Actividades Extraescolares 2019-2020
O Colexio El Pilar ten, coma un dos obxectivos principais, fomentar o desenvolvemento integral de cada un dos seus alumnos. Para iso, pon a súa disposición un completo programa de actividades extraescolares. Esta formación complementaria, ademais de procurar unha maior motivación do alumno para aproveitar as súas actitudes ao máximo, facilitaralle a consecución de habilidades que nun futuro o axudarán a enfrontarse a un ambiente cada vez máis esixente. Porque cada alumno é diferente, adaptamos o proceso de aprendizaxe ás necesidades e capacidades de cada un, realizando un seguimento persoal de cada nen@. Para que as diferentes actividades propostas se leven a cabo, requírese un número mínimo de participantes. Ao mesmo tempo establecerase tamén un número máximo para cada actividade. Os mestres de cada actividade realizarán unha avaliación trimestral sobre o progreso dos alumnos e informarán con detalle a cada familia. Ao rematar o curso, todos os nen@s recibirán un informe final. Para atender e dar asesoramento sobre as cuestións que poidan xurdir en relación á nosa oferta extraescolar póde contactar con el a través do seguinte enderezo electrónico, exodega@gmail.com. A inscrición nas diferentes actividades poderase realizar na pataforma
www.edue.es DENDE O 1 DE SETEMBRO ATA O 27 DE SETEMBRO 2019.
ÍNDICE Actividades Artísticas e Culturais 1) Teatro 2) Xadrez 3) Kids Abacus 4) Guitarra 5) Pintura 6) Traballos Manuais 7) Ballet 8) Baile Moderno
Actividades Deportivas 9) Judo 10) Patinaxe 11) Baloncesto 12) Fútbol Sala 13) Tenis de mesa 14) Fútbol Sala Infantil e Psicomotricidade 15) Multideporte
Actividades Multidisciplinares 16) Ludoteca infantil 17) Multiactividade 18) Robotix ® 19) Funny Science ® 20) Bright Minds ®
Idiomas, Orientación e Reforzo Académico 21) Inglés 22) Francés
Actividades Artísticas e Culturais Teatro O Teatro ten un papel fundamental no desenvolvemento da expresión e creatividade dos nosos alumnos favorecendo a linguaxe oral e corporal. Quen?: Educación Infantil e Primaria. Cando?: martes de 13:40h-14:40h ou venres 17:30 a 18:30. Importe: 23€/mes.
Xadrez O xadrez esixe unha gran concentración polo que o noso cerebro se ve sometido a unha actividade que axuda ao desenvolvemento mental dos nosos alumnos. Multimedia* Quen?: Educación Primaria. Cando?: venres de 12:40h-13:40h. Importe: 19€/mes.
Kids Abacus O programa KIDS ABACUS emprega como o ábaco como instrumento de cálculo, combinando diferentes actividades e xogos realizados en clase, que permite potenciar o desenrolo do hemisferio dereito do cerebro, onde residen as capacidades de memoria visual, concentración, atención e creatividade. Quen?: Educación Primaria. Cando?: martes de 12:40h-13:40h ou xoves 17:30 a 18:30. Importe: 22,50€/mes.
Guitarra Os participantes aprenderán a tocar este instrumento dunha forma divertida e entretida. Quen?: Educación Primaria e secundaria. Cando?: luns de 16:30h-17:30h ou 17:30 a 18:30. Importe: 19€/mes.
Pintura Esta actividade ofrece aos alumnos a oportunidade de fomentar capacidades de observación visual e creatividade. Quen?: Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Cando?: Primaria: Un día á semana: luns, xoves ou venres de 12:40h-14:15h. Un día á semana: luns, martes, mércores ou venres de 16:30h-18:00h. Infantil: Iniciación á pintura: mércores 12:40h-14:15h. Secundaria: Un día á semana: venres de 16:30h-18:00h. Importe: 28€/mes.
Traballos Manuais Esta actividade ofrece aos alumnos a oportunidade de fomentar capacidades de observación visual e creatividade. Quen?: Educación Primaria. Cando?: martes de 12:40h-13:40h. Importe: 19€/mes.
Ballet A danza clásica é a expresión artística por excelencia, con movementos baseados no control total e absoluto do corpo. Esta disciplina axuda, desde idades temperáns a mellorar a concentración, actitude e expresión executando liñas en total harmonía. Quen?: Educación Infantil e Primaria. Cando?: Infantil: martes de 12:40h-13:40h. Primaria: venres de 12:40h-13:40h. Importe: 19€/mes.
Baile Moderno O baile ten un papel fundamental no desenvolvemento da expresión e creatividade dos nosos alumnos favorecendo o oído musical e desenvolvendo a linguaxe corporal. Quen?: Educación Infantil, Primaria e 1º e 2º Ed. Secundaria. Cando?: Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria: martes de 16:30h-17:30h. 4º, 5º e 6º de Primaria, 1º e 2º ESO: xoves de 16:30h-17:30h. Importe: 19€/mes.
Actividades Deportivas Judo O Judo é unha arte marcial con tres aspectos ben diferenciados: deporte, formación e defensa persoal. Polo seu alto valor pedagóxico, o judo divulgouse como un deporte moi aconsellable para nen@s e adolescentes. Favorece a auto confianza e axuda a vencer a timidez ao canalizar a vitalidade desbordante característica dos nenos. Ao mesmo tempo mellora o desenvolvemento muscular xeral e o equilibrio nervioso. É obrigatorio a utilización do Judogui, traxe de Judo, prenda que poden adquirir en tendas de deporte. Quen?: Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Cando?: 1ºe 2º Ed. Primaria: martes e xoves de 12:40h-13:40h. 3º,4º,5 e 6º Ed. Primaria: luns e mércores de 12:40h-13:40h. Ed. Infantil: venres de 12:40h-13:40h. Ed. Infantil, 1º, 2º, 3º,4º,5º e 6º Ed. Primaria: luns, martes, mércores, xoves 16:30h-17:30h (escoller dous días). 5º, 6º Ed. Primaria e ESO avanzado: mércores e venres de 17:30h-18:30h. Importe: Licenza Federativa obrigatoria 24€/anual; o abono será en man ao monitor encargado da actividade. Un día 20€/mes. Dous días 30€/mes. Prezo dous irmáns: dous días 25€/mes/persoa. Terceiro irmán Gratis. O pago desta actividade é trimestral. Código de inscrición: JUDO (marcar día/s na táboa).
Patinaxe A patinaxe é un deporte moi completo e fundamental no desenvolvemento do equilibrio e da coordinación. Ademais favorece o oído musical e a expresión corporal. Quen?: Educación Infantil e Primaria. Cando?: sábado de 11:00h-12:30h. mercores de 16:30h-18:00h. Importe: 23€/mes.
Baloncesto O Baloncesto fomenta como deporte de equipo os valores da amizade, o respecto, a disciplina e o compañeirismo, así como o desenvolvemento básico e xeral da condición física. (F: feminino; M: masculino). Os/as nen@s inscritos previamente no Clube non precisan volver inscribirse. Por falta de xogadoras, non se dispón de este servizo para nenas da ESO. Participan en Competicións de Liga Zonal e Liga Galega da FGB. Quen?: Educación Infantil, Primaria e Secundaria. 6º Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º Primaria: martes e xoves de 16:45h-18:00h. 5º e 6º Primaria: luns de 16:45h-18:15h, mércores e venres de 18:00h-19:15h. 1º e 2º Secundaria: luns de 18:15h-19:30h, mércores e venres de 16:45h-18:00h. 3º e 4º Secundaria: luns de 19:30h-20:45h, mércores e venres de 19:15h-20:30h. Importe: (Infantil, 1º e 2º Prim): prezo inscrición 15€. Prezo mensual: 35€/mes. Data de inicio: martes 3 outubro. (3º e 4º Prim): prezo inscrición 50€. Prezo mensual: 40€/mes. Data de inicio: martes 19 setembro. ALEVÍNS (5º e 6º Prim): prezo inscrición 50€. Prezo mensual: 40€/mes. Data de inicio: luns 4 setembro.
Fútbol Sala O Fútbol Sala fomenta o traballo en equipo, o esforzo e compromiso ademais de desenvolver a súa condición tanto física como mental mediante tácticas de xogo. Quen?: Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Cando?: 1º Primaria: luns e xoves de 16:45h-18:00h. 2º Primaria: martes e venres de 16:45h-18:00h. 3º e 4º Primaria: luns e xoves de 16:45h-18:00h. 5º Primaria: mércores e venres de 16:45h-18:00h. 6º Primaria: mércores e venres de 16:45h-18:00h. 1º e 2º ESO: mércores e venres de 18:00h-19:15h. 3º e 4º ESO: martes e xoves de 18:00h-19:15h. Importe: 27€/mes. No caso de irmáns/ irmás, a partir do segundo o prezo é de 19€/ mes. NOTA: Os adestradores soamente recollerán nas clases aos nenos/as de 1º Primaria.
Tenis de mesa Esta actividade mellora la velocidade coordinación dos movementos e a capacidade de concentración . Quen?: Educación Primaria 5º e 6º e Secundaria. Cando?: martes, xoves e venres de 18:00h-19:15h (podendo escoller un, dous ou tres días) Importe: Un día 19€/mes. Dous días 27€/mes. Tres días 35€/mes.
Fútbol Sala Infantil e Psicomotricidade O Fútbol Sala para os mais cativos que fomenta o traballo en equipo, o esforzo e compromiso ademais de desenvolver a súa condición tanto física como mental sen descoidar o traballo da psicomotricidade tan importante nestas idades. Quen?: Educación Infantil. Cando?:luns e mércores de 16:45h-18:00h. Importe: Un día 19€/mes. Dos días 27€/mes. Código de inscrición: INI-FUT/PSI (marcar día/s na táboa). NOTA: Os alumnos/as de Ed. Infantil serán recollid@s polos monitores na aula. Os luns e sábados se chove, a actividades desenvolverase na sala de judo, e os mércores se chove a actividade levarase a cabo na sala de psicomotricidade dentro do colexio (neste último caso os nenos/as serán recollidos en portería). Se non chove, a actividade se desenvolverá no patio, igual que a recollida.
Multideporte Esta actividade comprende un amplo abano de deportes onde poderán coñecer e aprender diferentes disciplinas. Quen?: Educación Primaria. Cando?: MAÑA: martes e xoves de 13:40h-14:40h (podendo escoller un ou dous días) TARDE: Luns, xoves e venres de 16:40h-19:15h (podendo escoller un, dous ou tres días) Importe: Un día 19€/mes. Dous días 27€/mes. Tres días 35€/mes.
Actividades Multidisciplinares Ludoteca Infantil Esta actividade facilita as relacions sociais, e proporcionan un medio de desarrollo integral do neno a través do xogo. Utilizaremos este entorno lúdico, para traballar ademáis a psicomotricidade, a pedagogía e a participación en equipo. Quen?: Educación Infantil Cando?: De luns a venres días 16:30h-17:30h Importe: Un 40€/mes.
Multiactividade Esta actividade comprende un amplo abano de obradoiros onde poderán coñecer e aprender diferentes disciplinas mediante talleres de psicomotricidade, expresión corporal e dramatización, xogos cooperativos, natureza, xogos lúdicos, horticultura, traballos manuais… Multimedia* Quen?: Educación Infantil e Primaria. Cando?: luns, mércores e venres de 12:40h-13:40h (podendo escoller un, dous ou tres días) Material incluido. Importe: Un día 16€/mes. Dous días 33€/mes. Tres días 46€/mes.
LEGO Robotix® Nesta actividade foméntase da forma máis divertida a ciencia e a tecnoloxía. Tamén experimentan ca forza e o movemento, o equilibrio e a estabilidade mediante os recursos de LEGO® Education®, potenciando desta maneira a creatividade, innovación, emprendemento e a eficiencia. Multimedia* Quen?: Educación Primaria e Secundaria. Cando?: Ed. Primaria: xoves de 12:40h-14:15h. Ed. Primaria: martes de 16:30h-18:00h
Ed. Secundaria: martes de 16:30h-18:00h. Importe: 38€/mes.
Funny Science® Quen?: Educación Primaria 3º a 6º e Secundaria. Cando?: luns 12:40h-13:40h ou xoves de 16:30h-18:00h. Importe: 38€/mes
Bright Minds® Esta é a nova actividade de estimulación en desenrolo infantil que fomenta o gusto por aprender intuitivamente xogando tanto mental como fisicamente, estimulando simultaneamente múltiples intelixencias para desenrolar o potencial do neno. (Actividade parcialmente en inglés, conta con material Lego Education® e emprégase a psicomotricidade e a intelixencia emocional). Multimedia* Quen?: Educación Infantil. Cando?: martes e xoves de 12:40h-13:40h ou luns e venres de 16:30h-18:00h. Importe: 38€/mes.
Idiomas Inglés Co obxectivo de mellorar a práctica activa do inglés, tanto a nivel oral coma escrito, poñemos a disposición dos nosos alumnos ao mellor profesorado especializado. Ademais existe a posibilidade de que os alumnos máis avanzados preparen e realicen o prestixioso exame Cambridge Young Learners (YLE), o KET ou o PET. (Máis información en http://www.cambridgeesol.org). Multimedia* Quen?: Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Cando?: Infantil e Primaria: luns e mércores de 12:40h-13:40h. Infantil e Primaria: martes e xoves de 12:40h-13:40h. Infantil e Primaria: luns e mércores de 16:30h-17:30h. Infantil e Primaria: martes e xoves de 16:30h-17:30h. Ed. Secundaria: martes e xoves de 16:30h-17:30h. Preparación Exame FCE (First Certificate English): venres de 16:00h-17:30h Importe: Dous días: 39€/mes +(18€/anual de material no primeiro mes).
Francés Co obxectivo de mellorar a práctica activa do francés, poñemos a disposición dos nosos alumnos profesores especializados neste idioma. Multimedia* Quen?: Educación Primaria e Secundaria. Cando?: Ed. Primaria: martes e xoves de 12:40h-13:40h. Importe: Dous días: 39€/mes +(18€/anual de material no primeiro mes). Ed. Secundaria: martes de 16:30h-17:30h. Importe: 22€/mes +(18€/anual de material no primeiro mes).
Os alumnos de infantil serán recollidos polos monitores na aula en todas as actividades. No resto das actividades, serán recollidos na aula sempre que participen en actividades levadas a cabo dentro do edificio colexial, pois os alumnos que leven a cabo as súas actividades no exterior do edificio serán recollidos nos patios. Os adestradores de Fútbol Sala recollerán á saída da aula aos alumnos de 1º Ed. Primaria. O pagamento dos recibos efectuarase mediante domiciliación bancaria. A devolución da
mensualidade
*Multimedia:
implica
o
cargo
dos
gastos
de
xestión.
Estas actividades contan este ano con dispositivos electrónicos á
disposición do grupo, que poderán empregar nas sesións.
HORA
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
11:00 a 12:30
PATINAJE
FUNNY SCIENCE XADREZ PINTURA-INI. T-MANUAIS BALLET-A
BALLET-B
ABACO
12:40 a 13:40
ROBOTIX INGLES-A
INGLES-B
INGLES-A
FRANCES JUDO
JUDO
INGLES-B FRANCES
JUDO
PINTURA BRIGHT-MINDS
JUDO
JUDO
PINTURA
PINTURA
BRIGHT-MINDS
TEATRO 13:40 a 14:40
MULTIACTIVIDAD
MULTIACTIVIDAD MULTIDEPORTE
INF-LUDO
INF-LUDO
MULTIACTIVIDAD MULTIDEPORTE
INF-LUDO
INF-LUDO
BRIGHT-MINDS
INF-LUDO BRIGHT-MINDS
ROBOTIX
FUNNY SCIENCE
JUDO
JUDO
JUDO
JUDO
INGLES-C
INGLES-D
INGLES-C
INGLES-D
INGLES-FIRST
GUITAR BAILE-A 16:30 a 17:30
FUTBOL
FUTBOL
BAILE-B FUTBOL
FUTBOL
FUTBOL TEATRO
PATINAJE ABACO
MULTIDEPORTE BASKET
BASKET
BASKET
PINTURA
PINTURA
PINTURA
INI-FUT/PSI
MULTIDEPORTE
MULTIDEPORTE
BASKET
BASKET PINTURA
INI-FUT/PSI FRANCES-ESO JUDO
17:30 a 18:30
JUDO
GUITAR FUTBOL
FUTBOL
FUTBOL
TENIS MESA 19:00 a 20:45
SÁBADO
FUTBOL
FUTBOL
TENIS MESA
TENIS MESA
BASKET
BASKET
BASKET
BASKET
BASKET
BASKET
BASKET
BASKET
BASKET
BASKET