Tema 7: O voleibol
86
Tema 7: O voleibol
1. Breve historia do voleibol
¿QUÉ É O VOLEIBOL? Foi inventado en Massachusetts (Estados Unidos) a finais do século XIX (en 1895) por un profesos de ximnasia chamado William Morgan. Este profesor buscaba un xogo que aproveitara a altura, como o baloncesto, e o mesmo tempo que se puidera xogar a cuberto e non producira lesións por contacto. Para a altura e para evitar os contactos que tantas lesións producían noutros deportes colocou unha rede que orixinariamente tiña unha altura de 195 cm. Morgan describe así as súas primeiras investigacións : "O tenis presentouse en primeiro lugar ante min, pero precisaba raquetas, pelotas, unha rede e demais equipo. De esta forma foi descartado. Sen embargo a idea de unha rede parecía boa. Elevámola arredor de 6 pes e 6 polgadas do chan, é dicir, xusto por encima da cabeza dun home medio. Debíamos ter un balón e entre os que probáramos, tíñamos a vexiga (cámara) do balón de baloncesto. Pero revelouse demasiado lixeira e demasiado lenta; entón probamos co balón de baloncesto mesmo, pero era demasiado grande e demasiado pesado. De esta maneira vímonos obrigados a facer construír un balón de coiro coa cámara de caucho que pesaba entre 9 u 12 onzas" Este xogo presentouno co nome de mintonette a IMCA en 1896 comezando a tomar moita popularidade, estendéndose rapidamente por tódolos USA, Canadá e Filipinas. Posteriormente chegou ó Xapón (1908), sueste asiático e de China pasou a Rusia por una lado, e polo outro cara Europa Occidental durante a primeira guerra mundial por medio dos “marines”. En España entrou polo norte e por Cataluña a partir da guerra civil española, creándose en 1947 unha delegación adscrita a Federación Española de Balonmán. En 1950 pasa a depender da Federación Española de Baloncesto e en 1951 é admitida na Federación Internacional de Voleibol, creándose en 1960 a Federación Española de Balonvolea.
É un deporte colectivo no que se trata de superar a outro equipo con unha rede polo medio. O obxectivo do xogo e que o balón motivo da disputa caia no campo do contrario , ou que despois de tocalo os contrarios vaia fora do campo. Debido a altura da rede é un deporte no que destacan xogadores moi altos (máis de dous metros) pero non basta só coa altura, esixe ademais capacidade de salto, boa coordinación e observación das traxectorias do balón e dos contrarios e unha gran axilidade.
¿QUÉ APRENDEREMOS? 1º. Unha breve historia do voleibol. 2º. As regras que hai que respectar. 3º. As técnicas necesaria para xogar. 4º. Cómo se desenvolve o xogo. 5ª. A variante do volei praia.
87
Tema 7: O voleibol
º2. As regras do xogo do voleibol
Ø O terreo de xogo ten 18 metros de longo por 9 de ancho. Está dividido en dous campos por unha rede que para adultos ten unha altura de. 243 cm. para homes, e 224 cm. para mulleres. Cada campo é ocupado por un equipo e está a súa vez dividido en dúas zoas , a de ataque ata 3 metros da rede e a de defensa os 6 metros restantes ata o fondo. Fora do campo e en prolongación das liñas laterais dúas pequenas liñas marcan a zoa de saque. As “antenas” ou variñas que sobresaen da rede serven para marcar o espazo en anchura polo que pode pasar o balón de un lado ó outro durante o xogo.
Un xogador , na quenda de xogo do seu equipo pode toca-lo balón dúas veces pero estas non poden ser consecutivas. O balón pode xogarse con calquera parte do corpo agás no saque, que como xa dixemos, so se pode executar cos brazos. O balón hai que xogalo con un toque seco, non se permite reter o balón nas mans nin facer toques nos que o balón rode polo corpo. Si isto ocorre sanciónase con falta.
Ø O saque ten que facerse con os brazos dende calquera lugar do fondo do campo e en menos de oito segundos. Ó equipo que recibe non lle está permitido bloquea-lo saque. Ó equipo que saca tampouco se lle permite facer pantallas de xogadores na zoa de ataque para oculta-la dirección do saque. O balón pode toca-la rede ó cruza-lo campo sempre que despois pase ó campo contrario. O xogo. Cada equipo pode tocar tres veces o balón na súa quenda de xogo antes de envialo ó campo contrario. O bloqueo non conta como toque. Polo tanto, si se produce bloqueo aínda se poden dar tres toques máis ó balón.
88
Tema 7: O voleibol
Ø A composición dos equipos . No campo
Non se permite toca-la rede nin invadir o campo contrario. Tampouco se poden pasar as mans ó campo contrario, no bloqueo, antes de que o equipo contrario remate ou faga o terceiro toque.
participan seis xogadores en cada equipo. Estes xogadores colócanse segundo un orde establecido polo adestrador o comezo de cada set ou xogo. A esta distribución chámaselle rotación. Esta rotación establece que tres dos xogadores (os máis próximos á rede) sexan dianteiros ou atacantes, e os outros tres (os máis próximos a liña de saque) defensas. Observa o gráfico seguinte:
Ø A puntuación. Gaña un partido o equipo que gaña 3 sets ou xogos dos 5 en disputa. Gaña un set ou xogo o equipo que primeiro anota 25 puntos con vantaxe mínima de 2 puntos durante os catro primeiros xogos. Si fora necesario disputar un quinto e definitivo xogo, entón gañaría o primeiro que chegara a 15 puntos con vantaxe mínima de 2 puntos. Gaña un punto o equipo que consegue que o balón caia no campo do contrario. Tamén se o balón marcha fora do campo despois de tocalo o equipo contrario. Ademais, o equipo que gaña o punto, saca na xogada seguinte. Tamén se anota un punto si o equipo adversario comete unha falta regulamentaria : toca-la rede, retención do balón, falta de rotación, etc.
Esta rotación hai que respectala no momento do saque, xa sexa propio ou do contrario. Así e todo, si é o saque propio, “1” sería o "sacador" e non tería que mantela rotación. Despois do saque pódese perde-la rotación, pero os defensas, os que estaban colocados en “1”, “6” e “5”, non poden rematar nin bloquear balóns por enriba da rede (é falta). Só poden rematar si saltan dende detrás da liña que marca a zona de defensa. Cando un equipo recupera o saque (estaba sacando o outro equipo que perdeu a xogada) pasa a sacar, pero antes debe “rotar” a tódolos seus xogadores. Esta rotación hai que facela no sentido das agullas do reloxo: o xogador que se atopaba e “1” pasa a posición “6”, o de “6” a “5”, e así sucesivamente ata “2” que pasará a
89
Tema 7: O voleibol
posición “1” e será o xogador responsable de face-lo saque seguinte. Observa o gráfico cando se produce cambio de saque:
Ó comezar o partido cada equipo pode anotar a un xogador “defensor” especialista so en defensa. Este xogador viste de diferente cor o resto dos compañeiros. Podes comprobalo en algunha das fotos que ilustran este tema.
3. As técnicas do voleibol § § § § § §
Os saques. O pase de dedos. A recepción cos antebrazos. O remate. O Bloqueo As pranchas.
3.1. Os saques Ø O saque de iniciación ou saque de abaixo Cando empezamos a xogar é o saque máis doado para principiar. Faise da maneira seguinte: Colocamosnos na zoa de saque con os pes e os ombros orientados cara o campo contrario. A perna do lado contrario ó brazo que vai a facer o saque máis adiantada. O brazo de saque estendido. Dende esa posición lanzámo-lo balón ó aire coa outra man (sobre uns 30 cm.), de maneira que o balón caia na traxectoria do brazo de saque a altura da cintura. Golpeamo-lo balón coa man en forma de culler e axudando coa basculación do corpo de atrás cara adiante. O peso do corpo, que estaba na perna atrasada, pasa como consecuencia da inercia a perna adiantada. Tamén se pode golpea-lo balón co talón da man e incluso co dorso.
Ø O saque de tenis É o utilizado habitualmente por tódolos xogadores durante os partidos. Partimos da mesma posición que para o saque de abaixo pero con o tronco recto e o balón suxeito a altura da cintura. Lanzámolo balón ó aire de maneira que caia encima do ombro do brazo que vai a golpea-lo balón. Ó mesmo tempo que se lanza o balón cara arriba prepárase o brazo de golpeo levantado o mesmo por adiante. Proxectando o tronco cara adiante, o brazo esténdese e golpea o balón.
