Un día, tiven unha idea realmente boa. Como tiña moita curiosidade polo espazo, decidín … Ir á Lúa!! Ao principio pensei que non sería posible, pero é verdade que podía dedicar varios días a construir a nave, porque non había ningún plazo fixo. Leín algún libro sobre as naves, así que comecei a construíla. ``Uff, rematei!! Dixen cando a nave estaba completa. Tardei dúas semanas pero mereceu a pena. Preparei a mochila metendo todo tipo de cousas necesarias. De noite … Xa estaba disposta a despegar e entrei na aparatosa nave. Tiven que guiarme por un manual, pois non tiña idea de como manexar o mecanismo. Tardei horas en chegar. Nada máis aluar, comecei a voar pola nave. Era pola falta de gravidade. A primeira sensación que tiven foi asombrosa. Por un momento pensei que tiña alas! Na distancia divisei unhas pequenas pegadas. Pero non eran normais, tiñan un aspecto ameazador, con grandes garras, e había algunhas sinais de que ese animal tiña pelo. Collín a cámara da miña mochila e fíxenlle unhas cantas fotos desde distintos ángulos.
Seguín as pegadas, xa que tiña interese por saber de quen ou de que eran. De súpeto atopeime cun burato enorme. Ata alí dentro chegaba o rastro. Collín a miña lanterna, apuntei con ela e conseguín ver outro burato máis pequeno tapado cunha especie de follas cor azul ceo. Baixei
cára dentro e collín as follas en forma de mostra. Achegueime un pouco máis e vin un fouciño.
– Que susto!!! Exclamei. Xusto despois de ver o fouciño, saltou do burato unha especie descoñecida. Saquei unha foto o máis rápido que puiden, pois non sabería como chamalo nin como describilo... Era moi raro!!! Saín correndo fora do burato porque estaba chea de medo. Pensei que mamá e papá estarían moi preocupados así que volvín á nave para voltar a casa. Xa en casa... Papá e mamá estaban un pouco anoxados pero cando entrei en casa déronme un forte abrazo. Ao final todo saíu ben. Lucía Besada Ares 5ºB
Ola, chámome Carla e o mes pasado fun a Lúa; tardei moitos meses en chegar e unha vez alí atopeime cuns marcianos. Tiñan a cabeza grande e tres ollos e tentáculos. Leváronme a ver toda a Lúa, onde vivían, as súas costumes... A súa comida era moi estraña. Eran moi divertidos, e nas súas festas tiñan de costume cocer rochas e bailar ao redor delas. Era moi divertido velos bailar. De viaxe de volta podía ver a Terra facerse máis e máis grande. Que ben o pasei, espero volver algún día!
Carla Rodríguez Ramírez 5ºB
O MEU VIAXE A LÚA No meu viaxe á Lúa cando despeguei sentin a forza do foguete no corpo. Cando cheguei a Lúa, como non había gravidade cada aso era enorme e se caias o chan non facíaste dano porque caias a velocidade dun caracol, Case podías voar ¡Atopei un cráter xigantesco dende onde se veía a Terra e era preciosa ,pero de repente vin unha luz moi forte era o sol e tiña un brillo incriblemente incrible se o mirabas moito quedabas cego, foi incrible. Unha gran viaxe.
Carlos Pampillón Lorenzo 5ºB
Ola,chámome Daniel e son astronauta, hoxe cheguei a Lúa. Xa fai moitas horas que estou no foguete espacial. Durante ese tempo o foguete dividiuse en tres partes : unha dentro da atmosfera terrestre, outra saíndo ao espazo exterior, e agora tan só queda a cabina onde eu estou. Levo posto un casco e un traxe espaciais. Podo respirar ben xa que levo dúas bombonas de osíxeno. Por se acaso levo dúas mais de reposto.
Xa vexo a Lúa. É redondiña, de cor branca, e cada vez faise mais grande. Cando alunicei cravei a bandeira, fíxoseme moi curta a viaxe así que decidín explorar un pouco a zoa onde eu estaba. De súpeto atopei un ovni. Decidín, buscar extraterrestres pero non atopei ningún. Púxenme moi triste porque eu quería ver algún. Ao voltar o foguete vín a cousa mais estraña da miña vida, Uns extraterrestres facíanlle fotos o meu foguete¡ Fíxenme amigo dun extraterrestre e fixémonos unha auto foto (selfie).
