O Barbanza 36

Page 1

O Barbanza Número 36

obarbanza

@obarbanzagal

@o_barbanza

A nosa web: obarbanza.gal

608 240 160

Xuño 22

San

Xoán novamente A festa purificadora por excelencia recupera o seu pulso na comarca

Homenaxe ao mar en Outes O 1 de xullo comeza a primeira edición da Feira Náutica do Freixo

9 III Feira de Automóbiles

14

Vida de Romero Ortiz I

Híbridos, Eléctricos e de Ocasión Primeira entrega sobre o Todas as respostas ás nosas preguntas sobre nova mobilidade, en Ribeira

sobranceiro político soterrado en Oleiros

16


ECONOMÍA E CULTURA DO MAR

Feira sectorial do mar – Bolsa de emprego – Mostra de embarcacións tradicionais Travesías marítimas – Roteiros divulgativos – Gastronomía – Música – Máis actividades PROMOVE

APOIA

Concello de Outes


O Barbanza

3

Xuño 22

Ribeira  ACTUALIDADE 

Rumbo ás illas

Ribeira dará saída a rutas en catamarán a Sálvora e pola ruta do mexillón

O

Concello de Ribeira informou do comezo das saídas en catamarán á illa de Sálvora, con partidas fixadas do porto, ás 10.00 horas, dende a rampla que está en fronte da oficina de Correos. As datas de saída en xuño serán os días 4, 18 e 25. En xullo e agosto as saídas serán os mércores e sábados pola mañá e pola tarde a ruta do Mexillón. As características de cada unha das rutas foron presentadas en rolda de prensa por parte do concelleiro de Turismo, Ramón Doval; acompañado da técnica deste departamento Irene Maneiro e de Ana Pérez en representación de Golfiño, a empresa local promotora desta actividade en colaboración con Cruceros do Ulla - Turimares. Doval salientou que “o turismo náutico está crecendo de xeito exponencial” e que “a ría de Arousa é un dos lugares máis privilexiados para practicalo”, en tanto que Ana Pérez puxo en valor “os beneficios que este tipo de actividade entrañan para a hostalería e o comercio local”. As saídas do mes de xuño serán as seguintes:

Sálvora, guías acreditados do Parque Nacional Illas Atlánticas e visita guiada á aldea de Sálvora e ao Faro.

Meses de xullo e agosto

Visita á illa de Sálvora. Saídas desde o porto de Ribeira todos os mércores e sábados. Horario: de 10 a 14.30 h. Prezo: adultos 25 euros, nenos de 3 a 12 dez euros e gratis para os menores de 3. O prezo inclúe: viaxe en catamarán de ida e volta á illa de Sálvora, guías acreditados do Parque Nacional Illas Altánticas e visita guiada á aldea de Sálvora e ao Faro.

Adxudicada a segunda fase da plataforma única en Rosalía de Castro

Ruta do Mexillón

Días: 04, 18 e 25. Saídas á illa de Sálvora. Embarque no Porto de Ribeira, no peirao de pasaxe. Horario: De 10 a 14.30 horas. Prezo: adultos 25 euros, nenos de 3 a 12 dez euros e gratis para os menores de 3. O prezo inclúe: viaxe en catamarán de ida e volta á illa de

Saídas desde o porto de Ribeira todos os mércores e sábados. Horario: de 17.30 a 18.30 horas. Prezo: adultos 17 €, nenos de 3 a 12 nove euros e menores de 3 anos gratis. Inclúe: Ruta en catamarán pola ría de Arousa, visita guiada ás bateas e visión submarina das súas cordas de mexillón ou os fondos mariños da ría de Arousa e degustación a bordo de mexillóns ao vapor e viño da terra ou refresco. Máis información e inscricións: - Na caseta turística que Cruceiros do Ulla ten na avenida do Malecón en Ribeira (na nova estación de autobuses). - Nas oficinas de Golfiño Xestión de Ocio. Lugar do Touro, nº 1 en Ribeira. - No teléfono: 623 482 754

O

Concello de Ribeira informou de que foi adxudicada a

execución da segunda fase da instalación de plataforma única na rúa Rosalía de Castro: concretamente, no treito comprendido entre Marcial del Adalid e a rúa Irmandiños. A actuación recaeu na empresa Construcciones Anspal, S.L., comportando un investimento de 187.550 euros, IVE incluído.

O camiño que une Coroso e Río Azor recibiu a Bandeira Sendeiro Azul

R

ibeira recibiu este 26 de maio un importante recoñecemento aos seus tesouros medio ambientais, paisaxísticos e de lecer. Estamos a falar da Bandeira Sendeiro Azul, que vai ondear no camiño litoral comprendido entre as praias de Río Azor e Coroso. Foi recollida pola primeira tenente de alcalde María Sampedro Fernández, nun acto institucional cele-

EDITA: GRUPO CÓDIGO CERO COMUNICACIÓN S.L. Rúa das Hedras nº 4, 1º G 15895 Ames (Milladoiro) Tel.: 981 530 268 - 608 240 160 Foto pax. 1 Shutterstock Foto pax. 13 Freepik

O Barbanza

brado no Xardín Botánico de Madrid. Trátase dun distintivo promovido pola Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC) para “premiar a recuperación e posta en valor de sendeiros e itinerarios de todo o territorio estatal”. O itinerario ribeirense foi un dos 8 sendeiros azuis que se incorporan este ano á Rede, que suma así un total

Os traballos, segundo lembrou o Concello, “implican a substitución do aglomerado existente por formigón semipulido na mesma tonalidade que no tramo adxacente, intercalando franxas transversais de granito”. No que se refire ás beirarrúas, serán substituídas por outras de de 86, cunha lonxitude de 474 quilómetros distribuídos en 19 provincias. O Concello de Ribeira impulsou no seu día a creación dunha senda peonil que recuperaba a zona de servidume entre os dous areais e permi-

tía aos usuarios desfrutar dun entorno privilexiado no que se erixen puntos como as illas de Rúa e dos Ratos na ría de Arousa e que posúe elementos de valor patrimonial como unha antiga fábrica de salgadura no remate de Coroso.

DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal

redaccion@obarbanza.gal

WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com

FOTOGRAFÍA: Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa Antonio Parada Abelardo Soler - Abso

REDACCIÓN: Fernando Sarasketa Sonia Pena

MAQUETACIÓN E DESEÑO: Óscar Louzán

granito silvestre. Tamén se instalarán uns novos bordos de granito. A intervención está enmarcada no POS+2021. Os traballos teñen unha duración de catro meses.

PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal

IMPRIME: TAMEIGA, S.L.

CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal

Número 36 (Xuño 2022) Publicación periódica. Prezo: 1,50 €

A NOSA WEB www.obarbanza.gal

Depósito Legal: C 668-2019 I.S.S.N.: 2659-8256


4

Xuño 22

O Barbanza

 ACTUALIDADE  A Pobra do Caramiñal

Un verán de travesías náuticas O veleiro O Mascato volverá a ofrecer viaxes pola ría con saída dende A Pobra

A

Pobra do Caramiñal contará novamente con viaxes en veleiro o seu programa de actividades de lecer deseñadas para a tempada estival, unha confirmación que, en palabras do Concello, “afianza e certifica a aposta da Concellería de Turismo polo turismo náutico”. O protagonista desta axenda de travesías náuticas pola ría de Arousa será o veleiro O Mascato, ofrecendo ás persoas participantes “unha manei-

ra diferente de coñecer o patrimonio medioambiental, marítimo e paisaxístico costeiro”, segundo explicaron en rolda de prensa a edil de Turismo, Charo Varela (Nós Pobra) e a técnica municipal nesta área, Ángeles Tubío, e máis Fernando Redondo, en representación da empresa Arousa Náutica. As saídas efectuaranse nos sábados e domingos dos vindeiros dous meses: días 16, 17, 23, 24, 30 e 31 de xullo; e 6, 7, 13, 14, 20 e 21 de agosto. A duración do

Festa e reivindicación no Orgullo

N

o 28 de xuño festéxase o Día do Orgullo, ao cal se suma o Concello da Pobra do Caramiñal para contribuír a dar visibilidade ao colectivo LGBTI+, ademais de “sensibilizar sobre importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, con independencia da súa orientación sexual e identidade de xénero”. Así o anunciaron a concelleira da Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra), e o seu homólogo da Mocidade, José Andrés Lojo (Nós Pobra). O programa focalizarase na xornada do 25 cunha vertente reivindicativa e lú-

dica. Dará comezo ás 21.00 horas cun desfile amenizado pola batucada Bloquinho Aperta que partirá dende a praza do Emigrante até a Casa Consistorial, na que se colgará a bandeira coas cores do arco da vella, para dirixirse, deseguido, á praza Alcalde Segundo Durán, onde a música correrá a cargo de Disco Móvil Chocolate a partir das 22.30 horas. Asemade, o Concello anima a que a veciñanza pendure as súas fotos nas redes sociais co cancelo #OrgulloAPobra2022, ademais de que se traian as bandeiras ao desfile.

traxecto é dunha hora e media e as travesías serán en quenda de mañá e de tarde: ás 11.00, 13.00, 17.00 e 19.00 horas. O importe a pagar é de 15 euros para persoas adultas e de 10 euros para menores de 12 anos, con desconto para as familias. A cabida está limitada a 10 prazas, que se deberán reservar no punto de información turística -na Casa Mariñeira-, en turismo@apobra.gal ou nos teléfonos de contacto 671090262 e 687482835.

SÁBADOS E DOMINGOS DO 16 DE XULLO Ó 21 DE AGOSTO PERSOAS ADULTAS: 15€ MENORES DE 12 ANOS: 10€

MÁIS INFORMACIÓN Reservas e venda de billetes na oficina do turismo: Casa Mariñeira (parque do Castelo) apobra.gal/turismo

turismo@apobra.gal

671 090 262 / 687 482 835


O Barbanza

5

Xuño 22

Boiro  ACTUALIDADE 

Revolución Innova-X

O Concello de Boiro presentou en Madrid un programa de vivenda e inclusión laboral para a mocidade en risco

O

Concello de Boiro deu a coñecer en Madrid, este 14 de xuño no Instituto da Mocidade (Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030), os detalles do seu proxecto Innova-X, Innovación e novas oportunidades de vivenda residencial para a xuventude, unha pioneira iniciativa para facilitar cobertura residencial para a mocidade en risco de vulnerabilidade. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Servizos Sociais, Raúl Treus, presentaron o proxecto ante a directora xeral do Instituto, María Teresa Pérez Díaz. Segundo fixeron saber, Innova-X ten como obxectivo “ofrecer un programa integral de inclusión social, laboral e de formación para persoas de entre 18 e 25 anos”. Diríxese, en concreto, a mozas e mozos ex-tutelados pola administración provenientes de centros de menores ou pisos compartidos, e mozas e mozos procedentes de familias en risco e situación de vulnerabilidade.

O que se expón é a construción dun pequeno aloxamento no que os usuarios residan conxuntamente de forma temporal mentres se realiza unha tutela externa: asesoramento e seguimento. “Trátase”, sinalaron Romero e Treus, “dun programa que xunta vivenda, manutención, formación e acceso

Adxudicada a mellora da eficiencia enerxética no CEIP Santa María do Castro

O

Concello de Boiro vén de adxudicar as obras para a mellora da eficiencia enerxética do CEIP Santa María do Castro. O proxecto, dun orzamento de 114.925,80 euros conta co financiamento da Deputación da Coruña a través do Plan Único Concellos

(POS+2021). A obra que se vai a executar consiste na realización do illamento térmico exterior no edificio principal do dito centro de ensino. Na actualidade a clasificación enerxética do centro clasifícase como moi deficiente (G), explica o Concello, engadindo que

“coa realización do sistema de illamento STAE previsto o inmóbel pasará a unha situación mediabaixa (E)”. O sistema de illamento STAE que se contempla para a execución deste proxecto está composto de placas de illamento térmico de polistireno.

ao emprego, que ten como finalidade que os mozos poidan vivir nun ambiente seguro, estábel e autoxestionado, sentíndose parte dun grupo mentres constrúen un futuro autónomo”. Este proxecto, reflectiu a directora xeral, cumpre con 11 dos 17 obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel

da Axenda 2030, polo “estamos ante un proxecto innovador e sen precedentes en materia de sustentabilidade, igualdade, saúde e benestar, amais de ser un proxecto supramunicipal moi interesante e necesario, polo que imos facer o posíbel para que chegue a materializarse”, afirmou a directora xeral. Treus engadiu que Innova-X ten a súa orixe nas eivas detectadas polo departamento de Servizos Sociais en relación coa mocidade: “Existiron casos, e por desgraza continúan existindo, onde a administración non cumpriu coas súas obrigas, esquecendo aos mozos que máis o necesitan. Este proxecto pioneiro, transversal e de integración pon fin a eses problemas”, O rexedor concluíu desta maneira: “Boiro conta na actualidade cunha rede de interdisciplinar, un importante músculo, onde a Administración local, os programas de formación subvencionados polas Administracións autonómica e provincial, o sector empresarial, os centros de ensino e as entidades do terceiro sector traballan de xeito coordinado, o que converte o noso municipio nun foco de progreso social. É esta nosa fortaleza que nos permite deseñar un programa de éxito para os mozos”.

Categoría de excelente en nove zonas de baño

O

Concello de Boiro vén de reflectir os datos achegados pola Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en relación ás condicións para o baño dos seus areais, datos que son todos positivos nesta tempada 2022 e que, a maiores, guindan un panorama de “calidade excelente” nun total de nove praias locais: Barraña, Barraña-Salitiño, Carragueiros, Ladeira do

Chazo, Mañóns, Piñeirón, Portomouro, Retorta e Ribeira Grande. Dende o Concello lembran o importante traballo levado a cabo nos últimos anos para mudar a xestión dos pozos de bombeo e vertidos: “Na actualidade realízase a diario unha limpeza constante dos pozo e do sistema de sumidoiros, ademais ampliouse e intensificouse a renovación das bombas para reducir o consumo

eléctrico e outorgar unha maior eficiencia. Deste xeito fóronse reducindo tamén os vertidos ao mar”, engaden fontes do Consistorio. Unha das actuacións máis relevantes levadas a cabo é a corrección do vertido en Peralto, unha praia que levaba anos pechada ao baño e que, na actualidade, ten unha calidade da auga catalogada como boa e ten permitido o baño.


6

Xuño 22

O Barbanza

 ACTUALIDADE  Rianxo

Recuperar a historia de antes da historia Rianxo ultima un proxecto para manter e pór en valor, con recursos propios, os seus ricos xacementos arqueolóxicos

O

Concello de Rianxo informou da posta en marcha dun proxecto para o mantemento de xacementos arqueolóxicos do termo municipal ao longo de tres anos. O proxecto tivo o seu precedente directo nos traballos de limpeza e acondicionamento despregados baixo a coordinación arqueolóxica da empresa Tempos Arqueólogos. Estes labores iniciais (pertencentes a unha proposta piloto de mantemento) puxeron o foco no Monte Picouto e no Monte Pelotiño. A zona que se busca protexer é unha área “especialmente rica en xacementos”, segundo informou o Concello, que salienta a gran cantidade de mámoas e petróglifos que acubilla. O plan do Goberno local é “garantir con medios propios a limpeza da contorna, eliminando matogueiras e tarefas de roza”. Os labores estarán dirixidos por un equipo de arqueólogos que coordinan limpezas manuais en moitos casos, xunto outras mecánicas onde é posíbel sen que afecte ao xacemento.

Xeograficamente falando, trátase dunha zona comprendida entre Leiro e Isorna ata Asados, desde Os Mouchos até o Monte Picouto. Inclúe espazos como a Foxa Vella, Os Campiños e o Monte Pelotiño, con mostras relevantes e que configuran, en palabras do Concello, “un percurso de grande interese histórico”. O Goberno local tamén informou de que os propietarios dos terreos, tanto particulares como varias Comunida-

O Campamento de Verán vén con 195 prazas

O

Concello de Rianxo presentou os detalles da edición 2022 do Campamento de Verán e Plan Madruga, dous programas de lecer que teñen o obxectivo de favorecer a conciliación nas familias durante a vindeira tempada estival. Desenvolveranse entre o 4 de xullo e o 26 de agosto, estando previsto rematar as actividades cunha romaría familiar o 27 de agosto que marque o remate da edición 2022 do campamento. O horario deste será o seguinte: de luns a venres, de 10.30 a 13.30 h. O horario do Plan Madruga será tamén de luns a venres pero de 08.00 a 10.30 h.

As persoas destinatarias serán nenas e nenos nados entre 2010 e o 2018, ambos incluídos. As actividades desenvolveranse en tres localizacións: o Pazo de Rianxiño, o CEP Brea Segade de Taragoña e máis o CEIP Ana Mª Diéguez

de Asados. As prazas serán 195, distribuídas do seguinte xeito: Pazo de Rianxiño: 120; CEP Brea Segade: 45; e CEIP Ana Mª Diéguez: 30. O Plan Madruga ofrece 45 prazas (15 en cada centro). A cota de Inscrición é de 80 euros para o campamento e de 15 para o Plan Madruga.

des de Montes implicadas, deron o permiso para executar as tarefas nos distintos ámbitos. O proxecto foi aprobado por Patrimonio, organismo co que xa se avanzou no seu desenvolvemento. Hai varios anos o Concello xa realizara unha limpeza importante dos Campiños e procúrase a continuidade deste labor, así como seguir apoiando que sexa declarado BIC. Rianxo, por outra banda, é un

dos concellos galegos máis ricos en petróglifos. Na actualidade atópanse catalogados uns sesenta conxuntos, moitos formados por varias laxas con gravados. Os motivos que aparecen son os habituais nos petróglifos galegos: cazoletas, círculos concéntricos ou figuras xeométricas, pero destacan (achegando un carácter singular e case único) as representacións de animais, sobre todo cervos macho con cornos e armas. Os Mouchos é se cadra o grupo máis destacado e doado de atopar (preto de Brión e da concorrida praia das Cunchas).

O Día da Diversidade Sexual celebrarase cun concurso de carteis

A

Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade organiza o I Concurso de Carteis Orghullo Rianxo, con motivo das actividades conmemorativas do 28 de xuño Día Internacional da Diversidade Sexual. O obxectivo é fomentar a participación da rapazada e dos centros educativos do municipio locais na promoción da igualdade e a non discriminación das persoas con independencia da súa orientación sexual e identidade de xénero. Poderá participar a rapazada entre os 3 e os 17 anos de idade, de maneira individual ou colectiva. Amais,

cada artista ou artistas poderán presentar unha soa obra orixinal e inédita. Nas bases establécese que o cartel que opte ao certame deberá reflectir a reivindicación do 28 de xuño, Día da Diversidade Sexual. Nel teñen que aparecer a bandeira do arco da vella ou as cores da bandeira do arco da vella. Figurará

de forma visíbel a seguinte lenda: “ORGHULLO RIANXO 2022”. O cartel gañador terá un premio dun lote de libros e será o cartel que se reproducirá oficialmente dende o Concello para a difusión do Día do Orgullo. As bases e as follas de inscrición e autorización están dispoñíbeis na web do Concello, rianxo.gal.


O Barbanza

7

Xuño 22

Porto do Son  ACTUALIDADE 

O paraíso á volta da esquina Porto do Son presume de calidade excelente nun número relevante de praias

A

costa coruñesa do Barbanza e da Ría de Muros Noia volve presentar unha calidade “excelente” das súas augas para o baño, segundo o informe para a tempada 2022 que realiza cada ano a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Sanidade e que se presentou os pasados días. Entre os concellos da nosa contorna que máis destacan neste punto atópase Porto do Son, que achega un importante feixe de praias coa devandita etiqueta: Aguieira (marxe esquerda), Aguieira (marxe dereita do río), A Gafa, Ornanda, A Telleira, A Vila, As Furnas, Cabeiro, Coira (marxe esquerda) Coira (marxe dereita), Espiñeirido, O Dique, O Pozo, Queiruga, Río Sieira e Suigrexa. En total, preto dunha vintena de areais do concello so-

nense achegan unha calidade excelente das súas augas para o baño, o que, sumado á beleza paisaxística e natural que as acompaña, converte este territorio nun dos máis

atractivos para residentes e visitantes. Ás devanditas distincións súmase a confirmación de que o Real Club Náutico de Portosín (Porto do Son)

Chega a primeira entrega do Torneo de Taekwondo Vila do Son

A

axenda deportiva de Porto do Son para esta primavera-verán é unha axenda de grandes acontecementos. Entre os máis destacados figura sen dúbida a primeira edición do Torneo de Taekwondo Vila do Son, que se celebra o vindeiro 25 de xuño. O campionato foi dado a coñecer polo concelleiro de Deportes Juan Pouso, acompañado de Pablo Carou, Esperanza Meilán e Osiris Romay, representantes da Federación Galega de Taekwondo, que destacaron que a previsión é que se xunten na vila 400 deportistas chegados de todos os recantos da xeografía galega, pertencentes ás categorías

infantil, pre-cadete, cadete e xuvenil. Tamén salientaron o feito de que sexa un acontecemento gratuíto, co obxectivo de acadar a máxima participación do deporte base e garantir unha importante afluencia de deportistas.

O centro de actividades será o Pavillón de Santa Irene. As inscricións para os clubs xa están abertas na web da Federación Galega de Taekwondo. Segundo se destacou na presentación que a constitución deste torneo non é casual nin improvisada, xa que o concello conta con tres centros de formación centrados nesta disciplina deportiva, que dan acubillo e soporte a máis de 150 deportistas locais, polo que está claro que estamos ante un referente local neste deporte (e máis se temos en conta que das oito bolsas nominativas que concede o Concello, sete son para taekwondistas).

volverá este ano a ondear a bandeira azul que se concede para os portos deportivos, acumulando xa a cifra nada desprezábel de 31 anos lucindo o distintivo. A isto engáde-

 Preto dunha

vintena de areais do concello sonense achegan unha calidade excelente das súas augas para o baño, o que, sumado á beleza paisaxística e natural converte este territorio nun dos máis atractivos. se a Q de Calidade Turística desde 2013. Entre os valores que se tiveron en conta para manter o recoñecemento figuran os seguintes: un marcado compromiso coa protección do medio ambiente e co desenvolvemento sustentábel, ao que se suma a calidade das augas, a seguridade das instalacións e a contorna, a accesibilidade, a dotación de servizos e a xestión ambiental.

479.000 euros para mellorar o saneamento en media ducia de núcleos

O

Concello de Porto do Son compartiu información sobre os seus vindeiros traballos en saneamento no rural, traballos que van poñer o foco en Aguieira (sur), Nebra, O Pazo, Tores, San Pedro e Xosín e Orseño. En concreto, o pleno da Corporación deu luz verde a unha modificación orzamen-

taria con cargo ao remanente da tesourería que mobilizará un investimento de 478.536 euros para mellorar os servizos nos ditos lugares, aos que se suma Basoñas, onde o Goberno local habilitará dúas fosas filtro para a depuración de residuais, dando remate á rede de saneamento acabada de materializar.


8

Xuño 22

O Barbanza

 ACTUALIDADE  Dodro  Lousame  Outes

Novo éxito de participación no Campamento de Verán de Outes

Dodro acorda dar o nome de “Moncho Reboiras” á estrada de Imo

N

o pleno deste pasado 9 de xuño a Corporación municipal de Dodro acordou poñer o nome de “Moncho Reboiras” a estrada principal do concello, a AC-305, no treito correspondente á parroquia de Imo, lugar natal do histórico galeguista, dirixente político da UPG, e onde repousan os seus restos mortais. A iniciativa nace do BNG local, que fai parte do Goberno municipal, e foi defendida no pleno polo portavoz da organización nacionalista, Xoán Bautista Mariño, o encargado de elaborar a memoria como instrutor do expediente municipal de honras que sustentou esta proposta. O informe defendido no pleno sinalou, entre outros méritos, a firme conciencia social do homenaxeado, coñecedor da “opresión nacional" e "máis do asoballamento ao seu pobo, do baixo nivel de vida do agro, da sobre-explotación ou do conflito lin-

güístico…”. Tamén foi destacada a súa participación en incipientes movementos culturais, sindicais e políticos no ambiente nacionalista galego, xermes de sindicatos como a actual CIG e o BNG. Igualmente houbo palabras para rememorar o seu tráxico falecemento, cando foi sitiado por 300 membros da BPS franquista e despois de salvar a Elvira Souto e Lois Ríos é asasinado en Ferrol polas costas. O voceiro do PSOE Ramón Abuín

sinalou a súa importancia como sindicalista. Tamén Xoán Xosé Vicente, de Unidade Veciñal, recoñeceu "a importancia para a cultura e política galega do veciño de Imo, fillo de José e Generosa". Pola súa banda, Xoán Bautista Mariño agradeceu o traballo dos voceiros que apoiaron a iniciativa así como á familia e institucións herdeiras do legado nacionalista galego. O resultado da votación foi 6 votos a favor e 4 asistentes do PP en contra.

Escola de Verán no CEIP Eusebio Lorenzo Baleirón

O

Concello de Dodro, ao abeiro do programa Concilia Dodro 2022, vai desenvolver estes meses de xullo e agosto unha actividade de verán gratuíta que achegará lecer e formación divertida para a rapazada: a Escola de Verán.

Celebrarase de luns a venres, en horario de 9.30 a 13.30 horas, no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón. Poderán participar nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Para máis información, cómpre chamar ao 981 802 466.

Volven con forza os campamentos estivais de Lousame

O

Concello de Lousame compartiu este martes 14 de xuño os detalles da edición 2022 dos seus Campamentos de Verán, que xa teñen aberto prazo de pre-inscrición e que se van desenvolver entre o 11 e o 15 de xullo en horario de 9:30 a 20:00 horas. A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, destacou que “logo de dous anos alterados pola pandemia, os campamentos volven á normalidade e retoman tanto o seu formato

de todo o día como a súa variada programación de ocio, incluídas varias saídas ao Aquapark Cerceda e a unha travesía en Barco Dragón pola ría de Muros-Noia”. O Concello convoca 100 prazas, dirixidas a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos de idade. O proceso de preinscrición estará aberto ata o 17 de xuño para veciños e veciñas do termo municipal, e do 18 ao 30 de xuño para persoas non empadroadas no municipio. Os campamen-

tos desenvolveranse do 11 ao 15 de xullo, en horario de 9:30 a 20:00 horas, “con posibilidade de recoller á crianza antes no caso de que a familia así o necesite e xustifique”, puntualizou Silvia

Agrafojo, quen aproveitou para agradecer a colaboración dos técnicos de Cultura, Xuventude e Deporte, así coma do voluntariado local, na organización desta actividade.

O

Concello de Outes compartiu o pasado 10 de xuño a listaxe de admitidos nas distintas quendas do campamento de verán 2022, convocado ao abeiro do programa Outes Concilia. En concreto, foron 116 as peticións atendidas para acadar unha praza nalgunha das 6 quendas ofrecidas. Lembrar que o campamento estival abrangue todo o período non lectivo, xa que comeza o día 23 de xuño e remata o 7 de setembro. As quendas máis solicitadas foron as dos meses de xullo e agosto, nas que a demanda mesmo superou a oferta de prazas, que se fixou en 60 rapaces por quenda. O alcalde de Outes, Manolo González, salientou o éxito do programa Outes Concilia, “que cada día conta con maior aceptación entre as familias locais e mesmo doutros concellos da comarca”. O Campamento de Verán terá a súa sede nas instalacións do CEIP de Outes e combina actividades de lecer, sobre todo o aire libre, con actividades didácticas para as nenas e nenos de 3 a 16 anos. No programa inclúense saídas a distintas zonas do concello como a praia de Broña, andainas e até saídas en barco dende o porto do Freixo.


O Barbanza

9

Xuño 22

FEIRA NÁUTICA 

Festexando o mar O verán comeza ao grande en Outes coa primeira edición da Feira Náutica do Freixo

O

Freixo (Outes) vai dar acollida este verán a un relevante acontecemento relacionado co mar, coa nosa historia e coa nosa identidade: a primeira Feira Náutica do Freixo, organizada dende o Concello. Serán dous días de actividades, entre o 1 de xullo e o 3 de xullo, a desenvolver no Centro Náutico da dita vila mariñeira. O programa, entre outras cousas que se irán desvelando estes días, incluirá unha feira sectorial, unha convocatoria de bolsas de emprego, unha mostra de embarcacións tradicionais e máis o desenvolvemento de travesías marítimas (por exemplo saídas en kayak de balde que permitirán ás persoas participantes navegar até as proximidades da praia de Broña, Tavilo, O Albán e mesmo até a illa da Creba; ao que se engaden travesías no histórico balandro Joaquín Vieta ou a bordo das embarcacións das empresas participantes no evento). Tamén están programados roteiros divulgativos, demostracións, degustacións e obradoiros de gastronomía, amais de música e “infinidade de actividades a carón do mar”, segundo informou o Concello na presentación da feira. As inscricións poden facerse online a partir do luns 27 de xuño. A feira vai dirixida ao público en xeral e a profesionais do sector. Darase especial prioridade á participación de empresas do concello de Outes vencelladas ao mar e integradas a través dun programa de actividades dirixido a “visualizar, reivindicar, promocionar, e gañar volume de negocio, dándolles a oportunidade de poñer en valor a súa actividade ante os visitantes e de establecer contactos de cara a potenciais contratos, colaboracións, intercambios e adquisicións de produtos e servizos”. Segundo informaron fontes do Consistorio, os obxectivos da feira é “mostrar a esencia e identidade marítima da zona así como o destacado patrimonio da contorna vencellado ao mar, á súa cultura e á súas actividades económicas asociadas”.

Actividades e localizacións Náutico do Freixo (interior):

- Mostra Fasquías 3D de elaboración en 3D de maquetas de barcos tradicionais. - Mercado de produtos do mar.

 O programa incluirá

unha feira sectorial, unha convocatoria de bolsas de emprego, unha mostra de embarcacións tradicionais e máis o desenvolvemento de travesías marítimas. ba un traballo artesanal vinculado directamente coa actividade da pesca e o marisqueo. Visitaranse dous estaleiros que aínda se conservan en bo estado para apreciar o traballo que se realizaba neles. Tamén se poderán ver moitos restos da pegada destas carpinterías que durante sesenta ou setenta anos foron o sustento de medio milleiro de familias da zona. • Visita guiada Lonxa do Freixo. • Visita guiada a estaleiros da contorna.

Pantaláns

- Presentación do novo número da revista Nova Ardentía. - Palestras: sobre arqueoloxía mariñeira e marisqueo a cargo de Lupe Jiménez, e sobre embarcacións tradicionais da ría da man de Vázquez Lijó.

Náutico do Freixo (exterior)

- Concertos de De Vacas, a Ukestra do Medio, A Tajea e Xurxo Souto e sesións DJ de Reich. - Espazo gastronómico e de descanso dinamizado musicalmente con sesións picadiscos a cargo de DJ Vil e DJ Daasanach e coa presenza de establecementos de restauración da zona e da Confraría ofrecendo elaboracións gastronómicas con produto da zona. - Punto de encontro das rutas guiadas: • Visita para interpretar a evolución e contextualización histórica do Freixo

Ficha Técnica: Nome da iniciativa: Feira Náutica do Freixo, en Outes Datas: 1, 2 e 3 de xullo de 2022. Localización: Ribeira do Freixo, Concello de Outes. Entidade promotora: Concello de Outes. Entidade colaboradora: GALP Seo de Fisterra – Ría de Muros-Noia. Programa de Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo.

e da parroquia de San Xoán de Sabardes, dando a ver a importancia histórico-patrimonial da poboación e os vencellos co mar derivados da privilexiada situación do seu porto, así coma a argumentación histórica da eclosión da carpintaría de ribeira dando resposta a unhas necesidades concretas, tanto económicas (a importancia da industria da salgadura na zona) coma sociais (cabotaxe). • Visita interpretativa dos carpinteiros cos pés mollados: esta ruta litoral visualizar permitirá visualizar un espazo “histórico” onde se realiza-

Mostra de embarcacións tradicionais con izado de velas no mar, navegación pola ría, demostracións de manobras en terra e visitas ás embarcacións; e embarcacións en exhibición das empresas do sector participantes.

Paseo marítimo

Feira sectorial con representación das empresas da zona e outras entidades relacionadas co sector náutico; embarcacións en exhibición das empresas participantes; mostra de embarcacións tradicionais en seco; e obradoiros de pesca e carpintaría de ribeira.

Actividades no mar

Travesías en kayak, travesías a bordo do Joaquín Vieta e travesías a bordo das embarcacións participantes na iniciativa.


10

Xuño 22

O Barbanza

 DÍA DA BICICLETA

Barbanza súbese á bici

Os nosos concellos celebran o Día da Bicicleta e anuncian novos espazos para pedalear

E

sta tempada de primaveraverán foi prolífica en noticias relacionadas coa bicicleta na nosa comarca, unha temática da que todo apunta a que escoitaremos falar aínda máis nos medios de comunicación, agora que apostar polos medios de transporte máis limpos e ecolóxicos xa case non é unha opción (pola saúde do planeta e pola saúde da nosa economía, tendo en conta os prezos dos combustíbeis), senón practicamente unha obriga. A chuvia de informacións sobre a bici no Barbanza colleu forza en abril, coa inauguración en Boiro dun novo treito do carril para estes vehículos que discorre pola rúa Salvador Allende e conecta o paseo marítimo co centro urbano: un tramo de 420 metros lineais que se complementou coa reparación de espazos deteriorados no paseo xa existente. Segundo informou o Concello daquela, o obxectivo é seguir aumentando a superficie de carril bici para conectar os diversos núcleos de poboación e favorecer a mobilidade sustentábel. Xa metidos en xuño, celebráronse varias actividades para conmemorar o Día da Bicicleta. O sábado 4 de xuño foi a quenda da veciñanza de Dodro, que reivindicou cunha saída colectiva formas alternativas (máis tranquilas, máis limpas e máis saudábeis) de desprazarnos. A reunión foi no Pavillón Polideportivo Municipal e dende aí os arredor de medio cento de participantes (nenos e maiores) iniciaron o percorrido establecido, un percorrido que viña con dúas rutas: un anel de

 Na Pobra partici-

2,3 quilómetros para os menores de 7 anos e outro de 12 quilómetros para a rapazada (e os adultos) de 7 anos en adiante. O programa tamén incluíu unha xincana para as crianzas, un trofeo para a persoa participante de máis idade, e outro premio para a nena ou o neno de menos idade. Organizou o Concello en colaboración coa Deputación da Coruña. Días máis tarde, o 12 de xuño, foi a quenda das e dos ciclistas da Pobra do Caramiñal. Participaron na celebración do Día da Bicicleta unhas 225 persoas, reivindicando coa súa pedalada urbana “unha maneira de coñecer a vila dunha maneira lúdica, non competitiva e aberta a todo o mundo”. Esta cita, organizada pola Concellaría dos Deportes, tamén tivo unha vertente solidaria mediante a

paron na celebración do Día da Bicicleta unhas 225 persoas, reivindicando coa súa pedalada urbana “unha maneira de coñecer a vila dunha maneira lúdica, non competitiva e aberta a todo o mundo” achega dun quilogramo de alimentos non perecedoiros no momento da inscrición. A saída efectuouse da praza Alcalde Segundo Durán con dous percorridos: un de aproximadamente 12’4 quilómetros que discorreu polo centro e rural, cunha parada de avituallamento en Cabío; e outro destinado para as crianzas menores de 8 anos para completar unha distancia de 1’5 quilómetros polo núcleo urbano. Para os/as nenos/as tamén se habilitaron unha xincana e xogos. A xornada

culminou co sorteo dunha bicicleta, ademais doutros agasallos cedidos por entidades colaboradoras. A maiores de todo o devandito, o Concello de Ribeira deu unha nova alegría aos seareiros da bicicleta ao anunciar a vindeira materialización dunha senda para unir a estrada AC305 coa praia de Coroso. A redacción do proxecto fixa unha senda de 297 metros de longo dende o arroio Saíñas até o Paseo Marítimo de Coroso. Na maior parte do trazado utilizarase pavimento natural flanqueado por bordos de madeira, a excepción dun tramo de pasarela de madeira con pilotes de 19 metros de longo. O obxectivo neste punto é “transformar a fronte fluvial nunha zona con maior calidade ambiental, paisaxística e de seguridade, xerando un espazo mixto, con predominio para o peón pero no que tamén poderían circular bicicletas (non así vehículos a motor), potenciando así a mobilidade alternativa e dándolle plusvalía aos espazos verdes, para o uso cotiá e o lecer”. A actuación comporta un investimento de 179.612 € co-financiado con fondos europeos FEDER. O prazo de execución son catro meses.


O Barbanza

11

Xuño 22

VIVENDA 

Cousas que debemos saber en materia de vivenda A Xunta de Galicia convoca este ano unha trintena de liñas de axudas por 150M€

colectivos construídos antes de 2007 nun municipio de menos de 5.000 habitantes ou nun concello non urbano de menos de 20.000, sempre que ningún dos seus núcleos de poboación teña máis de 5.000 veciños.

Programa de axudas a nivel de vivenda (cambio de ventás) Cun orzamento de 13,5 millóns de euros, este programa convocouse o 3 de marzo e poderá solicitarse ata o 14 de outubro para poder optar a axudas de ata 3.000 euros destinadas a financiar pequenas actuacións de rehabilitación enerxética en vivendas, principalmente o cambio de ventás. O investimento debe de ser de polo menos 1.000 euros e o aforro de enerxía de, como mínimo, un 7%. Ademais, neste caso os incentivos están abertos non só aos propietarios do inmoble senón tamén a inquilinos e usufrutuarios sempre que sexa o seu domicilio habitual.

Programa de subvencións para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas nos ámbitos das ARI supramunicipais

A

Xunta ten en marcha novos recursos para conseguir, nos nosos núcleos de poboación, vivendas máis sustentábeis enerxeticamente, máis acordes coas directrices actuais da paisaxe e a protección urbanística e máis habitábeis. O Goberno galego convoca este ano unha trintena de programas de axudas cos que pon á disposición de particulares, comunidades de veciños, concellos e promotores máis de 150 millóns de euros para levar a cabo diferentes actuacións no eido residencial. Séguense incluíndo, tamén, incentivos para mercar inmobles nos centros históricos. Entre todos os incentivos que xestiona a Xunta a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, hai liñas dirixidas ao alugueiro, á adquisición de vivenda e a rehabilitar o patrimonio residencial xa construído. Algúns destes programas están financiados con fondos europeos e son completamente novos, e outros están consolidados na Comunidade e seguirase apostando por eles. En concreto, nas convocatorias previstas para este ano teñen un peso especial as axudas dirixidas á rehabilitación de edificios e vivendas unifamiliares, un eido no que xa se convocaron no que vai de

ano media ducia de programas, todos eles co prazo de solicitude aberto, e entre os que cómpre destacar aqueles dirixidos especificamente a actuacións de mellora da eficiencia enerxética.

Programa de axudas a nivel de edificio

O novo programa a nivel de edificio, que se pode solicitar ata o 30 de novembro, está aberto a subvencionar cun máximo de 38.750 euros —en caso de que as obras impliquen a retirada de amianto— actuacións de mellora da eficiencia enerxética en edificios e vivendas unifamiliares. Cun orzamento de 22,9 millóns de euros, que segundo salienta a Xunta “é a maior contía da historia reservada a unha liña de axudas á rehabilitación”, o obxectivo é apoiar a propietarios individuais e comunidades de veciños na execución de reformas que incidan na eficiencia dos seus inmobles, como poden ser o cambio de fachadas e de cubertas ou a substitución de equipos de calefacción e de auga quente sempre que se logre un aforro enerxético mínimo do 30%. A axuda pode chegar a cubrir nalgúns supostos ata o 100% do custo da intervención.

Programa de axudas para o libro do edificio e redacción de proxectos de rehabilitación

Outra das liñas novas é o programa para elaboración do libro do edificio existente e para a redacción de proxectos, documentación que xa é obrigatoria no caso de edificios de nova construción e que se quere fomentar deste xeito para o resto. A convocatoria de 2022, que se abriu o 17 de maio e se estenderá ata o 30 de novembro, conta cun orzamento de 1,25 millóns de euros e vai dirixida a edificios ou vivendas rematadas antes do ano 2000 que se vaian rehabilitar. A contía máxima desta axuda será de 3.500 euros cando se destine a elaborar o libro do edificio e poderá chegar ata os 30.000 euros se o que se quere financiar é o proxecto técnico correspondente e necesario para executar as obras de mellora.

Programa de axudas de rehabilitación enerxética en municipios do reto demográfico Convocadas en xaneiro cun orzamento de 3,8 millóns, estas axudas poderán solicitarse ata o 30 de setembro. Pretenden acometer obras de rehabilitación enerxética en inmobles unifamiliares ou

O pasado 1 de febreiro convocáronse por un importe global de 1,32 millóns de euros as axudas para intervir nas tres áreas de rehabilitación integral supramunicipal que xestiona directamente a Xunta: a ARI dos Camiños de Santiago, a ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas e a ARI da Ribeira Sacra. Os propietarios con inmobles localizados nalgún dos municipios incluídos nestas 3 ARI poderán acceder a subvencións de ata 25.000 euros por vivenda para rehabilitar ou optimizar a súa eficiencia enerxética, uns incentivos cos que se contribuirá tamén á vez a mellorar a imaxe que reciben os peregrinos ao seu paso por estas zonas. O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 30 de setembro.

Programa de axudas para a adquisición de inmobles en centros históricos

Por terceiro ano consecutivo, a Xunta de Galicia convocou en xaneiro este programa, dotado cun orzamento inicial de 500.000 euros e dirixido a cidadáns particulares que adquiran unha vivenda xa construída —que pode ser nova, usada ou que necesite reformas— nalgún dos case medio cento de centros históricos que hai declarados en Galicia. Os beneficiarios optan a unha axuda de ata 15.000 euros. O prazo para a presentación das solicitudes abriuse o 29 de xaneiro e estará aberto ata o vindeiro 30 de setembro.


12

Xuño 22

O Barbanza

 AXENDA CULTURA

Entrante cultural

Os nosos concellos ofrecen esta penúltima finde de xuño un destacado anticipo do prato forte festivo que está por vir

Finde de mostras, feiras e presentacións en Ribeira

A

nova edición da axenda Xuño da Cultura e as Artes, o programa cultural do Concello de Ribeira para este punto de inflexión entre a primavera e o verán, vén con enerxía extra. Estas son as actividades que nos collen máis preto nestes mediados de xuño: - Exposición Polaridades de Alterarte. No Centro Lustres Rivas de Ribeira. Ata o 29 de xuño. - Visitas guiadas á exposición Detlef Kappeler. Nas Salas 0 e 1 do Museo do Gravado de

Artes. Do 1 ao ao 30 de xuño. Horario: de martes a sábado de 9:30 h a 16:00 h e festivos de 10:00 a 13:00 h. - Visitas guiadas á exposición Azares de Granell en zinc e papel. Na Sala 2 do Museo do Gravado de Artes. Do 1 ao ao 30 de xuño. Mesmo horario e condicións que no caso anterior. - III Feira de Automóbiles Eléctricos, Híbridos e de Ocasión. Praza de España, todo o día (venres 17, sábado 18 e domingo 19 de xuño). - Obradoiros artesanía e posto

de venda de Ambar. Venres 17 na praza do Concello, de 10 a 13.30 h. - Festas de Verán de Artes, a partir do 17 de xuño. No Centro Recreativo de Artes. - Presentación da novela O tesouro de Rande de Alberto Hevia. O venres 17 na Aula de Música de Aguiño ás 20:30 h. - Noite Meiga. Música e canto tradicional, queimada e esconxuro. Na praza Pablo Neruda, a partir das 22:00 h. O venres 17. - Actuación de música tradicional e pandereteiras de Bailadela. Porta do Sol, o sábado 18 ás 13:00 h. - Asociación Cultural Bailadela. - O sábado 18, Xornada de Portas Abertas Grupo Tradicional Andavía. Na Casa da Cultura de Castiñeiras, ás 17:00 h. - Festival de fin de curso da Asoc. Tahúme. O sábado 18 no Auditorio Municipal, ás 19:30 h. Entrada gratuíta .Asociación Cultural Tahúme. - Xornada de portas abertas Latexo Percusión. No paseo do Malecón, o domingo 19 ás 18:00 h. - Festival de fin de curso da Asociación Alfaia. No Auditorio de Ribeira, ás 19:00 h.

Mostra Inquedanzas na Pobra

E

ste venres 3 de xuño inaugurouse na Pobra, na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler, unha exposición colectiva de pintura: a mostra Inquedanzas III, configurada por 33 obras pictóricas de catorce artistas. Podermos vela até finais do presente mes. Destaca a heteroxeneidade dos cadros que conforman esta exposición; reflexo da

creatividade única de cada unha das persoas artistas instruídas por Paola García: Ángela Campaña, Margot Fer-

nández, Elena Moure, Elena Pazos, Josefa Seráns, Lola Seráns, Loida Moreno, Carmela Fernández, Dolores

Mariño, Carmen González, Antonio Muñiz, Encarnita González, Ángeles Abalo e Pura Nin.

Malasombra na Casa da Cultura do Son

A

Casa da Cultura de Porto do Son vai acoller este 18 de xuño, ás 20.00 horas, a representación do espectáculo De algo hai que morrer, de Malasombra Producións. A cita cultural, abeirada á programación da área de Cultura da Deputación da Coruña, é unha conferencia fúnebre-cómico-teatral na que dous

prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckyll e o profesor Hyde, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta á totalidade da poboación do planeta, sen distinción de raza, sexo ou condición: a morte. Autor: Jose Prieto. Director: Marcos Orsi. Actores: Jouse García e Xoque Carbajal.

Noia conmemora os 50 anos da Casa de Rosalía

E

n Noia teremos estes días exposicións e presentacións. Por unha banda, lembrar a apertura da exposición sobre os 50 anos da Casa de Rosalía, habilitada na Alameda dende o 15 de xuño até o 28 do mesmo mes. A mostra repasa a historia da Casa-Museo de Rosalía e lembra o fito que supuxo conseguir mercar, restaurar e musealizar este inmóbel en pleno franquismo grazas á colaboración de milleiros de persoas. Ademais, o venres 17 de xuño presentarase na Casa da Cultura de Noia o libro As expresións inglesas (kind of

e sort of), de Héctor Agrafojo Blanco, ás 20.30 horas. Ao día seguinte, sábado 18, o Liceo de Noia (concello de Noia) acollerá a presentación do libro Unha etapa estelar e conflitiva da Galiza (a segunda metade do século XIV). Tomo I. A relevancia do Reino Galego Medieval (ASPG – Fundación Galiza Sempre), de Francisco Rodríguez. O sábado tamén haberá un concerto no Malecón de Gasset, a cargo da Escola de Música Sondela, coincidindo co remate do curso. O primeiro pase é ás 19.00 e o segundo ás 20.30 horas.


O Barbanza

13

Xuño 22

AXENDA CULTURAL 

Música e tapas en Rianxo

X

a temos data en Rianxo para o segundo dos dous concertos de tributo ao compositor galego Carlos García López-Picos (Betanzos, 1922–Oleiros, 2009), do que se está a celebrar o centenario do seu nacemento. Será este 17 de xuño ás 19.30. Trátase dunha actuación para voz e piano coa soprano Susana de Lorenzo e o pianista Alejo de Lorenzo, que tiñan previsto ofrecer a súa versión de obras de obras de Marcial del Adalid Gurrea, Eugenia Osterber-

ger Luard, Andrés Gaos Berea, García-Picos e Juan Durán Alonso. Ademais, a fin de semana comprendida entre o 17 e o 19 de xuño poderanse degustar en Rianxo tapas elaboradas con conserva local dentro do programa Tapas e latas A Orixe, da Mancomunidade Barbanza Arousa. Será no Restaurante A Lareira, na Cafetería Toffe, na Catefetería Castelao, no Café Saraiba, na Taberna O Furancho, no Restaurante O Vilar, no Café Bar A Motora, na Cervexería Memphis e máis no Café-

Troula en Outes - 19 de xuño, ás 18:30h en San Lourenzo, actuación musical do grupo A Tajea - 25 de xuño, ás 12:00h na Horta do Muíño na Serra de Outes, Xeira das Familias - 30 de xuño, ás 18:30h na praia de Broña, monólogo infantil María da Pondragha coa actuación Estrebillando e ás 20:30h, monólogo adulto con Donas do lugar. Ámbalas dúas actuacións están dentro da programación do Festival de Narración Oral Festival Atlántica. - 1, 2 e 3 de xullo celebración da I Feira Náutica.

