NORDÉS
2016
CEIP VIRXE DO CARME BURELA
SUMARIO PAX. PORTADA……………………………………………………………….1 SUMARIO……………………..………………………………………...2 TIÑAMOS MÁIS PORTADAS…………………………………………3 EDITORIAL…………………………………………………………...…4 TEMPO DE OUTONO......................................................................5 POLO NADAL...TURRÓN E MAZAPÁN........................................16 CELEBRANDO A PAZ....................................................................19 ENTROIDO DE XOGOS..................................................................21 ECHEGOU A PRIMAVERA.............................................................26 E DURANTE O ANO.......................................................................43 PROXECTO: A FAUNA GALEGA.................................................58 COUSAS DE INFANTIL..................................................................83 BIBLIOTECA..................................................................................98 ADEUS AO VIRXE DO CARME ..................................................102 CONTRAPORTADA ….................................................................104
2
TIÑAMOS MÁIS PORTADAS ALBA GEADA 6ºB
LAURA QUIROGA 6º B
UXÍA 1º B LAURA P. 3ºB
3
EDITORIAL “ O idioma é a chave coa que abrimos o mundo ” . Este fermoso poema de Manuel María pode valernos para establecer o paralelismo entre o idioma e a escola. Para o noso alumnado, un colexio como o CEIP VIRXE DO CARME é a chave coa que abren a porta a outro mundo. Un mundo onde comezan unha marabillosa aventura que os leva a ter novas amizades, a relacionarse con outros adultos lonxe dos seus proxenitores, a ler e a escribir, pero tamén a pintar, a debuxar, a cantar, a bailar… Conviven con nenos e nenas que viven outras realidades, que veñen doutros lugares, que falan outro idiomas e que teñen outas culturas diferentes. Comparten espazos, xogos, libros, merendas, moitas risas e algún choro. Cando medren posiblemente leven camiños diferentes, pero sempre lles quedarán as vivencias compartidas neste pequeno mundo que é a nosa escola. E aquí vos presentamos un anaco do que día a día facemos neste mundo. O traballo feito despois de todo un curso, este 2015/2016, que pronto terá o seu remate. Esperemos que vos guste!!!
4
TEMPO DE OUTONO RECEITAS DE OUTONO Aproveitando a chegada do outono as nosas familias buscaron receitas apetitosas nas que a protagonista era a castaña . TORTA DE CASTAÑAS E CHOCOLATE Ainoa Rey Piñeiro
5
CROQUETAS DE CASTAÑAS TORTA DE CASTAÑAS Noa Saá del Rio
Ana Lestao Ben
6
SAMAĂ?N
No SamaĂn decoramos aulas e corredores
7
SAMAĂ?N
Coma todos os anos trouxemos cabazas decoradas
Algunhas eran autĂŠnticas obras de arte
8
MAGOSTO Indo polo souto abaixo atopei un ouriciño, tres castañiñas me deu para ti meu queridiño.
No Magosto xogamos e comemos castañas. Toda Primaria participou nun circuito de xogos. Pasámolo moi ben
9
MAGOSTO
Comemos castaĂąas pero antes fixemos cucuruchos e cestos de papel.
10
E POR SUPOSTO…….
11
CONTOS DE MEDO:TI CRES NAS PANTASMAS?
12
CONTOS DE MEDO: A NENA ZOMBI
13
FACEMOS MONSTROS
Os nenos e nenas de
1ยบA fixeron uns monstros
moi simpรกticos.
Case que non daban medo!!!
14
QUE BONITOS MONSTROS FIXEMOS NA CLASE DE INGLÉS!!
15
POLO NADAL...TURRÓN E MAZAPÁN
16
Polo Nadal visitáronnos coma todos os anos o Carteiro Real e Papa Noel
Todo o alumnado de Infantil cantou a Panxoliña : ” P olo Nadal…, turrón e mazapán. ”
17
E CANTAMOS E FIXEMOS TEATRO
18
CELEBRANDO A PAZ
Amiguiños todos amiguiños xa, os nenos de aquí e os nenos de alá. Os nenos do mundo todos a cantar a unha mesma voz . ( C antarola dos nenos X. Neira Vilas )
19
TODOS OS IDIOMAS VALEN PARA PEDIR A PAZ
20
ENTROIDO DE XOGOS
Este ano o Entroido no Virxe do Carme foi de xogos de mesa:Tragabolas, parchís, cartas, xadrez, bingo. O desfile foi do máis colorido,
Os Tragabolas de 1º e o Parchís de 2º
21
DE ARRIBA A ABAIXO 4ยบ B, 4ยบA E 3ยบ
22
5º E 6º DISFRAZÁRONSE DE BARALLA ESPAÑOLA E DE BINGO
QUE DOMINÓS MÁIS CUCOS!!
23
6º DE INFANTIL E O SEU DOMINÓ DAS EMOCIÓNS
24
DESPOIS DO DESFILE XOGAMOS E BAILAMOS AO RITMO DA MÚSICA. OS NENOS E NENAS DE 6º FIXERON AS SÚAS COREOGRAFÍAS. QUE ARTISTAS!
25
E CHEGOU A PRIMAVERA
26
27
EN ABRIL… LIBROS MIL
No mes a abril celebramos o día do libro. Na semana previa fixemos o concurso de Que libro é?
Aquí están os gañadores e gañadoras do concurso Que libro é ? .
28
As clases de 2ºA, 3ºA e 6ºB foron as gañadoras
Carmen de 1º A recibiu o diploma Bolecha de Honra polo seus amplos coñecemento
da
familia
máis coñecida do comic galego
29
Tamén entregamos o premio á portada e contraportada do xornal “ O Nordés ” ,organizado poli EDL do Virxe do Carme. Neste segungo ano de concurso a participación do alumnado foi moita e a calidade dos traballos aínda mellor. Temos un cole repleto de artistas!!!
ANA NEIRA COCIÑA E PAULA RODIL LAMAS FORON PREMIO Á MELLOR PORTADA E CONTRAPORTADA DO “ XORNAL O NORDÉS ”
30
HOMENAXEANDO A NOSA LINGUA
En maio homenaxeamos á nosa lingua na persoa de Manuel María. Antes corremos por ela e polo seu futuro no Correlingua. Pero o galego merece un homenaxe todos os días do ano.
31
NO CORRELINGUA
Este ano o Correlingua na nosa comarca visitou Burela. Mais de 1600 escolares de todos os concellos de A Mariña acercáronse a participar nesta carreira reivindicando a lingua galega e os seus dereitos.
O percorrido foi dende a Praia da Marosa ata a Praza da Mariña, onde disfrutamos das actuacións de Paco Nogueiras e a banda Zénzar
32
O NOSO ADEUS A NEIRA VILAS O pasado 27 de novembro finaba o escritor Xosé Neira Vilas, un dos grandes escritores da literatura galega. Fillo de labregos,naceu en Gres, concello de Vila de Cruces o 3 de novembro de 1927. Sendo moi novo emigra a Arxentina e con posterioridade a Cuba onde se establece coa súa muller ata o momento do seu retiro. . Dende ese ano, xa en Gres, dirixiu a fundación do seu nome e adícouse a labores culturais e periodísticas ata a súa morte. Entre outros distincións acadou: o doutorado Honoris Causa polas universidades de A Coruña e A Habana, premio da Crítica Española ( narrativa ) e daCrítica galega ( ensaio ) , premio Laxeiro, premio Trasalba, medalla Castelao, Medalla de Ouro de Galicia.
Estes libros podemos atopalos na Biblioteca da Tartaruga.
33
ROSALÍA NA MEMORIA
En febreiro para lembrar a Rosalía na clase de 5º fixeron un mural e en 4º tarxetas postais con poemas dalgunhas das súas obras.
34
Os nenos e nenas de 5º , aproveitando os apadriñamentos lectores leron aos nenos de 1º e 2º uns poemas de Rosalía de Castro: “ C ampanas de Bastavales ” e “ Airiños, airiños, aires ”
35
ROSALÍA DE CASTRO ( Por Kai Quelle Lombardía )
36
37
MANUEL MARÍA:POETA DO POBO Manuel María Fernández Teixeiro naceu un 6 de outubro de 1929 na Terra Chá no seo dunha familia de labregos acomodada. A súa infancia labrega supuxo un referente en toda a súa obra. Moitos dos seus poemas están adicados ás xentes, ás paisaxes, a flora e fauna propia de Galicia
38
Destacou polo seu carácter reinvindicativo e combativo e o seu compromiso cultural e político co nacionalismo galego e con Galicia. Puxo voz a moitas asociacións culturais, políticas e sociais que en todo o país procuraban a recuperación e a normalización da cultura galega.
Autor de numerosos libros destacamos os seguintes: Mariñeiro de Brétemas, Terra Cha, Os soños na gaiola, Polas rúas do vento ceibe, O bigote de Mimí. Morreu o 8 de setembro de 2004.
39
O 13 DE MAIO OS NENOS E NENAS DE 4º DO NOSO COLEXIO`PARTICIPARON UNHA VEZ MÁIS NO MARATÓN DE LECTURA ORGANIZADO POLO COLECTIVO “ O BURIL “ . O AUTOR ESCOLLIDO ESE ANO FOI MANUEL MARÍA
40
O 19 de maio celebramos a nosa homenaxe a Manuel MarĂa na Casa da Cultura
41
Teatro, poesías e cancións. A Casa da Cultura acolleu o noso festival. Foi un día inesquecible.
42
E DURANTE O ANO DEMOSTRAMOS QUE AS PLANTAS BUSCAN A LUZ
43
INVESTIGAMOS PAXAROS
44
45
AS AVENTURAS DE TERCEIRO De ruta polo rĂo de Xove
Aprendemos a importancia de reciclar...
46
Cantamos con JesĂşs pola Paz...
No Entroido fomos de PĂłker...
47
Fixemos a compra en Vegadeo...
Firmamos no lLibro Gordo de Petete...
E pasámolo xenial nas Catedrais, tanto que algúns ata mollamos os calcetíns...
48
Lemos no parque do cole...
E namor-รกmonos en galego!!!
49
POR QUÉ NOS CHAMAN PATAQUEIROS Raúl Fernández ( 5 ºB )
50
INVENTORES
51
52
53
54
55
56
CARTAS QUE VEÑEN E VAN Durante o ano os nenos e nenas de 2ºB intercambiaron cartas, fotos e videos cos nenos e nenas de 2º do CEIP Ría do Burgo, de Culleredo, A Coruña. Con este contacto pretendíamos saber algo máis acerca da vida doutro alumnado distinto ao noso. Como é a súa aula, o seu cole, o lugar onde viven. Vivimos todo o proceso con moito entusiasmo.
Estas son as cartas que mandamos. Recibíronas con moita ilusión!!
57
PROXECTO: A FAUNA GALEGA ESTE ANO O PROXECTO DA BIBLIOTECA ESTIVO RELACIONADO COA FAUNA GALEGA: O LOBO, O ERIZO CACHO, A GALIÑA, A VACA, O POLBO, O PORCO CELTA FORON OBXECTO DE ESTUDO DENDE DIFERENTES PUNTOS DE VISTA
58
59
60
61
62
63
64
65
66
Traballos elaborados polos nenos e nenas de 6ยบ A sobre o PORCO CELTA
67
68
69
70
O POLBO OS NENOS E NENAS DE PRIMEIRO AVERIGUARON MOITAS COUSAS SOBRE O POLBO: AS SÚAS CARACTERÍSTICAS FÍSICAS , A SÚA ALIMENTACIÓN, COMO SE PESCAN
71
Teñen tres corazóns,poñen ovos pódense camuflar, péscanse con nasas…Sergio e Antía de 1ºB explicannos. Canto aprendemos!!!
