Codigo Cero 168

Page 1

www.codigocero.com

168 anos

Revista de Ciencia, Innovación e Tecnoloxía de Galicia

informando

Galicia

compártese na Rede

Afianzámonos na gran comunidade mundial de viaxeiros-internautas O CITIC LÉVANOS AO CENTRO DO OLLO IMPULSA TECNOLOXÍAS PARA O ESTUDO AVANZADO DA RETINA

AXENDA DIXITAL 2020 FITOS, OBXECTIVOS E COUSAS POR CHEGAR

ACELERAMOS ACELERACIÓN

aniversario

EN MARCHA NOVAS LANZADEIRAS GALEGAS DE FIRMAS INNOVADORAS

SANTIAGO CIDADE MAKER COMPOSTELA SERÁ EN NOVEMBRO CAPITAL DE ARGALLEIROS


O teu espazo na Rede

www.codigocero.com D I A R I O D E N O VA S T E C N O LÓ X I C A S D E G A L I C I A Sigue a última hora de todo o que che interesa en materia de I+D+i. O noso boletín diario é o de maior difusión por subscrición en Galicia, tal como o amosan os máis de 3.000 subscritores que reciben no seu correo electrónico un resumo de xeito gratuíto do máis destacado en materia de novas tecnolóxicas. A que agardas? Subscríbete XA! É de balde.

Síguenos en:

www.codigocero.com


14

Este verán os galegos fortalecemos con múltiples exemplos de innovación as ligazóns entre as redes os recursos para viaxeiros

 Sumario

168

12

» novas -- Resumo de actualidade TIC con especial fincapé nas cousas que acontecen na nosa terra e dende a nosa terra

5

» reportaxes

24

27

-- O CITIC pon en xogo a súa tecnología avanzada para o estudo da retina

8

-- O CPEIG formou a maiores e pequenos en desenvolvemento e programación

9

-- AMTEGA fai balance dos dous primeiros anos da Axenda Dixital 2020

10

-- A Deputación de Lugo achega un novo e rendíbel sistema de aforro enerxético

12

-- O Turismo e as redes afianzan estes meses, na nosa terra, a súa frutífera relación

14

-- En marcha o primeiro programa de impulso empresarial de Conector Galicia

19

-- Tek-Fest converterá Pontevedra na gran capital das tecnoloxías creativas

20

-- Cruz Vermella, Televés e Xunta impulsan a teleasistencia avanzada para maiores

21

-- A innovación galega segue a encher de referentes o desenvolvemento das TIC

22

-- Achegámonos á intensa vida dixital dun referente da CRTVG, Luar

24

-- Santiago será en datas vindeiras a capital do movemento Maker

26

» gadgets -- Debullamos con todo luxo de detalles os trebellos tecnolóxicos da tempada

29 Número 168

27

» xogos -- Repasamos o máis salientábel dos días pasados en materia de xogos e consolas

29

|3


Neste número.... www.codigocero.com

168 anos

Revista de Ciencia, Innovación e Tecnoloxía de Galicia

informando

Galicia

compártese na Rede

Afianzámonos na gran comunidade mundial de viaxeiros-internautas O CITIC LÉVANOS AO CENTRO DO OLLO IMPULSA TECNOLOXÍAS PARA O ESTUDO AVANZADO DA RETINA

AXENDA DIXITAL 2020 FITOS, OBXECTIVOS E COUSAS POR CHEGAR

ACELERAMOS ACELERACIÓN

aniversario

EN MARCHA NOVAS LANZADEIRAS GALEGAS DE FIRMAS INNOVADORAS

SANTIAGO CIDADE MAKER COMPOSTELA SERÁ EN NOVEMBRO CAPITAL DE ARGALLEIROS

D

algunha maneira, caía de caixón que un número plenamente de verán coma este, o número 168 de Código Cero, tratase de cousas relacionadas co turismo. Certamente non tivemos que pensar moito nin esforzarnos durante prolongadas horas de traballo e planificación para atopar o fío condutor desta revista. Tiñamos o verán e temos redes, por que non falar do turismo e a cada vez máis frutífera e complexa relación entre unha cousa e outra? E así foi, trala resaca do número anterior, co que conmemoramos os 15 anos de Código Cero, cumpría unha revista que fose como irse de vacacións pero sen selo. E, sobre todo, que botase luz sobre as últimas novidades deste ámbito e as súas diferentes facetas (lanzamento de páxinas turísticas, aplicacións para viaxeiros, impacto do uso das TIC sobre o sector, etc) dende unha óptica galega. Ou sexa, queríamos ver o que estaban facendo xusto agora, neste intre concreto, as nosas entidades, empresas e institucións, para poñerlles aos turistas en proceso de saída ou de entrada (aos que nos imos ou aos que veñen) as cousas o máis doadas posíbeis. E todo, claro, coa axuda das novas tecnoloxías. Completamos o número coas seccións de costume sobre innovación galega, novidades TIC, cultura argalleira, xogos, gadgets e, tamén, sobre cultura pasada pola peneira do dixital. 

Equipo DIRECTOR: Xosé Mª Fernández Pazos director@codigocero.com WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com REDACCIÓN: Fernando Sarasqueta redaccion@codigocero.com FOTOGRAFÍA: Adolfo Enríquez Calo • Joferpa SUPERVISIÓN LINGÜÍSTICA: María Xesús Vázquez DESEÑO E MAQUETACIÓN: Óscar Louzán foro@codigocero.com PUBLICIDADE: publicidade@codigocero.com EDITA: Grupo Código Cero Comunicación S.L. Rúa das Hedras nº 4, 1º G 15895 Ames (Milladoiro) Tel.-fax: 981 530 268 www.codigocero.com redaccion@codigocero.com IMPRIME: Gráficas Garabal, S.L. Tel.: 981 56 25 95 graficasgarabal@graficasgarabal.es Número 168 (xullo - agosto 2017) Publicación periódica. Depósito Legal: C-2301/01 I.S.S.N. (Edición impresa): 1579-7546 I.S.S.N. (Edición dixital): 1579 -7554

Humor tecnolóxico de Henrique Neira

Fotos páxinas 3, 5, 10, 11, 12, 14, 21 e 31: Deseñadas por Creativeart / Freepik

167

.com digocero

www.co

Revista

vación cia, Inno

cia

ía de Gali

e Tecnolox

de Cien

rsario

anive

Síguenos en:

 https://www.facebook. com/codigocero

4|

https://twitter. com/codigocero

cando leas a revista, compártea.... .... cun amigo, un familiar, ou dóaa á biblioteca do teu barrio. Cantos máis sexamos, máis cambios conseguiremos

https://www.youtube. https://www.instagram. http://codigocero.com/ Subscríbete na nosa com/user/CodigoCero com/codigocero_com/ spip.php?page=bacakend web para recibir as novas cada día

Número 168


| NOVAS | RESUMO DE ACTUALIDADE TIC |

Vitae mostra como obter a máxima calidade no software

Vitae quere afianzar entre os nosos profesionais as metodoloxías máis avanzadas de validación e avaliación de programas en proceso de desenvolvemento. Ou sexa, os recursos máis innovadores para que non se lles escape ningún detalle durante o proceso de creación dunha ferramenta. Con este motivo, Vitae organiza a cuarta edición do Curso Certificación ISTQB en Fumdamentos en Testing (formato PDF). Este obradoiro, en palabras da consultora-academia galega, céntrase na área do testing comezando polos alicerces da

avaliación pormenorizada do software, explicando as diferentes probas que se poden realizar así como o deseño destas e as ferramentas existentes para realizar proxectos de testing a nivel profesional. O curso, de 16 horas, desenvolverase na Coruña no Hotel Attica 21 os días 18 e 19 de setembro. A base do obradoiro está na importancia cada vez maior que as empresas, os profesionais e as entidades de todo mundo lle dan a un programa sen fisuras. En palabras de Vitae, “a calidade no desenvolvemento do software é unha

Chega a versión definitiva de CoToVía, o conversor galego de texto-voz

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) presentou os días pasados a versión definitiva do sintetizador de voz CoToVía. Segundo fixo saber o director científico do centro, Manuel González, trátase da versión definitiva dun sistema que fai posíbel a conversión automática texto-voz para a lingua galega. Ou sexa, que é quen de transformar en cadea oral as palabras escritas. CoToVía, engadiu González, será fundamental para automatizar as comunicacións da información e as relacións sociais. Estivo acompañado no acto de presentación polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen explicou que o CRPIH foi “pioneiro en desenvolver proxectos de tecnoloxía lingüística en galego coma o CoToVía”. CoToVía é un proxecto interdisciplinar do CRPIH no que traballou un

Número 168

equipo integrado por enxeñeiros superiores de Telecomunicacións da Universidade de Vigo (baixo dirección de Eduardo Rodríguez Banga) e de lingüistas da Universidade de Santiago de Compostela (baixo a dirección de Manuel González González). O seu obxectivo foi “construír un sistema de conversión automática texto-voz para a lingua galega”. Segundo lembraron no acto, ao longo dos últimos anos foron presentándose distintas versións até chegar “a esta definitiva”, a dada a coñecer neste xullo de 2017, “construída con unidades pregravadas extraídas da lingua natural”.

vantaxe competitiva e para acadar esta vantaxe é preciso dispor dos coñecementos e os recursos necesarios”. O curso dá a opción de Certificación en Fundamentos de Testing polo ISTQB, un programa de certificación (polas súas siglas International Software Testing Qualifications Board) recoñecido como un estándar internacional para todos os profesionais do testeo de software. Os obxectivos son “fornecer dos procedementos e métodos de meirande relevancia en probas que capacitarán ao asistente para xestionar, planificar, deseñar e executar probas de programas coa meirande eficacia”. Grazas ao curso, os asistentes poderán entender os conceptos clave e fundamentos das validacións, asegurar un alicerce sólido para o medre profesional e entender técnicas básicas de probas de software. O encargado de impartir os contidos será Aurelio Gandarillas Cordero, enxeñeiro en Informática e enxeñeiro técnico industrial en Electrónica, con máis de 25 anos de experiencia profesional no sector TI e máis dunha ducia de anos de bagaxe como consultor e formador en desenvolvemento e calidade do software. 

Que é un sintetizador de voz? González e García explicaron que os sintetizadores de voz serven para garantir a accesibilidade web a persoas con discapacidades visuais, pero son tamén fundamentais en todas as linguas no mundo da automatización das comunicacións, da información e das relacións sociais: en postos de información automatizados (servizos de banca, reservas de billetes, lectura de mensaxes por vía telefónica...), no ensino de idiomas, no ensino de lectura a nenos con dislexia, nas alarmas orais, na verificación de texto etc. A versión definitiva de CoToVía púxose ao libre dispor de toda a comunidade como Creative Commons, cunha licenza GPL 3.0+, de maneira que pode ser utilizada libremente por calquera empresa ou usuario, coa única condición do recoñecemento de que os seus autores son o CRPIH e a Universidade de Vigo. O enderezo para a descarga é ftp. net-snmp.org.  |5


| NOVAS | RESUMO DE ACTUALIDADE TIC |

A AGGETT visitou o aeródromo das Rozas

A Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións (AGGETT) organizou o pasado 8 de xullo unha xornada de traballo con visita incluída ás instalacións do aeródromo das Rozas, en Lugo. A xornada dirixiuse por unha banda a estreitar ligazóns cos profesionais, entidades e empresas que están a traballar no devandito complexo aéreo (moi centrado no pulo de tecnoloxías e sistemas que convertan a Galicia en referente de novos aproveitamentos dos vehículos aéreos non tripulados, polas súas siglas en inglés UAV). Por outra banda, a xeira de traballo tamén se encamiñou a fortalecer a base tecnolóxica dun dos grandes eventos organizados pola AGGETT, o Drones International Congress DIC Galicia, o Congreso Internacional

6|

de Drons de Galicia, cuxa primeira edición desenvolveuse (con notábel éxito) o pasado mes de marzo. A visita ás Rozas tamén incluíu un contacto directo cos profesionais e as instalacións do INTA en Lugo, o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial, co-responsábel de fitos tecnolóxicos tan relevantes como o lanzamento do picosatélite XaTcobeo. Para o seu percorrido polas dependencias do INTA, acompañounos Neves Seoane Vieira, investigadora en Física da Atmosfera. Asemade, a delegación de AGGETT (que cualificou a xornada de traballo de “moi produtiva”) visitou a Estación de Comprobación Técnica de Emisións Radioeléctricas de Rozas, da man do xefe provincial de Inspección de Telecomunicación, Raúl Fernández Tombilla. 

ABANCA acada un aumento do 14,4% en clientes dixitais activos

ABANCA vén de presentar as cifras relativas á súa actividade no primeiro semestre de ano. Entre o máis destacado figura o seguinte: a entidade foi quen de pechar período cun resultado neto de 229,1 millóns de euros, o que significa unha suba do 23,1% respecto ao mesmo semestre de 2016. Ademais, complementando o acostumado baile de números e fitos figuran novamente informacións relativas á andaina TIC da entidade financeira galega. Segundo se fai saber no informe, no primeiro treito de 2016 constatouse a boa marcha da aplicación móbil de ABANCA, en termos da compañía “unha das mellor valoradas polos usuarios”. Asemade, a dixitalización “camiña” a bo ritmo e consolídase como “un dos eidos nos que o banco está a ser máis activo”. En termos concretos, o proceso de dixitalización avanzou cun aumento do 27,1% en transaccións

realizadas e do 14,4% no número de clientes dixitais activos. Ademais, no primeiro semestre a entidade incorporou unha novidade funcional que permite aos seus clientes empresas realizar a firma de operacións desde teléfono móbil, e converteuse, nas súas palabras, “na primeira entidade española en facer posíbel o envío de diñeiro de móbil a caixeiro mediante comandos de voz”. Isto, como lembraremos, é unha realidade dende o mes de xuño grazas á incorporación ao servizo ABANCA Cash do asistente Siri de Apple. Ao abeiro da súa estratexia de innovación desenvolvida no devandito período de tempo, a entidade lembra a posta en marcha do seu programa de fomento do talento tecnolóxico ABANCA Innova, que xa seleccionou as primeiras novas firmas innovadoras ás que apoiará para trasladar os seus proxectos ao mercado financeiro. 

A ACTUALIDADE DO MOTOR 21 ANOS INFORMANDO

w w w.sprintmotor.com

Número 162


| NOVAS | RESUMO DE ACTUALIDADE TIC |

PuntoGal lanza servizo para acurtar enderezos: i.gal

Coincidindo coa celebración do 25 de xullo, a entidade PuntoGal uniu forzas coa firma compostelá Dinahosting e con AGASOL (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre) para lanzar unha importante novidade relacionada co dominio galego: unha novidade dirixida a poñernos as cousas o máis doadas posíbeis en relación a todos os que xestionemos unha web baixo o acubillo .gal. Trátase de i.gal, un servizo que acurta os nomes dos URL, codificándoos para facelos

máis manexábeis e doados de enviar, compartir, publicar ou mesmo lembrar. Segundo informa PuntoGal, o servizo posibilita tamén personalizar os termos que forman parte da URL resultante, “de xeito que sexa máis sinxelo o seu uso posterior”. En definitiva, i.gal quere ser un empuxe para os dominios galegos ao tempo que os torna, coma os gadgets, cómodos de carrexar. Como dixemos, a iniciativa abrolla directamente da colaboración que mantén PuntoGal con Dinahosting, á

que se uniu AGASOL como entidade integrada na asociación e colaboradora dende as súas orixes. A ferramenta lanzouse para celebrar conxuntamente o Día de Galicia e “dentro da política das tres organizacións de prestar servizos de valor engadido no ámbito da rede galega”. Segundo lembran, a saída de i.gal (www.i.gal) coincide no tempo coa promoción de PuntoGal que permite rexistrar dominios novos por un máximo de 25 euros máis IVE até o día 31 de xullo, iniciativa que podemos aproveitar a través do traballo dos rexistradores Arsys, CdMon, Dinahosting, Entorno Digital, Nominalia, Host Europe e OVH. A información completa sobre esta acción pode atoparse no enderezo dominio.gal/promo25xullo. A promoción acompáñase do traballo gráfico deseñado especialmente pola empresa Rei Zentolo, socia de PuntoGal, con motivo do primeiro aniversario do dominio, en 2015. De feito, o deseño é unha homenaxe á revista Nós realizada con imaxes de inspiración tecnolóxica. A entidade PuntoGal tamén tamén lembra que conta a día de hoxe con máis de 4.100 dominios rexistrados. 

Pont-Up Store, cita para tecnoloxías como nunca viches

Quen queira innovación, vaina ter en Pontevedra dende un enfoque imaxinativo, moderno e, tamén, tradicional. Porque de xuntar vangarda tecnolóxica e historia é do que trata en parte a feira Pont-Up Store, cuxa cuarta edición desenvólvese na cidade do Lérez do 21 ao 23 de setembro. Segundo puidemos saber os días pasados, a feira vai polo bo camiño. De feito, xa foron escollidos os casos de emprendemento para ter presenza nela (41 dun total de 123 candidaturas achegadas). Entre estas iniciativas, a xeito de exemplos, inclúense propostas como Paus (que vende paquetes de adhesivos especiais para tapar as cámaras dos dispositivos móbiles e protexelos de ciberataques), 7Varas (que fai bicicletas de bambú), Care your Car (unha aplicación

Número 168

de Degaltc que permite xestionar o mantemento do vehículo), ou a plataforma Send2Me (caixas de correo electrónicas que permiten recibir compras electrónicas aínda que o comprador non estea no domicilio). Pont-Up Store vén da man da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra) dentro do proxecto de especialización CREA S2i. O patrocinador principal é o Concello de Pontevedra. Segundo fixo saber os días pasados o director da feira, Pedro Figueroa, esta cuarta edición salientará pola calidade das propostas, tanto a nivel de innovación e orixinalidade como polo seu potencial de desenvolvemento. Destes 41 emprendedores escollidos, 33 contarán cun emprazamento de balde, de seu, para mostra-

ren os seus produtos, ideas e servizos, e cinco terán tamén a oportunidade de participar no programa de actividades de dinamización, desenvolvendo propostas como unha sesión de networking empregando a intuición e o xogo para obter información útil na empresa; unha cata de cervexa artesá; un obradoiro no que aprender a arte floral dos kokedamas; unha sesión

de contacontos para promover a arte e a cultura, e un achegamento en familia ao mundo do álbum ilustrado empregando as vivencias persoais. Por último, dez das propostas elixidas participarán no Puntazo Exprés, no que terán a oportunidade de explicar o seu caso en cinco minutos a cinco destacadas empresas e entidades galegas.  |7


Viaxe ao centro do ollo Investigadores do CITIC colaborarán na validación dunha nova técnica non invasiva para estudar a retina

O

proxecto de investigación, posto en marcha polo Instituto Oftalmolóxico Gómez-Ulla, ten como finalidade validar unha nova técnica non invasiva para estudar a retina, permitindo deste xeito unha análise detallada da mesma sen necesidade de inxectar contraste intravenoso, tal e como se vén facendo até o de agora. Este proxecto de I+D realizarase integramente no dito instituto e estará liderado polo director médico da clínica, Francisco Gómez-Ulla de Irazazábal, e por un equipo investigador deste centro. Colaborarán co mesmo un grupo de investigación do Centro de Investigación TIC da UDC, liderado polo coordinador do CITIC, Manuel F. González Penedo, e o Grupo Interdisciplinar de Bioestatística da Universidade de Santiago de Compostela GI-2127 da Rede INBIOEST, que lidera a profesora Carmen Cadarso.

Este proxecto de investigación constituíu un dos 18, de entre os máis de 140 presentados, que foi recoñecido pola Fundación Mutua Madrileña coa concesión da súa XIX Convocatoria Anual de Axudas á Investigación en materia de Saúde. A investigación levarase a cabo nunha poboación de voluntarios sans e en pacientes diabéticos sen e con retinopatía diabética leve-moderada, sen que esta leve asociada edema macular, para poder determinar a zona avascular foveal e a densidade vascular central mediante “angio-OCT”, a nova técnica de imaxe para estudar a retina que permite unha análise detallada da súa vascularización sen necesidade de inxectar contraste intravenoso e que posibilita obter en moi poucos minutos unha imaxe da retina e dos seus vasos. O centro da retina chámase mácula (zona de máxima visión) e no centro da mácula atópase a zona avascular foveal, que adoita estudarse mediante unha metodoloxía invasiva que se chama anxiografía fluoresceínica. “Dispor desta nova técnica de imaxe permítenos non só medir a área da zona avascular foveal (alterada en moitas doenzas coma a retinopatía diabética) senón tamén mediar a densidade dos diferentes plexos vasculares. Determinar as medidas destas estruturas na poboación san permitiranos dispoñer dunha base normativizada, utilizando o módulo OCT Angioplex da casa Zeiss”, sinalaron os expertos. Ademais, estudaranse estes parámetros nunha poboación con retinopatía diabética co obxectivo de investigar se permite achegar un diagnóstico máis precoz que empregando os métodos dos que dispoñemos a día de hoxe. 

O CITIC participa no subprograma Impulso Tecnolóxico de AEESD O CITIC participará con varias iniciativas no subprograma Impulso Tecnolóxico da convocatoria Acción Estratéxica Economía e Sociedade Dixital (AEESD) 2017 do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital. Trátase dunha liña de axudas para a concesión de subvencións e/ou préstamos para proxectos no eido das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) e a Sociedade da Información. As iniciativas presentadas polo CITIC insírense no dito subprograma, dirixido a proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental encadrados en temáticas innovadoras como Internet do futuro, tratamento de datos ou robots e sistemas autónomos, entre outros.

Peche exitoso do proxecto SINDA “O pasado 13 de xullo celebrouse nas instalacións do CITIC a auditoría final do proxecto SINDA por parte do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI). Este proxecto de I+D, baseado nun novo modelo de vixilancia en interiores, foi financiado pola convocatoria Innterconecta 2015 do CDTI, é froito da colaboración entre empresas cun claro ADN I+D como Prosegur, Avansig y Aeromedia, xunto co Centro Tecnolóxico Gradiant e o CITIC. Os desenvolvementos executados na iniciativa resultaron ser todo un éxito, xa que as tecnoloxías desenvolvidas en SINDA están a incorporarse a outros proxectos en ámbitos tan diversos como a robótica, a industria 4.0 ou a loxística”.

Cofinanciado pola Unión Europea. Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade. Unha maneira de facer Europa

8|

Número 168


Atención, dixitalizamos Un cento de profesionais participaron na xornada de introdución a DevOps organizada polo CPEIG

O

Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia organizou o pasado 29 de xuño unha xeira de traballo destinada a espallar coñecemento arredor do emprego da tecnoloxía de contedores. A xornada, que contou co patrocinio de HPE e a colaboración de ABANCA, contou coa presenza dun cento de persoas. Celebrouse en Santiago e, en palabras do CPEIG, resultou un “novo éxito de convocatoria” do colexio, que, para quen non o saiba, está mergullado esta tempada na celebración dos seus dez anos de andaina. A xornada Introdución a DevOps, uso de microservizos e tecnoloxías de contedores achegou unha manchea de claves sobre un tema que, en palabras do CPEIG, “resulta de máxima actualidade para o sector TI”. O presidente do colexio, Fernando Suárez Lorenzo, abriu o foro reivindicando a relevancia de DevOps como un “movemento cultural e profesional que prima a comunicación, a colaboración e a integración entre os desenvolvedores de soft-

Número 168

Rapaciñ@s chegou a 10 concellos en xullo A iniciativa “Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura”, impulsada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), visitou 10 concellos de Galicia durante o mes de xullo con charlas informativas, a cargo dos colexiados do CPEIG, e obradoiros infantís baseados na tecnoloxía. Así, mentres nais e pais aprendían as vantaxes das novas tecnoloxías e como previr os posíbeis riscos derivados dun uso non axeitado das mesmas, as nenas e nenos adquiriron hábitos seguros para navegaren na Rede e desenvolveron a súa creatividade tecnolóxica a través de obradoiros prácticos que xuntaron lecer e divulgación.

Os obradoiros, dirixidos a nenos de entre 8 e 14 anos de idade, foron de iniciación á programación (orientada a robótica) e á electrónica (Arduino, makey makey), co obxectivo de que os participantes tiveran unha primeira aproximación a cada unha destas materias. Nas xeiras de formación, que viñeron cunha duración de 4 horas e cun descanso no medio, os pequenos participantes puideron facer e crear diversas actividades prácticas e realizar un proxecto sinxelo que tivera comezo e final, “de tal maneira que lles fora posíbel ver cos seus propios ollos o resultado da súa programación”. As actividades leváronse a cabo nas aulas CeMIT de Boiro, Arzúa, A Cañiza, Carballedo, Castro Caldelas, Padrón, Ribeira, Valga, Vimianzo e Xunqueira de Ambía.

ware e os operadores de sistemas de IT”. Suárez mencionou tamén dos retos e oportunidades que se xeran ao redor das innovadoras tecnoloxías de contedores, que “lles axudan ás empresas e ás administracións a ser máis áxiles, competitivas e aliñarse rapidamente coa nova mentalidade dixital”. Erik van Ommeren, analista da empresa Gartner, abriu a quenda das intervencións co tema Design thinking and Innovation, No seu relatorio analizou os factores para o éxito con DevOps: enfoque empresarial, cambio cultural, mellora continua, desenvolvemento áxil e automatización. Tamén fixo fincapé nun elemento imprescindíbel para o cambio sexa efectivo: que este debe atinxir a toda a organización, non só aos departamentos tecnolóxicos, e que cómpre traballar en conxunto. A continuación, o director executivo de Torusware, Guillermo López, introduciu os asistentes ao “concepto DevOps” e afondou nos porqués do compoñente “axilizador” dos contedores. Tamén dixo que DevOps representa” unha nova filosofía baseada na comunicación e na colaboración, así como na innovación continua e na axilidade”. Pola súa banda, Ramón Gordillo, arquitecto de solucións de Red Hat, abordou o relatorio DevOps, contedores e aplicacións cloud nativas, e o category manager de HPE, Pablo Ráez, explicou as vantaxes da infraestrutura como código para contornas DevOps. O encontro finalizou coa mesa redonda Aplicación e uso de DevOps e tecnoloxías de contedores na empresa e administración. Moderada por Guillermo López, participaron no debate Miguel Ares, de Altia; Antonio Bueno Iglesias, do SERGAS; Fernando Suárez, da AMTEGA e José Otero, de Gradiant.  |9


A

Balance

Axenda Dixital de Galicia 2020 mobilizou no período 2015-2016 máis de 324 millóns de euros, 51 deles de capital privado, para impulsar a transformación dixital da Comunidade. Así se recolle nun informe de balance no que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) recolle as principais actuacións desta estratexia.

