Actas de 2013 a 2017

Page 1

ACTA DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO 2013-2014 SETEMBRO No Departamento de Lingua Galega e Literatura tiveron lugar ao longo do presente mes unha serie de reunión que contemplaban a coordinación das seguintes tarefas: -Constitución do Departamento

-Decisións sobre o Plan de Lectura do Departamento

-Decisións sobre a Proxecto Didáctico para o curso que se inicia

-Decisións sobre as actividades extraescolares, a colaboración co EDLG e a Biblioteca

-Criterios para as probas de avaliación inicial O Departamento segue a ter a mesma constitución que en cursos pasados, coa salvidade de que se produce un cambio na Xefatura de Departamento que pasa a ser asumida por María Belén Sánchez Sánchez , unha vez que o Leopoldo Rodríguez Puga esgotou o seu período e a Pilar López Varela continúa desenvolvendo as tarefas da Vicedirección. En canto ao reparto de grupos, procuramos manter un profesor por nivel e, deste xeito, María Belén Sánchez Sánchez imparte en 1º de ESO e 2º de BACHARELATO, Pilar López Varela, en 2º de ESO e 1º de BACH e Leopoldo Rodríguez Puga en 3º e 4º de ESO, aínda que o alumnado que foi designado para cursar o PDC recibirá aulas dos profesores de ámbito, ambos do departamento de Lingua Española. En liñas xerais, polo que respecta á selección de contidos da programación mantemos as liñas que se deseñaran para o curso anterior, incorporando aos criterios as reflexións reflectidas na memoria de fin de curso, trala avaliación do noso traballo. Os cambios máis evidentes prodúcense na escolla de propostas de lectura obrigatoria nos diversos niveis, mantendo só aquelas obras que se teñen evidenciado como “éxitos” en cursos anteriores e , no nivel de 1º da ESOonde o hábito da lectura dun libro por avaliación non está consolidado- ofrecendo tres niveis de dificultade distintos para permitir que cada alumno se incorpore ao seu ritmo a esta actividade. Por outra banda, as recomendacións en terceiro e cuarto están en consonancia coas suxestións do manual do alumnado. Todas elas figuran na programación, xunto coas nosas achegas ao Plan Lector. En calquera caso e, como vén sendo habitual, o Departamento traballa en coordinación coa Biblioteca na realización das actividades ao fío das Campañas de Dinamización e tamén en datas emblemáticas para a nosa cultura como o Día das Letras Galegas. Mantemos tamén a colaboración co EDLG que ten unha coordinadora allea ao noso departamento, mais coa que se mantén unha relación fluída que nos permite facer nosas as actividades extraescolares do EDLG: Intercambio, revista, actividades da Coordinadora Comarcal, etc.


ACTA DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO 2013-2014 OUTUBRO O Departamento reuniuse para reflexionar e/ ou tomar acordos sobre as seguintes cuestións: -

Revisar a posta en marcha do curso Detectar os problemas dos diversos niveis e discutir as medidas a aplicar Aínda que o curso non leva moito tempo de andadura, a avaliación inicial realizada nos diversos grupos permítenos obter algúns datos que é preciso analizar 1º ESO: Realizáronse probas de lectura e exercicios encamiñados a medir o nivel global dos dous grupos en relación coa destrezas básicas ( dominio da puntuación, acentuación e ortografía, reflexión gramatical, caudal léxico e habilidades de redacción ), constatándose que, malia haber diferentes situacións, os dous grupos teñen un punto de partida maioritariamente satisfactorio, habendo un leve desequilibrio a favor do grupo 1ºA, que acolle un alumnado con maior nivel académico e tamén maior interese, grao de participación e sensibilización cara a lingua, aínda que sexa tamén o que integra a cinco alumnos de reforzo, habendo só unha alumna con ACI no outro grupo. En 1º A superarían a proba 15 de 15 e en 1º B só a pasarían 12 de 23 alumnos. No nivel de 2º de ESO, a avaliación inicial é máis doada de facer, dado que se trata dun alumnado noso, do que temos amplas referencias do curso pasado. As probas realizadas constataron en calquera caso os resultados das avaliacións de xuño e setembro e cómpre, en calquera caso, pór de relevo que as probas evidenciaron carencias no recoñecemento e caracterización das distintas categorías gramaticais, aspecto para o cal se recomenda implementar actividades de reforzo e ampliación. En 3º de ESO detectouse unha consideración da lingua como algo litúrxico e pasaxeiro, como algo necesario para aprobar exames, simplemente. Unha grande parte do alumnado non considera a lingua e a literatura galega como importantes, por ser propias, senón como unha materia mais que hai que aprobar sen ningún outro tipo de implicación á hora de usala e valorala como sinal de identidade e de cultura. Por outra banda, atopámonos con que unha boa parte do alumnado que traía un concepto do seu coñecemento da lingua moi por riba da realidade, baseándose en que sempre aprobaran todo mesmo con boa nota. Algún chegou a dicirme despois de avalialo, moi abraiado: “Es que yo es la primera vez que suspendo gallego en mi vida”. No apartado de morfosintaxe, detectamos unha grande eiva en canto ao coñecemento de cuestións básicas como a conxugación verbal, a formación de plurais, colocación dos pronomes átonos…en xeral, viuse que era necesario repasar a fondo estas cuestións para comezar con certa garantía un nivel como o de 3º ESO; no capítulo de léxico, a esperábel abundancia de interferencias co castelán, mesmo no alumnado galegofalante, sen ningunha preocupación en relación coa corrección ao hora de empregar o estándar; polo que toda á lectura detéctanse


dous tipos de situación: os que len cunha fluidez moi aceptábel e polo tanto entenden mellor o que len e os que len con moita dificultade e silabando, cun nivel impropio de 3º de ESO. É significativo que cando se lles puxeron as lecturas obrigatorias só se interesaban por saber cantas páxinas tiña cada libro ; no relativo á escrita, ademais de haber algún alumno que non escribe ( é dicir, só esborrancha) en xeral cóidase pouco a elaboración do texto (espazos, limpeza…) por non falarmos de cuestións como a puntuación, a acentuación ou o emprego do estándar. Todo isto redundará, cabe supoñer, nunha ralentización no traballo co nivel e os resultados dependerán moito da disposición e o compromiso que o alumnado adopte para mellorar a situación. En 4º ESO a situación é bastante positiva, tanto no relativo á actitude como ao espírito de traballo, salvo as consabidas excepcións. En xeral, a actitude de compromiso coa lingua é xeneralizada e o coñecemento e o uso son bastante aceptables. Detéctanse certas eivas en cuestións puntais de léxico, acentuación e formación de plural e femininos, pero nada que non sexa corrixible ao longo do curso. A lectura e a escrita é bastante fluída, e tamén a comprensión textual. Os problemas atópanse á hora de situar as épocas literarias ou relacionar autores con obras, o que se subsanará con estudo. Realizada a revisión o Departamento acorda protocolizar os criterios para a elaboración de probas de avaliación inicial no curso próximo, de xeito que mantendo a independencia necesaria de cada docente, non se produzan desfases na valoración do alumnado provenientes da selección de contidos das probas.


ACTA DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO 2013-2014 NOVEMBRO Tralas dúas últimas reunións da CCP, insístese na necesidade de que cada Departamento colabore en:  

reciclaxe e organización dos recintos dos Departamentos atención á diversidade e formas de participar nos Contratos-Programa

En relación co primeiro asunto, a aula que serve de habitáculo compartido para os diversos Departamentos, acumula unha elevada cantidade de papel para reciclar, estando todos dispostos a revisar o que debe ser arquivado e conservado e o que debe tirarse ou reciclarse. Esta limpeza permanentemente posposta faise urxente e debe ser acometida á maior brevidade. Polo que toca á segunda cuestión, acórdase comunicar á CCP que seguimos mantendo os sistemas de atención á diversidade e apoio aos pendentes que constan na nosa programación, mais consideramos tamén a posibilidade de elaborar un caderniño de actividades para facilitar a recuperación dos contidos que consideramos esenciais e permitir a preparación das probas que terán lugar a fin de curso naqueles casos en que a avaliación continua sexa insuficiente ou negativa, como medio de recuperación da materia. Para o alumnado que supere a primeira avaliación do nivel que está cursando no corrente, esta valoración positiva ha ser suficiente para recuperar a materia pendente e, nos casos en que isto non suceda, acórdase facilitar a tarefa definindo unha estratexia de estudo desde este departamento.


ACTAS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA DECEMBRO Reunido o Departamento tratáronse os seguintes asuntos: Probas e resultados da primeira avaliación Unha vez realizadas as probas correspondentes á primeira avaliación tanto na ESO como no BAC, os resultados foron os seguintes: GRUPOS 1º ESO A 1º ESO B 2º ESO A 2º ESO B 3º ESO A ,3º ESO B

APROBADOS 16 16 12 14 16

SUSPENSOS 8 6

4º ESO A 1º BAC A 1º BAC B 2º BAC A 2º BAC B

9 22 13 12 9

14

31

9 8

1. No nivel de 3º A onde hai un elevado número de suspensos, contra o final da avaliación xa se empezou a ver unha lixeira melloría, a nivel xeral, aínda que non podemos esquecer que o elevado número de suspensos parte dunha nota entre 1 e 2 atopándose eivas relativas á actitude xeral cara a materia ao alumnado nos capítulos de : Morfosintaxe: detectamos unha grande eiva en canto ao coñecemento de cuestións básicas como é a conxugación verbal, distinción de pronomes tónicos e átonos, formación do feminino, plural, colocación dos pronome átonos…en xeral vimos que era necesario un repaso a fondo destas cuestións para comezar con certa garantía un nivel como é 3º de ESO. 2. Léxico: abundancia de interferencias léxicas do castelán, mesmo no alumnado galegofalante, sen ningunha preocupación en relación coa corrección no uso do estándar. 3. Lectura: aquí atopamos dous tipos moi definidos de alumnos/as: @s que len


cunha fluidez moi aceptable e que polo tanto entenden mellor o que len e @s que len con moita dificultade ou soletreando, nun nivel impropio de 3º de ESO. No nivel de 4º os resultados resultan sorprendentes por canto non se corresponden co que se avanzara na avaliación inicial e cremos que as eivas que se detectan en cuestións puntuais de léxico, acentuación, formación de plural ou femininos… van ser facilmente corrixibles ao longo do curso. E, con toda seguridade, na segunda avaliación o grupo vai investir os resultados pois percíbese unha mellora de nivel debido á actitude e ao traballo que auguran uns resultados moi positivos a final de curso, se non hai cambios negativos.


ACTAS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA XANEIRO Reunido o Departamento, tratáronse os seguintes asuntos: Cadernos para reforzo do alumnado coa materia pendente Revisados os currículos dos diversos niveis, e as conclusións da memoria do Departamento para o curso pasado, acordouse confeccionar un caderno de actividades para apoiar o estudo do alumnado coa materia pendente (1º , 2º,3º ESO) con dúas partes: a primeira conterá exercicios que recapitulan a materia a repasar e que, na súa maior parte, poden realizarse autonomamente pois están colgados na rede; a segunda, componse dunha nutrida selección de exames da materia en cada nivel. O Departamento comprométese á revisión deses caderniños sempre que o alumnado o requira e a que as probas de avaliación conteñan exercicios traballados nesa segunda parte.


ACTA DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO 2013-2014 FEBREIRO Reunido o Departamento, e tras contrastar impresións sobre o desenvolvemento do curso, que decorre segundo as previsións apuntadas en reunións anteriores, trátanse as seguintes cuestións: -Actividades extraescolares do Departamento -Participación do noso Departamento naquelas programadas desde a Coordinadora Comarcal de EDLG. -Participación do Departamento nos restantes eventos organizados desde o EDLG. Entre as actividades extraescolares programadas desde o Departamento e xa indicadas na Programación Didáctica, acordamos manter o certame literario Celso Emilio Ferreiro que vai xa pola súa XXVI edición, dándolle unha orientación exclusivamente lírica e ofrecendo como pretexto temático a dupla vía da maldade e o amor traballados desde a biblioteca escolar nas súas campañas de dinamización ao longo deste curso. A decisión xustifícase no intento de promover a participación do noso propio alumnado que nestes últimos anos decaeu notabelmente e considerando a posibilidade, no caso de que como vén sucedendo en cursos anteriores sexa nula ou moi escasa, suprimilo. Polo que respecta á nosa participación nas actividades programadas pola Coordinadora Comarcal de EDLG, infórmase de que neste curso a temática a tratar xirará arredor do patrimonio natural e o seu reflexo na lingua e na cultura popular e máis concretamente nas árbores. Do mesmo xeito comunícase que neste curso recae sobre o noso centro a responsabilidade de organizar o encontro cos outros centros da comarca e suxírese ofrecer na próxima reunión un roteiro ou andaina que nos achegue aos bosques e ás árbores da bisbarra. En relación coa nosa participación nos restantes eventos organizados desde o EDLG, recordamos que a confección da revista necesita da motivación e o incentivo do profesorado nas aulas e que probabelmente neste curso se elimine a excursión a Compostela que viña sendo habitual e que incluía entre as visitas o MUPEGA, o Museo do Pobo Galego, a asistencia a unha obra de teatro en galego, o Parlamento Galego, etc. por non haber orzamento nin unha obra en cartel o suficientemente atractiva.


ACTAS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA MARZO Reunido o Departamento trátanse os seguintes asuntos: -Resultados da 2ª avaliación e análise dos mesmos -Coordinación coas actividades da Biblioteca Polo que atinxe ao primeiro asunto os resultados da segunda avaliación foron os reflectidos na táboa GRUPOS 1º ESO A 1º ESO B 2º ESO A 2º ESO B

APROBADOS 19 14 6 10

SUSPENSOS 5 8

3º ESO A 3º ESO B 4º ESO A 1º BAC A 1º BAC B 2º BAC A 2º BAC B

23

24

15 22 14 12 9

8

9 8

Os resultados tanto en 3º da ESO como en 4º revelan unha clara melloría, en canto que no Bacharelato, o número de aprobados mantense, aínda que en realidade as porcentaxes melloran se temos en conta que se calcularían sobre un número inferior de alumnos debido ás baixas.

Detéctase, sen embargo, unha parte de alumnado que considera que non é quen de mellorar máis e que abandonou o estudo da materia. Un abandono voluntario, manifestado en moitos casos, por non ter gana de esforzarse un pouco máis. Diante desta falta de colaboración por parte do alumnado pouco máis pode facer o profesorado


.

ACTAS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA ABRIL Reunido o Departamento trátanse os seguintes asuntos: Lecturas e actividades para o Día do Libro Lecturas e actividades para o Día das Letras

No relativo ao primeiro punto, acórdase aproveitar as suxestións realizadas desde as campañas de dinamización da biblioteca e levar a cabo, nos cursos e niveis onde se comprobe disposición por parte do alumnado e fomentar a participación na lectura colectiva sobre “Os malos favoritos” e mais no certame homónimo no blog e tamén as lecturas sobre literatura amorosa e a confección do cadáver exquisito de temática amorosa. Do mesmo xeito, en 1º e 2º da ESO e tamén en 1º e 2º de BAC, explícase e ofrécese a actividade programada para o EDLG, relativa á creación de poemas dedicados ás árbores, con éxito desigual, tendo moito máis eco nos niveis inferiores nos que se realizou unha árbore lírica para contribuírmos con ela á exposición conxunta que tivo lugar este mes no noso centro e á que acudiron traballos do alumnado de EDLG de toda a comarca. Polo que respecta ao xeito no que este ano homenaxearemos ao autor ao que se lle dedica o Día das Letras, acordamos a realización dunha presentación powerpoint e colgala no blog da biblioteca . O contido da presentación debía xirar sobre a vida e a obra do autor e presentar unha antoloxía de poemas o suficientemente significativa. A intención é permitir a calquera acceder a esa información e tamén empregala nas aulas como punto de partida para facer unha aproximación á figura do autor.


ACTAS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA MAIO Reunido o Departamento tratáronse os seguintes asuntos: -Avaliación de 2º de BAC -Preparación dos exames de pendentes. -Preparación das actividades do EDLG No tocante á avaliación de 2º de BAC , o balance final foi moi positivo arroxando os seguintes resultados: 18 de 22 alumnos aprobaron en 2º BAC A e 14 de 17 en 2º BAC B O elevado número de aprobados non pode facer esquecer que moitos destes lograron superar a materia acolléndose ás medidas extraordinarias de recuperación da materia como o programa de lecturas opcionais, no que participaron 16 alumnos dos 39 e que no 2º B, as notas acadadas son realmente baixas habendo só un sete e un oito e situándose no valor de cinco a inmensa maioría do grupo. A profesora advirte que estes resultados son un prognóstico non moi esperanzador de cara á realización da proba de selectividade. Polo que respecta aos exames de pendentes, acordamos que a Xefa de Departamento realizase unha selección sobre as probas presentadas nos caderniños de preparación da materia e, unha vez feita, enviala aos restantes membros do Departamento para retocala, se proceder, engadindo ou rectificando aquilo que se estime conveniente. O Departamento participa nas actividades do EDLG apoiando as iniciativas que parten deste. Neste curso a actividade de Intercambio con outro centro realizouse cun IES de Marín e, aínda que ata a data só se produciu a primeira parte do intercambio, este foi frutífero pois o noso alumnado organizou unha visita que incluíu un encontro con recital de piano e frauta, lectura de poemas na biblioteca, visita á casa de Curros, “master class” de órgano e percorrido polo claustro barroco do mosteiro de San Salvador e visita á capela de San Miguel ; finalmente, rematouse na vila de Vilanova dos Infantes onde se mostrou a imaxe da Virxe do Cristal, inspiración do poema homónimo de Curros Enríquez e se visitou a torre medieval. A climatoloxía impediu a excursión ao castro de Castromao, como figuraba no itinerario cultural deseñado polo EDLG.


