2 minute read

XoveTIC conecta a máis dun cento de novos investiga dores de toda España e Portugal

Talento júniorna plataforma de lanzamento

O III Congreso XoveTIC conecta a máis dun cento de novos investigadores de toda España e Portugal

Advertisement

OCentro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña celebrou o III Congreso XoveTIC os pasados 8 e 9 de outubro. O evento, que se levou a cabo en modalidade 100 % online, contou coa participación de máis dun cento de asistentes e un total de 60 investigadores de universidades de toda España e Portugal presentaron os seus traballos de investigación.

O III Congreso XoveTIC tivo o obxectivo de potenciar o talento científico júnior e construír un espazo de encontro para o debate científico que contribúa á formación dos investigadores. Este encontro diferénciase doutros congresos que se celebran neste ámbito en España na importancia da participación de novos investigadores que comezan a súa carreira de investigación, que teñen a oportunidade de compartir experiencias con outros profesionais do seu ámbito, creando sinerxías que axuden ao fortalecemento da investigación.

Ademais das presentacións dos traballos, tiveron lugar as conferencias plenarias de Pilar Vila Avendaño, co-fundadora de Forensic & Security e DFTools, que falou de Peritaxe e ciberseguridade, e Ignacio Villoch, Open

Innovation Senior Ecosystem Builder de BBVA, que participou coa charla Habilidades exponenciais para un cambio de época.

Os participantes puideron tomar parte en diferentes obradoiros impartidos por empresas da contorna empresarial TIC galega, como Imatia, GBTEC Software AG, Evelb Técnicas y Sistemas e Everis.

A calidade, excelencia e orixinalidade das comunicacións orais foron valoradas con seis premios propostos polo comité científico e patrocinados polo Clúster TIC Galicia, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), a Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business, a Cátedra UDC-everis en Transformación Dixital, a Cátedra R en Ciberseguridade, a Fundación CITIC de Galicia e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG). Os cinco mellores traballos foron tamén propostos a ser ampliados para a súa publicación como artigo científico nun número especial da revista Applied Sciences.

A sesión de apertura do acto foi a cargo do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, Román Rodríguez González, o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o director do CITIC, Manuel F. González Penedo. 

Investigadores do CITIC acadan premios polo seu labor no ámbito tecnolóxico

C

atro investigadores do CITIC recibiron recentemente premios pola súa labor no eido da investigación TIC.

 Raúl Santoveña recibiu o Premio de Investigación 2020 na categoría de investigadores mozos, outorgado pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), polo seu traballo sobre o descubrimento dun novo tipo de estrelas ricas en fósforo.

 David Vilares recibiu unha bolsa Leonardo dedicado a Investigadores e Creadores Culturais. Esta bolsa outórgalle financiamento para o seu proxecto Transferencia de estrutura da linguaxe en modelos PLN para linguas con escaseza de recursos.

 Verónica Bolón foi galardoada cun premio Dona TIC na categoría de revelación, outorgado pola Consellería de Políticas Dixitais e Administración Pública da Generalitat de Cataluña, que honra o seu traballo desenvolvido no ámbito das TIC.

 Susana Ladra vén de ser galardoada co premio Ada Byron joven, concedido pola Universidade de Deusto, que recoñece a súa labor no sector tecnolóxico, capacidade de superación, implicación social e participación en iniciativas para propiciar cambios cara unha maior igualdade.

This article is from: