O Barbanza 41

Page 1

obarbanza @obarbanzagal @o_barbanza 608 240 160 Novembro 22 Número 41 Parte de obras e proxectos Celebramos o pre-Nadal Patrimonio perdido / patrimonio recuperado A nosa actividade municipal pon o foco en rehabilitar e acondicionar 3/8 18/19 10/11 Barbanza énchese de actividades culturais A cara e a cruz da conservación dos nosos tesouros A nosa web: obarbanza.gal Axenda antimachista da comarca stop 25 de novembro O Barbanza DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Síguenos en: Toda a actualidade da comarca nas túas mans Visita a nosa web Diario dixital obarbanza.gal
Barbanza obarbanza @obarbanzagal @o_barbanza 608 240 160
O

Un

máis amplo e ecoeficiente

rase unha nova solución á fachada e á cuberta.

Ademais, unha remodelación do interior resolverá “as crecentes ca rencias existentes en canto á falta de espazo para persoal municipal, que se vai ver agravado coas inminentes incorporacións de novos traballadores logo das últimas ofertas de emprego público”, sinalaron fontes do Concello.

O resto de municipios galegos bene ficiarios son Santiago, Cambre, Vigo, Tui, Moaña, Betanzos, Oia, Teo, Meis, Maside, Poio, Vilalba, Porto do Son, A Guarda, Pol, Soutomaior, A Fonsa grada, Ulla, Lalín, Nigrán, Mondariz, O Rosal, A Cañiza, Bergondo, Sanxenxo, Portomarín, Rábade, Pontevedra, Fe rrol, A Pontenova, Arteixo e Rianxo.

Concurso esco lar para o deseño do cartel e a postal de Nadal

En Ribeira convocouse unha nova edición do concurso escolar de Na dal dirixido ao deseño do cartel oficial da programación destas festividades, así como a postal de felicitación. Poderán partici par todas as nenas e os nenos que estean escolarizados nos niveis de Infantil e Primaria dos centros escolares do Concello de Ribeira.

Cada neno só poderá parti cipar cunha creación en cada modalidade: cartel e postal.

A técnica será libre: cera, colaxe, acuarela, rotuladores, témpera...

Premios

OGoberno local de Ribei ra confirmou que o Mi nisterio de Transportes, Mobilidade e Axenda Ur bana resolveu conceder ao Concello, ao abeiro da convocatoria de axudas pertencentes ao PIREP (Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos, impulsado con fondos europeos Next Generation), un total de 2.836.394,24 euros coa finalidade de impulsar a rehabilitación da Casa Consistorial.

O de Ribeira resultou con 64 puntos

o proxecto mellor valorado de Gali cia e o duodécimo de España entre 1.605 actuacións, das cales foron seleccionadas un total de 405. Dende o Concello salientan que a proposta local pasa pola creación do que sería “o primeiro Consistorio ecoeficiente da Comunidade Autónoma, en liña con outras actuacións comprometidas coa redución do gasto enerxético como a acometida no edificio da UAD ou as previstas para o Conservatorio Muni cipal e a nova Biblioteca”. A través do proxecto do Consistorio proporciona

Máis accesibilidade no Paseo das Carolinas

OConcello de Ribeira vén de adxudicar dúas actuacións encamiña das a mellorar a accesibilidade no paseo das Carolinas, como continuación das obras de re modelación emprendidas nes ta contorna en datas recentes. Deste xeito e co obxecto de in crementar a anchura destina da ao tránsito peonil e mellorar as condicións de accesibilida de, proxectouse a desmontaxe da xardineira elevada, situada na marxe do paseo do lado da zona portuaria. O espazo

resultante será utilizado na ampliación da beirarrúa e na proxección dunha nova zona verde ao nivel do pavimento. Tamén se colocará unha nova liña de rego e deixarase insta lada unha canalización para o alumeado público.

Esta obra ten un prazo de execución de dous meses e será realizada pola empre sa Nemesio Ordóñez, S.A.. Comporta un investimento de 44.250 euros, IVE incluída.

Por outra banda vaise actuar tamén nun treito das Caroli

Deste xeito, o Concello de Ribeira suma de momento máis de 5 millóns de euros en fondos Next Generation xestionados polo Estado en vías de recepción, pois a estes 2,8 millóns hai que sumar os 2 millóns de euros para desenvolver o seu Plan de Sustentabi lidade Turística, e outras partidas me nores en materias como dixitalización ou recollida de residuos sólidos. Non se descarta recibir novas subvencións, por exemplo en comercio.

Á hora da consecución destas axudas inflúe a recente creación na estrutura administrativa do Concello dunha Oficina de Fondos Europeos.

Premio de 150 € para quen gañe o concurso na moda lidade de cartel de Nadal distribuídos en bonos de compra.

Premio de 150 € para quen gañe o concurso na moda lidade de postal de Nadal distribuídos en bonos de compra.

A data límite de entrega é o 30 de novembro de 2022. Os traballos recolleranse neste Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira. A actuación está enmarcada no POS Adicional 1/2019.

nas localizado na beirada das casas, coa fin de mellorar o acceso a inmóbeis e locais co

merciais alí situados, así como o tránsito peonil. A tal efecto serán demolidos os pavimen

tos existentes, construídas novas ramplas e escaleiras, así como un pavimento de formigón continuo no ámbito do proxecto. O Concello tamén fixo saber que se van formar pozos de árbores (alcorques) para xardineiras e situarase li ñas de saneamento e pluviais. As fachadas afectadas polas obras de demolición serán acondicionadas.

Neste caso a actuación foi adxudicada a Nemesio Ordó ñez, S.A., supoñendo unha inversión de 43.966 euros. O prazo de execución son tres meses.

3 Novembro 22 O Barbanza Ribeira  ACTUALIDADE 
Ribeira recibe 2,8 millóns dos Next Generation para acondicionar o Concello
Consistorio

Barbanza

ACTUALIDADE

A Pobra do Caramiñal

A Pobra mellorará o SAF e as condicións laborais das traballadoras

O Concello avanza na municipalización do Servizo de Axuda no Fogar

Finalmente saíu adiante na Pobra, logo do pleno da Corporación do pasado 27 de outubro, a aprobación da memoria para a municipali zación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). A concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), acompañada do seu homólogo da Participación Veciñal, Xabier Santos (BNG), fixo fincapé “na importancia que ten este proceso” para o Goberno local, para así “apostar por un servizo público, sustentábel e de calidade”.

A memoria foi elaborada por unha comisión formada por dous cargos políticos e catro persoas técnicas do Concello; estudo que conclúe que “a xestión directa é moito máis susten tábel e eficaz”, ademais de que, en

termos económicos, suporá un aforro en 2023 de 94.570’36 euros.

A municipalización, segundo

Mellora da accesibilidade na contorna da Pescantina

AConce llaría da Mobilida de da Pobra con tinúa a realizar actuacións coas cales garantir a accesibilida de universal na localidade. Agora, as obras concéntranse na proximidade do paseo dos

Areos; concre tamente, onda a escultura da Pescantina.

O edil Xabier Santos (BNG), acompañado da súa homóloga dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), explicou que as obras consisten na eliminación

dun pequeno ca rril de circulación entre as rúas Castelao e Anxo Rei Ballesteros para a amplia ción da beirarrúa existente e a creación dun paso peonil elevado que co necta co paseo, para deixar toda esa zona a un

mesmo nivel con pavimento de terrazo en rele vo. O dito paso peonil contará tamén con ilumi nación vertical e horizontal.

Esta inter vención tamén suporá a supre sión dun único estacionamento para incrementar o espazo de acceso á praza para persoas con mobilidade reducida.

Comporta un investimento de 30 739 euros, IVE incluído, con cargo ás arcas munici pais. Está a ser executada por Excavaciones Nima e prevese que remate a finais de mes.

xustificou a edil, traducirase na súa xestión directa, “pois é unha presta ción que actualmente se brinda de

maneira mixta: con seis traballadoras da Administración local e máis de vinte contratadas por unha empresa priva da”. Isto, engadiu, suporá mellorar a estabilidade laboral das empregadas externas “ao se integraren no cadro de persoal público, ademais dun reparti mento equitativo da carga de traballo”. Habilitarase así un software de xestión e unha aplicación para a comunica ción das familias e do persoal dos Servizos Sociais. Redundará, polo tanto, tamén positivamente para as persoas beneficiarias, pois as auxilia res non rotarán, polo cal consolidarase a relación persoa coidadora-persoa usuaria.

A concelleira engadiu que “a xestión directa pola propia Administración local implica e engade proximidade e calidade ao servizo, posto que se unifican características e prestacións, homoxeneizando o servizo para todas e tódolos usuarios, ademais de conseguir a estabilización do persoal que presta o servizo, o cal leva a unha maior calidade de atención a usuarias e usuarios mediante a consolidación das relacións coas auxiliares.”

As persoas maiores volveranse reunir no Xantar de Confraternidade da Pobra

Trala paréntese ocasionada pola pandemia a Pobra recupera a celebración destinada en exclusiva para as persoas maiores de 60 anos. O Concello organiza un ano máis o Xantar de Confra ternidade, que agarda reunir un máximo de 850 comensais, segun do anuncian o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e a conce lleira dos Servizos

Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra).

Trátase dunha cita para estreitar lazos que terá lugar no 2 de decem bro, ás 14.30 horas, no Polideportivo Municipal de Venecia. O prazo de inscrición abrangue do día 14 ao 29 de novem bro e o trámite débese formalizar no primeiro andar da casa consisto rial, en horario de 09.30 a 14.00 horas.

O prezo da entra da é de 15 euros por

persoa, que se deberán aboar preferiblemente mediante a tarxeta. O menú constará de dous mariscos, peixe, carne, sobremesa, café e bebi das variadas.

As persoas asistentes serán recibidas con mú sica tradicional a cargo de Trécola, mentres que o baile da tarde virá marcado por Puzzle. Ademais, realizarase un sorteo de agasallos doados por empresas colaboradoras.

4 Novembro 22 O

Éxito total no novo Xantar de Cofraternidade

O Pavillón de Barraña (Boiro) deu acollida a medio milleiro de persoas

OConcello de Boiro organi zou este venres 11 de no vembro unha nova edición do Xantar de Confraternida de da Terceira idade, do que puideron desfrutar medio milleiro de persoas. A cita contou coa presenza do alcal de de Boiro, José Ramón Romero, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o director xeral de Inclusión da Xunta, Arturo Pa rrado Puente, a deputada de Benestar Social, Ana Lamas, o concelleiro de Servizos Sociais, Raúl Treus e outros

membros da Corporación.

Durante a súa intervención o alcalde eloxiou ás persoas maiores polo seu traballo e o seu esforzo, sobre todo nos últimos anos onde se viron moi prexudicados polas restricións. O alcalde recoñeceu un labor pendente que as distintas administracións teñen con Boiro: “A residencia pública da terceira idade é unha necesidade que non se pode demorar máis e dende o Concello de Boiro imos seguir tra ballando este servizo para os nosos maiores”.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, agradeceu o convite e poder compar tir conversas cos boirenses. Na súa intervención, o presidente da entidade provincial recoñeceu que “Boiro é unha vila moi dinámica que lle debe o que é a estas xeracións de homes e mulleres”.

Os comensais puideron desfrutar dun menú composto por tres mariscos:

camarón, lagostino e ameixas; merlu za e carrillera. Para finalizar, gozaron dunha tarde de música e baile.

Pola sua banda o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, salientou a importancia de recuperar este tipo de eventos que serven de punto de encontro dos veciños da zona e lembrou a aposta do Goberno galego polos coidados de proximida de.