ACTAS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA XUÑO I Reunido o Departamento, acórdase tratar o seguinte punto: -Avaliación de Diagnóstico Realizadas e corrixidas as probas de diagnóstico en 2º de ESO, a valoración que facemos non é moi positiva. En xeral, o alumnado realiza a proba sen ningún tipo de motivación. Trátase dun exercicio que non terá reflexo na cualificación e afróntase con despreocupación e sen verdadeiro afán de facelo o mellor posíbel. Con todo, hai que ter en conta que certos aspectos parecen non ser tan negativos. En xeral, os textos son comprendidos e a intencionalidade dos mesmos captada. A redacción das respostas demostra que aspectos como a acentuación diacrítica e a ortografía están bastante asimilados, aínda que a cohesión e a coherencia sintáctica deben seguir reforzándose. A maioría do alumnado falla nunha pregunta na que se lles require que elaboren unha solicitude de información, realizando algúns un texto expositivo, outros un texto epistolar e a maioría un texto narrativo. A cuestión das diferenzas entre as diversas tipoloxías textuais debe ser novamente abordada e mellor traballada, sobre todo aquelas que teñen que ver coa vida cotiá: instancias, solicitudes, alegacións, etc.


ACTAS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA XUÑOII Reuniuse o Departamento nunha sesión de final de curso para facer balance e tomar decisións de cara ao vindeiro curso. En primeiro lugar, decidiuse deixar en suspenso a decisión de recomendar a adquisición dun libro de texto para os niveis de…e de eliminar das recomendacións do Departamento a recomendación do libro de 2º de Bacharelato, habida conta de que este Departamento adscribiuse ao proxecto do Centro para este nivel de empregar materiais en formato dixital. En segundo lugar, acordouse que o nivel de 2º Bacharelato sexa impartido pola mesma persoa que o asumiu neste curso, toda vez que a adaptación ao novo formato é unha tarefa que esta profesora ten xa en marcha e coa que a mesma xa se comprometeu. En terceiro lugar, ao avaliar os resultados académicos que arroxa o curso e dos que se deixa constancia máis abaixo, tomáronse as seguintes decisións:   

Completar ou reforzar no curso vindeiro aqueles aspectos do temario non impartidos ou insuficientemente traballados Adoptar novas medidas de apoio á diversidade que veñan sumarse ás que xa se tomaron e que axuden a resolver ou paliar as dificultades do colectivo do alumnado que as precisan. Revisar no comezo do curso aquelas propostas da programación que neste curso non tiveron un desenvolvemento adecuado como o Certame Literario Celso Emilio Ferreiro ou a redacción da revista “O Poleiro”, pois constátase que curso a curso estas actividades foron perdendo fol e hoxe en día non teñen case apoio nin seguimento entre o alumnado. Actualizar, se for preciso, a nosa contribución ao Plan Lector

GRUPOS 1º ESO A 1º ESO B 2º ESO A 2º ESO B

APROBADOS 19 20

SUSPENSOS 5 3

3º ESO A/B

24

23

4º ESO A 1º BAC A 1º BAC B 2º BAC A 2º BAC B

13

10

18 14

4 3


ACTAS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA (CURSO 14-15) SETEMBRO-2014 No Departamento de Lingua Galega e Literatura tiveron lugar ao longo do presente mes unha serie de reunión que contemplaban a coordinación das seguintes tarefas: -Constitución do Departamento -Decisións sobre a Proxecto Didáctico para o curso que se inicia -Criterios para as probas de avaliación inicial -Decisións sobre o Plan de Lectura do Departamento -Decisións sobre as actividades extraescolares, a colaboración co EDLG e a Biblioteca O Departamento segue a ter a mesma constitución que o curso anterior. En canto ao reparto de grupos, procuramos manter un profesor por nivel , aínda que o de cuarto partillarase e será impartido por María Belén Sánchez e Pilar López Varela; Leopoldo Rodríguez asumirá os niveis de segundo, terceiro de ESO e primeiro de Bacharelato e María Belén Sánchez impartirá en primeiro de ESO e segundo de Bacharelato. Por outra banda, a profesora Pilar López Varela continúa exercendo o seu cargo de Vicedirectora. En liñas xerais, mantemos as liñas da programación que se deseñaran para o curso anterior, incorporando aos criterios as reflexións reflectidas na memoria de fin de curso, trala avaliación do noso traballo. Outra novidade que se implante neste curso é de carácter metodolóxico: o emprego no 2º curso de Bacharelato da aula virtual, que, desde un punto de vista do traballo do alumnado representa prescindir do manual e afacerse a traballar en formato dixital. En relación co tratamento de pendentes, acordamos continuar co mesmo sistema do curso pasado que combina a posibilidade de superar a materia na primeira avaliación aprobando a do curso superior, e, en caso de esta circunstancia non se producir, superar un único exame de pendentes ,co apoio dos cadernos de reforzo elaborados a ese fin polo Departamento e o seguimento do profesorado de aula e da Xefa de Departamento, sempre que o alumnado o requira. No referente ás probas de avaliación inicial, queda ao criterio de cada profesor ou profesora do Departamento o tipo e método de avaliación (con proba oral e/ou escrita específica, mediante rexistros continuados de aula…) Canto á realización de actividades extraescolares, o Departamento apoia e participa nas saídas e actividades programadas polo EDLG, reservándose a posibilidade de incluír algunha que eventualmente poida xurdir e resulte de interese para o noso alumnado. Polo que atingue á revisión do noso Plan Lector queda como segue:


O PROXECTO LECTOR NO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

DEDICACIÓN Á LECTURA NA AULA: Principios 1. Os textos son o recurso básico na materia. 2. Os textos (orais ou escritos) son o obxecto de estudo fundamental. 3. A lectura é unha actividade en si mesma. 4. A lectura é unha tarefa cotiá previa a calquera outra actividade. 5. As competencias básicas relacionadas coa información e comunicación pasan pola adquisición das habilidades en lectura e escritura. Por todo o cal, asumimos o código de boas prácticas en relación coa formación lectora definido no

PROXECTO LECTOR DE CENTRO

TEMPORALIZACIÓN Procuraremos que a dedicación á lectura de “textos literarios” non sexa nunca inferior a unha sesión semanal, repartida de xeito flexíbel a criterio do profesorado que imparte a materia: ao longo das distintas sesións semanais ou concentrado nunha ou dúas sesións en función da resposta do alumnado, intentando non deixar lecturas inconclusas, pero procurando non cansar ou facer aborrecer a actividade. Este tempo mínimo incrementarase co dedicado á lectura de todo tipo de textos: seleccións dos manuais, seleccións puntuais ofrecidas polo profesorado, achegas do alumnado ( traballos de investigación que requiren o manexo de fontes bibliográficas diversas, análise gramatical ou estilística de diversos tipos de textos, exposicións orais de textos de produción propia, redaccións conforme a pautas previamente traballadas de diversos modelos do discurso, etc.)

CARÁCTER DAS LECTURAS Lemos e traballamos as características de textos, orais e escritos, de todos os tipos e en todos os


formatos. Non só manexamos modelos de todos eles, senón que procuramos que o alumnado produza textos segundo as pautas que definen cada tipoloxía. Traballamos con: textos literarios (tradicionais, de autor, en todos os xéneros e con todas as temáticas). textos xornalísticos (de información, de opinión) na prensa convencional e na Internet. textos publicitarios (visuais, escritos). textos instrutivos e argumentativos textos ensaísticos ou de divulgación científica (extraídos de fontes diversas: enciclopedias, dicionarios específicos, estudos monográficos, páxinas da Internet...)

VALORACIÓN DA LECTURA NA AVALIACIÓN A lectura dos libros considerados obrigatorios constitúe unha condición para aprobar o trimestre. A lectura dos libros optativos podería incrementar a nota final da avaliación en 0,5 puntos por cada lectura realizada e verificada, coas condicións establecidas na programación ATA UN TOTAL DE 1,5 PUNTOS, é dicir, tres libros opcionais por trimestre. Reservamos ata un 15% da cualificación total ao criterio da lectura preceptiva e outro 15% ao traballo coa lectoescritura en calquera das súas facetas : Participación activa na Hora de Lectura, mercé ao informe emitido polo profesorado encargado da mesma. Participación como colaboradores na revista “O Poleiro” dependente do EDNL.

Participación en actividades culturais que impliquen a lectoescritura dependentes da Biblioteca, das actividades do ENDL ou outras do centro (teatro, conferencias de autores, recitais, itinerarios culturais, etc.).

UTILIZACIÓN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA Colaboración no deseño das actividades relacionadas co Día das Letras Galegas.


Colaboración no deseño doutras campañas de animación, (Día do Libro, da Paz, Dereitos Humanos, Muller, etc.) asegurando a inclusión de lecturas en galego en todas elas. Convocatoria anual do certame “Celso Emilio Ferreiro” con alcance nacional. Colaboración coa confección da revista do ENDL

ITINERARIOS LECTORES Esiximos a lectura dunha obra literaria por trimestre con carácter obrigatorio en cada nivel; neste catálogo procuramos incluír tanto textos de lectura doada e próxima aos seus intereses como clásicos da nosa literatura. . SECUNDARIA LECTURAS OPCIONAIS

Autores

Títulos AVENTURA/FANTASÍA

Etiquetas

AVY

As aventuras de Carlotta Doyle

821 ABY ave

CONRAD, Joseph

A liña de sombra

821 CON liñ

QUEIPO, Xavier

Malaria sentimental

82-N-G QUE mal

KUIJPERS, Henk

Henk Serie de aventuras de Franka

087 KUI vol

FAUSTO;

Serie das aventuras de Simón Martel

087 ISO nom

PRADO, Miguelanxo

A mansión dos Pampín

087 PRA man

ROBLEDO, Miguel

Miguel Vilaverzas

O87 ROB vil

LONDON, Jack

Jack Cairo branco

82N-G- LON-cai

MÉNDEZ E MALVAR


A chamada da selva

82NG- LON- cha

MELVILLE, Herman

Billy Budd

821 MEL bil

STEVENSON, R. L

A illa do tesouro

821-STE-ill

As aventuras de David Balfour

821-STE-ave

SWIFT, Jonathan

As viaxes de Gulliver

821 SWI via

KIPLING, Rudyard

Así foi

821 KIP así

UDERZO-GOSCINNY

Serie de Astérix , dispoñíbel en francés, castelán

087 GOS ast

en galego

VERNE, Jules

TOLKIEN, J. R. R.

AUTORES

Viaxe ao centro da Terra

821-VER-via

A volta ao mundo en 80 días

821-VER-vol

O señor dos aneis

821-TOL-señ

O hobbit

821-Tol-hob

TÍTULOS/ MISTERIO

ETIQUETAS


FERNÁNDEZ PAZ, Agustín

Aire negro

82NG FER air

No centro do laberinto

82NG FER cen

LOVECRAFT, H. P.

Relatos de terror

821 LOV rel

MARTÍN, Paco

Tres pasos polo misterio

82NG-MAR-tre

Cando petan na porta pola noite

82NG-MAR-can

POE, Edgar Allan

O escaravello de ouro e outros contos

821 POE esc

VVAA

De Poe a Lovecraf

821 VVAA poe

WILDE, Oscar

A pantasma de Canterville e outros contos

821 WIL pan

SHELLEY, Mary

Frankenstein

821 SHE fran

AUTORES

TÍTULOS/INTRIGA

ETIQUETAS

MATALOBOS/ SALGADO, F

O Jalisco

82NG- MAT- jal

CAMILLERI, A.

A pista de area

821 CAM pis

GUTIÉRREZ IZQUIERDO, R. /

Cincuenta asasinatos breves e un prólogo

SÁNCHEZ LORENZO, A.

82-N-G SAN cin


82-N-G RAÑ cri RAÑA LAMA, R.

O crime da rúa da Moeda Vella

PEROZO, J. A

O enigma de Embívicus

82-N-G PER eni

MARTIN, A.

O diario vermello de Flanagan

82-N-G MAR dia

AUTORES

TÍTULOS/SENTIMENTAL/ PROTAGONISTA XUVENIL

ETIQUETAS

AUSTEN, J.

Orgullo e prexuízo

821 AUS org

PEYRÓ, E.

As vacacións de Saída

821 PEY vac

FERNÁNDEZ PAZ, A

Amor dos quince anos, Marilyn

82-N-G FER amo

DICKENS, Ch.

Oliver Twist

821 TWI oli

DAHL, R.

Matilda

821 DAH mat

DUNKER, K

Normal, diferente

821 DUN nor

TORO, X.

Non hai misericordia

82-N-G TOR non

Saltimbanquis no paraíso

82-N-G TOR sal

Do outro lado do espello

821 SIE out

SIERRA I FABRA


1º ESO -LECTURAS OBRIGATORIAS PERÍODOS

TÍTULOS

AUTORES

UBICACIÓN

1º avaliación

Mil cousas poden pasar (nivel 1)

FERNÁNDEZ SERRANO, J.

82NG-FER-mil

VVAA

821-VVA-rel

RIVEIRO, Breogán

82NG-RIV-ton

O neno can(niv. 1)

CASALDERREY, F.

82NG-CAS-nen

A chamada do salvaxe (niv.2)

LONDON, J.

821-LON-cha

O relato fantástico. De Poe a Lovecraf (niv.2) Tonecho de Rebordechao

2ª avaliación

Memorias dun neno labrego (niv.3)

82NG-CAS-ant NEIRA VILAS, X.

3ªavaliación

As viaxes do príncipe azul (niv. 1) Antoloxía do relato galego do século XX (niv.2)

CABANAS, D.X.

ALONSO GIRGADO,

82NG-CAB-via

82NG-CAS-ant

A pantasma de Canterville(niv. 3) 821-WIL-pan WILDE, O.

2º ESO -LECTURAS OBRIGATORIAS (unha por avaliación a consensuar co alumnado de entre as dúas propostas)

1ª avaliación

Das cousas de Ramón Lamote

MARTÍN, P.

82NG-MAR-cou

PEXEGUEIRO, A.

82NG-PEX-lag

ROWLING, J.K.

821-ROW-har

SIERRA I FABRA, J.

821-SIE-kaf

Chamádeme Simbad

CASTRO, F.

82NG-CAS-ant

Cartas a Lelo

NEIRA VILAS, X.L.

82NG-NEI

O lago das garzas

2ªavaliación

Harry Potter e a pedra filosofal Kafka e a boneca viaxeira

3ªavaliación

3º ESO -LECTURAS OBRIGATORIAS 1ªavaliación

Anagnórise

MORENO, M

82NG-MOR-ana

2ªavaliación

Cousas

CASTELAO, A. D.

82NG-CAS-cas

3ªavaliación

Asasinato no Orient Express

CHRISTIE, A.


4º ESO -LECTURAS OBRIGATORIAS 1ª avaliación

Vento ferido

CASARES, C.

82NG-CAS-ven

2ª avaliación

Fantasmas de luz

FERNÁNDEZ PAZ, A.

82NG-FER-fan

3ª avaliación

A Praia dos afogados

VILLAR, D.

82NG-VIL-pra

1º BAC-LECTURAS OBRIGATORIAS 1ª avaliación

Ollos de auga

VILLAR, D.

82NG-VIL-ant

2ªavaliación

O lapis do carpinteiro

RIVAS, M.

82NG-RIV-lap

3ªavaliación

Marxinados

CARBALLUDE, P.

82NG-CAR-mar

2º BAC-LECTURAS OBRIGATORIAS 1ªavaliación

Lingua e sociedade na Galiza

PORTAS, M.

82NG-POR-lin

2ªavaliación

Poetízate

ALONSO, F.

82NP-ALO-poe

3ªavaliación

Antoloxía do conto galego do sec. XX

ALONSO GIRGADO, L.