Administración e Xustiza Dixitais

Segundo se fai saber no reconto feito pola axencia que dirixe Mar Pereira, avanzouse nestes dous anos para conseguir “unha Administración que funcione integramente de xeito dixital”, con medidas como por exemplo a posta en marcha do sistema de notificacións electrónicas (que rexistrou 30.000 en 2016); a consolidación do nodo de interoperabilidade Pasaxe! (que evita a presentación de 42 certificados e que iniciou a incorporación progresiva das entidades locais); o incremento de servizos na sede electrónica co 94% dos trámites dispoñibles online ou a extensión da dixitalización dos Rexistros, xa habilitada en 7 destas oficinas. AMTEGA tamén lembra no seu balance que en 2015 a Xunta aprobou o seu Plan Director de Seguridade TIC 2015 –2020, destinado a fortalecer a protección dos sistemas TIC e “incrementar a confianza dos cidadáns no emprego da Administración Electrónica”. Segundo fai saber a axencia, “as actuacións postas en marcha permitiron aumentar as capacidades de prevención, detección e reposta ante incidentes de seguridade”. No eido da xustiza, o informe salienta que a nosa terra ten en marcha as pezas do expediente xudicial electrónico como o visor (que permite que xuíces, letrados e fiscais poidan consultar en liña os expedientes xudiciais). “Galicia”, sinala AMTEGA no informe, “foi a primeira Comunidade en poñer en marcha a sede electrónica xudicial, o pasado ano, permitindo aos cidadáns consultar online o estado das súas demandas e consolidando repositorio unificado xudicial con máis de 6 millóns de documentos dixitalizados”.

da nosa

transformación A dixitalización dos servizos públicos, a redución da fenda tecnolóxica e o pulo á competitividade foron os principais avances dos dous primeiros anos da Axenda Dixital de Galicia 2020

“A Axenda Dixital de Galicia mobilizou 324 millóns de euros entre o 2015 e o 2016”

10 |

Número 163 164


Vida dixital

O organismo que dirixe Mar Pereira tamén recorda o que considera un dos grandes fitos da Axenda, desta volta en materia educativa: “Conseguiuse aumentar até 120.000 o número de alumnos que desenvolven a súa actividade académica en aulas dixitais grazas ás actuacións do Programa Abalar”. Ademais, engádese que a iniciativa eDixgal para a implantación do libro dixital beneficia arestora a máis de 7.200 alumnos e no curso 2072018 prevese acadar os 10.000. Por outra banda, ao abeiro da Axenda deuse luz verde ao Plan de Inclusión Dixital de Galicia, dirixido a facer posíbel que “calquera persoa acceda a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC”, contando para iso coa colaboración de 755 aliados dixitais, entre persoas voluntarias, entidades, asociacións, empresas e organismos públicos. Por outra banda, máis de 62.000 galegos acceden a través das aulas CeMIT as actuacións do Plan de Inclusión Dixital, que contribuíu, segundo engade AMTEGA, “a que os galegos de entre 65 e 74 incrementaran o uso de Internet en preto dun 70% en tres anos, reducindo a fenda interxeracional dixital na Comunidade”. Polo que atinxe ao ámbito sociosanitario, púxose en marcha da Historia Social Única Electrónica que proporciona aos traballadores deste área social, tanto a nivel autonómico como municipal, un acceso único ao expediente social dixital de 530.000 usuarios. Asemade, no informe saliéntanse as contribucións feitas para “manter o posicionamento de Galicia como referente en innovación no eido sanitario”, cos proxectos H2050, InnovaSaúde ou o programa de innovación Código 100. Ademais, lémbrase a posta en marcha da plataforma É-Saúde, que permite á cidadanía acceder a unha carteira de servizos interactivos e contidos personalizados desde calquera lugar e dispositivo.

Pulo á Economía Dixital No ámbito de impulso á empresa dixital, o Centro Demostrador TIC de Galicia realizou máis de 400 actividades para Número 168

favorecer a dixitalización das pequenas e medianas empresas. Nesta liña púxose en marcha Programa AceleraTIC para achegar a directivos de PEME galegas as claves para abordar a dixitalización do seu negocio e lanzouse o programa Re-AccionaTIC para asistir a autónomos e PEME na transformación dixital e na aplicación de solucións de industria 4.0, poñendo á súa disposición un catálogo de servizos a prezos reducidos. O informe sobre os dous primeiros anos de “vida” da Axenda Dixital de Galicia 2020 tamén destaca os avances feitos no desenvolvemento de iniciativas tecnolóxicas e innovadoras en sectores considerados estratéxicos para Galicia. Como por exemplo o turismo (coa posta en marcha da plataforma Smart Turismo) ou a cultura e o noso patrimonio (co inicio da construción da Memoria Dixital de Galicia). Ademais, lanzouse o Programa Primare para aplicar solucións tecnolóxicas innovadoras ao eido agrícola e de avanzar na modernización tecnolóxica das lonxas. No informe destácase igualmente a posta en funcionamento do Sistema de Axuda á Explotación da Mobilidade de Galicia (SAEGAL), encamiñado a optimizar a xestión e control da flota adscrita ao servizo de transporte público regular de viaxeiros de Galicia. Segundo indica AMTEGA, ao longo de 2016 adheríronse á devandita plataforma 12 empresas e fíxose seguimento de 81 vehículos.

Azos para o sector TIC Polo que respecta ao sector TIC galego, considerado “clave no desenvolvemento da Axenda Dixital”, experimentou en 2015 “o maior incremento en número de empresas dos últimos cinco anos e en 2016 superou, por primeira vez, os 16.000 empregados”, explica AMTEGA no seu informe, engadindo que para empuxar o espírito emprendedor e aumentar a innovación e maila a competitividade do sector TIC, en 2016 e ao abeiro do Pacto Dixital de Galicia, leváronse a cabo as seguintes accións: o centro Galicia Open Future de Telefónica puxo en marcha súa terceira edición para impulsar 50 proxec-

tos empresariais innovadores; HPE habilitou o Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio e Big Data e Vodafone lanzou a iniciativa Connecting for Good Galicia para impulsar proxectos de innovación social dixital. Segundo engade a axencia galega, o mapa de emprendemento galego complétase con outras aceleradoras impulsadas desde a Xunta como VíaGalicia, unha aceleradora de referencia promovida polo Consorcio da Zona Franca e o Goberno galego Ademais, tamén se pon de manifesto que no ano 2015 aprobábase a Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0, da que Xunta ten activado varias das iniciativas previstas como por exemplo o lanzamento en 2016 da primeira convocatoria dos Premios e Axudas aos Proxectos Piloto Fábrica 4.0, que constitúen, en palabras de AMTEGA, “o primeiro paso de Galicia cara á fábrica intelixente”. Nesta primeira seleccionáronse 4 proxectos que participan preto de 40 empresas de sectores como o motor, a aeronáutica, o agroalimentario ou o da madeira. O balance fai fincapé no papel que estamos a xogar en materia de drones. Indícase, de feito, que Galicia é pioneira no emprego da Compra Pública de Innovación co proxecto Civil UAVs Initiative para a utilización de sistemas aéreos non tripulados (UAVs) no ámbito civil e na mellora da prestación dos servizos públicos. Para estas licitacións disponse dun orzamento total de 24M€ grazas a un convenio asinado co Ministerio de Economía, Industria e Competitividade.

Articulación Dixital do Territorio Púxose en marcha a primeira das actuacións derivadas do Plan de Banda Larga de Galicia 2020 para conectar con velocidades de ata 350Mbps a 81 polígonos industriais galegos ata e consolidouse o uso da Rede Dixital de Emerxencias (Resgal), avanzando no aumento progresivo de usuarios de todos os colectivos que participan nas emerxencias en Galicia e no incremento da súa cobertura, que acada o 90% do territorio.  | 11


Programa ILUMIN@

O Goberno da Deputación de Lugo convida aos Concellos a sumarse a un novo programa de aforro enerxético de balde para eles

O

voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, vén de informar que o Executivo provincial elaborou un novo programa de aforro enerxético, chamado ILUMIN@, dirixido a todos os municipios da provincia de menos de 20.000 habitantes e totalmente de balde para os mesmos. O pasado 14 de xullo, precisamente, o presidente da Deputación Darío Campos Conde remitiu unha carta aos 66 Concellos aos que vai dirixida esta programación para que se sumen á mesma, explicándolles que o Goberno provincial quere axudalos coa iniciativa ILUMIN@ na redución dos seus gastos municipais pola luz. Segundo informou Álvaro Santos acerca das posibilidades que se abren con este programa e das eivas que soluciona, “cómpre que teñamos en conta que un municipio de menos de 5.000 habitantes paga unha media de 200.000 euros ao ano”. Así mesmo, salientou que cos anteriores plans neste eido que o Executivo da Deputación levou aos municipios “acadouse un aforro de ata o 20%”. Co ILUMIN@, engadiu, os Concellos recibirán unha axuda económica para a compra e instalación de novo equipamento de baixo consumo en dotacións municipais como alumeados públicos, centros sociais, instalacións culturais ou deportivas...

Número 168


Implicación en Xuvenciencia

Pablo Rivera Capón,

Deputado de Innovación

O Goberno da Deputación ten programada a distribución de 1 millón de euros en base á superficie, poboación, dispersión e esforzo fiscal de cada municipio para concederlles axudas de 10.500 a 29.900 euros O Goberno provincial distribuirá os fondos nos 66 Concellos en base ao seguintes criterios obxectivos: superficie, poboación, dispersión e esforzo fiscal. De sumárense os 66 Concellos, os municipios recibirán un mínimo de 10.500 euros e un máximo de 29.900 euros.

Concorrencia a fondos da Unión Europea Unha vez coñecida a participación dos Concellos, é dicir, se deciden adherirse ou non; o Goberno da Deputación concorrerá co ILUMIN@ a fondos europeos a través do IDAE (Instituto de Desenvolvementos de Aforro Enerxético), que vén de recibir fondos para este tipo de programacións. O obxectivo é acadar 800.000 euros comunitarios para poñer en marcha unha programación de 1 millón de euros, pois o Executivo provincial achegará outros 200.000 euros para que o custe ao Concello sexa cero. Deste xeito, o ILUMIN@ estaría financiado nun 80% por fondos FEDER e un 20% por fondos provinciais. 

Número 168

A

Fundación TIC da Deputación de Lugo subiron novo chanzo no seu labor de cooperación coa Universidade de Santiago, e fixérono apoiando o desenvolvemento da quinta edición do Campus de Verán Xuvenciencia, que se celebrou do 2 ao 8 de xullo. Ao abeiro desta colaboración, a Fundación TIC aplicou a súa longa experiencia elaborando audiovisuais e promovéndoos nas redes realizando un obradoiro de contidos para YouTube. A dita actividade foi impartida por un docente da Escola de Imaxe e Son. Isto complementouse cos traballados dunha equipa de profesionais e bolseiros da TIC achegando apoio técnico e asesoramento para o alumnado con vistas a dar forma aos vídeos de presentación dos proxectos finais dos estudantes. A achega da Fundación TIC complementouse con reportaxes e un vídeo de escolma dos intres máis destacados de Xuvenciencia, que se proxectou o día da clausura. Xuvenciencia contou coa participación de 130 alumnos de cuarto da ESO e Bacharelato en máis dun centenar de actividades. Desenvolveuse ao abeiro do programa estival do Campus Terra (Campus de Lugo), tentando mostrar á xuventude preuniversitaria a ciencia e a tecnoloxía dun xeito práctico, fomentar o seu interese polas titulacións neste eido e amosar os itinerarios formativos das seis faculta-

des e escolas da USC en Lugo. A eles súmanse os ciclos de formación profesional que é posíbel estudar na cidade, incluídos os superiores de Realización e Produción que se imparten na EIS. O doutor en Física Cibrán Santamarina, profesor da USC e colaborador do CERN, abriu o V Campus de Verán cunha charla titulada Elemental, querido Schrödinger. Segundo lembrou a Deputación de Lugo, a Fundación TIC mantén dende hai tempo unha estreita colaboración coa USC para impulsar o Campus Terra, con varias actuacións como a difusión da campaña Para Estudar Lugo, que impulsa a entidade provincial. Entre outras achegas divulgativas, cómpre salientar a do curso de verán O impacto da prensa local na configuración do tecido social e político. O caso de Ortigueira, celebrado na Facultade de Humanidades e a visita didáctica realizada, este curso, polos alumnos do cuarto ciclo ás instalacións da TIC.

Xuvenciencia contou coa participación de 130 alumnos de cuarto da ESO e Bacharelato en máis dun centenar de actividades


S

e temos o destino, era lóxico e natural que nos convertéramos un referente no uso de novas tecnoloxías para promover e visualizar ante o mundo os nosos múltiples atractivos (naturais, patrimoniais, gastronómicos, etc). Se ademais, chega o verán, entón a actividade sobe, igual que sobe un punto a nosa capacidade de inventiva á hora de argallar novos xeitos de transmitir ao mundo como somos, onde vivimos e como se vive aquí, sen atrancos (de fondo, visuais, de deseño), que se interpoñan. Trátase, en boa parte dos casos dos que imos falar, dun movemento semellante á transparencia tecnolóxica (Administración Electrónica) pero traslado ao ámbito do turismo.

