O Barbanza Foto: Alicia Domínguez - Esutudio Aldolfo Enriquez
Número 16
obarbanza
@obarbanzagal
@o_barbanza
608 240 160
Visita a nosa web obarbanza.gal
Decembro 20
En Nadal seguimos resistindo Cidadanía, empresas e concellos queren celebracións seguras e con sentidiño A pesar de que andamos por Nadal
costa esforzo ser positivos nestes tempos de pandemia e non queda máis que lembrar o refrán popular “O home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra”. Non será por que non se dixo, desde as administracións, desde as asociacións, desde os medios de comunicación. Pero nada e o peor é que agora algúns avistados seguen ignorando os
A hora do comercio de proximidade
A veciñanza teno claro: hai que estar cos negocios de amigos, veciños e familiares 4-10
avisos, non vaia ser que lles esnaquicen as festas. E o final aí estamos, coas festas esnaquizadas, pechados e coa sensación de que os mortos, os enfermos, a situación económica e de desesperanza non nos afectan. Menos mal que empeza a verse a luz o final do túnel, iso si, algo lonxe. Esperemos que ata entón non repitamos o mes-
Recuperación, reacción e reactivación
Os 12,5 millóns de euros de PELReactiva
mo erro, aínda que imos nese camiño xa que non hai dúas sen tres. Aproveitemos as datas destas festas e sobre todo sexamos solidarios coas familias e cos demais e non cheguemos a como di o proverbio “tropezar non é malo, encariñarse coa pedra si”. Desde O Barbanza desexámoslles “Bo Nadal” e “Feliz Aninovo", pronto todo isto será un mal soño. Ánimo.
Literaturas de aquí
11
Combatemos a COVID con relatos e cancións
12
O Barbanza RIBEIRA
Cultura en streaming Ribeira conmemora o Nadal garantindo o distanciamento e con propostas para o público infantil e familiar
O
Concello de Ribeira, a través da Concellería de Cultura, preparou unha programación de Nadal adaptada aos tempos nos que vivimos potenciando aquelas accións que non impliquen aglomeracións de persoas nin desprazamentos innecesarios e con propostas especialmente dirixidas ao público infantil e familiar. Por este motivo os espectáculos habituais de Nadal programados no Auditorio transfórmanse en espectáculos online con emisión dos mesmos en directo, vía streaming, a través da canle de Youtube do Concello de Ribeira. “Desta forma”, explica o Concello, “trátase de chegar ao maior número de veciñas e veciños que poderán ver estes espectáculos dende a súa casa nos días sinalados ás 19:00 h”. Trátase de seis espectáculos que a Concellería quixo seleccionar pola “súa calidade e variedade” (sen desbotar a posibilidade de volver realizalos en vivo o ano vindeiro), deixando “o resto das actividades programadas para unha ocasión futura vendo como evoluciona a pandemia”. O primeiro destes eventos será este domingo 20 de decembro, dun concerto de Borja Quiza e Fernando Briones, baixo o título A Emigración Galega. Cancións de ida e volta. Este evento é o que este ano a Concellería de Cultura, en colaboración con Cáritas Parroquial, quixo adicar de xeito benéfico á dita organización solidaria, polo que ao seu remate realizarase a lectura dun manifesto e o tradicional sorteo de agasallos doados polo comercio local. O seguinte espectáculo será o día 22 de decembro, ás sete da tarde,
EDITA: GRUPO CÓDIGO CERO COMUNICACIÓN S.L. Rúa das Hedras nº 4, 1º G 15895 Ames (Milladoiro) Tel.: 981 530 268 - 608 240 160
A programación de
Nadal potenciará aquelas accións que non impliquen aglomeracións de persoas nin desprazamentos innecesarios da man da compañía O Baúl da Tía Tola co espectáculo Lixo, un evento familiar creado a partir de material plástico reciclado como bolsas de lixo, cubertas e esqueletos de tendas de campaña, e coa colaboración da Rede de Dinamización Lingüística, Xunta de Galicia a través do Fonde de Proxectos Culturais Xacobeo 21. O sábado 26 á mesma hora emitirase a obra Lambetadas da compañía Talía Teatro, e o mércores 30 de decembro rematarase o ano
DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com
Imaxes páxinas 1, 4 e 12 Freepik. REDACCIÓN: Fernando Sarasketa com Sonia Pena Sandra Rivadulla
O Barbanza
en Ribeira co espectáculo musical Estación Nadal de Mamá Cabra. Xa no ano 2021 emitiranse dous espectáculos máis, o 2 de xaneiro a proposta de teatro musical da compañía Avento titulada Umm. Unha comedia musical e o día 3 de xaneiro o Concerto Con Fusión da cía. Píscore. Tamén está previsto realizar distintas ruadas e animación musical itinerante por Ribeira nas datas máis destacadas desta época a cargo dos grupos de música tradicional do municipio así como de outras formacións musicais ribeirenses. O calendario destas actuacións irase anunciando nos próximos días. Ademais desta programación cultural en streaming este ano a Concellería de Cultura tamén apostou por reforzar a decoración de Nadal, complementando a iluminación con outras propostas de xardinería
3
Decembro 20
ACTUALIDADE
efímera creadas en colaboración co sector das floristas do municipio, e que se poden ver nas decoracións realizadas na porta de entrada do Museo Municipal, na árbore de Nadal do Parque García Bayón, na praza de Pablo Neruda e na rúa de Galicia preto do Cruceiro da saúde. Estes adobíos tamén chegaron ás parroquias. Amais, en colaboración, con empresas e deseñadores locais, instaláronse elementos decorativos nos que os veciños e veciñas poderán sacarse fotos para o seu recordo, coma o marco photocall na praza do Concello. Tamén son de destacar os Puntos de Recollida de Soños espallados polo municipio onde se colocou unha caixa de correo para recoller as cartas ao Pai Noel e os Reis Magos e un banco decorado cunha frase de Nadal e felicitación. Nestes espazos poderemos sacar fotos e penduralas nunha rede social baixo o cancelo #Ribeiradesoños, enviando despois a ligazón desa publicación e os nosos datos persoais ao correo culturaefestexos@ribeira. gal para entrar no sorteo dunha cea para catro persoas en 2021 nun restaurante do municipio. A listaxe de recunchos pode consultarse no cartel da programación de Nadal en www.ribeira.gal. Ribeira tamén recibirá a visita do Apalpador, os Elfos e os Paxes Reais, que percorrerán as rúas da cidade os días 24,26,27,28, 29, 30 e 31 de decembro e 2,3,4,5 e 6 de xaneiro en distintos horarios para recoller as cartas dos cativos e agasallar a todos eles con lambetadas e rifas de balde para un sorteo de tres vales de 120€ cada un para o comercio local en combinación coa Lotería do Neno 2021. Por último, salientar a mensaxe que as Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente envían a todas as nenas e nenos de Ribeira e que vén de ser subida á canle en YouTube do Concello de Ribeira, á web www. ribeira.gal e ás redes sociais.
Pedro Pérez redaccion@obarbanza.gal
PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal
IMPRIME: TAMEIGA, S.L.
MAQUETACIÓN E DESEÑO: Óscar Louzán
CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal
FOTOGRAFÍA: Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa Antonio Parada Abelardo Soler - Abso
A NOSA WEB www.obarbanza.gal
Número 16 (decembro 2020) Publicación periódica. Tirada: 7.000 exemplares Depósito Legal: C 668-2019 I.S.S.N.: 2659-8256
4
Decembro 20
O Barbanza
ACTUALIDADE
A POBRA DO CARAMIÑAL
Un Nadal para escorrentar a crise
Unha feira, música, teatro e concursos, entre as actividades festivas na Pobra
A
Pobra do Caramiñal configura de cara ao Nadal unha programación composta por teatro, concursos ou unha feira, entre outras actividades, dando estrito cumprimento ao protocolo e as medidas fronte ao coronavirus. As propostas xa arrancaron a finais de novembro coa primeira edición do Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas, unha convocatoria que conta cun total de 35 fogares inscritos, con representación de vivendas de todo o termo municipal. O resultado deste concurso darase a coñecer no 22 de decembro e establécese un premio por parroquia, consistente nunha cesta composta de produto local, contribuíndo á dinamización e posta en valor do comercio de proximidade. Enfocada neste último aspecto tamén botou a andar a campaña Raña e gaña no 28 de novembro e, polo de agora, repartíronse máis de 50.000 rascas e máis de 400 agasallos. Entre eles destacan produtos e servizos do máis variado nos distintos establecementos participantes e premios das empresas colaboradoras. Na xornada do venres 18 o Elma albergará a actuación do grupo vigués Broken Peach, a partir das 20.00 horas, se ben a apertura de portas terá lugar ás 19.15 horas.
A través da campaña
Raña e gaña repartíronse máis de 50.000 rascas e máis de 400 agasallos
Así mesmo, Papá Noel iniciará a súa visita aos colexios da Infantil e de Primaria do municipio, e continuará coa súa peregrinaxe no luns 21 de decembro. Preténdese así achegar esta figura, de grande importancia para as crianzas, mediante unha recepción individualizada, e mesmo terán a oportunidade de sacar unha foto para a lembranza. No día
18, Papá Noel estará nos colexios do Campo, Pilar Maestú Sierra, A Granxa e Monte Carmelo, mentres que no 21 será a quenda do Salustiano Rey Eiras, Fernández Varela e Vilariño. Entre os días 23 e 27 de decembro transcorrerá unha feira con temática propia destas datas na praza Alcalde Segundo Durán (praza Maior). Estará integrada por arredor de 20 postos e contará con animacións de diversa índole. Estableceranse circuítos de entrada e saída, así como zonas de desinfección. Os concertos organizados pola Banda Ateneo Musical da Pobra, en colaboración co Concello, reforzan o eido musical acompañado da solidariedade. Serán no 27 de decembro,
no Elma. As prazas son limitadas e as reservas efectuaranse a través do teléfono de contacto 678895933. A primeira función será ás 18.00 horas e a segunda terá lugar ás 20.30 horas. A vertente solidaria vén marcada pola recollida de alimentos, pois cada persoa que asista deberá entregar un quilogramo de alimentos. En colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña, na vindeira semana comezarán no Elma as pezas teatrais dirixidas ao público infantil e familiar, as cales se adscriben ao Nadal Cultural. Baobab Teatro representa Puño Puñete no martes 22 e no día seguinte, mércores 23, Fantoches Baj presenta Os golfiños e o xigante. Xa no luns 28 terá lugar A feira das linguas con Lydia Botana e Os limpa, limpa chegarán da man de Expresións Producións no martes 29. O inicio de todas estas obras de teatro estipúlase nas 18.30 horas. As citas teñen continuidade en xaneiro de 2021 con tres monólogos. As entradas son de balde e as reservas formalízanse na Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono de contacto 981 831 545. Ademais, se ben este ano non haberá cabalgata de Reis para o día 5 de xaneiro, formúlase como alternativa unha recepción individualizada de Melchor, Gaspar e Baltasar en tres distintos espazos. O Concello tamén achegará a opción de favorecer a conciliación familiar cuns obradoiros que transcorrerán no CEP Salustiano Rey Eiras dende 23 de decembro ata 7 de xaneiro e que están dirixidos a crianzas nadas entre 2009 e 2017, con grupos reducidos de cinco cativas/cativos por monitor/a. Como novidade incorpórase o horario de tarde para dar maiores facilidades ás familias usuarias. En consecuencia, as actividades desenvolveranse de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Ademais, inclúe o Servizo de Madruga e a prestación de comedor. As inscricións formalizaranse nas oficinas de Deportes do Concello, situadas na Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler, dende as 09.30 ata as 14.30 horas, cos teléfonos de contacto 981832590 e 981831545. A data límite para se anotar é no 21 de decembro.
O Barbanza
5
Decembro 20
A POBRA DO CARAMIÑAL ACTUALIDADE
Unidade na Pobra a prol do comercio local A campaña Raña e gaña reparte agasallos por un valor total de preto de 20.000 euros
A
Pobra do Caramiñal lanzou a campaña Raña e gaña no 28 de novembro, unha iniciativa para dinamizar a economía do municipio ao tempo que se xera ilusión e se aposta pola unidade. A proposta supón a distribución de máis de 70.000 tarxetas nos 71 establecementos comerciais e de servizos do termo municipal. A campaña estenderase ata o día 6 de xaneiro, inclusive. Estas cifras tradúcense en arredor de 600 agasallos directos por un importe total de case 20.000 euros. Trátase dunha iniciativa de cara á época do Nadal que naceu da unión de forzas por parte do Concello (Concellaría de Promoción Económica), a Asociación de Empresarios da Pobra, a Asociación do Pequeno Comercio Deán e a Asociación de Profesionais da Praza de Abastos coa colaboración de empresas que quixeron achegar o seu grao de area: CONGALSA, Rianxeira/Escurís, Camping Ría de Arosa, Conservas Ortiz, Conservas Ramón Franco e DS Smith Cartogal.
Raña e gaña é unha inicia-
tiva para dinamizar a economía do municipio ao tempo que se xera ilusión e se apostaba pola unidade Por cada dez euros de compra nos locais que toman parte desta campaña entrégase un rasca que pode presentar a lenda Grazas por apoiar o comercio local ou os premiados que especifican o agasallo xunto co establecemento onde se debe recoller. No caso das contribucións das empresas colaboradoras xa referidas, a persoa agraciada debe acudir co seu rasca á Oficina de Turismo, onde o persoal municipal se encarga da xestión, pois os artigos fican alí expostos. A atención ao público é de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas. Entre os establecementos participantes figuran tendas de roupa, alimentación, deportes, centros de estética, froitarías ou informática, entre outros sectores, o cal, segundo salienta o Concello, “é unha mostra
da heteroxeneidade dos locais integrantes desta campaña” e, polo tanto, dos agasallos que se entregan: dende produtos alimentarios a un smartphone, pasando por ceas, tratamentos de beleza, complementos ou vales de compra, etc. Ademais, os locais contan cun distintivo nun lugar visíbel. Canto ás achegas por parte das empresas colaboradoras atópanse lotes de produtos, dúas rutas en quad pola ladeira do monte da Curota, menús realizados por varios restaurantes e unha viaxe familiar a Eurodisney, entre outros. O período estipulado para recoller os premios será ata 28 de febreiro de 2021.
Raña e gaña Centos de agasallos mercando no comercio da vila. Do 28 de novembro ao 6 de xaneiro.
A POBA DO CARAMIÑAL
Papá Noel visita os coles da Pobra Os día 18 e 21 de decembro. Feira do Nadal Do 23 ao 27 de decembro. - Praza Alcalde Segundo Durán (Praza Maior) I Concurso de embelecemento de balcóns e fachadas Inscripción ata: 30 de novembro Obrigatorio que permaceza a decoración entre o día 6 de decembro e 6 de xaneiro. O resultado darase a coñecer o 22 de decembro. Actuación de Broken Peach 18 decembro ás 20:00 h. - Teatro Elma (apertura de portas 19:15 h.) Entrada de balde - Reservas: 678 998 247. Nadal Cultural • Baobab Teatro: "Puño puñete" - 22 decembro ás 18:30h. - Teatro Elma • Fantoches Baj: "Os golfiños e o xigante" - 23 decembro ás 18:30 h. - Teatro Elma • Lydia Botana: "A feira das linguas"- 28 decembro ás 18:30 h. - Teatro Elma • Expresións produccións: "Os limpa, limpa" - 29 decembro ás 18:30 h. - Teatro Elma Concertos Solidarios Banda Ateneo Musical da Pobra 27 de decembro ás 18:00 h. 1º concerto e ás 20:30 h. 2º concerto. - Teatro Elma Entrada: 1 kg de alimentos - Reservas 678 895 933 Obradoiros de conciliación do Nadal Do 23 de decembro ao 7 de xaneiro. Colexio Salustiano Rey Eiras Información e inscricións: oficinas de deportes (casa da cultura e xuventude Raquel Fdez. Soler) Tel. 981832590 - 981831545 Data límite inscrición: 21 de decembro Recepción individualizada de Melchor, Gaspar e Baltasar 5 de xaneiro. Requírese cita previa. Concello da Pobra do Caramiñal
6
Decembro 20
O Barbanza
ACTUALIDADE BOIRO
En primeira liña contra a COVID-19 O Concello de Boiro extrema as tarefas de control do coronavirus para baixar o nivel de contaxios
O
Concello de Boiro atópase nunha situación completa en canto á incidencia da COVID-19, e tanto o Goberno local como a cidadanía están a facer esforzos para impedir que a situación se agrave nestas datas de Nadal. O Concello lembra, neste senso, a “necesidade de cumprir coas disposicións sanitarias para baixar o nivel de contaxios e saír do nivel máximo de restricións”, nivel no que entrou o municipio o sábado 5 de decembro debido ao medre de casos positivos. O Concello solicitou a Sanidade o 23 de novembro un cribado masivo da poboación, cando se realizou noutros municipios da comarca, para detectar e illar posíbeis casos asin-
tomáticos e “evitar a propagación do virus entre a veciñanza”. Ante a falta de medias por parte das autoridades sanitarias e para evitar a propagación do virus, o Concello de Boiro,
dentro das súas competencias, aprazou todas as actividades culturais e deportivas, así como o peche de parques infantís, pistas deportivas e instalacións deportivas municipais.
O Goberno local solicitou tamén a colaboración da Policía Autonómica para a vixilancia e control da poboación que realizan a Policía Local e a Garda Civil, como o cumprimento do peche perimetral, o uso obrigatorio de mascara de protección ou evitar as aglomeracións e respectar os grupos máximos de 4 persoas. Os operarios municipais e o servizo de Protección Civil realizan diariamente desinfeccións e limpezas nas rúas mais concorridas do municipio, aquelas mais próximas a supermercados, farmacias ou comercios, e tamén nos perímetros dos centros educativos, marquesiñas e outro mobiliario urbano. Para estas tarefas, o Concello de Boiro fixo tamen unha solicitude a Subdelegación do Goberno para que o Exercito axude con estas tarefas, así como aos Bombeiros, que cada semana fan desinfeccións na contorna do Centro de Saúde e do Mercado Municipal
Nestas datas de festexar e estar en familia é importante que fagamos un esforzo por cumprir coas restricións sanitarias e minimizar os contaxios. Atrás queda un ano moi difícil, pero do que seguro sairemos reforzados. Os nosos mellores desexos para o ano que comeza.
Bo Nadal e próspero ano 2021
O Barbanza
7
Decembro 20
BOIRO ACTUALIDADE
Alianza cultura-comercio O Concello de Boiro promove con diversas actividades as tendas e a hostalería local
A
s Concellarías de Cultura e Comercio prepararon para este Nadal un programa de actividades centradas na promoción cultural, sobre todo de agrupacións e artistas locais, e na promoción do comercio e a hostalería. A programación cultural tivo que aprazarse debido ás restricións sanitarias aplicadas no municipio, pero, segundo confirmaron os ditos departamentos, continúan as propostas para estas datas que serven de promoción ao comercio. Entre as actividades e propostas que engloban comercio e consumo destaca un Escape Room polos comercios do municipio. A través dunha aplicación móbil, as persoas participantes terán que moverse
polos comercios de Boiro buscando pistas nos escaparates e resolvendo preguntas de interese cultural e poder avanzar no xogo. O Concello confirmou que xa hai mais de 20
comercios inscritos par participar na actividade e, todos aqueles que queiran participar poden facelo poñéndose en contacto do departamento de Cultura.
Precisas máis motivos? Consumindo local, gañamos todxs
A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) tamén organiza nestas datas unha campaña de promoción empresarial coa entrega de rascas con 3.200 premios directos (paraugas, cuncas, bolsas...) ao mercar nos comercios asociados e un sorteo final do Sueldazo ABE de 300 euros durante 6 meses. A entidade impulsou tamén este Nadal o Bono Regalo ABE, unha caixa agasallo que se pode mercar co importe que se desexe para utilizar en preto de 200 establecementos de Boiro. O concelleiro de Comercio, Marcos Fajardo, quixo destacar a importancia que as pequenas empresas e o comercio local teñen no desenvolvemento económico dun pobo: “Dende o Concello apostamos sempre pola promoción do comercio local e este Nadal, mais que nunca, quixemos crear sinerxías entre cultura e comercio e organizar actividades conxuntas para darlles apoio”, afirma o concelleiro.
8
Decembro 20
O Barbanza
ACTUALIDADE PORTO DO SON
Un Nadal para devolvernos a ilusión O Concello de Porto do Son achega un programa de actividades festivas, creativas, solidarias... e seguras
O
Nadal en Porto do Son inclúe este ano un programa de actividades nas que está presente unha mensaxe común: un convite a celebrar as festas de xeito seguro e controlado pero tamén en positivo. Así o entendeu o Concello ao elaborar a axenda, unha axenda que debía ser un recordatorio de celebrar as festas con sentidiño, pero que tamén poñía o foco nos moitos beneficios de gozar do Nadal: vantaxes para a noso ánimo, para as empresas e establecementos locais e, sobre todo, para a ilusión das máis pequenas e pequenos da casa (que en 2020 tiveron un comportamento exemplar que merece ser recompensado). A programación xa está en marcha dende o 6 decembro, que foi a data elixida polo Concello para o prendido do alumeado de Nadal, e mesmo dende antes: co inicio formal, en novembro, dos preparativos para a nova edición da carreira Sin Son 10K, que este ano é virtual e solidaria e que ten aberto até o 18 de decembro o prazo para formalizar as inscricións (a través da web Emesports e a aplicación Rockthesport, que se pode descargar de balde nos móbiles de cada quen). A carreira impulsada como cada ano por estas datas polo Concello a través da súa área de Deportes tivo que adaptarse á nova realidade da COVID-19,
e fíxoo transformándose nunha experiencia online e afondando na súa vertente (tan necesaria nestes tempos) solidaria (o recadado irá dar a asociacións e entidades locais de apoio social). A cota, para quen non o saiba, é de 5 euros. Compartiranse nas redes sociais as fotos das e dos participantes, que se implicarán na proba deportiva a través dos móbiles mediante cinco modalidades diferentes. A carreira en si mesma realizarase entre os 19 e 20 de decembro de 2020. O procedemento é similar ao dunha carreira convencional, pero, desta volta, o dorsal é descargado polo propio participante a través da devandita plataforma. O evento celebrarase entre as 8.00
do sábado día 19 de decembro e as 23.00 do domingo día 20 de decembro. Durante este prazo cada deportista deberá afrontar a distancia na que se inscribiu. O día 21 de decembro vai ter lugar na Casa da Cultura un dos grandes acontecementos do Nadal en Porto, a inauguración da mostra solidaria navideña da Asociación Loa, que quere, con esta proposta, permitir que a rapazada poida sacarse unha foto con Papá Noel e inscribirse para recibir de mans do mesmiño Santa Claus, un vídeo personalizado. Amais, celebrarase unha exposición de bolas de Nadal feitas polos nenos da Ludoteca Municipal que se exporán e venderán
con fins solidarios, co obxectivo de recadar fondos que Loa distribuirá entre as familias máis necesitadas. Todas aquelas persoas que queiran colaborar na exposición achegando unha decoración navideña artesanal están convidadas a facela. O Concello tamén informa de que o día 22 colocaranse unhas caixas de correo na praza de España de Porto do Son e na praza do Curro de Portosín onde os máis pequenos poderán depositar as súas cartas para Papá Noel e os Reis Magos. Nesa mesma xornada do 22 de decembro inaugurase a actividade de animación urbana O Son das Rúas, que arrincará coa colaboración de altofalantes en distintos emprazamentos dos núcleos de Porto do Son e Portosín, co fin de ambientar os espazos urbanos e promover aqueles negocios que están adheridos á Campaña de Nadal. Os días 23 e 24 de decembro (con datas e horarios aínda por definir) desenvolverase un percorrido festivo polas parroquias do concello no que van participar os elfos do Nadal, que se desprazarán en dous vehículos decorados para a ocasión acompañados de música propia destas datas. Serán os encargados de recoller as cartas nas diferentes caixas de correos habilitadas. O día 5 de xaneiro, véspera de Reis, ante a imposibilidade de dar cabida á tradicional Cabalgata de Reis, equiparanse dous vehículos con música e decorados típicos destas festas para levar a animación ás parroquias do termo municipal de xeito seguro. O Concello tamén informa de que as festas acompañaranse das iniciativas conxuntas do Concello e os negocios locais que se adheriron á Campaña de Nadal 2020 de Porto do Son. Na campaña, promovida pola Asociación de Empresarios de Portosín e o Goberno local, había a mediados de decembro un total de 32 negocios de diferentes sectores: comercio, servizos e hostalería. Ao seu abeiro, os negocios estarán decorados de forma similar e unificada, e naqueles que estean adheridos ao sorteo repartiranse rifas en cada compra. O sorteo celebrarase o 8 de xaneiro cunha contía de 1000€ en premios para gastar nos locais participantes.
O Barbanza Número 17
obarbanza
@obarbanzagal
@o_barbanza
608 240 160
Decembro 20
Barbanza reinvéntase Comercio, hostalería, cultura, deporte... a comarca transfórmase ante a COVID-19
Ceas familiares iguais pero diferentes 3
Foto: Alicia Domínguez - Esutudio Aldolfo Enriquez
Achegámonos á realidade das medidas domésticas para afrontar as celebracións
Historias de heroicidade para lembrar
8
Mellor en campo aberto e distanciad@s
14
100 anos do afundimento do Santa Isabel
O boom dos deportes ao aire libre
O Barbanza
3
Decembro 20
CEAS DE NADAL
Unha cea de Nadal agridoce A situación sanitaria obriga ás familias da nosa contorna a reestruturar a metodoloxía das súas celebracións
M
esas cheas, reencontros familiares, alegría e prosperidade caracterizaban ás ceas de Nadal. Pois este ano, por mor da pandemia, será ben distinto, esas noites memorábeis converteranse en noites diferentes, pero tamén difíciles de esquecer por todo o contexto que as rodea. Xa son dez meses dende que a COVID-19 afectou directamente ó Barbanza, e a pesares de que todo o mundo desexaba que terminara máis cedo que tarde, a realidade é a que é, e o Nadal xa está aquí. Unhas datas nas que priman as reunións con familiares e achegados, as festas deste ano serán burbullas. O Goberno central, a pesares de que a última palabra a teñen as Comunidades Autónomas, xa designou un máximo de 10 persoas e o toque de queda para as 1:30 horas para estas celebracións. Esta situación provoca que haxa moitas persoas que planifican as ceas de Nadal para poder estar o máis preto posíbel dos seus e tentar facer estas celebracións menos atípicas. É así que xorden dúas ideas: ceas en restaurantes ou no domicilio. No Barbanza, a situación dos concellos é cambiante e depende da evolución puntual dos mesmos a nivel de contaxio e incidencia da COVID, unha evolución que pode (ou non) permitir a realización das ceas en restaurantes. En caso de que o panorama adquira un cariz positivo nos municipios, a posibilidade de levar as celebracións aos restaurantes será unha idea que colla forza, xa que ten como vantaxe o protocolo utilizado ó largo de toda a pandemia e do que carecen a maioría dos fogares. Ademais serviría como apoio a un dos sectores máis afectados pola pandemia.
firen comer e cear cos conviventes e innovan á hora de reunirse co resto de familiares Un gran número de
persoas apostará polas celebracións virtuais. As videochamadas serán as mellores aliadas á hora de acercarse ás familias
Doutra banda estarían as ceas nas casas, máis tradicionais. Para conseguir que estas comidas sexan seguras, deberase levar a cabo un protocolo o máis estrito posíbel: máscara, hixiene, tentar gardar a distancia de seguridade, evitar apertas... Toda a responsabilidade recae nos asistentes á celebración, non é complexo, mais si laborioso.
EDITA: GRUPO CÓDIGO CERO COMUNICACIÓN S.L. Rúa das Hedras nº 4, 1º G 15895 Ames (Milladoiro) Tel.: 981 530 268 - 608 240 160
DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal
Imaxes páxinas 1, 3, 4, 7, 10, 11, 14 e 16 Freepik.com
REDACCIÓN: Fernando Sarasketa Sonia Pena Sandra Rivadulla
O Barbanza
Moitas familias pre-
WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com
Por outra parte, moitas familias prefiren comer e cear cos conviventes e innovan á hora de reunirse co resto de familiares. É así que un gran número de persoas apostará polas celebracións virtuais. Como xa pasou durante o confinamento domiciliario imposto en marzo, as videochamadas serán as mellores aliadas á hora de acercarse ás familias.
A volta dos estudantes das grandes cidades á casa, tamén é un aspecto a ter en conta nestas celebracións. Será momento para que os máis mozos pasen un Nadal diferente, xa que non estarán permitidas as festas de noiteboa ou aninovo. Serán largas e entretidas noites nas que se rememorarán grandes anécdotas e momentos entre os familiares. Os mais mozos deberán exercer un acto de madurez e responsabilidade para evitar ter que vivir outro Nadal diferente. Como dixo Curro Cañete, autor de libros como Ahora te toca ser feliz, “debemos pensar en grande, quedan moitísimas celebracións polo Nadal con pavo, marisco e unha mesa de 20 persoas se un quere. Este ano celebraremos reunións pequenas, pero que reactivarán e revitalizarán a nosa paz interior.” Porque a verdade é que as campás, que se vivirán de maneira moi diferente ás de anos anteriores, servirán para deixar atrás un mal ano como o 2020, e dar paso a un próspero ano 2021.
Pedro Pérez redaccion@obarbanza.gal
PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal
IMPRIME: TAMEIGA, S.L.
MAQUETACIÓN E DESEÑO: Óscar Louzán
CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal
FOTOGRAFÍA: Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa Antonio Parada Abelardo Soler - Abso
A NOSA WEB www.obarbanza.gal
Número 17 (decembro 2020) Publicación periódica. Tirada: 7.000 exemplares Depósito Legal: C 668-2019 I.S.S.N.: 2659-8256
4
Decembro 20
O Barbanza
ESCOLA E NOVA NORMALIDADE
O gran desafío das escolas do Barbanza
Logo dun final de curso marcado pola pandemia, chegaba a proba máis difícil para os colexios: preparar lugares seguros
P
eter Hilton, matemático e docente, dixo que “a adaptabilidade ó cambio é en si mesma un selo distintivo dunha educación triunfadora”, unha cita que vai como anel ao dedo para describir a situación pola que pasan as escolas do Barbanza, que tiveron que renovarse para facer fronte á nova normalidade por mor da COVID-19. Logo dun final de curso 2019-2020 marcado pola pandemia, chegaba a proba máis difícil para os colexios: preparar un lugar seguro para os rapaces. “A preparación do curso foi de moito estrés, xa que non sacaron os protocolos co tempo suficiente”, apuntan dende o CEIP Alexandre Cadarso de Noia. A pesar dos problemas externos, a capacidade para adaptarse en tempo récord e con garantías foi notable en todos os centros da zona barbanzá. “Aínda que a actuación da Administración non foi de todo correcta, temos que agradecerlle o poñernos ó día en moitos ámbitos que ata este curso non coñeciamos”, manifesta Vicente Vázquez, director do CEP Pilar Maestú Sierra da Pobra. O centro de Cadreche, que conta con só 90 matriculados, foi un dos menos prexudicados pola COVID-19 xa que o reducido número de alumnos lles “permitiu que a organización
Exterior do CEIP Pilar Maestú Sierra da Pobra do Caramiñal
das clases fose máis sinxela, xa que poucas aulas contan con máis de 15 rapaces”. Por iso, unha das claves para garantir a viabilidade da educación son as “aulas burbulla”, un sistema que consiste na separación por cursos dos alumnos en todo momento para evitar que se mesturen entre diferentes grupos. “Os nenos adaptáronse moi ben e entenden totalmente a situación, son un exemplo para os adultos”, declaran dende a dirección do CEIP Frións sobre as medidas tomadas para evitar que os nenos se mesturen e cumpran co protocolo. A irrupción da COVID-19 provocou que o remate do curso se realizase
mediante docencia virtual, en moitos casos. Co inicio deste ano lectivo, moitos dos centros aproveitaron para implantar a tecnoloxía nas súas aulas, sobre todo para garantir ós alumnos que teñan que gardar corentena o seguimento das clases dende a casa. “Temos unha aula virtual funcionando e ensinamos ós rapaces a usala, con miras ó futuro e ante un posible confinamento”, comentan dende o CEIP Frións. Outro dos problemas cos que se atopan os profesores á hora de impartir as clases son os métodos de ensino. Se no pasado as actividades grupais e exposicións, entre outros moitos exercicios, servían para romper coa
monotonía da docencia tradicional, a día de hoxe vense moi limitados para realizar tarefas máis innovadoras. “Non podemos realizar tarefas grupais xa que non se pode compartir material, pero os profesores poñen todo da súa parte para facer as clases máis entretidas, con exercicios orais dende os sitios, por exemplo”, confesan dende o CEIP Alexandre Cadarso. As restricións por COVID-19 como evitar o contacto, gardar a distancia de seguridade e o uso de máscara afectou de maneira directa á materia de Educación Física. “As miñas clases baseábanse en xogos grupais e deportes colectivos, e dada a situación actual e o clima da zona, o ximnasio non ten un espazo suficiente como para garantir a distancia en este tipo de actividades. Isto serviunos para experimentar novas tarefas como o ioga e animar ós rapaces a traer obxectos das súas casas para evitar o uso de material compartido”, explica Olga Mato, mestra de Educación Física no CEIP Frións, quen ademais comenta que “as actividades de intercentros están totalmente paradas, polo que botamos en falta esas xornadas de convivencia, máis que de competición. Outro dos aspectos que máis preocupa ós pais é o uso do transporte. Tódolos centros coinciden en que a clave do bo funcionamento deste servizo pasa pola forma escalonada de entrada e saída dos alumnos ó autobús e ós centros. “Está totalmente regulado, e os profesores fan garda á entrada e saída dos rapaces para evitar que se mesturen ou haxa aglomeracións”, apuntan dende o CEP Pilar Maestú Sierra. Doutra banda, o comedor é outra das prestacións máis solicitadas, polo que nalgún caso, como no CEIP Frións, tivo que adaptarse á nova normalidade coa instalación de biombos e ampliación do espazo para seu uso. A pandemia afectou a moitos ámbitos da sociedade, pero está claro que a educación foi capaz de sobrevivir e sacar partido da situación para facilitar un lugar seguro a todos os rapaces. A nova normalidade seguirá estando presente nas escolas da zona, pero como se soe dicir: “Nada é tan malo, nin tan bo, son aprendizaxes”.
O Barbanza
5
Decembro 20
EMPRESA
Premios ao noso talento
CONGALSA volve felicitar as Festas de Nadal coas postais dinstinguidas no seu concurso navideño
C
ONGALSA vai felicitar estas festividades, por terceiro ano consecutivo, coas postais premiadas no seu III Concurso de Postais de Nadal. Trátase de tres contribucións artísticas elaboradas por outras tantas nenas de diferentes idades, vencelladas familiarmente a empregados da compañía de produtos conxelados do mar. A actividade enmárcase na terceira edición do certame de Postais de Nadal, ao abeiro da iniciativa Personas e que este ano, como novidade, incorporou categoría de adultos. As gañadoras do concurso, ao que se presentaron este ano 35 propostas, foron Amaya Hermo, de 6 anos (na categoría baby, de 3 a 6 anos);
Lía Tarrío, de 8 anos (en categoría junior, de 7 a 10 anos), e Lucía Millán, de 14 anos (en categoría teens, de 11 a 14 anos). Finalmente, na categoría de mozas e adultos, a partir de 15 anos, resultou vencedora Laura Fontao, traballadora do Departamento de Administración.
Unha iniciativa que se consolida
Os kits de pintura, premio co que se recoñeceu a cada unha das gañadoras, foron entregados o 11 de decembro polo director xeral da empresa da Pobra, Luis Miguel Simarro, quen destacou “a consolidación da iniciativa na axenda do Nadal de CONGALSA, unha acción que busca fortalecer
As gañadoras do con-
curso foron Amaya Hermo (na categoría baby, de 3 a 6 anos); Lía Tarrío (en categoría junior, de 7 a 10 anos), e Lucía Millán (en categoría teens, de 11 a 14 anos) a comunicación interna e afianzar o sentimento de pertenza á empresa”. Todas as persoas que participaron nesta edición do concurso recibiron un póster de agasallo coas postais participantes. Como dixemos, os
nenos e nenas que enviaron as súas propostas de postal están vencelladas e vencellados a persoal de varios departamentos da compañía (produción, comercial, calidade, administración, mantemento e técnico) tanto da sede central na Pobra do Caramiñal como das instalacións que a empresa ten en Canarias.
Recollida de xoguetes solidaria Outra iniciativa que se consolida en CONGALSA é a campaña solidaria de recollida de xoguetes entre o persoal da empresa para doar ás familias necesitadas da contorna. Por certo que a recollida deste ano, para poder cumprir cos protocolos antiCOVID, efectúase no exterior das instalacións da sede de CONGALSA na Pobra, nun colector habilitado ao efecto. Antes de ser entregados ás entidades beneficiarias, os xoguetes recolleitos serán sometidos a un tratamento de desinfección efectuado pola empresa Andrade, que colabora de maneira altruísta coa iniciativa.
6
Decembro 20
O Barbanza
ENTREVISTA Nacho Munilla e Pancho Lapeña lanzan a Guía definitiva dos peixes da Galiza Nacho Munilla e Pancho Lapeña volven á carga este Nadal cunha nova entrega das súas guías literariobiolóxicas sobre fauna galega, desta volta veñen coa Guía definitiva dos peixes da Galiza...
“Quixemos reparar a inxustiza de que haxa tantas especies de peixes que non tiveran protagonizado nunca un conto”
-N
acho hai un ano falamos dunha publicación túa e do ilustrador Pancho Lapeña que nos axudou a ver os paxariños dun xeito máis saudábel e enriquecedor. Falamos da Guía definitiva das aves da Galiza. Cóntanos brevemente como foi acollida esa proposta? - A acollida foi fantástica e emocionante. Pola cantidade de xente á que chegamos e polos comentarios e opinións que recibimos, moitos deles de agradecemento por ter feito unha guía así. Eses comentarios sentímolos moi sinceros. Dalgún xeito sentimos que a guía lle chegou ao corazón a moita xente. Pouco máis se pode pedir. - Cóntanos brevemente que é a Guía definitiva dos peixes de Galiza? - Eu penso que a nosa principal contribución, tanto nos textos como nas ilustracións, é a de intentar unha obra de divulgación total. Total no sentido de que tanto vale para crianzas como para adultos, para xente experta como para xente sen coñecementos sobre o tema, para espíritos sistemáticos como para espíritos románticos. Non son guías convencionais. Empregamos ingredientes da bioloxía, científicos, literarios nunha mestura nova. Esta en concreto é unha guía por que describe e axuda a identificar aos peixes máis comúns nas nosas augas. Mais a súa dimensión literaria é importante. Dá para ler. Das 51 especies da guía penso que a metade polo menos nunca tiñan protagonizado contos. Nos tamén queremos reparar esa inxustiza, queremos que todas as especies teñan o seu conto. - Vendo por enriba o proxecto parécenos que tamén buscades poñer un pouco de orde no coñecemento que temos dos peixes… - Buscamos poñer orde no galimatías dos nomes dos peixes mais non o conseguimos. O que nos interesou foi a procura mesma dos nomes dos peixes. De feito, esta guía dá a
coñecer os resultados dun traballo de campo realizado pola filóloga María do Carme Ríos Panisse nos primeiros anos da década de 1970. Esta muller percorreu 49 portos galegos, de Figueiras a A Guarda, preguntando polos nomes dos peixes e recolleu centos de nomes. Para as 51 especies da guía ela recolleu máis de 500 nomes que son os que aparecen referenciados no índice de especies da nosa guía. Puxémonos en contacto con ela e encantoulle a idea de recuperar o seu traballo. Fíxate que xa daquela había nomes como merluza ou salmonete que xa dominaban na fala do mar e xa non digamos nas peixarías. Por certo que a guía nosa tamén é moi útil en peixarías… - Houbo moito traballo de campo para a realización da guía?
- Canto da guía dos peixiños ten a súa orixe no mar dos concellos de Barbanza? - Pois fíxate que unha boa parte deses mergullos “de campo” tiveron lugar nas augas barbanzáns, e precisamente en Arousa Norte. De feito, algúns dos últimos mergullos que influíron na guía tiveron lugar alí, concretamente no porto de Insuela e na Punta do Castro. Eu animaría ás confrarías a declarar zonas de reserva para observación de peixes. Lugares que as confrarías protexan e coiden para que a xente poida ir alí a observar peixes. Esto se cadra axudaríalles a vender o peixe que eles pesquen noutros lugares e mais podería xerar postos de traballo, por exemplo de guía e/ou conservador subacuático. É unha idea. Se algunha confraría dáse animado aquí estamos... - O ano pasado contástesnos que os paxariños nos estaban a contar unha serie de cousas que cumpría escoitar. Diciades que con toda seguridade nos estaban a informar de que este modo de vida que levamos como especie vai dar ao traste co mundo. Cambia moito a mensaxe dos peixiños? - A mensaxe é moi semellante, aínda que os peixes son, ao contrario das aves, xente moi caladiña. Mais a mensaxe que nos transmiten é a mesma: estamos a comprometer seriamente a vida neste planeta tal e como a coñecemos. Imos cara un mundo máis pobre en tódolos sentidos. Iso é o que eles din. Tamén din que a responsabilidade é toda nosa.
- O traballo de campo consistiu en centos e centos de mergullos a pulmón realizados por Pancho na costa galega. Pancho é un observador de todo tipo de biodiversidade de primeirísimo nivel. A miña aproximación aos peixes veu máis polas aves mariñas, polas gaivotas e polos corvos mariños que como ben sabes son especies comedoras de peixe. A miña aproximación científica aos peixes ven de pescudar na alimentación das aves mariñas.
- Sodes conscientes de que con estes libros estades facendo algo que se aproxima moito ao agasallo perfecto para pedilo ao Apalpador ou aos Reis Magos? - Somos, somos. Cos Reis Magos aínda non falamos mais co Apalpador si. Ben, en realidade non falamos con el directamente, mais unha amiguiña nosa que coñece a unha fada que é amiga dun parente dun trasno que adoita colaborar con el díxonos que O Apalpador gostara moito da guía de aves e que a puxera de agasallo a ben xente. Disque tamén vai poñer moito a de peixes…
O Barbanza
7
Decembro 20
COMPRAS
O Barbanza recibe o Nadal con optimismo
A veciñanza dos nosos concellos apostan pola artesanía e os comercios locais para facer as súas compras
A
pandemia e a crise que esta trouxo consigo, fixo que moitas persoas comezaran a preocuparse polos negocios locais. De feito, a día de hoxe aínda se seguen a realizar numerosas campañas en redes sociais, co fin de axudar ao pequeno comercio e os establecementos de proximidade. É por iso que este ano, en vez de acudir ás grandes empresas, as veciñas e veciños da comarca de Barbanza apostarán pola artesanía e os comercios locais para mercar os agasallos de Nadal. A crise sanitaria produciu que comercios que non precisaban de venta online ata o momento, deran o paso á Rede. Sen embargo, isto non se manifesta como algo negativo, senón todo o contrario. Os negocios ampliaron así as súas barreiras, xa que había moitos clientes que non se sentían cómodos acudindo a un local de maneira física. Pola contra, a maioría dos negocios viron minguar as súas vendas. As restricións impostas polas autoridades e os peches perimetrais impediron á clientela, en moitas ocasións, acudir aos establecementos comercias. Diego Saavedra Deira, xefe da Tienda del Bacalao de Boiro, comenta que “o seu negocio segue a ter unha clientela moi similar a anos anteriores , aínda que hai moita xente que prefire que se lle acerque a compra ao domicilio”. Ademais, sinala que “as ventas nestas fechas son máis grandes ca outros anos, pero teñen menor frecuencia e realízanse con tarxeta”.
A crise sanitaria produ-
ciu que comercios que non precisaban de venta online deran o paso á Rede Os habitantes da comarca, dubidan en saír a comprar xa os alimentos ou esperar. A estas alturas, non saben quen vai poder ir a cear en Nadal. As vendas están adiańdose un pouco máis do normal. Como todo, hai xente que comprou fai 15 días, pero a maioría nin sequera sabe o prato
principal que asomará pola mesa. Uxía Rial, veciña de Rianxo, declara que “pola súa parte as comidas de Nadal non van mudar, pois é vexetariana e o que vai preparar supón o mesmo gasto que o resto do ano”. Neste Nadal diminuirase o gasto en agasallos de forma considerable por mor da crise. As familias non teñen os mesmos ingresos que antes e están entrando nunha men-
Neste Nadal diminui-
rase o gasto en agasallos de forma considerable. As familias non teñen os mesmos ingresos e están entrando nunha mentalidade de aforro
talidade de aforro porque non saben o que sucederá no futuro. Reducirán entón os veciños da comarca algo tan innecesario e froito dos compromisos sociais coma son os agasallos de Nadal? Manuel Lorenzo, un mozo de Noia, expresa así a súa opinión ó respecto: “Agora mesmo a sensación que teño é a de que estamos nunha situación de incerteza de cara a Nadal. A poboación non ten claro que vai facer nin como vai actuar correctamente no medio desta crise sanitaria. Porén, penso que a medida que se vaian acercando os días claves da festa, a cousa normalizarase máis e non distará moito doutros anos”. En definitiva, o que parecía ser un ano diferente, finalmente non vai ser tan atípico. Moitas familias reducirán o número nas reunións familiares, mais a forma de mercar os regalos será a mesma que en anos anteriores: a maioría de forma presencial e intentando potenciar o mercado local. No mesmo contexto, os alimentos das ceas de Nadal non mudarán moito. Os veciños seguen consumindo o mesmo, pero en menor medida. Todo dependerá do número de comensais.
8
Decembro 20
O Barbanza
CEN ANOS DO "TITANIC" GALEGO En 1914 mentres que no vello continente se loitaba corpo a corpo, a “Sociedade Española de Construción Naval” con sede en Matagorda (Cádiz) empeza a construír o primeiro dos dous buques que serian os mais modernos da frota da “Compañía Transatlántica Española” con sede en Barcelona, o Santa Isabel e o San Carlos. O protagonista da nosa historia é un deses barcos, o vapor-correo Santa Isabel, convertido por mor da mala sorte no “Titanic galego”. Naquela aciaga noite de xaneiro atopamos fronte a comportamentos heroicos feitos repudiables, pero en todo caso estes últimos non tiveron como protagonistas a ninguén das terras de Arousa norte e moito menos aos habitantes da illa de Sálvora.
Cen anos do “Titanic” da costa galega. O Santa Isabel, lustres de heroicidade Hai 100 anos o buque Santa Isabel naufragou na Illa de Sálvora, na bocana da Ría de Arousa. Unha traxedia na que morreron 213 persoas
D
ous de xaneiro de 1921, as costas galegas vivían unha das maiores traxedias marítimas civís da súa historia, o naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, un buque de pasaxeiros que embarrancaría nos baixos da Illa de Sálvora. O vapor Santa Isabel era un buque dos chamados correo, é dicir dedicábase a percorrer os portos da península para trasladar a pasaxe con destino á emigración americana. A súa navegación transcorría sen maiores sobresaltos ata a noite do segundo día de 1921. Aquela madrugada o Santa Isabel, dirixíase ó porto de Vilagarcía de Arousa procedente do da Coruña de onde partiría a primeira hora da tarde do sábado un de xaneiro do recen estreado ano. Unhas horas antes da traxedia e cando o vapor se encontraba a altura de Fisterra empezaría o mal tempo que orixinaría o naufraxio. A velocidade media do vapor era de dez nós, o que lle impediu escapar do temporal e poñerse a salvo no interior da ría. A madrugada do seu afundimento, o Santa Isabel enfilara a entrada da Ría de Arousa tomando como referencia os faros de Ons e Sálvora. Eran as primeiras horas do domingo cando un temporal do suroeste fixo que o vapor embarrancara nos baixos das chamadas Pegar situadas fronte ó faro da illa. A mala visibilidade e o forte mar de fondo do suroeste, obrigou o propio capitán do buque, o asturiano Esteban García Muñiz, a permanecer na ponte da nave. A situación meteorolóxica fixo que o vapor-correo se desprazara máis rápido do previsto cara o norte, e en vez de enfilar a canle de entrada da ría colidiu contra a costa da illa preto de Besugueiros. O capitán ordenou a manobra de ciar
Xosé María Fernández Pazos
ou marcha atrás, pero o buque, o ir case en lastre, non obedeceu tan rápido como debía e montou sobre a Pegar, abríndose tres fendeduras polas que comezou a entrar auga e con iso a afundirse. Era a 1 e 50 minutos da madrugada do domingo 2 de xaneiro. O Santa Isabel levaba a bordo 266 persoas entre pasaxeiros e tripulantes, os cales tratarían de poñerse a salvo e a maioría deles 213, morrerían afogados e esnaquizados nos botes salvavidas contra os baixos da illa. O número de vítimas mortais
sería maior se non fose pola intervención do segundo oficial don Luís Cebreiro. Este ferrolán, o oficial máis condecorado da mariña civil española na primeira metade do século XX, evitou que morresen máis persoas ó reter a bordo do bote número 8 a case trinta pasaxeiros e tripulantes, esquivando que o mesmo fose contra as rochas como acontecera cos outros botes que pola présa de saír do vapor foron guindados contra os baixos da illa. Pero se salientable foi a actuación deste mariño, máis digna de mención foi a actuación das mulleres e homes
da illa. Era fin de semana e aninovo e na pequena aldea de Sálvora soamente quedaban os máis mozos e os máis vellos, xa que o resto dos habitantes estaban celebrando o comezo de ano cos seus familiares na parroquia de San Paio de Carreira, a onde pertencía a illa neses tempos. A noticia do embarrancamento do Santa Isabel chegaría á aldea levada por un dos torreiros do pequeno faro sobre as cinco da mañá. Inmediatamente tres mulleres María Fernández (16), Cipriana Oujo (24) e Josefa Parada (32), botáronse cara a praia da Area dos Bois onde permanecían varadas as dornas dos colonos, iso a pesar das recomendacións dos mais vellos. Con esta acción iniciaríase un dos feitos máis heroicos do salvamento marítimo das nosas costas, xa que as mulleres vogarían durante varias millas nunha madrugada de temporal iniciando o rescate dos pasaxeiros que en botes, e tratando de poñerse a salvo, estaban a punto de bater contra as rochas. Serian axudadas desde terra por outra veciña Cipriana Crujeiras (48). Despois de poñer a salvo os mesmos, as mulleres regresarían varias veces ata o lugar do sinistro e entre dúas augas traerían a terra a varios náufragos poñéndoos a salvo nunha pequena enseada. A nova do naufraxio do Santa Isabel chegaría á recen estreada cidade de Santa Uxía de Ribeira sobre as 10 da mañá, iniciándose inmediatamente o salvamento e saíndo cara a Sálvora varios pesqueiros que traerían horas despois os náufragos e tamén os primeiros cadáveres dos afogados. A cidade apoiaría as vítimas acollendo nas súas casas ós superviventes daquela traxedia incluso durante varias semanas. As declaracións de pasaxeiros, tripulantes e do segundo oficial e a
O Barbanza
9
Decembro 20
CEN ANOS DO "TITANIC" GALEGO
A traxedia do Santa Isabel CARACTERÍSTICAS DO VAPOR CORREO SANTA ISABEL -- Nome do buque: Santa Isabel -- Número Construcción: 43 -- Empresa:" Astilleros Españoles Matagorda" (Cádiz) -- Data de posta de quilla: 28/10/2014 -- Data de botadura: 26/8/2015 -- Entrega á "Cia. Trasatlántica Española": 26/10/2016 -- Eslora do buque: 88,850 metros -- Manga: 12,190 metros -- Calado: 5,730 metros -- Arqueo bruto: 2.492 toneladas -- Maquinaria de propulsión: vapor -- Potencia: 1.359 cabalos -- Hélices: dúas -- Palas: catro -- Velocidade máxima: 12,5 nós -- Tripulación: 80 mariñeiros -- Pasaxeiros: 428 literas para emigrantes e entre 50 e 100 prazas para pasaxe de primeira, segunda e terceira preferente
266
As últimas viaxes
A derradeira singradura
Pasaxeiros e tripulantes
213
Falecidos
53
Sobreviventes
Lugar do afundimento
Maqueta Escala. Museo de Astilleros Españoles Fonte: Sálvora, memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel
investigación ordenada pola autoridade de mariña, eximiría de calquera responsabilidade o capitán do buque, coñecedor da ruta, e que cumpriu o de ser o último en abandonar o barco. O comportamento das mulleres, homes de Sálvora e do pobo de Santa Uxía de Ribeira coas vítimas, sería recoñecido coa entrega da medalla de salvamento marítimo e con diversas condecoracións de organizacións e institucións como a cidade de Vigo, que apoiaría as heroínas cun masivo recibimento do pobo e das autoridades a mediados de febreiro dese ano. A prensa da época recollería con grandes titulares a información deste naufraxio, que na lembranza e imaxinación popular sería chamado o “Titanic galego”, xa que xunto o elevado número de vítimas, morreron 213 pasaxeiros e salváronse 53, a súa historia está chea de feitos verdadeiramente heroicos e tamén como non de miserias dignas das mellores traxedias. O afundimento do Santa Isabel foi o quinto naufraxio en número de vítimas da historia marítima de Galicia e o segundo en mortos civís. Desgraciadamente os recoñecementos e loanzas non tería un final feliz princi-
palmente para as súas protagonistas. As envexas, os celos e os comentarios mal intencionados, levantarían, co paso do tempo, unha falsa lenda sobre a intervención dos aldeáns de Sálvora na noite do naufraxio renacendo a historia dos “raqueiros” tan presentes en boa parte dos afundimentos das nosas costas.
A investigación oficial e xornalística da época desmentiu taxativamente esas malas interpretacións, e a prensa sairía en defensa das mulleres e homes de Sálvora. Pero o mal estaba xa feito e as mulleres quixeron esquecela ofensa aínda que non perdoaron o dito. O capitán don Estebán Muñiz e o propio
Heroínas de Sálvora: Cipriana Crujeiras, Josefa Parada, Cipriana Boujo e María Fernández
segundo oficial do buque don Luís Cebreiro, o mais condecorado da mariña española que salvaría coa súa actuación a mais de trinta persoas, sairían en defensa das mulleres e do seu comportamento. A memoria popular mantivo vivo o naufraxio, e incluso os populares cantares de cego fixéronse eco do acontecido naquela tráxica noite durante años. Despois o silencio, o sucedido quedou vivo unicamente na memoria popular como un dos feitos máis heroicos das costas galegas. Durante décadas os buques da “Compañía Transatlántica Española”, propietaria do vapor-correo “Santa Isabel”, fixeron soar as súas sirenas en sinal de respecto e recordo das mulleres e homes mortos naquela traxedia cada vez que pasaban fronte ós baixos de Sálvora. Hoxe o cumprise cen años a historia recupera o sucedido naquela traxedia que está inscrita na crónica marítima de Galicia, como o segundo en número de vítimas civís. A pesar diso o Santa Isabel pasaría o esquecemento oficial quedando unicamente na memoria popular como un dos feitos máis heroicos das nosas costas.
10
Decembro 20
O Barbanza
TRANSFORMACIÓN TECNOLÓXICA
Combatendo a COVID-19 a golpe de clic
Competitividade compartida Dez proxectos pasan á segunda fase do programa Emprende Lab Barbanza
As plataformas de ecommerce de Ribeira, A Pobra, Rianxo e O Son xa dan servizo a máis de douscentos establecementos
O
s nosos concellos e asociacións empresariais levan un tempo xuntando forzas para habilitar plataformas que permitan aos negocios locais estar no mundo vendendo e comunicándose coma se non houbese límites nin fronteiras, e coma se fose posíbel (que o é) estar preto dos clientes a través dos móbiles. Os esforzos son grandes e xa comezan a verse resultados importantes. Se se contabilizan os negocios que xa se adheriron ás plataformas de comercio electrónico de Ribeira, A Pobra, Rianxo e Porto do Son (Ribeirastore.com, Deanshop.es, Mercarianxo.gal e Sonoteucomercio.gal) estariamos a falar dunha cifra que superou, con moitísimo, os douscentos integrantes. A máis recente das plataformas postas en marcha dentro da nosa comarca foi a de Rianxo, impulsada pola Asociación de Empresarios de Rianxo en colaboración coa Xunta, a Deputación da Coruña e máis o Concello. O servizo xa está a pleno rendemento dando acubillo a calquera establecemento con sede fiscal no municipio, achegándose como un recurso extra para avanzar na transformación das empresas cara a nova realidade e, tamén, para achandar o terreo da recupera-
ción no actual contexto de crise. As persoas usuarias do portal poderán mercar nas distintas tendas que operen na plataforma e solicitar o envío ao domicilio de seu ou ben optar por recoller o pedido no establecemento. Mercarianxo.gal salienta por achegar catro importantes vantaxes para os establecementos: presenta menor gasto que unha web propia (a ARE e os técnicos encárganse do mantemento), inclúe asesoramento e axuda personalizada, constitúese como unha canle de venda adicional e permite ter abertas as portas (virtuais) dun establecemento os 365 días do ano. A plataforma ten dous piares fundamentais: por unha banda a súa vertente de “gran escaparate virtual” e, pola outra, o servizo de marketplace que pon a disposición dos establecementos e clientes. Polo que se refire á plataforma Ribeira Store, púxose en marcha na recta final de verán e xa aglutina preto de 140 negocios, brindando a posibilidade de adquirir máis de 800 produtos distintos. En palabras do Concello, impulsor da iniciativa, trátase dunha ferramenta para favorecer a adaptación do sector produtivo de Ribeira á cada vez máis puxante actividade comercial dixital (e tamén para combater os graves efectos da
O
Concello de Boiro puxo remate á primeira fase do seu programa de formación-aceleración de empresas innovadoras, o programa de traballo colaborativo (coworking) Emprende Lab Barbanza (labbarbanza.gal), habilitado (e activado) no mes de setembro grazas ao financiamento da Deputación Provincial da Coruña e a colaboración da Asociación Boirense de Empresarios (ABE). Dez proxectos, dos dezaoito participantes no programa, foron seleccionados para pasar á segunda fase, a aceleración, tras a xornada Demoday celebrada a comezos do mes de novembro. Todos eles teñen en común unha marcada vertente tecnolóxica (ofrecendo produtos e servizos TIC e, tamén, unha clara vocación de empregar as novas ferramentas para vender, promover, distribuír e comunicarse) e todos abéiranse, e maior ou menor medida, ao sustentábel, ao desenvolvemento territorial e ao solidario. Estas son finalmente as iniciativas emprendedoras seleccionadas: -- Fortem Hub, unha proposta formativa para persoas de colectivos vulnerábeis. -- Laflora, unha iniciativa para a produción musical e as iniciativas emprendedoras. -- Orenpay, que desenvolve unha aplicación móbil para o sector hostaleiro que permite ver a carta ou facer un pedido mediante códigos QR. -- E-commerce, de agasallos personalizados. -- NadadeNada, un proxecto téxtil.
-- Arándanos Barbanza, unha iniciativa de agricultura ecolóxica. -- Esteos, un proxecto de tecnolóxico baseado no Internet das Cousas (IoT polas súas siglas en inglés) para simplificar os procesos produtivos das empresas e minimizar custes. -- GastroLab Arousa, unha escola de cociña cun espazo gastronómico orientado á formación e ás demostracións culinarias en directo. -- Naturalmente, unha proposta de terapias alternativas para o coidado usando produtos naturais. -- Fashion School, unha escola de corte e confeccións online. Para a selección dos proxectos que pasan á seguinte fase o xurado tivo en conta a madureza do proxecto alcanzado nesta primeira fase de formación, seguindo criterios como a súa posta en valor, a definición do mercado ao que vai dirixido, o modo de comercialización ou a escalabilidade. Tamén o potencial de crecemento do proxecto, a súa capacidade para chegar a outros mercados, para mellorar a calidade de vida do territorio ou a capacidade de xerar impacto económico. Os dez proxectos seleccionados do programa Emprende Lab Barbanza pasan agora a unha segunda fase, a de aceleración. As persoas emprendedoras teñen á súa disposición as instalacións do Espazo Coworking para seguir traballando na posta en marcha dos proxectos, así como recibir asesoramento personalizado para os seus proxectos.
O Barbanza
11
Decembro 20
TRANSFORMACIÓN TECNOLÓXICA difusión de todos os bens e servizos que ofrecen”. A web, en definitiva, serve de “escaparate para o tecido empresarial de Porto do Son” e para promover “o consumo no ámbito local; potenciando as compras en establecementos de proximidade, seguros, de confianza, con produtos de calidade, etc”. O comercio electrónico non é un acabado de chegar na nosa comarca. A plataforma www.deanshop. es xa leva uns anos operando na Pobra do Caramiñal (dende 2017), enviando dende o seu marketplace todo tipo de produtos (moda,
pandemia para o tecido produtivo). A través da plataforma, e mediante o uso de computadores, móbiles e tabletas, os negocios mostran e venden os seus produtos de proximidade á veciñanza dun xeito cómodo, inmediato e seguro. Dispoñíbel en www.ribeirastore.com, a ferramenta foi posta en marcha polo Executivo ao abeiro do Plan Reactiva Ribeira, destinado a paliar os efectos da COVID.
No que atinxe ao servizo de Porto do Son, podemos velo na web Sonoteucomercio.gal, que dá acubillo e actividade a máis de 60 empresas dos máis variados sectores, dende a alimentación ao turismo, pasando polos servizos e comercio. O Concello quixo crear unha ferramenta conxunta e gratuíta que aglutinase a todo o tecido empresarial do municipio coa pretensión achegar aos seus integrantes un “recurso esencial na
deporte, calzado, complementos, parafarmacia, artesanía, alimentación, mercería) a todos os recantos da Península. O servizo está xestionado polos establecementos do Centro Comercial Aberto Deán e conta co apoio do Concello e a Deputación da Coruña. O marketplace aglutina quince negocios e ofrece un pormenorizado servizo de atención ao cliente, con facilidades de pago, seguridade ao cen por cen nas operacións e envíos gratuítos a partir dunha compra de 39 euros. A listaxe de produtos rexistrados é de 3.400.
12
Decembro 20
O Barbanza
PATRIMONIO ACCESIBLE
Barreiras fóra
A Pedra da Ra convértese nunha contorna libre de obstáculos e o Castro de Baroña vai camiño de selo
O
miradoiro da Pedra da Ra, no monte da Cidá de Ribeira, dende onde ofrece espectaculares visitas do arco de terra e mar comprendido entre Corrubedo e Aguiño, mellorou a súa accesibilidade grazas á creación de novas sendas que garanten o tránsito de usuarios con mobilidade reducida. Deste xeito, os visitantes poderán desfrutar dun miradoiro más accesíbel trala construción de dúas novas vías de acceso. Unha destas sendas
conduce ata o referencial piñeiro situado nas inmediacións, con vistas cara o
Parque Natural de Corrubedo. Doutra banda, tamén se prepararon dúas prazas de
Acceso a Baroña para persoas con mobilidade reducida
O
Concello de Porto do Son quere estender o compromiso pola accesibilidade do que vai facer gala no seu proxecto de reforma portuaria, ou en iniciativas de acondicionamento como a levada a cabo no núcleo de Outeiro, ao que sen dúbida é un dos grandes destinos turísticos do municipio e da comarca: o Castro de Baroña. Segundo fixo saber o Concello, estase a preparar o terreo para unha iniciativa que permita a visita ao enclave castrexo a todo tipo de colectivos de persoas con mobilidade reducida, unha iniciativa que tería o apoio da Xunta e que se presenta como un complemento para a posta en valor co complexo e a súa conservación. O primeiro treito do proxecto de accesibilidade consistiría en facer un vieiro inclusivo
e libre de obstáculos até o primeiro miradoiro do castro, cousa para a que sería preciso realizar unha expropiación de terreos. De xeito paralelo quérese avanzar na protección do poboado e a súa contorna, prexudicado estes últimos anos non só polos factores climáticos e naturais, senón tamén (e sobre todo) pola acción humana, xa que, como lembrou o alcalde Luis Oujo, é un
tesouro histórico que ten máis de 100.000 visitas ao ano. Con este fin de mellorar a protección e avanzar na súa conservación, o Concello pediu a colaboración da Consellería de Cultura, xa que se trata dun traballo de “mantemento obrigatorio” que economicamente, a Administración local non ten capacidade para asumir. dades como exposicións ou eventos”.
estacionamento adaptadas a persoas con diversidade funcional. O proxecto foi impulsado polo Concello e desenvolvido por Carlos Seoane, o mesmo arquitecto que deixou súa firma no 2016, logo de remodelar de forma íntegra o miradoiro, unha actuación que gozou dun gran recoñecemento, non só a nivel local, tamén interna-
cionalmente, xa que foi seleccionada para as bienais de arquitectura de Venecia e Arxentina. Ademais recibiu os premios COAG, Enor e FAD. O investimento total da actuación foi de 47.795 euros, co-financiada pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta. A execución foi da man de Sonense de Granitos S.L.
O esplendor recuperado do Cine París
F
inalmente a recuperación do Cine París de Muros, unha das moitas xoias arquitectónicas da histórica vila, é unha realidade á vista de veciñanza e visitantes. O edificio, que ten nova cuberta rematada, vai ser rescatado polo Concello para convertelo en centro sociocultural, público, aberto e accesíbel, outorgándolle de novo o esplendor que perdera durante décadas de abandono e ruína que mesmo fixeron perigar a súa estrutura orixinal. As obras de rehabilitación foron visitadas os días pasados polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, que
recordou que a entidade colabora co proxecto con 266.000 euros a través do Plan Único. Os traballos financiados inclúe a renovación da cuberta e a recuperación da fachada. García, na súa visita a Muros, estivo acompañado pola alcaldesa Inés Monteagudo e por membros da Corporación. O presidente provincial aproveitou para visitar outras obras no casco antigo de Muros e que contan con fondos do Plan Único como pode ser a mellora integral que se está a acometer na zona de Chalón, onde se instalan novos pavimentos e estanse a recuperar os tradicionais lavadoiros.
O Barbanza
13
Decembro 20
ENTREVISTA Alba Domínguez voluntaria da ONG No Name Kitchen Falamos con Alba Domínguez Pena, unha moza de 22 anos metade de Compostela metade de Castiñeiras (Ribeira), onde reside grandes tempadas. Alba atópase en Bosnia (Velika Kladuša) como voluntaria dunha ONG que se chama No Name Kitchen (www.nonamekitchen.org), unha man estendida cara aos tan esquecidos refuxiados nestes tempos nos que só nos preocupa cal é a máscara máis efectiva fronte á COVID-19 ou cal será o mellor agasallo para este Nadal.
“Como fotógrafa pretendo amosar a realidade das persoas migrantes neste contexto tan complicado”
-A
lba que foi o que che levou á ONG No Name Kitchen? - Sempre fun unha persoa moi curiosa e interesada nos conflitos que hai arredor do mundo, así como nas crises migratorias. Dende que comecei a estudar fotografía pregunteime como podía vincular o meu traballo como fotógrafa e ao mesmo tempo facer algo polas persoas en situacións desfavorecidas. Hai ano e medio coñecín o traballo de No Name Kitchen (NNK) a través das súas redes (@no_name_kitchen). Gustoume a súa maneira de amosar a realidade da crise migratoria da Ruta dos Balcáns e a transparencia coa que traballan. En 2020 decidín poñerme en contacto con eles e agora traballo como voluntaria dende o mes de outubro nunha pequena cidade, Velika Kladuša (Bosnia), na que ademais de apoiar ás persoas en movemento tentando cubrir as súas necesidades básicas, tamén levo a comunicación e as redes sociais para dar voz ao que está a pasar aquí. - Que atopaches ao chegar a Velika Kladuša? - Ao chegar aquí atopeime cun marabilloso equipo de voluntarios e voluntarias que traballan con moita enerxía e paixón co obxectivo de dar un pouco de dignidade á situación inhumana e inxusta que sofren as persoas migrantes na ruta dos Balcáns. Velika Kladuša é unha pequena cidade preto da fronteira con Croacia, é un lugar no que hai unha gran concentración de persoas migrantes de moitas nacionalidades. A meirande parte destas persoas foxen de conflitos nos seus países de orixe para tentar buscar unha vida segura e digna. Esta localidade é unha das portas á Unión Europea, pero cando as persoas chegan aquí, atopan esta porta pechada e son recibidas con violencia e abusos.
por decisións políticas, son campos pagados pola Unión Europea e atópanse por debaixo das súas capacidades. As persoas migrantes coas que traballamos non teñen acceso ás necesidades básicas, e isto é o que queremos solucionar. - Que lle dirías á xente que quere axudar e non sabe de que xeito facelo? - Se a situación persoal de cadaquén o permite, animo ás persoas a ser voluntarias en terreo e axudar directamente en Bosnia, Serbia ou Grecia... Esta é unha experiencia que abre moito os ollos e fai entender un pouco máis a situación das persoas en movemento. Se non podes ser voluntaria en terreo hai moitos xeitos de axudar dende casa: doazóns na páxina web da No Name Kitchen, apoiar o proxecto de ‘Saúde en Movemento’, organizar unha colecta de roupa na túa cidade, mercar un calendario de Nadal solidario enviando un e-mail a 2021@nonamekitchen.org. Ou algo tan importante como dar a coñecer a situación das persoas migrantes na Ruta dos Balcáns e visibilizar o que está a pasar, dar voz ás persoas refuxiadas.
Foto: Alba Domínguez Pena (@albabugg)
A realidade que están a vivir estas persoas é moi dura: atrapados en Bosnia, hai miles de homes que viaxan sós, moitas veces menores, e tamén familias enteiras. En cada intento por alcanzar Croacia, teñen que atravesar a fronteira de noite, agochados no bosque e con temperaturas baixo cero, unha vez chegan a territorio croata sofren o que chamamos un pushback (unha deportación ilegal, na que as persoas son devoltas ao país precedente sen ningún tipo de proceso legal ou dereito humano, sendo vítimas dunha violencia brutal por parte da policía croata: son torturados, espidos,
humillados, róubanlles, déixanos sen documentos de identidade...). O resultado: centos de persoas obrigadas a retornar camiñando descalzos, feridos, sen teléfono móbil co que usar o GPS... co engadido de que estamos en pleno inverno. As persoas que se atopan aquí non teñen outra opción que durmir nos bosques, en tendas de campaña improvisadas ou en edificios abandonados. E por que esta xente non está nos campos de refuxiados? Preguntarédesvos, pois a resposta é que os campos de refuxiados da zona (Cantón de Una Sana-Velika Kladuša) non admiten máis persoas
- Cales son as prioridades aí onde estades? - A prioridade agora mesmo é poder seguir facendo distribucións de roupa de abrigo e poder proporcionar comida a todas as persoas que se atopan tanto en Velika Kladuša como en todos os lugares nos que No Name Kitchen traballa. Para isto, o máis doado é facer unha doazón na súa páxina web (www.nonamekitchen.org/ayudanos/), doazón que pode converterse nun saco de durmir ou nun prato de comida quente para algún neno, nena ou adulto refuxiado este Nadal. Alén disto, se queres facer un agasallo solidario nestas datas, No Name Kitchen está a vender uns calendarios ilustrados por artistas marabillosos, e cuxos beneficios irán integramente para apoiar ás persoas refuxiadas.
14
Decembro 20
O Barbanza
DEPORTES
O boom das actividades ao aire libre
Os clubs e as/os deportistas de Barbanza, un exemplo de supervivencia ante a crise da COVID
A
pandemia da COVID–19 provocou, en moitos casos, o peche de establecementos deportivos. A clientela dos ximnasios diminuíu de maneira exponencial polo temor a estar nun lugar pechado. Os deportistas intentan fuxir das aglomeracións e executar máis plans en familia e en contacto coa natureza. Por exemplo, na natación durante o confinamento, houbo persoas que se federaron para poder nadar sen restricións, mais coa segundo vaga comezáronse a renovar licenzas e a baixar o número de socios. Juan Carlos Brión, director técnico de Natación e Triatlón de Boiro, comenta a súa propia experiencia: “No que respecta á natación e triathlón, a pandemia afectounos, como ao resto de deportes non profesionais. Sen embargo, máis no tema da natación, xa que a pesar dos protocolos presentados polo federación correspondente, as piscinas existentes non reúnen un aforo que asegure a distancia interpersoal. É por iso que as competicións foron suspendidas ata a data”. O director técnico sinala que o Triatlón tivo máis sorte porque “é un deporte ao aire libre”. Así, o mar consegue novos seareiros. O director deportivo do Club de Remo Cabo da Cruz, Gustavo Vázquez declara que “o número de remeiros mantense en comparación co ano pasado, aínda que se pode ver unha breve subida. Houbo baixas pero tamén moitas incorporacións, sobre todo de rapaces pequenos de entre 8, 9 e 10 anos, que na súa maioría veñen rebotados polo fútbol. Os pais pensan no remo como un deporte ao aire libre que ten pouco contacto, e así é. Penso que é un deporte moi axeitado nesta tempada de pandemia” A parada no baloncesto e no fútbol influíu en deportes coma o tenis. Blas Ramón Sobrido Lago, adestrador do Club de Tenis Boiromar e Punta Salera, informa de que “a demanda segue alta”. En concreto, no club, o estancamento doutros deportes fixo que houbera transferencia de xogadores cara o tenis. A sociedade está vendo este deporte como unha opción segura.
En canto á pesca recreativa, pasa por un momento crucial, a pesar de que nos últimos anos as restricións das diferentes administracións, cada vez limitan máis esta práctica, que habitualmente hérdase de pais a fillos. O director do Club de Pesca do Barbanza, Gerardo Orol, confirma o anterior: “O entorno onde practicamos o noso deporte (a natureza, a tranquilidade) da man dos beneficios de non levar unha vida sedentaria, é moi importante. Nestes tempos de pandemia, a pesca, está sendo reforzada. Como é unha actividade ao aire libre, para o seu desenvolvemento é necesaria unha certa distancia entre pescadores, o que fai que o risco de contaxio se minimice. Moita xente que nunca pescara, animouse este ano a probar e a maioría enganchouse”. Sen embargo, Orol explica que “a nivel competición, é distinto”. Teñen un protocolo que respectar, pero
este ano poucas competicións houbo. A saúde é o primeiro e conténtanse con adestrar de cara a próxima tempada, que non teñen claro cando será. Doutra banda, a pandemia deixou moitas persoas deprimidas, preocupadas e con baixo ánimo. Á práctica de exercicio de maneira regular provoca a liberación de endorfinas a nivel cerebral e isto produce éxtases e lixeireza. En definitiva, una sensación de benestar. Por iso, “é primordial respectar o coronavirus, pero sen deixar de facer deporte”. Esta mensaxe lánzana moitos médicos e especialistas. Por exemplo, Sandra Varela Álvarez, licenciada en Bioloxía e técnica superior de Dietética e Nutrición no Centro Dietético Boiro, quen considera “ unha necesidade facer exercicio físico, debido ao beneficio que aporta o mesmo para o sistema cardiovascular, endócrino e muscular, ademais do sistema nervioso”.
O seu consello é “facer deporte ante todo, preferiblemente ao aire libre e en solitario, coa persoa que convives. Evitar riscos, gardando sempre a distancia de seguridade. Se isto non é posible, facer exercicio na casa, con aparatos fitness como cintas de andar ou correr, elípticas, bicicletas estáticas ou a través de vídeos de Internet”. Do mesmo xeito, os clubs tamén animan á poboación a seguir facendo deporte. Segundo moitas asociacións, “o deporte é unha das actividades máis seguras que se poden encontrar, posto que ademais de respectar os protocolos existentes, inculcan aos máis pequenos”. Os estudos demostran que a parte dos beneficios que traen estas actividades físicas, os porcentaxes de contaxios son baixos ata o momento. Facer deporte, polo tanto, é algo seguro. A COVID–19 non pode ser una escusa para non realizar este tipo de actividades.
O Barbanza
15
Decembro 20
DEPORTES
Transformación tecnolóxica... e solidaria
A
actual situación fixo que algunhas das citas máis relevantes da nosa comarca fosen obxecto dunha fonda remodelación cara ao virtual e, tamén, cara ao solidario (buscando xuntar recursos, a través do deporte, para axudar a quen máis o precisa nestes tempos de crise sanitaria e económica). É o caso da Sin-Son10K, a carreira impulsada como cada ano por estas datas polo Concello de Porto do Son a través da súa área de Deportes, que se converteu nesta edición nunha experiencia online e solidaria (o recadado foi dar a asociacións e entidades locais de apoio social). De feito, o lema que acompañou a iniciativa este ano falou por si só desta vontade de botar unha man a quen o precisa a través do deporte: Sumamos quilómetros, compartimos solidariedade. A carreira en si mesma realizouse entre o 19 e o 20 de decembro de 2020. O procedemento foi similar ao dunha carreira convencional, pero, desta volta, o dorsal tivo que ser descargado polo propio participante a través da devandita plataforma. Durante este prazo cada deportista tivo que afrontar a distancia na que se inscribiu sendo o control a través dunha ferramenta móbil específica.
Outra das experiencias deportivas e de lecer que foi adaptada á nova realidade foi a andaina solidaria de CONGALSA, que na súa primeira edición virtual conseguiu congregar a 620 persoas e recadar 9.000 euros para destinar a
diferentes ONG locais. A andaina patrocinada pola empresa de conxelados da Pobra, a diferenza do que ten acontecido en anteriores edicións, abriuse non só aos traballadores da empresa, senón tamén aos seus familiares, amigos, a representantes de entidades colaboradoras e a todo aquel que quixese colaborar, con independencia da súa localización xeográfica. De feito, inscribíronse na camiñada virtual persoas situadas en diferentes puntos de España, Portugal e, mesmo de Estados Unidos ou China. Representantes do mundo institucional, como a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron tamén na iniciativa. Amais, envorcáronse nela persoas procedentes da política local, do ámbito empresarial ou do tecido social e deportivo da comarca do Barbanza, así como escolares do CEP Pilar Maestu Sierra da Pobra do Caramiñal. A camiñada tamén contou coa presenza activa de numerosos traballadores da empresa con sede na Tomada e tamén da firma Sulpasteis, a empresa portuguesa que CONGALSA adquiriu no principio do ano.
16
Decembro 20
O Barbanza
DEPORTES
Bancadas sen público
A pandemia aboca ao fútbol do Barbanza a un futuro incerto
Campo de futbol Boiro
A
espera é longa, pero a recompensa será maior”. Iso deben de estar a pensar no fútbol modesto da nosa comarca. Dende que se decidiron dar por concluídas as competicións do fútbol afeccionado, os equipos atópanse en stand by, en todos os ámbitos, dende o económico ata o social, pasando polo futbolístico. A Federación Galega de Fútbol non dá novas noticias nin solucións de como encarar un hipotético reinicio das ligas rexionais. Clubs da Preferente e inferiores atópanse agora nun camiño cun destino e un futuro moi incerto. Cando se fala de fútbol modesto, estase a falar de algo que transcende máis aló do deporte. A presenza de afeccionados nas gradas é clave, xa non só polos ingresos directos, tamén polo efecto dominó que provocan na cadea económica do club. A posibilidade de que exista un retorno do fútbol afeccionado sen público non é concibido polos equipos da zona, como así o explica Tono Romero, adestrador da UD Queiruga: “O fútbol da zona sen público é inviable, xa que é o que nos mantén con vida. A venta de rifas, entradas e a cantina van da man do seareiro e son fundamentais. Ademais perdería toda a gracia, parecerían partidos amigables. Dito isto, esperamos poder volver con público.” Por outro lado, o Cidade de Ribeira nacía esta campaña cun
novo proxecto que fixo ilusionar aos seareiros, pero que terá que agardar de momento. “É unha mágoa porque este ano presumíase que A Fieiteira ía volver a encherse. A xente de Ribeira estaba con moitas gañas de apoiar o novo proxecto”, laméntase Juan Fungueiriño, presidente do Cidade de Ribeira. Con todo isto, Fungueiriño cre que “a pandemia a nós afectounos menos que ó resto de clubs, debido ao punto de inicio do que partíamos”. Unha realidade moi parecida están a vivir o CF Noia, Puebla CF e CD Boiro, equipos que militan na Preferente Galicia. A situación na competición rexional variou moito dende a declaración da pandemia. Tralo inicio da Terceira División Galega, a Preferente sería a seguinte en facelo, pero a Federación Galega de Fútbol non decide dar o paso. Varias reunións telemáticas en outubro, nas que se decidiu o inicio de competición para o 29 de novembro, serviron como pri-
A Federación Galega
de Fútbol non dá novas noticias nin solucións de como encarar un hipotético reinicio das ligas rexionais
meiro paso para o reinicio da competición, pero a evolución da COVID-19 tornou os plans. “A Federación Galega de Fútbol tennos bloqueados. Estamos á espera dun protocolo para poder analizar a situación tanto a nivel económico como sanitario. Non ten sentido que a Terceira División se estea xogando e nós non. Están “ninguneando” a Preferente Galicia”, declara José Luis Botana, presidente do CF Noia.
