Bases quen é esa muller

Page 1

CONCURSO QUEN É ESA MULLER?

O equipo de biblioteca convoca, con motivo do Día da Muller traballadora (8 de marzo), unha nova edición do concurso Quen é esa muller? O obxectivo do mesmo é impulsar o gusto pola investigación e pór en relevo o papel da muller ao longo da historia nos diferentes campos da cultura e do saber. BASES 1. A duración do concurso será de catro días: 5, 6, 7 e 9 de marzo. 2. Os equipos formados polo alumnado terán un máximo de tres integrantes. 3. A inscripción dos equipos poderá facerse ata o venres, 3 de marzo, durante os recreos e na biblioteca: a cada equipo asignaráselle un número no momento de anotarse. Débeno poñer nas tarxetas coas que participen a diario. 4. O xurado estará composto polo profesorado que traballa no equipo de biblioteca.

5. O concurso consistirá en averiguar a identidade, cada día, de catro mulleres, coñecidas polo seu labor en diferentes campos -literatura, pintura, música, filosofía, ciencias, deporte, avance social…- e en diversos momentos da historia. Para iso colocarase no taboleiro da biblioteca unha foto e cinco pistas de cada unha. Igualmente publicarase esa información no blog deste espazo (curtisbiblio@gmail.com). 6.

Ao día seguinte aparecerá nestes lugares a solución ó enigma da identidade de cada muller.

7.

Os equipos participantes terán que recoller a diario na biblioteca unha tarxeta onde anotarán o número co que se inscribiron e o nome, cando menos, co primeiro apelido de cada muller sobre a que investiguen. De non poderen recollela neste lugar, pediranlla a algún dos profesores que atenden este servizo. Deberán entregala ao día seguinte no mesmo lugar e recoller unha nova

8.

Non serán admitidas como válidas aquelas respostas que presenten unha letra ilexible, tachóns, erros ortográficos ou unha incorrecta transcripción de nomes ou apelidos.

9.

Os equipos poderán consultar, durante a busca, calquera fondo da biblioteca ou facer uso dos ordenadores deste espazo; poden investigar tamén fóra do horario lectivo.

10. Haberá un único equipo gañador, que será aquel que acade un maior número de acertos nas respostas dadas. Os seus compoñentes recibirán un premio destinado a recompensar a súa curiosidade e as boas dotes de investigación demostradas.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.