1 minute read

Antía Yáñez (páx

Antía Yáñez

Setembro 1927. Ao final, Alana non acudiu ao teatro; había cousas que nin os pos de arroz borraban.

Advertisement

Decembro 1927. Bernabé prohibiulle ir de compras coas Elenas. Nas rúas había demasiados homes que a miraban...

Abril 1928. Alana non volveu sorrir en toda a cea. Tampouco o fixo despois, cando a montou sen ningún tipo de consideración.

Maio 1928. Perdón... Ela volveu sentir as pernas tremer... Só que xa non sabía diferenciar se era por amor ou por medo. ... ... ...

Decembro 1928. Aquela noite non foi que de durmir pola dor das costelas.

Setembro 1929. Asunción rompeu un prato dunha vaixela moi cara e Bernabé rompeulle un dedo da man a Alana ao pisarllo cos zapatos da rúa, dic índolle que non valía nin para vixiar o servizo.

Novembro 1929. Era unha inútil. Non sabía facer nada ben. PUM. Non merec ía a alguén coma el. PUM... Xa se fixara en como miraba a todos os homes, con lascivia, con luxuria. PUM. Puta, puta, puta. Puta e inútil. PUM...

S enlleir as. 2018

This article is from: