Elas piden paso O CPEIG, Igualdade e o CESGA celebran o 22 de abril o Día das Rapazas nas TIC
A Anosa terra está en pé de loita contra as fendas dixitais de xénero. Profesionais, asociacións, entidades e mesmo empresas levan anos xuntando forzas para incrementar o número de mulleres que empregan, desenvolven e impulsan novas tecnoloxías da información e froito desta loita é a conmemoración do Día Internacional das Rapazas nas TIC, que en Galicia foi dende os seus inicios unha xornada máis que relevante e nada indica que este ano, coa adversidade da pandemia, vaia perder en intensidade e adhesións. Máis ben o contrario. Así nolo confirma o Colexio Profesional de Enxeñaría
8|
en Informática de Galicia (CPEIG), que nos presentou os detalles da vindeira celebración, o 22 de abril. Será un cita conxunta do CPEIG, a Secretaria Xeral de Igualdade e, por suposto, o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). O Día Internacional das Rapazas nas TIC (International Girls in ICT Day) celebrarase o vindeiro 22 de abril na plataforma de webinars do CESGA, e será retransmitido en directo a través de Internet de 11 a 12 horas para escolares de toda Galicia. Este ano, debido á situación marcada pola pandemia, a actividade organizarase exclusivamente mediante multiconferencia web, na que participarán tanto as protagonistas invitadas como todos os centros interesados de primaria e secundaria. “Será unha gran oportunidade para coñecer a tecnólogas galegas que contarán, en primeira persoa, o que a tecnoloxía pode aportar en diversos eidos científicos e laborais para mellorar a vida da cidadanía”, explican dende o CPEIG, engadindo que grazas a esta xornada “o alumnado terá a oportunidade de preguntar e consultar calquera dúbida sobre o seu traballo”. Participarán catro mulleres excepcionais que traballan e investigan en ámbitos relacionadas coas novas tecnoloxías, desde perspectivas moi distintas:
Inscrición para a participación dos centros escolares O Día Internacional das Rapazas nas TIC é unha efeméride de ámbito internacional para motivar ás novas xeracións de mozos e mozos a considerar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación para o desenvolvemento académico, investigador e profesional. O evento conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia (AMITGAL), Asociación.GAL, Facultade de Ciencias da Educación, Woman Emprende e Oficina de Igualdade da Universidade de Santiago, Facultade de Informática da Universidade da Coruña (UDC), Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións da Universidade de Vigo (UVigo) e grupos de mulleres tecnólogas en Galicia como GalsTech e Hello Sisters! Número 212