videoxogos PC
Microsoft Flight Simulator
Faise compatibles coa VR ste verán rexurdiu o clásico Microsoft Flight Simulator, ofrecendo unha experiencia sen precedentes ao combinar as típica funcionalidades dun simulador de voo coas posibilidades da nube, ofrecendo un grande realismo e bastante exactitude ao moverse sobre o mundo real, mantendo incluso as condicións meteorolóxicas de cada momento. Pero tras o seu lanzamento o xogo non parou de incorporar melloras, sendo a última actualización a máis rechamante por facer posible gozar do Microsoft Flight Simulator con cascos de realidade virtual en PC, sendo compatible coas principais plataformas desta tecnoloxía (Windows Mixed Reality, Oculus e SteamVR). Deste xeito podemos gozar do simulador de voo por excelencia dun xeito aínda máis realista, podendo conservar os nosos sistemas de control favoritos, de xeito que a experiencia de uso limitaríase a un nivel de inmersión nunca visto nesta franquía
E
PC | Nintendo Switch
Among Us
Chega a Switch e Game Pass o verán houbo un par de xogos que convertéronse en auténticos fenómenos: Fall Guys e Among Us. E este último ameaza con manterse a máis longo prazo (Fall Guys perdeu bastante pulo), e agora estrea versión para Nintendo Switch a un prezo de 4,29 euros, permitindo así montar festas locais ou en liñas entre 4 e 10 xogadores coa consolas de Nintendo coa principal limitación de que, para organizar unha
N
sala de chat con outros xogadores hai que facer uso da aplicación móbil de Nintendo. Pero esta non é a única novidade ao redor da produción de InnerSloth, xa que estes días Among Us incorporouse ao catálogo de Xbox Game Pass para PC, permitindo así que os subscritores deste servizo poidan gozar no seu ordenador deste grande éxito (en Steam conseguiu coarse entre os 12 xogos máis vendidos en 2020) sen ter que pasar por caixa.