NÚMERO 21. Inverno 2012/2013

Page 1

QUINTELA DE LEIRADO

Número 21

Boletín de información e actualidade municipal

Inverno 2012/13

Correo electrónico: quinteladeleirado@inorde.com

Premio do Deporte Galego Un recoñecemento ao traballo da Mancomunidade Obras necesarias

Fomento do emprego

Ximnasia e memoria

En 2012, o Concello realizou obras de mellora en regadíos, limpeza de fosas sépticas e rexeneración da capa de rodadura en varias estradas e camiños. Tamén xestionou, a través do Plan AGADER, a construción dunha ruta polo río Deva.

Un Obradoiro de Emprego facilitará, durante seis meses, formación profesional a 24 persoas en axuda no fogar e atención a persoas maiores. Trátase doutro exemplo de colaboración entre a Xunta e a Mancomunidade Terra de Celanova.

A Mancomunidade realiza no Centro Comunitario de Xacebáns talleres de ximnasia terapéutica e de memoria, especialmente indicados para persoas maiores de 60 anos. Son iniciativas para mellorar a saúde física e mental dos participantes.


Editorial

Quintela de Leirado nº 21

A crise non impedíu que ao longo dos últimos meses se levaran a cabo ou se xestionasen obras necesarias para o progreso do noso concello. A mellora da rede viaria e os servizos sociais mereceron un esforzo especial por parte do Goberno Municipal, da Deputación e da Xunta de Galicia. Compre que unha boa xestión do novo orzamento, a pesar da dimunición dos ingresos, incida nun maior nivel de servizos, en beneficio de tódolos veciños e veciñas de Quintela de Leirado.

Votación 2011

Obras na estrada de Redemuíños Como acontece dende hai máis de dúas décadas, tamén nas eleccións ao Parlamento de Galicia, do pasado 21 de outubro, o Partido Popular foi o claro gañador en Quintela de Leirado. E, unha vez máis, acadou unha das maiores porcentaxes de voto entre os 315 concellos da nosa Comunidade Autónoma, con mís do 80%. Un resultado que servíu para reforzar o apoio parlamentario que ten o goberno que preside Alberto Núñez Feijóo.

O meu desexo é que tódolos veciños e veciñas disfruten dunhas boas festas e que o 2013 faga realidade esa esperanza de traballo, saúde e prosperidade para as persoas de Quintela de Leirado, que todos ansiamos.

Páxina 2


Quintela de Leirado

Premio do Deporte Galego para a Mancomunidade Terra de Celanova A gala dos Premios Anuais do Deporte Galego recoñeceu o traballo da Mancomunidade a prol da difusión do deporte e do proxecto “Galicia saudable”, destinado a fomentar a mellora da condición física e os costumes de vida saudables entre tódolos cidadáns.

O presidente da Xunta con tódolos galardonados

Recoñecemento

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, entregoulle o galardón a José Antonio Pérez Cortés, presidente da Mancomunidade Terra de Celanova.

A Mancomunidade Terra de Celanova sirve de exemplo da posta en marcha de programas pioneiros que teñen, como obxectivo prioritario, incidir na calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. A través do plan “Concellos Saudables”, desenvólvense charlas de carácter informativo, sobre dieta, saúde e deporte, e controis de peso no colexio e no Centro de Saúde. Outras actividades céntranse no período estival, en zonas recreativas, como as piscinas municipais de Leirado, con clases de natación e xogos cooperativos para os máis novos.

Máis usuarios O programa da avaliación física, que se desenvolve en centros de saúde, colexios e o instituto de Ensino Secundario, contou durante o pasado ano con 1.646 usuarios, nos concellos que integran a Mancomunidade: Celanova (474), A Merca (194), Cartelle (170), Gomesende (133), Quintela de Leirado (121), Ramirás (105), Pontedeva (105) e Verea (92). No IES de Celanova houbo outros 478 controis. Tamén teñen unha gran acollida, polo elevado número de participantes, as actividades que se realizan nos centros escolares, para mellorar costumes de aseo persoal e alimentación, e nas piscinas, durante o período estival, que contan con máis de 500 usuarios en toda a comarca. Q

Trala toma de posesión como presidente da Deputación, José Manuel Baltar recibíu no seu despacho ao alcalde de Quintela de Leirado, José Antonio, e ao tenente de alcalde Pablo Pérez, quenes lle desexeron sorte e lle pediron que continúe o apoio da institución provincial aos novos proxectos que xa ten en marcha o noso municipio. Para Pérez Cortés, "o relevo ao fronte da Deputación non suporá ningún cambio na boa colaboración que se mantivo ata o de agora".

Páxina 3


Quintela de Leirado

Propostas a prol de novas infraestruturas, máis servizos públicos e creación de emprego Reforma de estradas, pistas e camiños O Concello de Quintela de Leirado desenvolve diferentes iniciativas para mellorar infraestruturas e servizos públicos nas diferentes parroquias do noso municipio, atendendo as peticións dos veciños e veciñas e dando prioridade ás que se consideran máis necesarias ou urxentes en cada momento. Neste plan de obras cobran especial importancia ás referidas á mellora e conservación da ampla rede viaria municipal, con máis de 100 quilómetros de estradas, pistas e camiños de uso público.

Obras no vial de Leirado a Redemuíños En colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, dentro dos Planes Provinciais, acometeuse a reforma da capa de rodadura en varios tramos da estrada que comunica Leirado con Redemuíños, deteriorados polas raíces de árbores que levantaban o asfaltado. Unha das principai s actuacións levouse a cabo na zona de As Pereiras. O investimento total desta iniciativa municipal, con fondos aportados pola Deputación, foi duns 40.000 euros.

Estrada de Leirado a Redemuíños, na zona de As Pereiras

Mellora da rede viaria As raíces que atravesaban a estrada ían deteriorando, pouco a pouco, o asfalto do vial que comunica Leirado con Redemuíños. Para subsanar este problema, o Concello acadou o compromiso da Deputación Provincial de Ourense para levar a cabo as obras de rexeneración asfáltica. Os traballos consistiron na eliminación das raíces, no levantamento do tramo afectado e na extensión dunha nova capa de rodadura. O proxecto contribuíu a mellorar a seguridade vial nunha das vías de comunicación máis transitadas do concello de Quintela de Leirado. A Deputación de Ourense tamén colaborou no proxecto de canalización do regadío de Ataínde. Fíxose nun dos mananciais para conseguir máis agua para o servizo domiciliario e para o tanque do que se fornecen helicópteros e camións na loita contra os incendios forestais. O investimento foi de 41.000 euros e servíu, tamén, para acondicionar un camiño en Xacebáns.

Limpeza de fosas sépticas en varias parroquias Unha subvención de da Consellería da Presidencia da Xunta estáse a empregar na limpeza das fosas sépticas de Gomesende e Quintela de Leirado. Ambolos dous Concellos sufragan, cadanseu, o 10% do custe total (80.000 euros). No noso municipio quedarán saneadas varias fosas de Redemuíños, a de Fondóns (Leirado), Quintela e Xacebáns. Q

Páxina 4

Regadío de Ataínde

“Os veciños demandan mellores servizos, e a o


Quintela de Leirado

Limpeza de fosas sépticas

Quintela

A limpeza das fosas sépticas, que levan a cabo os Concellos de Gomesende e Quintela de Leirado, coa colaboración da Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia, pretende optimizar estas instalacións, cunha mellor depuración das augas residuais. Elimínanse resíduos dos filtros e se limpan os compartimentos para a depuración biolóxica, todo elo para acadar unha mellor calidade da auga e evitar posibles verquidos contamiñantes ás canles fluviais.

Novo Obradoiro de Emprego

O Programa de Infraestruturas do Medio Rural contribúe a reformar os accesos a Beade, Cimadevila, Atrio e Pereiras A Consellería de Medio Rural investirá en Quintela de Leirado, dentro dos Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas (PEIM Rural), 40.500 euros para acometer traballos de mellora de estradas e pistas na zona de Redemuíños; en concreto, nos accesos a Beade, a Cimadevila e no tramo Pereiras-Atrio. O obxectivo fundamental das obras enmarcadas nestes proxectos é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas zonas rurais.