5 Novembro 22 O Barbanza Boiro  ACTUALIDADE 
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 25 de novembro

Medra a familia do polígono rianxeiro

JEALSA mercou 28.000 metros cadrados no Polígono do Te

Axerente de SEA (Solo Empresarial Atlántico), Beatriz Sestayo, acom pañada do alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, a tenente de alcalde sa, Mari Carme Figueira, e os repre sentantes de JEALSA, Javier Alonso Escurís e Margarita Hermo, remata ron o mes de outubro transmitindo a “histórica noticia” da compra de 28.000 metros cadrados no Parque do Te, que reflicte, nas súas palabras, “o éxito dunha xestión proactiva e de colabo ración institucional, que contribúe ao crecemento económico, á creación de emprego e ao asentamento poboacio nal”.

Solo Empresarial do Atlántico, socie dade estatal dependente do Ministerio de Transportes a través de SEPES, esgotou completamente a superficie industrial dispoñíbel no Parque do Te en Rianxo, tras pechar coa empresa conserveira galega JEALSA a reserva das sete parcelas que ficaban libres, que suman ata 28.191 metros ca drados. “Trátase”, explicou Sestayo, “dunha das operacións máis impor tantes pechadas nos últimos anos na

comarca do Barbanza, e que permitirá sumar á histórica conserveira a un parque empresarial que se conver terá a curto prazo nun referente en emprego e dinamismo económico en Galicia”.

En concreto, JEALSA, titular tamén de Conservas Rianxeira, reservou un total de 28.191 metros cadrados.

Pulo á capacitación tecnolóxica co programa Muller Dixital

Xa comezou en Rianxo o curso de Competen cias Dixitais Básicas do Concello, concibido para impulsar a dixita lización da poboación feminina do municipio, rachando coa fenda dixital que segue a se parar ás mulleres dos homes en materia de coñecemento das fe rramentas informáticas, e que se deu agravado coa pandemia. Porén, o Concello explicou que as persoas inte resadas en participar nesta formación aínda poden facelo a través do 621 180 896, onde tamén poden informar se dos vindeiros cursos tecnolóxicos que se

van convocar.

A actividade formati va abéirase ao progra ma Muller Dixital, unha iniciativa de formación que ten como obxecti vo “mellorar as com petencias dixitais das

mulleres galegas que se atopan en situación de desemprego e que lles permitirá aproveitar as posibilidades aso ciadas ás tecnoloxías dixitais”.

Muller Dixital é un

A directora de Relacións Institucio nais de JEALSA, Margarita Hermo, destacou que “esta operación reflicte, unha vez máis, a aposta que dende a nosa empresa vimos realizando pola comarca do Barbanza, xerando em prego e desenvolvemento económico. Rianxeira estará máis que nunca vencellada a Rianxo, un Concello co

que compartimos veciñanza e co que sempre tivemos unha especial rela ción”. A directiva de JEALSA tamén avanzou que proximamente iniciaran se as obras nas parcelas reservadas do Parque do Te, aínda que precisou que informará no seu momento do proxecto que se execute.

Pola súa banda o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, agradeceu o traballo desenvolvido desde SEA e que supón un “salto cualitativo” na industria e o emprego do Concello, grazas á instalación de importantes e grandes empresas, tanto no ámbito económico como no do emprego, con sectores moi vinculados á pesca e ao sector conserveiro.

Lembrar que este mesmo ano, o consello de administración de SEA au torizou tamén a adxudicación á empre sa acuícola, Stolt Sea Farm, que non estaba situada na zona, dun total de 6 parcelas, por un importe de 2 ́9 millóns de euros (importe con IVE). Amais, no parque rianxeiro xa comezaron as obras da planta de Conservas Cer queira e instálanse empresas como Cortizo, Transagonza, Mar da Pobra, Metais Taragoña, Proafer, Renobat, Grúas Orbutráns ou Potel Torres.

OConcello de Rianxo execu tou estes días os traballos encamiña dos a garantir a accesi bilidade dos aseos do andar baixo do Consis torio, unhas obras que se complementan cun acondicionamento inte gral destas estancias.

da Xunta de Galicia é de 25.791,87 euros, sendo o resto da con tía, 11.053,66 euros, sufragado con recursos propios.

programa financia do por fondos Next Generation da Unión Europea e promovido pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Em prego e Igualdade.

A iniciativa está financiada pola Xunta a través do Proxecto de creación, mellora e ampliación de servizos básicos municipais.

Esta obra conta cun investimento total de 36.845,53 euros. O im porte da axuda DXAL

O proxecto remode lou ese espazo para adaptar os baños e facelos accesíbeis para persoas con discapa cidade, mellorando as condicións anteriores. En concreto, inclúe se a renovación de todo o alicatado e os sanitarios, as portas de acceso e a instalación de fontanería para favorecer a accesibili dade xeral.

6 Novembro 22 O Barbanza  ACTUALIDADE  Rianxo
O andar baixo do Consistorio contará con aseos accesíbeis e acondicionados

Accesibilidade, recuperación e sustentabilidade

Porto do Son é estes días un fer vedoiro de proxec tos en diferentes espazos do seu termo municipal, aínda que en todos os casos existe un nexo común de avanzar en sus tentabilidade, accesibilidade, recuperación e optimización da xestión de recursos.

Por exemplo no proxecto para dotar de saneamento ao núcleo de Cans, na parroquia de Nebra, que terá un orza mento de 119.213,62 euros e o apoio da Deputación a través da súa Plan Único. Este proxecto, que está en licitación pública, inclúe a creación dunha nova rede de colectores e un pozo de bombeo, que estará situado xunto ao estacionamento da praia de Aguieira. Tamén se inclúen as 15 acometidas correspondentes ás parcelas e edificacións ás que se prevé dar servizo e a reposición do pavimento afectado dos traba llos. Ademais, executarase un cruce baixo a estrada AC-550 para conectar á rede xeral un colector que recolle as augas das vivendas situadas na marxe esquerda da estrada e que actualmente está sen servizo. O prazo para pre sentar ofertas ao proceso de licitación pública rematará o 21 de novembro.

Outro dos proxectos, tamén apoiado pola Deputación, consiste no retellado e na mellora da accesibilidade da Casa do Concello. Estes tra ballos, que veñen cunha con tía de 87.500 euros (70.000 dos cales serán achegados pola institución provincial), fo calízanse sobre todo en dous puntos: o primeiro, destinado a “garantir a impermeabili dade da cuberta do edificio municipal”, incluirá o acon dicionamento e o illamento do tellado ante as fortes choivas; e a segunda actua ción consistirá na habilitación

dunha rampla que garanta a accesibilidade á edificación para persoas con mobilidade reducida, asegurando a entra da ao andar baixo da Casa do Concello.

Estas tarefas servirán de complemento ás obras que están a acondicionar esta tempada o primeiro andar do Consistorio, tanto dende o punto de vista funcional como enerxético. Os traballos, que están a ser despregados pola

empresa Pavimentos de Noia, veñen cunha contía de 50.000 euros. Na primeira fase do proxecto (a actual), porase o foco en optimizar a contorna da secretaría e en acondicio nar un espazo “multifucional” para xuntanzas. Tamén está previsto, neste primeiro treito dos traballos dar un pulo ao primeiro andar do Concello en materia de eficiencia enerxé tica, mellorando o illamento térmico, substituíndo as xane

Recoñecemento ambiental

AXunta vén de recoñecer a 15 conce llos como territorios responsábeis coa concesión da Bandei ra Verde, un distintivo que ten por obxecto enxalzar as boas prácticas ambientais e de protección e con servación da paisaxe. Entre estes munici pios atópanse Porto do Son (que revalida

a Bandeira Verde de 2021) e Ribeira. Durante o acto de entrega destes dis tintivos, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, salientou que “cada vez son máis os con cellos que se suman a esta iniciativa”. Así, se na súa primeira edición (2020) entre gáronse 2 bandeiras verdes, este ano son

las e achegando calefacción a través de chan radiante. Outro dos puntos que será obxecto dunha posta a punto será o aseo. Esta primeira fase forma parte dun proxecto que preten de a remodelación integral de todo o edificio.

As obras previstas dan continuidade ás realizadas o ano pasado, impulsadas polo Concello e centradas no andar baixo do inmóbel, onde foi habilitada a oficina de atención

do cidadán e na que puideron ampliarse as dependencias da Policía Local. Amais, ache gáronse uns baños libres de barreiras que garanten o seu uso entre as persoas con outras mobilidades.

A maiores, fíxose público o empréstamo da Conse llería Medio Ambiente para rehabilitar a Casa de Ríos, materializado a través do Fondo de cooperación para o financiamento de actuacións de rehabilitación e conserva ción do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Amais, tamén puidemos saber que foron adxudicadas por máis de 210.000 euros as obras de mellora do bordo da praia do Cruceiro. As actuacións terán un prazo de tres meses e serán será co-financiadas nun 70% pola Consellería de Medio Ambiente e no 30% restante polo Concello. Os traballos consistirán en parte na na demolición dos muros de formigón, asfalto e bordos actuais, ao tempo que se rea lizarán movementos de terras para dar firmeza aos alicerces das pasarelas que se prevé instalar, repoñéndose o pavi mento con lousas de granito e rematándose as pasarelas en madeira de piñeiro. Tamén se prevé a instalación de abaste cemento e saneamento para dar servizo na praia, incluíndo se a colocación de duchas e lavapés, e tamén de alumeado e balizas.

15 os municipios distinguidos, 6 máis que o pasado 2021. Vázquez animou a

todos os municipios a presentarse a este galardón que preten de “sumar e reflectir

o esforzo que as entidades locais están facendo polo futuro de Galicia”.

7 Novembro 22 O Barbanza Porto do Son  ACTUALIDADE 
O Son enfía o ecuador do outono con novos proxectos de posta en valor e acondicionamento

ACTUALIDADE

Dodro

Lousame

Outes

Mares da Fin do Mundo premia ás cineastas galegas na súa quinta edición

AV Mostra Internacional de Cinema Documental

Mares da Fin do Mundo celebrou o 1 de novembro a última das cinco xornadas programadas para a edición 2022. A Mostra foi novamente organizada polo Concello de Outes e patrocinada pola De putación de Coruña e a Xunta de Galicia.

A derradeira xornada abriuse coa saída do veleiro histórico Joaquín Vieta, que leva máis dun século navegando polas nosas augas, permitindo aos asistentes coñecer a ría de Muros e Noia dende o mar.

Paralelamente, a Asociación Terra de Outes volveu sumar se a esta travesía coas súas embarcacións tradicionais.

Logo da proxección en formato fílmico de Nanook of the North, de Robert J. Flaherty (Estados Unidos, 1922), comezou o acto de clausura da V edición, coa entrega de premios. O filme de Diana Toucedo, Tatuado nos ollos levamos o pouso recibiu o galardón á Mellor Película da Competición Oficial (trofeo O Faro). A maiores, o xurado outorgou unha Mención Espe cial ao filme Atalaia/Piueiro, de

Xisela Franco. Pola súa banda, a obra Last of Us, de Andrea Marcovicchio, recibiu o trofeo O Sancosmeiro, como gañador do Premio do Público.

Durante o acto de clausu ra proxectáronse tamén as obras do Obradoiro de Cinema con Móbiles e procedeuse á entrega de diplomas aos participantes nesta activida de de formación de novos públicos, coa presenza de Manuela Oviedo (xerente do GALP Costa Sostible) e María Xosé Alfonso (directora do IES Poeta Añón). Da man de

Lousame presenta a súa completa tempada de actividades de trail

Aalcaldesa de Lousa me, Teresa Villaverde presentou os detalles das tres actividades deportivosolidarias impulsadas polo Concello para as vindeiras semanas, unha tripa convocato ria que xa ten abertas as inscricións en www. emesports.es e que se vai materializar no Pequetrail (sábado 3 de decembro), o Trail de Lousame 2022 (domingo 11 de de cembro) e a Andaina Solidaria / Belén de Cumes (sábado 17 de

decembro). Na pre sentación Villaverde País fixo un chama mento á participación

Marcos Gallego e Domingo D. Docampo, o alumnado entrou en contacto coa cinematogra fía e o tratamento narrativo do seu entorno patrimonial, social e medioambiental.

Como colofón, proxectouse Spitsbergen, o Gardián do Árti co, de Ignacio Benedeti Corzo (España, Galicia, 2021). O filme de clausura desta edición expón as nefastas consecuen cias do cambio climático e o quecemento global, a través das aventuras que vive o direc tor a bordo do buque rompe xeos Malmö

Este mércores 9 de novembro comezaron no concello de Dodro as obras de acondicionamen to do entorno do Centro de Artes Escénicas. Estes traballos veranse complementados en datas vindeiras cunhas obras específicos para a mellora da accesibilidade en Revixós, e con novas tarefas dirixi das ao condicionamento de rueiro en As Barreiras, en Vigo.

Trátase dus traballos solicitados polo actual Con cello De Dodro á Xunta de Galicia por compensación das anteriores non realizadas do Plan Hurbe do ano 2019.

en todas as probas, facendo fincapé no aspecto solidario que teñen as tres xa que

durante a inscrición permiten doar 1 euro a prol da Obra Social de Pediatría do CHUS.

OConcello de Noia aprobou a semana pasada a incorporación ao inventario municipal de bens dunha nave de pedra situada en Santa María de Roo que será acondicionada e destinada a aulas de formación, para o obradoiro de emprego e como almacén do propio Concello.

O inmoble, que xa foi adquirido polo Concello, comezará coa súa reahibilitación e posta a punto nas vindeiras datas para que sexa “un novo punto de formación do municipio e sirva ademáis como impulso laboral á nosa veciñanza”, destacou o alcalde, Santia go Freire.

8 Novembro 22 O
Barbanza
Dodro acondiciona o entorno do Centro de Artes Escénicas
Noia adquire unha nave para aulas de formación e almacén

Novas medidas para dinamizar o mercado laboral galego

Oano que vén come zará en Galicia con novidades importantes en materia de empre go, emprendemento, ocupabilidade e traballo autónomo. Así o vén de comunicar a Xunta, que ao longo dos vindeiros meses ten progra madas unha serie de medidas para mellorar as oportunidades das galegas e galegos nun mercado laboral que lles ofreza máis e mellores oportunidades de emprego. Este é un dos grandes obxectivos prioritarios do Goberno ga lego para este 2023 que xa se albisca no horizonte.

O apoio ao emprendemento e o tra ballo autónomo serán dous dos eixos aos que a axenda do Goberno galego prestará atención con incentivos e acompañamento para a posta en mar cha de iniciativas que pretenden situar no centro ás persoas, sacar partido ao

 O novo programa Impacto Autónomo aspira a apoiar o traballo duns 25.000 traballadores con achegas medias de 1.200 euros

seu talento e xerar riqueza vencellada co territorio.

Para acadalo, a Xunta de Galicia deseñou “uns orzamentos expansivos” para a área de Promoción do Empre go e Igualdade que medran máis dun 13% ata acadar os case 432 millóns de euros.

De feito, vinte de cada cen euros deste presuposto, destinaranse a apoiar o emprendemento e o traballo autónomo.

Poñendo o foco nas persoas autónomas

Galicia conta actualmente con 218.210 persoas traballadoras autó nomas, incluídas ás que forman parte do réxime especial do mar. O colec tivo representa o 20,8% do total das afiliacións á Seguridade Social segun do os últimos datos difundidos este mes de novembro. Trátase dun colec tivo con amplo peso cuantitativo, pero tamén cualitativo ao que o Goberno galego quere prestar atención por se tratar da base da economía de moitas familias galegas. En base a estes obxectivos, a Xunta impulsará un novo programa denominado Impacto Autónomo que inxectará 30 millóns de euros neste sector para axudar ás persoas traballadoras a facer fronte e minimizar o impacto que a suba de custos enerxéticos e das materias

primas está a ter na súa actividade. As achegas directas, que se espera favorezan a uns 25.000 traballadores, suporán unha media de 1.200 euros por persoa beneficiaria.

De xeito paralelo, a Xunta de Ga licia seguirá cos apoios ao inicio de actividade e para a consolidación e crecemento do emprego autónomo e para contribuír á súa consolidación. Intensificaranse os apoios ao colec tivo, que disporá o ano que vén de case 57 millóns de euros en total.

Polos de emprendemento e apoio ao emprego

A nova Dirección Xeral de Empren demento e Apoio ao Emprego no organigrama da Xunta de Galicia con solidará, por outra banda, nos próxi mos meses, a coordinación de todos os recursos autonómicos na materia. Esta área estratéxica é a responsable de despregar a rede de polos, que estará integrada, a remates de 2023, por 12 centros repartidos por toda a xeografía galega. “Trátase de dar im pulso efectivo á xeración de emprego de calidade e iniciativas emprendedo ras vinculadas ao territorio”, segundo informou a Dirección Xeral de Em prendemento e Apoio ao Emprego.

Na actualidade os Polos Ourense Centro e Sur (en Verín), Pontevedra Norte e Rías Baixas (en Silleda) e Costa da Morte (Coristanco) xa traba llan con iniciativas reais que están a poñer o foco nos sectores do turismo e o ocio, a alimentación, os servizos profesionais, o agro ou a fabricación de bens de consumo.

Todas estas medidas encaixan na estratexia integral de emprego Xem pre Contigo que a comunidade está a desenvolver poñendo no centro das políticas ás persoas e aos sectores e empresas con maiores dificultades. No marco da mesma estase a traba llar para que Galicia conte cun Servizo de Emprego máis accesible, próximo e dinámico para ofrecer novas opor tunidades laborais para unha Galicia con maior cohesión e que faga do progreso económico a súa bandeira.

 A Xunta despregará ata finais de 2023 un total de 12 polos de emprendemento por todo o territorio para acompañar na posta en marcha de actividades vencelladas coas contornas

9 Novembro 22 O Barbanza EMPREGO 
Os orzamentos para as áreas autonómicas de Promoción de emprego e igualdade medran máis dun 13% até situarse preto dos 432 millóns

Viaxe á cultura do Barbanza

Facemos un repaso polas axendas dos nosos concellos nesta antesala do Nadal

Teatro na Pobra.... e música para a mocidade

Ocalendario cultural da Pobra do Caramiñal conta para o mes de novembro cun ciclo teatral de catro funcións no Cine Tea tro Elma, representadas por outras tantas compañías de renome no panorama galego. Todas elas serán os domingos, ás 19.00 horas, para así facili tar a asistencia da veciñanza, ademais de que a entrada é libre ata completar a cabida. A mostra arrincou o día 6 con De algo hai que morrer, de A Laberca e proseguiu con Un home con lentes de pasta, de Redrum Teatro, o día 13. O día 20 será a quenda de A Pana daría con As que limpan A peza Pirolíticos, de Mofa & Befa, pechará o cartel no día 27.

O dito programa está organi zado pola Concellaría da Cul tura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña. A maiores, a iniciativa A Po bra Moza! achega á localidade unha serie de propostas que se desenvolverán nos meses de outubro e novembro, coa praza Alcalde Segundo Durán como epicentro. O cartaz, logo de varias xeiras de intensa actividade, aínda nos ten pre parados obradoiros de cultura urbana con graffiti e parkour, dende as 20.30 horas do 18 de novembro, e máis un dobre tor neo deportivo de 3×3 de fútbol sala e baloncesto. Será o 26 de novembro ás 19.30 horas e tamén haberá premios en formato de vales de compra.

En Outes, astronomía, máis teatro e unha nova andaina

Aaxenda de Outes en novembro pon o foco no local e no universal e achéganos oportunidades non só para coñecer os tesouros do concello senón tamén dos dunha contorna situada un algo máis lonxe: o firma mento.

A axenda comezou co Proxecto Cúpula para a divulgación astronómica, que incluíu unha xornada científica organizada polo Concello e a Deputación da Coruña, prevista para o 12 de novembro no Pavillón da Serra.

A maiores o día 20 de novembro está prevista unha nova saída polo termo municipal, programada ao abeiro do ciclo de andainas para coñecer o patrimonio local, organizadas polo Concello. Desta volta será para darmos conta da historia e a espiritualidade de Roo. A saída está fixada para as 9.00 horas dende a Igrexa de Roo.

A maiores, chegarán as seguintes funcións do Outono Teatral: Facer Me moria (12/11/22 ás 20h na Casa da Cultura), As que limpan (12/11/22 ás 20h na Casa da Cultura), Lo del 75 (12/11/22 ás 19h na Casa

da Cultura, nota: esta obra teatral fará a súa estrea en Outes, xa que está escri ta e dirixida pola veciña outense Irene Miranda) e o O xardín de vila gris (26/11/22 ás 19h na Casa da Cultura).

Obradoiros sobre maternidade na Biblioteca de Rianxo

OConcello de Rianxo (Servizo de Igual dade) vai organizar esta tempada unha serie de obradoiros para mulleres e familias, co obxectivo de achegar coñecemento e re cursos sobre o embarazo e posparto. Trátase do progra ma de actividades Corpo é Vida, un proxecto que “nace da importancia de acompa ñar e dar espazo aos cam bios non só físicos, senón emocionais, psicolóxicos e da propia identidade que se dan durante o embarazo, parto e posparto”, sinala o Concello, que engade que outro dos obxectivos é “po ñer os coidados no centro do foco, e a maternidade e crianza coma a base da sociedade na que vivimos”. O proxecto estrutúrase en

7 sesións de dúas horas de duración cada unha delas: todos os luns entre o 14 de novembro e o 26 de decem bro. Os obradoiros desen volveranse en horario de 17:30 a 19:30h na Biblioteca Municipal de Rianxo. Van dirixidos a mulleres emba razadas ou que acaban de

ser nais e as súas parellas/ acompañantes

Os contidos serán impar tidos por Natalia Guedella Sebastián, psicóloga co lexiada, especialista en Psi coloxía Perinatal, formada en terapia familiar, apego, trauma, e con formación estándar en EMDR.

10 Novembro 22 O Barbanza  AXENDA
CULTURAL
Un home con lentes de pasta
Facer Memoria Pirolíticos, de Mofa & Befa

Menú cultural completo

OConcello de Boiro, a través da Concellería de Cultura que dirixe María Outeiral, mantén as propostas de actividades durante o mes de novembro. A programación contén teatro, actividades no Pazo de Goiáns, celebracións do Magosto e actividades para festexar o Día da Música.

A programación pendente inclúe a representación de Papagena (ópera electrónica en galego) para público adulto, o venres 18 de novembro, a cargo de Butacazero na Casa da Cul tura de Boiro.

O sábado 19 celébrase o Día Da Música cunha homenaxe ao mestre Boga, que será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. O venres 25 de novembro Talía Teatro representa na Casa da Cultura ás 20.00 horas Voa, voa para público infantil e familiar.

Amais, no mes de novem bro celebrarase a Mostra de Teatro Escolar, que este ano se estende tamén aos institutos de secundaria e que se vai realizar na Casa da Cultura de Boiro os días 10, 14, 15, 16, 17 e 21 de novembro.

O Grupo Galeoska expón no Son até o 30 de novembro

OGrupo Galeoska (Galegos e galegas Koa Arte) mostra estes días (até o 30 de novembro) na Casa da Cultura de Porto do Son parte das obras recentes das e dos seus integrantes. Faino baixo o epígrafe de Matérica Marea, rendendo home naxe á nosa longa, inspiradora e frutífera relación co mar. Hai, en concreto, obras de Aneta do Camilo, Bu gallo, Carmela Taboada, Carmen Sampedro, Eduardo Rivo, Fernando Cobo, Lola Sanz, Lurdes Meis, María Fortes Blanco, Manuel García, M. Trigo, Olalla Buceta, Pimira, Raquel García e Sergio Ribeiro.

Proseguen as funcións da Mostra de Teatro de Ribeira 2022, que conta coa participación de dez compañías e desenvólvese entre o 7 de outubro e o 9 de decembro, tendo o Auditorio Municipal como centro de operacións. Os espectáculos, todos recomendados para maiores de 16 anos, serán os venres ás 21.15 no Auditorio Municipal. Logo das represen tacións de outubro (A Lúa Vai

Estes días (até o 1 de decembro e dende onte xoves 27) pode verse en Portosín, na Casa da Cultura, unha mostra que xorde directamente da enriquecedora confluencia entre arte e solidariedade. Tratase de Auga o sangue da terra, un proxecto do fotógrafo Manuel Valcár cel abeirado ao programa #CulturaPorAlimentos, que nos permite doar produtos

de necesidade primordial cada vez que visitemos a exposición. Estará dispo ñíbel de luns a venres en horario de 8:00 a 13.00 horas e de 17:00 a 19:30 horas.

en Boiro Manuel Valcárcel expón en Portosín Proseguen as funcións teatrais en Ribeira

Indo ao miolo da mostra, trátase dunha impactante colección de fotografías que nos leva por nume rosos puntos do planeta na procura do ben máis prezado: a auga.

encuberta, Auga que non vas beber, Dúo Vaguedades a A Carreta Pantasma de Paula Carballeira) o mes de novem bro comezou coa actuación o 4 de novembro da compañía Malasombra coa obra De algo hai que morrer e proseguiu o día 11 con Un home con lentes de pasta de Redrum Teatro. A axenda de novembro prosegue coa comedia Divas de Diván de Tarabela Creativa (o día 19 de novembro) e coa obra As

Alumnas de Culturactiva (o 25 de novembro).

Xa no mes de decembro a axenda prosegue o venres 2 coa compañía Talía Teatro e co espectáculo cómico Morte accidental dun anarquista baseado nun clásico teatral de Darío Fo, e pecharemos a mostra o día 9 con Falar por Falar, unha obra protagoni zada polos coñecidos actores Victor Mosquera e Carlos Santiago (Vota e dálle).

11 Novembro 22 O Barbanza
Papagena (ópera electrónica en galego) Afundación A Lúa Vai encuberta Divas de Diván
AXENDA CULTURAL 
Voa, voa!

Barbanza artística... e deportiva

A 11ª Sin-Son reunirá dous milleiros de deportistas en dúas xornadas

Xa comezou a sentir se a nova edición da Sin-Son, que chega este ano á súa 11ª convoca toria con varias novidades e con forzas renovadas logo da crise pandémica. Os detalles desta relevante e referencial carreira de Porto do Son foron dados a coñecer este 11 de novem bro polos responsábeis das entidades organizadoras (áreas de Deportes e Medio Ambiente de Concello, Emesports), que sinalaron que o evento sumou nesa mesma xornada un milleiro de inscritos, cifra que irá medrando até os 1.500 ao longo dos próximos días tendo en conta que falta un mes para o peche do prazo. En total, prevese a partici pación de 2.000 deportistas, sumando a proba grande do domingo coa proba escolar e a nocturna dos cinco qui lómetros (a xornada previa).

Segundo deron a coñecer no capítulo de novidades, serán dous días de intensa actividade deportiva: come zará o sábado 17 de decem bro coa carreira escolar e a nocturna, en Porto do Son, e culminará o domingo 18, coa carreira grande progra mada para as 11.00 horas en Portosín.

Na rolda cos medios tamén se fixo saber que os deportistas inscritos antes do 1 de decembro poderán retirar o seu dorsal nos seguintes establecementos: Bikila (Vigo), Marathon (A Coruña), Decathlon (San tiago) e Millers Run (Ponte vedra).

Amais, informaron que o itinerario será o habitual, cun percorrido que tenta rei vindicar a paisaxe costeira do concello ao longo dos dez quilómetros compren didos entre Porto do Son e Portosín.

O

Centro Lustres Rivas acolle unha exposición de escultura de Moxom

OCentro Cultural Lustres Rivas vai exhibir a partir deste venres 18 de novembro unha nova exposición de esculturas que leva por título Madeiras vivas, a cargo do artista ourensán Moxom. A mostra abrangue unha vintena de pezas, principalmente de mulle res, talladas polo autor en distintas madeiras, dende salgueiros ata castiñeiros e plátanos. Para realizalas, o escultor sérvese de mate riais atopados nos camiños, nos encoros, etc.

Xosé Manuel Rodríguez, Moxom, naceu en Ouren se en 1964 e comezou no

O

mundo da banda deseña da na década dos oitenta formando parte do Frente Comixario, colectivo dinami zador da banda deseñada en galego. Desaparecido o colectivo comezou á súa andadura como Moxom no mundo da escultura de madeira en 1996, e trans formou moitos dos seus de buxos en pezas de madeira.

A exposición será inau gurada ás nove da noite do venres 18 e poderá ser visitada ata o 17 de decem bro en horario de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 horas.

A entrada é gratuíta.

sábado

25, Festival Folclórico en Dodro

Osábado 26 de noem bro ás 18h no Local Social do Montiño en Imo, (Dodro) a Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño celebra a súa cita do Festival Folclórico 2022 e ademais farase un especial recoñecemento a Tomás do

Rego “O Gaiteiro de Bexo” que leva mais de setenta anos tocando a gaita e foi mestre de toda unha xeración de gaiteiros da comarca. Un dos grupos cos que tocou foi Os Rosales de Asados xunto con Pepe Romero e Maruxa Miguéns que tamén asistirá ó

festival. Os grupos participan tes neste festival serán Aires do Río Vello, Os Centenarios, Xoldra, Os Liantes, Chori ma, Os Mersenarios e para rematar o grupo folclórico da Asociación de Veciños de San xoán de Laíño: Foliada do Montiño.

Noia serve de escenario ao I Simposio Internacional de Crime e Misterio

Oconcello de Noia estará este mes de novembro no punto de mira dos seareiros da intriga. Será os días 25 ao 27 de novembro coa celebración do I Simposio Internacional de Crime e Misterio, no que colabora o Consistorio noiés. O evento inclúe tres días de actividades para coñecer e escoitar aos grandes expertos do panorama galego e estatal dos ámbitos da criminoloxía e dos fenómenos paranormais. As entradas serán becadas e as persoas interesadas en asistir deberán inscribirse en info@inica.es ou a través do

Whatsapp 644 121 478. O sábado o simposio con tará cun relatorio a cargo de Jaime Mayor Oreja, a quen se lle adicará unha homenaxe. O programa inclúe relatorios de María Teresa Carballeira (di rectora do Grao de Crimino loxía na USC), Bryan Rozman (analista do Pentágono), Ma ría Rozman (xornalista e ga ñadora de 3 Premios Emmy en EEUU), Antonio Seijas (es critor e pintor), Natalia Monje (xornalista e historiadora), Luis Gorrachategui (profesor e historiador), Juan Jesús Gestal (profesor emérito da USC), Ulises Bértolo (avo

gado e escritor), Gonzalo de Francisco Meirelles (oficial da Policía Federal e profesor de Universidade de Bos Aires), Pablo Villarrubia (escritor e xornalista de Cuarto Milenio), Scott Smitson (membro da Estratexia do Pentágono e profesor da Universidade de Ohio), Fernando Cámara (coronel do Exército do Aire), Juan Rada (ex director de El caso e xornalista e escritor), Pablo Novoa (arqueólogo). O último día de actividades, o 27, celebrarase ás 14.00 horas unha visita guiada pola zona histórica e máis miste riosa da vila de Noia.

12 Novembro 22 O Barbanza
 AXENDA DEPORTIVA E ARTÍSTICA

Galicia conmemora o 25-N coa nova Lei galega de igualdade

O novo marco legal fortalecerá a protección da muller contra os ataques sexistas e as agresións dixitais

“Galicia é xa referente no recoñece mento da violencia vicaria como unha forma máis de exercer a violencia de xénero contra á muller a través das súas fillas e fillos e de persoas próximas asasinadas”, especifica a titular de Igualdade, quen lembra que a comunidade é punteira ademais na inclusión da violencia dixital na lexis lación, a que se exerce a través das tecnoloxías con finalidade de discrimi nación, dominación, control e intromi sión na privacidade sen consentimento da vítima.

Apoios económicos e laborais

O concepto de benestar labo ral

Anova Lei galega de igualdade impulsará a protección das mulleres fronte a violencia por medios tecnolóxicos, ao tempo que impulsará iniciativas munici pais que poñan ao seu dispor espazos urbanos seguros e libres de agresións sexuais. A Lei, que se atopa xa na súa última fase de tramitación, tamén recoñecerá a discriminación múltiple da muller por razóns acumuladas de discapacidade, etnia, idade, pobreza ou inmigración, entre outras, e creará un Estatuto das mulleres rurais e do mar cunha relación propia de dereitos para poder dar mellor resposta ás súas necesidades. Estes e outros puntos veñen de ser debullados e destaca dos pola conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, con motivo das actividades que xa se están a desenvolver no mar co da conmemoración do 25-N, Día in ternacional da eliminación da violencia contra as mulleres. Lorenzana recorda que esta lacra “constitúe a expresión máis crúa das iniquidades das que o ser humano aínda pode ser testemuña e só pode obter o rexeitamento como resposta, tanto por parte dos poderes públicos como da sociedade no seu conxunto”.

Actualizando a normativa actual

O Goberno galego está a preparar un novo texto que permitirá actualizar a normativa actual e seguir mantendo á nosa Comunidade á fronte do com promiso da loita contra as desigualda des. “Queremos continuar situando a Galicia na vangarda da loita contra a violencia e a discriminación da muller, ao permitir visibilizar desigualdades e avanzar para erradicalas”, matiza Lorenzana.

Galicia conta cos instrumentos axeitados para facer fronte á lacra da violencia de xénero, cun marco legal amplo que protexe a todas as vítimas e con axudas directas (máis de 1.000 concedidas cada ano) para que a de pendencia económica do agresor non sexa un obstáculo para rachar co peri go e poder vivir en plenitude e liberda de. “Queremos seguir a mellorar a res posta institucional para que sexa máis precisa e eficaz”, especifica a titular de Promoción do Emprego e Igualdade, que considera clave “o acceso ou a reincorporación ao mercado laboral no camiño da súa recuperación”.

Neste sentido, lembra, a Xunta de Galicia leva anos impulsando, en colaboración cos concellos e entidades e cooperativas sen ánimo de lucro, po líticas para que estas mulleres poidan traballar.

Entre as novidades da nova Lei tamén se inclúe a introdución da idea do benestar laboral vencellada coa conciliación, a maternidade, a preven ción de riscos ou o teletraballo, entre outros. O obxectivo da Xunta, neste senso, é promover entre o tecido em presarial a creación de contornas de traballo cada vez máis respectuosas e cooperativas, saudables e democráti cas, xustas e solidarias. E para iso, o Goberno galego quere concienciar ao empresariado galego sobre a impor tancia da flexibilización de horarios e impulsar medidas que faciliten a con ciliación e a reciclaxe profesional das persoas traballadoras. “Do que se trata é de xerar un benestar laboral entre as persoas traballadoras, o que incidirá nunha mellora da produtividade e competitividade”, apunta a conselleira de Promoción do Emprego e Igualda de, María Jesús Lorenzana, engadindo que se están a impulsar políticas de conciliación que “van máis aló dunha compensación económica”, poñendo o foco nun bo uso dos tempos e dos horarios nas firmas, para o que é clave facer partícipe ás empresas. Tal e como engade a conselleira, avógase por unha corresponsabilidade real no fogar e unha redistribución de roles no ámbito familiar, para o que é prioritario “activar medidas que incidan na igual dade laboral entre mulleres e homes, na implicación do tecido empresarial e no benestar laboral das organiza cións”.

Trabállase, polo tanto, no compromi so de que a perspectiva de xénero cale no ámbito laboral, “co convencemento de que resulta fundamental para o ópti mo desenvolvemento social e econó mico da comunidade”, subliña.

Estatuto das mulleres rurais e do mar

A futura Lei galega de igualdade, ademais de apostar por este concepto do benestar laboral, converterá a Gali cia, segundo salienta a conselleira, na primeira Comunidade Autónoma en re gular os requisitos mínimos de forma ción en equidade laboral e creará un Estatuto das mulleres rurais e do mar cunha relación propia de dereitos para mellorar o seu acceso a recursos e a participación social. A Xunta traballa, ao respecto, para situar á muller rural como “un dos eixos clave das súas políticas de igualdade, poñendo en valor a súa contribución á innovación e fixación de poboación”.

13 Novembro 22 O Barbanza
IGUALDADE 

 ASOCIACIÓNS DE EMPRESARIOS

Cousas que pasan nos comercios antes do Nadal

As asociacións empresariais reparten premios, distincións e conciliación ao tempo que reivindican as compras locais

A campaña Mercar no teu comercio ten premio repartiu 1.000 euros en Ribeira

ser empregadas polas persoas gañadoras para efectuar no vas compras no comercio de proximidade local). A Asocia ción de Empresarios de Ribei ra mostrou a súa satisfacción polo nivel de implicación dos comerciantes así como pola afluencia de clientes, que “foi moi numerosa”.

A ABE dá a coñecer o palma rés dos Premios ABE 2022

Rematado o prazo para que os socios e socias esco lleran as e os destinatarios dos seus galardóns, a Asociación Boirense de Empresarios deu a coñecer os nomes das per soas e empresas distinguidas este ano no Premios ABE, edición 2022. Trátase de José España Silva, Carnicería Moncho Boga e A Terraza do Furancho. A pa tronal destacou

“a alta participa ción nesta nova convocatoria do certame, xa que só faltou un voto para igualar os rexistros do pasado ano que fora o récord absoluto, desta volta foron 648 votos. En canto as curiosidades, a ABE salientou que na categoría de mellor comer cio ata 50 em presas diferentes recibiron votos e na de mellor empresa 67. A gala celebra rase o vindeiro venres 18 de no

vembro a partir das 20.20 horas na Pousada da Galiza Imaxina ria. A presen tación do acto recaerá na actriz Patricia Vázquez e a velada estará animada polo grupo musical Stormy Trucks. A entrada é exclu sivamente con convite. Conta rase con pho tocall, musica, pinchos e sobre todo a presenza do tecido empre sarial local no que será a festa dos empresarios de Boiro.

Opasado 5 de novem bro celebrouse na praza do Concello de Ribeira o sorteo en directo dos premios da campaña de dina mización económica Mercar no teu comercio ten premio. A Asociación de Empresarios de Ribeira, co-impulsora da iniciativa, procedeu a trocar os

tíckets das compras realizadas durante as datas de duración da campaña (do 29 de outubro ao 5 de novembro) por boletos para participar no sorteo en directo (ás 13.30 horas do sábado 5 de novembro) de 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 50 e de 30 euros (tarxetas que están a

Seguen até decembro na Pobra as actividades de promoción e conciliación de Pequetroula

AConcellaría da Promoción Eco nómica da Pobra lanzou esta tempada unha nova campaña a través da cal fortalecer o sector comercial. A fórmula elixida é a da con ciliación, contando coa colaboración do DEAN.shop eCommerce e da Asocia ción de Empresarios. Destes obxecti vos e desas alianzas xorde unha nova edición da Pequetroula, espazo lúdico para a rapazada de 3 a 14 anos no que se divertiren mentres as súas familias fan compras nos establecementos de proximidade.

O epicentro das actividades é a praza Alcalde Segundo Durán, onde se habilita cada finde un toldo con activi

Mercar no teu comercio ten premio é unha iniciativa de promoción do comercio de proximidade galego, orga nizada pola Federación de Comercio de A Coruña, a Fe deración Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Di rección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso da Asociación de Empresarios de Ribeira.

dades amenas e creativas: proxec cións de filmes, obradoiros de inicia ción á maxia, cociña, ciencia, parkour ou contacontos son algunhas das propostas. O programa desenvólvese durante as fins de semana compren didas entre a de 8 de outubro e 18 de decembro, atendido por monitorado e especialistas en distintas materias. O horario definido para os sábados é de 11.30 a 14.00 e de 17.30 a 21.00 horas, mentres que nos domingos se establece dende as 12.00 ata as 14.30 horas.

Para acceder ao servizo é preciso presentar un bono Pequetroula que se pode conseguir en liña a través da web

www.deanshop.es ou presencialmente na Oficina do Turismo. Tamén se habi lita a posibilidade de facelo na propia praza media hora antes do inicio de cada sesión. Pode facer uso del tanto a veciñanza da localidade coma a doutros municipios.

Máis tarde, o bono poderase trocar por descontos en 36 comercios da vila que contarán cun distintivo: téxtil, moda deportiva, salóns de peiteado, centros de estética, tendas de tecnoloxía, mer cerías, panadarías, tendas de comesti bles e dous locais hostaleiros.

14 Novembro 22 O Barbanza

Xuventude Mentoring rompe barreiras

Tender as mellores e máis firmes pontes entre as di ferentes vías de estudo e formación que existen en Galicia, por unha banda, e a ampla comunidade de axentes empresariais e profesionais con ca pacidade e recursos para converter o camiño laboral nun camiño doado, ao alcance de todas e todos, pola outra. Este é un dos grandes obxectivos da Xunta de Galicia en materia laboral e xuvenil, un compromiso coa empre gabilidade da xente nova que se ma terializa en iniciativas como Xuven tude Mentoring, programa impulsado pola Consellería de Política Social e Xuventude en colaboración co Con sorcio Interuniversitario de Galicia (CIXUG). Trátase dunha iniciativa pioneira de formación, seguimento e orientación dirixida a titulados univer sitarios ou de formación profesional superior con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, e que ten como obxectivo específico e concre to “mellorar a súas condicións para atopar o emprego que desexan”, en palabras da Consellería que dirixe a ribeirense Fabiola Garcia Martímez. “Estamos a carón dos mozos no seu tránsito dos estudos á vida laboral, poñendo á súa disposición empresas e profesionais consagrados en distin tos eidos que lles serven de guía nos seus inicios profesionais”, explica, poñendo o foco na natureza, a meto doloxía e o cometido de Xuventude Mentoring.

Segunda edición en marcha... e aprobada unha terceira

Nestes momentos está a desen volverse a segunda edición desta proposta e xa hai aprobada unha terceira, cun investimento de 500.000 euros cada unha co-financiado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo. No primeiro ano participaron preto de 200 mozos, dos cales o 60% atoparon traballo ou decidiron ampliar a súa formación na queles ámbitos nos que foron mento rizados. Estes bos resultados avalan o Xuventude Mentoring como unha iniciativa autonómica de referencia no apoio aos mozos que rematan os seus estudos en Galicia.

Obxectivo: acadar os 500 par ticipantes

O Goberno galego consolida este programa coas convocatorias deste ano e a do 2023, nas que se fixa como obxectivo acadar os 500 participantes. Estas novas edicións volven contar coa implicación das tres universidades galegas e tamén están abertas á participación de máis entidades, asociacións, empresas e clústeres. Deste xeito, garántese que esta transición dos estudos á vida laboral sexa acorde coas demandas e necesidades do tecido produtivo, e tamén se axuste á realidade acadé mica. Ademais, hai que engadir ao

 Coa iniciativa Xuventude Mentoring ponse a disposición de titulados universitarios ou de formación profesional superior unha ampla rede de empresas, entidades e profesionais

equipo de titores e mentores que se encargan de orientar e facer un se guimento individualizado das persoas participantes.

Ampla rede de orientación e seguimento

Nunca antes a mocidade galega tivo ao seu alcance unha rede tan ampla de entidades, empresas e

profesionais cunha traxectoria con solidada para coñecer os retos que deberán afrontar na profesión para a que estudaron, e que á súa vez sexa de utilidade para ter unha primeira oportunidade de demostraren o seu talento.

Os participantes no Xuventude Men toring reciben durante tres meses un plan de formación integral que inclúe cursos en competencias e habilidades que actualmente son cruciais para a inserción no mercado laboral, como o manexo das novas Tecnoloxías da In formación e a Comunicación (TIC), o espírito de innovación, a creatividade ou as facilidades comunicativas, entre outras. Este plan tamén contempla actividades de networking, visitas a empresas e, o que é máis importan te, asesoramento e apoio por unha persoa mentora profesional e experta na actividade ou sector económico do seu interese.

Por outra banda, ademais de ofrecer á mocidade a oportunidade de ampliar a súa formación e mellorar as súas posibilidades de inserción laboral, por medio deste programa conséguese reter recursos humanos de calidade para as empresas galegas.

O Xuventude Mentoring é unha mostra máis do compromiso da Xunta en favorecer a autonomía das mozas e mozos, que tamén se reflicte nou tras actuacións como as axudas para a obtención dos permisos de conducir de turismo, autobús e camión, ou o novo Plan Estratéxico de Xuventude, que abranguerá ata o ano 2027 e no que xa se está a traballar da man das entidades do sector e coa implicación dos propios rapaces que achegan as súas suxestións.

15 Novembro 22 O Barbanza
A mocidade galega ten á súa disposición unha rede de empresas e profesionais para guiala nos seus inicios laborais
MOCIDADE 

Barbanza é un berro de protesta (este 25-N)

Lousame di NON

OConcello de Lousame puxo en marcha a campaña de sensibili zación Eu digo NON á violencia de xénero. En virtude desta actividade, ata o 27 de novem bro os veciños e veciñas do concello terán a súa disposición os materiais da campaña na fachada da Casa do Concello, cos que deberán facerse unha fotografía, individual ou de grupo, para poñer de manifesto o seu rexeitamento á violencia sobre as mulleres. Unha imaxe que deberán compartir nas súas redes sociais etiquetan do ao Concello de Lousame no seu Facebook (concello. delousame), Instagram (somos lousame) ou Twitter (@Somos Lousame).

Por certo que aquelas persoas que non dispoñan de redes sociais, poden enviar as súas imaxes por WhatsApp ao 689 126 385 (que serán compartidas no Facebook do Concello).

Ao finalizar a campaña, o Concello de Lousame sorteará 6 vales de 50 euros cada un en

material deportivo entre todas as persoas que participaran na campaña etiquetando ou enviando as súas fotografías. O prazo para enviar ou etiquetar fotos remata o 27 de novembro.

Ademais desta campaña, o Concello adheriuse un ano máis a De Fronte, da Deputación.

O CPI Cernadas de Castro participara en dúas actividades: Ciberacción para público xuve nil: Afrontamento das violencias na Rede, unha proposta para traballar sobre a violencia dixital a través dunha ciberquedada con centros de secundaria dos concellos que se levará a cabo na mañá do mércores 23 de no vembro; e Ciberacción para pú blico infantil: Canto sabes sobre as violencias dixitais?, un xogo interactivo cunha guía didáctica para o alumnado dos cursos de 4º, 5º e 6º de Primaria.

Así mesmo, os sábados 10 e 17 de decembro a Concellería de Igualdade organizará unha nova edición do curso de de fensa persoal dirixido a mulle res, impartido pola Federación Galega de Loita.

Concurso na Pobra para unha escultura de homenaxe ás vítimas

OConcello da Pobra convocou un concurso de ideas para dar forma a unha escultura de homenaxe ás vítimas da violencia machista. O espazo que se baralla é a contorna do paseo dos Areos, “se ben tamén pode variar en función das características e contexto do monumen to”, sinalaron fontes do Concello, engadindo que a técnica e a concepción

escultórica son de libre elección, “considerando a viabilidade da reprodución tridimensional da proposta no material definitivo”. Dos traballos presenta dos, o xurado elixirá a obra gañadora, que terá como premio unha dotación económica de 3 000 euros, a entrega dun diploma e a adxudicación da realiza ción da escultura por un importe máximo de 9 000 euros. A segunda mellor

Volve De Fronte

Aárea de Igualdade da Deputación da Coruña volve acti var a campaña De Fronte á violencia de xénero. O obxectivo é “incidir na sensibilización e fomentar a reflexión entre a poboación moza”, ao tempo que se pon o foco nas novas novas

tecnoloxías. Na nova edi ción da campaña, activa xa na páxina web defronte.gal, participan todos os con cellos da nosa comarca: A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Ribeira, Porto do Son, Noia, Lousame, Dodro e Outes. O programa inclúe actividades tan relevantes

valorada será galardoada cun accésit.

O prazo para a recepción de propostas abriu este 15 de novembro e será de 30 días naturais contando dende o día o seguinte á devandita data (a da pu blicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, BOP).

As bases completas estarán ó dispor na páxina web www.apobra.gal e no propio BOP do día 14.

e innovadoras como unha ciberquedada xuvenil, ví deos nas redes de Melania Cruz ou un xogo interactivo. Participan, entre outros, o IES Leliadoura (Ribeira), o IES A Cachada (Boiro), o IES Nº 1-Ribeira (Ribeira), o CPI Plurilingüe Cernadas de Castro (Lousame), o IES Espiñeira (Boiro) e o IES Félix Muriel (Rianxo).

16 Novembro 22 O Barbanza
Todos os concellos da comarca son un clamor contra a violencia machista
 AXENDA 25 N

Creatividade colectiva en Ribeira

Este 11 de novembro arrincou en Ribeira unha campaña denominada #unhaimaxeporelas na que a través de diversas redes sociais, pantallas dixitais e a web do Concello (www.ribeira. gal) búscase facer “unha ho menaxe ás mulleres falecidas este ano por violencia machis ta”, difundindo a diario carteis que combinan a fotografía en branco e negro dalgún lugar do municipio cunha breve descrición biográfica de cada vítima.

Para o alumnado, o 23 ha berá un espectáculo de maxia no Auditorio destinado a 4º e 5º de Primaria dos centros educativos locais que levará por titulo A igualdade non ten truco (de 10 a 13 horas).

O martes 29, na praza do Concello, emprazarase un stand Agresión Off entre as 11 e as 18 horas, con partici pación de alumnado de 1º de ESO. Engádese ao devandito a celebración de sesións con tacontos en streaming que ten como destinatarios estudantes dende 4º de Infantil ata 3º de Primaria. Outra iniciativa a ter en conta será o autodefensa dirixido a mulleres maiores de 18 anos que terá lugar na

Fieiteira o 26 de novembro en horario de 10 a 14 e de 17 a 21 horas, impartido por profesionais da Rede Galega de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero.

E na véspera, venres 25, a praza do Concello acollerá ás 11h un acto institucional, ademais de albergar unha per formance da soprano noiesa Esperanza Mara. O evento está aberto a toda a cidada nía, ademais de contar coa participación de alumnado de ESO e FP básica.

O Concello adheriuse tamén

Faladoiros de saúde e benestar para mulleres en Boiro

OConcello de Boiro programou unha manchea de actividades de interese co gallo do 25-N. Por exemplo, realizarase durante todo o mes un ciclo de charlas nomeado Mulleres e Saúde con servizo de ludoteca para facilitar a conciliación. As actividades que conforman este programa e se están a levar a cabo son as seguintes: o faladoiro A saúde das mulleres na menopausia (o mércores 9 de 17 a 20h, da man de Iria Cierto Buján, matrona), os obradoiros Encantada de coñecerme de saúde sexual para mulleres adultas (os sábados 12 e 19 de 11 a 13h, no CS de Boiro, imparte Jeane Costa, sexóloga de SEDRA), a charla Endometriose, a epi demia oculta (o mércores 23 de 17 a 19h, no CS de Boiro, imparte a sexóloga de QuerENDO Verónica Ramilo) e a xornada Menstruación sustentábel (o sá bado 26 de novembro de 11 a 13h, organizada polo Foro Ecolóxico de Boiro). Estas accións comple méntanse cun servizo de asesoramento sexolóxico facilitado por SEDRA - Federación de Planificación Familiar (698 126 048 e galicia@sedra-fpfe.org).

Rianxo ponse as botas contra a violencia machista

OServizo de Depor tes do Concello de Rianxo e a Pis cina Municipal de Rianxo organizan o vindeiro 26 de novembro a Andaina Rianxo en Negro, dentro dos actos do 25-N, Día Internacional da Elimina ción da Violencia Contra a Muller. A actividade desenvolverase o sábado 26 a partir das 9 horas. O percorrido está en fase de

deseño pero Deportes do Concello e a Piscina xa comunicaron que terá un itinerario de 15 quilóme tros e será de dificultade media, por camiños de Rianxo, Asados e Leiro. As inscricións poderán formalizarse en liña ou a través do Servizo de Deportes, nos pavillóns municipais e na Piscina Municipal ata as 14 h. do xoves, 24 de novembro.

 A través da campaña #unhaimaxepo relas búscase facer “unha homenaxe ás mulleres falecidas este ano por violencia machista”

tanto á X Andaina contra a vio lencia de xénero Campaña ao Respecto da Xunta de Galicia, como á campaña De Fronte da Deputación.

O Son participará na X Andaina contra a Violencia de Xénero

OConcello de Porto su mouse á décima edición da Andaina Solidaria contra a Violencia de Xénero, que se desenvolve baixo o lema Camiño ao respecto, con motivo das celebracións do 25N. Os detalles desta iniciativa impulsada pola Xunta xa pode mos consultalos polo miúdo en andaina.caminoaorespecto.gal.

O Concello explicou á cida danía que terá dous xeitos de participar:

Do 13 a 20 de novembro. As persoas interesadas poden participar camiñando polo Son, ao “seu ritmo” e pola ruta que elixan pre-deseñada a través de www.portodoson. gal/rutas ou deseñada segun do as súas preferencias. 20 de novembro ás 11:00

da mañá dende o Monte do Gozo.

Quen queira participar pode

solicitar o dorsal personalizado na web andaina.caminoaores pecto.gal.

17 Novembro 22 O Barbanza
AXENDA 25 N 

PATRIMONIO PERDIDO / RECUPERADO

O (des)proxecto do Faro do Corrubedo

da intemperie e da xente máis incívica, non tardará o día en que se converta en ruína.

Isto é o que pasa con moitos faros da nosa costa, e é o que acontece co Faro de Corrubedo, onde hai un proxecto para convertelo en negocio turístico pero o problema xa existía antes sequera de que a ninguén se lle ocorrera este proxecto e segue exis tindo hoxe en día, co proxecto enleado e entorpecido pola burocracia e a falta de diálogo e entendemento, a mesma burocracia, con outros nomes, que deixou ao faro sen persoal humano e sen contido.

Asentencia de morte do Faro de Corrubedo che gou o día en que deixou de ter presenza humana. Privar aos faros das/os fareiras/os non foi privalos só de traba lladores específicos e especializados, vitais para a seguridade no mar, senón deixalos desprovistos de mantemento diario, conservación, actividade, com poñente humano e contido. Significou deixalos nas mans do deterioro, que avanza moi rápido cando se trata duns edificios tan expostos ao mar e nun lugar tan senlleiro e solitario, tan expostos tamén a rapiñas e saqueos, a pintadas e lixos. Sen dúbida o des mantelamento da profesión de fareiro foi unha das decisións máis irrespon sábeis de cantas teñen tomado das administracións vencelladas ao mar e ao transporte, porque as consecuen cias de deixar estas construcións sen compoñente humano seguiremos sufríndoas durante anos.

En nome do futuro e do progreso quíxose apostar pola automatización, pero os sistemas automáticos non se pintan a si mesmos, non se arranxan cando o precisan, nin amañan unha xanela cando rompe. Un faro é moito máis que un sinal de luz. É un elemen

to turístico de primeira orde, tal e como se ten demostrado, polo que é fonte de riqueza e de orgullo, compendio das mellores manifestacións da ciencia, a civilización e a cultura. Tamén consti túe un edificio de gran valor histórico, de gran compoñente simbólico, fonte de inspiración para artistas e destino para seareiros das peregrinaxes. Se deixas un faro á vontade dos elemen tos climáticos, do desgaste do tempo,

Porque hoxe en día non hai nada máis baleiro na nosa comarca que o edificio da sirena do Faro de Corrube do, complemente desprovisto de nada que o protexa nin que regule o libre paso de persoas, cen por cen saquea do e transformado na súa totalidade nun semi-edificio de paredes espidas, portas caídas, xanelas rotas, portas tronzadas e, sobre todo, suciedade e abandono. Ningunha casa merece este destino, pero cando se trata dun inmóbel histórico construído nun dos promontorios de meirande beleza da costa galega, moi destacado durante décadas como elemento de segurida de marítima pero tamén como com plemento da impoñente paisaxe da

contorna, a onde acoden cada verán milleiros de turistas de toda Espa ña e Europa, os coidados deberan ser aínda maiores. O proxecto para convertelo en hotel non debera ser a escusa para este “mentres tanto”, esta “paréntese” de morte. O cartel infor mativo de reforma, posto hai pouco tempo, loce agora tirado no chan do patio da casa da sirena, para que a xente pase por enriba e o deteriore ao seu gusto. Hai entre os muros un aire de escenario de botellón que, como todo o mundo sabe, é unha das máis decisivas declaracións de falecemento de espazos urbanos que existen: o botellón é un estigma que non se bo rra, ten a capacidade de atraer outros botellóns, igual que o que se converte en marxinal e sórdido vén detrás cun ronsel de marxinalidades e deslucidos. Malia a presenza policial constante (cónstanos que son continuas as visi tas dos axentes dos diferentes corpos), parte dos obstáculos que impedían o acceso ao edificio da sirena (valados de protección e porta principal) foron botados abaixo para facer posíbel o acceso ao interior. Este inmóbel al bergaba no seu día nove buguinas de aviso ás embarcacións (a caseta das buguinas tamén está aberta), amais dunha vivenda destinada aos fareiros. O problema agrávase (amais de pola importancia histórica do complexo marítimo) polos riscos ao que se expón a xente que entra libremente no citado edificio.

O proxecto des-proxecto

Como dixemos, tanto este inmóbel como os restantes están pendentes de pasar a formar parte dun proxecto turístico e hostaleiro, que, segundo puidemos saber, estase a ralentizar pola natureza dos trámites e por diver sas trabas e entorpecementos relacio nados co complexidade do traballo a realizar.

Se ben moitos de nós consideramos que un faro é un faro e debera ser sempre un faro, está claro que é moito mellor ter un faro-restaurante-hotel, cun proxecto ben xestionado e res pectuoso coa contorna e cos edificios que lle serven de alicerce (tal e como prometía ser o proxecto do empresa rio local Anxo Rodríguez, un proxecto serio e ben concibido e estruturado), que ter unha ruína salvaxemente des truída como a que descubrimos agora ao remate da estrada do cabo, que provoca vergoña allea porque implica cousas como desleixo, ignorancia e atraso, tres ideas que nunca debera mos permitir que se levaran os turistas para as súas casas en relación á súa experiencia entre nós.

18 Novembro 22 O Barbanza
A marcha dos fareiros foi o inicio do declive da construción, que se ceba hoxe coas vivendas e o edificio da sirena
Por Fernando Sarasketa

E no lado oposto....

Ideas para recuperar a fábrica de salgadura de Quilmas

Opasado mes de setembro estivo en Quilmas (Car nota) un grupo de alumnas e alumnos do grao de Arquitectura de CESUGA (Centro de Estudios Superio res Universitarios de Galicia) para estudar polo miúdo

diferentes xeitos de recuperar a antiga fábrica de salgadura do porto.

Esta cuestión será, precisa mente, a temática central dos Proxectos de Fin de Grao dos preto de dez estudantes que se desprazaron ata o municipio. Alí foron recibidos

polo alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, e polo arquitecto municipal, que os acompañaron ata a vella nave.

A visita serviu para facer unha primeira inspección do lugar. Desta forma, os alumnos e alumnas inicia

ron os seus proxectos coa realización das medicións nesta factoría, que, segundo lembraron dende o Concello, foi “un lugar clave na produ ción industrial relacionada co salgado de peixe no século XIX”.

Ata final de curso, os estudantes seguirán tres liñas de traballo: por unha banda deseñarán proxectos innovadores para recuperar a factoría e, pola outra, expo

rán iniciativas que estimulen o turismo sustentábel en Carnota. Por último, elabora rán diferentes investigacións sobre o patrimonio do muni cipio co fin de completar os estudos xa existentes.

A iniciativa que se realizará en Carnota é a continuación dunha experiencia que xa levou a cabo, con anteriori dade, co Concello asturiano de Pesoz e co Concello das Pontes.

110.000 euros para rehabilitar a capela do Pazo de Goiáns

ADeputación da Coruña anunciou en outubro que vai destinar 88.000 euros para financiar o proxecto de rehabilitación da capela do Pazo de Goiáns, emprazado na parroquia de Lampón do concello de Boiro. O obxectivo é “frear o actual deterioro que está a sufrir” a dita construción. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, asinaron o convenio polo que a Administración provincial aporta 87.905 euros, un 80% do orzamento total da actuación, que ascende a 110.133 euros.

“Trátase dunha axuda importante por parte da Deputación para conti nuar coa recuperación do Pazo, na que xa investimos 1 millón de euros. Quedan varias edificacións anexas por restaurar, entre elas esta capela do século XVII”, sinalou o alcalde José Ramón Romero sobre a vindeira posta

 A intervención que se levará a cabo pretende consolidar, sen alterar a súa estética, os restos que se conservan integramente ou que permiten unha clara identificación do seu estado orixinal

en valor da capela, da cal explicou que ten a cuberta caída e que presen ta problemas no morteiro de cal que reviste os muros polo exterior, que “está desprendido por moitas zonas, o que permite a entrada de humidades”. Amais, engadiu, “as fachadas están inzadas de liques, musgos ou enreda deiras, e as carpinterías exteriores de madeira atópanse en moi mal estado,

ao igual cas reixas das xanelas”. Polo que respecta ao interior, “existe un altar totalmente cuberto de musgo, e a soleira está chea de escombros da cuberta”, apuntou o rexedor, quen recoñeceu que se ben na entrada mantense a cuberta, esta está en mal estado de conservación.

Así, a intervención que se levará a cabo pretende: consolidar, sen

alterar a súa estética, os restos que se conservan integramente ou que permiten unha clara identificación do seu estado orixinal; rehabilitar a cuberta, os muros e as carpinterías, mantendo a configuración interior da nave e do faiado. Ademais, instalara se unha nova iluminación e levarase a cabo a limpeza e tratamento interior dos muros.

19 Novembro 22 O Barbanza PATRIMONIO PERDIDO / RECUPERADO 

Libros contra as inclemencias

Helena Villar presenta De rosa antiga

Aescritora Helena Villar Janeiro, nada en Becerreá pero rianxeira de adopción, presentou este 12 de novembro a súa nova obra, De rosa antiga, no salón de actos do Auditorio de Rianxo. O acto, co-organizado pola Asociación Cultu ral Barbantia, contou coa presenza de Mar cos Calveiro (Editorial Galaxia), Mª Xesús Blanco (Barbantia), Adolfo Muíños (Alcalde de Rianxo) e a propia autora.

De rosa antiga, editada na colección

Dombate, conmemora as vodas de ouro de Helena Villar Janeiro coa poesía (19722022), unha escolma que achega unha significativa mostra do

Nova edición do Mini-Premio Eusebio Lorenzo Baleirón

OConcello de Dodro convocou unha nova edición da réplica miúda e xuvenil do Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, o Mini-Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, dirixi do neste caso ao alumnado da ESO e centrado en reivindicar, visualizar e recoñecer obras de foto-creación ou vídeo-creación.

Este concurso ten como obxectivos: promover a creación literaria, o uso da lingua galega e a creación artística entre a mocidade “que soña”, como diría o propio autor que dá nome a este certame.

As bases do premio poden consultarse na web municipal: www.dodro.gal. O prazo de pre sentación de creacións estará aberto até o 2 de decembro.

que leva dado de si a polifonía dun canto que se iniciou hai cincuen ta anos, con Alalás (1972).

Poeta serodia e non doada de situar nun

grupo establecido, participou no Colectivo Cravo Fondo (1979), cando as mulleres non interviñan nestas experiencias comu nitarias, e escribiu un dos primeiros poe marios femininos de contido erótico. Da voz intimista do inicio, a súa obra evolucionou cara a novas temáti cas e ritmos, desde a poesía mínima dos ini cios, que culminou nos haikus, ata contidos de carácter social ao redor das perspectivas feminista, ecoloxista e solidaria coa dor de todos os exilios.

Papel de estraza no Pazo de Goiáns

OPazo de Goiáns acubillou a presentación do libro Papel de estraza, de Fernando Salgado e Juan Otero. Papel de estraza é un libro edita do polo Concello da Illa da Arousa que recupera a memoria deste terri torio insular e que ten a súa orixe nunha historia moi coñecida na illa que relata como foi procla mada, da man duns veciños, unha república federal independente con goberno propio. Foi o 10 de outubro de

A historia de Alejandro Viana, en Ribeira

OCentro Cultural Lustres Rivas de Ribeira acolleu o 28 de outubro a presentación do libro Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos, do avogado e politólogo Roberto Mera, publicado por Belagua. O acto, organizado en colaboración coa Co misión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza, foi introducido por Marisol Guevara e Xulio Axeitos, da CRMH. Neste libro, dispoñíbel en versións en galego e en cas telán, Roberto Mera recupe rou para a historia a vida do seu tío bisavó, o deputado republicano Alejandro Viana (Ponteareas, 1877- México DF, 1952), cuxa interven ción foi decisiva para a evacuación dende Francia cara a América de 17.000 refuxiados republicanos tras

o estoupido da guerra civil española.

Pola súa transcendencia na recuperación da memoria democrática, o libro foi ga lardoado este ano co premio Antón Losada Diéguez, na categoría de Investigación e Ensaio.

A través dunha inxente documentación atopada

en diversos arquivos, Mera Covas constrúe unha obra amena e de áxil lectura para contar os dezaseis últimos anos da vida de Alejandro Viana, “un home íntegro e entregado aos demais”, que fuxiu a Francia co goberno da República e arriscou a súa vida, acosado pola Gestapo e a Falanxe, para

1934. As actas foron escritas nun papel de estraza, precisamente, a xeito de brincadeira humorística que final mente, polos avatares daquel período histórico convulso, rematou por incriminar ás persoas implicadas e mesmo condenalas. De feito, co estoupido do 36, boa parte dos homes que artellaron a xeito de broma o novo goberno independente da Illa de Arousa, cos seus cargos e os seus cometidos, foron asasinados.

salvar a decenas de miles de persoas antes de poder el mesmo embarcar cara ao exilio en México, onde morreu en 1952.

A epopea que narra este libro comeza co estoupido da Guerra Civil. Daquela Alejandro Viana tiña xa unha dilatada traxectoria vital e era un relevante persoeiro do empresariado, a política e a sociedade de Vigo.

Alejandro Viana, que puido pórse a salvo nos primeiros compases da guerra porque tiña os medios económi cos e os contactos nece sarios para facelo, optou por permanecer xunto ao Goberno da República no exilio francés e, á fronte do Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles, axudar os seus concidadáns na procura da liberdade, nun exemplo de entrega aos demais.

20 Novembro 22 O Barbanza  LITERATURA
O Barbanza ofrécenos en novembro diferentes opcións literarias para capear os temporais

Diferentes formas de reivindicar o galego

Política Lingüística ofrécenos en Ribeira e Noia un menú de tres espectáculos creativos para a rapazada

ASecretaría Xeral de Política Lingüística que dirixe Valentín García tennos deparados tres espectáculos para este mes de novembro, dous en Ribeira e un en Noia, todos co nexo común de visualizar, reivindicar e enxalzar o uso do galego, e coa vantaxe de facelo xogando, participando e creando. Unha destas propostas é Xogar e aprender en galego mola!, que chega a Ribeira o día 19 de novembro a partir das 12.00 horas, no Centro Cultural Lustres Rivas. Trátase dun espectáculo infantil de música e xogos, de Deza Music, que nos brinda lecer para toda a familia con moita diversión ao tempo que se promove o uso da lingua entre nenas e nenos.

Días máis tarde, o 25 de novembro a partir das 18.00 horas, chega ao Ca sino de Noia o espectáculo Cadernos de cores e cancións, unha proposta musical de Magín Blanco e Pablo Vidal. Trátase dunha función para público infantil e familiar que propón un

percorrido pola creación musical e lite raria das cancións. Partindo do legado dos trobadores e trobadoras, esta proposta de dinamización en formato concerto-obradoiro repasa diferentes cancións en lingua galega e facilita un espazo de interacción e intercambio co público para que, de forma colectiva, se cree unha nova peza.

A maiores, o 26 de novembro temos en Ribeira unha nova cita cultural do programa FalaRedes: o espectáculo

Falando a música, de Pablo Carpinte ro, a partir das 11.00 horas no Audi torio Municipal. Trátase dun concerto didáctico que mostra e pon en valor o noso patrimonio cultural musical ao tempo que fala da música como “manifestación cultural esencial para os humanos”. Está dirixido a todo tipo de público, pois achega información relevante sobre a nosa evolución como especie e os procesos de evolución cultural.

Convocado o quinto certame de podcasts en galego O Vello dos Contos

Vénse de convocar a quinta edición do Certame de Pod casts en Galego e Portu gués Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos, orga nizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santia go de Compostela, Arraia nos Producións e o colectivo Ponte… nas Ondas!, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Poderá concorrer a estes premios o alumnado de 10 a 18 anos dos centros de en sino de educación Primaria (de 5º e 6º cursos) e Secun daria de Galicia. Así mesmo, o certame está aberto ao alumnado da mesma idade das escolas do Norte de Portugal.

Presentaranse podcasts orixinais e inéditos relacio nados coa vida e obra e Francisco Fernández del Riego, o autor a quen se lle dedica o Día das Letras

Galegas en 2023, ou con outros aspectos do patrimo nio cultural material e inma terial de Galicia e do Norte de Portugal, cunha duración máxima de tres minutos.

Máis datos nas bases do certame publicadas no Portal da Lingua (lingua.gal) e máis na web de O Vello dos Contos (www.arraianos. com).

Máis de 40 actividades para celebrar o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

Este ano a celebración do Mes da Ciencia en Galego vén cunha completa axenda de actividades. Desen volveranse nas Biblio tecas na rede pública da Consellería de Cultura e Educación, FP e Universidades, así como nas biblio tecas escolares dos centros educativos da xeografía galega. Así, até o 30 de novem bro, a Biblioteca de Galicia, así como as bibliotecas públicas Miguel Ángel Garcés da Coruña; de Lugo; Nós, de Ourense; Antonio Odriozola, de Pontevedra; Ánxel Casal, de Santiago, e Juan Compañel, de Vigo, acollerán ata 44 actividades de divulgación científica como obradoiros de robótica, sobre cientí

ficas galegas ou mes mo de experimentos; contacontos, charlas e mostras bibliográ ficas. A programa ción completa pode consultarse vía web (lingua.gal/ciencia-engalego).

Ao mesmo tem po, as bibliotecas escolares da nosa terra tamén se unen a esta celebración promovendo o desen volvemento diversas

iniciativas relacio nadas coa ciencia. Nesta liña, o Portal Educativo (https:// www.edu.xunta.gal/ portal/) mantén un es pazo cunha selección de materiais sobre ciencia en galego, así como maletas viaxeiras que poden utilizar os centros de xeito temporal con temáticas arredor dos diferentes eidos científicos.

Desde a Conselle ría mantense, ade mais, unha selección de libros de divul gación científica en galego como apoio ao alumnado nos seus traballos de investiga ción. A isto súmaselle o proxecto Biblioteca Creativa, enmarcado no Plan LÍA a prol da introdución dun espazo de creación e experimentación na biblioteca escolar.

21 Novembro 22 O Barbanza
CULTURA 

In Memoriam de José María Fuentes Fernández "Chema", nos 50 anos do seu asasinato

A morte do mozo que levantou á USC

Santiago contra

o

franquismo

e

inspector e o sereno, diante da tenda compostelán Muebles El Cantón Gran de, escoitaron a un grupo de mozos que ían pola rúa, cantando e sen cau sar escándalo, á vez que chamaban ao timbre dunha residencia universita ria feminina, no segundo andar. Entón é cando Chema sepárase do resto do grupo e diríxese pola rúa Montero Ríos en dirección a Doutor Teijeiro, seguido por outro compañeiro, Camilo Cortizo. O inspector botou a correr detrás deles. Xa na rúa do Doutor Teijeiro, un coche patrulla parou aos mozos e, mentres estaban a identifica los, o inspector, a tan só cinco metros, efectuou dous disparos que acabaron coa vida de Chema Fuentes. Foi tras ladado á clínica Álvarez, xa morto.

que permanecía aberta, e noutros puntos da cidade; fixéronse barricadas con materiais de obras e cortáronse as rúas.

O Goberno Civil tivo que modificar a súa versión oficial e recoñecer que se produciu un abuso policial e o xulgado ordenou a detención inmediata do axente. Compostela era un fervedoiro que se trasladou a Outes cando miles de universitarios (máis de tres mil sinalaban as crónicas) déronse cita na pequena localidade para o enterro de Chema. As flores esgotáronse en toda a comarca e centenares de caraveis vermellos depositáronse sobre a tumba no medio dunha impresionante manifestación de duelo.

Vanse conmemorar, o 4 de decembro, os 50 anis da morte do estudante de Outes, José María Fuentes Fernández, fillo do coñecido doutor don Fernando Fuentes, e que estudaba Medicina na Universidade de Santiago, asasinado vilmente por un inspector de policía.

Sobre as circunstancias da morte do veciño de Outes, parece ser que non houbo motivacións políticas directas, pois nunca se soubo de ningún tipo de relación de Chema co movementos políticos.

Segundo se recolle nos medios de comunicación do día seguinte, o Go berno Civil en nota oficial destaca so bre o suceso que “…Funcionarios del Cuerpo General de Policía alertados de un posible robo en la calle General Mola fueron avisados por el sere no de la zona de haber oído ruidos sospechosos en un establecimiento de la calle General Pardiñas. Al acudir los inspectores dos jóvenes salieron corriendo sin que pueda precisarse de donde y fueron perseguidos por uno de aquellos funcionarios que les dio el alto; y al hacerle aquellos caso omiso, trató de conminarles disparando al aire como advertencia, y debido tal vez a la agitación de la carrera, uno

de los disparos efectuados alcanzó lamentablemente a uno de los jóve nes, que falleció poco después en una clínica.

Resultó ser D. José María Fuentes Fernández, estudiante de medicina, de veinte años de edad y domiciliado en Outes.”

Evidentemente tratábase de ir creando na opinión pública un suceso fortuíto, pois realmente non resulta nada crible esa versión.

Os feitos foron ben diferentes: O

O luns viviuse unha auténtica revolta en Santiago. Os alumnos celebra ron asembleas nas que se tomou a decisión de non asistir a clases e manifestarse pola cidade, a USC viuse obrigada a pechar as súas portas, houbo lanzamentos de cócteis molo tov, un deles na Facultade de Ciencias

 O Goberno Civil tivo que modificar a súa versión oficial e recoñecer que se produciu un abuso policial e o xulgado ordenou a detención inmediata do axente

O traslado do féretro que contiña os restos mortais de José María Fuentes á súa localidade natal de Outes foi unha auténtica demostración de que a súa morte non ía quedar impune. Miles de universitarios e composteláns viron pasar entre aplausos o cortexo fúnebre desde a Facultade de Medici na, onde se lle realizou a autopsia, ata a estrada de Noia. Despois produ círonse concentracións e cortes de tráfico e proclamas contra a violencia gratuíta dos efectivos policiais.

Quizais influído pola presión so cial e a da propia familia Fuentes, o Goberno Civil fala de “contradicións” nos informes, e ponse a disposición xudicial ao inspector J. M. Q..

O axente de 23 anos estaba adscrito ao servizo do DNI de Santiago e es taba realizando unha substitución na comisaría da cidade. O 7 de xullo de 1973 a Audiencia Provincial condena ao inspector a 17 anos, 4 meses e 1 día de cadea, ademais da indemniza ción á familia.

Nas datas do asasinato recóllen se noticias relacionadas co suceso, nas que se observan as numerosas adhesións de pésame e, con menor tratamento, os paros e manifestacións na Universidade de Santiago e folgas na maioría das universidades do Estado. A noticia provocou intensas reaccións de condena en moitos luga res de Europa, mentres nesas datas producíronse múltiples detencións de estudantes por todo o Estado español. O clamor chegou a outras cidades universitarias e Chema converteuse en todo un símbolo que o franquismo se viu obrigado a frear permitindo as protestas (a policía apenas interveu) e responsabilizando de todo ao axente que disparara.

Descanse en Paz, José María Fuen tes, Chema

Fontes: Revista Terra de Outes, Xoán Fco. Garcia Suarez. El Correo Gallego

22 Novembro 22 O
Barbanza
CRÓNICAS DA NOSA HISTORIA
Sepelio José María Fuentes Fernández Por Xosé Mª Fernández Pazos

A lenda do Abadiño e o secadoiro de bacallau (e III)

a Vigo onde fai 150 Tm de Sal e mais carbón para a segunda campaña. Volven desta derradeira campaña do ano a mediados de outubro con outras 300 Tn para secar en Insuela. Nesta segunda andaina o capitán é asturiano e o pesca e mais algúns técnicos de pesca son franceses. O resto da tripulación xa é enxebre. Coméntase o rápido que a mariñeiría galega lle colleu o xeito a esta arte.

Nas fotos podemos comprobar que o peirao de Insuela ten forma de Y onde a punta de pedra era común e logo un brazo polo norte que era dos Crusat e do sur dos Colomer. Nas dúas fotos vemos que as mulleres sempre camiñan polo do sur. Tamén notamos que hai botes atracados, eran os que facían as viaxes dende o barco fondeado por fora do Carreiro de Insuela (antes Pedra das Cabras). Un deles, o Carolina, tamén fai as via xes cargado co bacallau curado dende este peirao hasta Vigo e o patrón é o Sr. José María González Pérez, bisavó do noso paisano Juan Fernán dez, “Juanito o Pedreiro”.

Logo xa no ano 1925, seguen as campañas de pesca en Terranova, pero temos outros feitos que lles afectan:

de «Maldonado» partiéndose en dos mitades que son arrojadas por el mal tiempo a la playa.

Deste xeito sabemos que o barco do Abadiño esnafrouse contra a laxe do Camallón, na entrada do porto mais antigo da Ría. Qué pasou? Pois que estando fondeado o Melitón na abra de Insuela, o patrón deixoulle o Caro lina abarloado, pero pola noite caeuse un temporal que se zafou e foi a deriva hasta colidir no Camallón.

Vese que lles facía falta, xa que asemade no agosto, o señor Esmeral do cómpralle o balandro Paquito a D. José Barreras e un socio, da Pobra. Este barco, moi vello, xa fora dos Villoch, feito no século anterior.

O Melitón Domínguez torna da segunda campaña dese ano para a que saíra o 2 de xuño, con xa toda a tripulación galega, durou dos meses e dez días, con 170 Tn de peixe que deixou en Insuela. Logo a finais de agosto xa está en Vigo alistando para a terceira campaña.

Alá polo 1923, o señor Es meraldo, xunta cos seus dous irmáns fóronche a La Rochelle (Francia) e compraron un barco. Trouxérono para Vigo e nos estaleiro Sanxurxo fixéronselle reformas, logo unha volta atracado no molle de Vigo para meterlle unha nova máquina, a un pesqueiro que viña do mar, algo lle fallou que colidiu pola súa metade fundíndoo, reflotárono e montáronlle a nova máquina, puxéronlle de nome MELITÓN DOMINGUEZ. Estes armado res metéronse nun alto risco de perder todo xa que fixeron esta operación só cos seus propios capitais sen axudas das institucións nin outros xeitos de financeiros.

O primeiro viaxe foi a Sevilla, xa dixen que eran xente sevillana, logo subiu de volta e marchou para Terranova para a pesca do bacallau. Era a primeira volta que se ía a eses mares por barcos es pañois dende facía mais de dous centos anos. A oficialidade era francesa.

Chegou de volta o 24 de xuño do 1924 da campaña con 300 Tns de bacallau que deixa nos secadoiros de Palmeira para a súa curación e largalo ao mercado. Logo volve o 5 de xullo

galeón Carolina varado na praia de Insuela debaixo do serradoiro dos Crusat (hoxe chalés), o señor de pantalón branco, seguramente e D. Francisco Maldonado.

Segundo o señor pobrense Carme lo Domínguez (o Canalejas) no seu coñecido diario con data 22 de xullo do 1925, escribe: Va a la costa sobre el “Camallón» (Palmeira) el motor EDITA:

redaccion@obarbanza.gal

MAQUETACIÓN E DESEÑO: Óscar Louzán

FOTOGRAFÍA: Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa Antonio Parada Abelardo Soler - Abso Adolfo Enriquez Calo

PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal

CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal

A NOSA WEB www.obarbanza.gal

Segundo Alfredo Lago, Don Fran cisco vendeu a súa parte porque, se gundo ten oído na casa, que non era rendible, emporiso, como era home de leis seguramente botaba de menos a “pleitoloxía” e xa a partires de aquí atópase por Vigo nesas ocupacións, e case sempre de xuíz accidental de primeira instancia practicamente hasta a guerra civil.

Hasta cando permaneceu o secadoiro?

Pois de momento non o sei nin o busquei.

En canto ao alcume Abadiño, non sei se ten algunha relación co homó nimo de Ribeira. Especulando podería ser que quen comprase esas insta lacións de Insuela tamén levase cos bens o alcume, aínda que neste caso non semella porque os amigos cai xeiros dinme que se chamaba Pérez Martínez da rama dos Nafonsos. Pero tamén sabemos que moitos dos “alias” que nos poñemos uns os outros non son exclusivos dun único lugar e así vémolos repetidos en varios pobos da bisbarra. Un exemplo práctico PERO LO, hainos na Ameixida, Palmeira, Pobra, Ribeiriña e Escarabote, que eu saiba.

IMPRIME: TAMEIGA, S.L. Número 41 (Novembro 2022) Publicación periódica. Prezo: 1,50 € Depósito Legal: C 668-2019 I.S.S.N.: 2659-8256

23 Novembro 22 O Barbanza CRÓNICAS
DA NOSA HISTORIA
Descarga de bacallau en Insuela O
GRUPO CÓDIGO CERO COMUNICACIÓN S.L. Rúa das Hedras nº 4, 1º G 15895 Ames (Milladoiro) Tel.: 981 530 268 - 608 240 160 Foto pax. 1, 2, 15 e 17: Freepik
DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com REDACCIÓN: Fernando Sarasketa Sonia Pena
O Barbanza

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.