#DámeGalicia apóiase nas Rede para chegar a Europa e Norteamérica Turismo de Galicia estreou o pasado 4 de xullo nova campaña de promoción e fíxoo, tamén, nas canles dixitais. A iniciativa, desenvolvida baixo o slogan #DámeGalicia, rompe formatos previos cunha clara aposta por aproximarnos ás experiencias en primeira persoa dos viaxeiros. A campaña xorde para ter presenza nas canles de TV, radios, prensa xeral e especializada, suplementos e revistas. Porén, emprestarase unha atención especial á promoción en buscadores e redes sociais, así como en sitios web de viaxes e turismo. De feito, o nome da campaña e o xeito de presentarse alude directamente ás novas canles comunitarias e dixitais da información. Turismo de Galicia quere que a campaña #DámeGalicia chegue tamén ao mercado internacional, especialmente a Europa e Norteamérica. Para isto tirarase proveito, precisamente, da promoción dixital, en medios online e web especializadas. 14 |

Turistas e

aínda por enriba

internautas

Este verán os galegos fortalecemos con múltiples exemplos de innovación as ligazóns entre as redes os recursos para viaxeiros


A Deputación de Lugo lucirá na Internet os múltiples atractivos da provincia

Con esta campaña, Turismo de Galicia afonda “no compromiso por poñer en valor os recursos de Galicia e promover o destino nos mercados nacionais e internacionais”. O obxectivo é que en 2020 academos os seis millóns de turistas. Segundo informa o organismo que dirixe Nava Castro, no que vai de ano a Comunidade galega recibiu máis de 1,4 millóns de visitantes, “unha cifra nunha antes acadada nos cinco primeiros meses do ano”. O Camiño de Santiago, as praias galegas, os balnearios, o potencial da costa e interior de Galicia ou as festas son algúns dos moitos recursos presentes na inciativa, que, como dixemos, “pretende chegar ao mercado nacional e interno, grandes mercados emisores para Galicia”. Esta iniciativa de Turismo de Galicia súmase este 2017 a outra da que falamos en febreiro e que está directamente relacionada coas contornas dixitais: a renovación do portal turismo.gal, o portal do departamento que dirixe Nava Castro. Segundo salientamos daquela, a remodelación da web tivo como resultado unha mellor facilidade de uso, con consultas máis doadas dende dispositivos móbiles, navegación optimizada e unha meirande presenza da fotografía como vehículo de transmisión da información (áxil, directa, dinámica). Ademais, fíxose especial fincapé en fornecer aos viaxeiros toda a información de utilidade sobre as nosas empresas turísticas do sector.

Número 167

O pasado 12 de xullo presentouse na sede da Deputación o Plan Estratéxico de Lugo 2017-2020, unha iniciativa artellada baixo o slogan Lugo Cambia e que centra boa parte das súas liñas de traballo no turismo etnográfico, de natureza e de cultura. Segundo se fixo saber na cita, na que concorreron a maior parte dos alcaldes dos 67 concellos da provincia, no desenvolvemento de plan participaron máis de 250 axentes de Lugo. Como dixemos, unha parte importante da iniciativa centra os seus obxectivos no turismo: en potenciar os múltiples atractivos da provincia ao tempo que se clarifica a información, faise marca e incídese en impulsar a provincia a través das novas tecnoloxías dixitais. Por unha banda, establécense cinco xeodestinos: Lugo-Terra Cha (para impulsar o turismo da auga, o patrimonio arqueolóxico, o ecoturismo ou o turismo agroalimentario); a cidade de Lugo (para visualizar as súas pegadas romanas, as súas grandes festividades, o termalismo ou o turismo accesíbel), A Ribeira Sacra (impulsando as súas potencialidades no ecoturismo, no patrimonio arquitectónico ou no turismo fluvial), A Mariña (potenciando os seus atractivos como destino litoral, a gastronomía, o turismo mariñeiro e os grandes acontecementos), e Ancares-Courel (apostando aquí polo turismo científico, o etnográfico e o ecoturismo). A respecto de todo isto, a Deputación de Lugo creará páxina web de turismo onde se poderán atopar os recursos patrimoniais, naturais e culturais da provincia. Ademais, nela será posíbel achar paquetes gastronómicos, rutas de sendeirismo e escapada, recomendacións e informacións de interese. Segundo explicou o presidente da Deputación, Darío Campos, “poremos en marcha un plan de sinalización vinculado ás novas tecnoloxías, mellorando a accesibilidade aos recursos turísticos da provincia, e tamén impulsaremos eventos relacionados coa gastronomía coa creación duns premios provinciais e unha ruta gastronómica na provincia”. Asemade, crearase unha gran axenda cultural, engadiu.

CaminoTool, unha nova ferramenta móbil para os peregrinos Cada vez son máis as ferramentas tecnolóxicas que os peregrinos teñen á súa disposición á hora de encarar o Camiño de Santiago, e a empresa compostelá Dinamedia Soluciones Técnicas tamén quere contribuír a un Camiño mellor, polo que publicaron en Google Play a aplicación móbil CaminoTool (a versión para iPhone estará dispoñible proximamente) que ofrece completamente de balde para os peregrinos información sobre aloxamentos, restaurantes, alimentación, bares, farmacias, masaxistas, podólogos, dentistas, hospitais, cabeleirías, tendas de recordos, roupa... Esta ferramenta presenta unha escolma de produtos e servizos de calidade, cun amplo abano de prezos, buscando en todo momento achegar a información dun xeito áxil e facilitando a posibilidade de recoller queixas ou dar a coñecer estragos. CaminoTool permite que os seus usuarios inicien sesión no sistema para consultar os seus datos e o seu histórico de accións; fai uso da xeolocalización para indicar a posición dos establecementos que precisa o usuario; permite valorar a experiencia para que outros peregrinos poidan ter as opinións como referencia; facilita a notificación de queixas de distinto tipo (como a detección de sinais rotos ou errados, a localización de perigos...); e mesmo integra un sistema de pagamentos para establecementos adheridos (nos que tamén será posible gozar de descontos como recompensa á valoración de experiencias dende a aplicación móbil).

| 15


Terras de Pontevedra lanzará aplicación móbil de arte rupestre A mancomunidade Terras de Pontevedra vén de presentar a súa folla de ruta para os meses vindeiros. O obxectivo fundamental? Visualizar ante o mundo este destino turístico e promovelo como destino de primeira liña. Unha das principais actuacións do plan (fortalecido trala sinatura dun convenio coa Xunta por valor de 104.915 euros) será a implantación e desenvolvemento de novas tecnoloxías dirixidas á información e á comunicación avanzada cos viaxeiros e visitantes. Así, nun plano máis concreto, deseñarase unha aplicación de arte rupestre dirixida ao público familiar, actualizaranse e anovaranse os recursos da páxina web da mancomunidade (www. terrasdepontevedra.org) e poranse en marcha diversas accións de mercadotecnia en liña. A entidade tamén anunciou que fará fincapé na promoción e comercialización do destino e dos seus atractivos turísticos, convidando a xornalistas, blogueiros e operadores turísticos para viviren experiencias turísticas de tres días e logo mostrar estas estadías nas redes sociais e nas diferentes ferramentas de comunicación tecnolóxica. Terras de Pontevedra, como lembraremos, está integrada polos concellos de Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro, e está en trámites para incorporarse os concellos de A Lama e Barro, cos que se busca fortalece este destino turístico galego.

Correos presenta en Ourense a súa nova web para peregrinos

Correos presentou o pasado 12 de xullo en Ourense a súa páxina sobre o Camiño e sobre os servizos que a empresa pon a disposición dos peregrinos ao longo dos itinerarios xacobeos (servizos que atinxen non só ao percorrido en si mesmo, senón tamén ao antes e ao 16 |

despois: como planificar a ruta, que sitios visitar, onde durmir e comer, como recibir e entregar material de todo tipo ao longo do traxecto, como resolver a cuestión do “regreso do material”, etc). Trátase da páxina de axuda aos camiñantes www. elcaminoconcorreos.com, que foi dada a coñecer na cidade das Burgas polo alcalde Jesús Vázquez; o director de zona de Correos, Ángel Pérez, e o director da oficina principal, Avelino Rodríguez. Segundo se fixo saber, o portal que Correos vén de activar oferta información detallada sobre nove rutas xacobeas: O Camiño Francés, o Primitivo, O Camiño do Norte, O Camiño Inglés, o Camiño a Fisterra, a Vía da Prata, o Camiño Portugués, o Camiño Sanabrés e o de inverno. Tamén se informou de que na páxina web os peregrinos poderán atopar detalles pormenorizados de cada unha das etapas do Camiño, os aloxamentos, os teléfonos de interese e os consellos dos carteiros locais sobre que lugares non deixar de visitar. Por certo que a web tamén achega a posibilidade de descargar todos os datos acubillados para que os peregrinos poidan carrexala da maneira máis cómoda (os detalles da ruta, os blogues con información actualizada) aínda que non conten con conexión. A web tamén fornece dun servizo de consultorio onde os camiñantes poderán enviar as súas preguntas e dúbidas aos carteiros do Camiño.

Vigo abre web sobre a súa arte na rúa O Concello de Vigo vén de pór en marcha unha nova web informativa, ciudaddecolor.vigo.org, sobre a campaña de arte na rúa Vigo, Cidade de Cor, que vai pola súa terceira edición. A páxina foi dada a coñecer polo rexedor, Abel Caballero, e pola tenente de alcalde, Carmela Silva. Segundo puidemos saber, a páxina ten autonomía propia malia estar ligada á dita iniciativa de arte urbana, sendo a faciana visíbel da mostra pero, tamén, dun xeito de crear e de remodelar as feituras externas das cidades que é en si mesmo unha revolución estética, urbanística e arquitectónica. Na páxina pódese acceder a toda a información do proxecto, en palabras do alcalde “unha mostra do talento de artistas xa consolidados e unha oportunidade de dar a coñecer na cidadanía o traballo de artistas noveis”. Caballero confirmou que, dado o éxito acadado por esta campaña de embelecemento dos espazos urbanos, esta terá continuidade en futuras edicións marcándose como obxectivo chegar a cifra de 100 obras nos próximos anos. Estas obras estarán firmadas por diferentes artistas locais e nacionais como: Delio Rodríguez, María Romero, Pinche, Maria Jose Pulido. Teresa Irisarri, Silvia Rodríguez Pena (SAX), Noel Peres Fungueiriño, Elara Elvira e Ana Santiso, Iria


Blanco e Pedro Sardiña. Ademais nesta edición haberá dous artistas internacionais convidados: Hazul e Mona Car o que demostra o éxito internacional desta iniciativa. Caballero e Silva destacaron tamén que esta nova web, dispoñíbel en galego, español e inglés, ten como obxectivo dar a coñecer tanto os cidadáns de Vigo como a quen nos visitan toda a información das obras, da súa localización exacta, e os datos das artistas e os artistas que as asinan.

Amoeiro será un concello cen por cen localizábel O Concello de Amoeiro fixo saber que vai botar man das novas tecnoloxías da información para superar as dificultades que achega o espallamento para localizar vivendas, así como “os riscos e incomodidades que diso se derivan”. Asemade, tirará proveito das ferramentas máis innovadoras de xeolocalización para que ningún turista se perda no termo municipal e poida chegar con total facilidade ao destino previamente elixido. Dito doutra maneira: o que busca o Concello é converterse nun municipio cen por cen localizábel. O Proxecto de Dixitalización e Xeolocalización do Concello de Amoeiro abrangue unha análise pormenorizada da distribución de vivendas e puntos de interese turístico e cultural no termo municipal ourensán, dando lugar a unha cartografía dixital precisa coas correspondentes coordenadas no Sistema de Posicionamento Global mediante satélite (ou GPS na terminoloxía norteamericana: Global Positioning System). Nunha segunda fase, o Concello dará forma a unha aplicación informática, unha app para móbiles iOS ou Android que se poderá descargar de balde da

Número 168

web municipal e que permitirá que os corpos de seguridade (policía, garda civil, etc.), de control de lumes (bombeiros, grumires, protección civil, etc), sanitarios (ambulancias, persoal médico, de enfermaría, etc.), así como de transporte público (autobuses, taxis), de envíos postais ou de paquetería (correos, comercio a distancia, etc.), de alimentación (supermercados ou tendas) ou mesmo turistas e amizades “poidan chegar de xeito áxil e fiábel ós seus destinos”, explican fontes do Goberno local, engadindo que o proxecto vai destinado a emendar eivas na numeración de vivendas, creando novos enderezos en determinados lugares, por exemplo na parroquia de Bóveda, onde aínda están sen diferenciar os diferentes núcleos. Tamén se fará fincapé en unificar cartografías de estatística, catastro, PXOM e do rueiro municipal, “dando lugar a numeracións que serán instaladas de balde en forma de placas asentadas nas fachadas de cada edificación”. Os traballos comezaron o pasado 26 de xuño, precisamente en Bóveda, e

proseguiron logo en Fontefría e Abruciños, para logo ir abranguendo todo o territorio municipal. As accións están a ser desenvolvidas por persoal da empresa Servicat, que é a adxudicataria do proxecto, o cal estará acompañado por concelleiros e concelleiras do grupo de Goberno ou por representantes veciñais.

Xermade convoca fotógrafos e internautas para mostrar o seu patrimonio

O Concello de Xermade (Lugo) quere tirar proveito das redes que se tecen arredor das imaxes dixitais xeolocalizadas para promover os seus atractivos turísticos ao tempo que “fai” comunidade en liña. Por esta razón, vén de convocar a segunda edición do seu Concurso de Fotografía Dixital #xermadeenfotos, dirixido a amosar perante o mundo os seus recursos patrimoniais, “reflectindo as múltiples sensacións que se poden ter neste municipio”. Segundo informa o Goberno local, cada participante poderá achegar un máximo de tres fotos a través do portal xermadeenfotos.org até o 15 de setembro. A iniciativa vén da man da Concellería de Xuventude e Educación. As fotografías deben amosar os recursos patrimoniais do municipio (naturais e paisaxísticos, agrogandeiros, industriais, arquitectónicos, etnográficos, arqueolóxicos, gastronómicos, etc) de xeito atractivo e con calidade técnica e artística. Para esta convocatoria, as imaxes terán que mostrar o tempo que estamos a vivir, este tempo actual a cabalo entre primavera e verán (máis verán, todo hai que dicilo, ca primavera). As bases do concurso atópanse no portal xermadeenfotos.org onde se poden tamén pendurar as fotografías e, por suposto, votalas e compartidas nas redes sociais. 

| 17


Quen vén, repite Dispárase a cifra de peregrinos que empregan os recursos TIC de Smart Camiño

O

s días pasados as entidades responsábeis de Smart Camiño (a axencia AMTEGA e Turismo de Galicia) fixeron un balance das actividades que se están a desenvolver ao abeiro do devandito plan, como lembraremos unha batería de iniciativas destinadas a fomentar o impulso de Galicia como destino xacobeo a través das máis avanzadas ferramentas TIC. Segundo explicaron, as accións do plan están “a consolidar o seu interese entre os peregrinos”. Deste xeito, no primeiro semestre de ano, constatouse un medre no emprego das distintas opcións dispoñíbeis (web, aplicación móbil e conexión Wi-Fi nos albergues da rede pública). No caso da páxina web do Camiño de Santiago, www.caminodesantiago. gal (na que se recollen todos os aspectos precisos para descubrir, preparar e planificar a ruta xacobea), a curva de crecemento mantívose constante desde principios de 2017, con preto de 110.000 sesións e ao redor de 80.000 usuarios, cunha taxa de internautas fixos moi próxima ao 30%. No que atinxe ao uso que os internautas fan da páxina, AMTEGA e Turismo de Galicia salientan a duración media da sesión de visita (“moi elevada, con máis de seis minutos por

18 |

persoa”) e máis o baixo índice acadado na porcentaxe de rebote, o que significa, nas súas palabras, “que os visitantes non abandonan decepcionados o portal pouco despois de entrar; máis ben ao contrario, a maioría deles visitan máis dunha páxina”. En canto a aplicación móbil do Camiño de Santiago (de balde e apta para as plataformas iOS e Android), tamén tivo “un papel destacado”, sinalaron as entidades responsábeis da súa posta en marcha, que salientan que está dispoñíbel en tres linguas (galego, castelán e inglés) e que xa suma máis de 6.000 descargas nos primeiros seis meses do ano, confirmándose como “unha das máis demandadas das aplicacións de Turismo de Galicia”. A ferramenta, como lembraremos, contén o trazado, a descrición, fotografías e información útil dos diferentes itinerarios xacobeos, dos albergues, dos recursos turísticos e dos distintos eventos. Polo tanto, o peregrino pode consultar nela cousas como os horarios, a localización ou os teléfonos en cada tramo, amais de ter acceso ás condicións meteorolóxicas e aos enderezos e contactos dos centros de saúde e emerxencias. Polo que atinxe á dotación de conexión Wi-Fi na rede de albergues, en xaneiro conectáronse a ela máis de 3.500 usuarios e no pasado mes de xuño, coa

chegada do verán, a cifra subiu até máis de 18.500. En total, neste tempo, foron preto de 60.000 peregrinos aloxados os que se conectaron a ela. Como recordaremos, Smart Camiño é unha das iniciativas enmarcada no Plan director do Camiño de Santiago, cuxa folla de ruta está a desenvolver numerosas melloras. Do seu orzamento de máis de 60 millóns de euros, xa foi executado ao redor do 60%. Os seus obxectivos, coa vista posta no próximo Xacobeo 2021, están aliñados coa Estratexia do turismo de Galicia 2020. Smart Camiño comezou a súa andaina oficial en marzo de 2016. Daquela fíxose saber que se trataba dunha achega tecnolóxico-turística destinada entre outras cousas a facilitar pola vía das TIC (e da maneira máis inmediata e accesíbel) todo o que podemos precisar (onde comer, onde durmir, que visitar) como viaxeiros que chegamos a terras galegas. Ou ben como galegas e galegos que queremos coñecer mellor a nosa terra, sendo os Camiños Xacobeos os eixes que artellarán a nosa andaina. As actuacións de Smart Camiño diríxense por unha banda á extensión da rede Wi-Fi gratuíta ao 100% dos albergues. Por outra banda, abrangue a posta en marcha da devandita páxina web, caminodesantiago.gal e da aplicación para o Camiño de Santiago.  Número 168


Benvidas, aceleradoras

Arranca o primeiro programa de Conector Galicia

C

onector Galicia, a nova aceleradora de firmas innovadoras galegas en fase “semente”, vén de pór en marcha o seu primeiro programa de pulo a proxectos tecnolóxicos e de Internet na nosa terra. E faino arrincando con cinco start-ups. Estes novos proxectos, a partir de agora, estarán cinco meses adestrándose e recibindo formación e asesoramento especializado para logo culminar o seu proceso de medre coa celebración dunha gran xornada de demostración, unha Demo Day que será, tamén, un foro de investimento privado en Galicia. A aceleradora Conector Galicia, como lembraremos, foi impulsada en 2016 por algúns dos principais expertos en innovación empresarial da nosa terra, como por exemplo Rubén Ferreiro, director executivo de Viko, Eduardo Aldao, director de Innovación de ABANCA, ou Lalo García, fundador de Lancetalent, Knowledge Investors, Xebook; e colaborador de Redinvest CFV, ViaGalicia e Laconnetwork. Lalo García, por certo, é o director de Conector Galicia. Volvendo ás cinco firmas innovadoras seleccionadas, foron elixidas de entre máis de 30 candidaturas, logo dun exhaustivo proceso de selección por parte dos socios e mentores de Conector Galicia que, a través dos seus votos, elixiron as mello-

Número 168

res start-ups para o primeiro programa. Os proxectos seleccionados son: Aensis (plataforma que proporciona sistemas de ciberseguridade con visibilidade total da Rede, protección de espectro completo e seguridade proactiva fronte ameazas actuais e vindeiras), La Sal Style (firma centrada na moda e nas coleccións de roupa urbana casual, con edicións limitadas de prendas exclusivas), Mireiq (empresa que permite aos usuarios experimentar a fondo co mundo dos bolsos e e conformar con oito pezas intercambiábeis máis de 20 modelos diferentes, “levando a ultra personalización á moda”), Siccae Ventures (firma innovadora de moda e tendencias, moi centrada nas novas canles de creación e distribución arredor dos brazaletes de deseño) e Wannachek (un servizo centrado en achegar total seguridade nas transaccións que fan os usuarios na compravenda de vehículos). Estes cinco proxectos contarán, durante os vindeiros cinco meses, cos seguintes beneficios: soporte e asesoramento diario do equipo de Conector Galicia; bonificacións (perks) valoradas en máis 400.000 euros e servizos profesionais valorados en 10.000; charlas de formación da man dos mentores da aceleradora; oficinas de balde; visibilidade no ecosistema emprendedor estatal; e acceso á rede de investidores e networking. 

R axudará a proxectos emprendedores galegos O director xeral de R, Alfredo Ramos e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, presentaron na Coruña o programa Startups R, que conecta a tecnoloxía e a capacidade innovadora da operadora con novas firmas innovadoras, aceleradoras, clientes e sectores produtivos para promover a innovación e o emprendemento en Galicia. Ese novo programa vai dirixido a emprendedores tecnolóxicos e a emprendedores non tecnolóxicos pero si innovadores que teñan un proxecto de alcance global. As áreas estratéxicas nas que R valorará o potencial de cada iniciativa son a Internet das Cosas, a intelixencia artificial, as redes Wi-Fi e 5G, a ciberseguridade, a Industria 4.0 e os novos contidos. O director xeral de R, Alfredo Ramos, asegurou que “a intención, nesta primeira edición do programa de Startups R, é chegar a até 100 empresas que traballen nas áreas clave”. Tamén dixo que a compañía apoiará desinteresadamente ás empresas emprendedoras seleccionadas brindándolles servizos de telecomunicacións de balde e servizos avanzados de datacenter (Internet 350 Mbps, 3 liñas fixas, 3 liñas de móbil 4 GB, web + dominio + caixas de correo e até 3 servidores virtuais con conexión simétrica e almacén SAM flexible 200 GB), equipamento para desenvolver, formación e obradoiros de traballo, networking e visibilidade, publicidade conxunta e tamén patrocinada, ou mesmo estudos de merca de produtos e servizos por parte de R. Ademais, as startups poderán optar a un estudo tecnolóxico ou de mercado do seu produto asociado á rede de R ou á súa capacidade de comercialización, traballando coas áreas técnicas ou de mercadotecnia para adaptar a súa proposta e recibir orientación.

| 19


Tecnoloxías ao servizo da memoria Tek Fest 2017 achegaranos en setembro aos mellores contidos actuais de realidade virtual

I

mos ter nova edición de Tek-Fest (tek-fest.com) á volta do verán. A segunda, novamente en Pontevedra. Trátase, para quen non o saiba, dunha xuntanza arredor das tecnoloxías da información pero non dun xeito calquera, senón buscando tirarlles o máximo proveito como recursos para lembrar, recuperar e pór en valor. En palabras da organización, o Concello, será un Encontro de Tecnoloxía e Patrimonio que “conectará a memoria da cidade coas tecnoloxías emerxentes a través de distintos obradoiros e actividades”. Estes desenvolverase en “lugares emblemáticos de Pontevedra”, poñendo en valor estes emprazamentos e, tamén, as propias actividades. A segunda edición de Tek-Fest celebrarase en setembro, entre os días 25 e 30. Foi dada a coñecer en todos os seus detalles pola concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías. Segundo dixo, os grandes protagonistas deste ano serán as tecnoloxías emerxentes aplicadas á memoria audiovisual e téxtil da cidade, xunto co legado das/os inventoras/es galegas/os. No acto de presentación tamén participaron o concelleiro de Xuventude e Novas Tecnoloxías, Alberto Oubiña, e o delegado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal , acompañados polo director creativo do Tek-Fest, Toño Cabanelas, e a directora, Lola Dopico, dunha entidade que se vén de incorporar á organización do festival: Esdemga (Mestrado Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda). Durante a sesión cos medios, o director do certame, Toño Cabanelas, explicou que “se na súa

20 |

primeira edición o lema do festival foi A cidade do futuro, este ano o Tek-Fest quere realizar unha viaxe na outra dirección, do futuro ao pasado, que complete e enriqueza a experiencia do 2016, volvendo a mirada á memoria da cidade para seguir situando a Pontevedra na vangarda tecnolóxica”. No acto de presentación tamén se incidiu en que “a continuidade virá dada pola presenza da realidade virtual e aumentada”, tecnoloxías que xa estiveron presentes na primeira edición e que volverán protagonizar esta nova convocatoria, “nun intre de madurez no que xa non se primará a tecnoloxía só, senón que os protagonistas serán os contidos”. E engadiron: “Queremos que a xente de Pontevedra poida acceder aos mellores contidos internacionais, tanto películas experimentais como contidos relacionados co patrimonio e a moda, e tamén imaxes en 360º producidas o ano pasado no propio Tek-Fest”. Isto será na Mostra VR que porá este ano en marcha o festival, en palabras dos organizadores “outra das grandes novidades desta edición”. 

Catro liñas de actividades O festival este ano terá así catro liñas fundamentais de actuación. En primeiro lugar, un obradoiro de VR + Patrimonio, impartido por Bermudas Land, ofrecerá aos participantes a posibilidade de reconstruír imaxes antigas da cidade pasándoas a un formato inmersivo en 360º. O segundo obradoiro, coordinado por Esdemga, leva por título Calor+Memoria e proporá un achegamento á memoria téxtil da cidade a través dos novos procesos de tratamento de superficies. Será impartido por Arantza Vilas, deseñadora e investigadora galega afincada en Londres, onde creou Pinaki Studios, e que destaca pola súa investigación en novas materias téxtiles. Outra das actividades estrela deste ano será a Homenaxe aos Tekis do século XX, coa que se quere reivindicar o patrimonio dos inventores galegos. Os protagonistas deste tributo serán este ano os irmáns Portela Seijo, de Santiago de Compostela, que foron pioneiros na enxeñaría acústica e audiovisual patentando inventos como o magnetófono de cable de aceiro, que quixo mercar Philips en 1942, ou o Organ Sound, o mítico altofalante feito a base de cilindros e inspirado nos tubos do órgano da Catedral de Santiago. Segundo informaron os organizadores, o devandito Organ Sound será obxecto dunha reconstrución no festival Tek-Fest a cargo do artesán dixital Miguel Espada, do estudio Espadaysantacruz. Por último, a devandita Mostra VR traerá a Pontevedra, en palabras dos impulsores do evento, unha escolma internacional dos mellores contidos en realidade virtual, “co foco posto nos contidos experimentais e naqueles relacionados coa moda e co patrimonio”. Esta mostra está patrocinada por Samsung, que proporciona varios equipos e gafas de VR para que todos os pontevedreses que o desexen poidan acudir a ver en exclusiva estes filmes. Número 168


Tecnoloxías para sermos

autónomos e independentes A Cruz Vermella e Televés reciben o pulo da Xunta para avanzar en servizos innovadores de teleasistencia

T

elevés e a Cruz Vermella levan tempo traballando xuntas no camiño de mellorar a asistencia de persoas en dependencia. Os froitos do seu labor compartido foron recoñecidos recentemente polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, CPEIG, que lles concedeu o Premio eInclusión polo seu servizo de atención a distancia para persoas maiores ou dependentes, unha plataforma a prol do envellecemento activo con capacidade de seguimento avanzado e de resposta inmediata fronte a emerxencias, amais de estar operativa as 24 horas do día. Agora, a este labor conxunto da Cruz Vermella e de Televés véñenlle de saír dous novos aliados firmes (alén do apoio orzamentario previo da propia Xunta). Por unha banda a Consellería de Política Social e, pola outra, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Segundo fixeron saber onte os responsábeis de ámbalas entidades, a súa colaboración materializarase “no apoio á pilotaxe de novas prestacións de fogar dixital sociosanitario no marco do proxecto europeo Activage, que busca crear solucións tecnolóxicas que favorezan a independencia e autonomía das persoas maiores”.

Número 168 151

No marco deste proxecto en Galicia, engadiron, desenvolveranse e probaranse solucións de fogar dixital sociosanitario con 700 usuarios, 100 deles con necesidades puramente clínicas, 450 usuarios de prestacións sociais, e 150 con necesidades sociosanitarias. Tamén explicaron na formalización da alianza que a pilotaxe de diferentes solucións en función dos perfís permitirá sentar os alicerces “dunha futura carteira de servizos sociais prestados desde o fogar”. Cousas como, por exemplo, coidado integral para os adultos de idade avanzada con doenzas crónicas, o seguimento da actividade diaria, a achega de solucións de seguridade e confort en casa, o subministro de estimulación cognitiva ou de prevención do illamento social, etc. Nun plano máis concreto, a Consellería de Política Social e Cruz Vermella sinalaron que fornecerán á iniciativa do perfil e das necesidades dos posíbeis usuarios do ámbito social mentres que Televés proporcionará o desenvolvemento das solucións tecnolóxicas a través de tecnoloxía IoT (internet das Cousas). Todo iso recóllese no convenio de colaboración asinado este 18 de xullo entre o conselleiro de Política Social, José Manuel

Rey; a directora da AMTEGA, Mar Pereira; o director xeral da Corporación Televés, Santiago Rey e a presidenta autonómica de Cruz Vermella, María del Carmen Colmeiro. José Manuel Rey manifestou que “esta medida afondará na mellora da colaboración e a coordinación entre administracións e empresas en beneficio dos galegos e galegas” e lembrou que a día de hoxe, a Xunta de Galicia oferta a través de Cruz Vermella 5520 dispositivos de teleasistencia e 240 dispositivos xeolocalizadores. Tamén salientou, acerca das vantaxes concretas destas tecnoloxías, “a importancia da tranquilidade do usuario ou da súa familia sabendo que pode ser atendido nunha situación crítica a través dun botón de alarma”. Coa sinatura deste convenio formalízase a adhesión da área social autonómica ao proxecto europeo Activage, do que xa é partícipe o SERGAS, para avanzar en solucións tecnolóxicas que dean resposta ao modelo de teleasistencia avanzada no fogar polo que aposta a Xunta de Galicia. No acto de presentación do acordo coa Cruz Vermella e con Televés, recordouse que “a Administración autonómica está a traballar nun modelo de teleasistencia avanzada para prestar tanto servizos asistenciais a doentes crónicos como a monitoraxe continua de persoas maiores no seu fogar para identificar situacións de risco de forma automática e comunicalas de maneira telemática aos seus coidadores ou fornecedores de servizos”. Este modelo, engadiron Rey e Pereira, baséase nun único sistema tecnolóxico para os servizos sociais e sanitarios no fogar, sobre o que traballarán diferentes fornecedores de servizos en cada un dos ámbitos.

Proxecto europeo Activage é un proxecto financiado pola Comisión Europea no marco daio programa Horizonte 2020, que se levará a cabo en 7 países. Cun orzamento de 25,3 millóns de euros e un prazo de execución de 42 meses, o seu obxectivo é facer fronte ao reto que supón o envellecemento da poboación. En Galicia a iniciativa está liderada pola compañía compostelá Televés, unha das 50 empresas europeas que participan no proxecto para construír unha plataforma aberta e interoperábel baseada na Internet das Cousas (IoT).  | 21


innovación galega

Innovación galega, tamén en verán Cesan as nosas empresas e entidades de argallar propostas tecnolóxicas novas? Nin por asomo

Tokapp lanza ferramenta anti-ciberbullying

Tokapp, empresa galega desenvolvedora da plataforma docente do mesmo nome, segue a engadirlle ramificacións á súa aplicación no camiño de mellorar o funcionamento dos centros educativos pero, tamén, de facelos mellores lugares para aprender e para vivir. Nesta liña insírese a iniciativa RompeBullying, unha proposta anti-acoso de Tokapp que converte as mensaxes ofensivas en textos agradábeis entre vítima e acosador. Trátase dunha aplicación de balde que se lanza a combater o dito problema social alí onde adoita xurdir e acrecentarse: nas redes sociais. O seu funcionamento? Transformar a violencia en adhesivos. Para Tokapp, cumpría aproveitar as novas tecnoloxías, e agora máis ca nunca, para loitar contra a lacra do ciberbullying, unha práctica que a día de hoxe abrangue xa un de cada catro casos de acoso escolar, causando secuelas psicolóxicas no 92% das vítimas (consonte un estudo da Fundación ANAR en colaboración con Mutua Madrileña). Segundo lembra a empresa galega, o medio máis empregado para o acoso virtual é precisamente as mensaxes de texto. “Neste punto, a única e última defensa que lle resta á vítima é o bloqueo do contacto”, explican dende Tokapp, engadindo que, malia todo e malia seren bloqueados, “os contidos fican

22 |

e a persoa acosada convive con eles, algo que lle xera tensión e ansiedade”. Para reverter o devandito e converter en positivo o negativo xurdiu precisamente RompeBullying, unha aplicación de colantes (adhesivos) para substituír e converter as mensaxes desagradábeis e ferintes en conversas amábeis que utilizan o novo sistema de stickers de Apple. O sistema, unha vez que a persoa acosada recibe unha mensaxe que non é do seu agrado, comeza a funcionar en canto esa persoa abre a ferramenta RompeBullying?, selecciona un adhesivo e arrástrao sobre a mensaxe cubríndoo totalmente. A mensaxe orixinal, desta maneira, fica oculta tanto para a vítima como para o seu acosador. “Con isto, o adhesivo xera unha nova conversación diferente e afastada da violencia”, sinalan dende Tokapp, que logo da súa longa experiencia traballando no eido educativo e dixital puido constatar a alta frecuencia coa que se dan este tipo de prácticas vexatorias por mensaxería. A aplicación, dispoñíbel para iOS, está xa na Apple Store. É totalmente de balde para pais e alumnos, e ten unha media de uso de 50 usuarios ao día. TokApp informou de que está a traballar para que en datas vindeiras estea dispoñíbel para Android. 

SIVSA presenta GEENIE

A empresa galega SIVSA, responsábel do desenvolvemento e lanzamento de Fenix (software de xestión clínica na nube especialmente pensando e optimizado para médicos e clínicas), está a presentar este verán unha nova contribución tecnolóxica destinada a revolucionar, desta volta, o ámbito da compra centralizada. Estamos a falar do asistente GEENIE (www.sivsa.com/site/geenie/) Este, máis polo miúdo, é un servizo que facilita aos organismos públicos a compra de bens dentro do sistema de Contratación Centralizada do Ministerio de Facenda. GEENIE, dispoñíbel dende o pasado mes de xuño, é un novo paso de SIVSA a prol de atender “as necesidades e problemáticas das diferentes institucións para poder optimizar os seus recursos”. Neste contexto, engaden fontes de SIVSA, o devandito sistema simplifica o proceso de compra dentro do catálogo centralizado. Por unha banda, ofrece un sistema de consultoría e asesoramento sobre os bens que mellor cobren as necesidades do organismo solicitante; e, por outra banda, unha vez que se teñen identificadas as necesidades e definidas as compras a realizar, introdúcese no catálogo para facilitar ao organismo as referencias que ten que solicitar. De maneira paralela, GEENIE ten informado ao provedor con vistas á preparación do seu equipamento, “de modo que o pedido xa estea listo para o seu envío axiña que se confirme a adxudicación”. 

Número 168


Sila Games lanza servizo de novas personalizado

Os responsábeis da plataforma galega Sila Games, canle de distribución de xogos (principalmente para PC, Mac e Linux) que inclúe entre os seus servizos a posibilidade de que os xogadores de calquera recanto do planeta poidan mercar produtos dende a realidade virtual (a través da tenda Sila VR Store, vr.silagames. com/es), veñen de introducir unha serie de melloras ao abeiro devandito servizo universal. Sen ir máis lonxe, veñen de crear a sección con autonomía propia: News (news.silagames.com). A nova iniciativa salienta por fornecer aos usuarios dunha resposta integral, sen atrancos nin límites, aos seus requirimentos de información actual sobre o ámbito gaming. En termos concretos, subministra aos lectores todas as novas do sector, dende diferentes medios e distintos idiomas, e todo coa vantaxe de estar dispoñíbel nun sitio único. As novas veñen filtradas e ordenadas ao gusto do usuario. Sila apostou para esta proposta por unha interface sinxela e agradábel, moi doada de empregar a través dunha fórmula de “receitas”. Por certo que o lector de noticias de videoxogos chega aproximadamente un ano despois do lanzamento ao mercado da tenda Sila VR Store, adaptada ás Gear VR de Samsung. Para facernos unha idea do funcionamento de News, os responsábeis de Sila achegan un exemplo concreto: “Un xoga-

dor interesado nos deportes en liña que quixera datos específicos sobre os xogos League of Legends e eSports, podería crear unha receita na que engade estes dous elementos e elixir de que medios específicos tirar as noticias, por exemplo IGN e Eurogamer (nas súas versións inglesa e española), e desta maneira o usuario será quen de ver, unicamente, as novas dende os dous medios relacionados cos seus intereses particulares”. E engaden: “O noso obxectivo foi darlle ao usuario o poder de decidir que información quere ver dunha forma sinxela, de aí saíu a idea de poder crear as receitas; con esta ferramenta buscamos que o proceso de ler artigos que sexan do seu interese fose o máis simple posíbel”. Para poder sacar proveito deste servizo os usuarios deberemos crear, en primeiro lugar, unha conta de balde. Unha vez feito isto xa poderemos dar forma ás nosas propias receitas e empezar a ler as noticias

filtradas nunha interface que ademais está adaptada para móbiles, “co fin de poder utilizala en calquera parte”. Polo que respecta ao proceso de creación de receitas, teremos que elixir o tema sobre o que queremos ler (entre a manchea de consolas, videoxogos e torneos dos que se fala nas redes) e logo seleccionar os medios de onde queremos extraer as informacións, entre máis de medio cento de canles de todo o mundo dispoñíbeis en seis linguas diferentes. O terceiro paso é nomear a nova receita para atopala da maneira máis rápida. As receitas creadas serán públicas, de tal maneira que a comunidade pode subscribirse ás doutros usuarios e así axilizar o proceso de lectura. Nada mais entrar en páxina (news.silagames.com) convídasenos a crear unha receita e móstrasenos unha escolma das máis seguidas, a modo de exemplos. 

A Fundación Araguaney renova web na procura da diversidade

A Fundación Araguaneyoperacións en Santiago (dene a comunicación entre culturas e páxina web, www.fundacionaragua(novidades, informacións, servizos) atrancos de ningún tipo. Por exemcoñecer, nunha única visita e de novidades relativas aos eventos máis de Cinema Amal, o Premio Revbela e as exposicións artísticas e publimaneira regular. A nivel de fasquía e de derrubar muros (físicos e en en lienta por ser máis visual e dinámica os seus responsábeis, está feita para A web recolle os contidos centrais ción do novo Padroado, os principais O presidente da Fundación, Ghaleb redeseño ten como fin dar “maior á edición literaria, á organización coloquios e doutras actividades de difundir a filosofía da Fundación mento cultural entre o mundo árabe,

Número 168

Ponte de Culturas, con base de de onde promove o entendemento civilizacións), vén de renovar a súa ney.com. E faino xuntando recursos e achegándoos aos internautas sen plo, a través da nova web poderemos xeito directo e inmediato, as últimas importantes da fundación, o Festival de Comunicación, os Foros Revbela cacións que a entidade presenta de entroncando co devandito obxectivo liña), a nova plataforma dixital sacó anterior deseño. Segundo sinalan chegar a un público máis diverso. da entidade, como son a composiproxectos e unha sección de noticias. Jaber Martínez, explica que este visibilidade” ao patrocinio artístico, de exposicións, de concertos, de culturais de diversa índole, ademais como ponte entre culturas: o achegaHispanoamérica e Galicia. 

| 23


| ENTREVISTA |

PILAR RODRÍGUEZ LOSADA

Falamos coa responsable das redes sociais do programa Luar da TVG

Enredando nas noites de Luar

A

emerxencia dos dispositivos móbiles como segunda pantalla durante o consumo televisivo é un elemento que mudou substancialmente a percepción que temos da televisión, facilitando tanto o contacto con outros espectadores como dándolle unha certa personalidade dixital aos espazos que seguimos, o que nalgúns casos se aproveita para fomentar o engagement da audiencia, ou sexa, que achegar a ambos lados da pantalla pode traducirse nunha maior fidelidade, á vez que as persoas involucradas tamén pode gozar do contacto cun público ao que pode pórselle nome e cara, en vez de velo como unha cota de pantalla. E de todo isto sabe moito Pilar Rodríguez Losada, responsable das redes sociais do programa Luar da TVG, con quen falamos sobre todo este fenómeno.