Grupo A Tajea

Un San Xoán (case, case) coma os de antes

O compositor galego Carlos García López-Picos

Bar O’Costillar. O prezo da tapa elaborada (mexillón, ventresca, xouba e atún) será de 2,50 euros.

Andaina en Boiro

O

Concello de Boiro, Cáritas e os centros de ensino do municipio organizan unha andaina solidaria por un tramo do Camiño A Orixe (o Camiño do Barbanza) ao seu paso por Boiro e que ten como obxectivo recadar alimentos para Cáritas. O percorrido sairá ás 10.00 horas da Estivada e percorrerá uns 4 quilómetros ata chegar á praza do Concello. Será o sábado día 18 de xuño. Para participar só hai que aportar alimentos, que se poden depositar nos puntos que Cáritas terá instalados tanto ao principio do percorrido (na Estivada) como ao final do mesmo (na praza de Galicia).

C

hega a Noite de San Xoán ou do Lume Novo (a noite do 23 ao 24 de xuño) e se cadra nunca veu tan a conto esta festa de purificación coma neste ano 2022 postpandémico, que recordaremos non só polas consecuencias xeradas por unha COVID que aínda se deixa notar senón tamén por unha guerra en Europa e por outros tristes acontecementos cuxo remate e erradicación definitiva non estaría mal encomendarllo ao espírito do lume convocado. Este ano, aparte das normas de sentido común que cómpre que sigamos aplicando naqueles lugares onde non se pode practicar o distanciamento (e das normas para evitar riscos de incendio e accidentes, que podemos consultar nos bandos respectivos de cada concello da nosa comarca), teremos ocasión de volver desfrutar plenamente da festa liberadora por excelencia, cada quen, cada grupo, coa súa cacharela purificadora, cos seus desexos para o que queda de 2022, que, estamos seguros, coincidirán nunha petición común de paz, convivencia e futuro para o planeta. Respecto da presenza de cacharelas nos nosos con-

cellos, os Consistorios xa abriron os prazos para solicitar a celebración das fogueiras. En xeral, as normas coinciden nisto: é imprescindíbel realizar a comunicación das cacharelas previstas, aplicar medidas preventivas para evitar accidentes e que o lume se espalle máis alá da fogueira en si mesma, e non prender lume preto das casas, instalacións ou árbores. Tampouco se permitirá queimar residuos ou combustíbeis, e as fogueiras non poderán exceder de certa altura (xeralmente 1,5 metros de alto e 3 de diámetro). Destacan, polo seu carácter referencial, a cacharela de San Xoán no porto de Palmeira (Ribeira), a dos Areos e O Conchido (na Pobra), a do porto de Rianxo e a da dársena portuaria de Porto do Son, As contornas da praia de Broña, en Outes, e da Retorta, en Boiro, tamén adoitan ser puntos quentes destacados, entre outros moitos que, por motivos de espazo, quedan este ano no tinteiro. En termos xerais, a previsión é recuperar as cifras de cacharelas dos anos previos á COVID, que roldaban (e superaban) o milleiro de fogueiras en toda a comarca do Barbanza.


14

Xuño 22

O Barbanza

 ASOCIACIÓNS DE EMPRESARIOS

III Feira de Automóbiles Híbridos, Eléctricos e de Ocasión Do 17 ao 19 de xuño temos unha cita en Ribeira coa mobilidade máis ecolóxica, innovadora e económica

A

fin de semana comprendida entre o 17 e o 19 de xuño vaise celebrar en Ribeira un dos grandes acontecementos comerciais e empresariais da tempada na comarca, unha cita anual que ten o engadido extra de mostrarnos a vangarda da mobilidade e do transporte. Estamos a falar da terceira edición da Feira de Automóbiles Híbridos, Eléctricos e Vehículos de Ocasión. Organiza novamente a Asociación de Empresarios de Ribeira. Será na céntrica praza de España e con entra-

da gratuíta. Novamente será posíbel probar algúns dos vehículos expostos, co fin de coñecer as moitas prestacións que ofrecen. A feira contará coa presenza de trece marcas de vehículos que darán a coñecer as súas últimas novidades na gama híbrida e eléctrica, e algunha presentación en exclusiva. A previsión e xuntar na explanada da praza de España máis de 120 unidades para “que toda a veciñanza do Barbanza poida coñecer de primeira man os produtos innovadores que presentan as

Noite Aberta de Boiro

A

ABE (Asociación Boirense de Empresarios), colaboración do Concello, volve organizar unha edición especial da Noite Aberta, este sábado 18 de xuño, unha celebración do comercio local na que os ingredientes básicos serán os descontos, os sorteos, os agasallos e as actividades na rúa con elementos como unha ruleta da sorte, un palomiteiro e animación itinerante. Os comercios ofrecerán importantes descontos durante toda a xornada e realizarán actividades especiais como degustacións, sorteos de vales de compra, reparto de agasallos, premios directos con compras, actuacións de grupos musicais, etc… Até 29 establecementos comerciais e 20 de hostalería participa-

rán nesta iniciativa e estarán sinalizados cunhas bandeiras rosas elaboradas para a ocasión. Os clientes que realicen as súas compras durante a xornada do sábado terán a posibilidade de acadar premios directos coa ruleta da sorte da ABE. A ruleta estará situada na rúa Santos Mieites dende as 18:00 e ata as 21:00 horas.

O Concello programará actividades de animación itinerante por todas as rúas comerciais da vila, entre as que se inclúe o espectáculo Parque Xurásico (cun primeiro pase ás 12 e outro ás 13 horas), a función O estraño caso do dentista da rúa Brasov (ás 18.00 horas) ou o espectáculo Bosque Vivinte (ás 20 e ás 21.30 horas).

diferentes marcas”, sinalaron dende a patronal de Ribeira. Marcas como Peugeot, Kia, Hyundai, Citroen, Nissan, Dacia, Renault, Ford, Fiat, Jeep, BMW, Mercedes e Toyota. A Asociación de Empresarios de Ribeira, consciente da escaseza de vehículos novos e co obxectivo de impulsar un mercado en auxe, inclúe nesta edición da feira un apartado de vehículos de ocasión, sendo o

obxectivo “ofrecer ao cliente a posibilidade de levarse o vehículo no mesmo momento de realizar a compra”. A patronal salientou na presentación os importantes descontos cos que contarán os vehículos expostos na feira. Na presentación do evento participaron o presidente da asociación, Francisco Martínez Gude, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz.


O Barbanza

15

Xuño 22

POSTA A PUNTO DAS PRAIAS 

Seguridade, usabilidade e accesibilidade O Concello de Porto do Son acondicionou estes días numerosos accesos a núcleos a praias

O

Concello de Porto está a redobrar esforzos neste remate de primavera na mellora de infraestruturas, accesos e servizos, poñendo o foco en mellorar a seguridade de estradas, camiños e beirarrúas e tamén a accesibilidade e a comodidade dos usuarios. Neste punto de inflexión entre o mes de maio e o de xuño actuouse nas parroquias de Nebra (nas vías e beirarrúas de Cans, Resúa e Calo), en Xuño (Campanario) e en San Pedro (nos accesos á praia de Seráns).

Acondicionamento de accesos e beirarrúas en Cans, Nebra

Acondicionamento de accesos e do aparcadoiro da praia das Furnas, en Xuño

Posta en valor da praia do Cruceiro

U

n dos grandes proxectos de rexeneración ambiental dos que collen corpo esta tempada na nosa comarca é sen dúbidas a recuperación da céntrica praia do Cruceiro, na vila de Porto do Son. As obras, que comezarán este verán, pretenden poñer en valor a zona entre o espigón, a avenida de Galicia e o parque, mediante o fomento e consolidación das dunas e a organización de accesos á praia

a través delas. O importe do proxecto ascende a preto de 263.000 euros, dos cales case 184.000 euros (o 70%) serán aportados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a contía restante (79.000 euros, un 30%) será achegada polo Concello, tal e como se expón no convenio asinado entre ambas partes e, tamén, Portos de Galicia. Os traballos consistirán na demolición de muros de formigón, asfalto

e bordos actuais, e tamén están contemplados movementos de terras para dar firmeza aos alicerces das pasarelas que se instalarán. Os pavimentos reporanse con lousas de granito e as pasarelas remataranse en madeira de pino. Así mesmo, a actuación recolle a instalación de abastecemento e saneamento para dar servizo aos usuarios da praia, coa colocación de duchas e lavapés, e de alumeando e de balizas.

Acondicionamento de accesos no Campanario, en Xuño

Castro de Baroña, máis e mellor

O

Castro de Baroña (Porto do Son) e os seus innumerábeis atractivos paisaxísticos, naturais e patrimoniais volveron estar esta tempada na primeira plana dos medios. Así, por unha banda a praia lindeira de Arealonga foi elixida polos lectores e colaboradores de Viajes National Geographic como o mellor areal dos 25 máis bonitos de España: a

única presenza dunha praia galega en toda a clasificación de 25 xoias naturais costeiras, xunto coa da praia de Rodas nas Cíes. Por outra banda, o Concello anunciou novos investimentos para sacar á luz máis segredos e fitos históricos do Castro de Baroña. En concreto, veñen de rematar os traballos programados para este 2022 dende o Consistorio para consolidar e acondicionar

estruturas. Estes labores, que tamén incluíron tarefas de escavación e de rexistro fotográfico e planimétrico, contaron cunha subvención da Xunta de 15.000 euros. Amais, o Concello anunciou que está preparar xa a seguinte intervención no xacemento de Baroña: un proxecto de 50.000 euros asumidos polo Consistorio que se atopa en fase de redacción.

Bandeira Verde: premio ao esforzos ambientais e patrimoniais

P

orto do Son atópase entre o selecto grupo de concellos galegos cuxo esforzo e implicación ambiental e patrimonial foi enxalzado coa distinción da Bandeira Verde. Este recoñecemento, creado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, está aberto a todos os concellos de Galicia que desenvolveran actividades relacionadas coa ordenación territorial, a protección do medio ambiente, o cambio climático, a eficiencia enerxética ou a xestión responsábel dos residuos. A distinción quixo poñer o foco, tamén, nos traballos levados a cabo para recuperar e humanizar a contorna portuaria da vila.


16

Xuño 22

O Barbanza

 HISTORIA DA COMARCA

Romero Ortiz, (1822- 1884) douscentos anos do gran benfeitor da comarca (I) Por Xosé María Fernández Pazos, historiador e xornalista

Un dos persoeiros menos coñecido da nosa comarca é grande benfeitor dela, e sen dúbida Antonio Carmen José Romero García, coñecido como Antonio Romero Ortiz, apelido este último que usaría cando xa estaba na capital de España, onde desenvolveu unha intensa vida política e cultural.

Necesitariamos varios artigos para resumila intensa vida deste político, historiador e literato barbanzán, misión que escapa a esta reseña na que pretendemos soamente destacar de forma breve a súa vinculación a Ribeira a Noia e o Barbanza.

Goberno Provisional 1869(J_Laurent) Museo Nacional do Romanticismo Retrato de Romero Ortiz como Gobernador de Toledo. (José Vallejo 1854)

N

acido en Santiago o 24 de marzo de 1822, Romero Ortíz era fillo do procurador e notario Domingo Manuel Romero Rioboo, natural da parroquia de Santa María de Sar, en Santiago, e da palmeirán, Rita Antonia García Mariño, de onde eran os seus pais, José García Mariño, médico e Petronila Pereira Pérez. De xoven e con 13 anos, estudia Lóxica e Matemáticas obtendo en 1837 o título de Bachiller en Filosofía pola Universidade de Compostela. Un ano despois foi mobilizado pola Milicia Nacional de Santiago e participou activamente na persecución das partidas carlistas. Iniciaría despois estudios de dereito xunto a súa actividade literaria. Licenciouse na Universidade Central de Madrid si ben en 1842 aparece de novo en Santiago. Integrado no movemento cultural compostelán, intervén a partir de ese ano na fundación de varios periódicos. Participa no levantamento de Miguel Solís de 1846, do que escribiu amplamente o ribeirense Xosé Ramón

Barreiro Fernández, e chega a ser nomeado secretario da “Xunta de Goberno de Santiago. Tralo fracaso da intentouna, fuxe a Portugal e é amnistiado en abril de 1847, pero volverá a ser encarcerado en 1848 por mandato de Narváez, e encerrado no castelo de San Antón en A Coruña. Xulgado en Consello de Guerra, será absolto e desterrado a Filipinas aínda que non tivo que marcharse, debido a que o final intercederon por él.

Actividade Política

Na súa actividade política Romero Ortíz interveu como redactor dos periódicos máis liberais de Santiago e participou na revolución de 1846 ocupando o cargo de xefe de Administración Civil, e secretario do Goberno de Madrid. Logo sería gobernador civil de Oviedo e de Toledo. Deputado polas provincias de A Coruña e Alacante e elixido en varias ocasiones polo distrito de Noia e por Santiago. En 1866 é un dos deputados que firman unha petición a Isabel II

manifestándolle a súa queixa porque non se respectaba a Constitución. Participa na conxura para derrocar á raíña e ten que fuxir de novo a Portugal. Alí mantén contactos con outros exiliados e participa na preparación do pronunciamento de 1868 coñecida como “La Gloriosa “ ou “ La septembrina”. O constituírse o primeiro Goberno revolucionario, presidido por Francisco Serrano e Domínguez, en 1868 é nomeado ministro de Gracia e Xustiza, carteira que ocupa ata o 18 de xuño de 1869. De acordo co programa político da revolución, decide a extinción das comunidades relixiosas, a disolución da Compañía de Xesús, a disolución das conferencias de San Vicente de Paúl, a suspensión da axuda económica ós seminarios, a incautación dos bens eclesiásticos e a supresión dos foros especiais, entre eles o eclesiástico. Destacaron o seus discursos en Cortes e o seu papel será decisivo na confección da Constitución de 1868, especialmente no que se refire a temas como a liberdade relixiosa e as relacións entre a Igrexa e o Estado sobre o matrimonio civil. O 26 de maio do 1869 presenta a

súa dimisión por motivos de saúde. Regresa á política activa en maio de 1872 e coa chegada da I República, a Asemblea Nacional o nomea membro da Comisión permanente que, en unión da Mesa, representaría á Cámara ata a reunión das próximas Cortes Constituíntes. Pouco despois forma parte da Xunta Superior do “Monte de Piedad y Caja de Ahorros de Madrid” e da comisión encargada do proxecto dos seus Estatutos. Nomeado presidente das comisións para o estudio da Lei de Expropiación Forzosa, e para a reforma do Código Penal. Máis tarde será vicepresidente da Deputación de Madrid. Volverá a ser ministro, en concreto de Ultramar, en 1874 en dúas ocasións. En1881 aceptou ser nomeado gobernador do Banco de España, cargo que prefire a o de ser ministro dun goberno presidido por Sagasta. É un dos persoeiros galegos con máis peso político en Galicia e da España do século XIX. Romero Ortiz non se prodigaba como orador parlamentario e a súa falta dialéctica era suplida por unha escrupulosa documentación, que facía que todas as súas intervencións foran escoitadas con gran atención.


O Barbanza

17

Xuño 22

TRANSPORTE PÚBLICO 

Fitos e novidades da tarxeta Xente Nova

O servizo xa permitiu que 112.000 mozos viaxasen gratis en autobuses interurbanos e a Xunta prepara unha nova plataforma móbil

A

Xunta rematou o mes de maio facendo balance dos principais logros da tarxeta Xente Nova, servizo do que se vén de celebrar o primeiro aniversario da súa implantación en toda Galicia. No reconto de fitos acadados, sen dúbida, destaca a seguinte cifra: a tarxeta xa permitiu viaxar de balde, en autobuses interurbanos, a 112.000 mozas e mozos menores de 21 anos. Respecto das cousas que están por vir, a Xunta avanzou a posta en marcha dunha plataforma móbil para facilitar o seu uso: unha aplicación que permita tirar o máximo proveito do servizo de transporte a golpe de clic (e sen que sexa preciso activar a tarxeta moedeiro nin adiantar os cartos). Ademais, este ano o Goberno galego destinará 7 millóns de euros a este servizo. A tarxeta Xente Nova, que tamén opera en Vigo no transporte da ría e no tren de vía estreita da comarca de Ferrol, acadou igualmente un impor-

 Con esta iniciativa

preténdese contribuír á economía das familias e facilitar o acceso dos mozos a servizos básicos como a educación, especialmente a non obrigatoria, ao tempo que se fomenta o uso do transporte público.

tante fito en materia de aforro, xa que as familias das persoas beneficiarias evitaron gastar, dende a súa posta en marcha, máis de 14 millóns de euros. Esta tarxeta é o resultado dunha “aposta continuada” polo acceso dos mozos ao transporte público da Comunidade. Así, en 2016 os menores de 19 anos comezaron a beneficiarse da gratuidade no autobús interurbano

nas áreas de transporte metropolitano; en 2020, ampliouse a cobertura da gratuidade aos menores de 21 anos; e hai un ano estendeuse a gratuidade a toda Galicia, converténdose a nosa Comunidade na única que ofrece esta opción. A iniciativa ten a súa orixe no compromiso da Xunta cunha mobilidade máis respectuosa co medio ambiente e cos recursos que nos acheguen a un futuro con menos emisións, sendo a aposta polo transporte público unha das liñas de traballo principais para conseguilo. Segundo fixo saber o Goberno galego, o obxectivo é acadar cidades e vilas con menos tráfico, menos ruído e menos atascos, de aí que se adoptasen medidas como por exemplo renovar as 3.400 liñas de autobús (multiplicando rutas, paradas e horarios), incorporar servizos a demanda e buses escolares compartidos (cun orzamento anual de 80 millóns de euros) ou habilitar máis de 200 quilómetros de sendas peonís.

Orixes e posta en marcha

A Tarxeta Xente Nova é unha iniciativa social de fomento do transporte público que a Xunta de Galicia puxo en marcha no ano 2016 nas áreas de transporte metropolitano da Coruña, Lugo, Ferrol, Santiago e Vigo para permitir a gratuidade no transporte público aos menores de 19 anos. Algo máis tarde, no mes de xaneiro de 2020, ampliouse a cobertura ata os menores de 21 anos e, desde o 15 de xuño dese mesmo ano, a Xunta activou este incentivo en toda a provincia de Ourense (92 concellos) e en 13 municipios da área de Pontevedra (A Lama, Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Sanxenxo, Soutomaior, Vilaboa). Dende o 21 de maio do ano 2021, este sistema de bonificacións estendeuse con éxito aos transportes interurbanos de toda Galicia. Como dixemos, este mes de maio de 2022 cumpriuse un ano da posta en servizo desta iniciativa social en toda a comunidade galega, co foco posto nas melloras que se potenciarán a partires do vindeiro curso escolar, melloras entre as que se atopa un novo sistema de funcionamento a través dunha plataforma móbil que permita aos mozos e mozas galegos un uso directo da tarxeta dende os seus propios terminais móbiles sen necesidade de recargas nin adiantos. A Tarxeta Xente Nova pódese solicitar en 213 oficinas de Abanca habilitadas nas 4 provincias. Desde a extensión do servizo a todo o territorio galego, o número de mozos menores de 21 anos que quixeron facerse co seu dispositivo de transporte gratuíto superou ás 32.000 expedicións, o que supón un incremento do 40% neste último ano.

Obxectivos

Con esta nova iniciativa do Goberno galego, enmarcada no Plan de Transporte Público de Galicia, preténdese “contribuír á economía das familias e facilitar o acceso dos mozos a servizos básicos como a educación, especialmente a non obrigatoria”, ao tempo que “se fomenta o uso do transporte público nas máis 3.400 liñas de autobuses interurbanos que existen na Comunidade e, polo tanto, unha mobilidade máis sustentable e limpa entre os máis novos”


18

Xuño 22

O Barbanza

 ENTREVISTA

Nel Parada  xerente do restaurante Nordestada (Portosín) Poderiamos dicir que Nel Parada dirixe un restaurante estrela na ría da Estrela. Así é o Nordestada, un lugar onde comer convértese nunha agradable sensación de sabores e texturas. Nel comezou a súa andaina laboral como músico, primeiro de orquestra e despois de jazz, trasladándose nesta etapa a Madrid, alí coñeceu o atractivo da cociña. Despois dunha extensa carreira por

distintas cidades europeas chegou a Portosín. Nesta pequena vila mariñeira e de veraneo botou a áncora para mostrar o mellor do seu facer e saber. O mar no Nordestada ten unha importancia vital, precisamente no mesmo local estivo moitos anos a antiga lonxa de Portosín. Un restaurante ao carón do mar, plenamente engarzado con el.

“Estamos ante unha arte e como tal a creatividade obriga a buscar novas propostas” Un restaurante estrela na ría da Estrela

Por Xurxo Sobrino

- Xurxo Sobrino: Por que o nome de Nordestada? - Nel Parada: Nordestada é unha pequena homenaxe á miña familia. Ademais o día que visitei o local facía nordeste. Eu son neto de mariñeiros. Meu avó dicía moito “vai unha nordestada que mete medo” cando facía algo de temporal. Dende pequeno gustoume a sensación do nordeste, ese aire frío que che dá na cara faime sentir vivo. Ademais se fai nordeste non chove, iso beneficia moito a hostalería. - X. S.: De que maneira inflúe a ría e a súa contorna no teu restaurante? - N. P.: Para min o Nordestada é unha extensión da ría. Traballamos estreitamente con ela e cos produtos que nos ofrece. Por exemplo, o outro día apareceu un dos nosos provedores cun rodaballo espectacular, non o tiñamos encargado, pero rapidamente o incluímos na nosa carta. Hai unha estreita harmonía entre Nordestada e toda a contorna. - X. S.: Que protagonismo ten o produto de tempada e de proximidade na vosa cociña? - N. P.: Nós facemos un seguimento dos peixes, se eles migran, nós dalgunha maneira tamén. De feito a carta de Nordestada está moi viva e vai migrando segundo os peixes. Sempre temos produto de tempada, sobre todo en peixes e mariscos; isto forma parte do ADN do noso restaurante. Por outra banda, provémonos de

 A carta de

Nordestada está moi viva e vai migrando segundo os peixes. Sempre temos produto de tempada, sobre todo en peixes e mariscos.

moitos produtos das hortas da zona. Creo que é algo que inflúe, moito e ben, no resultado final das nosas elaboracións. - X. S.: Que te emociona da cociña? - N. P.: Gústanme as cousas sinxelas e cun punto de imperfección non maquillado, encántame a beleza do simple, falo tamén en canto a sabores.

Nel Parada na portada do seu restaurante

Nós temos pratos que requiren de moita elaboración e de tempo na cociña, con procesos tecnicamente complexos, pero o comensal só ten que sentar á mesa e desfrutalos. Queremos que teña a mellor experiencia posible, nós poñemos o mellor da nosa profesionalidade para que así sexa. - X. S.: Estamos nun momento onde se complicaron excesivamente os procesos na cociña?

