Código Cero 206

Page 5

Talento júnior na

plataforma de lanzamento

O III Congreso XoveTIC conecta a máis dun cento de novos investigadores de toda España e Portugal Investigadores do CITIC acadan premios polo seu labor no ámbito tecnolóxico

C

O

Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña celebrou o III Congreso XoveTIC os pasados 8 e 9 de outubro. O evento, que se levou a cabo en modalidade 100 % online, contou coa participación de máis dun cento de asistentes e un total de 60 investigadores de universidades de toda España e Portugal presentaron os seus traballos de investigación. O III Congreso XoveTIC tivo o obxectivo de potenciar o talento científico júnior e construír un espazo de encontro para o debate científico que contribúa á formación dos investigadores. Este encontro diferénciase doutros congresos que se celebran neste ámbito en España na importancia da participación de novos investigadores que comezan a súa carreira de investigación, que teñen a oportunidade de compartir experiencias con outros profesionais do seu ámbito, creando sinerxías que axuden ao fortalecemento da investigación. Ademais das presentacións dos traballos, tiveron lugar as conferencias plenarias de Pilar Vila Avendaño, co-fundadora de Forensic & Security e DFTools, que falou de Peritaxe e ciberseguridade, e Ignacio Villoch, Open

atro investigadores do CITIC recibiron recentemente premios pola súa labor no eido da investigación TIC.

 Raúl Santoveña recibiu o Premio de Investigación 2020 na categoría de investigadores mozos, outorgado pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), polo seu traballo sobre o descubrimento dun novo tipo de estrelas ricas en fósforo.

Innovation Senior Ecosystem Builder de BBVA, que participou coa charla Habilidades exponenciais para un cambio de época. Os participantes puideron tomar parte en diferentes obradoiros impartidos por empresas da contorna empresarial TIC galega, como Imatia, GBTEC Software AG, Evelb Técnicas y Sistemas e Everis. A calidade, excelencia e orixinalidade das comunicacións orais foron valoradas con seis premios propostos polo comité científico e patrocinados polo Clúster TIC Galicia, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), a Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business, a Cátedra UDC-everis en Transformación Dixital, a Cátedra R en Ciberseguridade, a Fundación CITIC de Galicia e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG). Os cinco mellores traballos foron tamén propostos a ser ampliados para a súa publicación como artigo científico nun número especial da revista Applied Sciences. A sesión de apertura do acto foi a cargo do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, Román Rodríguez González, o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o director do CITIC, Manuel F. González Penedo. 

 David Vilares recibiu unha bolsa Leonardo dedicado a Investigadores e Creadores Culturais. Esta bolsa outórgalle financiamento para o seu proxecto Transferencia de estrutura da linguaxe en modelos PLN para linguas con escaseza de recursos.  Verónica Bolón foi galardoada cun premio Dona TIC na categoría de revelación, outorgado pola Consellería de Políticas Dixitais e Administración Pública da Generalitat de Cataluña, que honra o seu traballo desenvolvido no ámbito das TIC.

 Susana Ladra vén de ser galardoada co premio Ada Byron joven, concedido pola Universidade de Deusto, que recoñece a súa labor no sector tecnolóxico, capacidade de superación, implicación social e participación en iniciativas para propiciar cambios cara unha maior igualdade.

Cofinanciado pola Unión Europea. Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade. Unha maneira de facer Europa

Número 206

|5


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook

Articles inside

Damos conta dalgunhas das principais novidades tecnolóxicas da tempada

13min
pages 22-25

Debullamos con todo luxo de detalles os trebellos tecnolóxicos da tempada

6min
pages 26-27

O MUVI achéganos unha mostra virtual sobre as mulleres nos videoxogos

2min
pages 30-32

Repasamos o máis salien tábel dos días pasados en materia de xogos e consolas

4min
pages 28-29

A fibra óptica incrementa a súa presenza no noso rural e nas zonas históricas das cidades

6min
pages 18-19

O CPEIG premiará a Sabela Ramos e a Tecnópole na Noite da Enxeñaría en Informática

9min
pages 14-16

XGN R Encounter, edición virtual, foi un éxito de participación malia a crise sanitaria

2min
page 17

Talentia Summit ‘20 será virtual e contará con máis de mil prazas de formación

2min
page 13

As JAI seguirán sendo referentes en Industria 4.0 cunha nova edición en clave virtual

3min
page 12

PassCOVID xa está dispo ñíbel ofrecendo datos, avisos e alertas sobre a pandemia

2min
page 7

GAIN convoca a primeira edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño

3min
page 11

O Goberno galego envorca esforzos na loita contra a violencia de xénero

3min
page 9

R, o CPEIG, a UDC, a UVigo e o CITIC impulsan a segunda edición de CyberSec@Gal

2min
page 8

Politica Lingüística impulsa un amplo programa de dinamización do galego a través de FalaRedes

3min
page 4

Dezanove estudantes de carreiras non tecnolóxicas realizarán prácticas en firmas TIC

2min
page 6

XoveTIC conecta a máis dun cento de novos investiga dores de toda España e Portugal

2min
page 5
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.