ÍNDICE 1 1.- Letras galegas
Coordinación MªXosé González Fotografía MªXosé Mato Colaboran Lucía Ramos Walter Richardi Rebeca Zas Fátima López Enma Rodríguez
Belén Cotelo Soledad Ferreiro
Yaiza Lancina Sonia Prego María Vázquez Esteban Iglesias Soledad Ferreiro Amanda Villar Natalia López Micaela Pettinato María Serantes Irene María Caridad Nerea López Nerea Collazo Alicia Conde Alejandra Rey Mayte Puig Galatea García Lucía Gomez Isaac Peces Tania Rey Iria Carla Barcía Lucía Gómez Yaiza Fernádez Marina Gundín Uxía Calvo Gabriela Beade Ana Calvar Damáris Alonso Ángeles Díaz Cecilia Espona Lucía Gómez Iria Soto Alberto López Fernando Noya Brais Vieites Veronica Pazos Rubén Pérez Tania Piñón Judith Rodríguez Antía Núñez Cristian Delgado Ignacio Rodríguez Santiago Ros Sandra Blanco Miguel Legázpi Miguel Espantoso Carlos García Paula Hernádez Nuria Varela
-
Lugrís Freire
Urbano Lugrís e Malpica
Poesía
Concurso calendario peto
Un cambio de imaxe.
Porta de Chirico.
¿Queres saber onde estás?
Mural graffiti
Arte informática
O gravado con linóleo
13.-Saímos
-
Visita ao fogar do Padre Rubinos
Visita CGAC Santiago
Visita á radio
Visita á Fundación Barrié
Visita á Pardo Bazán
16.- Teatro
-
Entrevista director novedouscatro
Asistencia obra de teatro en inglés
Grupo teatro Sardiña
Os alumnos de francés imos ó teatro
20.- Actividades no centro
-
-
Dende outra mirada
Os amigos ou a tecnoloxía
Na rúa
Diálogo reflexivo: quen entende ós humanos
O galego para os galegos
7.- Arte no instituto
-
25.- As nosas creacións
Doazón de órganos
28.- Noticias
-
Seccións Europeas
O desastre de Chernobil
A sociedade de montaña Ártabros
Memoria histórica.
36.- Pasatempos
-
Imos poñer a proba a túa pericia mental
Os despropósitos dos nosos alumnos
A primeira e a últim a liberdade
O tangran
40.- Tuti fruti
-
Coco Chanel
Frases para a reflexión
43.- Deportes
-
Diario dunha semana na neve.
Campionato de pimpom
Patinamos que dá medo
45.- Uns chegan e outros vanse
-
Benvidos 1º ESO
Alicia
Orlas 2º Bacharelato
Flor: profe querémoste
Adormideras baixo o microscopio
Unha explicación moi interesante
Adormideras agóchase baixo as máscaras
Maquetación: Daniel Bea, Raisa Campuzano. Miguel Espantoso, Carlos Freire, Carlos García Pícoli, Paula Hernádez, Jacobo Iribarnegaray, Miguel Legázpi, Marina Sánchez, Nuria Verea e Santiago Vázquez
2 LETRAS GALEGAS MANUEL LUGRÍS FREIRE.
Este ano o Día das Letras Galegas adícase a Manuel Lugrís Freire (Sada,1863 – A Coruña, 1940). Durante toda a súa vida mantivo un forte compromiso en defensa do idioma galego. Aos vinte anos marchou a Cuba. Alí fundou o primeiro xornal integramente en galego da emigración, chamado “A Gaita Gallega” que se editou na Habana entre 1885-1889. En 1896 regresa a Galicia e participa en tódalas iniciativas comprometidas coa lingua que houbo. Así, por exemplo, foi o primeiro en usar en público nun mitin a lingua galega. Aconteceu en Betanzos, nun acto do Sindicato Solidaridad Gallega, do que tamén foi fundador. Foi, igualmente, fundador da Real Academia Galega (1906), institución da que chegou a ser presidente entre 1934 e 1935. Participou na constitución das Irmandades da Fala (1916) e en 1923 ingresou no Seminario de Estudos Galegos cun discurso sobre Eduardo Pondal. Na década dos 30, ademais de ser presidente da RAG, colaborou na redacción do Primeiro Estatuto de Autonomía. Durante o conflito bélico (1936-1939) que provocou a persecución da actividade galeguista, sobrevive enfermo e desanimado, sen case saír da casa. Ademais de vivir a traxedia que asolaba o país e de ver como os seus ideais sociais e políticos esmorecían, tivo que vivir a participación de dous dos seus fillos na guerra, un en cada bando. Un deles é o famoso pintor republicano Urbano Lugrís. Morreu en 1940 na Coruña e está enterrado no cemiterio de San Amaro. OBRA
O seu claro compromiso co idioma levouno a que en 1922 publicase a Gramática do idioma galego, primeira escrita integramente en galego. Como creador literario Lugrís tratou practicamente tódolos temas e tódolos xéneros, pero entre eles destaca a súa produción teatral coa que inaugurou o teatro galego en prosa. Entre as súas pezas teatrais destacan A Ponte (1903), Minia (1904), Mareiras (1904) ou Esclavitú (1910). O Teatro Principal da Coruña e o Teatro Xofre de Ferrol foron os centros nos que se representaron algunhas das súas pezas teatrais. Con Soidades (1894) inaugurou a súa faceta poética, outro dos xéneros que tamén cultivou, aos que lle seguiron títulos como Noitebras (1901), Ardencias (1927, considerado o seu mellor libro) ou As mariñas de Sada (1928). Escribiu, tamén, numerosos relatos breves co pseudónimo de Asieumedre , contos populares de intención social, reproducidos moitas veces nas revistas da emigración americana. En 1909 publica o volume Contos de Asieumedre, un total de 28 relatos. Lucía Ramos Reiriz Walter Richardi Palavecino Rebeca Zas Vázquez
LETRAS GALEGAS 3 ADIANTE!
ENVEXA
(Himno a Galicia) Unha nai solo deunos a vida,
Praia de Gandarío
E nos espazos hai un solo sol; Solo unha terra, sempre unha querida, Por patria nosa dounos Dios.
Longa, triste, deserta, Onde as ondas mainiñas con solercia se deitan;
Nobre Galicia, terra sagrada Dos fortes celtas amante nai Recibe a ofrenda para ti donada Ó santo grito da libertá.
As túas augas gardan Daquela doce nena A lembranza de groria Da súa espida beleza
¡Adiante sempre! Nos hourizontes Escintilea xa un novo sol, Que polas vilas, veigas e montes Trae a fogaxe da redención. Loitemos todos polo progreso; Xuremos todos ter irmandá; E así libremos un pobo opreso Ó santo grito da libertá. A Coruña, 19 de maio de 1907 Álbum literario, A Habana, 1907
Augas de Gandarío Calade o nome dela, E non digades nunca Que por vós sinto envexa Ardencias, 1927
4 LETRAS GALEGAS O GALEGO PARA OS GALEGOS Cando vas pola rúa e ves pasar unha persoa pola súa apariencia non podes saber de onde é, pero cando a escoitas falar sabes se é inglesa, francesa, galega, andaluza... O idioma para calquera nación constitúe un dos principais rasgos diferenciadores. A situación do galego en España é difícil pola pouca promoción que se fai del, polo desuso no que caeu, polo rexeitamento que sufriu durante a época da ditadura, pola imaxe que se creou e por outros motivos. Un deses motivos, o peor, é o rexeitamento por parte da sociedade galega, isto produciuse por un intento de imitación a unha burguesía castelá-falante por parte das clases medias e baixas que constitúen a maioría da sociedade, polo tanto o galego quedou en mans dalgúns intelectuais atrevidos que loitaron por esa lingua que hoxe en día constitúe o patrimonio cultural dos galegos. Políticamente Galicia e o seu idioma non observaron melloras tralo derrubamento do réxime, mellorou coa creación da Lei de Normalización Lingüística que pretende recuperar o galego nos seus usos orixinais, entregarlle ó pobo a súa cultura e devolverlle ó galego todo o que lle usurpou un ha sociedade autoritaria e inculta. O galego é un deber que teñen os galegos. A nosa identidade áchase tras todos eses rasgos gastronómicos, paisaxísticos, industriais, culturais... que temos que preservar e fomentar Fátima López García 1º D Bacharelato
Nunha vella sente. Ese tanto que tan pouco... moitas veces pequena, outras, grande, cada noite pensa que sentirá mañá. Poucas veces orgullosa ó igual que, outras tantas altiva. Mil veces ó día estúpida outras mil, medosa e insegura.
Dando pasos de cristal. Rompéndose pouco a pouco ó longo deste camiño. Mirada esvaecida, fisicamente fría mentres foxe nun suspiro... nace, nun recordo, ó que sempre volve. Escoítase unha voz! Volve en si, deixando o que un día foi. Emma Rodríguez Gómez.
LETRAS GALEGAS 5 CONCURSO CALENDARIO DE PETO UN CLÁSICO NO CENTRO Outra vez como en anos anteriores no presente curso tamén se convocou un concurso para a elaboración dun calendario de peto que á vez se puidese utilizar como marcador de libros. O deseño debía facer referencia á normalización lingüística da nosa lingua. Presentáronse moitos traballos, e por certo, de moi boa calidade e tamén moi orixinais, polo que para o xurado foi moi difícil a elección, menos mal que contabamos coa axuda e colaboración do departamento de Artes plásticas. Este ano o gañador foi IVÁN LÓPEZ PREGO de 1º C de Bacharelato. Moitas felicidades para todos os concursantes e moitas grazas pola vosa colaboración.
6 LETRAS GALEGAS4 Malpica e Urbano Lugrís Urbano Lugrís naceu na Coruña no ano 1908, fillo do galeguista Manuel Lugrís Freire, presidente da Real Academia Galega e figura a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. A súa obra está fortemente influenciada polo imaxinario céltico e polo predomio de temas mariños, inspirado pola vida mariñeira de Malpica, o pincel de Lugrís legou aos muros da Casa do Pescador cinco frescos e tres trípticos. Os cinco frescos conservados en Malpica son unha homenaxe á paisaxe das Illas Sisargas e ás barís xeracións de mariñeiros malpicáns. Coa súa arte decorou a Casa do Pescador de Malpica dando lugar a súa mira da Malpica mariñeira. A Casa do Pescador de Malpica, trala ollada de Lugrís, quedou convertida en pequeno museo de sinais imperecedeiros. Nela o pintor soubo deter o tempo nun feixe de imaxes e apreixar os recantos da historia malpicá máis xenuína que ficou escrita en verso e cores. Urbano Lugrís soubo mergullarse na identidade desta vila mariñeira. Aquí, en Malpica, no canto dunha serea, Lugrís andaba á procura daqueles cazadores de balea, que debuxaban o mar coma se polos ronseis da illa de San Brandán fosen guiados. Lugrís volveu escribir lendas como as que saen do chan das Sisargas ou dese mundo submariño que lembra a cidade asolagada dos Baixos de Baldaio. A caza de baleas, por lonxanos mares, fálanos da antigüidade desta vila mariñeira. Un tríptico mariñeiro, enmarcado no seu pano, amósanos un drama en tres lances. Os trípticos haxiográficos, que presentan as lendas e atributos iconográficos de imaxes relixiosas malpicás e universais, ofrécennos, coma exvotos, coma mensaxe comunicativa, os seus símbolos e as súas lendas. Finalmente morreu no ano 1973 en Vigo, deixando un recordo do amor que Lugrís tivo por Malpica e pola súa paisaxe. Belén Cotelo Ordóñez 1ºC Bacharelato
ARTE NO INSTITUTO 7 O GRAVADO CON LINÓLEO Desde hai un par de días, na clase de Taller Artístico que imparte Ana Pita, algúns alumnos estamos a facer gravados con linóleo. É un traballo algo custoso e “perigoso”, preguntade ás miñas mans que xa sufriron algún que outro corte coas gubias. Ben, eu vou intentar explicar cal é o procedemento. O primeiro que facemos é rebaixar o linóleo (especie de coiro) coas gubias, as partes rebaixadas son as que non se verán no gravado. Despois de ter rebaixado o debuxo pasamos a pintura cun rodete sobre o linóleo, para que ó poñer o linóleo nun tórculo cun papel dunhas dimensións maiores cás deste, impregne o papel creando un efecto moi orixinal. Ó sacar o resultado do tórculo todos estamos expectantes ante o posible resultado, ¿correríase a tinta?, ¿mancharíase?, ¿quedarán partes brancas?. A maioría das veces ocorre todo iso, pero de vez en cando levas unha alegría ó ver o teu traballo ben feito e limpo. Soledad Ferreiro Vallejo 1ºC Bacharelato
8 ARTE NO INSTITUTO MURAL Xa está rematado o mural do instituto. Podédelo contemplar na zona do patio. Foi realizado por Christian Diamante, ex -alumno do Centro e actualmente esdudante de Belas Artes na Universidade de Pontevedra. Como se pode observar, é un mural realmente integrado no contexto, con tódolos elementos significativos do barrio e do centro de estudios. Destaca a luminosidade das diferentes cores amarelas e as distintas tonalidades de azul. Desde aquí dámoslle as grazas por colaborar connosco neste proxecto de embelecemento do Instituto.
ARTE NO INSTITUTO 9
QUERES SABER ONDE ESTÁS? PICTOGRAMAS DESCRITIVOS DOS ESPACIOS E DEPENDENCIAS DA PLANTA BAIXA DO CENTRO ASÍ COMO ROTULACIÓN DAS MESMAS O profesor do departamento de Artes Plásticas Juan López de Heredia coordina este traballo co alumnado de deseño de 2º de Bacharelato Artístico. O traballo trata de identificar con elementos iconográficos e textos as zonas do instituto para identificalas con linguaxe gráfica.
10 ARTE NO INSTITUTO UN CAMBIO DE IMAXE PARA O NOSO CENTRO No instituto de Adormideras decidiron facer unha nova decoración, si, si, unha nova decoración, e non é que andemos sobrados de presuposto pero para isto os alumnos/as que cursan o Bacharelato Artístico, tanto 1º como 2º, prestamos a nosa colaboración e traballo durante este trimestre, levando a cabo a tarefa de trasladar cadros de autores vangardistas como Matisse, Picasso, Miró....., interpretados por nós mesmos ás portas do centro. Primeiro fixemos bocetos dos cadros para despois elixir os motivos que, sempre asesorados polo profesorado, serían representados nas portas. Unha vez escollido o cadro, o paso seguinte foi poñer mans á obra cos pinceis, brocha, pintura... Sacamos as portas para pintar os marcos e debuxar con proxector sobre as mesmas os cadros elixidos, só quedaba o máis difícil.... darlle cor. Moitas “chapuzas” foron as que se fixeron, xa que levar un control en equipo non é doado e menos cando son tantas persoas, pero co esforzo dos máis motivados, que moitas veces prestaron a súa axuda nas horas de recreo, o resultado final foi, ó meu parecer, excepcional, de feito causaron a expectación dos demais alumnos e dos profes xa que non pasan desapercibidas. Hai que recoñecer que dan un toque de alegría ó instituto, cando chegas cedo polas mañás e ves as portas mesmo parece que che inspiran para traballar. Non foi un traballo doado polo que non está demais loar a estes compañeiros e profesores que se molestaron en traballar para darlle vida ó lugar onde pasamos moitas horas do día convivindo uns con outros. Yaiza Lancina Rodríguez 1ºC Bacharelato.
ARTE NO INSTITUTO 11 A DECORACION DAS PORTAS A idea de decorar as portas do Instituto fixo que moitos alumnos se puxeran mans á obra para propoñer ideas. Os profesores Laura, Indalecio, MªLuisa e Ana Pita foron os encargados de escollelos e guiar os grupos de traballo correspondentes a cada porta. No noso caso propuxen facer unha interpretación do cadro de De Chirico “Hector e Andromeda” cando a miña idea foi elixida comezamos co traballo de lixar e logo pasamos a pintar o marco e o mais importante, a porta. Nela traballamos Iciar Barcia ,Alba Garcia, Fran Garcia e eu. O resultado final gustounos moito, foron moitas horas de traballo pero o remate foi moi gratificante, agora sentímonos satisfeitos de poder contribuír á decoración do Centro. Importante é darlle as gracias a MªLuisa que nos dirixiu e axudou a que o resultado fose o que todos podedes ver. Sonia Prego Rodríguez 2º C Bacharelato.
12 ARTE NO INSTITUTO ARTE INFORMÁTICA Quen dixo que a informática non é unha forma de arte? Xunto os alumnos en prácticas do CAP(Certificado de Aptitude Pedagóxica) aprendemos que coa axuda dun ordenador con photoshop se poden facer cousas tan orixinais como o traballo que fixemos na clase de taller artístico con Eulogio Rouco. Dunha forma moi sinxela podemos conseguir moi bos resultados. Desta forma tamén podemos facer plantillas ou simplemente colgalo dunha parede. A continuación amosámosvos os pasos e os materiais necesarios para facelo. · MATERIAIS: Ordenador co programa photoshop cs Foto do que máis che guste Lámina basik (formato libre) Pinceis Témperas
· PASOS: 1º - É necesario ter un ordenador a man co programa photoshop cs. 2º - Collemos unha foto que nos guste, a exposición trataba de retratos pero pódese facer co que ti queiras. 3º - Tendo a fotografia escollida, lévase oa ordenador e ábrese no propio programa. 4º - Na barra de ferramentas éntrase en arquivos, e se lle dá a opción gardar para web. 5º - Automaticamente o programa selecciona as luces do rostro da persoa, pero neste caso nós escollemos só 3 ou 4 luces do rostro pero evidentemente pódense facer con moitas máis pero sería máis complicado. 6º - Tendo isto feito, o traballo artístico empeza. Trasládase a imaxe a unha lámina de basik (formato libre),cálcase con papel carbón e tamén se pode pasar debuxando. 7º - Xa pasada e delimitadas as luces comézase a pintar con colores dunha mesma gama cromática, ou escollidos libremente.
Aquí podedes ver a exposición dos traballos. A Nacho, gracias por todo.
maría Vázquez Mosteiro Esteban Iglesias López 1º Bach. D
SAÍMOS 13 VISITA AO FOGAR DO PADRE RUBINOS. Vouvos contar a visita que fixemos ao Fogar do Padre Rubinos os alumnos de 3º da ESO coa nosa profesora de Relixión Flor Blanco, ela xa non está agora no centro, botámola moito de menos, aínda que moitas veces vén de visita ao instituto. O Fogar do Padre Rubinos é un centro no que se recolle á xente con poucos recursos económicos. Nesa residencia o que se fai é darlle teito , comida e aseo a persoas desfavorecidas. Alí unha monxa ensinounos as instalacións coas que conta o edificio e teñen unha sala na que len os xornais e as revistas de actualidade, tamén conta con armarios cheos de roupa que lle dan ás persoas despois de que se duchen e se laven porque segundo nos contou o que máis aprecian os indixentes é a ducha e roupa limpa. Alí o que fan é clasificar a roupa para as persoas necesitadas...é un lugar moi hospitalario,pero eu encontreino un pouco frio. Teñen un restaurante enorme con pratos moi limpos e con música ambiental . Hai unha cociña na entrada non moi grande pero con moitas cacerolas e artiluxios para cociñar . Á xente de moita idade danlle aloxamento continuo e non só durante tres días. Ó lado mesmo deste fogar hai unha gardería á que teñen a posibilidade de ir neniños de familias con poucos recursos económicos e que lles resultaría imposible pagar outro centro. Pois ben, esta visita que fixemos os meus queridos compañeiros e eu,a verdade é que foi moi gratificante. Amanda Villar Maroto 3º E.S.O.
Esta actividade foi organizada por Flor, a nosa profesora de relixión, nela participamos os alumnos de 1º, 2º e 3º de E.S.O.. Collemos o autobús urbano para ir ata alí, este refuxio está situado na zona de Os Rosais. Ó chegar recibiunos a irmá Sor María e ensinounos as diferentes instalacións. Como refuxio prestan un servizo social moi completo: ducha, comida, roupa, aloxamento... para a xente máis necesitada; tamén teñen un servizo de gardería e de residencia de anciáns, neste servizo a forma de abono é diferente a outras, pagan segundo as súas posibilidades económicas. A visita durou aproximadamente dúas horas, podemos dicir que resultou moi entretida e que aprendemos a valorar moitas cousas que quizais antes nin as tiñamos en conta. É un bonito exemplo de traballo desinteresado. Natalia López Silva 3º E.S.O. Micaela Pettinato Medina 3º E.S.O. María Serantes Campos 3º E.S.O.
14 SAÍMOS
CGAC
O día 15 de novembro o grupo de 1º Bacharelato C acudimos ó centro CGAC ( Centro Galego de Arte Contemporánea) de Santiago de Compostela para ver as exposicións de arte que alí se presentaban. O que máis nos chamou a atención da exposición fai unha cortina feita de flores de tea que estaba colgada nada máis entrar e tamén unha tea de araña feita de cadeas.
Irene María Caridad Pereira Nerea López 1·C
VISITA Á RADIO O día 22 de marzo os alumnos/as de 1º e 3º E.S.O. fomos a Radio Nacional Española, que se encontra nos Cantóns, ó lado do Quiosco Afonso. Un xornalista guiounos polas instalacións e explicounos como funciona. Asistimos a un boletín informativo, en directo, cunha duración de nove minutos, neste boletín dábase un repaso as principias noticias do día, resultaba curioso observar como as locutoras lían con máis ou menos présa segundo o tempo de emisión que lles quedaba. Despois levounos á redacción onde os periodistas redactaban as noticias para dárllelas ás locutoras. Antes de rematar a visita mostrounos un disco antigo feito de pizarra tamén vimos unha pequena exposición de radios de hai moitos anos. Así rematou a nosa visita á radio. Nerea Collazo Rodríguez 3º E.S.O. Alicia Conde López 3º E.S.O.
SAÍMOS 15 Visita á Fundación Barrié O día 10 de Outubro os alumnos de primeiro de Bacherelato C visitamos a Fundación Pedro Barrié de la Maza, fomos ver unha exposición sobre deseño de mobles.Despois de ver a exposición participamos nun taller.Tiñamos que deseñar unha cadeira, sofá, diván... Primeiro en cartolina e logo en estaño;unha vez feito o noso deseño podiamolo forrar con papeis adhesivos que presentaban diferentes texturas e cores. Os seguintes son algúns dos nosos deseños:
Verónica Lage
Nerea López
Iria Castelo
Galatea, Lucia López e Borja Mato
CASA-MUSEO DE EMILIA PARDO BAZÁN E SEDE DA REAL ACADEMIA GALEGA
A principio de maio fomos visitar a casa de Emilia Pardo Bazán. Foi unha vista moi interesante e instrutiva. Aínda que está na zona histórica da cidade e moitos de nós vivimos preto, non a coñeciamos. Agora xa sabemos un pouco máis desta importante escritora do século XIX. A responsable do museo foi moi agradable e realizamos varias actividades. Unha delas consistía en describir o seu estudo desde dous puntos de vista: obxectivo e subxectivo. Estamos no estudo de Dona Emilia. É unha habitación de cor salmón, clara e luminosa coa decoración propia do século e con rasgos claros de pertencer á nobreza. Preséntanse moitas fotos e cadros con imaxes da súa vida. Tamén hai cadros de ópera e algúns pintados pola súa nai, Amalia. No centro está unha mesa na que hai unha pluma, un tinteiro e un manuscrito da Tribuna. Hai cartas e postais de distintos personaxes como Marcelino Dafonte e Luís Vidart. Ó carón da mesa hai unha vitrina na que se expoñen algúns dos libros da biblioteca persoal de Emilia, dalgúns deles fálase nos Pazos de Ulloa. Debe ser un traballo moi difícil reconstruír unha habitación do século XIX e esta está moi ben. Alejandra Rey Iglesias.1º ESO Esta habitación é clara, moi luminosa e acolledora. Móstranos algúns dos gustos de Emila Pardo Bazán: ler, escribir e ir á ópera. Vémelo no seu escritorio, na súa biblioteca e nos binoculares da ópera. Tamén ten cartas de personaxes importantes polo que supoño lle gustaría a vida social. Creo que tamén lle gustaba a luz do sol porque ten dúas ventás moi grandes. Supoño que esta habitación é persoal porque ten tódalas súas cousas: libros, cadros, fotos… Esta pequena habitación gustoume para facer os meus deberes no escritorio coa pluma e a tinta desta gran escritora. Mayte Puig Cortegoso 1º ESO
Adiviñades cal é cal? ( Tede en conta que fixemos visita )
a descrición durante un minutiño da
16 TEATRO NOVEDOUSCATRO Entrevista a JOUSE Nome completo: José Jorge García, Jouse -Estudos? -Cursei formación profesional e despois fixen catro anos de Arte Dramática. -Profesión? -Actor -É máis difícil facer rir ou chorar? - Rir, moito máis. -Como chegaches a ser actor? - Empecei con cursiños e gustoume, entón entrei en Arte Dramática e comecei a traballar con compañías. - Cal foi a túa 1ª obra interpretada? - Foi Mundo, Demonio y carne, é un espectáculo feito con verdadeiros recortes de periódico, de historias reais pero en tono de humor. Actuabamos na maioría das escenas con zancos. - E a primeira dirixida? - Non me lembro moi ben, pero creo que Historias mínimas para unha Asociación Cultural de Asturias.-Que obra che gustaría dirixir ou interpretar? - Non teño ningunha predileción, non son mitómano.. -A quen che gustaría dirixir? - Non teño a ninguén que... -Que resulta máis satisfactorio dirixir unha obra con pequenos ou con maiores? -Segundo o tipo de obra, segundo os nenos e segundo os maiores. -Qué prefieres dirixir ou interpretar? -Interpretar! -Con quen che gustaría traballar? -Con quen me dea de comer... -Cantos anos levas como director? -15 anos dando clase -Cantos con Falcatrueiros? -6 ou 7, sempre me confundo, non estou moi seguro. -Como compaxinas a túa vida co teatro? - Mal... non, é broma, para min é un traballo como o dun fontaneiro, ou o doutra persoa, o que pasa é que eu me dedico ó que me gusta.
-Onde chegaches a actuar? Que sitio foi máis importante para ti? - Pois todos son importantes, pero un sitio así, digamos, máis exótico en Rusia, nunha cidade chamada Samara e en Saratov. -É certo o que din de que “A vida é puro teatro”?Qué opinión merece esta frase? - Non , non estou de acordo...No meu caso é verdade, pero non me di nada en particular... -Gustaríache ser famoso? Bueno... máis do que es? - Non, o que vaia ser será... Con poder vivir do teatro, haha, ben, da interpretación, eu confórmome. -Estás satisfeito co teu traballo? -Si, moito. -Cambiarías o teatro por algo? - Non (rotundo). -Actuaches na televisión? -Si, nun par de capítulos de series de televisión, en Pratos Combinados e en Rías Baixas da televisión de Galiza. -Que podes dicirnos do clown? -É o que máis me gusta, sería outra entrevista, enteira! Aínda que con isto non quere dicir que sexa un pallaso, non ten nada que ver, que enriba dun escenario empregues algo tan poderoso como un nariz vermello, ó baixar del acabouse a interpretación, os actores non somos pallasos, somos persoas! Cando estás diante dun público es un personaxe, alguén que interpreta un pallaso, un tolo, un policía, a Hamlet, o mesmo ten, só precisas meterte no papel e deixar que voe a túa imaxinación... Iso si, cando a interpretación remata, ese personaxe pasa a ser o teu amigo, o teu mestre, o teu pai, tanto ten, por iso nunca pidas que un actor poña o nariz de clown fóra dun escenario, nin para sacar unha foto, só a vai pór cando teña que meterse realmente no papel... cando teña que ir a un hospital a animar ós raparigos enfermos, cando actúe diante dun colexio de nenos discapacitados, ou simplemente cando o seu corazón llo pida...
TEATRO 17
Teatro en inglés O día 22 de decembro fomos ver ó teatro unha obra titulada “Pygmalion”. Cóntanos a historia dunha rapariga española que vivía en Londres, vendía flores na rúa e non falaba correctamente o inglés, non podía traballar nunha floristería porque non dominaba a lingua. Un día tropeza con Henry Higgins, profesor de inglés, el é moi groseiro coa rapaza, pero decide axudala co idioma. Henry exerce de mestre e transforma a Elisa nunha señorita inglesa, con bos modais e falando un perfecto inglés (para conseguir isto utilizaban ridículos pero eficaces metodos, ata que Elisa o logrou). Mentres a moza recibía clases e o profesor as impartía foron namorándose. Cando Henry se deu conta de que a rapaza que traballaba na rúa con aspecto de pobre era unha fermosa boneca decide levala a un baile, no cal a presenta como “Elaisa”, dicindo que era unha nena inglesa, pero despois de bailar unha fermosa peza cun escritor (amigo de Henry), este dáse conta de que é española, pola maneira de bailar. A obra foi representada pola compañía de teatro “ 2B Theatre”, composta por tres actores: un que interpretaba ó profesor Higgins, outro que representaba a Elisa e por último, pero non por iso menos importante, un terceiro que interpretaba o papel de escritor, de sirvienta ...
Galatea García Formoso 1ºC Bacharelato
18 TEATRO SARDIÑA: O MEU GRUPO DE TEATRO. A verdade é que non pretendo chegar a ser unha gran actriz pero estes anos non poderei esquecelos na miña vida, ninguén das persoas que pisaron o escenario do I.E.S. Elviña olvidarán con facilidade tanto esforzo e ilusión. Levo catro anos no grupo, aínda que o primeiro estiven no grupo de pequechos: “Parrocha”. Ese ano interpretamos “Asamblea de mulleres” e o meu papel era pequeño Normalmente consideramos o grupo como unha xerarquía na que a medida que pasan os anos e dependendo do bo que poidas chegar a ser vas “subindo”. En primeiro lugar de “Parrocha” a “ Sardiña” e despois, dentro deste, daranche máis ou menos papel. No meu segundo ano divertinme moito co meu papel. Interpretaba a Cariana, unha carniceira sádica que debía de capar cun coitelo de 30 cm. Entenrecedor… No terceiro ano interpretei a Pardalisca, a escrava do protagonista. Histérica, saía da casa intentando enganar ao meu amo. E na actualidade, fago o papel de Casandra, filla e Hécuba e Priamo, reis de Troia. Cando remata a guerra, as mulleres eran repatriadas a Grecia en busca dun futuro de escravitude. Casandra será desposada con Agamenón, caudillo dos gregos. A singularidade de Casandra reside na súa loucura xa que esta ten o don da premonición, outorgado por Apolo a cambio da súa virxinidade e ninguén cre as cousas que ela pode ver do futuro nos seus trances. Este foi o meu primeiro ano en traxedia, os tres anteriores interpretei comedia. O grupo está dirixido por J. Ricardo Martín e Beatriz Martín, catedráticos de Latín do Instituto de Elviña e Paseo das Pontes, nutríndose sempre de alumnos de Ensinanza Secundaria procurando renovar constantemente os seus efectivos. Creado en 1983, Sardiña está singularizado en adaptacións propias de Plauto e conta cun repertorio de cinco obras: Anfitrión, Asinaria, Casina, Xemelgos e Miles Gloriosus. Dende 1999 adentrouse no complexo mundo da traxedia grega e desde entón, fai as súas propias montaxes deste xénero; houbo que recorrer para isto ós “veteráns do grupo” e a “ aportacións externas”doutros grupos de teatro da cidade. Montou con notable éxito Electra de Eurípides e Antígona de Sófocles. Para este ano afronta a montaxe de As troianas. Co 23 anos de existencia, máis de 460 actuacións e en torno aos 215.000 espectadores directos no seu haber, o grupo Sardiña obtivo varios premios a nivel local, autonómico e nacional, podéndose considerar nestes momentos como un dos grupos máis estables, sempre dentro do teatro escolar, da comunidade de Galicia, e quizais tamén dentro do panorama escolar nacional, como o demostra o feito de que ao cabo de 23 anos ininterrompidos, manteña o impresionante palmarés de 400 espectadores de media. Desde 1999 asiste regularmente ó festival Xuvenil Europeo de Teatro Grecolatino de Segóbrica ( Cuenca) e a diversas sedes do Festival de Teatro Grecolatino que se celebra en España. A editorial Ediciónes Clásicas S. A: de Madrid ten publicadas tódalas súas obras. Síntome na obrigación de argumentar o feito de que nunca deben antepoñerse os actores á luz, ao son ou incluso aos patrocinadores. Sen unha boa iluminación ou unha boa banda sonora non se podería ter a calidade da que gozan as nosas representacións. Ninguén vale máis que outros e todos somos “ sardiñas “ de igual condición. As viaxes, as amizades, as “broncas” , o esforzo, os choros, a impotencia, o orgullo, a emoción, os NERVIOS, pero sobre todo os aplausos fannos sentir por un momento persoas incribles capaces de aturar todo o que nos veña enriba. Sei que algún día terei que marchar e a idea entristéceme dunha forma aterradora pero mentres tanto levo a miña camiseta branca adornada cunha pequena sardiña con máis orgullo que se levara un taxe de millóns de euros, porque todo o que sinto cando a poño supera incluso o éxtase de subir ao escenario diante de centos de persoas.
Lucía Gómez Franco, 1º B Bacharelato
TEATRO 19 OS ALUMNOS DE FRANCÉS VAN Ó TEATRO LE MALADE IMAGINAIRE Le lundi 13 Mars tous les élèves de français, nous sommes allés voir une pièce de théâtre: Le malade imaginaire, de Molière. On représentait la pièce au I.E.S. Cruceiro Balear et nous sommes partis du lycée en bus à onze heures moins le quart. Quand nous sommes arrivés il y avait beaucoup de monde. Il y avait des lycées de toute province. Au long de la matinée il y a eu trois représentations de la pièce, nous sommes allés à la deuxième représentation. On connaissait très bien l’argument de la pièce parce que pendant une semaine on avait travaillé avec la pièce: en faisant le resumé, en chantant les chansons et en lisant quelques extraits. Les acteurs on fait une adaptation très bonne, très amusante et très actuelle de cette comédie du dix-septième siècle. Il y avait seulement trois acteurs pour représenter tous les personnages et pour indiquer le personnage interpreté en chaque moment ils changeaient de costume. Les acteurs ont très bien joué les différents rôles malgrè la difficulté. Le décor très simple mais suffisant. Pour faciliter la compréhensión ils parlaient de temps en temps en espagnol et de cette manière tous les élèves pouvaient comprende, même les plus petits. À la fin de la pièce il y a eu un petit colloque avec les acteurs mais qui n’a pas duré longtemps parce qu’ils devaient se préparer pour une troisième représentation. Nous sommes rentrés au lycée très enthousiastes parce que la pièce nous avait beaucoup plu. O ENFERMO IMAXINARIO O luns 13 de marzo, todos os alumnos de francés fomos ver unha obra de teatro (en francés): O enfermo imaxinario de Molière. A obra representouse no I.E.S. Cruceiro Balear, saímos do instituto, en bus, ás once menos cuarto. Cando chegamos había moita xente, institutos de toda a provincia. Ó longo da mañá houbo tres representacións da obra, nós fomos á segunda representación. Coñeciamos moi ben o argumento da obra, porque ó longo dunha semana, traballamos facendo o resumo da mesma, cantando as cancións e lendo algúns fragmentos. Os actores fixeron unha adaptación moi boa, moi actual e moi divertida desta comedia do século dezasete. Había só tres actores para representar todos os personaxes e para indicar as que se interpretaban en cada momento, cambiaban o vestiario. Os actores representaron moi ben os diferentes papeis, a pesar da dificultade. O decorado era moi simple, pero suficiente. Para facilitar a comprensión falaban, de cando en vez, en castelán, desta maneira todos os alumnos pudieron entendelo, mesmo os máis pequenos. Ó remate da obra, houbo un pequeño coloquio cos actores que non durou moito tempo porque eles tiñan que prepararse para a terceira representación. Voltamos ó instituto moi entusiasmados porque a obra nos gustou moito. Isaac, Tania, Iria, Carla et Lucía ( avec l’aide de la professeur de français Carmen Tembrás). 1ºB Bacharelato.
20 ACTIVIDADES DOAZÓN DE ÓRGANOS No mes de febreiro asistimos a unha charla informativa sobre a doazón de órganos organizada polo Departamento de Relixión do noso instituto. Tanto para a xente que non sabía nada acerca deste tema, como para os que nos interesaba coñecer máis información, a charla resultou moi interesante e amena. Primeiramente falounos un doutor do complexo hospitalario Juan Canalejo que nos explicou de maneira clara en que consisten as diversas enfermidades que necesitan como única cura a doazón de órganos e algúns datos referidos a este tema como por exemplo a escaseza de doantes que hai hoxe en día, hai listas de espera de anos para xente que necesita órganos vitais que nunca chegarán a tempo. Na actualidade o hospital coruñés Juan Canalejo é un dos máis prestixiosos centros médicos onde se practican este tipo de operacións. O médico, que nos deu a charla, comentounos que este centro ten tanta fama que acoden a el persoas doutros países e mesmo doutros continentes para ser tratados polos grandes especialistas de dito hospital. Ademais, acompañando ó doutor, coñecemos a un dos moitos pacientes que recibiron cuidados no Juan Canalejo. Explicounos a súa experiencia a raíz dunha grave emfermidade, non só recibira un órgano, senón dous. Obviamente, a partir disto a súa vida cambiou: xa que debía comer san, cuidarse máis e practicar deporte. Pero, e o máis importante, estaba vivo e ademais disfrutaba dunha vida máis alta a carón dos seus. Hoxe en día hai moitos adiantos no campo do transplante de órganos, por exemplo, hai uns meses, realizóuselle a unha muller francesa un transplante de rostro que, ademais de cambiarlle a vida (xa que non podía nin comer), serviu de precedente para outros casos e de aliciente para seguir investigando no campo. En conclusión, co simple feito de doar sangue ou que ó falecer doemos os nosos órganos, axudaremos a que moitas persoas poidan seguir coa súa vida e a que máis familias poidan vivir mellor. Así que, ¿por que non encher unha tarxeta de doazón para aportar un gran de area e conseguir deste modo unha sociedade máis solidaria? DOA!!!! Yaiza Fernández Rapela 1ºD Bacharelato Marina Gundín Díaz 1ºD Bacharelato
ACTIVIDADES 21 “ADORMIDERAS BAIXO O MICROSCOPIO” Esta mostra trata de expoñer e dar a coñecer ao noso centro e público en xeral as imaxes vistas polo alumnado na súas prácticas ao longo destes últimos anos. Son unha recopilación das imaxes máis significativas feitas polo seu profesor, o catedrático Carlos Pérez Valcárcel. Son prácticas de laboratorio habituais: citoloxía, histoloxía animal e vexetal, organografía e fisioloxía celular con experiencias como ósmose, mitose... Neste traballo estudamos microorganismos de augas doces como fitoplacton e zooplacton no que se inclúen os cinco reinos: moneras, protistas, fungi, animais e vexetais, tamén investigamos ás veces o seu comportamento no referente a relacións co medio e a súa producción.
O ciclo evolutivo desta bolboreta dura uns 60 días, e comprende o nacemento, desenvolvemento da eiruga, formación do casulo, bolboreta, cópula, posta de ovos e morte.
22 ACTIVIDADES Unha explicación moi interesante sobre o clima. O luns día 21 de novembro veu á nosa clase de Ciencias un Técnico de Instrumentación (pai dun compañeiro de aula) a explicarnos e amosarnos os aparellos dunha estación meterolóxica. Explicounos, entre outras cousas, o seguinte: • As isobaras son lineas que miden a presión atmosférica. • Os anticiclóns son zonas de altas presións. • Os frentes prodúcense cando un anticiclón e unha borrasca entran en contacto. • As tormentas tropicais e os furacáns: as tormentas tropicais prodúcense cando a auga, á profundidade de 75m., está a 27 º C. Os furacáns prodúcense cando a auga quente se evapora e vaise alimentado de si mesma e cando chega á terra descarga toda a auga que levaba. Poden ter cinco categorías. • Ensinounos estes aparatos: o Veleta: serve para saber a dirección do vento. o Higrómetro: serve para saber a humidade. O que trouxo era de hai 40 anos ( moi caro). Levaba pelo de señora ( kg de pelo de señora vale 1.000 euros) pero do leste, porque alí bótanse menos cousas ao cabelo. Levaba pelo de muller porque cando o tempo vai húmido este encolle e cando o tempo vai seco, estírase. o Barómetro: para saber a presión atmosférica o Termómetro: para saber a emperatura. o Anemómetro: serve para saber a velocidade do vento. Tamén nos explicou como se trazan as frontes frías e cálidas nos mapas: as primeiras cuha liña continua de cor azul con picos, a segunda cunha liña continua de cor vermella con semicírculos. O vento represéntase con tres tipos de frechiñas. Cantas máis raíñas teña máis forte será o vento…. Gustounos moito que nos viñese a ensinar tantas cousas e agardamos que volva cando esteamos en cursos máis avanzado. Uxía Calvo Gabriela Beade 1º ESO
ACTIVIDADES 23 Miguel Zapata, Lichi Crespo, Sabina Casais e Bea Mazaira: Algúns dos alumnos que con toda seguridade veredes sempre no escenario en tódolos festivais que se organicen no Instituto son Miguel Zapata, Lichi Crespo, e Sabina Casais. Os tres xuntos ou cada un por separado actuaron nos festivais de Entroido e de Nadal deste curso, tocando a guitarra e cantando. No festival de Nadal, Zapata e Lichi interpretaron dúas cancións: “Knockin on Heaven´s Door” de Bod Dylan e “Twist and Shout” dos Beatles, Zapata cantando e tocando a guitarra e a harmónica e Lichi acompañando coa súa guitarra. No festival de Entroido este pequeño grupo, xa con Sabina Casais e con Bea Mazaira como “ estrela invitada” interpretaron catro cancións: “ I feel thee Earth Move” de Carole King, “ Me and Bobby McGee “ de Janis Joplin, “ Folsom Prison Blues ” de Johnny Cash e para rematar o famoso “ Knockin ´On Heaven´s Door” de Bob Dylan. Esperamos poder ver de novo a estes rapaces actuando nos próximos festivais. Sorte nas próximas actuacións e moitos éxitos!!!
24 ACTIVIDADES ADORMIDERAS AGÓCHASE ENTRE AS MÁSCARAS Non precisamos facer moita memoria para recordar os feitos ocorridos nesta festividade, xa que, facilmente retornan á nosa testa os compañeiros en plena actuación, remexendo por todo o instituto variedade de estilos e cores, todo en prol da presenza do entroido. A maña comezaba chea de sorpresas, os alumnos xa aparecían disfrazados, aínda que só a partir do segundo recreo a actividade festiva comezaba a ser protagonista. Aquel día puidemos observar como ata os mais cohibidos se deixaban ver, alguns pretendían pasar desapercibidos con máscaras e outros atavios pero case sempre remataban por seren descubertos. Grazas á colaboración de varios grupos de alumnos do centro puido celebrarse un acto no que se mostraron distintas actuacions para goce e disfrute do resto de alumnado e profesores. Neste acto cobrou gran protagonismo a música, que como non, xunto cos disfraces de entroido foi unha das claves desta festa, na que puidemos disfrutar dende música de Junior ata á reproducción de música en directo da man dalguns compañeiros do instituto, os cales deron vida á festa acompañados dunha guitarra, tamén se adicaron a facer “ moito ruido” as rapazas con ganas de ir para cama, elas apareceron memorando un anuncio televisivo. Unha xornada na que se celebrou entre diversas máscaras o xa tradicional entroido. Ana Calvar Debussy 1ºD Bach
Dámaris Alonso López 1ºD Bach
AS NOSAS CREACIÓNS 25 NA RÚA Non vai vir... pero díxome que si, onte díxome que si. Sabe que hoxe é o meu aniversario. Cantos anos leva vindo? Terase esquecido de min? Hai unhas semanas pasou das mans dun mozo, sorriume... Tería que ir a algún sitio co rapaz? Teño que recoñecer que ando con algo de ciúmes... Tamén foi o día do meu aniversario o día que eu a coñecín ... hai xa tempo, ela tería seis ou sete anos, agora xa é unha moza...chovía e a meniña estaba sentada nun portal fronte miña. Non sei que pensaría de min, un vello xa, tirado na rúa cun can como compaña e un acordeón ao meu lado. Estivo un cacho mirando, era unha mociña loira, de ollos tristes; ergueuse, achegouse a min e díxome, “Podo contarche un conto que aprendín hoxe na escola?”. Non lembro cal era a historia, mais si como sorriu cando lle dixen que si. Non vén, non vai vir... Desde entón viña saudar e cando saía antes da escola viña contarme cousas, como o que fixera ese día en clase ou como se chamaban as súas amigas.... Algunha vez lle teño tocado algunha canción... Hai dous anos chovía tamén e o día do meu aniversario tróuxeme un caravel, sabía que eran as flores que lle gustaban á miña muller cando estaba viva. A verdade é que a rapaza se parece un pouco a ela. Onde estará? Non vou chorar. Xa pasaron as mozas do instituo, non vai vir. Ei, para, cadelo, non me mires así, ata que veña a rapaza non me vou mover. Eu xa sei que a señora esa nos mira con cara de noxo pero é que non ten bo gusto... xa sabes, non somos o seu tipo. Xa deben ser as catro ou as cinco. Xa entrou todo o mundo a traballar outra vez... Alí vén unha moza...vén para aquí! Será ela? Non é, ten o pelo mouro... -Xoán? -.... - É vostede Xoán? - Pode ser... - De parte de Xiana, feliz aniversario.. Chamoume por teléfono. Está enferma e non vén á clase. - ... - Abur... - Agarda. Dille que en canto poida veña, que lle terei gardado un caravel. Ángeles Díaz Seoane
26 AS NOSAS CREACIÓNS UN DIÁLOGO REFLEXIVO ¿QUEN ENTENDE ÓS HUMANOS? - ¿Qué é isto?-, preguntou a pequena alieníxena mentres observaba con curiosidade as escaleiras mecánicas, as tendas e os clientes que transitaban o centro comercial. - Isto é un centro comercial. - ¡Ah! Xa sei...-, os ollos azuis ilumináronselle como se acabase de facer un gran descubrimento, - é un deses lugares onde a xente traballa e hai moitas máquinas. - Non, ti refíreste a unha fábrica-, a inxenuidade da criatura fíxolle sorrir,- isto non ten nada que ver, aquí a xente vén no seu tempo libre a mercar cousas. -Pero, ¿o tempo libre non é o tempo de diversión das persoas? -Si, pero a xente pásao ben indo de compras. -¿Pásao ben?!, pois...quen o diría-, mirou con incredulidade, levan unha cara de amargados..
- Non entendo porque a xente en canto por fin pode facer o que quere, métese nun lugar tan aburrido coma este. - ¡Pero se ti non estiveches nunca dentro! - ¿Aquí é onde gastan o diñeiro que gañan? - Si, e cámbiano por cousas. - ¿Cousas como que? - Pois... comida, roupa, utensilios... cousas que precisan. - Ah, era por iso que veñen! Non lles queda outro remedio. Pobres persoíñas-, mirounos con compasión. - Pero se a eles lles gusta ir de compras! - ¿Queres dicir que realmente son felices? - Pois... - Xa estou cansa deste sitio, ensíname outro. Metéronse na máquina e de novo comezou a xirar. A rapaza humana quedou pensando “¡Que difícil lle vai ser adaptarse ó mundo a esta pequena alieníxena...!” Celia Espona Pernas
DENDE OUTRA MIRADA Non me gusta ver a mamá chorando. Énchenselle eses grandes ollos azuis de bágoas e aínda que lle diga que xa pasou todo segue laiándose, coma min cando me rifan por non facer os deberes. Odio a papá cando se pon tonto. Dille cousas moi feas a mamá e sen que ela poida reaccionar , arréalle unha labazada. Míroo, el fai o mesmo e firmemente dime que mamá non fixo ben e que as leis na casa as pon o home que para iso trae os cartos. ¡ Eu endexamais serei maior! No quero traer o diñeiro á casa, así non rifarei coa miña moza. Meu pai baixa ó bar dando un portazo. Quedou co Manolo e co Xosé para xogar ao tute. Eu fiquei con mamá. Falando soa, en baixiño, cun ollo pobre e non tan azul, sanga polo beizo… agarrándoa polas meixelas e acariñándo os seus brazos doridos pregúntome se lle doe moito. Ela sorri e dime que non, que o papá fai ben, que só quere que sexa unha boa mamá. Doulle un bico grande e vou xogar ó parque co Tonecho. Pecho a porta. Escóitoa…tapo os oídos entoando a canción dos ninjas da tele… Non me gusta ver á Mamá chorando… Lucía Gómez Franco
AS NOSAS CREACIÓNS 27 OPINAMOS... OS AMIGOS OU A TECNOLOXÍA? Hoxe en día, a televisión por exemplo, inflúenos á maioría da xente de tal xeito, que moitas veces perdemos o contacto cos nosos familiares e amigos. Este caso, vivino eu nas miñas propias carnes, dende que temos a televisión na cociña, as conversas que tiñamos a cotiá a miña familia e eu foron substituídas por un señor dando as noticias, quedando todos, mirando para esa caixa. O mesmo pasa co ordenador e con Internet. Pasamos máis tempo con eles que cos nosos amigos. Véñenme á cabeza aqueles recreos de cando eu era nena, tan divertidos e fantásticos que pasabamos no parque xogando coa natureza e deixando voar a nosa imaxinación. Agora cando observo ós nenos, a paisaxe cambiou totalmente. Xa non os vexo xogando no parque, nin tampouco nas rúas, nin cunha pelota entre as súas mans, se non que todo isto foi substituído por unha “Game boy”, e están xogando nunha total soidade, sen falar nin relacionarse con ningún outro neno. Para rematar, gustaríame plasmar a miña opinión, non creo que as novas tecnoloxías estean mal, senón todo o contrario, pero tamén creo que o máis importante é relacionarse co entorno que temos. A tecnoloxía avanza practicamente á velocidade da luz, pero non nos abandona aínda que non a empreguemos diariamente. Pero os nosos amigos e familiares pódennos abandonar se non lles adicamos diariamente o tempo que lles corresponde e que necesitan. Por iso, antes de coller o teu ordenador ou acender a televisión, reflexiona sobre o que acabas de ler, e lembra : OS AMIGOS OU A TECNOLOXÍA?.
IRIA SOTO BUGUEIRO
28 NOTICIAS SECCIÓN EUROPEA O próximo curso 2006-2007 o Instituto Adormideras vai solicitar unha Sección Europea, isto consiste en recibir clases dunha asignatura que non sexa de lingua nun idioma estranxeiro. O idioma elixido foi o inglés posto que o profesor de Ciencias José Luis Zas ten experiencia en impartir clases nese idioma (lembremos que acaba de chegar de Estados Unidos, onde deu clase durante os últimos cinco anos). Neste curso xa está impartindo a asignatura de Física de 2º de Bacharelato en inglés e, como posiblemente nos dea a nós o próximo ano as Ciencias da Natureza neste idioma, quixemos falar cos alumnos de 2º para saber as súas impresións e o que nos deparará. Aquí vai o que nos dixeron na entrevista: Agradecémosvos a vosa colaboración e esperamos que sigades ben nesa clase
Alberto López Huertas Fernando Noya Vecino. Brais Vieites Caamaño
– – – – – – – –
– –
Ola, como vos parece a clase: ¿divertida ou aburrida? Como todas. Ao principio do curso ¿Que pensabades da clase? Que nos ía custar máis. E agora que pensades? Que está ben. Co tempo vas entendendo máis. Entendedes todo o que di o profe? Moitos conceptos vólveos explicar cando non os entendes pero cada vez é máis fácil. Resúltavos difícil estudar os temas en inglés? Non moito.
–
– – – – – –
– – –
1º ESO
Sacabades mellores notas cando a clase se daba en castelán ou galego? Non. Recomendádeslles este tipo de clase aos demais alumnos? Si ¿Resúltavos a asignatura de inglés máis fácil ca antes? Igual. ¿Relacionádesvos con algunhas persoas que falan inglés? Si ¿Entendedes todo o que vos din? Si.
NOTICIAS 29 O DESASTRE DE CHERNOBIL Un informe británico asegura que aínda hoxe en día un 40% do chan da Unión Europea presenta altas doses de contaminación radioactiva. O accidente de Chernobil, foi o accidente nuclear máis grande da historia. O 26 de abril de 1986, nun aumento de potencia no reactor nº4 da planta nuclear Lenin, de Chernobil, produciuse a explosión de hidróxeno acumulado dentro do núcleo por sobrequentamento, durante un experimento no que se simulaba un corte de suministro eléctrico. No momento da explosión morren 31 persoas e ó redor de 350.000 persoas teñen que ser evacuadas de 150.000 km cadrados afectados, quedando deshabitados durante moitos anos. A radiación estendeuse á maior parte de Europa permanecendo os índices de radioactividade sumamente altos durante varios días. Estímase que se liberou 500 veces a radiación da bomba atómica de Hiroshima. Ucrania segue utilizando Chernobil xa que non tiña cartos para construír outra central. Finalmente no 2000 a Union Europea e outras organizacions deron axudas para mellorar outras centrais do país e para que Chernobil se cerrara definitivamente. No 2005, o OIEA elabora un último informe que detalla o número de mortos ocasionados directamente polo accidente en 59 persoas, deles, 48 traballadores da central. Os casos de cancro de tiroides contabilizados foron máis de 4.000. Estímase que 600.000 persoas foron afectadas pola radiación das que ó menos 3.500 morreron. Outro estudio obtén diferentes resultados respecto a Chernobil, segundo este, medio millón de persoas morreron a causa da nube radioactiva que contaminou gran parte de Europa, os datos subministrados por Ucrania non son completos. Outras 30.000 morrerán nos próximos anos. Estas avaliacións presentan unha diferencia importante respecto ás investigacións da OMS e OIEA. Segundo Greenpeace en total foron contaminadas con cesio áreas nas que viven nove millóns de persoas. En Ucrania rexístranse casos de cancro de tiroides, leucemias e mutacións xenéticas que non aparecen nas estatísticas da OMS, e que eran prácticamente descoñecidas hai 20 anos. O 26 de abril deste ano cumpriuse o vixésimo aniversario do accidente nuclear máis tráxico da historia. Por este motivo, Greenpeace organizou en máis de 30 países do mundo unha exposición de fotografías que mostran a situación actual da zona e dos habitantes que quedaron alí tralo desastre. Forman parte desta exposición fotografías coma estas:
maxe de dous nenos con deficiencia mental en Chernobil.
I
Verónica Pazos Freire 1ºD Bacharelato Rubén Pérez Fernéndez 1ºD Bacharelato
30 NOTICIAS ¿GÚSTACHE A MONTAÑA? A Sociedade de Montaña ARTABROS fundouse no ano 1974, como consecuencia da iniciativa dun grupo de amigos que pertencían ó club 'Rey Gerión', decano dos clubs de montaña coruñeses. As dificultades pola situación xeográfica da nosa cidade para a práctica do montañismo, quedaron compensadas por un entusiasmo notable. Pero non só a lonxanía dos macizos montañosos e as malas comunicacións con estes foron o obstáculo: falta de local social, falta de ingresos, falta de material..... A pesar de todo, a súa inquietude xuvenil sumada á experiencia que timidamente lles acompañaba, fixo que pouco a pouco exploraran os diferentes macizos montañosos galegos e asturianos: Ancares, Peña Ubiña, Picos de Europa, os que coas súas xentes e o encanto das súas montañas xa formaban parte deles. Naquela época non podían sospeitar que o mítico Naranjo de Bulnes, que se eleva coma un poderoso bastión e que fai afogarse na humildade ó máis orgulloso, 'caese' ante os montañeiros coruñeses que no ano 1982 o escalaron polas súas vías más difíciles. O milagre estaba a producirse dende unha cidade que, por toda montaña para a práctica da escalada tiña o Petón do Xalo e.... ¡o dique Barrie da Maza! Sinxelamente incrible. En tanto que uns se orientaban ó alto, outros non dubidaron pola afección oposta, aínda que non contraria. A soidade e o inmenso misterio das cavernas coas súas formacións milenarias, as profundas simas, os complicadísimos labirintos que se orientan en todas direccións, suscitaban a curiosidade dos que, máis tarde, se converterían en espeleólogos. As covas do Rei Cintolo ofrecéronlles o primeiro misterio deste deporte-ciencia. Co tempo fóronse adestrando noutros macizos montañosos e coroando os seus cumios: Pirineos, o macizo do Mont Blanc, os altos cumios do Atlas Marroquí, o Aconcagua, as montañas de Kenya e o Caucaso e un longo etcétera figuran xa na lista de montañas ascendidas polos membros do club. Dende os inicios sempre lles preocupou todo aquilo que fose difusión, e por ende realizaron moito traballo e sacrificios dedicados a fomenta-la participación nas actividades dos máis novos; froito disto, e coa colaboración do Concello da Coruña, xorde a campaña” Coñece e Camiña”, na que Ártabros puxo, e aínda hoxe en día con máis de 15 anos de rodaxe seguen poñendo toda a súa ilusión e esforzo. Froito dese traballo ó longo do tempo habería que destacar tamén o deseño e trazado dos primeros sendeiros de Gran Percorrido na nosa comunidade, que gracias ó apoio e axuda da Deputación Provincial da Coruña fixeron realidade na década dos 90. E van nacendo novas seccións: Carreiras de Orientación, Tiro con Arco, ... que hoxe en día son unha das pezas vitais no puzzle de actividades que dende Ártabros se fomentan ¿E que máis contar que xa non dixera? Pois abofé que quedan moitas cousas no tinteiro, pero sen dúbida o máis importante é que Ártabros é un club vivo e dinámico, no que ten cabida todo tipo de xente co vínculo común do amor pola Natureza e polas actividades que nela se poden desenvolver.
NOTICIAS 31 ¿Onde está o local social e en que horario abre?
A dirección é a seguinte: Rúa Santa Teresa, 14 baixo (Xunto á Domus) Horario: Luns a Venres de 20 a 22 horas Teléfono: 981-21 31 15 - FAX: 981-22 03 41 http://www.artabros.org artabros@artabros.org
¿É convinte ser socio? Ó longo dos case trinta anos de existencia da Sociedade de Montaña Ártabros, pasaron polo local social para asociarse ó club máis de tres mil persoas que participaron dun modo máis ou menos intenso nas diferentes actividades organizadas: montañismo, escalada, espeleoloxía, esquí, aire libre infantil, carreiras de orientación, etc. Na actualidade, teñen aproximadamente unha base de socios en activo que case chega ós 650, cun total aproximado de 225 e 60 licencias federativas na FGM (Federación Galega de Montañismo) e na FGE (Federación Galega de Espeleoloxía) respectivamente. Nun primeiro intre, os socios interésanse en participar e acudir ás diferentes e variadas actividades que as distintas seccións organizan as fins de semana, e que se convocan e dan a coñecer mediante o noso boletín informativo trimestral (O Pequeno Artabrado) así coma no taboleiro de anuncios do local social e na web; pouco a pouco, vanse adentrando e colaborando activamente nas distintas seccións, e decantándose cara aquelas que máis lles atraen. Os federados nas distintas modalidades deportivas teñen acceso ó material específico da súa especialidade (material de escalala, material de espeleoloxía, etc.); este material renóvase e actualiza periodicamente para cumprir o seu principal obxectivo: a seguridade. Ademais, o material de uso xenérico (tendas de campaña, cociniñas, etc....) préstase ós socios sen cargo algún. Para participar en determinadas actividades, ademais de ser socio é necesario dispor da Licencia Federativa do deporte elixido (montaña / excursionismo, espeleoloxía, esquí, carreiras de orientación e tiro con arco). As vantaxes das licencias federativas son moitas e diversas. ¿Que instalacións ten o club? O club ten un dos rocódromos máis completos de toda a cidade de A Coruña, que conta con numerosos desplomes e colchonetas de seguridade. Tódolos socios de Artabros teñen á súa disposición unha ampla biblioteca, non só relacionada cos deportes practicados polo club, senón tamén obras literarias e revistas deportivas. Os libros e revistas pódense consultar no local social, e se estás interesado nalgún artigo, poden facerche unha fotocopia do mesmo. Ademais, os socios poden retirar para a súa lectura ou consulta no exterior do local, as revistas son só para consulta e lectura no local. ¿A quen van dirixidas as actividades? A sociedade naceu co obxectivo de fomenta-la práctica do montañismo e as actividades na natureza e á súa vez facelas aptas para todo o mundo. Tendo en conta esta premisa a meirande parte das actividades desenvolvidas van dirixidas a todo aquel que queira iniciarse nesta actividade. Por outra banda para as persoas que xa tomaron contacto con este mundo e queiran progresar, tamén se fan actividades máis esixentes física e tecnicamente.Por isto na sección de Montaña teñen cabida tanto os que queiran probar como aqueles máis expertos.
32 NOTICIAS ¿Que tipo de actividades realizan? Ofrecen un variado abano de actividades: · paseos por vales e fragas · actividades de media montaña, baseadas na realización de ascensións a cumes sinxelos, · ascensións a cumes máis esixentes que implican o uso de técnicas concretas e un meirande esforzo físico, · travesías de varias xornadas de duración, · actividades en neve e xeo, · xornadas de iniciación á escalada e ó rápel · etc. ¿Onde o practican? Segundo o tipo de actividade que queiras desenvolver desprázanse a distintos puntos da nosa xeografía. Aínda que os seus destinos adoitan ser preferentemente ás nosas serras galegas (O Courel, Ancares, Trevinca, etc.) ou zonas montañeiras do norte da Península, tamén nos desprazamos ata os Pirineos cando dispoñemos de varios días ou incluso a zonas máis alonxadas e con montañas de máis envergadura (máis de 4.000 metros) como son os Alpes o Alto Atlas marroquí. Entre os membros da sociedade, tamén se atopan algúns montañeiros que fixeron expedicións a cordilleiras moi alonxadas como o Cáucaso, os Andes e incluso o Himalaya. ¿Que é o “coñece e camiña”? Trátase dunha serie de excursións dun só día que facemos case tódolos meses, polo menos unha fin de semana ó mes. Son marchas curtas que poden servir tanto de iniciación para actividades máis fortes como para alonxarse do mundanal ruído. Non son socio, ¿podo apuntarme ó” Coñece e Camiña” igualmente? Si, pero será a un maior prezo. Ademais, os non socios se poden apuntar á actividade só durante a mesma semana na que se realizará. Nas actividades da fin de semana cando os responsables abren a lista, sóese poñer na páxina Web, pero depende totalmente dos monitores que a van levar. ¿Que é a espeleoloxía? Todo aquilo que ten relacións coas cavidades subterráneas, xa sexa dende a óptica científica como deportiva, chámaselle ESPELEOLOXÍA. Dende sempre, o home tense interesado polas covas ou simas, xa sexa como lugar de habitación, ou ben para explora-lo seu interior á busca de algo concreto (auga, tesouros,...) Pero a Espeleoloxía, tal como hoxe a entendemos, xorde a finais do século pasado da man do francés Edouard-Alfred Martel. Outra das facetas cada vez con máis adeptos é o Descenso deportivo de Canóns e Gorxas. Xa que a beleza deste deporte invita a moitos a comezar a sua práctica
NOTICIAS 33 ¿Que son as carreiras de orientación? A orientación é un deporte que combina pensar e correr nun escenario ó aire libre. Cun plano e unha brúxula poderás seguir un roteiro a través dun terreo descoñecido. ¡É moi sinxelo! O plano de orientación reflicte fielmente o terreo, cos seus camiños, os seus cursos de auga, o seu relieve, os seus distintos tipos de vexetación.... A brúxula, coma elemento auxiliar, axúdache a segui-la ruta a través da Natureza xunto co plano. A Orientación pode ser moitas cousas, como: · Un deporte de alta competición · Unha actividade de recreación para todalas idades · Unha actividade para practicar en familia ó aire libre · Unha parte importante do programa de calquera club ou asociación deportiva ou de aire libre · Un deporte que axuda a estar en forma O deporte da Orientación consiste na realización dun percorrido, xeralmente por zonas boscosas e de forma individual, pasando por uns puntos de paso ou controis. O exercicio físico combínase cunha intensa actividade mental. Os percorridos están adaptados a idades e experiencia dos participantes, existindo un gran número de categorías adaptadas a todalas necesidades. Os clubs, e ARTABROS organizamos carreiras, cursos de iniciación e perfeccionamento, adestramentos.... e ademais podes viaxar a probas noutros lugares e probar os teus coñecementos en distintos tipos de terreo. A Orientación é un deporte fascinante que pode ser practicada polos nenos coma un sistema de ensino na natureza. A necesidade de aventura, a toma de decisións, o amor pola natureza.... son calidades que desenvolve a Orientación nos máis novos. A Orientación é ademais un complemento ideal para outros deportes como atletismo, montañismo, senderismo, esquí, etc. Tamén podes practicar Orientación sobre esquís ou en bicicleta. ¿que outras actividades se realizan na montaña? Na montaña pódense realizar moitos outros deportes nos que o club pode axudar coma o tiro con arco, o esquí ou a escalada. Pero hai moitos outros deportes polos que podes preguntar. Espero que vos teñe axudado a atopar información sobre algo do voso interese e para os que non estivesen interesados, espero que agora teñan ganas de apuntarse a algunhas das actividades que Ártabros organiza xa que é unha forma de coñecer máis a natureza que nos rodea e participar en actividades nas que coñeceredes xente e lugares marabillosos ademais de facer deporte ó aire libre Un saúdo para todos e espérovos ver pronto na montaña:
Tania Piñón Amboage 1º D Bacharelato
34 NOTICIAS RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA Estes dous textos queren ser unha homenaxe ás víctimas e a toda a xente represariada polo franquismo. Dúas persoas que cursan 1º de ESO recordan por medio deles a seu bisavó e avó, persoas que a pesar de ter distinto final tiveron que vivir circunstancias tráxicas que non poden volver repetirse. Reprodúcense as cartas que Juan de López Mata Sánchez lle envía á súa familia para que se comprobe a veracidade dos feitos. Quen queira informarse destes temas, indicar que na nosa cidade existe unha COMISIÓN POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRA DA CORUÑA que ten o seguinte correo electrónico www.memoriadacoruna.org , porque, como di este colectivo A comarca da Coruña sufriu unha feroz represión e, según os historiadores, 559 persoas foron asasinadas nos meses posteriores ao levantamento militar e fascista do 18 de xullo de 1936, e miles de homes e mulleres foron inxustamente perseguidos, torturados, exiliados, encarcerados ou condenados ao silenzo. É hora de rescatar a historia e acabar con este pacto de silenzo, que sepultou a verdade e ocultou as biografías das persoas represariadas. Agora é tempo xa de recoñecer a súa loita, o seu sufrimento e a súa contribución á conquista da democracia e compartimos con eles a idea de recuperar a memoria histórica porque a chamada “transición política” fpo insensibel ao recoñecemento destas vitimas da represión franquista e ao sufrimento e á humillación que as súas familias padeceron durante os corenta anos da “longa noite de pedra” da ditadura e de que se quere facer todo isto desde o respecto a toda a cidadanía, sen revanchismo e cunha actitude pacífica e democrática. MAXIMINO CORTEGOSO OTERO O meu avó naceu en Pontevedra o vinte e sete de agosto de 1926. Os seus pais marcharon para América, a Uruguai, cando meu avó tiña tan só nove meses. El quedou na casa do seu tío (irmán da nai), e alí vivía tamén súa avoa. Ao tempo naceron os seus curmán, un neno e dúas nenas. O seu tío era xastre e tiña unha tenda. E a infancia de meu avó trancorreu entre a casa do seu tío no monte Mourente e na propia cidade de Pontevedra baixo os soportais fronte á praza da Ferrería. Pero aos dezaseis anos tivo que fuxir da guerra. A esa idade tiña que alistarse no exército e entón a súa avoa e a súa tía dixéronlle: “Para perderte na guerra, perdémoste en América”. Porque na familia de meu avó morreron todos os homes menos un curmán del (que estudiaba Medicina en Madrid) e o propio avó (que marchou para Uruguai). Por iso desde os catorce anos meu avó e súa avoa pasaban a noite no monte, a avoa collía unha vara para defenderse das serpes e das arañas do monte, era valante, e foi ela a que lle ensinou a gardar silencio no monte e a defenderse. Ás veces vían o pelotón de fusilamento pasar ao seu lado e entre as pólas das árbores vían o que facían: disparos e os corpos caendo polo barranco. Eles quedaban petrificados de terror e de dor, xa que ás veces coñecían tanto os mortos como os militares que mataban. Logo, durante o día, os mesmos militares ían á tenda de xastrería e meu avó tiña terror de que o levasen. Meu avó contoulle a miña nai a a meus tíos anécdotas da súa infancia, que logo foron os contos cos que eu durmía. Algunhas delas eran moi granciosas. A que a min máis me gustaba era a de cando meu avó lle fora comer as uvas ao veciña durante a sesta. O fillo do veciño era quen facía de campá, e a primeira vez descubriunos polas pisadas, que mediu cunha vara e logo comparounas cos pés de todos os rapaces da rúa. Pero, claro, os pés do seu fillo non estaban porque el estaba colgado das escaleiras de madeira facendo de campá e, en canto avisou, todos agatuñaron ao teito e fuxiron pola parte de atrás. Inocentes eles, o veciño coa mesma vara que mediu os pés deulles no cu. Meu avó non dixo nada na casa, mais o veciño si, e entón castigárono. Mandáronlle pensar no feito pero el encargouse de pensar en como facer a próxima vez para que non os pillases. O próximo día fixeron o mesmo roubo de uvas frescas pero as pisadas foron de case noventa centímetros (arrastraron os pés). Para celebraren o éxito foron á torreta da casa do veciño a comer e a rir mentres vían como medía como un tolo as pisadas. O seu fillo era o que máis festexaba, berrando: bravo, Maximino! Porque o veciño non convidaba nin ao seu fillo. As distintas trasnadas de todos os días eran os seus xogos, mais non tiñan tele e aínda menos play. Pero meu avó era feliz e eu máis feliz cando mas contaba, e agora que el non está eu recórdoas e río. Mayte Puig Cortegoso 1º ESO
NOTICIAS 35 AS CARTAS DO MEU BISAVÓ JUAN DE MATA LÓPEZ SANCHEZ. O meu bisavó era comandante do exército republicano. Cando acabou a guerra cibil en España el non quería rendirse e subiuse uns montes coa poca resistencia que quedaba da república. Loitou contra os nacionais ata que un día dixeronlle que canto mais tempo estibera no monte coa resistencia matarian a alguén da sua familia. Como non baixaba do monte fusilaron a sua irmá con tan so 18 anos. O seguinte era o seu fillo que é meu avó Fidel, os poucos días Juán de Mata baixou do monte e encarceláronlle nunha celda por traición a Franco. Todo-los días que estaba na celda escribíalle cartas a sua muller Consola. Nalgunha carta pediu roupa,zapatos,tabaco,preguntaba polos seus fillos pero cada día que pasaba mais se daba conta de que non o ían soltar, outra carta di que non faltará moito para que o maten. Un día dixerronlle que excavara a sua tumba,el dixo que non pero entón pegaronlle moito e ataronno nun longo pao porque non podía estar de pé dos golpes, e fusilaronno. Logo duns anos as cartas quedounas Consola que regalloullas o seu fillo Fidel. Máis ou menos avéra unhas 10 cartas. Fai uns 4 anos o meu pai ensinoume as cartas pero son moi tristes en parte a que sabe que o matan e escribelle o seu amor Alberto López Huertas 1º ESO Aquí vou escribir unha carta que escribiu
Consola ya me figuro que no estas parada y los trastos ponteb a servir antes de que se te acaben los trastos, pues luego no podrás comprarlos ,pues yo tengo mucha pena por que se que me van a mata y yo quisiera vivir para estar contogo, piensomucho en ti y de nuestros hijos y si no me mataran créetelo que me moriré pensando siempre en ti es ahora y si me vieras no me conocías de lo que he perdido. Y por que no vas a Valdepeñas a que te de mi padre dinero guapa mía yo sufro mucho en ver lo que estás sufriendo por mi culpa, guapa por qué no me mandas sellos y el tabaco que me dijiste que me ivas a mandar, o es que ya no tienes dinero para eso, ponte a servir guapa mía y será mejor. Consola me juras que no serás para nadie mientras yo esté en presidio como igualmente si me matan te casarás otra vez, dímelo de corazón para yo saberlo no temas en decirme lomque tu sientes porque yo se que tan joven como tu eres no vas a estar viúda toda tu vida adios guapa mía pienso mucho y sufro por ti tuyo tuyo asta mi muerte. Juan de Mata López Sanchez.
36 PASATEMPOS AGORA IMOS POÑER A PROBA A TÚA PERICIA MENTAL
-
Por que se suicidou o libro de matemáticas? Porque tiña moitos problemas.
-
Por que hai xente que leva as súas gafas á universidade?
-
Que lle dixo o globo á súa globa?
-
En que semellan un avión e unha cadeira?
-
¿Cantos noctámbulos son necesarios para cambiar unha lámpada?
-
Para que se gradúen
I glove you
No avión podes ir a Kansas. E a cadeira é... por se cansas.
Ningún. Os noctámbulos prefiren a escuridade. A ver: ¿Presente de indicativo do verbo andar? Eu...ando..., ti...andas..., Con máis présa, rapaz. Eu corro, ti corres, el corre.
OS DESPROPÓSITOS DOS NOSOS COLEGAS (burradas variadas nos exames)
-
DEFINE PUNTO DE FUGA: (3º ESO) É o punto por onde se fugan os terroristas
EXPLICA O CICLO DA AUGA: (3º ESO) A auga do mar sobe polos ríos, logo evapórase e forma nubes. Cando chove a auga volve ó mar e todo volve empezar.
-
-
Bacharelato) O texto pertence á década dos fascismos, na que a Constitución queda abolida e se instaura o Comunismo.
-
SOBRE A ECONOMÍA DA UNIÓN SOVIÉTICA NO STALINISMO: (1º Bach) O obxectivo do I Plan Quinquenal é unha república parlamentaria.
-
A interpretación marxista difunde as ideas liberais: dereito á liberdade e á propiedade privada.
Foz, Ribadeo, Cedeira, Faladoira, Ortegal, Capelada.
DEFINE MECENAS: (2º Bacharelato)
SOBRE SANTA SOFÍA DE CONSTANTINOPLA: (2º Bacharelato) É unha basílica descomunal e de moitas dimensións.
DEFINE HIERATISMO: ( 2º Bacharelato) É unha característica da arte grega que consistía en facer os edificios á altura do home.
NUN COMENTARIO SOBRE O PARTENÓN:(2º Bacharelato) En Grecia o símbolo do poder dos faraóns eran as pirámides. En Roma van ser os templos feitos por encargo dos Emperadores e adicados a algún deus.
FALANDO DA PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL: (1ª
O MARXISMO: (1º Bacharelato)
AS RÍAS ALTAS: (2º Bacharelato)
Anunciador, persoa que anuncia algo.
NUN COMENTARIO DE TEXTO SOBRE O FASCISMO: (1º
Bacharelato) Alemaña vólvese moi dura dende que Bismark deixa o poder. Os bolxeviques asaltan a Bastilla para conseguir armas para o gran desastre ocorrido.
-
-
-
¿QUE É A TERRIBILIDADE? (2º Bach) É representar o inferno e o ceo, pero o inferno (os castigados ardendo no inferno sendo castigados por deus, etc.) É unha maneira de difundir medo nos fieis. Damaris Alonso 1ºD Bacharelato Ana Calvar 1ºD Bacharelato
PASATEMPOS 37 A PRIMEIRA E ÚLTIMA LIBERDADE A INTELIXENCIA EMOCIONAL E A MEDITACIÓN A intelixencia emocional é a capacidade de poder controlar as túas emocións de amor, odio, envexa, temor, etec. É moi importante para poder interactuar cos demais. Penso que unha persoa é emocionalmente máis intelixente na medida da propia autoestima, noutras palabras aprender a quererse un mesmo axudará a ter unha mellor intelixencia emocional. É a capacidade de ser intelixentemente emocionais e emocionalmente intelixentes, saber conxugar a razón e a emoción para comunicarnos intra e Inter. Persoalmente, entender as emocións propias e comprender as dos outros, expresar as nosas emocións sen facernos nin facer dano ós outros, en fin saber camiñar pola vida empregando de maneira harmonizada os nosos dous hemisferios cerebrais. A intelixencia emocional, é a capacidade que temos de poder manexar emocións e sentimentos, por medio do uso da razón, non sempre domina a razón, xa que ás veces nos deixamos levar polas emocións, e viceversa, máis ben estamos nun equilibrio constante. Tamén sería importante considerar a relación que existe entre a intelixencia emocional e a meditación que nos axuda non só a relaxarnos, senón a saber canalizar as nosas emocións. A meditación é unha aventura; unha aventura cara o descoñecido, a maior aventura que a mente humana pode acometer. A meditación consiste simplemente en ser; ser sen facer nada, sen acción, sen pensamento, sen sobresaltos. Simplemente é, e isto é puro gozo. ¿De onde vén ese gozo se non estás facendo nada? Non vén de ningunha parte, ou vén de todas partes. Non ten causa, xa que a existencia está feita desa substancia chamada gozo. A meditación é descubrir se o cerebro, con todas as súas actividades e experiencias, pode estar absolutamente calado, sen forzalo, porque tan pronto como o forzamos, aí está de novo a dualidade. Pero se vixía, se escoita todos os movementos do pensamento, o seu condicionamento..., desexos, temores, verá que este se aquieta extraordinariamente.
38 PASATEMPOS ESTE TEST É UN SINXELO EXPERIMENTO EN VIVO QUE PODE SER DE INTERESE 1.- Levas sempre contigo ( levas sempre un destes obxectos dun modo obsesivo, que non podes pasar sen eles)
un libro si non unha libreta ou axenda si non un peite ou cepillo si non unha foto si non un teléfono móbil si non
(sonche útiles para enfrontarte a situacións emotivas conflitivas, antes era común o uso dos cigarrilos, xa é hora de que te expreses emotivamente sen recursos tan infantís ¿non cres?)
2.- ¿Antes que cambiar calquera cousa?¿Que fixeches? (non aceptas cambiar o teu modo de actuar, prefires aceptar unha destas situacións, aínda que perda , emotivamente é para ti moi desagradable, por iso o único que podes facer, é modificar e aprender a reaccionar dun modo emotivo que che permita ser máis flexive, así farás da túa vida algo moi diferente, moito máis agradable)
recoñecerse vencido Si Non perder a oportunidade Si Non quedar mal Si Non 3.- Cando teñen mala fe é... (gústache xustificar as súas accións que non son moi favorecedoras cara os demais)
que o buscou Si Non que lle acusan en falso Si Non que a súa memoria quedou en branco Si Non (é unha conducta emotiva que pola súa propia saúde debes modificar, non xustifiques máis as súas malas accións, enfróntate e acaba con elas)
4.- ¿A xente paréceche a miúdo? (tes unha visión propia do modo en que se comportan os demais con respecto ó mundo e cara ti)
Demasiado interesada Si Non Demasiado branda Si Non Demasiado preocupada Si Non (sempre resulta máis sinxelo dicir que son os demais... pero erras, cando o aprendas, verás que o máis fácil é asumir emotivamente as responsabilidades, ¿non o cres así?)
5.- A túa consigna...
(tes consignas ou regras que acaban por ser pequenos ditadores na túa vida cotiá)
A humildade permite actuar con potencia Si Non É máis fácil mandar que obedecer Si Non Os acontecementos dirixen ós homes e non o contrario Si Non (son unha carga sen que aínda o saibas, porque iso significaría cambiar o teu modo de actuar e esixe un gran esforzo persoal, ademais estás convencido/a de que é correcto, isto é algo moi estendido, pero non por iso correcto; evita consignas, vivencia a vida no presente, a existencia non se pensa, é unha manifestación profunda)
Solucións: MAIORÍA SI: SABES O QUE DESEXAS PERO EN OCASIÓNS TES UNHA LIXEIRA TENDENCIA A CREAR SITUACIÓNS Ó SEU FAVOR, ISTO PODE TRAERLLE NALGÚNS MOMENTOS ALGÚNS PROBLEMAS, SE VOSTEDE OBSERVA DUN MODO PROFUNDO A SÚA CONDUTA E A PODE MODIFICAR UNHA ACTITUDE MENOS EGOCÉNTRICA RESOLVERÁ A SÚA VIDA DUN MODO MOITO MÁIS SATISFACTORIO. OS DESEXOS PODEN PRODUCIR UN EXCESO DE AMBICIÓN, E ISO É COMO SUBIR UN RÍO CARA ENRIBA. ÁNIMO. MAIORÍA NON: ES UNHA PERSOA CON INTUICIÓN, SABES CONECTAR COS TEUS SEMELLANTES, PERO O SEU DEFECTO É QUE PERDE O CONTROL OU CONFIANZA E A SITUACIÓN PÓDELLE SUPERAR. OBSERVE OS SEUS CONTIDOS MENTAIS EN PROFUNDIDADE BUSCANDO AS SÚAS ORIXES, E SE SON SINCEROS COAS SÚAS EXPRESIÓNS DE DESEXOS. A MAIOR DIFICULTADE É COÑECER DE MODO PROFUNDO A RAÍZ DOS NOSOS DESEXOS, COÑECER O QUE OS OUTROS DESEXAN É O HABITUAL. ÁNIMO. Judith Rodríguez Juíz Antía Núñez Vázquez
1º D Bacharelato 1º D Bacharelato
PASATEMPOS 39 O TANGRAM O tangram chinés é un crebacabezas en que o número e a forma das pezas son invariables. O tangram consta de sete formas básicas obtidas por división dun cadrado. No cadrado da ilustración podes ve-las sete pezas do tangram. O obxecto do tangram é formar con sete elementos básicos figuras xeométricas como un cadrado, un triángulo, un paralelogramo ou un trapecio. Aínda que se poden construír figuras xeométricas, utilizando só algunhas pezas do tangram, nos chamados xogos do tangram teñen que intervir as sete pezas, nin unha máis nin unha menos. Podes construír o teu propio tangram con cartolina e traballar con el.
A continuación presentámosche algunhas figuras que se poden compoñer coas sete pezas.
40 TUTIFRUTI A descoñecida vida de…
Nacida en 1885, morta un domingo de 1971, Chanel revolucionaría o S.XX. achegaralle á muller o confort e a comodidade reservada ó vestiario masculino, e contribuirá á súa emancipación. Grabielle Chanel, nace en Samur no ano 1883. O pai, que leva unha vida practicamente de vagabundo, e ó que ela adora, dalle o nome de Coco. A nai, enferma dende hai tempo, morre cando ela ten doce anos. Abandoada polo seu pai nun orfanato, debe elixir entre facerse monxa ou continuar os seus estudos. Escolle o último e comeza a ser consciente da diferenza entre o seu pasado pobre e o seu presente escolar, rodeada de rapazas ricas. Aprende a coser e é contratada nunha sombrearía. Despois de varias vicisitudes e contratempos (cantante de cabaret,etc) coñece a Bob Capel, que lle ofrece unha tenda na rúa Cambon de París, xusto detrás do hotel Ritz. Así comeza a confeccionar sombreiros para as amizades. Ós sombreiros seguenlle os xerseis, que entran a formar parte da vestimenta feminina e os mini vestidos negros.
TUTI FRUTI 41 Todos queren parecerse a Coco. Coco pasa a formar parte da alta sociedade cultural, literaria, musical…e deixa atrás o seu pobre pasado. As súas amizades pasan a ser, entre outros, Jean Cocteau, Stravinsky, Pablo Picasso… A partir de ese intre a súa carreira é imparable. En 1921 lanza o seu coñecido perfume Chanel nº5, primeiro perfume lanzado por un modisto, que se converte nunha lenda. En 1928 presenta os traxes de muller, séguenlle as xoias de fantasía… en 1935 Chanel emprega a cerca de catro mil mulleres e vende os seus modelos por todo o mundo. Pouco a pouco ponse como símbolo da muller liberada e seductora. Desta época preceden tamén os seus obxectos fetiche, broche en forma de camelia, o bolso acolchado ca dobre “c” e o perfume Chanel nº19. Morre na súa habitación do hotel Ritz e os seus restos repousan en Laussanne, nunha tumba rodeada de cinco leóns de pedra. Coco Chanel non se casou nunca, pero sempre tivo un home ó seu carón. Os seus amantes adorabana porque era independente e misteriosa. Atraía ós homes vinte anos máis novos, incluso cando ela sobrepasaba os sesenta anos de idade. Ela tamén os adoraba e cando a relación amorosa remataba sempre quedaba en amizade. Chanel atopouse con moitos problemas ó longo da súa vida, particularmente no seu traballo, pero sempre logrou sobrepasalos. Perdeu a seus pais, pero atopou un novo círculo de amizades que a inspiraron e sempre a animaron. Era pobre pero acadou independencia económica. Non se casou, pero coñeceu o amor. Houbo mulleres que se burlaron de ela, pero Coco liberouse dos seus prexuizos sociais. Coco Chanel convirteuse nun icono da vida glamurosa do S.XX. e deixounos marcas de elegancia e glamour que ainda na sociedade de hoxe se seguen a percibir. Ana Calvar Debussy Dámaris Alonso Lópe
42 TUTIFRUTI
Dรกmaris Alonso Lรณpez nยบ1 1ยบD
DEPORTES 43 DIARIO DUNHA SEMANA NA NEVE VIAXE A JACA Saímos o día 29 de xaneiro ás seis da mañá dirección Jaca. Chegamos alí o mesmo día pola tarde sobre as seis, fomos ó hotel Mur e repartiron as habitacións. Xa sen perder moito tempo fomos alugar e recoller os esquís, as botas e os bastóns. Cando todo o mundo tiña o seu material voltamos ó hotel, ceamos e durmimos a nosa primeira noite en Jaca. Ó día seguinte erguémosnos ás oito da mañá, e sobre as dez e media partimos cara as pistas que estaban a uns 20 km de Jaca. Ás doce empezamos as clases e ás dúas comemos. Pola tarde tivemos un anaquiño de tempo libre e puidemos facer esquí libre. Cando chegamos a Jaca fomos dar unha volta e ver a catedral, logo voltamos ó hotel, ceamos e despois a durmir. O martes ás nove e media xa estabamos saíndo cara a Candanchú para poder aproveitar e facer esquí libre ata a hora das clases, ou sexa ata as doce, o resto do día foi igual ó anterior, agás a tarde, que visitamos unhas covas, as covas de Güisas, que están debaixo dunha montaña no pobo de Villama moi cerca de Jaca. Despois xa regresamos ó hotel. O terceiro día, a mañá foi igual que a do martes e pola tarde leváronnos a xogar ós bolos a unha boleira que estaba nas aforas de Jaca. O xoves foi o primeiro día que subimos en telesilla e que nos tiramos desde pistas máis longas e máis difíciles. Pola tarde esquiamos ata as cinco e logo fomos dar unha volta por Jaca para comprar algúns agasallos. Ás dez da noite houbo unha festa de despedida nun pub. O último día foi o mellor porque xa sabiamos esquiar bastante ben. Estivemos esquiando toda a mañá e despois de comer xa baixamos a Jaca para entregar todo o material no local do aluguer. Logo recollemos as maletas no hotel e saímos sobre as cinco e media da tarde. Ás catro e media da mañá xa estabamos en A Coruña moi contentos e esgotados !!!
44 DEPORTES
Campionato de pimpón
1º campionato de Pimpón do Ies Adormideras. Torneo de Nadal Participantes: Grupo A:1º,2º 3º ESO: Pablo Bocelo Brais Vieites Ángel Baz Alberto López Elías González Fernando Noya Gustavo de la Torre
Grupo B:4º ESO1º e 2º Bach.: Brian Richardi David Baña. Jorge López Adrián Freire. Jacobo López Lois López Damián Vilariño. Guillermo Fernández Jorge Fontán Daniel Blanco.
Estes son os participantes dos 1º Torneo de Nadal de pimpón celebrado no IES Adormideras neste curso.
Os gañador absoluto foi Alberto López de 1º ES0. Animamos a todos a seguir participando en próximas competicións e SORTE!!!
PATINAMOS QUE DÁ MEDO Como tódolos anos o alumnado do IES Adormideras imos patinar na pista de xeo do Coliseum. Esta é unha actividade que realmente goza de moito éxito entre os alumnos, pois non é doado que por estes lares haxa pistas de xeo. Desde que se ubica a pista de xeo na Coruña, procuramos ir. É a profesora de Educación Física, Isabel Tabeayo, a quen lle damos as grazas por nos levar a esta actividade.
“ A caronciño da varandiña” O día 15 de Decembro de 2005 fixemos unha saída á pista de xeo do Coliseum. A saída fíxose pola mañá. Fomos o alumnado da ESO. Ao chegar alí déronnos uns patíns e unha luvas e saímos a patinar á pista. Ao principio os compañeiros tiñan medo de caer e , por iso, agarrábanse á VARANDIÑA pero despois dun anaco empezaron a soltarse pero iso non impediu que a xente caíra de cando en vez . Despois de patinar durante unha hora mandáronnos saír da pista e entregar o material . E xa voltamos para o Instituto a seguir traballando. Todo o bo se acaba.... Cristián Delgado Ferreiro Ignacio Rodríguez Senra Santiago Ros Pérez.
UNS VEÑEN E OUTROS VANSE 45 ALICIA Entrevistamos a Alicia,nosa profesora de Física e Química, que está este ano substituíndo a Carmen Iglesias. 1. Cantos anos levas na docencia? Dende o 93: 13 anos. 2. En que centros estiveches? En 12 centros de toda Galicia: Cangas, Vigo, Pontevedra, Ferrol, Narón, Pontedeume, Ares, Rianxo... 3. Gostaríache instituto?
quedar
neste
Sí, encantaríame. Porque é un centro pequeño, coñeces a tódolos profesores e a moitos alumnos, e a relación que teño con todos paréceme boa, cóidanme moito. 4. Que clases das?
moi
Benvidos 1ºESO!!!!!!!!!!!!
A 1ºESO: Ciencias Naturais, a 4ºESO: Física e Química, a 4ºESO Diversificación: Ámbito Científico (Matemáticas, Bioloxía, Física e Química), 1ºBacharelato: Física e Química, nesta clase teño ppoucos alumnos, trabállase mellor, é unha vantaxe. 5. Como te sentiches o primeiro día de clase? Sempre que comezo nun sitio novo veño moi nerviosa, pero neste centro adapteime moi rápido, polo bo trato persoal recibido, considerando que estou de sustituta e iso as veces constitúe un obstáculo para os alumnos porque levan anos acostumados ao seu profesor habitual. 6. Que anécdota destacarías nos teus anos como profesora? A 1ª substitución que fixen foi en Pontevedra. Eu estaba embarazada case de 7 meses. Estiven alí sobre un mes e medio. Cando terminei a substitución e volvín a casa, os poucos días chegárame un ramo de flores e un traxe para bebé. Era un regalo dos alumnos.
Neste ano no que nos deu clase, a parte de aprender moito, collímoslle un gran cariño, polo que a botaremos moito de menos o ano que ven. No primeiro día de clase notámola un pouco nerviosa, cous que era normal xa que aínda non coñecía a ninguén, pero pouco a pouco colleu unha gran confianza tanto nos alumnos coma nos profesores, polo que vai ser difícil olvidala. Por iso queremos dicirlle que a queremos moito. Moitos biquiños Sandra Blanco, Nuria Varela, Miguel Legázpi, Miguel Espantoso, Carlos García e Paula Hernádez
46 UNS VENHEN E OUTROS VANSE
2ยบ A BACHARELATO
2ยบ B BACHARELATO
UNS VEร EN E OUTROS VANSE 47
2ยบ C BACHARELATO
2ยบ D BACHARELATO
48 UNS VEÑEN E OUTROS VANSE PROFE QUEREMOSTE A mediados deste curso a nosa profesora de Relixión, Flor, tivo que cambiar de centro. Cousa que nos colleu de sorpresa e costounos moito asimilar tanto a nós, como a ela, que estaba xa moi afeita ao instituto e aos alumnos. Flor era profesora de relixión, pero sobretodo era unha gran persoa e amiga, contábamoslle calquera cousa, calquera problema... non lle importaba que fose no recreo ou ocupando o seu tempo libre. Ela sempre nos amosaba o seu apoio e intentaba axudarnos en todo o que podía. Aínda que probablemente non volva darnos clase, recordarémola. Todos sabemos que sempre poderemos contar coa súa axuda e ela coa nosa. Sempre que podía levábanos de excursión, participaba nas actividades que organizaban e facía as súas clases moi amenas e divertidas, realizando proxectos de investigacións tanto con ONGs coma con outros colexios, e facéndonos acudir a charlas moi educativas e interesantes. A última clase que nos deu ( antes de cambiar de centro ) foi moi triste, ela intentaba levala coma unha clase máis, pero nós xa tiñamos coñecemento da súa marcha, a xente quedou calada, non respondía a ningunha das preguntas da profe, era unha situación moi incómoda sobre todo para ela que quería deixar a súa despedida para cando a clase remetase. Ao final Flor tivo que interromper a clase para explicarnos o porqué da súa marcha e todos quedamos moi tristes. Flor seguira sendo moi querida no instituto. Botarémoste moito de menos.
Moitos biquiños. Cecilia Conde Nuria Varela Daniel Bea Raquel Castro Paula Hernández
Alumnas 4º E.S.O.
CECI NON TE ESQUEZAS DE NÓS!!!! Cecilia Conde López, alumna de 4º E.S.O. Que leva tres anos neste centro marchará o ano que vén para estudar 1º de bacharelato en E.U.A. Aproveitando unha beca que lle foi concedida. Ceci vaise un ano enteiro, nós alegramonos moito por ella porq que é unha gran oportunidade, pero no que a nós respecta estamos moi tristes xa que é un ano enteiro e marcha moi lonxe. Cecilia é unha gran alumna e compañeira pero sobre todo unha boísima amiga, por eso queremos dicirlle que a queremos moito, que a imos botar moito de menos, que estaremos aquí para cando volva e que esperamos que non se esqueza de nós. Ceci guapa, querémoste moi. Nuria Varela Fabeiro Paula Hernández Basterrechea