- N. P.: Si, algo disto hai. Tamén está ben buscar novas posibilidades, investigar e experimentar. Estamos ante unha arte e como tal a creatividade obriga a buscar novas propostas. Así e todo, dende hai uns anos hai unha volta á cociña sinxela de produto de sustentabilidade, de proximidade, con sabores naturais e auténticos. Todas as posibilidades que nos depara a gastronomía son boas. Actualmente a sofistificación da cociña está nun segundo

plano, houbo un regreso ás orixes, están máis presentes as brasas. - X. S.: Ti es cociñeiro de vocación, pero agora tamén tes que ser empresario. Cal das dúas facetas prefires? - N. P.: Eu estou moi a gusto cociñando. Toda a burocracia do negocio non me presta moito, pero recoñezo que se me dá ben. Traballei en Madrid xestionando grandes equipos, e tiven varias ofertas antes de atracar neste porto. Preferín o Nordestada porque grazas a ter unha estrutura pequena podo cociñar, ademais de levar a xestión. Quero cociñar, necesito cociñar. - X. S.: Parece que hai unha crise de profesionais na hostalería. Moitos traballadores quéixanse de xornadas extensas, que opinas? - N. P.: A xornada laboral na hostalería xa cambiou bastante nestes últimos anos e aínda ten que cambiar máis. A xente que traballa neste sector ten que ter xornadas adecuadas, como en calquera outra empresa. A xornada laboral de oito horas leva moitos anos establecida. A restauración cada día é máis profesional. Por outra banda, hai que ter en conta que temos un control de rexistros horarios e que a inspección de traballo é moi esixente con isto. As xornadas interminables teñen que rematar, todos somos persoas con vida máis aló do noso traballo. Nos restaurantes a maioría da xente quere xantar ás 14:30. Ou sexa, moitísima demanda en pouco tempo de venda. Por iso, hai que establecer quendas. Esta fórmula acabará impoñéndose na maioría de establecementos. Un método de racionalizar os tempos e as quendas.


O Barbanza

19

Xuño 22

TURISMO 

Trens Turísticos de Galicia, novena tempada

Xunta, RENFE e INORDE achegan na nova edición dous novos percorridos até conformar un total de 13

O

s Trens Turísticos de Galicia arrincan este 2022 a súa novena tempada da man da Xunta, RENFE e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE), que puxeron en marcha esta iniciativa en 2013. Como novidade este ano incorpóranse dous novos percorridos: a Ruta dos queixos de Galicia e a Ruta das Mariñas, ata un total de 13 itinerarios. Os resultados da pasada edición foron moi positivos (achegando unha ocupación do 97,5%), o que motivou que este ano se incrementasen o número de saídas (pasando das 22 saídas en 2021 a 37 en 2022, por tanto, un incremento do 59%) e máis o número de prazas (que medra un 76%, pasando de 1.532 a 2.696 asentos). Este ano a oferta compóñena 13 itinerarios que discorren polas catro provincias da comunidade. 1.Ruta dos queixos de Galicia: percórrense tres das catro denominacións de orixe dos queixos de Galicia. En primeiro lugar, en Sobrado dos Monxes, visitarase a Casa do Queixo, con degustación dos queixos de tetilla e Arzúa-Ulloa. A seguinte parada será a queixería Don Crisanto, en Vilalba, co seu queixo San Simón da Costa.

 O número de prazas

ofertadas crece un 76% e o número de saídas un 59% con respecto ao ano pasado.

Tras o xantar (libre) en Lugo coñecerase o proxecto de ecoagroturismo de Arqueixal, en Albá (Palas de Rei), co queixo Arzúa-Ulloa como produto estrela. 2. Ruta das Mariñas: o tren levaranos desde A Coruña ata Ferrol polas Mariñas e Terras do Mandeo, reserva da Biosfera. As primeiras paradas serán Betanzos e Paderne (con visita ás instalacións de Orballo, que conta coa única plantación de té da Europa continental). O tren pasará por Pontedeume e rematará en Ferrol, cun paseo en barco pola ría e outro no barrio da Madalena. 3. Ruta dos faros: viáxase á contorna máis setentrional da Península, visitando lugares como Cabo Ortegal, o miradoiro de Vixía Herbeira, o santuario de Santo André de Teixido e o cabo de Estaca de Bares. Tamén se

visitará o centro histórico de Viveiro e de regreso os famosos cantís de Loiba. 4. Ruta dos pazos e os xardíns históricos: Con este roteiro chégase aos xardíns do Pazo de Rubiáns, cuxo parque botánico foi recoñecido como Xardín de Excelencia Internacional de Camelias, galardón que igualmente ostenta o xardín do Castelo de Soutomaior, que tamén se visitará. O destino final é o Pazo Quinteiro da Cruz, que tamén se atopa no Roteiro da Camelia de Galicia. 5. Ruta do Viño da Ribeira Sacra (río Sil): unha xornada entre viñedos onde a bordo do tren motorizado Aba Sacra, o viaxeiro desprazarase ata a adega Regina Viarum. En Monforte visítase o Centro de Interpretación do Viño para subirse a un catamarán e percorrer o río Sil. A xornada finalizará cunha visita ao Mosteiro de San Pedro de Rocas. 6. Ruta do Viño da Ribeira Sacra (río Miño): comeza cunha visita ao convento das Bernardas, onde se pode adquirir a repostería artesanal para logo achegarse ao Ecomuseo de Arxeriz. Pola tarde, visítase o “Cabo do mundo” (fin do mundo) a bordo dun catamarán polo río Miño. A xornada finaliza na Adega Vía Romana.

7. Ruta dos viños da Ribeira Sacra e de Valdeorras: achegámonos ás Denominacións de Orixe Ribeira Sacra e Valdeorras. No río Sil, percorrido en catamarán ata a contorna do mosteiro de Santo Estevo . Continúase viaxe ata o santuario das Ermidas . Péchase a xornada cunha degustación de viño na adega A Coroa. Tamén se visita a estación de ferrocarril dos Peares. 8. Ruta do viño Rías Baixas: Visítase a adega do Pazo Baión e a vila de Cambados. Xa pola tarde, paseo en barco pola ría de Vigo e posterior desembarco na illa de San Simón. 9. Ruta dos viños do Ribeiro-Rías Baixas: Ao longo do traxecto pódese degustar un viño na adega Señorío de Rubiós. Pola tarde visítase o Museo do Viño de Galicia. Despois chégase ata o castro de San Cibrao de Las. A xornada finaliza na estación ferroviaria de Santa Cruz de Arrabaldo. 10. Ruta do viño de Monterrei: Visítase a adega Gargalo e Verín. Pola tarde, paseo pola vila de Allariz e o seu Festival Internacional de Xardíns. Antes de finalizar a viaxe, visítase a estación de ferrocarril de Baños de Molgas. 11. Ruta da lamprea: Desde Pontevedra o viaxeiro chega ata Salvaterra de Miño, onde se visita o Museo da Ciencia do Viño. Máis tarde, paseo por Tui. Pola tarde, chéganse ás pesqueiras de Arbo. Visita ao centro de interpretación do viño e da lamprea. Chégase ata o Cooperativa Condado-Paradanta nas Neves. 12. Ruta dos mosteiros: esta ruta supón achegarse a coñecer “o Versalles galego”, o barroco pazo de Oca. Logo, visita ao Mosteiro de Carboeiro e no Carballiño, o Templo da Veracruz, ou achegarse ata o Gran Balneario. Despois de comer chégase a Oseira, o primeiro mosteiro cisterciense de Galicia. 13. Ruta polos Camiños de Santiago: Este tren sae da Coruña, un dos puntos de partida da ruta marítima coñecida como o Camiño Inglés. Logo chégase a Sobrado dos Monxes e, pola tarde, coñecerase o Mosteiro de San Xulián de Samos. A última visita deste roteiro será a cidade de Lugo. Finalmente, o tren trasladaranos de novo á cidade herculina para finalizar a viaxe. Os prezos para estes trens mantéñense desde 2019: 45 euros adulto e 20 euros neno por ruta. Ademais, os usuarios destes trens poden beneficiarse do Galicia Rail Pass, un abono para percorrer a comunidade durante tres días consecutivos. Máis datos en turismo.gal, renfe.es ou no teléfono 912 555 912.


20

Xuño 22

O Barbanza

 LITERATURA

Páxinas de verán

Xuño volve poñer de manifesto a vertente literaria do Barbanza

Lúa nova presentouse en Ribeira

O

salón de plenos da Casa Consistorial de Ribeira acolleu o pasado 26 de maio a presentación da obra gañadora da oitava edición do Concurso Internacional de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. Trátase de Lúa nova, o debut literario da xornalista Irene Montero (Ferrol, 1970). No acto participaron o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, do director de Edicións Xerais, Fran Alonso, e a propia autora. Lúa nova narra a historia de Lúa Lóngora, unha

pianista cega de nacemento que é recoñecida e admirada no mundo enteiro. Fran Alonso manifestou que “é unha novela sobre a discapacidade que conta unha historia de superación e que nos abre os ollos sobre unha realidade tantas veces descoñecida”. Irene Montero, pola súa banda, fixo saber “que foi unha obra escrita con moito camiño e que quere invitar a reflexionar”. Pechou o acto o alcalde, quen amosou a súa satisfacción por estes premios posto

que “investir en cultura significa investir en nós mesmos”, e manifestou que “este tipo de novelas de compromiso social axudan a comprender o que está pasando moita xente pero á vez como se agudizan as capacidades ante as dificultades”. Alcalde e director de Xerais asinaron o convenio de colaboración para lanzar a convocatoria da novena edición do Concurso de Novela Curta, de carácter bienal, antes de agasallar aos membros do xurado que dirimiron esta convoca-

toria á que se presentaron 29 obras. O acto rematou coa sinatura de exemplares ao público que se congregou no

Palmeiras, Puieiros, de Anxo Angueira, deuse a coñecer no Souto de Manselle

O

s actos festivos das Letras Galegas en Dodro foron diversos e descentralizados. Tamén reivindicaron as importantes achegas locais á nosa cultura, non só poñendo o foco na necesidade de adicar a festa do 17 de maio ao poeta local Eusebio Lorenzo Baleirón, (Tarrío, Dodro, 1962) senón tamén incluíndo na axenda a presentación da nova obra de Anxo Angueira (Manselle, Dodro, 1961), Palmeiras, Piueiros, publicada por Chan da Pólvora (colección Cova da lontra), e que está a ser un dos grandes éxitos editoriais da tempada no ámbito da nosa poesía (de feito xa chegou á segunda edición, segundo confirmou a editorial). A presentación celebrouse no Souto de Manselle, na aldea natal do autor, o pasado 18 de maio pola tarde-noite, e contou coa presenza do músico local Secho achegando á presentación a

vertente musical. Palmeiras, Piueiros é o libro que marca o regreso de Anxo Angueira á poesía logo de quince anos de paréntese editorial. Loado por crítica e público, é un poemario intimamente ligado aos lugares nos que medrou o poeta, que pon o foco (tal e como se alude no título) na morte da palmeira de Manselle, que para Angueira viña sendo algo máis que un símbolo da riqueza

natural, social, económica e paisaxística da súa terra, e por extensión de toda Galicia, senón tamén un emblema do rexurdimento cultural galego. A morte da palmeira foi o detonante dun pulo poético que Angueira descubriu verterse e espallarse en múltiples rumbos diferentes e complementarios, e Palmeiras, Piueiros é o documento fiel deste itinerario de descubrimentos (un abraio tras outro).

salón de plenos. Tres alumnas de piano do Conservatorio puxeron o acompañamento musical ao evento con

pezas de Dvořák (Humoresque) e Bart Howard (Fly me to the moon): Xulia Rivas, Andrea Arevalillo e Raquel Ben.

Laura Novelle presenta o seu terceiro libro na Pobra

L

aura Novelle presentou este 10 de xuño, no Auditorio do Museo ValleInclán da Pobra, o seu terceiro libro: Cuando me digas te quiero. Trátase dunha novela de ficción que parte da vida de soño que leva Nora ata que se trastornan

as súas certezas, e, co apoio incondicional da súa irmá, emprenderá un camiño de reconstrución persoal a través dunha viaxe que lle ensinará a aceptar a súa nova realidade. O acto contou coa presenza de Cristina Andrade, da

Escola de Música da Pobra, e da concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), quen trasladou o desexo de que a autora, procedente do Carballiño e afincada na Pobra, continúe incrementando a súa produción literaria.


O Barbanza

21

Xuño 22

EMPRESA 

CONGALSA anti-crise

A empresa tivo en 2021 unha facturación de 113 millóns de euros, un 13% máis ca en 2020

C

ONGALSA, a empresa de alimentación de produtos do mar da Pobra do Caramiñal, fixo balance dos seus principais fitos económicos, transformadores e sociais do 2021, un ano complexo, se-

gundo recoñece a compañía na súa Memoria Corporativa 2021, no que se xuntaron os efectos da pandemia e da situación loxística mundial, pero no que prevaleceu unha clara vontade de superación. Este espírito, xunto a acertos como a incorporación á fami-

lia de CONGALSA da firma portuguesa Sulpasteis ou a presenza en novos e relevantes mercados, motivou que a empresa da nosa comarca pechase o ano mellorando os resultados económicos malia a crise sanitaria. Así, a facturación ascendeu aos 113

millóns de euros durante o exercicio 2021 entre as factorías da Pobra do Caramiñal e Ribeira e a planta Sulpasteis; o que supón un incremento do 13 % respecto dos resultados económicos do ano anterior. Segundo fai saber na introdución do documento corporativo Luis Miguel Simarro, director xeral de CONGALSA, “a citada crise da COVID xerou un impacto máis que notable en toda a actividade hostaleira, así como na distribución de produtos dentro da canle HORECA; pero a pesar diso, desde a nosa empresa fomos capaces de comercializar até 26.000 toneladas dos nosos diferentes tipos de produto”. As claves, ademais das devanditas, foron as seguintes: unha aposta decidida por converter á compañía nunha industria intelixente, un proceso continuo de transformación e a busca integral de modelos de produción abeirados ao máximo respecto polo medio ambiente e a economía circular. “Se de algo estamos convencidos é de que o binomio innovación e sustentabilidade é clave para actuar nestes momentos”, explica Simarro, engadindo que “esta fórmula sitúanos nunha posición máis competitiva e mellor

preparada. Entendemos que a dixitalización é un alicerce fundamental na organización e por iso o modelo CONGALS4.0 busca ser capaz dunha maior adaptabilidade ás necesidades para axilizar a toma de decisións estratéxicas e avanzar na integración co cliente, así como conseguir unha asignación máis eficiente dos recursos”.

Algunhas cifras relevantes de CONGALSA - Presenza en 36 mercados internacionais. - 450 clientes - 26.000 toneladas de produtos fabricados - Un 13% máis de facturación respecto a 2020. - 388 persoas integrando o equipo de CONGALSA. - Un 67% de mulleres en plantilla. - 17.552 horas de formación impartidas. - 66.659 euros en iniciativas de patrocinio. - Redución do consumo de auga nun 9%. - 559 Mwh enerxía xerada nas plantas fotovoltaicas de CONGALSA - 95% Compras de produtos do mar de fontes sustentábeis. - 65% Gasto en provedores locais.

Xornada de fraternidade (Proxecto Persoas)  Coa iniciativa

Proxecto Persoas promóvense diferentes accións destinadas a fortalecer lazos entre o persoal e os equipos da empresa.

B

oa parte do persoal de CONGALSA (262 traballadoras e traballadores) participou o pasado 4 de xuño nunha xornada de fraternidade impulsada pola

compañía dentro do Proxecto Persoas: unha iniciativa corporativa no marco da cal promóvense diferentes accións destinadas a fortalecer lazos entre o persoal e os

equipos da empresa. Os participantes na xornada gozaron dun paseo en catamarán pola ría saíndo desde o porto da Pobra e logo asistiron a unha comida no restaurante A

Baiuca de Ribeira. O evento foi amenizado polo grupo Thais Suki A xornada, a primeira destas características que a empresa promove tras a pan-

demia, contou cunha ampla participación e cun marcado carácter lúdico e festivo que se prolongou ao longo de todo o día. Na xornada, ademais, repartíronse diferentes premios en diversos sorteos.


22

Xuño 22

O Barbanza

 CULTURA

Os tesouros dos álbums de fotos familiares

 Memoria e Pa-

Ponte... nas ondas presentou en Muros o proxecto dixital Memoria e patrimonio co apoio de Política Lingüística

O

pasado mes de maio presentouse en Muros o proxecto dixital Memoria e Patrimonio, realizado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 20212022 da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Trátase dunha iniciativa da Asociación Ponte... nas ondas! que busca pór en valor o traballo de escolas galegas e portuguesas co patrimonio inmaterial dos dous países irmáns (Galicia e Portugal), poñendo o foco nos álbums fotográficos familiares. Na presentación participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Chus Abraldes, e o presidente da dita asociación, Santiago Veloso. García explicou que Memoria e Patrimonio trátase dun “proxecto interesante por moitos motivos como a participación da mocidade na

Valentín García

preservación do patrimonio, a colaboración interxeracional e a transmisión da lingua galega, xa que todo o que está implicado en Ponte...nas ondas! pon á vista os vencellos lingüísticos e culturais entre a Galicia alén do Miño”. Ao acto, que tivo lugar no instituto IES Plurilingüe Fontexería de Muros, tamén

acudiu o alumnado do centro e a súa directora do centro, María José Lago. Memoria e Patrimonio conta con 25 fotografías seleccionadas entre as recollidas nas primeiras edicións do certame As imaxes do patrimonio de Ponte...nas Ondas!. As fotos, segundo se destacou na presentación, “son exem-

Lanzada a primeira edición do Certame de Relatos Rafael Dieste

A

iniciativa Arquivo das Trasnas, desenvolvida na rede social Instagram, impulsou a primeira edición do Certame de Relatos Rafael Dieste. Este novo concurso que homenaxea ao sobranceiro escritor de Rianxo (autor, entre outras obras destacadas, do libro de contos Dos arquivos do trasno) e que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e das editoriais Cuarto de Inverno e Galaxia, xorde dous anos despois do nacemento da dita conta en Instagram, dirixida a difundir a literatura galega nas redes.

trimonio trátase dun proxecto interesante pola participación da mocidade na preservación do patrimonio, a colaboración interxeracional e a transmisión da lingua galega.

Por certo que Arquivo das Trasnas tamén está de actualidade porque recentemente fíxose co Premio Follas Novas na categoría de proxecto literario na Internet. O concurso de relatos xorde como dixemos para homenaxear a un dos grandes autores das letras galegas e cuxa obra inspirou a creación da conta. A convocatoria busca visualizar e reivindicar as letras galegas, especialmente entre a xente moza, e está dirixida tanto a autores e autoras xa consagrados como a novos talentos da nosa literatura que, cos seus relatos,

queiran contribuír a impulsar a lingua e cultura galegas. O certame, que contará cun xurado conformado por unha persoa en nome do Arquivo das Trasnas, un ou unha estudante do Grao en Lingua e Literatura Galegas e un ou unha lectora, ten tema libre e unha extensión dos textos presentados de entre 15.000 e 20.000 caracteres. O premio consistirá nun lote de libros –que se conforma grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da editorial Cuarto de Inverno e de Editorial Galaxia– e mais 150 €.

plo de como a mocidade de centros educativos de Galicia e de Portugal toman contacto coas xeracións anteriores e recolle as memorias asociadas ao patrimonio inmaterial”. Cada unha das fotografías vai acompañada dun texto explicativo redactado polo alumnado, ademais de ser interpretada graficamente a

través dunha banda deseñada elaborada polo ilustrador Andrés Meixide. Na cita tamén se puxo o foco no formato descargábel do libro e no feito de que os materiais conten cunha versión multimedia enriquecida con diversos contidos. Así, pode consultarse en formato de audiolibro e escoitar os podcasts que acompañan cada unha das imaxes e, por outra parte, proporciónanse unha serie de actividades interactivas pensadas para o aproveitamento didáctico a partir das temáticas relacionadas coas diferentes fotografías. O libro está dispoñíbel no Portal da Lingua da Secretaría Xeral de Política Lingüística (lingua.gal) e na web de Ponte...nas Ondas! (pontenasondas.org)


O Barbanza

23

Xuño 22

ACCESIBILIDADE 

Ribeira mellora en accesibilidade e seguridade Avanza o proceso iniciado para derrubar seis casas en Romero Ortiz e en Carreira

A

Corporación de Ribeira deu luz verde este mes de xuño á solicitude dun préstamo de 700.000 euros ao Fondo de Cooperación do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para derrubar seis vivendas situadas na coñecida como curva da Muiñeira, en Carreira, e na rúa de Romero Ortiz, en Santa Uxía. Na primeira das reformas, a da rúa Romero Ortiz, prevese urbanizar un espazo moi degradado no que se estreita a calzada, procedendo ao derrube de dous inmóbeis (números 17 e 19) en estado

de ruína que supoñen importantes atrancos á accesibilidade e á seguridade. En concreto, preténdese a adquisición e demolición de ambas edificacións (con superficies totais construídas de 163 e 124 metros cadrados, ocupando cadanseus solares 32 e 37 metros cadrados) e acometer a urbanización da superficie resultante, creando zonas de paso, espazos verdes e mobiliario urbano. O Concello lembra que a brigada municipal de obras vén de proceder a ampliar ese mesmo tramo da rúa Romero Ortiz uns metros máis abaixo logo da cesión efectuada por

unha veciña dunha porción do seu inmóbel que sobresaía da liña de casas. Polo que respecta á curva da Muiñeira (Campos) de Carreira, o obxectivo é aumentar a seguridade viaria e peonil coa demolición total ou parcial de cinco edificacións (na estrada DP-7305). O proxecto inclúe “a demolición completa de tres edificios (con números 22, 24, 26 e 28)” e “a demolición parcial do número 21, derrubando a fachada principal, rehabilitándoa e retranqueándoa á altura das edificacións contiguas”. O espazo resultante será rexenerado e reordena-

Unha senda peonil para enlazar a AC-305 con Coroso

O

Concello de Ribeira vén de dar impulso á creación dunha senda peonil en Coroso, coa aprobación inicial do expediente de expropiación para dar corpo definitivo a esta nova vía de lecer. Esta intervención encádrase na estratexia de desenvolvemento urbano Máis Ribeira Atlántica, que está co-financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020. O obxectivo é poñer en valor e recuperar a contorna do río Grande, que desemboca na praia de Coroso. De feito, a día de hoxe é imposíbel circular pola súa zona de servidume. Co obxecto de devolver o esplendor

natural e paisaxístico a este espazo para uso público o Concello quere crear unha senda peonil que permita acceder a pé até a praia de Coroso desde a estrada AC-305. A redacción do proxecto fixa unha senda de 297 metros de longo dende o arroio Saíñas até o Paseo Marítimo de Coroso. “Deste xeito”, informa o Concello, “conéctase a AC-305 ou avenida da Coruña coa praia de Coroso e

faise dunha maneira sustentábel, integrada e innovadora”. Na maior parte do trazado utilizarase pavimento natural flanqueado por bordos de madeira, a excepción dun tramo de pasarela de madeira con pilotes de 19 metros de longo. A actuación comporta un investimento de 179.612 € co-financiado con fondos europeos FEDER. O prazo de execución son catro meses.

do, o que implicará ademais, en palabras do Concello, “a mellora da seguridade viaria e peonil na zona de actuación a raíz da modificación do trazado da rúa e o suavizado da curva”.

A Administración ribeirense xa recorreu ao Fondo de Cooperación para financiar a rehabilitación e ampliación da Casa do Gran Sol na rúa Galicia e crear alí a nova Biblioteca Municipal.

Solucións intelixentes en catro pasos de peóns da avenida da Coruña

O

Goberno ribeirense licitou a dotación de solucións intelixentes para catro pasos de peóns. Esta intervención está enmarcada na EDUSI Máis Ribeira Atlántica, co-financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional do España (POPE) 2014-2020. De acordo co prego de condicións técnicas, a actuación materializarase en catro pasos de peóns situados na avenida da Coruña, á altura dos números 149, 92, 82 e 6. Implica a instalación de recursos como por exemplo sinais LED verticais en ambos sentidos do tránsito diante do paso de

peón (2 por paso de peón) orientados cara aos condutores, os cales iluminaranse de forma selectiva co paso dos peóns alterando a súa iluminación en intensidade e frecuencia e/ou cor. Tamén se contempla a instalación de sinais LED horizontais en forma de balizas lonxitudinais sobre o extremo da beirarrúa adxacente á calzada para informar aos peóns da seguridade de cruzar o paso de peóns me-

diante cambios na cor das mesmas (sendo verde paso seguro e ámbar/vermello situación de risco). Asemade, equiparase a beiravía (arcén) e a liña central de balizas LED con paneis solares integrados antes do paso de peón en ambos sentidos da marcha dos vehículos para mellorar a súa visibilidade. A actuación ten un orzamento base de licitación de 92.604,78€, IVE incluído.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.