Verรกn de 2008
Revista de informaciรณn municipal do Concello de Melide. Nยบ 1
Índice Saúdo da Alcaldesa ..................................... 3 Saúdo do primeiro tenente de Alcaldesa ...........4 Unha nova corporación para Melide ................ 5 Os grupos políticos opinan .......................... 6 En breve ...................................................... 7 O futuro en proxectos ................................ 16
Edita Concello de Melide Coordinación e redacción Concello de Melide
Índice
Imprime Imprenta Meligraf- Melide Depósito legal C 3122-2008
O CRUCEIRO edítase en papel reciclado 100%, para preservar os bosques e contribuír á reciclaxe do lixo.
Saúdo da Alcaldesa
Socorro Cea na toma de posesión como Alcaldesa
elide cumpre un ano do cambio de goberno, e coido que é tempo de facer un primeiro balance. Unha reflexión que nos sirva, aos que temos a responsabilidade de gobernar, para aprender dos erros e encamiñar os anos vindeiros coas decisións que máis favorezan á veciñanza de Melide. Esta publicación quere ser unha canle informativa que conecte directamente coa xente da rúa. A través dela queremos recoller o que foi este primeiro ano de traballo, e avanzar tamén as liñas de actuación futuras que conformarán un proxecto de catro anos que ten xa asentadas as súas bases. Os principios son sempre máis lentos, menos dinámicos; mais é intención deste equipo de goberno pór en marcha os obxectivos polos que nos debemos á cidadanía, as ideas e os proxectos que nos puxeron á fronte dun goberno no que hai moito que facer pero tamén moitas ganas e moita ilusión para afrontalo día tras día. Levar á rúa un novo xeito de gobernar é unha meta prioritaria que debe atinxir a todos os campos. Melide é un concello rico en potencialidades, e para desenvolvelas, os propios protagonistas desta riqueza deben estar incluídos, facer políticas para eles: comerciantes, labregos e gandeiros, hosteleiros, empresarios, mocidade, mulleres, obreiros e veciños e veciñas en xeral merecen un xeito de gobernar responsable, claro e baseado no sentido común, que nos irá marcando as prioridades. Por iso, o benestar, os servizos directos
M
(3)
que se prestan á cidadanía e a cobertura das necesidades máis básicas foron o abc do primeiro ano do novo equipo de goberno en Melide, para o que non existen cidadáns de primeira nin de segunda. Un exemplo diso foi a creación da Concellaría do Medio Rural, xurdida coma unha xusta iniciativa para dar servizos e atención ás nosas parroquias, pois supoñen case a metade da poboación total de Melide, e que historicamente foron tratadas como periferia. Melide non sería o que é sen o traballo das xentes das súas parroquias, e a achega de servizos como o saneamento de aguas -ata agora inexistente en todas elas-, a limpeza de accesos, ou a revisión de estradas son prioritarias para este equipo de goberno. Imposible mudar unha traxectoria de tantos anos en tan só un. Resulta imposible solucionar en tan só un ano aquilo que non foron capaces de amañar anteriores gobernos do PP en 16 anos seguidos con maioría absoluta. Pero estou convencida de que estamos dando os pasos axeitados para que ao remate destes catro anos poidamos ver cumpridos os compromisos que adquirimos cos melidenses e nos poidamos sentir orgullosos do traballo feito. Debíaselle a Melide unha posta en valor do que nos é propio: o parque empresarial está xa en marcha, dotado de novas parcelas e mellores servizos que o converterán nun reclamo de empresas locais e alleas. O comercio viviu este ano a primeira edición dunha feira de saldos que lle abriu portas e aunou por vez primeira aos comerciantes da vila, piar fundamental da nosa economía. Os libreiros uniron forzas para compartir o éxito da primeira feira do libro, e as mans dos reposteiros artesanais tiveron un xusto recoñecemento a tantos anos de traballo no día da súa festa. Ampliouse o parque móbil municipal con novos vehículos para Protección Civil, Policía Local e un novo tractor. Amañouse o Polideportivo, puxemos a andar as obras da empresa R, déronse pasos firmes para a futura ordenación das feiras e mercados dos domingos, estamos preto de ter funcionado a residencia de maiores e un centro de día, conseguimos que, en breve, constrúan unha galescola e amplíen o centro de saúde, etc. Procuramos, sobre todo, no último ano aplicar o sentido común e a responsabilidade a todas as actuacións e proxectos que desenvolvimos. Por primeira vez, Concello de Melide e veciños camiñamos xuntos e por iso fomos capaces de conseguir unha gran Feira do melindre e de Mercamelide, a recuperación do entroido, así como un enorme éxito coas alfombras do Corpus ou coas novas bandeiras do Carme. Sei que con melidenses emprendedores e activos podemos conseguir o que nos propoñamos. Moito ánimo e o meu agradedecemento sincero.
(4)
Saúdo do primeiro tenente de Alcaldesa porque todos somos iguais, independentemente da cor ou das ideas que cada un teña. A estrutura municipal do Concello de Melide non deixa de ser sinxela, pero con grandes áreas difíciles de xestionar, sen querer facer mención a ningunha delas, pero cada día apréciase un sentir respectuoso co entorno que nos rodea, e a min éncheme de ledicia apreciar esta gran sensibilidade encamiñada á defensa do medio ambiente que manifestan os cidadáns. Neste tempo de goberno, as inquedanzas tamén se manifestaron en seguridade cidadá. Estase a traballar para que todos e todas os veciños e veciñas teñan tranquilidade, sexa polo día como pola noite. É unha tarefa que ten que mellorar e na que se están dando os pasos necesarios para conseguilo. Como responsable de educación, unha das miñas máximas é velar polos colexios e pola gardería, así como o conservatorio, para que estes estean nas mellores condicións de cara a que os alumnos e os profesores se sintan cómodos coa fin de que os resultados
eciños e veciñas, nestas datas quero felicitarvos e
V
melloren, tanto en calidade como en nivel de ensino e
desexarvos que gocedes das festas que, ano tras
absentismo. O compromiso neste campo é total, dado
ano, veñen celebrándose na honra a San Roque, así
que é onde se empezan a formar as xeracións futuras.
como tamén a todos aqueles que nos acompañan, en
En seguridade viaria hai proxectos importantes en
forma de visita vacacional aos seus familiares ou ami-
marcha que van propiciar unha certa tranquilidade á
gos, ou que veñen a pasar estas datas entre todos nós.
hora de usar as vías, tanto provinciais como autonó-
O dezaseis de xuño de 2007, froito dun pacto de go-
micas e nacionais, sen esquecer a reordenación do trá-
berno BNG-PSOE, tocoume a responsabilidade de xes-
fico no casco urbano.
tionar unha serie de áreas coa máxima eficacia que demanda día tras día a cidadanía.
Quero manifestar a disposición incondicional do departamento que eu dirixo para poñer ao servizo de
Ate o día de hoxe, a premisa sempre foi estar cerca
todos vós a información e o traballo, sexa no lugar que
de vós, escoitar as inquedanzas presentadas e resol-
sexa, tanto na rúa como en calquera lugar onde un se
ver todas as máximas posibles, e esta será a mesma
atope.
liña a seguir. Ao igual que calquera cabeza de familia xestiona o
Para rematar, só desexo que todos os veciños/as ou visitantes pasedes unhas boas festas.
seu fogar, así se debe ver unha boa xestión municipal, tratando de rendibilizar coa máxima eficiencia os recursos públicos que saen dos impostos dos cidadáns. Gobernar para todos por igual é a miña obriga, este é
Un saúdo. Grazas.
o camiño que seguirei sempre e non me apartarei del,
Manuel Prado Puga
Unha nova corporación para Melide
4
2
1
3
(5)
5
6
7
1. María Socorro Cea Vázquez, Alcaldesa (BNG) Socorro Cea é a alcaldesa de Melide dende xuño de 2007. Foi elixida deputada provincial no ano 2003, cargo que abandonou despois de gañar as últimas eleccións municipais para dedicarse só ao Concello de Melide.
2. Manuel Prado Puga, primeiro tenente de Alcaldesa (PSOE) Responsable das áreas de Medio Ambiente, Seguridade Cidadá, Servizos, Educación e Traballo. Concelleiro dende o ano 2003.
3. Xosé Antonio Díaz Rodríguez, Concelleiro de Promoción Económica, Facenda, Turismo e Festas (BNG) Antonio Díaz é tamén o segundo tenente de alcaldesa de Melide. É concelleiro dende o ano 1999.
4. Conchi Castro Pedreira, Concelleira de Cultura e Normalización Lingüística (BNG) Por primeira vez créase unha concellaría de Normalización Lingüística. Concelleira dende o ano 2003.
5. Casé Rodríguez Gómez, Concelleira de Benestar e Igualdade (BNG) María Xosé Rodríguez encamiña as políticas sociais a través da Concellaría de Sanidade, Benestar e Igualdade e Participación Cidadá.
6. Xosé Antón Varela Antas, Concelleiro de Deportes e Vivenda (BNG) Deportes e Vivenda únense na área da que se encarga Antón Varela. Concelleiro dende o ano 2003
7. Anabel Ramos Rúa, Concelleira de Medio Rural e Mocidade (BNG) Anabel Ramos encárgase da xestión das políticas de Medio Rural, Mocidade e Medios de Comunicación.
(6)
Os grupos políticos opinan
BNG de Melide presentouse ás eleccións municipais de 2007 co obxectivo fundamental de ter á xente e ao seu benestar como prioridades. Para iso, elaborou un programa que recollía vinte prioridades para os catro anos de mandato. Entre esas prioridades, estaban que o concello conte con máis e mellores servizos públicos, que se preste atención preferente á xuventude, aos nosos maiores e ás persoas discapacitadas; o apoio decidido ao comercio e ao empresariado local; defensa e potenciación do noso patrimonio cultural e natural; e o desenvolvemento dos nosos sectores agrarios. A filosofía de xestión municipal do BNG está sendo aplicar o sentido común en cada actuación e, un ano despois, xa hai varias cuestións recollidas no programa electoral que están conseguidas e outras en trámite. Os melidenses saben que o goberno da Xunta de Galiza e o da Deputación apoia totalmente a este concello. Un concello no que o BNG está subindo sempre en todas as eleccións que se celebran. Lembrar que nas eleccións autonómicas de 2005, Melide foi o concello coruñés onde máis medrou o BNG, namentras que o PP sufriu a súa maior baixada en Melide ao perder 640 votos. O BNG é agora o grupo de goberno porque máis de 3.000 persoas quixeron que houbese un cambio. Persoas preocupadas polo futuro de Melide que votaron por persoas comprometidas con este concello e con esta Terra. O BNG cre no País e cre no futuro do noso concello. Entre todas e todos conseguiremos o mellor para Melide. Tempo ao tempo.
O
o pasado mes de xuño, hai un ano, desde que o PSdeG-PSOE, interpretando o expresado nas urnas polos veciños e veciñas, propiciou un cambio político en Melide. Actitude esta que representa o respecto e compromiso dos socialistas melidenses co sentir do electorado naquel 27 de maio de 2007. Nun ano e dous meses fixéronse xestións a todos os niveis administrativos: provincial, autonómico e nacional, co fín de poñer solución a problemas estruturais do noso concello, deficiencias estas que acurtaban e diminuían o seu desenvolvemento económico e social. Ese é o noso obxectivo principal, sentar as bases para un desenvolvemento constante e sostible para Melide e a súa comarca, porque non debemos esquecer que o progreso de Melide representa o futuro da comarca e o progreso dos concellos veciños é o futuro de Melide. Esta vocación comarcal do PSdeGPSOE lévanos a estreitar aínda máis os lazos cos concellos veciños e a planificar estratexias comúns non convencemento de que o interior de Galicia ten futuro. O PSdeG-PSOE colabora na acción de goberno, mais queremos dicirlle á cidadanía que como opción política básica do país ten un propio proxecto político para Melide, e que non renunciamos a poder aplicalo na súa totalidade cando as condicións o permitan. A paixón democrática e a actitude autocrítica, máis o compromiso de servir a Melide no lugar que os veciños e veciñas queiran, fainos tomar a nova situación con responsabilidade e afán de superación para servir a nosa vila o mellor xeito posible. Grazas.
N
or primeira vez, a revista do Concello de Melide proporciona un espazo de expresión a todos os grupos políticos con representación municipal. Nesta ocasión, o Partido Popular de Melide non enviou ningún artigo de opinión no prazo indicado, polo que o espazo que tiña asignado vai en branco. Agardamos contar coa súa colaboración nos vindeiros números de O Cruceiro.
P
En breve
(7)
MELIDE ENTROU NO CONSORCIO
NOVA MAQUINARIA PARA O RURAL
Concello de Melide entrou a formar parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, integrado pola Vicepresidencia da Xunta e por 258 concellos. A adhesión ao Consorcio é unha medida fundamental para mellorar a xestión dos servizos sociais no noso Concello. Só así será posible levar a cabo proxectos tan necesarios como a posta en funcionamento da Residencia de Maiores e a construción dun Centro de Día. Tamén forman parte do Consorcio outros concellos veciños como Arzúa, Toques, O Pino, Boimorto, Touro ou Sobrado. A alcaldesa estivo co Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, pouco despois de estrear o seu cargo.
O
M
DOTACIÓN PARA PROTECCIÓN CIVIL
APROBACIÓN DUN PUNTO LIMPO
Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Melide recibiu no mes de setembro un novo vehículo que conta, ademais, cun remolque para o traslado de todo o equipo de excarceración que se emprega na atención a accidentes de tráfico. Lembrar que a corporación municipal de Melide entregoulle á agrupación de Voluntarios de Protección Civil a Medalla de ouro de Melide no ano 2007. Este novo vehículo co que agora contan supuxo un investimento de 65.500 euros. Tamén neste ano se puido adquirir un novo vehículo para a Policía Local de Melide grazas á importante axuda económica recibida da Consellaría de Presidencia e Xustiza.
L
A
ellorar os servizos que se ofrecen ás parroquias de Melide é un dos principais obxectivos marcados pola Concellería de Medio Rural. Por iso, unha das primeiras actuacións do novo goberno foi a compra dun tractor con desbrozadora que dende finais de 2007 traballa na limpeza de accesos e tramos forestais. Para levar a cabo esa compra, a Consellería de Medio Rural concedeu ao Concello de Melide 62.000 euros. Amais, o departamento do conselleiro nacionalista Alfredo Suárez Canal deu axudas de 105 euros por cada hectárea desbrozada nas pistas forestais e permitiu contratar a tres persoas durante os meses de verán para a prevención e extinción de incendios.
ogo de moitos anos de demanda, Melide contará en breve cun punto limpo de acordo coa normativa e que respecte o medio ambiente. A Consellaría de Medio Ambiente aprobou no mes de maio de 2008 a construción deste punto limpo, no que investirá máis de 228.000 euros, e que se instalará no polígono da Madanela. Grazas a este novo servizo, todos os veciños e veciñas de Melide disporán dunhas instalacións que permita o depósito de efectos de gran volume dos que non se pode facer cargo o servizo habitual de recollida de lixo. Con este novo e necesario servizo poderase realizar tamén unha recollida selectiva de aceites, pilas, pinturas, etc.
(8) (8)
En breve
25 ANIVERSARIO TITULAR BREVE DA CORAL POLIFÓNICA
RECUPERACIÓN TITULAR BREVE DO ENTROIDO
exto Gothic total de 007 en foi Franklin o ano das vodascun de prata dadoce Coralliñas Polifónica como máximo, letradas capitular a dúas liñas eque titular de Melide. Nunha primeiras xuntanzas a dina parte superior daalcaldesa, fotografía.solicitáronlle axuda para rectiva mantivo coa asd adquirir novos traxes, posto que as mulleres da coral leasdf 25 anos coas mesmas saias. A alcaldesa comvaban asdf prometeuse a facilitarlles os novos uniformes antes de asdf rematar o ano do seu aniversario, e así foi, coa estrea asdfmesmos durante o tradicional Concerto de Panxolidos asdfque ofreceron no Nadal. Tamén se puxo o nome do ñas asdf primeiro director da Coral, Andrés Sampayo Sixto, a asdf rúa de Melide. Está pedente agora a publicación unha af libro que recolle a historia da Coral. dun
exto en recuperou Franklin Gothic cun total de2008 doce liñas elide con forza no ano a tradición como máximo,Como letra capitular a dúas liñashabía e titular do Entroido. non acontecía dende moina da fotografía. tosparte anos,superior a veciñanza de Melide seguíu polas rúas o boasd neco que finalmente ardeu nunha praza das Coles asdf ateigada de persoas. O Concello de Melide organizou un asdf concurso de disfraces e convidou a todos cantos ata alí asdf se achegaron a degustar os produtos gastronómicos asdf propios destas festas: filloas, queimada, caldo limpo e asdf tamén refrescos e rosquiñas para todos os rapaces. A asdf asociación cultural Curuxás de Melide foi a encargada asdf de construír o boneco. O Entroido volveu de novo ás rúas af de Melide e envolveu coa súa maxia a toda a veciñanza.
T 2
T M
TITULAR ACTIVIDADES BREVE NAS PARROQUIAS
RÚAS CON TITULAR BREVE HISTORIA
extoorenvez Franklin primeira, Gothic os nenos cun total e nenas de doce das liñas parroquias de como Melide máximo, puideron letra capitular participarano dúas programa liñas e de titular actividana parte des organizado superior da polo fotografía. Concello con motivo do Nadal. Para asdiso, deseñouse un calendario de actividades que se desasdfenvolveu nos locais sociais das parroquias, e onde os asdfmáis pequenos asistiron a espectáculos de monicreasdfques, festas con agasallos e outras propostas que reciasdfbiron unha grande acollida, tanto por parte dos asdfpequenos como das súas nais e avoas. Para facer parasdftícipes a todas as aldeas, dispúxose un servizo de autoasdfbús co mesmo percorrido ca o bus escolar, que os af levaba de volta á casa logo dunha tarde de festa.
exto en da Franklin cun total de doce nome rúa naGothic que vivimos é tamén a liñas pegada da como letra capitular homenaxear a dúas liñas a e persoas titular nosa máximo, historia. Por iso,quíxose na superior da fotografía. queparte devolven a memoria ao noso pobo. É o caso da nova asd rúa Andrés Sampayo Sixto e a de Alexandre Bóveda -que asdf substitúe á Martín Freire-. No mes de xuño deste ano, a asdf rúa Calvo Sotelo deixou de ter ese nome e adquiríu o de asdf rúa Mateo Segade Bugueiro -fundador da Obra Pía de asdf Santo Antón-. Tamén se mudou o nome da rúa General asdf Franco, que recuperou o seu nome histórico de rúa do asdf Convento. O Concello de Melide cumpre así coa Lei da asdf Memoria Histórica, aprobada nas Cortes Xerais do Esaf tado, eliminando do seu rueiro ditos nomes.
TP
T O
En breve
(9)
PULO AOBREVE TITULAR POLÍGONO EMPRESARIAL
NOVA PISTA TITULAR BREVE NO PAVILLÓN
exto en Franklin Gothic totalten de xa doce liñas as parque empresarial decun Melide rematadas como capitular liñas e titular obrasmáximo, da súa letra segunda fase.a Adúas Consellería de Vina parte superior da fotografía. venda e Solo destinou 1.366.200 € para levar a cabo asd as obras que dotaron ao polígono de 67.507 novos measdf tros cadrados destinados á superficie empresarial. Esta asdf segunda fase do Polígono permitiu dispoñer de 35 asdf novas parcelas. Ademais, acometéronse importantes asdf melloras en canto a saneamento e servizos de alumeasdf ado.Tamén a Consellería de Innovación e Industria eliasdf xiu o noso parque empresarial para dotalo de banda asdf ancha sen fíos. Así, as principais carencias do parque af empresarial van solucionándose.
exto en Franklin cundo total de doce liñas espois dun ano Gothic coa pista pavillón polideportivo como máximo, letra a dúas liñas titularde inhabilitada para a capitular práctica deportiva poreculpa na parte superior da fotografía. instalar nela unha pista de xeo no ano 2006, o novo goasd municipal acometeu a súa reforma, que supuxo a berno asdf reposición total do chan. Agora pódese practicar fútbol asdf sala, baloncesto, badminton, balonmán e tenis. A reasdf contou cun orzamento de 60.000 € e fixo posible forma asdfo pavillón, un dos pulmóns deportivos da vila, puique asdf volver acoller encontros deportivos. O máis agardese asdf o Campionato de fútbol-sala do mes de agosto, dado, asdfpuido celebrarse no 2007, pero neste 2008 contará non af cunha pista de estrea.
T O
T D
TITULAR BREVECULTURAL NA RÚA ACTIVIDADE
NOVOS SEMÁFOROS TITULAR BREVE
exto en Franklin Gothic cun total de doce liñas elide entrou este ano nos principais circuítos culcomo máximo, letra capitular a dúas liñas e titular turais do País. As ciclobibliotecas, de animación á na parte superior da fotografía. lectura para os máis novos e o teatro fixeron varias paasd radas na nosa vila. Para o tempo de agarda no centro asdf médico, habilitouse o programa “Lendo espero”, cun asdf punto de lectura. No audiovisual, e grazas ao apoio da asdf Consellería de Cultura, Melide acolleu a finais de 2007 asdf un ciclo de cine para adultos, que continuou no 2008 asdf con proxeccións, por vez primeira, nas parroquias. Ouasdf tras opcións foron o Circuíto Galego de Maxia, o cine ao asdf aire libre no verán, os contacontos, os pallasos e os moaf nicreques que ateigaron a praza do Convento.
exto en Franklin Gothic cun total de doce liñas crucemáximo, que forman estrada da Coruña e ae Avenida como letraacapitular a dúas liñas titular de Toques e Friol está regulado dende finais de na parte superior da fotografía. 2007 asd con semáforos. A Consellería de Política Territorial confirmoulle tamén ao primeiro tenente de alcaldesa e asdf concelleiro de Seguridade Cidadá, Manuel Prado Puga, asdf que xa ten redactado o proxecto para a instalación de asdf semáforos na rotonda do centro da vila. A nivel de inasdf fraestruturas viarias, Fomento redactou o proxecto de asdf construción dunha rotonda no cruce de Santa María. asdf Este cruce é considerado un punto moi conflitivo nas asdf nosas estradas, onde teñen ocorrido moitos accidentes af nos últimos anos.
TM
T O
(10)
En breve
NOVA PÁXINA WEB
INVENTARIO DE BENS MUNICIPAIS
C
oncellodemelide.org é o novo portal web que o Concello puxo en funcionamento este ano concibida como canle de comunicación e galería de servizos a toda a veciñanza, a cada unha das súas 26 parroquias, e tamén ás persoas que a través de internet se acheguen ao noso concello. Dende esta nova web, é posible consultar as novas actualizadas dende o Concello cada día, a axenda de actividades diarias, descargar modelos de documentos, consultar o estado de procedementos públicos, seguir ao día as convocatorias abertas ou consultar a guía de trámites habituais que farán máis rápida calquera xestión no Concello.
M
FESTA DO MELINDRE
NACE MERCAMELIDE
repostería tradicional de Melide -melindres, ricos e amendoados- ben merece por si mesma un día de recoñecemento e homenaxe. Así o entendeu o novo equipo de goberno, na organización da XVII Festa do Melindre e da Repostería Tradicional da Terra de Melide, que tivo como principais protagonistas aos reposteiros e reposteiras: Casa Melchora, Estilo, Tahona e Trisquel, mestres da cociña que fan posible que continúe a tradición de Melide como “Terra doce”. A Festa trasladouse á praza do Convento para que propios e visitantes participasen das exposicións e das degustacións dese día de festa do segundo domingo de maio que rematou coa música do grupo Treixadura.
or vez primeira, o comercio local de Melide uniu esforzos e ilusións na organización conxunta, xunto coa concellería de Promoción Económica, da I Feira de Oportunidades, Mercamelide. A feira celebrouse no mes de febreiro no Pazo de Congresos e tivo unha acollida que superou todas as expectativas, tanto de venda coma de público. Aos vinte e seis empresarios do comercio local que expuxeron nesta primeira edición súmanse xa novas casas que están comezando a traballar para a organización da segunda edición. O nivel de vendas foi comparable a unha segunda campaña de Reis en pleno febreiro. O 23 e 24 de agosto será o II Mercamelide.
A
elide contará por vez primeira cun inventario municipal de bens. A Deputación da Coruña incluíu a Melide entre os trece concellos da provincia seleccionados para desenvolver este proxecto. O inventario implica un exhaustivo traballo de campo e de documentación e achegará un coñecemento rigoroso de todo o patrimonio do Concello: bens mobles e inmobles, edificios municipais, parcelas, vías, vehículos, mobiliario, etc. Todos os bens municipais que superen o valor de 300 euros disporán dunha ficha completa propia na que se describa a súa situación exacta, a antigüidade, valor e outras caracterísiticas.
P
En breve
(11)
OFICINA DE TURISMO PERMANENTE
AFORRO NO ALUMEADO PÚBLICO
unha vila cun contínuo fluír de visitantes, o equipo de goberno de Melide considerou urxente a instalación dunha oficina de turismo nun lugar céntrico, dende a que se ofrecese información completa do patrimonio, cultura e historia de Melide. Por iso, o pasado mes de xuño, botou a andar a oficina de turismo, instalada nas dependencias do Museo da Terra de Melide. A necesidade deste novo servizo apréciase nos seus primeiros datos: durante o primeiro mes que permaneceu aberta, a oficina de turismo rexistrara xa 1.500 visitas. Ademais, as Concellarías de Turismo e Cultura de Melide editaron novas guías e folletos turísticos.
N
Concello de Melide puxo en marcha no mes de marzo un plan de aforro enerxético grazas ao cal se acadará un aforro de 15.000 euros anuais. Para este proxecto contouse coa colaboración do Instituto Enerxético de Galicia, da Consellería de Innovación e Industria que realizou unha achega de 70.000 euros. No marco desta actuación substituíronse as lámpadas de varias zonas: Cantón de San Roque, Alameda, rúa Alexandre Bóveda, rúa Progreso, Avenida de Lugo e Ronda da Coruña.O proxecto supuxo para o Concello de Melide a substitución dos cadros eléctricos convencionais por un sistema electrónico de control remoto.
O
UNHA GALESCOLA PARA O 2009
RESIDENCIA E CENTRO DE DÍA
o vindeiro ano, Melide contará cunha Galescola, ubicada na nova urbanización construída na saída de Melide cara a Lalín. O equipo de goberno acadou o compromiso do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, que será o encargado da construción do novo centro educativo, ao que poderán acodir cativos de 0 a 3 anos. Esta nova instalación contribuirá á mellora da conciliación da vida laboral e familiar, e estará dotada cos mellores equipamentos. Dende a súa entrada en funcionamento no ano 2009, Melide contará con prazas de gardería suficientes que eliminarán os problemas de lista de agarda.
corporación municipal aprobou a cesión da residencia de maiores ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, un paso fundamental para a súa posterior posta en funcionamento, xa que a instalación atopábase ata o momento en desuso e sen nada no seu interior. O novo goberno local aprobou esta cesión, que suporá unha xestión pública da residencia, e tamén a habilitación dun Centro de Día nas mesmas dependencias, que ofrecerán un dobre servizo para os nosos maiores. A previsión é que a finais deste 2008 entre en funcionamento o Centro de Día e unha parte da residencia, unha das prioridades do novo goberno.
N
A
(12)
En breve
SANEAMENTO NAS VARELAS
SOLIDARIEDADE ENTRE POBOS
A
parroquia de San Martiño das Varelas contará nos vindeiros meses con servizo de saneamento. Grazas a un investimento de máis de 578.000 euros da Consellería de Medio Ambiente, poderá acometerse a instalación do saneamento, un servizo básico do que carecen todas as parroquias de Melide. Antes ca na parroquia das Varelas, o Concello acometeu xa neste ano o sanemamento das rúas Camiño Real e Juan Mera Somoza, no casco urbano, cun orzamento de 30.000 euros. Tamén se fixeron obras de saneamento na Garea, Riocovo ou no Ribeiro e, proximamente, na parroquia de Folladela.