72
A HISTORIA DUN POLBO VIAXEIRO O POLBO ORLANDO VISITA BURELA Era unha vez, un polbo chamado Orlando que vivía nos fondos mariños dos mares de coral. Orlando era un polbo de cor violeta ,cos oito tentáculos azuis, leva gafas de cor amarelo e ten tres corazóns. Era moi listo e valente, gús-
talle viaxar polo mar e coñecer novos lugares e facer amigos alí.
Un día Orlando decidiu viaxar hacia o norte, a unha zona chamada, A Mariña, e un pobo chamado Burela. Alí atopoúse cuns nenos e nenas que estaban de excursión na praia da Marosa. Os nenos abraiados, saudaron a Orlando e dixéronlle: -Cómo te chamas? Eu son o polbo Orlando e gustaríame xogar con vos.
Entón os nenos e Orlando xogaron a moitos xogos divertidos
73
E vós a onde ides o colexio? - preguntou Orlando. Somos os nenos de 1ºA do Colexio do Virxe do Carme, pero moita xente chámalle Os Castros- contestoulle Sergio. E por que lle chaman así? Porque fai moito tempo, alí era onde vivían os castrexos, e ainda podemos ver anacos das súas casas,que se chamaban castros.- explicou Carme.
Que mais cousas me podedes contar do voso pobo? Pois moitas cousas, temos moitas casas de cores. - dixo Raquel.. Ten moitas praias – dixo Hugo- o Cabaliño, o Cantiño a Urbana, A Marosa … Aquí na Marosa, temos dous campos de fútbol – dixo Ángel dando patadas ao balón. Tamén celebramos a feira do Bonito – apuntoú Diego.
74
Sííí!! onde podemos comer bonito e o que queira, tamén compralo... - berrou moi contento Manuel. Orlando morria de ganas de saber mais cousas de Burela. - E, aqui non tedes festas? O primeiro luns de xuño, celebramos a festa da Virxe do Carme. - dixo Maite. Si, a min gústanme porque veñen os coches de choque, - contou David. O tren da bruxa – apuntou Naroa . - E as colchonetas!! contou Paula. E sabes que?, algunha xente do pobo, decora a rúa con alfombras de flores, para que a virxe pase en procesión. - contou emocionada Leire. Tamén temos outra festa, a dos Castrexos, onde nos disfrazamos coma eles e desfilamos pola rúas en carrozas.
75
Temos un porto moi grande, a onde chegan os barcos cargados de peixe. - dixo alucinado Ian. Síí!!! e de alí vai para a lonxa. Contou Aroa. O meu avó e mariñeiro !! - exclamou ledo Brais. Bueno, espero q o teu avó teña coidado, non vaia ser que un día nos
Ja, ja, ja...- riron os nenos, - Non, Orlando, ti eres un polbo especial!!! dixo Sofía. E sabes, aquí acollemos moi ben a xente que ven doutros lugares, temos moitos compañeiros no cole que non naceron en Burela- Contoulle Laura. Sí, eu nacín aquí, pero toda a miña familia ven de Perú, comentou Amaia. Xa ves Orlando,que aquí tí e os teus amigos sempre seredes ben recibidos – díxolle a mestra Manuela- Precisamente hoxe, imos recibir un novo compañeiro de clase, que ven nin mais nin menos que dende Cabo Verde, e chámase Felipe. Entón todos se despediron de Orlando, desexando que pronto volvese de visita este amigo tan especial que acababan de facer. FIN (OS NENOS E NENAS DE 1ºA)
76
VIDEOFORUM:
ENTRE LOBOS A película escollida está en relación ao que fixemos durante todo o curso. Estudamos O LOBO dentro do proxecto proposto dende a biblioteca, e a película ENTRE LOBOS pareceunos moi acaída. Está inspirada na vida de MARCOS RODRÍGUEZ PANTOJA, o neno que vivíu durante 11 anos en Serra Morena totalmente illado da sociedade e en contacto con animais, sobre todo con lobos. Falamos sobre esta persoa: quen era, como foi a súa nenez, porque vivíu só e illado, o seu contacto cos lobos.... Todo isto interesaba moito ao alumnado que seguía moi impactado a vida deste home.
