ActividadesExtraescolares 2018-2019
O Colexio El Pilar ten, coma un dos obxectivos principais, fomentar o desenvolvemento integral de cada un dos seus alumnos. Para iso, pon a súa disposición un completo programa de actividades extraescolares. Esta formación complementaria, ademais de procurar unha maior motivación do alumno para aproveitar as súas actitudes ao máximo, facilitaralle a consecución de habilidades que nun futuro o axudarán a enfrontarse a un ambiente cada vez máis esixente. Porque cada alumno é diferente, adaptamos o proceso de aprendizaxe ás necesidades e capacidades de cada un, realizando un seguimento persoal de cada nen@. Para que as diferentes actividades propostas se leven a cabo, requírese un número mínimo de participantes. Ao mesmo tempo establecerase tamén un número máximo para cada actividade. Os mestres de cada actividade realizarán unha avaliación trimestral sobre o progreso dos alumnos e informarán con detalle a cada familia. Ao rematar o curso, todos os nen@s recibirán un informe final. O coordinador das actividades extraescolares, Manuel Feijoó, atenderá e dará asesoramento sobre as cuestións que poidan xurdir en relación á nosa oferta extraescolar. Para tal fin, pódese contactar con el a través do seguinte enderezo electrónico, exodega@gmail.com. A inscrición nas diferentes actividades poderase realizar na conserxería do centro. A data máxima de inscrición é o 27 DE SETEMBRO 2018. Para iso, deberán entregar, debidamente cuberto, o impreso de inscrición que poden descargar en www.maristasvigo.es o recollelo na propia conserxería.
ÍNDICE Actividades Artísticas e Culturais 1) Teatro 2) Xadrez 3) Kids Abacus 4) Guitarra 5) Pintura 6) Traballos Manuais 7) Ballet 8) Baile Moderno
Actividades Deportivas 9) Judo 10) Patinaxe 11) Baloncesto 12) Fútbol Sala 13) Fútbol Sala Infantil e Psicomotricidade
Actividades Multidisciplinares 14) Multiactividade 15) Robotix ® 16) Videoxogos 17) Bright Minds ®
Idiomas, Orientación e Reforzo Académico 18) Inglés 19) Francés 20) Alemán
Actividades Artísticas e Culturais Teatro O Teatro ten un papel fundamental no desenvolvemento da expresión e creatividade dos nosos alumnos favorecendo a linguaxe oral e corporal. Quen?: Educación Infantil e Primaria. Cando?: martes de 12:20h-13:20h. Importe: 23€/mes. Código de inscrición: TEATRO.
Xadrez O xadrez esixe unha gran concentración polo que o noso cerebro se ve sometido a unha actividade que axuda ao desenvolvemento mental dos nosos alumnos. Multimedia* Quen?: Educación Primaria. Cando?: venres de 12:20h-13:20h. Importe: 19€/mes. Código de inscrición: XADREZ.
Kids Abacus O programa KIDS ABACUS emprega como o ábaco como instrumento de cálculo, combinando diferentes actividades e xogos realizados en clase, que permite potenciar o desenrolo do hemisferio dereito do cerebro, onde residen as capacidades de memoria visual, concentración, atención e creatividade. Quen?: Educación Primaria. Cando?: martes e xoves de 12:20h-13:20h. Importe: 45€/mes. Código de inscrición: ABACO.
Guitarra Os participantes aprenderán a tocar este instrumento dunha forma divertida e entretida. Quen?: Educación Primaria. Cando?: luns de 17:20h-18:20h. Importe: 19€/mes. Código de inscrición: GUITAR.
Pintura Esta actividade ofrece aos alumnos a oportunidade de fomentar capacidades de observación visual e creatividade. Quen?: Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Cando?: Primaria: Un día á semana: luns, xoves ou venres de 12:20h-14:00h. Un día á semana: luns, martes, mércores ou venres de 17:20h-19:00h. Código de Inscrición: PINTURA (Ed. Primaria - marcar día/s na táboa) Infantil: Iniciación á pintura: mércores 12:20h-13:30h. Código de Inscrición: PINTURA-INI (Ed. Infantil) Secundaria: Un día á semana: venres de 16:00h-17:20h. Código de Inscrición: PINTURA-ESO (Ed. Secundaria) Importe: 28€/mes.
Traballos Manuais Esta actividade ofrece aos alumnos a oportunidade de fomentar capacidades de observación visual e creatividade. Quen?: Educación Primaria. Cando?: martes de 12:20h-13:30h. Importe: 19€/mes. Código de inscrición: T-MANUAIS.
