Día da natureza 2015 def

Page 1


A Asamblea xeral das Nacións Unidas decide proclamar o 3 de marzo: Día Mundial da Natureza. O Día Mundial da Natureza bríndanos a ocasión de celebrar a beleza e a variedade da flora e fauna salvaxes,así como de crear conciencia sobre a multitude de beneficios que a conservación destas formas de vida ten para a humanidade A celebración deste día recórdanos tamén a necesidade urxente de combater os delitos contra a natureza,de grandes consecuencias para o desenvolvemento sostible e o benestar da humanidade

Fonte: http://www.cinu.mx/eventos/observancia/dia-mundial-de-la-naturaleza/


Para celebrar este día,presentámosvos un bestiario

moi actual,un abecedario animal,onde dende a letra A até a Z visionaremos algúns “habitantes” que,merecerían, de pleno

dereito,ao igual que nós,poboar libremente o planeta Terra. Non obstante, a nosa acción directa ou indirecta ameaza

gravemente a súa supervivencia.


Desde o humor, o noso bestiario-abecedario plántella que:

“A grandeza e o progreso moral da humanidade só Pode ser xulgado segundo a forma na que trata aos seus animais” Mahatma Gandhi

COMEZAMOS!!!



























A caza furtiva de especies exóticas, a destrución de hábitats, o tráfico ilegal de animais, unido ás graves consecuencias da mudanza climática supón unha grave ameaza para a fauna salvaxe e en consecuencia para a saúde do noso planeta.


Como dicía Víctor Hugo: “Primeiro foi necesario civilizar ao ser humano na súa relación co ser humano. Agora é necesario civilizar ao ser humano na súa relación coa natureza e os animais”.

PRESERVA O PATRIMONIO NATURAL! NON DEIXES QUE NESTE ABECEDARIO DESAPAREZA ALGUNHA DAS LETRAS!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.