A secuencia do saque de abaixo ou saque de inic iación
90
Tema 7: O voleibol
Secuencia do saque de tenis
§ Saque de tenis en suspensión. Faise
Hai tres formas de face-lo saque de tenis:
como o seu nome indica no aire. Lánzase o balón cara arriba de maneira que caia dentro do campo. O xogador inicia a carreira e antes de chegar a liña de saque salta golpeando o balón en suspensión. No saque en suspensión o máis habitual é que se faga un golpeo con moita forza, aínda que a veces para sorprender faise un toque suave buscando unha zoa desprotexida do equipo contrario.
§ Saque de tenis forza. Golpéase o balón con un golpe forte producíndolle rotación para que caia nunha zoa concreta do campo contrario.
§ Saque de tenis flotante. O balón golpéase algo máis suave, con un golpe seco e no centro traseiro do balón, de forma que ó cortar as capas do aire vaia variando no mesmo e dificultado así a súa recepción.
91
Tema 7: O voleibol
3.2. O toque ou pase de dedos Sempre que se poida débese utilizar esta técnica para xoga-lo balón. A razón é que nos vai permitir envia -lo mesmo con unha gran precisión cara os nosos compañeiros, ou incluso cara unha zoa do campo contrario que vexamos desprotexida no momento de toca-lo. A secuencia de execución é a seguinte: Antes do contacto: Hai que chegar anticipadamente, si é posible, ó lugar de encontro co balón. As pernas deben gardar o maior equilibrio posible (flexionadas e repartindo o peso do corpo) separadas aproximadamente a anchura dos ombros. Unha perna debe estar máis adiantada que a outra. O corpo lixeiramente inclinado. Os cóbados cara abaixo e afora. As mans lixeiramente flexionadas cara dentro. Os antebrazos cara arriba e dentro. No momento do contacto: Prodúcese unha extensión, orixinada nas pernas que se transmite a todo o corpo en dirección do contacto co balón. O balón cóbrese completamente pola cara inferior por medio das falanxes dos dedos. As palmas das mans non deben toca-lo balón.
92
Tema 7: O voleibol
Secuencia do pase de dedos Os índices e os polgares presentan unha posición particular formando entre eles unha especie de rombo.
zona diante e enriba da cabeza. Diante da cabeza para ver o balón e facer o xesto correcto. E enriba da cabeza para evitar levalo o peito e levantalo facendo “retención”.
A partir de esa posición prodúcese unha transmisión de tódalas forzas corporais en sentido da futura traxectoria do balón.
O pase de dedos pode facerse en apoio co chan ou en suspensión.
3.3. O toque ou pase de antebrazos Cando non é posible xoga-lo balón cos dedos, por que veña moi forte (como consecuencia do saque do equipo contrario) ou porque non foi posible chegar a tempo e xa se encontra moi baixo, entón é necesario empregar o toque ou pase de antebrazos. Os momentos previos son similares ós do pase de dedos: tratar de “saber” onde vai a
Despois do contacto, as mans rematan completamente paralelas. O lugar de contacto co balón debe ser unha
93
Tema 7: O voleibol
Secuencia do pase ou recepción de antebrazos caer o balón e chegar anticipadamente. Colocación dos pes á anchura dos ombros mantendo as pernas flexionadas. O peso do corpo debe estar ben repartido entre as dúas pernas e o corpo lixeiramente inclinado cara adiante. Os brazos estarán estendidos e cara adiante ofrecendo a zoa anterior dos antebrazos. Os dedos estarán unidos por unha presa que se pode facer de varias formas. A máis común consiste en uni-los polgares e unha man recollida sobre a outra.
Temos que ofrecer o balón unha plataforma plana, lisa e homoxénea, sen angulacións e perfectamente simétrica (observa a foto da outra columna). Para conseguilo os pulsos deben estar a mesma altura e os ombros deben tender a xuntarse cara o centro do corpo. Si non xuntamos os ombros e colocamos os pulsos ben corremos o risco de golpear máis con un antebrazo que con o outro e que o balón nos saia desviado.
No momento do toque do balón faise una extensión continuada e coordinada de todo o corpo en dirección ó balón. O balón golpéase con a cara anterior dos antebrazos na súa parte media ou primeiro terzo; nunca debemos golpear utilizando os pulsos . Os pes e os ombros deben orientarse cara o lugar a onde vai ir o balón.
94
Tema 7: O voleibol
3.4. O remate É o toque de ataque e gañador por excelencia. Unha boa construción do ataque debe finalizar sempre en remate como terceiro toque. Facelo ben ten a súa dificultade xa que esixe moita coordinación para chegar no momento oportuno o balón e sen toca-la rede. Un bo rematador debe coordinar ben as cinco fases das que consta:
§ A carreira de 2, 3 ou 4 pasos. § A batida ou salto vertical sen toca-la rede. § A suspensión no aire para observar e decidir o momento de contacto co balón. § O golpeo do balón contra unha zona libre do campo dos contrarios superando o bloqueo. § A caída para recuperar o equilibrio , sin toca-la rede, e seguir participando no xogo.
95
Tema 7: O voleibol
3.5. O bloqueo Consiste en interceptar na rede o balón procedente do campo contrario. Pode formarse por un ou por varios xogadores. Recordamos o regulamento: Non debemos esquecer que o equipo que no bloqueo entra en contacto con balón ten dereito a tres novos toques (o bloqueo non conta como toque). Tampouco debemos esquecer que os defensas non poden rematar nin bloquear na zona de ataque. Si o fan, aínda que o bloqueo sexa colectivo, considérase falta. O xogador que bloquea pode toca-lo balón no toque seguinte, e dicir, ten dereito a recoller o balón do seu rexeite. As mans non se poden pasar o campo contrario, no bloqueo, ata que o equipo contrario remata a súa fase de ataque. Para bloquear ben é necesario intuír rapidamente as intencións do equipo contrario en canto a zona pola que pensa rematar o ataque. Despois é necesario desprazarse rapidamente, de forma lateral e en paralelo
a rede, para saltar e suspenderse no aire poñendo as mans sobre a traxectoria do balón. A forma de poñer as mans dependerá do tipo de bloqueo que fagamos: Defensivo, ofensivo, aberto, semicerrado...
96
Tema 7: O voleibol
4. O xogo do voleibol
Dúas recomendación importantes a ter en conta para bloquear ben: § Saltar un pouco despois do rematador para aguantarlle a suspensión e non caer cando el aínda está no aire. § Non pecha-los ollos. Ter sempre á vista o balón e ó contrario.
O voleibol organízase en base a uns ciclos de xogo que se repiten constantemente durante o partido.
Ø Saque . É a forma de inicia lo xogo. Da súa calidade vai depender o que faga o equipo contrario. Si o saque lles crea dificultades, o equipo contrario vai ter moitos problemas para atacarnos. Si o saque e feble e fácil de recibir, entón o equipo contrario pódese recrear na construción do xogo de ataque.
3.5. As pranchas Trátase de unha acción de defensa acrobática. Son as xogadas máis espectaculares do xogo do voleibol. Empréganse cando non somos capaces de chegar ó balón e temos que lanzarnos por el tratando de levantalo para que non caia o chan. A partir da posición defensiva, auméntase o desequilibrio cara adiante para lanzarse a polo balón tratando de golpealo con un ou os dous brazos, coa man en forma de cunca, co dorso ou incluso coa cara anterior do antebrazo. Despois aterrézase apoiando as mans no chan e flexiónanse os brazos para amortecer o peso do corpo que, finalmente, se desliza sobre o peito ó ras do chan .
Ø Bloqueo. Acción en parte defensiva (evitar o remate dos contrarios), en parte ofensiva (pódese conseguir gana-la xogada si temos éxito). Si a acción previa do equipo contrario é un saque recordamos que non se pode bloquear.
Ø Defensa. Ó primeiro que trataremos cando o balón pasa cara o noso campo, xa sexa polo saque ou pola construción do ataque do outro equipo, é procurar que non teña éxito o ataque contrario. ¡Que o balón non caia no noso campo!
97
Tema 7: O voleibol
O primeiro xogador que toque o balón (zoas 5, 6 e 1) vai intentar, ademais de evita-lo punto dos contrarios, levanta-lo balón para que poidamos construír a fase de ataque. Para elo utilízase a defensa de man baixa, moi parecida na execución o toque ou pase de antebrazos pero con máis tensión xeral e, sobre todo, nas pernas.
Ø Ataque. Que se constrúe en dúas fases: § Pase de colocación. O xogador que defende o remate ou o saque do equipo contrario tratará de envia -lo balón cara a zona central do ataque (zona 3) onde se encontrará un xogador especialista en pases, o "colocador".
§ Remate .
O "colocador" buscará, mediante xogadas previamente adestradas, conectar con un dos "rematadores" para finalizar o ataque co maior éxito posible. Pódese finalizar a xogada con remate polas zonas 2 ou 4, aínda que as veces faise pola zona 3. Neste caso o "colocador" amaga un pase longo e fai un pase curto na zona onde se atopa para acadar un remate rápido. A este tipo de remate chámaselle “curta”.
5. O voleibol praia Xurdiu como variante recreativa do voleibol en sala. Foi practicado por primeira vez nos Estados Unidos de América arredor de 1940. Entrou no calendario dos xogos olímpicos en Atlanta 96 e cada día consegue unha maior popularidade. En xeral as normas son similares as do voleibol en sala. As principais diferenzas son:
§ Xógase en area nun campo de 18 x 9 metros.
§ Xogan só dous xogadores contra outros dous.
§ Non hai que manter ningún tipo de posición (rotación) no momento dos saques. Só hai que manter a rotación para efectuar o saque. Cada vez que se produce cambio de saque ten que sacar o compañeiro que non o fixo a vez anterior.
§ Non se pode pasalo balón ó campo contrario con un toque de dedos que non sexa perpendicular a liña dos ombros.
98
Tema 7: O voleibol
PARA REMATAR Ata fai algúns anos non se podía toca-lo balón da cintura para abaixo. Agora, para facilitar sobre todo as accións defensivas, o balón pode xogarse con calquera parte do corpo. Si te fixas nas liñas do campo de voleibol, cando vexas un partido en directo ou pola televisión, igual che chaman a atención que as liñas que separan a zoa de ataque da de defensa teñen unha prolongación de liña descontinua a ámbolos dous lados. A veces os xogadores “defensas” entran a rematar, e como sabes non o poden facer saltando dende a zoa de ataque. Como a veces os xogadores entran a rematar por fora do campo para coller máis pulo é necesario marcar liñas de prolongación, fora do campo, para ver si os “defensas” cumpren coa norma. Ata fai uns anos, para puntuar, era imprescindible estar en posesión do saque. Podíase xogar durante moitos minutos sen puntuar, só cambiando de saque dun equipo ó outro. Por esta razón a veces os partidos demorábanse durante moitas horas con moito xogo e poucos puntos. Isto facía o xogo pouco atractivo para o público e para a televisión. Entón decidiuse aumentar de 15 a 25 o número de puntos para gañar os catro primeiros xogos pero puntuando sempre o equipo que gañara a xogada. O quinto set deixouse en 15 puntos, pero tamén puntuando sempre, nunha especie de “morte súbita”.
EVALUAMO-LO TEMA 7 Dos conceptos, debemos coñecer: § A breve historia do voleibol. § As regras básicas do xogo. § As diferentes técnicas necesaria para xogar. § Cómo se desenvolven os ciclos do xogo. § As peculiaridades do voleibol praia. En canto os procedementos, debemos saber: § Sacar de abaixo e de tenis. § Pasar ben de dedos. § Recibir ben o balón con os antebrazos. En canto as actitudes, debemos concienciarnos de que: § Podemos disfrutar do xogo do voleibol aínda que non sexamos moi altos. Si non podemos rematar, podemos defender ou colocar.
Vocabulario específico Deporte colectivo: No mundo dos deportes o núcleo central esta formado pola superación de unha oposición. Esta oposición non ten por qué ser entre persoas, pode ser un reto consigo mesmo (marca da hora en ciclismo) ou con o medio (escalar unha montaña). Pode ser a superación de un adversario, entón falamos de deportes individuais (tenis) ou tamén de combate (Judo). Si a oposición é entre grupos de persoas entón falamos de deportes colectivos. Este é o caso do voleibol.
99