En Luar hai contidos para nenos, para mestres, para nostálxicos, para fans da verbena ou da música tradicional, para seguidores de artistas consagrados ou emerxentes... 24 |

– Que foi o que vos levou a iniciar a actividade do Luar nas redes sociais? Tedes un obxectivo marcado dende o comezo ou principiastes a xeira simplemente como unha escoita activa que levouvos as reaccionar? – Luar entrou nas redes para explicar mellor o que é Luar. Cada galego ten unha imaxe de Luar na cabeza, porque ten visto ou lle teñen comentado o programa, pero que non sempre se corresponde coa realidade. Démonos conta de que a través das redes podiamos fragmentar os contidos do programa e dirixilos a públicos distintos. Porque en Luar hai contidos para nenos, para mestres, para nostálxicos, para fans da verbena ou da música tradicional, para seguidores de artistas consagrados ou emerxentes... É moi complicado transmitir toda esa variedade nunha promo ou nunha nota de prensa, na que hai habitualmente se busca un titular. Por outro lado, dada a lonxevidade do programa, considerabamos que simplemente polo seu simbolismo, o Luar tiña que ter presencia nas redes para poder exercer de interlocutor con quen queira falar con nós. – Aínda que moitos pensan que o Luar é un programa orientado a un público de avanzada idade con pouca relación coa tecnoloxía, a Rede déixanos ver que nos últimos anos sóubose conectar con novas audiencias. Podemos entender que a Internet xogou un importante papel á hora de pescar nestes novos caladoiros? – As persoas de maior idade entran cada vez máis en contacto coas novas tecnoloxías porque llelas achegan os seus familiares ou achegados máis novos. Empezan curioseando a tableta do neto, pasan a ter un smartphone, atrévense a fedellar co Whatsapp... e un día abren unha conta en Facebook. Que van buscar no Facebook? Ademais das amizades, contidos do seu interese. E un deles pode ser a páxina de Luar. Para un non nativo dixital, Facebook é máis doado que Twitter ou Instagram. Supoño que por iso é a rede que máis usuarios ten, e a que máis crece. Número 168


– Nas redes sociais podemos ver tanto a TVG como o Luar publican información sobre o voso programa, pero tamén presentadoras, colaboradores, concursantes... os que axudan a dinamizar a actividade na Rede coas súas publicacións. Animades vós a esta práctica ou a estas alturas xa non é preciso porque a xente que sobe ao escenario xa chega ao programa cunha presenza activa nas redes sociais? – Na súa meirande parte, os colaboradores chegan coas súas propias redes e con presencia activa. Só lembro o caso de Diana Sieira, a presentadora de números de circo, que abriu conta de Twitter e Instagram a raíz de empezar no programa. Os concursantes si que soen abrir páxinas de Facebook nas que aluden á súa condición de recanteiros, e animámolos a que entren en Twitter e Instagram. – Supoño que boa parte deste pulo social do Luar ten moito que ver co concurso de Recantos, no que participan persoas de toda a xeografía galega. Aínda que as votacións da competición aínda van por canles tradicionais, supoño que podemos entender que os recanteiros xa ven a Internet como o termómetro que mide o seu futuro éxito. Notades unha competición por ver quen consegue un maior impacto na Internet? – En tódalas edicións houbo concursantes con máis pulo nas redes que outros, pero non me parece tanto unha competición coma un hábito. Soen ser recanteiros que xa eran activos antes nas redes, e posiblemente por iso unha vez dentro do concurso son máis hábiles á hora de movelas. Hai recanteiros que fan directos, enquisas, ou colgan historias cada semana, e iso incide no seu número de seareiros. – Neste momento son moitas as plataformas sociais dispoñibles, con cadansúas peculiaridades. Que vos está a funcionar mellor no Luar? Facebook? Twitter? Instagram? YouTube? Depende do día da semana? – En número de seguidores a que mellor funciona é Facebook. Tamén é na que publicamos máis contidos: os primeiros días da semana actuacións do programa do venres anterior, e o xoves e venres, adiantos do programa seguinte. O noso público en Facebook é máis maior que o das outras redes, e iso refléxase tamén no tipo de comentarios que fan. Hai cousas que gustan no noso Twitter e que xeran polémica no noso Facebook. Os nosos seguidores de Facebook son maioritariamente galegos, cunha presencia moi activa de emigrantes, pero tamén hai seguidores de fóra de Galicia que valoran contidos nosos que non atopan noutros lugares. lgúns son estudosos da música e o folclore, e comparten publicacións coma as seccións de Pablo Carpintero. Tamén hai moitos asturianos e cántabros. Algúns dos vídeos con máis reproducións da nosa páxina son daquela zona: o Coro mineiro de Turón (máis de 500.000 reproducións; 18.500 veces compartida) ou Nando Agüeros: Viento del norte (723.000 reproducións e 20.000 veces compartida). A nosa conta de Twitter funciona mellor os venres. Ese día e o xoves concentramos a nosa artillería. Chegamos a esa conclusión despois de percibir que hoxe en día en Twitter hai moito ruído, e as mensaxes son máis efectivas se se concentran cerca do día da emisión do programa. A excepción son os programas aos que veñen artistas con moito tirón nas redes, coma Abraham Mateo ou Gemeliers, que anunciamos con máis antelación para dar tempo aos fans a convocar o visionado do programa, ou a pedir invitacións para ir de público a plató. Os venres durante o directo imos adiantando os contidos que van acontecer e completámolos con vídeos ou fotos do que sucede entre os artistas en bambolinas. Instagram é outra conta na que centramos as publicacións no venres e o sábado: colgamos a promo do programa, algún adianto, imaxes dos ensaios e do que sucede durante o directo Número 168

no plató. En Youtube abrimos unha canle a finais de abril na que colgamos un vídeo semanal da nosa youtubeira: unha muller de Lestedo, Socorro, que dá consellos sobre como ver o programa, adianta contidos ou fala do que a ela lle parece. Habitualmente publicamos o vídeo os mércores para encher ese día de transición entre o recordo do que sucedeu no programa pasado e o adianto do vindeiro. – Podemos deducir que para un programa como Luar na Rede o importante é deixar facer á propia audiencia e chega simplemente con ter unha participación moderada para conducir o uso de cancelos ou adiantar algúns detalles para que a propia comunidade se desenvolva de xeito natural? – Eu penso que iso é así para a maioría dos programas. As redes teñen as súas propias dinámicas e basta con deixar ver algún detalle para que a conversa flúa por si mesma. O día que Gayoso puxo pelo, por exemplo, decidimos manter unha actitude de total imperturbabilidade desde as nosas contas, porque se o presentador realmente decidira facer un transplante de pelo, esa sería a actitude lóxica de respecto. O único que fixemos foi publicar fotos do programa nas que era evidente o cambio de Gayoso, pero no texto non se aludía a iso, senón ao que estaba a suceder nese momento. Queriamos detectar até que punto a comunidade se daba conta do cambio e ata onde podían chegar. Pois chegaron a facer TT #OPelodeGayoso e a que saíra destacado na Voz de Galicia do día seguinte – E para rematar, como ves o futuro da televisión en directo? Cunha segunda pantalla con vida propia ou ligando cada vez máis a actividade en tempo real na Rede co que vemos na pequena pantalla (agora xa non tan pequena)? – Probablemente as dúas cousas. Twitter é hoxe en día imprescindible coma fonte informativa (tamén de bulos, ollo, pero iso é outro tema). Un atentado ou un accidente grave salta ás redes case ao minuto; os chíos do presidente dos EEUU xeran titulares de inmediato.. e tanto a televisión coma os medios tradicionais teñen que ter un ollo posto aí. Por outro lado, a televisión tamén dita a axenda das redes cando se comentan eventos televisados coma Eurovisión, os Oscar, as competicións deportivas... Hoxe en día moitos trending topics están relacionados con contidos televisados ou impulsados desde programas de TV, así que no futuro inmediato penso que a televisión e as redes seguiranse retroalimentando. As canles terán que adaptarse, iso si, a un consumo diferente, máis á carta, pero a información e os eventos en directo seguirán xustificando a súa existencia. E as redes estarán aí para comentalo.  | 25


Santiago capital argalleira Aberto o prazo de inscrición para participar na Galicia Maker Faire 2017

O

evento Galicia Maker Faire vainos poñer ás galegas e aos galegos no punto de mira da comunidade internacional argalleira, inventora e innovadora. Case nada. Trátase, para quen non o saiba, dunha cita compostelá que leva tres anos collendo cada vez máis folgos e que nesta edición, a terceira, celébrase con máis azos ca nunca na Cidade da Cultura os días 24, 25 e 26 de novembro. O obxectivo da organización é crear a feira de inventores máis importante do noroeste estatal e (por que non?) de todo o ámbito español. Máis polo miúdo, do que se trata é de xuntar baixo un mesmo teito (o Gaiás) aos argalleiros máis innovadores de Galicia e do mundo arredor de proxectos que abranguen áreas tan diversas como a gastronomía, a electrónica, a mecánica, a robótica, a música, a ciencia, a arte urbana ou a artesanía, por citar só algunhas. Segundo nos contou hoxe a organización do evento, xa foi activada a chamada a makers. Podemos encher o formulario de inscrición de proxectos a través da páxina da feira, galicia.makerfaire.com. O prazo remata o 15 de outubro, e de tódalas propostas achegadas farase unha selección final que se incluirá no programa de actividades e contidos desta edición de 2017. “A innovación, a orixinalidade e a interactividade co público son os aspectos que máis valoramos á hora de elixir os proxectos” aseguran dende a organización. “Tódalas disciplinas son benvidas”.

26 |

Presentación en maio Como lembraremos a terceira edición de Galicia Maker Faire foi presentada o pasado 31 de maio no Gaiás, en Santiago. O acto veu acompañado da formalización dun convenio (asinado entre a Fundación Cidade da Cultura e a Concellaría de Desenvolvemento Económico de Santiago) que en boa medida renova a alianza ConcelloXunta para promover a Cidade da Cultura como “espazo de creación empresarial no ámbito das industrias creativas”. Na formalización do acordo e na posterior rolda de prensa para presentar a Galicia Maker Faire participaron a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois; a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, e os organizadores do evento, Enrique Saavedra e Matilde Rodríguez. Segundo fixeron saber, as Maker Faire son “as meirandes feiras de inventores do mundo, escaparates para a creatividade e o enxeño, pensados para tódolos públicos e disciplinas: gastronomía, robótica, mecánica, ciencia, arte urbana, música, electrónica, artesanía, etc.... un lugar, en definitiva, para compartir coñecemento, descubrir proxectos fascinantes e facer contactos profesionais”. A edición galega do evento, a feira compostelá presentada este 31 de maio, é en palabras dos participantes na rolda de prensa “a máis importante da Península”. E é así “tanto por número de argalleiros participantes como de público”. O evento santiagués, engadiron, “está entre os cinco con máis visitantes de Europa, logo de grandes cidades como Roma ou París”.

Na presentación tamén se lembrou que durante as edicións de 2015 e 2016 acudiron máis de 24.000 asistentes e máis de 300 makers dando conta dos seus enxeños, converténdose “en punto de encontro dos mellores creadores da Comunidade e axudando a potenciar unha Galicia máis innovadora e colaborativa”, explicouse. Nesta nova edición, ademais, puxéronse en xogo unha serie de novidades. Por exemplo o cambio de emprazamento, que pasa a ser a Cidade da Cultura, con todo o que de visibilidade e amplitude implica o troco de localización. Ademais, a feira terá un día máis de actividade, o venres 24 de novembro, que se reservará para o sector profesional, “favorecendo que os expositores poidan dirixir dun xeito máis óptimo a súa oferta de produtos e servizos, diversificándose en función do diferente público obxectivo”. A fin de semana do 25 e 26 manterase para o público xeral.

A cousa Maker O movemento Maker é a cultura de “fágao vostede mesmo”, “Do it Yourself” en inglés. O termo Maker é unha palabra acuñada por Dale Dougherty, fundador en 2005 da revista Make, que lle dá nome ó que se levaba facendo dende anos antes nos hackerspaces e fablabs: milleiros de artistas, enxeñeiros, programadores, autodidactas e seareiros do open source de todo o mundo compartindo ideas, experiencias e proxectos, creando unha nova cultura baseada na colaboración e libre acceso á tecnoloxía.  Número 168


A

sus vén de pór á venda nos EE.UU. (que en poucas semanas deberían chegar ao resto de mercados internacionais) os seus novos portátiles VivoBook S, concretamente o modelo S510, que chega con procesadores até Intel Core i7 de sétima xeración, Windows 10, un grosor de 17,9 milímetros e un peso de 1,5 quilogramos, que a primeira vista poderiamos incluso confundir cos MacBook Air de Apple, aínda que desta volta as pantallas Full HD son de 15,6 polgadas pese a que o tamaño do equipo equivalen a un con pantalla de 14 polgadas, xa que reduciron os marcos até os 7,8 milímetros. É especialmente salientable o feito de que un equipo deste tipo, con 8 GB de RAM, 1 TB de disco duro, 1 USB 3.1 de tipo C, 1 USB 3.0, 2 USB 2.0, HDMI, lector de pegadas, lector de tarxetas SD, Wi-Fi AC e Bluetooth 4.1 teña un prezo que estaría entre os 699 e os 799 dólares (624 e 714 euros respectivamente), en función do procesador integrado (e de se contan cunha unidade SSD complementando ao disco duro), o que é un prezo moi axustado para equipos desas prestacións. 

T

ras moitos meses facendo ruído o 19 de xaneiro de 2015 o programa Glass Explorer, que permitía introducirse no mundos das curiosas lentes de Google, botou o seu peche tras deixar claro que era un proxecto que tiña que madurar fóra da atención dos focos, considerándose todo un erro a súa grande exposición pero, aínda que para moitos foi un produto fracasado, realmente continuou a desenvolverse como unha ferramenta con usos profesionais que finalmente chega ao público como as Google Glass Enterprise Edition, trebello que busca servir como un accesorio de mans libres para traballadores de contornos tan variados como a fabricación, a loxística ou a sanidade. Resulta que actualmente hai máis de 50 empresas que están a empregar a versión empresarial das Google Glass para axudar aos seus procesos de traballo, de xeito que os mecánicos non teñen que deterse para consultar un manual (podendo consultalo directamente nas lentes, ou incluso podendo recibir asistencia remota en vídeo), nas empresas de loxística poden escanear os paquetes con só mirar os seus códigos de barras (e así acceder á información dos mesmos) e incluso os doutores poden reducir o tempo destinado ás historias clínicas nas súas consultas.

Número 168

E

xisten moitos perfís de usuario que precisan equipos informáticos de certa potencia, pero non queren sacrificar moito espazo no seu escritorio, e para atender a esa demanda Lenovo presentou o ordenador ThinkStation P320 Tiny, que a compañía considera que sería a estación de traballo máis pequena do mercado con certificación ISV, que mide 182,9 x 179 x 34,5 milímetros (1,13 litros) e pesa 1,3 quilogramos, contando tamén coa opción de incorporarlle un adaptador VESA (o que facilita a súa ocultación detrás dun monitor). Os equipos ThinkStation P320 Tiny poden equiparse con procesadores Intel Core de sétima xeracións, gráfica nVIDIA Quadro P600, até 32 GB de RAM DDR4 a 2.400 MHz e até 2 TB de almacenamento, contan con 6 portos USB 3.0, 4 miniDisplayPort, 2 DisplayPort, Ethernet e tomas de audio, de xeito que sería un produto moi atinado para profesionais como arquitectos, enxeñeiros o profesionais das finanzas (pois teñen potencia dabondo para mover os gráficos en varios monitores á vez). O seu prezo nos EE.UU. parte dos 799 dólares. 

Todo isto foi posible grazas a que nos últimos anos houbo toda unha serie de partners de Google desenvolvendo solucións ao redor de Google Glass, conseguindo que unha tecnoloxía que inicialmente parecía destinada ás masas atopase ámbitos de aplicación moito máis axeitados. Esta última versión das Google Glass mellorou en autonomía (podendo funcionar tamén con batería externa para un uso prolongado), incrementou a resolución da súa cámara até os 8 Mpíxeles, actualizou o seu procesador por un máis rápido e incluso integrou un LED vermello para indicar cando está a gravar (para evitar así a intromisión na intimidade da xente, que con tanto reparo vía as Google Glass), contan con 2 GB de RAM, 32 GB de almacenamento, diversos sensores e o seu prezo é de 1.500 euros na súa versión con software limitado e 2.500 euros para a súa versión completa. 

| 27


E

n febreiro de 2016 chegou a Kickstarter un interesante proxecto buscando financiación. Tratábase de facer realidade un reprodutor compacto de Spotify que non precisase de smartphone, que tivese unha boa autonomía, que funcionase con auriculares con cable ou sen cable, que puidese levarse enriba comodamente e que tivese un prezo asumible, e pese a conseguir superar sobradamente a súa meta de financiamento (recibiron 300.101 dólares de 2.951 mecenas) os prazos de entrega das recompensas non se cumpriron. Completada a fase de micromecenado chega agora a comercialización do produto polas canles ordinarias, ou sexa, sen a incerteza de se o produto será o que prometían ou se quedará en simple fume, e dende a páxina web oficial do produto xa aceptan pedidos de xeito que podemos facernos cun Mighty en cor negra, branca ou laranxa por 85,99 dólares (88,48 euros cos gastos de envío incluídos), comprometéndose o fabricante a enviar os produtos antes do 30 de xullo. Pese ás dificultades para a súa produción estamos ante un reprodutor moi interesante, que moitos xa definen como «o iPod suffle de Spotify», xa que ten un deseño que lembra ao do pequeno reprodutor musical de Apple, pero

O

fabricante OnePlus conseguiu converterse nos últimos anos nun dos grandes referentes no que se refire a grandes móbiles con Android, de xeito que os seus produtos son case os únicos do mercado considerados como de alta gama (pese a que o seu prezo sexa asustado) capaces de competir con grandes fabricantes como Samsung, LG ou Sony. Estamos ante o novo móbil insignia de OnePlus, que a primeira vista parece deixar claro que quere competir con Apple, xa

28 |

coa grande diferenza de que en vez de reproducir música achegada a través de iTunes precisa dunha subscrición a Spotify Premium. O trebello é capaz de almacenar máis dun milleiro de cancións, ten unha autonomía de até 5 horas, e resistente a caídas e á auga e non ten problemas de recepción de sinal, xa que baséase en música almacenada fóra de liña. Para poder pór a punto este novo reprodutor é preciso empregar a súa aplicación móbil oficial, que polo momento non está dispoñible dende España, aínda que é probable que solucionen tal eiva antes de rematar o mes. O reprodutor mide 3,8 x 3,8 x 1,7 centímetros e pesa 17 gramos, polo que é bastante cómodo de vestir (grazas tamén á integración dunha pinza na súa parte traseira), podendo optar o usuario por auriculares Bluetooth ou con conector estándar de 3,5 milímetros para escoitar a música almacenada no mesmo. Está claro que non é un produto para todos os públicos, pero para certos usuarios que no seu día xa gozaban co iPod shuffle e que pasaron da música comprada á música en streaming temos aquí unha excelente solución que baséase principalmente nun funcionamento sinxelo. 

que optou por integrar unha dobre cámara traseira para disparar fotografías nun modo retrato con enfoque selectivo, aínda que esta dobre cámara de 16 e 20 Mpíxeles (con aperturas de f/1.7 e f/2.6 respectivamente) tamén destacan polo seu modo profesional (que permite disparar en RAW e realizar numerosos axustes no disparo de instantáneas) mentres que a súa cámara frontal tampouco queda atrás, xa que contaría cun xeneroso sensor de 16 Mpíxeles con apertura f/2.0. Aínda que podemos ver o OnePlus 5 como unha simple actualización do OnePlus 3T, estamos ante un produto bastante interesante, cun grosor de só 7,25 milímetros que pese a ser o terminal móbil máis delgado do fabricante conseguiu incrementar un 20% a autonomía fronte ao OnePlus 3T. A nivel de memoria tamén integra bos elementos, de xeito que pode presumir de até 8 GB de RAM LPDDR4X e até 128 GB de almacenamento (con tecnoloxía de dobre pista para un mellor rendemen-

to). Tampouco queda atrás en conectividade, deixando claro que é un produto destinado ao mercado global, xa que inclúe un amplo número de bandas 4G, de xeito que permite, con algún operador, gozar de descargas en mobilidade de até 600 Mbps (con subida a 150 Mbps), integra NFC (polo que está aberto a pagamentos dende o móbil, algo pouco frecuente nos móbiles chineses) e incluso goza de Bluetooth 5.0, deixando claro que estamos ante un auténtico móbil insignia. Se afondamos nas especificacións, falamos dun teléfono con pantalla Optic AMOLED de 5,5 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles, procesador Qualcomm Snapdragon 835 con gráfica Adreno 540, 6/8 GB de RAM, 64/128 GB de almacenamento, batería de 3.300 mAh con Dash Charge (4 A), USB-C, unhas medidas de 152,7 x 74,7 x 7,25 milímetros e 153 gramos de peso. O seu sistema operativo é OxygenOS (baseado en Android Nougat) e sae á venda a un prezo que parte dos 499 euros, o que está bastante ben para as súas especificacións, pero supón un importante incremento de prezo fronte a xeracións anteriores (o OnePlus 3 saíu á venda hai un ano por 399 euros). 

Número 168


IOS

A App Store vén de recibir un xogo que agradecerán os seareiros dos títulos de loita de Capcom, Street Fighter IV: Champion Edition, unha conversión do xa clásico de consola e ordenador que converteuse en todo un referente nos eSports e que xa contaba cunha versión básica para dispositivos móbiles, pero que desta volta conta con gráficos de maior resolución, tres novos personaxes (Poison, Ibuki e Dudley), soporte para pantallas panorámicas e numerosas correccións e melloras. Este novo xogo para iOS véndese a un prezo de 5,49 euros e preséntanos a 25 loitadores (aos que sumaranse outros 6 como actualizacións de balde), manéxase mediante controis virtuais en pantalla sendo tamén compatible con mandos MFi (agás nos menús), ofrece a posibilidade de combater en liña contra xogadores de todo o mundo a través de Wi-Fi ou banda larga móbil, conta con modo arcade de 1 xogador ou multixogadora, ten 4 niveis de dificultade e incluso permite desatar movementos espectaculares co botón SP. 

PC | PS4 | Xbox One

Hai uns meses anunciouse que para a celebración dos 40 anos da revista británica de banda deseñada 2000 AD estaban a preparar a rematerización do videoxogo de Rogue Trooper publicado pa Xbox, PS2 e PC en 2006 e adaptado a Wii en 2009, do que por fin sabemos a súa data de lanzamento: o 17 de outubro. Rogue Trooper Redux chegará en versións para PC, Xbox One e PS4 grazas ao traballo de TickTock Games, estudio que adaptou o xogo para correr en máquinas modernas, para o que incorporaron numerosas melloras gráficas, como texturas de alta definición, sombras e iluminación dinámicas e, por suposto, gráficos en Full HD. As escenas cinemáticas tamén procesáronse de novo coas resolucións de vídeo actuais. Conséguese así que un xogo de hai un par de xeracións poida lucir dun xeito máis que digno en máquinas modernas, e tamén se adaptou lixeiramente a xogabilidade para axustarse ás convencións do xénero (por exemplo, no novo xogo contaremos cun sistema de coberturas automático, eliminando a necesidade de premer un botón para tal fin, aínda que ese tipo de cambios só os percibirán os que gozaran do xogo orixinal). Parece confirmarse o coidado co que tratan as aventuras dun soldado de pel azul que percorre a devastada Terra Nu acompañado polos biochips coa personalidade dos seus compañeiros caídos en combate. Unha premisa bastante curiosa que no xogo orixinal tratouse con bastante acerto, de aí que moitos lectores da obra en papel que non gozaran do videoxogo de Rebellion poidan ter unha grande predisposición para dar unha oportunidade e esta remasterización que van un chisco máis adiante do que estamos afeitos. 

Número 168


Xbox One | PS4 | PC | Mac

Os afeccionados aos personaxes da Marvel poden gozar en consola do xogo Marvel Heroes Omega, que combina a xogabilidade de xogos de rol de acción e de xogos masivos en liña cun inmenso catálogo de personaxes como Spider-Man, Iron Man, Thor, Hulk, Lobezno ou os integrantes dos Defensores, os X-Men ou os Gardiáns da Galaxia, que poderán progresar durante milleiros de horas, lucir ducias de traxes e superar retos que irán actualizándose cada pouco tempo para manter a unha boa base de xogadores enganchados xa que estamos ante un título free-to-play, ou sexa, que xa o podemos descargar de balde para Xbox One ou para PlayStation 4, mentres que a versión para PC e Mac farase esperar un chisco máis. O xogo presenta unha historia escrita polo guionista Brian Michael Bendis na que o Dr. Doom fíxose co Cubo Cósmico, artefacto capaz e mudar o tecido da realidade, polo que xuntou a un grupo de malvados para evitar que os superheroes interfiran na súa reorganización do mundo á súa propia imaxe. Unha interesante base para un xogo no que poder gozar do xogo con amigos e que aspira a xuntar a máis dun millóns de xogadores en liña. 

PS4 | PC | Xbox One

O agardado xogo Star Wars Battlefront II chegará ás tendas o 17 de novembro, pero os usuarios que queiran catalo antes tanto por ansia como para tomar unha decisión de compra, poderá gozar da súa fase beta pública entre os días 6 e 9 de outubro, recompensando aos usuarios que reservasen o xogo coa posibilidade de comezar a participar nesta fase de probas a partires do 4 de outubro. Este novo xogo incluirá unha historia orixinal para un xogador, batallas multixogador ao longo das tres eras cinematográficas da franquía de Star Wars, novos controis de voo e combate espacial e a aparición de numerosos heroes e malvados recoñecidos por todos os afeccionados á saga. A beta pública de Battlefront II permitirá participar no asalto galáctico en Naboo (no que terán lugar combates de 40 xogadores nas rúas de Theed, con personaxes e vehículos dos episodios I, II e III) e o asalto multixogador Starfighter (ambientado na triloxía orixinal). 

30 |


Accede de balde รก nosa ediciรณn impresa dende o teu

dispositivo mรณbil



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.