videoxogos iOS | Android
Volve nun xogo para móbiles
O
Steam VR | PlayStation VR | Oculus Quest
s xogos musicais tipo Rock Band e Guitar Hero tiveron moito éxito en consolas domésticas, e aínda que o xénero pareza esquecido, un pequeno xogo para móbiles quere recuperalo. Trátase de Queen Rock Tour, título que podemos descargar de balde para iOS e para Android, permitindo desbloquear o xogo completo con máis de 20 cancións orixinais de Queen por 2,99 euros. Visualmente Queen Rock Tour lembra a LEGO Rock Band, xogo para consolas que veu a luz en 2009 e que permitía encargar á formación de Freddie Mercury, pero desta volta o xogo carece da licenza de LEGO, aínda que si ten os dereitos da música, pois está editado por Universal Music
En abril teremos xogo ende hai anos Zen Studios destacou polos seus simuladores de máquinas de pinball, que inicialmente eran recreacións de máquinas clásicas, pero que foron evolucionando en máquinas imposibles de crear na realidade, xa que algúns dos seus elementos incluían efectos especiais fantásticos, dando lugar á franquía Pinball FX que conta con varias entregas que inclúen unha serie básica de mesas e que nos últimos tempos incluso conta con versión de realidade virtual, o que van aproveitar para lanzar un interesante recompilatorio de mesas cunha temática moi específica: Star Wars Pinball VR. Este novo xogo de realidade virtual chegará o 29 de abril a Steam VR, PlayStation VR e Oculus Quest 1 e 2, incorporando 8 mesas
D
baseadas en películas e series de televisión do universo de Star Wars, sen esquecer a recente The Mandalorian, e que poden xogarse como se fosen máquinas de pinball reais nun contorno virtual no que incluso está dispoñible unha gramola con música de John Williams. Aínda que esteamos afeitos a que a realidade virtual se empregue en videoxogos como unha tecnoloxía para
visitar en primeira persoa mundos fantásticos, o feito de empregar este punto de vista para replicar máquinas recreativas en formato físico resulta moi satisfactorio, e podería equipararse á experiencia dos simuladores de voo ou de condución, coa diferenza de que cos pinball en VR o que temos realmente é un xogo dentro doutro xogo, concepto que pode resultar un tanto rechamante.
Group Recording, compañía que ten os dereitos de Queen dende 2010. Pero se deixamos a un lado as inspiracións deste xogo, temos un título que adapta as mecánicas de anteriores xogos musicais para resultar máis propias de dispositivos con pantalla táctil e, de feito, está claramente deseñado para o seu uso cos dedos polgares, realizando toques e deslizamentos en pantalla que poden supor todo un reto. O xogo non se limita a superar os retos musicais, senón que tamén permite que os usuarios poidan personalizar con accesorios a súa banda e, durante a experiencia de xogo tamén podemos explorar a historia de Queen e desbloquear imaxes de arquivo.