C
APOSTA POLA FORMACIÓN
CULTURA DE ELITE NA RÚA
urante todo este ano, o Concello de Melide elaborou unha ampla oferta formativa para todas as idades. No edificio Multiusos desenvolvéronse cursos de informática gratuítos para mulleres do rural e para maiores. Tamén se desenvolveron cursos de lingua galega e de informática para comerciantes e empresarios. Dentro do programa “Muller porque si”, celebrouse tamén un curso de albanelería para mulleres desempregadas e doutras áreas, destinados especificamente para mulleres. No eido do benestar e a saúde, impartíronse cursos de atención a persoas dependentes e de primeiros auxilios, entre outros.
programación do I Festival das Artes e das Letras 2008 encheu o mes de xullo de propostas culturais que nunca antes se desenvolveran en Melide. Danza contemporánea, flamenco, jazz, blues, artistas internacionais, exposicións fotográficas, e obradoiros de artes plásticas foron algunhas das propostas que salpicaron todo o mes de xullo de actuacións gratuítas, nas que as prazas e as rúas foron os escenarios. O departamento de Cultura que dirixe Conchi Castro apostou por unha programación ambiciosa e distinta que habitualmente se limita ás cidades, rachando cos estereotipos. O Festival incluiu o I Concurso Plástico “Os sons de Galiza”.
D
atro familias de Melide tiveron a ocasión de vivir este verán a inesquecible experiencia de acoller nas súas casas a un neno ou nena saharauí. O Concello de Melide estableceu unha colaboración coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para participar no seu programa “Vacacións en paz”. Grazas a este convenio, ofreceuse a oportunidade de que catro nenos saharauís vivisen un verán distinto e especial en terras melidenses, lonxe da crueza do verán no deserto. Ao mesmo tempo, esta é para as familias e os nenos e nenas de Melide que os acollen durante dous meses, unha ocasión de amosar a súa solidariedade.
A
En breve LOCAL DE ENSAIO PARA MÚSICOS
CREACIÓN DE GALICIA CENTRAL
A
través da Concellaría de Mocidade que dirixe Anabel Ramos, o Concello de Melide acadou o compromiso da Dirección Xeral de Xuventude, Rubén Cela, para a posta en funcionamento dun local de ensaio para os músicos de Melide e da comarca. Este local de ensaio instalarase no edificio Multiusos e suporá un investimento de 112.000 euros. A nova infraestrutura será de acceso gratuíto para os grupos de música que poderán ensaiar ou gravar as súas primeiras maquetas, posto que contará coa máis avanzada tecnoloxía e con equipos de gravación e insonorización de alta calidade. Comezan as obras despois do verán.
O
NOVAS TECNOLOXÍAS: TELECENTRO
CENTRO OCUPACIONAL
elide entrou a formar parte da Rede de Telecentros de Comunicación, coa construción dun telecentro no Edificio Multiusos. Nun local de cen metros cadrados, Melide dispón de corenta prazas da máis avanzada tecnoloxía informática: vinte ordenadores con conexión a internet, impresora, equipos de videoconferencia, pantalla de proxección e de plasma están xa a disposición dos melidenses para a celebración de cursos, xornadas, conferencias e outros eventos que servirán para progresar na implantación de novas tecnoloxías e familiarizarse cos novos soportes de comunicación. A Secretaría Xeral de Comunicación construiu o telecentro.
O
M
(13)
Concello de Melide, o de Lalín, O Carballiño e Monforte de Lemos uníronse hai meses para crear unha asociación voluntaria de concellos pioneira en Galicia. Baixo o nome de Galicia Central, estes catro concellos, de provincias distintas e gobernadas tamén por distintos partidos políticos, abren un camiño sen precedentes na cooperación supramunicipal, pois xuntos organizarán actividades culturais, deportivas, económicas e doutros eidos que, de xeito independente, non sería doado desenvolver. En marcha está xa un concurso fotográfico e un festival de música no que participan grupos noveis dos catro concellos, que servirá para a súa promoción.
Centro Ocupacional de Melide ampliou este ano o seu horario de clases. Durante todo o curso, os alumnos do Centro participaron en actividades de música, baile, informática, natación, carpintería e tamén en obradorios temáticos, como os de coiro ou de manualidades. Dende a concellaría de Igualdade e Benestar que dirixe Casé Rodríuez apostouse por incrementar en dúas horas o servizo ofertado polo centro, que contribúe á formación e á integración social dos seus alumnos e alumnas. No marco destas actividades programáronse tamén varias viaxes do grupo, e a súa participación nas festas do Melindre, na Foliada e no Entroido.
(14)
En breve
ELIMINACIÓN DE BARREIRAS
RECICLAXE DE ACEITE
C
omo primeiro paso da política de eliminación de barreiras arquitectónicas, a Casa do Concello conta xa cun ascensor. Este novo servizo, amais de favorecer o acceso das persoas con problemas de mobilidade, fará máis doado tamén a entrada ao Concello das persoas que habitualmente se achegan a resolver as súas xestións con carros de bebés, que ata o momento debían agardar na planta baixa. A posta en funcionamento do ascensor contou cunha subvención da área de Servizos Sociais da Deputación, por un importe superior aos 25.000 euros, no marco do Programa de Eliminación de Barreiras.
A
SINALIZACIÓN HORIZONTAL
O NOITEBÚS CHEGA A MELIDE
fin de mellorar a distribución do tráfico nalgunhas das zonas máis céntricas da vila, o Concello acometeu os traballos de pintado de novas rúas, que afectaron tanto á propia estrada como ás prazas de aparcamento. Fundamentalmente no verán o Concello de Melide triplica a súa poboación, e con ela aumenta de forma considerable o nivel de tráfico nas súas estradas. Por iso, esta reordenación das prazas de aparcamento e o reforzo da sinalización horizontal está a contribuír á mellora do tráfico e, por tanto, a conseguir unha vila máis ordenada.
inco liñas de Noitebús operan dende o cinco de xullo en Melide. O Noitebús é un servizo de autobús que neste caso comunica o centro de Melide con outras vilas lindeiras e tamén coas súas parroquias durante a madrugada das fins de semana, para evitar que a xente nova se desprace en coches particulaers nas noites de ocio. A concellaría de Mocidade deseñou cinco liñas distintas, dúas delas percorren as parroquias de Melide, equiparando así os servizos a todos os veciños por igual. O Noitebús comunica tamén de noite Melide con Lalín, Boimorto, Santiago, Lugo e Friol.
A
concellaría de Medio Ambiente puxo en marcha un programa de recollida de aceite de cociña usado, para fomentar a reciclaxe e evitar a contaminación que produce desfacerse do aceite polos desauges. Para iso, instaláronse catro contedores noutras tantas zonas céntricas da vila, nos que se recolleron xa cento setenta litros de aceite, o que demostra a boa acollida que tivo a iniciativa. Este proxecto de fomento da reciclaxe súmase a un anterior desenvolvido tamén neste ano polo Concello, centrado na recollida de pilas usadas, que cando se desfán da súa carga son unha ameaza para o medio ambiente.
C
En breve
(15)
SALA DE EXPOSICIÓNS
HOMENAXE A XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR
D
ende o mes de maio Melide conta cunha sala de exposicións sita no edificio Multiusos. O Concello deseñou este espazo tralas últimas reformas levadas a cabo no Multiusos. A primeira sala de exposicións permitirá traer a Melide manifestacións artísticas para as que ata este momento non había infraesturura, dada a actual situación da casa da cultura. En Melide hai un elevado número de artistas e pintores, polo que o Concello considerou imprescindible poñer esta nova infraestrutura ao seu servizo. A inauguración foi, de feito, cunha mostra de algúns pintores de Melide e seguiu con outras exposicións de medio ambiente, ilustración, etc.
O
ALFOMBRAS E ARCOS DO CORPUS
PRIMEIRA FEIRA DO LIBRO
elide recuperou a tradición da celebración de Corpus coa elaboración dunha espectacular alfombra floral que cubriu toda a praza do Convento. As tres rúas que levan á praza engalanáronse tamén con arcos de flores elaborados totalmente polos veciños e veciñas de Melide, que se uniron nunha ocasión histórica para traballar en conxunto nunha festa que uniu a toda a vila. O resultado foi un traballo minucioso que chamou a atención de veciños e visitantes e que, sobre todo, conseguiu recuperar o espírito da celebración das festas do Corpus nun Concello no que esta tradición semellaba desaparecida.
O
M
pasado sete de xuño a Asociación de Escritores en Lingua Galega celebrou en Melide os actos de “Homenaxe ao escritor na súa terra”, cos que se homenaxeou ao melidense Xosé Vázquez Pintor como escritor do ano. Por iso, dende ese día, e en recoñecemento á súa traxectoria literaria, medra un buxo nos xardíns da Capela de San Roque, e érguese un monolito cun poema gravado da autoría do escritor. A fin de manter latente a súa obra, o Concello decidiu tamén poñer o nome de Xosé Vázquez Pintor á biblioteca pública municipal, que ata o momento carecía de nome propio.
sector dos libreiros de Melide uniuse nun proxecto común por vez primeira para a celebración da I Feira do Libro no Camiño de Santiago. Nove casetas, das librarías de Melide e tamén das principais cidades de Galiza expuxeron e venderon os seus libros nunha fin de semana repleta de actividades culturais. A escritora Mercedes Queixas foi a pregoeira da feira, na que houbo obradoiros de ilustración, presentación de libros, contacontos, ciclobibliotecas e as actuacións musicais de Sumrrá o sábado, e de Tino Baz e Carlos Childe o domingo. Tamén se entregaron os premios do Certame de Artes Plásticas “Os sons de Galiza.”
(16)
O futuro en proxectos Saneamento de Folladela a parroquia de Folladela acometeranse nas vindeiras datas as obras de saneanento, despois de que se aprobase tamén o proxecto para este mesmo servizo na parroquia de San Martiño das Varelas. Para o equipo de goberno de Melide, este tipo de actuacións son prioritarias e sempre quedaron esquecidas. O proxecto foi xa adxudicado a unha empresa local e conta cun orzamento duns 65.000 euros. As obras comezarán nos vindeiros meses. Tamén se fixeron obras de saneamento na Garea, no Ribeiro e en breve tamén en Riocovo.
N
Reforma integral da área de xogos parque infantil sito tralo Edificio Multiusos mudará completamente o seu aspecto e os servizos ofrecidos. O Concello executará este verán unha reforma integral deste espazo, que consistirá na ampliación do parque infantil, creando dúas zonas específicas de xogos, segundo as idades dos nenos e nenas. O proxecto, que ten un orzamento superior aos 121.000 euros contempla tamén a remodelación do terreo que rodea aos dous parques infantís, que contarán con novo pavimento e modernas equipacións. Teremos así unha zona infantil na vila adaptada á normativa actual.
O futuro en proxectos
O
Humanización de rúas Avenida de América e a rúa Galicia serán as primeiras rúas sobre as que se desenvolva un proxecto de humanización que continuará noutras zonas do concello. Sobre estas dúas rúas aplicarase unha renovación do firme da calzada, nova canalización soterrada e unha ampliación do paseo na marxe esquerda da vía. Trátase de crear rúas pensadas para os peóns e dotadas de mobiliario e alumeado modernos. O orzamento deste proxecto é de 70.000 euros dos que achega 48.000 euros a Consellería de Innovación e Industria como xeito de apoiar zonas comerciais.
A
O futuro en proxectos
(17)
Regulación do mercado ambulante feira dos domingos rexerase dende este outono por un regulamento sen precedentes, que persegue poñer orde e organización nos postos ambulantes. O obxectivo é equilibrar os distintos sectores que poñen o seu posto cada domingo en Melide, distribuílos por zonas e garantir a súa legalidade a través dunha licenza en vigor. Desta maneira evitarase a mestura de produtos nunha mesma zona, velarase pola salubridade nos produtos alimenticios, esixiranse condicións e requisitos de calidade para os postos, e nomearase un encargado do mercado.
O
Furelos será o pulmón de Melide área recreativa de Furelos mudará a súa cara para converterse nun dos principais atractivos turísticos e de lecer de Melide. Será grazas a un investimento achegado pola Deputación da Coruña, dentro do Plan de Cooperación con Concellos. Así, o Concello acometerá unha reforma integral da área recreativa que consistirá na renovación do céspede, adaptación das piscinas á normativa, incorporación de sistemas de rego e de novo mobiliario. Para a vindeira campaña de verán, Furelos será xa unha referencia de modernidade para o lecer e o disfrute da natureza.
O futuro en proxectos
A
Subministro de auga ao polígono nha das máis problemáticas carencias do polígono industrial da Madanela é a escasa potencia do subministro de auga, que en ocasión bloquea a actividade empresarial. Por iso, o Concello de Melide priorizou a mellora do suministro de auga ao parque empresarial, que implicará o cambio de toda a canalización dende o Cantón de San Roque ata a Capela da Cruz de Furelos. O proxecto, que conta cun orzamento de 100.000 euros, comezará a executarase tan axiña como se obteñan todos os permisos pertinentes
U
(18)
O futuro en proxectos Ampliación do centro de saúde petición do Concello de Melide, a Consellería de Sanidade está elaborando xa un proxecto de ampliación para o centro médico. As reducidas dimensións deste centro, e a complexa distribución actual do espazo fan necesaria nel unha actuación urxente que o dote de novos espazos e permita acoller tamén máis servizos. Este proxecto mudará por completo o edificio, que nestes momentos, debido á súa estrutura dificulta a prestación do servizo de atención médica tanto para os pacientes como para o persoal sanitario.
A
Reforma do albergue de peregrinos albergue de peregrinos de Melide é o máis grande de todos cantos hai en Galiza no Camiño Francés. Por iso, e para prestar un mellor servizo e atención aos peregrinos que cada ano pasan por el, o Xacobeo levará a cabo este ano unha mellora das instalacións que suporá unha reforma integral do mesmo. No albergue investiranse máis de 457.000 euros, destinados á dotación de novas cociñas, novos baños, servizos na planta baixa adaptados a minusválidos e outras actuacións que o converterán nun referente de todo o Camiño.
O futuro en proxectos
O
Recuperación do casco vello entro do programa rehabilitación do casco histórico, o Xacobeo vén de adquirir, a petición do Concello de Melide, dúas casas na praza das Coles, nas que se acometerá un proxecto de rehabilitación que afectará a toda a praza. O equipo de goberno quere que a praza das Coles volva ser a segunda praza máis importante de Melide, como lle corresponde por historia, e para iso reformarase todo o entorno. Ademais a Consellería de Vivenda e Solo conta xa cun estudo sobre as vivendas que están deterioradas no casco vello para planificar accións futuras.
D
O futuro en proxectos
(19)
Rehabilitación de Furelos e Leboreiro s aldeas de Furelos e O Leboreiro mudarán por completo grazas a un “Proxecto de posta en valor do espazo público” que nestes lugares executará o Xacobeo. Este organismo investirá en Furelos e O Leboreiro case tres millóns de euros nos próximos anos, que se plasmarán nun novo pavimento, soterramento do cableado, novo alumeado, instalación de servizos de comunicación dixitais, e outras medidas que ofrecerán unha cara totalmente nova a estas dúas aldeas que son o pórtico de entrada a Melide dos milleiros de persoas que peregrinan a Santiago.
A
Mellora integral da rúa Catasol áis de 122.000 euros investiranse na adecuación da rúa Catasol nos próximos meses, a través dun proxecto que consiste na reposición de pavimento, adecuación das zonas axardinadas, reforzo da iluminación e soterramento do cableado público. Ademais, melloraranse tamén os accesos ás escaleiras e revisarase o estado das beirarrúas. Este proxecto forma parte do POS 2008 que inclúe tamén a mellora de varias rúas da zona da Martagona como a rúa Rosalía de Castro e outras próximas a ela.
O futuro en proxectos
M
Rotonda en Santa María fin de facilitar o acceso do tráfico que se incorpora á estrada de Santiago dende San Martiño das Varelas, o Concello de Melide solicitou a Fomento a construción dunha rotonda no lugar da intersección. O concelleiro Manuel Prado solicitara ao Ministerio de Fomento a redacción do proxecto co que se quere diminuír o risco de accidentes no coñecido como Cruce de Santa María. Este é ademais un paso habitual de peregrinos, que deben atravesar polo lugar da intersección para incorporarse ao Camiño de Santiago.
A
nal da Terra io ic ad tr Ăa er st po re da e e dr in el m Festa do Segundo domingo de maio
e c o d a r r e t , e d i l e M
de Melide