TREBELLOS
DJI lanza o seu primeiro dron de carreiras Aínda que os drons de DJI máis populares están orientados principalmente á captación de fotografías e vídeo, atendendo ás demandas do mercado veñen de pór á venda o DJI FPV, ou sexa, un dron orientado á súa pilotaxe en primeira persoa valéndose dun casco que achega unha experiencia semellante á que tería un piloto manexando unha aeronave dende o seu interior, o que comunmente se coñece como un dron de carreiras. Este novo dron sae á venda nun lote que custa 1.349 euros e que inclúe o dron cos seus accesorios básicos, o casco que permite visualizar en tempo real o vídeo captado polas cámaras do dron e un mando a distancia ordinario, que ten unha forma moi semellante a un gamepad de calquera consola de videoxogos e para o que tamén hai unha alternativa opcional: o controlador de movementos DJI (que achega
26 |
unha experiencia de manexo bastante diferente ao que están afeitos os usuarios doutros drons de DJI). A experiencia de voo inmersivo que consegue o DJI FPV non só serviría para realizar acrobacias e participar en competicións de velocidade, senón que tamén podería servir para producir vídeos impresionantes gravados en 4K a 60 imaxes por segundo (gravados até a 120 Mbps), aínda que cómpre salientar que o casco ofrece imaxes en HD a 120 imaxes por segundo cun campo de visión de 150 graos, de xeito que ofrece unha vista fluída e con calidade dabondo para garantir un uso satisfactorio, prometendo o fabricante unha latencia inferior aos 28 milisegundos, una distancia de transmisión de até 10 quilómetros e unha velocidade de transmisión de vídeo de até 50 Mbps grazas ao uso do sistema de transmisión DJI OcuSync 3.0.
Número 212