O GATIPEDRO DO “ROSALIA”
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015
UNHA NOITE O GATIPEDRO ACHEGOUSE ATA A CORUÑA, ALÓ POLA ZONA DOS MALLOS, AS CASAS BARATAS E A SAGRADA FAMILIA. CANDO XA TODO O MUNDO ESTABA DEITADO FOI POLO “COLEXIO ROSALÍA DE CASTRO” PERO NON HABÍA NINGUÉN POLA NOITE E DAQUELA ENTROU NUNHA CASA , A DE DE ANTÓN DUBRA PARA IR A SÚA HABITACIÓN E VERQUER AUGA POLO SEU CORNIÑO… PERO ACONTECEU QUE O SEU CAN “LUCAS” DECATOUSE DAS INTENCIÓNS DO GATIPEDRO, E POÑÉNDOSE DIANTE DA CAMA DO NENO E EMPEZOU A GRUÑIR. O GATIPEDRO DAQUELA, ASUSTADO, DECIDIU IR A OUTRA CASA. PERO OS GRUÑIDOS DE LUCAS XA ALERTARAN A “CLEO”, A CADELA DOS AVÓS DE SERGIO, A “RAYO” O CAN DE AINARA, E TAMÉN A “LEO” O CAN DOS AVÓS DE PAULA QUE ESTABAN COAS ORELLAS BEN CRECHAS, E LADRARON, MOI FEROS, CANDO O GATIÑO QUIXO ENTRAR NAS HABITACIÓNS DE PAULA, AINARA E SERGIO, IMPEDINDO DESTE XEITO QUE OS NENOS/AS AO ESCOITAR O PINGAR DA FONTIÑA , SONANDO QUE MEXAN, MEXEN DE VERDADE NAS SÚAS CAMIÑAS.
O GATIPEDRO, QUE NON ERA TONTO, PENSOU QUE, SE CADRA, ERA MELLOR IR A CASAS ONDE NON HOUBESE CANS… E FOI A CASA DE CELIA BAIZÁN. PERO A GATA DE CELIA, “PEPA” ESTABA ALERTA E PÚXOSE A MIAÑAR CANDO O GATIPEDRO QUIXO VERQUER AUGA NA HABITACIÓN DE CELIA… E O MESMO PASOU NA CASA DE PABLO, XA QUE O GATO DOS SEUS AVÓS, “MANOLO” ESTABA ALERTA E MIAÑOU CON FORZA, ASUSTANDO AO GATIPEDRO , QUE FUXIU A FUME DE CAROZO.
GATIPEDRO XA ESTABA UN POUCO DESESPERADO, PORQUE AQUELA NOITE NON CONSEGUÍA QUE NINGÚN NENO/A MEXASE NA CAMA….NON PODÍA FALLAR DESTA VEZ E ESCOLLEU CON MOITO CUIDADIÑO UNHA CASA SEN CANS NIN GATOS. -XA ESTÁ !- PENSOU GATIPEDRO -NESTA CASA VOU FACER QUE ESTA NENA SONE QUE MEXE. PERO NA CASA DE LOLA HABÍA UN PERIQUITO MOI AFOUTO “PERICO” , CO QUE NON CONTABA O GAIPEDRO. “PERICO”,CANDO SE DECATOU DA PRESENZA E DAS INTENCIÓNS DO GAIPEDRO FIXO MOITO RUIDO, BATENDO CON FORZA CO SEU PEITEIRO NON BARROTES NA GAIOLA E MOVENDO AS ASAS MUI RÁPIDO…
O GATIPEDRO PAPOU TAL SUSTO QUE, FARTO DAS MASCOTAS DESTES BARRIOS, FUXIU CO RABO ENTRE AS PATAS E NON VOLTOU NUNCA. DISQUE AGORA O GATIPEDRO ANDA POLO ESCORIAL….
GATIPEDRO
GATIPEDRO É UN GATO BRANCO QUE TEN NA CACHOLA UN CORNO MOURO; O GATIPEDRO VEN POLAS NOITES ÁS CASAS, E PÁRASE NAS HABITACIÓNS DONDE HAI NENOS DURMINDO.ENTÓN O GATIPEDRO PONSE A VERQUER AUGA POLO SEU CORNIÑO, E O NENO, EN SONOS, ESCOITANDO O PINGAR DA FONTIÑA AQUELA,SONA QUE MEXA, E DE VERDADE MEXA NA CAMA, PARA ESPANTAR O GAITIPEDRO ABONDACON BOTAR UNHAS AREAS DE SAL Á PORTA CO CUARTO E O PÉ DA FIESTRA. O GATIPEDRO ANDA APOIÁNDOSE, ADEMAIS DE NAS CATRO PATAS,NA LINGUA, E PROBANDO COISTA O SABOR DO SAL, O GATIPEDRO DA A VOLTAR E PROSEGUE A SÚA NUTURNIA VIAXE, DEIXANDO AOS NENOS DA CASA EN PAZ.
ÁLVARO CUNQUEIRO, ESCOLA DE MENCIÑEIROS