A cicatriz a nivel económico que deixa a pandemia para o fútbol modesto, obrigou á RFGF a tomar unha serie de medidas para tentar garantir a supervivencia dos clubs. A división da Preferente Norte en tres grupos, para aforrar viaxes, e o posible financiamento do 50% dos tests antíxenos foron as principais novidades para os equipos participantes. No tema dos antíxenos existen diferentes opinións acerca da viabilidade económica para os clubs da zona. Por unha banda, Nelson Barreiro, presidente do Puebla CF, recoñece que “sempre que haxa que pagar algo a maiores ca o que estábamos a pagar ata agora é inviable”. Pola contra, Botana confesa que “é unha situación complicada, pero pódense reducir gastos noutros ámbitos para poder facer fronte ós tests antíxenos. Trátase de querer sacar isto adiante”. Outra cuestión referente á situación socio-económica dos equipos da zona son os patrocinadores. As axudas aportadas polas empresas locais son de vital importancia para os clubs máis modestos. A situación actual por mor da pandemia, obriga ás entidades deportivas a ser cautos á hora de solicitar ese apoio económico. “Por sorte, o CD Boiro é un club que conta con moitos simpatizantes, e a pesares da pandemia existen establecementos e empresas que queren aportar o seu gran de area. Sen embargo, non podemos concretar a axuda económica mentres non saibamos cando comezaremos a competir, e por suposto, cando remataremos”, comentou Marcos Martínez, presidente do CD Boiro. Ante a posibilidade dun reinicio do fútbol modesto, os clubs deben valorar se xogar ou non. Por un lado, o presidente do CF Noia cre “que si a RFGF saca un protocolo, os clubs da Preferente Galicia somos capaces de garantir a viabilidade sanitaria e económica. Non existe diferencia entre o que están a facer os xogadores de Terceira División e o que faríamos nós. Son partidario de xogar.” Doutra banda sitúanse o Cidade de Ribeira e a UD Queiruga, que comparten a opinión de que a día de hoxe “non debería xogarse, xa que existe un risco para a saúde, e non se pode antepoñer un hobbie por enriba da sanidade pública”.
10
Decembro 20
O Barbanza
ACTUALIDADE RIANXO
Cultura contra a adversidade
A axenda de actividades de Nadal de Rianxo inclúe exposicións, teatro e a visita dos Apalpadoriños
R
ianxo vai conmemorar o Nadal con sentidiño, pero tamén co punto de vista posto na creatividade, no lecer e na cultura. Amais do festival Titirebeira, do que falamos neste número de O Barbanza, polo concello pasarán estes días un bo número de artistas de toda índole, para tentar conseguir, baixo as máis estritas medidas de seguridade sanitaria, que a veciñanza esqueza durante uns intres a adversidade e a situación crítica actual. Algunhas das actividades xa comezaron os días pasados, como por exemplo a mostra de artesanía galega Son Agasallo. Artesanía en Madeira, que se pode ver no Auditorio até o 26 de decembro, e que vén da man da Área de Cultura do Concello en colaboración coa Deputación. Tamén pode visitarse, de balde no Cuartel Vello de Rianxo, a exposición José Afonso, Geografias de uma vida, inaugurada pola Asociación José Afonso – Galiza e o Concello. A mostra acolle fotografías, documentos e textos informativos sobre o músico, poeta e activista político portugués. Forma parte do traballo da asociación para difundir a obra de Afonso, e foi concibida como unha primeira aproximación para comprender a vida do cantautor e as influencias musicais e reivindicativas do seu periplo polos países irmáns de Portugal, Angola e Mozambique. Por outra banda, este 23 de decembro ao mediodía, no Auditorio de Rianxo, a escritora, actriz e contadora Lorena Conde achegará ás familias locais unha actividade de narración oral, o Disfrace de Urrupinca Carmirola, ao abeiro do programa de Escola de Familias de Nadal. Na cita, Lorena tamén levará a cabo un obradoiro creativo complementario para as nenas e nenos. A actividade, que dará comezo ás 12.00, está especialmente dirixida a crianzas de idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos. Ao abeiro do programa de Nadal do Concello, o sábado 26 de decembro celebrarase o espectáculo de danza, música e teatro Os Apalpadoriños. Virá da man de Nelson Quinteiro Producións e o seu equipo e celebrarase nas rúas da propia vila de Rianxo a partir das 17.30 horas. O espectáculo incluirá unha ruada arribada a Rianxo dende os montes
do Courel (Lugo). Participarán o Xigantón do Apalpador e máis a Apalpadora Xigante, dous monifates de máis de 3 metros de alto aos que acompañan Os Apalpadoriños, elfos rústicos e axudantes destes personaxes que propoñen un xeitoso espectáculo, tanto itinerante e de ruada como de sala, praza, carpa ou escenario. Amais, o sábado 2 de xaneiro ás 19.00 a compañía Elefante Elegante estará no Auditorio de Rianxo co espectáculo Patapatúm, obra gañadora do Premio María Casares, na categoría de Mellor Espectáculo Infantil 2019. A peza, de 45 minutos, vai destinada a público infantil e familiar a partir de catro anos.
O Barbanza
11
Decembro 20
RIANXO ACTUALIDADE
Titiribeira... Rianxeira
O
Festival Titiriberia de monicreques e espectáculos teatrais celebrará en Rianxo entre o 22 e 30 de decembro a súa quinta edición, que vén cun programa descentralizado e diverso, con actividades seguras e controladas a celebrar en varias localizacións do termo municipal: o Auditorio Municipal, a Casa de Cultura Cuartel Vello, os soportais da praza Castelao e os centros socioculturais e deportivos de Atalaia-Asados, Araño e Taragoña. As accións programadas poderanse seguir integramente a través da Rede (www.youtube.com/user/morreuodemo), co fin de garantir o control sanitario ao tempo que se garante o acceso do público ás actuacións. O Festival Titiriberia é organizado pola Asociación Morreu o Demo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña. En total, unha ducia de funcións conformarán o programa deste ano no que tamén se inclúen mesas redondas, exposicións e obradoiros. Ao longo dos sete días presenciais que durará o festival, pasarán por Rianxo compañías como Viravolta Títeres, Diáspora Teatro, Seisdedos Marionetas, Fantoches Baj, Títeres Cascanueces, Xirapaus ou a Cova das Letras, o colectivo Indignati Asociación Galega de Commedia dell’Arte, artistas como Fran Rei, Borxa Insua, Iria Pinheiro, Lucho Penabade, Tero Rodríguez, Borxa Insúa e Esther Carrodeguas, ou grupos de música como Áureas.
O programa
A axenda comezará o martes 22, da man de Viravolta Títeres, que ofrecerá no Centro Sociocultural A Capela do Araño dous pases (ás 17.00 e ás 19.00) do seu espectáculo O horroroso crime de Xan Miñoca. Será ese o inicio dun programa que, entre os seus pratos fortes, conta con As varietés do Barriga Verde, un formato multidisciplinar que mestura os bonecos co cabaré, a música, a poesía ou o escapismo. Así, o último día do Titiriberia, o 30 de decembro ás 20.00, no Auditorio de Rianxo, actuarán Esther Carrodeguas, Tero Rodríguez, Lucho Penabade, Pajarito, María Dobronich, Borxa Ínsua e Lázaro Duyos. As varietés de Barriga Verde estarán conducidas por Iria Pinheiro e contarán co acompañamento escénico-musical do grupo Áureas.
22 > 30 DECEMBR0 2020 RIANXO 22 MARTES O horroroso crime de Xan Miñoca
28 LUNS Os romeiros do caracol
EXPOSICIÓNS Kinetiko
17:00 19:00 50 min Todos os públicos Centro Sociocultural A Capela do Araño
18:00 50 min +5 anos Auditorio de Rianxo - Sala “Arcos Moldes”
22, 23, 26, 27 1:00 > 14:00 / 16:00 > 20:00 Casa de Cultura Cuartel Vello Todos os públicos
23 MÉRCORES Victoria. Nostalxias do pasado
Mesa redonda A innovación da Cachaporra. Novos xeitos para traballar a tradición
Onde foi Barriga Verde?
VIRAVOLTA TÍTERES
DIÁSPORA TEATRO
12:00 a 14:00 5 min +12 anos Mercado (soportais da Praza Castelao)
Este espectáculo foi ilegal
SEISDEDOS MARIONETAS
12:00 a 14:00 5 min adultos Mercado (soportais da Praza Castelao)
O baúl de Barriga Verde
TÍTERES CASCANUECES
18:00 50 min Todos os públicos Centro Sociocultural A Capela do Araño
26 SÁBADO O baúl de Barriga Verde
TÍTERES CASCANUECES
12:00 50 min Todos os públicos CCD de Taragoña
Conferencia “Commedia dell’arte: artesanía teatral” 19:30 +16 anos Centro Sociocultural A Capela do Araño
27 DOMINGO Teatro á feira A COVA DAS LETRAS
12:00 50 min Todos os públicos CCD de Taragoña
Ratas!
INDIGNATI Asociación Galega de Commedia dell’Arte
18:00 50 min Todos os públicos Auditorio de Rianxo - Sala “Arcos Moldes”
FANTOCHES BAJ
20:00 90 min adultos Auditorio de Rianxo - Salón de actos
29 MARTES O conto de Barriga Verde FRAN REI
17:00 19:00 50 min +3 anos Centro Social da Atalaia - Asados
30 MÉRCORES Victoria. Nostalxias do pasado DIÁSPORA TEATRO
12:00 a 14:00 5 min +12 anos Mercado (soportais da Praza Castelao)
Este espectáculo foi ilegal
SEISDEDOS MARIONETAS
12:00 a 14:00 5 min adultos Mercado (soportais da Praza Castelao)
As varietés do Barriga Verde (GALICIA) IRIA PINHEIRO + ÁUREAS
20:00 a 22:00 50 min adultos Auditorio de Rianxo - Sala “Arcos Moldes”
OBRADOIRO Iniciación á commedia dell’arte Por Nando Llera
26, 27 10:00 > 14:00 / 16:00 > 20:00 Centro Sociocultural A Capela do Araño +16 anos Inscrición: info@barrigaverde.eu Prezo: 30€ (50% de desconto ás persoas dos grupos de teatro amador de Rianxo)
XIRAPAUS
MORREU O DEMO
22 e 23 horarios actuacións Centro Sociocultural A Capela do Araño Todos os públicos 28 > 30 09:00 > 14:00 + horarios actuacións Auditorio de Rianxo Todos os públicos
Barriga Verde e a arte dos Silvent MORREU O DEMO
26 e 27 no horario das actuacións CCD de Taragoña Todos os públicos 28 > 30 09:00 > 14:00 + horarios actuacións Auditorio de Rianxo Todos os públicos
RESERVA DE ENTRADAS auditorio@concelloderianxo.gal
664 183 217 Prazo: 14 ao 21 de decembro Horario: 09:00 > 13:30, días laborais Î Obrigatorio indicar estes datos para quen se solicita: nome completo, teléfono e se son conviventes. Î Priorizarase só un convivente adulto acompañando as crianzas. Î A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o Auditorio.
+ INFO titiriberia.com barrigaverde.eu concelloderianxo.gal
Programa online e descarga
12
Decembro 20
O Barbanza
ACTUALIDADE DODRO
O Hórreo do Arco volve brillar
A construción, emprazada no núcleo de Castro, constitúe un emblema na recuperación do patrimonio de Dodro
O
Hórreo do Arco no núcleo de Castro, emprazado no concello de Dodro, é unha magnífica e sobranceira construción da nosa comarca que tamén se coñece como “da Miguensa” ou o “Pontello”. Ten por cimentación unha espectacular repisa de granito que presenta no centro un gran arco de medio punto a modo de pasadizo con unha fábrica de granito de cantería que fai do mesmo un elemento único en Galicia. Debaixo das escaleiras do hórreo hai un alpendre doméstico construído con enormes laxes de granito que forman o tellado e as paredes. O ano estimado da súa construción é de mediados do século XVIII. A súa restauración foi impulsada polo Concello e desenvolvida seguindo escrupulosamente as indi-
cacións da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. A pedra foi limpada manualmente con cepillo de cerdas naturais con auga sen presión, e
as tellas orixinais, feitas á man, recuperáronse en parte e buscouse polas aldeas o resto para que foran todas iguais. Non se usou ningún
CLUB NÁUTICO DE RIVEIRA
Tenemos a su disposición en nuestras instalaciones: AJ • Puntos deN atraque • Marina seca • Cursos de titulaciones deportivas • Escuela de vela ligera • Gimnasio entre otras actividades
www.nauticoriveira.com nauticoriveira@gmail.com
tipo de enganche nin colas para a súa instalación senón as pedras que as suxeitan ó tellado. Ademais, só se puido recuperar un único claro de madeira orixinal. No interior quedaron varias pezas orixinais para que os visitantes poidan ver e comparar os elementos antigos coa actual restauración. O estado do hórreo era de ruína case total e con risco de colapso da estrutura. Despois de conseguir a cesión das seis propietarias o actual Goberno de Dodro, a través dun convenio coa Axencia de Turismo de Galicia, procedeu á súa restauración e quere facer deste elemento da cultura popular “un referente en canto á restauración e conservación dos bens patrimoniais tanto en Dodro como en Galicia”.