Daniel Piñeiro Freiría 5ªB
A LÚA Ola chámome Juan e vouvos a falar sobre a miña chegada a Lúa. Tardamos en chegar dúas semana e ao chegar á Lúa vimos que había algo ao lonxe, eran humanos que estaban estraendo minerais para despois vendelas por moito diñeiro. Entón acercámonos para ollar quen era, tiña a cara tapada. Entón chamamos á Nasa e dixerón que había que devolver todo o material extraído, entón aproveitar cando estaba durmindo a siesta para quitarlle os minerais e os pusemos na Lúa. E todos quedaron contentos.
Juan Barciela 5ºB
Cando fun a lúa, sentinme raro, coma se estivera saltando entre as nubes. Foi unha experiencia única na vida. A lúa tiña buratiños en todas as partes. Parecía branda pero na realidade é unha rocha, tamén é un satélite. Eu fun explorando un pouco por algúns lados, non vin nada novo nin estraño. Desde alí víase a Terra súper grande, e chea de luz e a maioría da Terra chea de auga, toda azul. A lúa, aínda que non o pareza, é moi grande, é como unha cuarta parte da Terra de grande. Alí estiven facendo saltos moi grandes, polo menos de dez metros, despois volvín a casa. E esta a miña historia.
Alejandro Abalde Lamela 5ºB
Cando eu fun á Lúa podía dar pasos de tres metros e ademais os meus pes deixaban unha pegada. Cando cheguei, o primeiro que fixen foi abrir a porta da miña nave e saltar á Lúa, cando toqueina, impulseime coas mans e se o facía con moita forza podía chegar aos tres metros. A Lúa era tan cómoda coma un colchón e por iso entroume o sono. Pero non ía a quedarme a durmir a Lúa! Quería saber se na Lúa había eco así que intentei asubiar pero non o conseguía; na Terra asubío perfectamente pero na Lúa non. Será que a Lúa é “antiasubíos”? Ía camiñando mentres saltaba e entón atopei unha pirueta e dixen: -Pirueta pirueta pirueta!-berrei mentres corría en círculos. -Ola pirueta-dixo un allien- veño en son de paz. -Mr.Allien as piruetas non falan! Entón apareceu unha pirueta xigante que dixo: -Que pasa “caraterra”? -Unha pirueta de doce metros o meu sono feito en realidade!-Berrei eu Entón empecei a perseguilo por toda a Lúa hasta que quitouse a súa máscara e converteuse... nun brócoli! Xusto despois de que quitarase a súa máscara corrín e corrín ata a miña nave e regresei á Terra. E ao chegar a miña casa díxome: -Laura hai ensalada para comer – dixo a miña nai. -Eu quero unha pirueta-dixen eu.
FIN Laura Louzán 5B
A miña viaxe a Lúa Ola, chámome Pedro e vouvos falar sobre a miña viaxe a Lúa. Saímos e despois de tres meses chegamos. Baixamos dos foguetes e mentras estabamos todos saltando decateime que case podíamos dar pasos de doce metros. De súpeto atopeime unha furgoneta aparcada diante dos meus ollos. Un pouco despois baixaron a ventaniña e estaban dous marcianos; eu asusteime e saín correndo. Cando parei de correr acordeime de que cando vinno era como se estiveran dicindo algo. Volvín ao sitio onde estaba a furgoneta pero xá non estaba. Estiven dando voltas e voltas, ata que atopei a furgoneta aparcada nunha mansión; chamei á porta e estaba aberta. Deume un pouquiño de medo pero entrei.
Había moita comida e escoitei, ao subir as escaleras, uns pasos que saían da cociña. Escondinme detrás dun sofá e mirei un marciano como o que vin na furgoneta, levanteime e dixome: - “ola, necesito a túa axuda. Un asteroide achégase a nós e dentro de pouco chegará e romperá toda a Lúa”. Axudeille a parar o asteroide; fixemos unha máquina que o mandara de volta ao seu fogar e desde agora sei que cando vaia a Lúa sempre terei amigos.
FIN
Pedro Lema 5ºB
A miña chegada a Lúa
Hai moito tempo, xunto aos meus compañeiros, pensei en ir á Lúa, estivemos pensando en ir visitar a lúa. Foi unha viaxe un pouco turbulenta pero chegamos sen ningún problema. A Lúa era fabulosa, moito mais bonita que de cando a víamos dende a Terra. Era totalmente descoñecida para nos sendo unha zoa con maior xeografía “crateriana” debido a que non está protexida pola Terra de asteroides. Baixamos da nave e empezamos a xogar ás escondidas. Logo empezamos a xogar á pita e así fomos explorando toda a lúa. Despois de tanto xogo decidimos volver a Terra. Cando volvín da lúa me sentín ben ao ser uns dos homes que volveron da Terra con éxito. Foi dunha grande importancia histórica este logro. Todo foi extraordinario.
