Das irmandades a nós

Page 1

Das Irmandades a N贸s

A prosa galega no primeiro terzo do s茅culo XX


Das Irmandades a Nós • A prosa galega do XIX non chegara a consolidarse. • Aparición tardía, tralo florecemento da lírica • Mostras de calidade mediocre seguido as modas románticas: narrativa sentimental, narrativa histórica. • Marcial Valladares .- Majina ou a filla espúrea • Antonio López Ferreiro.- O castelo de Pambre, A tecedeira de Bonaval, O niño de pombas

• Ou prosa xornalística nas súas primeiras formulacións en galego • Valentín Lamas Carvajal.- O tío Marcos da Portela (xornal)


Das Irmandades a Nós • As figuras de transición ao século XX serían: • Manuel García Barros, que representa a estética decimonónica, co seu ton humorístico, os asuntos de corte costumista, o galego popularizante e o formato do relato breve. ● Aventuras de Alberte Quiñoi ● Contiños da terra • Francisco Álvarez de Nóvoa ● Pé das Burgas (1896) • Heraclio Pérez Placer ● Contos, lendas e tradiciós de Galicia ((1891) • Francisca Herrera Garrido ● Néveda (1920) • Aurelio Ribalta ● Ferruxe (1894)


Das Irmandades a Nós •As Irmandades da Fala naceron como revulsivo fronte á decadencia na que viñera parar o Rexionalismo nos fins do XIX e primeiros anos do XX. O seu obxectivo inicial é a defensa do galego. •Xorde a primeira na Coruña, por iniciativa de A. Vilar Ponte, no ano 1916, mais, inmediatamente, xorden Irmandades en todas as capitais e cidades importantes. •Recollen en herdo dos agraristas de Solidaridad Gallega a cabeceira do que será un auténtico órgao da institución , a revista “A Nosa Terra” que, posteriormente, será tamén a do Partido Galeguista, configurándose así tres períodos para a publicación: 1907-1916; 1916-1932; 1932-1936.


Das Irmandades a Nós Aglutinan efectivos galeguistas de moi diverso signo. • Liderados por Porteiro Garea, defínese na Asemblea de Santiago no ano 1918 como “nacionalistas”. (Os resultados electorais do ano 1918 e a morte de Garea facilitan a aparición dunha facción “culturalista”) ● Na asemblea de Monforte no ano 1922 as dúas pólas- a do activismo político ( grupo da Coruña, liderado por Lois Peña Novo) e a do activismo cultural (dirixido por Vicente Risco) -esgazan e as Irmandades desaparecen como organización dando paso • a Nós, no seu senso amplo (1920-1936) • ao Partido Galeguista, andando o tempo (1931-1936)


Das Irmandades a Nós •

En 1916 son organizacións cunha dupla cara política e cultural. • Desde o punto de vista político procuran obxectivos políticos • A consideración de Galiza como unha entidade nacional (territorio, pobo, raza, historia…) reclamando unha ampla autonomía política para Galiza que dese satisfacción aos problemas endémicos do país • A cooficialidade do galego (xunto co castelán) e o ensino da lingua en todos os niveis • A defensa do campesiñado galego e a denuncia da lacra migratoria e do caciquismo (coincidindo coas reivindicacións agraristas) • Unha solución de carácter federal que permitise a inclusión das nosas peculiaridades históricas no conxunto de España e mesmo de Hespaña • Un impulso de carácter tecnolóxico e organizativo baseado no cooperativismo que relanzase os sectores produtivos estratéxicos (o agro e mailo mar) • O recoñecemento por parte da Sociedade de Nacións de Xenebra


Das Irmandades a Nós •

En 1916 son organizacións cunha dupla cara política e cultural. • Desde o punto de vista cultural, procuran: • •

O recoñecemento e dignificación da cultura popular e do seu instrumento de expresión: a lingua galega. A normalización da lingua estendéndoa a todos os xéneros literarios e todos os ámbitos de uso formal (o ensaio político, o discurso, a Historia, a novela, o teatro…) •

Na narrativa, procuran esa mesma normalización ao desvincular os asuntos novelescos da ambientación labrega e mesmo galega. Vid. A campaña de Caprecórneca

Créanse institucións e lévanse a cabo iniciativas destinadas a poñer en práctica estas ideas: • Conservatorio Nazonal de Arte Galega para o desenvolvemento do teatro (1919) •

Creación da colección de novelas Lar (1924-1927) e Céltiga (editoriais ad hoc)

Impulsan o xornalismo participando nas publicacións da época que acollían o galego como lingua de expresión ou o galeguismo como ideoloxía a reivindicar: o republicano El Pueblo Gallego, La Zarpa do agrarista Basilio Álvarez, a revista bonaerense Céltiga, que incluían unha sección dedicada á colectividade galega emigrante, Galicia . Diario de Vigo ou a revista Eco de Galicia, ademais das consabidas A Nosa Terra e Nós e as de carácter poético.


Das Irmandades a Nós ● ●

Autores das Irmandades: Antón Vilar Ponte: colaborador en A Nosa Terra e Nós, foi un ideólogo do nacionalismo e fundador das Irmandades que atopou no ensaio e mais no teatro os moldes axeitados para a transmisión do seu ideario Nacionalismo Gallego. Nuestra afirmación regional ●

● ● ● ● ●

Pensamento e sementeira

Xohan Vicente Viqueira, pensador a favor da educación e participación das mulleres na vida pública, e a modernización do ensino; galeguista convencido, utilizou exclusivamente o galego na súa poesía e defendeu a aproximación da ortografía do galego á do portugués A nosa escola (1917) Xosé Lesta Meis O Estebo Manecho o da rúa As abellas de ouro


Das Irmandades a Nós ●

● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ● ●

No tempo dos cenáculos xorde en Ourense o grupo dos inadaptados- Café Voltaire- La Centuria Integrantes: Risco Cuevillas Pedrayo Losada Diéguez Características: Elitistas e desprezativos Críticos e antiburgueses Inconformistas Curiosos Antigregarios Cidadáns do mundo Amantes dos exotismos Dandis


Nós, os inadaptados •Nós, os inadaptados (fragmentos)I Eu caracterizaría ós homes do meu tempo preocupados polas cousas do espírito, dicindo que eramos -e somos- os auténticos vencidos da vida (...) insatisfeitos, non conformistas, decote rebeldes. Vencidos da vida por inadaptados. (...) Efectivamente: introvertidos fomos ata non chegar a nós o galeguismo. II Os inadaptados son por definición os insatisfeitos do mundo sensible, os nemigos da realidade cotiá, os que procuran fuxir do medio que os rodea. De aquí a concepción da arte como evasión. (...) A nosa rebeldía consistía en segregármonos espiritualmente da sociedade, desapegármonos das súas tendencias e dos seus problemas, isolármonos na nosa alteirosa indiferencia dos seus afáns e trafegos, das loitas e porfías e a comprírmo-lo noso rol sen ledicia e sen pena, e principalmente sen interés ningún. III Eramos sinxelamente individualistas. (...) Non hai máis que ve-lo diferente significado que agora e entón ten e tiña a verba nós. Cando un do meu tempo dicía nós, se non refería endexamais ós da súa xeración, nin ós da súa clase; referíase decote a un pequeno agrupamento identificado no pensar e no facer, a unha escola, a unha capela, a un cenáculo (...)


Nós, os inadaptados ...................... X Ora o problema é cómo sendo como eramos e como somos, individualistas, inadaptados, antisociais, antigregarios, introvertidos, puidemos vir parar nunha cousa que semella tan cotiá e gregaria, como é o nacionalismo galego que na esencia é a afirmanza teimosa e forte da grei galega. A resposta está dada, moito mellor do que eu puidera facelo, por Ramón Otero Pedrayo na súa novela Arredor de si. Arredor de si, máis que unha novela, é a autobiografía non dun só home, senón dun agrupamento, case dunha xeración. É a autobiografía do cenáculo do autor ó que eu pertencín tamén. Polo seu mesmo individualismo, polo seu por min confesado egocentrismo, o noso agrupamento andou todo o tempo dando voltas arredor de si -e cada un arredor de si mesmo- sen atoparse endexamais de todo. (...) Despois de tantas voltas e revoltas, despois de tantas viravoltas e trasvoltas polas lonxanías do espacio e do tempo, en procura de algo inédito que nos salvara do habitual e vulgar, viñemos dar na sorprendente descuberta de que Galicia, a nosa Terra, oculta ó noso ollar por un espeso estrato de cultura allea, falsa e ruín, vulgar e filistea, ofrecíanos un mundo tan esteso, tan novo, tan inédito, tan descoñecido, como os que andabamos a procurar por aí adiante. Vicente Risco, Nós, os inadaptados, in revista Nós, nº 115, 1933


Arredor de sí (…)A Galicia lonxana. A Provincia. Verba fea guedelluda. Adrián sentíase máis novo e máis vello. Ficaba lonxe a verde soidade da aldea. Non a entendía. Non a entendería nunca. Algunha vez quixo vivir nela co esprito posto na Europa. Libros. Revista. Fóra, indiferente a toda novidade do artigo ou do libro debruzábase un longo solpór de outoniza tristura e prisión das mañás molladas. Tiña medo na aldea: ao misterio da campía e a deixar baleirarse un vivir disposto para outra cousa. Adrián pisando os asfaltos, un pouco mareado polo trafego da xente trataba de se asegurar nun plan. Axiña viría a primavera. Libros novos. Todo co gallo dunhas cátedras (…)


Arredor de sí (…)Naqueles instantes estraños e fondos figuraban lucir no mapa agras marelas de centeo, ermos vestidos de flores de toxo e de piorno, serras penedosas, campanarios barrocos, xente que vai polos sendeiros aos muíños e ás feiras, verdeceres de camposantos, fuxir de augas, praias douradas, galgar de ondas nos cons (…) Adrián sentíase conmovido ata o máis fondo do seu ser. Treméndolle a manfoi alumeando todo o camiño de Santiago, a terra de Ourense, as dúas aldeíñas xemelgas do val onde eles estaban, parou un intre como un cirio funeral no nome do pobiño o que morría D. Bernaldo (…)D. Bernaldo xa non falaba. Sorría. Grosas bágoas queimaban as fazulas do Adrían. Tivo que saír á sala e liberar os saloucos na fiestra, cara á noite (…)


Arredor de sí (…)En Santiago, Adrián sempre se coidaba na Europa e máis galego que nunca. A sensación do Estado español estaba para el ausente da cidade. Libertade das prazas sin tendas nin quioscos, libertade e cosmopolitismo do capitel románico feito para o pobo e traballado en linguaxe que adoita o falar de cada patria. Compostela non merece o seu ditado de apostólica só pola reliquia do Apóstolo, senón por un apostolado universal de cidade franca. Adrián soñaba que nas cátedras e nos púlpitos volver´a soar a voz de todos os mestres do mundo, e denantes que outra, as voces galegas que xermolaban escuramente na Galicia. Eles ceibarían o espirito da Terra. (…) Adrián consideraba sen xenreira as outras terras ibéricas (…) De igual a igual, Adrián pensaba ser o tipo dunha xeración e , con optimismo coidaba que no mesmo inverno outros galegos, todos os ben intencionados, chegarían á súa liberación que era a liberación da Galicia en ben da Europa, do Mundo e do Espírito Inmorredoiro.


Nós. Grupo, Revista, Xeración? •

Os tres principais integrantes do cenáculo ourensán que experimentaron a evolución ideolóxica que os levou á descoberta da nosa cultura escribiron tres obras homólogas nas que dan conta deste percorrido espiritual: Nós, os inadaptados de Risco Dos nosos tempos de F. López Cuevillas Arredor de si de R. Otero Pedrayo

O grupo modifica as súas teimas, investiga a realidade, a historia e a cultura de Galiza e dá saída ás súas novas inquedanzas nunha publicación que, en parte, recolle o herdo de La Centuria, aínda que agora se utilice exclusivamente o galego e a orientación ideolóxica sexa radicalmente diferente: Nós.


Nós. Grupo, Revista, Xeración? •A inquedanza filosófica que amosaba o grupo antes da súa conversión tradúcese agora nunha actitude militante a prol do galeguismo cultural e lingüístico. • A vella teima cosmopolita maniféstase agora como afán europeísta, orgullo da propia identidade exportábel a toda comunidade universal, que se afirma na súa independencia dos modelos impostos polo centralismo •Con respecto a España son federalistas •A influencia do galeguismo tradicionalista e as viaxes a Europa condicionan a aparición nestes autores dun atlantismo de raíz celtista •Crenza nas orixes míticas da raza galega


Nós. Grupo, Revista, Xeración? “Pra ledicia de todos e pra enseño de moitos, sai oxe Nós.

É a ansia qu´oxe sinte Galizia de vivir de novo, de voltar ó seu ser verdadeiro e inmorrente, a evidencia luminosa do mañán, o que nos fai saír. Temos unha fe cega, asoluta, inquebrantabel na vitalidade e no xenio da nósa Raza, e mais na eficacia do nóso esforzo pra levala ó acomprimento do seu fado grorioso. Oxe chegou á vida na nósa Terra, unha xeneración que se deprocatou do seu imperioso deber social de crearen pra sempre a cultura galega. Endexamais foi meirande a nósa autividade creadora. Nós ven a recoller todos ises esforzos d´integración da Patrea galega no seu xa rico poliformismo. Os colaboradores de Nós poden ser o que lles pete: individualistas ou socialistas, pasatistas ou futuristas, intuicionistas ou racionalistas, naturistas ou humanistas; pódense pór en calquera das posiciós posibles respeito das catro antinomias da mente contemporánea; poden ser hastra clásicos, con tal de que poñan por riba de todo o sentimento da Terra e da Raza, o desexo coleitivo da superación, a orgulosa satisfaición de seren galegos. Nós ha ser un estudio piedoso e devoto, cheo de sinceridade de tódol-os valores galegos: dos nósos valores tradicionás, e mais dos valores novos que cada día estanse creando na nósa Terra.