O Barbanza
13
Decembro 20
PROGRAMA PEL-REACTIVA
O PEL-Reactiva bate récords
As axudas solicitadas ao programa da Deputación da Coruña foron 1.570 no Barbanza e 10.037 en toda a provincia
A
Deputación da Coruña vén de facer balance do acadado a través da nova liña do Plan de Emprego Local, PEL- Reactiva, que destina máis de 12,5 millóns de euros (10 millóns de fondos propios da Deputación e máis de 2,5 millóns dos concellos) á reactivación económica e social da provincia. Segundo fixo saber a entidade provincial a comezos de decembro, a nova convocatoria do programa PEL (unha convocatoria moi envorcada en afrontar os moitos retos que guindou a crise sanitaria e económica da COVID-19) contou cunha excelente acollida entre as microempresas e profesionais autonómos/as dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Así, un total de 10.037 microempresas e profesionais autónomos/as dos 88 concellos coruñeses adheridos ao programa rexistraron a súa solicitude para poder optar a estas axudas. O presidente provincial, Valentín González Formoso, destacou a “boa acollida” do programa e afirmou que esta liña extraordinaria de 12,5 millóns de euros supón “un es-
forzo investidor sen precedentes, que se activa grazas á colaboración entre a Deputación e 88 concellos coruñeses” e ten como obxectivo “apoiar ao pequeno tecido empresarial local ante a grave crise económica ocasionada pola da COVID-19, axudando á supervivencia dos comercios, da hostalería e, en definitiva, de todos os negocios da provincia que están a sufrir as consecuencias devastadoras desta pandemia”. A meirande parte das solicitudes proceden nos concellos da comarca da Coruña, que recibiron 2.677 solicitudes, un 26,6 % do total, seguida da comarca de Compostela, con 2.109 (o que supón un 21% do total) e da Bergantiños-Costa da Morte, con 1.998 instancias, un 19,91% do total. Pola súa banda a comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal alcanzaron as 1.683 solicitudes (16,77%) e a de Barbanza as 1.570 (15,64%). Nos datos por concellos o que máis solicitudes recibiu foi Carballo, con 641, seguido de Narón (484), Arteixo (410) e Oleiros (400). Nalgúns concellos coma Fisterra, Paderne, Mugardos, Muros, Camariñas, Arzúa ou Cedeira máis dun cuarto das microempresas censadas pediron as axudas.
A nova convocatoria
do programa PEL contou cunha excelente acollida entre as microempresas e profesionais autonómos/ as dos concellos de menos de 50.000 habitantes Un total de 10.037
microempresas e profesionais autónomos/ as dos 88 concellos coruñeses adheridos ao programa rexistraron a súa solicitude para poder optar a estas axudas
As axudas a percibir polos autónomos e microempresas oscilarán entre os 1.500 euros para traballadores por conta propia (sen equipo de traballadoras/es ao seu cargo) e os 3.000 euros para as microempresas que conten con entre 6 e 9 traballadoras/es. Os fondos son compatíbeis con outras axudas. No caso de Barbanza, as axudas solicitadas na nosa comarca resultaron ser 1.570 e representan un 15,64% do total do tecido de empresas e microempresas dos concellos da provincia. En Boiro houbo 241 solicitudes, en Carnota 61, en Lousame 18, en Mazaricos 47, en Muros 146, en Noia 259, en Outes 55, en A Pobra do Caramiñal 142, en Porto do Son 103, en Rianxo 120 e en Ribeira 378. En cuestión de achegas totais (as que aportan a Deputación e os Concellos), estariamos a falar de 334.029,73 euros no caso de Boiro, de 60.246,82 euros no caso de Carnota, de 31.095,82 no caso de Lousame, de 64.133,71 no de Mazaricos, de 126.323,97 no caso de Muros, de 304.635,12 no caso de Noia, de 97.172,29 no caso de Outes, de 157.622.03 no caso da Pobra, de 140.899,82 no caso de Porto do Son, de 161.791,86 no caso de Rianxo e de 463.268.88 no caso de Ribeira.
A Deputación apoia tamén os plans de reactivación das cidades
P
ara completar a acción deste programa en todo o territorio provincial, González Formoso explicou que a Deputación destinará outros 3 millóns adicionais, xa aprobados polo pleno nun expediente de modificación de créditos, a colaborar coas cidades da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela nos seus respectivos plans de reactivación económica e apoio aos sectores máis afectados pola pandemia, coma hostalería e o pequeno comercio. Dentro destas liñas de axuda, A Coruña recibirá 1,2 millóns de euros, Santiago 1 millón e Ferrol 800.000 euros.
14
Decembro 20
O Barbanza
LITERATURA
Brumas Octavianas
O ribeirense Jacobo Otero preséntanos a súa nova novela
E
scribir un libro é sempre unha tarefa complicada. Bloqueo. Medo á folla en branco, e peor aínda, ao “que dirán” unha vez dás o paso de envialo a unha editorial. Dita sensación non acaba de desaparecer nunca, así leves vinte obras ou saias cada día ao escenario ante un público que poucas veces repite. O segundo, evidentemente, non é o meu caso. Pero ese formigo previo á posta en escena considero que é moi importante. Tanto, que mellor non perdelo nunca so pena de caer na máis absoluta soberbia. Hoxe, que moita xente adoece dun ego hipertrofiado, outros preferimos ser un pouco máis humildes, e por iso é polo que nos esforzamos constantemente por superarnos. Ese foi un dos motivos que me levou a escribir esta novela. Necesitaba un reto,e nada mellor para iso que centrarme en dous temas que me apaixonan: a Roma Clásica e ese terror gótico que manexaban de forma maxistral os autores decimonónicos. Non é casualidade que o protagonista principal, que por primeira vez
fala en primeira persoa sexa Casio Querea. Tribuno da Garda Pretoriana ao que a Historia lembra principalmente por un detalle: ser o home que matou a Calígula. A parte diso, apenas hai datos sobre a súa vida e traxectoria, algúns deles tan confusos como contraditorios. Certo que puido servir nas Lexións do Rhin, pero non está tan claro se foi un dos poucos sobrevivintes ao desastre do bosque de Teutoburgo, ou se foi un
Os tesouros musicais de Rianxo, todos nun cancioneiro
O
Concello de Rianxo e o CEP Brea Segade de Taragoña presentarán o libro titulado Cancioneiro escolar urxente de Rianxo, unha obra que nace coa vontade de “recuperar o patrimonio cultural, musical e lingüístico da vila”, xa que nela recóllense cantigas, partituras e historias dunha manchea de composicións rianxeiras que, ou ben non estaban
recollidas documentalmente en ningures, ou o acceso a estas non resultaba moi doado. O cancioneiro é un proxecto escolar que se porá a disposición de toda a veciñanza. Recóllense creacións populares en galego de moi diversa índole: ciclo festivo, cantos infantís e arrolos, cancións emblemáticas, ritmos bailábeis, fiadas e seráns, pregarias e esconxuros e cantiga social.
dos principais apoios de Germánico á hora de poñer fin a esa rebelión dos exércitos do norte trala morte de Octavio Augusto. É entón cando entra en xogo o traballo do narrador. E é tamén cando xorde o gran problema. Conseguir disociar ao personaxe do seu autor. En aparencia esta vez parecería sinxelo. Falo por boca de alguén que existiu de verdade e que ademais non pode ser máis distinto ao meu. Un pagán
que viviu moitos séculos antes de que quen lles fala puxese pé sobre este mundo. E con todo, non tiña claro que o conseguise. Ao final, en base ao que lles comentaba ao principio, fixen o experimento enviando o borrador a varios lectores, algún dos cales, coñéceme de forma moi superflua. Mesmo arrisquei con figuras de prestixio, desde historiadores ata un profesor de Dereito Romano, e curiosamente, todos deron o seu beneplácito. De feito, o prólogo deste libro xorde dunha pluma que a moitos lles resultará coñecida. Refírome a Xosé Antonio Ventoso Mariño, quen ademais de ser primeira autoridade do noso pobo, ten unha traxectoria intachable como docente. E iso que fiel ao meu estilo, non quería que Brumas Octavianas fose unha novela de romanos ao uso. Creo que ao final conseguino. E por iso anímolles a que se penetren neste primeiro volume sobre a maldición dos Julio-Claudios. Foron cinco anos de ardua investigación que acometín con moitísimo gusto. Agora estou mergullado noutro proxecto, pero tan axiña como remate chegará a hora de referirse ao segundo dos emperadores da devandita dinastía. Tiberio.
Antonio Piñeiro, Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta
O
xurado desta vixésimo sétima edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta, convocado polo Concello do Grove, deu a coñecer que o galardón deste ano irá dar a mans do escritor e profesor ribeirense Antonio Piñeiro, polo seu libro Trávelin. Antonio Piñeiro (Ribeira, 1962), como lembraremos, é un dos escritores da nosa comarca máis recoñecidos, prestixiosos, innovadores e prolíficos. Atesoura numerosas distincións tales coma o García Barros, no 2011, por As fiandeiras, ou o Torrente Ballester, no 2017, por A través do fume, ao que se engaden, entre outros, o
Antonio Piñeiro nunha imaxe recente de Ana Rial
Premio Xosé Neira Vilas por Esca do profesor ou o Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira por Celada.
O Barbanza
15
Decembro 20
CULTURA
Marketing do país
Os Premios de Publicidade en Galego volverán recoñecer as contribucións na nosa lingua á promoción en Internet
A
Consellería de Cultura e Educación (Secretaría de Política Lingüística), o Parlamento Galego e o Foro Enrique Peinador convocan conxuntamente a XXVII edición dos Premios de Publicidade en Galego, uns galardóns que, como de costume, inclúen os novos formatos
de comunicación nas modalidades contempladas. Os responsábeis das tres entidades convocantes, Valentín García, Miguel Ángel Santalices e Xosé González, formalizaron nunha xuntanza na sede parlamentaria os detalles desta edición 2020 dos coñecidos galardóns que recoñecen traballos que dinamizan o uso do galego desde o ámbito da publicidade.
Así, a convocatoria, de natureza aberta e participación voluntaria, premiará accións publicitarias difundidas ou transmitidas integramente en galego entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019. A modalidade dirixida ao alumnado recoñecerá traballos relacionados coa publicidade e realizados no curso 2019-2020.
Farao desde cinco categorías: radio, televisión, Internet, prensa escrita e centros de formación. O prazo de inscrición na convocatoria e a presentación dos traballos, que deben formalizar empresas anunciantes e axencias de publicidade, no caso das catro primeiras categorías, e os centros de ensino, no caso da quinta, rematará o vindeiro 30 de decembro. Os premios serán entregados no Parlamento de Galicia durante o primeiro trimestre de 2021 e consistirán nunha certificación e unha obra artística. Os Premios de Publicidade en Galego, impulsados ata o ano 2016 polo Consello Asesor de RTVE-G e pola Corporación RTVG, convócanos conxuntamente a Xunta de Galicia, o Parlamento de Galicia e o Foro Enrique Peinador e recoñecen na súa convocatoria 2020 accións publicitarias difundidas ou transmitidas integramente en galego entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019. Na pasada edición, resultaron premiados os proxectos Benvidos novos Larseiros!, da empresa Larsa e a axencia BAP Conde; Martín Códax, Fillo do Atlántico, da empresa Martín Códax e a axencia &Rosás (con dous galardóns, na categoría de televisión e de prensa); Queixos Hoxe, da Cooperativa HOXE e a axencia Pío García Audiovisuais, S.L., e Stop_Bullyng, do IES Leixa de Ferrol (A Coruña).
O secretario xeral de Cultura acompaña ao Museo de Artes na súa homenaxe a Curros Enríquez
O
pasado 11 de decembro celebrouse no Museo de Gravado de Artes (Ribeira) a inauguración da exposición Airiños d’a miña terra. O gravado V33, coa que o museo quere conmemorar o 140 aniversario da publicación da devandita obra capital das nosas letras, obra do ilustre poeta Curros Enríquez, peza fundamental do noso Rexurdimento. Na apertura da mostra participou o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, quen gabou a
iniciativa levada a cabo polo Museo do Gravado, xa que “pon en valor a figura de Curros Enríquez a través da súa produción literaria, neste caso coa edición ilustrada dunha das obras mestras do Rexurdimento da literatura galega como é Aires d’a miña terra, que se publicou por primeira vez en 1880”. Para esta edición, o museo ribeirense contou coa colaboración da Real Academia Galega, que emprestou a primeira edición orixinal da obra de Curros, o que axudou a elaborar este volume
con gravados realizados mediante o sistema patentado polo catedrático da Universidade de Salamanca José Fuentes, denominado V33. Trátase dun sistema innovador para o estampado que se caracteriza pola achega dun composto material baseado no carburo de silicio, o carborundo, que non resulta contaminante, o que permite traballar en espazos pechados e crear gravados en positivo. Os resultados dos obradoiros de gravado foron impartidos no propio museo
baixo a dirección do artista e profesor Antonio Navarro. Ademais, nas ilustracións tamén participaron artistas
como Manuel Ayaso, Maralla, Pura Villar, Héitor Picallo, Alba Mariña Souto, Marian Paredes e Yolanda Herranz.