Maio 2012

Page 1

Xa pasamos outro ano xa outro maio está aquí, preparados, listos, xa temos algo que dicir.

Procuremos estar sans e un catarro non pillar pois agora as mediciñas imos a ter que pagar.

Moita conta tes que ter se paseas polos xardíns, se non te pilla unha bici píllate un monopatín.

Foiche un ano moi longo moitas cousas nel pasaron, trataremos de contar as que a nós nos afectaron.

As tesoiras xa están cansas non paran de traballar, por favor Don Mariano ben as podía gardar.

Algunha cousa hai ben feita como cubrir as fachadas, mellora moito o aspecto das casas destartaladas.

Por empezar por algunha falemos da nosa escola tanto tempo estamos nela que xa é un pouco nosa.

Esta crise que sufrimos non ten trazas de mellorar, Sarkozy e maila Merkel non nos deixan de amolar.

Todo isto que cantamos foi con ánimo de mellorar, se molestamos a alguén que nos sepan disculpar

Gústanos o novo chan que puxeron no pavillón, ao mellor un ano destes póñenlle calefacción.

Con esta crise que temos non fan mái s que asustar, ata nós os máis pequenos chuches non imos mercar.

De tanto cantar as coplas quedamos sen enerxía, por favor déannos algo para encher a barriguiña.

As pingueiras que hai en el tamén poder reparar, ou será deporte olímpico o “da goteira esquivar”.

A crise chegou tamén ata a familia real, xa non teñen que comer teñen que ir a cazar.

Os encerados van velliños neles se escribe fatal, xa é hora de traballar con pizarra dixital.

Non é tarefa doada cunha familia tan grande, moitas bocas que manter faille falta un elefante.

Algunha puxeron xa non che está de todo mal, se funcionara mellor sería fenomenal.

Xa chegou por fin a choiva tantos meses esperada, que as terras de galicia estaban algo axfisiadas.

Terceiro e cuarto herdamos moitos libros doutros anos, por favor coidalos ben que están todos destrozados.

As fragas do río Eume estabanche ben bonitas, que mala sorte que arderon quedaron chamuscadiñas.

A verdade é que o colexio poderíase mellorar, pelis, festas, non deberes sería o ideal.

Toda Galicia se queima pedimos xa solucións, gústannos os bosques verdes non negros como carbóns.

As clases de vintecinco xa eran malas de aguantar, se aumentan ata trinta os mestres van estoupar.

Tamén queremos falar un pouco do noso pobo, sempre hai algo que dicir sempre hai algo de novo.

Isto tamén ten ventaxas para aforrar en gasoil, tan xuntiños estaremos sobrará á calefacción.

A limpeza de Marín deixa moito que desexar, se paseas polas rúas mira ben onde pisar.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.