Nós. Grupo, Revista, Xeración? Nós ha ser a representación no mundo da personalidade galega na súa ansia de s´afirmare coma valor universal, autóctono, diferenciado, dentro ou fora da Terra. Nós ha ser a afirmación pra sempre do verdadeiro der de Galizia, do Enxebrismo, no que ela tén, debe e quere persistire. O Enxebrismo é a nósa orixinalidade específica, a nósa capacidá de creación, o nóso autóctono dinamismo mental. Querendo suprimir entremediarios antr´o pensamento galego e o pensamento dos pobos cultos, Nós abre as suas páxinas a prestixosas persoalidades estranxeiras que contan de nos honrar co´a sua colaboración e tamén ha informar ó púbrico galego do movemento das ideias no mundo civilizado. Nada mais. E, ós que s´asombren da nósa confianza, da nósa firme ledicia ó principiar un traballo rudo, hémoslle dicir que temol-a evidencia de sermol-os millores, os mais doados, os mais fortes; de que todal-as forzas do esprito están conosco, de que imos trunfar por sermos nós, por sermos galegos, e por seren o Tempo e o Mundo os que o piden… Nós conta achar agarimo e xenerosa axuda en todol-os que sintan d´iste xeito. A todol-os que nos lean


Nós. Grupo, Revista, Xeración? • Os autores do grupo colaboran con outra figura fundamental para a revista e para a xeración ou época:Castelao . • Comparte cos homes do grupo a mesma ambición de rexeneración galeguista, pero non a mesma traxectoria ideolóxica. •O director gráfico era Castelao e o literario, Risco, aínda que en realidade a man de Castelao non se limitaría ao aspecto plástico. •Contidos: •Arqueoloxía •Etnografía •Historia •Pensamento •Novedades culturais en calquera eido •Temas relativos a outras culturas europeas


Nós. A consolidación da prosa literaria -Supera a temática ruralista e costumista e a comicidade baseada no pintoresquismo folclórico -Non aceptan a diglosia para representar a fala das diversas clases sociais -Procura unha lingua literaria culta que non rexeitan os enxebrismos, cultismos ou lusismos para creala. -Introducen o espazo urbano e as preocupacións filosóficas e burguesas nas tramas - Humorismo - Temática de ultratumba -Crean editoriais para dar saída ás súas producións


Vicente Risco •Teoría do nacionalismo galego •A nación sería un feito baseado na terra, na raza, na lingua, na organización social, a mentalidade e o sentimento •A cultura galega parécelle unha variante da civilización atlántica e céltica que opón á mediterránea. •O irracionalismo filosófico, o neotradicionalismo, a etnografía e a conciencia da superioridade cultural da raza aria, a cuxa órbita pertencería Galiza pola súa procedencia céltica.


Vicente Risco •Do caso que lle aconteceu ó Dr. Alveiros, 1919. •O Porco de Pé, 1925. •A velliña vella,1925. •A trabe de ouro e a trabe de alquitrán, 1925. •O lobo da xente, 1925. •A coutada, 1926. •O bufón de El-Rei, 1928. •Nós, os inadaptados, 1933. •Mitteleuropa, 1934. •Leria, 1961. •Teoría do nacionalismo galego 1920. •Os europeos en Abrantes 1927. •Mittleuropa, 1930


Ramón Otero Pedrayo. A obra •Historiador e xeógrafo •Ampla cultura e vontade didáctica dos seus escritos •Influencia da retórica decimonónica •Incapacidade para respectar as barreiras de xénero •Consideración da terra como unha forza que condiciona as sociedades e inflúe no individuo •Integridade intelectual •Coherencia ideolóxica •Conciencia de pertenza a unha xeración e a unha clase cunha responsabilidade histórica


Ramón Otero Pedrayo Pantelas, home libre (1925) O purgatorio de don Ramiro (1926) Escrito na néboa (1927) Os camiños da vida (1928) A lagarada (1928) Arredor de si (1930) Contos do camiño e da rúa (1932) Fra Vernero (1934) Teatro de máscaras (1934)


Ramón Otero Pedrayo Devalar (1935) O mesón dos ermos (1936) O desengano do prioiro (1952) Entre a vendima e a castañeira (1957) Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar (1958) Rosalía (1959) O señorito da Reboraina ( 1960) O fidalgo e a noite (1970) Noite compostelana 1973) O Maroutallo (1974)


Alfonso Daniel RodrĂ­guez Castelao Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922) Cousas (1926) Retrincos(1934) Os dous de sempre(1934) Os vellos non deben de namorarse (1931-1941) Sempre en Galiza (1944)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.