Código Cero 209

Page 24

innovación galega Resistindo á par que innovando As nosas empresas e entidades dan un novo empuxe á transformación (tan necesaria en tempos de COVID) do noso xeito de traballar, interactuar e comunicarnos

Presenza galega no palmarés do Reto Fuller

Naturgy revisará o tendido con drons controlados pola rede móbil

O Vodafone, Naturgy e FuVeX formalizaron unha alianza para, nas súas palabras, “revolucionar a revisión do tendido eléctrico”. A clave será o uso de drons controlados pola rede móbil, que poderán percorrer longas distancias, alén da liña de vista (moito máis alá da limitación actual de 500 metros), para realizar o seu traballo de supervisión. Isto será posíbel grazas ao apoio da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), que concedeu a primeira autorización para este tipo de operacións sobre liñas eléctricas a nivel estatal, e de Enaire, entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Fomento. En virtude deste proxecto a tres bandas, o prognóstico é permitir que os drons controlados de xeito remoto dende as oficinas de Naturgy poidan revisar os milleiros de quilómetros de liñas eléctricas da operadora de orixe galega. 

Chega unha nova versión de PassCOVID con novas funcionalidades

Finalmente houbo presenza galega nas propostas gañadoras do Reto Educativo Fuller, que convocou contribucións transformadoras da nosa mocidade aliñadas aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel e con capacidade para dar resposta aos desafíos da sociedade actual. O proxecto Globed liderado pola moza compostelá Paula Lamas Rodríguez, de 18 anos, foi un dos gañadores do certame, seleccionado “pola súa proposta para mellorar o acceso á educación dixital e reducir a fenda que separa as persoas que contan con recursos, conectividade e formación tecnolóxica das que non os teñen”. O concurso veu da man da Fundación Telefónica e a ONG internacional Ashoka, sendo o seu obxectivo dar visibilidade ás ideas transformadoras de mozas, de entre 12 e 18 anos, aliñadas cos Obxectivos de

24 |

Desenvolvemento Sustentable (ODS) impulsados pola ONU. Tras 9 meses de andaina e 184 candidaturas presentadas de 14 Comunidades Autónomas a iniciativa chegou ao seu remate coa escolma dos 10 proxectos finalmente gañadores, entre os que se atopan aplicacións de navegación a través da roupa, sistemas de para potabilizar a auga e purificar o aire ou melloras na accesibilidade das persoas cegas ou con visibilidade reducida, entre outras contribucións. Unha das iniciativas gañadoras foi Globed, liderada pola moza compostelá Paula Lamas Rodríguez, de 18 anos, e ideada xunto a Clara Pantín Carro e Nalú Rodríguez Cabrera para “mellorar o acceso á educación dixital e reducir así a brecha que existe actualmente a través dun libro conectado para intercambiar coñecementos con estudantes de todo o mundo”. 

A Xunta habilitou unha nova versión da aplicación móbil PassCOVID (https://passcovid.xunta.gal/portada), en palabras da axencia AMTEGA “máis intuitiva e con novas funcionalidades”, incorporando a posibilidade de facermos autodeclaración de contactos para que no caso de termos estado en contacto cun positivo poidamos trasladar a información desde o móbil ao Centro de Seguimento de Contactos. Outra das novidades é que se simplifica o acceso, “evitando aos usuarios a obrigatoriedade de elixir entre usuario anónimo e identificado”. AMTEGA tamén destaca, no capítulo de incorporacións e actualizacións, a activación progresiva do rexistro en establecementos. Amais, salienta que dende finais de outubro máis de 58.000 persoas descargaron a app, “unha canle de contacto permanente entre as autoridades sanitarias e a poboación para estar informados e axudar na xestión da crise”. A aplicación ofrece a todas as persoas que a descarguen información actualizada da situación da pandemia e das restricións vixentes en cada concello, así como avisos das autoridades, novidades e, as recomendacións actualizadas.. 

Número 209


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.