Visionamos este documental:
ttp://www.rtve.es/alacarta/videos/informe-semanal/informe-semanalhijo-lobos/936567/. A continuación vimos a película.
77
VENDO A PELICULA NA CLASE
Despois fixemos un DEBATE sobre aspectos da película: -O QUE MÁIS LLES GUSTOU. -O QUE MENOS. -FALAMOS DOS ACTORES. OPINIÓNS SOBRE AS ACTUACIÓNS DE CADA UN. -PRESENCIA DOS ANIMAIS NA PELÍCULA. -VALORES QUE SE RESALTAN.
DEBATINDO Todo o mundo tiña moitas preguntas que facer. O tema era apasionante
78
Gerardo Olivares Marcos Rodríguez Pantoja
Buscamos ademáis información sobre o director da película, Gerardo Olivares. Nacemento,filmografía, premios . Con toda a información que recollemos de diferentes fontes fixemos un pequeno traballo relacionado co investigado.E por suposto, aprendemos moitas cousas sobre a película, a vida de Marcos e o mundo dos lobos. Alumnos/as de 4º B
79
ANIMALS Os alumnos de inglés traballaron os animais e clasificáronos polas súas características.
Animáis con pelo, pluma, escamas e con cuncha
80
En 1ยบ, 2ยบ e 3ยบ pintaron os animais
En 5ยบ escribiron sobre eles.
Todo baixo a supervisiรณn de Teresa
81
Na biblioteca do noso colexio podedes admirar o armario dos animais.
Podedes ver mรกis sobre este traballo na web: http://oteroguerra.blogspot.com.es/
82
COUSAS DE INFANTIL OS NENOS DE E. INFANTIL DE 4º A APRENDEMOS MOITAS COUSAS E DISFRUTAMOS ASÍ NO COLE:
VISITAMOS OS CASTIÑEIROS DO COLEXIO PARA PERCIBIR A CHEGADA DO OUTONO.
VIAXAMOS Á PREHISTORIA COMO PINTORES.
83
REALIZAMOS OUTRAS MOITAS ACTIVIDADES NA AULA QUE NOS GUSTAN:
XOGAMOS
FACEMOS PUZZLES
LEMOS CONTOS
PARTICIPAMOS EN CONCURSOS DE DEBUXO
84
EN 4ºB DE INFANTIL APRENDEMOS MOITAS COUSAS DURANTE ESTE ANO. FOI XENIAL!! Os alumnos/as de 4º de Infantil recibimos o Outono cun paseo polo patio, recollendo follas secas e froitos que atopamos no chan. Fixemos unha degustación e creamos un fermoso mural para decorar o corredor.
Recibimos a Papá Noel cando chegou o Nadal; e festeamos o Día da Paz, baixo as pombas que pintamos e picamos para colgar no teito.
85
Polo Entroido, ademais de disfrazarnos de Dominó merendamos os doces tipicos.
Tamén lle axudamos ao Mago a facer os trucos o día que veu actuar ao cole.
86
Chegou a Primavera e volvémonos poñer moi “ a rtistas ” , para converter o noso mural noutro máis colorido para a estación.
Polo Día do Libro, tocounos o conto de Carapuchiña Vermella. A profe decorou o conto da porta e nós fixemos as personaxes que penduran do teito.
87
INVENTANDO CONTOS
88
89
90
91
92
93
94
6º DE INFANTIL HOMENAXEA A MANUEL MARÍA
OS/AS ALUMNOS/AS DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL
ILUSTRANDO
POEMAS DE MANUEL MARÍA
95
PEGANDO OS POEMAS ILUSTRADOS NO NOSO MURAL
96
ASÍ DE BONITO NOS QUEDOU O MURAL!!!
Algúns dos poemas que ilustramoa
97
BIBLIOTECA
Neste curso 2015/16, dende o equipo de biblioteca levรกronse a cabo diferentes actividades. Imos resumir algunhas:
ENTREGAMOS O CARNET DA BIBLIOTECA A NOVOS LECTORES@S:
98
TODA PRIMARIA LEVOU A MOCHILA VIAXEIRA:
Púxose por primeira vez en marcha o APADRIÑAMENTO LECTOR,alumnos@s de 3º, 4º 5º e 6º niveis foron ler ás aulas dos máis pequenos ( Infantil, 1º e 2º ) contos, adiviñas, teatro....
99
Tamén nos visitaron unha contacontos que veu falar aos máis pequenos sobre o fermoso conto “ A NAI DA NAI DA MIÑA MAMÁ ” Mestres e nenos@s, desfrutaron moitísimo. María é moi simpática
O escritor Alfredo Gómez Cerdá estivo falando aos alumnos@s de 3º, 4º e 5º do seu libro APARECIÓ EN MI VENTANA. Foi un encontro ben interesante!!
100
Celebramos o DÍA DO LIBRO coa entrega de premios aos ganadores dun concurso chamado QUE LIBRO É? no que participou todo o alumnado de Primaria. Neste acto tamén se entregaron diplomas aos nenos e nenas máis lectores/as deste curso
Dentro do PROXECTO proposto dende a biblioteca para traballar ao longo do curso, A FAUNA GALEGA, recibimos xa traballos sobre A VACA que realizou 2º nivel, O POLBO de 1º nivel que ademais contaron coa colaboración dun avó que veu explicar á aula as carecterísticas deste animal. En 4º nivel tamén se pode ver xa o traballo realizado sobre O LOBO...todo esto e moito máis podedes velo con detalle no blogue da biblioteca http://abibliotecadatartaruga.blogspot.com.es/ Lembra: NA BIBLIOTECA DA TARTARUGA CARMIÑA, AGARDÁMOSTE AXIÑA!!!
101
ADEUS AO VIRXE DO CARME O MEU COLEXIO Cando cheguei a esta escola tres anos tiña e tocoume unha profesora chamada Ersilia. Tras uns anos a 1º e 2º pasei e tocoume Mari Carmen coa que aprendin a ler. En terceiro deume Isabel coa que o pasamos moi, moi ben. Logo en cuarto tocoume Lilí que nos ensinou moitas cousas por exemplo: a dividir. En 5ºe 6º deunos Diana que foi moi boa e deunos moita caña. Nunca olvidarei este fantástico colexio porque todo o que aprendín levareino moi adentro. LAURA QUIROGA 6ºB
102
COMO CADA ANO TEMOS QUE DESPEDIR UNHA NOVA PROMOCIÓN DE NENOS E NENAS DO VIRXE DO CARME. EN SETEMBRO COMEZAN UNHA NOVA ETAPA NA SÚA VIDA. E NO MOMENTO DO ADEUS DECÍMOSLLES....ATA SEMPRE!!
TAMÉN DESPEDIMOS A MIGUEL, QUE DESPOIS DE MOITOS ANOS DE DEDICACIÓN AO ENSINO TEN A SÚA RECOMPENSA: UNHA PLÁCIDA XUBILACIÓN, NO SEU PEQUENO PARAÍSO A CARÓN DO MASMA. PARABÉNS!!
103
104