Marius Florentin Dragnea
28/09/2016
A MIÑA CHEGADA A LÚA Cando cheguei a lúa non o cría. A lúa era moi grande, branca con buratos xigantes. Quedei uns días e viñeron as miñas amigas nunha nave e cando aluaron saudeinas. Quedamos varios días investigando, e un día alunizou un asteroide, era moi grande e interesante. Investigámolo e daba algo de medo por se aparecía alguén descoñecido. De súpeto vimos unhas sombras e asustámonos pero cando vimos quen estaba detrás desa sombra...eran os nosos compañeiros do colexio, saudámolos e decidimos xogar ao brilé, pero era imposible porque a pelota flotaba e non se podía brilar aos contrincantes. Entón decidimos debuxar, pero os “bolis” non escribían, pero collemos lápises, gomas, cores e folios e puxémonos a debuxar.
Fin
Uxía Novás Iglesias 5ºB
Esta noite tiven un soño fantástico. Tiña que coller un avión especial para que me levara a Lúa porque había unha festa moi importante de experimentos. Inventaron un móbil que funcionaba mediante imáns. Cando estabamos a punto de aluar, mandáronnos lanzar en paracaídas, deume moito medo porque había que intentar chegar á Lúa, víase que non tiña gravidade. Dende o paracaídas víase unha gran pirámide con moitas luces que era onde estaba a festa, estaba cheo dos meus amigos, todos disfrazados; un de policía, outro de profesor e un químico. Alí dentro da pirámide conseguiron que unha fonte botara auga que se podía beber. Atopamos unha chave e un candado que daba a unha cova na que había unha nave espacial antiga. Entramos nela por unha ponte e alí unha frecha indicounos a saída a Lúa. A o volver a casa vimos moitas luces que se apagaban e se encendían, e así foi a miña chegada a Lúa.
MEU VIAXE A LÚA
Hai un ano que a miña familia mais eu iniciamos o noso traxecto á Lúa. Despegamos o vintecinco de xuño dende Colombia, Missouri, EEUU. Alí uns astrónomos expertos ensináronos algunhas cousas: o módulo lunar, como pornos os traxes, a comida en po para alimentarnos por quince días e toda a maquinaria. Ese mesmo día iniciamos o viaxe a lúa de cento trinta e dous horas (seis días ). A primeira de nos en chegar a Lúa fun eu. Foi unha experiencia magnífica, pero non podiamos quedarnos moito tempo xa que as bombas de aire non duran moito, así que despois de media hora xogando cos marcianos a bombona de aire xa se ía a acabar e eu tiña outras bombonas; así que puxemos as demais e fun buscar rochas para observalas no laboratorio . Despois, emprendemos a viaxe de volta e inspeccionamos as rochas, e démonos conta de que podía haber vida na Lúa.
Emma Salec Cheickh 5ºB
Cando cheguei á Lúa Cando a nave Apolo 13 aluou, fun a primeira persoa en pisar a Lúa. Aquilo foi incrible, xa que ao non haber gravidade, camiñar era como saltar nas camas elásticas. O piloto da nave, Robert Romeu, saíu de último, porque os pilotos sempre saen de últimos por respecto; e nada máis saír el, comezamos o discurso: “O noso máximo respecto ao noso piloto que levou a nave Apolo 13 con excelencia e que nos trouxo con vida...” A verdade e que el non fixo nada porque a nave era case toda automática! Despois do discurso puxémonos mans a obra. O noso traballo consistía en extraer rochas e levalas á nave para examinalas. Utilizábamos máquinas so para levar máis cantidade de rochas, porque se non hai gravidade podes levar sen problemas unha rocha máis grande ca ti mesmo. E diso encargabámonos Emilia máis eu que éramos as encargadas de levar rochas xigantes e poñelas na nave. Confeso que xogando a ver quen atopaba a rocha máis grande alónxamonos un pouco máis do debido. Seguindo co traballo, atopei unha rocha xigante, levanteina e ensineina a Emilia. Ela quedouse coa boca aberta ata que lle dixen que era unha broma e ela díxome que non era pola rocha. Tiña unha especie de lagarto no brazo! Emilia comezou a gritar e cando se calmou o lagarto permanecía inmóbil. Pero a especie de lagarto extraterrestre lagarto da Lúa parece que lle asustou o ruído das máquinas e sen querer meteuse dentro das bombonas do aire... E non podía respirar! Eu non podía facer nada, cada vez quedábame sen menos aire! A sorte foi que Emilia logrou sacar o lagarto da bombona do osíxeno e volvín respirar. Logo deixamos que o lagarto se marchara, díxenlle a Emilia que lle ía facer unha estatua e ela riu. Cando rematamos o traballo e iamos volver á nave de regreso á Terra, Emilia preguntoume se llo dicíamos a alguén. Eu dixen non, aparte non nos crerían. E así foi o meu primeiro viaxe á Lúa e nin Emilia nin eu descubrimos o segredo. Alguén máis o sabería? Eva María Carrera Novo 30-9-2016
A miña primeira vez na lúa Fun nun globo coa miña cadela Nana. Cando levábamos no globo unhas horas apareceunos de repente moitos meteoritos xigantes e lles disparamos como se estiveramos xogando a un videoxogo pero na vida real. Despois dunhas horas, despois de xogar tanto, comemos a merenda. Cando pisamos a lúa era como andar nunha nube branda, saltabas e podías facer volteretas no aire porque aí non hai gravidade; por iso saltamos moi, moi alto.
Puxen unha bandeira que fixera eu e quedou xenial, cravámola e resultaba que a miña cadela falaba e cravou outra bandeira que fixo ela. Máis tarde, marchamos para casa noutro globo. Todos entrevistaronme e os meus pais alegráronse moito de que eu pisara por primeira vez a lúa. Logo o celebrámolo cunha merendola e estivo xenial.
Ariadna Alcauza Alonso 5ºB
Ola , chámome Lucía e o vinte de setembro de 2016 cheguei a “Lúa”. Vouvos contar que me atopei na Lúa e o que fixen. Na Lúa había cousas moi curiosas como : Coñecín a unha nena chamada Lunática , que se parecía moito a miña amiga Laura. Tamén atopei un tipo de flores que como na Lúa non hai atmosfera ... voaban , e non hai atmosfera voaban , e non precisaban terra. Atopeime como un tipo de monstros moi , moi raros. Nun libro que había na nave espacial puña que na Lúa había uns habitantes, que eran persoas que foran a Lúa e que se convertirían nuns monstros, como os que tiña diante miña. Os habitantes da Lúa chámanse: “Luanos”. PASEINO MOI BEN NA LÚA!
Lucía Gándara Blanco 5ºB
A miña chegada a Lúa Ola, chámome Marcos. Eu fun a Lúa. A primeira experiencia ao chegar foi cando alunicei. Cando baixei do foguete era coma se case non houbera gravidade. Daba pasos de máis de vinte metros. Ao dar uns pasos atopei un astronauta perdido que levaba alí un mes e so lle quedaba unha bombona de aire. Entón eu deixeille unha; dimos uns pasos máis. Atopamos ao guardián da Lúa que se chamaba Kalalá. Entón preguntámoslle se nos deixaba pasar e non entendiamos o que dicía. Era como si falara en chino. Fomos rescatar os seus compañeiros, atopámolos en xaulas; logo soltámolos e fomos á nave. E logo fomos para casa.
Marcos Rodríguez Gregorio 5ºB
A MIÑA VIAXE Á LÚA Ola, chámome Rodrigo e vouvos falar sobre a miña viaxe á lúa. Eu fun á lúa e cando cheguei a unha tenda de por alí, vin un marciano que quería ser o meu amigo e lle dixen que sí, e estivemos paseando, xogando e mais cousas. Despois chegou outro marciano, que quería xogar con nos, e o meu amigo díxolle que tamén podía vir. Despois o meu amigo e o outro se foron e eu estiven saltando na lúa. Despois viñeron os meus amigos marcianos e dixeronme que fixese un reto que era o seguinte: tiña que dar unha volta á Lúa nunha hora. Entón díxenlle que vale e cando estaba saltando moi rápido atopeime a unha persoa que estaba enferma e entón leveinos xunto aos meus amigos e os meus amigos curaronno coas suas patas e por último os meus amigos foronse coa sua familia e enton eu volvinme cara a Terra, foi moi guai! Rodrigo Pereira Borlinke 5ºB
Ola, chamome Nerea e teño 11 años. O mes pasado fun a Lúa con Neil Amstrong e Ediwin Aldrin. Subimos nunha nave con forma de bala e fomos á Lúa. Cando alunizamos, pisamos a Lúa por primeira vez sentímonos moi ben por estar voando pola Lúa. Alí cravamos a bandeira Estadounidense, de súpeto atopamos un dinosaurio e o capturamos aínda que costounos moito, pero o conseguimos coa axuda da patrulla canina. Tamén atopamos a Miley Cirus, fixo un concerto adicándonos a canción, encantounos, percorrimos toda a Lúa, logo subimos á nave, volvimos a Terra, encantoume a viaxe a Lúa.