A preocupación polo fomento do emprego levou á Mancomunidade Terra de Celanova a solicitarlle á Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia un Obradoiro formativo para 24 persoas, do que tamén formarán parte persoal directivo, administrativo e docente. Durante seis meses, os alumnos/as seleccionados recibirán clases teóricas e prácticas nas especialidades de axuda no fogar e atención xeriátrica, ademais de charlas orientativas para o seu acceso ao mercado laboral, creación de empresas ou cooperativas, etc. O proxecto presentado pola Mancomunidade contempla a realización das clases prácticas en centros de atención a persoas maiores, como o de Xacebáns, como xa aconteceu no Obradoiro de Emprego do ano 2011. Ao proceso de selección presentáronse 60 persoas. O xurado valorou os coñecementos, a situación social e familiar, a renda, etc. dos aspirantes, tendo en conta os baremos establecidos pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta. Q

O Plan AGADER aprobou unha ruta de sendeirismo dende a presa do salto ata Quintela En xuño de 2013 deberá estar rematada a ruta de sendeirismo a carón do río Deva, entre a presa e Quintela, que financia o Plan AGADER da Xunta de Galicia con 80.000 euros (nesta cantidade están incluídos tamén os parques biosaudables que se instalarán en Mociños e Redemuíños). A ruta de sendeirismo pretende aproveitar este lugar de singular fermosura paisaxística e de gran valor medioambiental como zona de paseo e lecer.

No anterior Obradoiro participaron 25 alumnos/as, en dous módulos: axuda no fogar e atención sociosanitaria.

obriga do Concello de Quintela de Leirado é dar resposta a esas inquedanzas” José Antonio Pérez Cortés, alcalde

Páxina 5


Quintela de Leirado

As contas do Concello, transparentes

Un orzamento axustado e solidario para 2013 A pesar da menor aportación da Xunta de Galicia e do Goberno de España no orzamento municipal, a Corporación de Quintela de Leirado aprobou unhas contas realistas para 2013, nas que bens correntes e servizos, e investimentos terán especial relevancia. O Concello de Quintela de Leirado disporá en 2013 dun orzamento de algo máis de 696 mil euros. Os capítulos de investimentos reais, bens correntes e servizos e de persoal volverán ser os máis relevantes, pola súa cuantía. No estado de ingresos, as maiores aportacións ás arcas municipais corresponden ás transferencias correntes, aos impostos directos e indirectos, ás taxas e ás transferencias de capital. Manter o equilibrio financeiro é un dos principais obxectivos do Goberno Municipal, para ter as contas públicas ben saneadas e cumprir co obxectivo do menor déficit posible. As contas do Concello de Quintela de Leirado están supervisadas polo Consello de Contas de Galicia, que é o ente fiscalizador das contas e da xestión económico-financeira do sector público galego. Así acontece dende o ano 1991, cando iniciou as súas actividades, ó tomaren posesión dos seus cargos os cinco conselleiros designados polo Parlamento galego.

ESTADO DE GASTOS

(Ano 2013) €

ESTADO DE INGRESOS

Gastos de persoal

225.293,07 Impostos directos

Bens correntes e servizos

198.173,48 Impostos indirectos

(Ano 2013) €

110.199,16 3.000,00

Gastos financeiros

12.881,48 Taxas e outros ingresos

175.785,21

Transferencias correntes

73.000,00 Transferencias correntes

260.506,28

Investimentos reais Transferencias de capital

173.300,00 Ingresos patrimoniais 6.000,00 Transferencias de capital

3.600,00 143.157,38

Activos financeiros

0,00 Activos financeiros

0,00

Pasivos financeiros

7.600,00 Pasivos financeiros

0,00

TOTAL GASTOS

696.248,03 TOTAL INGRESOS

696.248,03

As eleccións ao Parlamento Galego reafirman a hexemonía do PP Ao igual que nas últimas eleccións municipais e xerais, o Partido Popular reafirmou a súa hexemonía en Quintela de Leirado nos comicios autonómicos do pasado 21 de outubro. A lista do PP, que encabezaba Jesús Vázquez, superou de novo o 80 por cento dos votos, a considerable distancia das outras forzas políticas que concorriron a esta cita para renovar o Parlamento Autonómico: o PSdeG-PSOE acadou o 13,6%; a do BNG foi a terceira candidatura máis votada, co 2,7%, mentres que Alternativa Galega de Esquerdas, tivo que conformarse co 2%. Outros partidos recibiron, en conxunto, 6

Páxina 6

Resultados en Quintela de Leirado Forza política

P G-PSOE DE

anova

Votos 2012

%

358

80,08

61

13,64

12

2,68

9

2,01

votos, con 2 nulos e 1 en branco. A participación foi do 71,73%, sobre un censo de 626 electores. A representación da provincia de Ourense na Cámara autonómica corresponde, así, a: Jesús Vázquez Abad, Carmen Pardo, Miguel Santalices, Antonio Rodríguez Miranda, Cristina Romero, Antonio Mouriño, Enrique Nóvoa e Moisés Blanco, do Partido Popular; Manuel “Pachi” Vázquez, María Quintas, Raúl Fernández e Carmen Acuña, do PSdeG-PSOE; Tereixa Paz, do Bloque Nacionalista Galego; e David Fernández, da Alternativa Galega de Esquerdas. Q


Quintela de Leirado

Entrevista José Antonio Pérez Cortés, alcalde:

“A unión e a solidariedade son virtudes para afrontar con éxito os retos que temos por diante” P.- Cómo valora o primeiro ano e medio de xestión neste novo como alcalde de Quintela de Leirado? José Antonio.- Como todo o mundo sabe, a situación ao comezo do actual mandato non era nada fácil. A crise económica provocou unha merma importante dos ingresos nas arcas municipais, ao tempo que había que financiar os mesmos servizos. A partir de eiquí propuxémonos pór en marcha un programa que, condicionado pola austeridade, fose capaz de incidir no progreso de Quintela de Leirado, tanto a nivel de infraestruturas como de servizos básicos. De feito, convén destacar que, pola boa xestión, o noso foi dos poucos concellos que non tivo que facer ningún plan de axuste. P.- Qué opinión lle merecen os resultados dos comicios ao Parlamento Galego e á Xunta? José Antonio.- Tanto a nivel de Quintela de Leirado, como de Galicia, para o Partido Popular foron bós. Unha parte importante dos cidadáns castigou aos responsables da crise e respaldou a política seria e pragmática que levou á cabo Alberto Núñez Feijoo na anterior lexislatura. A mensaxe foi clara, e a xente así o entendeu: esa é a liña que hai que seguir para sair canto antes da crise actual. P.- En clave municipal e da Mancomunidade, cales foron os logros máis importantes no que leva de mandato? José Antonio.- Fixéronse obras para mellorar as infraestruturas locais, sobre todo na rede viaria, que xa son realidade e das que disfrutan tódolos veciños e veciñas do municipio. Tamén se reformaron espazos públicos, se traballou na mellora das canles de regadío, no fomento do emprego, na promoción da comarca como enclave turístico,... E, claro está, a continuidade dos programas de carácter social, que inciden no benestar dos nosos veciños e veciñas. Este era un obxectivo que perseguimos dende hai varios anos, convertido hoxe nunha realidade da que o equipo de Goberno se sinte moi orgulloso. P.- De cara aos próximos meses, ¿hai proxectos importantes? José Antonio.- O noso futuro pasa por mellorar os servizos públicos e axudar no que poidamos a crear postos de traballo. Iniciativas como as do Obradoiro de Emprego son sempre importantes, pero tamén hai que axudar aos emprendedores. E, a nivel de infraestruturas, agora mesmo xa se conta co orzamento para acometer obras importantes, como a mellora da rede viaria na zona de Rememuíños, a través do Programa de Infraestruturas do Medio Rural da Xunta, a limpeza das fosas sépticas, a instalación de parques biosaudables ou a ruta de sendeirismo dende a presa do salto ata Quintela, con cargo ao Plan AGADER da Xunta de Galicia. Q

“O Goberno municipal traballa para que tódolos pobos progresen por igual, tanto en servizos básicos como en infraestruturas, e que tódolos veciños e veciñas vexan mellorada a súa calidade de vida. Sen tempo de mirar cara atrás, debemos seguir unidos, traballando a cotío para poder disfrutar dunhas prestacións que nos sitúan á altura dos concellos máis desenvolvidos da nosa terra. Porque creemos en Quintela de Leirado, temos que apostar polo futuro deste singular e fermoso concello". Páxina 7


Viaxe a Pazolandia

Quintela de Leirado

Participantes en 2011

A comida de amigos en Castro Laboreiro é xa un clásico do verán en Quintela de Leirado. A idea de Ernesto Alonso, xurdida hai xa varios anos, convertíuse en cita obrigada para máis de trinta veciños. É un día para gozar coa comida e unha distendida tertulia, con contos e vivencias persoais.

Un ano máis, os nenos e nenas de Quintela de Leirado poderán disfrutar de Pazolandia, un verdadeiro parque de atraccións que organiza durante as vacacións do Nadal a Deputación Provincial de Ourense. O noso Concello colabora con esta iniciativa, facilitando a viaxe e o acompañamento aos participantes, de 2 a 18 anos, que poden realizar diferentes actividades en Expourense, como manualidades, parques de tráfico, camas elásticas, coches eléctricos, etc.

Homenaxe á amizade

Quintela de Leirado

Moitos veciños de Quintela de Leirado disfrutaron coa proxección da película "Vilamor", dirixida por Ignacio Vilar e protagonizada por Rubén Riós. Foi a través do programa "Cine de verán", co patrocinio da Deputación Provincial de Ourense e da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta.

Un día de cine

Magosto

Tempo de divertimento

Páxina 8

Novembro é o mes dos magostos. Un tempo no que as castañas adquiren especial protagonismo, como acontece dende hai centos de anos na nosa terra. É unha festa familiar, a carón do lume, ou compartida cos veciños e veciñas dos pobos. Noutra dimensión, as Asociacións de Mulleres Rurais organizaron os seus magostos particulares, como un motivo para a confraternidade e pasar unha tarde divertida, coa comida e o ritmo da música. Así o reflicte a fotografía da esquerda, na que Eva e Faustino comparten o baile con outros veciños e veciñas do noso municipio.


Quintela de Leirado

A Mancomunidade fomenta costumes saudables

Un concello para vivir e disfrutar todo o ano A Mancomunidade Terra de Celanova segue a servir de exemplo do programa "Galicia Saudable", que promove a Xunta. Ademais de charlas de carácter informativa, os eixos centrais desta actividade son os controis da avaliación física, tanto en colexios

como en centros de saúde, centros de día e residencias de maiores (eiquí tamén coa ximnasia terapéutica), pero, asemade, as campañas informativas que se realizan entre a comunidade escolar de toda a comarca. "Galicia Saudable" tamén colabora na organiza-

ción de eventos de promoción do deporte, como a Ruta BTT e varias andainas. Esta é a resposta da Mancomunidade para loitar contra o sedentarismo e as enfermidades asociadas ao mesmo, promovendo cambios no estilo de vida e a práctica da actividade física.

Na escola tamén se fai o pan Os alumnos e alumnas do CEIP de Gomesende e Quintela de Leirado aprenderon a facer o pan. Foi unha das actividades incluídas no programa de “Galicia Saudable", que inciden nas recomendacións sobre hábitos os alimenticios dos máis novos, o deporte, así como o aseo e a hixiene persoal.

Dun xeito divertido, os rapaces recuperaron, por un día, unha tradición que se foi perdendo nos pobos: a de amasar e cocer o pan, e, despois, comelo. As novas xeracións son especialmente sensibles ás ensinanzas para que melloren e varíen as súas comidas, dando prioridade ás froitas e verduras e ao peixe, fronte ás graxas saturadas.

Avaliación da condición física para os alumnos e alumnas do CEIP Rosalía de Castro, con controis periódicos do peso e masa muscular. Tamén se realiza con adultos no Centro de Saúde.

Páxina 9


Quintela de Leirado

Manter ás persoas activas, a través dun completo e variado programa de actividades, é un dos obxectivos do Centro Comunitario de Xacebáns. Os residentes melloran a súa condición física, coa ximnasia terapéutica, e mental, a través dos talleres de memoria. Son actividades, dentro da iniciativa de “Galicia Saudable”, que desenvolve o departamento de Promoción da Saúde da Mancomunidade Terra de Celanova.

Xacebáns

O Centro comunitario favorece a saúde física e mental dos residentes As persoas que participan nos talleres de memoria e de ximnasia terapéutica melloran a súa calidade de vida Unha media de 15 persoas participa habitualmente nas sesións de ximnasia terapéutica no Centro Comunitario de Xacebáns, que organiza a Mancomunidade Terra de Celanova, dentro do plan "Galicia Saudable". Este programa consiste nunha ximnasia especial, onde se realiza unha actividade física deseñada cun programa de exercicios que combinan técnicas de respiración, estiramento, concentración e relaxación. É unha ximnasia moi suave, que pode ser aplicada en calquera idade, respetando as posibilidades de cada persoa. Tódolos participantes coinciden en sinalar que, despois da ximnasia terapéutica, sinten unha sensación de alivio na columna vertebral e nas extremidades do corpo, e un benestar xeral. Por tratarse dunha ximnasia sin impacto, xa que a realizan de pé ou sentados, esta actividade é apta para persoas que non teñen lesións, pero que tampouco poden facer exercicios físicos tradicionais, que lles provocan sobrecargas e doenzas xeralizadas. A ximnasia terapéutica tamén se realiza nas residencias da terceira idade de Celanova, Ramirás e Cartelle, e noutros centros comunitarios de concellos integrados na Mancomunidade Terra de Celanova. Q

Páxina 10

Cada vez máis, as persoas maiores son conscientes dos beneficios que a práctica do exercicio físico, realizado de forma moderada e adaptado á súa idade, ten para a saúde. En Xacebáns, o monitor encargado desta actividade realiza exercicios para favorecer a tonificación muscular e a mobilidade, que se vai deteriorando coa vida sedentaria e os achaques propios das idades avanzadas.


Pola paisaxe, a tranquilidade, o clima, a xente, as festas, as tradicións..., Quintela de Leirado é un lugar de privilexio para disfrutar das vacacións estivais. Pero, tamén, pola piscina, convertida xa, en pouco tempo, nun dos lugares preferidos por nenos e maiores para gozar do tempo de lecer. O Concello organizou actividades acuáticas, clases de natación para nenos e adultos e talleres de manualidades.

O 25 de agosto quedou marcado como un día especial para as máis de 200 persoas que participaron na segunda edición da “macarronada”, no Miradoiro, e na posterior “Pool-party” (festa da piscina). O Concello de Quintela de Leirado implicouse para consolidar estas celebracións, que teñen gran éxito entre a xuventude do noso municipio, e que van camiño de convertirse en “clásicas” do verán. A “Pool-party” contou cunha carpa a carón da piscina, inchables na auga e un Dj, encargado de pór a música e animar aínda máis o ambiente festivo ata xa entrada a madrugada.

A “Pool-party” reúne a veciños e visitantes, sobre todo, xoves, para disfrutar dunha agradable noite de verán, con música, inchables e baño, incluídos. O bo ambiente reflíctese nestas imaxes con algúns dos participantes.

Páxina 11


Disfrutando e n b icicleta...

Ruta BTT Terra de Celanova

A Ruta BTT "Terra de Celanova", que organiza a Mancomunidade, coa colaboración do Concello de Quintela de Leirado, reuníu a 150 participantes, procedentes de toda Galicia. A proba partíu de Leirado, para seguir uns 40 quilómetros por varios pobos do noso concello e da comarca, con regreso ao punto de saída. Os afeccioados á bicicleta de montaña valoran esta Ruta BTT como unha das máis interesantes, pola dificultade media-alta e a paisaxe, de toda Galicia.

Xente viaxeira

...en forma As asociacións de mulleres do concello de Quintela de Leirado seguen a dinamizar a vida social e cultural con diferentes actividades lúdicas e festivas. Recentemente, cos magostos, e nos meses centrais do ano, con excursións para coñecer outras zonas da nosa xeografía. A viaxe máis longa foi a Asturias, con visitas a Oviedo, Gijón, Cangas de Onís, Covadonga e os Lagos Enol e

da Ercina. Eiquí está feita a foto superior da esquerda, na que aparecen Manolo de Cabanelas, Nito, Toña, Rosa, Marisa e Guillermina. As mulleres das asociacións tamén participan nas clases de ximnasia de mantemento, que contan coa colaboración do propio Concello de Quintela de Leirado, quen cede as instalacións para esta actividade.

Edita: Concello de Quintela de Leirado - Imprime: RODI Artes Gráficas S.L. - Dep. Legal: OU-2/98


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.