Día de
obarbanza @obarbanzagal @o_barbanza 608 240 160
Febreiro 23 Número 44 Parte informativo de obras Concellos anti-agresións Coidando do planeta Os concellos achegan datos actualizados dos seus novos (e non tan novos) proxectos 3/8 14 9 A loita contra a violencia machista deixouse sentir nas nosas rúas CONGALSA adhírese á Alianza Galega polo Clima A nosa web: obarbanza.gal
O Barbanza
de febreiro
comarca celebra novamente á poeta e ao seu legado (este 23 de febreiro)
23
Seguimos querendo a Rosalía A
Rosalía Castro de
O servizo público que che axuda a coidar o medio ambiente a través da xestión sostible dos residuos urbanos
Separación, e xestión de residuos
Valorización enerxética do lixo non reciclable reciclaxe
Formación e concienciación ambiental
94% dos concellos galegos adheridos a Sogama
Sogama, a planta de tratamento de residuos
C M Y CM MY CMY K Original Bolsa Barbanza 245x325mm.pdf 1 24/1/23 8:59
Novo capítulo de melloras
O POS+ de Ribeira
Finalmente, o pleno da Corporación de Ribeira (con todos os votos a favor dos partidos agás a abstención de Suma Ribeira) deu o impulso definitivo aos proxectos achegados polo Concello para seren incluídos no Plan Provincial de Obras e Servizos (POS+) da Deputación da Coruña. Trátase de trece obras que suman, cos importes destinados a gastos correntes e redución da débeda, unha contía total de 1.901.871 euros.
Así, na relación de obras inclúense tanto iniciativas demandadas pola veciñanza (hai que recordar que con este motivo lanzouse o mes pasado unha enquisa online con 234 suxestións), como acordos aprobados en pleno e propostas propostas polos diferentes grupos.
Así, o POS principal está conformado polas seguintes actuacións:
- Pavimentación e pluviais na travesía dos Pozos (Corrubedo).
-
-
- Pavimentación do contorno da Igrexa Parroquial de Artes.
- Pavimentación da rúa dos Curros (Castiñeiras).
- Saneamento no lugar de Espiñeirido (Olveira).
- Vestiarios do Campo de Fútbol de Oleiros.
E no que se refire ao POS complementario:
- Pavimentación, pluviais e abastecemento na rúa da Capela (Carreira).
- Pavimentación, saneamento e pluviais na rúa Portugal.
- Renovación da praza dos Estudantes.
- Saneamento e abastecemento en Lixó (Palmeira).
- Ampliación de saneamento na rúa Buenos Aires (Corrubedo).
Ademais, destínanse 9.544 euros a redución de débeda e, por primeira vez, outros 419.687,74 euros a gasto corrente, neste caso para paliar as eivas derivadas de que o Concello estea funcionando cos orzamentos prorrogados dende o 2021 tras non saír adiante os do 2022. Por outra banda, 133.621,79 euros irán destinados a axuda a domicilio (POS Adicional).
-
Avanzan as reformas da Casa da Xuventude
Areforma da Casa da Xuventude de Ribeira segue dando importantes pasos adiante este mes de febreiro. Segundo confirmou o Concello, nestes intres xa están demolidos os dous muros exteriores que
se ían tirar, e a parte traseira foi obxecto dun importante recheo, co que xa é posíbel intuír o novo aspecto exterior que terá o inmóbel. O obxecto desta obra reside en mellorar a integración do edificio no entorno ao tempo
que se crean tres pequenas prazas con acceso dende a vía pública, dúas das cales resultarán das intervencións antes descritas.
O Concello sinalou que estas actuacións están sendo efectuadas pola empresa Civis Global, en tanto que da man da Brigada Municipal de Obras tamén se está a traballar no interior do edificio para reconverter un dos seus albergues nunha sala de usos múltiples (mantense o outro con capacidade de 22 prazas).
Ademais, engadiron fontes do Consistorio, nos últimos meses executouse unha actuación que tivo por obxecto mellorar a súa impermeabilización, ademais de sanear humidades e filtracións de auga e reparar as instalacións de electricidade e fontanería.
En marcha a campaña Lucir Ribeira
OConcello de Ribeira puxo en marcha unha campaña para difundir ante a veciñanza do municipio as actuacións e melloras realizadas no marco da estratexia EDUSI Máis Ribeira Atlántica (co-financiada con fondos europeos FEDER). A campaña, presentada baixo o lema Lucir Ribeira, ten o obxectivo de “ofrecer unha imaxe real e actual da cidade e das parroquias”. Farao mediante iniciativas de proximidade que potencien o sentimento de pertenza ao dito territorio. Trátase, tamén, dun convite aos veciños para “levar Ribeira na pel” e a “ser parte activa no lucimento e na posta en valor dos seus lugares, recursos e atractivos”. Por certo que a veciñanza será a protagonista da iniciativa, que terá terá ampla presenza nas redes sociais. Partici-
parán nela ribeirenses de diferentes idades, lugares e profesións. Por exemplo o parataekwondista Álex Vidal; Mariví e María, remeiras do Club de Remo Náutico de Ribeira; a patinadora Marta Blanco; Gloria Lijó, a primeira muller española en embarcarse na pesca de altura, e actual presidenta do Centro Santa Uxía da Terceira Idade; José Antonio Pérez Sieira, patrón maior; Rubén Lijó, rescatador marítimo de Gardacostas de Galicia e persoa á fronte de Pegasus Rescue Team; o bailador e coreógrafo Fran Sieira; alumnos do Club Patinaxe Ribeira, Eizan e Marta; Anabel e Sara Sevilla, representando á Real Confraría da Dorna; Olegario Sampedro, presidente do Instituto de Mediación Educativa de Ribeira; e Manuel Reiriz Dios, presidente do Centro Recreativo de Artes.
3 Febreiro 23 O Barbanza Ribeira ACTUALIDADE
inclúe 13 actuacións, gasto corrente e redución de débeda
O parque das Abesadas contará cunha cuberta téxtil
Cuberta téxtil do parque infantil de Abesadas.
Pavimentación da calzada da rúa
Francisco Lorenzo Mariño (Aguiño).
Renovación da liña de abastecemento na rúa Barreiro (Palmeira).
ACTUALIDADE A Pobra do Caramiñal
A Pobra, coa memoria histórica
Concello e cidadanía renden homenaxe ás persoas represaliadas polo franquismo cunha escultura nos Xardíns de Valle-Inclán
Unha multitude congregouse nos Xardíns de Valle-Inclán na tarde do día 11 de febreiro para asistir ao acto de inauguración da escultura pola memoria histórica, que contou co acompañamento musical do grupo Mallou.
Entre o público estaban familiares de persoas represaliadas polo franquismo como, por exemplo, parentes de Manuel Hermo Vidal, quen fora alcalde interino.
Precisamente unha das súas descendentes sumouse ao alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); ao concelleiro
da Memoria Histórica, Xabier Santos (BNG); e ao artista, Manuel Teira, coa finalidade de descubrir a peza.
Trátase dun prisma granítico que busca “explorar, reparar e restituír a memoria, decencia e democracia”,
Presentadas as propostas do POS+2023
segundo fixo saber o artista responsábel da obra, quen felicitou o Concello da Pobra do Caramiñal pola súa deter-
minación. A figura representa o pobo tratando de se zafar do sistema ditatorial. Estrutúrase así en tres apartados: no baixo está a cidadanía oprimida; no intermedio, o pico da sociedade; e, no alto, as feras, exercendo a súa tiranía.
Homenaxear ás vítimas da ditadura franquista e render un tributo a quen loitou e defendeu os principios da democracia, tales como as irmandiñas pobrenses: estes son os obxectivos da talla que, nas palabras do edil de Memoria Histórica, busca “mirar cara ó futuro sen esquece-lo pasado, porque a historia ten o mal costume de ser cíclica.”
Cúmprese así cunha “materia pendente no noso concello”, segundo manifestou o rexedor.
OExecutivo da Pobra presentou as propostas enmarcadas no POS+2023 que se aprobou no pleno extraordinario do 13 de febreiro. Segundo explicou a concelleira da Facenda, Charo Varela (Nós Pobra), destinarase a totalidade da achega, 196.776’12 euros, ao financiamento de gasto corrente, “facendo fronte desta maneira á subida dos prezos dos materiais e do IPC sen actualizar as taxas e impostos munici-
pais”. Deste xeito, engadiu, “suporá un alivio para as persoas e as familias, para traballadores/as autónomos/as e empresas, que poderán facer fronte á situación sen ver incrementada a súa carga impositiva”. Con relación ao remanente do POS+2022, construirase unha pasarela na zona da Mercé que redunde nunha mellora da seguridade e mobilidade peonil. O proxecto ascende a 131.803 euros (93.677
euros procedentes da Deputación da Coruña e 38.126 euros do Concello).
O alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), fixo fincapé na importancia desta intervención a carón da AC-305, a cal asumirá a Administración local ao considerar que é “unha necesidade urxente” ao pasar por alí o Camiño de Santiago do Barbanza. A Orixe.
Participarase, así mesmo, no Plan Complementario mediante a terceira
fase da reforma integral do Camiño Real, se ben a idea é que a obra se execute con anterioridade á entrada en vigor do dito plan. Esta actuación xa estaba adscrita no Plan do pasado exercicio, pero os permisos pertinentes de Costas, Urbanismo e Augas de Galicia demoraron a realización da mesma.
O mandatario local sinala que cando se coñeza a contía final que se outorga á Pobra, decidirase a súa finalidade.
Na súa contribución á mellora da calidade de vida da veciñanza máis vulnerábel, a concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), anuncia que se aposta novamente pola vivenda de emerxencia social (recurso habitacional temporal), a cesta da compra (reparto mensual de alimentos) e o comedor sobre rodas (menú diario quente). O importe sitúase nos 73.278 euros (máis de 50.000 euros do ente provincial e arredor de 15.000 euros do Concello).
do
local municipal de ensaio
OConcello da Pobra do Caramiñal renovou parte do material do local de ensaio situado no Camiño Ancho, ademais de actualizar o estudio de gravación. Para tal fin, adquiriuse novo equipamento: micrófonos, auriculares, soportes...
O investimento achégase aos 5 000 euros e busca, nas palabras do concelleiro da Mocidade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), apoiar a creación artística e incorporar as propostas efectuadas polas persoas usuarias nunha asemblea. Neste senso tamén se pronunciou a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), quen ratificou o compromiso da Administración local coas distintas agrupacións que fan uso da instalación: Caras B, Moito!, música tradicional, coro...
Segundo lembraron os concelleiros, para facer uso deste local é preciso cubrir a solicitude pertinente no Consistorio e efectuar a reserva para ensaiar cando sexa necesario.
4 Febreiro 23 O Barbanza
Increméntanse as prestacións
Estabilización de emprego
OConcello de Boiro está mergullado no proceso para estabilizar a temporalidade laboral de 111 traballadores e traballadoras municipais. O alcalde, José Ramón Romero, a concelleira de Persoal, María Outeiral, e o presidente do Comité de Empresa, Cesar Tarela, explicaron polo miúdo o proceso en rolda de prensa. “Cando entramos no Goberno en 2019 atopámonos cunha alta porcentaxe de emprego temporal, que rolda o 90%, polo que a nosa prioridade en materia de persoal foi reducir esa cifra e lograr melloras en canto ao emprego”, afirmou o alcalde, engadindo que o traballo conxunto destes anos entre o Executivo de Boiro, o Comité de Empresa e o departamento de persoal “fixo que neste momento estean en proceso 53 procesos selectivos para a estabilización de 111 prazas”.
Pola súa banda, María Outeiral explicou que “o borrador de RPT coa que contaba o Concello de Boiro non se axustaba ás necesidades reais do
Os fondos POS destinaranse a catro actuacións demandadas pola veciñanza
Finalmente aprobáronse os proxectos propostos polo Concello ao abeiro do plan de cooperación ás obras e servizos (POS+ 2023) da Deputación da Coruña, que destina a Boiro 615.197,37 euros. Segundo confirmou o Concello, esta contía destinarase a catro importantes obras demandadas pola veciñanza. “Trátase dun investimento moi importante para o noso concello e que imos destinar a obras en diversos puntos do termo municipal, prestando especial atención aos núcleos do rural”, afirmou o alcalde. Trátase das seguintes iniciativas: obras de pavimentación e instalacións de rueiro en Runs e San Mauro (cun orzamento de 429.865,99 euros, inclúen a mellora integral dos rueiros
e de Runs e San Mauro, con pavimentado, rede de saneamento de augas pluviais e de abastecemento e substitución de luminarias); beirarrúas na avenida da Constitución entre Salvador Allende e av. de Compostela (cun orzamento de 199.240,61 euros, este proxecto contempla a execución de beirarrúas e dotación de carril bici na avenida da Constitución, no tramo comprendido entre a rúa Salvador Allende e a avenida de Compostela, amais da execución das canalizacións de saneamento, abastecemento de auga e electricidade e a instalación de alumeado, entre outros equipamentos); pavimentación no lugar de Xián (cunha partida de 34.089,21 euros, a finalidade é pavimentar as vías interiores na aldea de Xian
traballo polo que, de man do Comité de Empresa, decidimos traballar paralelamente cunha prioridade na estabilización para a redución da tem-
poralidade”. A edil engadiu que “neste momento están pendentes de ser publicadas as listas de persoas admitidas nos distintos procesos selectivos para a realización das probas e rematar o proceso da estabilización”.
Pola súa parte, César Tarela informou da que xa se realizaron ata catro asembleas xerais e dúas mesas xerais de negociación para “lograr un acordo nas liñas de traballo a seguir e convocar o proceso de estabilización”. En concreto, negociáronse as bases xerais e específicas de 53 procesos selectivos e creouse por parte do comité unha oficina de asistencia para axudar a todo o persoal a presentar a documentación e que ninguén quedase fora do proceso.
“Estamos moi satisfeitos co traballo realizado e co esforzo que se realizou, tanto por parte do comité como por parte do departamento de persoal para sacar adiante estes procesos selectivos para a estabilización de emprego e seguiremos traballando da man para elaborar agora unha RPT que responda ás necesidades actuais do Concello”, afirmou o rexedor.
coa finalidade de mellorar o conxunto do firme e as súas características funcionais), e reordenación e urbanización do parque en Cimadevila (cun orzamento de 178.365,18 euros, preténdese “renovar e optimizar un espazo de lecer no lugar de Cimadevila, así como aumentar os espazos de estacionamento nun lugar no que escasean”).
A maiores de todo isto, o Concello informou que vai destinar o POS+ adicional da Deputación ao financiamento
de gastos sociais. A contía asignada de 111.152,04 euros permitirá incrementar o gasto social extraordinario e a tramitación urxente de prestacións necesarias en situación de risco para persoas vulnerábeis. Unha parte desta achega provincial encamiñarase ao reforzoampliación de persoal técnico ou administrativo adscrito aos Servizos Sociais co “obxectivo de axilizar a atención”. Outras partidas destinaranse a axudas de emerxencia ás
persoas soas ou en risco de exclusión. Ademais, reforzaranse os servizos e as axudas económicas para respiro familiar e medidas de conciliación, reservándose outras contías para mellorar os dispositivos de axuda a persoas sen fogar e para as devanditas achegas económicas que axuden ás persoas en risco a sobrelevar os gastos enerxéticos. Amais, adquirirase novo equipamento técnico asistencial (camas, cadeiras de rodas, grúas, etc), entre outras medidas.
5 Febreiro 23 O Barbanza Boiro ACTUALIDADE
O Concello de Boiro reduce a temporalidade do persoal municipal mellorando as condicións de 111 persoas
ACTUALIDADE Rianxo
Concello tecnolóxico
Rianxo enfiou o mes de febreiro con importantes novidades tecnolóxicas que redundan en melloras importantes de conectividade para a cidadanía, con todo o que iso implica: un concello mellor conectado é tamén un concello con meirandes oportunidades sociais, económicas, estruturais, demográficas e culturais, alén do importante factor anti-despoboamento que poñen en xogo as novas ferramentas.
Entre as ditas novidades tecnolóxicas figura a aprobación, este 2 de febreiro en xunta de Goberno local, dunha solicitude para a colocación dunha antena de telefonía móbil no monte de Leiro á altura de Abuín, coa finalidade de “mellorar a deficiente cobertura móbil existente en gran parte da parroquia, desde A Pedreira e Brión até Rial e Palleiro, etc”.
O Concello explicou que esta mellora da cobertura vén cumprir un dos obxectivos que a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais perseguía ao abrir unha consulta pública de incidencias na cobertura de telefonía móbil, que o Concello de Rianxo trasladou á veciñanza nunha enquisa pública hai agora un ano.
Por outra banda, este mes de febreiro tamén puidemos coñecer o balance dos traballos levados a cabo en 2022 para dotar as zonas brancas (sen
Este mes de febreiro aprobouse en xunta de Goberno local, unha solicitude para a colocación dunha antena de telefonía móbil no monte de Leiro á altura de Abuín, coa finalidade de mellorar a deficiente cobertura móbil existente.
SEA fai balance do 2022 e salienta o avance empresarial rianxeiro
Co comezo do novo ano a xerente de Solo Empresarial do Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, facía balance da xestión desenvolvida no ano 2022, no que a sociedade estatal, dependente do Ministerio de Transportes, volveu a obter uns resultados históricos, coa adxudicación de máis de 100.000 metros cadrados, amais do esgotamento do chan dispoñíbel no parque empresarial de Rianxo e o avance no
Nos distintos
estímase, a medio e longo prazo, a creación de preto de 700 postos de emprego.
cobertura de banda larga) do termo municipal de Internet de alta velocidade a través de tecnoloxía FTTH (fibra óptica até o fogar polas súas siglas en inglés). Segundo reflectiu o Concello, o despregue de FTTH foi posíbel grazas á colaboración establecida entre a Administración local e a operadora neutra Redeaberta.gal, e tornouse efectiva xa en boa parte das parroquias de Rianxo, Taragoña e Leiro, onde xa foron captados os primeiros clientes deste servizo.
A empresa instaladora de RedeAberta, Vento Rede, adxudicataria dos incentivos do programa Ünico-Banda
Larga (Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital) para completar a cobertura en varios municipios da provincia da Coruña, foi a encargada de realizar os traballos de subministro de equipamento en Rianxo.
Como consecuencia, RedeAberta vaise estender á totalidade dos núcleos de poboación do municipio rianxeiro. O Concello explicou que “para facilitar a chegada ás poboacións máis remotas, estase a explorar un acordo de colaboración para o uso dalgunhas infraestruturas municipais, como os postes de alumeado público, para a extensión da rede, o que permitirá achegar a fibra óptica ata os lugares de Cerqueiras, O Vilar, Varela e Campelo, entre outros”. A data prevista para a finalización desta ampliación é abril de 2023.
O Concello de Rianxo aproveitou a comunicación destes datos para pedir a colaboración da veciñanza con vistas a “permitir e facilitar o tendido dos fíos de fibra óptica polos espazos regulados, como fachadas, postes e arquetas, así como o acceso dos operadores para a instalación cando están situados en propiedade privada, xa que é este un servizo que beneficia ao conxunto da veciñanza”.
O servizo de fibra óptica de RedeAberta pódese contratar a través dos operadores seguintes, ademais doutros servizos de telefonía móbil, sen fíos e televisión que ofrecen: FibraRianxo / Pizpireta Telecom, A Túa Xanela, Toxo Telecom, Juifi Telecom, Grelo Comunicacións, Evoa, Aurea Telecom, Itegal, ItSarria, Bit Telecom e 7Play.
desenvolvemento de futuras áreas en Cuntis, en Leixa, en Ferrol ou na Guarda-O Rosal. Así, nos distintos proxectos empresariais presentados estímase, a medio e longo prazo, a creación de preto de 700 postos de emprego. Asemade, o ano 2022 supuxo un fito na historia de SEA, ao esgotar o espazo dispoñíbel no Parque Empresarial de Te en Rianxo, que pasou do 20% ao 100% en tres anos, e ao que se logrou atraer a compañías fundamentais na industria galega como Conservas Rianxeira e Stolt Sea Farm, que se unen a Conservas Cerqueira, que inaugurará as súas novas instalacións o 2023.
6 Febreiro 23 O Barbanza
proxectos empresariais presentados
Rianxo comezou febreiro con importantes melloras en cobertura de telefonía móbil e Internet para a veciñanza
Porto do Son
Parroquias seguras
e accesíbeis
O Goberno do Son acondiciona camiños e infraestruturas
en San Pedro, Nebra, Xuño, Baroña e Miñortos
OConcello de Porto do Son comezou o ano despregando novos esforzos e recursos para a mellora de infraestruturas, accesos e servi-
zos, poñendo o foco en fortalecer a seguridade de estradas, camiños e beirarrúas e tamén na accesibilidade e a comodidade dos usuarios. A longo destes meses de xaneiro e febreiro actuouse nas parroquias de
San Pedro (co acondicionamento de camiños e beirarrúas nos núcleos de Basoñas e Santa Clara de Novás, traballos que se estenderon a Seráns e Basoñas), Nebra (coa limpeza de regos e cunetas en Calo, A Pedra do
Impulso definitivo á rehabilitación da Casa de Ríos
Opleno de Porto do Son aprobou o 13 de xaneiro os orzamentos municipais para este exercicio que comeza e que, como avanzamos dende obarbanza,. gal, medran con respecto aos anteriores até superar os 11,77 millóns de euros, implicando unha suba do 15 %, é dicir, 1.560.852 euros máis.
No capítulo de investimentos (máis da terceira parte da partida total, con 4.269.000 euros, un 20% máis) salientan proxectos como a rehabilitación da Casa de Ríos (arredor de 500.000 euros para destinala a salón de plenos e Museo do Traxe Galego). O proxecto, que segue o ronsel doutras iniciativas previas de recuperación
urbanística, arquitectónica e cultural do Concello como a remodelación integral da fachada marítima da vila sonense, recibirá 241.500 euros dos fondos PIREP do Goberno (rehabilitación de edificios públicos), conformándose un orzamento total de 504.000 euros (grazas tamén ás achegas do Instituto Galego de Vivenda
e Solo, o IGVS, que contribúe co investimento restante).
Por certo que amais do Museo do Traxe, o inmóbel, situado na avenida de Galicia, tamén dará acollida ao novo salón de plenos da Corporación local.
Trátase dunha antiga casa mariñeira de importante valor histórico e patrimonial, catalogada no Plan Xeral de Ordenación Municipal, características que serán mantidas e potenciadas no proxecto (coa conservación da fachada tradicional mariñeira e dos muros exteriores, entre ouros elementos).
O plan de traballo prevé concentrar a meirande parte dos traballos de remodelación no interior, poñendo o foco en recursos que garantan a sustentabilidade e accesibilidade do inmóbel.
Lobo, A Belga e Terrona e coa posta a punto da rede viaria e de camiños da Igrexa, Ieste, Castrallón, Calo, Quintáns e O Curro), Xuño (con traballos de mellora e limpeza nos camiños, na contorna do parque infantil, da igrexa e o cemiterio e da fonte e o lavadoiro, entre outras zonas) e Miñortos (nos núcleos da Igrexa, Fontenla, Bouzas, O Couto e A Moreira) e Baroña (coa limpeza do lavadoiro e a fonte do Vilar).
Saneamento en Mantoño (Goiáns)
Co cambio de ano comezaron no concello de Porto do Son os traballos para dotar de saneamento o núcleo de Mantoño, na parroquia de Goiáns, cun investimento total que foi máis alá dos 193.000 euros. O Concello compartiu nas redes sociais imaxes das tarefas que se estiveron a realizar este mes de xaneiro, que xa acometeron a instalación das canalizacións nalgunhas rúas do devandito núcleo.
O proxecto inclúe o subministro dun colector principal de saneamento e 5 colectores secundarios cos seus pozos de rexistro e 23 acometidas domiciliarias. O Concello confirmou o ano pasado a súa intención de aproveitar o levantamento do firme para substituír o asfalto por materiais máis acordes coa feitura do núcleo tradicional e histórico de Mantoño, con formigón e lastras.
7 Febreiro 23 O Barbanza
Acondicionamento de camiños e beirarrúas nos núcleos de Basoñas e Santa Clara de Novás
Limpeza de regos e cunetas en Calo, A Pedra do Lobo, A Belga e Terrona
Traballos de mellora e limpeza de camiños na contorna da igrexa e o cemiterio
Limpeza do lavadoiro e a fonte do Vilar
ACTUALIDADE
Opleno da Corporación de Outes aprobou nunha sesión extraordinaria celebrada o pasado 9 de febreiro o Plan de Obras de Servizos (POS+2023).
O alcalde, Manolo González, agradeceu o apoio de tódalas forzas políticas á proposta do Executivo e destacou que foi elaborada con achegas dos distintos grupos da corporación. González destacou que se priorizaron actuacións de mellora en núcleos rurais en tódalas parroquias, así como a posta a punto de equipamentos no campo de fútbol e no pavillón do Cunchido. Tamén se inclúen actuacións nos núcleos urbanos da Serra de Outes, Cruceiro de Roo e O Freixo.
Todas estas actuacións ascenden a preto de 620.000 €, reservándose ademais outros 150.000 € para financiar gastos correntes que, segundo explicou González, servirán para atender a
suba dos custos enerxéticos municipais.
O alcalde, Manolo González, destacou que as actuacións aprobadas dan continuidade ao impulso en materia de conservación e mellora de infraestruturas levado a cabo polo actual Goberno. “Nestes momentos estanse executando ou a piques de comezar
importantes actuacións como son a mellora das beirarrúas no porto do Freixo, a senda peonil á piscina municipal ou o saneamento de Quintela a Ousesende. E están a piques de ser adxudicadas actuacións de mellora nos núcleos de Banzas, Outes, Crespos, Entíns ou Tarás, entre outros”.
Opleno de Lousame aprobou por unanimidade a proposta da alcaldía para o POS+2023 da Deputación, que ascende a 324.530,56 euros, así como os 164.320 euros do plan complementario. Desta maneira, o Concello de Lousame destinará os 127.210,82 euros da achega provincial 2022 a dúas obras: pavimentación do camiño entre Carantoña e Abeixón (87.065,6 euros) e pavimentación do acceso ao núcleo de Aguiende (40.145, 22 euros). Os 197.319,74 euros da convocatoria 2023 serán destinados a gasto correntes. Finalmente, o pleno aprobou tamén un plan complementario por importe de 164.320 euros
129.639 euros para impulsar a mobilidade sustentábel nas Brañas de Laíño
Opresidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde do Concello de Dodro, Xavier Castro, asinaron un convenio de colaboración para co-financiar as obras de acondicionamento do viario das Brañas de Laíño (Rede Natura 2000). O obxectivo, sinalaron, é fomentar a mobilidade sustentábel. O orzamento total da execución ascende a 129.639 euros, dos que a entidade provincial achega o 80 % da devandita cifra, que supón 103.711 euros, e
a administración local a cantidade restante, que son 25.928 euros.
Segundo explicou o alcalde, Xabier Castro Tourís, “a vía conta con preto de 7 quilómetros de lonxitude e atravesa o municipio desde a Veiga de Lestrove, no límite con Padrón, ata Bexo, preto de Rianxo, discorrendo en boa parte pola contorna natural das Brañas de Laíño”. Trátase dunha vía que “xa é moi usada polos ciclistas actualmente”. Castro agradeceu o apoio da Deputación “para facer realidade un proxec-
to moi bonito co que pretendemos impulsar a mobilidade a pé e en bici
en condicións de seguridade e accesibilidade”.
