O Barbanza 42-43

Page 1

(pero

obarbanza @obarbanzagal @o_barbanza 608 240 160 O Barbanza Decembro 22 Número 42
a dúbida, comercio local CONGALSA solidaria e creativa
3/8 14 9/11
eventos
confraternidade A nosa web: obarbanza.gal
Baile de proxectos Ante
Os concellos saúdan o novo ano anunciando importantes novidades
As patronais recordan nas súas campañas os beneficios de mercar aquí A empresa celebra o Nadal con concursos e
de
de agora) Un Nadal coma os de antes
Foto: Alicia Domínguez - Estudio Aldolfo Enríquez Foto: Concello de Rianxo Foto: X. Sobrino Foto: Estudio Aldolfo Enríquez
A comarca recupera (e mellora) os formatos festivos tradicionais

Ribeira máis solidaria

e ademais unha pequena zona administrativa xa que se trata dun aloxamento temporal”.

O

Concello habilitará

a

OConcello de Ribeira vai habilitar con fondos europeos un centro de acollida de persoas en situación de vulnerabilidade social. Será nun inmóbel da antiga casa da cultura de Carreira, con acceso dende a rúa Outeiro e que serviu, entres estaba activo, de aula de emprego. O proxecto materializarase a través do proxecto Máis Ribeira Atlántica. Segundo informou o Concello, para levar a efecto a creación deste novo servizo acábase de sacar a contratación as obras de reforma do edificio en cuestión.

Para acondicionalo como casa de acollida, fontes do Consistorio engaden que “cómpre habilitar os espazos existentes como espazos propios dunha vivenda: dormitorios, zona común, cuartos de baño

antiga

aula de

emprego

de Carreira como centro de acollida de persoas vulnerábeis

Con tal motivo, será acondicionada a envolvente existente do inmóbel tanto exteriormente cun revestimento tipo SATE, como interiormente a través dun trasdosado autoportante, ambos con illamento de la mineral para mellorar a eficiencia enerxética.

En canto á distribución interior, o centro de acollida contará con tres dormitorios, dous baños, unha zona común, un distribuidor e unha zona de administración. A superficie útil é de 85 metros cadrados e a construída, de 111.

O orzamento do proxecto de reforma ascende a 172.899,96, IVE incluído. O prazo de execución son catro meses. A contratación forma parte da EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado) Máis Ribeira Atlántica, que está co-financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE).

Unha delegación turca visitou a EDAR de Couso

Unha delegación procedente da cidade turca de Yüksekova visitou o pasado 16 de decembro a EDAR de Couso, froito do interese das autoridades locais por tomar o exemplo desta infraestrutura para a construción dunha depuradora de augas residuais na súa localidade, proxecto que está financiado con fondos europeos no obxectivo de alcanzar as esixencias en materia ambiental das directivas

comunitarias.

A comitiva, que foi recibida polo alcalde Manuel Ruiz e por membros da empresa FACSA que se encarga da xestión da instalación, estivo formada por unha decena de persoas entre representantes da municipalidade de Yüksekova, do equipo de implantación do proxecto, do Ministerio de Medio Ambiente turco e da Unión Europea. Estiveron acompañados por técnicos de Applus, empresa

que, en colaboración de Planet Turkey, está a prestar asistencia técnica para a implantación do proxecto, deseñado para unha poboación de 70.000 habitantes e cun caudal medio de 15.500 m³/día.

Un dos membros de Applus, Ángel Castro, explicou que se seleccionou de entre toda a España a depuradora de Ribeira polas similares características ás que se está a construír na localidade turca.

Neste senso, a liña de tratamento prevé un sistema de aireación prolongada con reactores de tipo carrusel, con decantación secundaria e sen dixestión de lodos: prestacións moi similares á que posúe a planta ribeirense, que é, en palabras do Concello, “unha das máis modernas de cantas se teñen construído en Galicia nos últimos anos”.

Axenda Urbana para construír unha cidade máis humana

OConcello de Ribeira presentou a primeira proposta do seu Plan de Acción da Axenda Urbana orientado, en palabras do Goberno local, “á construción dunha Ribeira máis eficiente e sustentábel”. Na presentación participaron Manuel Ruiz Rivas, alcalde de Ribeira, e Sonia Hernández Partal, subdirectora adxunta de Políticas Urbanas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, quen

salientou“a calidade da proposta de axenda de Ribeira”, que levou a que fose seleccionada como proxecto piloto a nivel nacional. Tamén interviñeron representantes de TECH Friendly, a empresa que desenvolveu o proxecto de Axenda Urbana, encargados de explicar os resultados obtidos á hora de confeccionar a folla de ruta, este último “un factor vinculante á hora de captar futuros fondos europeos”, sinalaron.

As actuacións prioritarias enmárcanse en catro eixos: Ribeira Intelixente (que busca mellorar a Administración Electrónica e facilitar os trámites en liña, amais de crear un laboratorio cidadán para impulsar a participación veciñal), Ribeira Eficiente (que favorecerá a mobilidade en bicicleta e impulsará plans de transición enerxética), Ribeira Turística (que porá en valor o patrimonio cultural e creará novas áreas verdes) e Ribeira Humana (que creará un programa de integración para colectivos vulnerábeis e mellorará a planificación urbanística).

A totalidade do proxecto de Axenda Urbana, incluíndo as fases realizadas e os resultados obtidos, pode consultarse na web agendaurbana. ribeira.gal.

3 Decembro 22 O Barbanza Ribeira  ACTUALIDADE 
Edificación actual que será rehabilitado como centro de acollida

Barbanza

ACTUALIDADE

A Pobra do Caramiñal

A importancia de comprar preto da nosa casa

Mercar no comercio da Pobra ten recompensa coa 3ª campaña Raña e gaña

OConcello da Pobra do Caramiñal, o DEAN. shop eCommerce e a Asociación de Empresarios alíanse un ano máis arredor da campaña de dinamización comercial Raña e gaña, que chega á súa terceira edición. Faino ademais cunha máis que destacada colaboración do tecido empresarial, nomeadamente de CONGALSA, JEALSA, Grupo Roig e Conservas Ramón Franco. A campaña, segundo explicaron os seus impulsores na presentación da mesma, busca “vigorizar a actividade económica do municipio na época do Nadal” e “xerar ilusión co repartimento de máis de 60.000 rascas que agochan un total de 664 agasallos directos por un importe aproximado de 15.000 euros.”

En palabras da concelleira da Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra), trátase dunha campaña “moi ilusionante” tanto “pola rede que se

crea entre os comercios” coma “pola cantidade de presentes para repartir nestas datas sinaladas”; entre eles, a viaxe familiar a Eurodisney que pro-

O Fab-Lab pobrense dinamízase cun servizo de apoio técnico

OConcello da Pobra do Caramiñal incorporou un novo servizo na Casa da Mocidade. O Fab-Lab alí situado conta con apoio técnico aos xoves, de 16.30 a 20.30 horas, e aos sábados, dende as 10.00 ata as 14.00 horas.

O alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e o concelleiro da Mocidade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), indicaron que a finalidade é “dinamizar este espazo para que a cidadanía da contorna, con independencia da

súa idade, faga uso das ferramentas ao seu dispor como son, por exemplo, as impresoras 3D”. Ofrécese, ademais, asistencia para a fabricación dixital, elaboración de proxectos de prototipaxe rápida, deseño tridimensional e gravado con láser ou fresa, entre outras posibilidades.

Tamén se promoven iniciativas comúns para aquelas persoas que non teñan un proxecto privado, pero queiran formarse ao tempo que demostran a súa creatividade.

Alianza da Pobra e Boiro polo emprego feminino

Achegar formación e mellorar a empregabilidade dun cento de mulleres dos municipios que forman Barbanza Arousa son os obxectivos da folla de ruta do Programa Integrado de Emprego para o período 2022/2023 que impulsan as administracións locais de Boiro e da Pobra do Caramiñal. Subvencionado pola Xunta, o programa está dirixido a cen mulleres demandantes

iniciativa que tamén destaca pola súa dimensión social porque “somos unha comunidade de persoas que axudamos persoas”, tal e como fixo fincapé a directora de Relacións Institucionais de JEALSA, Margarita Hermo.

As técnicas municipais, Sara Sánchez e Ángeles Tubío explicaron que a campaña segue a dinámica de anteriores convocatorias: “Os rascas distribuiranse en 55 establecementos comerciais e de servizos da localidade, que contarán cun distintivo, entre o día 3 de decembro e o 5 de xaneiro, ambos incluídos”. Participarán, ademais, negocios de distinta natureza que “son o reflexo da listaxe heteroxénea de obsequios”, sinalaron, engadindo que por cada dez euros de compra entregarase unha tarxeta que pode presentar a lenda Grazas por apoiar o comercio local ou resultar premiada e especificar o agasallo e a tenda onde se debe recoller. No caso concreto das contribucións das empresas colaboradoras, será preciso achegarse ata a Oficina do Turismo, onde o persoal municipal encargarase da xestión ao permaneceren os artigos alí expostos. A atención ao público é de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas. O prazo para recoller os premios será ata 28 de febreiro de 2023.

de emprego dos concellos da Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira. Deberase acadar un 45% de inserción laboral.O curso teórico-práctico ten unha duración de doce meses e divídese en catro módulos: administración, marketing e atención á clientela, alimentación e almacén. Trátase dun programa dinámico para facilitar a asistencia das participantes: combinación

de modalidade presencial e online ou adaptación dos contidos ás necesidades detectadas son algúns dos exemplos.

Ademais, haberá unha bolsa de participación de 7 euros diarios por xornada de asistencia.

O proceso de selección xa está aberto. Máis información a través das seguintes vías de contacto: emprego@boiro.gal, 650042409 e 659247963

(Concello de Boiro) e 981377610 ou 981377625 (Concello da Pobra do Caramiñal).

4 Decembro 22 O
porciona CONGALSA, representada no acto pola directora de relacións externas, Isabel Cañas, quen avogou por mercar nas tendas da Pobra. É unha

Boiro

Boiro máis social

a máis de 50 persoas con algún dos servizos financiados mediante este programa”, recoñeceu Raúl Treus.

O Concello destina o

POS

OConcello de Boiro, a través do departamento de Servizos Sociais que dirixe Raul Treus, investiu un total de 111.083,33 euros do Plan Único Concellos (POS) da Deputación da Coruña para gastos sociais extraordinarios. O importe total destinouse a financiar persoal técnico, axudas de emerxencia, ampliación do servizo de axuda a domicilio, conciliación e respiro familiar e adquisición de equipamento técnico.

Segundo explican dende Servizos Sociais, nos anos anteriores estes fondos axudaron a contribuír á recuperación económica, social e da saúde das familias con axudas directas destinadas a cofinanciar pagos ou servizos pero, neste ano, destinouse a cantidade provincial a axudar tamén dende o punto de vista da saúde mental e física. “Gracias a esta contribución provincial puidemos chegar

Licitadas as melloras de camiños en Cures, A Cuncheira e Mieites

OConcello de Boiro sacou a licitación as obras para a mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas en Cures, A Cuncheira e un camiño de Mieites a Cures. As actuacións, dun importe de 59.036,66 euros atópanse en fase de presentación de ofertas ata este 20 de decembro.

de gastos

sociais extraordinarios

ao financiamento de persoal e medios técnicos

Así, reforzouse a área coa contratación de psicólogos e persoal técnico que, ata final de ano, continúan atendendo a algo máis de 30 persoas mediante o servizo de psicoloxía de adultos e infantil-xuvenil. “Estamos moi contentos do traballo feito e de que, gracias a esta asignación, puidésemos chegar á poboación con algo tan importante como é a saúde mental”, afirmou o concelleiro, engadindo que foron destinados algo máis de 12.000 euros para programas de axudas de respiro familiar, para persoas e familias con persoas dependentes ao seu cargo; e uns 6.000 euros foron destinados a financiar medidas de carácter extraordinario como o pago de alugueiros, luz e gas en casos de extrema urxencia, tratamentos dentais non cubertos polo sistema público e outras compras como poden ser lentes. Mediante esta achega provincial o Concello de Boiro adquiriu tamén 5 novos guindastres que, en calidade de préstamo, cédense a familias con persoas dependentes e que precisan deses medios técnicos.

O Concello explicou que o proxecto que se pretende levar a cabo consiste na mellora do firme de camiños rurais de titularidade municipal co obxectivo de “impulsar a cohesión social e territorial e mellorar a vertebración do territorio e das condicións de vida e traballo no rural”.

Trátase de vieiros rurais nun estado deficiente,

que dificultan a accesibilidade e a interrelación entre pequenos núcleos, o tránsito de vehículos e tamén o acceso a parcelas agrícolas, recordan fontes do Consistorio boirense, engadindo, máis concretamente, que en Cures actuarase nun camiño de 439 metros lineais e un ancho medio de 6 metros; na Cuncheira nun camiño dunha lonxitude de 235 metros lineais e un ancho medio de 4 metros; e entre Mieites e Cures nun camiño de 1.472 metros lineais e un ancho medio de 4 metros. O que se pretende nos tres puntos é “o planeo con apertura de cunetas e o seu pavimentado con saburra e rega asfáltica”.

As actuacións teñen un orzamento de 59.036,66 euros, financiados mediante o remanente de tesourería do ano 2021 do Concello de Boiro.

Novo servizo para persoas con deterioro cognitivo

OConcello de Boiro estreitou a súa colaboración coa Asociación AGADEA, centrada en dar servizo ás persoas maiores con doenzas neurolóxicas e ás súas familias. Farao habilitando no termo municipal un novo servizo de estimulación terapéutica dirixido a persoas maiores con deterioro cognitivo. Na presentación deste servizo participaron o

concelleiro de Servizos Sociais, Raúl Treus; a presidenta de AGADEA, Isabel Gey; e a coordinadora do Centro de Día Alzhéimer de Ribeira, Laura Somoza.

A Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia tipo Alzhéimer (AGADEA) vai levar a cabo en Boiro un servizo de terapias dirixido a persoas maiores con deterioro cognitivo e persoas con demen-

cias neurodexenerativas como o alzhéimer, frontotemporal, corpos de Lewy... “Retomamos este traballo que é moi importante para as persoas diagnosticadas porque axuda a previr o deterioro, e tamén para as familias porque contribúe ao respiro familiar”, afirmou o concelleiro Raúl Treus, engadindo que o obxectivo destas actividades é “retardar o deterioro da enfermidade; traballar a memoria, a orientación, a linguaxe e o cálculo, ou mellorar a calidade de vida e as relacións interpersoais”. Isabel Gey engadiu que tamén se traballará na formación.

O servizo de estimulación terapéutica vaise levar a cabo no Centro Social de Abanqueiro os luns, mércores e venres en horario de 15.30 a 18.30 horas.

5 Decembro 22 O Barbanza
 ACTUALIDADE 

Rianxo dá un paso adiante na loita contra os incendios

Rianxo contará no 2023 cunha das tres primeiras Bases de Unidades Operativas (BUO) dos servizos de loita contra o lume. Esa base será o centro de operacións dos equipos de extinción, e alí concentraranse non só as brigadas contraincendios, senón tamén outros traballadores do servizo, como axentes forestais ou condutores das motobombas. Tamén haberá espazo para o parque de vehículos vinculado aos operativos. A Consellería do Medio Rural e o Concello chegaron a un acordo para a cesión dunha parcela no Polígono do Te para a implantación do servizo.

Sobre o terreo cedido polo Concello levantarase un complexo cunha superficie total de 400 metros cadrados. A base contará con zona de descanso para o persoal de extinción de incendios, vestiarios, aseos, despachos e almacéns para o material. Fóra

habilitarase o garaxe para vehículos e motobombas.

Nestas instalacións de nova creación, que se estima estarán operativas antes de que arrinque a nova

Impulso á rede de abastecemento entre A Casilla e Pousada

tempada de alto risco de incendios o vindeiro verán, investiranse máis de 635.000 euros.

O Concello salientou na oportunidade da cesión “a cooperación necesaria

con outra institución”, neste caso a Consellaría de Medio Rural da Xunta de Galicia, para “potenciar a loita contra o lume de toda a bisbarra, cun servizo de vocación comarcal e que beneficia a varios concellos e non só o propio Rianxo na loita contra os incendios forestais”.

O Concello explicou tamén que “dende un primeiro intre o equipo de Goberno rianxeiro ofreceu a colaboración necesaria ás autoridades autonómicas para subministrar esa parcela de equipamento de grande valor patrimonial mais que así, con esta nova utilidade, acollerá un servizo esencial para a comunidade”. Deste xeito, engadiron fontes do Consistorio, “Rianxo beneficiarase coa creación no municipio dunha base operativa con amplos recursos materiais e humanos” e cunha localización privilexiada no polígono dende a que gozar dunha ampla visión da contorna e unha boa accesibilidade ás principais vías de comunicación, en especial á autovía do Barbanza desde onde encamiñar os operativos terrestres.

Desde as autoridades da Xunta agradeceron ao Concello a dilixencia, apoio e interese por este proxecto.

978.700 euros do Goberno para rehabilitar o Pazo do Martelo

Oproxecto para rehabilitar o Pazo do Martelo, en pleno núcleo urbano de Rianxo (edificio declarado BIC e hoxe en día sede da Biblioteca Municipal), recibiu os días pasados un

imporante impulso coa concesión dunha subvención outorgada polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Estes fondos, pertencentes ao PIREP (Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios

Públicos) e adicados a actuacións de rehabilitación en edificio públicos, achegan unha contía de 978.700 euros para o proxecto de rehabilitación do Pazo de Martelo impulsado polo Concello de Rianxo.

OConcello de Rianxo está a impulsar a colocación dun treito da rede de abastecemento municipal no Araño entre A Casilla e Pousada. Ao abeiro destas obras, que se sufragan con fondos propios, aproveitaranse as actuais obras de instalación das beirarrúas impulsadas pola Xunta na AC-305 para instalar xa a tubaxe de subministro

que se conectará coa rede xeral. Segundo informou o Concello, este será un novo paso para dar continuidade ao servizo de abastecemento desde a zona de Outeiro en Taragoña e no que restará para a súa conclusión apenas 200 metros para a ligazón completa. Un tramo que se prevé realizar a continuación, nos vindeiros meses.

Anticipando tamén o futu-

ro saneamento da aldea de Pousada, esta intervención contempla tamén unhas arquetas que darán saída aos sumidoiros aos que se enganchará a rede xeral nas obras de saneamento da aldea. Esta obra, saneamento de Pousada, forma parte do Plan Único da Deputación e prevese licitar nunhas semanas. Contará cun orzamento de 222.000 euros.

6 Decembro 22 O Barbanza
O Polígono do Te acubillará unha das tres bases de operacións do servizo de extinción de lumes
 ACTUALIDADE 
Rianxo

Outes rende homenaxe a Chema

A veciñanza e o Concello recordaron ao estudante José María

Fuentes Fernández

nos 50 anos do seu asasinato

Opasado 3 de decembro, cumpríndose 50 anos da morte de José María Fuentes Fernández, Chema, o Concello, a cidadanía e o tecido asociativo de Outes quixeron render homenaxe ao seu veciño, asasinado en 1972 na noite do 3 ao 4 de decembro por un policía que lle asestou dous tiros polas costas, a sangue frío, no Ensanche compostelán. No acto, no que participou a familia do rapaz asasinado (que agradeceu a homenaxe e as mostras de agarimo), leuse unha declaración institucional aprobada por unanimidade pola Corporación municipal e descubriuse unha placa na súa honra.

Chema Fuentes foi un estudante de Medicina da USC que na devandita noite tivo a mala fortuna de cruzarse no camiño dun axente que practi-

camente non precisou provocación algunha para disparar e acabar coa vida do rapaz: literalmente tiña que asasinar a alguén si ou si, nunha clara

e un venturoso 2023

mostra de abuso profesional e de incapacidade para desempeñar a súa profesión.

Chema Fuentes Fernández foi un

Placa na honra de José María Fuentes Fernández, Chema.

mozo de Outes estudante de Medicina que en 1972, durante a última etapa da ditadura franquista, morreu asasinado en Santiago por un axente de policía, na rúa doutor Teijeiro, logo de telo parado un coche patrulla e mentres lle realizaban a identificación. A morte de Chema, fillo do coñecido doutor don Fernando Fuentes, provocou unha auténtica revolta en Santiago, sobre todo porque veu acompañada dunha versión errónea dos feitos que tentaba exculpar ao policía. Nos días posteriores ao tráxico suceso, Santiago foi unha polvoreira chea de folgas, barricadas, sindicatos estudantís, manifestacións multitudinarias e berros demandando xustiza e reparación.

7 Decembro 22 O Barbanza
Corporación
deséxalles unhas Felices Festas! Outes  ACTUALIDADE 
A
Municipal

ACTUALIDADE

Porto do Son

Historia recuperada

Sen dúbida un dos máis destacados proxectos municipais de Porto do Son dos que van coller corpo este ano 2023 é o proxecto para converter a Casa Ríos en museo do traxe, iniciativa que vén de ser obxecto dunha subvención do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, ao abeiro do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos. O proxecto, que segue o ronsel doutras iniciativas previas de recuperación urbanística, arquitectónica e cultural do Concello como a remodelación integral da fachada marítima da vila sonense, recibirá 241.500 euros dos ditos fondos PIREP, conformándose un orzamento total de 504.000 euros (grazas tamén ás achegas do Instituto Galego de Vivenda e Solo, o IGVS, que contribúe co investimento restante).

Por certo que amais do museo do traxe, o inmóbel, situado na avenida de Galicia, tamén dará acollida ao novo salón de plenos da Corporación local. Trátase dunha antiga casa mariñeira de importante valor histórico e patrimonial, catalogada no Plan Xeral de Ordenación Municipal, características que serán mantidas e potencia-

O Son regulará o urbanismo das súas contornas históricas

ACorporación municipal de Porto do Son aprobou este outono a autorización de acceso ao fondo de cooperación do Instituto Galego de Vivenda e Solo que permitirá á Administración local o desenvolvemento dos dous plans especiais de protección e reforma interior pendentes de seren materializados por, sinalou o Concello, “implicar un elevado investimento”. Coa redacción de ambos os plans búscase “poñer en valor os cascos antigos e potenciar os elementos de interese monumental

e de tradición mariñeira, amais das fábricas de salgadura e os cruceiros”. Amais, buscarase a eliminación das “arquitecturas disonantes” e “apostarase pola rehabilitación respectuosa coa arquitectura tradicional”. Tamén se porá o foco en evitar o deterioro das vivendas dos núcleos antigos.

O importe da actuación ascende a un total de 350.900 euros que serán financiados a través dun fondo que o IGVS pon ao dispor dos concellos para financiar intervencións de rehabilitación e conservación do seu patrimonio.

 O proxecto, segue o ronsel doutras iniciativas previas de recuperación urbanística, arquitectónica e cultural do Concello como a remodelación integral da fachada marítima da vila sonense.

das no proxecto (coa conservación da fachada tradicional mariñeira e dos muros exteriores, entre ouros elementos). O plan de traballo prevé concentrar a meirande parte dos traballos de remodelación no interior, poñendo o foco en recursos que garantan a sustentabilidade e accesibilidade do inmóbel.

Segundo fixo saber a tenente de alcalde, María Maneiro, o obxectivo é poñer en valor este edificio como “un espazo público” e que se garanta un servizo flexíbel e variábel, que sirva tamén como salón de plenos da Corporación (que a día de hoxe se celebran no Centro de Interpretación del Castro de Baroña), e como recinto expositivo da nosa tradición téxtil. De feito, segundo confirmou Maneiro, a Asociación do Traxe Galego (moi vencellada a Porto do Son) colaborará amplamente co proxecto, e farao de primeiras cedendo unha parte relevante da súa colección.

A AEP celebrou o seu tradicional Mercado de Nadal

Opasado 11 de decembro volveu a Portosín o seu Mercado Navideño, organizado novamente pola Asociación de Empresarios de Portosín (AEP) en colaboración co Concello sonense e a Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín. Segundo fixo saber a patronal, a experiencia “foi un auténtico éxito”, tanto polo número de postos e a calidade dos produtos achegados, como polo público asistente, entre o que se atopaba o alcalde Luis Oujo. No mercado, instalado na praza do Curro, participaron as empresas asociadas á AEP cunha manchea de produtos e propostas de agasallo. Esta ano contouse ademais cun obradoiro de galletas de

Nadal para os máis pequenos da casa. O programa de actividades incluíu tamén un Bingo de Nadal e a tradicional

chocolatada. A festa pechouse coa visita de Papá Noel, que veu disposto a fotografarase coa rapazada.

