O Barbanza Edición Arousa Norte
Número 7
Ribeira A Pobra Boiro Rianxo
Visita a nosa
WEB
obarbanza.gal
Decembro 19
NADAL NO BARBANZA
Excelencia gastronómica local
12
Literalmente a vista de paxaro
23
Futuro para o noso patrimonio histórico
15
Os nosos restaurantes propoñen un menú de Nadal para non esquecer
Arousa Norte achega novas formas de coñecer Barbanza: da man da ornitoloxía
Os municipios de Arousa Norte engalánanse e ofertan numerosas propostas coas
que gozar, grandes e pequenos, destas datas de Nadal. Gastronomía, deporte, cultura ou comercio non poden faltar nas axendas de lecer.
Nova oportunidade para a Casa da Cadea da Pobra
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA E SENSIBILIZACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
ELA E ELES
O GALEGO CAMPA!
MAI MAI
IRIÑA BAILARINA
IGUAL SON
CINCO MINUTOS SEN RESPIRAR
O RUEIRO DAS LIORTAS
O PAÍS DOS MANDÓNS
O Barbanza Edición Arousa Norte
3
Decembro 19
INTRODUCIÓN
O Barbanza Edición Arousa Norte
EDITA: GRUPO CÓDIGO CERO COMUNICACIÓN S.L. Rúa das Hedras nº 4, 1º G 15895 Ames (Milladoiro) Tel.: 981 530 268 - 608 240 160 www.codigocero.com DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com REDACCIÓN: Fernando Sarasketa Sonia Pena Ana Rial Maneiro redaccion@obarbanza.gal MAQUETACIÓN E DESEÑO: Óscar Louzán FOTOGRAFÍA: Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal A NOSA WEB www.obarbanza.gal REDES SOCIAIS: facebook.com/obarbanza www.instagram.com/o_barbanza/ whatsapp: 608 240 160 IMPRIME: PUBLICACIONES TAMEIGA, S.L. Número 7 (decembro 2019) Publicación periódica. Tirada: 7.000 exemplares Depósito Legal: C 668-2019 I.S.S.N.: 2659-8256
O espírito do Nadal invade Arousa Norte
S
e hai tres palabras que definen estas datas son maxia, ilusión e xenerosidade. Hai quen pensa que o primeiro destes substantivos fai referencia a persoas que retiran coellos dun sombreiro, sacan unha moeda de detrás dunha orella ou desaparecen entre fume; pero a maxia está presente na vida cotiá: buscar tempo para compartir con familia e amigos tendo en conta o acelerado ritmo do día a día; reencontrarse con persoas despois de meses, incluso, anos; e dedicar un sorriso ou un simple gracias que pode mellorar aquelas xornadas nas que semella que todo sae mal. A ilusión refléxase no rostro, do cal moitos din que é o espello da alma. Para constatar isto só hai que ver os ollos dos nenos saudando a Melchor, Gaspar e Baltasar na súa visita pola xeografía de distintos lugares; ou as caras nos aeroportos buscando aos seres queridos. Unha época tamén para ser xenerosos, contribuír para que a xente que estea pasando por un mal momento -sexa por temas económicos, de saúde ou emocionais- logre desfrutar destes festexos. E todo isto atopámolo, por suposto, nos municipios de Arousa Norte que se inundan do espírito do Nadal. As panxoliñas e o alumeado decoran acústica e visualmente as rúas de cada concello, dinamizando os emprazamentos e o comercio local. De feito, este ano incrementáronse os ornamentos, sexan luminosos ou non, e incluso se poden atopar mercados con postos artesáns que venden produtos propios destas datas. Un claro exemplo son Ribeira e A Pobra do Caramiñal, acrecentando a colocación de adornos luminosos tales coma árbores ou diversas figuras, entre outros. Ademais, organízanse numerosas actividades destinadas a tódolos públicos
e gustos: música, cine, teatro, festivais, contacontos e un longo etcétera. Así mesmo, os municipios contan cos seus respectivos Belén coma, por exemplo, o de Boiro, realizado polo maquetista Carlos Nieto, e que está aberto ao público ata o 6 de xaneiro. Situado no local anexo ao mercado municipal, dispón dun horario concreto de visita; mentres que os nacementos dos demais concellos permanecen no exterior protexidos por unha estrutura acristalada. Tampouco poden faltar os persoeiros de Papá Noel, os Reis Magos e o Apalpador. Este último é unha figura mítica da tradición galega que se está recuperando nos últimos anos grazas ao labor desenvolvido para dalo a coñecer entre crianzas e adultos. Neste senso, este personaxe percorre os municipios saudando aos máis pequenos e establecendo contacto directo con eles. En canto a Papá Noel, nunca resultou tan doado comunicarse con el, tendo en conta que está en Laponia traballando arreo xunto cos elfos e renos para en Noiteboa, o 24 de decembro, percorrer as casas deixando os agasallos listos para abrir ao día seguinte. Así, as Aulas CeMIT de Ribeira e Boiro conectan con el por videoconferencia, posibilitando que nenos e nenas falen con el, a pesar dos quilómetros de distancia existentes. E o 5 de xaneiro, recentemente inaugurado o 2020, é a quenda dos Reis Magos. Melchor, Gaspar e Baltasar desprázanse cos seus paxes ata a bisbarra para saudar á veciñanza e repartir caramelos, facendo tamén unha parada no hospital comarcal para visitar a todas aquelas persoas que se atopan ingresadas. Unha vez concluída a cabalgata, dispóñense a repartir os regalos para que, na mañá do día 6, o alborozo impere nos fogares.
Cedida por Xoán Castro
O Barbanza Edición Arousa Norte
5
Decembro 19
NADAL RIBEIRA
Un mercado, dous gobos e fío musical nas rúas entre as novidades do Nadal ribeirense
R
ibeira oferta unha ampla programación formada por medio cento de actividades que se desenvolven tanto na cidade coma nas parroquias. As propostas inclúen exposicións, actuacións, festivais ou a visita dos Reis Magos, entre outros. Unha variedade que permite chegar a tódolos públicos, pois a ilusión non entende de idades. Entre as novidades figuran o Mercado de Nadal formado por ao redor de 16 postos de produtos desta época coma xoguetes artesáns, turróns, doces, roupa e adornos; intercambiándose cun mercado similar situado en Vilagarcía e posibilitando que cada semana os postos sexan distintos. O lugar escolleito para esta característica feira é a praza de Porta do Sol, do 20 de decembro ao 5 de xaneiro, procedéndose á apertura da mesma o venres, 20 de decembro, ás 18.00 horas. O horario instaurado é de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, agás o 25 de decembro e o 1 de xaneiro que só abre pola tarde. Outra das novidades consiste na instalación de ambientación musical polas rúas con catro temáticas que se alternan nas diversas zonas (panxoliñas, música actual, jazz/blues e música da década dos 80) coa fin de axudar a dinamizar a actividade comercial. Tamén destaca o incremento da inversión en alumeado de Nadal en máis de 30.000 euros que se traducen en novos elementos coma unha bola xigante no Malecón, gobos nas fachadas do mercado e do museo, teitos luminosos na contorna peonil de Rosalía de Castro e rúa Galicia ou árbores de Nadal en tódalas parroquias. Por outra banda, o Bus Real circula polas estradas do municipio. Trátase dunha iniciativa que, por segundo ano consecutivo, pon en marcha o Concello coa colaboración do Grupo Ferrín co obxectivo de promocionar o programa Riveira MOVe, así como brindar á veciñanza a oportunidade de achegar os Reis Magos o 5 de xaneiro a tódalas parroquias, antes da cabalgata pola cidade. Deste xeito, as súas Maxestades de Oriente, a bordo do autocar en cuestión -decorado con motivos propios do Nadal e o lema Os Reis Magos viaxan coa Tarxeta Riveira Move- realizan as súas visitas repartin-
O Mercado de
Nadal formado por ao redor de 16 postos estará na praza de Porta do Sol, do 20 de decembro ao 5 de xaneiro. Unha das
novidades consiste na instalación de ambientación musical polas rúas con catro temáticas (panxoliñas, música actual, jazz/ blues e música da década dos 80. A chegada dos
Reis Magos ao porto de Ribeira está prevista para as 18.00 horas do 5 de xaneiro.
do caramelos e sorteando un agasallo sorpresa entre tódolos cativos que asistan. As paradas programadas para Melchor, Gaspar e Baltasar son ás 10.00 horas na rúa das Delicias de Corrubedo; ás 10.45 horas na Casa da Cultura de Olveira; ás 11.30 horas no Centro Social de Oleiros con visita ao Hospital da Barbanza; ás 12.30 horas no porto de Palmeira; ás 13.30 horas no porto de Castiñeiras; ás 16.00 horas na Aula de Música de Aguiño; ás 16.45 horas na Capela da Guía de Carreira; e ás 17.30 horas no Centro Recreativo de Artes.
En canto á cabalgata, a chegada dos Reis Magos ao porto de Ribeira está prevista para as 18.00 horas do 5 de xaneiro. A continuación, iníciase a saída e procédese a recorrer toda a cidade para saudar aos cativos desde o balcón da Casa Consistorial. Ademais, un total de cincuenta nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos teñen a ocasión de participar subidos no tren que encabeza o desfile. Así mesmo, sortéanse tres agasallos entre tódalas crianzas que visiten ao Carteiro Real.
Mercado do Nadal (Cantón da Leña) Venres, sábados e domingos ata o 5 de xaneiro OBRADOIROS INFANTÍS
Sábados e domingos de 19:00 h a 21:00 h
SHOWCOOKING
Os domingos 15 e 22 de decembro e 4 de xaneiro ás 13:00 h CHOCOLATADA Sábado 14 e domingo 15 de decembro ás 19:00 h (Organiza: C. Remo Puebla) OBRADOIRO MUSICAL A cargo da Banda de Música Ateneo M. da Pobra Domingo 15 de decembro VISITA DE PAPÁS NOELES do Motoclub Sin Frenos Domingo 22 de decembro CONCURSO DE COCIÑA DO NADAL Coas asociacións Arrancadeira, Eiradela e Xiada Días 28 e 29 de decembro
Actuacións no teatro cine Elma
Para persoas adultas: Quico Cadaval, Celso Sanmartín e José Luis Gutiérrez “Guti”: “Tres vellas (polo menos)”, 15 de decembro ás 19:00 h Infantís: • Teatro Ghazafellos “Rubicundo”, 26 de decembro ás 18:30 h • Cultura Activa “Saabor”, 27 de decembro ás 18:30 h • A Xanela do Maxín “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”, 30 de decembro ás 18:30 h
Pequetroula
Do 13 de decembro ó 4 de xaneiro no posto da Praza Maior LUDOTECA CON ACTIVIDADES PARA NENOS E NENAS DE 3 A 12 ANOS Obradoiros do Nadal, globoflexia, pintacaras, tattoos de purpurina, contacontos e… ademais… Tódolos sábados haberá inchables Tamén os días 23 e 30 de decembro, 2 e 3 de xaneiro Día 23 de decembro: obradoiro de construción de casas-niño Día 24 de decembro: VISITA DE PAPÁ NOEL Horario de luns a venres: de 17:30 h a 21:30 h Horario os sábados: de 12:00 h a 14:30 h Horario os días 24 e 31: de 17:30 a 19:30 h *Entrada de balde presentando un tícket do comercio local
Festivais do Nadal das asociacións
FESTIVAL DE CANTO, BAILE E MÚSICA TRADICIONAL DA ASOC. DE AMAS DE CASA, CONS. E USUARIOS CARAMIÑAS “Nadal con Caramiñas”: sábado, 14 de decembro ás 19:00 h no teatro cine Elma FESTIVAL DE NADAL ARRANCADEIRA: Sábado, 21 de decembro ás 19:00 h no teatro cine Elma CONCERTO SOLIDARIO DE NADAL DA BANDA DE MÚSICA “ATENEO MUSICAL" DA POBRA: Domingo, 22 de decembro ás 19:00 h no teatro cine Elma
Música na rúa
Día 21 de decembro a partir das 23:00 h na Praza Maior: DJ Goro e Chocolate Discomóvil Día 28 de decembro a partir das 20:00 na Praza Maior: The Final Lap Fest Aninovo, a partir das 02:00 h, DJ’s na Praza Maior e Praza Valle-Inclán Día 12 de xaneiro na Praza Maior: Serán galego Vive, aprende e desfruta do noso
Cabalgata de Reis
Día 5 de xaneiro a partir das 17:30 h
O Barbanza Edición Arousa Norte
7
Decembro 19
NADAL A POBRA DO CARAMIÑAL
A Pobra incorpora o Mercado do Nadal nestas datas
O Mercado de Nadal
estará no Cantón da Leña os venres, sábados e domingos ata o 5 de xaneiro. O horario de apertura é venres e sábados, de 10.00 a 21.30 horas; e domingos, de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.30 horas. Destaca o incremento
do alumeado, o cal vai acompañado doutro tipo de decoración coma renos ou paquetes de regalo
O
Nadal pobrense conta cunha programación moi diversa que inclúe música, teatro, talleres infantís, concursos, festivais ou a visita dos Reis Magos, entre outros. En definitiva, citas para tódolos gustos e para tódalas idades. A principal novidade é o Mercado do Nadal e tódalas actividades do mesmo, constando de seis postos do comercio local dedicados, por exemplo, á artesanía, gastronomía, obxectos de regalo e arranxos florais. Ademais, inclúe numerosas propostas, entre outras, obradoiros infantís os sábados e domingos, de 19.00 a 21.00 horas; showcooking ás 13.00 horas do 22 de decembro e 4 de xaneiro; visita dos Papá Noel do Motoclub Sin Frenos o 22 de decembro; ou concurso de cociña do Nadal coas asociacións Arrancadeira, Eiradela e Xiada para o 28 e 29 de decembro. Os interesados poden achegarse ata o Cantón da Leña os venres, sábados e domingos ata o 5 de xaneiro. O horario de apertura é venres e sábados, de 10.00 a 21.30 horas; e domingos, de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.30 horas. Tamén destaca o incremento do alumeado propio desta época, o cal vai acompañado doutro tipo de decoración coma renos ou paquetes de regalo. Un claro exemplo disto último son os ornamentos instalados na fachada da Casa Consistorial, na praza Maior, na praza de Galicia, na contorna da Alameda ou no referido Cantón da Leña.
Foto: Angela Domínguez Santos
Por outra banda, desenvólvese o Pequetroula para facilitar a conciliación. Trátase dunha ludoteca para os máis pequenos, concretamente dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos, integrada por obradoiros de Nadal, globoflexia, pintacaras, tatuaxes de purpurina e contacontos. Así mesmo, dispóñense inchables tódolos sábados e nas xornadas do 23 e 30 de decembro, así como o 2 e 3 de xaneiro. Da mesma maneira, o 23 de decembro ten lugar un taller de construción de casas-niño; mentres que o 24 de decembro celébrase a visita de Papá Noel. A entrada é de balde presentando un tícket de compra do comercio local e tamén hai un espazo para as familias. Situada na praza Maior, o seu horario é o seguinte: venres, 20 de decembro, de 17.30 a 21.00 horas; e sábado 21 e domingo 22, de 12.00 a 14.30 horas; do 23 de decembro ao 5 de xaneiro, de luns a venres, de 17.30 a 21.00 horas; e sábados
Desenvólvese
o Pequetroula para facilitar a conciliación. Trátase dunha ludoteca dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos, integrada por obradoiros de Nadal, globoflexia, pintacaras, tatuaxes de purpurina e contacontos. Melchor, Gaspar
e Baltasar teñen prevista a súa visita ao municipio o 5 de xaneiro, a partir das 17.30 horas.
e domingos, de 12.00 a 14.30 horas. Os días 24 e 31 de decembro, de 17.30 a 19.30 horas; e non hai o 25 de decembro nin o 1 de xaneiro. Outros eventos son a representación de pezas teatrais no Elma; a organización de festivais por parte de entidades coma Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Caramiñas, a Banda de Música Ateneo Musical da Pobra ou Arrancadeira; e a música na rúa con DJ Goro, Chocolate Discomóvil, The Final Lap Fest, DJ’s en Aninovo e o serán galego Vive, aprende e desfruta do noso. Todas estas actuacións musicais celébranse na praza Maior, sumando a praza Valle-Inclán no Aninovo. E, como non podía ser doutro xeito, Melchor, Gaspar e Baltasar teñen prevista a súa visita ao municipio o 5 de xaneiro, a partir das 17.30 horas, na tradicional cabalgata, contando coa participación de veciñanza e sementando a ilusión, aínda máis se cabe, nos cativos e adultos.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES Programa de actividades Programa de actividades DECEMBRO
Un Nad Un Nad pa soñar pa soñar Venres 13
20:00h - Contacontos: "Contos do dereito e do reves" (Biblioteca Municipal)
CONCELLO DE BOIRO
21:00h - Actividade: "Voces violetas" DECEMBRO CONCELLO DE BOIRO (Casa da Cultura)
VENRES 20 09:30h – Festival: concerto do CEIP Santa María do Castro (Centro Social de Cabo) 12:00h - Premios 20:00h – Festival: Escola deBarbantia Música (Casada da Cultura)
Sabado 14
Cultura (Casa da Cultura) www.boiro.gal
SABADO 21 Concello de Boiro 18:00h – Festival: Asociación Xilbarbeira (Casa da www.boiro.gal Cultura) Concello de Boiro
Venres 20
09:30h DOMINGO 22 - Festival: Colexio Santa Maria do–Castro Social de Cabo) e 18:30h Festival: (Centro Amas de Casa, Consumidores Usuarios (Casa da Cultura) 20:00h - Festival: Escola de Música LUNS(Casa 23 da Cultura)
19:15h – Espectáculo: Capitán Garfo “Cociñando música” (Carpa dos Soños)
Sábado 21
XOVES 26 18:00h - Festival: Asociación 19:15h – Espectáculo: O apalpador itinerante e contacontos (Carpa dos Soños) Xilbarbeira (Casa da Cultura) VENRES 27 18:00h – Actividade: Reaviva a principal (Centro Social de Boiro) 18:30h - Festival: Amas 18:00h – Espectáculo: Animación de de RúaCasa, “Fantasía” (Carpa dos Soños) Consumidores e Usuarios (Casa da
Domingo 22
Cultura)
SABADO 28 18:00h – Festival: Club de Patinaxe (Pavillón A Cachada) 21:00h - Festival: Banda de Música 18:30h – Festival: Asociación Abeloura (Casa da Cultura) de Boiro (Igrexa de Santa Baia) 19:15h – Espectáculo: Circo Chosco: “Riscando o ceo” (Carpa dos Soños)
Venres 27
DOMINGO 29 17:00h – Festival: Asociación Cultural Pedraada Aroña 18:00h - Actividade: Reaviva (pavillón de A Cachada)
principal (Centro Social de Boiro)
Sabado 28 XANEIRO
18:00h - Festival: Club de Patinaxe XOVES 2 (Pavillón A Cachada) 19:15h – Espectáculo: Patty Diphusa “Superharte” (Carpa dos Soños)
18:30h - Festival: Asociación Abeloura VENRES 3 (Casa da Cultura de Boiro) 19:15h – Espectáculo: Paco Nogueiras “Radio Bulebule” (Carpa dos Soños)
SABADO 4 29 Domingo
19:15h – Espectáculo: Cé Orquestra (Carpa dos Soños)
17:00h - Festival: Asociación cultural DOMINGO 5 Pedra da Aroña Cabalgata de Reis (pavillón A Cachada)
Exposición da Camelia OUTRAS ACTIVIDADES da Camelia 14Exposición e 15 de decembro 14 e 15 de decembro no Local Multiusos do Mercado Local Multiusos do Mercado Municipal Municipal
“Sempre as queridas Camelias” exposición de pintura.
Sábado 14días - 17.00 20.30 h Estará os 14 e 15a no local multiusos do mercado municipal e15 entre o 17 de 17 de a xaneiro Domingo - 11.00 a decembro 14.00 h e o17.00 (Casa da Cultura) 20.30 h
Carpa dos Soños Instalada dende o día 20 de decembro ata o 4 de xaneiro – praza do Concello de Boiro Campamento Urbano de de Nadal: os días 23, 24, 26, 17 de decembro a 17 xaneiro 27, 30 e 31 de decembro e os días 2 e 3 de xaneiro. Sala de Exposicións da Casa da Cultura Horario de 9.30 a 13.30 ou de 11.30 a 13.30 horas. Inscricións no Rexistro Xeral do Concello do 9 ao 20 de decembro. Ludoteca: 23, 24 26, 27, 28 e 30 de decembro e os días 3 e 4 de xaneiro. Horario de 17.00 a 19.00 horas 202, de decembro a 4 de xaneiro Para acceder é necesario presentar un tiket de compra Praza Concello Boiro por undo importe superiorde a 20 euros en calquera dos establecementos do municipio.
Sempre as queridas Camelias
Carpa dos Soños
*Sorteo paradas os Raíñas cativos Mercadode deagasallos Nadal. Factoría
28 e 29 de decembro - Local Multiusos do Mercado Municipal
Visita de Papá Noel
Master Provincial de Tenis da Coruña
2426de decembro a 29 de decembro - Pavillóns polideportivos de Barraña, Praia Xardín e Lampón
Torneo de Nadal Tenis Factoría Mercado de de Nadal. 14 a 29 de decembro das Raíñas
Torneo de Nadal de Golf 22 de de decembro - Campo de golf de Maceda 2820ea29 decembro Organizado polo clube Golf Pitch&Putt Local Multiusos do Barbanza Mercado Municipal
O Barbanza Edición Arousa Norte
9
Decembro 19
NADAL BOIRO
Benvid@s ao Nadal de Ensoño Boirense
B
oiro desenvolverá ao longo destas datas un amplo programa de actividades que leva por título Un Nadal de Ensoño, englobando citas culturais, espectáculos, festivais e outros eventos promovidos por asociacións do municipio. O obxectivo é achegar dinamización cultural e conciliación familiar e, tamén, fomentar as compras no comercio local. O programa terá unha marcada vertente infantil, cuxo núcleo é Carpa dos Soños da praza do Concello: o escenario dunha chea de espectáculos (e da ludoteca). Así mesmo, realizarase un Campamento de Nadal destinado a nenas e nenos durante as vacacións. Será nas mañás dos días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro, así como o 2 e 3 de xaneiro, en horario a escoller polas familias: de 09.30 a 13.30 horas ou de 11.30 a 13.30 horas. Entre as actividades para a rapazada tamén hai que destacar o percorrido que vai facer o Apalpador o 26 de decembro, a partir das 17.00 horas, polas rúas do concello e que, posteriormente, ofrecerá un
O Belén de Boiro, e
visitábel (na sala multiusos do Mercado Municipal) até o 6 de xaneiro, en horario de 17.00 a 21.00 horas (de luns a venres). espectáculo de narración. Outra das citas ás que non podemos deixar de acudir en familia será sen dúbida a Cabalgata de Reis, o día 5 de xaneiro á tardiña, organizada pola asociación de veciños de Escarabote. A maiores de todo isto, non se pode pechar este texto sen salientar o Belén de Boiro, deseñado polo maquetista Carlos
Os días 28 e 29, Factoría das Raíñas
O
Mercado de Nadal de Boiro estará emprazado este ano na sala multiusos do Mercado Municipal, na rúa peonil durante os días 28 e 29 de decembro, en horario de 11.00 a 14.30 horas e de 17.00 a 22.00 horas. O desenvolvemento da iniciativa, unha moi boa oportunidade de facernos cos máis orixinais e creativos agasallos para estas datas, correrá a cargo da artesá Paula Tubío, responsábel do obradoiro de complementos feitos a man A gata moscovita. Segundo informou o Concello de Boiro, será un mercado pequeno que contará con 9 postos de artesanía, dos cales 7 dispoñen da acreditación do selo de calidade Artesanía de Galicia. Iso si, haberá unha ampla varie-
dade temática nas propostas dos obradoiros, xa que todos eles ofrecen produtos diferentes para satisfacer, deste xeito, todas as posíbeis demandas e todos os gustos e tendencias. Haberá tamén un espazo de gastronomía, con dous recantos específicos, un con doces típicos do Nadal e outro onde teremos a posibilidade de saborear unha cervexa artesá. Amais, estarán habilitados dous postos solidarios, o da Cruz Vermella coa súa campaña Agasalla un xoguete, e o da protectora Callejeros Barbanza, que se encargará dos doces típicos de Nadal. A continuación damos conta dos diferentes obradoiros de artesanía que terán presenza no Mercado de Boiro: -- Wooding (bonecos de trapo)
-- Diane Onlooker (complementos festa) -- Jardinería Espiñeira (decoración de Nadal) -- Tejeluz (lámpadas e vidro) -- Cerámica Raposiñas (cerámica) -- Deica Creacións (ilustracións) -- Pase lo que pase (bixutería creativa) -- Mucha Chicha (roupa interior e exterior) -- Recuncho de Cucadas (traballos en coiro) Polo que respecta á gastronomía, estes serán os postos con presenza no mercado: -- Callejeros Barbanza (galletas, turrón, etc) -- Cervexas Meigas (cervexa artesanal) -- Cruz Vermella Boiro (pulseiras solidarias)
Nieto e visitábel (na sala multiusos do Mercado Municipal) até o 6 de xaneiro, en horario de 17.00 a 21.00 horas (de luns a venres). As excepcións son os sábados e os domingos e máis os días 24 e 31 de decembro, nos que abrirá polas mañás e polas tardes. O 25 abrirá só pola tarde, e o primeiro de ano ficará pechado.
PRAZA CASTELAO
CARPA DE NADAL Obradoiros, mĂşsica, maxia, actividades multimedia, xogos en familia, contacontos,....
Do 24 ao 31 de decembro 24 e 31: 11:30 a 13:30 h 26, 27, 28, e 30: 11:30 a 13:30 e 17:00 a 20:00 h
Organiza:
O Barbanza Edición Arousa Norte
11
Decembro 19
NADAL RIANXO
Rianxo dá a benvida ao Nadal con música, teatro e unha carpa de xogos
O
concello de Rianxo vai ser todo el, estes días, un máis que completo escenario para diversas e complementarias celebracións do Nadal. Así, temos por unha banda o certame teatral que prepara a agrupación Airiños en Asados (no Centro Social da Atalaia, en colaboración co Concello e cun programa cheo de representacións para seareiras e seareiros de todas as idades). Amais, contamos co Festival de Nadal que se celebra o domingo 22, a partir das 19.00 horas (organizado por Fogo Fatuo e o Concello, con entrada de balde até completar o aforo), e coa cita musical que prepara a Escola de Música de Rianxo, o sábado 21, cunha primeira sesión
Cedida por Xoán Castro
ás 12.00 horas e unha segunda ás 18.00 horas. Este Festival de Nadal tamén se vai celebrar no Auditorio e conta coa igualmente co apoio do Concello, que recorda que se poderán retirar dúas entradas por persoa (unha hora antes de cada concerto). A maiores de todo isto, lembrar á veciñanza de todas as idades que poderá desfrutar de actividades festivas na praza de Castelao, entre os días 24 e 31 de decembro, coa Carpa de Nadal que organiza o Concello, en horario de 11.30 a 13.30 horas (días 24 e 31) e de 11.30 a 13.30 e 17.00 a 20.00 (días 26, 27, 28 e 30), dando acubillo a obradoiros, música, maxia, actividades multimedia, xogos en familia ou contacontos.
Fin de Ano + espírito do Rock in Rian = festa asegurada
U
nha das cousas boas do espírito do Festival Rock in Rian de Rianxo é a súa capacidade para saír de si mesmo e desestacionalizarse do verán. Sen ir máis lonxe os organizadores do certame veñen de preparar un importante programa de actividades para a festa rianxeira do Fin de Ano, propoñéndonos unha maneira moi interesante de conmemorar este punto de inflexión entre un ano e outro: con alfombra vermella, actividades festeiras todo o día e moita música de baile, de madrugada, baixo carpa.
O eixe principal de actividade será na praza de Castelao, e comezará ás 9.00 horas con bombas de palenque e ás 10.00 cunha ruada con gaiteiros pola vila de Rianxo. As actividades proseguirán ás 12.00 coa misa en Santa Columna e ás 19.00 horas coa despedida do ano con música de baile. Está previsto abrir a carpa festeira á 1.00 horas, logo dos festexos familiares de Aninovo de cada quen. A música correrá a cargo de DJ Firius e DJ Sasi. Como dixemos, organizan os responsábeis do Rock in Rian en colaboración co Concello de Rianxo e Bandín Audio.
12
Decembro 19
O Barbanza Edición Arousa Norte
OCIO
Propostas de menú de Nadal: Aperitivo: Roliño de repolo e chile (ají) amarelo
Restaurante O Curral do Marqués - Rianxo
INGREDIENTES: Restos das carnes co cocido: lacón, chourizo, carnes variadas.. Caldo do cocido (ou de cocer o repolo novo) Repolo (do cocido ou cócense as follas dun novo) Cebola Chile amarelo Sal e pementa Aceite de oliva virxe extra
PREPARACIÓN: Faise un caldo con lacón, chourizo, repolo, algún óso, deixando o repolo ao dente, se non se teñen restos de cocido. Co lacón, o chourizo e as outras carnes, de habelas, faise un picado, e engádeselle a un sofrito de cebola. Bótaselle o ají amarelo e cando teñamos a mestura ao gusto, énchense as follas de repolo facendo uns rolos como paquetiños. Pásanse estes rolos polo ferro, volta e volta, e emplántanse, salseándoos co caldo do repolo ou do cocido.
Entrante: Crema de nécoras con vieiras marinadas e crema de coral Restaurante Chicolino – Boiro
INGREDIENTES:
PREPARACIÓN:
Nécoras
Límpanse as vieiras e póñense a macerar con azucre moreno, sal, reladuras de laranxa, lima pomelo e xenxibre, uns 15/20 minutos. Límpanse e córtanse en toros transversais redondos. Márcanse no ferro volta e volta e resérvanse. Faise a crema de nécoras, lavándoas e partíndoas en 2 ou 3 anacos, vivas, para logo saltealas con con toda a verdura. Flaméxase co brandy e cóbrese co caldo de peixe, ou marisco ou auga. Déixase cociñar un intre e despois tritúrase nun robot de cociña ou batedora, e cóase. Por outra banda faise unha emulsión coas corais da vieira, marcándoas no ferro ou tixola con aceite de oliva virxe, e coa batedora emulsiónanse co aceite coma se fose unha maionesa. Sérvese poñendo no prato o fondo da crema de nécoras, enriba 4 ou 5 toros de vieira, e adobíase facendo unhas esferas coa crema de coral, como pingas grandes.
Vieiras Cebola Porro Cenoria Tomate Polpa de pemento chouriceiro Aceite de oliva, sal e pementa Brandy Caldo de peixe ou marisco
O Barbanza Edición Arousa Norte
13
Decembro 19
1º prato: Bacallau á brasa con vinagreta de cebola e puré de patacas Menú Restaurante Xanxo – A Pobra
PREPARACIÓN: INGREDIENTES: Lombos de bacallau Cebola vermella Vinagre balsámico Aceite de oliva virxe extra Patacas
2º prato:
Leite
Desálgase o bacallau moi ben, mellor durante dous días. Sécase e ponse na grella para que se cociñe até que estea no seu punto (dourado por fóra e non moi feito para que estea zumento). Faie unha vinagreta con aceite de oliva virxe e con vinagre balsámico, e métese a macerar un pouco, a cebola vermella cortada en xuliana. Faise o puré de pataca, cocendo as patacas con auga e leite, pásase polo pasapuré e engádeselle un chorro de aceite de oliva virxe. Emplántase o bacallau pondo o lombo no centro, cóbrese con cebola marinada na vinagreta e ponse un pouco de puré coa manga pasteleira á beira para acompañar. Régase todo cun pouquiño mais de aceite de oliva virxe por enriba.
Solombo Wellington con cogomelos, bacon e prebe de foie
Restaurante Baiuca - Ribeira
PREPARACIÓN:
INGREDIENTES: 1 Masa de milfollas 1 Cebola Cogomelos frescos 1 Chorriño de Brandy 1 Paquete de bacon Sal, pementa
Sobremesa:
1 Ovo
En primeiro lugar cortamos a cebola en xuliana, reservamos, picamos os cogomelos e reservámolos tamén. Salpementar ben o solombo por ambos os lados, e marcar nun ferro ou tixola. Nunha cazola, pochamos a cebola e a continuación os cogomelos, cociñamos un pouco e engadímoslle un chorriño de brandy. Estiramos a masa de milfollas e repartimos as rebandas de bacon, enriba destas repartimos o sofrito de cogomelos, e enriba pomos o noso solombo e envolvémolo no milfollas para logo poñelo nunha fonte de forno xa envolto, e co ovo batido, pintámolo por encima. Forneamos uns 25 minutos a 180 graos. Pódese acompañar cun prebe de cogomelos, cun pouco de foie. Presentámolo nunha táboa, cortado en torados, e adobiado cunhas piñas de Nadal.
Mousse de torradas doces (torrijas) con crema de augardente Restaurante O Curral do Marqués - Rianxo
INGREDIENTES:
PREPARACIÓN:
½ Litro de leite
Batemos os ovos. De seguido engadímoslle o azucre, a canela en po, o leite e a nata. Mesturamos todo ben e engadímoslle as tonas do limón e a laranxa e a poliña de canela. Deixamos repousar uns 30 minutos. Despois podemos empapar o pan, biscoito ou pan brioche, o que mais gústenos para facer as torradas doces. Coa mestura sobrante na que teremos remolladas as torrixas, pasámola pola batedora, e vainos quedar coma unha mousse. Emplantámola cuns froitos vermellos, e deixamos caer enriba unhas faragullas feitas coas propias torradas esfungalladas e pasadas pola tixola para que queden triscantes, e podémolo acompañar dunha cullerada de xeado de froita da paixón.
½ Litro de nata 5 Ovos 2 Culleradas de azucre A tona dunha laranxa e dun limón 1 Poliña de canela 2 Culleradas de canela e po
Fotos: Beatriz Martínez del Campo y Ricoy
1 Vaso de crema de augardente (oruxo)
14
Decembro 19
O Barbanza Edición Arousa Norte
ACTUALIDADE RIBEIRA
Ribeira contará cun Sistema de Cartelería Dixital
U
nha nova actuación no concello de Ribeira permitirá o subministro, instalación, conexión, posta en servizo e explotación dun Sistema de Cartelería Dixital que persegue ofrecer á cidadanía información relevante sobre eventos, municipal e turística por medio de seis paneis de alta resolución, tres interiores e tres exteriores. Trátanse de pantallas de información de alta resolución e gran formato, intelixentes e conectadas online mediante un reprodutor multimedia de contidos, capaz de transmitir fotos, vídeos, arquivos PDF, son, redes sociais e páxinas HTML, entre outros. Ademais, estes taboleiros dixitais estarán controlados mediante unha Plataforma Software de Control e Xestión de Contidos instalada en Cloud, na nube. Con este sistema preténdese dispoñer dunha canle de comunicación para transmitir todo tipo de referencias sobre actividades culturais,
Un Sistema de
Cartelería Dixital formado por seis paneis de alta resolución ofrecerá a cidadanía información relevante sobre eventos municipais e turísticos.
Na fachada do Consistorio colocarase un taboleiro dixital. Cedida Prensa Ribeira
campañas, eventos, feiras, lugares de interese para visitar, etcétera; así como emitir información procedente da cidadanía coma, por exemplo, actos de asociacións.
Previsiblemente, os paneis estableceranse no interior do Concello, na entrada do mercado municipal e no recibidor do complexo polideportivo da Fieiteira. No que respecta ao exterior, colocaranse nas fachadas do Consistorio e da Sala Museo Municipal, así como no entorno da Oficina Municipal de Turismo. Así mesmo, as pantallas a subministrar deberán integrarse coa estética dos edificios e do lugar en que se dispoñan. O prezo base de licitación son 116.668’20 euros, concorrendo un total de sete ofertas. O tipo de contrato é dos denominados chave en man, para asegurar a realización da entrega totalmente equipada e en perfecto estado de funcionamento. Esta iniciativa enmárcase dentro da EDUSI Máis Riveira Atlántica 2020, financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020. Adscríbese a liña de actuación deste plan denominada Modernización da Administración e Smart Village Riveira.
Novo equipamento no ecoparque de San Roque
O
ecoparque arbóreo de aventuras de San Roque verá duplicada as súas prestacións, pasando dun total de tres circuítos a seis. No pasado mes de outubro, o Concello de Ribeira asinara coa Axencia de Turismo de Galicia un convenio de colaboración en virtude do cal esta última se comprometía a unha achega por un máximo do 65% do investimento total. Neste senso, a iniciativa foi adxudicada á empresa Instalaciones en Medio Natural, S.L., por un importe de 47.069 euros, IVE incluído, cun prazo de execución de dous meses. O obxectivo desta intervención reside en potenciar o interese desta infraestrutura como espazo de turismo activo sacándolle maior potencial ás grandes posi-
Cedida Prensa Ribeira
Cedida Prensa Ribeira
bilidades do periurbano de San Roque, o cal consta de 175.000 metros cadrados de superficie. Desta maneira, duplicaranse as prestacións do ecoparque, pasando dun total de tres circuítos a seis. Os xogos que se implanten revestirán maior dificultade dos xa existentes na procura de satisfacer as expectativas dun maior espectro de usuarios.
Así, un dos circuítos estará equipado con rocódromo, rondinos locos, ponte de corda, unha tirolina de 17 metros e outra de 200 metros. Pola outra banda, o segundo circuíto disporá dunha escaleira de cordas, unha parede de paso, un trapecio sentado, unha ponte balancín e un cable de equilibrio. Ademais, o circuíto número tres levará unha escaleira de cordas, lianas múltiples, rede de troncos e tirolina de 150 metros.
O Barbanza Edición Arousa Norte
15
Decembro 19
ACTUALIDADE A POBRA DO CARAMIÑAL
A Pobra suma patrimonio coa Casa da Cadea
A
Lista Vermella de Patrimonio que mantén e actualiza Hispania Nostra inclúe a pobrense Casa da Cadea, situada na rúa Ponte, unha construción do século XVIII que funcionou como cárcere ata finais do XIX. No mes de novembro, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse co alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, e a concelleira de Cultura da localidade, Patricia Lojo, para abordar diversos asuntos, entre eles, a colaboración da institución provincial para o proxecto de adquisición e rehabilitación do citado inmoble. Posteriormente, no pleno extraordinario e urxente celebrado o 10 de decembro, aprobouse unha partida de 150.000 euros procedentes da remanente do ano 2018 para a compra da Casa da Cadea, a cal agardan que se efectúe antes de que finalice o ano e contar co proxecto en marzo de 2020, para o que se buscarán distintas formas de financiación.
A este respecto, o rexedor manifesta que a finalidade é recuperar un edificio "moi importante" para o concello desde o punto de vista histórico. Así mesmo, precisa que será necesario realizar unha cata arqueolóxica e comprobar se existe algún tipo de xacemento. En canto aos usos que se lle poida dar, expresa que non queren comprometer ningunha función ao depender, entre outros aspectos, do proxecto que lles permita desenvolver Patrimonio, pero afirma que a opción que cobra máis peso é a de Biblioteca. Tamén se manexan dúas posibilidades no que se refire á rehabilitación do inmoble: unha pasa por utilizar a fachada dentro desa edificación, reconstruíndo o demais; e a outra por acondicionar a fachada, restaurándoa e asegurando a súa conservación, construíndo o edificio cara atrás e quedando a fronte como unha especie de pórtico. Ademais, durante a reunión citada anteriormente tratouse a posibilidade de transferir á Deputación a titularidade da prolongación da DP-6705 que sube á Curota, mentres que o Concello asu-
O rexedor
manifesta que a finalidade é recuperar un edificio "moi importante" para o concello desde o punto de vista histórico
miría o tramo urbano da DP-6703, concretamente, na rúa Ponte. En relación a este último, o mandatario local indica que están estudando a posibilidade de realizar un acondicionamento da vía, na que precisamente se atopa emprazada a Casa da Cadea. Deste xeito, transformaríase nunha plataforma única para facer o entorno máis accesible, establecendo seguramente dirección única de circulación e examinando as consecuencias que tería esta medida para a veciñanza.
AMBAR: calendario solidario de película
C
on motivo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, o 3 de decembro, a Asociación AMBAR desenvolveu numerosas actividades na comarca. Entre elas, o Elma acolleu a presentación do Calendario Solidario 2020, evento no cal interviñeron o alcalde da Pobra, Xosé Lois Piñeiro; a presidenta de AMBAR, Milagros Rey; e o fotógrafo e realizador do calendario, Víctor Manuel Martínez Campos ‘Pichero’. Un acto no que se proxectou un vídeo de todo o proceso de traballo, desde a caracterización previa á realización das propias fotos; ademais de facer entrega duns galardóns a tódalas persoas participantes. Esta edición está dedicada integramente ao cine español e os filmes escolleitos foron Quien a hierro mata, Bajo el mismo techo, Los
O calendario pode
reservarse a través do enderezo electrónico correo@asociacionambar.org ou no teléfono de contacto 981874480 Japón, Dolor y gloria, Viaje al cuarto de una madre, Elisa y Marcela, Viva la vida, Gente que viene y bah, El Olivo, La librería, Que se mueran los feos e A pesar de todo. O calendario púxose á venta este mes e pode reservarse a través do enderezo electrónico correo@ asociacionambar.org ou do teléfono de contacto 981874480, así como no Centro de Recursos de Ribeira da Asociación AMBAR, a Oficina de AMBAR na Pobra do Caramiñal e a Academia Yara. O calendario de
Persoas participantes no Calendario Solidario 2020
parede ten un custe de 5 euros e o de sobremesa de 3 euros. Os fondos recadados irán destinados a financiar proxectos para promocionar o empoderamento e inclusión das persoas con diversidade funcional.
16
Decembro 19
O Barbanza
ACTUALIDADE
Edición Arousa Norte
BOIRO
20 anos e os que veñan O Centro Social de Boiro celebra coa veciñanza a súa traxectoria de dúas décadas
A
s dúas décadas de intensa traxectoria dinamizadora do Centro Social de Boiro (Concello de Boiro) seguen a xerar actividades e celebracións, entre as que se inclúen o redeseño dos seus espazos (unhas instalacións que reciben cada ano máis de 70.000 visitas, entre a aula de estudo, as escolas de música e baile, a sede da Cruz Vermella ou os espazos formativos, entre outros reclamos) e o lanzamento dun arquivo dixital. A celebración estase a acompañar dunha serie de lanzamentos en YouTube, na canle do CS boirense, que inclúen imaxes e vídeos do traballo desenvolvido durante estas dúas décadas. Por exemplo o vídeo protagonizado por Antón Seijas (usuario do centro e opositor) e Samuel Rodríguez (axente TIC), que nos levan da man polas contribucións culturais e cidadás do centro e, tamén, polo pasado, o presente e o futuro do espazo social. Previa-
mente, as encargadas de ofrecer os seus puntos de vista sobre estes 20 anos (e os que quedan) foron Rosa Saavedra (usuaria do centro) e Juan Ortega (profesor da Escola de Música), por unha banda, e María Lapido (profesora de Secundaria), Paula Tubío (psicóloga e docente) e Montse Carro (profesora de baile tradicional), pola outra. Todo apunta a que as celebracións seguirán deparándonos máis contidos ao longo dos días vindeiros.
Máis accións
Este incremento dos contidos dixitais xerados polo CS estase a complementar, co gallo das conmemoracións das dúas décadas de andaina, cun redeseño e unha adaptación dos seus espazos cara as novas (e vindeiras) necesidades da veciñanza. Así, procedeuse á remodelación da aula de estudo e redistribuíuse a sala de exposicións, complementándose agora cun espazo de coworking (traballo colaborativo) e zona de lectura. Amais, o Concello quere abrir unha nova área destinada para
adolescentes, xa que opinan que “é un treito de idade que carece de espazos públicos pensados especificamente para eles”. Para co-deseñalo estase a a traballar conxuntamente co alumnado dos colexios locais, para que sexa a propia rapazada a que “elabore as maquetas de como ven as zonas municipais destinadas á súa idade e as necesidades que detectan”. Entre os centros docentes que están a achegar colaboración atópase o CEIP Santa Baia, que o pasado xoves 12 de decembro visitou as instalacións para coñecelas, saber o traballo e as actividades que se desempeñan nelas e facer as súas propostas para dedicar un espazo propio ao colectivo local de estudantes. No caso desta visita en concreto, participaron 60 alumnos e alumnos do CEIP Santa Baia. Inicialmente está previsto que este novo espazo se habilite no segundo andar do edificio, converténdoo nunha área de lecer e formación aberta e participativa e incluíndo, entre outros equipamentos, a colocación dunha pantalla que permita visualizar películas ou vídeos.
O mercadiño regresou á avenida da Constitución
A
avenida da Constitución volveu dar cabida este 17 de decembro ao mercadiño semanal que se celebra tódolos martes en Boiro. O traslado incluíu un labor previo de planificación, con información exhaustiva para os feirantes acerca do cambio de localización e a asignación dos novos espazos. O Concello tamén fixo saber que nas xornadas do 24 e 31 do presente mes, correspondentes aos días de Noiteboa e Fin de Ano, instalaranse tamén os puntos de venda ambulantes. A razón desta medida radica no obxectivo de fomentar as compras neste sector durante esta época. Máis de oitenta puntos de venda instaláronse o martes 17 no treito da referida vía comprendido desde a rúa Norberto Pijuan ata a estrada
O Goberno local
fixo saber que nas xornadas do 24 e 31 correspondentes aos días de Noiteboa e Fin de Ano, instalaranse tamén os postos do mercado ambulante. de Abanqueiro. O tempo acompañou (foi unha pequena tregua entre un temporal e outro) e numerosas persoas achegáronse aos postos emprazados na nova localización. Ata alí desprazáronse o rexedor do
municipio, José Ramón Romero, e o tenente de alcalde, José Luis Ruiz. O mandatario local expresou que as tres primeiras semanas servirán para ir adaptando progresivamente o mercado. Neste senso,
o obxectivo é acadar un “mercadiño agradable e adaptado ao entorno do casco.” Así mesmo, precisou que os establecementos hostaleiros tamén rexistraron un aumento da concorrencia.
Decembro 19
ACTUALIDADE
RIANXO
Edición Arousa Norte
Contemplando o mundo dende Rianxo
O miradoiro de Pico Muralla abrirá unha impresionante xanela ás paisaxes da contorna
O
alto do Pico Muralla, compartido por Rianxo e Lousame, contará cun miradoiro cuxas obras comezaron recentemente. Trátase dunha actuación impulsada de maneira conxunta polos gobernos locais dos ditos concellos, dispoñendo dunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) que con 40.000 euros financiará parte do seu custe. Ademais, o proxecto conta coa colaboración de Comunidades de Montes como a do Vilar, Campelo e Cerqueiras que cedeu terreos para aparcadoiro. O obxectivo compartido é que a referida paraxe pase a ser un recurso turístico que potencie a zona e ofreza unha ampla panorámica, podendo divisarse a ría de Arousa e a de Muros e Noia, culminada pola banda do mar polo Monte Louro, entre outros enclaves de gran importancia paisaxís-
tica e ambiental, mesmo do interior de Galicia (dende o alto do pico chegan a albiscarse as torres da Catedral de Santiago). O cumio tamén brinda unha impresionante panorámica da beira pontevedresa da ría de Arousa, e mesmo da de Pontevedra e da de Vigo (pódense ver as Illas Cíes). De marchar todo segundo o previsto, a intervención estará rematada no prazo dun mes aproximadamente. O proxecto foi presentado in situ polos rexedores dos dous concellos. A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, sinalou que o Pico da Muralla é “unha contorna de gran fermosura que precisaba dunha actuación que realzase aínda máis os seus atractivos medioambientais, turísticos e mesmo deportivos”. Tamén lembrou que as conversas co alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, se remontan a hai máis de dous anos, cando comezaron a a perfilar o proxecto de facer o miradoiro, “que xusto agora se vai converter nunha realidade”. Adolfo Muíños destacou tamén o gran potencial turístico do cumio e da súa contorna, que se vai ver subliñado pola intervención prevista. “No noso punto de vista”, dixo, o
Pico da Muralla “está chamado a ser un dos grandes miradoiros de Galicia”. Polo que se refire ao proxecto, enxalzou o seu compoñente integrador, sustentábel e medioambientalmente responsábel. Do que se trata, engadiu, é de poñer o foco na beleza do lugar, garantindo a espectacularidade do mesmo. Segundo fixo saber, todos os elementos estarán dispostos para dar a sensación de que o visitante voa sobre o val do río Té. As obras están a levarse a cabo da man de Pavimentos Noia, que fornecerá unha plataforma construída con formigón armado e madeira. Amais do miradoiro en si mesmo, está previsto que a empresa acometa a mellora dos accesos, a pavimentación da contorna e o seu acondicionamento (con mesmas e bancos de pedra) e a integración dos paneis informativos. Estes serán elementos divulgativos referenciais sobre a importancia histórica e xacobea da contorna: o pico é un privilexiado palco dende o que poderemos reconstruír mentalmente o traslado do Apóstolo Santiago en barca até Padrón, entre outros acontecementos relacionados co legado xacobeo.
colaborativo e aberto, etc). O rexedor Adolfo Muíños explicou que se elaborará un regulamento de uso e se establecerán taxas. Polo que se refire á Aula Activa do Mar, é un espazo divulgativo referencial do concello de Rianxo,
visita obrigada de múltiples centros docentes galegos e un dos nosos grandes espazos informativos sobre o medio ambiente costeiro e a actividade mariñeira. Foi inaugurada en 2000, logo dun completo labor de deseño por parte do alumnado de actividades náutico-pesqueiras da Escola Obradoiro Xeiteira. Trátase dun espazo de grandes dimensións, dun único andar, moi próximo ao centro de Rianxo e ben comunicado, con gran potencial para acubillar (e impulsar) actividades relacionadas co turismo e o mar, dous dos grandes piares económicos de Rianxo.
Avanza o espazo de coworking da aula Activa do Mar
O
pleno do Concello de Rianxo vén de aprobar a posta en funcionamento dun espazo de coworking (traballo colaborativo e innovador) na Aula Activa do Mar, iniciativa que foi impulsada pola agrupación Rianxo en Común. O obxectivo sería dar forma a un espazo de titularidade municipal no que se forneza aos novos profesionais e emprendedores locais (as
veciñas e veciños que queiran botar a andar un negocio pero que non se poidan permitir alugar un local, ou ben os profesionais que traballen por libre) de todo tipo de elementos para favorecer o seu labor: despachos, servizos e tamén asesoramento (mentoring, titorías, obradoiros) sobre axudas, investimento, xestión ou emprego de novas tecnoloxías (redes sociais, mercadotecnia, transformación, ferramentas de Big Data, software
O obxectivo
sería dar forma a un espazo de titularidade municipal no que se forneza aos novos profesionais e emprendedores locais
17
O Barbanza
18
Decembro 19
O Barbanza Edición Arousa Norte
NOVAS
Xunta, Amicos e Confrarías unen forzas para mellorar a contorna do Parque Nacional
U
n novo proxecto colaborativo buscará a mellora e a conservación da contorna natural e mariña da área de influencia do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Trátase de RE-MAR Custodia Ambiental para a redución de residuos no espazo mariño protexido das Rías Baixas, unha iniciativa colaborativa para avanzar en desenvolvemento inclusivo baseado na conservación do entorno natural e mariño aplicando a filosofía da chamada ciencia cidadá. O proxecto
foi dado a coñecer este 17 de decembro, nun acto celebrado en Ribeira que contou coa presenza da directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, xunto co director xeral de Amicos, Xoán España, e o presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores e patrón maior de Ribeira, José Antonio Pérez. Segundo fixeron saber os responsábeis destas entidades, todas elas implicadas no proxecto, este comezará o seu desenvolvemento os vindeiros días para prolongarse durante o vindeiro ano.
Así, Amicos, na súa calidade de entidade promotora, porá ao servizo do programa o traballo dalgúns dos seus asociados, persoas con discapacidade intelectual que actuarán como guías ambientais e ofrecerán charlas divulgativas en colexios; a Consellería colaborará e contribuirá ao proxecto aportando os medios materiais e persoais do Parque Nacional; mentres que os pescadores serán a terceira peza da engrenaxe, grazas á súa presenza e contacto permanente co mar. O obxectivo: mellorar as relacións humanas co medio mariño grazas ao fomento da participación cidadá e da conciencia social ante a necesidade de diminuír residuos e preservar o patrimonio natural marítimo terrestre das Rías Baixas.
O proxecto colabora-
tivo buscará a mellora e a conservación da contorna natural e mariña da área de influencia do Parque Nacional Marítimo
A ABE concede os seus Premios á Excelencia Empresarial
A
Asociación Boirense de Empresarios (ABE) entregou o 12 de decembro os galardóns dos seus terceiros Premios á Excelencia Empresarial. No acto, desenvolvido no salón de actos da sede da asociación en Boiro, concedéronse dous recoñecementos: o Premio Mellor Comercio do Ano 2019, que foi
dar ao Supermercado Claudio – A Tenda de Pepa; o Premio á Mellor Empresa do Ano 2019, que recaeu en Studio Moai. Na entrega de galardóns na sede da ABE, que se viu ateigada de xente para asistir á gala, o presidente da asociación Daniel García mostrou a súa satisfacción de participar nunha actividade que
é fiel ao espírito da ABE dende a súa creación en 1988: o espírito de apoiar ás empresarias e empresarios e alentar e distinguir a excelencia local, a innovación e o traballo ben feito. Finalizadas as presentacións o presidente fixo unha paréntese para pór en valor o recente Accésit acadado pola ABE nos Premios Nacionais de Comercio 2019. No transcurso da cita, na que tamén participou o alcalde Boiro, José Ramón Romero, proxectouse o vídeo que a ABE vai levar a Madrid para a entrega do devandito galardón (o accésit) e onde se amosa unha pequena mostra do traballo que vén realizando a entidade empresarial boirense. O premio á Tenda de Pepa recolleuno Miguel Triñanes, xerente do negocio (entregouno Javier Caamaño, vicepresidente da ABE). O premio a Studio Moai, pola súa banda, recolleuno Moisés Picón, xente da devandita empresa.
Entregados os XIII Premios Barbantia
O
14 de decembro celebrouse en Boiro, na Casa da Cultura Ramón Martínez López, un dos grandes acontecementos culturais do ano na nosa terra: a entrega de galardóns dos XIII Premios Barbantia da Cultura. Na cita, organizada pola Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Boiro, presentouse tamén o Anuario de Estudos de Barbanza 2019, o volume número 15 da senlleira publicación cultural da dita asociación e as/os seus integrantes. Na entrega de galardóns, conducida pola actriz e escritora rianxeira Esther Carrodeguas, distinguiuise o labor e a contribución cultural do artista Xoán Fernández (Premio Barbantia á Traxectoria Cultural no Barbanza 2019), do local boirense A Pousada da Galiza Imaxinaria (Premio Barbantia á Iniciativa Cultural no Barbanza 2019) e da poeta noiesa Ana Romaní (Premio Barbantia da Cultura Galega 2019). Os premiados foron elixidos os días previos a través dos votos dos membros de Barbantia.
O Barbanza Edición Arousa Norte
21
Decembro 19
ENTREVISTA
Jacobo Otero Moraña
O
autor de éxito que é hoxe o ribeirense Jacobo Otero Moraña non se entende sen o Jacobo Otero Moraña que foi onte. En O Barbanza quixemos afondar nos porqués dos argumentos das súas intrigantes e apaixonantes novelas, nas orixes de todo iso, e tamén nas obras que virán. - Jacobo, nas entrevistas vemos que figuras como natural de Santiago, pero aquí en Ribeira todos te consideramos veciño noso... - Ante todo, eu sempre me sentín ribeirense. Aínda hoxe, cando me preguntan de onde son, respondo sen dubidalo: de Ribeira. Pero da mesma maneira, non podo negar que nacín en Santiago. Por parte da miña nai, a familia é de Ribeira. Incluso por liña paterna, que efectivamente son composteláns, non só meu pai, senón dúas das súas irmáns, casaron en Ribeira. Miña tía Teresa era moi coñecida, e moi boa profesora no Colexio Galaxia. E tamén Pili, que non só deu clase senón que durante un tempo foi directora do instituto de FP. Son moitas cousas as que me unen a Ribeira. Se cheguei ó mundo en Santiago foi por mor de que meus pais vivían e traballaban ambos alí. Tamén a que nacín de luns (xa apuntaba maneiras no de tocar as narices), porque era común que as fins de semana estivésemos sempre na casa da rúa de Galicia. Meus recordos de infancia están moi aparellados a dita casa. E a acompañar ao meu avó á cabina cando probaba as películas antes de proxectalas. Iso de poder desfrutar do cine dende pequeno é algo máxico. Penso que son un privilexiado. - Jacobo, xa levas escritas cinco novelas e seguro que tes algunha máis na bandexa de saída... - Ademais das cinco novelas, tamén están publicados outros seis relatos nas súas correspondentes antoloxías, onde comparto páxinas e cartel con outros autores. Tres dos relatos presentáronse a concurso, e sempre recibiron recoñecemento. El Pescador quedou terceiro no concurso Trappist, e Equipo de limpieza gañou a convocatoria El Asesino no es el mayordomo. Pola súa parte, La corbata del abuelo rematou cuarto no concurso Navidades, bien o en familia. Todos están editados por Esstudio Ediciones. Nestes intres, están a piques de ver a luz dúas novas creacións. Unha
NOVELISTA RIBEIRENSE
“Hai que atrapar ao lector e contarlle unha historia que se saia do oficial”
non por iso menos virulenta. Non hai mais que botar unha ollada aos derradeiros dezaoito anos e enseguida vemos que as cousas non van ben. As crises económicas cíclicas e o abandono masivo de proxectos que deberían ser unha realidade fai décadas teñen moita relación con eses atentados. O mundo non volveu a ser o mesmo. Por iso escribín este libro. E da mesma maneira, as consecuencias dese 11-S seguen sendo o fío condutor das tramas de Expediente Othalan e La espuela del dragón. - Como compaxinas o teu traballo na Axencia Tributaria, coa túa afección por escribir novelas de argumentos tan construídos? - O meu traballo é apaixonante e é certo que obriga a que un estea ao cen por cen. Ben sabes que non son un funcionario de despacho con quenda de oito a tres. Pero cando un ten ganas de facer cousas, sempre atopa o intre. As veces róubaslle un pouco de tempo ó sono. Outras, se trata de aproveitar os ocos. Mentres que haxa xente que adica o tempo a navegar nas redes sociais, xogar ao Candy ou ver telenovelas (todo respectable), eu investigo e logo trato de plasmalo en papel.
novela ambientada na Roma clásica, se ben non pretendo que se lle dea a cualificación de "histórica", e unha antoloxía de relatos. O primeiro leva por título Brumas octavianas, e centrase nos últimos sete anos do goberno de Octavio Augusto. Foron case cinco anos de investigación, e se o libro gusta os lectores, teño pensado continuar cos seguintes emperadores da dinastía ata chegar a Nerón, que foi o derradeiro. Sen adiantarvos moito máis sobre o asunto, si dicir que unha persoa con recoñecido prestixio no noso pobo foi quen de facer o prólogo desta novela. En canto á obra de relatos chámase Kuklós, e no propio título está a clave do que o lector atopará no seu interior. O libro vai adicado os meus amigos Antonio Callón e María Gago, ambos falecidos por culpa do cancro. Xunto os seus fillos acordamos a portada e a foto de contraportada, e xa avanzo que todos os beneficios que xere esta obra doaranse de forma íntegra á AECC.
- Unha das túas novelas de meirande éxito foi Operación Sidi. Que che levou a escribila? - Operación Sidi é a miña ópera prima a nivel de gran narración. Gañou o cuarto Certame de Narrativa Grupo Éride, cousa que me supuxo unha gran sorpresa xa que eu nin sequera sabía que estaba competindo. A historia xurdiu dentro de min, e penso que a razón de ser foron as circunstancias especiais nas que vivín a xornada do 11-S. Os da nosa xeración, penso que temos na nosa mente dúas datas moi vívidas nas nosas cabezas. A noite do nove de novembro de 1989, cando cae o Muro de Berlín, e o 11 se setembro de 2001. Se unha supón un cambio radical que rompe a dinámica de confrontación que vivira o mundo dende a fin da II Guerra Mundial, os atentados do WTC e o Pentágono marcan outra fractura que algúns xa definen como o comenzo da III Guerra Mundial. Unha guerra que xa non se libra en campos de batalla nin exércitos convencionais, pero
- Para quen queira introducirse no teu traballo, que lle recomendarías para iniciarse? - Cando me preguntan iso sempre lle digo á xente que empece pola primeira, Operación Sidi. Pero se alguén non gusta de adentrarse nunha trama complexa cun escenario internacional, sempre pode empezar por El Instructor. Esta é unha novela mais de andar por casa, con trama policíaca e desenvolvida na illa de Menorca. Xa si o lector se engancha, aí están o resto das creacións. - Como e de que maneira se acendeu no teu interior o lume da creación? - O lume de creación é algo que debe acompañar ao artista con independencia do ramo. Dá igual escritura, música, pintura, escultura, teatro, cinema... o que queiras. Se tes ilusión, as cousas van para diante. Se o fas obrigado, esa espontaneidade que debe rezumar na obra non xorde. Sempre o dixen... O día que non me ilusione o que fago, deixo de escribir... Cada libro é máxico e único en si mesmo.
22
Decembro 19
O Barbanza Edición Arousa Norte
ENTREVISTA
Nacho Munilla e Pancho Lapeña
CONVERTEN EN REALIDADE A GUÍA DEFINITIVA DAS AVES DE GALICIA
“Os paxaros fannos ver que este modo de vida que levamos como especie vai dar ao traste co mundo”
L
- Onde está a orixe deste libro que estades a materializar? - A orixe e a premisa deste libro está na teima nosa de achegar os paxaros a xente de tódalas idades, raza e condición. E con ese fin empregamos múltiples estratexias e ferramentas: ciencia, literatura, arte...
ogo do seu exitoso paso pola plataforma de micromecenado Verkami, onde superou todas as expectativas, colleu corpo a Guía definitiva das aves de Galicia, escrita por Nacho Munilla e con ilustracións de Pancho Lapeña, que xa se está a presentar en diversas localidades galegas (na Coruña, en Vigo, en Lalín) e que tamén será explicada e debullada polos seus autores na nosa comarca. Trátase dunha homenaxe ilustrada aos paxariños galegos que tantas cousas contan cos seus chíos a quen teña paciencia e tempo para escoitalas (cousas como: “coidadiño co que lle estades a facer ao planeta!” ou “protexédenos, que nós tamén somos importantes”). Amais, a guía é un tributo ás poboacións de rabirrubios, lavandeiras amarelas e o liñaceiros que habitan nas nosas illas (Sagres, Sálvora, Vionta, etc), até nas máis inhóspitas e pequerrechas, moitas das cales os autores coñecen case case coma as palmas das súas mans. Deixemos que sexa Nacho quen nos conte estas e outras cousas...
Nacho, es responsábel, xunto con Pancho Lapeña, do proxecto para a edición da Guía definitiva das aves de Galicia. Superastes as expectativas en Verkami? - Superamos as expectativas ben superadas. Entre outras cousas porque somos xente insegura e precavida, ha, ha. O libro é, ou cando menos pretende ser, no seu conxunto, un libro fermoso e se cadra iso transmítese e chega á xente, non o sei. Tamén é un libro que entra polos ollos grazas as ilustracións de Pancho, ao seu xeito de interpretar os paxaros. - Nacho, O Barbanza é un medio comarcal sobre os concellos de Arousa Norte: Ribeira, Pobra, Boiro e Rianxo e a súa contorna. Houbo partes do libro que se fraguaron nalgún destes territorios? Preguntámoscho porque, malia vivir en Santiago, sabemos que pasas moitas tempadas na costa, e mesmo tes vivido en Ribeira e, se
- Nestes temos que vivimos, cres que é necesario escoitar os nosos paxariños e ver que nos contan? Cal cres que é a súa mensaxe? - Eu son da opinión de que os paxaros son os encargados de facernos ver aos humanos que este modo de vida que levamos como especie vai dar ao traste co mundo.
- No voso espazo de Verkami dicides que a vosa guía é tributo a un libro perdido dun escritor galego que ten unha apaixonante historia detrás. Trátase dunha obra editada polo selo londiniense John Constable & Sons, que foi case destruído por dous mísiles xermanos V2 durante a Segunda Guerra Mundial, provocando importantes perdas nos almacéns da editorial, onde se acubillaban, precisamente, os exemplares da primeira edición da Guía Definitiva das Aves de Galicia de Salvador Lueiro. Que hai de verdade e que hai de ficción nesta historia? - Eu tiven a oportunidade de botarlle unha ollada a unha caixa gardada nun arquivo dunha das principais bibliotecas de aves de Europa. Ese achado casual foi determinante para esta historia. Non estou autorizado a revelar máis nada. Síntoo.
A orixe e a premisa deste libro está na teima nosa de achegar os paxaros a xente de tódalas idades, raza e condición. non nos trabucamos, en Sálvora, nas Ons e nas Cíes por razóns de investigación... - Este libro ten moito de subxectivo, no sentido de que transmite impresións persoais sobre os paxaros, e claro, son impresións que eu recibo
cando ando polo monte, polo campo ou polo mar. Por exemplo, aínda que eu nas illas traballo con aves mariñas (gaivotas, corvos mariños, pardelas) sempre tomo nota dos paxariños pequenos que vexo alí, especialmente dos que se atopan nos illotes máis pequenos. Non sei, penso que expresan ese impulso da vida por ocupar canto recuncho habitable hai neste mundo. Paxariños como o rabirrubio, a lavandeira amarela e o liñaceiro. Cando estás en Sagres, Noro, Vionta, Herbosa, nesas illas de Arousa nas que as condicións de vida son durísimas e ves eses paxariños alí pois é inevitable sentir por eles un respecto profundo. A mirada de Pancho tamén vai por aí.
- Haberá segunda parte da guía? - Agora mesmo estamos a xestionar as emocións desencadeadas polo éxito da campaña. Un proxecto na liña da Guía Definitiva que se estendese á totalidade da avifauna galega sería todo un desafío, mais un desafío marabilloso. Marabilloso e factible. Máis dunha vez temos falado Pancho máis eu dun proxecto así… - Que toca facer agora? - Agora estamos xa na fase de presentacións, con charlas incluídas polas principais vilas e cidades do país. Andaremos estes días por Vigo, Lalín, A Coruña e Compostela. E xa que estamos… vaia aquí o noso ofrecemento para facer unha presentación no Barbanza. Presentación + charla por suposto!
O Barbanza Edición Arousa Norte
ACTUALIDADE
23
Decembro 19
AROUSA NORTE
Arousa Norte, un destino para a observación das aves (II) O turismo ornitolóxico bríndanos interesantes oportunidades para coidar do medio natural As mellores
horas do día para observar aves son o amencer e ao solpor As mellores
horas do día para observar aves son o amencer e ao solpor Moitas reciben o
novo día cantando polo que é máis fácil velas
Cando observar aves As mellores horas do día para observar aves son o amencer e ao solpor. As aves espertan famentas e pasan as primeiras horas en busca de alimento aproveitando que os insectos permanecen case inactivos debido ao frío. Moitas reciben o novo día cantando polo que é máis doado velas. Ao solpor algunhas especies congréganse en dormidoiros ou aproveitan para cantar, o que facilita moito máis a súa detección. Ao longo do ano non sempre veremos as mesmas especies. A que se debe esta variación? A resposta é sinxela, unhas especies pasan aquí todo o ano mentres que outras non. As primeiras son as coñecidas como aves sedentarias. As últimas son as aves migratorias, aquelas que percorren grandes distancias para pasar só unhas horas ou uns días aquí (aves en paso migratorio) ou mesmo unha estación enteira (aves estivais e aves invernantes). Escapan do frío do inverno ou da forte calor do verán desprazándose a zonas máis tranquilas e de clima máis benigno. Logo regresan aos seus lugares de orixe e así ano tras ano. Polo tanto, os mellores momentos do ano para observar meirande variedade de especies corresponden aos meses de pasos migratorios. Isto é, primavera (paso migratorio pre-nupcial) e finais de verán, principios de outono (paso migratorio post-nupcial).
Como observar aves Un bo observador de aves debe cumprir 10 normas básicas de comportamento no campo: 1. Deixar o vehículo motorizado nos estacionamentos, non meterse con el polos camiños sen asfaltar. 2. Respectar os camiños sinalizados e non tomar atallos, para así tampouco destruír a vexetación. 3. Desfrutar do silencio e do canto das aves. O ruído molesta aos paxaros e a outros seres vivos tamén. 4. Non achegarse demasiado, nin coa escusa de tomar a mellor fotografía. 5. Observar as aves sen molestalas. Se se asustan mentres están criando mesmo poden abandonar os ovos ou as roladas no niño, que morrerían de frío e de fame.
Para observar grandes concentracións de paxaros o mellor é en inverno, debido á chegada de numerosas especies invernantes. Na primavera e no verán poderemos ver moitas especies en pleno trafego reprodutivo: cantando para impresionar a unha futura parella, transportando material para construír ou niño ou ceba para a rolada de pitiños, etc. Algunhas delas son sedentarias, como o merlo común, mentres que outras son estivais, é dicir, visítannos durante o verán e reprodúcense acó, como por exemplo a anduriña común. Calquera época do ano é boa e pode converterse nun momento ideal para desfrutar das aves.
6. Non tocar as aves, niños, nin crías, nin sequera aquelas que non voan. Moitos paxariños novos abandonan o niño moi cedo, ás veces aínda sen ser quen de voar, pero non están perdidos senón que son atendidos e vixiados polos pais. 7. Non se debe prender lume. 8. Cómpre separar os residuos que se produzan durante a visita e deixalos nos contedores axeitados. 9. Deixar a mascota na casa, pode molestar a outros animais que teñen aquí o seu refuxio e tamén a outras persoas. 10. Prestar atención á contorna para desfrutar do contacto coa natureza.
Unha ollada ao pasado 1983
Ribeira A Pobra Boiro Rianxo
Corrubedo, Ribeira
Praia de Colomer, Ribeira
Rúa Gasset, a Pobra do Caramiñal
Malecón, a Pobra do Caramiñal
Cofraría Cabo de Cruz, Boiro
Torre de Goiáns, Boiro
Praia Tanxil, Rianxo
Rianxo