82NG-ALO-ant

ACTAS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA


OUTUBRO-2014 Reunido o Departamento tratáronse os seguintes asuntos: -

A posta en marcha do curso Problemas cos diversos niveis Exame de preavaliación na ESO  

Non se detectaron, de momento, incidencias significativas. O nivel onde se prefigura unha certa conflitividade de cara á materia é terceiro da ESO. Polo que respecta ás exencións aprobadas neste curso hai un alumno exento por nivel, agás en primeiro de Bacharelato , sendo a razón en todos os casos a procedencia dun país estranxeiro no curso anterior ou anteriores As probas de avaliación inicial en primeiro de ESO elabóraas o Departamento tendo en conta a medición de destrezas e contidos adquiridos en sexto de primaria e, como é habitual, medirán aspectos como : lectura en voz alta (velocidade, fluidez, comprensividade), recoñecemento de clases morfolóxicas, riqueza léxica, capacidade para recoñecer formantes (lexemas e morfemas), habilidades de expresión escrita e capacidade de reflexión sobre a lingua. O texto do exame queda así:


Lingua Galega e literatura- Preavaliación 1º ESO 1º Reescribe o texto introducindo a puntuación adecuada: pódoche asegurar carla que isto non é o que eu pensaba nesta cidade todo é ruído automóbiles xente con presa e cemento moito cemento creo que non vai ser tarefa doada facer amigos no meu novo espazo as cousas ás que posiblemente me custe máis adaptarme son a comida o metro e o incrible barullo do que xa antes che falei 2º Nas seguintes frases tes sempre dúas ou tres opcións ortográficas; escolle e subliña aquela que consideres correcta: Aquel martes, e non me preguntedes ( por que, porque, porqué ) deume a arroutada de chamar a Antón para irmos xogar unhas bólas no futbolín. Non era nada habitual en min ( por que, porque, porqué ) normalmente os martes vou á piscina adestrar un pouco, aínda que tampouco ( ai, hai, aí ) que buscarlle o ( por que, porque, porqué ) a todo. Ás veces está ben que se che ocorra algo e facelo ( ai, hai, aí ) mesmo, sen pensalo, ( senón, se non ) a vida había ser ben aburrida. A ( vós, vos ) non ( vós, vos ) pasa tamén, cando andades algo amouchados, que vos apetece ( rebelarvos, revelarvos ) e non só vos ( enrrabexades, enrabexades ), ( senón, se non) que tamén vos entra esa tristura dos días grises e tedes que cambiar de aires ou facer cousas distintas.

4.-Segmenta as seguintes palabras nos monemas que as forman e clasifícaos: mestres, amantes, amasedes, amaban, desamor

5.- Indica se as seguintes secuencias son oracións ou frases e clasifícaas ( oracións simples e compostas; frases substantivas, adxectivas, adverbiais ou preposicionais ) -porque é un mozo excelente -a primeira vez da miña vida -hora punta -A mellor axuda, ás veces, é un consello. -extraordinariamente limpo -desde o día da festa -en primeiro lugar -o parque do meu pobo -á praia de Louro -sincero de verdade

6.-Pon en estilo directo o diálogo que se produce no seguinte texto: Pasou o tempo e, despois de varios anos, volveu a morte polo pobo. O seu compadre preguntoulle que facía por alí, ao que esta respondeu que o viñera buscar. El estrañouse e quixo saber como podía ser aquilo de o vir procurar sen avisar primeiro. Ela retrucoulle se realmente pensaba que tiña que avisalo ao que el respondeu que si. Daquela ela preguntoulle se lle caera o pelo, se lle tremían as pernas ao andar, se perdera algúns dentes e como andaba da vista... El foi respondendo que estaba case calvo, gastaba bastón, xa case non tiña dentes e andaba ben mal da vista. A morte, nesas, atalloulle preguntándolle que máis avisos quería; despois, levouno con ela e o corpo do compadre ficou alí mesmo estarricado.

7.- Fai unha redacción na que reflexiones sobre as linguas que hai no mundo e o tratamento que reciben nas súas respectivas comunidades (a túa redacción debe ter máis de seis liñas)


ACTAS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA NOVEMBRO -2014 Reunido o Departamento tratáronse os seguintes aspectos: -Evolución do curso -Resultados da preavaliación de 1º de ESO 

O curso evoluciona sen incidencias dignas de mención. O currículo impártese conforme ao previsto na programación e os resultados da preavaliación na ESO ofrecen un panorama no que se deliñan con claridade dificultades na adquisición de destrezas de comprensión e redacción. A lectura é, en cambio, un capítulo no que parece que existe unha gran distancia dentro do alumnado. A maioría teñen un bo nivel de lectura e bos hábitos adquiridos de traballo cos libros e de relación coas bibliotecas, polo que o programa de lecturas opcionais é ben acollido en xeral, aínda que hai un nutrido grupo de alumnos (especialmente en 1º ESO A) con problemas graves de lectoescritura: repetidores, ACI ou alumnado de reforzo para os que conviría revisar o programa de lecturas co obxecto de adaptalo ao seu nivel lector. Os resultados da preavaliación son os seguintes:

1º ESO A 1º ESO B

APROBADOS

SUSPENSOS

9 12

8 6

ALUMNOS DO GRUPO 17+ 1 EXENTA 18


ACTAS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA DECEMBRO-2014 Reunido o Departamento, tratáronse os seguintes asuntos: -Marcha do curso -Avaliacións do primeiro trimestre   GRUPOS 1º ESO A 1º ESO B 2º ESO A 2º ESO B 3º ESO A 3º ESO B 4º ESO A 4º ESO B 1º BAC A 1º BAC B 2º BAC A 2º BAC B

No que respecta á marcha do curso, este desenvólvese conforme ao previsto tanto no referido aos contidos impartidos como no que respecta á evolución dos grupos. Os resultados da avaliación foron os que seguen: APROBADOS 12 15

SUSPENSOS 5 3

13

4

20 13

1 5

Á vista dos resultados, decídese implementar estratexias de recuperación para a próxima avaliación que se decidirán en función do tipo de contidos.


ACTAS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA XANEIRO-2015 Reunido o Departamento, tratáronse os seguintes asuntos:  

Alumnado coa materia pendente Estratexias de recuperación Como constaba na nosa programación, ao alumnado que conseguiu aprobar a materia do curso no que está matriculado considéraselle aprobada a materia pendente; para aqueles que non o conseguiron, decídese editar e distribuír os correspondentes caderniños para a preparación da pendente, comprometéndose a Xefa de Departamento e os profesores do nivel no que están matriculados no presente curso a dirixir a súa realización e a corrixilos, sempre que o alumno ou alumna mostre interese e así o demande, e tamén, como se indica nos propios caderniños, a elaborar os exame final de pendentes partindo das preguntas da segunda parte dos mesmos.

Pola primeira vía, a da superación da pendente aprobando a primeira avaliación do nivel que se cursa na actualidade, só algúns alumnos de 4º ESO A conseguen aprobar, o que quere dicir que se entregan seis caderniños de primeiro, cinco de segundo , dous de terceiro e un de primeiro de Bach.

ACTAS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA FEBREIRO-2015 Reunido o Departamento, trátanse os seguintes asuntos: -Marcha do curso -Colaboracións co EDLG


No que respecta á dinámica dos grupos e máis ao desenvolvemento do currículo, todo transcorre conforme ao previsto na programación. A única novidade é unha modificación da programación en 4º de ESO B, xa que se está levando a cabo un TPP que se desenvolverá ao longo de todo o curso. Aínda que a preparación e primeiras fases tiveron lugar no primeiro trimestre, a maior parte dos produtos do TTP que realiza o grupo realízanse, preséntanse e avalíanse neste segundo trimestre. No terceiro trimestre quedaría só a fase de difusión dos traballos. Trátase dun traballo interdisciplinar de música, plástica e literatura galega, enmarcado na campaña de biblioteca “Viaxes no tempo” en virtude do cal, partindo do estudo das Irmandades da Fala e da obra de Cabanillas “Na noite estrelecida”, viaxamos ao pasado medieval e, concretamente, á tradición narrativa da materia de Bretaña e servímonos dela para traballar tipoloxías textuais como o resume ou o esquema, o currículum vitae e a carta de presentación, debendo como produto final elaborarse (o traballo desénvolvese por equipos) unha videogravación na que cada equipo presenta un personaxe da materia de Bretaña a un casting dunha hipotética versión cinematográfica de “Na noite estrelecida”. A información sobre o TTP está no blog de aula da profesora : http://tronzadaflor.blogspot.com.es/ e os traballos realizados polo alumnado intercámbianse pola vía do correo electrónico. Con esta TTP procuramos traballar competencias múltiples (aprender a aprender, aprender a comunicar, aprender a empregar as TIC, aprender autonomía persoal, aprender a convivir en sociedade…

Desde o EDLG ínstase aos profesores do Departamento a que animen ao alumnado integrante para que vaia achegando as súas colaboracións e tarefas nos diversos grupos de traballo. Vaise promover un gran festival que dea conta da enorme tradición que existe en Celanova en relación con esta celebración. Alén diso, a revista “O Poleiro” revisará tamén o Entroido local e da provincia nas súas diversas manifestacións. Ao fío desta celebración, pídese que se reflexione na aula sobre o seu significado e sobre o valor cultural das festas locais, e, se pode ser, que se recomende ao alumnado que faga algún tipo de traballo, redacción ou artigo para inserilo na revista e mais no blog do EDLG. Alén diso, o Departamento traballou en 1º ESO a figura de Rosalía durante a semana do 23-27 para estudar e dar a coñecer a súa obra. Do labor realizado deixamos constancia no blog do EDLG http://edlgblog.blogspot.com.es/2015/02/a-nosa-pequena-homenaxe-gran-figura-de.html Asemade, o EDLG informa que neste curso o intercambio de Normalización Lingüística realizarase cun centro de Lalín. As datas comunicaranse cando a actividade estea máis perfilada. Do mesmo xeito, desde este departamento queremos facer unha mención da proxección organizada polo EDLG do documental “Mil sorrisos e un perdón”, produción de Bruno Nieto interpretada por Daniel Fernández Carril, ambos antigos alumnos do centro, que tivo lugar na biblioteca o día nove e que foi un éxito absoluto de acollida entre o noso alumnado. Parabéns aos responsábeis do documental e parabéns tamén ao EDLG que organizou o acto.


ACTAS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA MARZO-2015 Reunido o Departamento, trátase os seguintes asuntos: -Marcha do curso

-Resultados da segunda avaliación

En relación coa marcha do curso, este avanza con normalidade e conforme ás pautas marcadas na programación, facendo, malia esta normalidade xeral, unha única excepción:  -Aínda que mantendo o carácter progresivo da materia e, polo mesmo, da avaliación, foi necesario nos grupos de terceiro e cuarto implementar estratexias de recuperación que permitan ao alumnado con problemas acadar con maior facilidade e seguridade os obxectivos de avaliacións anteriores. Iso significou ás veces engadir na avaliación do segundo trimestre contidos do primeiro (práctica de recuperación máis habitual) ou realizar exercicios puntuais sobre contidos insuficientemente asimilados ( como aconteceu coa Sintaxe en 4º ESO). Iso non empece para que, se estes contidos ou avaliacións non fosen recuperados, se poida máis adiante insistir aínda máis e ofrecer ao alumnado a posibilidade de recuperalos en exames específicos de avaliación, de bloque temático ou finais.             

 

GRUPO S 1º ESO A 1º ESO B 2º ESO A 2º ESO B 3º ESO A 3º ESO B 4º ESO A 4º ESO B 1º BAC A 1º BAC B 2º BAC A 2º BAC B

APROB ADOS 9

SUSPEN SOS 8

13

5

10

8

16

5

13

5


    

 

ACTAS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

ABRIL-2015

Reunido o Departamento, tratáronse os seguintes asuntos:

-Marcha do curso

-Letras Galegas

-Virxe do Cristal

Constátase unha evolución normal e sen incidencias do curso, seguindo as previsións da programación en datas e contidos impartidos. En canto á preparación da celebración do Día das Letras Galegas, este curso o autor homenaxeado, Filgueira Valverde, será como é habitual no noso Departamento, un pretexto para o estudo e a reflexión sobre o contexto cultural e literario no que se inscribe a súa obra e , neste curso máis aínda se couber, dado o controvertido da figura. Sen deixar de referírmonos nas aulas a canto houber na súa obra merecente de mención (carácter de polígrafo e erudito da historia e da cultura galegas) entendemos que para os niveis que se traballan entre nós o elemento máis salientable sería a súa obra literaria (máis comprensíbel ao alumnado) vinculada á corrente neotrobadoresca. Traballaremos asesorando no Taboleiro da Lingua e en canto desde o EDLG se nos requira. Desde este órgano de coordinación estase traballando na preparación dun recital en colaboración co Departamento de Música que presentará no seu programa obras medievais e neotrobadorescas tanto na súa faceta literaria como musical. Parécenos un xeito adecuado de promover o amor ás nosas Letras e a nosa cultura. Por outra banda, desde a Fundación Curros Enríquez, pedíusenos que traballásemos cos rapaces para que o noso centro participase tamén nun vídeo colectivo de homenaxe á Virxe do Cristal, con motivo da tráxica desaparición da icona . No noso caso, o alumnado de 1º de ESO realizou lecturas públicas do fragmento co que participamos e escolleu o dun alumno de 1º B.

  


     

 

ACTAS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

MAIO-2015

Reunido o Departamento, tratáronse os seguintes asuntos:

-Marcha do curso

-Actividades para cuarto de ESO e Bacharelato

O curso desénvolvese sen incidencias de coidado e os programas avanzan ao ritmo marcado no proxecto didáctico, coa realización das probas de pendentes. Neste mes o Departamento incluíu unha actividade para cuarto de ESO e 1º de Bacharelato que non estaba programada en principio, mais que polo seu enorme interese foi organizada á última hora: asistir co devandito alumnado a unha proxección da película A Esmorga e á posterior ruta guiada polo director da película polas rúas de Ourense nas que se desenvolve a trama da novela e que tamén foron localizacións para o filme. O alumnado asistente gozou e aprendeu desta xornada, polo que nos parece que se trata dunha actividade que podería repetirse nos cursos próximos de manterse a oferta.

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2015/05/13/alumnos-recorren-ruta-esmorgacalles/1238585.html 

Ademais, o día 11, o noso alumnado integrante do EDLG participou na última fase do intercambio de normalización programado co IES Aller Ulloa de Lalín, ao recibirmos co programa de actos habitual (acollida no noso centro, música e lecturas dos nosos poetas celanovenses, visita á Igrexa e concerto de órgano, casa de Curros, visita a Vilanova…)  http://edlgblog.blogspot.com.es/2015/05/intercambio-do-iescelanova-co-ies.html   


      

 

ACTAS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

 

XUÑO-2015 Reunido o Departamento, tratáronse os seguintes asuntos:

 

-Avaliación de pendentes -Resultados da avaliación de 2º BACHARELATO

Realizadas as probas ao alumnado coa materia pendente, resultou que:

Os alumnos de 4º ESO A, que ao inicio do curso tiñan a materia pendente, aprobaron na primeira avaliación o curso que están a realizar, co que lles quedou automaticamente aprobada a materia pendente (eran catro alumnos e alumnas)

Dos alumnos de 4ª B coa materia de terceiro pendente, un aprobou e o restante suspendeu, co que non quedaría máis que un alumno coa materia de terceiro de ESO pendente.

Os alumnos de 4º PDC foron avaliados dentro do ámbito polo profesor da materia conforme ao acordado na programación.

Ningún dos alumnos coa pendente de primeiro de ESO superou a proba ( seis alumnos e alumnas)

En canto ao alumnado de segundo de Bacharelato, dezanove de vinte e dous alumnos aprobaron a materia en 2º Bacharelato A e quince de 18 en 2º Bacharelato B, o que representa unha porcentaxe de aprobados moi alta.

-Resultados das PAU -Avaliacións finais -Reclamacións

Polo que respecta ás probas de aptitude, todo o alumnado aprobou, e, malia que as notas de Lingua non sempre foron coincidentes coas finais de segundo de bacharelato, en liñas xerais correspóndense cunha desviación mínima e só 4 alumnos dos 29 presentados tiveron unha nota inferior a 5( 4,5/ 4,25/4,75/3,75)

GR UP OS

1º ESO A 1º ESO B

  

APR OB AD OS 14

15

SUS PE NS OS 3

2º ESO A 2º ESO B

3º ESO

 3


A 3º ESO B 4º ESO A 4º

13

 4

ESO B 1º BAC A 1º BAC B

   

 

ACTA DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

SETEMBRO 2015

O Departamento de Lingua Galega e Literatura reunido en sesión ordinaria de preparación de curso tratou os seguintes asuntos:

-Constitución do Departamento

-Decisións sobre a Proxecto Didáctico para o curso que se inicia

-Decisións sobre o Plan de Lectura do Departamento

-Decisións sobre as actividades extraescolares, a colaboración co EDLG e a Biblioteca

-Criterios para as probas de avaliación inicial

 O Departamento segue a ter a mesma constitución que en cursos pasados. En canto ao reparto de grupos, procuramos manter un profesor por nivel e, deste xeito, María Belén Sánchez Sánchez imparte en 2º de ESO e 1º e 2º de BACHARELATO, Pilar López Varela, en 4º de ESO e Leopoldo Rodríguez Puga en 1º e 3º de ESO. A profesora Pilar López Varela completa horario coas responsabilidades de Vicedirección.  En liñas xerais, polo que respecta á selección de contidos da programación mantemos as liñas que se deseñaran para o curso anterior, e incorporamos os novos contidos e orientacións derivados da implantación da LOMCE nos cursos en que a lei nos obriga, deixando constancia da nosa desconformidade cos cambios relativos ao sistema de presentación da programación.  No referente ás propostas de lectura obrigatoria para os diversos niveis, mantemos o itinerario global, facendo modificacións só naquelas obras que resultaron ser menos útiles ou que tiveron menor aceptación entre o alumnado.


 Por outra banda, as recomendacións en terceiro e cuarto están en consonancia coas suxestións do manual do alumnado. Todas elas figuran na programación, xunto coas nosas achegas ao Plan Lector. En calquera caso e, como vén sendo habitual, o Departamento traballa en coordinación coa Biblioteca na realización das actividades ao fío das Campañas de Dinamización e tamén en datas emblemáticas para a nosa cultura como o Día das Letras Galegas.  Mantemos tamén a colaboración co EDLG que ten unha coordinadora allea ao noso departamento, mais coa que se mantén unha relación fluída que nos permite facer nosas as actividades extraescolares do EDLG: Intercambio, revista, etc.

     

OUTUBRO-2015

O Departamento reuniuse para reflexionar e/ ou tomar acordos sobre as seguintes cuestións:

-

Revisar a posta en marcha do curso

-

Detectar os problemas dos diversos niveis e discutir as medidas a aplicar

Aínda que o curso non leva moito tempo de andadura, a avaliación inicial realizada nos diversos grupos permítenos obter algúns datos que é preciso analizar. -

-

1º ESO: Realizáronse probas de lectura e exercicios encamiñados a medir o nivel global dos dous grupos en relación coa destrezas básicas ( dominio da puntuación, acentuación e ortografía, reflexión gramatical, caudal léxico e habilidades de redacción ), constatándose que, malia haber diferentes situacións, as dificultades que se identifican teñen que ver máis coas habilidades sociais ou a actitude cara a materia que co nivel académico. Investigando na aula sobre as experiencias precedentes en relación coa aprendizaxe do galego, parece que se evidencia unha carencia na nosa materia en relación coa esixencia do uso oral do galego nas aulas nos cursos da primaria. En 2º de ESO, a avaliación inicial é máis doada de facer, dado que se trata dun alumnado noso, do que temos amplas referencias do curso pasado. As probas realizadas constataron en calquera caso os resultados das avaliacións de xuño e setembro e cómpre pór de relevo que as


-

-

-

probas evidenciaron algunhas carencias en bloques de contido relevantes como morfoloxía ou construción textual. Recoméndase neste curso incidir nestes aspectos. En 3º de ESO detectouse unha consideración da lingua como algo litúrxico e pasaxeiro, como algo necesario para aprobar exames, simplemente. A valoración da lingua como elemento identitario e factor de enriquecemento cultural un ano máis parece pouco afianzada. No apartado de morfosintaxe, detectamos unha grande eiva en canto ao coñecemento de cuestións básicas polo que parece imprescindíbel unha vez máis facer fincapé nelas.; no capítulo de léxico destácase a abundancia de interferencias co castelán e a insuficiencia da bagaxe léxica, mesmo no alumnado galegofalante, e a nula preocupación pola corrección e o emprego do estándar; canto á lectura, neste grupo detéctanse dous grupos diferenciados: un que non dá unha pasada na biblioteca e outro que forma parte significativa do grupo de lectura. En 4º ESO, a situación é a seguinte: en xeral, a actitude de compromiso coa lingua é xeneralizada e o coñecemento e o uso son bastante aceptables. A lectura e a escrita é aceptábel, e tamén a comprensión textual.Os problemas atópanse á hora de situar as épocas literarias ou relacionar autores con obras, o que se subsanará con estudo.

-

-

NOVEMBRO-2015

-

Tralas dúas últimas reunións da CCP, insístese na necesidade de que cada Departamento discuta a súa postura en relación con:  

-

-

as actividades que deveñen dos proxectos desenvolvidos pola Biblioteca a revisión da pertinencia ou non de continuar co reparto de caderniños de recuperación para o alumnado pendente.

O Departamento participará na aprendizaxe baseada en proxectos dirixida desde a Biblioteca, que, neste curso, xiran arredor do cinema.


-

-


-

DECEMBRO-2015

-

Reunido o Departamento tratáronse os seguintes asuntos:

-

Probas e resultados da primeira avaliación

 

-

-

No que respecta á marcha do curso, este desenvólvese conforme ao previsto tanto no referido aos contidos impartidos como no que respecta á evolución dos grupos. Os resultados da avaliación foron os que figuran nas actas de avaliación respectivas e obrigarán a facer as correccións pertinentes na planificación docente


-

XANEIRO-2016

-

ACTAS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

-

Reunido o Departamento, tratáronse os seguintes asuntos:

-

Estratexias de recuperación para pendentes e reforzo de contidos para o alumnado pendente.

-

O Departamento acordou seguir as estratexias habituais e continuar coa distribución dos caderniños de exercicios para pendentes e informar ao alumnado que aqueles que desexen revisalos, consultar dúbidas ou practicar algunha parte da materia poden acudir, como é habitual, ao seu profesorado de aula, pero tamén, todos os venres no primeiro recreo, á xefa do Departamento que os recibirá na biblioteca para axudalos en calquera problema que atoparen no proceso de superación da pendente. Este recordatorio parece imprescindíbel, porque, ao parecer o alumnado descoñece esta posibilidade pois non se presentaron aínda ningún dos posíbeis interesados en aproveitar esta axuda.

-

En canto ao reforzo de contidos nos cursos ordinarios, levaranse a termo as estratexias habituais.

-


-

FEBREIRO-2016

-

ACTAS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

-

Reunido o Departamento, tratáronse os seguintes asuntos:

Polo que atinxe ao seguimento do alumnado coa materia pendente, acórdase facer fincapé entre o alumnado implicado para que á maior brevidade posíbel se poñan en contacto coa Xefa de Departamento, toda vez que xa expirou o prazo (primeiro trimestre) para recuperar a materia pola vía do aprobado na primeira avaliación do curso corrente.

-


-

-

MARZO-2016

-

ACTAS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

-

Reunido o Departamento, tratáronse os seguintes asuntos:

Colaboración coa Biblioteca e co EDLG

No que respecta á dinámica dos grupos e máis ao desenvolvemento do currículo, todo transcorre conforme ao previsto na programación. A única novidade é unha modificación da programación en 1º de ESO B, xa que se está levando a cabo un TPP que se desenvolverá ao longo de todo o curso. A preparación e primeiras fases tiveron lugar no primeiro trimestre, pero maior parte dos produtos do TTP que realiza o grupo realízanse, preséntanse e avaliaranse no trimestre. A fase de difusión dos traballos ficaría para o primeiro trimestre do curso vindeiro En relación co EDLG participamos na elaboración da revista “O Poleiro” e na difusión do certame “Celso Emilio Ferreiro”, aínda que neste curso a súa convocatoria por razón de calendario de eventos terá que posporse para final de curso.

-


-

-

ABRIL-2016

-

Reunido o Departamento trátanse os seguintes asuntos:

-

Lecturas e actividades para o Día do Libro

-

Lecturas e actividades para o Día das Letras

-

No relativo ao primeiro punto, acórdase aproveitar as suxestións realizadas desde as campañas de dinamización da biblioteca e levar a cabo, lecturas relacionadas co mundo do cinema e nos cursos e niveis onde se comprobe disposición por parte do alumnado fomentara participación na lectura colectiva do poeta homenaxeado Manuel María que terá lugar na biblioteca con motivo da celebración do intercambio do EDLG.

-

Polo que respecta ao xeito no que este ano homenaxearemos ao autor ao que se lle dedica o Día das Letras, acordamos a realización de lecturas en cada nivel e aula e, a maiores, entrará a formar parte do currículo como actividade avaliábel en 1º de BAC onde o alumnado terá que escoller un poema da antoloxía que fornece a profesora ou do acervo da rede e realizar un comentario estilístico que será presentado oralmente na aula, usando como apoio, a tal fin, unha presentación power point da súa propiedade, a colaboración da declamación dun compañeiro, un fondo audiovisual adecuado ou aquel apoio que estimen máis acaído.

-


-

-

MAIO-2016

-

Reunido o Departamento tratáronse os seguintes asuntos:

-

-Avaliación de 2º de BAC

-

-Preparación dos exames de pendentes.

-

No tocante á avaliación de 2º de BAC , o balance final foi moi positivo arroxando un número anormalmente baixo de alumnado suspenso. O elevado número de aprobados non pode facer esquecer que moitos destes lograron superar a materia acolléndose ás medidas extraordinarias de recuperación da materia como o programa de lecturas opcionais e que as notas acadadas son realmente baixas. A profesora advirte que estes resultados son un prognóstico non moi esperanzador de cara á realización da proba de selectividade.

-

Polo que respecta aos exames de pendentes, acordamos que a Xefa de Departamento realizase unha selección sobre as probas presentadas nos caderniños de preparación da materia e, unha vez feita, enviala aos restantes membros do Departamento para retocala, se proceder, engadindo ou rectificando aquilo que se estime conveniente.

-

O Departamento participa nas actividades do EDLG apoiando as iniciativas que parten deste.

-


-

-

XUÑO-2016

-

Reunido o Departamento, tratáronse os seguintes asuntos:

-

-Avaliación de pendentes -Resultados da avaliación de 2º BACHARELATO

-

-Resultados das PAU -Avaliacións finais -Reclamacións


 

Realizadas as probas ao alumnado coa materia pendente, resultou que só seis dos alumnos presentados conseguiron superar a materia: En canto ao alumnado de segundo de Bacharelato, só tres alumnos de dezanove non superaron a materia, aínda que no selectivo, ao que se presentaron 13 alumnos, oito alumnas superaron o exame e dúas acadaron notas de catro ou mais. Así, pois, a desviación con respecto ás notas finais é mínima agás en tres casos.

-

-

SETEMBRO 2016

1. 2. 3.

Reúnese o Departamento coa seguinte orde do día: Constitución do novo Departamento, Reparto de grupos Elaboración de directrices para a elaboración das programacións didácticas

- Reunido o Departamento, dáse a benvida ao profesor Rafael Adán que se incorpora neste curso ao centro e toma posesión da praza que ata agora ocupara a profesora Pilar López Varela unha vez que se fixo efectivo o traslado desta última a un centro da capital. Dado que esta profesora desempregaba un papel directivo, inicialmente pensouse que o horario do Departamento sería suficiente para asumir algunhas cargas horarias que nos foran consubstanciais no pasado, cales son a coordinación do EDLG ou un obradoiro de comentario textual. - O profesor Rafael Adán manifestou a súa dispoñibilidade para asumir esas cargas e o Departamento acorda propolo á Dirección do centro, aínda que finalmente non sería posíbel xa que se nos informou de que o


Departamento debía asumir o horario de reforzos de primeiro e segundo de ESO e tamén se tratou de que se asignase ao Departamento o horario de ámbito de FP Básica, o que finalmente non chegou a suceder pois conseguiuse que a Inspección enviase un profesor de Historia e Xeografía que cubriu esta necesidade. - Malia todo, mantívose a proposta do profesor Rafael Adán de impartir a optativa de Comentario de Textos en substitución da de Técnicas de Estudo, habida conta de que era para el unha materia que xa traballara noutro centro e da que tiña constatado a eficacia non só para a materia de Lingua Galega senón en xeral para desenvolver habilidades expresivas e comunicativas aplicables a calquera materia ( comentario de textos fílmicos, literarios, históricos, artísticos, etc. ) Levada a proposta a claustro foi refrendada por unanimidade, mais, infortunadamente, a programación presentada non tivo o visto e prace da Inspección . -

-

OUTUBRO 2016

Reuniuse o Departamento coa seguinte orde do día:

Solución á situación xerada polo rexeitamento da Inspección ao proxecto de optativa de centro desenvolvido por Rafael Adán. 

Seguindo as instrucións da Ispección Educativa, o profesor deste Departamento Rafael Adán acepta modificar a designación e os contidos e obxectivos do seu proxecto para coincidir cos requerimentos que se lle fixeron. Como a intención do profesor coa asunción desta materia era colaborar para o melloramento das habilidades expresivas e comunicativas e a facilitación das estratexias de análise e interpretación de calquera tipo de texto para o alumnado do nivel de 1º de Bacharelato, pórtico do 2º de Bacharelato, onde esas competencias son fundamentais en todas as materias, mantivéronse os elementos do proxecto didáctico que inciden no seu tratamento, pois, malia a diversidade das designacións, aprender a estudar non é outra cousa que aprender a traballar con textos, distintos tipos de textos ( visuais, históricos, xornalísticos, científicos...) A nova materia responde ao ambiguo nome de Técnicas de Estudo (lectura rápida e comprensiva, subliñados, esquemas, cadros, resumos...)

Propostas de actividades extraescolares: 

Malia a dificultade de decidir con tanta antelación as actividades de carácter non lectivo de todo o curso, presentamos os seguintes proxectos.


Saídas.-

Entre as saídas didácticas (exposicións, teatro en galego, conferencias...) estarían aquelas que ao longo do curso se nos ofrecesen como oportunidades interesantes para o reforzo do currículo e que, ademais, se desenvolveren en horario lectivo e dentro do ámbito provincial. 

Participación no EDLG

O Departamento non coordina o EDLG, mais apoia as súas iniciativas, nomeadamente, a redacción da revista e o mantemento do blog, divulgando, explicando e fomentando as súas actividades. 

Proxectos de longo percorrido

O Departamento colabora nunha inicativa ABP definida para 1º BAC e que ten un impacto nos niveis de ESO, pois a profesora Belén Sánchez, no marco dun Grupo de Traballo, presentou un proxecto de traballo arredor da obra de Carlos Casares. A redacción definitiva do ABP ofrecerase tras a súa discusión no Grupo de Traballo e a aprobación deste Departamento.

-

NOVEMBRO 2016

Reuniuse o Departamento para revisar a marcha do curso e implementar as correccións que se estimen oportunas: Entre o 2-3 de novembro tivo lugar unha visita de parte do alumnado de 1º BAC e 4º ESO a Porto organizada por Rafael Adán. O Departamento considerou de interese para o nivel de 2º de BACHARELATO a visita á exposición Saúde e Terra, irmá(n)s (Centenario das Irmandades da Fala 1916-2016), dado que os elementos da mesma están incluídos no currículo de 2º BAC para a 1ª avaliación. En calquera caso, a visita á exposición non pode reducirse ao feito de pasear diante dos paneis explicativos da mesma, senón que implicará un traballo efectivo por parte do alumnado. A tal fin, o profesor do nivel, Leopoldo Rodríguez Puga, elaborou un cuestionario con non menos de corenta preguntas que percorre a exposición e obriga a centrar o interese naquelas cuestións máis relevantes da mesma. A excursión a Ourense complétase e adquire unha maior densidade realizando tamén o roteiro da Esmorga, para o cal o alumnado manexará a documentación pertinente: fragmentos do texto de Blanco-Amor para a súa lectura “in situ” e plano da andaina.


-

DECEMBRO 2016

-

Reuniuse o Departamento para reflexionar sobre a marcha do curso e implementar as correccións que se estimen oportunas: -

Tras sucesivas reunións e intercambios de impresións toáronse os seguintes acordos: En relación coa colaboración no Plan Anual de Lectura e a nosa participación nas actividades da Biblioteca, dado que o eixo-guía da dinamización de actividades de lectura fai xirar estas sobre o tema dos exotismos e a “ollada do outro, decidimos que se podía colaborar do seguinte xeito: 

Colocando unha mesa con todos os fondos da nosa Biblioteca relacionados co mundo de Carlos Casares, pois no universo narrativo deste autor hai sempre un certo distanciamento na visión de Galiza, unha forma de vernos a nós mesmos a un tempo próximos e distantes.

Preparando unha exposición para unha das mesas da Biblioteca so o lema “Cando os exóticos somos nós”, revisando aquelas obras artísticas e textos que contemplaron a nosa terra e a nosa cultura como un obxecto curioso ou pintoresco.

Colaborando no proxecto do EDLG que pretende poñer de manifesto aquelas ocasións en que a nosa historia de xentes emigrantes nos levou a entrar en contacto con outras culturas, reflexionando sobre o choque cultural, a asimilación, a xenofobia e o auto-odio.

A discusión dos resultados da avaliación do primeiro trimestre revelou a necesidade de poñer en marcha o plan para a recuperación do alumnado con materias pendentes e a actualización dos caderniños de exercicios que se fornecerán ao efecto de facilitar a devandita recuperación.

-

XANEIRO 2017

-

Reunido o Departamento, discútense diversas cuestións sobre a marcha do curso e constátase que todos os proxectos están en marcha e van desenvolvéndose co ritmo previsto.

-

Preséntanse os caderniños de recuperación da materia pendente actualizados e o Departamento dá o seu visto bo, polo que nos principios do mes vindeiro, en canto saian da imprenta, serán distribuídos entre o alumnado pendente.


-

Discútese sobre a pertinencia de incluír a lectura dos tres libros con carácter obrigatorio nas probas de avaliación dos pendentes e actividades a elas vinculadas nos caderniños, mais considérase que a lectura dunha obra concreta non é un estándar mínimo para a recuperación da materia pendente.

-

En calquera caso, establécese un protocolo de atención a este alumnado que queda do seguinte xeito:

-

O profesorado de aula que imparte o nivel que cursa o alumno ou alumna na actualidade recordará aos interesados as pautas para superar a pendente, entregará os caderniños e resolverá dúbidas puntuais derivadas do traballo con eles, sempre que isto non entorpeza o normal desenvolvemento do ritmo do curso . Cando a atención ás dúbidas requira máis tempo e dedicación, o alumnado interesado acudirá en calquera recreo dos mércores e xoves á biblioteca onde a Xefa de Departamento resolverá as dúbidas e supervisará os avances.

-

Por outra banda, e trala celebración do Claustro, ponse en coñecemento do Departamento que o balance entre o orzamento inicial (480,87 euros) e o gasto total do Departamento (372,57 euros) é de 108 euros aproximandamente. O gasto veu da contía das fotocopias, a adquisición de libros da editorial Positiva para o traballo dos exotismos (cultura xitana e contos africanos) e a compra de tres dispositivos de almacenamento electrónico de datos (pen drive) un para cada membro do Departamento.

-

FEBREIRO 2017


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.