8 Decembro 22 O Barbanza
Porto do Son porá en valor unha emblemática casa mariñeira converténdoa en museo do traxe e espazo de sesións plenarias
obarbanza @obarbanzagal @o_barbanza 608 240 160 Decembro 22 Número 43 Tres piares firmes: lecer, innovación e cultura Barbanza factoría literaria Historia dun Concello 10 12/13 A Deputación envorca esforzos coa comarca Celebramos o cambio de ano con libros e cultura Ribeira rende tributo á súa primeira Corporación 14 Especial Nadal Especial Nadal Os programas de Nadal dos nosos concellos veñen cheos de propostas (e cantidade) Axenda de calidade Fotos: Alicia DomínguezEstudio Aldolfo Enríquez

Nadal

en Ribeira

O Concello achegou unha extensa programación de actividades descentralizadas

Aconcelleira María Sampedro presentou a axenda municipal de actividades para o Nadal en Ribeira, un extenso e diverso programa de programas que arrincou o venres 16 co Festival de Nadal de Amas de Casa a beneficio de Cáritas Parroquial. O programa tivo continuidade ao día seguinte, sábado 17, co Festival de Nadal de Bailadela.

“Será unha axenda para animar as rúas, núcleos e parroquias de Ribeira”, sinalou a edil de Cultura facendo referencia á totalidade do programa.

Segundo engadiu, o programa Nadal Cultural desenvolverase sobre todo en horario de tarde “con propostas e accións para todos os públicos”, con especial aposta por aquelas actividades de carácter infantil-familiar e tamén con accións e festivais impulsados “polo noso tecido social e entidades culturais”, como as devanditas propostas do 16 e o 17.

Sampedro recalcou que a gran protagonista será, con todo, a poboación infantil, cunha programación gratuíta no Auditorio Municipal ás sete da tarde, dende o luns 26 de decembro ata o 4 de xaneiro, de diferentes espectáculos, comezando por Axudante de Papá Noel, proxeccións de cine como o filme Donkey Xote, actuacións de

maxia co Mago Paco, propostas de monicreques como Un nadal cheo de contos e Sabela e o paxaro máxico da compañía Tarabelos, así como espectáculos musicais a cargo de Musicreques ou de Gallaecia Eventos coa función Cantando con Pinocho Para pechar as propostas no Auditorio tamén se contará o 7 de xaneiro co Festival de Tahume.

Nesta edición abriranse de novo as portas do Espazo Municipal de Usos Múltiples con diferentes actividades baixo o nome Nreda no Nadal. Alí os días 23, 24, 29, 30 e 31 de decembro, e 4 e 7 de xaneiro haberá de xeito gratuíto inchábeis, obradoiros

de globoflexia, mascotas animadas, animación musical e tamén uvas de gominola o 31 para para festexar o fin de ano infantil, e unha Festa de Reis o día 7. Neste mesmo recanto estará habilitado o Espazo Concilia no que as familias poderán deixar aos nenos e nenas mentres realizan as súas compras de Nadal.

Así mesmo, volverá funcionar o Recuncho de Nadal na praza de Porta do Sol. A casiña de madeira abrirá as súas portas ao Apalpador, a Papá Noel e ao Carteiro Real dende o 23 de decembro para que os máis pequenos poidan achegarse a visitar a estas personaxes e deixarlles as súas cartas e desexos. Ademais recibirán rifas de balde para o sorteo dos tres agasallos que como é habitual sortean os Reis Magos o día da Cabalgata dende o balcón do Concello.

Os días máis destacados, como son o sábado 24 de decembro e o sábado 31, o Nadal tamén sairá á rúa. Haberá parques de inchábeis na rúa Galicia, o tren expresso de Oriente percorrendo a cidade, así como ruadas musicais coa charanga Fanfarria Furruxa.

Ademais, o sábado 24 está programada unha sesión vermú do grupo local Rockolas, o venres 30 ás nove e media co grupo Blow, e o 7 de xaneiro outra sesión vermú do grupo SabelasNotas.

Nesta edición darase un protagonismo especial ás actuacións musicais e, ademais das rúas musicais, preparouse un programa de concertos de Nadal e animacións de rúa que estarán espallados por todas as parroquias e que contarán ao remate con chocolatada de balde. Comezarán as actuacións o domingo 18 na igrexa de Bretal coa Misela de Noia, o mércores 21 en Carreira estará a charanga Os Celtas da Baña, e continuará o xoves 22 en Castiñeiras, o venres 23 en Ribeira co concerto da coral municipal na igrexa parroquial, o domingo 25 de decembro celebrarase o Nadal en Corrubedo cun concerto dos Liantes, o mércores 28 chegará a música a Palmeira, o xoves 29 a Oleiros, o venres 30 en Aguiño na igrexa parroquial e rematarase en Artes o domingo 8 de xaneiro coa Rondalla Moraima.

Tamén haberá programación infantil en todas as parroquias co programa Nadal Pelegrín que estará viaxando por todas elas polas tardes dende o 26 de decembro, que arrancará en Palmeira, ata o 4 de xaneiro que rematará en Aguiño. O Nadal Pelegrín achegará inchábeis, unha visita do Carteiro Real, obradoiros infantís e un espectáculo sorpresa ademais de música e baile. Os nenos e nenas que acudan ás actividades recibirán unha rifa para participar no sorteo dos agasallos que realizarán os Reis Magos o día da Cabalgata dende os balcóns do Concello.

A axenda tamén contará co II Festival de Inverno con actuacións de rap e DJ e coa festa de Noitevella prevista para a última noite do ano na zona de Bandourrío coa música do DJ Chupas e Mateo Abelleira.

Durante o Nadal continuarase co programa expositivo na Sala do Centro Cultural Lustres Rivas e o venres 23 de decembro está prevista a inauguración da exposición Solpor na ría de María José González Area ás sete da tarde.

A programación tamén incluirá o 5 de xaneiro a visita do Bus Real ás parroquias coas súas maxestades e a celebración da Cabalgata de Reis, da que o Concello dará máis información nos vindeiros días.

3 Decembro 22 O Barbanza EspecialNadal Ribeira  AXENDA DE NADAL 
 O programa Nadal Cultural desenvolverase sobre todo en horario de tarde “con propostas e accións para todos os públicos”, con especial aposta por aquelas actividades de carácter infantil-familiar e tamén con accións e festivais.
Espectáculo Musicreques Sabela e o páxaro máxico Espectáculo Axudante de Papá Noel

Na Pobra

Barbanza

As celebracións de Nadal na Pobra estanse a desenvolver durante todo o mes de decembro e, por suposto, parte de xaneiro. Entre as xa desenvolvidas atopamos eventos tan relevantes como o festival de folclore galego de Arrancadeira (en colaboración con Cultura da Pobra) que se levou a cabo o día 17 no Elma, e a través do cal recuperáronse bailes e cantos tradicionais propios destas festividades.

Tamén foi de destacar a gran festa solidaria do 18 de decembro, no Elma, onde tivo lugar un festival de canto, baile e música tradicional a favor da loita contra o cancro. Veu da man da Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Caramiñas, coa colaboración da Concellaría da Cultura.

Outro dos puntos destacados do programa foi o festival de patinaxe, que se desenvolveu o 17 no Polideportivo de Venecia e que consistiu en exhibicións de patinaxe dos clubs da Pobra do Caramiñal e de Ribeira.

Amais, a xeito de antesala do intenso traballo que lle agarda na noite do 24, Papá Noel visitou A Pobra para coñecer as crianzas do CEP Salustiano Rey Eiras, do CEP Pilar Maestú Sierra, da E.E.I. Fernández Varela, do Monte Carmelo e das unitarias do Vilariño, A Granxa e A Angustia. Preto de 500 escolares achegáronse ata o Elma entre os días 19 e 21 para transmitirlle os seus desexos.

Entre as propostas aínda activas atópase o Mercado de Nadal do Cantón da Leña, que abriu as súas portas o 3 de decembro e que ficará

 O Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas, que chegou este ano á súa terceira edición coa participación dunha trintena de vivendas celébrase até o 6 de xaneiro.

operativo até o 5 de xaneiro. Está formado por nove postos do comercio de proximidade adicados á artesanía, á gastronomía, á moda, á bixutería e aos accesorios. O horario é de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas, os días 21, 22 e 23 de decembro, mañá e tarde; 24 de decembro, pola mañá; 28, 29 e 30 de decembro, mañá e tarde; 31 de decembro, pola mañá; e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro, mañá e tarde.

Tamén pode visitarse estes días o Belén Municipal na praza do Emigrante e, a maiores, segue adiante a Campaña Raña e Gaña para incentivar as compras nos establecementos locais e premiar a fidelidade da cidadanía ao seu comercio. Ademais, está operativo a partir deste 23 de decembro o campamento de conciliación de Nadal posto en marcha dende a Concellería de Igualdade, dirixido a crianzas de Infantil e Primaria. Desenvólvese até o 5 de xaneiro en horario de 9.00 a 14.00 horas, no CEP Salustiano Rey Eiras.

Outra acción en marcha é o Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas, que chegou este ano á súa terceira edición coa participación dunha trintena de vivendas. Celébrase até o 6 de xaneiro. O ditame darase a coñecer o 23 de decembro. Establécese un premio por cada parroquia (unha gran cesta de Nadal con produtos locais).

Por certo que o día 23 actuará a banda Human, ás 21.00 horas na praza Alcalde Segundo Durán.

Entre as actividades pendentes de levarse a cabo cómpre destacar a Festa de Aninovo, que se celebra na madrugada do 1 de xaneiro na praza Alcalde Segundo Durán, a partir das 0.30 horas e amenizada polo Grupo Fusión e a cabina Chocolate.

Previamente, o día 30 no Elma, haberá un espectáculo de Zarzuela coa soprano noiesa Esperanza Mara e o barítono Gabriel Alonso, cun pase único ás 21h. A reserva hai que facela en concertosateneomusicaldapobra@ ou por whatsapp 678 895 933.

O día 5 de xaneiro será un dos días grandes para a rapazada da Pobra. O motivo, como é de supoñer, será a visita ao concello das Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente, que percorrerán as parroquias durante a mañá e pola tarde (coa cabalgata tradicional) o núcleo urbano da vila pobrense.

Para despedir o Nadal celebraranse as sextas xornadas de cultura tradicional galega. Será na praza Alcalde Segundo Durán, o 7 de xaneiro (a partir das 20.00 horas, con foliada, obradoiro-exprés de baile tradicional e concertos de Os Tres Tristes Tigres e Os Liantes) e o 8 de xaneiro (a partir das 11.00, con vermú ghaiteiro no que participan grupos da contorna e, pola tarde, obradoiros de bailes a cargo do mestre Luís Prego e obradoiro de traxe tradicional da man de O Sarillo).

4 Decembro 22
O
 AXENDA DE NADAL  A Pobra do Caramiñal EspecialNadal Nadal
Belén Municipal na praza do Emigrante Visita de Papá Noel aos escolares da Pobra A soprano noiesa Esperanza Mara

Axenda repleta

O Concello achegou unha extensa programación de actividades descentralizadas

o Circo Navideño, e tamén actividades para a mocidade como o Micro Aberto, e tamén concertos. Os días 2, 3 e 4 de decembro continúan os espectáculos na carpa e a programación de Nadal concluirá o día 5 de decembro coa Cabalgata de Reis.

“Deseñamos un programa de actividades para todos os gustos e pensado para todos os públicos. Son datas para que os nenos e nenas desfruten pero non nos quixemos esquecer da mocidade e tamén dos adultos”, afirmou a concelleira de Cultura, María Outeiral. O programa completo de actividades está dispoñible na web municipal.

 O Concello de Boiro, a través da Concellería de Cultura, preparou unha programación para o Nadal composta de concertos, espectáculos infantís, festivais e unha carpa solidara.

Programación

Xoves 22 de decembro

- 19.30 horas – Festival de Nadal da Escola de Música de Boiro (Carpa Solidaria)

Venres 23 de decembro – concerto solidario Cáritas (Carpa Solidaria)

- 11.00h - Actuación ballet Cen Pliés

- 12.00h - O apalpador e Monifates - 13.00h - Actuación EMB

- 14.00h - DJ Matrek

- 16.00h - Serán solidario (Pedra da Aroña, Xilbarbeira, Abeloura, Bailes de Abanqueiro)

- 18.30h - Chocolatada grupo Turbina - 19.00h - Actuación BMB - 20.00h - Bruno DJ - 21.00h - The Cuncas

Luns 26 de decembro

- 17.00 horas – Micro aberto (Carpa Solidaria)

Martes 27 de decembro

- 18.30 horas – Espectáculo infantil de Mamá Cabra (Carpa Solidaria)

Mércores 28 de decembro

OConcello de Boiro, a través da Concellería de Cultura, preparou unha programación para o Nadal composta de concertos, espectáculos infantís, festivais e unha carpa solidaria, entre outras accións destacadas. A concelleira de cultura, María Outeiral, foi a encargada de presentar o programa.

As actividades comezaron xa co acendido do alumeado e continuaron días despois coas festas patronais de Santa Baia. Ademais a antesala do Nadal incluíu outras propostas culturais como cine, teatro, obradoiros para

nenos e nenas e unha actividade solidaria na Cachada para recadar fondos en beneficio da Fundación Andrea.

Os días 17 e 18 de decembro celebráronse os festivais das asociacións locais Xilbarbeira e Cen Pliés e tamén da Asociación de Veciños de Abanqueiro. O 23 de decembro comezan as actividades na Carpa Solidaria, que estará instalada na praza de Galicia con concertos e actividades durante todo o día para a recollida de alimentos para Cáritas.Os días 26, 27, 28, 27 e 30 de decembro haberá tamén actividades na carpa: espectáculos infantís como

DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal

WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com

REDACCIÓN: Fernando Sarasketa Sonia Pena redaccion@obarbanza.gal

MAQUETACIÓN E DESEÑO:

Óscar Louzán

FOTOGRAFÍA: Alicia Domínguez Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa

Antonio Parada Abelardo Soler - Abso

PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal

CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal A NOSA WEB www.obarbanza.gal

- 18.30 horas – Gala de Circo Navideña, PistaCatro (Carpa Solidaria)

Xoves 29 de decembro - 18.30 horas – Gala de Circo Navideña, PistaCatro (Carpa Solidaria)

- 20.00 horas – Cine Club Coral, concerto de bandas sonoras de películas (Carpa Solidaria)

Venres 30 de decembro

- 17.00h – Festival de Nadal Pedra da Aroña (Pavillón da Cachada)

- 18.30 horas – Gala de Circo Navideña, PistaCatro (Carpa Solidaria)

- 22.00 horas – Concerto de Sabela King e The Heartbreakers (Carpa Solidaria)

Luns 2 de xaneiro

- 18.30 horas – Historias da maletra de Raquel Queizás (Carpa Solidaria)

Martes 3 de xaneiro

- 18.30 horas – Fartura de Nadal de Vero Rilo (Carpa Solidaria)

Mércores 4 de xaneiro

- 18.30 horas – Tranvía do Nadal (Carpa Solidaria)

IMPRIME: TAMEIGA, S.L.

Número 43 (Decembro 2022) Publicación periódica.

Depósito Legal: C 668-2019 I.S.S.N.: 2659-8256

5 Decembro 22
CÓDIGO CERO
S.L. Rúa das Hedras nº 4, 1º G 15895 Ames (Milladoiro)
981 530 268 - 608 240 160
O Barbanza EDITA: GRUPO
COMUNICACIÓN
Tel.:
O
 EspecialNadal
Barbanza Boiro  AXENDA DE NADAL
The Cuncas Sabela King e The Heartbreakers Espectáculo Mamá Cabra

O Barbanza

En Rianxo

En Porto do Son

Aárea de Cultura e Deportes do Concello de Porto do Son compartiu a súa axenda de actividades para este Nadal, un intenso e completo programa de propostas que busca satisfacer a públicos de todas as idades (poñendo o foco na rapazada) e que salienta pola énfase na diversidade e na creatividade. “Será unha programación de Nadal para grandes e pequerrechiños”, sinalaron dende o Concello, destacando tamén a vontade de chegar a todas as parroquias (por exemplo coas visitas de Papá Noel e dos Reis Magos). Damos conta da axenda, punto por punto:

- Cinema infantil Valentina. O día 2 de decembro ás 10.30 horas na Casa da Cultura do Son.

As festas prometen ser completas en Rianxo, comezando polo que nos ten deparado a Carpa de Nadal do Concello, un dos centros neurálxicos da actividade rianxeira nestas datas sinaladas, emprazada no lugar do Campo. Entre o 26 e o 30 decembro dará acubillo a unha manchea de accións para a rapazada, entre as que se atopan as seguintes: obradoiros creativos (de 16.30 a 19h), monicreques (con Títeres Chachirulo o martes 27), maxia (o luns 26 co Mago Paco), música (con Paco Nogueiras o mércores 28) e circo (con Asacocirco o día 29). Tamén haberá actuacións para toda a familia (a partir das 19.00 horas) e a actividade Saraghallada (o venres 30). Ademais, o Nadal de Rianxo virá coas seguintes propostas: - Venres 30, 21.00 horas: Concerto de Nadal da Banda da Escola de Música de Rianxo. Organiza: Escola de Música de Rianxo. Colabora Concello de Rianxo.

- Escapismo Nadal 2022. O 24 de decembro. Organizan BeOne, o Concello, a ARE e Somos Rianxo.

- Mercaconcilia 2022. Actividade impulsada polo Concello destinada a achegar a alternativas de lecer ás familias para que se poidan facer as compras nos establecementos con total comodidade. Inclúe propostas de diversión para crianzas de entre 2 e 12 anos. Achegarase un espazo de xogos na Ludoteca Agarimo, os días 23, 24, 26, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro, e máis os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro. Será un espazo de balde onde deixar ás nenas e nenos mercando produtos locais e selando a tarxeta de Mercaconcilia nos establecementos. O horario é o seguinte: de 10 a 14h e de 16.30 a 20.30 horas todos os días agás o 24 e o 31, xornadas nas que o horario de tarde reducirase de 16.30 a 18.30 horas. Ademais, o día 5 será só de mañá.

- Prendido de luces. O 2 de decembro ás 19.00 préndese o alumeado de Nadal do concello.

- Maxia. Parece mentira, de José Rivera. O 3 de decembro ás 17h na Casa da Cultura do Son.

- Concerto da Banda de Música Suevia. O 8 de decembro ás 19.30 horas na Casa da Cultura do Son.

- Musical. O mundo máximo de Pinocho, de Educa Teatro. O 10 decembro na Casa da Cultura do Son (Rede da Deputación da Coruña).

- Mercado de Nadal en Portosín. O 11 de decembro dende as 12h na praza do Curro de Portosín. Coa colaboración da Asociación de Empresarios de Portosín.

- Festival de Pandereteiras da ESMU. O 11 de decembro ás 19.30 horas na Casa da Cultura do Son.

- Carreira SinSon10K. O 17 de decembro en Portosín. Modalidades Escolares, Inclusiva e 5K Nocturna. A maiores, Feira do Corredor. O 18 celébrase a SinSon10K en Portosín e Porto do Son.

- Concerto de Nadal do alumnado de piano da ESMU. O 22 ás 20h na Casa da Cultura do Son.

- Papá Noel visita Porto do Son. O 23 de decembro estará no Club Náutico de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas, e percorrerá todas as parroquias.

- Charanga Os Celtas. O 24 decembro. - Obradoiros de Nadal para a cativada

- Baila en Nadal. O 28 de decembro ás 20.30 horas na Escola de Danza Municipal.

- Inchábeis para a cativada. O día 29 de decembro ás 17.00 horas no Pavillón de Santa Irene.

- Charanga Os Roubabicos. O 31 de decembro.

- Os Reis Magos visitan Porto do Son O 5 de xaneiro as súas maxestades percorrerán as parroquias e ás 18.10 horas comezará a Cabalgata Real na fachada marítima de Porto do Son acompañados da ruada A Raíña do Nadal de Pablo Méndez Performances.

6 Decembro 22
AXENDA DE NADAL  Rianxo  Porto do Son
Nadal Nadal
Especial Días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro, máis o 2 de xaneiro, en horario de 17.00 a 19.00 horas nas Casas da Cultura de Porto do Son, Portosín e Xuño. Paco Nogueiras Mercado de Nadal en Portosín O mundo máxico de Pinocho O Mago Paco Títeres Cachirulo Caranga O Celtas José Rivera

Un Nadal para non esquecer En Outes

Lousame, Outes, Dodro e Noia agasallan á cidadanía con mancheas de actividades culturais

e festivas

En Lousame

Lousame xa está a pleno rendemento en materia de actividades de Nadal. Entre as iniciativas xa celebradas atópanse o obradoiro a adobíos do venres 16 (na Casa da Cultura), no que participaron nenos e nenas maiores de 6 anos. O taller foi impartido por Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas, do programa de voluntariado europeo European Solidarity Corps. Elaboraron un diorama de papel dunha paisaxe de Nadal. Tamén se celebrou xa, con gran éxito de participación, a Andaina Solidaria e Belén de Cumes. Foi o sábado 17 de decembro, ás 10h. Consistiu nunha camiñada de 10 km entre Portobravo e San Xusto de Toxosoutos para recadar fondos para a Obra Social de Pediatría do CHUS.

Respecto das accións que están en marcha, inclúese a mostra Sempre con Lousame, de Juan Carlos Lorenzo Jamardo. Trátase dunha exposición de de 30 óleos con paisaxes de Lousame. Pódese visitar na sala municipal de exposicións da Casa da Cultura de Lousame. O horario de visita é de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, e os luns, mércores e venres, tamén de 18 a 21 horas.

No que atinxe ás accións que están por desenvolver, a axenda inclúe o obradoiro Leissure Activities in English. Será os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro, en horario de 10.30 a 13.30h, na Casa da Cultura de Lousame. Dirixido a nenos e nenas maiores de 5 anos, inclúe actividades de pintura, karaoke, música, xogos, cinema, teatro, creatividade, conversas... todo en inglés. Trátase da segunda edición deste programa, despois do éxito acadado polas propias Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas durante este verán, nas que participaron medio cento de rapazas e rapaces de Lousame.

Ademais, o xoves 5 de xaneiro, en horario de 10.30 a 14.00 horas, celebrarase a tradicional recepción oficial dos Reis Magos na Casa da Cultura de Lousame. Recollerán as cartas e escoitarán as peticións dos nenos e nenas que o desexen. Reservas gratuítas en www.bandoticket.com.

Na mesma xornada do 5 de xaneiro, celebrarase o Festival dos Reis Magos, a partir das 17h, no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra (A Silva). Festa infantil con xogos, inchábeis, obradoiros... así como chocolate con churros para todas as persoas que asistan. Reservas gratuítas en www.bandoticket.com.

OConcello de Outes reedita un ano máis o programa de actividades

O noso Nadal, co que pretende “promover o uso da lingua galega, a creatividade e a decoración das vivendas e comercios no tempo de Nadal”, informou o equipo de Goberno local, engadindo que haberá dous concursos. Por unha banda o de postais, que ten o obxectivo de “estimular a creatividade, a inventiva e o uso da lingua galega entre os máis cativos da casa” pero tamén entre as persoas adultas, pois hai diferentes categorías que abranguen a toda a poboación. Os premios deste certame consistirán en varios lotes de libros en galego e 300€ que se poderán gastar no comercio do concello. "Esta é unha actividade que, ademais de promover o uso do galego, entre a poboación en xeral, e entre a mocidade e infancia, en particular, preténdese involucrar aos pais, nais, avós e avoas para que sexa unha actividade interxeracional" informou o técnico de normalización lingüística, Luís Pérez Barral.

O segundo dos concursos será o de decoración de Nadal que promove que tanto veciñanza en xeral como negocios decoren escaparates, xanelas e fachadas. O xurado valorará a creatividade, a orixinalidade, combinación de cores, composición, iluminación así como o uso da lingua galega. Haberá un primeiro premio de 200 euros e un segundo valorado en 100 euros.



O programa de actividades O noso Nadal, pretende “promover o uso da lingua galega, a creatividade e a decoración das vivendas e comercios no tempo de Nadal”.

As persoas interesadas poderán participar inscribíndose no concurso de postais na Casa da Cultura da Serra e no de decoración na casa do concello até o 20 de decembro.

Ademais, o Concello organiza unha gran xornada para recibir a visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Será o 5 de xaneiro deste ano 2023 dende a mañá. A axenda inclúe a recepción de Melchor, Baltasar e Gaspar no Pavillón Municipal da Serra en horario de 11.00 a 13.00 horas e de 15.00 a 18.00 horas. A saída da comitiva real está prevista para as 18.00, nas rúas da Serra. Ao remate do desfile, segundo informa a área municipal de Cultura, haberá unha chocolatada na praza de Galicia. Por certo que en caso de choiva suspenderase o desfile e o programa de actividades limitarase á recepción. As inscricións para as carrozas cómpre facelas a partir do luns 12 de decembro no teléfono 981 850 950 (a partir de 4 anos, até completar o aforo).

7 Decembro 22 O Barbanza EspecialNadal Lousame  Outes  AXENDA DE NADAL 
Obradoiros de Nadal en Lousame

Barbanza

En Dodro

OConcello de Dodro compartiu o seu programa de actividades para este Nadal, unha listaxe de propostas que pon o foco na cultura, os deportes, a solidariedade e a participación.

A axenda, elaborada polos departamentos de Cultural, Deportes e Servizos Sociais, Igualdade e Relacións Veciñais, ábrese o día 20 de decembro (de 10.00 a 14.00 horas) coa visita do Apalpador ao CRA de Dodro (as escolas agrupadas de Bexo, Chenlo, Vigo e Lestrobe).

O día 23 está prevista unha algueirada de Nadal, no Pavillón de Deportes a partir das 17.00 horas. Trátase dun espectáculo de animación

En Noia

OConcello de Noia tamén mostrou nas redes sociais o seu programa de propostas de lecer para estas datas sinaladas, este punto de inflexión entre 2022 e 2023 no que temos un importante repunte da actividade cultural, e Noia, por suposto, non ía ser unha excepción. A programación, para todos os públicos, inclúe cinema, teatro, monólogos e obradoiros. A axenda, se ben comezou xa o 3 de decembro, depáranos aínda importantes propostas, como por exemplo a función para a rapazada O Apalpador e a nena sen medo, de Xanela do Maxín (este mércores

21 ás 18.00 horas na Casa da Cultura, con entrada libre até completar a cabida); o ballet familiar O Crebanoces (inspirado na obra de Hoffman) da

Escola de Danza Oitos (os días 23 e 26 de decembro ás 18.30 no Coliseo Noela, con entradas a beneficio de Cáritas e Cruz Vermella); o obra-

musical para o público familiar, influído na Rede Cultural da Deputación, e que inclúe a visita de Papá Noel, inchábeis e obradoiros infantís.

O día 5 de xaneiro, o concello recibirá a visita das Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente, a partir das 17.00 horas no Pavillón de Deportes. Haberá animación musical, agasallos, lambetadas e moita diver-

sión. O día 8 está programada unha gala solidaria cunha actuación musical para recoller alimentos e axudar ás familias con menos recursos. O festival benéfico de Dodro dará comezo ás 17.00 horas, na igrexa de San Xián de Laíño.

Ademais, o día 9 de xaneiro iníciase o segundo semestre das Escolas Deportivas Municipais, no Pavillón de Deportes (inscricións abertas o día 13), que inclúen actividades infantís, para maiores de 15 anos e para a poboación sénior do concello e persoas con mobilidade reducida.

En xaneiro tamén comezan os obradoiros de envellecemento activo e de memoria para maiores de 55 anos. Será nos locais municipais en Traxeito, Lestrobe, Imo, Tallós, Teaio e Bexo.

doiro musical gratuíto A Arte de Cantar, a cargo de Narci Rodríguez (os días 27, 28 e 29 de decembro, para nenas e nenos de 10 en adiante, no

Local de Ensaio); a proxección do filme Klara e o Nadal na granxa (o mércores 28 no Coliseo Noela, ás 18.30 horas e con entrada libre); ou o teatro familiar Pinocho El Musical (a cargo de La Bicicleta, o día 29 de decembro ás 18.30 horas no Coliseo Noela, con venta de entradas en Ataquilla.com). Tamén haberá un obradoiro infantil de repostería de Nadal (os días 3 e 4 de xaneiro de 16.00 a 18.00 horas, na Casa da Cultura, en dúas quendas e para crianzas de 4 a 8 anos). Amais, o día 3 de xaneiro proxectarase A Patrulla Canina, A Película, será ás 18.30 no Coliseo Noela, con entrada libre até completar o aforo.

Por outra banda, o sábado 7 de xaneiro celebrarase no Coliseo Noela un espectáculo que terá como protagonista ao narrador e actor arousán Carlos Blanco, que ofrecerá ao público unha escolma dos seus mellores monólogos. Será a partir das 20.30 horas, para maiores de 16 anos. As entradas poderán sacarse en ataquilla.com ou ben o mesmo día da función no portelo do Coliseo.

Ademais, até o 10 de xaneiro podemos visitar a mostra A nosa Ría, de acuarelas de Axeitos, no primeiro andar o Edificio do Casino.

8 Decembro 22
 AXENDA DE
 Noia EspecialNadal Nadal
O
NADAL
Dodro
 O programa de actividades para este Nadal contén unha listaxe de propostas que pon o foco na cultura, os deportes, a solidariedade e a participación.
Pinocho El Musical Visita do Apalpador ao CRA de Dodro O Apalpador e a nena sen medo de Xanela do Maxín Klara e o Nadal na granxa Carlos Blanco

Barbanza

Lecer na montaña

Seiscentos escolares dos concellos da provincia participarán en xaneiro de 2023 na Campaña da Neve da Deputación da Coruña, que se desenvolverá na estación invernal de Valgrande-Pajares, en Asturias. A rapazada da nosa comarca poderá viaxar á montaña asturiana entre o 27 e o 30 de xaneiro.

A actividade está dirixida a rapaces e rapazas empadroados nos concellos da provincia da Coruña, de entre 11 a 15 anos de idade. As viaxes inclúen transporte, estadía e manutención, así como supervisión de monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto das actividades programadas. A viaxe terá un custo de 85 euros.

Con esta campaña, a Deputación pretende "que os rapaces e rapazas da provincia da Coruña poidan iniciarse ou perfeccionar as súas habilida-

des no esquí, ao mesmo tempo que participan noutras iniciativas deportivas e culturais organizadas de xeito complementario", indicou a deputada

Impulso ao LAB Barbanza 2.0

Opresidente da Deputación, Valentín González, o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo, asinaron un convenio para impulsar o proxecto LAB Barbanza 2.0, iniciativa orientada a dinamizar o espazo de coworking boirense, integrado na Rede Provincial de Espazos de

Traballo Colaborativo.

Segundo fixeron saber, este convenio enmárcase dentro da liña de axudas para a promoción dos viveiros de empresa e espazos de traballo colaborativo (coworking) que “dinamicen a actividade empresarial e fortalezan o tecido produtivo a nivel local do Plan de Emprego Local (PEL)”. Grazas á dita sina-

tura, a Deputación destinará 60.000 euros a co-financiar o 80% do custo total do proxecto, que ascende a un total de 75.000 euros.

O centro LAB Barbanza de Boiro foi un dos primeiros da provincia en incorporarse á Rede Provincial de Coworking, que actualmente atópase integrada xa por 11 espazos.

Establécense un total de 6 quendas diferentes, entre o 13 e o 17 de xaneiro.

Do 13 ao 16 de xaneiro poderán ir os rapaces de Ares, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño. Entre o 20 e o 23 de xaneiro: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Cerceda, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo e Zas.

Do 27 ao 30 de xaneiro: de Boiro, Brión, Dodro, Lousame, Mazaricos, Muros, Negreira, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Rois.

Do 3 ao 6 de febreiro: A Baña, Ames, Boqueixón, Ordes, Oroso, O Pino, Santiago de Compostela, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra. Do 10 ao 13 de febreiro: Abegondo, Aranga, Arzúa, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Cabanas, Coirós, Curtis, Frades, Irixoa, Melide, Mesía, Miño, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, Santiso, Sobrado, Toques, Vilarmaior e Vilarsantar.

Do 17 ao 20 de febreiro: Arteixo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

boirenses Mallou, gañadores do XIV Premio Narf

Os

Finalmente a banda boirense Mallou resultou a ser a agrupación gañadora do XIV Concurso Fran Pérez Narf para grupos e artistas musicais que promove a Deputación da Coruña. Na gala final do certame o dúo Noar rematou segundo e Madalena Gamalho terceira.

Mallou son Sabela Rey Bello e Benxamín Vázquez. Deles o xurado destacou “a contemporaneidade dos sons de raíz e as influencias narfianas”. E engadiu: “Xuntos fan unha viaxe conxunta e individual dende músicas lonxanas, dende as linguaxes da música americana de raíz: country, blues e soul ata a música

galega. Sabela e Benxamín achegan un repertorio onde entrelazan cancións que forman parte do ideario musical galego con creacións e composicións propias, cunha profunda inspiración na maneira de crear de

referentes como Fran Pérez, Narf; sentindo a música como elemento de encontro entre xéneros, estilos e realidades”.

O xurado elixiu os finalistas entre máis das trinta propostas recibidas.

10 Decembro 22
 LECER EspecialNadal Nadal
O
A Deputación convida aos escolares do Barbanza a participar na Campaña da Neve da Deputación da Coruña
de Deportes, Cristina Capelán.

Nadal

en Rede recala no Barbanza

Política Lingüística leva a Ribeira e Boiro espectáculos sobre o corpo humano e O Apalpador

Osecretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a programación dunha nova edición de Nadal en Rede, o programa de dinamización lingüística impulsado polo departamento que dirixe García. A axenda arrinca o venres 16 e leva actividades para público familiar a unha vintena de concellos, incluídos dous da nosa comarca: Ribeira e Boiro. O secretario xeral explicou na edición deste ano apóstase por actividades dirixidas aos máis pequenos da casa. E, por suposto, na lingua propia de Galicia.

A primeira das actividades foi o venres 16, no Centro Social de Pontecesures coa proposta Fazulas e o ladrón de paraugas. Trátase dunha iniciativa da compañía teatral Bandullo Azul, protagonizada por Fran Campos e baseada no libro homónimo de Xosé Lueiro, do que o concello receptor da actividade recibirá 5 exemplares.

O espectáculo conta a viaxe iniciada por Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, na súa teima por saber de que cor é o vento. Para dar resposta a ese misterio, emprenderá unha

fantástica aventura collido á empuñadura dun paraugas. A función pasará tamén polos concellos de Campo Lameiro (sábado 17), Salceda de Caselas (mércores 21), Poio (xoves 22), Vigo (venres 23), Foz (mércores

Nova edición do certame Nós tamén creamos!

ASecretaría Xeral de Política

Lingüística e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso 2022/2023. O certame diríxese a distinguir as mellores creacións audiovisuais de animación en galego do ámbito escolar para o presente ano académico.

Establécense tres categorías, con cadanseu galardón.

Categoría 1: destinada

a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil

Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria

Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria

Ademais, poderá concederse, a xuízo da comisión de selección, un accésit para cada categoría.

O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación

Educativa para cada unha das categorías.

Os colexios recibirán, ademais dun lote de libros, un contrasinal de acceso á Plataforma OQO de contidos dixitais en galego durante o curso 2022-2023, para poder acceder aos álbums ilustrados sen necesidade de manipulalos, de ser preciso.

A iniciativa Nós tamén creamos! é un programa de dinamización lingüística que consiste na elaboración nas aulas de curtas de animación en galego coa técnica stop-motion partindo de narracións literarias.

28), Rodeiro (mércores 28), Valdoviño (xoves 29), Laracha (venres 30) e Lalín (venres 30).

A programación inclúe tamén o contacontos O Apalpador e os Monifates, unha proposta “orixinal e divertida”

que combina o contacontos arredor dunha figura senlleira do Nadal galego coa música e os monicreques danzantes, un tipo de títere tradicional recuperado pola compañía Os Monifates, responsábel do espectáculo. Poderá verse o domingo 18 en de Malpica de Bergantiños, o venres 23 en Boiro, o sábado 24 no Porriño, o mércores 28 en Cospeito e o venres 30 en Carballedo.

A edición deste ano tamén contempla un concerto didáctico-sensorial para bebés de 0 a 3 anos no que a actriz Cristina Collazo, a través de pezas musicais orixinais do compositor Manuel Paino, realiza unha viaxe de descuberta polo corpo curioso dos nenos e das nenas (desde os seus dediños que exploran a natureza ata a sorpresa da auga na súa cara). A finalidade é que os cativos deixen voar a súa imaxinación e saian a percorrer o mundo.

A iniciativa contará con sesións dobres nas localidades de Ribeira, o sábado 17; Narón, o mércores 21; O Carballiño, o venres 23; Monforte de Lemos, o martes 27, e O Barco de Valdeorras o xoves 29 de decembro. Toda a información sobre o programa e o calendario está dispoñíbel no Portal da Lingua Galega (lingua.gal) e na Axenda de Cultura de Galicia.

Reivindicando os produtos galegos (e en galego) no Nadal

OForo Enrique Peinador e a Secretaría Xeral de Política Lingüística lanzaron hai un ano na Rede un vídeo para animar a consumir produtos etiquetados en galego durante as próximas festas de Nadal. Podemos recupe-

rar o contido no Portal da Lingua (Política Lingüística) e no Facebook de Galeguizar Galicia acompañado dun epígrafe que resume e sintetiza en catro palabras os seus obxectivos: Neste Nadal, saborea Galicia.

11 Decembro 22 O Barbanza EspecialNadal
CULTURA 

O Nadal tamén se festexa con cultura

Óscar Reboiras presenta en Rianxo A agonía das folerpas

AÁrea de Cultura de Rianxo, a Asociación Cultural Barbantia, a Editorial Galaxia e La Voz de Galicia organizaron na recta final de novembro a presentación o libro A agonía das folerpas de Óscar Reboiras Loureiro. Participaron no acto literario, acompañando ao autor, Raquel García Abuín, concelleira de Cultura de Rianxo, Antón Riveiro Coello, escritor e membro da Asociación Cultural Barbantia, e máis o alcalde rianxeiro Adolfo Muíños. A cita contou cunha intervención musical de Félix Rodríguez Ramos (Bombardino) da Escola de Música de Rianxo.

Esta obra, publicada por Galaxia, foi galardoada co Premio

de Novela Galicia Rural 2022, convocado polo Concello de San Xoán de Río. O libro cóntanos a historia dunha aldea abandonada que é adquirida para a súa transformación en

Quico Cadaval dirixirá Auto de Castromil

Quico Cadaval (Carreira, Ribeira, 1960) foi un dos grandes protagonistas da gala do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, cuxa terceira edición resolveuse o 22 de novembro nun acto multitudinario en Santiago, no Salón Teatro. En concreto, o xurado do concurso decidiu distinguir co Premio Manuel María a obra Auto de Castromil, da compaña Producións Excéntricas, na que milita Cadaval, precisamente, quen será tamén o director da peza.

Segundo se fixo saber, a obra contará cun mínimo de 40 representacións nas cidades e vilas galegas grazas á colabo-

racións de concellos e deputacións. Amais, a Fundación Manuel María (impulsora do dito certame teatral xunto coa Casa-Museo Manuel María) achegaralle á produtora 4.000 euros, ao que se suma o apoio do Centro Dramático Galego,

complexo turístico. En pleno Parque Natural do Xurés, e afastada de todo, é o enclave ideal para descansar. Ou para que un asasino en serie enterre as súas vítimas...

Helena Villar presentou de De rosa antiga na súa terra de adopción

Aescritora Helena Villar Janeiro, nada en Becerreá pero rianxeira de adopción, presentou a súa nova obra poética, De rosa antiga, no salón de actos do Auditorio de Rianxo o pasado 12 de novembro. O acto,

co-organizado pola Asociación Cultural Barbantia, contou coa presenza de Marcos Calveiro (Editorial Galaxia), Mª Xesús Blanco (Ac Barbantia), Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo) e a propia autora.

De rosa antiga, editada na colección Dom-

bate, conmemora as vodas de ouro de Helena Villar Janeiro coa poesía (19722022), unha escolma que achega unha significativa mostra do que leva dado de si a polifonía dun canto que se iniciou hai cincuenta anos, con Alalás (1972).

que co-producirá a proposta. O proxecto galardoado, realizado sobre a base da obra homónima de Manuel María, será dirixido por Quico Cadaval e o elenco está composto por Víctor Mosqueira, Evaristo

Calvo, Patricia Vázquez e Rocío González acompañados de Carlos Alonso na escenografía, Piti Sanz no espazo sonoro e Octavio Mas na iluminación.

O xurado tomou a súa decisión por unanimidade e cualifi-

cou o proxecto como “brillante e imaxinativo, recuperando propostas contidas no Teatro de Máscaras de Otero Pedraio, un dos textos máis visionarios no deseño dun teatro de vangarda propiamente galego”.

12 Decembro 22 O Barbanza EspecialNadal Nadal  LITERATURA
O Barbanza ofrécenos en decembro diferentes opcións literarias para vivir literariamente estas festas  A obra contará cun mínimo de 40 representacións nas cidades e vilas galegas grazas á colaboracións de concellos e deputacións.

Preto de corenta obras concorren

V Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

ao

Afinais do mes de decembro darase a coñecer o nome da obra gañadora do V Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. O xurado terá que decidir cal dos preto de corenta orixinais presentados

merece a distinción. Este tribunal estará composto por Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia; Xosé Antonio Neira Cruz, escritor e gañador de dúas edicións; e Encarna Pego, mestra e socia da A. C. Barbantia.

Convocado polo Concello da Pobra do Caramiñal xunto coa editorial e a entidade cultural xa referidas, o dito certame constitúe xa un referente no panorama galego que busca, ademais de homenaxear o escritor xa falecido,

promover os autores e autoras en lingua galega de literatura infantil.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), explica que o premio supón unha dotación económica de 3.000 euros, a publicación na colección Árbore da Editorial Galaxia e o reparto de exemplares entre a rapazada da Pobra.

Os galardóns recaeron nas catro anteriores convocatorias en Patricia Mallo, con Os Fantom; Xosé Antonio Neira Cruz, con O enigma do baúl pechado; a terceira edición quedou sen adxudicar ao estimar que ningún dos textos acadaba a suficiente calidade literaria; e repetiu Neira Cruz, nesta ocasión, con Por mor de cinco pizzas aos catro queixos.

Barbantia entregou os Premios 2022

AAsociación Cultural Barbantia entregou os galardóns da nova edición dos Premios Barbantia da Cultura (2022). Son os que citamos a continuación:

- Premio Barbantia á Traxectoria Cultural no Barbanza 2022: a poeta noiesa Ana Blanco.

- Premio Barbantia á Iniciativa Cultural no Barbanza: Museo do Gravado de Artes (FMAG).

- Premio Barbantia da Cultura Galega 2022: o académico Xesús Alonso Montero.

A Asociación Cultural Barbantia organizou este 12 decembro, no Pazo de Goiáns (Boiro), a gala dos XVI Premios Barban-

tia da Cultura 2022, cos que se quixeron recoñecer, novamente, as máis destacadas contribucións creativas do que vai de ano na nosa comarca.

Ademais da entrega dos sereos (as esculturas da artista noiesa

Soledad Penalta que dan forma aos galardóns), a gala tamén serviu de presentación do Anuario de Estudos do Barbanza, escolma de artigos que reúne máis dunha ducia de traballos de colaboradores.

Patricia Torrado dirixiu un roteiro pola vila

do Son

AAsociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organizou o 17 de decembro unha experiencia ao aire libre para coñecer a fondo o pasado e o presente de Porto do Son. A iniciativa Roteiro pola vila de porto do Son desenvolveuse na compaña da escritora local Patricia Torrado, baixo o epígrafe Da metáfora ao oxímoro.

A experiencia formou parte dunha iniciativa da AELG que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce en persoa dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria. O texto deste roteiro será publicado para a súa descarga libre na páxina web da AELG.

A Pobra reivindica a relevancia literaria

de Victoriano García Martí

OConcello da Pobra do Caramiñal reivindicou novamente o legado dun dos veciños máis ilustres: o escritor e xornalista Victoriano García Martí. A cuarta edición do ciclo en homenaxe a este fillo predilecto da localidade iniciouse no 2 de decembro coa conferencia O cabaleiro da Pobra e unha reveladora novela, con Esperanza Mariño Davila, quen afondou máis na traxectoria do intelectual.

O eido literario desenvolveuse na xornada seguinte, día 3, coa presentación da edición facsimilar de El emigrante (1931), posterior á ofrenda floral na praza García Martí e á ruada polo núcleo urbano. Por certo que El emigrante é o terceiro libro que se reedita do escritor pobrense ao abeiro deste ciclo despois de Don Severo Carballo. Del alma gallega (1917) e La tragedia del caballero de Santiago (1925).

13 Decembro 22 O Barbanza EspecialNadal
LITERATURA 

Ribeira homenaxe á Primeira Corporación Democrática

quedou o PSOE de Francisco Crusat López; con 3 a Agrupación de Electores Progresista de Ribeira (PROA) que lideraba Santiago Méndez Vites, e con 2 situouse a lista do Bloque NacionalPopular Galego, do malogrado Mariano Vidal Rial.

Con estes resultados o panorama no pleno para elixir o alcalde non estaba nada definido. De pouco serviu que CD votase o seu cabeza de lista e que os nacionalistas apostasen polo seu líder. Así, ao sumaren forzas a UCD, os socialistas e PROA fixeron que Lisardo Valeiras se convertese ese día en alcalde, con 13 votos.

Arrincaba así un mandato que duraría ata 1983 e no que se debateron asuntos que, aínda hoxe, cando se fan corenta e dous anos da constitución desa primeira corporación, seguen algúns deles estando de actualidade.

É imposible facer neste breve artigo un resumo do labor daqueles edís da Corporación, pero é necesario falar do seu rexedor, que pode resumir en si mesmo o carácter daquel equipo.

Este mes asistimos á inauguración na avenida do Malecón da mostra sobre a primeira corporación democrática ribeirense trala ditadura. Non podía ser mellor o lugar escollido, fronte a onde estivo precisamente a primeira casa consistorial, que ardeu a noite do 10 ao 11 de abril de 1862, perdéndose naquel día toda a documentación existente desde a creación do concello.

Hai que retroceder a 1821 cando o Goberno ordenou crear 32 concellos na comarca que no actual municipio serían os de Ribeira, Palmeira, Carreira e Olveira, se ben non chegaron a exercer actividade administrativa porque non tiveron tempo para poñerse en marcha. Os concellos da comarca tiveron, iso si, unha vida efémera, desde 1821 a 1823, cando a volta ao poder de Fernando VII fixo que se regresase ao Antigo Réxime. Anos despois en 1835 decidiuse a fusión de boa parte dos case 1.000 que se crearan anos antes, pasando os catro mencionados a terse que integrar no da Pobra. Por sorte para a nosa historia, non se executou a orde, e deixou a Santa Uxía como capital municipal das oito parroquias existentes naqueles anos, entre as que figuraba Ribasieira, que pasaría uns meses despois a integrarse no concello de Porto do Son.

1979

Avanzando na historia situámonos na lexislatura do ano 1979. Anos convulsos na política española con atentados, intentos golpistas e unha ilusionante e incipiente preautonomía.

Dúas convocatorias tiveron lugar ese ano tras a aprobación da Constitución de 1978. A primeira delas foron as xerais do xoves 1 de marzo de 1979, a segunda as municipais do martes 3 de abril, que quince días despois, o xoves 19 de abril, daban lugar á primeira corporación da Transición.

Pero fagamos historia daquel día. Once da mañá. Salón de plenos de Ribeira. A esa hora, tras os emblemáticos comicios do 3 de abril, comézase a recuperar a historia da democracia

Para constituír a primeira corporación elixida polo pobo, fórmase a mesa cos concelleiros electos de maior e menor idade, que naquela ocasión eran Ventura Rial Biscaia, nacido en 1923 e que presidiría a mesa, e Mariano Vidal Rial, que nacera en 1950.

Hai que salientar que as eleccións municipais non deixaran un panorama fácil no concello. Así, a dereita, daquela baixo as siglas de Coalición Democrática e capitaneada por Ricardo Pérez Queiruga, fora a lista máis votada e conseguiu seis edís. Só uns escrutinios por detrás quedou a candidatura do centro, da UCD, que tamén conseguiu media ducia de asentos na corporación.

O partido de Adolfo Suárez estaba encabezado entón en Ribeira por

Lisardo caeu no mundo político por mera casualidade, xa que o de ser número un da lista pola UCD aconteceu unha tarde cando estaba na cafetería Róterdam, e os integrantes daquel comité local pensaron nel ao cruzar a porta e lle propuxeron ser cabeza de lista.

Daqueles anos da política local, non destacan nin as obras nin os proxectos, senón o espírito que reinaba nos plenos e na vida política. Porque aínda que os de Valeiras estaban sos no poder, na comisión permanente, que era a que tomaba a maioría das decisións, estaban representados todos os grupos.

Aquela primeira corporación tivo un baile de concelleiros coa renuncia de seis deles, ben por razóns persoais ou políticas, e a substitución polos seguintes da lista, o que fixo que se chegase a contar con 27 edís ao longo dos seus catro anos de mandato. Hai que salientar aquí a única muller que integraba aquel equipo, Mary Nespereira.

Corenta e dous anos despois desa data, sirvan estes aspectos como extensivos a todos os homes daquel equipo: Eran boas persoas, intelixentes, dialógantes, aínda que no caso do alcalde, algo teimudo, e xa referíndonos a el en concreto, hai que manifestar que era unha persoa que destacaba como educador, dorneiro entregado, bo amigo, vitalista, con gran sentido do humor, gran defensor da familia e amante da natureza e alcalde da Corporación democrática da Transición.

A todos eles, esta muller e homes, cabe honralos e agradecerlles a súa entrega, dedicación e ilusión.

14 Decembro 22 O Barbanza EspecialNadal Nadal  CRÓNICAS
DA NOSA HISTORIA
Por Xosé Mª Fernández Pazos

Reivindicando as tendas de sempre

Éxito da primeira edición do Concurso de Tapas de Outes

OConcurso de Tapas en Outes, celebrado entre o 3 e o 11 de decembro, tivo unha grande aceptación entre os veciños e visitantes. A nota predominante foi a calidade das tapas que cada local puxo en concurso e a alta participación ao longo de toda a semana. Os datos resultantes, despois do reconto, din que foron case 2.600 tapas servidas e cunha valoración moi alta de todas elas por parte dos participantes. Dende o Concello agradeceron aos oito establecementos participantes o esforzo para mostrar o

bo facer gastronómico existente no concello e animan a outros locais a que se sumen na vin-

A AEP (Portosín) organiza un gran sorteo de 500 euros

AAsociación de Empresarios de Portosín puxo en marcha o xoves 1 de decembro a súa campaña de Nadal, co obxectivo de impulsar a actividade comercial na vila durante as vindeiras datas ao tempo que se premia o compromiso da veciñanza co sector local. Na campaña cada cliente que faga unha compra nos locais asociados entrarán nun gran sorteo de 500 euros.

Ata o 6 de xaneiro poderemos participar na campaña e, ademais, o día 7 celebrarase o sorteo do premio de 500 € na Casa da Cultura de Portosín ás 16:30 h. aberto a toda aquela persoa que queira asistir. Un dos lemas da campaña é Mercando no teu pobo gañamos todos.

deira edición. Nesta convocatoria participaron o Restaurante Asador Albatros, o Restaurante

Pepe do Coxo e o Restaurante O Taboleiro, do Freixo; Casa Amanda e Jonh Turkey, da Serra de Outes; A Nosa Taberna e Casa Roque de San Ourente e Restaurante Fera, situado no lugar do Pumar en Cando. A tapa mellor valorada polos participantes foi a Tapa do Pumar, do Restaurante Fera, en Cando, que recibirá por tanto o premio como gañador do concurso. Do mesmo xeito, procedeuse tamén a realizar un sorteo entre os clientes participantes dunha cea cun valor de 150 €, que será degustada nalgún dos oito restaurantes participantes, resultando agraciada Froila del Río Delfino.

En Noia, premios, decoración urbana e dinamización

OConcello de Noia deu a benvida oficial ao Nadal coa presentación da campaña Noia, preto de ti. A concelleira de Comercio, Laura Salgado, xunto coa presidenta de Noia Histórica, Alba Expósito, informaron dos detalles desta iniciativa que se materializa, en primeira instancia, nunha profusa decoración de rúas, amais de en actividades de animación en diferentes espazos urbanos. Ademais, haberá

un sorteo de 3.000 euros (15 vales de 200€) en vales de

OConcello de Ribeira activou a nova edición (a segunda fase) da campaña de descontos AmaRibeira, quen pon a disposición da veciñanza do municipio un total de 8.500 bonos de desconto de 30 euros que se poderán utilizar o 31 de xaneiro de 2023. O obxectivo é “estimular a actividade no comercio e a hostalería local durante este Nadal”. A edición actual ten unha partida de 255.000 euros

(55.000 máis que en 2021). A mecánica para utilizar os bonos e similar ao ano pasado: cada usuario disporá dun saldo de 30 € para a realización do desconto nas compras; ditos descontos serán de 10 € por cada 30 € de compra mínima, ata un máximo de 30 € de desconto por persoa usuaria do bono QR.

Os negocios que se queiran adherir xa poden facelo a través da páxina web amaribeira.gal.

compra para incentivar as ventas e comercio local da vila

e no que bateuse un récord de participación con 60 comercios adheridos.

O programa inclúe actividades para

todos os públicos como un concurso de escaparates con 28 participantes; música nas rúas do casco histórico a través da megafonía; tren infantil o día 23 e 24 de decembro; un photocall con feitura de zorra (trineo) na praza do Curro; o Belén animado de 40 m2 na igrexa Santa María A Nova; a visita de Papá Noel o día de Noiteboa e, coma novidade este ano, o 4 de xaneiro haberá o conto teatralizado O reino de Noia polas rúas da vila, a cargo do artista Serafín Marcos.

9 Decembro 22 O Barbanza
AmaRibeira virá con 8.500 bonos de desconto de 30 euros
Concellos e patronais defenden nestas festas o potencial comercial e hostaleiro das nosas vilas

O comercio de proximidade toma a palabra

A ABE pon en xogo 3.000 euros e centos de agasallos nestas datas festivas

 Ademais do sorteo de 3.000 euros, os clientes que rexistren os seus tíckets ou facturas tamén acumularán puntos ABE para cambiar por agasallos do novo catálogo de premios da patronal de Boiro.

Bonos ABE para utilizar como aguinaldo das empresas para os seus traballadores. Con esta iniciativa a patronal pretende “mudar o hábito de regalar a típica cesta de produtos navideños” e trocala ou complementala “cos vales de compra para utilizar en calquera dos 200 socios da patronal de Boiro”.

ACampaña de Nadal A ABE (Asociación Boirense de Empresarios) activou xa a súa campaña de Nadal 2022-23. O obxectivo será incentivar as compras na localidade nestas festas e ademais premiar a fidelidade dos clientes dos negocios asociados. Sortearanse 3.000 euros en premios e centos de agasallos. Estes recoñecementos á fidelidade co comercio de Boiro serán, segundo fixeron saber Daniel García (presidente da patronal) e

José Ramón Romero (alcalde de Boiro), os eixes principais da campaña.

A campaña esténdese até o 8 de xaneiro. A mecánica é moi sinxela: os clientes deberán rexistrar os seus tíckets ou facturas de compra na web www.abe.gal para participar no sorteo de 3.000 € en Bonos ABE. Segundo explicou Daniel García estes bonos “poderán utilizarse en calquera das 200 empresas asociadas”. Tamén indicou que os 3.000 € divídense en 1 premio de 1000 € e 10 de

200 €. O sorteo dos premios será o luns 9 de xaneiro e a ABE contactará coas persoas premiadas (ao rexistrar os tíckets queda reflectido o teléfono e o correo electrónico das persoas participantes).

Ademais do sorteo de 3.000 euros, os clientes que rexistren os seus tíckets ou facturas tamén acumularán puntos ABE para cambiar por agasallos do novo catálogo de premios da patronal de Boiro. Como indicou o presidente “o catálogo de puntos estará vixente durante todo o ano pero

no Nadal convive coa campaña e os mesmos tíckets que se rexistran para o sorteo tamén acumulan puntos”. A metodoloxía será tamén simple, dixo, salientando que o cliente, despois de realizar unha compra en calquera socio da ABE (comercio, hostalería, servizos...), terá a posibilidade de rexistrar os tíckets na web www.abe.gal.

Con ese rexistro acumulará puntos que despois pode trocar por agasallos do catálogo de premios. Con cada tícket rexistrado o cliente consegue o 10% en puntos, que se van acumulando na súa conta. Cando chega aos necesarios para conseguir un agasallo só ten que contactar coa ABE para recollelo.

Co comezo da campaña de Nadal tamén se pon en marcha a campaña dos

Con esta proposta, sinalou o presidente, todo son vantaxes, xa que “evitamos o problema de non saber o que regalar, aforraremos tempo en mercar o agasallo e evitar ter que cambialo e teremos máis de 200 empresas onde utilizalos e miles de produtos e servizos para todos os gustos”.

Agasallo de Nadal para as empresas asociadas

Para finalizar a ABE xa está enviando ás empresas asociadas o agasallo de Nadal, unha axenda personalizada que contén 18 páxinas coa memoria de actividades do ano 2022 e que vai acompañada dun calendario laboral para Boiro e a felicitación destas sinaladas festas.

Publicidade nas rúas

Para completar a campaña a ABE instará dous monólitos de 2,5 metros e catro caras cada un coa imaxe da promoción de Nadal, o catálogo de puntos e os bonos ABE, e deixará 1 coa campaña de apoio ao consumo local que vén desenvolvendo dende o mes de outubro.

10 Decembro 22 O Barbanza 
ASOCIACIÓNS DE EMPRESARIOS

Choiva de premios en Ribeira

campaña de Nadal dos empresarios locais vén con 5.000 euros en vales de compra

AAsociación de Empresarios de Ribeira lanzou a edición 20222023 da súa Campaña de Nadal, que se desenvolve baixo o epígrafe Este Nadal, merca en Ribeira, merca connosco. Segundo destacou o presidente da patronal, Francisco Martínez Gude, repartiranse 5.000 euros en vales de compra. Amais, dixo, xunto coas rifas para os sorteos, os establecementos participantes na campaña van agasallar aos seus clientes tíckets de estacionamento para que lles resulte máis doado mercar e consumir nos establecementos adheridos á iniciativa. “Temos pensando poñer en circulación máis de 10.000 tíckets de parking gratuítos para os nosos clientes”, explicou Martínez Gude.

O obxectivo, novamente, será fomentar o comercio local nestas datas sinaladas ao tempo que se recoñece e se destaca a fidelidade da cidadanía cos establecementos de proximidade (obsequiando aos consumidores con boletos que lles darán opción a gañar os premios do sorteo, premios que segundo lembra a patronal “servirá de estímulo incrementar as compras no noso concello”). O presidente agradeceu, en nome da entidade, a colaboración do Concello e da Deputación.

A Asociación de Empresarios fixo saber que a campaña activouse coa participación de 80 esta-

blecementos. Á iniciativa adheríronse empresas de múltiples sectores: moda, deportes, complementos, zapaterías, salóns de peiteado, decoración, seguros, talleres e venta de vehículos, ferreterías, restauración ou hostalería, entre outros.

A promoción será entre os días 2 de decembro de 2022 e o 6 de xaneiro de 2023, inclusive. Os premios que se sortearán son os que a continuación se detallan e que responden á seguinte orde (en total son 5.000€ en vales de compra repartidos en 51 premios da seguinte forma): Primeiro, tres vales de compra por importe de 300 euros; Segundo, seis vales de compra por importe de 250 euros; Terceiro, dez vales de compra por importe de 100 euros; e Cuarto, trinta e dous vales de compra por importe de 50 euros.

Cada establecemento comercial colaborador obsequiará aos seus clientes cun boleto por cada dez euros de compra. O sorteo celebrarase nun acto público o día 11 de xaneiro de 2.023 ás 11.00 horas, ante notario, no local social da Asociación de Empresarios. O sistema será por extracción de rifas da urna onde estarán depositadas tódalas matrices das rifas que participan no sorteo. Cada establecemento participante poderá entregar como máximo un premio, conseguindo así que 51 establecementos repartan agasallos.

 Xunto coas rifas para os sorteos, os establecementos participantes na campaña van agasallar aos seus clientes tíckets de estacionamento para que lles resulte máis doado mercar e consumir nos establecementos adheridos.

11 Decembro 22 O Barbanza
ASOCIACIÓNS DE EMPRESARIOS  Máis info en: www.empresariosriveira.com Merca en Ribeira, merca connosco 5.000€ EN PREMIOS DO 2 DE DECEMBRO ATA O 6 DE XANEIRO
A

 CRÓNICAS DA NOSA HISTORIA

Valle-Inclán en galego: A miña irmá Antonia

 No desenvolvemento de A miña irmá Antonia o escritor comparte cos seus lectores unha doutrina moral e estética e un modelo de relatar: a historia desconcertante que fai desta novela curta un conto de suspense para adultos.

curta un conto de suspense para adultos. Estamos ante unha evidente fábula existencial, tinguida de misterio, superstición e ocultismo, onde o arousá compón biografías figuradas de personaxes atrapados no xadrez da vella cidade levítica de Santiago de Compostela: son protagonistas de feitizos de amor e amarres perversos, vítimas de alucinacións fantásticas, de loitas sobrenaturais, episodios lacerados por coitas, fonda melancolía e morte. Os crebacabezas pictóricos de Valle-Inclán sobre a capital galega son xogos intelectuais que ao mesmo tempo amosan e recrean as claves, os ritmos e os matices do seu carácter, harmonías dunha urbe discreta habitada por personaxes supersticiosas de vidas impresionables. Reivindica, sobre todo, a poética dos seus ecos históricos e crenzas populares que convén á súa narrativa preciosista: é anfiteatro monumental e solemne, esfera de atmosfera máxica, de cadencia queda, alleo ao pasar do tempo, cerna simbólica da tradición nun país rural.

Días atrás asistíamos en Santiago de Compostela ao acto de presentación dun libro especial, A Miña irmá Antonia, ficción narrativa de Ramón del Valle-Inclán que antes de agora fora publicada por vez primeira dentro do título Cofre de Sándalo (1909) e definitivamente entre as historias de Jardín Umbrío (1920). O luxoso exemplar agora ofrecido aos lectores, un tomo impreso con gran calidade e magnificamente ilustrado, suma edicións en galego e facsímile da novela publicada na colección por entregas El cuento galante (1913), seleccionada pola beleza dos gravados de Moya del Pino. Froito dun concienciudo traballo en equipo, nos créditos desta nova publicación figuran Rocío Viéitez Ferro, encargada da respectuosa tradución literaria; Xaquín del Valle-Inclán Alsina, autor do limiar “Relixión, supersticións e misterio” e do glosario; Antonio González Millán, autor do epílogo “Valle-Inclán. A poética e o misterio cotiá” e responsable da coordinación editorial; Miguel Fanlo Orzáez, executor do deseño gráfico e da maquetación; Adolfo Enríquez Calo, creador dunha reportaxe fotográfica inspirada no texto “Estampas literarias de Compostela” e editor do volume. Cunha tiraxe de 500 exemplares, trátase da segunda tradución promovida polo Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal e o Foro Galicia e ValleInclán, entidade de recente creación, financiada co patrocinio da Secretaría

Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia de que é titular Valentín García Gómez.

O escritor Ramón del Valle-Inclán (1866 – 1936) é unha das personalidades máis destacadas das letras españolas na Idade de Prata e un referente de permanente actualidade para a literatura mundial. É xenialidade extraordinaria e figura esencial para comprender o rexurdimento da expresión literaria do século XX. “Don Ramón foi o mellor artista que pariu Galicia”, declara Castelao no seu discurso Galicia y Valle-Inclán (1939), “o seu romance marabilloso é o resultado de traducir literalmente do galego ao castelán, de tomar os xiros e expresións […] de todo canto conserva cor

e sabor da vida galega”. Este libro reivindica a beleza dun gran relato modernista.

No desenvolvemento de A miña irmá Antonia o autor comparte cos seus lectores unha doutrina moral e estética e un modelo de relatar: a historia desconcertante que fai desta novela

Indubidablemente estamos ante unha das súas pezas breves máis imaxinativas e dramáticas entre a súa serie de contos de carácter galego, textos de evocación e lecer das tradicións que serven para facernos partícipes dun mundo que, obviamente, non é o noso, pero ao que, tanto pola súa beleza, como polo seu luxo, nos sentimos irremediablemente atraídos.

Pola natureza esotérica dos feitos, as súas consecuencias planan sobre un decorado “psíquico”. A protagonista, Antonia, vítima dun feitizo amatorio que inqueda, perturba e atrapa a súa vontade, sofre a atracción obsesiva do seu pretendente, Máximo Bretal, seminarista fogoso, que acode á maxia e á demonoloxía para conquistar o seu amor. Vencerá o erotismo, rendida ela ao trato carnal e perdido el todo interese pola salvación da súa alma. Mostra do potencial teatral de A Miña irmá Antonia, o actor Roberto Leal e a actriz Gloria Rico, ofreceron unha lectura dramatizada de varias escenas. Intervención aplaudida por un público entusiasta.

O Pazo do Marqués de Santa Cruz, sede do Club Internacional de Prensa de Galicia, foi o marco elixido para celebrar este acto, repleto de público expectante ante a novidade da convocatoria. Asistiron autoridades municipais de Santiago de Compostela e da Pobra do Caramiñal: Mercedes Rosón (PSdG-PSOE), José Manuel Constenla (PP), José Javier Fernández (non adscrito) e Manuel Durán (PP), xunto co parlamentario Xosé Luís Rivas (BNG) e o secretario xeral Valentín García.

12 Decembro 22 O Barbanza

O privilexio de ler a Valle na nosa lingua

Políticia Lingüística colabora na primeira tradución en galego da obra A miña irmá Antonia

No serán deste primeiro de decembro presentouse en Santiago a versión en galego de A miña irmá Antonia, obra literaria de Ramón María del Valle-Inclán, traducida por vez primeira ao galego por Rocio Viéitez co apoio do Concello da Pobra do Caramiñal, do Museo Valle-Inclán (A Pobra) e da Secretaría Xeral de Política Lingüística. No acto, no que participaron representantes das dúas institucións da nosa comarca e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, (Valentín García), fíxose saber que o volume complétase coas fotografías de Santiago de Compostela realizadas por Adolfo Enríquez e a edición facsimilar do orixinal.

Na cita, fíxose fincapé na necesidade de reivindicar o galego en todas as obras relevantes da literatura universal. Así se manifestou Valentín García, engadindo que Valle-Inclán “é

Reivindicando o vocabulario tradicional do rural galego

Con motivo do Bicentenario do Concello de Paradela, o colectivo Egeria (dirixido polo colaborador de O Barbanza, Xulio Xiz) impulsou a reedición do libro Vocabulario de Paradela, de ManuelRamiro Pallares López, que foi presentado o pasado mércores 14 de decembro no Pazo de San Roque de Santiago, sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Manuel-Ramiro Pallares, escritor, investigador, avogado e secretario de Administración local, naceu na Abelaira (Paradela) en 1911, e morreu en 1994 en Paradela (Lugo), onde residía desde a súa xubilación. Investigou na cultura e na lingua do seu concello, e froito desas investigacións escribiu un refraneiro e un

cancioneiro (que non se deron recuperado ata agora) e o devandito Vocabulario de Paradela, do que a primeira edición foi publicada pola Deputación Provincial de Lugo en 1990.

á

fin,

xa teñen a Galicia e á súa lingua como pano de fondo”.

Canda Valentín García tamén participaron neste acto, que acolleu o Centro Internacional de Prensa de Galicia, Xaquín del Valle-Inclán, neto do escritor e autor do prólogo; Antonio González Millán, director do museo pobrense e coordinador da publicación; Rocío Viéitez, autora da tradución, e Adolfo Enríquez, fotógrafo e editor da obra. Ademais, a presentación estivo amenizada por unha pequena representación do texto da man do actor Roberto Leal e a actriz Gloria Rico.

A miña irmá Antonia apareceu por primeira vez no volume Cofre de sándalo en 1909 co engadido Obras completas de Valle-Inclán. Tomo I. Ambientada nas rúas de Santiago de principios do século XX, Valle-Inclán inspirouse na Casa do Cabido para escribir esta historia de misterio que narra a vinganza do estudante Máximo Bertal, namorado de Antonia a rexeitado pola súa nai.

Estando totalmente esgotada aquela primeira edición, trinta e dous anos despois, o Concello de Paradela impulsou unha segunda edición facsimilar da anterior, de acordo co Servizo de Publicacións da Deputación e a familia do escritor, con motivo de que Paradela celebre os 200 anos da súa creación como Concello.

 Con motivo do Bicentenario do Concello de Paradela, o colectivo Egeria impulsou a reedición do libro Vocabulario de Paradela, de ManuelRamiro Pallares López.

Este Vocabulario, unha obra “exhaustiva e profunda”, segundo salientaron os participantes na presentación, comprende as partes do corpo, nomes de familia, partes da casa, o carro e instrumentos de labranza, moblaxe, traballo do campo, da casa e artesán, muíño, festas, indumentaria, alimentos, plantas, animais, o tempo… e resulta “un instrumento imprescindíbel para comprender a vida e a sociedade do concello de Paradela”.

A edición do libro correu a cargo do Colectivo Egeria e o Concello de Paradela, dentro das actividades do bicentenario, nas que colabora Endesa e da Xunta de Galicia.

Participaron na presentación Marcelino Agís, decano de Filosofía da USC, Manuel González, da RAG, Valentín García, secretario Xeral de Política Lingüística, José Manuel Mato, alcalde de Paradela, Xesús Ferro, da RAG e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria.

13 Decembro 22 O Barbanza
un autor orixinal e innovador, dunha calidade extraordinaria, cuxa obra acáelle especialmente ben á lingua galega, por dicilo dalgún xeito, pois,
CULTURA 
a ambientación, a cultura, o pensamento, o sentimento e moitos aspectos expresivos que teñen detrás moitos dos seus orixinais en castelán

Creatividade e confraternidade

CONGALSA, empresa de alimentación da Pobra do Caramiñal, felicitará as festas aos seus grupos de interese, un ano máis, coas postais gañadoras do seu tradicional Concurso de Postais do Nadal. A iniciativa, neste 2022, alcanzou a súa quinta edición e tivo como novidade máis significativa a implicación do persoal na elección das propostas premiadas.

O certame, que xurdiu nos seus comezos co obxectivo de premiar deseños realizados por nenas e nenos vinculados familiarmente a empregados da compañía, estableceu tamén nas súas dúas últimas edicións un premio para adultos.

A elección dos gañadores realizouse de maneira democrática, por parte de todo o persoal que quixo participar nunha votación levada a cabo a través de medios dixitais.

Nas bases do concurso establecíase liberdade no relativo á técnica

O equipo de CONGALSA retomou a súa festa de Nadal

Tras dous anos de interrupción pola COVID, a firma da nosa comarca CONGALSA

retomou a súa Cea de Nadal o pasado 16 de decembro, no Pazo Torre Xunqueiras da Pobra do Caramiñal, á que

acudiron 318 traballadoras e traballadores. Alí, os asistentes tiveron ocasión de gozar dun suculento banquete, ao que seguiu un animado baile que se prolongou durante varias horas. A porcentaxe

utilizada no deseño das postais (debuxos con lapis, acuarelas, ceras, témperas ou rotuladores, entre outras posibilidades).

Luis Miguel Simarro, director xeneral de CONGALSA, foi o encargado de entregar os galardóns no transcurso dun breve acto desenvolvido nas instalacións da empresa. Nesta edición dos premios contouse con 22 traballos presentados a concurso.

Os premiados foron Diego Fernández, de 6 anos; Carla Fontao, de 8 anos, e Isabel Cabello, de 14 anos. A adulta gañadora foi Noemí Gil, directora do departamento TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) da empresa.

Recollida de xoguetes

Ademais de todo o devandito, en plena campaña do Nadal, CONGALSA organizou por terceiro ano consecutivo unha recollida solidaria de xoguetes entre os seus traballadores. Aquelas persoas interesadas en doar xoguetes poden deixalos nun contedor habilitado para tal fin nas dependencias exteriores da compañía, con sede principal no Polígono da Tomada (A Pobra).

de asistentes, un 70% do persoal que conforma o equipo humano da compañía, contribuíu a ratificar que a gran familia de CONGALSA estaba desexosa de recuperar unha das súas principais

 CONGALSA retomou a súa Cea de Nadal no Pazo Torre Xunqueiras, á que acudiron 318 traballadores.

tradicións. O director xeral de CONGALSA, Luis Miguel Simarro, recibiu aos traballadores cun discurso no que quixo poñer en valor “o compromiso, a adhesión, o traballo e o esforzo diario de cantos conforman CONGALSA”, aproveitando para agradecerlles a súa implicación coa empresa e desexarlles “unhas moi felices festas”.

Óscar Louzán

FOTOGRAFÍA: Alicia Domínguez Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa Abelardo Soler - Abso

PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal

CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal A NOSA WEB www.obarbanza.gal

IMPRIME: TAMEIGA, S.L. Número 42 (Decembro 2022) Publicación periódica.

Depósito Legal: C 668-2019 I.S.S.N.: 2659-8256

14 Decembro 22 O
 EMPRESA
Barbanza
O equipo laboral de CONGALSA elixe por vez primeira as mellores propostas do Concurso de Postais de Nadal
EDITA: GRUPO CÓDIGO CERO COMUNICACIÓN S.L. Rúa das Hedras nº 4, 1º G 15895 Ames (Milladoiro) Tel.: 981 530 268 - 608 240 160 DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com REDACCIÓN: Fernando Sarasketa Sonia Pena redaccion@obarbanza.gal
MAQUETACIÓN E DESEÑO:
O Barbanza

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.