Código Cero 212

Page 30

Altofalantes da divulgación O videoxogo O Mester, gañador da game jam sobre Afonso X e Galicia

Na game jam participaron tamén outros dous xogos, Decimus, de Xogon e Xurzo Diz, e Alfonso X y las cuatro cantigas, de macanaDEV.

A contribución gañadora

O videoxogo O Mester, tal e como explican os dous estudantes da Escola Politécnica Superior (EPS) do Campus de Ferrol, parte da tradición musical das Cantigas de Santa María e propón ás persoas usuarias retos musicais cos personaxes das ilustracións do Códice. Segundo indican desde o CCG, o xurado destacou que o proxecto galardoado “conta cunha ambientación musical e visual moi coidada e toques humorísticos que o converten nunha proposta atractiva que permite amosar o potencial das Cantigas de Santa María para seren incorporados a formatos e linguaxes do presente”.

O xurado

O xurado, formado por profesionais e académicos relacionados co sector do videoxogo e os contidos interactivos, valorou cuestións como a orixinalidade e adecuación ao tema, así como o deseño da proposta (a súa narrativa, os niveis, a experiencia de usuario...), a arte (aspecto gráfico e visual...) así como a música ou o son. Integrárono Luz Castro Pena, profesora da Universidade da Coruña, directiva de Videoxogo.gal, desenvolvedora de videoxogos e socia de Imaxin|Software; o xornalista Carlos Pereiro, membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega e editor da revista Morcego; e Manuel Gago, xornalista, profesor asociado na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago e director de Culturagalega.gal, a plataforma de divulgación do Consello da Cultura Galega.

O

concurso de videoxogos (a game jam Afonso X e Galicia) lanzado polo Consello da Cultura Galega e a asociación Videoxogo.gal ao abeiro da mostra Afonso X e Galicia, organizada polo CCG para celebrar e visualizar os vencellos do senlleiro monarca coa nosa terra, xa ten contribución gañadora. Trátase de O Mester, xogo deseñado polos alumnos do Mestrado en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos (Universidade da Coruña) Carlos Balado Sánchez e Pablo García de los Salmones Gómez. A entrega do premio, dotado con 250 euros en metálico, celebrouse este 16 de abril na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela. A actividade comezou o pasado 9 de marzo a través da plataforma Itch.io. A proposta foi unha das actividades complementarias da exposición Afonso X e Galicia que se pode visitar na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela até o día 24 de abril e que pretende achegar un itinerario pola figura e o legado do monarca, un percorrido pola cultura medieval e a súa conexión con Galicia. Os universos temáticos que percorre a mostra do Consello foron os vimbios dos que tiveron que botar man as e os participantes na game gam. O CCG e a Asociación Galega de Videoxogos consideraron estas temáticas de “gran riqueza” para difundir este legado cultural entre o público novo a través de novos soportes e linguaxes.

30 |

A exposición

 Carlos Balado Sánchez e Pablo García de los Salmones Gómez.

A mostra Afonso X e Galicia presenta o Rei Sabio como “un monarca que tivo grandes logros culturais”, pero tamén “grandes fracasos políticos e contradicións persoais, que soñou ser o grande emperador de Europa e que acabou destronado polo seu propio fillo”. O relato da exposición do CCG achéganos a un home ocupado na construción dunha monarquía absoluta fronte á Igrexa e a aristocracia, cunha personalidade que se posiciona entre o pobo e a divindade, que enxalza a figura de Santa María e que entra en conflito co cabido compostelán. Tamén afonda na visión de universalidade do Rei Sabio no ámbito cultural, cos proxectos de tradución de/a diferentes linguas, coa súa vontade científica e coa súa concepción historiográfica. “A isto”, engade o Consello da Cultura, “súmase a conexión política do proxecto real con todos os eidos da cultura, é dicir, a utilización do proxecto cultural con obxectivos políticos, combinando diversos sistemas ideolóxicos para un mesmo fin: a consolidación e xustificación dun proxecto político centrado na persoa do monarca”.  210 Número 212


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.