As obras contemplan a
que inclúe dúas actuacións de mellora da pavimentación en camiños: pavimentación dun camiño de Aldarís a Burzó, por 134.320 euros; e pavimentación dun camiño desde a estrada AC.4201 ata a Igrexa de Lousame, por algo máis de 50.000 euros.
Tamén se aprobou subvencionar con fondos do IGVS as seguintes obras: mellora da eficiencia enerxética no alumeado público do concello (actuacións en Aldeagrande, Marracín e Tállara), pavimentación en Camboño, melloras na contorna da igrexa de San Xoán de Lousame, posta a punto do lavadoiro de Lesende e melloras no lavadoiro de Meixonfrío.
delimitación das marxes da vía con zonas de protección e prioridade para o tráfico ciclista, que tamén serán empregadas polos peóns, mellorando
a seguridade e a funcionalidade para todos os usuarios e usuarias. Realizarase unha sinalización completa horizontal e vertical, ademais da execución de 21 redutores físicos de velocidade para os automóbiles.
Do mesmo xeito, preverase a reparación do firme existente mediante a colocación de grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Estas actuacións completaranse coa canalización soterrada de 400 metros para colocar a iluminación pública, que inclúe 19 luminarias sobre báculos de 5 metros de altura, e a instalación de 5 bancos de madeira técnica.
8 Febreiro 23 O Barbanza
Outes dá luz verde a un plan de obras que supera os 600.000€
Lousame investirá 127.000 € do POS+ en pavimentación
ACTUALIDADE Lousame Dodro Outes
O regreso do Entroido
Falamos co novo presidente da Mancomunidade, José Ramón Romero
Visitamos, da man do alcalde de Outes, o museo que homenaxe á carpintaría de ribeira
Celebramos a recta final do inverno con libros e cultura
Falamos co novo presidente da Mancomunidade, Xosé Lois Piñeiro
obarbanza @obarbanzagal @o_barbanza 608 240 160 Febreiro 23 Número 45
Barbanza Arousa inicia nova Benvidos ao Estaleiro do Ciprián Páxinas de aquí 9 10
12/13 O Barbanza Especial Entroido Especial Entroido
Pasadas as crises pandémicas recuperamos o formato tradicional dunha festa única
En Ribeira a axenda festiva recupera o seu esplendor previo á COVID
Aconcelleira de Cultura de Ribeira, María Sampedro, presentou este venres 10 de febreiro o programa de actividades locais de Entroido, unha axenda festiva na que volve brillar a tradición carnaveleira anterior a COVID e na que se recuperan as propostas estrela do Entroido ribeirense anteriores á crise pandémica e ao confinamento. Será unha axenda longa no tempo, que abrangue as xornadas comprendidas entre o venres 17 e o 26 de febreiro.
Así, María Sampedro avanzou que “un dos pratos fortes da programación” será o Festival de Murgas, Comparsas e Carrozas que repartirá 6.000 € entre premios e gratificacións e que ademais este ano trae novidades xa que se organizará en dous días.
O sábado 18 de febreiro será a quenda da sección infantil, cun desfile de murgas e comparsas cos máis pequenos como protagonistas que sairá do auditorio acompañado da música da charanga O Santiaguiño e rematará coas actuacións na carpa que instalaremos na explanada do porto, e o domingo 19 será a quenda do concurso de adultos con murgas, comparsas e tamén carrozas, cun desfile pola cidade acompañados das Charangas Fanfarria Furruxa, Tíralle do Aire de Negreira e o grupo Latexo Percusión e que rematará cun festival na carpa presentado pola actriz e humorista Isabel Risco.
O sábado 18 tamén se porá en marcha, en colaboración coa asociación de hostalería de Ribeira, o concurso de disfraces de Entroido no que poderán participar maiores de 18 anos na categoría individual, parellas ou grupos e no que repartiremos 1.775 € en premios. O certame desenvolverase nos bares participantes dende as oito e media da tarde ata a unha e media da madrugada, e durante toda a tarde e ata o remate do concurso contarase ademais coa animación musical das charangas. As bases completas deste concurso xa se poden consultar na páxina web do Concello de Ribeira, ribeira.gal.
María Sampedro avanzou que “un dos pratos fortes da programación” será o Festival de Murgas, Comparsas e Carrozas que repartirá 6.000 € entre premios e gratificacións.
María Sampedro animou aos veciños e veciñas a participar no certame, así como aos locais hostaleiros a inscribirse para que poidan ser un dos que se inclúan na ruta a realizar polos concursantes.
Xa o luns 20 haberá ao longo de toda a xornada o expreso de Entroido que percorrerá a cidade con saída da praza do Concello e pola noite a partir das 11 contaremos coa actuación musical dos Djs Mateo Abelleira, Javi Machito e Dj Chupas na carpa do Malecón.
O martes 21 ademais da música da charanga Fanfarria Furruxa pola tarde para dinamizar e animar as rúas comerciais e de hostalería, os máis pequenos serán os protagonistas cunha choqueirada infantil de 5 a oito e media da tarde no Espazo Municipal de Usos Múltiples, na que haberá animación musical, inchables, obradoiros, e desfile de disfraces con entrega de diplomas e lambonadas aos participantes.
O mércores desenvolverase outra das propostas que máis triunfan no Entroido en Ribeira como é o Enterro do Felipe; que está sendo elaborado polos usuarios do taller de carpintería da Unidade de Día da UAD. O Enterro do Felipe e o acompañamento sairá ás sete e media da tarde da zona de Capitanía Marítima para percorrer o Malecón, Concordia, rúa de Galicia, Manzanares e rematar na praza dos Mariñeiros onde terá lugar a queima con fogos de artificio. Ao remate haberá unha degustación de doces de Entroido na rúa de Portugal ou, se chove, na carpa do Entroido.
Despois destes días volverase a celebrar o Pequeno Entroido para despedir estas festa, cunha ruta de tapas o sábado 25 e o domingo 26 en colaboración coa hostalería na que os participantes entrarán nun sorteo dun agasallo sorpresa. Ademais o sábado haberá unha festa infantil no Espazo de Usos Múltiples a partir das cinco e media da tarde con música e inchábeis para os máis cativos. E o domingo toda a tarde neste mesmo lugar, celebrarase o Día da Xuventude, unha iniciativa cuxo contido darase a coñecer a mediados de febreiro.
A concelleira de Cultura, María Sampedro, animou aos ribeirenses a involucrarse nesta programación que dende o Concello se pode ofrecer tras dous anos de pandemia.
3 Febreiro 23 O Barbanza
Especial Entroido
Ribeira AXENDA DE ENTROIRO
A actriz e humorista Isabel Risco
Fanfarria Furruxa
Boiro, axenda creativa
As actividades do Entroido comezan o sábado día 18 de febreiro coa celebración da XIV Festa da Orella de Porco e outros produtos típicos que organiza a Asociación de Veciños da Boliña.
“Este ano temos unha programación de Entroido moi completa, con propostas e actividades para todas as idades que xorden das sinerxías tan importantes entre entidades e asociacións e o Concello”, recoñeceu a concelleira de Cultura, María Outeiral.
A programación do Entroido continúa a fin de semana seguinte. Así, o sábado 25 haberá un obradoiro infantil na Biblioteca Municipal de Boiro a partir das 12.00 horas e, pola tarde, festa do Felipiño en Escarabote.
OEntroido 2023 de Boiro fará historia pola cantidade, a calidade e a variedade das propostas, e tamén polo importante número de entidades e veciños implicadas/os na organización. O programa, elaborado polo Concello, a Asociación de Veciños da Boliña e a Asociación Cultural Peñas Boiro, foi presentado os días pasados pola concelleira de Cultura, María Outeiral e os representantes das ditas asociacións: Alfonso Alcalde e David Boga, respectivamente.
Segundo explicaron, as actividades do Entroido 2023 comezan o sábado día 18 de febreiro coa celebración da XIV Festa da Orella de Porco e outros produtos típicos do Entroido que organiza a Asociación de Veciños da Boliña.
As actividades, que terán lugar na Boliña no Campo de Revelar, comezarán ás 19.00 horas e contarán coas actuacións do Dúo Charada e o Dúo Rosán, pintacaras, photocall... e haberá carpa. Os festexos o sábado 18 de febreiro continúan na praza de Galicia con discomóbil a partir das 23.00 horas a cargo da Asociación Peñas Boiro.
O domingo día 19, a partir das 17.00 horas, celebrarase o tradicional desfile infantil pola rúa Peonil que sairá da praza da Mancomunidade até a praza de Galicia. Ás 18.00h na praza do Concello haberá festa infantil con DJ Matrek.
O luns 20 de febreiro ás 10.30h no Centro Social de Cabo de Cruz haberá obradoiros de Entroido. Ás 18.00 ho-
ras a paza do Concello dará acollida a unha actuación de Peter Punk para público infantil. A partir das 22.30 horas, organizada por Peñas Boiro, haberá festa do Entroido coa orquestra La Fórmula e discomóbil.
O martes de Entroido, festivo local, levarase a cabo o tradicional concurso e desfile de Entroido que sairá ás
18.00 horas da praza de Galicia e fará un percorrido pola rúa peonil e a rúa Principal para volver á praza de Galicia onde se fará entrega dos premios e haberá festa infantil con DJ Matrek.
O mércores haberá unha nova sesión de obradoiros no Centro Social de Cabo de Cruz a partir das 10.30 horas para nenos e nenas.
Concurso de disfraces e carrozas
OConcello de Boiro, a través da Concellaría de Cultura, vai desenvolver na segunda metade de febreiro unha programación cultural específica para o Entroido que contempla o tradicional concurso de disfraces e carrozas. As bases da convocatoria e o formulario de inscrición están xa dispoñíbeis a disposición das persoas interesadas na web municipal, boiro.gal.
O certame de disfraces e carrozas celebrarase o martes 21 de febreiro na praza de Galicia.
Existen tres modalidades para o concur-
so: individual/parella para maiores de 13 anos, grupos formados por tres ou mais persoas e carrozas. Os premios serán de 300, 200, 150 e 100 euros para os catro
primeiros clasificados na categoría individual; de 600, 300, 250 e 200 euros para os catro primeiros na categoría de grupos; e de 1200, 800 e 500 euros para as tres
O domingo 26 celebraranse os tradicionais enterros nas distintas parroquias: Farruco en Cabo de Cruz, Cunca de Praia Xardín, o Óso de Abanqueiro e o Felipiño de Escarabote.
Coma en anos anteriores, o Concello de Boiro poñerá un tren e animación musical con gaiteiros que percorrerá todos os enterros.
primeiras carrozas. O xurado valorará a estética, orixinalidade e creatividade dos disfraces; a posta en escena con coreografías, os instrumentos, etc.; os
detalles do disfrace tales como o vestiario, a maquillaxe, as máscaras ou outros complementos; a elaboración propia/ artesanal...
As inscricións son gratuítas e poden facerse xa de xeito presencial ou po teléfono no Centro Social de Escarabote, de luns a venres en horario de 10.00 a 13.00 horas; ou no mesmo día do concurso antes das 17.30 horas. Como dixemos, as bases do concurso e os formularios de inscrición están a disposición das persoas interesadas na web municipal (www. boiro.gal).
4 Febreiro 23 O Barbanza AXENDA DE ENTROIDO
Boiro Especial
Especial Entroido
Entroido
Na Pobra do Caramiñal
OCNa Pobra do Caramiñal tocará disfrazarse do día 17 ao 21 de febreiro, cinco días durante os cales non faltarán a troula e os espectáculos, ao que se suma a recuperación dunha das actividades estrela do formato tradicional: o desfile. Premiaranse, así mesmo, o enxeño e a orixinalidade a través de dous concursos que coas gratificacións ás carrozas repartirán un total de 5.075 euros.
A festa oficial inaugúrase no venres 17 cuns obradoiros de batucada, xoguetes e complementos con temática propia destas datas. Transcorrerán a partir das 18.30 horas no Cantón da Leña, na praza de Maura e nos Xardíns de ValleInclán. Máis tarde a acción
En Rianxo
OConcello de Rianxo, a través da súa Área de Cultura, compartiu o programa de actividades locais do Entroido 2023, un programa no que tamén colaboran as asociacións culturais do municipio e cuxas propostas concentraranse principalmente entre o venres 17 o sábado 25 de febreiro.
Haberá todo tipo de actividades para veciños e visitantes de todas as idades,sendo un dos puntos fortes do progra-
Pobra
desprazarase polo centro da vila con animación de rúa e charanga.
A vertente musical tamén marcará a xornada do sábado 18 con tres novos espectáculos itinerantes para culminar na noite coa festa Party Neon e Disco Chocolate, das 23.00 horas en diante, na praza Alcalde Segundo Durán.
As crianzas serán as protagonistas do domingo 19 coa gran festa infantil que se desenvolverá na praza Alcalde Segundo Durán, dende as 16.30 ata as 19.30 horas.
Haberá inchábeis, obradoiros, actuación musical, chocolate con churros e un concurso para a rapazada ata 12 anos.
Entregaranse cinco premios: un primeiro, de 200 euros; un segundo, de 150; un terceiro, de 125; un cuarto, de 100
e un quinto, de 75. Cómpre indicar que os disfraces galardoados deberán participar no desfile do martes 21.
Recupérase así esta comitiva festiva trala paréntese ocasionada pola pandemia. Ás 17.30 horas arrancará o desfile de disfraces e carrozas
ma o Certame de Carrozas e Disfraces en Grupo, que organizado pola Área de Cultura, terá lugar na praza de Castelao o domingo 19.
A troula comezará como dixemos o venres 17, a partir das 22h, na Carpa do Entroido habilitada na praza de Castelao. A xeira inclúe unha festa de Entroido, un concurso de disfraces e unha sesión de DJ. Organiza a Asociación Festival Rock in Rian.
Ao día seguinte, sábado 18, a carpa praza de Castelao acollerá ao mediodía unha sesión carnavaleira, seguida (pola tarde) dunha festa infan-
til, un concurso de disfraces para a rapazada, un DJ e un espectáculo familiar. A partir das 17.00, no Centro Cultural de A Capala (Araño) celebrarase unha festa infantil do Entroido con filloeiras, música e un concurso de disfraces. Ao día seguinte, domingo 19, a festa concentrarase na praza de Castelao a partir das 16.30 horas. Haberá obradoiros, xogos e logo comezará o Certame de Carrozas do Entroido de Rianxo, que entregará 4.000 euros en premios e gratificacións: para a modalidade de carrozas (tres premios de 900, 700 e
que neste ano conta coa participación de tres comparsas: Os da Caña, As Sonecas e Cor Café. A saída efectuarase dende A Covecha en dirección á rúa Castelao, concretamente ás inmediacións da E.E.I. Fernández Varela. Alí procederase coa realización
A troula comezará o venres 17, a partir das 22h, na Carpa do Entroido na praza de Castelao. A xeira inclúe unha festa de Entroido, un concurso de disfraces e unha sesión de DJ.
500 euros, máis gratificacións de até 150 euros) e para a categoría de grupos (tres
doutro certame, nesta ocasión dirixido a maiores de 13 anos e presentado polo humorista Fran Campos.
Establécense tres categorías coas súas correspondentes catro distincións: carrozas (un primeiro de 700 euros; un segundo, de 400; un terceiro, de 200; e un cuarto, de 100); grupo (400, 300, 200 e 150 euros, respectivamente) e parellas/individuais (200, 150, 125 e 100 euros por esta orde). As inscricións formalizaranse na casa da cultura Raquel Fernández Soler e a data límite será no propio día 21, ás 12.00 horas.
Na axenda do Entroido da Pobra destacan tamén o Enterro do Felipiño do Maño (o sábado 25 a partir das 19.00 dende o campo do Maño, Xobre) e a Festa Drag (o 17 de febreiro ás 23.00 na praza do Emigrante e con música de Discomóbil Chocolate).
premios de 350, 250 e 140 euros). A vertente musical virá da man de Fanfarria Taquikardia. Sortearanse agasallos entre as persoas disfrazadas. As categorías son: xoubas (até 6 anos), sardiñas (de 7 a 12), xardas (de 13 a 17) e adultos.
O luns 20 de febreiro a festa concentrarase en horario de tarde. Haberá inchábeis, obradoiros e xogos na Carpa do Entroido da praza de Castelao, entre as 16.30 e as 19.30 horas.
O martes, tamén pola tarde tamén na Carpa de Entroido, haberá inchábeis, obradoiros, xogo e, un espectáculo de rúa (Abracadaver) a cargo de As Sircópatas. Tamén actuará o músico Pakolas.
O sábado 25 a actividade trasládase ao Campo de pasos, en Taragoña, da man da Asociación Cultural Campo Maneiro. Organizaranse, a partir das 16.30 horas, inchábeis, obradoiros e xogos diversos. Tamén haberá un concurso de carrozas e pola noite unha verbena do Entroido con actuacións musicais e DJ.
Máis información en concelloderianxo.gal.
5 Febreiro 23 O Barbanza Especial Entroido
A
do Caramiñal Rianxo AXENDA DE ENTROIDO
Fanfarria Taquikardia
En Outes Lousame
Dende a Área de Cultura do Concello de Outes compartiron tamén o cartel e a información sobre o programa de festexos que acompañan este ano a celebración do Entroido.
A axenda comezará oficialmente o sábado 18 de febreiro, no Pavillón da Serra de Outes, cunha gran festa para a rapazada que incluirá inchábeis, photocall, obradoiros e animacións. Desenvolverase entre as 17.00 e as 21.00 horas.
Ao día seguinte, domingo 19, celebrarase o Baile de Entroido de Outes, no Centro Social da Serra, a partir das 18.00 horas. A vertente musical virá da man do artista Martín.
As festas do Entroido en Outes culminarán o mércores 22 de febreiro coa tradicional celebración do Enterro da Sardiña. O evento virá acompañado dun concurso de disfraces con premios para as mellores contribucións nas categorías de infantil, individual, grupos e comparsas.
A axenda comezará oficialmente o sábado 18 de febreiro, no Pavillón da Serra de Outes, cunha gran festa para a rapazada que incluirá inchábeis, photocall, obradoiros e animacións.
Quen desexe participar neste concurso pode facelo a través do formulario habilitado na web municipal, www.outes.gal. Este formulario deberá enviarse debidamente cumprimentado
En Porto do Son
Oespírito festeiro, creativo e aberto será o gran protagonista do Entroido en Porto do Son, cuxo programa, ateigado de propostas para persoas de todas as idades, foi dado a coñecer pola Área de Cultura e Festexos do Concello. As actividades concentraranse os días 18, 20, 21 e 22 de febreiro e comezarán, o día 20, cun concurso infantil de disfraces (categorías grupo, parella e individual), amenizado pola Charanga Os Celtas.
A cita será na fachada marítima da vila de Porto do Son, ás 17.00 horas, onde terá lugar o desfile ante o xurado habilitado para valorar as diferentes propostas. Os me-
As actividades concentraranse os días 18, 20, 21 e 22 de febreiro e comezarán, o día 20, cun concurso infantil de disfraces (categorías grupo, parella e individual)
llores disfraces de individual e parella serán nomeados Rei e Raíña infantís do Entroido, e deberán encabezar o desfile do luns. Haberá premios de entre 50 euros e 150 euros (unha ducia de premios).
O 20 de febreiro celebra-
ao enderezo animacion@ outes.gal. O prazo estará aberto até o 20 de febreiro, ou, tamén, até o mesmo día do concurso antes das 16.30 horas no Polideportivo da Serra.
A cualificación do xurado será no propio Polideportivo ás 17.00 horas.
O desfile do Enterro da Sardiña sairá da praza de Galicia e percorrerá as principais rúas da Serra até a praza do Bosque, onde se procederá a queimar a Sardiña e concederanse os diferentes premios aos mellores disfraces. Nota: en caso de chuvia suspenderase o desfile.
Podemos consultar as bases do concurso na web municipal, outes.gal.
OPolideportivo Pilar
Barreiro Senra acollerá o domingo 19 o tradicional Festival de Entroido do Concello de Lousame, que se desenvolverá entre as 16:30 e as 20:00 horas. O festival estará amenizado pola música en directo da man dos cantantes das orquestras máis recoñecidas de Galicia: Óliver Escobar, da París de Noia; Néstor Peña, da Olimpus; e Diego Moreira, da Panorama.
En palabras do Concello, o evento manterá “o exitoso modelo dos últimos seis
anos, polo que non haberá concurso de disfraces, que pasará a converterse nun divertido desfile de disfraces”. O Festival de Entroido de Lousame ofrecerá xogos, inchábeis e obradoiros de Entroido para os máis pequenos da casa, así como degustación gratuíta de orellas, filloas e chocolate con churros para todas as persoas que asistan. Ademais, haberá caramelos para todos os nenos e nenas que asistan disfrazados. As familias que desexen participar deberán inscribirse gratuitamente en bandoticket. com.
grupos e individuais realizar unha exhibición. Haberá unha decena de premios en metálico, que oscilarán entre os 800 euros e os 50.
As actividades do Entroido volven ao día seguinte, 21 de febreiro, desta volta poñendo o foco na rapazada, con inchábeis a partir das 17.00 horas no Polideportivo de Santa Irene.
rase o concurso de adultos. Haberá tres modalidades: comparsas, grupo e individuais. O certame estará amenizado por Psychodelia de Troula e os Solfamidas de Campo Lameiro. O desfile
sairá da Casa da Cultura de Porto do son ás 17.00 horas, facendo un percorrido polas rúas da vila até a fachada marítima, onde terá lugar a actuación. As comparsas deben representar a murga e os
O día seguinte, 22 de febreiro, celebrarase o tradicional Enterro do Felipiño. A saída será ás 19.30 horas da Casa da Cultura de Porto do Son. A comitiva percorrerá as rúas do centro histórico do Son até o Tendedeiro, na fachada marítima.
As inscricións nos certames haberá que facelas até o 16 de febreiro no Rexistro do Concello de Porto do Son ou en portodoson.gal.
6 Febreiro 23 O Barbanza AXENDA DE ENTROIDO Outes Lousame Porto do Son Especial Entroido Especial Entroido
Troula Animación
En Noia
Co remate de xaneiro o Concello de Noia, a través das concelleiras Laura Salgado e Beatriz Rosende, presentou o programa de actividades do Entroido 2023 na vila noiesa. Será unha axenda completa de propostas que porán o foco no espírito creativo, na diversión e na participación inclusiva. As accións preparadas desenvolveranse entre o 17 ao 24 de febreiro. Coma novidade este ano haberá unha festa de Entroido o sábado 18 e varios obradoiros para os máis cativos os días 20, 21 e 22.
O día 20, luns, celebrarase o Concurso Infantil de Disfraces. Será ás 17:00 horas no Pavillón Alonso Rodríguez.
Pola súa banda, o XXXVII Concurso-Desfile París-Dakar celebrarase o venres 24 de febreiro, a partir das 21:00 horas.
Segundo fixeron saber as concelleiras, xa están dispoñíbeis na sede electrónica municipal as bases dos concursos programados e, tamén, xa se poden facer as inscricións
En Dodro
OConcello de Dodro celebra este ano o Entroido con dúas grandes actividades creativas, participativas, abertas, inclusivas e festivas.
A primeira, chamada Entroido cultural consistirá nunha proposta lúdico pedagóxica
O Entroido 2023 na vila noiesa terá unha axenda completa de propostas que porán o foco no espírito creativo, na diversión e na participación inclusiva.
dirixida á infancia de entre 6 e 12 anos, que se desenvolverá o luns e o martes de Carnaval, 21 e 22 de febreiro, entre ás 10.30 e as 13.00 horas, na Casa da Cultura. Lugar onde, os días 12 e 13 de febreiro, as familias deberán inscribir ás/ós menores que desexen participar nesta iniciativa.
A segunda actividade será Entroido choqueiro, progra-
para ditos certames así como para os obradoiros. Poden facerse no primeiro andar da Casa Consistorial (preguntar por Manel), chamando de 09:00 a 13:00h, ao 981 84 21 00 (ext 2031) ou a través da sede electrónica. Neste último caso deben aportar a documentación requirida nas bases.
O último día para anotarse ao concurso infantil é o 17 de
O Concello de Dodro celebra este ano o Entroido con dúas grandes actividades creativas. A primeira, chamada Entroido cultural e a segunda será o Entroido Choqueiro
Febreiro e para o París-Dakar o día 24.
- 17 de febreiro. Venres de Entroido. Charanga polas rúas entre as 19.00 e as 22.00 horas (Os Jaláticos e Charanga Vila de Noia).
- 18 de febreiro. Festa de Entroido pola tarde, entre as 17.00 e as 20.00 horas, no Pavillón Alonso Rodríguez (maquillaxe de fantasía, globoflexia, tatuaxes, animación musical, inchábeis e chocolatada).
- 19 de febreiro. Carreira de Entroido ás 17.00 horas. Saída do Concello. Actividade a favor de Cáritas, con recollida de produtos alimentación básicos. Colabora o Club Atletismo Noia. Haberá degustación de doces de tempada e chocolatada.
- 20 de febreiro. Obradoiro Os Entroidos de Galicia. De 10.00 a 13.00 horas no Casino. Para crianzas de entre 4 e 12 anos. Pola tarde, a partir das 17.00 horas, celebrarase o Concurso Infantil de Entroido no Pavillón Alonso (modalidade individual, por parellas e
mada para o martes 22 de febreiro pola tarde, ás 17.00 horas, no Souto da aldea de Reboiras. Esta proposta de lecer do Concello trasladarase ao Pavillón Municipal de Deportes no caso de choiva. Trátase, segundo informou a área de Cultura do Concello de Dodro, “dunha actividade para o desfrute do conxunto da poboación que incluirá un
por grupos, con premios de entre 350 e 30 euros). Haberá agasallos para os nenos e nenas que acudan disfrazados.
- 21 de febreiro. Obradoiro de repostería entre as 10.00 e as 13.00 horas, no Casino. Para crianzas de entre 4 e 12 anos. Pola tarde, a partir das 19.00 horas, haberá charanga polas rúas con TNT e os Jaláticos.
- 22 de febreiro. Mércores de Cinza. Obradoiro de creación de instrumentos, en horario de 10.00 a 13.00 horas, no Casino. Para nenas e nenos de entre 4 e 12 anos. Enterro da Sardiña ás 20.30 horas con saída do Curro. Participan as charangas Os solfamidas e a Charanga Vila de Noia. Chocolatada ás 19.00 horas.
- 24 de febreiro. XXXVII Rally París – Dakar. Ás 21.00 horas. Saída da explanada de Labarta e percorrido polo Paseo Antón Avilés e rúas Francisco Romero Blanco, Calvario e Rosalía de Castro. Premios de entre 100 e 2.000 euros.
espectáculo de animación musical, premios aos mellores disfraces, sorteo dunha cesta de produtos de Carnaval entre o público asistente e degustación popular das orellas, doces, típicas destas datas”.
O Concello de Dodro convida a toda a veciñanza a participar e conservar esta celebración tradicional.
7 Febreiro 23 O Barbanza Especial Entroido
Noia Dodro AXENDA DE ENTROIDO
José Ramón Romero
alcalde de Boiro e novo presidente da Mancomunidade Barbanza Arousa
“Impulsaremos un turismo para todo o ano con produtos desestacionalizadores”
O pleno da Mancomunidade de Municipios
Barbanza Arousa acordou formalizar o cambio de presidencia e traspaso de poderes, un cambio que se vén realizando anualmente e que se saldou en 2020 coa presidencia de Manuel Ruiz,
omo afronta vostede este cargo de responsabilidade á fronte da Mancomunidade?
- Esta etapa comeza con grandes proxectos por diante en clave de turis mo sustentable, que poña en valor o noso patrimonio e conserve as nosas paisaxes, cultura e tradicións. Conti nuaremos a estratexia que estamos levando a cabo nestes últimos anos de consolidación de produto turístico a través da potenciación do turismo enogastronómico; turismo de festivais, coa cita anual Paisaxes Sonoras; a consolidación do Camiño de Santiago e o turismo activo, coa homologación de catro rutas de sendeirismo que poñen en valor a Serra do Barbanza así coma aposta polos eventos deportivos. No eido do turismo enogastronómico, comezaremos a execución do Plan de Sustentabilidade Turística
Viaxe a Través dos Sabores, a través do que se levarán a cabo diferentes actuacións para que o visitante se somerxa no pasado e o presente da enogastronomía de Barbanza Arousa. A creación dos museos da conserva e da salgadura, a realidade aumenta da no Barrio dos Cataláns, a crea ción de aulas enogastronómicas; así coma roteiros que vinculen estes recursos e as visitas a adegas e conserveiras permitirán ao visitante vivir unha experiencia diferencial e de alto valor engadido.
Todas estas actuacións de produto están complementadas cunha clara aposta pola excelencia, a través da implantación do Sistema
Integral de Calidade Turística, SIC TED; pola cooperación público–pri vada; pola promoción do territorio e pola comercialización mediante venda directa e a través de touroperadores.
- As cousas cambiaron dende que asumiron os cargos os últimos presidentes, en plena crise pan
alcalde de Ribeira, de Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, en 2021, e de Xosé Lois Piñeiro, alcalde da Pobra, en 2022. Agora é a quenda de José Ramón Romero, rexedor de Boiro, con quen tivemos ocasión de falar para que nos debullara
a folla de ruta para os seguintes meses, unha axenda que pasa (dende todas as frontes) polo factor sustentabilidade. Este factor irá da man dunha oferta turística que non se limitará ao verán, senón aos 365 días do ano.
démica. O que acontece hoxe, por sorte, non ten nada que ver co que acontecía en 2021, en pleno intre crítico da COVID. Con todo, existen aínda certas dúbidas... Cre que o sector turístico do Barbanza xa foi quen de deixar atrás o peor desta adversidade?
- Dende a Mancomunidade temos o compromiso de estar ao lado do sector privado e nestes anos de pandemia puxéronse en marcha diferentes iniciativas para apoiar ás nosas empresas como son a Ruta da Conserva e o reforzo da Ruta de Tapas con variantes coma a tapa para levar. Asemade, o sector privado demostrou unha gran resiliencia e profesionalidade nesas etapas complicadas.
Xa no 2022 os datos de ocupación e de visitantes móstrannos un incremento incluso en comparativas co ano 2019. As campañas de promoción que se están levando a cabo, os produtos desestacionalizadores e a aposta pola comercialización están potenciando este destino.
- Cre vostede que aínda se deixan ver as pegadas da COVID no sector dos nosos concellos? Que recursos puxo en marcha (e porá) Barbanza Arousa para mitigar estes efectos?
- Barbanza Arousa continuará promovendo un turismo para todo o ano con produtos desestacionalizadores. O Plan de Sustentabilidade Turística propón unha oferta neste sentido que suporá un punto de inflexión porque crearanse infraestruturas e produtos como son a musealización, as experiencias inmersivas e as visitas a adegas e conserveiras entre outras; que permitirán atraer un visitante con motivación enogastronómica durante todo o ano.
- Como se atopa a sintonía entre os concellos que integran a man-
comunidade? Hai unha boa base de traballo?
- A cooperación público-público é considerada de vital importancia e sempre se logrou grazas a que somos 4 concellos cunha visión de destino en conxunto. Realízase unha coordinación integral entre todos os alcaldes e exércese unha comunicación fluída mediante canles coma os plenos ordinarios e extraordinarios. As alianzas para o cumprimento dos obxectivos definidos permiten garantir o fortalecemento da mancomunidade coma institución, implicando tamén ás diferentes concellerías coma turismo, cultura e deporte.
Asemade, a colaboración cos axentes privados do sector é tamén considerada fundamental. O Plan de Sustentabilidade Turística realizouse en estreita colaboración, mediante enquisas e mesas de traballo, co sector. O mesmo pasará coa súa execución.
- Cales van ser as grandes liñas de traballo de Barbanza Arousa para este ano que comeza?
- As grandes liñas de traballo serán fundamentalmente cinco: calidade, creación de produto, dixitalización, promoción e comercialización.
A primeira delas é a aposta polo incremento da calidade turística mediante a implantación do SICTED, Sistema de Calidade Turística Integral Española en Destinos; distintivo ao que se adherirán servizos tanto públicos coma privados.
Continuaremos coa creación e fortalecemento de produto de turismo cultural, natural e enogastronómico. A dixitalización como ferramenta de xeración de experiencias inmersivas e de potenciación da satisfacción do visitante, a promoción nos mercados nacionais e internacionais e a comercialización tanto directa como a través de touroperadores serán os outros eixos fundamentais da estratexia. Para a execución destas 5 liñas levarase a cabo un arduo traballo de cooperación público–privada.
9 Febreiro 23 O Barbanza Especial Entroido
-
C
ENTREVISTA
Manuel González
Alcalde de Outes
“O noso concello foi o epicentro da carpintería de ribeira en toda Galicia”
Unha das grandes noticias da tempada na nosa comarca ten relación directa con Outes e coa súa longa tradición mariñeira, marítima e navegante. Estamos a falar da recuperación do Estaleiro do Ciprián, situado en Broña, e a súa conversión en museo (inaugurado oficialmente este pasado 4 de
Por que puxo o foco o Concello neste estaleiro concretamente? Ten algo de especial e representativo?
- Outes foi o epicentro da carpintería de ribeira en toda Galicia, berce dos carpinteiros de ribeira. Trátase dun elemento patrimonial, material e inmaterial, que nos fai especiais en toda Galicia. Por iso apostamos por poñer en valor a carpintería de ribeira, rehabilitando un antigo estaleiro e converténdoo en museo. Escollemos este pola súa presenza, é dos máis grandes, e pola súa visibilidade pois atópase nas inmediacións do porto do Freixo e ao lado da praia de Broña.
- É certo que a carpintería de ribeira está a piques de esmorecer en Outes e no litoral galego? Opina o Goberno local que o museo pode ser un xeito de reivindicala e darlle unha nova vida?
- Se nos referimos á construción de barcos de madeira, lamentablemente é certo que case non quedan xa talleres en activo. Progresivamente foron abandonando a madeira cara a outros materiais como a fibra. Porén, xa existen estudos e experiencias que indican que é posible recuperar a construción en madeira, evidentemente innovando e adaptándose aos tempos, posto que ademais trátase dunha construción moito máis sostible dende o punto de vista medioambiental. O noso espazo museístico pode ser un espazo para acoller iniciativas que traten de dignificar e recuperar a construción en madeira, e así queremos que sexa. Malia todo, vai ser necesario un apoio decidido das administracións públicas, nomeadamente da Xunta de Galicia, para que
febreiro). O proxecto veu da man do Concello e ten un claro compoñente de reivindicación do pasado local, un pasado (todo o relativo á carpintaría de ribeira) que como tal desapareceu pero que pode ter, grazas a iniciativas coma esta, un novo e interesante futuro.
Falamos co alcalde Manuel González, para que nos conte máis cousas desta iniciativa de recuperación da riqueza histórica e cultural de Outes, e para que nos fale das razóns de ter escollido precisamente este estaleiro para convertelo en museo, espazo cultural e centro turístico.
embarcación tradicional, pensamos nun Sancosmeiro, por ser propio da nosa zona, e acompañar esta recuperación con formación en carpintería e sensibilización sobre a importancia da construción en madeira.
- No que respecta aos diferentes equipamentos, ferramentas e máquinas que alberga o inmóbel, que salientaría vostede de canto se expón? Cales son as cousas que un visitante que teña contacto directo por vez primeira coa tradición da carpintaría de ribeira non debe deixar de ver?
a construción de embarcacións de madeira sexa viable no futuro. Para iso é necesario un regulamento axeitadi e apoio económico, tal e como defende Agalcari.
- Dende o Concello tense afirmado estes días que o museo será un edificio expositivo “vivo”. Que significa isto exactamente?
- Significa que non podemos quedarnos co continente, cun espazo musesístico que efectivamente ten unha beleza incomparable. Temos que ter contidos dinámicos. Para iso planeamos dúas liñas de actuación. Unha primeira referida á versatilidade do espazo, posto que se poden celebrar no mesmo todo tipo de eventos culturais e artísticos. Unha segunda referida á propia actividade da carpintería de ribeira; queremos recuperar unha
- O taller rehabilitado e o espazo deseñado é un elemento museístico e de admiración en si mesmo. A partir de aí destacaría a antiga serra do estaleiro, que se conserva tal e como estaba, así como o motor Ayon que a movía, de fabricación no concello veciño de Noia. Para coñecer de primeira man a tradición e o oficio da carpintería de ribeira, realizouse un vídeo explicativo moi didáctico e visual que paga moito a pena ver.
- Que ten previsto o Concello para o exterior e os edificios que complementan o estaleiro?
- Como dicía, temos unha praza única de extraordinaria beleza, parcialmente cuberta que pode servir para realizar eventos de moi diverso tipo. En canto aos edificios da contorna, un é un pequeno almacén xustamente destinado a gardar ferramentas ou material que se poida usar para as actividades de formación e de recuperación dalgunha embarcación tradicional. A outra será a oficina de información turística do concello, que aproveitará o caudal de xente que se achega tanto ao estaleiro como á praia de Broña.
10 Febreiro 23 O Barbanza
-
ENTREVISTA Especial Entroido Especial Entroido
O alcalde de Outes lévanos da man ao novo centro cultural da comarca: o Estaleiro do Ciprián
A Deputación destina os 7,65 millóns do PEL 2023 a axudas a pemes, microempresas e persoas autónomas
Pola súa banda, as axudas de PEL-Pemes mantemento do cadro de persoal destinarán un millón de euros para sufragar o mantemento do posto de traballo indefinido creado ao abeiro da axuda PEL-Pemes Creación e Ampliación 2022.
A contía máxima da subvención a conceder será o 50% dos custes estimados de contratación co límite de 11.000 euros polo mantemento durante doce meses dun contrato indefinido a xornada completa no que a persoa contratada pertenza a algún dos colectivos vulnerábeis e de 10.000 euros polo mantemento durante doce meses dun contrato indefinido a xornada completa ou a parte proporcional correspondente naquelas contratacións realizadas a tempo parcial.
1 millón de euros para apoiar os autónomos
Opresidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presentou a nova convocatoria de axudas do Plan de Emprego Local (PEL 2023), que este ano conta cun orzamento inicial de 7.654.000 euros para “apoiar a contratación de persoal, a realización de investimentos nos negocios e a sufragar os custos das cotas á Seguridade Social por parte dos autónomos”, dixo, engadindo que “estamos ante o PEL cun maior orzamento inicial".
Valentín González Formoso explicou tamén que o PEL "permitirá seguir creando emprego e impulsar negocios con axudas de entre 1.000 e 45.900 euros a reactivación económica, o pequeno comercio, as persoas autónomas e microempresas".
O PEL, engadiu o presidente, é unha aposta transversal do Goberno da Deputación ao que se veñen destinando 106 millóns de euros nos últimos sete anos. Grazas a este investimento (un investimento “sen precedentes”, dixo) na área de Emprego, desde a creación do PEL, a Deputación axudou a crear máis de 5.300 empregos, apoiou investimentos en máis de 2.000 pemes
Axudas máximas
- PEL-Emprende Investimento
17.500€
- PEL-Autónom@s 2.400€
- PEL-Pemes Creación e Ampliación 15.000€
- PEL-Pemes Mantemento
11.000€
- Total: 45.900
e microempresas, axudou a 1.130 autónomos e destinou máis de 20 millóns de euros en 4.472 axudas aos sectores máis afectados pola pandemia e a crise de prezos.
O presidente declarouse tamén “especialmente orgulloso” da Rede de Centros de Coworking da Deputación, creada ao abeiro do PEL e que permitiu xa a 200 emprendedoras/es da provincia iniciar os seus proxectos de negocio titorizados pola Deputación “nun modelo único en España”.
Co obxectivo de “chegar a un maior número de empresas” as axudas PEL 2023 veñen incrementado o seu orzamento inicial nun 5,43% respecto do ano anterior, ata os 7.654.000 euros. Así, dos 7.654.000 euros de orzamento do PEL, 3.894.000 euros destinaran-
se a subvencionar a contratación e ao mantemento de persoas traballadoras, 2.760.000 euros a financiar novos investimentos en pequenas empresas de recente creación e 1 millón á liña PEL-Autónom@s.
PEL-Pemes
A liña PEL-Pemes Creación e Ampliación do cadro de persoal ve incrementado o seu orzamento inicial respecto da anualidade anterior, pasando de 2.500.000 euros a 2.894.000 euros, é dicir, un 15,76%.Cada empresa poderá solicitar a subvención para a contratación dun/unha traballador/a durante un período máximo de 12 meses dentro da anualidade 2023, durante os cales a Deputación cubrirá ata o 70% dos custos salariais totais da persoa traballadora. O contrato poderá ter unha duración superior a 12 meses, pero a subvención sufragará unicamente os custos correspondentes aos meses do contrato incluídos dentro da presente anualidade.
A contía máxima da subvención a conceder será o 70% dos custos estimados de contratación co límite de 15.000 euros para as contratacións a xornada completa.
Neste punto convócase unha axuda destinada ás persoas autónomas da provincia con menos de cinco anos de antigüidade na actividade empresarial e con domicilio fiscal en concellos de menos de 20.000 habitantes. Pódese solicitar unha axuda máxima de ata 2.400 euros para sufragar ata un ano de cotas á Seguridade Social, é dicir, 200 euros por cada mes de cota subvencionábel. Fíxase tamén como requisito que a persoa beneficiaria solicite un mínimo de seis mensualidades de cotas sociais correspondentes o ano 2023, é dicir, unha subvención mínima de 1.200 euros.
PEL-Emprende, axudas para investimentos que melloren a competitividade
A liña PEL-Emprende Investimento, dotada con 2.760.000 euros, está destinada a autónomos, pemes e microempresas que conten como máximo con cinco anos de antigüidade e domicilio fiscal en calquera dos concellos da provincia da Coruña. As axudas cubrirán ata o 70% dos investimentos realizados en aplicacións informáticas, maquinaria, mobiliario e equipos para procesos de información, cun importe máximo a conceder de 17.500 euros.
A principal novidade deste ano é “a ampliación do número de facturas que se poden presentar para xustificar o investimento, pasando de 3 a 5 por concepto contábel, atendendo ás demandas das persoas beneficiarias”, explicou o presidente.
A presentación de solicitudes permanecerá aberta ata o 10 de marzo ás 14.00 horas e realizarase de xeito telemático, a través da plataforma SUBTeL da Deputación: sede.dacoruna.gal/subtel/.
11 Febreiro 23 O Barbanza Especial Entroido
PLAN DE EMPREGO LOCAL
Libros para combater o frío
A obra sobre as irmás Touza, as anti-nazis de Ribadavia, colleu impulso en Rianxo
Acompañía
Amorodio Teatro desenvolveu este inverno, no Auditorio de Rianxo, a súa residencia técnica arredor da obra
A Nai, dirixida por Marián Bañobre e escrita por Laura Porto, arestora de xira pola xeografía galega.
Trátase da historia silenciada durante anos das Irmás Touza, veciñas de Ribadavia.
A Nai, explican, é “un espectáculo teatral multidisciplinar, que emprega ferramentas do teatro documento e da autoficción, sen perder nunca o sentido do humor”. O espectáculo aborda de cheo a historia das irmás Lola, Julia e Amparo Touza, salvadoras dunha cantidade estimada de
500 persoas xudías durante o Holocausto. Grazas á estimábel contribución humanitaria destas mulleres, a peza
aborda a posibilidade de sermos mellores persoas en tempos de degradación moral. “Empregando a memoria como ferra-
Ignacio Castro presentou en Boiro a nova edición da crónica dos seus días na montaña
Opasado venres 13 de xaneiro o escritor e filósofo compostelán Ignacio Castro estivo novamente en Boiro para falar da súa nova contribución literaria, realmente unha obra xa coñecida polos lectores: a reedición de Mil días en la montaña (Roxe de
EDITA:
GRUPO CÓDIGO CERO
COMUNICACIÓN S.L.
Rúa das Hedras nº 4, 1º G
15895 Ames (Milladoiro)
Tel.: 981 530 268 - 608 240 160
Foto pax. 1 Freepik
OBarbanza
Sebes), que, como indica no seu título, documenta o tempo que Castro pasou lonxe da civilización, en pleno retiro, para atopar no máis recóndito dos cumios, abas e vales do Courel, os camiños que lle permitirían volver ao mundo (e levar con el, para sempre, as
DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal
WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com
REDACCIÓN: Fernando Sarasketa
Sonia Pena
menta de análise para o presente, e material de construción para o futuro, trázanse relacións entre a vida e obra das irmás e as vidas dos propios intérpretes, tratando de establecer un paradigma de acción ética que abra unha vía para construír unha sociedade mellor a través da acción indivi dual”, explican dende a compañía.
Carmen Facorro, Ja vier Castiñeira e Raquel Velasco , son as intérpretes que, mesturando a súa vida coa das Touzas, intentarán contarnos esta historia de valentía e entrega polos demais enriba das táboas.
Amorodio Teatro agradeceu ao Concello de Rianxo as facilidades brindadas para a materialización do espectáculo a través desta residencia técnica.
lán, na que a autora recolle pezas escritas ao longo de toda a súa traxectoria vital, dende a nenez. Nesta colección, Anxos Castro defende a poesía como “a forma máis máxica de comunicación de cantas existen”, que, asegura, “permíteme expresar co que máis me gusta, coa pluma,
que tiña 13 anos ata a actualidade, pois sempre fun gardando os poemas que xurdían de todo aquilo que me inspiraba ou me emocionaba”.
O libro foi previamente presentado en Boiro. Logo da cita na Pobra, darase a coñecer en Rianxo (10 de marzo) e en Ribeira (24 de abril).
vivencias rexistradas entre o bosque, a neve e a súa cabana).
Acompañárono na presentación celebrada no Centro Social boirense Gonzalo Trasbach, xornalista local (e amigo persoal do escritor), Manolo López Outeiral, profesor de Lingua e Literatura Inglesa, David Souto, profesor de Lingua e Literatura Española, José Ramón Romero García, alcalde de Boiro, e María Outeiral, concelleira de Cultura.
redaccion@obarbanza.gal
MAQUETACIÓN E DESEÑO:
Óscar Louzán
FOTOGRAFÍA:
Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa
Antonio Parada
Abelardo Soler - Abso
PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal
CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal
A NOSA WEB www.obarbanza.gal
IMPRIME: TAMEIGA, S.L.
Número 45 (Febreiro 2023)
Publicación periódica.
Depósito Legal: C 668-2019
I.S.S.N.: 2659-8256
12 Febreiro 23 O Barbanza Especial Entroido Especial Entroido LITERATURA
A nosa comarca enfía febreiro con diferentes propostas para vivir literariamente
Lembranzas dun aldeán de Manuel Reiriz
Opasado venres 10 de febreiro presentábase en Artes (Ribeira) unha publicación de Manuel Reiriz Dios, Lembranzas dun aldeán, que recolle toda a súa entrega, traballo, dedicación pola parroquia ao longo de corenta anos ao tempo que fai un percorrido pola súa vida persoal co obxectivo de deixar testemuña do traballo feito animando a que o prosigan as novas xeracións. O autor estivo acompañado do alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas e de min mesmo, como amigo persoal e colaborador no propio libro; foron centos as persoas que acudiron ao acto e constatouse o agarimo e agradecemento que a xente lle ten a Manolo, non só en Artes, senón no resto do municipio, xa que unha vida de entrega como súa, na que o Centro Recreativo, o Museo Etnográfico, a Comunidade de Montes, o Artes C.F. e outras entidades levan o seu selo, ben merece un recoñecemento público e que se poña o seu nome a unha rúa, praza ou espazo, petición que realicei e contou co apoio do alcalde, membros
da Corporación municipal alí presentes e todos os asistentes.
Manolo Reiriz participou na política, sempre atento á súa parroquia e ao resto do municipio como concelleiro en distintas formacións políticas como UCD e CDS, Partido Galego Independente, Independentes de Ribeira, PSG-PSOE… O que lle permitiu ter acta de edil dende as primeiras eleccións democráticas municipais en 1979 ata o ano 1995 no que abandonou a política activa.
Esta publicación trata das lembranzas dunha persoa entregada en corpo e alma ao seu pobo e aos seus veciños, das obras que se fixeron, dos
Antón Riveiro Coello presentou o seu novo libro
AAsociación Barbantia celebrou o 27 de xaneiro a súa asemblea xeral ordinaria. Foi no Auditorio do Rianxo, comezando coa xuntanza en si mesma e concluíndo cun sobranceiro acto literario: a presentación
da nova achega literaria do escritor barbanzán de adopción (aínda que natural da Limia)
Antón Riveiro Coello, o libro de relatos Días da intemperie.
Os coidados, a fidelidade, a homosexualidade, a covardía,
logros que se alcanzaron, das achegas e melloras conseguidas durante medio século, co fin de que sirvan para recoñecer, non ao seu protagonista que as relata en primeira persoa, senón a todas as mulleres e homes que o acompañaron ou aos que el acompañou todo este tempo, ilustres anónimos que deixaron a pel pola parroquia. Estruturado en varios capítulos onde se fala de sociedade, cultura, deporte, política… trátase dun libriño sinxelo e
acolledor á lectura ao alcance de calquera interesado.
Samuel Johnson dicía que a gratitude é un produto da cultura e non é doado atopala entre a xente basta, polo que eu penso que a xente de Artes ten a suficiente formación e educación para poder ver e recoñecer o traballo realizado por este veciño durante a maior parte da súa vida e que ten chagado o momento de que fagamos xustiza e démoslle a Reiriz publicamente o maior dos aplausos.
a vinganza, a suplantación de identidade, o amor polos libros, o contrabando ou a orfandade son algúns dos temas que compoñen este libro estarrecedor onde o pano de fondo sempre é a guerra.
Como xa fixera en As Rulas de Bakunin, Laura no deserto e O paraíso dos inocentes, Antón Riveiro Coello pon de novo os seus persona-
xes en situacións límite para que nos ofrezan o mellor e o peor de si. Relatos duros que nos enfrontan co espello para sabermos o lugar que poderiamos ocupar en conflitos tan diversos como os que acollen estes relatos. E tanto ten que a guerra se desenvolva en Ucraína, Siria, Rusia, Vietnam ou na raia seca ourensá.
13 Febreiro 23 O Barbanza Especial Entroido
Por Unai González, xestor cultural do Concello de Ribeira
LITERATURA
Deica logo Gonzalo
O artista de Ribeira achegounos destacadas obras conmemorativas na nosa comarca
O 28 de decembro deixábanos en Ribeira o escultor local Gonzalo Sarasquete. Artista moi querido na cidade, pertencía a dúas das familias mais coñecidas en Santa Uxía, Sarasquete e París-Cambeiro.
Gonzalo nace en Santa Uxía, o 14 de Maio de 1961, licenciado en Belas Artes na Universidade de
Salamanca en 1988.
Entre as obras mais coñecidas coas que contribuíu á nosa comarca está o monumento ao percebe de Aguiño ou Tódolos silenciados. Fuxidos, agochados, asasinados, que honrou a memoria dos represaliados durante a ditadura en Lousame. Tamén
Gonzalo, Jonsalo, Sarasquete,
Gonzalo, Jonsalo, Sarasquete, Gon. Nomes que lle das a un amigo. Gonzalo ao vivo, Jonsalo por teléfono; Sarasquete e Gon de troula e moi de cando en vez. Nomes que vas facendo teus nunha sorte de apropiación que é consecuencia natural dunha amizade mantida ao longo de moitos anos e que, pola miña parte, tiña moito de admiración. Unha admiración que foi sumando capas conforme medrabamos.
Por que eu admiraba moito a Gonzalo. De primeiras, cando nos coñecemos, admireime da súa forza e da súa afouteza. Unha afouteza que por veces tornábase temeridade, cualidade que, naquela altura, aos vinte e poucos anos, resultaba do máis atractivo: Gonzalo –esa impresión daba– era un home que non lle tiña medo a ninguén. E que medo iba ter se era quen de remachar unha punta cun puñazo ou de levantar no aire unha motocicleta Sanglas? Si, e que ademais tiña moto.
A segunda das capas de admiración coa que fun revestindo a Gonzalo veu se cadra da observación do seu facer. Do lapis á rebarbadora, do nivel á motoserra, Gonzalo era unha desas persoas que posúen unha habelencia innata para o traballo con calquera clase de ferramenta. Víalo xa no xeito de collelas, de sopesalas, de termalas na man. Á destreza no manexo das ferramentas sumaba Gonzalo un instinto espacial dunha rara precisión. O que agora precisa de decenas de horas de deseño asistido por computador el despachábao con catro bosquexos sinxeliños. E milagrosamente todo encaixaba, como encaixaron as pezas que conformaban aquela escultura monumental que houbo que construír por partes porque o camión do peixe que a levaba á Coruña era pequeno de máis.
Mais non era só o proceso, o xeito de traballar. A miña admiración por Gonzalo sustentábase, aínda máis firmemente, na súa obra artística. O
foron memorábeis as homenaxes aos persoeiros máis célebres da cultura popular de Ribeira (Homes de cal) ou o tributo rendido ás mulleres que estudaron no IES Nº1, que incluíu un escultura doada por Gonzalo. A súa vertente máis comprometida coa natureza puidémola ver en O último Pataghullo.
Gon
produto logo dunha reflexión e dunha práctica esforzada, construídas sobre unha base conceptual e teórica moi sólida que el, por pudor intelectual, trataba de disimular ou mesmo de escamotear cun sentido do humor, por veces descarnado, por veces incómodo. Gonzalo era quen de reclamar como inspiración a xeometría vagamente hexagonal dos callos de tenreira e de gardar no peto da gabardina envoltas en panos de papel mostras collidas nas tabernas nas que os daban de tapa (co fácil que tería sido recorrer á proporción áurea!).
Mais Gonzalo pertencía a esa caste de artistas que penso caracteriza aos grandes escultores deste pais, que son o resultado natural dos oficios
manuais das culturas nas que se mesturan a ribeira e o agro. Unha liña de transmisión, unha liñaxe de traballo manual autosuficiente que se manifesta no oficio (da madeira, da lousa, da pedra...), e no acatamento dunhas leis non escritas da composición e das proporcións. Mesmo se a peza ficaba encastada nunha caixa de peixe de plástico, a impresión era de que estabas a contemplar algo abstraído do tempo. Moitas das súas esculturas poderían formar parte, directamente, sen adaptación ningunha, dos remates dunha ermida románica da montaña de Lugo, ou dos casetóns dunha fachada barroca compostelán. A última das capas de Gonzalo estaba en proceso de cristalización. Viña collendo forma ao longo destes últimos anos de transhumancia horizontal entre Palma e Ribeira e comezou a manifestarse nunha crecente preocupación pola natureza. Preocupáballe a sobrepesca e o declinar das gaivotas. Preocupáballe a extinción da megafauna e as consecuencias do quecemento global. Darase pescado o último dos patagullos? A que altura chegarían as lapas e os caramuxos se se derretese o casquete de xeo de Groenlandia?. Gonzalo estaba a converterse nun sabio. A transformación evidenciábase no progresivo pouso do seu discurso, vital e artístico, no crecente dominio das eivas do carácter, no xeito de coidar e acompañar á súa nai Mercedes e, sinaladamente, na súa transformación en cronista, en bardo. Ou sexa, en transmisor oral da memoria colectiva da Ribeira do seu tempo. Cando te dabas de conta levabas unha hora na terraza do Albatros escoitándolle fiar contos protagonizados por seres extravagantes aos que retrataba con cariño de nostalxia. E aí foi que marchou, no medio desa mudanza decidida e sen volta atrás cara á sabedoría. Cunha ferramenta na man.
14 Febreiro 23 O Barbanza Especial Entroido Especial Entroido
CULTURA
Por Nacho Munilla
Gonzalo era quen de reclamar como inspiración a xeometría vagamente hexagonal dos callos de tenreira e de gardar no peto da gabardina envoltas en panos de papel mostras collidas nas tabernas.
Na Caseira, nunha das súas fotos máis recentes
Concellos contra o machismo
Escultura de homenaxe na Pobra
Concentracións anti-machistas en Ribeira
OConcello da Pobra entregou os premios do concurso de ideas para a escultura de homenaxe ás vítimas da violencia de xénero convocado pola Consellería de Igualdade. As dúas artistas recoñecidas foron Isabel Soler Ri-
vas e Columba Bello Bugallo. O alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), acompañado de membros da Corporación, efectuou a entrega das distincións nun acto público realizado no salón de plenos do Consistorio. Sobre o certame, o
rexedor manifestou que pretende ser un canto á esperanza de que chegue o día “en que se elimine unha eiva social como é a violencia de xénero”. A proposta Como agua, presentada por Isabel Soler, resultou a gañadora do certame. Correspóndelle,
Plan de Igualdade en Boiro
OConcello de Boiro, a través do Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro, mergullouse no deseño do Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades para o período que vai de 2023 a 2027.
Segundo explican fontes do Consistorio, o Plan de Igualdade é “un instrumento obrigatorio para as administracións” e “define as accións municipais a desenvolver para alcanzar os obxectivos de fomento da igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero”.
O deseño deste plan estase a levar a cabo de xeito participativo para
lograr que “sexan moitas as voces que aporten as súas inquedanzas, problemas e achegas para lograr un concello máis seguro, libre e igualitario”, aclarou o Concello, engadindo que nos últimos meses estivéronse a realizar mesas de traballo co asociacionismo boirense, os sindicatos, o tecido empresarial, os servizos sociais, a mocidade, persoal sanitario, forzas e corpos de seguridade, grupos políticos…
Do mesmo xeito habilitáronse enquisas para a poboación e a Caixa de Correo da Igualdade para que calquera persoa “poida achegar a súa visión”.
polo tanto, unha dotación económica de 3 000 euros, un diploma e a adxudicación da realización da talla por un importe máximo de 9.000 euros. Trátase dunha obra que comunica a idea de que hai saída da violencia de xénero, tal e como explicou a propia autora na exhibición da maqueta, a cal se materializará nos vindeiros meses coa súa colocación nun espazo público próximo ao mar.
Concedeuse ademais un accésit a Amar, presentada por Columba Bello, razón pola cal se lle outorgou unha mención de honra.
Os membros da Corporación Municipal de Ribeira e moitos traballadores do Concello gardaron na mañá deste pasado 9 de febreiro un minuto de silencio nos soportais da Casa Consistorial, un cuarto de hora antes de que dera comezo o pleno extraordinario e urxente previsto para a mesma xornada. O acto foi convocado polas forzas políticas do concello con motivo de expresar a repulsa dos comparecentes ante o asasinato machista que tivo lugar os días pasados en Baiona (Pontevedra).
Lembrar que á concen-
tración do 9 de febreiro sumouse un día antes a celebrada no mesmo lugar, na praza do Concello de Ribeira, pola asociación feminista Mulleres en Acción da Barbanza, cuxas integrantes mostraron a súa firme e absoluta repulsa contra o acontecido no concello pontevedrés. Segundo fixo saber a entidade feminista, “queremos alzar a nosa voz, unha vez máis. Facémolo con moita dor, pero tamén coa esperanza de que o terrorismo machista vaia desaparecendo a medida que a nosa sociedade se vaia volvendo máis igualitaria e máis xusta”.
Visualizando e denunciando as agresións en Rianxo
OConcello de Rianxo comezou o ano dando continuidade ao proxecto Pingas de Luz!, unha iniciativa que ten o obxectivo de visibilizar e denunciar as violencias machistas na contorna con vistas a “fomentar a consciencia sobre estas” e “promover o apoio mutuo entre as persoas que son obxecto dela”. Desta vez
Pingas de Luz vén con en formato obradoiro, dando presenza nas rúas ás historias de agresións recollidas no mapa dixital da vila, que podemos ver na
Rede en proceso de re-actualización. Trátase dun proxecto do Concello de Rianxo en colaboración coa Asociación Avoar.
Seguindo este fío, Concello
e asociación celebraron un obradoiro cidadán, o pasado 11 de febreiro, no que se compartiron ideas sobre como levar á rúa este proxecto, acordando o
deseño de esculturas efémeras de denuncia para os espazos urbanos da vila. Contouse coa presenza de Pedras de Papel (Artesanía e Patrimonio). O proxecto continuará ao longo de marzo, no que se instalarán as esculturas efémeras deseñadas así como pequenas pezas cerámicas sinalando diferentes lugares onde aconteceron as agresións.
9 Febreiro 23 O Barbanza
VIOLENCIA DE XÉNERO
Abrollan dende O Barbanza diversas actividades dende as que condenar a violencia e promover a igualdade
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Seguimos querendo a Rosalía
Dodro perfílase novamente como o noso concello máis rosaliano, cunha completa axenda de actividades para conmemorar o día 23
Un ano máis, o 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, data de nacemento da autora galega máis representativa da nosa literatura e, sen lugar a dúbidas, figura referencial do movemento feminista. Entre os concellos da nosa comarca que máis esforzos está a despregar para reivindicala atópase novamente o de Dodro, un territorio fortemente vencellado á vida e á obra da autora de Follas novas. No programa de actividades previstas inclúese un ano máis unha celebración literario-gastronómica, na que participan establecementos hostaleiros de Dodro colaborando mediante as iniciativas Café con Verso e Caldo de Gloria. Trátase dos seguintes locais: Casa Buela (Imo), Café Bar da Silva (Tallós), Casa Pancho (Igrexa de Dodro), Cafetería Caprichos (Lestrobe) e Pazo de Lestrobe.
O Concello de Dodro contará co apoio da Fundación Rosalía de Castro durante o desenvolvemento desta programación, que estará representada polo seu presidente, o escritor local Anxo Angueira.
A iniciativa Café con Verso consiste no agasallo (con cada café) dunha tarxeta coa imaxe e con versos escollidos da poeta.
Polo que respecta ao Caldo de Gloria, consiste en achegar aos clientes, con cada consumición, unha degustación dunha tapa de caldo inspirado no poema de Rosalía de Castro Miña casiña, meu lar.
Ademais, o xoves 23 de febreiro, ás 18.00 horas, o Pazo de Lestrobe acollerá o espectáculo de Quinquilláns Teatro A pluma viva de Rosalía, unha actuación pertencente ao Programa Rede Cultural 2022 da Deputación da Coruña. Ao remate o público poderá degustar un Caldo de Gloria.
Ademais, en colaboración co Centro Rural Agrupado de Dodro (CRA), nas estradas de acceso aos colexios realizaranse pintadas con versos de Rosalía de Castro.
A todo o devandito súmase o recente nomeamento de Rosalía como Filla Adoptiva do concello de Dodro. O acto de entrega do título honorífico a título póstumo celebrouse no auditorio da Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón. A distinción foi acordada polo pleno da Corporación municipal de Dodro, o 11 de agosto de 2022, como recoñecemento tanto á súa relevancia literaria e cultural como á contribución á promoción e notoriedade de Dodro.
Outra das novidades relativas a Rosalía de Castro que nos colleu de preto esta tempada foi a presentación en Santiago do libro Un paseo singular por Compostela, impulsado polo Concello e con autoría de Arantxa Fuentes. A obra recolle dous textos do escritor e xornalista pobrense Victoriano García Martí, nos que converte a Rosalía de Castro en guía turística da cidade. O libro, publicado en castelán e en galego, vén cunha tirada de 1.000 exemplares. A guía inclúe unha breve biografía de García Martí e o trazado dos correspondentes roteiros pola Compostela monumental. Nas páxinas unifícanse a querenza que García Martí profesou pola cidade de Santiago, á que adicou numerosos ensaios e artigos, coa que profesou pola figura rosaliana, sinala no texto a investigadora Arantxa
Fuentes, quen destacou o texto no que García Martí, “colle literalmente a figura de Rosalía de Castro e ficcionalízaa, converténdoa nunha guía turística”. E engadiu: “Trátase dunha proposta turística de homenaxe á escritora e de difusión dos seus versos, moi moderna para a época".
Tamén nos colle de preto a novena edición do festival cultural Converxencias Portugal-Galicia, que homenaxeará a Rosalía de Castro nas localidades de Braga (Portugal), Ponteareas e Santiago de Compostela a través da música, da danza, do teatro, do cine, dos faladoiros, da poesía, das exposicións e das visitas guiadas. Trátase dun certame promovido polo grupo Canto d'Aqui e o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, pertencente á Rede de Centros de Estudos Galegos e Lectorados da Xunta, co apoio da Fundación Rosalía de Castro, do concello de Ponteareas e da Rede da GaliLusofonía, entre outras entidades. O programa do festival contará coa presenza do escritor e narrador oral da nosa comarca Quico Cadaval (Carreira, Ribeira, 1960).
Por outra banda, na Pobra do Caramiñal a Concellaría da Cultura organiza este ano o xogo-concurso das Rosalías, a ofrenda cívica e obradoiros na rúa.
Informar tamén de que o Pazo de Goiáns vai acoller unha xornada con-
memorativa de Barbantia, La Voz de Galicia, a Editorial Galaxia e o Concello de Boiro. A celebración conxunta inclúe o espectáculo Que pasa ao redor de min? de Os Quinquilláns e Luís Caruncho, e a presentación do libro Enser, de Marcos Lorenzo. Será o venres 24 de febreiro, ás 20.00. En Ribeira, o alumnado de Primaria participará nunha festa de aniversario no Auditorio, ás 11.30, coa actuación de Charo Pita e a familia Papaventos. Haberá música, lecturas de poemas e agasallos. Ás 20h celebrarase na praza do Concello a lectura pública dos versos de Rosalía
Actos da Fundación
Amais de todo o devandito a Fundación Rosalía de Castro que preside Anxo Angueira organiza unha serie de actividades o día 23: en Padrón, saída ás 10h da rúa do Sol até o monumento do Espolón (alborada cos Carapaus e lectura de poemas); en Santiago ofrenda na praza de Vigo, preto do lugar onde naceu a autora (alborada cos Carapaus); e en Santiago acto institucional no Hostal dos Reis Católicos (lectura de poemas rosalianos e música de Carapaus e Estela Pereira e Lía Ferrer, alumnas da Escola Municipal de Música de Santiago). Os actos rematarán na Casa de Rosalía a partir das 19h, co Caldo de Gloria de Óscar Vidal (O Pazo) e un concerto de Belém Tajes.
10 Febreiro 23 O Barbanza
Caldo de Gloria, Casa Buela
Mercar aquí ten premio(s)
Máis premios en Ribeira
do Comercio Galego (Federación Galega de Comercio), que foi entregado este mércores 8 de febreiro e que consistiu nunha tarxeta de 250 euros para gastar, neste caso, nos establecementos ribeirenses.
Continuidade á campaña Amaribeira
AAsociación de Empresarios de Ribeira compartiu con nós e cos lectores os detalles de varias actividades que puxo en marcha no concello ou nas que colabora, actividades que teñen o nexo común de dinamizar o
comercio local, mostrar os beneficios de mercar en clave de proximidade e premiar a fidelidade da veciñanza cos seus establecementos.
En primeiro lugar, a patronal informou da entrega do premio da campaña Días Azuis
Boiro Romántico e sorteos de experiencias para dúas persoas
AABE (Asociación Boirense de Empresarios) puxo en marcha este mes de febreiro unha nova campaña de promoción con motivo da festividade de San Valentín (14 de marzo) co obxectivo de “premiar a fidelidade dos clientes dos negocios asociados”. Nesta ocasión os premios son dúas experiencias románticas en Boiro para dúas persoas que poden incluír dende xantar, sobremesa, café, tomar algo, cear, baile e copas, aloxamento ou mesmo un taxi para desprazarse.
“Serán dúas experiencias totalmente configurábeis ao gusto das parellas premiadas”, explican dende ABE, engadindo que para participar no sorteo os clientes deben rexistrar os tíckets de compra de calquera negocio asociado a ABE na web www. abe.gal entre o 3 e o 14 de febreiro e o sorteo realizarase o mércores 15 de febreiro.
A patronal lembra que os tíckets que se rexistren para esta campaña tamén acumulan puntos ABE para cambiar por agasallos do catálogo.
A persoa agraciada foi Lara Ouviña, quen recibiu o galardón de mans do presidente da asociación empresarial, Francisco Martínez Gude, e da responsábel do comercio Trastiños (Verónica), que foi onde se realizou a compra que resultou finalmente premiada.
Ademais, a patronal informou do inicio dunha campaña no Arcos Café (no 2 da rúa da Feira), este mes de febreiro, cuxo propietario está levando a cabo entre un sorteo de 500 euros (cin-
co vales de 100 euros) entre os seus clientes, para seren gastados nos comercios asociados da patronal. A asociación que preside Francisco Martínez Gude agradeceu publicamente esta importante iniciativa de impulso comercial.
Para rematar, os empresarios de Ribeira van conmemorar o Día de San Valentín (este 14 de febreiro) con dúas ceas para dúas persoas a través dos tíckets de compras realizadas do 3 ao 14 de febreiro nos establecementos asociados que se rexistren na web da patronal (www. empresariosriveira.com). As ceas terán lugar nun dos negocios hostaleiros asociados que elixan as persoas premiadas. Cada cea está valorada en 100€.
Viaxe a Eurodisney na Pobra
Ochequeregalo coa viaxe familiar para catro persoas con destino a Eurodisney da recente campaña
de dinamización comercial da Pobra xa está nas mans da súa gañadora: María Dolores Rosende Piñeiro. A entrega foi efectuada polo
OConcello de Ribeira decidiu prolongar por un período de 16 días a súa campaña Amaribeira. Fíxoo
“en apoio ao comercio e a hostalería local”, de tal xeito que aquelas persoas que non consumiron ao cen por cen os seus bonos de desconto teñan a oportunidade de facelo.
Así, entre o luns 13 e o martes 28 de febreiro, habilitarase a opción de utilizar estes bonos QR nos 141 establecementos que se adheriron á campaña, lanzada por segundo ano consecutivo no
pasado e decembro logo do éxito acadado na primeira edición, que, segundo informaron fontes do Concello, propiciou un volume de negocio superior aos 1,2 millóns de euros.
O Concello lembrou tamén que a presente campaña, con descontos de ata 30 euros por 90 de compra e na que a Administración local insuflou 255.000 euros procedentes do seu remanente de tesourería (máis outros 15.000 para o marketplace Ribeira Store), estivo activa ata o 31 de xaneiro.
alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira da Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra); a directora das re-
lacións externas de CONGALSA, Isabel Cañas; e as representantes da tenda Sport Maniotas, onde apareceu o rasca premiado, Montse Santiago e Dolores Romero.
Esta viaxe constituía un dos agasallos máis ansiados da terceira edición da campaña Raña e gaña
A iniciativa desenvolveuse froito da alianza entre o Concello, o DEAN.shop eCommerce e a
Asociación de Empresarios, coa colaboración de CONGALSA, JEALSA, Grupo Roig e Conservas Ramón Franco. Un movemento de 656.100 euros, o reparto de máis de 65.000 tarxetas en 55 establecementos comerciais e de servizos do municipio e a entrega de máis de 600 agasallos por un importe aproximado de 15.000 euros son as cifras que deixou esta campaña de Nadal.
12 Febreiro 22 O Barbanza
ASOCIACIÓNS DE EMPRESARIOS
Concellos e patronais defenden nestas festas o potencial comercial e hostaleiro das nosas vilas
Tres semanas en boa compañía (lingüística)
contas de Facebook, TikTok, Instagram e Twitter, que un ano máis gozaron de grande alcance tendo en conta que se trata dunha actividade educativa restrinxida a un número limitado de centros e que só dura 21 días, 105 en total ao acumular as cinco edicións.
Así, a canle de Youtube da iniciativa, que suma xa máis de 400 vídeos publicados ao longo destes anos, acumula máis de 95.000 reproducións cun total de máis de 3.400 horas de visualización e 209 contas subscritoras. Ademais, o secretario xeral Valentín García salientou que “todo o alumnado participante conéctase colectivamente na súa aula a través dunha única conexión, de maneira que o número de visualizacións non reflicte o número de persoas que ve cada día o vídeo, que é moito maior”.
Osecretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, participaron na clausura do programa de dinamización lingüística 21 días co galego e +, iniciativa impulsada pola Xunta (con orixe na experiencia da profesora Pilar Ponte no IES da Pobra do Caramiñal, agora extrapolada a máis centros grazas á implicación de Política Lingüística) que nesta súa quinta edición mobilizou 12 centros educativos, uns 400 docentes, 88 membros do persoal de administración e 4.078 estudantes de 10 a 18 anos, xunto coas súas respectivas familias. A clausura formalizouse no IES Aquis Celenis (Caldas de Reis).
Valentín García destacou que esta quinta edición “foi a máis numerosa das realizadas ata o de agora”, pois alcanzou un 20% máis de participación ca a anterior, “o cal”, dixo, “revela nun aumento do interese por parte dos centros e do seu profesorado nesta iniciativa que promove o uso da lingua galega entre as xeracións máis novas, levando o galego a fogares onde non adoitaba usarse e apoiando o alumnado que xa era galegofalante”.
No acto tamén participaron Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Juan Manuel Rey, alcalde de Caldas de Reis; Fernando Pérez, deputado autonómico por Caldas de Reis; a devandita profesora Pilar Ponte (IES da Pobra do Caramiñal),
coordinadora xeral do programa; e Juan Manuel Campos e mais Manuel Rosales, directores do CPI Plurilingüe Alfonso VII e do IES Aquis Celenis, respectivamente. Ademais, o acto estivo amenizado por unha pequena intervención do alumnado destes centros de Caldas, participantes ambos os dous nesta quinta edición do programa.
Coa clausura desta fase, o programa entra na súa terceira etapa, que incluirá por primeira vez o I Encontro 21 días co galego e +, unha xornada de confraternidade que xuntará
a todos os centros participantes na Cidade da Cultura a tarde do 28 de febreiro.
Baixo o lema Falando para un mundo mellor, que motiva a rapazada a medrar no uso do galego, o alumnado do último ciclo de Primaria, ESO, Bacharelato e FP comprometeuse a falar en galego as 24 horas do día entre o 24 de xaneiro e o 13 de febreiro, tanto dentro como fóra do centro.
Disto quedou constancia no blog 21diascogalegoemais.gal, onde se compartiron as creacións dos centros participantes, así como tamén nas
Esta iniciativa de dinamización lingüística naceu para estimular o uso do galego no alumnado e perfeccionalo dentro e fóra das aulas. Ten a súa orixe nunha experiencia que se puxo en marcha desde 2013 no IES da Pobra do Caramiñal, da man da profesora Pilar Ponte, e que mesmo chegou a recibir en 2015 un premio de innovación en dinamización lingüística, en 2016 un recoñecemento da Real Academia Galega e no 2019 o Premio da Cultura Galega na categoría de Lingua. Desde o ano 2019 foi asumido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, que inicialmente o desenvolveu en catro centros educativos, un por cada unha das provincias galegas.
Convocado o I Premio de Oratoria en Formato Podcast que homenaxea a Otero Pedrayo
AAsociación Amigos de Otero Pedrayo, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocou a primeira edición do Premio de Oratoria en Formato Podcast "Ramón Otero Pedrayo”, un certame que busca reivindicar dous formatos de comunicación creativa (a oratoria e o formato de arquivos sonoros online) ao tempo que reivindica a figura do senlleiro escritor ourensán, membro da Xeración Nós autor de obras mestras da nosa
literatura como Arredor de si ou Os camiños da vida. O obxectivo concreto das dúas entidades é “incentivar a expresión correcta e as habilidades comunicativas mediante o cultivo da expresión oral e da oratoria, da que o escritor ourensán foi un mestre, con técnicas actuais para a sociedade dixital”.
As pezas enviaranse ao correo asociacion.amigos. de.otero.pedrayo@gmail.com entre o 10 de febreiro e o 25 de xullo de 2023.
13 Febreiro 23 O Barbanza
O programa 21 días co galego e + incrementou a súa participación nun 20%
CULTURA
CONGALSA contra o cambio climático
A empresa da Pobra adhírese formalmente á Alianza Galega polo Clima
(universidades, autoridades portuarias, clubs deportivos, empresas e outras entidades) e é membro activo da Misión de Adaptación da Unión Europea, segundo salientou o pasado 1 de febreiro a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, durante a sinatura do convenio de adhesión de CONGALSA á iniciativa impulsada pola Xunta, sinatura á que tamén acudiu Luis Simarro, director xeral da compañía alimentaria. Vázquez incidiu en que o apoio de CONGALSA suporá un “avance moi importante” para poñer á Comunidade na vangarda fronte ao quecemento global e as súas consecuencias.
Longa experiencia no ámbito da sustentabilidade e a innovación
CONGALSA, empresa especializada en alimentación con sede na Pobra do Caramiñal (A Coruña), adheriuse formalmente á Alianza Galega polo Clima, iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia que ten o obxectivo de “perfilar ferramentas para comprender as causas, efectos e magnitude do cambio climático” e “propoñer solucións a esta problemática desde a Comunidade buscando sinerxías entre o sector público e o privado”.
“Con esta adhesión”, explicaron fontes de CONGALSA, “integrámonos nun grupo do que xa forman parte outras entidades, compañías, universidades ou colexios profesionais, entre outros axentes, que mostraron o seu compromiso por avanzar na mellora
EDITA: GRUPO CÓDIGO CERO COMUNICACIÓN S.L.
Rúa das Hedras nº 4, 1º G
15895 Ames (Milladoiro)
Tel.: 981 530 268 - 608 240 160
Foto pax. 1 Freepik
valorou moi positivamente que CONGALSA conte “cun equipo propio para traballar no seguimento e avaliación dos obxectivos ambientais da empresa e fomentan a transición cara a un modelo de economía circular".
Segundo fixo saber a conselleira, hai moitas maneiras de contribuír a frear o cambio climático, “como fan as industrias, que modifican o seus sistemas de produción para facelos máis eficientes e sustentábeis, ou as universidades, que investigan e deseñan sistemas para favorecer que esa produción sexa respectuosa co medio ambiente”. Un exemplo deste traballo e este compromiso nolo dá CONGALSA, destacou, “unha das compañías de alimentación líderes do mercado con presencia comercial en países de catro continentes, que pechou 2021 cunha facturación de 113 millóns de euros e mobilizou un total de 26 millóns de quilos de produtos das súas diferentes gamas”.
A empresa da Pobra, referente galego e estatal no sector da alimentación vencellado aos produtos do mar (e tamén en materia de transformación tecnolóxica e responsabilidade social corporativa), lembra que esta aposta integral polo medio ambiente e a sustentabilidade non “é unha premisa nova para nós”. De feito, a compaña leva anos prestando especial atención a esta cuestión desde un triplo punto de vista: económico, social e ambiental. A empresa, por exemplo, significouse por promover o desenvolvemento de políticas e programas que permitisen o control dos recursos pesqueiros con responsabilidade. A nivel interno, ademais, CONGALSA apostou polo emprego de materiais que lle posibilitasen beneficiarse do impacto das enerxías renovábeis e, entre outras medidas, impulsou a instalación de placas fotovoltaicas en todas as súas dependencias.
Desde CONGALSA deseñáronse tamén estratexias para optimizar o consumo de auga que a empresa realiza ou, a maiores, por establecer un control rigoroso das súas emisións. Ademais, a compañía ten en marcha programas concretos que lle fan posíbel controlar os seus consumos de electricidade ou gasóleo, xeración de residuos ou consumo enerxético en compresores, entre outras cuestións.
do medio ambiente e a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel e a Axenda 2030”.
Máis en concreto, a Alianza Galega polo Clima é unha fronte común á que xa se adheriron 41 entidades
DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal
WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com
REDACCIÓN: Fernando Sarasketa Sonia Pena
Ademais, salientou que a empresa alimentaria da Pobra do Caramiñal “é consciente da necesidade de rexenerar o estado natural do territorio e o medio mariño así como do impacto que as cuestións vinculadas ao cambio climático poden ter na organización a curto, medio e longo prazo”. Neste punto, a conselleira valorou moi positivamente que CONGALSA conte “cun equipo propio para traballar no seguimento e avaliación dos obxectivos ambientais da empresa e fomentan a transición cara a un modelo de economía circular a través da reciclaxe e unha adecuada xestión enerxética e da auga”.
redaccion@obarbanza.gal
MAQUETACIÓN E DESEÑO:
Óscar Louzán
FOTOGRAFÍA:
Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa
Antonio Parada
Abelardo Soler - Abso
“A nosa estratexia neste ámbito está a dar importantes resultados”, destacaron dende a compañía, poñendo o foco sobre datos concretos relevantes, como por exemplo que a xeración de residuos reduciuse nun 26% nos dous últimos anos ou que, a través da súa aposta pola enerxía fotovoltaica, foi quen de xerar case 345 Tn menos de CO2 no último ano, o que equivale practicamente a plantar máis de 34.000 árbores.
Para a o director de Recursos
Humanos e coordinador de sustentabilidade de CONGALSA, Juan Carlos Rama, “adherirse á Alianza Galega polo Clima é un paso adicional e lóxico dentro da política de sustentabilidade da empresa”.
IMPRIME:
PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal
CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal
A NOSA WEB www.obarbanza.gal
TAMEIGA, S.L.
Número 44 (Febreiro 2023) Publicación periódica.
Depósito Legal: C 668-2019
I.S.S.N.: 2659-8256
14 Febreiro 23 O Barbanza EMPRESA
A conselleira
O Barbanza
Entra en www.axendabarbanza.gal e pincha no botón "SUSCRÍBETE AQUÍ" para que te informemos semanalmente dos eventos da axenda comarcal, non te perdas nada!