LER CIENCIA NA BIBLIOTECA... OU NA CASA

Page 1


Un fascinante percorrido pola historia dalgunhas das mulleres que fixeron contribucións relevantes na ciencia e que son pouco coñecidas.


Un conxunto de relatos apaixonantes, que nos descobren aspectos sorprendentes da Química e dos científicos que descubriron os elementos da Táboa Periódica.


Nestes libros poderás atopar as respostas a estas e a moitas outras preguntas científicas.


Un libro no que o humor e a ciencia se unen para explicar todo tipo de preguntas curiosas.


As cuestións máis incribles da Ciencia explicadas con humor polos científicos do grupo Big Van.


Grazas a este libro entenderás calquera das técnicas que utiliza a policía científica para resolver crimes, ademais de coñecer os fallos máis típicos que cometen as series e películas da televisión.


O famoso microbiólogo LópezGoñi fálanos dun mundo sorprendente e microscópico, o mundo dos seres que viven no teu corpo e rexen a túa saúde.


Esta guia práctica contesta, dun xeito sinxelo, a todas as túas preguntas sobre o funcionamento dos seres vivos.

Non se trata de comer, senón de facelo ben. Este libro contén as claves para intentalo.


Un fascinante e entretido percorrido pola historia do universo que nos rodea e os coñecementos que nos permitiron comprendelo un pouco mellor.

Despois de ler este libro, ollarás os microbios cunha mirada diferente e falarás deles doutra maneira.


Unha interesante viaxe pola ciencia das pequenas cousas, que nos axudará a esclarecer cales son as verdades e as mentiras coas que nos topamos a diario.


Na taberna do pobo conversan un profesor de Física, unha estudante de Historia e o taberneiro sobre os problemas de Física que se presentan na vida diaria: a Física da rúa.


A historia transcorre entre as Rías Baixas e Compostela, onde un grupo de personaxes se unen á doutora Peralta para derrotar o covid-19.

Fotografías a toda cor e información para coñecer mellor o mundo destes fermosos insectos.


A marabillosa illa de Corfú (Grecia) e os seus habitantes son o marco perfecto para esta encantadora historia, na que Durrell escolle a súa familia e a unha serie de mascotas moi peculiares para contarnos, en clave de humor, as súas experiencias durante os cinco anos que viviu na illa.


En Bechos e demais parentes, Durrell continúa a historia da estancia da súa familia na illa de Corfú e da súa infancia envexable, co campo e o mar como única escola.


O barco Beagle zarpa de Inglaterra en 1831. A bordo viaxan Charles Darwin e o seu axudante, Syms Covington, e xuntos comezarán a dar forma á teoría da evolución por selección natural.


A obra narra a historia dun pastor que, coa súa vontade e esforzo, converte unha terra deserta, abandonada e infértil, nun marabilloso bosque.


Lendo esta historia conseguirás que che entren ganas de descubrir os segredos ocultos dos teus xenes.


Novela de aventuras na que dous irmáns, preocupados por un desastre ecolóxico preto da súa casa, deciden investigar e descobren un terrible plan que ameaza ao planeta mediante a enerxía nuclear.


Esta novela conta a viaxe que realizou o naturalista Charles Darwin ao redor do mundo a bordo do Beagle, recollendo información para, anos máis tarde, dar a coñecer a súa teoría da evolución dos seres vivos.


A historia de moitas mulleres galegas que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e que foron pioneiras en diferentes ámbitos (arquitectas, navegantes, mestras…).






Sorprendentes, incribles pero reais, as 1001 cifras récord do corpo humano e do seu funcionamento.





Un libro ilustrado que pon de relevo as contribucións de cincuenta mulleres aos campos da ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas ao longo do tempo.


Prepárate para entender mellor o mundo que te rodea a través de 365 preguntas acompañadas das súas respostas, tan instrutivas como sorprendentes.


●E TAMÉN ATOPARÁS CINE



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.