundo, no google earth, en fichas e puzzles. Para coñecer o nome das parroquias do concello fixemos puzzles e realizamos saídas coas nosas familias para coñecelas. O traballo final consistía en contarlle aos demais compañeir@s o que vimos nas nosas visitas ás parroquias.

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

PERSONAXES DE CULLEREDO MARIA CAGIAO PINTAMOS COMO MARÍA CAGIAO SEGUINDO CO PROXECTO DE CULLEREDO COÑECEMOS A UNHA PINTORA GALEGA QUE PASOU PARTE DA SÚA VIDA NO NOSO CONCELLO, NA PARROQUIA DE RUTIS. MARÍA CAGIAO ERA COÑECIDA COMO A PINTORA DAS FLORES PORQUE PINTOU FLORES EN MOITAS DAS SÚAS OBRAS. E IMITANDO AS SÚAS OBRAS NÓS TAMÉN PINTAMOS UN CADRO CON FLORES. ESTAMOS FEITOS TODOS UNS ARTISTAS!

CANDUCHO ENRIQUE REGUEIRA PAZ, CANDUCHO, O MÚSICO POPULAR MÁIS FAMOSO DE CULLEREDO. ENSINOU AOS NENOS DA PARROQUIA DE RUTIS OS CANTARES E OS BAILES DA NOSA TERRA. CANDUCHO ERA INSEPARABLE DA SÚA GAITA E CANDO A FACÍA VIBRAR, ALEGRÁBANSE OS CORAZÓNS.

C.R.A. CULLEREDO

TOURIÑÁN

XOSÉ ANTONIO TOURIÑÁN HUMORISTA DE CASTELO. XUNTO CON MARCOS PEREIRO FORMAN PARTE DO GRUPO “AS CANTAREIRAS DE ARDEBULLO”. ADEMAIS FOI O CREADOR DA AVIONETA PEPA.

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

O SAMAÍN NA CHOEIRA UN SAMAÍN MOI FESTEIRO. No Samaín traballamos moito, primeiro trouxemos á escola cabazas e baleirámolas. Tamén pintamos … non podía ser outra que … unhas caretas de cabazas, preparamos uns postres monstruosos con galletas e chuches que estaban moi ricos e fixemos unha festa moi monstruosa todos disfrazados e metendo MEDOOO!!! Pasámolo moi ben.

RECEITAS DE SAMAÍN: O día que celebramos o Samaín fomos á escola disfrazados que daba medo. Aproveitamos a festa do Samaín para preparar una receita moi especial: unhas “arañas” moi particulares. Fixémolas con galletas OREO, leite condensanda ou crema de galleta, lacasitos e regalíz. As bandexas quedaron baleiras, non deixamos ningunha. Estaban boísimas.

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

O MAGOSTO EN LEDOÑO O 8 de Novembro celebramos a festa do Magosto na escola de Ledoño. Xogamos coas castañas, cos carozos, con peóns … na pista do patio. Pasámolo moi ben.

Despois de xogar comimos castañas asadas. Estaban riquísimas!!

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

A ÁRBORE DE OUTONO DA CLASE DE CONCHI

Coa chegada do outono fíxemos unha árbore moi especial mesturado distintas cores: o tronco e as pólas con pisadas e as follas estampando as mans. Para que a árbore non estivera triste os nen@s de 3 anos añadiron uns cogomelos.

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

TALLER DE COCIÑA EN SÉSAMO Durante este curso convertémonos nuns grandes cociñeiros.

Elaboramos as tartas para celebrar os cumples na escola. Fixemos biscoito de iogur, tarta de galletas, flan, tarta de melocotón, tarta de queixo… pero unha das receitas que máis nos gustou foron as CHOCOBOLAS! Por iso queremos compartir a receita con todos vós. INGREDIENTES

MESTURAMOS CO LEITE CONDENSADO

C.R.A. CULLEREDO

FACEMOS BOLAS COA MASA

TRITURAMOS AS GALLETAS

CUBRÍMOLAS COAS VIRUTAS DE CHOCOLATE

XA ESTÁN LISTAS!

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

OS SENTIMENTOS EN SÉSAMO NA ESCOLA ESTIVEMOS A TRABALLAR OS SENTIMENTOS E AS EMOCIÓNS. PENSAMOS NAS COUSAS QUE NOS FAN FELICES, AS QUE NOS POÑEN TRISTES, AS QUE NOS DAN VERGOÑA….. E CHEGAMOS A UNHA CONCLUSIÓN:

DESPOIS DE PENSAR CALES ERAN AS COUSAS QUE NOS FACÍAN SENTIR UNHA EMOCIÓN OU OUTRA DEBUXÁMOLAS

ALEGRÍA

MEDO

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

OS SENTIMENTOS EN SÉSAMO

TRISTEZA

ENFADO

CARIÑO

VERGOÑA C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

O FESTIVAL DE NADAL O 20 de Decembro á escola da Choeira chegou o Carteiro Real. Entregámoslle as cartas e fixemos fotos con él.

Logo actuamos nun divertido festival e rematamos comendo chocolates e polvoróns navideños.

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

TRABALLOS NAVIDEÑOS Este ano decoramos as nosas escolas para despois elaborar unha postal navideña e felicitar o Nadal a tod@s desde a web.

Ademais este ano, enviamos por correo unha postal á nosa casa. Para crear a postal fixemos unha foto e puxémola nunha cartolina decorada. Logo metímola nun sobre onde escribimos a nosa dirección, puxemos un selo e botámola no buzón. Sabedes o que pasou despois? Que apareceu no buzón da nosa casa!!

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

POSTRES DE NADAL ÁRBORES DE NADAL. No Nadal preparamos uns postres entre todos que quedaron moi bonitos e resultaron moi ricos.

A CASIÑA DA AVOA Como estivemos a cantar a panxoliña “ Na casa da miña avoa” no festival de Nadal puxémonos mans á obra e decidimos facer unha casiña e … comela. Para facelo utilizamos os seguintes ingredientes: catro galletas rectangulares, un ladrillo de gominola para a chimenea, un pasteliño pequeno, tres osiños de gominola, coco raiado, nata montada e crema de cacao como masa para unir as galletas. Ah! E por certo, fixemos uns manteis individuais que antes de plastificar coloreámolos en cartolina. Agora xa temos manteis personalizados para as nosas merendas. Quedáronnos ben chulis!

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

30 DE XANEIRO DIA DA PAZ O 30 de Xaneiro as nosas escolas enchéronse de bicos e abrazos ao ritmo da “Carrasquiña”.

AI! QUE VIDA É A NOSA DAR BEIJIÑOS DAR ABRAZOS.

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

PROXECTO MANDEO O Merlo Rieiro levounos de viaxe polo Río Mandeo e amousounos os animais, as prantas, para que sirve a súa auga … e moitas cousas máis.

Despois de ver o conto fixemos uns títeres para poder xogar nós co Merlo Rieiro e os seus amigos.

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

A DRAGONA RAMONA O 16 de novembro tivemos unha visita moi especial. Asomou pola porta A DRAGONA RAMONA.

Nós pensamos que quería comernos ou queimarnos, pero … non, non, non, non … quería contarnos un CONTO!! Así que coas orellinas ben abertas escoitamos MISTER CORVO.

Encantounos, pero … a Dragona Ramona tivo que marchar. Ooooh! Queremos que veña outra día. Esperámola o vindeiro curso.

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

O CONTICRA Continuamos co Proxecto anual do CONTICRA. Este ano contáronnos uns contos moi divertidos. O primeiro conto trouxo un pouquiño de medo ás nosas escolas pois veu o Home do Saco a contar o PAPÓN.

Despois viñeron dúas ratiñas moi guapas, aló polo mes de decembro, a contarnos o conto “UNHA FELIZ CATÁSTROFE”.

En xaneiro un cadrado quería entrar na casiña dos círculos, pero non podía, asi que… imos buscar unha solución!! O conto de “POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA” axudounos.

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

O CONTICRA En marzo chegou a Vaca Sofía buscando unha orquestra onde poder facer un bo conxunto, pero … pobre Sofía, pobre Sofía, por unha cousa ou outra ninguén a quería ... “SOFÍA, A VACA QUE AMABA A MÚSICA”.

Polo mes de abril “A PRINCESA DO CAUREL” trouxonos un conto encadeado con moito lío pero moi entretido.

Durante o mes de maio escribimos e ilustramos un conto viaxeiro entre todos, titulado “CABALEIRO E MANCHITAS”. O CONTICRA veunolo contar no mes de xuño a todos. Quedou chulísimo!!

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

O ENTROIDO Polo Entroido disfrazámonos de Aeromozas de Voo e Pilotos. Aínda que soe raro sempre guiados polas Maletas que foi do que se disfrazaron os nosos profes.

Despois de vestirnos nas nosas escolas despegamos cara o Edificio de Servizos Múltiples para xogar ao Bingo de Culleredo, Nube branca e nube negra, Saltando as parroquias, Constrúe a Torre de Celas e Apangando candeas. Pasámolo moi ben!!

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

O ENTROIDO Tamén comimos postres típicos desta festas: filloas, rosquillas, orellas… feitas polos papás, mamás, avós e avoas.

E rematamos a festa cun divertidísimo baile.

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

PIRATAS EN VINSEIRA Este ano os nenos e nenas da Escola de Vinseira convertémonos en “PIRATAS”.

E como non!!!!! Fixemos o noso sombreiro pirata. ¡¡ Mirade que guapos estamos!!

Aprendimos moitas cousas dos piratas, corsarios, filibusteros e bucaneros. Así como das súas roupas, barcos, etc….

Ademais tivemos que buscar o “ Cofre do Tesouro” que o “Pirata Pata de Aceiro” nos deixou escondido na escola. Tivemos que superar moitas probas ( o Pirata fíxonos traballar moito para atopar o tesouro).

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

PIRATAS EN VINSEIRA

No cofre atopamos moitísimas moedas de ouro (jeje) e gusanitos. ¡¡¡¡Umm, qué ricas!!!

DE PIRATAS A ESCRITORES Nós somos tan creativos que ademais de converternos en piratas tamén nos fixemos escritores e ilustradores. Creamos un conto que se titula “Buscando un desexo”. Estas son algunhas das ilustracións que fixemos.

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

ROSALIA DE CASTRO musical O 24 de Febreiro foi unha data importante este curso, era o aniversario de Rosalía de Castro e facía 150 anos da publicación do seu libro “CANTARES GALLEGOS”. Durante esa semana na clase de música cantamos un dos seus cantares. HAS DE CANTAR, QUE CHE HEI DE DAR ZONCHOS; HAS DE CANTAR, QUE CHE HEI DE DAR MOITOS.

Despois de coñecer a Rosalía e interpretar os seus cantares fixemos uns retratos dela cando era coma nós.

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

O CONCERTO ARCOS IRIS O venres 8 de marzo fomos a un concerto de música clásica no CEIP Ría do Burgo. Seducidos polas cores dos arcos dos intrumentos de corda frotada, disfrutamos dun divertido e motivador concerto. O grupo ARCOS IRIS achegounos á música clásica dunha maneira espectacular. Gracias ao inxenio dos músicos estivemos en todo momento motivados pois participamos dando palmas e incluso dirixindo a orquestra.

Felicitamos ao grupo ARCOS IRIS e esperamos contar con novas actuación en vindeiros cursos.

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

DÍA DA ÁRBORE No día da Árbore, o Concello invitounos a ver unha obra de teatro no Conservatorio de Culleredo. Titulábase “EL ARBOLITO LITO”. Foi moi divertida e contáronnos que importantes son as árbores e como hai que coidalas.

Ademais ese mesmo día visitamos a casa do CONCELLO DE CULLEREDO. Alí esperábanos o Alcalde Julio Sacristán de Diego e a Concelleira Carmen Varela. Recibíronnos no Salón de Plenos e contestáronnos a moitas das nosas preguntas.

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

O ALCALDE POLOS NENOS DE LEDOÑO

Cando chegamos á escola despois da visita ao Concello, fixemos estupendos debuxos. Debuxamos a Julio Sacristán de Diego, o noso alcalde, e a Carmen Varela, a concelleira de Cultura. Mirade que bonitos nos quedaron!

Foi unha visita moi interesante porque poidemos facer preguntas ao alcalde e tamén a Carmen. Gustounos moito o Concello, é un edificio diferente e moi bonito.

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

DÍA DA TERRA Durante as semanas do 17 ata o 24 de abril celebramos o DÍA DA TERRA con talleres de reciclaxe con material de refugallo. Fixemos un pau de choiva, unha maraca e unha frauta de pan que soaban moi ben.

Tamén nos visitou COCO un can adiestrado moi bo.

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

PÍA VISITA A CLASE DE SILVIA Na escola visitounos PIA, un azor femia que é do papá de Ismael.

Ismael pai explicounos como hai que coidala, que come, como a entrena para ir de caza … A todos encantounos . Ao principio estaba un pouco nerviosa, despois quitoulle a caperuza e poidémoslle ver eses ollos tan bonitos!!!!! Tamén puidémola acariñar, tiña unhas plumas preciosas e suaves!!

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

ROBERTO VIDAL BOLAÑO Este curso o Día das Letras Galegas adicouse ao escritor galego ROBERTO VIDAL BOLAÑO. Aprendimos que naceu en Santiago, a súa nai chamábase Carmen e o seu pai Roberto. Estudou en Santiago e tivo moitos empregos, ata traballou no cine e na televisión. Roberto escribiu moitas obras de teatro en galego e algunhas delas para nenos. A nós a obra que máis nos gusta é O TOUPORROUTOU DA LÚA E O SOL. Os nenos de Sésamo fixeron unha adapatación desta obra e a recitaron no Festival do Día das Letras Galegas.

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

ROMERÍA DAS LETRAS GALEGAS O venres 24 de Maio celebramos na Torre de Celas a Romería do Día das Letras Galegas. Primeiro xogamos e fixemos un maio que cubrimos de flores.

PARA FACER ESTE MAIO TIVEMOS QUE IR A BUSCAR O FIUNCHO E MÁIS AS FLORES A CASA DE SACRISTÁN. Despois fixemos un festival onde cada clase interpretou unha canción ou un poema. Rematamos as actuacións bailando todos xuntos unha muiñeira. Debeunos sair moi ben pois os papás, mamás, avós, avoas e o público non paraban de aplaudir.

Ao final comimos todos xuntos no campo mentres os gaiteiros tocaban para amenizar a Romaría. Foi un día estupendo!!

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

O MOUCHO CHOSCO Para a festa das Letras Galegas os nen@s da clase de Conchi preparamos unha canción “ O moucho chosco” do grupo musical Tic-Tac.

Estivemos ensaiando

durante días pero tamén coloreamos e ata puxémoslle plumas ao moucho en cartón. Por outro lado, para ambientar a canción fixemos un mural dun souto cos protagonistas da historia. Os nen@s que representan os animais levaron unhas ca retas pintadas por eles. A actuación saiunos moi ben e disfrutamos moito da festa.

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


AS NOVAS DE PEPA

FOMOS NOTICIA Durante este curso fomos noticia pois saímos nos xornais varias veces. Aquí tedes os artigos publicados.

Visita ao Concello de Culleredo Entrevista con Sacristán e Varela LA OPINIÓN 28/03/2013

DÍA DA TERRA Visita do can COCO

LA VOZ DE GALICIA 27/03/2013

A nosa mascota A AVIONETA PEPA

EL COMARCAL. LA VOZ DE GALICIA 02/05/2013

Visita ao aeroporto

LA VOZ DE GALICIA 11/05/2013

C.R.A. CULLEREDO

CURSO 2012-2013


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO C.R.A. DE CULLEREDO CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNVERSITARIA


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.