Ballet A danza clásica é a expresión artística por excelencia, con movementos baseados no control total e absoluto do corpo. Esta disciplina axuda, desde idades temperáns a mellorar a concentración, actitude e expresión executando liñas en total harmonía. Quen?: Educación Infantil e Primaria. Cando?: Infantil: martes de 12:20h-13:20h. Código de inscrición: BALLET-A. Primaria: venres de 12:20h-13:20h. Código de inscrición: BALLET-B. Importe: 19€/mes.
Baile Moderno O baile ten un papel fundamental no desenvolvemento da expresión e creatividade dos nosos alumnos favorecendo o oído musical e desenvolvendo a linguaxe corporal. Quen?: Educación Infantil, Primaria e 1º e 2º Ed. Secundaria. Cando?: Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria: martes de 17:20h-18:20h. Código de inscrición: BAILE-A. 4º, 5º e 6º de Primaria, 1º e 2º ESO: xoves de 17:20h-18:20h. Código de inscrición: BAILE-B. Importe: 19€/mes.
Actividades Deportivas Judo O Judo é unha arte marcial con tres aspectos ben diferenciados: deporte, formación e defensa persoal. Polo seu alto valor pedagóxico, o judo divulgouse como un deporte moi aconsellable para nen@s e adolescentes. Favorece a auto confianza e axuda a vencer a timidez ao canalizar a vitalidade desbordante característica dos nenos. Ao mesmo tempo mellora o desenvolvemento muscular xeral e o equilibrio nervioso. É obrigatorio a utilización do Judogui, traxe de Judo, prenda que poden adquirir en tendas de deporte. Quen?: Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Cando?: 1º, 2º e 3º Ed. Primaria: martes e xoves de 12:20h-13:20h. 2º e 3º Ed. Primaria: luns e mércores de 12:20h-13:20h. 4º, 5º e 6º Ed. Primaria: luns e mércores de 12:25h-13:25h. Ed. Infantil: martes e xoves de 12:20h-13:20h ou venres de 12:20h-13:20h. Ed. Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º Ed. Primaria: martes, mércores, xoves e venres de 17:20h-18:20h (escoller dous días). 4º, 5º, 6º Ed. Primaria: mércores e venres de 17:30h-18:30h. 5º, 6º Ed. Primaria, Ed. Secundaria: mércores e venres de 18:00h-19:00h. Importe: Licenza Federativa obrigatoria 24€/anual; o abono será en man ao monitor encargado da actividade. Un día 20€/mes. Dous días 30€/mes. Prezo dous irmáns: dous días 25€/mes/persoa. Terceiro irmán Gratis. O pago desta actividade é trimestral. Código de inscrición: JUDO (marcar día/s na táboa).
Patinaxe A patinaxe é un deporte moi completo e fundamental no desenvolvemento do equilibrio e da coordinación. Ademais favorece o oído musical e a expresión corporal. Quen?: Educación Infantil e Primaria. Cando?: Ata 7 anos: sábado de 10:30h-12:00h. Código de inscrición: PATI-A. A partir de 8 anos: sábado de 12:00h-13:30h. Código de inscrición: PATI-B. Importe: 23€/mes.
Baloncesto O Baloncesto fomenta como deporte de equipo os valores da amizade, o respecto, a disciplina e o compañeirismo, así como o desenvolvemento básico e xeral da condición física. (F: feminino; M: masculino). • • •
Os/as nen@s inscritos previamente no Clube non precisan volver inscribirse. Por falta de xogadoras, non se dispón de este servizo para nenas da ESO. Participan en Competicións de Liga Zonal e Liga Galega da FGB.
Quen?: Educación Primaria e Secundaria. ESCOLAS (Infantil, 1º e 2º Prim): martes e xoves de 17:30h-18:45h. BENXAMÍNS (3º e 4º Prim): martes e xoves de 17:30h-18:45h. ALEVÍNS (5º e 6º Prim): luns, mércores e venres, de 17:30h-18:45h. INFANTILES: varios equipos, horario sen definir (adestramentos 3 días / semana). Importe:
ESCOLAS (Infantil, 1º e 2º Prim): prezo inscrición 15€. Prezo mensual: 35€/mes. Data de inicio: martes 3 outubro. BENXAMÍNS (3º e 4º Prim): prezo inscrición 50€. Prezo mensual: 40€/mes. Data de inicio: martes 19 setembro. ALEVÍNS (5º e 6º Prim): prezo inscrición 50€. Prezo mensual: 40€/mes. Data de inicio: luns 4 setembro. Código de inscrición: BASKET.
Fútbol Sala O Fútbol Sala fomenta o traballo en equipo, o esforzo e compromiso ademais de desenvolver a súa condición tanto física como mental mediante tácticas de xogo. Quen?: Educación Primaria e Secundaria. Cando?: 1º Primaria: martes e venres de 17:30h-18:45h. 2º Primaria: luns e xoves de 17:30h-18:45h. 3º e 4º Primaria: mércores e venres de 17:30h-18:45h. 5º e 6º Primaria: martes e xoves de 17:30h-18:45h. 1º e 2º ESO: mércores e venres de 18:45h a 20:00h. 3º e 4º ESO: martes e xoves de 18:45h a 20:00h. Importe: 26€/mes. No caso de irmáns/ irmás, a partir do segundo o prezo é de 18€/ mes. Código de inscrición: FUTBOL. NOTA: Os adestradores soamente recollerán nas clases aos nenos/as de 1º Primaria.
Fútbol Sala Infantil e Psicomotricidade O Fútbol Sala para os mais cativos que fomenta o traballo en equipo, o esforzo e compromiso ademais de desenvolver a súa condición tanto física como mental sen descoidar o traballo da psicomotricidade tan importante nestas idades. Quen?: Educación Infantil. Cando?:luns e mércores de 17:30h-18:45h e sábado de 12:00h-13:15h. Importe: Un día 18€/mes. Dos días 22€/mes. Tres días 26€/mes. Código de inscrición: INI-FUT/PSI (marcar día/s na táboa). NOTA: Os alumnos/as de Ed. Infantil serán recollid@s polos monitores na aula. Os luns e sábados se chove, a actividades desenvolverase na sala de judo, e os mércores se chove a actividade levarase a cabo na sala de psicomotricidade dentro do colexio (neste último caso os nenos/as serán recollidos en portería). Se non chove, a actividade se desenvolverá no patio, igual que a recollida.
Actividades Multidisciplinares Multiactividade Esta actividade comprende un amplo abano de obradoiros onde poderán coñecer e aprender diferentes disciplinas mediante talleres de psicomotricidade, expresión corporal e dramatización, xogos cooperativos, natureza, xogos lúdicos, horticultura, traballos manuais… Multimedia* Quen?: Educación Infantil e Primaria. Cando?: luns, mércores e venres de 12:20h-13:20h (podendo escoller un, dous ou tres días) Importe: Un día 16€/mes. Dous días 32€/mes. Tres días 46€/mes. Código de Inscrición: MULTI (Marcar día/s na táboa).
LEGO Robotix® Nesta actividade foméntase da forma máis divertida a ciencia e a tecnoloxía. Tamén experimentan ca forza e o movemento, o equilibrio e a estabilidade mediante os recursos de LEGO® Education®, potenciando desta maneira a creatividade, innovación, emprendemento e a eficiencia. Multimedia* Quen?: Educación Primaria e Secundaria. Cando?: Ed. Primaria: xoves de 12:30h-14:00h. Código de inscrición: ROBOTIX. Ed. Secundaria: xoves de 16:30h-18:00h. Código de inscrición: ROBOTIX-ESO. Importe: 38€/mes.
Deseño de Videoxogos Deseño de programas e aplicacións a través de videoxogos. Introdución á Robótica e a IoT (Internet of Things). Multimedia* Quen?: Educación Secundaria. Cando?: xoves de 16:30h-18:00h. Importe: 38€/mes Código de inscrición: VIDEOXOGOS.
Bright Minds® Esta é a nova actividade de estimulación en desenrolo infantil que fomenta o gusto por aprender intuitivamente xogando tanto mental como fisicamente, estimulando simultaneamente múltiples intelixencias para desenrolar o potencial do neno. (Actividade parcialmente en inglés, conta con material Lego Education® e emprégase a psicomotricidade e a intelixencia emocional). Multimedia* Quen?: Educación Infantil. Cando?: martes e xoves de 12:20h-13:20h. Importe: 38€/mes. Código de inscrición: BRIGHT-MINDS.
Idiomas, Orientación e Reforzo Inglés Co obxectivo de mellorar a práctica activa do inglés, tanto a nivel oral coma escrito, poñemos a disposición dos nosos alumnos ao mellor profesorado especializado. Ademais existe a posibilidade de que os alumnos máis avanzados preparen e realicen o prestixioso exame Cambridge Young Learners (YLE), o KET ou o PET. (Máis información en http://www.cambridgeesol.org). Multimedia* Quen?: Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Cando?: Infantil e Primaria: luns e mércores de 12:20h-13:20h. Código de inscrición: INGLES-A. Infantil e Primaria: martes e xoves de 12:20h-13:20h. Código de inscrición: INGLES-B. Infantil e Primaria: luns e mércores de 17:30h-18:30h. Código de inscrición: INGLES-C. Infantil e Primaria: martes e xoves de 17:30h-18:30h. Código de inscrición: INGLES-D. Terceiro día Infantil e Primaria: venres de 12:20h-13:20h para os alumnos de mañá e tarde. Código de inscrición: INGLES-PLUS. Ed. Secundaria: martes e xoves de 16:30h-17:30h. Código de inscrición: INGLES-ESO. Preparación Exame FCE (First Certificate English): venres de 16:00h-17:30h. Código de inscrición: INGLES-FIRST. Importe: Dous días: 39€/mes +(18€/anual de material no primeiro mes). Tres días: 51€/mes, día adicional venres (INGLES-PLUS)+ (18€/anual de material no primeiro mes).
Francés Co obxectivo de mellorar a práctica activa do francés, poñemos a disposición dos nosos alumnos profesores especializados neste idioma. Multimedia* Quen?: Educación Primaria e Secundaria. Cando?: Ed. Primaria: martes e xoves de 12:20h-13:20h. Código de inscrición: FRANCES. Ed. Secundaria: martes e xoves de 17:30h-18:30h. Código de inscrición: FRANCES-ESO. Importe: Dous días: 39€/mes +(18€/anual de material no primeiro mes).
Alemán ¿Por que é importante estudar alemán? O alemán foi desde sempre un idioma protagonista entre as grandes linguas, e nos últimos anos estase incrementando a importancia da súa aprendizaxe desde etapas escolares, pola repercusión futura que terá o coñecemento e extensión deste idioma. Multimedia* Quen?: Educación Primaria e Secundaria. Cando?: Ed. Primaria: venres de 12:20h-13:20h. Código de inscrición: ALEMAN. Ed. Secundaria: mércores de 16:30h-17:30h. Código de inscrición: ALEMAN-ESO. Importe: 29€/mes.
Os alumnos de infantil serán recollidos polos monitores na aula en todas as actividades. No resto das actividades, serán recollidos na aula sempre que participen en actividades levadas a cabo dentro do edificio colexial, pois os alumnos que leven a cabo as súas actividades no exterior do edificio serán recollidos nos patios. Os adestradores de Fútbol Sala recollerán á saída da aula aos alumnos de 1º Ed. Primaria. O pagamento dos recibos efectuarase mediante domiciliación bancaria. A devolución da mensualidade implica o cargo dos gastos de xestión.
*Multimedia:
Estas actividades contan este ano con dispositivos
electrónicos á disposición do grupo, que poderán empregar nas sesións.
Programa semanal HORA
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
SÁBADO
10:30 a 12:00
PATI-A
12:00 a 13:30
PATI-B
12:00 a 13:15
INI-FUT/PSI TEATRO XADREZ PINTURA-INI. T-MANUAIS BALLET-A
12:20 a 13:30
BALLET-B
ABACO JUDO
JUDO
MULTI INGLES-A
ABACO JUDO
JUDO
MULTI INGLES-B
INGLES-A
FRANCES
JUDO MULTI
INGLES-B
INGLES-PLUS
FRANCES ALEMAN
BRIGHT-MINDS 12:20 a 14:00
BRIGHT-MINDS ROBOTIX
PINTURA
PINTURA
PINTURA PINTURA-ESO INGLES-FIRST
INGLES-ESO
16:00 a 18:00
INGLES-ESO ALEMAN-ESO ROBOTIX-ESO VIDEOXOGOS
FRANCES-ESO
FRANCES-ESO
BAILE-A
BAILE-B
GUITAR 17:20 a 18:30
17:20 a 20:00
JUDO
JUDO
JUDO
INGLES-C
INGLES-D
INGLES-C
INGLES-D
PINTURA
PINTURA
PINTURA
INI-FUT/PSI
JUDO PINTURA
INI-FUT/PSI
FUTBOL
FUTBOL
FUTBOL
FUTBOL
FUTBOL
BASKET
BASKET
BASKET
BASKET
BASKET