DON BENTO, O PORCO FEDORENTO
MARTIÑO TERRAFRÍA VLADIMIR ZATONSKI
DON BENTO ERA UN PORCO GORDECHO E ROSADO QUE TIÑA O RABECHO MOI ARREQUICHADO. DON BENTO ERA AFABLE, UN COCHO CONTENTO, MAIS TODOS A EITO BERRABAN NA GRANXA:
MARCHA LAVARTE, ES UN FEDORENTO!!!
UN DÍA UNHA VACA PACENDO NA HERBA SOLTOULLE UN BRUÍDO MOI FORTE NA EIRA. - MARELA, QUE PASA?- PREGUNTA O PORQUIÑO. - NON QUERO QUE CRUCES POLO MEU CAMIÑO.
QUE CHEIRAS A PODRE QUE FEDES A LIXO!!
O COCHO MOI TRISTE SEGUIU CAMIÑANDO, DEITOUSE NA TERRA VOLVENDO DO PRADO. E LOGO UN CADELO, QUE ENTERRABA UN ÓSO VENTOUNO E LISCOU A FUME DE CAROZO.
- QUE PASA COA XENTE? ESTÁN TODOS LOUCOS?
LOGO DA SONECA FOI ONDA AS GALIÑAS QUE PUÑAN OS OVOS DEBAIXO DAS VIÑAS E O GALO DA CASA, MOI RUFO E OUSADO CHANTÓUSELLE DIANTE MOI ALPORIZADO:
- OU MARCHAS DE AQUÍ OU PETÉIROCHE O RABO!!!
ERGUEUSE ANOXADO E MARCHOU DO LUGAR, E TODOS FUXÍAN AO VELO PASAR. O GATO MIABA E O BURRO ORNEABA E TODOS GRITABAN CANDO EL SE ACHEGABA:
- VAI AO CORTELLO A VER SE TE LAVAS!!!
DON BENTO, O MOI POBRE, MARCHOU Á PENDELLA COAS ORELLAS BAIXAS E O MORRO NA TERRA. - QUE PASA- CHORABA- QUE QUEREN DE MIN, POR QUE TODOS MARCHAN OU BERRAN ASÍ?
- SERÁ PORQUE CHEIRO DE MÁIS AO PURÍN?
UN VELLO CABALO DEITADO NA FROUMA FALOULLE CUN TON CARGADIÑO DE SORNA - DON BENTO, MEU REI, VOUCHE DAR UN CONSELLO SE TE LAVAS NO RÍO E TE SENTAS NOS FENTOS
HAS VER COMO OS OUTROS TE TRATAN CON XEITO.
E LOGO O PORQUIÑO MARCHOU PARA O RÍO, LAVOU OS PEZUÑOS, FREGOU O FOCIÑO. E CANDO Á TARDIÑA VOLVEU PARA A EIRA SAÍRONLLE SAUDAR ÁS CARREIRAS.
- MIRADE, É DON BENTO QUE BEN QUE NON CHEIRA!!!
E ASÍ DESCUBRIU QUE SE ANDABA BEN LIMPO PODÍA FALAR CON TODOS OS VECIÑOS. E A FESTA NA GANXA FOI TODO UN PORTENTO POIS RIRON, CANTARON E ANDUVIERON CONTENTOS.
POIS XA NON CHEIRABA O PORCO DON BENTO!