1 minute read

Camilo Franco (páx

Camilo Franco

Est aba de ser

Advertisement

Chamábase Jack, era carniceiro, viñera do norte. A xente desconfiaba del, que logo din que a literatura non serve para nada. A natural prevención que levantaba a súa mala prensa quedara compensada coa amabilidade de vendedor e coa elegancia con que cortaba os finísimos filetes. Co mesmo sorriso atendía a quen pedía pescozo ou xarrete. O seu cada vez máis leve acento inglés dáballe o aire cosmopolita da elegancia. A primeira cliente da mañá non puido reprimir os xestos de puro terror ao mirar a cabeza feminina chantada nun dos ganchos e cada unha das partes anatómicas da británica esposa perfectamente despezadas sobre o mostrador.

P alabras contadas. 2006

This article is from: