Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais
Tema 3/páx. 2
1.
DEFINICIÓN DE PODA ........................................................................................................ 3
2.
CRITERIOS BÁSICOS DE PODA........................................................................................ 3 2.1.
Criterios xerais .................................................................................................................. 3
2.2.
Criterios ou condicionantes técnicos da calidade dos traballos de poda. .................... 4
2.3
Criterios ou condicionantes de carácter fundamentalmente económico ..................... 4
3.
RAZÓNS PARA PODAR......................................................................................................... 5
4.
TIPOS DE PODA..................................................................................................................... 6 4.1.
Segundo os obxectivos finais ............................................................................................ 6
4.2.
Segundo os tipo de corte ................................................................................................... 7
4.3.
Segundo a época de realización. ..................................................................................... 9
5.
6.
PODA DE FORMACIÓN ..................................................................................................... 10 5.1
Arbores ramificados dende a base................................................................................ 14
5.2.
Arbores en copa............................................................................................................... 15
5.3.
De porte arbustivo con troncos múltiples ou un único tronco .................................... 16
5.4.
De porte péndulo ............................................................................................................. 17
5.4.
De porte péndulo ............................................................................................................. 18
5.5.
Formas con eixe............................................................................................................... 18
5.6.
Formas abertas................................................................................................................ 20
5.7.
Formación do tronco....................................................................................................... 20
BIBLIOGRAFÍA.................................................................................................................... 24
Marina Engroba Sal
Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais
1.
Tema 3/páx. 3
DEFINICIÓN DE PODA
A poda defínese como a supresión de calquera parte da planta (follas, ramas, raíces, xemas, flores....) realizada co fin de obter un resultado determinado en canto a productividade (en froiteiras e forestais), seguridade, saúde, estética (ornamentais).
2.
CRITERIOS BÁSICOS DE PODA
Os criterios de poda van condicionar o tamaño, aspecto e forma da árbore.
2.1. Criterios xerais
Hai que ter en conta que en función do que se pretenda obter, as podas son distintas, de xeito podar froiteiras ou plantas ornamentais é bastante diferente, xa que os obxectivos non son os mesmos: TODA PODA DEBE TER UN OBXECTIVO DETERMINADO.
Cada corte ten o potencial de cambiar o crecemento da árbore. Sempre debe preverse un propósito antes de realizar o corte, este non debe facerse porque si, senón buscando unha finalidade concreta.
A poda ten unha serie de técnicas que son xerais (apropiadas para todas as especies) e outras concretas en función de cada especie en particular.
Toda operación de poda elimina unha parte da copa ( ou da raíz) coas reservas que conteña (amidón, nutrintes... etc.); en consecuencia a árbore perde estas reservas polo que é unha operación debilitante. Recordemos que calquera operación de poda ten unha consecuencia na árbore, non só no seu crecemento, senón tamén na parte radicular, de aí a importancia de coñecer a anatomía, morfoloxía e fisioloxía da árbore, para realizar unha poda axeitada.
Calquera corte de poda orixina na árbore unha ferida. A resposta obrigada deste é a iniciación dun proceso de cicatrización, mediante a xeración dunha masa de tecido a partir do cambium vascular posto ó descuberto pola ferida. Si a esto lle unimos podas mal feitas ou a destempo, os resultados poden ser tremendos.
Os cortes de podan poñen o descuberto e deixan expostos ós condicionantes ambientais exteriores (xeadas, insolación, sequidade, etc. madeiras ata entón protexidas da intemperie. Ata que se produce a cicatrización ( o que en feridas de Marina Engroba Sal
Tema 3/páx. 4
Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais
bastante diámetro (+10 cm.) pode supor varios anos) os axentes externos poden danar seriamente a madeira e producir necrose e podremia.
Nas especies caducifolias, durante o repouso, a estructura da copa e o esqueleto da árbore aprécianse sen dificultade o que fai máis fácil a observación das necesidades de poda.
Salvo en casos excepcionais a presencia de flores limita as posibilidades de poda.
Non se debe podar en días de vento, choiva, frío intenso.
2.2. Criterios ou condicionantes técnicos da calidade dos traballos de poda.
Altura do tronco
Solidez
Aireación. É un criterio de calidade que se consigan árbores aireados, ventilados e ben iluminados en toda a súa copa. Aire e luz son imprescindibles para a brotación , desenrolo e crecemento dos elementos activos da árbore e polo tanto si a densidade da vexetación dificulta estes procesos a parte interna da copa non se renova e envellece con rapidez e polo tanto a árbore queda enmarañada, mal distribuída, con problemas de aireación e iluminación.
Equilibrio. Esto fai referencia á regularidade e simetría da copa calquera que sexa a forma adoptada. Unha árbore ben podada debe ter un desenrolo harmónico e homoxéneo, sen zonas debilitadas ou máis vigorosas que o resto da copa no seu conxunto. A forma elixida debe apreciarse con facilidade e manterse estable.
Nas especies froiteiras e ornamentais de flor debe producirse un equilibrio entre fructificación e a vexetación para que non se resinta a saúde da árbore.
2.3 Criterios económico
ou
condicionantes
de
carácter
fundamentalmente
Sinxeleza e naturalidade. Aínda que en principio coa poda poderíamos dar á árbore formas totalmente
artificiais, a realidade é que canto máis nos adaptemos ás
tendencias naturais da árbore e a súa forma, menos problemas teremos. As podas artificiais obrigan a multiplicar o número de intervencións e a dedicar moito máis tempo á árbore, sendo moito máis fácil e frecuente a aparición de desequilibrios. Marina Engroba Sal
Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais
Tema 3/páx. 5
Rapidez. Nos tempos actuais, a poda ten que ser necesariamente unha operación simple e rápida, si queremos que o seu custe sexa economicamente e agronomicamente
admisible. Nos viveiros hai gran número de pes, pouco tempo
dispoñible para facelo e normalmente interferencias (choiva, tratamentos....) e a man de obra é cara.
Mínimos cortes. A mellor poda é aquela que consegue os seus obxectivos co mínimo número de cortes. Esto non significa que sexa mellor non podar nada, xa que así non se conseguen os obxectivos que se buscan, senón que na poda hai que dar os cortes necesarios pero ningún máis.
3.
RAZÓNS PARA PODAR Pódase, fundamentalmente, por algunha das seguintes razóns:
Reducir o tamaño da árbore ou partes da mesma que creceron de forma desmedida.
Eliminar partes secas, mal formadas ou innecesarias nunha árbore.
Aumentar a floración e a fructificación. Tamén a cantidade e calidade de madeira.
Dar unha forma desexada a unha árbore (topiaria)
Formación dun exemplar co fin de conseguir unha estructura axeitada. Ademais dos aspectos técnicos (vistos no tema anterior) hai outros condicionantes
a ter en conta para a poda de árbores como: aspectos sanitarios, paisaxísticos, estéticos (altura da árbore, densidade de vexetación, flor, cor...), productivos... e outros urbanísticos (xardinería urbana). A poda é fundamental no proceso de formación da árbore, de feito si se fai unha boa poda de formación na súa etapa de viveiro, obteranse exemplares cunha estructura forte e proporcionada e as posteriores podas reduciranse moito. Ademais tamén evitaranse os posibles problemas que poidan xurdir cando sexa preciso podar ramas de maior diámetro do aconsellable para unha boa cicatrización. O obxectivo das podas nos viveiros son conseguir árbores cunha estructura axeitada, proporcionando un conxunto equilibrado e harmónico. Si partimos dunha boa poda de formación, xunto con outros aspectos como axeitadas labores de cultivo (abonado, transplante, coidados fitosanitarios....), así como unha correcta selección de plantas segundo os obxectivos perseguidos, o mantemento da Marina Engroba Sal
Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais
Tema 3/páx. 6
árbore consistirá en pequenas operacións e só en casos moi drásticos (transplante de grandes exemplares, cirurxía arbórea...) poden ser necesarias operacións máis importantes.
4.
TIPOS DE PODA
4.1. Segundo os obxectivos finais
PODA DE FORMACIÓN. Son o conxunto de operacións de poda que teñen como obxectivo dar
á
árbore unha determinada estructura e forma (altura, vigor,
sanidade, espaciado de ramas...) ou manter esta unha vez conseguida. A poda de formación de árbores xoves é moi importante, xa que vai influír na futura estructura da árbore, na súa aparencia e tamén nos custes de mantemento. Comezan no viveiro e, dependendo da idade de saída da planta do mesmo, pode durar 3-4 anos posteriores á plantación. É a que nós imos tratar de abordar un pouco máis polo miúdo.
Marina Engroba Sal
Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais
Tema 3/páx. 7
PODA DE MANTEMENTO E SANEAMENTO. O seu obxectivo é manter a estructura conseguida na etapa de formación, así como minimizar ou eliminar posibles riscos, tratando sempre de respectar a forma da árbore. Algunhas actuacións típicas deste tipo de poda son: eliminación de chupóns, brotes de raíz, ramas que estorben, ramas secas, enfermas, rotas, mal orientadas....
PODA DE FLORACIÓN, FRUCTIFICACIÓN, TOPIARIA OU ESTÉTICA. Faise selecciónano as xemas e gromos co fin de incrementar a cantidade e tamaño de flores e froitos, ou obter unha determinada forma. Nas especies froiteiras o que se busca é establecer elementos productivos ou mantelos ó longo do tempo (podas de fructificación). A poda topiaia é un tipo de actuación artística mediante a que damos unha forma determinada a unha árbore ou arbusto, realizándoa a base de cortes e recortes sistemáticos de pequeno tamaño. Na actualidade, úsanse estructuras con formas e recórtase sobre elas.
PODAS DE RENOVACIÓN. Son aquelas nas que se eliminan partes ou elementos envellecidos da árbore para ser substituídos por outros máis xoves.
PODAS EXCEPCIONAIS. Son podas ás que só se debe recorrer en casos moi puntais. Algúns exemplos de uso son: reducción de peso, reducción da perigosidade, terciado e desmoche, restauración. Cada unha destas podas ten os seu propios condicionantes técnicos.
4.2. Segundo os tipo de corte
Podas por despunte (corta ou longa). Córtase unha parte dun RAM, sobre unha determinada xema. Cando o corte é moi baixo sobre ramo de xeito que se deixas 2 ou 3 xemas, a poda denomínase CURTA OU EN POLGARES, si o corte é máis longo e se manteñen máis de 5 xemas normais, a poda denomínase
LONGA OU EN
VARAS.
Podas por aclareo. Elimínanse ramos enteiros cortándoos polo punto de inserción e deixándoo os outros ramos intactos.
Marina Engroba Sal
Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais
Marina Engroba Sal
Tema 3/páx. 8
Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais
Tema 3/páx. 9
En liñas xerais as podas por despunte desequilibran máis á árbore, ó eliminar gran número de meristemas terminais e diminuír así a sínteses hormonal; por outra parte a brotación das xemas laterais enmaraña a vexetación e dificulta a aireación e insolación do interior da árbore provocando ademais crecementos excesivamente vigorosos. As podas por aclareo inciden menos no equilibrio hormonal, pero alongan excesivamente os elementos estructurais da árbore. Hoxe a mellor recomendación que se pode facer é a de non dar carácter exclusivo a ningunha delas e combinar estas na medida do posible, dando a cada árbore cortes de ambos tipos segundo que elementos esteamos a podar.
4.3.
Segundo a época de realización.
En seco ou de inverno. Normalmente este período vai dende novembro a mediados de marzo
e durante este tempo a árbore está en repouso vexetativo e as especies
caducifolias sen follas. Esta poda pode realizarse cedo, na parte media do período e tardía.
En verde ou de verán. Faise durante o período de crecemento vexetativo, normalmente de marzo a outubro. Poden realizarse cedo ou de primavera, de verán propiamente dita e de outono ou tardía. Anque, en principio e dende o punto de vista operativo, unha árbore pode podarse
en calquera dos períodos citados, na práctica os efectos da poda son diferentes segundo a época en que se realice. En consecuencia para elixir axeitadamentea data de poda, para cada especie e nas diferentes situacións que se poidan plantexar, é preciso coñecer estes efectos, para minimizar riscos e aproveitar ó máximo as súas vantaxes. Nos viveiros cada vez máis estase a utilizar podas de verán, pois non interesa ter exemplares moi floridos ou productivos, senón a formación de plantas. Algunhas conclusións sobre as datas de realización de podas son:
As podas máis debilitantes para a árbore serían as realizadas en primavera e as de menor efecto as de pleno repouso en inverno. Pero con esto non pode concluírse que a mellor época de poda sexa a de inverno, xa que este tema é máis complexo.
No período de repouso invernal, as temperaturas son demasiado baixas e o crecemento do tecido cicatrizal é moi lento ou nulo, en contraste ó que ocorre no Marina Engroba Sal
Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais
Tema 3/páx. 10
período de actividade vexetativa. Por eso a cicatrización das feridas sempre é mellor nas podas realizadas en verde.
Normalmente é o frío o que causa máis danos nas feridas das podas, esto non se da nas podas de verán. Os ataques de criptogámicas son outro graves risco en zonas húmidas e chuviosas
Hai especies moi sensibles a “sangrar” polas feridas causadas. O sangrado é maior nas épocas de máxima actividade vexetativa ou cando a árbore dispón de máis humidade no solo.
5.
PODA DE FORMACIÓN
Un elemento fundamental na formación da estructura é a solidez. A formación da estructura farase nos primeiros estadios da planta, cando é xove, procurarase establecer un tronco forte e coas ramas estructurais suficientemente robustas, convenientemente orientadas cara ó exterior, en todas as direccións e axeitadamente espaciadas ó longo do tronco formando o futuro esqueleto da árbore adulta. Esta estructura sólida búscase que resista a incidencia dos factores climáticos (ventos, tormentas...) sen sufrir roturas ou desgarramentos dos seus elementos fundamentais. A solidez é visible en determinados aspectos como:
Abertura dos ángulos de inserción das ramas nais co tronco ou das ramas secundarias
coas primarias. Canto maior sexa ese ángulo máis resistente é a
inserción xa que a madeira está sá e non presenta labios nin podremias debido á humidade e acumulación de po e residuos; pola contra ángulos de inserción moi agudos e pechados provocan necroses nas madeiras e desgarros de difícil cicatrización. A = Ramos subterminais vigorosos pero con mal ángulo de inserción. Non convenientes no proceso de formación. Eliminar pola base. B = Ramos máis baixos, menos vigorosos, pero mellor insertados nas ramas. Preferibles para formar o esqueleto da árbore. Elixir e conservar os que conveñan.
Marina Engroba Sal
Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais
Tema 3/páx. 11
Outro aspecto da solidez mecánica das unións estructurais o constitúe a diferencia de diámetros entre as ramas na súa inserción. Canto maior sexa esa diferencia maior desenrolo adquire o “zócalo “ de unión e esa porción de madeira endurecida proporciona unha gran resistencia mecánica á rotura por sobrecarga. A diferencia de
diámetros
entre unha rama e aquela na que se inserta, correspóndese
loxicamente cunha diferencia de idade, eso ten como consecuencia dúas conclusións importantes cara ó proceso de formación: o A primeira é que as ramas dunha determinada orde deben ser como mínimo, un ano máis xoves que aquelas nas que se insiren. De aí deducimos que o proceso de formación da árbore durará a lo menos, tantos anos como ordes de ramificación teña a forma elixida. o Por outra parte nunca deberían utilizarse na formación da árbores
os ramos
anticipados como inicio de ramas (ó ser a súa idade a mesma que a da rama na que se inserta,
o seu diámetro será similar e a súa unión (bifurcación)non será
suficientemente robusta.
Outro detalle de robustez é a situación escalonada da inserción das ramas primarias sobre o tronco e das secundarias sobre as primarias. Cando varias ramas dunha orde determinada se insiren no mesmo punto, o conxunto das cargas que
lle
corresponden gravitan sobre ese punto, co que este soporta un esforzo moi superior a aquel onde as cargas se distribúen en varias insercións distintas. En consecuencia os problemas de rotura e os defectos
de resistencia mecánica son
máis graves nos puntos de inserción múltiple (verticilos ou pisos) que nos simples.
Marina Engroba Sal
Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais
Tema 3/páx. 12
Na poda de formación da estructura pode corrixirse a orientación das ramas estructurais, co fin de reorientar o porte natural da árbore cara a unha forma máis artificial pero máis axeitadas á situación da árbore.
Marina Engroba Sal
Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais
Tema 3/páx. 13
Algunhas especies de árbores pódense conducir cara a formas artificiais (tallado, emparrado, cónica, cortina, marquesina....), pero hai que pensar que estas formas requiren no futuro máis poda de mantemento que as formas máis naturais. Deste xeito as árbores desenrolarán unha estructura resistente e con menores necesidades de poda en idades adultas. Esta estructura resistente virá dada polo tamaño relativo das ramas, polos ángulos de inserción e polo espazo entre elas. Hai unha serie de pasos que debemos cumprir sempre que iniciemos un proceso de formación:
Eliminar ramas rotas, enfermas, moribundas o mortas, ben en parte ou en toda a rama, tamén se deben eliminar cepos (tocóns).
Selecionar unha guía, a máis vertical e vigorosa e eliminar as outras ramas que compitan con ela.
Eliminar ramas que se entrecrucen, estean mal orientadas ou poidan producir feridas.
Selecionar a rama permanente máis baixa (chamada altura de gálibo) e que é diferente segundo o lugar onde se vaian situar (un xardín, unha rúa con tráfico.
Refaldar ou subir a copa ata unha determinada altura.
Selecionar as ramas que formarán o esqueleto definitivo e reducir ou eliminar aquelas que sexan competidoras.
Actuar sobre ramas moi próximas entre si ou ó eixe da árbore.
Eliminar chupóns non aproveitables.
Eliminar rebrotes de raíz, colo ou tronco da árbore.
Actuar sobre ramas con malas insercións ou coodominacias (gallas en forma de V) A gran vantaxe deste tipo de poda é que os cortes que se fan son de diámetro moi
pequeno e perfectamente asumible pola defensa da árbore. En xeral podemos distinguir dous grandes grupos de árbores segundo os sistemas de poda de formación de talo e da estructura. Por una lado o grupo de árbores frechados (único talo dominante ou guía) e polo outro o das árbores con copa en cruz (cun tronco principal e a unha certa altura unha cruz, a partir da que parten as ramas principais. Na poda de formación débense eliminar as ramas estructuralmente débiles, procurando sempre manter o equilibrio radial da rama e a forma natural da árbore. Marina Engroba Sal
Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais
Tema 3/páx. 14
As formas que poden adoptar ás árbores son moitas e variadas, pero podemos clasificalas nos seguintes grupos:
5.1
Arbores ramificados dende a base Dentro desta categoría podemos atopar distintas formas que se caracterizan
porque posúen un eixe central e porque están vestidos de ramas dende a base, pero poden ser mais ou menos anchos, fastixiados, cónicos, columnares e cunha distribución de ramas moi diferente.
Marina Engroba Sal
Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais
Tema 3/páx. 15
5.2. Arbores en copa Nesta categoría temos dúas posibilidades: EN COPA A PARTIR DUNHA CRUZ
CON GUÍA CENTRAL (frechados)
Tamén aquí son moitas as formas que
poden
adoptar
(globosas,
aparasoladas, en forma de vaso...) e as alturas ós que poden ser formados.
Marina Engroba Sal
Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais
Tema 3/páx. 16
5.3. De porte arbustivo con troncos múltiples ou un único tronco
Marina Engroba Sal
Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais
Marina Engroba Sal
Tema 3/páx. 17
Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais
Tema 3/páx. 18
5.4. De porte péndulo
5.5. Formas con eixe Como o seu nome indica son formas que teñen un eixe central (ramificado ou non dende a base ) que se denomina frecha ou guía da árbore, a partir do cal se van inserido as ramas primarias distribuídas de forma irregular ocupando o espacio sen estorbarse, en ángulos entre 45 e 60º e dirixidas cara o exterior e cara arriba, de forma que se obteña un claro porte piramidal, na maioría dos casos non levará ramas secundarias ou só levarán unha ou dúas distribuídas aproveitando o espacio existente. Na formación é fundamental o equilibrio vexetativo entre o crecemento do tronco e o das ramas Aplícase a múltiples especies.
Marina Engroba Sal
Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais
Tema 3/páx. 19
Poden presentar o problema de perda da guía terminal, obrigando a intervir si se quere manter a forma.
Marina Engroba Sal
Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais
Tema 3/páx. 20
5.6. Formas abertas Son formas libres sen eixe central, non sometidas no seu proceso
de
formación a ningunha norma fixa e que consisten nun tronco vertical entre 0.30 e 2.50 m con ramas primarias en número variable entre 3 e ata 5 ou 7, insertas no tronco en forma non necesariamente escalonada, distribuídas no espacio para que non se estorben entre si e dirixidas en ángulos de 45 a 60 º cara o exterior e cara arriba. O único criterio ó elixilas e que non se estorben, se manteñan equilibradas e ocupen o
espacio dispoñible. Sobre as primarias dispóñense as secundarias,
sen normas xeométricas, sempre que ocupen os espacios e non se crucen ramas. O tamaño que poden acadar é moi variable dependendo do vigor da especie. De forma xeral, canto maior sexa a árbore a forma faise máis aberta, co obxecto de diminuír á altura total. Pode aplicarse a case calquera
especie.
Hai
moitas
modificacións do sistema. Imaxe en: http://www.planthogar.net/enciclopedia/ documentos/1/documentos-
5.7. Formación do tronco Calquera que sexa o sistema de formación elixido, o primeiro problema co que nos atopamos é o de formar o tronco da árbore durante os primeiros anos do seu desenrolo. Nos casos de pes baixos o proceso é elemental, pero si queremos conseguir árbores en pe alto, a obtención de troncos pode complicarse tremendamente. No seu aspecto final, o tronco deberá ser columnar, vertical e da altura necesaria para os nosos fins. En xardinería esta altura pode ser moi variable en función do tipo, uso e situación. As árbores de copa pódense clasificar segundo a altura da copa en árbores de copa alta (> de 2.50 m. de altura), de copa media (entre 2.25 e 2.50 m. de altura) e copa baixa ( > de 2.50 m. de altura). Marina Engroba Sal
Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais
Tema 3/páx. 21
O tronco debe ser regular, con sección circular, sen feridas, necroses ou deformacións. O punto de partida deste proceso constitúeo o gromo inicial que crece durante o primeiro
período vexetativo de vida, dando orixe a un primeiro ramo
vertical cunha altura e grosor determinados polo vigor propio da especie e polas condicións en que se desenrola. No caso de que o primeiro ano teñamos a altura precisa para iniciar o proceso de formación, o ramo descabézase á altura que corresponda para forzar a ramificación e deixase o ramo lignificarse e engrosar progresivamente para formar o tronco desexado. Si durante ese primeiro ano non se logrou a altura desexada para a formación da árbore, podemos optar por dous métodos de formación: Non descabezar a planta deixándoa crecer libremente outro ou varios anos máis ata acadar a altura precisa. Este método ten a vantaxe de que o crecemento é recto e vertical e que o tronco fórmase san, sen cortes, feridas ou necroses. É o método propio de especies robustas, rústicas e de porte erecto. Descabezar ó ramo sobre unha xema entre 1/2 e 1/3 da altura total do ramo e na vertical para enderezar o tronco resultante. Esto faise en especies máis débiles, sensibles ó frío ou cun crecemento terminal non lignificado e que quede péndulo ou tortuoso. O tronco presenta zonas necrosadas, puntos de corte e tárdase máis tempo en acadar a altura final. No caso de árbores de copa frechados, o refaldado ou eliminación progresiva das ramas baixas non deberá superar o tercio inferior da árbore Formación do tronco nunha árbore en pe alta: 1= cortes anuais de descabezamentoo; 2=pinzamento dos gromos laterais; 3= refaldado progreivo; 4= desxemado para deixar un tocón de apoio Marina Engroba Sal
Tema 3/páx. 22
Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais
En calquera dos dous métodos, cando a formación dun tronco dura varios anos, un problema engadido o
constitúe o tratamento das brotacións
e ramos
laterais. De feito moitas veces son eliminados sistematicamente. A actividade fotosintética da vexetación destes ramos contribúe intensamente ó engrosamento e formación do tronco. En consecuencia a súa eliminación sistemática e prematura debilita o tronco e o fai longo pero moi delgado. Si as ramificacións laterais déixanse engrosar e desenrolar moito
haberá
nós e
grandes feridas de difícil cicatrización producidas polos cortes. A mellor maneira de aproveitar as vantaxes e evitar os inconvenientes das brotacións laterais consiste en despuntalas ata 1/3 da súa lonxitude pero sen eliminar máis que as que estean claramente en exceso, ata que o tronco acade 1,50-2 m de altura. Desta forma as brotacións laterais contribúen a engrosar o tronco sen aumentar a súa vez o seu propio diámetro e sen formar nós de gran tamaño. A partir desta altura suprímense todos os anos as ramificacións laterais do tercio máis baixo do tronco. Esta práctica coñécese como REFALDADO e remata coa eliminación total das brotacións laterais por debaixo das que van ser as ramas primarias
Marina Engroba Sal
Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais
Tema 3/páx. 23
5.8. Altura do tronco A altura final da copa dependerá da localización da árbore e da súa anchura de copa. En xardinería e sobre todo na urbana, as árbores fórmanse con moi diversas alturas de tronco en función das circunstancias.
0,5-1,5 m. para árbores
2,5-3m. en avenidas
3,5-6 m. con circulación
de céspedes e macizos
peatonais, terrazas
de automóbiles
6m ou máis refaldado forestal produccións en alineacións
De forma xeral para xardinería as alturas aconsellables son: Cando a árbore está illada ou en grupos, sobre céspede ou terra, pero sen que sexa preciso traballar baixo a súa copa, o tronco normal ten unha altura entre 0,5 e 1 m. ou estar ramificada dende a base. Cando se trata de árbores de sombra en zonas peonís, a altura mínima dispoñible debe ser a lo menos de 2,5 m. En estradas e camiños por onde deban circular vehículos a altura do tronco non debe ser inferior a 4m.
Marina Engroba Sal
Tema 3/páx. 24
Curso: Iniciación ás técnicas de formación de árbores ornamentais
6.
BIBLIOGRAFÍA Gil- Albert, Fernando. Las podas de las especies arbóreas ornamentais. Ed..Mundi prensa. Madrid 2001.
La poda ornamental (on line) en: http://perso.wanadoo.es/belbon1/poda.htm. Data consulta novembro 2010
Tratado
de
arboricultura
frutal
(on
line)
en:
http://books.google.es/books?id=lW2A79_35x0C&pg=PA64&lpg=PA64&dq=desbr otado&source=bl&ots=gZfpEE5P7i&sig=j3_WDHCIaFe9s6dsXPwxTEDz2g&hl=es&ei=Jq_iTPuZMZGUjAeLtIjHAQ&sa=X&oi=boo k_result&ct=result&resnum=2&ved=0CB0Q6AEwAQ#v=onepage&q=desbrotado& f=false Data consulta novembro 2010
La
poda
de
los
árboles
ornamentales
(on
line)
en:
http://issuu.com/lavila/docs/curso_poda_arboles_ornamentales/1?mode=a_p Data consulta novembro 2010
Gestión
de
la
estructura
del
árbol
urbano
(on
line)
http://www.arbolonline.org/3folletoAEA.htm Data consulta novembro 2010.
Marina Engroba Sal
en
: