1 minute read
Beatriz Dacosta Molanes (páx
Beatriz Dacosta Molanes
A charca de sangue de Elisa fixérase enorme e devoraba o aire nunha especie de espantosa asfixia. Os seus ollos abertos incomprensiblemente desesperados na derradeira imaxe...
Advertisement
Elisa fora agredida de incomprensión, por iso as cintas policiais acoutaban o recinto.os fotógrafos retrataban fragmentos de feridas. Os funcionarios buscaban probas que lles ofrecesen a posibilidade de reconstruír a violencia cun erro m ínimo na hipótese.
Bautista xa non agardaba nada no seu cuarto, sentado na cadeira de brazos... A mirada vidrosa, perdida en ningún lugar...
Permaneceran xuntos ata o derradeiro intre. A navalla aberta e xelatinosa ficaba á beira da cama, no chan...
Elisa aínda respiraba, pero o fío de aire deixara axiña de asistila...
Pr ecipicios. 2002